"DomusVi, Sarquavitae e tamén a Consellería de
Política Social estarían dentro das accións legais que presentarán
familiares de usuarios de residencias para maiores. Acusacións de
neglixencia, de impedir levar parentes aos hospitais, acusacións de non
realizar probas PCR para detectar a COVID-19 a usuarios e ameazas a
traballadoras e traballadores. Todo isto e máis forma parte dun proceso
que podería tardar meses en recoller todas as probas e comezar o seu
curso.
“Tormenta perfecta” foi a definición que lle deu un familiar ao que
sucedía dentro das residencias privadas para maiores. Ademais das
queixas por neglixencias e desatención aos maiores usuarios en ditos
centros, sumouse a partir de marzo deste 2020 a COVID-19. Esta doenza foi especialmente virulenta contra as persoas maiores. Isto fixo que a Xunta interviñese dúas residencias, a de Aldán en Cangas do Morrazo de titularidade privada e a de Barreiro en Vigo, de titularidade pública mais de xestión privada.
A empresa obxecto de todas as queixas, propietaria e xestora destas
residencias, é DomusVi que contaba ata o de agora con todas as louvanzas
da Xunta de Galicia, premios incluídos. Agora os familiares e
traballadores de DomusVi piden a cabeza da súa responsable en España,
Josefina Fernández Miguélez, ademais de acusar ao goberno galego de
inacción e neglixencia durante toda a crise do coronavirus.
INCUMPRIMENTOS DE CONTRATO
Os xulgados de Cangas recibirán dúas denuncias polo penal despois da
morte dunha residenta en Aldán e por desatención a outra usuaria que xa
non está nesas instalacións. Existen máis accións como a que se
presentará contra a residencia de Matogrande na Coruña ou a máis
destacada, a de familiares da residencia San Lázaro en Santiago de
Compostela, tamén dentro do grupo DomusVi, como as anteriores. Xunto a
isto haberá tamén demandas polo civil ante incumprimentos de contrato
por parte das residencias.
“Todo isto levará meses ata que poidamos reunir nunha soa peza a maioría de demandas”
explica Antón Pérez-Lema, avogado que representa a numerosos familiares
de usuarios. Este cúmulo de demandas será aplicado contra as diferentes
xestoras das residencias, porque ata a chegada de DomusVi, foron varias
empresas e fondos de especulación os que investiron no sistema de
residencias agora cuestionado.
“As empresas de capital especulativo mercaron pequenas residencias que
eran empresas familiares dirixidas por especialistas e que estaban
implicadas na economía local” sinala Pérez-Lema. O desembarco dos fondos
de investimento foi acabando con este tipo de negocio. Así pasouse a
unha maximización de prezos e control de gastos. Isto implicou recortes de persoal, servizos e unha baixa “moi acusada” na calidade do servizo.
Esa baixa implicou en moitos casos a falta de subministración de medicinas ás persoas usuarias. Este punto será contestado “como dixo a directora da residencia de Aldán que eles non son un centro hospitalario”
deduce Pérez-Lema. Mais os contratos asinados segundo explica o
avogado, comprometen a asistencia médica preventiva e asistencial. O
letrado coruñés resalta tamén “a cláusula abusiva de que cada usuario tivese un avalista solidario”
en caso de ter que a residencia tivese algo que reclamar. Desde 2015 as
contratacións en Geriatros, agora dentro de DomusVi, implicaban un
exame médico dentro do contrato.
CASO SAN LÁZARO
CASO SAN LÁZARO
A residencia de San Lázaro en Santiago de Compostela, foi unha das máis
afectadas pola COVID-19. Cando se rexistrou o primeiro caso nesta
residencia a mediados de marzo de 2020, esta persoa infectada foi
trasladada ao segundo andar da residencia. A dirección aillou todo o
segundo andar, como explica Javier, familiar dunha usuaria de San
Lázaro, “o caso foi detectado no CHUS, devolvérono á residencia, illaron todo o segundo andar onde non había contaxios”. A operación “foi vendida como unha acción resolutiva e axeitada, como un éxito”. Todo o segundo andar quedou contaxiado.
Máis da terceira parte das persoas ingresadas en San Lázaro-DomusVi,
“morreron e chegaron aos 100 contaxios”. Mentres isto sucedía, as
residencias de Aldán e Barreiro, tamén do mesmo grupo foron intervidas
pola Xunta, San Lázaro non. Pérez-Lema deduce que a non intervención podería ter, entre outras explicacións que “a residencia integrada de Porta do Camiño estaba a menos de dous quilómetros”, por tanto podían desprazalos en pouco tempo.
“Solicitabamos as probas PCR para os nosos familiares, mais un día dicían que si o farían e para o outro negábanse” di Javier que engade “o médico (da residencia) colgoulle o teléfono a un familiar que pedía o test para un usuario”. Unicamente cando se fixeron os tests masivos foi cando se soubo da dimensión real do problema.
Postos en contacto con DomusVi, desde o gabinete de prensa responden que "as familias están puntualmente informadas do que acontece nos centros e o estado de saúde dos seus parentes", ademais de que "teñen contacto diario por teléfono e vídeochamada, isto foi así desde o comezo da crise".
Unha serie de correos electrónicos enviados por familiares pedían á
Consellería de Política Social pedían a intervencións de DomusVi-San
Lázaro. As respostas pasaron por unha circular da dirección desta
residencia asegurando que se derivaran casos ao CHUS e á clínica La
Rosaleda, por non ser San Lázaro un centro sanitario. Ademais diso, nese
correo a dirección do centro sinalaba ao SERGAS por non telos
informados. “El lunes (23 de marzo) no tenemos ninguna llamada, ni ninguna propuesta o soporte por parte del Sergas. Así hasta el miércoles 25 de marzo,
en que la dirección llama a Gerencia del área de Santiago pidiendo una
presencia urgente en el centro dada la gravedad de la situación, pues
los casos seguían aumentando”.
A Consellería de Política Social responde que a Xunta deu prioridade aos centros de maiores e de atención á discapacidade. "Testáronse o 100% dos usuarios e profesionais das residencias.
Puxéronse en marcha centros integrados para atender a usuarios
contaxiados antes que noutras comunidades autónomas, que despois
seguiron este exemplo".
A INTERVENCIÓN FUNCIONOU
Antón Pérez-Lema cre que houbo inactividade por parte de Política Social e que isto “posibilitou a falta de prevención” nos centros de maiores. O estudo do comportamento tanto dos centros e da administración autonómica (con todas as competencias sanitarias transferidas) derivaron nunha actitude irresponsable das autoridades públicas e das institucións privadas para frear a COVID-19 nas residencias.
Con todo, o mesmo avogado sinala que desde o SERGAS houbo ocasións en que se impedía o ingreso de enfermos en centros hospitalarios e que “eran derivados ás residencias integradas (Porta do Camiño e Baños de Molgas) ou aos andares hospitalizados dentro das residencias”. É por isto que “podemos entender que hai responsabilidades en canto cargos da Xunta por falta de prevención e de persoas eventualmente responsables do SERGAS por impedir tratamentos axeitados”.
Tanto familiares como os seus representantes defenden que a intervención de centros privados ou con xestión privada, foi a mellor solución. “O Consorcio Galego de Benestar sumou cero positivos, houbo clínicas privadas que non tiveron positivos porque desde o primeiro momento aplicaron medidas de prevención” di Pérez-Lema. A deducción para letrado e familias é neglixencia por parte das autoridades públicas e das entidades privadas.
“Despois de varios emails á Dirección Xeral de Maiores e vendo que non hai resposta, chamei a esa Dirección Xeral para falar co director xeral, Ildefonso de la Campa, quen di que os emails eran ameazantes” di Javier. Outro punto que corroboraría as presuntas neglixencias de Política Social sería que desde a dirección de DomusVi San Lázaro se culpaba de todo “ao SERGAS por impedir levar enfermos ao hospital, cando foi o SERGAS quen impediu que houbese máis mortes”.

Pola súa banda, Domus Vi explica que se seguiron "os protocolos" e
Política Social que, desde o primeiro momento da crise sanitaria, "os esforzos centráronse nun ámbito de alto risco como son as residencias de maiores e persoas con discapacidade". En todo, caso e, tras o acontecido, se anuncia unha revisión do modelo de residencias." (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 03/06/20)
No hay comentarios:
Publicar un comentario