5/12/13

Galiza destruíu 1.240 empregos de persoal investigador nestes tres anos

"É, quizás, unha das promesa dos discursos políticos que menos se cumpre. A promesa de apoiar e apostar polo I+D+i polo que supón de ferramenta, din, para unha economía competitiva e que xere moito valor engadido. Mais esas promesas, recorrentes, na realidade non se cumpren.   (...9

No noso país destruíronse nestes tres anos (2010, 2011 e 2012) un total de .1240 postos de traballo de persoal investigador. Desde técnicos e auxiliares até investigadores principais. En 2010 o I+D supoña en Galiza 6.683 postos de traballo EDP (equivalencia a xornada completa). A finais de 2012 esa cifra derrubárase a 5.443. Uns números que indican que na Galiza pérdese un empregos de persoal investigador cada día.

Só en 2012, e como informa El Correo Gallego, foron 781 os empregos perdidos en persoal investigador. Unha sangría. E desde o goberno galego optaron por meter tesoira tamén neste eido, no I+D+i, malia as reiterados discursos e promesas en senso contrario.
Así, e como lembra este xornal, Galiza ocupa o 12 posto en canto ao esforzo (en relación co PIB) dos territorios do Estado español pola investigación e desenvolvemento. E o gasto en I+D caeu no noso país un 7,3 por cento, case dous puntos máis que a media do Estado español (xa de por si baixa), que foi dun 5,6%."            (Sermos Galicia, 18/11/2013)

No hay comentarios: