José María Vázquez
"José María Vázquez Sánchez é un
apicultor de San Pedro de Naseiro, en Viveiro, que ideou un singular
sistema para exterminar niños de vespas asiáticas.
Coa axuda doutro
apicultor xa eliminou 73 niños, en Viveiro, Xove e O Valadouro, e fai
un chamamento aos alcaldes, apicultores e agricultores da Mariña para
que acudan o vindeiro sábado ao teatro Pastor Díaz (de 16 a 19 horas) a
coñecer o sistema de cerca.
Vázquez ten claro que o impacto desta
especie foránea supón un risco real para o ecosistema. «Se pasamos da
vespa asiática imos quedar sen mel, sen froita, e ata sen viño»,
sentenza.
-¿Como chegou a implicarse nesta loita contra a vespa asiática?
- Na miña familia hai 200 anos
que hai abellas, e eu quería dedicarme profesionalmente a producir mel, e
pasei tres meses vendo como as miñas abellas sufrían.Só en Naseiro, no
campo da festa, sacamos 26 niños, e vía que ninguén facía nada, ou que
era insuficiente. Chamei a Moncho, outro apicultor, que tamén eliminaba
os seus niños, aínda que con outro sistema, e probamos.
Aínda que en
realidade inventei catro métodos en total, dos que probamos dous, un
deles utilizando o gas venenoso, para o verán, pero non é efectivo ao
100 % se non se retira o niño.
Por iso quero que á reunión veñan o maior
número de representantes dos concellos da Mariña, os apicultores e as
persoas que estean interesadas, porque o método que utilizo é sinxelo e
eficaz. Xa levamos retirados 73 niños, deles 6 na Regueira (Xove), e 5
no Valadouro. Estou acabando de deseñar o protocolo que vou presentar
aos concellos.
-Está vostede empeñado en acar con esta especie invasora.
-É unha batalla, e non sirve de
nada se non colaboramos todos. De que val que se limpe Viveiro se non se
fai o mesmo nos concellos veciños. Por eso é tan importante que veñan á
reunión todos os que poidan. Invitei tamén a algunhos alcaldes.
Se
pasamos da vespa asiática imos quedar sin mel, sen froita e ata sen
viño. Cando chegue á Ribeira Sacra, ¿qué vai pasar coa uva? ¿E os postos
de traballo? ¿E cos que viven das cereixas? Os que queremos vivir das
abellas sentímonos impotentes." (La Voz de Galicia, 07/01/2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario