"A Xunta entregará mañá á sociedade de economía social coruñesa Zocamiñoca o premio ós valores cooperativos.
-¿Cando e por que xurde esta iniciativa?
-No ano 2009: queríamos apostar polo
consumo responsable. Abastecer as persoas de produtos de calidade, con
prezos xustos e establecer un vínculo cos produtores. Unha unión co
campo.
-¿Que entende por consumo responsable?
-Xurdiu para que os cidadáns poidan
controlar o que consumen: a procedencia, materiais que se empregan, quen
está detrás. Chama a atención que temos unha terra con produtos de
calidade aquí e compramos cousas que veñen de lonxe.
-¿Quen traballo con vos na cooperativa?
-Temos produtores de verdura fresca,
xente que traballa pan e respostería, ovos, carnes e legumes. Entre
todos sumanos uns trinta. Como socios hai unhas 140 unidades de consumo.
Unha expresión que poderíamos sustituir por fogares.
Aportaron de
arranque un capital social, teñen unha cuota mensual e participan tamén
da xestión da cooperativa. Eu son o único socio traballador en
Zocamiñoca.
-¿Que volume de negocio ten esta iniciativa de economía social?
-A facturación pola comercialización
de produtos alcanzou o ano pasado os 101.000 euros, unha cifra
aparentemente pequena, pero moi relevante para manter a actividade dos
produtores no medio rural: é moi importante manter relacións directas
cos agricultores no so por reducir os custes dos intermediarios senón
porque os cidadáns coñezan como traballan os seus produtos." (Santiago / La Voz, 03 de julio de 2015.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario