17/7/15

Galicia conserva case 30.000 vivendas novas sen vender tras sete anos de crise

"(...) O Ministerio de Fomento vén de facer públicos os datos do stock de vivenda datados a 31 de decembro de 2014 e nesa data acumulábase aínda un total de 28.852 pisos máis que a comezos de 2004, data de referencia a partir da cal a Administración realiza os seus cálculos. Este stock pendente supón unha redución de algo máis do 8% a respecto de finais de 2013 e implica que foron colocados algo máis de 4.500 pisos dende finais de 2012.

(...) Mentres o último censo recompilado polo INE e o IGE indicaba que Galicia contaba con case 300.000 vivendas baleiras e cando a Xunta comeza, tras o 24M, a asinar convenios para a cesión de pisos que poidan utilizar a baixo prezo familias con poucos recursos, unha ollada panorámica indica como, na súa medida, Galicia non foi allea ás alegrías inmobiliarias. 

 Cando o crédito fluía dende as entidades bancarias ata acadar niveis históricos e mentres as desaparecidas Caixanova e Caixa Galicia se embarcaban en incertas aventuras inmobiliarias -cuxo produto foi asumido, en boa medida, polo erario- o aumento do parque galego de vivendas era exponencial, ata chegar a sumar nun único ano, o 2007, máis de 45.000 novos pisos. (...)"         (Praza Pública, 17/07/2015)

No hay comentarios: