22/10/19

A burocracia na Galicia como barreira contra a saída da pobreza

"23% da poboación que reside na Galiza atopouse en 2018 en risco de pobreza, unha cifra que revela que case un cuarto dos habitantes do noso territorio, máis de 621.000 persoas, sufriron estas circunstancias o pasado ano. Estes datos, publicados 16 de outubro pola Rede Europea de Loita contra a Pobreza (EAPN), presentáronse esta quinta feira 17 canda unha declaración institucional do Parlamento Galego na Valedoría do Pobo.

Daniel Bóveda, vicepresidente de EAPN-Galiza, explica a Sermos Galiza que un dos maiores problemas que están a ter para atallar a problemática da pobreza na Galiza ten que ver cunha excesiva burocracia do sistema. “Os expedientes teñen unha excesiva duración, ben desde as axudas municipais ben desde Risga que impide que estas persoas poidan comezar un proceso de inclusión”, asegura Bóveda, “moitas veces estas medidas de emerxencia chegan tarde”.

Desde EAPN asumen o seu papel de axente mediador coas administracións públicas mais botan en falta que “a política social veña de maneira transversal coa implicación das consellarías de Industria, Facenda ou Vivenda e Solo”.

Daniel Bóveda avisa de que “non baixou a situación de pobreza xeral, tememos que se volve outra situación de crise estas persoas caían outra vez”.  (...)"                  (A. Escuredo, Sermos Galiza, 18/10/19)

No hay comentarios: