Mostrando entradas con la etiqueta Empresas de energía eólica: expropiaciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Empresas de energía eólica: expropiaciones. Mostrar todas las entradas

23/6/21

Negociar coas eólicas: "ou asinas o que queren ou van á expropiación"

 "As empresas eólicas de Galicia sérvense de lexislación impulsada polo PP para expropiar os donos de terras que se resisten a cedelas. O resultado é unha negociación “viciada dende o comezo”, segundo asociacións do sector, e que se apoia nunha lei "improvisada" polos franquistas en 1939.

 Un atardecer do pasado mes de febreiro chegou un coche descoñecido á casa de Azucena. Del baixou un home que, sen presentarse, preguntou pola dona da casa. “O primeiro que me dixo é que traía malas noticias”, recorda a muller. O estraño traía no brazo un contrato, e baixo a manga un as: a posibilidade case segura de conseguir expropiar a quen opuxera resistencia.

 O caso aconteceu en Aranga, un municipio coruñés que dende hai meses vive pendente dun proxecto eólico impulsado por Galenergy e Greenalia, empresa esta última que saltou aos titulares ao fichar á ex-conselleira de Medio Ambiente Bea Mato. O contrato do home que veu co atardecer pretendía arrendar as súas terras para facer pasar as liñas de alta tensión dunha estación de Friol, Lugo. Non o conseguiron: Azucena e o seu home mantiveron posicións e o contrato quedou sen asinar.

Pero o seu caso é a excepción. Galicia asiste, nos últimos meses, a unha explosión de proxectos eólicos non exenta de sombras e que promociona grazas á lexislación da Xunta de Galicia, un chisco máis laxa tras cada nova maioría absoluta de Alberto Núñez Feijóo. Ata o momento os ollos estiveron postos na polémica ‘Lei de Depredación’ de 2017, ou a secuela que no pasado febreiro lanzou a maioría absoluta do PP baixo o nome de ‘Lei de Simplificación administrativa’. Porén, a “avalancha” de eólicos non se pode explicar sen un marco legal que, practicamente, pon na man das empresas as terras que estas demanden.

A cuestión central estaría na posibilidade de expropiación. As principais voces do sector éolico --á marxe, claro, das empresas-- denuncian que este recurso é tan accesible que os promotores emprégano como coacción para conseguir o prezo que gustan. “As condicións poden ser leoninas pero a xente acepta porque presionan con expropiar: ‘ou firmades iso ou nada’”, exemplifica o presidente de Ventonoso, José Antonio Diéguez, plataforma que leva máis de 20 anos asesorando a propietarios que negocian con estas enerxéticas.

OBRA DE FRAGA E RAJOY

Esta facilidade para expropiar orixínase nun decreto da era Fraga continuado por Feijóo coa Lei Eólica de 2009. Ambas normas recollen que os proxectos declarados de “utilidade pública” contarán co favor da administración para apropiarse das terras pola forza. O problema está en que non se marcan límites a esa declaración de ‘utilidade’, quedando, na práctica, a decisión da Xunta de Galicia e o seu organismo competente.

A outra peza do puzzle vén da regulación estatal. A Lei do Sector Eléctrico aprobada en 2013

polo executivo de Rajoy declara a utilidade pública de todas as instalacións para xerar enerxía.O resultado é un cóctel perfecto no que as empresas saben que poden contar co brazo da administración para expropiar a terra do propietario que se resista. “Non coñecemos ningún procedemento desta natureza no que a declaración de utilidade pública fora negada”, apuntan dende o Observatorio Eólico de Galicia (OEGA).

"CHANTAXE" PARA BAIXAR OS PREZOS

Entón, por que a maioría de negociacións en Galicia --e o “95%” das de Greenalia-- rematan en acordo? Porque, quizais, a expropiación é unha desas armas que non fai falla disparar para saír vitorioso. A mera presenza desa ameaza garante o prezo desexado ás empresas, segundo apunta Fins Eirexas, da plataforma ecoloxista Adega: “Trátase dun argumento de chantaxe descarada: ou me vendes isto ao prezo que quero ou teño a posibilidade da expropiación”.

Esta “asimetría” que tamén o OEGA ve na negociación aséntase, á parte, nunha lei elaborada polo goberno franquista nos primeiros anos da posguerra. Sobre o papel, o decreto de Manuel Fraga de 2001 atinxe á Lei de Expropiación de 1954 e o seu artigo 52. Acontece que este punto concreto é unha refundición “practicamente” exacta --din os lexisladores do 54-- doutra regulación de 1939, e que abría a porta a que o nacente estado franquista puidera expropiar terreos diversos para avanzar nas “obras de reconstrución nacional”. O texto do 54 tamén recoñece que esta lei de 1939 tivo que ser “improvisada”; e, porén, segue vixente.

ALUGAR 10 METROS, CONSEGUIR 1.000

Con estas armas, as empresas eólicas adoitan conseguir impoñer o seu modelo de contrato, que na práctica totalidade dos casos é de arrendamento ou aluguer. “A venda de terras era máis propia nos anos 90, porque se trataba de montes”, explica Diéguez, de Ventonoso. Este cambio-- que a priori podería semellar positivo-- supón, na práctica, un golpe máis á capacidade de defensa dos propietarios, presos dunha ‘letra pequena’ na que non moitos reparan.

A “trampa”, explica Diéguez, estaría na transmisión dos ‘dereito de superficie’. Esta figura legal implica que unha empresa eólica pode conseguir o control dunha finca de, por exemplo, 1.000 metros cadrados alugando tan só unha parcela de 100, 10 ou 1. Aínda que non podería construír nesa porción maioritaria, a promotora si contaría coa potestade de poñer normas ao propietario da terra; que seguiría sendo o dono pero só sobre o papel.

¿MELLOR DEIXARSE EXPROPIAR?

“Levamos 20 anos informando sobre iso pero a xente segue asinando”, laméntase Diéguez, que tamén recoñece o medo á expropiación como un recurso efectivo para facer fluír a tinta dos bolígrafos. “A xente de máis idade, sobre todo, non se dá conta da gravidade do asunto”, valora, nunha liña moi semellante ao que pondera Azucena, a veciña que non deu o brazo a torcer: “Aquí en Aranga hai moitas persoas maiores que venden para non meterse en leas”.

Aínda que a expropiación soe como unha negra pantasma para moitos propietarios, o presidente de Ventonoso sinálaa como unha opción máis proveitosa que o arrendamento en determinadas circunstancias. “Vante machacar no prezo, pero aínda así pode interesar máis que asinar o contrato”, explica. Por riba, e segundo a mesma fonte, ao rematar a explotación do parque eólico o anterior propietario podería recuperar a súa terra a custe cero, sempre e cando a transmisión se fixera baixo a figura legal da servidume. Con todo, o acordo coas empresas segue a ser a tónica dominante: “a xente tenlle moito pánico á expropiación en Galicia porque foron moitos anos de espolio. E isto é un espolio máis”, sentencia Diéguez.

SEN RESPOSTA DA XUNTA E A PATRONAL

Galicia Confidencial contactou co servizo de prensa da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para recoller a súa visión da temática tratada. Asemade, este xornal dirixiuse á Asociación Eólica de Galicia, que exerce como patronal das empresas dedicadas á explotación do vento na Comunidade, e a enerxética Greenalia. Esta última destacou a súa vontade de "diálogo e consenso", negando a existencia de "imposicións" no proceso de negociación. A Xunta e a patronal eólica non responderon."                   (Iago Codesido, Galicia Confidencial, 21/06/21)

31/5/21

Os macroparques eólicos, a nova loita social e ecolóxica de Galicia

 "Unha marcha percorrerá as rúas de Santiago o próximo 5 de xuño con motivo do Día Mundial do Medio, que se celebra ese día, para esixir a paralización inmediata dos proxectos eólicos que se atopan en tramitación na Xunta e o Goberno e que afectan a territorio galego.

A mobilización foi convocada baixo o lema 'Eólica Así non!' por máis de 20 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais e sindicais de Galicia e partirá ás 12,00 horas da Alameda compostelá. Posteriormente, percorrerá a cidade ata a praza do Obradoiro, onde se lerá un manifesto e gardarase un minuto de silencio simbólico polos territorios que "foron destruídos" ou "ven ameazados pola ocupación eólica".

Deste xeito, os colectivos convocantes pedirán a moratoria das novas instalacións e a derrogación do Plan sectorial eólico de Galicia e as leis de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de simplificación administrativa ao considerar que representan un "atropelo" contra a participación pública e a preservación do medio, o patrimonio e a paisaxe. Por iso, denuncian que o modo no que a Xunta "concibe e permite a implantación eólica" baséase na "desreglamentación legal", o "abuso das empresas enerxéticas ás poboacións afectadas", a "destrución de patrimonio público e colectivo" e "intereses de carácter privado e especulativo".

MANIFESTO ABERTO Á ADHESIÓN

Nunha rolda de prensa celebrada este venres en Santiago, a portavoz de Rede Galega por un Rural Vivo, Jessica Rey, indicou que o manifesto que se lerá tras a marcha está aberto á adhesión de colectivos e plataformas, mentres que os particulares poden manifestar o seu apoio ao participar na mobilización. Así, incidiu en que Galicia representa unha das comunidades cunha maior presenza de parques eólicos e criticou que a distancia esixida respecto dos aeroxeradores "sexa a mesma" a pesar de que o seu tamaño pasou de situarse en 70 metros a alcanzar os 200.

Jessica Rey tamén lamentou que a normativa correspondente se atope "obsoleta" e advertiu de que a instalación dos parques proxectados suporá "acabar coa Galicia rural", polo que demandou que a transición enerxética que se leve a cabo sexa "xusta".

Neste sentido, o portavoz da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Roi Cuba, afirmou que a execución destes proxectos suporá unha afectación á flora, a fauna e os recursos naturais da comunidade, que "non se poderán recuperar". Por iso, chamou a unha mobilización "masiva" para pedir unha moratoria ao novo modelo eólico co obxectivo de que "se estude ben" o seu impacto no territorio. Ademais, o membro da Federación Rural Galega (Fruga) Miguel Dacal criticou que "menos do 1% dos beneficios" sexan percibidos polos propietarios dos terreos, fronte ao "99% que reciben as multinacionais" e tachou de "espolio" dos recursos os proxectos expostos.

CUSTO DA SUBMINISTRACIÓN

Nesta liña, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sinalou que a produción enerxética da comunidade supere ao seu consumo, pero que a súa subministración "sexa un dos máis caros do Estado". Así as cousas, afirmou que o próximo 5 de xuño dará comezo "unha resposta" da cidadanía a esta situación. Así mesmo, o representante de Rede de Patrimonio Cultural Santiago Llecha alertou de que a instalación dos parques eólicos proxectados afectará a "un abundante patrimonio que permanece invisibilizado", como hórreos e muíños, e poderá supor "perder unha parte da Historia propia". 
     (Galicia confidencial, 28/05/21)

4/5/21

“Por culpa do capital, bótannos do rural”... e a empresa do ex xenro de Florentino Pérez

 "A chuvia e o mal tempo non desanimaron este domingo aos numerosos veciños e veciñas da Baña e Negreira que marcharon, partindo da Carballeira de Seilán, para denunciar o que cualifican de “espolio eólico”: un parque que contempla aeroxeradores que medirán "tres Torres e media de Hércules".

 “Por culpa do capital, bótannos do rural” era o lema que presidía a manifestación, na que tamén participaron representantes de organización como o BNG (os deputados Luis Bará e Iria Carreira), PSdeG (Noa Díaz) e Anova (Antón Sánchez).

Veciñas e veciños da Baña empezaron hai unas semanas unha recollida de alegacións contra o parque proxectado na aldea de Troitomil.

 Todos os partidos políticos expresaron entón o seu apoio ás demandas canalizadas a través das asociacións veciñais de Fiopáns, Cabanas, Lañas e San Mamede de Monte, que advirten dos problemas que o parque creará na biodiversidade da montaña e dos desvíos na distribución da auga e das interferencias nos sinais de telefonía ou televisión.

 A Consellaría de Economía someteu a información pública a solicitude de autorización do parque de Green Capital Power, que contaría cunha potencia instalada de 30 megavatios e nos que cada muíño medirá "tres Torres e media de Hércules", advirte a veciñanza.

Impúlsao a empresa do ex xenro de Florentino Pérez

Trataríase do terceiro proxecto en solo galego desta empresa, que naceu baixo o paraugas de Capital Energy, propiedade do empresario madrileño Jesús Martín Buezas, ex xenro do empresario Florentino Pérez.

 Capital Energy foi unha das empresas que denunciou o concurso eólico da Xunta da Galiza en 2010 e prevé levantar 17 parques en toda a Galiza para se facer cun total de 539 megavatios.

Hai 131 parques eólicos en proxecto na Galiza

A produción de enerxía eólica atópase na Galiza en máximos históricos. Segundo os datos fornecidos pola Rede Eléctrica Española, a potencia instalada atinxiu en 2020 os 3.829 megawatts (MW), sinalando a Asociación Eólica Galega (AEG) que a xeración de enerxía por esa vía situouse en 999,23 quilowatts (kW) por hora. Malia que a Galiza é o segundo produtor eólico do Estado e nesa mesma anualidade exporta 28% da electricidade xerada, as compañías enerxéticas teñen actualmente en tramitación no país máis de 10.000 MW, o que supón aumentar a potencia instalada en máis de 72%."             (Nós, 26/04/21)

29/4/21

A veciñanza de Santa Comba e Mazaricos únese á de A Baña, Outes e Negreira contra a invasión de eólicos

 

"Aconteceu este pasado domingo na Carballeira de Seilán, na Baña, onde máis de 200 manifestastes desafiaron á chuvia para protestar contra a invasión eólica. Concretamente lamentan os proxectos eólicos que afectan aos concellos de A Baña, Mazaricos, Outes, Negreira e S
anta Comba contra os que xa se presentaron preto de 2000 alegacións.

A manifestación foi convocada pola Rede Galega por un Rural Vivo, do que forman parte varias entidades da nosa comarca, en colaboración coa Plataforma Veciñal Os Quijotes de Outes. O seu voceiro, Roberto Vilela, que hai pouco se achegou ata o Anllóns para coñecer as problemáticas cos viraventos nas Paisaxes Pondalianas, explicou que as empresas están instalando 500MW en apenas 60km2, unha potencia semellante á de Asturias en 2019 cunha superficie 177 veces maior.

Serán 11 os parques eólicos proxectados entre eses Concellos:San Cosmeiro ,O Vao, Maragouto, Banzas, Outes, Alvite, AlviteI, Troitomil e outros catro máis dos que se teñen constancia."               (Que pasa na costa, 27/04/21)

1/3/21

400.000 euros pola expropiación dun monte comunal para un eólico que obtén 4 millóns ao ano

 "O parque eólico Pena Armada, en Friol, comezou a operar en 2004 con 23 muíños despois de que o 80% da superficie que ocupa fose expropiado por arredor de 400.000 euros

 15 dos seus xeradores, o 65,2% da potencia total do parque, están en terreos expropiados a unha comunidade de montes que prefería negociar coa empresa, controlada por Endesa, pero a Xunta autorizou a expropiación e só no ano seguinte á súa posta en funcionamento, 2005, facturou xa pola venda de electricidade uns 4,3 millóns de euros, cifra que en 2015 chegou a 5,5 millóns.

É un dos exemplos da debilidade en que a Xunta deixa aos propietarios de terreos fronte ás empresas enerxéticas que recolle o Observatorio Eólico de Galicia na Guía para o incremento do valor social e económico da enerxía eólica nas comunidades rurais que veñen de elaborar os profesores Xavier Simón e María Montero, da Universidade de Vigo; Damián Copena, da de Oviedo, e David Pérez Neira, da de León.

 Os parques eólicos poden instalarse tras acordos entre as empresas promotoras e os propietarios dos terreos para a súa venda ou alugueiro ou tras unha expropiación. Os montes comunais non poden venderse, así que neses casos as opcións redúcense. Pero desde a Lei 5/2017 de fomento da implantación das iniciativas empresariais, a que os seus críticos bautizaron como Lei de Depredación, as empresas xa non teñen que xustificar ante a Xunta os motivos polos que non puideron chegar a un acordo cos propietarios antes de solicitar a expropiación dos terreos. E adoitan solicitar a expropiación porque a Xunta adoita concedela.

“As promotoras semellan ter carta branca para solicitar a declaración de utilidade pública [expropiación], que nos procesos administrativos que temos analizado (máis de 150 parques) case na totalidade deles foi concedida”, salienta o documento do Observatorio Eólico. A ameaza da expropiación “xoga sempre como unha panca que empurra os acordos cara a rendas máis baixas e condicións máis severas para os propietarios/as”, engade a guía, porque os preitos nos que poden derivar as primeiras son de resultado indeterminado, de aí que os autores do documento sinalen que “é mellor un mal acordo que unha boa expropiación, simplemente porque esta última non existiu ata o de agora”. E poñen exemplos. 

Por unha banda, tras autorizar a Xunta a expropiación “a empresa ocupará o monte de forma inmediata” mentres que “as propietarias ou propietarios agardarán anos para coñecer o resultado final”. Por outra, o criterio de valoración empregado polos xurados de expropiación designados pola administración e avalado pola xustiza adoita ser o da comparación con outras terras similares rústicas ou agrarias e non o valor que xerará a explotación do recurso eólico existente neses lugares e non noutros.

E poñen o exemplo do antedito parque eólico de Pena Armada, no que “a comunidade de montes non quería a expropiación, quería o acordo coa empresa”, que pola contra “solicitou e obtivo a declaración de utilidade pública e expropiáronse os predios”. 

A continuación “a comunidade de montes comeza un camiño de informes, avogados, peritaxes, xulgados, tribunais, maxistrados... Resultado final: pola expropiación de case o 80% da superficie total expropiada para o parque eólico o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o prezo xusto fixado polo Xurado Provincial de Expropiación de Lugo: unha cantidade que se situaba arredor dos 400.000 euros”. 

Pero deles, “descontando os gastos de equipo xurídico e pericial, a comunidade ingresou a metade, aproximadamente”. Fronte a eses cartos ingresados nun único momento pola comunidade de montes (en cuxos terreos se situaron 15 dos 23 xeradores dun parque que suma unha potencia total de 20,7 MW), en todo o período de vida do mesmo “estimamos unha facturación de 62 millóns de euros (a prezos correntes)”.

Praza.gal revisou a sentenza do TSXG que avalou aquela expropiación e nela os xuíces rexeitan aumentar o importe da expropiación como reclamaba a comunidade de montes porque entenden que aínda que se aplicase á valoración dos terreos o denominado método de capitalización que avalía rendas futuras estas non poden ter en conta as eólicas senón só as que se obterían froito do mesmo uso previo dos terreos. “As fincas non producían enerxía eólica nin eran susceptibles de producila, soamente reunían as condicións naturais para producila”, di a sentenza, que engade que “a aptitude dun terreo para a produción de enerxía eólica non lle vén dada por natureza” senón pola instalación nel dos muíños froito dunha autorización. 

Nese caso, a “plusvalía que sofre o terreo expropiado” é froito “da obra que dá lugar ao procedemento expropiador”. Isto é, é unha plusvalía que obtén a empresa enerxética polo feito de que a administración lle outorgue o permiso e lle facilite a expropiación dos terreos pero que non poderían obter os donos previos deses terreos expropiados.

Ante esta situación, o Observatorio Eólico aposta polo alugueiro como mellor fórmula, asumindo que as empresas e a administración están a impulsar pola contra a expropiación. No caso de lograrse un acordo cos propietarios dos terreos, a Guía sinala que “na actualidade as mellores ofertas sitúan o pagamento medio arredor dos 3.600-3.800 euros por MW instalado”.               (David Reinero, Praza Pública, 26/02/21)

16/5/11

Las eólicas cargan el canon de la Xunta a los dueños del monte

"Las sociedades ganadoras del concurso se han empezado a mover para instalar sus molinos. (...)

Los que optan por ofrecer dinero a los titulares del monte avanzan precios que para los sindicatos agrarios son "una broma".

Estos acusan a las eléctricas por querer trasladarles los costes del canon eólico, una tasa que se ampara en la Ley de Aprovechamiento Eólico de Galicia impulsada desde el Gobierno del PP que vio la luz en 2009.

Marcos Louzao, del Sindicato Labrego Galego, explica que en varias parroquias estradenses se han puesto en pie de guerra porque consideran una burla las ofertas.

La presidenta de los vecinos, Fina Rodríguez, asegura que lejos de estar de acuerdo, los titulares del monte catalogado ahora como Área de Desarrollo Eólico se beneficiaron hace 11 años de unas ayudas europeas para plantar pinos.

Si los talan deberán devolver el dinero y los intereses. "¿Pero no habrá monte suficiente en otro lugar?" se pregunta.El precontrato de Airosa incluye un pago de 0,5 euros por cada metro cuadrado ocupado y 3.000 euros por megavatio instalado.

"Hace pocos años se llegó a pagar un 33% más. Lo mínimo es que los dueños de los terrenos reciban el 1% de lo que produce el parque", señalan desde Unións Agrarias. " (El País, Galicia, 14/05/2011, p. 1)

30/11/10

"En 10 anos os muíños (de vento) só pagaron festas patronais"

"A Ventonoso dálle o mesmo Gas Natural que Construtora San José. J.A. Diéguez, voceiro desta asociación que defende aos veciños de parques, explica na entrevista como os cartos do vento sempre marchan lonxe do rural.

A Xunta presume de que o novo concurso eólico significará para Galicia grandes beneficios e miles de postos de traballo ...
É propaganda institucional, xa coñecemos cantos postos de traballo e que inversións produciron os megawatios instalados até agora, que son case os mesmos cos repartidos no novo concurso.

O profesor da universidade de Vigo Xabier Simón calcula que os veciños dos muíños reciben o 1,6% da riqueza dos parques. Que lle parece este reparto?
Non e xusto, deberian participar dacordo co aportado, o seu terreo eolico, o 10% non e ningunha utopía.

Que lle aconsellaría a un propietario que tivese terreos nas zonas nas que se instalará os muíños do novo reparto?
Moitos xa os temos aconsellado de tempo atrás, primeiro, non firmar contratos lixo; segundo, defender a propiedade da terra.

Galicia é a segunda autonomía con máis muíños, cre que contribuíron significativamente ao desenvolvemento do rural?
As probas me remito, mais de dez anos de implantación, nada deixaron nada mais alá que pagar as festas patronais a unhas poucas parroquias, nin un solo proxecto produtivo.

Que reformas legais se necesitan para que a enerxía eólica deixe máis cartos nas aldeas?
Modificar a lei no tocante a normativa eólica, urbanística e fiscal, considerando o solo eólico independentemente do solo rústico e urbaninzábel.

No reparto do bipartito un dos principais beneficiados eran as cooperativas do leite, neste non levaron nin un megawatio...
Neste levan unhos pouquiños os coellos, pitas e porcos; con eso xa creen cubren o expediente da inversion rural, o do grupo lácteo era un proxecto tan real como o dos cataláns de Fenosa Wind [a marca 'que sona a galego' creada por Gas Natural para presentarse ao novo reparto da Xunta].

Por que Ventonoso cualifica o nov reparto da Xunta do PP de "irregular" ?
Faise despois de anular algo que ningún tribunal demostrou que ose ilegal e despois faise unha lei, para blindar o canon eólico e poñer criterios transparentes e baremables para o 45% dos puntos e o 55% discrecional para os empregos e investimentos. Sónanos a irregular, dá a impresión que algúns coñecían as preguntas do exame. (...)

Despois de todo o rebumbio que se creou en torno ao reparto do bipartito e a suspensión polo PPdeG, quen cre que resultou o máis beneficiado por esta decisión?
Os que sempre mandaron na política enerxética da comunidade, os grandes grupos de poder: eléctricas, gasistas, caixas, bancos, construtoras e un grupo de amigos do partido gobernante, desta vez non aparecen cuñados que se saiba." (Galicia Confidencial, 29/11/2010)

20/10/10

Vientos a precio de ganga. Una tesis denuncia las escasas tarifas que se pagan por ocupar terrenos eólicos

"En Lañas, en el municipio coruñés de A Baña, disfrutan de la calma propia de una pequeña parroquia rural. Un silencio por el que teme Cándido Iglesias, ganadero, cuando habla de las muchas preocupaciones que le despierta la posibilidad de que sus tierras pasen a estar ocupadas por aerogeneradores. Si se construye el parque eólico de Vilamartiño -proyectado por la gallega Galenova sobre seis parroquias de A Baña y Val do Dubra-, su ganado pastará bajo algunos de sus 19 molinos.

Él y sus vecinos supieron del parque cuando fue autorizado, en 2007. Y desde entonces hasta este verano, denuncian, no volvieron a tener noticias del proyecto. "Un día llegaron representantes de una consultoría con los contratos redactados y con la amenaza de la expropiación para urgirnos a firmar", explica Iglesias. Una situación que provocó que las dudas, la desconfianza y la sensación de desamparo se extendiesen entre los afectados.

"Ese es el procedimiento habitual", lamenta la economista Rosa María Regueiro, que acaba de presentar en la Universidad de Santiago de Compostela su tesis Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais. Regueiro ha estudiado a fondo los números que han dejado 15 años de presencia de aerogeneradores en el paisaje gallego -desde que un decreto regulase por primera vez, en 1995, la implantación de parques eólicos- para concluir que las carencias legislativas han modelado un sector en el que los grandes perdedores son los propietarios de los terrenos donde se asientan los parques, en los que han revertido muchos menos beneficios que en otros modelos de gestión.

La forma de compensación predominante en Galicia es el alquiler o compra de los terrenos sobre los que se proyectan estas instalaciones. Y de ahí surgen con frecuencia situaciones como la que denuncian en A Baña y Val do Dubra. "La primera perversión del sistema es la idea de que el suelo adquiere valor con la instalación del parque. Y no es así: un parque se instala sobre un terreno porque éste posee potencial eólico", explica Regueiro. Pero estos terrenos -que normalmente son suelos rústicos o forestales de bajo rendimiento, ya que la exposición a fuertes vientos reduce la vegetación- son valorados de acuerdo a sus usos previos. Por eso, una de las propuestas que se derivan de la investigación es la de crear una categoría especial de suelo para catalogar estas tierras, dándole una valoración adecuada a su potencialidad económica.

Para dilucidar cuál es la retribución justa para los propietarios de las tierras -"y de su viento", apostilla Cándido Iglesias- Regueiro propone en su investigación un método de cálculo que, teniendo en cuenta las horas anuales de viento que se registran en un terreno y la inversión necesaria para la puesta en funcionamiento del parque, establece la compensación mínima - dejando un amplio margen de beneficios para las eólicas- en seis euros por kilovatio instalado. Revisando contratos de los últimos 15 años, se ha encontrado con que las retribuciones en Galicia oscilan entre uno y tres euros. Hay que tener en cuenta que el valor de seis euros se obtiene en los niveles mínimos de viento para la instalación de aerogeneradores, establecido en torno a las 1.800 horas anuales. Y en algunos parques gallegos llegan a registrarse más de 3.000.

Los números tampoco son alentadores en el caso de la compraventa. En los contratos estudiados a lo largo de la investigación pueden encontrarse valoraciones de céntimos por metro cuadrado. El récord negativo lo tienen terrenos en Muros pagados en 1997 a 22 céntimos, y el precio más alto registrado en estos últimos 15 años se queda en los 2,24 euros alcanzados hace una década en As Pontes. Sobre la expropiación -una amenaza frecuente- explica Regueiro que, de llegar a ese proceso, los precios son muy bajos.

A la desinformación sobre los precios se suman otras pequeñas trampas, advierte Regueiro. "La letra pequeña de algunos contratos incluye una cláusula que responsabiliza a los propietarios del desmantelamiento del parque al final de su vida útil", advierte. Las empresas se van y el terreno vuelve a sus dueños con aerogeneradores y líneas de evacuación incluidas.

No es la única atadura que firman los propietarios. La mayor parte de los contratos contempla la posibilidad de que la empresa renuncie al contrato antes de su vencimiento sin que los propietarios reciban ninguna compensación. No es un derecho recíproco. "E incluso llegaron a recogerse penalizaciones a los propietarios en caso de descenso de la producción", añade Regueiro.

Entre los peores modelos del mundo

El diagnóstico de Regueiro ante las carencias del sector eólico gallego es claro: "Hace falta una concepción integral del sector, algo que aquí nunca ha tenido desarrollo legislativo". Y al analizar otros modelos implantados en Europa y en todo el mundo concluye que Galicia es uno de los peores lugares para poseer un terreno ventoso. En Dinamarca, Holanda, Lituania, Japón o China se obtienen más beneficios.

"Dinamarca disfruta del modelo más beneficioso para los propietarios", cuenta Regueiro, "porque ha desarrollado una ley estatal en la que contempla a todos los agentes: la administración legisla, los propietarios son accionistas con voz y voto a través de las cooperativas que gestionan los parques, la industria desarrolla los aerogeneradores y las entidades financieras ofrecen apoyo económico".

El resultado: la eólica es hoy una energía vista con buenos ojos por la gran mayoría de la población danesa, no solo como alternativa a las energías fósiles sino también como un recurso económico que ha revertido en el conjunto de la sociedad.

Pero en Galicia la implantación de la energía eólica ha ido acompañada de un creciente desencanto. La sensación de expolio que genera el modelo de compensación, los constantes enfrentamientos partidistas, la opacidad alrededor de sus consecuencias medioambientales y una baja incidencia en el empleo han alimentado la desafección. "Nunca se ha legislado en favor de los propietarios. Y la última ley es incluso regresiva en este aspecto", lamenta Regueiro." (El País, ed. Galicia, Galicia, 13/10/2010, p. 4)

9/4/10

Expropiarán como suelo rural, a cuatro perras, el suelo eólico...

"Detrás de la cuestionada seguridad jurídica del concurso eólico del bipartito y de su suspensión y convocatoria de uno nuevo por parte del Gobierno de Alberto Núñez Feijóo están unos 6.000 afectados, entre propietarios de montes particulares y vecinos de terrenos mancomunados. En el reparto de los 2.325 megavatios de potencia eólica los terrenos que ocuparán los molinos se consideran de utilidad pública y, si no se llega a un acuerdo con la empresa, las fincas son expropiadas a precio de suelo rural, sin tener en cuenta el aprovechamiento económico que las empresas saquen de los parques.

El sindicato Unións Agrarias (UU AA) considera que se ha dejado escapar en la modificación de la Lei do Solo -en la que pedían la designación de suelo eólico a los terrenos destinados a parques- una nueva oportunidad de que una norma regule "a favor del mundo rural". "Estos 2.325 megavatios van a necesitar miles de hectáreas forestales de propietarios particulares que van a seguir siendo valoradas por su valor rústico y no por su capacidad de generar energía", explicó Jacobo Feijoo, secretario de Desenvolvemento Rural e Producións Forestais de Unións Agrarias. Por eso, el sindicalista reclama una "valoración justa" de los terrenos para crear rentas complementarias en el ámbito rural. "Desde el punto de vista de las rentas no hay un mecanismo para que esta creación de riqueza repercuta en el mundo rural", se reafirmó. (...)

Además, el sindicato agrario sospecha que dentro de los proyectos emergentes que primará la orden no se cuentan los de empresas agroalimentarias, sino tecnológicas, mientras que las beneficiadas serán "siete empresas eléctricas". "Y es peor porque suelen pasar como elefante por cacharrería y no les van a importar los propietarios", criticó el presidente de la asociación de propietarios de terrenos eólicos, José Antonio Diéguez.

Los propietarios de terrenos con molinos instalados reciben entre un 1% y un 1,5% de la facturación anual del parque eólico si llegaron a un acuerdo de alquiler con las empresas. Sin embargo, si el dueño se resiste a vender la tierra se expropiará a precio de suelo rústico y entonces los beneficios caen hasta el 0,5%, menos de un euro por metro cuadrado, según indicó Diégez" (El País, ed. Galicia, Galicia, 06/04/2010, p. 3)