Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: descripcion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: descripcion. Mostrar todas las entradas

4/7/19

Cáritas sinala Galicia como o territorio con máis persoas "na antesala da exclusión" nunha nova crise. O 42% dos galegos e galegas forman parte da 'sociedade insegura', a que hai nesa "antesala"

"Cáritas presentou este mércores o VIII Informe Foessa, unha completa radiografía da situación social no Estado Español, e que lle dá continuidade aos traballos publicados en 2008 e 2014: antes da recesión económica e no peor momento da crise. 

Este novo estudo analiza os efectos desta década de crise e recortes, preguntándose se houbo unha recuperación e que sectores sociais puideron acceder a ela. Unha das primeiras conclusións do documento é que na actualidade hai en España 8,5 millóns de persoas en situación de exclusión social, 1,2 millóns máis que hai unha década.

Isto representa unha porcentaxe do 18,4%, que é moi semellante en Galicia (17,5%). Un amplo grupo da poboación "para quen o ascensor da mobilidade social non funciona, e non é quen de subir sequera ao primeiro andar". 

O informe si detecta que dende o ano 2014 se produciu un incremento das persoas "que non teñen dificultades para a súa supervivencia, que levan unha vida digna en termos materiais e que se recuperaron cando menos aos mesmos niveis de antes da Gran Recesión". Porén, tamén advirte da situación dun grupo intermedio, que denomina sociedade insegura e que estaría composto por persoas que neste non se atopan en situación de pobreza ou en risco de exclusión social, pero que podería caer nestas situacións en caso dunha hipotética nova crise. 

"Este grupo da sociedade insegura móvese no gume da navalla. E intúe que ante unha eventual acudida, nunha nova crise, o seu sostén económico crebará. Indígnalle que a sociedade segura se desentenda do resto e colla máis impulso ata desconectarse", destaca o informe, que cifra en seis millóns o número de persoas que estarían neste grupo en todo o Estado.

 Esta sociedade insegura é especialmente importante en Galicia. O noso país sitúase por debaixo da media española en canto á porcentaxe de poboación en situación de exclusión social e moi lonxe por exemplo dos datos de Canarias (29%) ou Estremadura (23%). Porén, Galicia é tamén a segunda comunidade autónoma con menos poboación con integración plena, é dicir, fóra de todo perigo. Fronte ao 48,4% do conxunto de España, o dato galego é do 40,96%, e só mellora ao das Illas Canarias.

No medio fica unha parte moi importante da poboación galega, maioritaria, de feito, o 42% do total, que fica adscrita a esa categoría de sociedade insegura, que está "na antesala da exclusión", destaca o informe. "Mira cara á fracción estancada e ve que é próxima, aínda que non é semellante. Non a coñece nin a comprende porque apenas mantén vínculos con ela", explica. "Porén, cando mira cara ao outro lado, ve que tamén se están debilitando os lazos coa sociedade segura, a que vive instalada na soberbia", engade. 

"A sociedade insegura aínda se valora, non perdeu a autoestima e os compromisos co estado de dereito, pero intúe que na próxima sacudida o seu sostén económico crebará e caerá a terra. Non ten poder económico nin son da súa propiedade os medios de comunicación. Ten un emprego precario, insuficiente, e un futuro incerto", completa a descrición.

 O informe debulla a situación dos factores de sostibilidade das distintas capas da sociedade, a ameazas máis urxentes e os elementos que ameazan con debilitarse. Alerta, por exemplo, sobre o encarecemento da vivenda, lembrando que nos últimos anos o prezo dos alugueiros nas cidades creceu un 30%. 

E advirte dos efectos da crecente precariedade laboral, subliñando que "o 14% das persoas que traballan están en exclusión social", que "un de cada tres contratos temporais dura menos de sete días" ou que "o 15,1% dos fogares sofre inestabilidade laboral grave (son fogares nos que a persoa principal pasou por 6 ou máis contratos, por 3 ou máis empresas, ou estivo 3 ou máis meses en desemprego durante o último ano).

Alerta igualmente sobre o efecto dos recortes sobre os servizos públicos, apuntando que o número de persoas con cobertura sanitaria privada aumentou do 13,3% en 2012 ao 16,3% en 2017 como resultado das crecentes deficiencias do sistema sanitario público e da presión das empresas privadas para gañar espazo de negocio. No campo do ensino tamén salienta "o aumento da ratio de alumnado e a carga electiva para o profesorado" ou das "dificultades para a obtención dunha bolsa".

Tamén fai fincapé na situación especialmente vulnerable que sofren algúns colectivos, como as familias monoparentais (que dependen case exclusivamente dunha muller) e, en xeral, os fogares nos que viven menores de idade.

¿Quen saíu da crise? Quen sufriu a crise?

 O informe destaca que na sociedade española "implantáronse dous significados da saída da crise que se basean en indicadores diferentes". "Para as elites significa crecemento da economía, para a cidadanía común significa traballo e soldo dignos", di, destacando que non se trara só "dos indicadores nos que baseamos os nosos relatos, senón de entender que diferentes miradas xeran diferentes prioridades e diferentes resultados".

O documento salienta que "non se adquiriu unha conciencia clara de que os máis prexudicados foron os grupos máis excluídos socialmente". E comenta que a crise pagárona principalmente os traballadores maduros (61%), seguidos polos mozos (56%).

 "Necesitamos unha proposta de horizonte ético, unha pedagoxía da indignación e a esperanza", conclúe o informe de Cáritas, que di que "é urxente construír espazos para o empoderamento social e político das persoas máis afectadas pola crise". "Ábrese a necesidade de crear un sector público composto polo espazo de traballo conxunto das administracións públicas, as entidades non lucrativas e as empresas sociais. E todo iso desde a perspectiva de non deixar a ninguén atrás", remata."                           (Marcos Pérez Pena , Praza Pública, 13/06/19)

12/6/19

A Coruña: el pueblo de pescadores que cayó en la ‘zaradependencia’

"Hace una década A Coruña sufrió una explosión en cadena. En esta península gallega de solo 38 kilómetros cuadrados, donde la escasez de suelo lo convirtió en oro y nació la potente promotora Fadesa, estalló con fuerza la burbuja inmobiliaria pero también la financiera, con la defunción de la caja de ahorros que en ella reinaba, y la comercial, con el cierre de grandes superficies recién levantadas. 

 Lo que un día fue un pueblo de navegantes y pescadores que creció gracias, por y para su puerto, ya llevaba tiempo transformada en una ciudad de servicios. Hoy vive sobre todo del gigante textil al que alumbró: Inditex.

Bajo la casa del fundador de Zara en la céntrica dársena de O Parrote, hace años que fondean yates y casi ningún pesquero. Desde la ventana de Amancio Ortega también se divisan los trasatlánticos cargados de turistas a los que la ciudad fía parte de su economía.


Y a lo lejos se ven los mercantes y petroleros que desde 2004 la ciudad intenta llevarse al puerto exterior, construido por más de 750 millones de euros a 15 kilómetros, en punta Langosteira, en el municipio de Arteixo donde también está la sede de Inditex.

Vaciar de actividad portuaria los muelles del centro de A Coruña para diseñar una nueva fachada marítima ha sido una operación costosísima y errática que aún no se sabe cuándo culminará. Se impulsó hace 15 años con el pretexto de alejar descargas insalubres y peligrosas, ya que los productos petrolíferos precisan un oleoducto que recorre el subsuelo coruñés hasta la refinería. “La construcción del puerto exterior fue injustificada porque, con ligeras modificaciones en la parte petrolera, la ciudad podría convivir con el puerto.

 A Coruña no queda libre de peligro porque los muelles estén en un costado y no en el centro”, sostiene Antón Luaces, periodista y presidente de Foro Cívico, un prestigioso club local de debate y reflexión.

Luaces, experto en información marítima, recuerda que hace más de una década vivían del puerto coruñés unas 3.000 personas y “ahora, como mucho, una tercera parte”. La ciudad era una “potencia pesquera” hasta que España ingresó en la Comunidad Económica Europea (CEE). Entonces una flota de 300 pesqueros faenaba en aguas europeas, apunta. Hoy sobreviven seis: “Ahora queda solo la pesca de bajura, pero entra más pescado en la lonja coruñesa por camión que por barco”.

En 2004, el Gobierno de José María Aznar, la Xunta con Alberto Núñez Feijóo de vicepresidente y el entonces alcalde de A Coruña, el socialista Francisco Vázquez, diseñaron una operación urbanística para financiar la mudanza al puerto exterior. La nueva dársena debía pagarse en buena parte con la venta a promotoras privadas del suelo de los muelles que se liberarían de actividad. El estallido de la burbuja inmobiliaria echó por tierra esos números y la Autoridad Portuaria ha acabado atrapada en una deuda de más de 300 millones.

Qué hacer con el medio millón de metros cuadrados junto al mar que serán recalificados y cómo pagar a los acreedores de la nueva dársena ya construida es uno de los grandes desafíos que tendrá que afrontar el gobierno local que salga de las urnas el 26 de mayo. Marea Atlántica, la candidatura de unidad popular que acabó en 2015 con la mayoría absoluta del PP y cuatro décadas anteriores de hegemonía socialista, plantea que ese suelo siga siendo “100% público”, con infraestructuras culturales, deportivas y de transporte y "actividades productivas limpias”. Solo admite viviendas en “situaciones puntuales de integración con la trama urbana” y sin privatizar el terreno.

El PP solo preservaría la titularidad pública de los muelles más cercanos al centro y en el resto promovería "edificios singulares", zonas de ocio y restauración y viviendas. El PSOE también aboga por un uso "mixto", con equipamientos públicos, deportivos y de transporte, oficinas, viveros de empresa y pisos, aunque reduciendo la edificabilidad prevista en 2004: "No hay que demonizar que existan viviendas porque garantizarían que hay vida en eses terrenos”. “Cien por cien uso público y sin vivienda”, contrapone el BNG, que situaría en esta área el intercambiador de transporte de la ciudad y un nuevo hospital.

Sobre la deuda de la Autoridad Portuaria de A Coruña, Marea Atlántica, PP y BNG defienden que el Gobierno central debe condonarla como hizo con la del Puerto de Valencia. El PSOE promete “luchar para encontrar una fórmula que permita reducirla”.

 

Comerciantes en jaque


La crisis económica golpeó el modelo de ciudad de servicios que desarrolló el socialista Vázquez durante sus 23 años de mandato. A la par que se desplomaba la compraventa y construcción de viviendas, se certificó la muerte de Caixa Galicia, una de las cajas españolas que más se entregó al ladrillo y gran financiadora del tejido empresarial, asociativo y cultural de la urbe donde tenía su sede. Pero no fueron los dos únicos pinchazos.

Mientras se proyectaban casas en todos los rincones, se expandieron los centros comerciales. En 2008 se abrió el complejo Dolce Vita como el más grande de Galicia, hoy una mole abandonada. En solo un bienio le siguieron otros dos, uno de ellos como el segundo mayor de Europa y el único que hoy sigue a pleno rendimiento. “No hay consumo y eso afecta al comercio pequeño y de barrio pero también a las grandes superficies”, afirma Mariló Fernández, presidenta de la asociación de comerciantes del barrio de O Castrillón, Eirís y Monelos. “La gente no tiene dinero y a nosotros los autónomos no dejan de subirnos los impuestos”.

La federación de comercio de la ciudad, señala Fernández, cifra en 1.500 los autónomos que han cerrado sus tiendas en lo que va de año en A Coruña. Quedan algo más de 6.000. “Hubo un repunte hace unos años, pero eran personas que habían perdido su trabajo e invertían el dinero del paro en un comercio; a los dos años cerraban”.

Fernández no ve en la multinacional Inditex una competencia sino un “imán de consumidores y una imagen” para la ciudad: “Más bien nos alimentamos de ella, porque sus empleados compran y al comercio que está alrededor de sus tiendas le suele ir bien”.

Los economistas lo tienen claro: A Coruña sufre zaradependencia. Según el informe Ardán del Consorcio de la Zona Franca de Vigo, Inditex es la fuente de más del 50% de la riqueza industrial generada en el área coruñesa en un año. Los clubes financieros de A Coruña y Santiago ven la dependencia del sector servicios y en su último informe de coyuntura económica llaman a “aumentar el peso de la actividad industrial” y a “diversificar más allá del textil”.         (Sonia Vizoso, El País, 22/05/19)

13/7/17

Case a metade dos fogares galegos chega con dificultade ou moita dificultade a fin de mes

"No segundo trimestre de 2017, o indicador de confianza do consumidor reflicte un valor de -8,18 puntos, 1,39 puntos por enriba do referido ao trimestre anterior.

Neste trimestre aumentaron tres do catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación financeira persoal aumentou 0,85 puntos, o de situación económica en Galicia 2,43 puntos e o de desemprego aumentou 3,21 puntos. O indicador parcial de capacidade futura de aforro, pola súa banda, diminuíu 0,92 puntos.
O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Así, os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos, mentres que a confianza aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.
Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 euros ao mes alcanza o valor de -30,94, mentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por encima dos 3.000 euros) o indicador sitúase en 17,39.
No segundo trimestre de 2017, o 54,52% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 35,36% con dificultade e o 10,11% restante con moita dificultade.
Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 6,4 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, e unha diminución de 6,4 puntos na dos que chegan con dificultade. A porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade non variou no segundo trimestre de 2017 respecto ao primeiro.
Con respecto ao segundo trimestre do ano 2016, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes creceu 10,15 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 0,59 puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu 10,75 puntos no segundo trimestre de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior.

NINGÚN EXTRA

O 24,08% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra no tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cinema, etcétera. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permita deixar de traballar.
O 11,8% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a comprar marcas brancas, produtos en oferta, etcétera. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no segundo trimestre de 2017.
Ademais, o 11,58% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a roupa e o calzado, o transporte, etcétera (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).
O 64,05% dos fogares galegos pensou saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro no próximos tres meses, o 39,94% aforrar algo de diñeiro, o 38,29% facer algún extra en produtos de alimentación e o 17,97% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.
Diminúe a porcentaxe de persoas que pensou pagarse unhas vacacións, viaxes ou estancias de lecer no próximos tres meses respecto ao mesmo período do ano anterior (19,35% no segundo trimestre de 2016 fronte ao 16,85% do segundo trimestre de 2017).
O 16,45% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habita, o 6,54% o coche e o 1,77% unha segunda vivenda."                  (Galicia Confidencial, 04/07/17)

20/10/15

A UE pon Galicia como exemplo de destrución de emprego durante a crise

 
 Detalle do mapa da destrución de emprego na UE. © Eurostat

"Os números vólvenlle dar as costas á Xunta. Durante a última media década o Goberno galego presentou diversas medias encamiñadas a que Galicia fose "dos primeiros" territorios en saír da crise, grazas a unha "anticipación" na aplicación de medidas de "austeridade" que permitiría acadar a "velocidade de cruceiro" na "recuperación" antes que outras autonomías do Estado. 

No entanto, diversos indicadores oficiais non só foron na dirección contraria ao augurado dende San Caetano, senón que acreditan que a fenda socioeconómica entre o país e a contorna europea aumentou durante a crise ata o punto de que, en eidos como o mercado laboral, Galicia é sinalada como un dos exemplos de destrución de emprego no continente.

Cadrando coa celebración da décimo terceira edición da semana europea das rexións e as cidades, os coñecidos como Open Days, a oficina estatística da Comisión Europea, Eurostat, vén de facer público o seu anuario de "estatísticas rexionais", que traza unha radiografía dos diversos territorios da UE chegando, no caso do Estado español, ao nivel autonómico e, nalgúns casos, ao provincial. 

Un dos apartados deste estudo céntrase no "impacto da crise económica e financeira no mercado de traballo" e acredita non só que o desemprego afecta máis aos Estados do sur, senón tamén as diferenzas entre territorios no que atinxe aos postos de traballo perdidos durante a crise.

Unha ollada ao anuario permite coñecer, por exemplo, que a ratio de persoas de entre 20 e 64 anos que teñen traballo é maior en toda Portugal que en Galicia, e meirande en Galicia que en comunidades autónomas como Andalucía ou Extremadura, ubicadas en niveis semellantes aos do sur de Italia ou a da práctica totalidade do territorio de Grecia. 

Así e todo, cando o dato observado é a variación deste indicador, a destrución de emprego, o mercado laboral galego pasa a formar parte dos territorios europeos que saíron peor parados deste período de crise.

 Así, Eurostat explica que entre 2009 e 2014 a maioría das rexións europeas sufriron importantes movementos no seu mercado laboral, xa fose para incrementar a poboación ocupada, caso por exemplo de todo o territorio de Alemaña e Suecia e a "maioría" do Reino Unido, ou para sufrir unha "contracción no emprego" que foi "particularmente evidente" no Estados do sur, en cuxos territorios se destruíu emprego a "ritmo rápido" durante a pasada media década. 

Neste contexto, a oficina estatística da UE destaca que en "todas as rexións" de Grecia o emprego caeu por riba dos 5 puntos durante estes anos, e que "tamén se rexistraron reducións desta magnitude en catro rexións españolas", a saber: Ceuta, Castilla-La Mancha, Galicia e Andalucía.

No caso galego, nomeadamente, esta contración da porcentaxe de poboación de entre 20 e 64 anos cun posto de traballo foi de 6,2 puntos. Sempre segundo as cifras de Eurostat, a destrución de emprego en Galicia foi superior á de Andalucía (-5,7), comunidade recorrentemente aludida pola Xunta como modelo a evitar. Nesta banda de destrución de emprego, aínda que por riba de Galicia en termos porcentuais, están tamén outros territorios do continente como Açores e Madeira.

Estas cifras deixan o mercado laboral galego lonxe da media europea, que no período analizado avanzou un 0,3%, pero tamén o afastan de territorios do Estado onde houbo destrución de emprego, pero menor. Este é o caso, por exemplo, de Balears, onde o emprego retrocedeu 1,2 puntos, ou de Euskadi e Catalunya, onde segundo Eurostat o mercado laboral sufriu unha contracción de 2 puntos nos últimos cinco anos."         (Praza Pública, 13/10/2015)

18/6/15

As pensións de xubilación, táboa de salvación dos fogares galegos durante a crise

"O gasto medio dos fogares galegos caeu en 2014 por sexto ano consecutivo, segundo recolle a Enquisa de Orzamentos Familiares publicada este mércores polo INE. Sitúase en 25.921 euros, lixeiramente por debaixo dos 26.089 do ano anterior e moi lonxe dos 29.978 euros de 2008. A caída (de 31.711 a 27.038 euros) segue unha tendencia semellante no conxunto de España.

Porén, analizando as cifras polo miúdo pódense observar que esta sangría é máis acusada nas familias máis novas, naqueles fogares nos que o sustendador ou sustentadora principal ten menos de 45 anos (pasou de 30.746 en 2008 a 24.949 en 2014). A caída é moi importante, igualmente, nos fogares nos que os ingresos son achegados primordialmente por persoas entre 45 e 64 anos (de 35.510 a 30.418 euros). 

Pola contra, o consumo mantívose estable unicamente naquelas familias que dependen da pensión de xubilación de persoas de máis de 65 anos; neste caso, partindo dun nivel de gasto moi inferior en 2008 (22.826), este apenas descendeu un 3% (ata os 22.176) acadando mesmo o seu máximo en 2012, no máis duro da crise (24.110). 

O gasto medio por persoa é superior nos galegos e galegas de máis de 65 anos (10.471 euros anuais) que entre aqueles e aquelas de 16 a 45 anos (9.550 euros anuais) e achégade ao da xeración entre 45 e 64 anos (10.626). 

Ademais, ao longo da crise, mentres os maiores de 65 anos si puideron manter este nivel de gasto (era de 10.456 euros anuais en 2008), nas restantes franxas de idade o desecenso foi moi importante: de 10.686 a 9.550 para os menores de 45 anos e de 11.659 a 10.626 para aqueles que teñen entre 45 e 64.  

Polo tanto, non é aventurado asegurar -como moitas veces foi postos de relevo- que foron as pensións de xubilación as que nos últimos anos serviron de sostén a moitas familias e, en consecuencia, a economía no seu conxunto. Esta situación explícase polo incremento do desemprego e do número de parados e paradas que quedan sen ningún tipo de prestación e tamén polo estancamento xeral dos salarios

Hai unhas semanas coñecíamos o dato (Enquista de Condicións de Vida do INE) de que en 2014 o poder adquisitivo dos xubilados e xubiladas en España superaba por vez primeira aos dos ocupados e ocupadas, superando a renda media dos primeiros -uns 20.720 euros anuais (por unidade de consumo)- lixeiramente ao dos segundos (20.220).

A pesar de que o importe das pensións en Galicia está moi por debaixo da media española, a súa contía seguiu incrementándose nos anos de crise. Así, por exemplo, a pensión media anual pasou de 9.799 euros en 2008 a 11.575 en 2013 (e no conxunto do Estado de 11.069 a 12.954). Mentres, os salarios están estancados dende o 2010, canda acadaban os 1.556 euros ao mes de media. Os datos coñecidos este mesmo mércores (1.582 euros de media no primeiro trimestre de 2015) constatan este estancamento.

 Isto é o que nos últimos anos determinou, igualmente, que mentres se incrementaba notablemente a porcentaxe de persoas en risco de pobreza e exclusión social (do 24,7% de 2009 ao 29,2% de 2014), esta condición afectase cada vez menos aos xubilados e xubiladas (pasou do 22,4% ao 11,9%), en datos para o conxunto de España. 

De igual xeito, mentres estas taxas de pobreza superan o 30% entre os menores de 30 anos e roldan esa porcentaxe entre os 30 e os 65 anos, para os que superan esa idade a cifra é do 13%, case a metade do inicio da crise."                (Marcos Pérez Pena , Sermos Galiza, 18/06/2015) 

11/6/15

Feijóo saca peito co sexto menor crecemento económico de Europa: "É igual que Alemaña". A economía galega está estancada

"A economía galega está estancada. Foi así en 2014 e continúa séndoo en 2015 tanto segundo os indicadores habituais como atendendo aos de nova creación. O escaso dinamismo económico e laboral veñen favorecendo que o país se afaste cada vez máis da converxencia coa Unión Europea na que avanzara durante a década pasada. 

Este é o escenario polo que o presidente da Xunta foi cuestionado este mércores no Parlamento, onde Alberto Núñez Feijóo deu en aferrarse á foto fixa dos últimos datos de crecemento do PIB para sacar peito. Galicia, proclama, medra "igual que Alemaña".

A pregunta fora formulada polo voceiro do BNG, Francisco Jorquera, quen lamentou o "retroceso" de "dez anos" no que atinxe á converxencia coa UE, toda vez que agora "a riqueza per cápita en Galiza é inferior en 17 puntos á media europea" mentres que hai apenas media década a diferenza era de 8 puntos. (...)

"Mentres vostede especula para dar o salto a Madrid deixa un deserto económico e social no noso país", censura. (...)

 Neste contexto o presidente da Xunta gábase de que a "discusión" sexa se Galicia "medra moito ou pouco", xa que "o certo é que medra". Nomeadamente, eloxia, "Galicia está medrando igual que Alemaña" e "máis que Italia e Austria".  (...)

Os datos aos que se refire o xefe do Executivo son os da evolución interanual do PIB. Recollendo a información do Instituto Galego de Estatística, por unha banda, e de Eurostat, pola outra, é posible comprobar que, efectivamente, no inicio do ano 2015 o crecemento da economía galega, do 0,9%, foi moi semellante ao da alemá, do 1,1%. 

 Se ben isto é certo non o é menos que o crecemento galego foi o sexto máis baixo de toda a Unión Europea, moi afastado tanto do de España (2,9%) como dos países que máis medran: Romanía, República Checa e Malta, os tres por riba do 4%. 

Non obstante, o optimismo dos datos expostos polo presidente rebáixase ao profundar un chisco máis neles. Así, por exemplo, o propio Eurostat acredita que, mentres que Galicia se afasta da converxencia europea, toda Alemañá agás oito territorios da antiga RDA manteñen unha renda per cápita superior á media europea. A esta diferenza contribúen, entre outros factores, a evolución dos salarios, que no conxunto da Unión Europea só minguaron entre 2008 e 2010 mentres que, segundo os datos máis recentes, en Galicia caen dende o ano 2009. "             (Praza Pública, 10/06/2015)

24/10/14

Ferrol: el emblemático café Cervantes se alquila al simbólico precio de 1 euro

"Calle Dolores, centro de Ferrol. Uno pasea distraído y levanta la vista. De pronto, un cartel: Se alquila local comercial. Le ofrecemos 170 metros cuadrados por 1 euro al mes el primer año. Y el despiste se va de golpe. 

Lo mejor llega tras marcar el número de teléfono que aparece en el anuncio. «No tiene ningún truco», advierte Jaime Tizón desde el otro lado del teléfono. Ni más ni menos que uno de los dos propietarios del emblemático café Cervantes. Y tiene razón, no hay trampa ni cartón.

Aunque si deja a tan simbólico precio la renta mensual para el emprendedor que se decida a coger el local, es debido a la importancia de la obra que requiere su ocupación. «Se trata de que la persona que venga gaste en la obra el dinero que se gastaría en el alquiler durante el primer año, porque hay que reforzar vigas e incluso el techo», explica Tizón, que no obstante ha pensado en todo.

«El segundo año lo dejaría a un precio asequible, sería cuestión de hablarlo. Pero serían menos de 1.000 euros por el bajo», se aventura a calcular el veterano hostelero. Hace nueve años que el café Cervantes cerró sus puertas tras la friolera de 75 años abierto. Casi una década en la que el inmueble no ha vuelto a tener actividad, lo que impulsa el empeño de Tizón.

«Solo quiero dar facilidades. Ferrol está viviendo una crisis profunda, y cuando se abre un negocio la zona siempre respira un poco, le da vida», explica el dueño del local, que confiesa que la idea no ha sido suya.

«Se le ocurrió a un hijo mío, que me dijo ?mira, por lo menos con esto das que hablar?. ¡Y vaya si acertó!», exclama el arrendatario. Las llamadas aumentan en la misma medida en que el cartel se va popularizando. Cada vez son más crecientes, y no solo de interesados ferrolanos. Tizón asegura que ya le han llamado para preguntarle por la oferta desde otras ciudades como Jaén, Madrid o A Coruña.

«Me dicen que cuando se pasen por aquí van a venir a verlo», indica. Pero de momento, de trato nada. No se ha cerrado ningún compromiso, a pesar de la expectación que está levantando este peculiar alquiler.

Cuenta el hostelero que la pregunta más común por parte de los interesados se centra en si hay que hacer una obra muy grande, y la respuesta siempre es la misma. «Yo les digo que sí, pero que para eso se cobra un alquiler tan simbólico», repite Tizón, que mantiene que «todavía tengo fuerzas para echar una mano a quien sea». Sin embargo, el hostelero tiene meridianamente claro que no volvería a trabajar en el mismo local si este retornase a su funcionamiento de antaño.

«Yo he trabajado 55 años pero han sido dobles, con jornadas de 12 horas o más. No estoy para volver a aguantar tantas horas. Además lo que me gustaría es que monten un negocio, pero no tiene por qué ser de hostelería. Algo que interese», esgrime."        (La Voz de Galicia, 23/10/2014)

7/10/14

A verdadeira situación económica de Galicia

"A situación económica de Galicia está lonxe de parecerse aos informes máis positivos nos que se basea a Xunta. E aínda está máis lonxe das sensacións  que ten o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia que dixo hai uns días que Galicia crecería dun xeito “espectacular” en 2005.  

 E é que un novo informe do Foro Económico de Galicia sostén que, lonxe de triunfalismos, a saída galega da segunda recesión da actual crise "prodúcese de forma significativamente máis débil que no conxunto do Estado.
Galicia sae desta segunda recesión (a primeira foi do 2009 a principios de 2010 e a segunda de finais de 2012 e 2013) de maneira "moi diverxente" co conxunto de España, que "crece máis rápido". Segundo este informe, o consumo dos fogares crece menos que a media española e o investimento está agora "retardada ou estancada".
O crecemento da economía galega no 2013, contráese no primeiro semestre de 2014 e presenta taxas de variación interanuais negativas superiores ao -2 % e é o de servizos o motor do crecemento, mentres que a construción presenta novamente os peores datos.
O traballo foi presentado polo seu coordinador, o economista e expresidente da Xunta Fernando González Laxe, xunto cos seus autores José Francisco Armesto e Patricio Sánchez, así como o empresario Emilio Pérez Neto.
En canto ao emprego, "mellorou un pouco", segundo González Laxe, pero advertiu que, en termos de poboación activa, ten taxas negativas, o que "é un tanto preocupante de face ao futuro". En conxunto, o economista sinalou que "esas raíces vigorosas ponse en dúbida", para resaltar a "debilidade" da economía galega, con fraxilidade dos equilibrios reversibles e a posibilidade dunha recaída, porque o crecemento "susténtase en algo non consistente".
Preguntado se son reais as previsións da Xunta de crecemento do 1,2 % ao final deste exercicio, González Laxe respondeu que só no caso de que as exportacións "retomen" un crecemento máis vigoroso, sobre todo nas súas bases, materias primas, agroalimentario e automóbil, e se iso compleméntase cun maior consumo, o que vén dificultado porque as familias están "desnucados" polo nivel salarial.
Este terceiro informe de conxuntura do Foro Económico de Galicia recolle tamén dúas análise, sobre o sector da construción e a pobreza e desigualdade. No primeiro caso, os autores resaltaron a caída en 5 anos do valor engadido bruto do sector, que foi dun 6 % en Galicia e do emprego, cun -13 %, mentres que o seu peso no PIB baixou do 13,7 % en 2007 ao 8,7 % en 2013. Neste último ano, a caída en Galicia foi do 5,8 %, mentres que no conxunto do Estado, reduciuse nun -3,3 %.
Na comparación autonómica, Galicia ocupa unha situación intermedia, como no caso da porcentaxe que chega a final de mes, pero é a Comunidade no que se refire á percepción subxectiva da pobreza. A maior bolsa de pobreza rexístrase na franxa máis nova, de menos de 25 anos e é superior nos estranxeiros, que se eleva ao 50 % e nas vivendas monoparentais ou unipersonales, de maneira que o retrato robot do pobre en Galicia é un mozo estranxeiro que vive nunha vivenda reducida.
A presentación deste informe coincidiu cunha nova suba de parados en Galicia; 1.264 persoas máis en setembro, un aumento do 0,53%  sobre agosto. (...)"       (Galicia Confidencial, 02/10/2014)

13/6/14

Parados y voluntarios montan huertos en tierras abandonadas de las ciudades para exigir un empleo digno

Promotores del huerto urbano de Caranza, en Ferrol. / GABRIEL TIZÓN

"No tienen empleo pero trabajan. Usan las manos para transformar la tierra por iniciativa propia sin remuneración económica. 

Su premio son las lechugas, tomates y ajos que extraen de un labradío a la orilla de la ría ferrolana y que reparten equitativamente entre los cinco socios de una huerta comunitaria que ocupa parte de un gran solar baldío en zona de dominio público marítimo terrestre de la Autoridad Portuaria de Ferrol, con la grúa pórtico de la antigua Astano como telón de fondo.

“Una caja de patatas también es riqueza en una escala que no se valora”, explica André Martínez Ces. Este ferrolano en paro de 35 años, es uno de los cinco hortelanos novatos —Marta, Fátima, Juan y Paco— que se turnan tres días por semana (lunes, miércoles y viernes) para labrar de 17 a 20 horas la huerta comunitaria que comparten en el barrio de Caranza, a tiro de piedra del paseo marítimo que bordea la orilla norte de la ría. 

De los cinco, sólo Marta tienen trabajo y Paco, el mayor, es pensionista. André trabajaba en el metal y en la marea hasta que la crisis naval lo dejó fuera.

Antes de ser un polígono obrero con unos 11.000 vecinos repartidos en torres y bloques de viviendas, Caranza era una gran huerta hecha a retazos de pequeños minifundios de ribera. Su huerta, explica Ces, es parte de una gran parcela en desuso —unos 5.000 metros cuadrados calcula— con una tierra excelente donde todo se da bien. 

Por ahora, lo que brota con mejor sabor son las lechugas, tomates, patatas, cebollas, pimientos y ajos, seis ingredientes básicos para cualquier cocina y plato. “Lo repartimos en partes iguales pero para comer todos los días no da aunque ayuda”, admite.

 Parte de la huerta de Caranza es comunitaria y parte no. Hay otras 10 familias, en paro la mayoría, que cultivan el mismo solar por su cuenta y sin ceñirse a los turnos y horarios que tienen marcados.

“No venimos de tradición labriega. Lo hacemos por necesidad y por compromiso”, se explica Ces. Cuenta que el huerto es una fórmula productiva de protesta social para mostrarle a la Administración que se puede generar empleo arando el suelo público. 

“Transformamos el terreno sin maquinaria pero no implica que queramos hacerlo gratis. Es el ejemplo para exigir un trabajo con derechos”, matiza André, que integra el Foro Social de Ferrolterra, una asamblea ciudadana muy activa contra los desahucios y recortes en servicios públicos.

Tras dos años plantando plácidamente sus esquejes y cogollos en Caranza sin que ningún poder público les chistase, el Puerto les envió este mes a una patrulla de la policía portuaria para tomar nota justo después de que su huerto reivindicativo saliera en prensa. 

La asociación de vecinos de Caranza también se ha quejado y pide que se regulen estas huertas por miedo a que se extienda la moda de ocupar tierras públicas. “Legalmente, pueden tener razón pero no se tratar de quitar nada. Es aprovechar lo público y está abierto a todos”, replica Ces.

Esa especie de comuna hortícola de Caranza no es el único ejemplo que hay en la urbe para sacar provecho a la tierra baldía. En Canido, hace años que unos vecinos que se hacen llamar los mapuches se pusieron a labrar las fincas urbanas condenadas al barbecho eterno por el abandono de sus dueños legítimos en la falda del monte que cae desde el barrio alto de Ferrol hacia la ensenada de A Malata.

Con distinto objetivo trabajan la tierra en la parroquia de San Antonio de Padua, en Lugo. El cura, Alberto Leiva Torreiro, abandera desde abril la plantación de patatas para rellenar la despensa de docenas de familias en apuros que recurren a la beneficencia parroquial para comer. Se trata de generar recursos para la solidaridad y ser útiles contra la pobreza, resumen.

 La finca la cedió un feligrés y el trabajo es voluntario. “Intentamos integrar la ayuda prestada con el compromiso de quien la recibe”, explican desde la parroquia, que pesigue “generar recursos para la solidaridad y ser útiles contra la pobreza”, con una oferta de labranza que abren a cualquiera que quiera poner su granito de arena para remover la tierra.

En Santa Marta, en Conxo, a las afueras de Santiago, otros 10 vecinos se turnan en el cultivo de una docena de bancales de una huerta que comparten en tierras del Ayuntamiento. Ramón González Paz, coordinador de la Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), calcula que esta huerta ocupa unos 300 metros cuadrados en un solar de 5.000, que viene a ser un 6% de un terreno desaprovechado. 

Tienen casi de todo lo que se puede plantar en primavera y un pequeño jardín para las hierbas aromáticas que reparten entre ellos. 

El modelo libre y autogestionado de la huerta de Conxo es muy distinto del oficial que el propio Ayuntamiento compostelano tutela en Belvís, cediendo pequeñas parcelas de cultivo a los vecinos que las solicitan, similar a lo que hace la Diputación de Lugo junto al río Rato, o el consistorio de Vigo en el barrio de Lavadores.

“No es que los vecinos de Conxo que quieran estar en rebeldía al margen de la legalidad pero pasaron a la acción cuando el Ayuntamiento no les dio permiso”, explica la AGHU. Esta asociación que concentra a los horticultores urbanos cuenta con 200 socios y medio millar de simpatizantes en Galicia.

 “Para muchos, ponerse a cultivar es una afición que viene y va por oleadas”, dice Paz, que señala al huerto urbano de Fontáns (Vigo), como uno de los ejemplos mejor organizados, con 2.200 metros cuadrados sembrados de nabizas, lechugas y brecol donde los veteranos de la siembra ilustran a los vecinos debutantes en la cuestión hortelana."                 ( , El País, Ferrol30 MAY 2014 )

11/2/14

«Muchos niños ferrolanos van con hambre al colegio»

"Las voluntarias de Cáritas tienen claro que hay muchas casas en las que no se está alimentando bien a los niños por falta de recursos: «Fuimos a un hogar en el que se estaban cociendo alubias en agua, sin nada más, había niños pequeños que llevaban días sin tomar carne o pescado», explicaron. 

Esta entidad no quiere facilitar datos de los lugares de la ciudad en los que más suceden esto para evitar que se victimice a los pequeños, pero alerta de que algunos ya están sufriendo rechazo en la escuela. 

«Muchos niños ferrolanos van con hambre al colegio o sus padres no les pueden mandar la merienda que les piden y el resto de los niños se dan cuenta», explicó una de las responsables. Cáritas denuncia, asimismo, que la Administración no tiene la agilidad necesaria para intervenir a tiempo."           (La Voz de Galicia, 07/02/2014)

31/1/14

México compra en Galicia, en España, a prezo de saldo

"A última operación de Pemex en Galicia é unha máis dos investimentos que nos últimos tempos veñen facendo as grandes multinacionais mexicanas no Estado español. Aquilo que antes facían os españois en Latinoamerica, fano, agora, os mexicanos con España.

Foi, precisamente, Pemex a que veu a España como un mercado atractivo, barato e con posibilidades de futuro. Por iso, en 2011 deu o gran paso do desembarco mexicano na península ao adquirir o 4,62% de Repsol (un investimento superior aos 1.300 millóns de dólares) que se sumaban ao 4,8% que xa tiña (9,49% en total).

Logo chegaron outras grandes compañías. É o caso da compra da principal compañía de autobuses ibérica Avanza pola mexicana ADO (segunda no seu país) ou da española Campofrío, líder en Europa no sector de cárnicos,  polo xigante Sigma, operacións próximas aos 1.000 millóns de dólares cada unha, reflicten o interese das fortunas mexicanas tal e como recolle unha reportaxe da BBC.

Os bancos españois, pola súa banda, reciben inxeccións de liquidez de millonarios mexicanos como David Fernández (Sabadell) ou Antonio del Valle (Popular). Este último forma parte dunha familia de orixe asturiana que se converteu na sétima máis rica de México, segundo Forbes. Tamén o home máis rico do planteta, Carlos Slim, fixo o propio coa compra de máis de 400 sucursais da Caixa catalana.

E é que México é o país latinoamericano que máis investiu en España na última década, segundo a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (Cepal). A pesar diso, até 2009 os investimentos considerábanse modestas e puntuais. Nos últimos anos a tendencia cambiou. O Citibank, por exemplo, espera este ano investimentos latinoamericanos (a maioría delas mexicanas) por un valor de 2.700 e 4.000 millóns de dólares.

O que fai vinte anos facían os empresarios españois en México, cando comezaron a investir en bancos (España é o segundo investidor en México despois de Estados Unidos), agora protagonízano os mexicanos. Nisto inflúe o crecemento sostido de México que para os próximos dous anos calcúlase nun 3% e un 3.5%, segundo as últimas previsións do Fondo Monetario Internacional.

De feito, os medios mexicanos destacan os investimentos no país europeo con títulos que subliñan os baixos custos das empresas españolas. "España está en remate", titula El Economista, "Mexicanas de compras", di Expansión ou "Avalancha de inversiones de México en España", destaca Dinero.

Outros mesmo son máis elocuentes como unha columna de Luís Miguel González titulada "ADO en España, la venganza de Moctezuma II", na que fala da compra da empresa de autobuses Avanza como a segunda maior operación de México en España despois da millonaria compra de accións de Pemex na española Repsol.

"A España vaille a pasar o que lle pasou a México nos 80. Coa crise os custos baixaron. Había talento bo e barato. Moitas das empresas que foron a China, en sectores como o das maquilas, están a regresar a México porque os custos non son moi diferentes e é moi importante a experiencia",  destaca Luís Solís, decano asociado da IE Business School de Madrid en declaracións á BBC.

Prevese que os investimentos mexicanos en España continúen en sectores como o inmobiliario, a gastronomía, a hostalaría, a industria de novos materiais para o sector aeronáutico e automotriz como a tecnoloxía que desenvolve España para Airbus. De feito, a propia Pemex mercou o 51% de Barreras coa intención de levar toda a tecnoloxía deste asteleiro para a construción de buques no país azteca.

"A México tamén lle interesan moito as enerxías renovables. É un país que segue importando petróleo para o seu consumo. Outro sector é o da saúde e a biotecnoloxía. España é un país con moi bos médicos e con investigacións punteiras", subliña Solís.

Tamén as universidades mexicanas, pola súa banda, como o Tecnolóxico de Monterrey, están interesadas en abrir sedes en España para formar a executivos latinoamericanos."                (Galicia Confidencial, 30/01/2014)

13/1/14

El 60% de los hogares gallegos llega con dificultad a fin de mes. El 31,7% no se permitió ningún extra en los 3 últimos meses

"El 60% de los hogares gallegos tienen dificultades o muchas dificultades para llegar a fin de mes, según los resultados de la encuesta publicada por el Instituto Galego de Estadística correspondiente al cuarto trimestre de 2013. 

La encuesta muestra que el 31,7% de las familias gallegas no se permitieron ningún extra en los tres últimos meses. La cifra es un punto superior a la del trimestre anterior, pero similar a la de hace un año. 

El instituto publica también datos del Índice de Confianza del Consumidor, que ha empeorado 1,73 puntos respecto al segundo trimestre del año, aunque mejora en 11,65 puntos en relación a hace un año. Se sitúa, de octubre a diciembre, en 29,80 puntos.

Del porcentaje de las familias gallegas que pasan dificultades,  el 15,03% pasa muchas problemas, una cifra que cae respecto a la del último trimestre de 2012 (eran entonces el 17,26%) pero que repunta en relación al trimestre anterior, cuando eran el 9,17%. Por su parte, dicen tener dificultades el 44,62%, una cifra similar a la de hace un año (era el 44,11%), aunque inferior a la del tercer trimestre de 2013 (era del 46,38%).

 De este modo, la suma de quienes manifiestan tener dificultades o muchas dificultades se situó al cierre de 2013 en casi el 60%, un porcentaje superior al arrojado por esa misma suma en el tercer trimestre, que era del 55,55%. En el último trimestre de 2012, el conjunto alcanzaba el 61,37%.

 El 36,12% de los hogares manifestaron haber cambiado hábitos de compra (como optar por marcas blancas o productos en oferta) para ahorrar, mientras que un 28,82% ha reducido gastos en aspectos como ropa o transporte, aunque no en alimentación. Un 10,23% ha manifestado que tuvo que recibir ayuda económica de familiares o allegados y en un 2,34% de los casos algún miembro de la familia se tuvo que poner a trabajar.  

Asimismo, en los próximos tres meses el 37,33% de los hogares tiene pensado modificar los hábitos de compra; el 30,85% reducirá otros gastos comunes, pero no en alimentación; el 8,41% prevé recibir ayuda económica de familiares y amigos; el 2,62% cree que algún miembro se tendrá que poner a trabajar y el 1,74% tomará medidas financieras."                (El País, 10/01/2014)

7/11/13

Más de 20.000 jóvenes gallegos regresaron a casa de sus padres en los últimos 4 años

"(...) La emancipación constituye una quimera para miles de jóvenes gallegos, que han visto cómo la crisis económica ha frustrado su intento de abandonar el hogar familiar. 

En la actualidad, tan solo el 21,6% de los menores de 30 años reside en su propio domicilio, una cifra que se ha reducido un 50% desde el inicio de la crisis, cuando alcanzaba el 39,7%. 

En 2009, 99.549 gallegos de esta franja de edad se habían independizado, dato que ahora se ha desplomado hasta los 78.630. Más de 20.000 jóvenes han tenido que volver a casa de sus padres o ni siquiera plantearse esa posibilidad debido a la recesión y a un paro juvenil del 37,3%.(...)"           (El Faro de Vigo, 06/11/2013)

5/9/13

Máis de trinta comercios pecharon entre San Caetano e o Pazo do Hórreo

"En dez minutos a paso lixeiro chégase de San Caetano ao Pazo do Hórreo, as sedes da Xunta e o Parlamento, unha liña recta que atravesa seis rúas nas que pecharon máis de trinta comercios. 

Os carteis de “alúgase” conviven con novos establecementos de orixinais liñas que abren buscando unha nova oportunidade. De terapias con peixes a comida siciliana.

O paseo atravesa a améndoa por unha beira. Non rodea a catedral, mais o seu balbordo ben se sente por este camiño que pasa polos Concheiros, San Roque, Algalia -xa plena zona monumental-, Praza de Cervantes, Preguntoiro, Caldeirería para rematar finalmente no Hórreo -rúa do Parlamento- pasando pola céntrica Praza de Galiza, o punto que divide a zona histórica da nova.

 En liña recta non se tarda máis de dez minutos desde a sede da Xunta, na zona norte da cidade, ata a do Parlamento, ao pé da estación de tren, os edificios representativos do poder gobernativo e lexislativo do país.

Entre un e outro centro institucional, máis de trinta pequenos comercios pechados. Quen coñeza a cidade garda memoria dos establecementos que había nos baixos que agora exhiben o cartaz de “alúgase” ou “véndese”. Moito téxtil. Tendas tradicionais de roupa e mercería pecharon as súas portas sen substitución que se albisque. Algunhas delas eran marcas con tradición na cidade, de referencia no vestir xeración tras xeracións, e delas consérvanse aínda a pegada dos seus grandes escaparates na Caldeirería.

 Tamén dúas ópticas, unha tenda de electrodomésticos, unha panadería, unha de roupa de casa, unha xoiería, unha tenda de decoración, outras de produtos de coidado estético, un bazar, unha de roupa vaqueira, un quiosco, dúas farmacias e unha de alfombras, entre outras moitas. O cartaz de alúgase comezou a pendurarse desde hai anos e proliferou despois da apertura do novo centro comercial das Cancelas. 

E non só pendura en establecementos do pequeno comercio. Nesta particular ruta atopámolo no local que antes ocupaba Viaxes Marsans, e, xa xusto na fronte do Parlamento, no que fora sede da oficina de Promoción e Emprego do Concello de Santiago, a central do PP ou o Colexio de Aparelladores. Todos eles continúan sen se ocupar. 

En dez minutos que se tarda dunha institución a outra, ás dez da mañá dun día laborábel, atópanse dez persoas pedindo. Só dúas tocan, unha a frauta e outra o acordeón. As outras coñécense polo vaso de plástico que portan na man e polo aceno co que se dirixen ás persoas que pasan. Dous teñen diante carteis de cartón branco cunha lenda a rotulador escrita a man na que indican a necesidade que os leva a pedir. 

A súa beira, como pequenos fungos, agroman as tendas que buscan unha oportunidade para saíren da crise. Distínguense ben pola súa orixinalidade. Dun lado a outro, en poucos meses apareceron un establecemento con “pan da avoa”, un centro de terapias con peixes, un comercio de exquisiteces gastronómicas galegas co escaparate inzado de cocido en lata, unha tenda que personaliza babeiros e mandís ou un pequeno local que vende comida siciliana. 

No ano 2012, últimos datos que ten rexistrados a Federación Galega de Comercio, só en Santiago pecharon 185 comercios. “O problema, ao meu ver, non é tanto a apertura de centros comerciais novos senón a baixa do consumo, que leva máis de trinta meses descendendo ” anota José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio. Foi no ano 2009 a 2011 cando se sentiu un maior número de peches. 

O pasado ano, en toda Galiza, 2.510 establecementos pararon a súa actividade, no que, malia iso, non rexistrou un descenso do emprego tan acelerado como noutros ámbitos, o das grandes superficies, por exemplo, segundo defende a FGC.

“A verdadeira saída que ten o pequeno comercio é a especialización e a atención personalizada” sinala Seijas, para dar unha explicación aos novos comercios que aparecen nas rúas das cidades, con deseños anovadores e distintos do comercio tradicional. Teñen constancia de que moitas persoas que quedan no desemprego reparan na posibilidade de abrir un pequeno establecemento como saída laboral mais José María Seijas mostra tamén as súas dúbidas dadas as dificultades do momento.

 “Compre ter un estocaxe, hai que investir comprando constantemente, e, ou tes un patrimonio do que tirar ou tes que recorrer ao financiamento e esta é unha vía moi difícil. Antes os bancos prestaban sen problema, agora moito comercio se está a afogar pola falta de financiamento” explica Seijas, indicando que só a unhas cantas persoas poderán levar a cabo a ocurrencia que as bote da fileira do desemprego."               (Sermos Galiza)

20/5/13

A cuarta parte das familias galegas non chega a mileurista

"Os fogares con carencia material severa roldan o 8% // A taxa de risco de pobreza é do 16%// O 34% das familias vive das prestacións.

 A crise fai madeixa nos fogares galegos. Austeridade, recortes, peches de empresas e paro crecente socavan as economías familiares. Os niveis medios de ingresos mensuais dos fogares a 1 de xaneiro de 2012, segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), reflicten que case a cuarta parte do millón longo de unidades familiares de Galicia, un 24,11%, non chegan a mileuristas, a pesar de que os ingresos media por familia en Galicia sitúanse nesa data en 1.908 euros, segundo o IGE.

Nese grupo, o 2,11% ingresa unha media mensual de 400 euros ou menos, e un 4,36% embolsa entre os 400 e 600 euros. O 17,64% restante suma unhas rendas mensuais que están entre os 600 e mil euros. En números reais, son 255.260 as familias que no mapa galego non chegan ou exceden o mil euros.

O índice das que perciben entre 1.000 e 1.500 é do 20,89%. E as que están entre os 1.500 e 2.000 euros representan o 17,50%."        (El Correo Gallego, 17/05/2013)

1/5/13

As vendas do pequeno comercio caen un 13% en Galicia, onde xa pecharon 20.000 negocios

"As vendas do comercio ao por menor rexistraron unha queda nestes últimos doce meses dun 12,8%, o que supón a terceira máis grande do Estado após as de Euskadi e Madrid. No conxunto do Estado as vendas retrocederon un 10,9% e xa se encadean 33 meses consecutivos de descensos interanuais.

Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) tamén se apunta a que nese mesmo período (de marzo de 2012 a marzo do presente exercicio) o emprego relacionado con este sector caeu nun 3,5%.

A propia Federación Galega do Comercio calculaba, o ano pasado, que o número de pequenos negocios que tiveron que pechar no país desde o inicio da crise, en 2007, fora de por volta de 17.000 E a iso engadían que os empregos perdidos no sector nese mesmo período eran duns 43.000.

Alénd a crise, medidas adoptadas polo goberno como a suba do IVE ou ben a liberalización horaria e rebaixas todo o ano supuxeron un “tiro de graza” ao sector."        (Sermos Galiza, 28/04/2013)

19/4/13

Grupo Pórtico, outro xigante galego ao bordo da creba

"Ao igual que Pescanova e Caramelo, a multinacional viguesa, cunha plantilla de 1.200 traballadores, atópase nunha situación crítica e podería presentar pronto o concurso de acredores e un ERE extintivo, ou mesmo botar o peche. A súa débeda ascendería a preto de 39 millóns de euros e as perdas en 2012, a 10 millóns. A banca acredora pechoulle a billa do crédito e a empresa tenta 'in extremis' renegociar o débito. 
 
Grandes empresas galegas están pasando por un transo económico que pode levar a economía galega a escenarios imprevistos e de consecuencias dramáticas para o país. Especialmente grave é a situación que se vive na comarca de Vigo, que afronta este ano unha complicada situación no eido empresarial e laboral. 

Dúas das empresas insignes da área metropolitana viguesa viven unha grave deterioración. Aos problemas polos que pasa Pescanova, no medio dun concurso de acredoresdenuncias e investigacións por presuntos delitos societarios, súmase a precaria situación na que se atopa o Grupo Pórtico.

 A compañía da familia Castro, que viviu anos de gran prosperidade e que fora recoñecida por algúns como unha sorte de Inditex do sur de Galicia polo seu modelo de negocio, atópase tamén ao bordo do concurso de acredores e mesmo non se descarta que poda desaparecer.

Á difícil situación pola que pasan no sur Pescanova e o Grupo Pórtico, hai que engadir outro concurso de acredores na firma coruñesa Caramelo, que presentará ademais un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) pola "caída das vendas no primeiro trimestre de 2012" e "as recurrentes pérdidas de explotación dos últimos anos", explicou a empresa nun comunicado.

O escenario económico para Galicia este ano 2013 complícase máis do previsto e vira a lóbrego.

Tras décadas de opulencia, e logo dunha estratexia errada de expansión comercial nos anos de crise, a viabilidade do Grupo Pórtico —Pórtico, Dayaday, Goovy y Qluz!— está cuestionada desde hai un ano. En 2012 quedaron moi tocadas as súas contas e os síntomas de debilidade son claros: o grupo ten unha débeda total que podería ascender a case 39 millóns de euros, segundo a CIG —con representación no comité de empresa— e as perdas en 2012, non auditadas, serían de entre sete e dez millóns de euros.

 O único que lle salva á compañía, de momento, semella ser a teima do seu fundador, Emilio Castro, de 80 anos, por manter viva a súa obra por unha cuestión de "orgullo", segundo fontes internas consultadas por GC.

Os grandes afectados pola grave situación pola que atravesa a empresa, sita no concello de Mos, son os traballadores. Desde mediados de 2012 a empresa vén tendo problemas para afrontar os pagamentos dos salarios dos empregados e nos últimos meses os atrasos nas remuneracións son xa constantes. 

A isto hai que sumar o Expedente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que afecta a uns 250 traballadores dos almacéns, loxística e oficinas, o peche de tendas do grupo por todo o Estado e as saídas voluntarias de pesos pesados na dirección, de cargos intermedios e de traballadores que se están producindo no que vai de 2013 ante a "gravidade da situación que vive a empresa" e a "falla de esperanzas de que remonte", sinalan fontes da empresa.

Os traballadores do Grupo Pórtico xa se están acostumando a recibir os pagamentos mensuais dos seus soldos con atrasos que van dende unha semana a un mes. O pasado 8 de abril, a empresa comunicou por vía interna a todos os asalariados do grupo que a nómina correspondente ao mes de marzo non sería aboada integramente, de momento. 

Tras chegar a un acordo co comité de empresa, a dirección informou aos traballadores que debido ás dificultades polas que pasa a sociedade e a falta de liquidez, decidiu aboar só a metade do soldo de cada traballador ao longo da segunda semana de abril e abriu unha nova porta á incerteza que xa abafa aos empregados ao non poder asegurar o pagamento da outra metade do soldo, que se fará "en función da dispoñibilidade", comunicou a empresa. 

"Debido á presistencia nos retrasos no pagamento de nómina, e co fin de minorar os prexuíxos causados, consideramos máis adecuado abonar esta semana (do 8 ao 14 de abril) o 50% da mensual de marzo, en lugar de ir abonando o 100%, ao longo do mes, ás diferentes seccións e empresas do grupo. Respecto ao 50% restante, en función da dispoñibilidade se informará nos próximos días", informou a dirección ao persoal.

A decisión tomouse para non facer distincións entre os traballadores das distintas seccións e marcas do grupo, xa que a compañía viña abonando o 100% das nóminas en función da dispoñibilidade de cartos. A falta de liquidez e a caída das vendas estaba facendo que o grupo pagase por grupos ao longo do mes e os máis prexudicados estaban sendo os traballadores de almacéns e oficinas, cuxos atrasos xa eran dun mes.

Os atrasos nos pagamentos veñen sendo habituais dende finais de 2012 e cada mes que pasa vanse estendendo máis no tempo, producíndose agora a mediados de mes para as empresas asociadas a Pórtico. Amais, acumula un mes de débeda cos empregados que traballan nas oficinas e almacéns de Mos, que veñen de percibir en abril as nóminas de febreiro. 

Ademais, a empresa aínda adebeda a paga extra de beneficios de marzo e ten dificultades para pagar en tempo os gastos dalgunhas supervisoras das tendas, que están perdendo poder adquisitivo, xa que teñen que adiantar eses gastos para os seus desprazamentos e manutención. Houbo casos nos que a débeda da empresa coas traballadoras encargadas de supervisar as tendas foi de entre 400 e 1.000 euros, aproximadamente. 

O grupo está facilitando a saída voluntaria —sen negociar despedimentos nin o paro— dalgúns traballadores que "xa non soportan máis esta situación", comentan fontes internas. Porén, cando menos uns 30 traballadores agardan dende finais de 2012 a que a empresa lles facilite a súa saída.

As mesmas fontes aseguran que a situación, lonxe de mellorar, seguirá deteriorándose e ven moi complicado que se regularicen os pagamentos nos próximos meses. De feito, hai mesmo rumores dentro da propia sociedade que apuntan a que "dificilmente a empresa pasará de xuño".

A empresa ten catro opcións:

1) Aguantar canto poda no tempo e encomendarse aos prognósticos que fixo a propia dirección a principios deste ano, que estimou que haberá un aumento das vendas no último trimestre deste ano que podería aliviar un chisco a grave situación económica pola que atravesa a sociedade.

 Porén, o prazo semella demasiado longo e a negativa dos bancos a conceder créditos ao grupo non lle permitiría pasar do verán sen presentar un concurso de acredores. Arestora, a dirección tenta chegar a un acordo coa banca para renogociar a débeda, que a CIG calcula que podería achegarse aos 39 millóns de euros.

2) Buscar compradores que queran facerse con algunha das empresas ou coa totalidade do grupo e das súas infraestruturas, incluído un dos almacéns de loxística máis avanzados do Estado. A dirección xa tentou vender hai uns meses a marca Dayaday sen éxito polas súas altas pretensións e a venda da totalidade do grupo semella unha quimera xa que o orgullo do seu fundador por manter nas súas mans a súa obra orixinal, a marca Pórtico, sería o principal impedimento.

3) Solicitar o concurso de acredores. É a posibilidade que ve máis probable o comité de empresa e os rumores sobre esta vía de solución vanse afianzando na compañía.
4) Botar o peche. Sería a solución máis dramática, pero a CIG non desbota que se poda producir en calquera momento, dando así carpetazo a case medio século de historia de Pórtico.

Ás cáidas nas vendas e os ingresos, e ao peche de tendas, súmanse os problemas de financiamento que está padecendo o grupo. A banca acredora de Pórtico está composta por oito entidades financeiras, sendo Novagalicia Banco a que está máis exposta á débeda da compañía viguesa. Os bancos decidiron pecharlle a billa do crédito á familia Castro, que agora tenta in extremis cando menos renegociar e unir a súa millonaria débeda a curto e longo prazo.

As negociacións están sendo moi complicadas; de feito, xa se veñen producindo dende o ano 2012, pero o tempo e a falta de liquidez apreman e o Grupo Pórtico está tentando pechar un acordo antes de que remate este mes de abril. Para iso, terá que presentarlle todas as súas contas de 2012 aos bancos e a súa débeda para estudar se é viable un refinanciamento, o cal semella bastante complicado, tendo en conta que "as perdas en 2012 cando menos doblaron as de 2011" e que "as previsións para este ano son moito peores", aseguran dende a CIG.

"Se os bancos non aceptan o refinanciamento da débeda ou non aparecen inversores, non haberá outra solución que o concurso de acredores", din dende a CIG. Os avogados cos que traballa o comité de empresa tampouco desbotan que a última solución da dirección sexa o peche do Grupo Pórtico se non atopa financiamento, se ben consideran que, de momento, "por tratarse dunha empresa familiar, e polo seu orgullo, a opción que ten agora máis puntos é o concurso de acredores acoplado ao ERE extintivo que eles queran",
A día de hoxe, as previsións de mellora das contas vense moi lonxe e moi dificilmente a empresa aguantaría até finais deste ano ou principios de 2014. 

Durante o ano 2012, a dirección encomendouse a Dayaday para salvar os mobles de Pórtico. Esta marca de bixutería e complementos, fundada en 2006, era a única con perspectivas de cremento e tiña ganancias. Pero o grupo viña arrastrando perdas anuais nos últimos tres exercicios de entre 3 e 3,5 millóns de euros. 

Por iso, a dirección apostou por unha expansión comercial de Dayaday e abriu novas tendas e corners por todo o Estado para "crecer e reinvestir as ganancias en Pórtico", aseguran os representantes sindicais. Porén, e segundo comentaron a GC as fontes do comité de empresa, Dayaday deu por primeira vez perdas en 2012 e contribuíu a inflar as do grupo.

 As contas de 2012 non foron aínda entregadas, pero os representantes sindicais calculan que as perdas o pasado ano poideron ser dun mínimo de sete millóns de euros e mesmo chegar aos dez millóns. De feito, a propia dirección recoñeceu ao comité de empresa que cando menos serán "o dobre" que as de 2011.

Fontes da propia empresa sinalan que houbo algunhas negociacións que non chegaron a bo porto debido ás "altas pretensións" da dirección e ao "orgullo" do dono de Pórtico. Hai poucos meses, o grupo estivo a piques de vender a marca Dayaday —a máis rendábel do grupo— para salvar a Pórtico. A operación frustrouse polo alto prezo que lle puxo a familia Castro a súa marca: 6.200.000 euros. 

Entre os posibles compradores da marca Dayaday estiveron Tous e Marypaz, pero finalmente abortaron as negociacións polo alto custo da operación. Amais, a compañía galega pretendía incluír na negociación a subcontratación aos compradores da súa infraestrutura loxística de Mos por dez anos, a razón dun millón de euros por ano.

Os últimos datos sinalan que o grupo conta cuns 1.200 traballadores e arredor de 150 tendas repartidas case a metade por Galicia e o resto por diversos puntos do Estado español, Portugual, Italia e Latinoamérica. Entre os anos 2005 e 2008, a dirección decidiu reinvestir os beneficios no seu complexo loxístico en Mos, considerada unha das plantas robotizadas máis avanzadas no Estado.

A política sempre foi supeditar os investimentos, aperturas e contratos á conta de resultados do grupo, Pero desta vez a crise pola que pasa a compañía levou á dirección a tomar iniciativas distintas e máis arriscadas, como foi a expansión de Dayaday por todo o Estado no momento económico máis crítico nestes anos de crise en todo o Estado.

A dependencia de Pórtico do sector inmobiliario en España tamén motivou unha estratexia de expansión por Latinoamérica nos últimos tempos, especialmente en Chile. Pórtico e Dayaday contan en conxunto cunhas 40 tendas abertas en Venezuela, Chile, Uruguai, República Dominicana, Costa Rica, Honduras, El Salvador e Nicaragua. 

Ademais, malia as perdas acumuladas e a débeda, apostou por reforzar a canle maiorista en Portugal, Italia, no norte e centro de Europa e no resto do Estado español, agás nas comunidades onde ten tendas propias, como Madrid.

Fontes da sociedade explican que a empresa de mobles e decoración Pórtico arrastrou as demais marcas do grupo. O seu fundador e presidente, Emilio Castro Rodríguez —medalla de ouro do Círculo de Empresarios de Galicia-CFV en 2011—, non estivo en ningún momento disposto a ver nos seus últimos anos de vida como se afunde a súa obra e a sacrificar a liña de mobles e decoración por salvar outras empresas postas en marcha pola segunda xeración da familia, como Dayaday, rendíbel até 2012. "Pórtico arrastrou as demais marcas do grupo", din fontes da empresa consultadas por GC."      (Galicia Confidencial, 18/04/2013)

19/3/13

“Un padre que se queda sin pan que darle a sus hijos hace lo que haga falta. El día que nos metan la quita, que se atengan a las consecuencias”


"Un padre que se queda sin pan que darle a sus hijos hace lo que haga falta. El día que nos metan la quita, que se atengan a las consecuencias”, contaba un afectado por las preferentes de O Salnés que se acercó el jueves al Ayuntamiento de Tui para apoyar a sus compañeros encerrados en el consistorio. 

Tras dos meses en la sede municipal —los de O Rosal llevan tres— los estafados, jóvenes o mayores, parados o trabajadores, tienden a tirar de retranca y sorna para esconder la desesperación ante la falta de salidas a una situación que para muchos arrancó hace año y medio. 

Pero cuando se menta la quita, la posibilidad de que parte de sus ahorros birlados desaparezca definitivamente, la atmósfera se solidifica. “No lo vamos a permitir”.

Al minuto, otro comentario rebaja la tensión en el salón de plenos, campamento base de la protesta. “En la cárcel por lo menos comeremos caliente”, tercia una señora, vestida como la mayoría con la camiseta naranja de la plataforma, del grupo de 30 personas las que el jueves por la mañana ocupaban el Ayuntamiento de Tui, donde la parálisis es casi total. En el salón, la mesa del pleno está llena de papeles con los turnos de guardia, dos durante el día y uno por la noche.

 En el medio de la estancia hay una estufa eléctrica, con unas botas puestas a secar. Al fondo, la comida, incluido un jamón ya casi en el hueso, comprado por colecta popular, a tres euros por cabeza. Al lado una mujer dormita en una silla. Por poco rato, porque a intervalos regulares el estruendo de las bocinas ahoga todo lo demás.

 La procesión de ruido arranca cuando se siente llegar al alcalde o a algún trabajador municipal, recorre todas las estancias y garantiza que el consistorio continúa desierto. Solo resiste el conserje, con tapones en las orejas, sujetos por cordeles.

—¿Querías algo?, pregunta al intruso.

Ante la negativa, hace una mueca y se pone otra vez las protecciones. Poco después, un policía local entra con un papel, que deposita en el mostrador. Se da la vuelta, mira un instante a un hombre que sopla un silbato, se cala la gorra y se va.

 Así es el día a día en Tui, donde el cabreo con el presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, es considerable y se ha agravado tras sus declaraciones de las últimas semanas, en las que llegó a tildar de “comando” a los afectados.

 Desde que, hartos de promesas incumplidas, empezasen a interrumpir los plenos de localidades gobernadas por el PP, su líder provincial ha deslizado la idea de que existe un grupúsculo de falsos afectados “disfrazados” al mando de “un sindicalista liberado de la CIG”.

 El sindicalista, al que el presidente provincial no suele nombrar, es Xulio Vicente, de O Rosal, que además de por su militancia se caracteriza por tener tanto a su padre como a su hija menor de edad, cuya firma falsificaron para endosarle el contrato, afectados por las preferentes.

 “¿Es que es un delito ser sindicalista? ¿Es que estamos volviendo al franquismo o qué?”, se indigna otro compañero, agradecido por el trabajo de Vicente, que a su vez pide al PP “buscar soluciones y no decir tonterías”. “Ha perdido los papeles”, resume Miriam, de Tui.

Acatarrado, con ojeras, Vicente relata algunos de los agravios que en las plataformas achacan a los populares, empezando por una promesa de la entonces directora de Comercio de la Xunta, Nava Castro, en vísperas de las elecciones autonómicas del pasado otoño, de una solución segura en el arbitraje; o el intento de Alberto Ruiz Gallardón de posar con él, también durante la campaña. “Le pedí que la reunión fuese tres días después de las elecciones.

 Aún estoy esperando”, relata. Asegura que un día, a las pocas horas de uno de sus muchos encontronazos cara a cara con los cargos populares, le llamaron por teléfono para avisarle de que ya tenía fecha para el arbitraje. Se negó a ir. “Hasta que cobren todos, yo tampoco”.

Episodios como este que describe Xulio Vicente están haciendo calar entre los presentes la sensación de que el arbitraje es cosa de la Xunta y que la llamada salvadora de Consumo llega en función de lo molesto que sea el reclamante o la afinidad que exista con el partido político en el Gobierno. “No hay democracia”, concluye Juan, un afectado de Ponteareas, mientras los demás asienten. “¡Es que llevamos año y medio!”, exclama otro.

Las llamadas a la tranquilidad solamente les suenan ya a excusas para ganar tiempo. Tampoco ayuda la actitud de algunos alcaldes, sobrepasados por las circunstancias. Juan habla del de Mondariz, Julio Alén, quien al parecer echó en cara a unos padres “no haber educado bien a sus hijos”, porque él tiene tres y ninguno entrampado con preferentes. Salvo el de Oia, que claudicó y prometió dimitir si sus afectados no cobraban, el resto ha cerrado filas con el partido, pero el nerviosismo arrecia.

Los perjudicados insisten en que la solución es política y anuncian que aumentarán el calado de sus protestas si les siguen dando largas o se empeñan en aplicarles la quita. Tras paralizar el Ayuntamiento, el siguiente paso es tocar lo sagrado: las fiestas. “El alcalde de Ponteareas va a tener un Corpus muy caliente”.          (El País, Galicia, 11/03/2013)

15/3/13

O INEM embarga a un necesitado

"Manuel é un mecánico axustador do naval galego, ex sindicalista de Vulcano, que leva tres días en folga de fame. Desde entón leva durmindo diante do concello de Redondela para reclamar os dereitos que, como traballador, lle asisten.
E é que a Manuel, o INEM lle embargou parte dos catro meses de paro por unha axuda familiar xa cobrada. Ten pendente de pago dous meses de aluger da súa casa. Os veciños do Concello, que o coñecen, xa lle deron algunha axuda para que cubra as súas débedas. El di que o devolverá todo, aínda que non llo queiran.
Segundo Anova-Redondela, é o primeiro caso dun desfiuzamento en Redondela que decide facer unha folga de fame. "Manuel acaba de emprender unha dura loita, el sabe que non é por el é por todas esas que mañá ou pasado poden quedar na rúa, sen recursos", sinala esta organización.
O pasado ano máis de 5.000 familias galegas perderon a súa casa. Unhas cifras que supoñen o triple que en 2009 e un 90% máis que en todo o 2010. Precisamente, hai catro días, un veciño de Bilbo suicidouse cando ía ser desafiuzado. Nos últimos meses, xa son case un dúcia as persoas que se suicidaron ou tentaron suicidar por mor dos desafiuzamentos."       (Galicia Confidencial, Redondela, 10/03/2013)

14/3/13

La CIG crea un banco de alimentos para sus afiliados

"La CIG está poniendo en marcha un banco de alimentos para sus afiliados que estará dirigido a aquellas personas que están pasando por dificultades. «Para nada é un plan de beneficencia», afirmó Xesús Anxo López Pintos, portavoz comarcal del sindicato, que recogerá alimentos no perecederos tanto en su local como en las sedes del Forga en Fene y Narón y también en las grandes empresas, con el fin de realizar posteriormente dos repartos al mes.

La central ha enviado cartas a todos sus afiliados -alrededor de 9.000 en las tres comarcas- para explicarles la iniciativa y los requisitos para beneficiarse de esta acción, a la que podrán acogerse las unidades familiares que no lleguen a alcanzar el salario mínimo interprofesional y también los que superen ese salario pero cuentan con hipotecas. 

Ana Vérez, secretaria comarcal da Muller de la CIG, será la coordinadora de este plan y afirmó que también serán beneficiarios aquellos afiliados que se han dado de baja por problemas económicos en los últimos nueve meses."          (La Voz de Galicia, Ferrol, 11/03/2013)