Mostrando entradas con la etiqueta p. Henrique Monteagudo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta p. Henrique Monteagudo. Mostrar todas las entradas

4/5/09

El castellano es el idioma de los perros con pedigrí... y el de los cans de palleiro, el gallego, claro...

"Non hai moitos anos, paseabamos a miña dona, a miña sogra e mais eu coa filla maior, daquela con tres aniños acabados de cumprir, polo centro de Vigo. A cativa ía un pouco máis adiante ca nós, e de súpeto mirou (á viguesa) un lindo cadeliño todo enfeitado, co seu lazo e todo, que andaba a cheirar no pé dunha arboriña destas de beirarrúa. Achegouse ao animal, virou cara a nós, e berrounos: "Mirade que cansiño tan bonito!". Nisto, vemos que a dona, unha señora de aspecto completamente vulgar pero con moito arruallo, se dirixe a ela e dille moito: "Oye, niña, esto no es un cansiño que es un perrito, y a este perrito se le habla castellano!!". Houbemos de estoupar da risa, pero tivemos que controlarnos, pois a miña sogra case se bota á individua para arrincarlle (só verbalmente) o coiro. Aquela madama estaba convencida de que falar galego rebaixaba o pedigree do seu caniche á altura dun can de palleiro.

O caso é completamente real, e xa lle valeu ao querido e saudoso Carlos Casares unha divertidísima columna. Relembrando o feito, un non pode menos que evocar aquel feliz discurso de Castelao, en que contaba que escoitara ouvear aos cans da Bretaña, e ouveaban igual que os de Galicia, e tamén o facían así os de Turquía... en fin, que "os pobres animaliños aínda están no idioma universal". Polas vistas, Castelao non o sabía, pero o idioma universal era o castelán (polo menos dos cans finos)."            (HENRIQUE MONTEAGUDO: Unha revolución máis na nosa lingua?. El País, ed. Galicia, Galicia, 01/05/2009, p. 9 )

17/3/08

Cando desaparezcan os campesiños ¿Dónde irá o galego? Pois os señoritos da cidade...

Urxente: búscase un novo discurso.

O curioso do asunto é que fronte a esta ofensiva do reseso nacionalismo gran-español, o que se abre é unha especie de baleiro, tanto de discurso público coma de acción gubernamental. O BNG, un tanto desconcertado, parece que decidiu abandonar (en boa hora) así a caduca análise en termos de conflito lingüístico coma o obxectivo dubidosamente utópico do monolingüismo social, pero aínda non foi quen a artellar unha nova mensaxe de defensa en positivo do noso idioma. Un discurso renovado que conxugue a vella apelación á identidade coa novidosa reivindicación da diversidade, e que en definitiva asuma que o castelán non pode ser visto na Galicia de hoxe como unha lingua estraña. Que resultaría absurdo pedirlle ao país que renunciase ao idioma do Estado, que é tamén lingua nosa, aínda que non sexa de noso. Pero o nacionalismo galego democrático non pode trocar o seu antigo radicalismo verbal -que sementaba temores e facía recuar á maioría- por un deleixo ante o idioma que ninguén entendería. (…)

A clase dirixente galega no seu conxunto ten que ser consciente (e tamén saberllo transmitir á cidadanía), de que unha boa política lingüística para Galicia, orientada a crear as condicións dun porvir digno e florecente para o galego nun clima de asenso maioritario, non esixe máis radicalismo. O que si debe ser é coherente e eficaz (non retórica), minimamente pensada (e por tanto ben asesorada: as carencias neste punto son tan xigantescas como inexplicables), convenientemente explicada á cidadanía, e posta en práctica con rigor, para o cal é imprescindible dotarse dunha serie de ferramentas operativas. Sinceramente, no noso país cada día botamos máis en falta algo diso.” (HENRIQUE MONTEAGUDO: As linguas en campaña. EL País, ed. Galicia, Galicia, 14/03/2008, p. 9)