Mostrando entradas con la etiqueta Historia: vikingos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia: vikingos. Mostrar todas las entradas

1/10/19

Viquingos en Galicia, a historia non contada

"A arqueóloga Irene García Losquiño relata como Galicia puido ser tamén un territorio de asentamento dos pobos nórdicos orixinarios de Escandinavia, e non só obxectivo de asaltos e incursións.

 Desde o século IX ata o XI, os viquingos asaltaron Inglaterra, Irlanda e Normandía e comezaron a establecerse alí. Nas primeiras etapas, apareceron os campamentos viquingos, utilizados como estrutura inicial para controlar as áreas adxacentes aos ríos navegables ou á costa. Estas estruturas ás veces convertéronse en centros de comercio e actividade militar, e nalgúns casos, en centros urbanos. Estes asentamentos son importantes para comprender a invasión viquinga nestas e noutras áreas menos estudadas nas que as incursións viquingas tamén foron notables, como no caso de Galicia.

O caso de Galicia é particularmente interesante para arqueólogos e historiadores, xa que aínda que recibiu unha atención moderada como obxectivo de incursións esporádicas ou intensas, non mereceu investigación a fondo respecto aos períodos de asentamento temporal ou permanente. Os expertos documentaron un contacto sostido durante toda a era viquinga e, con todo, practicamente toda a investigación centrouse ata hai pouco nas fontes históricas medievais que falan da violencia viquinga nas súas incursións no territorio galego (póñase por caso o exemplo de Catoira), mais non da súa influencia sociocultural en territorio galego a medio e longo prazo.

Co afán de esclarecer a interacción dos nativos galegos cos viquingos e as pegadas que estes últimos deixaron no noso territorio, a arqueóloga Irene García Losquiño, da Universitat d'Alacant, leva varios anos investigando os posibles campamentos viquingos en Galicia nas primeiras etapas de asentamento na diáspora dos guerreiros escandinavos, prestando especial atención á construción de campamentos para controlar o medio marítimo e manter unha presenza nunha área determinada.

 Malia que está documentada a actividade viquinga na Península Ibérica, e mais concretamente en Galicia, o estudo do impacto da presenza escandinava aquí atraeu menos atención académica que as áreas máis ao norte da diáspora. “Isto posiblemente se deba a que esta área xeralmente non se considera parte da diáspora, xa que non houbo asentamentos viquingos tan importantes como, por exemplo, en Normandía”, explica Losquiño nunha nova achega académica sobre estes episodios.

Para Losquiño, logo de analizar durante anos a presenza viquinga no noso país, “o que distingue Galicia doutras áreas da diáspora viquinga como Normandía é a cantidade significativamente menor de asentamentos que tivo lugar aquí e nas áreas circundantes (como León e o norte de Portugal)”.
“Os asaltos e accións violentas continuaron ocorrendo ata ben entrado o século  XII […], mais esas comunidades viquingas que quedaron deixaron poucas evidencias históricas ou arqueolóxicas no camiño”, prosegue.

Losquiño lamenta que até hai pouco “non se realizou ningún traballo arqueolóxico real en Galicia” sobre o posible asentamento viquingo en territorio galego. Nesa escaseza investigadora destaca o estudo de dous conxuntos de elementos arqueoloxicamente significativos: a caixiña que se garda na Basílica de San Isidoro, en León, considerada a única obra de arte viquinga localizada na península ibérica, e a gran cantidade de estruturas defensivas costeiras construídas en Galicia como reacción á piratería viquinga e árabe.

Sábese que a presenza viquinga en Galicia foi intensa. A primeira incursión dos nórdicos aquí aparece reflectida nos Annales Bertiniani –crónica franca atopada na abadía de San Bertin, na rexión francesa de Nord-Pas-de-Calais), e remóntase ao mes de agosto do ano 844, cando un grupo de viquingos da hoxe Dinamarca, procedente dunha expedición de saqueo, penetrou polo río Garona, e empurrados por unha tormenta terminaron chegando ata Galicia, saqueando algunhas aldeas costeiras ata que foron derrotados nos arredores do Farum Brecantium (Torre de Hércules).

“Este violento asalto foi seguido por outras incursións a longo prazo máis famosas no sur de Europa e o norte de África no ano 859, que traerían violencia continua a Galicia e terían un impacto de longa duración, como o demostra o establecemento da sede episcopal de Santiago cando a sede anterior, Iria Flavia, foi destruída”, aporta Losquiño.

Galicia continuou recibindo incursións viquingas ao longo dos anos, e que “se fixeron cada vez máis frecuentes e destrutivas durante a segunda metade do século X”, engade.

“De feito, na década de 960 houbo incursións anuais que trouxeron unha resposta significativa dos poderes políticos e eclesiásticos en disputa de Galicia, incorporando a construción de moitas fortificacións defensivas (incluídos os muros de Santiago)”, detalla a investigadora.

Para ese período, na segunda metade do século X, “as fontes son máis específicas e elaboradas con respecto ao alcance da presenza viquinga en territorio galego”. Así, Losquiño referencia unha pasaxe específica do Chronicon Sampiri (Crónica de Sampiro, obra en latín escrita polo bispo de Astorga, a principios do século XI e que abarca desde o ano 866 até o 999, é dicir, os últimos de reinado de Alfonso III de Asturias e os dos seus sucesores até Alfonso V). Na pasaxe que menciona Losquiño relátase como “un grupo de viquingos no ano 968 percorreu áreas interiores de Galicia durante tres anos e chegou á fronteira con León”. Incursión que a investigadora conecta co asentamento dun grupo de viquingos na vila leonesa de Lordemanos, a referencia máis oriental da presenza de viquingos no interior de España.

LODIMANOS, UN TOPÓNIMO VIQUINGO

Galicia non é única en non ter rexistros arqueolóxicos de presenza viquinga. En  Normandía, segundo explica Losquiño, “podemos entender a ocupación viquinga a través de rexistros históricos e análises de topónimos, pero case non se atopou material arqueolóxico na rexión”. Pero malia a “falta de rexistros históricos dun proceso de colonización viquinga, si hai evidencia de permanencia ou habitación a longo prazo en Galicia, León e Portugal en forma de topónimos”, como no caso de Normandía.

Así, pon como exemplo Coimbra, ao norte de Portugal, onde existe un barrio chamado Lordemão, o mesmo nome en portugués que a vila leonesa de Lordemanos. E malia que “non hai ningún nome de lugar actual en Galicia que proveña dun exónimo para  Nordomanni ou Lordomanni como os casos e León e Portugal”, a arqueóloga salienta que “ese nome existiu” en territorio galego, en referencia a un documento do ano 966  que menciona a antiga «cidade dos loclimanos»” (variación da palabra “nórdicos”), como recolleu a historiadora Ann Christys no seu traballo ‘Vikings in the South – Voyages to Iberia and the Mediterranean’ (2015).

Mais Losquiño defende a hipótese de que ese “loclimanos” ao que fai referencia Christys “é probablemente unha mala interpretación de «lodimanos», xa que o nome a miúdo se transcribiu, o que tería considerables implicacións para a nosa comprensión da presenza viquinga en Galicia”.

Lodimanos é o topónimo que os expertos identifican cunha pequena aldea preto da desembocadura do río Ulla na que houbo presenza viquinga. En concreto, consérvase en Santiago de Compostela un pergamiño moi mutilado, cunha escritura datada o 2 de xaneiro de 996 na que se fai referencia á “cidade dos lodimanos”. O documento parece confirmar que nalgún determinado momento houbo en Galicia continxentes viquingos que se asentaron máis ou menos permanentemente nese lugar concreto, situado estratexicamente preto da desembocadura do Ulla.

Para Losquiño, este rexistro “permítenos datar a existencia dunha comunidade viquinga en Galicia antes do ano 966”, ademais de facernos comprender a importancia xeográfica do asentamento, ao carón do río Ulla, pois “era o camiño máis directo a Santiago desde o mar e, de feito, os viquingos utilizábano con moita frecuencia”. É máis, “o bispado de Iria Flavia […] estaba na beira deste mesmo río, do mesmo xeito que a vila de Catoira, que caeu baixo o ataque viquingo desde a primeira chegada dos escandinavos a Galicia en diante, e cuxas torres se vincularon á defensa da entrada do río Ulla desde a ría de Arousa”, subliña a autora.

A arqueóloga tenta precisar o punto exacto no que se atopaba aquela “cidade dos lodimanos”: “Dentro do curso do río Ulla, podemos delimitar unha área desde a desembocadura do río Louro cara ao sur ata Cordeiro, cara ao leste ata Valga e logo cara ao norte novamente ata a beira do río, sendo este punto norte o antigo asentamento viquingo”.

De feito, engade Losquiño, o documento do 966 “menciona a vila de Campaña (que significa «campamento») no centro destes catro puntos. Este lugar aínda está nese mesmo lugar hoxe en día”, sendo unha das parroquias de Valga.

A hipótese da existencia dese lugar chamado Lodimanos foi defendida por historiadores como Fernando López Alsina ou Eduardo Morales Romero.

Para Losquiño, “non hai dúbida de que os campamentos viquingos se estableceron en Galicia como ocorreu noutras áreas da diáspora”.

A investigadora defende que a presenza continua de viquingos en territorio galego “non se podería soster sen un campamento”. Así, compara que “do mesmo xeito que o Gran Exército Pagán [tamén coñecido como Grande Exército Danés, no século IX] usou varios campamentos en Inglaterra para pasar o inverno, colleitar bens e recuperarse, os viquingos que asaltaron Galicia necesitarían tales estruturas no medio dunha rexión hostil e xa asentada, especialmente cando algunhas das incursións involucraron un gran número de barcos e homes”.

De feito, “fontes medievais galegas afirman a chegada de 70 barcos para o primeiro dos ataques viquingos rexistrados no ano 844”. Aínda que a arqueóloga recoñece que “é posible que este número se esaxerase no texto latino para exaltar as virtudes do nobre que os derrotou [Ramiro I de Asturias], non hai nada que suxira que os asaltos máis importantes” dos viquingos na costa galega “non foran liderados por grandes cantidades de barcos”.

Así, alude de novo á Crónica de Sampiro na que se rexistra que cen barcos chegaron a Galicia no ano 859, ou que outros cen barcos viquingos, co seu líder Gunrød, atacaron o territorio galego no 968 (Gunrød foi un caudillo viquingo noruegués que, dende as súas bases permanentes no Loira, en Francia, lanzou sanguentas incursións nas costas cantábricas da península ibérica).

Polo tanto, “non debería sorprendernos a existencia dun asentamento viquingo no curso dun río importante [o Ulla] que utilizaron continuamente nos asaltos”, xustifica a experta.

Losquiño considera que un campamento no Ulla outorgaría “acceso rápido á desembocadura do río na ría e o mar aberto” e estaría ubicado nunha “posición ideal, a metade de camiño ao longo do río cara a Santiago de Compostela, xusto antes de que sexa menos navegable por Pontecesures, un antigo porto romano”.

Ao igual que outros asentamentos viquingos documentados, sería un “emprazamento estratéxico, por un curso de auga, talvez cunha igrexa nas proximidades (potencialmente, a igrexa de Valga)”.

 Para tentar localizar e analizar o sitio de Lodimanos, a investigadora puxo en marcha dous proxectos arqueolóxicos en dous lugares separados ao longo do río; nun deles, avanza, hai “restos dunha estrutura”, pero agarda ter “máis información” sobre a súa natureza nos vindeiros anos, a medida que avancen as súas investigacións.

OUTROS POSIBLES ASENTAMENTOS EN GALICIA

O de Lodimanos non é o único lugar en Galicia cun “alto potencial” de ser identificado como sitio de asentamento temporal ou permanente dos viquingos. Losquiño pon como exemplo a posible existencia dun campamento temporal no Cebreiro, onde está documentado que “os viquingos pasaron tres anos preto da fronteira con León na segunda metade do século X”.

Tamén plantexa a hipótese de posibles asentamentos nas Rías Altas, onde investigacións recentes identificaron unha alta concentración de topónimos con posible orixe escandinava.

Pero hai máis. Por exemplo, Os Moutillós, na Mariña, lugar que puido ser unha pequena fortaleza que non se parece a ningún outro tipo de fortificación en Galicia, cunha especial configuración que se correspondería con outras que seguirían un esquema parecido ao modelo de mota castral (motte & bailey), fortificacións situadas sobre un cerro, rodeada dunha cerca de estacas, un foso ou ambas as estruturas, e que era propia dos pobos do norte de Europa.

Os Moutillós érguese sobre a praia de San Román no lugar denominado Os Castelos, un lugar “moi axeitado para usar coma pequeno porto”, segundo o proxecto Patrimonio Galego, no que se engade: “Consiste nun gran outeiro de terra e area, ao borde dun cantil que dá á praia e a carón dun lugar chan máis extenso cara a terra, con muralla e foso, aínda que este non se aprecia a primeira vista, pois está moi cuberto de area. A diferenza dos castros que teñen as defensas ao seu redor, aquí o punto máis protexido iría no lugar máis elevado que correspondería coa zona da «mota». A maioría das estruturas estarían feitas de madeira, por ser asentamentos de carácter conxuntural. Algunha información quere apuntar cara a hipótese dun asentamento da época das invasións normandas”.

Losquiño, pola súa parte, cre que “a conexión potencial” deste lugar cos viquingos atópase nalgúns dos obxectos que apareceron na zona: grandes cantidades de lastre de sílex e varias áncoras de pedra. Pezas que foron descritas como obxectos viquingos nos medios, pero que non foron sometidas a un estudo científico, sistemático e revisado, ao igual que o lugar dos Moutillós, que permita aínda facer tal afirmación.

A arqueóloga lembra que as principais investigacións que relacionan este sitio cos viquingos foron realizadas polo arqueólogo Iñaki Sagredo Garde. En opinión de Losquiño, “necesítase certo contexto para establecer se este sitio tiña algún potencial para ser utilizado como base para a actividade viquinga”. Nesa liña argumentativa, expón que a praia se atopa moi preto de Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica, “historicamente unha torre de vixilancia natural”. Ademais, a parte occidental da praia está dominada por unha característica xeolóxica coñecida como Os Castelos, que conta con dúas formacións rochosas que proveñen de dous puntos diferentes para darlle a esta pequena praia a forma dunha ferradura, converténdoa nun porto natural.

En canto ao promontorio, a súa forma é alongada e dá á praia, comunicándose con esta por dous lados. As investigacións de Sagredo Garde demostraron o uso humano deste sitio desde o século III antes de Cristo ata o XIII d.C. Esta área fora importante desde antes da Idade Media, tanto desde o punto de vista económico como estratéxico, para a vixilancia e alertar de posibles ameazas.

A menos de 600 metros ao norte deste promontorio atópase a illa Coelleira (“illa dos coellos”), cunha superficie de 27 hectáreas e cunha elevación máxima de 80 metros sobre o nivel do mar.

“O emprazamento do sitio correspóndese ben co que se pode agardar dunha localización para un campamento atractiva debido á súa localización nunha área estratéxica portuaria, a súa elevación e forma alongada e a presenza dunha illa próxima”, resume Losquiño.

Pero o que fai dos Moutillós un lugar “máis interesante como potencial sitio de reutilización viquinga é o grupo de artefactos que se atoparon na súa praia”.

Para a arqueóloga, os “elementos máis significativos son varias áncoras de pedra e ao redor de 100 lastres de sílex, algúns dos cales pesan ata 200 kg”.

Foi en 2014 cando o colectivo Mariña Patrimonio comunicou á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e ao Concello do Vicedo o achado neste xacemento dun “número significativo de lastres de sílex e de dúas áncoras de pedra”, posibleme da época medieval.

Sobre as pezas de sílex, Losquiño salienta a escaseza deste material en Galicia, polo que se podería deducir que se trata de pezas doutros pobos. Pero é máis, o tipo de lastre atopado no lugar correspóndese cos depósitos de arxila con  sílex ou  argile à silex do norte de Francia, especialmente en  Normandía ou o norte da conca de París, ou no sur de Inglaterra, onde o sílex é tan abundante. Eses gran lastres serían utilizados por grandes barcos que usarían o porto natural dos Castelos”.

No caso das áncoras atopadas, “aínda que Galicia conta cunha gran cantidade de achados de áncora lítica, estes obxectos sempre foron significativamente máis pequenos” que os atopados neste lugar –de até 127 kg de peso–, que, segundo a experta, “comparten as características principais” das áncoras viquingas, en base á documentación existente.

Con todo, recoñece que “aínda non é posible asegurar que Os Moutillós fose utilizado polos viquingos durante o período de ataque, pero é probable”.

“Hai razóns para suxerir que os viquingos puideron usar este lugar, xa que unha variedade de materiais diferentes atopados aquí poden ser potencialmente vinculados a barcos escandinavos, a estrutura amosa un uso continuo durante un período prolongado e Os Moutillós comparte similitudes con outros sitios de Irlanda e Inglaterra que foron lugares de protección de portos, xunto ao mar e preto dunha illa, e asociados con enterros”, argúe.

A experta mantén esta hipótese malia que nas escavacións dirixidas por Iñaki Sagredo Garde non se atoparon probas físicas que permitan concluír que alí se asentaron os viquingos. Pero Losquiño cre que hai indicios da chegada dos escandinavos a aquel lugar e traballa en demostralo nos próximos anos.

Losquiño vén de publicar estas achegas no último número de SVMMA. Revista de Cultures Medievals –editada pola Universitat de Barcelona– nun traballo titulado ‘Camps and early settlement in the viking diaspora: England, Ireland and the case of Galicia’, froito da análise de investigacións e análises previas de historiadores e doutros arqueólogos, e de varios traballos de campo que Losquiño realizou en Galicia, nos que estivo acompañada de expertos como os arqueólogos suecos Jan-Henrik Fallgren (Universidade de Upsala) e Ylva Backstorm (Universidade de Lund), ou o documentalista Kenneth Oakes (Universidade de Notre Dame)."                         (Alberto Quian, Galicia Confidencial, 26/09/19)

26/1/18

Ulf Galiciefarer, un viquingo no Reino de Galicia

"No século X, daneses e noruegueses, acudiron a apoiar o duque Ricardo I de Normandía nas súa loita contra o emperador e os magnates dos francos. Outro tanto acontecería no século XI, cos noruegueses encabezados por Olaf Haraldsson, o famoso Olaf o Santo, loitando a carón do rei Ethelred de Inglaterra, fronte aos viquingos daneses que tentaban conquistar as Illas Británicas.

 A presenza destas pobos na península itálica responde a mesma lóxica, sinalándose en Apulla ou Calabria, no combate contra gregos e árabes en defensa dos intereses da oligarquía autóctona. 

Uns casos semellantes atopámolos aínda na Galiza do século XII, sexa cos contactos entre o rei de Noruega Sigurdr, instalado ao longo do inverno de 1112 en Compostela, co conde de Traba e Diego Xelmirez, ou coa presenza dun grupo numeroso de xentes do norte, apoiando a causa do rei de Aragón Afonso O Batallador e da raíña Urraca contra Afonso VII.

Na mesma liña, un documento galego de 1032, recollido por Florez na España Sagrada, sinala o asalto, por parte dun exército galego e viquingo mandado polo conde Rodrigo Romariz, do Castro Labio, unha fortificación situada perto da igrexa lucense de Santa Mariña, onde se refuxiaban tropas vascas enviadas polo rei navarro, enfrontado na altura aos galegos.

 A acción de guerra debe situarse no marco da loita entre Sancho III de Navarra e o seu fillo Fernando e o rei Bermudo III, imposto no trono que ambicionaban os seus contendentes polo partido galego. Son diversas as investigacións que documentan a presenza de Jarl Galizu-Úlfr, Ulv Galiciefarer ou Galicieulf, “O galego” ou “O lobo galego”, ao fronte do continxente nórdico nesta importante batalla, estando certificada a súa presenza no noso país en 1028. 

Segundo anota para ese ano a famosa Knytlinga Saga, “…marchou nunha expedición viquinga a Occidente e conquistou Galiza, que arrasou e saqueou conseguindo un gran botín; e por iso era chamado Ulf o Galego.”

 A marcha de Ulf do Reino de Galiza asóciase maioritariamente á súa derrota a finais da década do 1040 polos exércitos do bispo compostelán Cresconio, nun contexto que lle sería desfavorábel polo aceso ao trono galego do seu antigo inimigo Fernando I. A esta opinión, téñense sumado autores como Benito Vicetto ou González López, pero tamén en épocas recentes Vicente Almazán, Fernández Romero, Morales Romero ou Sánchez Pardo, manifestándose máis escéptico Helio Pires, ao negar a existencia de ningún documento que confirme a data ou a propia batalla.

 Sexa como for, a súa presenza entre nos alongaríase arredor de vinte anos, dado suficientemente significativo para buscar novas focaxes e liñas de interpretación das relacións entre os galegos e os nórdicos. Até agora a maior parte das investigacións e publicacións teñen posto o acento nas expedicións de saqueo levadas adiante polas xentes do norte, esquecendo o marco de relacións establecido como confirman as fontes galegas e viquingas contemporáneas así como a propia cartografía.

 A redescuberta da tumba de Ulf en Dinamarca a finais de 2016, fora atopada inicialmente á volta de 1951 con motivo das obras dunha estrada, espertou de novo a atención sobre o personaxe. 

 Estariamos diante dun dinamarqués de orixe nobre, probabelmente fillo de Ulf Torgilsson, un caudillo viquingo de orixe sueca que chegaría a contraer matrimonio con Astrid, filla do rei Svend I de Dinamarca, facendo parte dunha xinea ligada a familia real danesa. 

Unha neta de Ulf, Bothild Thorgunnsdatter, casaría co rei danés, Eurico I, morrendo nunha viaxe a Xerusalén, de cuxa relación nacería Canuto Lavard, santo da igrexa católica, cuxo fillo Valdemar, tataraneto de Ulf, reinaría co sobrenome do “Grande”, vinculando a súa estirpe, a medio dunha activa política matrimonial, coas familias reais suecas, francesa ou saxona."                   (Cilia Torna, Sermos Galiza, 21/01/18)

3/2/17

Quen foi e que fixo o viquingo Ulf, O galego?

 
 Lugar da suposta tumba de Ulf, o Galego, en Dinamarca / National Geographic

"A alta Edade Media foi unha época dura, terrible, chea de guerras e de calamidades. Unha época escura que deixou poucas pegadas para pesquisala con precisión. E, por  iso, aínda hoxe, é difícil coñecer con exactitude o que pasou neses séculos que cambiaron boa parte da xeopolítica e dos territorios da vella Europa.

Pero cando falamos de escuros, non queremos dicir que sexan negros, nin malos, nin peor que outros periodos históricos, senón só iso, escuros. Unha escuridade nas fontes e tamén no estudo material, e a falla de excavacións nesa época, que fan que cando se fale da Alta Edade Media haxa que facelo con cautela.

Por iso, seremos cautelosos á hora de contar a historia de Ulf, coñecido como ‘O galego’, que acaba de poñerse de moda porque, supostamente, un arqueólogo dinamarqués acaba de atopar a súa tumba, tal e como xa adiantou esta mesma web.

Jarl Galizu-Úlfr, Ulv Galiciefarer ou Galicieulf, “O lobo de Galicia” é como se lle chama a Ulf nalgúns documentos históricos. Un alcume que lle puxeron os seus propios compatriotras dinamarqueses porque foi, precisamente, en Galicia onde colleu sona de guerreiro, mercenario e de saqueador.

E foi, aquí, neste país que os viquingos chamaban Jakobsland, a Terra de Santiago, onde Ulf fixo a súa riqueza e adquiríu un gran estatus social que, co tempo, o convertirían en visabó dun rei viquingo e católico. Pero esas son xa outras historias.

A súa chegada a Galicia

A primeira dúbida que asalta aos poucos investigadores que se adentraron na figura de Ulf, ‘o galego’, son as datas dos seus ataques a Galicia. E logo de bucear en mumerosas fontes medievais chegaron á conclusión que é posterior aos ataques de Olaf II, a comezos do século XI, e que deixaron Tui tan arrasada que tardaría case 80 anos en volver rexurdir das súas cinzas. Un Olaf que, curiosamente, pasou de ser un demo para os cristiáns a ser o primeiro rei viquingo en entrar no santoral católico… Cousas que ten a historia.

Por iso, as datas probables dos ataques de Ulf a Galicia serían entre o 1028 e 1048, tal e como se desprende da saga dos Canutidas, máis coñecida como Knytlinga Saga, redactada entre os anos 1240 e 1270, e nas cronicas de Saxo en pleno século XII.

Pero, curiosamente nada aparece del nas cronicas da Historia Compostelá. Na Saga do rei Olaf, do islandés Snorri Sturlsson Snorri, tamén apaece citado, aínda que nada máis que como axudante e segundón, sen facer referencia ás súas actividades en terras galegas. Eduardo Morales Romero identifica un ataque do ano 1028, xa coa presenza de Ulf de Gallaecia.

 Pérez de Urbel, relacciona un acontecemento ocorrido na torre de Beizo coa presenza de Ulf. Isto sucedeu no ano 1032, é dicir, 4 anos despois da chegada do viquingo danés a Galicia. Pero igualmente vincúlase a derrota dos normandos a mans do bispo Cresconio con Ulf de Gallaecia, e isto ocorreu entre os anos 1047 e o ano 1066, data da morte do bispo.

Tomando o 1047 como data máis aproximada á realidade do combate entre Cresconio e os viquingos, teriamos como resultado que a presenza e control parcial de Ulf en Galicia, foi de 19 anos, desde 1028 até 1047, segundo apunta Swabaharjaz na web haraldwartooth. Un tempo no que este viquingo saqueou, controlou e ofreceuse como mercenario a condes locais, e terminou derrotado nunha batalla na ría de Arousa.

En todo caso, a súa chegada a Galicia coincidiu cunha gran inestabilidade política e cunha Galicia dividida e enfrontada baixo o reinado de Bermudo III. E o ‘lobo galego’ semella que se aproveitou desa situación, ben para tomar parte por algúns dos bandos ou, simplemente, para aproveitar esa debilidade e saquear as cidades e vilas galegas.

Pero, quen era Ulf, realmente?

“(..) O seu pai chamábase Ulf, era conde de Dinamarca e un gran guerreiro; marchou nunha expedición viquinga a Occidente e conquistou Galicia, que arrasou e saqueou conseguindo un gran botín; e por iso era chamado Ulf o Galego; estaba casado con Bothild, unha filla do conde Hakon Eriksson (..)”, recolle a Knytlinga Saga sobre el. Tamén di que partiu “valentemente cos seus cara ao oeste á conquista de Iakosbland (a terra de Santiago)“.

Segundo Vicente Risco, as lendas atribúen ao “lobo galego” a súa participación como mercenario nas tropas do conde galego Rodrigo Romariz, no asalto ao castelo de Beizo, preto da actual Lugo, no contexto das revoltas contra Bermudo III. Estas racias foron continuas, e duraron varios anos, até que foi expulsado polas tropas de Cresconio, non sen antes saquear localidades como Redondela ou recintos monasticos nas illas de San Simon , Cies e Toralla.

Pero, vaiamos por partes… No ano 1032 hai un documento monástico no que se menciona como un conde chamado Rodrigo Romariz, contrata mercenarios viquingos para combater contra mercenarios vascóns que tras independizarse do seu señor, deciden quedar en Galicia sementando o terror. Eduardo Morales Romeu escribe na súa Historia dos Viquingos en España que:

(..) Xunto ao conde Rodrigo Romariz, loitando contra un continxente de vascóns, probablemente tamén mercenarios, que tras axudar ao conde na súa rebelión contra Vermudo III, fixéronse fortes no castelo de Lapio, na diocese de Lugo e desde onde saquearon a zona, cometendo todo tipo de tropelías, polo que os abades, os monxes, e o pobo de Santa Maria pediron que puxese coto aos demais vascones. (..)

Tamén, e como recolle a web haraldwarthooth, un documento do ano 1032 narra este suceso da seguinte forma:

(..) Vermudo III, no castelo que chaman Lapio, na sede de Lugo, ano 1032. Eu, en verdade, Vermudo rei, da prole de Alfonso, de Deus omnipotente elevado no Reino; de novo o conde Rodrigo Romáriz, sobriño do mesmo Suario Gundemáriz, tivo unha axitada deliberación cos vascóns de Galicia e rebelouse contra nós, segundo óuvese dicir a moitos que quedaron entre nós. Pero naqueles mesmos días se coaligaron entre se os abades e monxes e os homes plebeios de Santa María, e pelexaron contra os do conde dos vascóns, que se asentaron na pena, dicindo que recibiran deles gran dano e desfeitas nas igrexas e refugallos en mezquinos e crebados e homicidios e furtos, deixando aquela terra erma e abatida. Entón, emporiso, xuntouse o devandito conde con todos os seus baróns e con xentes normandas, e cerco a pena e tomouna pola forza e quéimoa e arrasouna (..)

E neste feito histórico aparece mencionado Ulf, o Galego. Por iso, non son poucos os investigadores que cren que, nesa época, as racias viquingas eran constantes e importantes en Galicia e no norte peninsular, polo que non desbotan que houbera asentamentos concretos desta poboación nestes territorios. De feito, en Vicedo, na mariña lucense, no lugar de Os Moutillóns, da que xa falou Historia de Galicia,  un equipo de arqueólogos estivo estudando a posible vinculación deste sitio arqueolóxico cun asentamento viquingo.

De ser certas estas hipóteses, isto explicaría como os viquingos eran quen de moverse por bastos territorios de Galicia e mesmo do noroeste da península. Tamén explicaría como operaba Ulf, cunha zona estable de operacións desde o ano 1028. Nese ano, a raíña Velasquita Fernández, utilizou viquingos para axudar ao seu amigo Felix Agelazi a escapar desde as costas de Galicia ao cantábrico. Onde por certo, a saga de Olaf Haraldsson fala dun ataque a un porto danés en Castropol algúns anos antes.

O final dos seus ataqeus

Semella que o final da aventura galega de Ulf chegaría contra o ano 1047, cando xa gobernaba Fernando I, tras vencer a Bermudo III na batalla de Tamarón. E Ulf caería vencido baixo a espada dun home da Igrexa, o bispo Cresconio que o tería derrotado nunha batalla na ría de Arousa. Foi precisamente Cresconio quen ordenou fortificar as torres de Oeste, en Catoira, para evitar os ataques normandos, moi frecuentes por aquel entón e que puñan en perigo Santiago de Compostela, o gran centro relixioso da antiga Gallaecia.

“(..) báculo e ballesta (..) Cos seus valentes e disciplinadas hostes destruíu enteiramente o poder dos normandos que invadiran estas terras (..)”, recolle a Crónica compostelá das fazañas de Cresconio sobre un gran caudillo normando que os autores identifican con Ulf, O galego. Ese mesmo nobre dinamarqués do que aseguran ter atopado o seu enterramento.

Foi tan contundente esa derrota que Ulf viuse obrigado a retirarse a Dinamarca para non volver nunca xamais. Nin el, nin outra gran frota de viquingos. Con el comezou tamén a época decadente dos normandos en Galicia."       (Historia de Galicia)

17/7/14

O Vicedo busca su pasado vikingo

"Si otros países tuviesen lo que tiene Galicia, lo estarían promocionando orgullosos. ¡Hay tantos yacimientos, tanta cantidad y calidad! No hay conciencia ni nacional ni internacional de este riquísimo patrimonio. Urge estudiar, registrar y proteger todo eso”.

 La valenciana Irene García Losquiño es investigadora en el Centro de Estudios Escandinavos en la Universidad de Aberdeen (Escocia) y habla en nombre del equipo de especialistas en cultura vikinga, procedentes de la misma institución, que visitaron la comunidad la semana pasada.

Vinieron buscando huellas de los pillajes al estilo nórdico que atemorizaron la costa gallega en sucesivas oleadas, entre los siglos IX y XI, después de leer un artículo sobre el hallazgo fortuito de dos anclas de piedra y al menos medio centenar de lastres de sílex en San Román, una playa de O Vicedo. 

Y marcharon “inspirados, emocionados”, porque a pesar de lo “mucho” que han viajado, lo que vieron en Galicia durante su estancia no dejó de darles sorpresas. Incluso a Jan-Henrik Fallgren, considerado una autoridad en materia de piratas rubios, célebre por descubrir los mayores tesoros vikingos conocidos hasta el momento. No esperaban tanto.

Desde O Vicedo hasta las Torres de Catoira, pasando por el sistema defensivo de O Pindo, con su trío de fortificaciones en las que se refugiaba el pueblo cuando se avistaban las naves enemigas. Una de esas construcciones, San Xurxo, “es lo más impresionante que he visto nunca”, reconoce García Losquiño.

En A Mariña, al especialista sueco también le sorprendió la cantidad de nativos que “podrían pasar perfectamente por escandinavos”. Este arqueólogo y su esposa, Ylva Backstorm, experta en zooarqueología, comentaron nada más llegar a la playa de San Román que el paisaje, con la Illa Coelleira (y su pasado monacal) a la izquierda en la línea del horizonte, era un escenario “de libro” para un desembarco vikingo. 

No solo porque las islas habitadas por monjes eran lo que siempre buscaban los temidos extranjeros (como posición estratégica para sus ataques a las poblaciones costeras). Tampoco únicamente por el hecho de que una de las dos anclas desenterradas por el mar, una piedra horadada y labrada en forma triangular que pesa unos 120 kilos, tuviese un formato ajeno a la costa gallega.

 En realidad, lo que Fallgren y Backstorm reconocieron inmediatamente como algo familiar fue el misterioso promontorio que se levanta en la playa, separado del mar por la franja de arena.

En 2011, Mariña Patrimonio alertó a la Xunta del llamativo parecido que existía entre esta formación elevada, bautizada en la microtoponimia como Os Moutillós, y unas fortificaciones típicas de la cultura normanda conocidas como motte&bailey (mota y patio). Estas estructuras eran sistemas defensivos provisionales, que se construían al tomar tierra, con parapetos, foso, rampas y una parte llana detrás donde se levantaban las cabañas que guarecían a estos descendientes de los vikingos. 

El colectivo cultural de la comarca lucense guió estos días en su visita a los profesores de Aberdeen y está también detrás de una investigación que ahora quiere promover el Ayuntamiento. El alcalde, Jesús Novo (PP), ha pedido autorización a la Xunta para un “estudio a fondo que incluiría excavaciones”. “Sería muy bueno para O Vicedo que fueran ciertas las teorías” que circulan sobre San Román. 

De momento, en el edificio multiusos se guardan algunos de los objetos que van apareciendo, que en breve se trasladarán a Castro de Rei para ser expuestos en el museo del Castro de Viladonga. Allí irá a parar una de las anclas, la más grande. La otra, cuenta el regidor, “anda por alguna casa: la robaron de la playa antes de que pudiésemos recogerla”.

Cultura no reconoce de momento la existencia de una mota en aquel lugar, pero desde 2009, aclara un portavoz oficial de la consellería, existe una ficha en Patrimonio con “una referencia a Os Moutillós”. Que el promontorio esconde capítulos pendientes de escribir en algún libro de historia es obvio. Está rodeado de labradíos en los que los vecinos se tropiezan con vestigios del pasado nada más hundir el sacho.

Según el portavoz de la consellería, en la ficha de la Xunta se dice que en ese punto “hay indicios de origen antrópica que merecen protección, aunque hay versiones muy contradictorias”. Esto quiere decir, sigue explicando la misma persona, que “Os Moutillós se protegió para luego [en algún momento futuro] investigar”. 

“Y no solo aparece recogido en el catálogo de Patrimonio, sino que está incluido desde 2013 en el PXOM de O Vicedo, que establece un contorno de protección” del sitio arqueológico. (...)

Pero Fallgren y García relacionan Os Moutillós con las “primeras invasiones vikingas”. “Creemos que está todo relacionado, y a falta de una excavación arqueológica, sugerimos o proponemos que es una mota”, dice la doctora en Historia, que desarrolla un macroproyecto sobre los vikingos en España. 

“Aunque no creemos que sea lo que aquí se entiende como una mota normanda, sino una fortificación provisional de sus antepasados escandinavos: una mota vikinga de primera generación”, concluye. “En un par de semanas”, los investigadores de Aberdeen tendrán preparado un primer artículo con el diagnóstico de su visita de aproximación, y planean publicarlo en varias revistas especializadas europeas."               ( Santiago de Compostela, El País,  22 JUN 2014)