Mostrando entradas con la etiqueta Sanidad: epidemias: efectos economicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sanidad: epidemias: efectos economicos. Mostrar todas las entradas

4/11/21

O Sergas disponse a desbotar o groso do persoal contratado pola COVID: "Volve a precariedade"

 "Asinámolo porque nunca tiveramos tal estabilidade e nunca che ofrecen un contrato de seis meses seguido; collémolo aínda sabendo que era un caramelo envelenado", explica Aurora Magán, enfermeira eventual nas Urxencias do Hospital Clínico de Santiago e unha das profesionais cuxa vinculación co Sergas remata en poucas semanas.

Ela foi unha das 1.200 profesionais contratadas de emerxencia ao abeiro do Plan de continxencia COVID do Sergas. 150 delas -a maioría enfermeiras- asinaron por un ano e 1.050 por seis meses, segundo aclara a Consellería de Sanidade, cunha posibilidade de renovación que se consumou en maio para 731 destes profesionais, entre eles Aurora, que rematan a súa vinculación o vindeiro sábado 30 de novembro. O resto, finaliza a mediados de decembro. 

Só unhas horas despois, no Parlamento, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba que o "obxectivo é manter o 80%" de "todo o persoal sanitario" contratado durante a pandemia, "unha vez finalizada a pandemia". 

"Non sei aínda o que vai pasar cando remate; o único claro é que non se se me renovará este contrato de emerxencia porque ten data de caducidade", explica Magán, do colectivo Eventuais en Loita, consciente da posibilidade de volver á "precariedade e inestabilidade" que leva sufrindo anos no Sergas, con moreas de contratos de días, semanas e meses e en distintos destinos. De momento, segue adscrita a un circuíto COVID que sabe que "desaparecerá" e xa foi advertida de que "sobrará xente". E está asignada a unha quenda que, agás que lle sexa ofrecido outro contrato nestes días, non pode cumprir a partir do sábado.

Desde o Sergas, ante as peticións de sindicatos e profesionais para que se manteñan como mínimo as contratacións de emerxencia realizadas pola pandemia, aseguran que se "está a analizar a continuidade dos contratos activos, co obxectivo de garantir a continuidade da xestión da pandemia nas áreas que sexa necesario". Polo momento, a maioría dos profesionais, como Aurora, non saben se seguirán traballando e se o fan, din estar "convencidas" de que será "en peores condicións" e con moitos meses nos que pasarán "días na casa".

"Temos a certeza de que nos veñen tempos escuros, de que seguramente volveremos atrás e regresaremos á contratación precaria e de pouco tempo", explica quen expresa unha reflexión compartida: "Moitas pensamos que podía ser que acabásemos pagando o ter traballado tanto pola COVID e nestas condicións".

"Naquelas áreas onde sexa necesario que o persoal que dá asistencia na pandemia continúe, continuará sen dúbida", insiste o Sergas, que advirte tamén de que "hai un importante crecemento con máis de 1.000 prazas no orzamento de 2022 polo que o persoal sanitario terá importantes ofertas de traballo vinculadas á estabilidade, ademais de reforzos".

"Son persoas que xa están traballando... Aquí non se vai crear máis emprego, senón consolidar algún. Todo seguirá como antes", insiste Aurora Magán, que coincide co sindicato maioritario na sanidade galega, CIG, que lembra que esas prazas que se anuncian "non son de nova creación", senón que xa estiveron cubertas por eventuais durante máis de tres anos. 

Desde os profesionais e os sindicatos lémbrase que aumentar o persoal é necesario en todos os ámbitos, pero sobre todo nunha Atención Primaria que segue "saturada" e cos traballadores "desbordados". 

A campaña da vacinación por quendas e unida á terceira dose da vacina da COVID para maiores de 80 provoca tamén problemas, como exemplifica Pablo, enfermeiro nun centro de saúde, que relata que o pasado luns dúas enfermeiras das catro dedicaron case toda a mañá en exclusiva á vacinación. "Dos outros dous que quedabamos, unha tivo que saír a unha emerxencia e só un permaneceu para o resto de traballo", engade. "É un caso pero así hai máis; cada área sanitaria é un mundo, pero a falta de reforzos e persoal é evidente en moitos lugares", relata.

"Descontrol" nas citas para as vacinas

Ademais, desde CIG-Saúde denúnciase o "descontrol" do sistema de citación para a campaña de vacinación da gripe e a terceira dose da covid, que "ten provocado queixas de diferentes centros de saúde ao verse obrigados a anular citas xa confirmadas".

Segundo o sindicato, e tras habilitarse o pasado luns 18 a citación para a vacina da gripe, os centros de saúde comezaron a dar citas para administrala. No entanto, o mércores día 20, e con citas xa confirmadas, "os centros recibiron unha instrución na que se indicaba que as persoas maiores de 79 anos ían ser citadas por SMS desde a propia xerencia".

"Isto obrigou ao persoal non sanitario a contactar coas persoas que tiñan cita confirmada para comunicarlles que recibirían unha SMS coa nova data. Deste xeito, a desorganización e falta de previsión, en tempo e forma, da administración sanitaria redobrou o traballo e sobrecargou, aínda máis, as áreas administrativas", di a CIG. "                 (Miguel Prado, Praza Pública, 27/10/21)

13/4/21

Seis de cada dez fogares galegos chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes... Son 10 puntos máis que hai un ano

 "Os fogares galegos que chegan con dificultade ou moita dificultade a final de mes aumentaron considerabelmente no primeiro trimestre de 2021 até supoñer o 58% do total, 10 puntos máis que un ano antes (48%), segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 En concreto, un 47,06% dos fogares chega con dificultade, mentres que un 10,01% faino con moita dificultade. En cambio, só un 47,3% alcanza o final de mes con facilidade ou moita facilidade, o que supón 10 puntos menos que un ano antes.

Deste modo, os fogares con dificultades superan o 50% por cuarto trimestre consecutivo, algo que antes do impacto da pandemia non ocorría desde o primeiros tres meses de 2018.

 A principios de ano, 41,8% dos fogares da Galiza teñen nas prestacións a súa principal fontes de ingresos. Unha porcentaxe levemente superior á de fogares nesa situación hai unha década, 2010 ( 41,6%) mais que se traduce en que en 2019 (último ano computado polo Instituto galego de estatística, antes da pandemia) había case 447.000 fogares na Galiza na que a súa vía de ingresos máis importante derivaba das prestacións (xubilación, desemprego, incapacidade,...). Perto de 10.000 fogares máis que en 2010.

Gastos

Pola súa banda, o 41,1% dos fogares non se permitiu ningúns extra -gastos como os destinados a imprevistos- no últimos tres meses. Ademais, o 10,4% das familias cambiou os seus hábitos de compra con marcas brancas ou produtos en oferta, á vez que o 10,3% diminuíu gastos comúns como roupa e calzado.

 As persoas que teñen pensado saír a cear, cafeterías, ir ao cinema ou ao teatro nos próximos meses caen de forma acusada e quedan no 24,3%, cando eran o 58,8% un ano antes. Hai un afundimento da taxa de persoas que ten previsto ir de viaxe, só o 2,2%, fronte ao 9,6% dun ano antes."                (Praza Pública, 05/04/21)

8/4/21

Galicia tiene más de 3.000 empresas zombis

 "Galicia es la quinta comunidad autónoma con mayor porcentaje de empresas zombis, con un 7,8%, y la séptima con el número más elevado de sociedades sin actividad comercial, con 58.156 compañías (el 4,04%), según un estudio publicado por Informa D&B. Junto a Asturias y País Vasco, la autonomía presenta una tasa mayor en proporción al grupo de comparación relativo la primera categoría.

El estudio, que ha utilizado criterios de la OCDE y del BDE, contempla las sociedades mercantiles excluyendo las empresas holding y las que pertenecen al sector financiero. La OCDE define las empresas zombis como las empresas de más de 10 años de existencia y que no cubren su carga de intereses con su excedente bruto de explotación durante al menos tres años consecutivos. Los resultados a nivel estatal muestran que las empresas zombis pertenecen principalmente a los sectores de la construcción y actividades inmobiliarias y del ámbito de la comunicación.

 Por detrás de Madrid y Cataluña (que concentran más de un tercio de las empresas zombis españolas), Andalucía y la Comunidad Valenciana, Galicia se apunta el quinto puesto en el ranking de comunidades con más compañías con esta característica, con 3.091 entidades que representan un 7,81% del total. Los datos de Informa registran 39.560 empresas zombis en España, con un reparto geográfico que corresponde al grupo de comparación salvo en Cataluña, donde hay una proporción de zombis menor que en el grupo de comparación.

Respecto a las sociedades sin actividad comercial, la comunidad gallega registra 58.156 entidades de este tipo, un 4,04% del total, por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidad Valenciana, Castilla y León y País Vasco. El total estatal de sociedades de este tipo es 1.439.168, de las cuales casi el 60 % de ellas se crearon antes de 1995 y tan solo 54.000 han surgido en los últimos cinco años. La cuarta parte de estas sociedades se ubica en la Comunidad de Madrid, mientras que en Cataluña se localiza el 20 % y Andalucía es sede de una de cada diez."                  (Eila R. Filgueiras, Economía Digital Galicia, 06/04/21)

5/4/21

Turistas de diferentes partes de España chegan a Galicia malia o feche perimetral

 "O procedemento de sanción aberto pola policía local de Cambados ao dirixente da oposición venezolana residente en Madrid, Leopoldo López, por atoparse irregularmente na localidade do Salnés, saca á luz pública os incumprimentos das restricións á mobilidade impostas polo Goberno estatal e evidencia que os feches perimetrais vixentes durante toda a Semana Santa non están impedindo á chegada masiva á Galiza de cidadáns do resto Estado

Leopoldo López non é unha excepción no país. Casos semellantes aos do político venezolano, aloxado na vivenda do ex embaixador español en Venezuela, Jesús Silva, na urbanización de Raeiros no Grove son habituais en toda a Galiza costeira. Sen ir máis lonxe, o anfitrión e acompañante de López, o diplomático e alto cargo dos Executivos de Mariano Raxoi, Jesús Silva, tamén reside en Madrid.

“A urbanización de Raeiros, cuxas vivendas son propiedade na súa práctica exclusividade de madrileños, están a tope”, sinala a Nós Diario, un comerciante do Grove que quere preservar a súa identidade. “As persoas de fóra que teñen unha segunda residencia aquí viñeron practicamente todas nesta Semana Santa e só hai que ver como están as rúas e os negocios para darse conta do aumento da poboación”, continúa Alfredo, quen destaca que “no meu negocio as vendas son practicamente as mesmas que a doutros anos por estas datas. O que si que falta é o turismo de hotel”.

Unha historia común á Galiza costeira

A historia de Alfredo repítenola Manuel para a comarca da Mariña. Manuel, propietario dunha cafetaría en Foz, recoñece a Nós Diario que “esta Semana Santa aquí en Foz está sendo un alivio para os negocios da hostalaría que levamos un ano pasándoo moi mal. Na zona do porto e da praia, as terrazas están cheas e os supermercados non dan feito”. Neste sentido lembra que o 40% do parque de vivendas da localidade está dedicado á segunda residencia “e a xente de Madrid que ten piso en Foz aproveitou estas datas para vir”.

Luísa traballa nun supermercado en Fisterra. Ao igual que Alfredo e Manuel solicita gardar o anonimato para falar “porque non quero problemas, que a situación está moi complicada e aínda se vai pór peor”. Ela notou estes días no seu traballo un importante aumento das vendas, “case estamos facturando como nos días de verán” e apunta que “os clientes son persoas de Madrid, sobre todo, que teñen aquí un piso para pasar as vacacións e aproveitan os días festivos”. Neste sentido, afirma que “na súa maioría están en Fisterra desde a fin de semana do Domingo de Ramos e moitos son coñecidos porque levan vindo xa moito tempo”.

O turismo residencial concentra a práctica totalidade dos turistas desprazados á Galiza. Se ben os aloxamentos hostaleiros están rexistrando unhas reservas para esta fin de semana que se sitúan entre 40% e 80%, neste caso proceden na súa maioría do turismo nacional.

A este respecto, desde a patronal hostaleira teñen sinalado o risco de promover os desprazamentos neste momento por razóns de orde sanitaria e económica, significando que unha mala xestión da pandemia na Semana Santa pode provocar a perda do verán.

Volver repetir o de hai un ano

A importante presenza de turistas españois no país está a provocar unha gran preocupación entre a poboación da Galiza costeira. Neste sentido, xera unha especial inquietude a chegada de cidadás e cidadáns madrileños, debido ás altas taxas de incidencia acumulada nese territorio e o alto número de contaxiados, que neste momento supera o 40% do total estatal.

Ao tempo, sorprende a súa facilidade para desprazarse e chegar á Galiza, malia a vixencia de varios feches perimetrais que impiden as persoas abandonar a súa comunidade de residencia. A lembranza do acontecido en marzo de 2021, cando a cidadanía de Madrid expandiu a pandemia polo conxunto do Estado coa conivencia do Executivo de Sánchez , que se negou a fechar o foco principal do virus, volve pairar sobre a poboación galega."                  (Lucía Rodríguez, Nós, 01/04/21)

15/3/21

A folga xeral paraliza Ferrolterra, Eume e Ortegal, que piden aproveitar os fondos da UE para a reindustrialización

 "Nin os tempos de crise e incerteza pandémica puideron impedir o éxito da folga xeral que nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal convocaron os principais sindicatos (CIG, CCOO e UGT) coincidindo co Día da Clase Obreira Galega. 

A xornada de paro detivo a actividade nos principais polígonos industriais do norte da provincia da Coruña nun seguimento masivo que foi tamén moi maioritario no sector servizos. Os responsables comarcais dos tres principais sindicatos cualificaron de "éxito rotundo" unha xornada que se completou cunha multitudinaria manifestación onde milleiros de persoas esixiron á Xunta e ao Goberno central "solucións" ante o "declive industrial" destas tres comarcas. 

Foi un berro unánime para reclamar ás administracións que aproveiten os fondos de recuperación da UE para afrontar a necesaria reindustrialización e transición enerxética "xusta" dunha zona afogada pola crise, os peches e os despedimentos desde hai anos. O peche de Siemens Gamesa, a eterna falta de carga de traballo en Navantia, o fin inmediato anunciado por Endesa na súa central térmica das Pontes ou o ronsel de recortes de persoal en numerosas empresas insisten no fastío dunhas comarcas fartas do abandono dos gobernos.

Son eses fondos da UE para paliar os efectos da COVID, cuns 70.000 millóns de euros camiño de España, a oportunidade á que sindicatos e partidos piden agarrarse. Todos demandan proxectos e investimentos concretos que sinalan ás posibilidades para o dique de Navantia, unha aposta decidida pola transición enerxética das Pontes ou a necesaria mellora das infraestruturas. 

As críticas aos executivos de PSOE en Madrid e PP en Santiago non foron impedimento para que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, ou o presidente socialista da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín García Formoso, se unisen a unha marcha que contou tamén coa presenza de varios dirixentes do PPdeG, entre eles o secretario xeral en Galicia, Miguel Tellado, ou o líder da formación en Ferrol, José Manuel Rey Varela. 

Tamén asociacións empresariais se uniron aos sindicatos --entre eles a CGT-- nun clamor unánime que demostrou "que a xente está farta e que é hora de que se poñan alternativas para estas comarcas sobre a mesa". Así o asegurou o responsable comarcal da CIG, Manel Grandal, que destacou o "éxito" da folga e insistiu na responsabilidade que Estado e Xunta teñen no futuro da zona.

Pola súa banda, o secretario comarcal de CCOO en Ferrol, Santiago Díaz, fixo un "chamamento urxente" ás administracións pola "decadencia" pola que atravesan as comarcas, mentres que o seu homólogo en UGT, José Antonio Díaz, insistiu tamén na "falta de implicación das administracións" e gabou a "máxima implicación da clase obreira" nunha mobilización que buscaba "dar visibilidade á problemática" do norte do país.

"Como é posible que saibamos dos proxectos que hai para outras zonas e nin un só para as nosas comarcas?", preguntouse Grandal, da CIG, respecto do criticado desleixo dos poderes públicos de cara á reindustrialización, no que insistiu Díaz, de UGT, que asegurou que as comarcas están "esquecidas" polos gobernos central e autonómico. 

Ademais, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, insistiu tamén nesa mensaxe para advertir de que "Ferrol non afunde". "A Ferrol afúndeno as políticas lesivas do PP e do PSOE ao longo de décadas", dixo, chamando a apostar pola "diversificación industrial". O secretario xeral do PSdeG; Gonzalo Caballero, reclamou "investimentos e capacidade de xerar emprego e futuro" e ollou tamén ás posibilidades dos fondos comunitarios, na mesma liña que mostrou o deputado de Unidas Podemos e líder da formación morada en Galicia, Antón Gómez-Reino."                 (Praza Pública, 11/03/21)