Mostrando entradas con la etiqueta Partidos politicos: BNG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Partidos politicos: BNG. Mostrar todas las entradas

10/1/25

Ana Pontón e Alfonso Rueda... Feijóo navegou unha táboa de surf. Cuarto e metade de galeguista en Lalín, ultra na COPE e progre e moderado na Sexta. De fondo, cero. Un significante baleiro. O PPdeG é unha máquina de poder eficaz, pero orfa de ideas ou proxecto... Ana Pontón é a candidata non só, mesmo non tanto, do nacionalismo galego como do conxunto das esquerdas. Non sería posible sen un certo tipo de discurso. Digo máis: sen un certo estilo... debería expresar, un proxecto alternativo de modernización do país... Un defensor das esencias, instalado na comodidade doutrinal, non faría máis que frustrar, unha vez máis, a oportunidade... Ten que disolver as reticencias que aínda xera e crear confianza (Antón Baamonde)

 "1. Todo vai moi á presa. Os zurcidos do mundo, neste entretempo, están descoséndose a ollos vista. Os signos multiplícanse por todas partes. Na vida social e política a razón e o xuízo, os fundamentos dunha sociedade civilizada, están sendo arrombados nun recanto. É a era dos falabaratos. Non só a indiferenza, tamén a brutalidade aumenta a ollos vista. Tanto que podemos temer que o mal medre sen que ninguén saiba como contrarrestalo. Escribo isto porque o que diga a continuación pode estar escrito na auga en menos que canta un galo.

2. O máis notable das pasadas elecións galegas de febreiro non foi tanto o éxito de Ana Pontón como o desfondamento do PSdeG. Nun editorial o Faro de Vigo describe así a súa situación: “Trátase dun PSdeG de extrema fraxilidade, case marxinal”. E así é: desdebuxado, sen personalidade propia, o socialismo galego pagou coa derrota as propias culpas, pero tamén a xenreira contra Sánchez. A máquina de demonizar da prensa madrileña funciona de modo moi eficiente. Son engrenaxes que trituran moi ben. Pedro Sánchez está á altura de Puigdemont ou Pablo Iglesias, tal vez máis abaixo. Se alguén pensaba que a Brunete mediática e a xudicial deterían o fogo dos seus canóns ante un partido de Estado como o PSOE estaba equivocado. Iso non quita que nas elecións xerais e municipais o PSdeG manteña posicións moi por riba dos nacionalistas. Unha cousa é unha cousa e outra cousa é outra cousa, dixo Baltar vello. Neses ámbitos o BNG non é aínda competitivo.

Por outra banda, dende a sede do PSdeG, na compostelá rúa do Pino –excelentes vistas sobre San Caetano- non se manda nada. Ferraz manda, a confederación de alcaldes galos manda nas súas tribos respectivas, pero o PSdeG, orfo de discurso e de organicidade, está coxo, manco e cego.

3. Así que todo parece resumirse na dialéctica entre Alfonso Rueda e Ana Pontón.

Rueda, é o mesmo que Feijóo? Esa é a pregunta. Visto dende lonxe, o PP de Galicia está, a día de hoxe, descapitalizado. Intelectual, politicamente descapitalizado. Con Fraga o PP tiña un contido político e simbólico: a Administración única, os gaiteiros no Obradoiro e o consenso lingüístico debuxaban unha singularidade. Feijóo, que odiaba todo iso, navegou unha táboa de surf. Cuarto e metade de galeguista en Lalín, ultra na COPE e progre e moderado na Sexta. De fondo, cero. Un significante baleiro. O PPdeG é unha máquina de poder eficaz, pero orfa de ideas ou proxecto.

Non se trata, ou non se trata só, do camiño a escoller. Entre o par moderación centrista/radicalismo de dereita ou galeguismo/centralismo, o PP de Galicia, urxido polos ventos de Fronda que nacen na Serra do Guadarrama, parece decantarse polo centralismo e a extremosidade, declinados iso si en ton menor, sen espaventos. Pero máis aló desa disxuntiva, o Goberno galego parece estar en mans de xentes con carreira, sobre todo funcionarial, pero sen ideas. Non se divisan, volvo repetir, ideas ou proxecto. Dá a sensación de que se erguen cada mañá a ver se pillan unha voando no aire, como unha bolboreta que se lles escapa. Unha lástima, porque, ao final, son o Goberno galego.

Polo demais, funciona como un muro. Trátese da CRTVG, do consenso lingüístico, de Altri, da política industrial ou do que se queira, non dialoga nin negocia. É unha infatuación, derivada do monopolio de poder durante décadas, perigosa para os propios intereses. Pero, que sei eu? Doutores ten a Igrexa.

4. Ana Pontón: “Non hai nada máis revolucionario que chegar ao goberno”. 31% dos votos emitidos, 471.000 votos, 25 deputadas/os: a de febreiro foi a mellor campaña do BNG. Ana Pontón é a candidata non só, mesmo non tanto, do nacionalismo galego como do conxunto das esquerdas. Non sería posible sen un certo tipo de discurso. Digo máis: sen un certo estilo.

O BNG expresa, ou debería expresar, un proxecto alternativo de modernización do país. Ten dúas tarefas obvias por diante: chegar ao goberno e gobernar ben. Con obxectivos plausibles e definidos e con xente capaz. Obvio, pero non fácil. Só pode facelo se persevera. Nun certo estilo. E se incorpora rostros dos que niguén discute a competencia profesional e política. Así se trate de Salustiano Mato, de Teresa Táboas, ou de Enrique Saéz Ponte, antigo directivo do Banco Pastor. Ou outro tipo de perfís, de latitudes que contrarresten suspicacias. Ten que disolver as reticencias que aínda xera e crear confianza. Xa o dixo Marco Aurelio: “Ninguén che dixo que a batalla fose fácil”.

Non convén poñer unha doutrina en relación antagónica co espírito do tempo, nin facer abstracción da relación de forzas. O Papa Francisco non o fai, nin o fixo Xoán XXIII, que aggiornou a igrexa no Concilio Vaticano II. Pero Pío Nono fíxoo en 1864. No Syllabus Errorum, o documento no que enumeraba os erros aos que tiña que opoñerse a Igrexa, ditaminaba que de ningún xeito o pontífice romano “pode, nin debe, reconciliarse co progreso, o liberalismo e a civilización moderna, nin adaptarse a eles”. É evidente que nada sería máis contradictorio coa posibilidade de goberno e, por tanto, co cambio de rumbo de Galicia, que unha variante de pionono. Un defensor das esencias e inimigo do mundo moderno, instalado na comodidade doutrinal, non faría máis que frustrar, unha vez máis, a oportunidade.

Por outra banda, a Igrexa non é Deus."

( Antón Baamonde , eldiario.es, 08/12/24)

8/3/24

Este proceso electoral y su resultado ha sido radicalmente novedoso y supone una cesura.. el PP fraguista supo construir una idea de país basada en un galleguismo banal y sentimental que se expresaba en las infraestructuras, el folclore y una cierta reivindicación tramposa de lo rural. El drama de la izquierda es que a este magma difuso no fue capaz de oponerle una alternativa creíble... Sin embargo, estas elecciones han supuesto un cambio drástico en ese desigual reparto de papeles. Y es que, por primera vez, ha habido una fuerza de izquierdas, el BNG, que ha sabido plasmar y transmitir otra idea de Galicia. Una idea en la que los gallegos aparecemos retratados como lo que somos: diversos, creativos, esperanzados, alegres, hospitalarios y muy sensibilizados con nuestro entorno y nuestra cultura. Y no como esa triste grey a la que los pastores sacan a apacentar... lo que hemos visto es que el PP ha renunciado ya completamente a definir su idea de país. “Si hablamos de Galicia nos estrellamos”, decían sus asesores, para volcarse únicamente en temáticas nacionales. No es de extrañar así que, en el mundo al revés, fuese el PP quien hizo de oposición al BNG... estas elecciones han mostrado el espejismo de la fortaleza del PP. Puede parecer una temeridad decir esto con sus imponentes cifras pero, al cabo, lo que los separa de perder el poder son apenas dos o tres puntos porcentuales. Y no hace falta ningún vuelco social radical, sino apenas un leve movimiento de unos miles de votos para que esto se produzca. Es decir, viven al borde del abismo

 "(...) Pero lo cierto es que este proceso electoral y su resultado ha sido radicalmente novedoso y supone una cesura que resquebraja la imagen anterior. Desde antaño, los partidos de izquierda, han comparecido a las distintas elecciones con una única idea principal: echar el PP. Y luego, cada uno desgranaba sus distintos programas casi como si esto constituyese un asunto secundario. Por el contrario, el PP fraguista supo construir una idea de país basada en un galleguismo banal y sentimental que se expresaba en las infraestructuras, el folclore y una cierta reivindicación tramposa de lo rural. El drama de la izquierda es que a este magma difuso no fue capaz de oponerle una alternativa creíble.

Sin embargo, estas elecciones han supuesto un cambio drástico en ese desigual reparto de papeles. Y es que, por primera vez, ha habido una fuerza de izquierdas, el BNG, que ha sabido plasmar y transmitir otra idea de Galicia. Una idea en la que los gallegos aparecemos retratados como lo que somos: diversos, creativos, esperanzados, alegres, hospitalarios y muy sensibilizados con nuestro entorno y nuestra cultura. Y no como esa triste grey a la que los pastores sacan a apacentar.

En el extremo contrario, lo que hemos visto es que el PP ha renunciado ya completamente a definir su idea de país. “Si hablamos de Galicia nos estrellamos”, decían sus asesores, para volcarse únicamente en temáticas nacionales. No es de extrañar así que, en el mundo al revés, fuese el PP quien hizo de oposición al BNG. Y, a falta de otra idea, simplemente se dedicó a mancillar la cosmovisión que proponía el nacionalismo. De repente, los del PP pasaron a ser “os do non”.

Lo que vimos en campaña fue el fiel reflejo de esta dicotomía. Por un lado, un BNG que aparecía por todas partes, acompañando a los sectores más pujantes de Galicia y, por otro, un PP atrincherado en sus artificiosos macroactos de polideportivos. El mundo había cambiado. Y si en el pasado eran “los del Bloque” los que estaban recluidos en su pequeño universo y era el PP quien colonizaba la vida social, ahora son estos quienes se muestran arrinconados, en un nicho sociológico cada vez más estrecho, ineptos para relacionarse con la sociedad a la que gobiernan.

No hay más que ver sus cifras. En las ciudades, en los territorios más dinámicos, industrializados y con una vida sociocultural más diversa y fecunda, sus resultados están casi a la par —y a veces por debajo— de los del BNG. Y lo mismo ocurre cuando analizamos sus apoyos por franjas de edad o por estudios donde el PP obtiene sus grandes apoyos entre los mayores sin estudios y estos descienden ominosamente entre la población ocupada más formada. De hecho, la encuesta del CIS exhibía un apabullante 40% de votantes con estudios superiores que anunciaban su voto al BNG, fuerza que volvía a ser notablemente mayoritaria entre quienes poseían estudios de secundaria. El porcentaje aún aumentaba más cuando se les preguntaba qué partido trataba temas de su interés. De un modo similar, en términos de edad, el BNG supera ampliamente al PP entre los menores de 50 años y el PP solo es muy mayoritario entre los mayores de 75."                 (Jorge Armesto, El Salto, 28/02/24)

4/12/23

¿Pode o PP perder as eleccións galegas? Comecemos polo ABC: nas convocatorias estatal e autonómica está por debaixo en porcentaxe de electores do bloque progresista e nacionalista. Que a hexemonía do PP en Galicia sexa incontestable dista, pois, de ser evidente... Dada a estreita franxa de electores que decide, o nesgo do principal da prensa galega ten como principal meta garantir o goberno do PP... Vox e Jácome poden complicarlle a vida ao PP. ¿A desaparición do baltarismo, pode notarse? Esa é outra incógnita... o PSOE, por primeira vez en moitos anos, vai poñer toda a carne no asador. O combate vai ser menos desigual... As eleccións galegas van ser un acto crucial dentro do momento de sobreactuación e dramatismo que se vive e dirime no marco estatal. Non van a ser as clásicas eleccións de balneario. En definitiva, a mobilización política pode darse por descontada. Beneficiará ao PP? No pasado, o partido conservador sempre quixo escapar do aspecto de radicalidade para gañar un elector moderado. Agora están botados ao monte. Veremos que sucede nesta ocasión (Antón Baamonde)

 "Comecemos polo ABC: contra a percepción xeneral o PPdeG, e máis amplamente a dereita política, carece dunha maioría inequívoca en Galicia. Detenta a Xunta, dende logo, pero nas convocatorias estatal e autonómica está por debaixo en porcentaxe de electores do bloque progresista e nacionalista.

Ofrezamos os datos. No ámbito da autonomía, no ano 2005, cando Manuel Fraga perdeu as eleccións, o PP obtivo o 45,23% dos votos; en 2020 o 47,96 %. Nos últimos vinte anos a primeira cifra representou a menor porcentaxe de votos da dereita e a última a maior. En 2005 pairaba a catástrofe do Prestige e a vellez de Fraga. En 2020 tal vez o dato máis significativo foi a hecatombe de En Marea, transformada en Galicia en Común. Na outra banda do espectro a franxa nos últimos lustros oscilou entre o 51,87 % dos votos de 2005 e o 47,18% de 2020. A porcentaxe máis baixa que obtiveron PSdeG/BNG nestas dúas décadas foi en 2012, cando estaban desarborados: nesa ocasión baixaron ao 44´63% dos votos.

 Máis aló de que a división do voto en tres opcións penalice o rendemento da representación non deixa de sorprender a consistencia das correntes de fondo. O voto pode migrar do PSdeG para o BNG e destes dous grupos, facendo un bucle, para En Marea ou Podemos, e viceversa e volta a empezar. Pero apenas si cambia de campo en porcentaxe. É un electorado experto, sutil na súa versatilidade.

Se do autonómico pasásemos aos resultados das dúas últimas eleccións xerais comprobariamos que é a dereita a que obtén menor porcentaxe de votos: en 2019 a suma das opcións de dereita (PP/Vox/Cs) obtivo o 44,5 dos votos fronte ao 52,5 de PSdeG/BNG/Podemos-EU. Máis recentemente, en 2023 PP/Vox obtiveron o 48,5 fronte ao 50´3 da suma de progresistas e nacionalistas.Non hai nin que insistir en que nas eleccións municipais de 2019 e 2023 as opcións do campo progresista e nacionalista obtiveron en conxunto non só unha notable vantaxe senón certa distancia cómoda fronte ás de dereita, o que confirma a pluralidade da sociedade galega.

En definitiva, nas xerais e nas municipais gañan as esquerdas e os nacionalistas por unha marxe ou outra. Nas autonómicas gaña o PP, tamén por unha estreita marxe, aínda que a representación en deputados distorsione esa realidade de fondo. Que a hexemonía do PP en Galicia sexa incontestable dista, pois, de ser evidente

 En realidade, podería describirse a situación política en Galicia como de equipotencia con tendencia ao estancamento. Equipotencia porque no promedio das diversas convocatorias electorais apenas o 2 ou o 3% do electorado separa a vantaxe de cada banda do espectro respecto da outra. Depende fundamentalmente do carácter da elección aínda que o momento político inflúa. Estancamento, porque ningún dos bloques consegue obter unha vantaxe decisiva. A dereita tivo unha inflexión á baixa dende o comezo da democracia ata frisar o século XXI, pero dende ese momento conseguíu manterse nese nivel e reter o control da Xunta de Galicia. Non así o de concellos ou deputacións, onde foi quedando fóra de boa parte dos gobernos. Pola súa parte, polos motivos que fose –servidor ten a súa hipótese- socialistas e nacionalistas non conseguiron que a curva de declive da dereita continuara no ámbito autonómico.

O elemento moral marca a diferenza en campaña

O principal logro do PP consistiu en presentarse a si mesmo como a forza que ostenta, de modo inevitable, a dirección política de Galicia. Dada a estreita franxa de electores que deciden o signo da forza que gobernará a Xunta, implementar o derrotismo dos votantes dos seus antagonistas constituíu sempre un obxectivo decisivo. A mobilización dos propios electores e a retracción dos da oposición constitúe a meta dunha campaña electoral. O elemento moral marca a diferenza. E non cabe dúbida algunha de que o nesgo do principal da prensa galega ten como principal meta garantir que así suceda.

 Poden BNG/PSdeG/Sumar gañar as próximas eleccións á Xunta de Galicia? Como acabamos de explicar, si. Teñen que darse estas condicións: mobilización do voto, sintonía entre BNG e PSdeG e, o terceiro, pero non menos importante, evitar que a división do voto penalice e/ou impida a posibilidade da propia vitoria.

Nas próximas eleccións galegas hai distintos elementos no campo da dereita que poden complicarlle a vida ao PP. Vox e Jácome poden introducir un elemento de división do electorado de dereitas que, dadas as estreitas marxes nas que se manexa a situación, poden constituir un problema para o PP. A desaparición do baltarismo, pode notarse? Esa é outra incógnita. Tampouco é claro o desempeño electoral que pode ter o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nin a incorporación do PP de Galicia á radicalizada estratexia de confrontación da dereita española, abandonando a imaxe de moderación da que facía gala. Parece que o PPdeG, en tanto que tal, pasou a mellor vida

 Pero hai outro factor que fará que as próximas eleccións galegas sexan moi competitivas. Feijóo quere derrotar a Sánchez, como un argumento máis dentro da estratexia do PP de deslexitimación do goberno, pero o PSOE, por primeira vez en moitos anos, vai poñer toda a carne no asador. O combate vai ser menos desigual. Se o PP perdese Galicia iso, no taboleiro estatal, constituiría un xeque mate para a actual liña de dereita radicalizada. O PP tería que repensar a súa estratexia. Despois do batacazo de xullo, sería un signo fortísimo.

Vai ser, pois, unha campaña electoral nun clima de forte polarización estatal. As eleccións galegas van ser un acto crucial dentro do momento de sobreactuación e dramatismo que se vive e dirime no marco estatal. Non van a ser as clásicas eleccións de balneario. Desta lexislatura ou o PP ou o PSOE van saír damnificados. Neste momento, a política de alianzas do PP, que se reduce a Vox, pola concepción mononacional de España, impídelle o acceso ao Goberno do Estado. Se se pon en evidencia que iso expresa unha imposibilidade a longo prazo, o PP terá que volver a pensar a súa política. Caso contrario, será o PSOE o danado.

Ademais, e este factor hai que tomalo en consideración, os medios de comunicación galegos, especialmente aquel no que vostede está pensando, non van estar sós. Non van poder marcar a liña en exclusiva, dado que a atención vai ser máxima en toda España. O candidato socialista, Xosé Ramón Besteiro, non vai estar desasistido. Amigo persoal de Sánchez, a maquinaría do partido vai acompañalo. Tamén Zapatero se volcará na campaña.

A sintonía entre Besteiro e Pontón reforza a moral do votante progresista

O BNG vai sufrir esa polarización, pero a boa imaxe da súa candidata Ana Pontón e o chan do que parte pode moderar os efectos dese clima. A recente foto de investidura na que o BNG pactou importantes investimentos en Galicia, en especial no plano das conexións ferroviarias, constitúe un punto de inflexión: significa a incorporación do BNG ao bloque de goberno. A sintonía entre PSdeG e BNG, entre Besteiro e Pontón, está claro que contribúe a reforzar a moral do votante progresista. Por outra banda, pode que un certo tipo de elector considere que un goberno galego en sintonía co de Madrid poda obter beneficios.

Sumar é a terceira opción. Carece aínda de rostro, o que é un verdadeiro hándicap. Nas últimas eleccións autonómicas ese espazo, entón denominado Galicia en Común, non chegou ao 5% en ningunha circunscripción e, por tanto, os seus votos foron baldíos, para eles e para unha alternativa de goberno. A porcentaxe que Sumar achegue nesta ocasión, no entanto, podería resultar decisivo. É posible que Sumar teña opcións nas provincias costeiras e mesmo pode supoñerse que a súa ausencia podería provocar a abstención dos electores máis identificados con esa liña nas provincias de A Coruña e Pontevedra. 

 No entanto, as súas opcións de obter representación son mínimas en Lugo e Ourense. Sería natural que, polo menos nesas provincias, puidese forxarse unha coalición entre PSdeG e Sumar para evitar esa perda. Unha Candidatura Democrática Galega constituiría, penso, unha inestimable contribución para construír unha alternativa ao goberno Rueda e emitiría unha potente mensaxe de cordialidade e complicidade entre as esquerdas. Como na candidatura do mesmo nome que se presentou nas eleccións do 77, as primeiras despois do franquismo, a circunstancia excepcional xustifica a xenerosidade.

En definitiva, a mobilización política pode darse por descontada. Beneficiará ao PP? No pasado, o partido conservador sempre quixo escapar do aspecto de radicalidade para gañar un elector moderado. Agora están botados ao monte. Veremos que sucede nesta ocasión. O que é incuestionable é que, no panorama antes descrito, a principal vantaxe do PP deriva de que agrupa o voto de dereitas, mentres que as opcións de cambio de goberno saen perxudicadas pola súa división en tres candidaturas."    

( Antón Baamonde , eldiario.es, 03/11/23)

11/10/23

Galicia, á espera do fracaso de Feijóo... Se Sánchez, na seguinte tirada, logra unha maioría parlamentaria, a Feijóo sen repetición das lexislativas só lle queda avalar o seu liderado cunha contundente vitoria nos comicios galegos e europeos de 2024. Feijóo manda, arestora, máis en Galicia que Rueda. Galicia é o seu pavillón de repouso. Será el quen decida cando son as eleccións galegas de acordo coa súa axenda de supervivencia política... Sen cooperación e un programa compartido por BNG, PSdeG e Sumar non haberá cambio político en Galicia... Galicia é un pavillón de repouso, o ideal dos conservadores, un pais onde non pasa nada

 "O 23X Feijóo fracasou. Non acadou a maioría absoluta que lle permitiría gobernar en solitario. A súa investidura pantasma turba o optimismo do PPdeG sobre unha futura Quinta Maioría. Galicia resiste como un búnker electoral conservador. El-Rey fíxolle o galano de encargarlle a formación de Goberno sen apoios suficientes. Se Sánchez, na seguinte tirada, logra unha maioría parlamentaria, a Feijóo sen repetición das lexislativas só lle queda avalar o seu liderado cunha contundente vitoria nos comicios galegos e europeos de 2024. Feijóo manda, arestora, máis en Galicia que Rueda. Galicia é o seu pavillón de repouso. Será el quen decida cando son as eleccións galegas de acordo coa súa axenda de supervivencia política. Hai quen confía  en que o fracaso de Feijóo acabe provocando colapso electoral do PPdeG. Con iso non bastará. Sen cooperación e un programa compartido por BNG, PSdeG e Sumar non haberá cambio político en Galicia.  

Feijóo, elixido para liderar un fracaso 

Na dereita do hemiciclo, a investidura do décimo sexto goberno do Reino de España macerou en fantasías de partido. A aritmética fulmina os relatos triunfais de Génova 13. O 23X Feijóo fracasou. Non sumou a maioría absoluta. Fracasou. Non lle abonda con Vox para gobernar. Non conta con máis apoios que os de Vox, UPN e Coalición Canaria. E non en todos os casos. Marrou estrepitosamente no asalto á mesa do Congreso. Con Coalición Canaria e a UPN como comparsas, non conseguiu de balde os votos de Vox para elixir a Cuca Gamarra presidenta da cámara baixa. Feijóo estreou o escano cunha escandalosa derrota.

O Partido Popular fundou as súas esperanzas en que Filipe VI cedese ás súas inclinacións conservadoras e bendicise simbolicamente a Feijóo como vencedor ao encomendarlle a formación do Goberno. Por cabo, Filipe de Borbón encargou a Feijóo a formación dun Goberno sen maioría no Congreso. Unha decisión que en nada mellorará a súa cativa imaxe de monarca autoritario que avalou a solución de forza o 3 de outubro de 2017 para acorar o Procés. Unha pésima decisión que engorda a crise de lexitimidade que, desde hai tempo, arrastra a Casa Real e volve poñer en primeiro plano a necesidade dunha solución republicana para a democratización plurinacional do Estado. 

As trécolas de Feijóo sobre a coalición de perdedores e os perigos que para a unidade de España representa a reedición do Goberno Frankenstein non fan máis críbel a súa investidura pantasma. As súas ficcións non mudan a realidade. Non dan os números. Tras fracasar no seu intento, o maior éxito ao que pode aspirar é que a negativa de Junts per Catalunya a investir a Pedro Sánchez force a repetición electoral.Quédalle agardar pola apoteose da estratexia do canto peor, mellor. O deostado bloqueo sería a súa táboa de salvación. Mentres fique aberto o horizonte electoral, poderá soster o seu cambaleante liderado. En mínimos de credibilidade, coa súa popularidade en devalo, sen investidura posible, os reiterados fracasos de Feijóo turban o optimismo do PPdeG sobre unha futura Quinta Maioría.

Galicia como búnker 

O PPdeG sumou o 23X un resultado soberbio, esmagador, inapelable. En Galicia, o bloque electoral conservador é sólido, non presenta fisuras. Mesmo é poroso e atrae electores moderados do centro-esquerda. A presenza de Vox é marxinal. Sen repetición das lexislativas, confrontando co Goberno Sánchez II, Feijóo tentará avalar o seu liderado cun contundente resultado nas eleccións galegas e europeas de 2024. A recuperación da súa autoridade pasa por asinar indiscutibles vitorias electorais.  

A memoria é un repositorio de esperanzas. A situación na que ficará de fracasar na investidura asemellarase á depresión electoral de Mariano Rajoy tras a súa segunda derrota diante de Zapatero en 2008. É sabido da importancia decisiva que tivo o triunfo do PPdeG —capitaneado por Feijóo— en 2009 para relanzar politicamente a Rajoy até acadar a presidencia do Goberno en 2011. Por iso, non será Rueda quen poña data ás eleccións ao Parlamento de Galicia. Feijóo manda máis en Galicia que Rueda. A cita electoral estará acompasada coa súa axenda de supervivencia. A convocatoria das lexislativas galegas será cando a el máis lle conveña para obrigar aos díscolos do partido a un peche de filas e procurar cun grandioso éxito electoral en Galicia cementar o seu feble liderado.  

Galicia, pavillón de repouso 

En 1943, Camilo José Cela escribiu Pabellón de reposo, que cualificou como «unha novela na que non pasa nada». En agosto de 2023, Galicia é un pavillón de repouso, o ideal dos conservadores, un pais onde non pasa nada. O Goberno descansa. O presidente Rueda alterna en eventos turísticos, gastronómicos e relixiosos. Esquiva todo problema e desmente toda responsabilidade, sexa sobre os efectos negativos da masificación turística ou a fraude das inspeccións das residencias de maiores. Adía decisións sobre a taxa turística ou a reforma do canon da auga. Garda silencio e censura na CRTVG novas sobre a suba dos prezos dos produtos alimentarios. Desenténdese da deterioración dos servizos de transporte metropolitanos, da deficiente protección da Rede Natura ou do aumento da débeda da Xunta. Sen incendios, non pasa nada.

Rueda unicamente abandona o repouso para corear mansamente o relato triunfal de Feijóo e trazar liñas vermellas aos demais. Fixo a ofrenda ao Apóstolo para que evite a división e parálise do Estado tras o 23X. Outra volta, reclamou un apoio sen fisuras para Feijóo e descartou un adianto electoral en Galicia. Criticou a Sánchez por ceder á virtual chantaxe dos independentistas. Rexeitou unha quita unilateral da débeda de Cataluña e avogou por formar unha fronte contra calquera pacto bilateral sobre o financiamento autonómico e, de producirse, ameazou con recorrer á vía xudicial para bloquealo. Cada vez que ten ocasión, reitera a promesa electoral que fixo Feijóo no último día da campaña: «Galicia xógase volver ter prestixio no Goberno. Se son presidente, comprométome a priorizar os asuntos galegos, e iso non pasou nunca». Rueda acepta mansamente que Feijóo cumprirá as promesas que desatenderon antes Aznar e Rajoy. 

O PsdeG,  en stand-by 

PSdeG e BNG gardan un incómodo silencio respecto dos seus resultados o 23X. Horrorosos os do PSdeG. Decepcionantes no caso do BNG. Só se ven aliviados pola frustrada maioría absoluta de Núñez Feijóo. O PSdeG é unha sombra gris de Sánchez e do Goberno progresista. En Galicia, carece de liderado, programa e unha estratexia electoral competitiva fronte ao PPdeG. Confiando no voto útil, o PSdeG distanciouse, tras as  municipais, do BNG como aliado e socio de goberno, unha estratexia que deitou paupérrimos resultados.   (...)

 

José Ramón Gómez Besteiro aínda non se postulou como candidato. Formoso reiterou que de presentarse Besteiro, el non concorrerá ás primarias. Gonzalo Caballero está desde o 23X en precampaña. Presenta como mérito os resultados das xerais, municipais e europeas de 2019. En abril de 2019 ganando por vez primeira o PPdeG unhas eleccións xerais, cun axustado empate na repetición de novembro. Nas municipais de 2019 acadando o maior poder local: 1181 concelleiros e 111 alcaldías, e tres das catro deputacións. Nas europeas sendo a forza máis votada. É o seu aval para pilotar a recuperación política do PSdeG. Obvia que, daquela, Sánchez acadaba máximos de aceptación popular. O brillante palmarés esborrallouse polo tallante fracaso nas autonómicas de 2020 onde Caballero foi cartel electoral. 

Os sebastianistas que ansiaban a recuperación de Besteiro como principal activo do PSdeG viven horas abaixadas. A súa estrea electoral foi un chasco. O PPdeG venceuno de xeito contundente. A candidatura de Besteiro axuntou o 30.31 % dos votos, a do PPdeG, encabezada polo exconselleiro Francisco Conde, o 50.35 %. Un rudo golpe. Con todo, Besteiro ten evidenciado, no pasado, sobrada capacidade de resistencia e resiliencia e segue a ser o favorito a priori. Para concorrer con garantías á cita autonómica precisará impoñerse categoricamente nas primarias. Ademais, debe contar coa lealdade incondicional do tándem Formoso-Lage para minimizar o custe da bicefalia entre a dirección do partido e o cartel electoral. E non menos importante, que Ferraz e Moncloa se comprometan a librar nas eleccións galegas unha batalla sen cuartel para crebar de vez o liderado de Feijóo.  

Retomar a vía hexemonista 

Frustrada a expectativa de dar un gran salto adiante nas eleccións do 23X, o BNG ten que enfrontar unha complexa situación: o desequilibro entre o seu minguado peso na política do Estado e o seu liderado na oposición ao Goberno de Alfonso Rueda. Nos actos do 25 de xullo, Ana Pontón insistiu en que o BNG mantén as portas abertas e quere agrandar a súa base social e que, arestora, é a forza impulsora do cambio de ciclo político en Galicia. Con todo, a axenda de apertura de Pontón amosa síntomas de esgotamento e o compromiso de ampliación da base social do BNG rexistra cativas concrecións.  

A lóxica doméstica da organización aferrolla a vocación hexemonista. Fanse escoitar voces que reclaman un perfil máis ideolóxico no labor institucional. Ou intensificar a confrontación con PSOE e Sumar. Abandono mudo do hexemonismo e retorno ao voto identitario, ideolóxico, como valor de refuxio do resistencialismo. Mesmo Néstor Rego, secretario xeral da UPG, no acto en homenaxe a Moncho Reboiras en Ferrol, interpelou as organizacións municipais da fronte para que fagan «política e non apenas xestión». De non facelo, subliñou que «asistiremos á constatación de que o que nunhas municipais aparece como un oasis verde e farturento, vira súbito nunha miraxe que se esvae como fume en canto chegan unhas eleccións de carácter xeral». 

Non deixa de sorprender a cativa valoración que Rego fai do municipalismo nacionalista. Os casos de éxito municipal do BNG son desde hai décadas moito máis que xestión. Combinan liderados empáticos, políticas de proximidade apegadas ás demandas cidadás, programas de mellora de vida ao servizo da maioría, compromiso normalizador e dignificación  da lingua e a cultura galega, e diálogos abertos con asociación e entidades non exclusivamente circunscritas ao campo do nacionalismo. Hai oasis verdes e farturentos no municipalismo nacionalista. E hai, pola contra, un desolador deserto na súa política de Estado.  

Fai quince anos, o BNG acariñaba o 20 % dos votos galegos nas xerais. Na elección de 2011 sumou xa tan só o 11,18 %. Desde aquela nunca volveu superar o 10 %. O 23X rexistrou o 9.48 %. O BNG ten nas lexislativas do Estado os seus peores niveis de adhesión cidadá, máis cativos mesmo que nas eleccións europeas de 2019 (11.84 %). O Bloque ten unha fráxil política de Estado, non lle abonda con arrogarse a representación, máis retórica que eficaz, dos intereses galegos. Faltoulle política no Congreso dos Deputados que o homologase coas outras forzas soberanistas de esquerda como EH-Bildu ou ERC. O BNG  precisa de políticas de cambio tamén para o Estado español.  

Fonte ao programa involucionista da dereita, o BNG regateou esforzos na construción dun bloque de avance de liberdades políticas  e dereitos sociais. Ha de ter marxe para a crítica, pero tamén para a complicidade co Goberno de PSOE e Sumar se prospera a investidura de Pedro Sánchez. O obxectivo non debera ser, coma na recta final da pasada lexislatura, marcar a distancia crítica senón  fundamentar unha cooperación útil e leal que, en todo caso, reforzará as posibilidades do cambio político en Galicia e o papel do BNG no liderado desa alternativa. A lenta corrosión do Goberno de Rueda e o fracaso da investidura de Feijóo abren campo a un cambio político. Pola contra, a falta de cooperación das forzas do bloque progresista e o nacionalismo de esquerdas cementa o dominio conservador en Galicia. A BNG, PSdeG e Sumar non lle basta con non errar de inimigos, cómprelles tamén contar con aliados.  "                (Manuel M. Barreiro, Tempos Novos, 18/09/23)

30/5/23

Galicia resiste... de las siete ciudades, el PP solo gobernará en Ferrol, y por un concejal... Vox sólo obtiene un condejal en toda Galicia, en Avión, el municipio de Ourense de 2.000 habitantes y un censo electoral de 3.000, al que muchos de sus emigrantes llegan en verano en jet privado desde México

 "Con todo el pescado recontado, en Galicia no pasa demasiado. O teniendo en cuenta los resultados en el resto de España, pasa que el combo de socialistas y nacionalistas resiste, pero gracias a los segundos. El PP ha ganado 132 concejales, el PSdeG ha perdido 169 y el BNG ha ganado 134. En lo que es la unidad de referencia de análisis primario, las siete ciudades, el PP es la primera fuerza en cinco, pero solo gobernará en una, Ferrol. Su otra posibilidad de obtener una alcaldía es Ourense, en el caso de que los partidos tradicionales armen una Grosse Koalition para sumar 13 (PP+PSOE) o 17 concejales (PP+PSOE+BNG) que superen a los 10 (tres más que los que tenía) que se le adjudican a Democracia Ourensana, el peculiar partido del polémico actual alcalde, Gonzalo Jácome. 

La otra sorpresa ha tenido lugar en Santiago, donde, salvo tamayazo, la ciudad tendrá la primera alcaldesa, Goretti Sanmartín, del BNG, que ha logrado superar en votos al actual regidor, el socialista Xosé Bugallo. El otro regidor nacionalista de una urbe es el ya veterano en el cargo Miguel Anxo Lores, en Pontevedra. El socialista Abel Caballero no ha conseguido su sueño húmedo de obtener los 27 concejales de la corporación de Vigo,  y se ha tenido que conformar con 19, uno menos de los que tenía. En A Coruña, el PSdeG ha dejado de ser la fuerza más votada, pero la alcaldesa Inés Rey mantendrá con comodidad el cargo, gracias a los concejales del BNG.

Las encuestas le daban una cómoda mayoría absoluta a los conservadores en Ferrol, pero al final la han obtenido por un concejal, al contrario de Lugo, donde también tenían esperanzas. En general, sus subidas se deben en buena parte a la absorción de C’S, que pierden la inmensa mayoría de los votos y la media docena de concejales que tenía en toda la comunidad. Los nacionalistas se han beneficiado también del declive de las Mareas, que en sus distintas concepciones sólo han mantenido representación en Santiago y Ferrol, ciudades en las que habían gobernado. Sí mantienen algún gobierno local, pero no bajo la fórmula IU-Podemos o cualquiera de sus combinaciones. IU obtiene ocho concejalías en toda Galicia con esa marca y Podemos ninguna. Tampoco Vox, contra el temor que habían expandido las encuestas, lograría entrar en ninguna corporación importante. La formación de Abascal sí se ha estrenado en el poder local gallego con un único representante en Avión, el municipio de Ourense de 2.000 habitantes y un censo electoral de 3.000, al que muchos de sus emigrantes llegan en verano en jet privado desde México. "                   (Xosé Manuel Pereiro , CTXT, 28/05/2023)

12/11/21

A percepción ou atmosfera dominante no nacionalismo galego é que o tempo corre en contra... A corrente partidaria da recentralización medra en España ao tempo que a identidade nacional galega está á baixa... ao BNG xa non lle quedan moitas máis oportunidades

 "O que sucede co nacionalismo galego é que é minoritario pero, aínda así, consistente. Leva sendo así dende as primeiras eleccións democráticas. Nas últimas eleccións obtivo, baixo o liderado de Ana Pontón, o 24% dos votos. Case 1 de cada 4 votos: non é pouca cousa. O desaparecido e tan querido Fermín Bouza indicaba hai unha década que, do punto de vista da prospectiva sociolóxica, podía captar ata un 30% dos votos. Máis aló tería que saber romper fronteiras invisibles.

Con todo, o dato das últimas eleccións, ese 24%, pode ser enganoso, porque esa cifra alcanzouna o BNG no contexto do afundimento das Mareas e do escaso crédito que o PSdeG ten na area autonómica. E, todo hai que dicilo, porque gozou de certa aquiescencia mediática que, todos sabemos, pode volverse hostil se a Presidencia da Xunta estivese en risco para o PP. 

 De feito, parece probable que, no caso de que A Cousa de Yolanda Díaz teña éxito, ese espazo recupere votos do BNG -e cabe que tamén do PSdeG-. Ou non.. Todo está pillado polos pelos. O que pase con Biden ou, por suposto, en Bruxelas, acaba incidindo en Vigo ou A Coruña. Vivimos en tempos tan fluidos e incertos que a percepción de todo catalexo se volve borrosa mesmo a curta distancia e xa non digamos se as traxectorias a divisar operan máis lonxe...

Sexa coma for, entendo que, máis aló do éxito electoral último, a percepción ou atmosfera dominante no nacionalismo galego é que todo está en causa -o propio sentido histórico-; que as ventás de oportunidade se acaban, se non o fixeron xa; e que o tempo corre en contra.

A corrente partidaria da recentralización medra en España ao tempo que a identidade nacional galega está á baixa. Por non falar da opinión que, nestas mesmas páxinas expresaba Carlos Elordi: “La animadversión hacia los partidos nacionalistas es mayoritaria, algunos creen incluso que muy mayoritaria, en la opinión pública española”. Todo iso conforma un clima adverso que lle resultará ao BNG moi difícil de afrontar dados os escasos medios cos que conta e o baixo nivel da conciencia nacional galega.

Se PP-VOX gañan as próximas eleccións, cousa que é posible e ata probable, a demonización dos nacionalistas será fenomenal e a recentralización das competencias e das institucións -do poder- tremenda e feroz. As campañas mediáticas serán terribles e o espazo xurídico inseguro. Todo pode pasar. No caso de Galicia, moitísimas cousas -dende a situación do idioma ata o control da opinión publicada- tal vez non teñan volta atrás, dada a extrema debilidade do sentimento galego. Hoxe mesmo, a Xunta xa ten moito de Deputación grande, e está practicamente baleirada de sentido político.

É evidente, ou a min así mo parece, que o gran problema do nacionalismo galego foi a implosión de Coalición Galega e do seu sucesor, o Partido Nacionalista Galego a fins dos 80 e comezos dos 90. A unificación da dereita baixo Manuel Fraga e a morte ou ausencia dunha opción nacionalista no ámbito conservador e centrista foi o presuposto fundamental das sucesivas victorias do PP. O progresivo afastamento do PP do espíritu galeguista baixo o control de Feijóo foi facilitado a posteriori por ese control orgánico previo. Baltar, creo, non pasa de ser un fake.

O segundo grande problema do nacionalismo galego no período democrático é a súa incapacidade para postularse como partido de goberno. Para un observador externo, o BNG é un partido de esquerda moderada, fundamentalmente de clases medias, que ten no seu universo de referencia un sindicato, a CIG, que lle da un peso adicional. Pero non sempre o BNG se ve a si mesmo con esa contención, o que é causa de enormes malentendidos.

É obvio que un programa de modernización económica, social e cultural en clave galega só pode desenvolverse dende a capacidade de acción do goberno galego e, nese sentido, o obxectivo central de toda forza nacionalista debería ser gañar a Xunta. Pero o nacionalismo galego tendeu, unha e outra vez, a menosprezar a importancia do autogoberno autonómico tirando pedras, inexplicablemente, contra o seu propio tellado.

Por certo, das tres forzas políticas galegas o BNG foi a que mereceu máis atención por parte de historiadores, politólogos e outras herbas máis ou menos teorizantes. A literatura sobre el podería encher estantes e ocupar os ocios de moitas tardes.

Por contraste, o PPdeG despertou menos curiosidade, especialmente no período Feijóo, o que non deixa de resultar sorprendente, dada non só a súa hexemonía en Galicia, senón tamén o papel fundamental que no esquema conservador español ten este partido. O PSdeG, pola súa vez, apenas ten quen se interese por el.

O libro de referencia sobre o BNG Un longo e tortuoso camiño, escrito por Xosé Ramón Quintana, xa da pistas sobre o virtuosismo do nacionalismo galego á hora de dispararse tiros nos propios pés e noticia da súa capacidade para, entre dúas opcións, escoller a máis complicada.. Hai pouco Xosé Manuel Sarille deu á luz outro, A nova presenza do BNG que suxire, na súa promoción, que é "para entender o BNG", que é unha organización que precisa de hermeneutas avezados.

Sexa coma for, o BNG unha e outra vez oscila entre, dunha banda, a necesidade de adaptación ás demandas da sociedade galega, que lle reclama un programa factible e, condición necesaria tamén, un persoal cualificado para levalo a cabo e, pola outra banda, unha pulsión fundamentalista que, de ter éxito, faría del unha organización irrelevante e, de feito, a mellor inimiga de si mesma.

Nos últimos meses Ana Pontón, no contexto da preparación da 17 Asamblea do BNG, ven afirmando que hai que ampliar as bases, dotarse dun programa aquelado de goberno e darlle voz aos expertos que poidan e queiran contribuír a un proxecto de transformación da sociedade galega. Son declaracións que constitúen unha expresión de sentido común tal vez animadas pola clara conciencia da dificultade do momento.

Máis atinadas aínda se é verdade, como parece, ou a min así mo parece, que ao BNG xa non lle quedan moitas máis oportunidades, unha vez inferido e entrevisto o horizonte futuro que pode abrirse en España e que, de feito, seguramente se abra."                    (Antón Baamonde , eldiario.es, 07/11/21)

29/9/21

“Francisco Rodríguez segue tendo a última palabra no BNG e os seus satélites... A UPG é unha organización moi conservadora; unha estrutura do atraso, tal e como está concibida... máis que vertebrar o nacionalismo galego, limítao... É unha organización que ten o mesmo líder que hai 40 anos. Isto non se dá en ningunha outra organización do mundo... É un esquema dos anos 70"

 "O ex-militante da UPG e fundador da Mesa analiza o papel da "vella garda" no BNG cun libro no que tamén hai liñas para a "inmaturidade" das Mareas e a "astucia" do PP. "A UPG é unha organización moi conservadora; unha estrutura do atraso, tal e como está concibida", asegura.

 A Avenida de Lugo circunvala toda a cidade de Santiago polo seu costado leste. O seu extremo norte fúndese coa Avenida Rodríguez Viguri nunha rotonda aínda en construción. No 219 da Avenida de Lugo está a sede da Unión do Povo Galego (UPG) e, un pouco máis arriba, na Viguri, a do Bloque Nacionalista Galego (BNG). A cuestión non é coincidencia se atendemos á obra A nova presenza do BNG, un ensaio que o profesor e fundador da Mesa pola Normalización Lingüística Xosé Manuel Sarille vén de editar con Medulia.

 A obra, de 123 páxinas, comprende un estudo persoal pero preciso das dinámicas internas do BNG, que Sarille navega coa contundencia de quen coñece dende dentro a plataforma frentista. Non en balde, militou na organización central do nacionalismo galego entre 1975 --“cando aínda estaba vivo Moncho Reboiras”-- e 1978, para logo regresar por un breve período a finais dos 80 coincidindo coa experiencia dourada da alcaldía de Fene. 

Sarille centra o libro nas tensións históricas entre BNG e os da U, sen por iso deixar de lado o esfarelamento das Mareas --ás que atribúe unha “alma adolescente”-- e o proceder de portas para dentro do PPdeG, ao que define como un partido “maduro” e cunha xestión intelixente dos seus propios conflitos. “Os electores parecen saber que quen non dá gobernado a súa casa está incapacitado para gobernar a de todos”, escribe.

O PAPEL DA “VELLA GARDA”

Con todo, o cerne do ensaio pasa pola “disonancia cognitiva” que, ao seu ver, rexe as difíciles relacións entre o BNG e o seu núcleo duro. A tese da obra pasa por que a UPG, nos momentos de maior fraqueza, bota man dunha cara máis amable --Beiras nos 80, hoxe Pontón-- para ampliar a súa base electoral. O problema chega cando os resultados nas urnas non son os agardados --o caso de Beiras tras o batacazo de 2001-- ou, simplemente, no momento en que a “vella garda” da U sente desexos de tomar de novo o control dun proxecto que se afasta dos seus principios fundacionais. “[Francisco] Rodríguez segue a ser a última instancia. Ten, de facto, a última palabra dentro do BNG”, remacha nun dos puntos álxidos da obra. 

-- Cal é o papel da UPG dentro do Bloque?

-- A UPG é o motor que nunca falla. O que ocorre é que, dende sempre, arrógase ese papel de vangarda que remata por agarrotar a toda a formación. E nunca falla tampouco a sucesión cíclica; que é gañar, cortar, e volver a comezar dende abaixo.

O “ciclo” referido por Sarille atinxe tanto á dinámica interna do BNG como aos seus resultados electorais. Os períodos de maior poder institucional, apunta, coinciden coas etapas nas que o Bloque se atopa máis próximo ás problemáticas diarias da poboación galega. En canto este poder se esvaece, a formación entraría nunha táctica de repregamento na que se desestiman as estruturas de poder autonómico como “subsidiarias” do Estado e regresa de novo a pantasma da independencia

UNHA FORMACIÓN “ANACRÓNICA”

O papel de “lastre” que, de acordo co autor, tería a UPG vén marcado por un carácter “anacrónico”, ancorado nas vellas propostas dos partidos ‘de vangarda’, é dicir, esas formación que, dende a óptica marxista, se encomendan a dirixir ás masas á revolución socialista. Unha posición que, a ollos de Sarille, tiña razón de ser nos anos 70 pero hoxe fai da UPG unha organización “fóra do tempo”.

“Falamos dunha organización moi conservadora, con moita dificultade para transformar o seu funcionamento e mesmo a mentalidade dos seus militantes. Unha organización moi doutrinaria, con pouca incorporación teórica allea a si mesma... É unha estrutura do atraso, tal e como está concibida”, asevera en declaracións ao Galicia Confidencial. 

A incapacidade do BNG para desenvolverse máis alá do teito de votos marcado por Beiras en 1997 --case 400.000 sufraxios--viría dada por ese contrapeso da UPG, que dispoñería un control case absoluto a nivel interno. “[A UPG] concibe e articula a estratexia do Bloque, debuxa os seus límites tácticos, as posibilidades de pactar e non pactar, o tipo de mobilizacións [...]”, apunta nun momento da obra. 

 - Na obra destílase que a UPG, máis que vertebrar o nacionalismo galego, limítao.

- É unha organización que ten o mesmo líder que hai 40 anos. Isto non se dá en ningunha outra organización do mundo 

- Pero Francisco Rodríguez deixa a secretaría xeral da UPG en 2012.

- Sobre o papel si, pero... o serio é que este señor manda e manda absolutamente. É a última instancia dentro do Bloque. E ten a última palabra dentro dos satélites que seguen estando na órbita da UPG, sen negarlle por iso ningún tipo de lucidez e capacidade. Pero isto é unha estrañeza absoluta, non hai ningunha organización así no mundo. É un esquema dos anos 70.

- Cal é o papel do BNG como “cara amable” nesta ecuación?

- (Fai unha pausa). Cando [na UPG] ven que as cousas están fatal son audaces. Nos anos 80, cando aparece Beiras, pasan de facer bandeira de non xurar a constitución a revolver completamente o panorama. Tendo en conta que, xa nos 70, Beiras era un señor no PSG que non estaba ben visto no BNG: o discurso a respecto de Beiras é que era un socialdemócrata... pero cóllese a este señor e sácase unha reformulación tan orixinal como aquela fronte que naceu no 82, con ese Beiras brillantísimo.

O “TEMPO DE REFLEXIÓN” DE PONTÓN

A tensión entre o traballo institucional do BNG e as teses da U tamén estarían tras o cisma de Amio, de acordo con Sarille. O autor describe como a migración cara ao centro --“amparada por Quintana, e habería que ver tamén en que medida por Beiras”-- vén seguida pola “reafirmación dogmática” dos primeiros anos 10, unha etapa de ‘travesía polo deserto’, segundo se describe no libro, na que reaparece a independencia e se pasa por riba o movemento do 15M. Entón chega Ana Pontón, “unha candidata que se homologa co modelo de líder predominante” e que, en oito anos, leva ao BNG dos 7 aos 19 escanos. 

Sarille evita entrar en profundidade no recente anuncio de Ana Pontón, que remexeu as augas da política galega ao pedir “un tempo de reflexión” de cara ao congreso do vindeiro novembro. “Parece que se negocia, que hai algo positivo”, apunta. “Se hai conflito parece que pasa por unha canle política”, explica. 

Ben é certo que Pontón, a diferenza de Quintana ou Beiras, si pertence á UPG. Con todo, Sarille non ve visos de abandonar o vello ciclo de subidas e baixadas que caracteriza o tándem do nacionalismo: “parece que estaba onde estabamos sempre, o vello conflito: que cando alguén se pon a facer política institucional, e a falar de que as necesidades do país son as que son, estamos nun nivel de realismo que pode xerar disensións con esa cúpula que tenta reafirmar a conciencia nacional, apelar aos principios, apelar ao pasado como símbolo... [...] Non hai nada do ano 80 que non poida volver”, incide.

PP E MAREAS

Fronte ás leas internas do BNG --e o PSdeG--, Sarille fai fincapé na boa xestión interna do PP, sen entrar a valorar o seu papel á fronte da administración autonómica galega. “A maquinaria do PP é impoñente”, afirma, antes de subliñar que a hexemonía dos populares obedece a un esquema moito máis complexo que o avellentamento da poboación ou a pretendida ‘minoría de idade’ dos galegos a nivel político. “Temos unha poboación consciente que sabe o que vota. Algo máis ten que haber que o monopolio dos medios e o carreto, aínda que iso funciona”.

A intelixencia que Sarille atribúe á formación de Feijóo quedaría cristalizada na crise interna derivada do Prestige. Nun momento en que, sostén, “todo parecía indicar que o partido acabaría rompendo”, no PP “calmáronse, resolveron, buscaron acomodo para os perdedores da loita interna e non pasou nada”. Esta astucia replicaríase tamén no eido electoral, afastado das “grandes proclamas” que o autor vencella ao espectro da esquerda: “O PP é o partido con maior contacto coa vida real, o resto é unha especie de nube dialéctica fóra de contacto coa terra. E non falo do Bloque, senón xa en xeral”, incide.

Todo o contrario que no caso das Mareas, ás que lles dedica un espazo cativo pero moi contundente dentro da obra. “O das Mareas é dunha inmaturidade abraiante, é unha alma adolescente”, refire ao respecto das migracións ao grupo mixto e outras prácticas “completamente antidemocráticas” que, ao seu ver, remataron no esfarelamento dunha marca que chegou a ser segunda forza empatada co PSOE. 

UN OUTONO CON BORRASCA POLÍTICA

Todo apunta a que, con este caldo de cultivo, o outono político de Galicia virá cargado de borrascas. Ante a falta de citas externas, os tres partidos con representación parlamentaria ollan para dentro de cara a preparar o resto da lexislatura. Só no PP se agarda continuidade: o partido enfoca os congresos provinciais con vistas a recuperar poder municipal e, en consecuencia, as deputacións.

O óso máis duro está no PSdeG. Gonzalo Caballero anunciou o pasado xoves 23 a súa candidatura para as primarias de decembro. O de Ponteareas fixo a enésima chamada a unir filas pero evitou referir a posibilidade de que xurdan outras figuras para disputarlle o posto --sobre este silencio planean as sombras de González Formoso e Besteiro--.

Caballero someterase ás primarias do 30 de outubro despois de que a estrutura socialista de Ourense pase este mesmo domingo por un proceso interno ante a entrada dunha segunda lista, a de Noela Branco, que rivalizará con Fumega para representar ao PSOE ourensán no Congreso Federal de Valencia. No retrovisor queda tamén a chamada de atención de Ferraz ao escoller a José Miñones, unha das voces máis críticas cos resultados electorais de 2020, como Delegado do Goberno.

No BNG, a problemática estará no pulso co que Ana Pontón pretende reclamar un maior poder á UPG para "ensanchar as bases" da fronte.  Pouco despois do anuncio da de Sarria, o secretario xeral da Unión, Néstor Rego, incidiu que Pontón era a “persoa idónea” para seguir liderando a formación frentista. A XVII asemblea nacional, prevista para o 7 de novembro, marcará o inicio dun ciclo político no que o BNG se ve por primeira vez con posibilidades de desbancar da Xunta ao todopoderoso PP."                 (Iago codesido, Galicia Confidencial, 26/09/21)

31/8/21

El anuncio de Ana Pontón de que planea dejar el liderazgo del BNG deja en shock al nacionalismo gallego

 "El anuncio de Ana Pontón de que se toma "un periodo de reflexión" sobre su continuidad al frente del BNG ha dejado en shock al nacionalismo gallego, que desde las elecciones autonómicas en julio del 2020 vivía el momento más dulce de sus casi cuarenta años historia. El miedo a que abandone la líder que ha logrado coser el partido y convertirlo en la única amenaza al reinado absolutista de Feijóo en Galicia atenaza desde esta mañana a la dirección y a la comprometida militancia del Bloque.

Ni siquiera en el entorno más cercano de la portavoz nacional esperaban que el curso político fuera a empezar con una insinuación que revoluciona todos sus planes. "Quiero abrir un período de reflexión personal sobre mi continuidad", vino a decirles Pontón en la reunión de la ejecutiva nacional celebrada este jueves por la mañana, en la que la dirección iba a preparar el arranque del nuevo ejercicio.

Algunos de los asistentes ni siquiera pudieron reaccionar. Horas después, la portavoz envió un tuit en el que apenas daba pistas sobre los motivos de fondo para abrir justo ahora un debate de ese calado: "El BNG debe ser el actor decisivo en la política gallega y aspirar a presidir la Xunta. En este marco abro una reflexión personal sobre mi papel", escribió.

 Para entender la situación, cabe recordar que Ana Pontón, politóloga de 44 años y madre de una niña, acaba de convertir hace poco más de una año al BNG en la segunda fuerza política de Galicia, tras superar en cinco escaños y 58.000 votos en las autonómicas a un PSOE que no supo acoger al electorado de centro izquierda y de izquierda desencantado con el caótico período de las Mareas.

Pontón, que se inició en los movimientos nacionalistas estudiantiles y que lideró Galiza Nova, la organización juvenil del partido, levantó al Bloque desde una situación dramática, cuando accedió a la portavocía nacional de la formación en el 2016. Ese año el BNG se quedó con seis escaños en el Parlamento autonómico, por debajo de la mitad de la representación que habían logrado los socialistas y las mareas en una cámara de 75 diputados.

En apenas ocho años, Pontón ha revitalizado y renovado las estructuras de la formación, ha devuelto la ilusión a una militancia desencantada con las batallas internas de la primera mitad de la década pasada, ha triplicado los resultados electorales (19 escaños) y, sobre todo, se ha erigido en la única figura política capaz de hacerle sombra a Feijóo. Incluso entre el electorado popular.

 "No es que Ana concite apoyos o que sepa construir mayorías, es que nunca antes un líder del Bloque había gozado de semejante nivel de legitimación interna y de simpatía externa. Somos una organización que valora la diversidad, pero en el caso de Ana el apoyo es unánime", asegura un miembro de la Ejecutiva, quien, pese a su añeja amistad con la portavoz nacional, reconoce que no sabía nada de su decisión.

No es que Pontón se haya ido ya. Pero la mera insinuación de que duda sobre si seguir o no parece indicar en esa dirección. Porque podría haber iniciado y concluido la misma reflexión personal sin hacerla pública. "Lo mejor para el BNG y para Galicia sería que Ana siguiera. Y si fuera en otro contexto pienso que seguiría, pero en este, no puedo darlo por seguro", afirma la citada fuente.

El Bloque tiene previsto celebrar su asamblea nacional a principios de noviembre. Hasta hoy nadie ponía en duda que iba a ser un proceso constructivo, tranquilo y fácil, destinado a arropar a la líder del partido y a reforzar la convicción interna de que, como sucedió con Fraga, es cuestión de tiempo que Feijóo caiga en las urnas o se vaya, y de que será el BNG quien esté ahí para recuperar la Xunta, en la que gobernó como segunda fuerza en la coalición con el PSOE que dirigió el Ejecutivo gallego entre el 2005 y el 2009. Ana Pontón era la condición imprescindible que sustentaba ese sueño de recuperar la Xunta, y que ahora parece romperse.

 Algunas fuentes insinúan que el mensaje que dio esta mañana podría ser "un aviso a navegantes" destinado a acallar algunas voces que plantean que el trabajo parlamentario y de dirección estarían mermando la capacidad de la ejecutiva para trabajar con idénticos resultados en el refuerzo territorial y orgánico del partido, y que Pontón habría lanzado un órdago para suprimirlas de raíz.

Otras incluso insinúan que la dirección podría estar abriendo otro debate dirigido a ir convenciendo a la militancia de las supuestas ventajas de volver a los tiempos en los que el BNG funcionaba con una dirección bicéfala al estilo del PNV, con un secretario general diferenciado de la figura del candidato a las autonómicas y portavoz parlamentario.

Podría ser, pero no parece haber nada de eso. Entre otras cosas porque el Bloque es consciente de que aquella fórmula generó enorme tensiones internas durante décadas que acabaron con una dolorosa y sangrienta escisión, que derivó en los seis escaños que recogió Pontón. Nadie entre las fuentes próximas a la dirección del Bloque consultadas por Público ha confirmado que esa fórmula esté sobre la mesa.

 En lo que sí coinciden varias de esas personas es que lo que la portavoz nacional está valorando es la necesidad personal de dejar la primera línea de la política y el enorme coste personal y familiar que supone. Más aún cuando, según quienes la conocen, es consciente de que lo que el partido le reclama ahora es redoblar el trabajo y el esfuerzo que ha hecho hasta ahora, para derrotar al PP(-o al menos evitar que revalide la mayoría absoluta) en las elecciones del 2024, y para preparar a las estructuras de la organización para gobernar la Xunta.

Si esas cábalas fueran acertadas, es decir si Pontón llegara a presidir el Gobierno autonómico y agotara la legislatura, ella llegaría al 2028 con 52 años. Y su hija, que ahora tiene dicienueve meses, tendría nueve. Tal vez lo que le pese es perderse esos años. Aunque esto también es una cábala, porque eso sólo lo sabe ella y ayer prefirió derivar en su entorno cualquier declaración pública.

Pero sucede que a veces las cábalas tienen un fundamento veraz, y lo cierto es que las que el Bloque se hacía sobre una inminente llegada a la Xunta podrían no estar muy desencaminadas. Precisamente porque Pontón es la única figura política que concita simpatías en casi todo el espectro político en Galicia. Incluido, como hemos dicho, el electorado de Feijóo, que cuenta con un importante sector galleguista moderado en el que Pontón goza de una valoración muy positiva.

 "Eso es revolucionario para el BNG. Incluso en los mejores momentos electorales de Beiras [la figura más respetada del nacionalismo gallego desde Castelao], el Bloque sabía que tenía un techo electoral. Pero con Ana, ese techo había desaparecido", sostiene un miembro de la ejecutiva.

El liderazgo de Pontón era tan indiscutible que a la hora de insinuar un cartel sucesorio ni siquiera sirven las cábalas, porque ninguna figura en el partido se ha destacado como posible recambio, ni voluntaria ni involuntariamente. El BNG cuenta con 19 diputados en el Parlamento autonómico, uno en el Congreso de los Diputados, una en el Parlamento Europeo, una treintena de alcaldías y varios centenares de concejales y concejalas. Así que los nombres salen a montones si se quieren hacer quinielas.

Lo más probable, sin embargo, es que quienes responden a esos nombres también estén en estado de shock, y que, al menos por ahora, ninguno haga ningún movimiento que no esté dirigido, precisamente, en el sentido contrario a postularse como sucesor o sucesora. Es decir, en convencer a Pontón de que siga dirigiéndoles."                       (Juan Oliver, Público, 26/08/21)

11/6/21

Feijóo tamén gaña polo demérito de BNG e PSdeG... o PP vive, non só pero tamén, da inconsistencia do PSdeG e do abandono da centralidade social polo BNG. Con ese panorama o PP durará moitos anos na Xunta

 "Nas últimas eleccións, Núñez Feijóo elaborou unha campaña que eliminaba o logo do PP e patrimonializaba o ítem "Galicia". Por qué? Hai que supoñer que porque non confiaba nos seus electores máis estables para gañar.

 En Galicia non é enteiramente certo que o peixe estea vendido. De feito, as enquisas post-electorais mostran que Feijóo obtivo unha porcentaxe de electores que noutras convocatorias votaran ao PSdeG. A verdade crúa é que Feijóo gaña por meritos propios, pero tamén polo demérito dos seus contrarios. É esta, por certo, unha percepción amplamente compartida. Hai un elector galego ao que imaxino coa expresión do celebérrimo cadro de Munch, dando un berro entre a desesperación e o espanto causado polos partidos aos que vota, pero nos que non confía. 

Está claro que o PSdeG, dende que o mundo é mundo, ten un problema: cando se trata das eleccións galegas aparece desdebuxado e sen folgos. E con razón, porque, salvo no período de Touriño, que debuxou un rumbo posible, o PSdeG foi case sempre, a escala galega, un partido anodino, sumiso e sen carácter nin personalidade. A iso sumáselle agora unha evidencia empírica: os únicos fieis cos que poden contar en toda España representan un segmento envellecido dos electores, de corenta e cinco ou cincuenta anos para arriba. A análise do éxito de Más Madrid corrobora ese dato. 

 A socialdemocracia está en retroceso en Europa dende hai décadas -os últimos resultados do Labour inglés son un chanzo máis nese declive-. A identidade de clase disolveuse no aire así sexa na Toscana coma no Algarve e non digamos en Galicia, onde non chegou nunca a callar con forza. O éxito de Trump, do Frente Nacional francés e do PP en segmentos de traballadores indican que, se non se repolitiza o ámbito do traballo, o abismo será máis profundo.

O BNG teno mellor no ámbito autonómico, porque ao nacionalismo se lle presume maior dedicación a Galicia, que é o seu epicentro. Dende logo, dedica máis traballo a promover aos seus líderes -e tamén a derrubalos-. Pero sucede que, para a opinión pública maioritaria, o BNG aparece como un partido de oposición máis que como un partido de goberno. A súa política, que pretende ser moi de esquerdas, moi cerca da que no conxunto do Estado era a de EU, ou agora UP, impídello. Se un quere ser o espazo á esquerda do PSOE non é probable que, ao mesmo tempo, poda funcionar como a forza que articule o país. Ou unha cousa ou a outra. 

 Non deixa de ser hilarante -estilo a célebre escea da 'Vida de Brian'- que cada vez que o BNG ten unha ruptura os seus críticos pretendan situarse aínda máis á esquerda. No entanto, a grande pregunta é, dende hai moito tempo, esta: non é posible unha forza galega que dispute co PP no seu propio terreo, obtendo a confianza dos electores de centro?

É unha pregunta que para moitos é un anatema, case unha profanación, pero é a pregunta que cabe facerse. O certo é que un revival de Coalición Galega parece imposible. Pero si sería pensable que o BNG dera mostras de querer xogar o papel dun partido de amplo espectro, un partido-atrápao-todo, na xerga dos politólogos. A consecuencia lóxica de meterse un mesmo nun recanto é que o PP sempre xoga na casa.

Galicia sería outra se nas últimas décadas estivera no goberno da Xunta un nacionalismo democrático, integrador, con ideas positivas e cadros cualificados. Pero ese nacionalismo sereno estivo ausente. Esa omisión foi, e segue sendo, clamorosa. En definitiva: o PP vive, non só pero tamén, da inconsistencia do PSdeG e do abandono da centralidade social polo BNG. Con ese panorama o PP durará moitos anos na Xunta. Non só ten votos, tamén ten cadros e influencia. 

Cadros e influencia, repito. O PP gaña porque goza de apoios económicos, mediáticos e redes clientelares, seguro. Pero hai algo máis, algo que ha de ser analizado a distancia e con inglesa obxectividade. Aínda que nos desagrade ou pese. Preguntarse as razóns axudaría. Como moi ben o sinala Daniel Innerarity, "canto peor é a opinión que tes do teu adversario, máis estúpida é a túa derrota".

 En fin. É un dato ben establecido na ciencia política que cada vez máis os electores esixen aos partidos que lles dean razóns para votalos. Como explica Oriol Bartomeus, "o voto automático, o daqueles que votan polos que consideran os seus, é cada vez menor. O voto que opta por un partido pase o que pase e se presente quen se presente, está en proceso de desaparición. Por contra, medra o daqueles que só acoden ao colexio electoral se se senten interpelados". Como demostra o exemplo madrileño, non é preciso que as razóns sexan nin intelixentes nin elevadas, pero teñen que existir.

Así que tanto PSdeG como BNG teñen un problema. O PSdeG perdeu a súa hexemonía no elector progresista, aínda que os socialistas criados na era felipista supoñan que lles pertence por dereito divino. Pero non parece probable que vaian recuperala vivindo dos réditos pasados, como un fidalgo vido a menos. O BNG, volto á vida despois de atravesar correntes avesas, e de beneficiarse do harakiri de En Marea, é agora o maioritario na oposición, pero unha lexislatura antes os 19 deputados que ten eran seis. Seis. Iso dío todo.

 Por suposto, o mundo non acaba no PP, BNG e PSdeG. E aínda que das próximas eleccións galegas nos separan algo así como tres galaxias, dous buracos negros e unha supernova, parece plausible pensar que Vox, na dereita, e Unidas Podemos, na esquerda, estarán aí, o que engadirá complicación. Parece probable que Vox vaia perder fol en toda España pola vía da reintegración dunha parte dos seus votos ao PP. Pero probable non é seguro nunha época en que cada dous meses parece reinventarse o mundo.

Non pode estrañar que dentro de catro anos os orzamentos do estado vaian ser manexados por PP e Vox. O PSOE reparte millóns dos Next Generation ás grandes empresas mentres mantivo o emprego grazas aos ERTE, pero o marco mental está en mans do radicalismo de dereitas. A fábrica de memes e bots está a pleno rendemento, o mesmo que a enorme cantidade de medios da dereita dixital -ElConfidencial, VoxPopuli, ElEspañol, Okdiario, Hispanidad, Libertad Digital e unha longa serie, case infinita- xenerosamente financiados por quen pode facelo, que non son precisamente os lectores. A guerra cultural non ten tregua.

 Pola súa parte, non pode haber á esquerda do PSOE dúas opcións: sería regalarlle o goberno a PP-Vox. Se non ven iso non ven nada. Unidas Podemos non pode coexistir en toda España cunha opción cercana a Más Madrid. Cabe pensar que poida nacer unha opción que reúna aos dous grupos nunha opción de esquerdas federais, como propón Pérez Royo? Sobre o papel, e dados os condicionantes dos apoios que ten, e os que introduce a Lei Electoral, sería sensato pensalo. Pero na realidade é improbable. Se por un raro azar Yolanda Díaz sobrevive ao goberno e se ve compelida a ser candidata en Galicia, os datos sobre a mesa poderían mudar."                 ( Antón Baamonde , eldiario.es, 23/05/21)