Mostrando entradas con la etiqueta Administracion: falsificacion estadistica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Administracion: falsificacion estadistica. Mostrar todas las entradas

16/6/21

Los datos oficiales contradicen la idea del milagro laboral de Galicia que reivindica Feijóo. El 73% de las bajas de demandantes de empleo en abril se produjeron por no solicitarlo después de que la Xunta suprimiese la renovación automática

 "La explosión del coronavirus en España llevó en 2020 a las comunidades autónomas a implantar en sus oficinas de empleo un sistema de renovación automática del paro. 

Para evitar contagios, los demandantes de empleo quedaban exentos de acudir a las sedes a confirmar su situación y el trámite pasó a ser automático. Al comenzar 2021, con la pandemia registrando un ritmo de contagios descontrolado en Galicia, la Xunta ordenó la vuelta al sistema tradicional y obligó a sellar el paro en oficinas o por vía telemática. La decisión se ha saldado con un dato relevante: el 73% de los usuarios que dejaron de demandar empleo en abril en esta comunidad lo hicieron porque no acudieron a renovarlo, según se desprende de los datos publicados por el SEPE. No obstante, el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, se reivindica como el mejor gestor económico de España durante esta etapa.

Iniciado enero, y coincidiendo con la peor ola de la pandemia en Galicia, la Xunta puso fin a la renovación automática de la demanda de empleo y retornó al viejo sistema del registro trimestral. Ofreció a los demandantes varias vías de renovación: a través de la red web de Emprego Galicia, mediante llamada a un teléfono 012, descargando una aplicación móvil o por medio de la gestión presencial, previa solicitud de cita. No funcionó. A la vista de los datos publicados por el servicio estatal de empleo (SEPE, el antiguo INEM) un elevado porcentaje de los afectados no se enteró del retorno al antiguo sistema, lo desechó por complejo o bien temió acudir a una oficina en un momento de cierres perimetrales, toque de queda y supresión de contactos.

En abril, del total de 39.945 bajas de demandantes de empleo, 29.201 lo fueron porque no renovaron la demanda y 6.333 por colocación. De estos, solo 212 empleos fueron gestionados por el servicio público gallego (SEPG ). Frente al 73% de bajas de solicitantes por no renovación del paro hay un 27% de bajas por colocación y “otras causas”. En el primer trimestre de 2021 las bajas por no renovar el paro solo se registraron en Euskadi y Galicia, las únicas comunidades que no facilitaron la gestión automática. En el resto de autonomías, que sí la mantuvieron, no se computa ninguna baja en la demanda de empleo por ese motivo.

No obstante, el presidente de la Xunta no ha cesado de fomentar la idea del milagro económico de su gestión reiterando que Galicia es la comunidad española en la que más ha bajado el paro durante los primeros meses de este año. “Llevamos cuatro meses de 2021, y ya tenemos una radiografía de cómo evoluciona el mercado laboral en España y en Galicia”, afirmó Feijóo a comienzos de mayo para destacar que los datos de abril “vienen a corroborar que esta es la comunidad con mayor bajada del paro en el último año, bajando casi en un 11%, mientras en España subió un 2%”. Asimismo, destacó que en Galicia “hay 20.800 personas menos en paro de las que había hace un año” y precisó que en el mes de abril también fue la comunidad con mayor bajada del paro, una caída que cifró en “más de 5,8% " mientras que, aseguró, “España no llega al 1% de bajada. Entonces, los datos acreditan que nuestro mercado laboral está funcionando”.

El grupo socialista en el Parlamento gallego ha interpelado a este respecto a la consejera de Empleo señalando que, con los datos oficiales de variación de demandas activas de empleo de demandantes no ocupados, “en enero se produjo en Galicia una disminución del 2,3% en relación con el mes de diciembre coincidiendo con el porcentaje de subida del resto del Estado. Y en febrero mientras Galicia baja un 0,7%, el Estado sube un 1,2%”, explicó la portavoz de empleo del PSOE, Carmen Rodríguez Dacosta. Los socialistas concluyen que si se restan las bajas por no renovación que se producen en enero “Galicia no disminuye su paro un 2,3% sino que lo incrementa en un 6,6% y pasa a ser, después del País Vasco, la comunidad en la que más aumentan las demandas no ocupadas”.

A mediados de mayo, los portavoces en el Parlamento gallego de BNG, Ana Pontón, y PSOE, Gonzalo Caballero, rebatieron el triunfalismo del presidente criticando su “inacción” frente a la crisis industrial de la comunidad y esgrimiendo la Encuesta de Población Activa (EPA) de los primeros meses del año. Feijóo censuró su “cinismo” replicando que las dificultades que atraviesa Galicia son en gran parte consecuencia de las decisiones del Gobierno central. Los datos oficiales han dejado claro que con pandemia disparada, los solicitantes de empleo de Galicia temieron acudir a las oficinas y que la medida adoptada por la Xunta de renunciar a la renovación automática acabó expulsándolos de las listas de demandantes pero, contrariamente al cómputo que hace Feijóo, no porque hayan encontrado un puesto de trabajo."                (Cristina Huete, El País, 11/06/21)

9/4/20

Os datos que a Xunta ocultaba ata hoxe: o 40% dos falecidos son maiores de residencias

“A prioridade número é salvar vidas... Non imos deixar que ninguén morra ou teña máis posibilidades de morrer pola súa idade". Era a contundente mensaxe que daba este mércores o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo. Pero a realidade é máis dura que as palabras.

 O falecemento doutras 6 persoas en hospitais e 7 máis en residencias de maiores de Galicia elevaba no mediodía deste mércores a 278 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia, 221 en hospitais e 57 en centros xeriátricos. Unhas cifras que se se analizan polo miúdo amosan unha triste e impactante realidade; o 39% dos mortos son xa persoas maiores que vivían neste tipo de residencias.


A decisión, finalmente, do Goberno galego de facilitar o número total de usuarios falecidos tanto nos propios centros como nos hospitais amosou unha cifra que case duplica o número oficial facilitado o martes 7 de abril de mortos en residencias; un total de 108 persoas. E dicir, que os 62 usuarios falecidos nos xeriátricos hai que sumarlle 46 máis mortos nos centros hospitalarios de Galicia.

Unha cifra que aumenta día a día. Por iso, Feijóo situou as residencias de maiores e discapacitados como "maior foco de preocupación" para o seu Executivo e insinuou que parte da responsabilidade desta situación é do Goberno central por mandar uns test rápidos que non sirven como "proba única" porque non son "fiables" no diagnóstico. “E isto non pode acelerar a detección da enfermidade nestes centros”, indicou na rolda de prensa telemática posterior ao Consello da Xunta.

Unhas escusas que lamentaron e criticaron duramente os partidos da oposición en Galicia que acusan ao presidente galego de facer “partidismo” cun tema tan sensible como esta crise sanitaria e a morte dos maiores.

GRANDES FOCOS

Este mércores, 8 de abril, son 40 as residencias con contaxiados, oito máis que o día anterior. E nelas hai 708 usuarios e 273 traballadores contaxiados, que representan o 18% do total de contaxiados de Galicia. Pero hai catro puntos onde se concentra o maior número de casos; son as residencias privadas de DomusVi en Cangas, Vigo e Santiago e Nuestra Señora de la Esperanza, dependente da Fundación san Rosendo e do Bispado de Ourense.


Estas residencias suman case 450 casos e o maior número de mortos. A DomusVi San Lázaro, de Santiago ten a 82 maiores contaxiados e a 37 traballadores.  En Nuestra Señora de La Esperanza, San Rosendo, son 103 usuarios e 34 traballadores, mentres que na Domus Vi Aldán de Cangas son 98 maiores e 17 traballadores e na DomusVi Barreiro de Vigo, 66 maiores e 11 traballadores.  


Controlados parecen xa o primeiro gran foco de contaxio en Galicia, a residencia San Carlos, de Celanova, que ten 40 usuarios contaxiados e 18 traballadores, e a do Portazgo, na Coruña, con 39 maiores e 18 empregados. Pero os contaxios chegaron xa a residencias de toda Galicia.
FISCALÍA


BNG e Galicia en Común pedían este mércores a intervención de todas as residencias e o PSdeG a intervención da Valedora do Pobo. Tamén a Fiscalía Superior de Galicia decidiu abrir dilixencias preprocesais civís con motivo da denuncia do Defensor do Paciente e remitiunas ás Fiscalías Provinciais e de Área.

De feito, as fiscalías provinciais xa están a manter un seguimento diario de centros residenciais da terceira idade, tanto públicos como privados, sobre a situación de cada centro, persoas falecidas, medidas adoptadas para evitar propagación ou seguimento de protocolos para “velar polos intereses das persoas vulnerables como os maiores de idade, dada a función tuitiva encomendada constitucionalmente ao Ministerio Fiscal”.

POSTURA DA XUNTA

Polo momento, e a pesar do gran número de falecidos, Feijóo négase a sancionar a unha das principais responsables da situación actual, a empresa DomusVi. “Hai un expediente informativo e, en función do que nos diga ese expediente, actuaremos”, dixo este mércores.

“Non quero prexulgar ou facer xuízos anticipados. Nós intervimos as dúas residencias e activamos un expediente informativo e en función do que diga o instrutor dese expediente, actuaremos”, insistiu tras ser preguntado ao respecto."                (Galicia Confidencial, 08/04/20)

6/2/18

Así desapareceron da estatística do Sergas os peores datos de listas de espera de cada ano

"A pasada semana a Consellería de Sanidade fixo públicos os datos das listas de espera no Servizo Galego de Saúde, datados no 31 de decembro de 2017. No que atinxe á agarda para operacións cirúrxicas o dato medio situouse en 66,4 días, uns dous días menos que no remate de 2016 e máis de seis por riba do límite que a Xunta introduciu na lei. 

O cómputo vai, en calquera caso, na liña descendente da última media década, cando ademais o Goberno galego se librou a si mesmo de facer públicos os que adoitaban ser os dous peores datos de cada ano, os que arrastraban os efectos dos picos da gripe no inverno e dos peches de camas no verán.

A lei de garantías de prestacións sanitarias, en vigor dende 2014, inclúe mecanismos cuestionados dende a oposición e plataformas na defensa da sanidade pública como o que facilita o transvasamento de pacientes do Sergas a centros privados, pero tamén trouxo consigo unha redución da información sobre as listas de espera que a Consellería comezou a aplicar en 2015: pasou de informar trimestralmente a facelo semestralmente e elixiu como xanelas informativas o 31 de decembro e o 30 de xuño. 

Suprimiu, daquela, os datos correspondentes ao 31 de marzo e ao 30 de setembro, e esta eliminación suavizou moi notablemente a curva estatística anual: xa non hai un pico no verán e o do inverno é moito menos pronunciado.

Un repaso da base de datos completa -a información divulgada na web do Sergas tamén foi recortada e a serie histórica comeza agora en 2014, aínda que o IGE segue a ofrecela íntegra, dende 2005- e debullada por trimestres amosa ás claras por que o dato do terceiro trimestre, o que reflectía o impacto da menor actividade cirúrxica do verán, era o máis incómodo para o Goberno galego e, daquela, o máis proclive a ser eliminado da difusión pública. 

Agás nunha ocasión -o 2006-, o do terceiro trimestre sempre foi o dato de espera media cirúrxica máis elevado e nunca baixou dos 90 días de media. O último coñecido, o de 2013, achegábase aos 100.

O outro dato suprimido, o do primeiro trimestre, foi o segundo máis elevado da serie anual ata 2008 e volveuno ser en 2014, último coñecido, cando estivo por riba dos 82 días. Os que o Sergas foi divulgando nos últimos tres anos -os de decembro e xuño- tenderon á baixa, se ben só o do segundo trimestre -agora, primeiro semestre- se achega aos 60 días do límite legal. 

Sanidade non especifica, non obstante, ata que punto inflúe neste cómputo total o feito de que o propio Goberno se facultase a si mesmo para remitir á sanidade privada aos doentes que superasen ese limiar de dous meses a agardar. 


Durante o trámite parlamentario da lei que amparou esta supresión de información pública sobre as listas de espera o PP defendeu o novo modelo como unha decisión "valente" que permitiría que a demora cirúrxica "pasase a un segundo plano" do debate político no país. 

A imposibilidade de observar os efectos na espera dos peches de camas durante o verán comezou pouco antes da remuda na persoa titular da Consellería e, dende que Jesús Vázquez Almuiña substituíu a Rocío Mosquera, o novo conselleiro vén defendendo que a cuestión destes peches é un debate "anticuado". 

Así e todo, a Consellería vén negando ao Parlamento información ao respecto de xeito sistemático, polo que os datos que manexan oposición e colectivos de doentes son só estimacións realizadas a partir da información que manexan os sindicatos."            (Praza Pública, David Lombao)

31/1/18

A perda de poboación incha a baixada do paro en Galicia

"Galicia rematou 2017 cunha levísima suba do paro a respecto do trimestre previo e cun notable descenso do desemprego con relación ao remate do ano previo. Foron, concretamente, unhas 22.100 persoas desempregadas menos, segundo a última actualización da Enquisa de Poboación Activa (EPA). No entanto, isto non quere dicir que haxa 22.100 persoas máis a traballar no país que doce meses antes. Ben ao contrario, a poboación ocupada aumentou no mesmo período en 6.200 persoas. 

As case 16.000 persoas restantes deixaron de ser poboación activa; isto é, desapareceron dun mercado laboral que segue lastrado pola crise demográfica e no que a perda de poboación se asenta como factor que incha uns números da caída do paro que non se traducen en dinamismo no emprego.

Aínda que os grandes números do desemprego en Galicia están cada vez máis próximos aos do inicio da crise económica -a cifra total de paro en termos EPA, os homologables a nivel internacional, xa rolda a de 2010- o panorama xeral é ben diferente. 

Así o acredita unha ollada ata o ano previo ao estourido da recesión, o 2007, cando no mercado laboral galego o ritmo de baixada do paro comezaba a descender pero aínda se creaba emprego -ata 40.000 persoas máis empregadas no segundo trimestre daquel ano- e a poboación activa aumentaba a un ritmo moi próximo ao incremento da ocupada.

Dende finais de 2008 o paro disparouse con incrementos interanuais de máis de 50.000 persoas e nese punto crítico comezou o devalo da poboación activa, isto é, a suma de persoas con traballo e mais das persoas que procuran un emprego.

 Tras unha breve paréntese entre comezos de 2011 e mediados de 2011 o descenso volveu, amorteceu moi lixeiramente en 2016 e retornou novamente en 2017, ano no que a caída do paro acelerou outra volta, pero a creación de emprego comezou a frear. Deste xeito, a maior parte da baixada do paro xa non se explica agora pola creación de novos postos de traballo. 

A ligazón entre esta evolución do mercado laboral e a crise demográfica do país reflíctese na análise da poboación activa por grupos de idade que desenvolve o Instituto Galego de Estatística. Durante a última media década o único sector da poboación activa que rexistrou un crecemento sostido no tempo foi o das persoas maiores de 55 anos, isto é, o que agrupa a quen se achegan á xubilación. 

Mentres, a combinación de baixa natalidade e emigración fixo descender a mocidade en idade de traballar a un ritmo interanual de ata 10.000 persoas. A caída aínda foi maior entre a poboación de 25 a 54 anos, con retrocesos interanuais dunhas 20.000 persoas por trimestre que aínda continúan.

Mentres a perda de poboación activa tende a consolidarse como un dos principais problemas do mercado laboral galego, a inactiva aumenta e faino sobre todo pola banda das persoas maiores de 55 anos, que chegan a ser xa máis de 804.000 en situación de inactividade, unhas 2.000 máis que no remate de 2016 e e case 50.000 máis que contra o final de 2009, cando comeza a serie estatística actualizada polo IGE.

Ao contrario do que sucede entre a poboación activa, nestes últimos anos si aumentou a poboación moza en situación de inactividade. Os datos acreditan que a difícil inserción laboral empurrou unha parte deste sector da poboación cara á formación -das case 137.000 persoas inactivas de entre 16 e 24 anos, só 8.000 non están a cursar estudos-, unha circunstacia que está tamén ligada á notable redución do abandono escolar temperán."                       (David Lombao, Praza Pública, 30/01/18)

29/8/11

Los recortes 'estadísticos' de la Xunta de Galicia. "Me eliminaron de la lista del paro sin que yo supiese nada"...

"Con el acuerdo de los sindicatos UGT y CC OO, cerca de 55.000 personas comenzaron a ser identificadas con la secuencia S-698. Una "tropelía de muy dudosa legalidad" para la oposición, que, sin embargo, y teóricamente, es inocua para la estadística (...)

La oficina del Servizo Galego de Colocación a la que está adscrita Inés Viqueira, que ayer cumplió 29 años, le informó el pasado 22 de julio que estaba "suspendida en el paro". Ella, que lleva un año y medio sin empleo desde que no le renovaron el contrato en un call-center, va cada tres meses a pasar revista por la oficina de Ordes.

Además de la visita habitual le tocaba suscribir la prórroga del subsidio y realizó una consulta para saber cuánto tiempo le quedaba por cobrar. "Me dijeron que me habían suspendido, que allí figuraba como que estaba haciendo un curso de formación. Yo no me había enterado", asegura.

La suspensión tenía fecha del 15 de ese mes. En los registros de la oficina, a su ficha se le había asignado la clave de orientación creada por la Xunta, y tras una consulta al departamento de Prestaciones en Santiago, le confirmaron que también estaba bajo el paraguas de la clave de formación, esa que en Madrid borra a los desempleados.

"Estuve dada de baja unos 15 días, hasta el 8 de agosto. No sé si seré la única a la que le ha pasado esto, supongo que no. Supongo que es una cuestión de política", desconfía. Ni siquiera es probable que la confundieran, porque como solo ha cursado el graduado escolar no puede acceder a los cursos de formación ocupacional que ofrece el servicio público de empleo.

"No me han dado ninguna alternativa. Te exigen que seas graduado en ESO o de lo contrario no puedes entrar, y no veo justo que me obliguen a tener un nivel de estudios. Estoy separada, tengo un niño de cuatro años y no puedo ponerme a estudiar ahora aunque sea joven". (...)

Como Inés tiene menos de 30 años, el programa creado por la Xunta la ayudará a introducirse en el mercado laboral lo más rápido posible gracias a la intervención del Servicio Público. "Básicamente te explican cómo tienes que presentar el currículum y te recomiendan que hagas la ESO, poco más", lamenta Inés." (El País, ed. Galicia, Galicia, 27/08/2011, p. 1)

25/2/11

Traballo borrará de la lista del paro a uno de cada cuatro desempleados

"En enero pasado el paro registrado en el Inem ascendía en Galicia a 245.831 personas. La Xunta se propone borrar de esa estadística a casi la cuarta parte, 56.000 personas: todos los parados menores de 30 años y los que lleven más de un año sin registrar ningún tipo de actuación en el Servicio Público de Empleo de Galicia (SPEG).

Para ello, la Consellería de Traballo ha dado instrucciones a sus servicios centrales a fin de que identifiquen a ambos colectivos y los remitan a los servicios de orientación. De paso, se les aplicará un código de identificación especial por el que dejan de engrosar las listas del paro. (...)

"No tiene competencias, pero se inventa una para sacar del paro a los demandantes que llevan años sin recibir empleo", le reprochó. Feijóo, que disponía de un turno de réplica, pasó por alto la acusación." (El País, Galicia, 24/02/2011, p. 1)

1/2/11

Así se maquillan las listas de espera

"Jaime López, un coruñés de 71 años, pierde los nervios cuando ve a la conselleira de Sanidade -Pilar Farjas- asegurando que la espera para una operación en Galicia es de poco más de dos meses. Lleva un año esperando una intervención para curar su hernia inguinal y todavía no tiene fecha.

¿Es una simple desviación de la media? No, simplemente, la consellería competente no tiene en cuenta su caso en los balances de las listas que hace públicos. Su expediente está metido en un opaco cajón sin fondo llamado "listas de espera no estructurales", que hace que los datos que las comunidades autónomas presentan cada trimestre sobre las demoras quirúrgicas tengan poco que ver con la espera media real de los pacientes para entrar a un quirófano público. (...)

Los datos publicados reflejan los pacientes en espera de una intervención en un momento concreto. Los últimos, a 31 de diciembre de 2010. Varios profesionales del Sergas aseguran que maquillarlas es tan sencillo como ofrecer a tantos pacientes como convenga una intervención en un centro privado cuando se acercan las fechas.

Si lo aceptan, salen de la lista estructural. Si no lo hacen, algo por lo que opta buena parte de los afectados, que suelen confiar más en los médicos de la pública, también.

Y es eso lo que le sucede a Jaime. (...)

La lista de espera no estructural en la que está no es nueva, no la inventó el Sergas y si sirve para maquillar las cifras hoy, también podía servir con los Gobierno anteriores. Precisamente por eso, el diputado del PP Miguel Santalices se pasó buena parte de la pasada legislatura reclamando al bipartito que la hiciese pública y acusándolo de "maquillaje contable", justo lo que hacen ahora los socialistas.

El ahora presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lo calificaba de "agujero negro" cuando todavía era candidato. Pero con la llegada del PP al Gobierno autónomo ese cajón sigue siendo igual de opaco. En los más de dos años que lleva en el poder, no ha facilitado ni un solo dato de las listas de espera no estructurales.

Al inicio de la legislatura se hizo una auditoría para conocer cuántas personas esperaban una operación fuera de la lista oficial y se cifró en 25.000, alrededor del 35% de espera total. Ahora la Plataforma en Defensa da Sanidade Pública calcula que puede llegar al 50%. (...)

Un portavoz del Sergas explicó a este periódico hace un año que la no estructural no se puede facilitar periódicamente porque no está recogida en los sistemas informáticos de la misma manera que la de la lista de espera oficial." (El País, Galicia, 31/01/2011, p. 4)