Mostrando entradas con la etiqueta Tradicion musical. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tradicion musical. Mostrar todas las entradas

17/5/25

'Pandereteiras de Mens': "O patrimonio oral era a súa vida e circulaba e tiña sentido nela"... É unha memoria feita por mulleres que nunca reclamaron autoría, nin escenario, nin recoñecemento. Mulleres como as pandereiteiras de Mens, que viviron sen saber que eran cultura viva. Mulleres que cantaban e tocaban mentres traballaban, criaban, curaban ou fiaban (Ángela Precedo)

 "Hai un tipo de memoria que non colle nun libro. Vive no corpo, nos xestos, na voz que se ergue sen partitura, no movemento dunha man que marca o ritmo dunha vida. É unha memoria feita por mulleres que nunca reclamaron autoría, nin escenario, nin recoñecemento. Mulleres como as pandereiteiras de Mens, que viviron sen saber que eran cultura viva. Mulleres que cantaban e tocaban mentres traballaban, criaban, curaban ou fiaban. Mulleres que gardaban na súa memoria os cantos da infancia, os sons das festas, os ritmos da aldea. Mulleres que eran arquivo sen sabérense tal. Con motivo deste Día das Letras Galegas adicado á tradición oral das nosas cantareiras, Galicia Confidencial entrevista a Beatriz Busto, antropóloga social e cultural, investigadora, profesora e activista. E fala alto e claro: a oralidade non debe encaixar á forza no molde da literatura escrita e non é necesario convertela en icona para recoñecela. Trátase de darlle valor e coidala como patrimonio vivo que sempre estivo aí.

Busto recoñece que a noticia de que o Día das Letras Galegas deste ano 2025 sería unha homenaxe ás cantareiras chegoulle "con certo conflito". Por unha banda, alega que foi unha "alegría" que se lles outorgase "un recoñecemento público tan relevante no noso país". Pero, pola outra, confesa que existe unha tensión de fondo: "O paradigma das Letras Galegas é un paradigma de literatura formal que non encaixa co da literatura informal". Como antropóloga, Busto sinala que hai dous modelos de creación, de sinatura, de concepto autorial ou mesmo de literatura. "Non estamos a falar do mesmo paradigma e, moitas veces, un entra en conflito co outro", sinala. De feito, como exemplo, apunta ao feito de que as persoas recoñecidas no Día das Letras Galegas deben levar falecidas alo menos 10 anos e, "aínda que hai cantareiras que xa morreron, seguimos tendo mulleres cantareiras moi relevantes a día de hoxe vivas". Por iso, aposta por achegarnos á oralidade dende a súa propia lóxica, dende o seu propio paradigma: "O universo da oralidade e da recreación colectiva".

Ao tempo, manifesta outra preocupación como especialista en oralidade musical que é: que o recoñecemento simbólico do que estamos a falar remate convertendo en fetiche aquilo que debería ser entendido como vivo. "Preocúpame que as efemérides que celebramos rematen por folclorizar ou fetichizar os patrimonios dos que falamos, porque a iconificación e a deshumanización están aí, como riscos", lamenta Busto. Deste xeito, e a pesar da ledicia que lle produce que se poña o foco sobre as cantareiras, insiste en que o verdadeiramente importante é que isto non fique unicamente no xesto simbólico. "Agardo que sirva para que os organismos públicos fomenten investigacións e invistan no futuro dos estudos arredor da oralidade musical galega, algo que nunca fixeron", reivindica, á vez que lanza unha queixa tan clara como certa: "Non temos en Galicia un grao en Antropoloxía Musical, nin en Musicoloxía, nin estudos específicos de etnomusicoloxía, polo que as persoas que queren formarse niso, tendo en conta o rico patrimonio que temos, teñen que marchar fóra".

"AS PANDEREITEIRAS DE MENS FORON POPULARIZADAS PORQUE ENTRARON NUNHA AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA DA CORUÑA, PERO HABÍA MOITAS MÁIS"

A súa obra 'Pandereteiras de Mens' naceu precisamente "en ausencia de institucións públicas que financien investigacións". Foi aCentral Folque quen apostou por este estudo, incluíndoo na colección 'A chave mestra', adicada a figuras relevantes do patrimonio oral galego. Así, Busto explica que as protagonistas do seu libro foron "cinco veciñas labregas de Mens e Asalo --Prudencia, Asunción, Manuela, Teresa e Adela-- que cantaban, tocaban e bailaban, e que acabaron sendo popularizadas porque empezaron a formar parte activa da actividade dunha agrupación folclórica da cidade da Coruña: Aturuxo". Pero advirte tamén de que non eran elas as únicas: "En Mens (Malpica de Bergantiños) había moitas máis, así como nas parroquias darredor, porque todo aquilo era comarca de pandereiteiras e cantareiras", asegura. Ademais, apunta que esas cinco mulleres tiveron visibilidade porque participaron nesa agrupación organizada, pero houbo moitas outras que aínda hoxe son invisibles pola propia natureza da oralidade, que "non responde ao paradigma da sinatura nin ao concepto autorial". "En calquera caso, todas eran portadoras, transmisoras e creadoras", pon en valor.

Partindo desa base, Busto fai fincapé tamén na idea de que a música tradicional formaba parte indisoluble da vida cotiá, non dunha práctica artística consciente. "Este patrimonio era a súa vida, circulaba na súa vida, tiña sentido na súa vida", explica. Por iso moitas nin tan sequera consideraban ser portadoras de cultura. Para entendelo mellor, a antropóloga sinala que sería algo semellante a que dentro dun século a calquera de nós nos recoñezan por unha actividade que facemos no noso día a día de maneira inconsciente e á que non lle damos maior importancia. E iso, di, tamén explica por que moitas destas mulleres non deixaron rastro: "O seu patrimonio e elas mesmas eran fondamente invisibles, porque eran todo o contrario aos modelos que deixan rexistro ou documentación por escrito". Ironicamente, en realidade, "esa era --e é-- a nosa cultura intrínseca", afirma. "Esa é a nosa realidade, o noso xeito de cantar, o noso xeito de tocar, o noso xeito de bailar, tamén con variedades territoriais", resalta.

"O INTERESE POLA TRADICIÓN ORAL QUE VEMOS HOXE É TAMÉN O RESULTADO DUN CAMIÑO COLECTIVO QUE SE LEVA CONSTRUÍNDO DENDE OS 70 E 80"

Sobre o presente, Busto amósase clara: "O interese polo universo da tradición oral vese hoxe porque a industria musical máis potente se interesou e porque sae nos medios, pero houbo outras xeracións antes que tamén traballaron moito por poñer isto en valor: a de Berrogüetto, a de Leilía, a de Milladoiro, a de Fuxan os Ventos...". Por iso, aínda que recoñece que vivimos nun "momento interesante, mesmo glorioso", lembra que este non é un fenómeno novo nin espontáneo. "Este é o resultado dun camiño colectivo que se leva construíndo dende os anos 70 e 80, a diferenza está en que agora temos redes sociais e viralidade e que a industria musical mestura a nosa oralidade popular con estilos que son 'mainstream' na actualidade, pero, ao final, todo o que vemos hoxe é consecuencia dese camiño colectivo", resalta. E lanza un desexo: "Se todo isto serve para que a xente comece a preguntar nas casas quen canta, a consultar arquivos, a cantar, a bailar e a falar en galego... será marabilloso, pero se o momento que vivimos é verdadeiramente transformador para a sociedade galega, aínda está por ver; ogallá o sexa e, de selo, será grazas ao camiño construído en colectivo entre todos e todas".                

(Ángela Precedo, Galicia Calidade, 16/05/25)

27/1/23

Rogelio Groba, o compositor nacido na aldea ao que o pai xordomudo lle inculcou o amor pola música... o compositor de Agroglamour en Cans”... unha oda a aldea de Cans e ó seu festival

 "Unha tarde de 1999 tiven ocasión de conversar por vez primeira co compositor Rogelio Groba. Atopámonos nun plató de televisión. Eu era guionista e responsable das entrevistas nun programa diario en TVE- Galicia que se chamaba “Que Serán”, para o que me reclutara Xosé Manuel Pereiro.

Antes de que Groba pasase ó plató, a unha entrevista en directo, eu era o encargado de estar con él nos minutos previos e anticiparlle por onde ía ir a cousa. Tamén de propoñerlle algunhas pequenas gamberradas, seguindo o estilo do programa de entrevistas que triunfaba na altura, como era “Lo más plus”, no daquela fresco e atrevido Canal +. 

Propúxenlle o chiste que se nos ocurrira para meter no medio da entrevista, que era darlle unha batuta e que dirixise un pouco mentres sonaba de fondo a música do pasodobre “Ponteareas” de Reveriano Soutullo. Groba, que nacera en 1930, era daquela xa un señor maior para a miña idade e olloume de esguello dun xeito displicente. Tiven a sensación de que interiormente estaba mascullando “alucino co que me propón este idiota”, pero traguei saliva e seguín adiante co plan, tratando de convencelo, pois para iso me contrataran.

 “Non sei se sabe que eu hai xa moitos anos que non dirixo, que me adico só á composición”, díxome algo seco na trastenda daquel plató, nun xeito elegante de dicirme que non ía someterse a aquel tipo de trapalladas de guionistas inconscientes, que non sabían medir a dimensión real dos entrevistados. “Home, só é unha pequena broma, un xogo para a televisión, e ademáis pídello un veciño”, díxenlle impulsado pola miña insolencia xuvenil. Daquela Groba preguntoume de onde era. Respondín que de Cans, a aldea que está cerca de Guláns, onde el nacera, só separada no medio polo penedo do Monte Castelo. “Pois xusto en Cans é onde dirixín a banda de música de Guláns, por vez primeira na miña vida”, espetoume, cun dato que eu descoñecía ata aquel momento. A partir de aquí, iniciamos unha interesante conversa, ademáis de entrar no plató, agasallarnos cunha fermosa entrevista que lle fixo Paco Lodeiro e deixarse enredar polo sketch da batuta na súa man.

Na saída da entrevista, xa máis relaxado, tomamos algo. Groba contoume con calma as circunstancias de como un 26 de decembro de 1946, con 16 anos, dirixiu por vez primeira a Banda Union de Guláns, a histórica banda da súa aldea, no Torreiro de Cans. A data sabíaa de memoria, porque era nas festas patronais do Santo Estevo de Cans, sempre ó día seguinte do día de Nadal. Groba empezara case de neno na banda da súa aldea, unha das máis antigas de Galicia, fundada en 1870. Nos días previos á actuación en Cans, o director puxérase enfermo e alguén decidiu que o neno Roxeliño, ata ese momento un pequeno frautista que tocaba unha frauta de buxo, era un rapaz con talento para debutar dirixindo a banda nas festas de Cans. Pouco podía imaxinar que alí, movendo a batuta coas mans case conxeladas polo frío e cos pes mollados enterrados na lama do Torreiro de Cans, estaba a comezar unha exitosa carreira no mundo da música. 

En Guláns, unha aldea de Ponteareas de pouco máis de 700 habitantes, todo latexa ó ritmo da música. Cando un pasea polos seus camiños, de cada casa sae o o son dun instrumento diferente. Neste contexto rural é no que naceu e medrou o compositor Rogelio Groba, cuxa chama ven de apagarse ós 92 anos de idade, na derradeira noite do ano, xusto no tránsito cara o Aninovo. Sempre lúcido, cunha memoria prodixiosa e activo como creador ata as súas últimas semanas de vida, Groba é o máis relevante compositor de música clásica nacido en Galicia no século XX.

 Deixa un extenso corpus como creador de máis de 700 obras, pero tamén un legado transversal no ámbito da música. Ademáis de compositor, Groba foi un pedagogo musical, un investigador con alma de folklorista, escribiu varios ensaios, fixo incursións como editor musical e tamén un relevante xestor cultural musical, impulsando formacións como a Orquestra Sinfónica de Galicia.

Cando Groba naceu en Guláns en 1930, a Unión de Guláns xa tiña máis de medio século de vida e era o orgullo da aldea. O seu pai era barbeiro e rusto enriba da barbería ensaiaba a banda de música. O pai de Groba collía ó seu fillo e levábao con frecuencia ó piso de arriba. Podería ser o impulso natural dun pai que quere aprenderlle música ó seu neno. Mais o certo é que aquel era un pai moito máis especial que o resto dos pais: era xordomudo. Un xordomudo que amaba a música.

Cando coñecín a Groba, naquel plató de televisión a finais dos 90, faloume con moito orgullo de aquel pai xordomudo, da pasión que tiña pola música -que a sentía polos latexos- e de como teimou ata que esa pasión prendeu no pequeno Roxelio e nos seus irmáns.

 Despois de saber a historia de Groba e o seu vínculo emocional co Torreiro de Cans, onde en 1946 debutara como director da Unión de Guláns para orgullo do seu pai xordomudo, sempre pensei en volver lembrar aquel momento. E pensamos que a excusa e o marco perfecto podería ser o Festival de Cans. En 2013 propuxémoslle a Groba visitar Cans para que, case 70 anos despois, volvese exercer de director no Torreiro e rememorar aquel día histórico. Dixo que viría pero, unha vez máis, rexeitaba dirixir. Pero, unha vez máis tamén, convencémolo. Dirixiu simbolicamente unha peza coa Banda de Salceda e colocamos unha placa no Torreiro de Cans no seu honor, acompañados de músicos de diferentes estilos como Uxía, Julián Hernández ou Cristina Pato. Foi un día de gran emoción, no que tamén estiveron como convidados Dionisio e Xosé, dous dos músicos que tocaran con aquela banda o día do seu debú, había case 70 anos.

Ao cabo de poucos días chamoume Manrique Fernández, que daquela era xerente da Fundación Rogelio Groba, para trasladarme o agradecemento de Groba. Díxome que Groba viña tan emocionado e tan impresionado pola homenaxe e o recebemento, que estaba pensando en compoñer algo como agradecemento á aldea. Nunca máis pensara naquilo e, uns meses despois, volveron chamarme da súa fundación para pedirnos unha dirección postal. Uns días despois chegou unha partitura completa encadernada co seu título correspondente: “Agroglamour en Cans”, na descripción do Mestre Groba “unha oda a aldea de Cans e ó seu festival”. E en 2014, para pechar o círculo, volvemos convidar a Groba ó Torreiro de Cans. Esta vez, xa só en calidade de compositor, para asistir á estrea da súa obra, do legado que nos deixou. Por fin Rogelio Groba, o neno de Guláns fillo do barbeiro xordomudo, regresaba ó Torreiro de Cans como compositor. E por fin se pechaba o ciclo daquela conversa que comezara quince anos atrás na trastenda dun plató de televisión."                 (Alfonso Pato , eldiario.es, 03/01/23)

8/1/23

Miña avoa de Vigo, Carmen, cando eu era un cativo, sempre me cantaba esta Cantiga de Reis... (Manuel Germade)

Manuel Germade @ManuelGermade

Minha avoa de Vigo, Carmen, cando eu era un cativo, sempre me cantaba esta Cantiga de Reis nó día de hoxe. Esta música popular forma parte do noso patrimonio cúltural, que é un tesouro a preservar e transmitir.

Eu veñ cantar aos Reis,

Pola follina da viña

Señora ábrame a porta

Que quero ver a lapiña.

E vós ben sabeis

E vós ben sabeis

Que na noite de hoxe

Cantàbase aos Reis.

Eu veño cantar aos Reis

Non é por viño nin pan

Eu veño a esta casa

A cumplir unha obriga

Eu venho cantar aos Reis

Pola folla da aboboreira

Ábrame señora a porta

Que estou nos pingos da beira

Eu veño cantar aos Reis

Pola folliña do feno

Señora ábrame a porta

Que estou na rúa ao sereno

Polo buraco da chave

Vexo xurdir unha luz

Ábrame señora a porta

Polas chagas de Xesus.

Eu veño cantar aos Reis

Pola folliña da fiestra.

Grazas a Deus pra sempre

Que xa vexo a porta aberta.

11:50 a. m. · 5 ene. 2023 desde Mondoñedo, España
1.015 Reproducciones 10 Retweets 29 Me gusta

2/2/22

Tanxugueiras se ha convertido en un símbolo nacional... un símbolo emergente que expresa ambigüedad y encabalgamientos, contradicciones e identidades múltiples. Identidades posnacionales

 "Desde un punto de vista artístico, poca duda cabe de que Eurovisión es una astracanada comercial. Si en sus orígenes de posguerra cumplía una función, la de contribuir a crear una suerte de esfera pública europea, a cargo de Eurovisión, desde principios del siglo XXI, si no antes, se ha convertido en un espectáculo mediático y monetary, que diría Chanel. 

 Se intentó revitalizar mediante la apertura de las votaciones al público, y no dejarlo todo al albur de los jurados de cada país participante. Sigue siendo, con todo, considerado por muchos un escaparate del honor de cada país. Un escenario más o menos igualitario en el que Malta puede vencer a Alemania, y los pequeños ganar mientras los grandes se preguntan año tras año cómo evitar hacer el ridículo

 Una competición de orgullo nacional y europeo que, al tiempo, se ha desnacionalizado de modo galopante: no son muchos los países que envían canciones en sus propias lenguas, con lo que el morbo que tenía, pongamos por caso, escuchar a un grupo israelí cantar en hebreo, se ha desvanecido.

 Quedan, sin embargo, aldeas que resisten al invasor anglófono en la música. España, se supone, es una de ellas. O no. No cantar en inglés resta votos, opinan muchos. Pero es casi un axioma para muchos patriotas televisivos que hay que mantener la participación cantando en castellano, aunque se introdujesen ripios como Europe is living a celebration y otros barbarismos, bárbaramente pronunciados. ¿Y por qué no cantar en otras lenguas de España?

Serrat lo intentó. Pero eran tiempos de dictadura. El grupo Tanxugueiras lo ha intentado de nuevo, en buena lid y con un inusitado apoyo del público. Un producto musical con raíces populares, un alalá, debidamente modernizado, feminizado y con una puesta potente en escena. Pero, gran error, se trata de un tecno-folk inaceptable para muchos (la rumba de Peret sí lo era, por cierto), con sus aturuxos guturales, nada moderno, como lo que le gusta a la juventud de hoy. 

Y en gallego, que no lo van a entender, que seguro que el telespectador georgiano y la internauta lituana se van a dar cuenta de que no es castellano. Como, además, en Eurovisión lo que más importa es la profundidad e inteligibilidad de las letras, seguro que sería una mala representación de España.

 No entramos en si, desde un punto de vista musical, Tanxugueiras era mejor que Rigoberta Bandini o la canción ganadora. Cinco expertos tiene la Iglesia. Las preferencias del público quedaron claras, en todo caso. Lo fascinante para un observador poco interesado en Eurovisión y sus alharacas es la celeridad con la que Tanxugueiras se ha convertido en un símbolo nacional. De una nación sin Estado, la gallega, para muchos galleguistas, sin duda. 

Pero también de una nación plural o multicultural, la española, para buena parte de la ciudadanía española. El sábado 29 de enero por la noche eran muchas las personas de mi entorno que incitaban a votar por las Tanxugueiras; gente que nunca se había interesado por Eurovisión, y también poco sospechosa de simpatías galleguistas.

 En las redes sociales se sucedían comentarios jugosos. Algunos de ellos evidenciaban que, para una parte del nacionalismo español tradicional(ista), Tanxugueiras no podía representar a España en una tribuna internacional por el mero hecho de no cantar en castellano. A eso se añadían prejuicios: que si se expresaban en un idioma inventado, como medio sugirió una presentadora autocorrigiéndose; que si eran caballos de Troya del separatismo galaico.

 Que si eran unas paletas progres que no merecían representar la españolía en el mundo… y algún prejuicio antigallego que aún sale a relucir en ocasiones puntuales. Que a España la vaya a representar en Eurovisión una canción de cualidades líricas discutibles, con un sonsonete machista y en un spanglish de pacotilla tecnopija, no parece causar tanta reacción, aunque se espera la opinión de los defensores del castellano al respecto.

 El debate en Galicia no es menos fascinante. De repente, las Tanxugueiras son un hito más del síndrome da aldraxe, del ultraje, tan propio de la esfera pública galaica desde la Edad Moderna. España nos desprecia o nos tiene manía. En poco tiempo se ha unido a otras polémicas de menor eco, como que en el Estatuto de Asturias el gallego hablado en su parte oriental pase a ser “eonaviego”, por decisión de no se sabe qué instancias pseudocompetentes.

 Y por mucho que nos esforcemos y montemos Xacobeos, no nos quieren. Voilà, opinan otros, ¿qué más pruebas queremos? Que nos dejen irnos y quizá hablamos de un Estado asociado con Portugal, más aún si el país vecino estuviese dispuesto a que el trío gallego lo representase en Eurovisión.

 Personas que no moverían un dedo en movilizarse por que se incrementase el número de horas docentes en gallego en la enseñanza primaria y secundaria, que no hablan en gallego a sus hijos, o que en el fondo opinan que con la lengua propia no se va a ninguna parte, de repente están indignadas (al menos telemáticamente) por la discriminación hacia la lengua gallega a nivel simbólico. Una lengua que a fin de cuentas es cooficial.

 Hay quien estima que, ya que la ciudadanía galaica ha experimentado este subidón reivindicativo y ha encontrado un símbolo inesperado en un genial trío de artistas, hay que aprovecharlo y canalizar esa frustración por otras vías más trascendentes. Un procés tanxugueiro.

Quizá sea todo flor de un día. O no. A veces la historia se escribe con renglones inesperados. Más allá de su componente reivindicativa, feminista y en clave empoderada, y de la protesta por que la decisión de cinco personas tuerza el voto popular, dicen que para evitar Chikilicuatres (el pueblo, ya sabemos, se equivoca), dos lecciones rápidas se pueden extraer de la polémica.

 Primero, las Tanxugueiras son una buena muestra, por un lado, de la trivialización de las identidades, nacionales o regionales, y su conversión en objetos de consumo masivo y rápido. Imitar el peinado de las cantantes, o cantar sus “alalás” (lo del aturuxo es más difícil), puede convertirse en una profesión de fe que sustituya a la bandera albiceleste con o sin estrella roja. O quizás de una bandera republicana. Pues, por otro lado, el trío galaico también es una muestra de la ambigüedad de los símbolos. La galleguidad en masa, diáspora incluida, se movilizó el sábado 29 para votar por las que veía como sus representantes.

Segundo, fueron muchos los no gallegos y gallegas que votaron por ellas, o por Rigoberta, como muestra de que España podía verse representada por la periferia, en otras culturas e idiomas, exhibiendo un producto original con raíces autóctonas y variadas (exóticas, dirían algunos: a fin de cuentas, quizá los “alalás” vengan de África). Exhibiendo, en definitiva, su pluralidad por el mundo.

 Más allá de los criterios musicales y de las apuestas por productos de consumo masivo que puedan ganar, o de tongos y otros debates, las Tanxugueiras parecen ser un símbolo emergente de algunas paradojas nacionales de la España de hoy. Un símbolo que expresa ambigüedad y encabalgamientos, contradicciones e identidades múltiples. Identidades posnacionales. Pero parece que, parafraseando la excelsa letra ganadora de Benidorm, una parte de España no está ready. Ella se lo pierde."                           (Xosé M. Núñez Seixas, El País, 01/02/22)

26/5/21

El Festival Bal y Gay reúne en pueblos de Lugo a virtuosos de renombre para “democratizar” la cultura. El olimpo rural de la música clásica

 "Los vecinos de A Mariña saben lo que es tomarse el aperitivo con una celebridad de la música clásica. 

Esta comarca lucense de 80.000 habitantes se ha convertido en los últimos años en punto de encuentro de algunos de los mejores instrumentistas del mundo. Recalan allí cada verano para ofrecer conciertos y clases magistrales, cenan con el público y se visten de turistas para descubrir, por ejemplo, que en este rincón del norte de Lugo se conserva la iglesia más antigua de España. El fenómeno es mérito del Festival Bal y Gay, fundado en 2014 por Enrique Rodríguez Baixeras, un melómano empeñado en “democratizar la cultura”.

Tras una vida profesional en la que fue pionero del cine en gallego durante la dictadura y trabajó en la Filmoteca Nacional, Rodríguez Baixeras decidió disfrutar de su jubilación en Nois, la aldea del municipio de Foz (Lugo) en la que nació hace 68 años. Junto a su hija Alba, clarinetista, gestora cultural y actual directora del Festival Bal y Gay, se lanzó a organizar unos cursos en el centro social de la parroquia que sirvieran para difundir la música clásica. “Pensamos en traer buenos profesores para así atraer también a buenos alumnos”, explica. Uno de aquellos maestros de renombre fue el valenciano Vicente Alberola, primer clarinete de la Mahler Chamber Orchestra, que se implicó con entusiasmo en el proyecto.

A las clases les seguían unos conciertos que se abarrotaban de lugareños. Para sorpresa de los promotores, la iniciativa despertó el interés de personas ajenas hasta entonces a la música clásica, que prorrumpían en aplausos entre movimiento y movimiento. En la tercera edición se disputó un concurso de clarinete y los tres finalistas interpretaron un concierto de Mozart que duró tres horas. “La gente”, recuerda Rodríguez Baixeras, “llenó el local y aguantó allí sin moverse”. Ahora, cuando va a tomar un vino al bar, los vecinos abordan al presidente de la Fundación Bal y Gal para preguntarle cuándo será el festival y qué virtuoso los honrará con su presencia. “Es gente que nunca se preocupó por la música clásica y que ahora la necesita para vivir”, celebra él.

Schubert resonó este fin de semana en A Mariña en una edición especial de primavera por el Año Xacobeo. El austriaco llegó de la mano, entre otros, de la pianista Judith Jáuregui o del tenor Christoph Prégardien, admirado mundialmente como cantante de lieder. Las entradas se agotaron en tres días. El pasado sábado decenas de vecinos esperaban a las puertas de la iglesia de San Salvador de Lourenzá para entrar a escuchar al Cuarteto Cosmos y al violonchelista Fernando Arias. Eliseo Rodríguez cuenta con orgullo que a la comarca “vienen los Messi de la música clásica”. “El verano pasado nos tomamos un vino con Floristán”, añade, refiriéndose al pianista Juan Pérez Floristán, que acaba de ganar el prestigioso concurso internacional Arthur Rubinstein. Manuel Fernández coincide: “Para profanos como nosotros poder disfrutar de artistas de este nivel es una maravilla”.

 El festival proseguirá su octava edición entre el 18 y el 26 de agosto, con un homenaje a Gershwin y el genio del pianista Javier Perianes, el guitarrista Pablo Sáinz-Villegas, el Cuarteto Casals o la Orquesta Sinfónica de Galicia. El objetivo es acercar la música clásica a las zonas rurales “sin desvirtuar las propuestas artísticas, respetando siempre la excelencia”, explica Alba Rodríguez, directora del festival.

En A Mariña la música clásica no resuena en grandes salas. Los artistas interpretan sus instrumentos arropados por una muchedumbre, al pie del altar de una iglesia o rodeados de árboles centenarios. Virtuosos acostumbrados a otear al público desde imponentes auditorios de Viena, Milán o Berlín “se sorprenden de la magia y la cercanía que pueden sentir en estos pequeños espacios, donde el cariño les llega más”, destaca la directora del festival.

El Festival Bal y Gay, que toma su nombre de un musicólogo de Lugo que perteneció a la Generación del 27 y fue amigo íntimo de Igor Stranvinsky, es mucho más que un programa de conciertos. Incluye talleres didácticos, conferencias y visitas culturales y ha constituido una orquesta de cámara “con los mejores músicos españoles que tocan en las mejores orquestas del mundo”, afirma Rodríguez Baixeras. Este dream team, compuesto por instrumentistas de la Orquesta Nacional de España, la BBC Scottish Symphony Orchestra o Les Dissonances, se reúne cada verano un par de días para ensayar y luego ofrece una actuación. Este verano alumbrará El Amor Brujo de Falla.

La fundación se propone ahora montar una ópera con estudiantes de colegios e institutos de la comarca. La entidad pondrá la orquesta y los chavales, el vestuario y sus voces para los coros. Rodríguez Baixeras busca crear comunidad, que niños y jóvenes de distintos municipios se relacionen: “Puede que de esto salga algún músico, pero lo que pretendemos es que los chavales se integren en la sociedad a través de la música”.                  (Sonia Vizoso, El País, 16/05/21)

21/1/20

Traendo á memoria os cantos das conserveiras contra os abusos dos seus patróns

"As mulleres das fábricas de conserva facían canción protesta, nin máis nin menos. Fronte ás inxustizas laborais, elas botaban poderosas coplas pola boca: "Nesta fábrica de Massó, me estou deixando a vida...". Aquí vai o proceso de descuberta desta historia silenciada, da man do escritor Xurxo Souto.

 Esta é unha historia de metaliteratura, dunha literatura que chamou por máis literatura, por máis historia. O escritor Xurxo Souto é o impulsor dela e o mar, o punto en común de todo canto a rodea. A andaina comezou cando o autor deu en publicar A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018), que conta as aventuras dunha patroa de pesca que capitaneaba nun gran sol. 

De aí en diante, todo foron fermosos descubrimentos. Xurxo Souto iniciou unha xira de presentación do seu libro á que chamou 'Ruta Vigocoruñenta' baixo a premisa de que Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade. Ao longo deste camiño atlántico, a música foise facendo oco de maneira natural, e todo un cancioneiro propio das mulleres do mar que ata daquela permanecera agochado se foi abrindo paso entre conversa e conversa. Ás veces, resta con tirar un chisco do fío para descubrir grandes historias, para rescatar do esquecemento ou do silencio aquilo que durante anos quedou marxinado na memoria das nosas avoas, portas cara adentro. 

UN MAR DE MULLERES

Di Xurxo Souto que o libro é unha escusa para comunicarse e coñecer outras persoas en directo. Tamén para reivindicar as mulleres do mar e o seu xénero sonoro co que se foi atopando polo camiño. 'A gran travesía de Chiruca Macallás' fala dun mar onde as mulleres son as protagonistas. Trata, daquela, esa "dobre invisibilidade": o mundo do mar invisible e o mundo das mulleres invisibles. 

Diante de todas as dinámicas de localismos, Xurxo Souto procura facer ver que as galegas dunha punta e doutra non son tan alleas entre si. "A Coruña e Vigo son a mesma cidade", proclama con orgullo. A súa teima é superar tópicos para decatarse de que "unha rapaza do Calvario é cuspidiña a un rapaz dos Maios". Acontece que na terra reina o "negocio da incomunicación", que segundo di, leva por nome AP-9.

"Cando falamos do mar sempre nos poñemos bucólicos, pero non é un pasado bucólico, é o único futuro. O gran futuro. Coma o gando. Se lle dá un arrouto a Amancio Ortega leva Inditex para Singapur, pero en cambio o mar non se pode levar". Sempre está aí, el e mais as xentes que o traballan, resistindo á "educación terrícola" do mundo. Conta Xurxo Souto que na India, unha pequena achega económica da man das mulleres pode activar a sociedade enteira. "Iso é o que pasa nas rías galegas, xestionadas por mariscadoras que producen a excelencia". Por que non temos estas mulleres, daquela, como a referencia?

O UNIVERSO SONORO DAS MULLERES DO MAR

Xurxo Souto cita o estudoso sueco Staffan Morling: "Galicia non é a fin do mundo, é o centro do mar". Un mar cun universo sonoro á par del. Os cancioneiros galegos estan cheos de cantos de traballo, mais neles non veñen recollidos os cantos concretos das mulleres do mar, e moito menos, os das traballadoras das fábricas de conservas. Agora moitas delas xa van maiores, pero na súa memoria seguen resoando aquelas coplas que botaban contra os abusos e as explotacións dos seus patróns. Eran cantos rebeldes, empoderados. Era a palabra facendo fronte ás inxustizas laborais, á precariedade...

A nosa virxe do Carme
Fixo unha casa na ría ( bis)
Pa ver as de Tenaisié
Como fabrican sardiña (bis)
Veña sardiña, veña cabala
Veña tamén mixillón
Despois de máis de dez horas
Hai que ir cargar cameóns
Cando queres ir pra casa
Co corpo coma fariña (bis)
Alá vén señor Ribeiro
Aínda hai que aceitar sardiña (bis)
Cala a boquiña, anda lixeiriña
No esteas a protestar
Que como ábra-la boquiña
Mañá non vés traballar.

Isto cantaba Rosa, A Anaca, coa súa compañeira Carmen, A Cadela, as dúas traballadoras da fábrica de Tenaisié, no Grove. Carmiña, de Massó, entoaba estoutro...

Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
De tanto empacar sardiñas, teño as manciñas perdidas
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
E cando pasa Manuel, e nos encontra charlando
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
Levanta a vista pra arriba, e baixa a vista pra abaixo
Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu.
Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida

Nesta mesma fábrica, en Bueu, Maruxa traballaba ao tempo que cantaba...

Ahora que estabamos ben,
Dábamolo por ben feito
Chega o camión do bonito
A rebentarnos do peito.
E despois cando acabamos,
Vamos correndo pa riba
Alá vén o encargado,
Mándamos coller sardiña.

As mulleres da Guía (en Meira) tamén reivindicaban os seus dereitos laborais a través do canto. Botábanlle coplas coma esta:

Somos as da Guía
Aquí as estamos
Si non nos dan suba
Non lle traballamos

Apañar esta nosa historia serve para que tomemos consciencia da importancia deste sector operario, conta Xurxo, e tamén das condicións en que traballaban milleiros de mulleres nas fábricas que se espallan ao longo da costa, "dende Alfagene en Vigo ata La Pureza en Cariño". Para o escritor tamén foi todo un descubrimento. A primeira copla que escoitou foi unha de Carmiña de Cangas, traballadora da fábrica de Massó. 

 "Pensei que era unha anécdota, pero cando cheguei á Illa de Arousa, vin un rapaz que empezou a fozar no ollo. Díxome: 'Estou emocionado porque a miña avoa tiña unha canción igual para meterse co encargado que as explotaba na Goday, fábrica de conservas na illa". Daquela, Xurxo Souto tívoo claro: "Aquí hai un xénero".

Toda unha literatura sonora. Canción protesta feita por mulleres. "Ninguén se preocupou deste xénero porque eran mulleres, porque eran obreiras, e porque eran do mar", reivindica o escritor. Mais o valor destas palabras acompasadas coa música é inmenso. E por iso mesmo, un grupiño de xente no que tamén anda polo medio Xurxo Souto vén de crear o coro Boghino de Caión, que volve entoar estas poderosas cantigas na ruta 'Vigocoruñenta' coa que o autor presenta o seu libro, tece historias e fai memoria.

RECONSTRUÍNDO AS MITOLOXÍAS

Xurxo Souto propón a revolución das mulleres do mar. E nesta revolución, a mitoloxía tamén xoga o seu papel, pero reconstruída. "O gran mito do mar é o máis alá e a illa do paraíso", relata Souto, pero todos os que descubriron esa anhelada illa foron homes. "Que pasaría se as navegantes foran, pola contra mulleres?". Por estes novos mundos non andados - ou nadados - móvese o autor, que procura un mar onde elas sexan as protagonistas.

Está convencido de que hai que crear o mito da muller sol. "Na cosmovisión contemporánea todo está moi codificado. Ao home tócalle ser o centro da vida pública -o sol- e a muller ten o seu espazo, o doméstico - a lúa, a noite -. Non se trata de que as mulleres adquiran roles masculinos, senón de que se cree un mundo, unha cosmovisión, onde todas teñamos sitio", sentenza. Cómpre, daquela, navegar novos mares. Xurxo Souto remexeu nas memorias das traballadoras do mar para dignificar o traballlo de todas elas. Cómpre coñecermos a historia para camiñar cara a un futuro máis xusto. 

Este venres a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, no Berbés (Vigo), acolleu boa festa a cargo das aventuras de Chiruca Macallás e o coro Boghino de Caión ás sete da tarde. E este sábado 28, Xurxo Souto viaxa ata A Coruña, concretamente ao Muro, onde convidará a guiso de choupas no mesón Chicote, acompañados tamén cunha sesión de "Cantos de traballo das mulleres do mar". Xa ás 18:00 horas, a festa trasladarase á Sacabeira de Sargadelos, en Cervo, na Mariña.
"E seguiremos!", di un Xurxo Souto entusiasmado. Queda tanta historia por contar."                   (Uxía Iglesias, Galicia Confidencial, 27/12/19)

13/5/19

Tanxugueiras e Os Azeitonas, autoras das mellores cancións de 2018

"Cinco mil votos determinaron que as mellores cancións do ano 2018 foron Que non mo neguen, das Tanxugueiras, e Efeito do Observador, dos Azeitonas. Así o recoñece o certame aRi[t]mar galiza e portugal, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela.

As galegas Tanxugueiras parten da pandeireta e o baile tradicional pero abren a súa proposta para “conectar oriente e occidente”. “Cun empaste nas voces pouco común” e unha banda de directo formada por músicos de longa traxectoria -procedentes de Berrogüetto, Uxía, Budiño ou Alvariza-, Tanxugueiras tenden pontes entre “a tradición ibérica e o maxín atlántico e os cheiros de ultramar”.
Pola banda portuguesa, Os Azeitonas facturan power pop. Impulsados nos seus inicios por Rui Veloso, levan publicados seis discos.

Tras Os Azeitonas e Tanxugueiras, as artistas máis votadas foron Guadi Galego e Mariza; Nao e António Zambujo. “O certame voltou xerar moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular”, explica o director da Escola Oficial de Idiomas Gonzalo Constenla.

aRi[t]mar galiza e portugal continúa co apartado de poemas, que se votarán entre abril e o 20 de maio.
aRi[t]mar galiza e portugal é un “proxecto didáctico cultural que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países”. Creado pola Escola Oficial de Idiomas, conta co patrocinio do Concello de Compostela, a Deputación da Coruña, a Xunta, o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e do Instituto Camões."                (Sermos Galiza, 21/03/19)

3/5/19

Un novo movemento de bailadoras e de escolas está a defender o baile tradicional galego como algo vivo estendendo foliadas onde mandan a espontaneidade e se abandonan os vellos xeitos folclorizantes

"Un novo movemento de bailadoras e de escolas está a defender o baile tradicional galego como algo vivo: desmontando estereotipos machistas ou estendendo foliadas onde mandan a espontaneidade e se abandonan os vellos xeitos folclorizantes. Cuestionan desde o feminismo o “isto sempre se fixo así” dos sectores máis “puristas”.     (...) 

Carme Campo é profesora de baile tradicional na Gentalha do Pichel (Compostela) e, xunto con Chus Caramés, impulsora do proxecto Andar cos tempos que busca “revisar o baile e a música tradicional con perspectiva de xénero”. 

A Gentalha é un centro social, entre outras cousas pioneiro no ensino do “baile tradicional espontáneo”, que cumpriu 15 anos de andamento no 2019. Campo deu clases de baile desde o comezo e, polo tanto, o de pioneira tamén vai por ela. “Cando comecei a dar aulas atopeime con que teño que analizar como trasmito, como ensino.

 Foron as miñas alumnas quen me preguntaron ‘como home como teño que por os brazos?’ ou ‘como muller teño que saltar máis ou menos?’. Eu tiña consciencia de xénero e pregunteime: ‘cal é o sentido de manter uns estereotipos que no resto da miña vida non son válidos?’ Ante esta pregunta véñenme coa resposta de sempre: téñense que manter estes estereotipos porque é o tradicional”, conta.  (...)

A Pontraga é un lugar da parroquia de Numide, concello de Tordoia. De aí é Carme Iglesias quen, ademais de profesora de baile e pandeireta, é integrante do grupo de música tradicional Bouba. A particularidade do lugar é que —a diferencia doutros sitios— conseguiron manter certa interxeneracionalidade. “Non dun xeito directo como hai 60 anos” aclara. 

“Os rapaces aprenden a bailar nas aulas, mais ao mesmo tempo están en contacto con xente maior que tocou e bailou sempre e tamén con nós —a miña xeración— que aínda que temos unha visión máis artística, valoramos o traballo comunitario e sobre todo o traballo no rural”, conclúe. 

“Cando comecei a bailar non tiña nen idea de que existían tipos distintos de baile. Con nove anos dinche: ‘a muller non baila, só acompaña’, ‘as rapazas só medio sorriso’, ‘non saltes tanto’… No momento non te dás conta, mais cando tes 14 ou 15 anos xa pensas que algo pasa”. No seu caso produciuse un antes e un despois cando a Asociación Cultural Brisas do Quenllo —fundada por catro amigos, entre eles seu pai— decidiu “falar coa xente da parroquia e xuntala, xente da que sabían que bailaban de mozos e tal”. 

“Cando vimos bailar a aquela xente flipamos. Nós tiñamos aulas na asociación que mantiñan o xeito de ensino tradicional da Sección Femenina e cando vimos aos vellos a improvisar, a mudar de posición e de parella… Non entendiamos o que estaban a facer. Ver iso fixo que comenzásemos a interesarnos e a partir de aí combinamos todos os domingos”, conta.

 Para Iglesias está claro que o texto da Declaración do BIC “só representa o espectáculo de escenario, non o baile que está vivo”. Ademais afirma que poñen como características propias do baile: “as dúas filas, unha de homes e unha de mulleres; o feito de que o home ten que ser quen saca sempre; o home salta máis, e leva os brazos mais arriba, a muller máis abaixo…”  (...)

“O baile folclorizado naceu a finais do século dezanove e comezos do vinte”, conta Carme Campo. “A transmisión da danza deixou de ser familiar e comezou a ser regrada, a través das agrupacións e dos coros. O obxectivo era subir ao escenario un espectáculo que obedecese a unha foto fixa –a romántica e costumista–. Marcouse o que se debera considerar tradicional, esencial da nosa identidade e do noso folclore”, conclúe. Isto mantívose até o franquismo, cando nacen os “Coros y Danzas” da “Sección Femenina”. 

Esta agrupación franquista fixo recollidas de campo, mais a súa finalidade non era amosar a realidade musical de Galiza. Beatriz Busto Miramontes, antropóloga cultural e musicóloga, nun artigo titulado O poder do folclore: os corpos en NO-DO (1943-1948) afirma que para ‘Coros y Danzas’, “non era en absoluto necesario recoller todos as variedades que se bailasen de xeito real nas vilas, senón que con achar un ou dous que resumisen a Galiza, incluso homoxeneizándoa ou estereotipando a súa música ou o seu baile, o obxectivo estaba cumprido”. 

Busto conclúe que estas agrupacións “non só representaban unha e outra vez os significados de xénero que xa existían na sociedade [...] senón que inventaron movementos concretos que evidenciaban máis ainda os roles de xénero asociados á muller: o coidado, a feminidade, a delicadeza, a pureza, a alegría, a dozura, a maternidade, a inxenuidade”. 

 Nos anos 70 moitas das persoas que traballaban coa “Sección Femenina” rompen con ela, voltan ás aldeas e “elaboran outras montaxes folclóricas, que consideran que son máis tradicionais”, continúa Campo. “É importante salientar que a xustificación destas agrupacións sempre é a mesma: achegarse máis ao tradicional. O problema é que as recollas dos 80 fixéronse co vello ideal decimonónico: a sociedade era machista, logo os códigos que se recolleron tamén” afirma.

 Na mesma liña, Iglesias comenta que cando comezou a dar aulas non quixo “manter certas cousas”. Daquela xa entrara en contacto co baile espontáneo. “Eu puña as nenas a sacar, dicíalles que levantasen a saia [para que se vise como sacaban o punto]… iso considerouse unha ofensa moi grande por parte das agrupacións folclóricas”, lembra. 

Aínda a día de hoxe, a transmisión de estereotipos de xénero no baile é habitual nas aulas. Non obstante, Xulia Feixoo ten claro que: “Se queremos seguir transmitindo o noso patrimonio temos que seguir facendo modificacións para que non sexa nocivo para nós. O tema do xénero é clave, temos que analizalo e revisalo”.  (...)

Desde o respecto cara o pasado, o noso patrimonio transfórmase grazas ás ópticas do presente. En palabras de Carme Iglesias: “É un movemento de volta ao baile espontáneo e que se nutre dunha serie de asociacións e de persoas que están a rachar cos roles”.             (Raquel C. Pérez, Roi Ribeira, O Salto, 26/04/19)

1/12/16

Adeus aos pagos en negro nas orquestras?

 Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com

"O das orquestras de verbena é un dos maiores subsectores da industria cultural do país. Con todo, até hoxe as relacións laborais nel estaban completamente desrreguladas.

Isto facilitaba o abuso a través da figura dos falsos autónomos e pagamentos en negro masivos, como o polo que está a ser investigado Espectáculos Lito, o que era o principal operador no país.

 No sector aplicábase, cando se aplicaba, o convenio de sala de festas estatal, de peores condicións e evidentemente non acaído a realidade moi estacional da economía das romerías.

A situación pode mellorar agora porque, tras tres meses de negociacións, os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF veñen de presentar en rolda de prensa o articulado definitivo do “I Convenio Colectivo do Sector de Orquestras de Verbena de Galicia”. Segundo datos facilitados por Comisións Obreiras, o asinado afectará directamente a uns 4.500 traballadores dunhas 300 orquestras galegas.

Os sindicatos asegura que se trata de todo un “fito” que non estivo exento de dificultades e ameazas que mesmo puideron fanar as negociacións. Un dos primeiros retos foi o de conseguir que a patronal se organizase para poder establecer as mesas de negociación.

 Así, antes do verán pasado, vían a luz AGO e ASEVEGA, entidade esta última que se desmarcou na penúltima xuntanza. A CIG acúsaa de”ter intentado rebentar o proceso, dedicándose a asinar diferentes convenios de empresa de xeito simultáneo”. “O seu representante acordaba convenios en precario con salarios de 30 euros ao día en empresas nas que se manipularon eleccións sindicais”, denunciaron.

Segundo Pedro Pérez, secretario de negociación colectiva da CIG-Servizos, no sector prima “que cada empresario actúe como lle vén en gana sen ter en conta os dereitos dos traballadores/as”. Alén disto, séntanse as bases para que as orquestras materialicen o requisito de se constituíren como empresa, algo que “contribúe a regularizar o sector”, segundo o sindicalista.

O convenio regula os ámbitos, organización do traballo, clasificación de persoal, tempo de traballo, estrutura retributiva, réxime disciplinario, dereitos sindicais e saúde laboral.

No tocante ás retribucións, establécense diferentes táboas dada a realidade da existencia de pequenas, medianas e grandes orquestras, en función da súa facturación anual. Estarán obrigadas a entregar as contas á comisión paritaria para poderen clasificarse na súa correspondente táboa.

Distínguese, asemade, entre temporada alta, do 1 de maio até o 31 de outubro, e temporada baixa, o resto do ano. Así mesmo, regúlase tanto o tempo de traballo como a xornada ordinaria, cunha xornada máxima anual de 1.680 horas, distribuídas en 36 horas semanais.

Tense en conta, tamén, unha maior cobertura de incapacidades temporais dada a realidade e especificidade do sector (viaxes, pernoctacións…) así como dos riscos laborais ao estaren traballando sobre escenarios ou plataformas elevadas.

Raimundo Méndez, de UXT, valorou que, ao partir de cero, o convenio colectivo asinado o pasado luns regula cuestións como a xornada laboral (que pasa a ser de 1.680 horas anuais), os descansos (que antes non se contemplaban), as enfermidades (cunha cobertura do 85% durante os primeiros 20 días e do 100% a partir de aí) e as coñecidas como 'sesión vermú', que antes nin se pagaban.

As empresas tamén terán a obrigación de computar os ensaios como xornada laboral, algo que ata o momento non se facía, ante a indignación da parte social; e os profesionais cotizarán "como un traballador máis", de modo que verán factible o acceso ás prestacións sociais.

Enrique Pérez, de CSIF, reivindicou que, aínda que a negociación foi "difícil", chegou a "bo porto", e agora, no suposto de verse na necesidade, un traballador poderá acudir aos xulgados para demandar os seus dereitos.

Mentres, Pablo Morán, músico de profesión, tivo palabras de recordo para Benedicto García, cantante, profesor e sindicalista que estivo vinculado ás colectivo Voces Ceibes, e para Anxo García 'Gelo', actual alcalde de Oleiros (A Coruña), pola súa pioneira tarefa neste campo."           (Galicia Confidencial, 18/11/16)

4/3/16

El ocaso del rey de las verbenas en Galicia... chantajeando con la Panorama y la París de Noia

"Las verbenas no solo son una forma de vida en Galicia, sino también un gran negocio. No hay ciudad, pueblo o parroquia que no quiera competir con sus vecinos más próximos a golpe de orquestas, que se cuentan por cientos. Con dos como protagonistas destacadas: Panorama y París de Noia, con cachés de hasta 25.000 euros. 

Su representante, y el de otro medio centenar de combos quizá no tan afamados pero igualmente solicitados, se llama Ángel Martínez Pérez, 'Lito', y atraviesa un momento delicado, ahora que se dispone a cumplir tres décadas en el sector. En los próximos días deberá comparecer ante el juez por un presunto fraude fiscal de casi nueve millones de euros.

No es su único problema judicial, sino una pieza separada de una reclamación total por parte de Hacienda de 20 millones de euros por no declarar IVA, IRPF ni impuesto de sociedades, lo que, junto a otros supuestos fraudes millonarios en sus declaraciones de la renta, puede acabar con sus huesos en la cárcel. 

El caso que el día 11 de marzo lo llevará ante el juez de Caldas de Reis (Pontevedra) está relacionado precisamente con la orquesta Panorama, la de mayor prestigio de Galicia, que fue sometida a una demoledora inspección del fisco.

Desde la primera denuncia, las restantes contra las empresas de Lito se han sucedido con notable premura, debido a la proximidad del plazo de prescripción. El fiscal le imputa la comisión de seis delitos contra la Hacienda pública solo por el caso de la Panorama y los ejercicios de 2011 y 2012.

 Las dos otras grandes de las verbenas gallegas, como Filadelfia o París de Noia, se verán más adelante en distintos juzgados de Galicia. Junto con Ángel Martínez, figuran como querellados otros cuatro miembros del consejo de administración de su 'holding' de 70 empresas, que actúa en un régimen prácticamente monopolista y cuya facturación ronda los 20 millones de euros anuales.

La contratación con las orquestas y producciones de Espectáculos Lito suele realizarse a través de las comisiones de fiestas, unas entidades no oficiales en que las buenas prácticas contables no abundan, según se desprende de la denuncia. De acuerdo con el relato de la fiscalía, la empresa solo contabiliza los ingresos de clientes que reclaman factura, que representan apenas un 8% del total. 

 El fiscal revela que tampoco se recogen los gastos por los servicios de las orquestas ni los de sus aproximadamente 50 representantes o agentes comerciales, y que se contabilizan como facturas las emitidas por otras compañías del grupo para contratar material o transporte.

El 'afán recaudador de Montoro'

Lito se defiende con el reproche al “afán recaudador” de Hacienda y con la denuncia de una persecución por su negativa a facilitar las inspecciones. También argumenta que su agencia de representaciones efectúa ese servicio por cuenta ajena, sin retener IVA ni declarar IRPF. La fiscalía en cambio sostiene que la representación se ejerce en nombre de la empresa investigada, por lo que le acusa de fraude fiscal.

El nombre de Lito permaneció a la sombra de la fama de Panorama o París de Noia durante más de una década, pero su proximidad al poder político acabó por hacer de él un personaje popular antes de que Hacienda y el fiscal pusiesen la lupa en sus negocios. Sobre todo a raíz de que, en 2014, un pleno municipal en Monforte de Lemos (Lugo) se convirtiera en una revelación pública de la forma de actuar del rey de las verbenas.

La protesta de un concejal de la oposición por el rechazo del alcalde monfortino a contratar a la famosa orquesta por 9.000 euros, menos de la mitad de su caché, provocó una inesperada respuesta del entonces regidor, Severino Rodríguez. “Ya que saca el tema, le voy a explicar qué pasó”, comenzó. 

Y lo que había pasado era un “chantaje” consistente en exigir la organización de todas las fiestas municipales a cambio de la rebaja en la Panorama. Según relató Rodríguez, ante la negativa del ayuntamiento, que optó por un concurso público, Lito comenzó a ofrecer la orquesta para la misma fecha a alcaldes de los ayuntamientos limítrofes, a precios incluso más bajos.

Esta práctica de las programaciones paralelas la aplicó también Espectáculos Lito con motivo de la reducción a la mitad de su facturación en las verbenas de Santiago, donde sus orquestas disfrutaban de una cuota de mercado del 80% en las fiestas locales de la Ascensión. 

Así que uno de sus representantes montó una macrofiesta en un barrio de la capital gallega que vació el centro de la ciudad en su día grande. Y presumió públicamente de la capacidad de convocatoria de sus orquestas Panorama y Combo Dominicano frente a las contratadas por el ayuntamiento. “Lo hice a propósito, me vi obligado a ello. Era una protesta por la mala contratación del ayuntamiento”, se defendió.

El sistema de Lito

Lito capta ocho de cada 10 euros del sector en el país de las verbenas: de las 2.387 verbenas, para ser exactos, de acuerdo con el estudio 'Del palco al escenario', elaborado en 2012 por un equipo de la Universidad de Santiago. De acuerdo con ese trabajo, en Galicia había en 2010 un total de 295 orquestas y grupos que realizaban 5.743 actuaciones. El número de empleados en el sector se estima en 4.000, y en 25 millones de euros la facturación anual.

A raíz del caso de Espectáculos Lito, la Agencia Tributaria remitió el verano pasado cartas informativas a las comisiones de fiestas gallegas, en las que se les recuerda la obligación de expedir y entregar factura a los intermediarios por sus comisiones por la prestación de sus servicios. 

Muchas de ellas estudian disolverse, poniendo de de manifiesto los vacíos legales que han facilitado el escándalo de las verbenas. Como la mayor parte de sus fondos se recolectan puerta a puerta, el dinero no acostumbra a pasar por el banco y las obligaciones empresariales se derivan a las propias orquestas. Demasiadas sombras para un negocio de 25 millones de euros."                (El Confidencial, 04/03/16)

21/10/15

Os gaiteiros galegos que tocan baixo a ponte da A8 en Barakaldo


"Dicía Castelao “que ditoso daquel que sempre viviu e morreu na terra onde naceu”. Tamén dicía o rianxeiro que os casteláns cando emigran venden todo o que non poden levar e cargan ao lombo até co xergón da cama porque non pensan en volver.

 Porén, os galegos seguimos pensando na volta á nosa terra verde e mar de orballo cando estamos lonxe dela e levamos a nosa cultura no maxín para intentar construír unha Galiza que nos faga mais agradábel a estadía aló onde nos atopemos. Isto último (e que nunca é tarde para aprender) pódese comprobar ao falar cos sesaxenarios gaiteiros do grupo de gaitas “Os Recunchos das pontes” de Barakaldo. Venlle o nome ao grupo porque o lugar onde ensaian é debaixo dunha ponte da Autovía do Cantábrico (A-8), que está fronte ao Bilbao Exhibition Centre.

Este grupo de gaitas está composto por Anxel Francisco Rivero, nacido nunha aldea de Oímbra; Eugenio Sánchez Veiga (Gendo), de Sobrado dos Monxes; Xosé Fernández Castro, da parroquia de Toques, Melide; Agustín Reboredo Carlín, da Vila de Cruces; Benigno Ramos Barreiro, de Melide, e a alma mater do grupo: Roberto Mendoza, nacido en Lalín, a quen desde neno chamaron Castelao pola semellanza das gafas e agora séguenllo a chamar polo seu amor a terra, amor a Galiza que tamén lle profesan os seus compañeiros.

Todos empezaron a tocar a gaita entre os anos 2010 e 2011 ao sentir morriña e por ser algo do noso país, como di “Gendo”. Todos, menos Xosé Fernández, que aprendeu algo en Rekalde no ano 2010, pero xa leva case tres anos nos Recunchos, aprenderon e empezaron a tocar a gaita no grupo despois de prexubilarse aos sesenta anos. 

Xosé, aínda que era fillo de gaiteiro, nunca collera antes a gaita, “agora para min é unha forma de relaxarme e de que se me pase o tempo voando, pois aínda que algún día se vexa un máis decaído, porque isto é duro, despois volvo, porque lévalo dentro e a tradición tira”.

Di que ao oír tocar a gaita, tanto aquí como no pobo, o sangue móveselle. Ao igual que os seus compañeiros está contento neste recuncho, “pero si houbera outro sitio que estivera mais abrigoso igual deixábamos este”.

 Ánxel Francisco empezou a tocar con sesenta e dous anos debaixo da ponte no ano 2010. Asegura que o feito de tocar a gaita cambiouno moito, “na miña casa sempre houbo gaitas pero eu nunca quixen tocar, ademais apartábame delas”. “Agora gústame e póñome a pensar por que non aprendería antes, porque agora podía sabela tocar ben e así non; agora estou aprendendo porque me entrou a morriña, a morriña da gaita”, sinala. 

Sabe o duro que é pasar alí os días de inverno, peroa pesar do frío que fai, aquí vimos todos os días e non nos cansamos, aínda que as veces quedan os pés fríos que parecen bloques de xeo. Aínda así aguantamos. Aguantamos coa moral e por moi mal que nos preste vir nunca pensamos en deixalo, pois ao escoitar a gaita, ou cando tocamos, sentimos un formigueiro, e sentir iso é como... eu que che vou falar!”

Outro que sente morriña ao oír tocar a gaita, “porque é algo do noso país”, é Gendo Sánchez, quen despois de xubilado daba uns paseos polo lugar e ía sempre ver os gaiteiros. Estaba un anaco con eles e animárono a se unir, “entón pregunteilles que facía falta e no mes de maio do 2011 presenteime coa gaita diante de Roberto Mendoza, que era o que levaba o grupo, e aínda o leva, e empezamos pouquiño a pouco. É incríbel, porque eu non pensei que polo menos ía saber inflar a gaita”. Di que xa se coñecían de antes, pero o feito de tocar a gaita supuxo para eles mais compañeirismo e amizade.

A pesar do sacrificio que supón nunca pensou en deixalo,  “agora estiven uns días no hospital e tiña unhas ganas de vir aquí con esta xente… Vimos aquí todos os días menos o sábado (que imos ao Centro Galego) e o domingo”.  “Todos os días do ano vimos aquí, aínda que sexa hora e media, vimos. Mellor estariamos noutro sitio, pero igual é o costume de estar aquí”, afirma.

 “Se por exemplo nos meten no pavillón do Bilbao Exhibition Centre non nos atoparíamos tan ben”, salienta. “Cando imos ao Centro temos tambor e bombo, pero aquí solo temos a pandeireta porque para traer ese material necesitamos vir en coche… non imos vir chovendo co bombo por aí adiante”.

 Benigno empezou a tocar a frauta no Centro Galego no outono de 2010 e ao ano seguinte empezou coa gaita que lle mercou a Seivane. “A min sempre me gustou escoitar a gaita e cando vin en Melide pasar uns gaiteiros díxenlle a meu pai que agora, de xubilado, igual me poñía a aprender a tocar a gaita, e díxome: Quen, ti? Ti non tocas a gaita nin que te maten a paus

Apunteime no Centro Galego aínda que me parecía imposíbel, pero poñéndolle moitas ganas… xa non dou pena”, confesa. Benigno sinala que agora está contento, “aprender a tocar foi o mellor que puiden facer, pois vimos para aquí e estamos desde as dez e media até as doce e media e algún día até a unha. Pásanse esas horas entre amigos que nin te das conta”. “Se nos desen outro sitio máis adecuado para poder ensaiar non viríamos aquí e pasaríamos menos frío. As gaitas aquí soan moi ben, pero... no inverno é sinceramente duro”, engade.

O único do grupo que non toca a gaita é Agustín, que se encarga da pandeireta e tamén canta nalgunhas pezas. Leva en Euskal Herria desde o ano 1967 e nel represéntase o drama da emigración con toda a súa crueza. “Vin cando tiña 15 anos, só polo mundo, coa maleta e mil pesetas prestadas. O malo é que non me collían en ningún lado para traballar porque non tiña a idade, pagábanme como pinche e non me chegaba para a patroa, á que tiven lle que pagar seiscentas pesetas adiantadas. 

Tamén lle paguei catrocentas ao autobús que me trouxo. De aí que quedara a dúas velas... Non tiña aquí familia e paseinas canutas”, di.Despois, na General Eléctrica amañáronme o do carné poñendo que tiña máis anos e xa fun cobrando setecentas á semana, entón xa me quedaban cen para a tarxeta do tren. Logo estiven trinta e seis anos de condutor dos autobuses e agora estou xubilado por contrato de relevo”, explica.

Agustín conta que “vin que esta tropa paraba aquí diariamente e xunteime a eles para tocar a pandeireta, que nunca na vida a tocara. Ao primeiro daba golpes sen ton nin son, pero a base de dar golpes, ir oíndo e ensaiar, imos levando o ritmo. Vimos aquí todos os días aínda que chova. Ao primeiro era unha novidade e a xente que andaba paseando parábase a mirar, pero agora xa están afeitos e veno como algo normal e corrente”. Quere destacar o ben que se levan no grupo e que, de vez en cando, algún trae unha larpeirada.

Séntese orgulloso de seguir falando galego despois de tantos anos emigrado, “sempre o falei, ademais casei cunha chairega de Guitiriz e sempre o falamos na casa. Eu mameino desde neno e... teño levado mais paus por falalo! Había un mestre estremeño que nos facía falar o castelán cando alí na aldea non o sabía ninguén e a cada palabra en galego un pau do estremeño”.  

A Agustín gustaríalle que os Centros e as institucións galegas actuaran doutro xeito de cara a nosa cultura e non que non promovesen tantas sevillanas e bailes de salón, “porque en Sevilla non fan de gaiteiros nin na televisión de Sevilla ves cousas nosas, e na de Galiza ves moitos andaluces no Luar ou noutros programas, a televisión galega debía facer mais pola cultura da nosa terra”.

Pero Agustín non soamente canta e toca a pandeireta, pois tamén é un amante da poesía e fai coplas que canta logo cos gaiteiros. Quéixase de que non tiveran ocasión de empezar de rapaces porque daquela non se levaba, “hoxe hai moitos grupos e moi bos, a proba está en que vas pedir unha gaita a Varela ou a Seivane e dinche que para dentro dun ano porque hai moita demanda. Porén, non hai moita xente que a escoite, a xente é máis de orquestra, aínda que hai moita xuventude que está tamén metida, pero tampouco se venden tantos discos, pois sacando Treixadura, Milladoiro e outros así, a música folk non é aceptada como tiña que ser”.

Por último, Roberto (Castelao) tamén empezou a tocar a gaita hai uns cinco anos e medio, pero di que cando non sabía tocala xa se lle poñía a carne de galiña ao escoitala. Cóntanos que aprendeu a tocar a frauta no Centro Galego e que cando formaron o grupo empezaron a ensaiar noutro sitio. Foron cambiando de lugar de ensaio para non molestar os veciños até que atoparon este sitio no que non molestan a ninguén. 

Bota en falta o aprecio que tivo algún día o gaiteiro: “eu teño lido que o gaiteiro, aló polos anos trinta, era un oficio como outro calquera e que o gaiteiro ía polas casas a tocar onde había festa e case non traballaba na casa; por iso din que na casa do gaiteiro nin meda nin palleiro. A mediados dos anos trinta empezaron a vir as orquestras a Galiza e os gaiteiros perderon aprecio na sociedade. Hoxe hai xente que vai retornando a nosa cultura aínda que predomina moito a foránea e os dirixentes non os apoian, só se acordan cando saen elixidos presidentes, entón botan man deles”, salienta.

Coincide con Agustín en que nosoutros collemos doutras culturas pero os outros non collen da nosa, “eu non vexo bailar muiñeiras en Galiza como se ve bailar fandangos en Sevilla por Semana Santa”. Tamén recoñece que é duro tocar neste lugar no inverno, pero di que “ao meter o fol debaixo do brazo e tocar dúas pezas xa te atopas mellor. Se tocamos aquí é porque non temos outro sitio. 

Os sábados ensaiamos no Centro pero este sábado hai misa e xa non podemos. A misa que a digan na igrexa, penso eu, pois á nosa idade se non ensaiamos todos os días… non é nada. De todos os xeitos estamos contentos aquí porque pasa moita xente que nos olla e algún apúntase a tocar a gaita. Este é un bo escaparate”.                (Sermos Galiza, 01/09/2015)

30/5/11

"El denominado Método cardiofónico patentado por el doctor Miguel Iriarte... (con) nombres como Lesiones valvulares simples o Insuficiencia aórtica"


Germán Díaz en su estudio de Arneiro (Cospeito) junto al Método cardiofónico de Miguel Iriarte

"El músico Germán Díaz crea un espectáculo a partir de latidos registrados en 1933.

El estudio de Germán Díaz en Cospeito parece más el taller del excéntrico personaje de cómic Profesor Franz de Copenhague que el de un músico e investigador.

En medio de su gran colección de instrumentos de cuerda y de sus zanfoñas, se pueden detectar multitud de extraños instrumentos, desconocidos para un profano de la música, pero muy familiares para este músico vallisoletano, que vive en Galicia desde hace casi una década. (...)

La mayor parte de esta "cacharrería", como él la llama, son artefactos originales con nombres casi impronunciables como la rollmónica cromática o el playasax. "Soy un forofo de la cacharrería. Antes había un montón de juguetes musicales pensando en los niños que eran fascinantes", explica Díaz, que incluso tiene un vídeo colgado en su página web, donde va contando cómo se tocan estos singulares instrumentos.

En su constante búsqueda de instrumentos extraños, de músicas nuevas y de investigar con la improvisación, Díaz tuvo noticias de una grabación desconocida que lo fascinó: el denominado Método cardiofónico patentado por el doctor Miguel Iriarte.

Este prestigioso cardiólogo vasco tuvo en los años 30 del pasado siglo una iniciativa sin precedentes en esa época en España y, por lo que se conoce, posiblemente en el mundo. Decidió registrar los latidos de los pacientes con cardiopatías, para mostrar de esta forma a sus alumnos cómo el sonido de cada corazón era diferente según su disfunción.

Los cortes del vinilo editado por el doctor Iriarte poseen títulos que no son los más comunes entre las canciones de un disco: tienen nombres como Lesiones valvulares simples o Insuficiencia aórtica. (...)

"Me pareció algo insólito y de una intuición poética fascinante tener los latidos del corazón grabados en vinilo, y desde el principio vi claro que había una buena base rítmica", explica Díaz, que a partir de este registro ha diseñado un espectáculo que cuenta con una original puesta en escena.

Todo parte de un gramófono que reproduce los latidos del corazón que toma como base, y aplica simultáneamente un curioso mecanismo de cartones perforados que generan notas musicales.

"Enlacé esta base de los latidos con algunos de mis instrumentos mecánicos, un instrumento medieval como la zanfoña y un ordenador, y estoy muy satisfecho del sonido obtenido", comenta este músico que ha participado en numerosos proyectos, la mayoría con la zanfoña como parte central.

El resultado de esta puesta en escena entre la magia, la performance dadaísta y las artes escénicas es sorprendente: unas veces suena a música pop, otras a jazz, y a veces a música de raíz.

"Voy grabando todo en directo, con las aplicaciones de un ordenador y unas pedaleras, y voy improvisando por encima. Parece complicado pero es muy fácil" resume el artista vallisoletano sobre su particular reinterpretación del Método cardiofónico de Iriarte.

"Acabas asistiendo en directo a ese proceso mágico donde ves un cartón con agujeros, que al pasar el aire provoca música", comenta con entusiasmo Germán Díaz, que tanto charla sobre el uso de instrumentos inusuales como la caja de música o el órgano de Barbaria, como de la evolución de la reproducción fonográfica. (...)

Esta vez no contempla mostrar el Método cardiofónico del doctor Iriarte, que guardará en Cospeito hasta una mejor ocasión mientras cuida de sus gallinas, a las que también le inculca su pasión por la música: "Les pongo todo el día Radio Clásica, y después sacan unos huevos excelentes. Está comprobado". Y eso que las gallinas todavía no han experimentado el Método cardiofónico." (El País, Galicia, 27/05/2011, p. 16)