Mostrando entradas con la etiqueta Repoblacion: aldea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Repoblacion: aldea. Mostrar todas las entradas

19/1/25

Rural e con alta natalidade: Lourenzá, Meira... nestes concellos si hai nacementos... en Lourenzá, o número de traballadores de orixe estranxeira representan xa o 9% da poboación do concello... en Meira, as persoas procedentes do estranxeiro xa supoñen o 12,6% da poboación

 "O 2023 (último ano con datos oficiais) pechouse cun mínimo de nacementos na serie histórica en Galicia: 14.004 nenos e nenas, case seis mil menos que dez anos antes. O descenso afecta a todo o territorio, dende as cidades ata os concellos menos poboados, pero é nas zonas rurais onde este descenso da natalidade ten efectos máis visibles, deixando moitas localidades sen apenas nacementos. 24 concellos tiveron menos de dez inscricións de bebés nos últimos cinco anos, unha listaxe na que destaca A Teixeira (ningún nacemento dende 2018) ou Negueira de Muñiz, Gomesende, Parada de Sil, Pontedeva, Muras, A Arnoia, Quintela de Leirado e Carballeda de Avia, todos con menos de cinco nacementos en cinco anos.

A falta de nacementos acrecenta o envellecemento de todos estes lugares, situados en Ourense ou en zonas montañosas da provincia de Lugo e déixaos sen infancia ou cunha xeración nova moi reducida, á espera unicamente da posible chegada de familias con crianzas en idade escolar dende outros territorios.

Porén, non toda a Galicia rural rexistra esta escaseza de nacementos. Hai varios concellos que presentan nos últimos anos taxas de natalidade que mesmo superan a media galega. 

Nalgúns casos esta circunstancia é froito da casualidade (a coincidencia no tempo de varios nacementos en familias da localidade) e constitúe un fenómeno efémero, con cifras que non se volven repetir en anos seguintes. Pero noutros estamos ante tendencias consolidadas, favorecidas por algún contexto favorable que fai máis atractivo vivir nun concello para familias novas (abundancia de postos de traballo, bos servizos públicos, boas comunicacións...) ou por medidas incentivadoras postas en marcha polos gobernos municipais.

Galicia presenta unha taxa de natalidade de 5,38 nacementos por cada mil habitantes (datos de 2023). Un total de 75 concellos superan ese dato tomando como referencia os datos de 2021, 2022 e 2023 e facendo unha media entre eles para evitar as distorsións que puntualmente pode provocar un ano con moitos ou con poucos nacementos. A maior parte pertencen ás provincias de Pontevedra e A Coruña e corresponden a localidades das contornas das grandes cidades ou a vilas situadas en comarcas. A listaxe, de feito, está encabezada por Salceda de Caselas, Ribadumia, Mondariz-Balneario, Oroso e O Porriño.

Pero nela tamén aparecen concellos situados lonxe das zonas urbanas, algúns deles claramente rurais e afectados polo envellecemento e o despoboamento. É o caso de Larouco, con dez nacementos en tres anos (unha cifra notable para un concello de 444 habitantes) ou Verea, outra pequena localidade ourensá de 964 habitantes que sumou 20 nacementos entre 2021 e 2023.

Destacan tamén varios concellos lucenses, como Lourenzá (41 nacementos en tres anos nunha localidade de 2.115 habitantes), Triacastela, Láncara, Meira, A Pastoriza, O Valadouro ou Castro de Rei.

E tamén localidades como Curtis, eminentemente rural cunha economía na que se mestura a produción agrogandeira coa actividade insdustrial, que é despois de Oroso o concello coruñés cunha maior taxa de natalidade.

En Pontevedra chaman a atención os datos de Rodeiro, na comarca do Deza, con 41 nacementos en tres anos para unha poboación que supera por pouco os dous mil habitantes. Ou tamén os do Rosal, no Baixo Miño, unha localidade principalmente rural, con grande importancia da produción vitivinícola, que sumou 128 nacementos en tres anos nunha poboación de 6.431 habitantes.

En total hai unha quincena de concellos maioritariamente rurais que no período 2021-2023 tiveron unha taxa de natalidade e unha taxa de fecundidade (número de nacementos por cada mil mulleres entre 15 e 49 anos) superiores á media galega: 5,38 e 27,05, respectivamente. 

O caso de Verea, en Ourense, é especialmente significativo. Trátase dun concello -situado na raia seca con Portugal, a 9 minutos de Celanova e a 27 minutos do centro de Ourense- moi pouco poboado (955 habitantes o 1 de xaneiro de 2024), pero que chama a atención porque dende o ano 2020 vén rexistrando un importante ascenso, dende as 912 persoas que estaban rexistradas nese momento. Algo bastante pouco usual para unha localidade rural que, ademais está moi envellecida: o 49,7% da súa poboación ten máis de 65 anos. Verea sitúa como obxectivo recuperar o nivel dos mil habitantes que perdeu en 2016 e que lle daría dereito a máis ingresos.

Algo comezou a mudar nesta localidade nos últimos anos. Gobernado polo PSdeG-PSOE entre 1987 e 2007 e polo PP entre 2007 e 2019, nese ano Xosé Antonio Pérez Valado (BNG) converteuse en alcalde con tres dos sete concelleiros e catro anos máis tarde obtivo unha esmagadora maioría absoluta co 87% dos votos e os sete edís en xogo.

Na súa xestión aparecen as mesmas axudas por nacemento ou adopción que moitos concellos ofrecen -dende o 2021 Verea achega 300 euros ás familias que rexistren un bebé-, pero sobre todo unha política municipal de vivenda que está achegando novos residentes, especialmente persoas novas e familias con crianzas. O Goberno local creou un banco municipal de vivendas baleiras que localiza e difunde os inmobles que están dispoñibles nas distintas parroquias e que poden ser habitados. Ademais, exerce unha mediación cos propietarios para facilitar a venda ou o alugueiro para as persoas interesados.

Igualmente, o Concello conta con catro vivendas sociais que poden ser alugadas cun prezo reducido para quen o solicite. Tres delas foron recuperadas con fondos propios e outra cunha achega da Xunta. Ademais, neste momento está a recuperar unha quinta vivenda, un proceso necesario ao que o Goberno local quere sumar novos inmobles, reclamando para isto a colaboración da Xunta. Pois, destaca, a demanda de vivenda por parte de persoas que se queren instalar na localidade supera amplamente á oferta existente.

Lourenzá e Meira: a vitalidade da provincia lucense

Na provincia de Lugo hai varios casos de concellos rurais que amosan unha vitalidade por riba da media. É o caso, por exemplo de Lourenzá, que dende o 2019 vén mantendo a súa cifra de habitantes nun contexto xeral de descensos, pasando de 2.140 nese ano a 2.098 cinco anos máis tarde. A esa estabilidade contribuíu un elevado número de nacementos (65 en cinco anos), unha cifra notable para unha localidade de dous mil habitantes.

De feito, aínda que sexa unicamente a xeito de anécdota, o primeiro neno nacido na Mariña neste 2025 foi o dunha familia da localidade, o pequeno Adam, fillo dunha familia de orixe marroquí que reside dende hai anos en Lourenzá.

En Lourenzá dende o 2015 goberna Rocío López García, do PSdeG-PSOE, que nese ano acabou con décadas de xestión do PP e encadeou a primeira de tres maiorías absolutas. Na súa xestión destacan as axudas para a rehabilitación de vivendas do casco histórico da localidade e a vitalidade económica da localidade, que nos últimos anos atraeu un importante número de traballadores e traballadoras de orixe estranxeira, que representan xa o 9% da poboación do concello.

Poderíase facer unha análise semellante no caso de Meira, un pequeno concello de 1.756 habitantes que dende o 2018 (1.711) vén mantendo e mesmo aumentando a súa poboación. A iso contribúe a súa proximidade á capital provincial (35 minutos) e o seu notable número de nacementos: 30 en só tres anos, entre 2021 e 2023. 

A localidade tamén comezou a recibir unha cantidade importante de persoas procedentes do estranxeiro, que xa supoñen o 12,6% da poboación. Gobernada por Antonio de Dios Álvarez (PSdeG) dende o 2015, forma parte do GDR Montes e Vales, que puxo en marcha unha páxina web para informar das vivendas dispoñibles e das posibilidades do emprendemento de negocios."                 (Marcos Pérez Pena , Praza.gal , 19/01/25)

11/1/25

A Galicia que naceu no estranxeiro... unha poboación nova, crecente e esparexida polo país... na Coruña e Ourense o peso da poboación nacida no estranxeiro rolda o 16,5% e en Vigo e Lugo está preto do 14%. Porén, trátase dunha realidade que xa se estendeu por practicamente todo o país... con máis do 15% en Monforte, Sada, Arteixo, O Barco, Barbadás ou Lalín... en moitos concellos rurais, a inmigración do exterior está a equilibrar en parte a marcha de poboación nova ás zonas urbanas. Nos últimos tres anos a poboación nacida fóra do Estado triplicouse en San Xoán de Río e duplicouse en Mondariz-Balneario, Triacastela, Parada de Sil, Vilasantar ou Muras... Esta poboación provén de moitos lugares, pero na lista destaca Venezuela, país de nacemento de máis de 53 mil persoas, seguida de Colombia (28 mil) e Brasil (20 mil). Portugal e Arxentina superan as 18 mil persoas, e Suíza, Cuba e Perú roldan as 14 mil. Despois aparece Marrocos (12 mil) e Uruguai, República Dominicana e Francia roldan as dez mil... aparecen reflectidos os efectos de migracións galegas anteriores, cunha gran presenza de persoas nacidas en Suíza e agora residentes en concellos de Bergantiños e a Costa da Morte e moitas persoas con orixe en Francia e que viven en concellos do leste das provincias de Lugo e Ourense, como A Rúa. Nun grupo de oito concellos (Monfero, Valdoviño, Abegondo, Friol, Mañón...) a comunidade con raíces foráneas máis importante é a británica. En catro moi próximos (Avión, Beariz ou A Lama) dominan os nacidos en México. Na Illa de Arousa, Catoira, Sandiás ou Meis o colectivo primeiro é o das persoas nacidas en Alemaña. E en Carnota e Muros priman os nacidos nos Estados Unidos (Marcos Pérez Pena)

 "Galicia está a mudar a súa pel e, de feito, moitas cousas cambiaron xa. Abonda con saír á rúa e observar a realidade de cidades e vilas (e tamén aldeas) nas que viven cada vez máis persoas con orixe noutros países e noutros continentes. Diferentes voces, diferentes acentos, proxectos de vida que escolleron Galicia para se desenvolver, por amor, por necesidade e, ás veces, por casualidade. 

Dos 2.705.833 habitantes cos que Galicia contaba o 1 de xaneiro de 2024, o 5,7% ten nacionalidade estranxeira pero unha porcentaxe máis importante -o 11,3%- naceu fóra do Estado español. A cifra é cativa se a comparamos coa que se rexistra no resto do España, pero está a medrar con rapidez: un 22% máis en tres anos. Ademais, o peso desta poboación nacida no estranxeiro é moito máis importante nalgunhas zonas e, sobre todo, en determinados grupos de idade. Así, por exemplo, as porcentaxes medran ata o 18,9% entre os 25 e 44 anos.

O gráfico anterior representa as moi diferentes pirámides de idade que presenta a poboación galega nacida no Estado (en azul) e a poboación galega nacida no estranxeiro (en amarelo). A primeira ten o seu nivel máis amplo no grupo de idade entre 45 e 49 anos e comeza a enfraquecer por debaixo desa idade, conformando unha base de poboación nova cada vez máis reducida. 

En cambio, a poboación galega nacida no estranxeiro é moito máis nova e neste momento concentra o seu maior número entre os 30 e 40 anos. O presente -e sobre todo o o futuro- da xeración máis activa de galegas e galegos ten, cada vez máis, a súa orixe noutro país.

Como veremos máis adiante, unha parte significativa deste conxunto de galegos e galegas nacidas no estranxeiro -máis de 300.000- reside nas cidades e nas súas áreas metropolitanas. Así, na Coruña e Ourense o peso da poboación nacida no estranxeiro rolda o 16,5% e en Vigo e Lugo está preto do 14%. Porén, trátase dunha realidade que xa se estendeu por practicamente todo o país. Os datos do último censo amosan porcentaxes de poboación nacida fóra do Estado de máis do 15% en Monforte, Sada, Arteixo, O Barco, Barbadás ou Lalín.

Ademais, en moitos concellos rurais, a inmigración do exterior está a equilibrar en parte a marcha de poboación nova ás zonas urbanas. Nos últimos tres anos a poboación nacida fóra do Estado triplicouse en San Xoán de Río e duplicouse en Mondariz-Balneario, Triacastela, Parada de Sil, Vilasantar ou Muras.

Esta poboación nacida fóra do Estado provén de moitos lugares, pero na lista destaca Venezuela, país de nacemento de máis de 53 mil persoas, seguida de Colombia (28 mil) e Brasil (20 mil). Portugal e Arxentina superan as 18 mil persoas, e Suíza, Cuba e Perú roldan as 14 mil. Despois aparece Marrocos (12 mil) e Uruguai, República Dominicana e Francia roldan as dez mil. 

Nesta listaxe obsérvase, iso si, unha mestura de países dos que nos últimos anos están a chegar grandes continxentes de poboación inmigrante (Venezuela, Colombia, Cuba, Perú...) con outros lugares nos que se pode supoñer que unha parte significativa da poboación nacida alí son descendentes de galegos e galegas emigradas previamente (Suíza, Francia, Alemaña, Reino Unido... e, parcialmente, algúns países latinoamericanos).

No mapa anterior debúxase en cada concello o país de nacemento máis frecuente da súa poboación -despois do propio Estado español-. O deseño resultante fálanos do movementos migratorios máis habituais nos últimos anos, cunha presenza moi importante da poboación nacida en Venezuela -sobre todo na Coruña, Pontevedra e Ourense- e Colombia -máis en Lugo e Ferrolterra-. Tamén destaca a importante inmigración marroquí na Terra Cha; a destacada presenza de poboación chegada de Perú en Viveiro ou Cambados ou a chegada de persoas dende Romanía en Guitiriz, Begonte, Arzúa ou Becerreá

Tamén aparecen reflectidos os efectos de migracións galegas anteriores, cunha gran presenza de persoas nacidas en Suíza e agora residentes en concellos de Bergantiños e a Costa da Morte e moitas persoas con orixe en Francia e que viven en concellos do leste das provincias de Lugo e Ourense, como A Rúa. Nun grupo de oito concellos (Monfero, Valdoviño, Abegondo, Friol, Mañón...) a comunidade con raíces foráneas máis importante é a británica. En catro moi próximos (Avión, Beariz ou A Lama) dominan os nacidos en México. Na Illa de Arousa, Catoira, Sandiás ou Meis o colectivo primeiro é o das persoas nacidas en Alemaña. E en Carnota e Muros priman os nacidos nos Estados Unidos.

Na táboa debullamos os datos, dando conta dos tres países de orixe máis frecuentes en cada concello, cun gran número de realidades diversas, con presenza destacada de persoas nacidas en Ucraína -chegadas nos últimos dous anos- en San Xoán de Río, Manzaneda ou Mondariz-Balneario. Pero tamén de Honduras en varios concellos lucenses (Navia de Suarna, Samos ou Pedrafita) e mesmo de Moldavia, Bulgaria, Cabo Verde (en Burela) e Mauritania (en Ribeira, ligados á pesca nesas augas). Unha información moi completa que ofrecemos en aberto.

As comunidades con orixe noutros países máis importantes cuantitativamente localízanse en todo caso nas sete cidades, encabezadas por Venezuela en todas elas, agás en Lugo e Ferrol, onde son máis as persoas nacidas en Colombia, que no resto das cidade é o segundo país de orixe máis habitual. Despois, en Vigo destaca a gran presenza de persoas procedentes de Arxentina e Brasil; na Coruña as chegadas de Perú e Cuba.

O peso das persoas nacidas no estranxeiro medra nas idades centrais, especialmente entre os 25 e os 44 anos. Na Coruña, por exemplo, un terzo da poboación entre 25 e 34 anos (o 32%) naceu fóra do Estado, unha porcentaxe que rolda o 30% en Ourense e Lugo, o 26% en Santiago e Vigo e o 20% en Pontevedra e Ferrol.

Nos grupos de idade entre os 15 e os 24 anos, entre os 35 e 44 e entre os 45 e 54 anos as porcentaxes tamén superan amplamente a media. A poboación nacida fóra do Estado baixa entre a infancia (neste caso, aínda que a orixe das familias sexa fóraneo, cada vez son máis os nenos e nenas que xa naceron aquí) e tamén por riba dos 65 anos.

Ademais de nuns determinados grupo de idade, a poboación nacida fóra do Estado tamén se concentra en determinados barrios. Poñemos como exemplo os mapas da Coruña e Vigo con datos por sección censual, equivalentes a agrupacións de rúas. 

Na Coruña o debuxo é moi claro, acadando a poboación nacida no estranxeiro as maiores porcentaxes nos barrios situados a carón da Rolda de Outeiro: Agra do Orzán, Os Mallos, Sagrada Familia e Ventorrillo. Os valores roldan o 30% en toda esta superficie, chegando a acadar un máximo do 39%. Noutras zonas da cidade, como Labañou, Castrillón ou Os Castros tamén se acadan porcentaxes importantes, que descenden por debaixo do 10% no Ensanche.

De igual xeito, en Vigo a poboación nacida no estranxeiro concéntrase, por unha banda, no Berbés e Beiramar, e pola outra, no Calvario e nas rúas próximas á Travesía de Vigo e á estación de Urzaiz, con porcentaxes que se achegan ao 30%, aínda que sen chegar aos máximos que se rexistran na Coruña. O contraste co resto da cidade é moi grande, pois na maior parte do termo municipal, tanto nas parroquias do interior coma en barrios como Bouzas ou Navia, non se chega ao 10%."

(Marcos Pérez Pena , Praza Gal, 29/12/24, gráficos no orixinal)

1/6/24

A inmigración do exterior no rural equilibra a marcha de poboación novas ás zonas urbanas... Son significativos neste aspecto os casos de Verín, O Carballiño, A Estrada ou Ribadeo

 "Despois de varios século sendo un país de emigrantes, Galicia leva varias décadas convertido nun territorio que, sobre todo, acolle persoas chegadas doutros territorios. Coa única excepción dos anos 2013, 2014 e 2015, marcados pola crise económica da Gran Recesión, dende hai trinta anos o saldo migratorio de Galicia é positivo, é dicir, o noso país recibe máis emigrantes que persoas emigran (ou regresan) a outras comunidades autónomas e países fóra do Estado español.

O ano 2022, último con datos completos, marcou un novo record neste saldo positivo e na chegada de inmigrantes dende o exterior, pois preto de 40 mil persoas mudáronse a Galicia dende o estranxeiro e outras 20 mil dende o resto do Estado, cun saldo positivo de 27.251 persoas, moi por riba do anterior máximo histórico, o de 2007 (19.583).

As cidades e, en xeral, as áreas urbanas son as que rexistran un saldo migratorio máis positivo. Pero a realidade é que a maioría dos concellos galegos teñen máis inmigrantes que emigrantes, tendo en conta todos os cambios residenciais, sexa a outro país, sexa a outras localidades galegas.

 En concreto, tan só 56 concellos presentaron no ano 2022 un saldo migratorio negativo, encabezados por Guitiriz (-56) e Dumbría (-32). Ademais de cinco localidades cun saldo neutro (mesmo número de saídas que de entradas), os restantes 252 tiveron máis inmigrantes que emigrantes, nunha listaxe encabezada pola Coruña (+4.193), Vigo (+2.911), Lugo (+1.461), Santiago (+1.198) e Ourense (+1.175). Despois aparecen Oleiros, Arteixo, Ferrol, Monforte, Sada, Ames, Narón, Marín e Pontevedra.

Cómpre ter en conta, iso si, que existen grandes diferenzas, concello a concello, entre as denominadas migracións exteriores (as que se dirixen ou proceden de fóra de Galicia, sexa o estranxeiro, sexa o resto do Estado) e as interiores (o saldo de cambios residencias con outos concellos galegos). Así, mentres o saldo migratorio exterior só é negativo en 12 concellos, o saldo migratorio interior presenta un panorama moito máis variado: negativo en 154 e positivo en 156.

 O mapa deste saldo migratorio interior, que representa os intercambios e trasvases de poboación entre uns e outros concellos de Galicia, amosa varios fenómenos ben diferenciados. Por unha banda, unha transferencia de poboación, sobre todo nova, dende as zonas rurais ás zonas urbanas, con saldos migratorios moi negativos na montaña lucense, na Mariña Occidental e no Ortegal, na Costa da Morte, no Barbanza ou no centro da provincia de Ourense.

Pola outra, advírtese tamén un movemento de poboación dende as cidades aos concellos da súa contorna, localidades nas áreas metropolitanas da Coruña, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Ourense ou Lugo que gañan poboación cunha oferta de vivenda máis barata. A única excepción é Santiago de Compostela, a única cidade galega que gaña habitantes con migracións (ou mudanzas, se se prefire o termo) dende outros concellos do país. 

A capital galega é, de feito, o concello cun saldo máis positivo (+342), por diante dunha serie de localidades das contornas urbanas: Oleiros, Salvaterra do Miño, Sada, Arteixo, Teo, San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar, Ares, Abegondo, Bergondo, Outeiro de Rei, Narón ou Miño. Pola contra, Ourense, Vigo, Ferrol e A Coruña son os catro concellos con saldos máis negativos, por diante de Culleredo, O Barco, Burela e Xinzo.

 O factor de idade adquire unha grande importancia nos fenómenos migratorios, pois hai zonas cun saldo positivo total, pero negativo nas xeracións máis novas, o que acrecenta o envellemento e a perda de poboación en idade laboral activa e coa posibilidade de ter fillos e fillas. (...)

Non é así no conxunto de Galicia, que presenta un saldo migratorio moi positivo en todos os grupos de idade, dende o menores de 16 anos (+5.913) ou as mozas e mozos de 16 a 24 (+4.338) e de 25 a 34 (+4.814) ata as persoas de máis de 65 anos (+2.101).

Se atendemos unicamente ás persoas de menos de 35 anos, son 223 os concellos que teñen un saldo positivo, fronte a 81 que o teñen negativo. Pero se, ademais, observamos só as migración interiores (co resto de Galicia), atopamos que máis da metade dos concellos galegos (179) presentan un saldo negativo e unicamente 123 téñeno positivo, encabezados pola Coruña, Compostela, Vigo, Oleiros, Narón, Salvaterra e Arteixo.

En cambio, se afondamos no saldo migratorio externo das persoas de menos de 35 anos, vemos que apenas 25 concellos tiveron máis emigrantes que inmigrantes entre a mocidade, encabezados por Guitiriz e Moaña.

 Así, vemos como a inmigración exterior, netamente positiva en todos os grupos de idade, tamén entre a mocidade, está servindo en moitos concellos -especialmente fóra das áreas urbanas- para equilibrar a marcha de poboación nova a outras zonas de Galicia.

Son significativos neste aspecto os casos de Verín (-72), O Carballiño (-63), A Estrada (-41) ou Ribadeo (-41), con saldos migratorios interiores moi negativos entre as persoas de menos de 35 anos pero saldos netamente positivos entre a mocidade se se computan tamén os movementos externos, con territorios fóra de Galicia."               (Marcos Pérez Pena , PrazaGal, 01/06/24)

29/1/21

Un muro de vimbio para manter viva a aldea abandonada de Candelago

 "Dinamizar a singular aldea de Candelago foi un dos obxectivos do obradoiro de cestería aplicada á horta artellado pola Asociación para o Coidado da Terra Carabel das Cabras. Unha xuntanza especial, no marco dunha das aldeas que mellor conserva a arquitectura tradicional rural pero que se atopa en absoluto estado de abandono. Casas, cabazos, cañeiras, corredoiras, valados que corren o risco de desaparecer, e de aí que a entidade se decidise a armar actividades para intentar recuperar “un lugar con valor histórico e patrimonial que conforma unha unidade territorial onde a aldea, as fincas e o monte, son un elemento identitario característico do pobo de Corme”.

Foi a mestra cesteira Lola Tourón a que guiou, o pasado sábado, a un grupo de 10 persoas na construción dun valado natural para pechar unha horta xestionada pola Asociación. Canas de bambú, pólas de vimbio, lianas de hedra ou pólas de salgueiro foron os materiais naturais propios da contorna que se empregaron para a elaboración desta pequena gran obra de arte natural.
Durante a xornada aproveitouse tamén para fortalecer unha pontella de madeira que permite o paso no Rego das Cabras, e dá acceso á granxa que tamén xestiona a Asociación.

Asociación para o Coidado da Terra Carabel das Cabras

A entidade leva 5 anos traballando na zona dende que as tres mulleres que a forman localizaron unha das derradeiras granxas de cabras desta zona e que se encontraba en estado de abandono. E precisamente nesa idea reside a base do proxecto, para convertila “nunha granxa multifuncional que a un tempo acolle a vontade de ser dinamizadora cultural, social e territorial cun marcado carácter pedagóxico ligado ao mundo rural”.

Este é o mellor xeito que teñen estas bravas mulleres para “custodiar o territorio, recuperar terras en estado de abandono, e facer así labores de limpeza do monte susceptible de ser pasto do lume, ademais de favorecer a posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial deste lugar da Costa da Morte”.

Quen nun tempo a construíu e traballou foi a pastora e percebeira Carmen de Carabel, de Corme. E xunto coas tamén últimas cabras de Sabino, o último pastor das terras do Roncudo, as novas poboadoras deste territorio iniciaron esta andaina.

Agora son tamén José, Carmen, Pepe, Manolo… e outras tantas persoas os que apoian o “proxecto integral de revitalización do lugar”, que se atopa “en proceso de legalización, pendente despois de máis dun ano de tramitación, da obtención da licenza municipal que permitan avanzar nos traballos de rehabilitación da granxa, de xestión das terras, de conservación dos bens materiais e inmateriais e de promoción dunha vida saudable e conectada co medio que rodea”.

Mentres, Carabel das Cabras seguirá dinamizando o lugar, e de feito, por Candelago xa teñen pasado a deixar o seu legado musical, Ugia Pedreira e As Erikas e Peluxías; téñense realzada traballos de poda con Amancio Lavandeira; ademais de realizazo fornadas, festexos e traballo comunitario coa veciñanza."                (Qué pasa na costa, 21/10/20)

31/10/16

Rebordechán: a aldea que se organizou para ter un futuro

"Rebordechán, no concello de Crecente, é unha parroquia rural como moitas outras en Galicia, que sofre un imparable problema de envellecemento e despoboamento. 

 Hoxe conta cun cento de veciños e veciñas -unha boa parte deles e delas só nominalmente, pois traballan e residen noutras localidades-, cando en 1999 eran 142 e en 1753 o censo do Marqués da Ensenada recollía cando menos 682 habitantes. Hai anos que en Rebordechán asumiron que debían organizarse para cambiar o futuro da súa aldea, para que puidese ter un futuro.

 E en 2006 a Comunidade de Montes comezou a promover un proxecto de reordenación do monte que permitise adaptar os recursos de sempre ás novas demandas. Máis adiante naceu a cooperativa veciñal O Tempo da Aldea, que hoxe conta cuns 80 socios e socias.

En 2007 a Comunidade de Montes impulsou un Plan de Xestión Integral do Monte, a través dunha UXFOR (Unidade de xestión forestal), e deseñou un completo Proxecto de desenvolvemento integral de Rebordechán, que foi aprobado en 2011. Dende entón, o proxecto tivo que superar unha auténtica carreira de obstáculos burocráticos nos distintos departamentos da Xunta, que obrigou a reformular o documento inicial que, por fin en 2015, obtivo todos os permisos necesarios.

Este plan para o futuro de Rebordechán inclúe a produción de legumes e froitas mediante parámetros ecolóxicos, a cría de animais (porco celta e cabras, que ademais axudarán ao control da matogueira no monte), o aproveitamento apícola e a explotación turística, cunha ampla rede de rutas de sendeirismo e a instalación dun campamento que tamén poderá servir como aula viva de educación ambiental e etnográfica, sobre todo para os máis novos e novas.

 O proxecto prevé a creación dun bo número de postos de traballo (8 no comezo e ata 15-20 cando o proxecto sexa estable), co obxectivo final de fixar poboación nova na parroquia, xerando un beneficio económico na contorna e axudando a dinamizar todo o Concello.

O necesario apoio da administración

Os socios e socias que forman parte da cooperativa e a propia comunidade de montes realizaron nos últimos anos achegas importantes, pero para completar a iniciativa O Tempo da Aldea necesita máis financiamento, ao redor de 200.000 euros, co obxectivo de poñer en marcha actividades que consigan que o proxecto xere ingresos dende o comezo, e sexa economicamente autosustentable.

Unha axuda que, de momento, non chegou dende a administración. "O noso proxecto explícase en dúas liñas: en Galicia hai preto de 2.000 aldeas abandonadas e outras tantas a piques de desaparecer. Nós queremos aproveitar os recursos da aldea e do monte, xerar postos de traballo, acabar cos lumes e achegar unha idea para o futuro do rural galego.

 Levamos moitos anos coidando do noso pasado e chegou o momento de dar un paso adiante. Ofrecemos unha solución privada a un problema público e político: o despoboamento do rural", explican. "Nós fixemos o noso traballo, o proxecto está completamente deseñado, a responsabilidade de que o rural estea vivo é das administracións", salienta David Lourido, vogal da cooperativa e responsable de Comunicación.

Destacan que a relación co Concello é boa, pero aínda que a finais do pasado a Deputación de Pontevedra lles abriu nun primeiro momento as portas, dende O Tempo da Aldea denuncian que non volveron ter noticias do ente provincial, ao que lle dedicaron hai uns días unha carta aberta. A relación coa Xunta non é mellor: 

 "É moi rechamante que un proxecto coma o noso, que busca tirar proveito dos recursos do rural e do monte, para protexelo, conservalo e potencialo, aínda non atopou cabida en case que ningunha liña de subvención", destaca Lourido. 

"Aínda estamos a tempo"

"Hai unhas semanas comezamos co traballo de comunicación, para conseguir que nos coñeza cada vez máis xente, e dese xeito reunir ao noso redor unha comunidade cada vez maior. A partir diso, poderíamos no futuro tentar establecer a partir desa comunidade algunhas outras fórmulas de financiamento e apoio", explica.

 "Detectamos un grande interese pola aldea en moitas persoas. Ás veces dise que non, que somos nós mesmos os que primeiro maltratamos o rural, pero non é para nada así", subliña. 

"Non propoñemos un proxecto deste tipo da noite para a mañá. E levamos moito tempo realizando un gran número de actividades, que permiten que a pesar do despoboamento en moitos momentos do ano haxa aquí moita máis xente da que realmente está residindo na aldea", destaca, en referencia á Festa dos Cativos ou á recuperación do Entroido ou do Magosto. 

"Nós non pretendemos ser pioneiros nin mellor que ninguén. Pero se outras aldeas galegas queren aproveitar o traballo que levamos feito aquí será marabilloso. O fundamental é levar a cabo un proxecto que fixe poboación e que tire proveito dos recursos que ten a aldea, pelexando ao mesmo tempo contra ese outro gran problema, que son os incendios forestais", salienta. 

A este respecto, comenta que "foi despois da vaga de lumes de 2006 é cando se comeza a pensar en desenvolver un proxecto de desenvolvemento integral da parroquia". "Cando hai veciños cerca que miran constantemente para o monte, porque o seu sustento depende del, o monte non arde", resume.

Explican que os 80 integrantes da cooperativa "somos labregos, publicistas, fontaneiros, albaneis, profesores, psicólogos, carpinteiros, camareiros, traballadores do metal, etc. Moitos nacemos en Rebordechán". E conclúen que "todos estamos convencidos de que outro futuro para o rural é posible, de que aínda estamos a tempo".                 (Marcos Pena, Praza Pública, 16/09/16)

6/9/13

La Universidad de Santiago estudia recuperar 1.300 aldeas gallegas abandonadas

"Un equipo de especialistas de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) ha desarrollado un proyecto que haría viable la recuperación y ocupación de las más de 1.300 aldeas gallegas abandonadas, el 40% de las que están en esta situación en España.

Los investigadores de la facultad de Físicas, dirigidos por Ángeles López Agüera, han entrado ya en contacto con la Federación gallega de municipios y provincias (Fegamp) para plantear esta alternativa al hacinamiento en las urbes, una situación en la que se encuentra nada menos que el 80% de la población mundial.

La profesora compostelana señaló que los habitantes de cualquier ciudad son "cien por cien dependientes de todo", comida, agua, electricidad... mientras que en las aldeas recuperadas todas estas necesidades son generadas "in situ", con recursos propios y, en una década, "prácticamente gratis".

El proyecto se denomina De aldeas abandonadas a aldeas del siglo XXI y su objetivo no es solo la rehabilitación de estos lugares, a los que solo en 2012 se sumaron 60 nuevas aldeas abandonadas en Galicia, sino que la población se asiente en ellas de forma permanente y con una "dependencia cero" del exterior."         (La Opinión A Coruña, Rebelión, 23/06/2013

8/5/13

Una aldea ourensana revivirá gracias a la extracción de tantalita, imprescindible en la microtecnología

Jesús García pasea por A Penouta, el pueblo del ‘oro gris’. / Xurxo Lobato

"En la aldea ourensana de Penouta sobresale una montaña con la boca partida. Desde 1971 y hasta 1986 cientos de vecinos de la comarca de O Bolo, contratados primero por Hornos de Bilbao y después por una empresa del holding de Rumasa, le extrajeron el estaño que guardaba —para destinarlo a la industria armamentística— y llenaron el lugar de bares, de niños y de una prosperidad resplandeciente. Duró lo que tardó en vaciarse la gran roca. 

El fin de la actividad, avanzados los ochenta, dejó la montaña herida, clausuró los bares para siempre y disparó un éxodo de las familias de los empleados hacia Cataluña, el País Vasco y otras clásicas rutas de la emigración que han asumido los gallegos como inapelables desde mediados del siglo XX.

 Ahora podrán hacer el viaje de vuelta: la escombrera de cascotes que apiló Rumasa a los pies de la pelada montaña, mancomunada rebosa tantalita —junto con el columbio forma el denominado oro gris, el coltán: el material más codiciado, por escaso, por la industria tecnológica— que la empresa canadiense Pacific Strategic Minerals se propone explotar en breve. El elixir de la nanotecnología, a los pies de la olvidada aldea orensana. Un maná bajo la losa del tiempo.

Los vecinos sonríen de lado. La firma canadiense ha comenzado ya a pagarles el alquiler de la zona minera (7.000 euros anuales mientras hace las catas; después “ya se verá hasta dónde asciende el pago”, precisa el alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos) y a contratar mano de obra en el pueblo.

 De momento, apenas una decena de hombres. Aunque ni el alcalde pedáneo, Manuel Rodríguez, palista de oficio, media vida transportando el estaño en esa misma mina, tres décadas ya abandonada, tiene la más remota idea de “qué cosa es esa” de la tantalita: “Tanto nos da”, puntualiza de inmediato.

 Como casi todos los varones de cierta edad en este pequeño pueblo del oriente orensano, Rodríguez trabajó en la mina a cielo abierto de Penouta para Rumasa sacando el estaño con la paleadora. Cuando la mina cerró, el pedáneo se trasladó a extraer pizarra y granito a otra cantera en el municipio próximo de A Veiga. 

Hasta que esta también se agotó. Fue entonces cuando el pedáneo se reconvirtió en albañil y en agricultor autónomo. Esto es, se dedicó al cultivo para autoconsumo en sus pequeñas parcelas de la aldea. Como la mayor parte de los hombres de su quinta (él tiene 57 años) que se quedaron en el pueblo: apenas un puñado.

Penouta es la visión de la montaña partida vigilando el escaso vecindario galaico que vive de un par de animales y de sus huertos y asomándose a Castilla por su otra faz: a un tiro de piedra del lago de Sanabria.

La aldea se vino abajo al mismo tiempo que la montaña empezó a mostrar sus vísceras resecas. Tres décadas después del cierre de la mina no queda estaño ni rastro de los bares, la población no supera los 50 vecinos de lunes a viernes, y solo cinco menores de edad, de entre 3 y 15 años, corretean por el pueblo. 

Eso los fines de semana, porque a diario el transporte escolar los desplaza hasta el colegio y el instituto de la capitalidad del municipio, Viana do Bolo, a 12 kilómetros, de donde regresan por la tarde para encerrarse en casa.

Así que durante estas tres últimas décadas, salvo en la fiesta patronal de San Bartolomé, en agosto, cuando la aldea estalla en un jolgorio de verbena y empanadas, Penouta ha sido un lugar montañoso lleno de ese silencio que retumba en los pueblos que envejecen pronto. 

Hasta que, hace un año, la empresa canadiense sospechó de la existencia del tantalio, ese elemento químico cuyas valiosas propiedades desconocen los vecinos, y dio con el mineral, la tantalita, entre los cascotes de la escombrera.

La remota aldea guardaba el codiciado tesoro imprescindible para la industria tecnológica que buscaba Pacific Strategic Minerals por el mundo. Los escombros que Rumasa desdeñó y que dejó tirados en la balsa creada a los pies de la montaña han resultado estar llenos de una de las 14 materias primas minerales en riesgo de escasez y consideradas “fundamentales” para la industria europea, aunque en este caso se lo lleve una firma canadiense.

Los vecinos de Penouta no tienen, en su mayoría, ordenadores. Y, como el pedáneo, desconocen qué es la tantalita; como desconocen también que por la posesión de este oro gris que alimenta a las nuevas tecnologías se han desatado guerras tremendas en el mundo, como la del Congo, que ha sembrado de muertos el país africano en una espiral imparable.

Ajena a los avances de la tecnología y al preciado valor de la tantalita, la escasa población de Penouta ha vivido una paz apuntalada en esa sólida inactividad de la mayor parte de los envejecidos pueblos gallegos. Aunque, en este caso, con el codiciado tesoro al lado de sus empobrecidas casas, en el terreno de propiedad comunal, a punto de salir, a precio desorbitado, al mercado internacional europeo y americano.

El estudio presentado por la firma canadiense a la Xunta de Galicia para obtener los permisos necesarios estima que la empresa podrá extraer 13 millones de toneladas del valioso mineral en la pequeña aldea. El coltán se vende en este momento a casi 200 euros el kilo en el mercado internacional.

Los vecinos no verán esa riqueza, pero, antes como ahora, cobrarán el alquiler por el terreno y volverán a la actividad laboral que siempre les ha proporcionado la montaña. “Pues claro que es nuestro, pero nosotros no podemos hacer más que lo que hacemos: alquilarlo y exigir que nos den trabajo”, comentan uno tras otro los habitantes de la ahora aún abandonada Penouta. Irá renaciendo poco a poco. La empresa espera extraer 3.000 toneladas diarias durante 15 años.

Jesús Vizcaya vive en Viana do Bolo, pero a veces aún pasa por la aldea en la que trabajó para Rumasa como administrativo de la mina de estaño y en donde era el representante sindical de CC OO. No la puede olvidar. Entre otras razones porque la boca abierta de la montaña es lo primero que se ve al entrar en el municipio en el que vive.

El hombre recuerda aquellos prósperos ochenta: “Éramos 145 empleados fijos, todos de la zona, y había más de 100 empresas filiales”. Las cifras serán similares en cuanto la empresa canadiense comience la extracción. Un potosí para una aldea perdida en la montaña y para una comarca depauperada como las de la práctica totalidad de la Galicia interior.

Hace tres décadas, los sueldos que pagaba Rumasa eran de “entre 80.000 y 100.000 pesetas mensuales”, recuerda el exsindicalista mientras señala la montaña y explica cómo al cesar la actividad “todo se vino abajo”: el cierre de los tres bares, el éxodo migratorio, el envejecimiento, el vacío rotundo sobre el pueblo.

Tras el mazazo demográfico y económico que supuso la inactividad minera, a los vecinos les quedó la supervivencia. Claro que, tres décadas después de aquella gloriosa época, con la montaña partida presidiendo ese silencio tangible de la aldea y con la crisis azotando a toda España, el tesoro de la aldea de Penouta (un centenar de empleos directos asegurados) sigue intacto."          ( , El País,  23 ABR 2013)

6/11/12

El rural se agota. Y es la Administración autonómica la que impulsa el goteo de su despoblamiento

Uno de los dos vecinos de la aldea de Vilardemuros, en el municipio lucense de Sober, que llegó a tener 30 habitantes

"El rural se agota. Y es la Administración autonómica la que impulsa el goteo de su despoblamiento. Esta es al menos la conclusión a la que llegan ANPAS, expertos, sindicatos agrarios y los representantes parlamentarios de los grupos políticos. Ni siquiera es la crisis de la producción agroganadera —las serias dificultades que atraviesa el sector lácteo o el abandono del forestal— la que le pone el candado. 

La puntilla definitiva la está clavando la reforma educativa, esa decisión de convertir en unitarias los colegios de Infantil y Primaria que supone la contratación de un solo profesor para atender hasta 14 niños de distintas edades y niveles educativos en una misma aula.

 Ante la previsible pérdida de calidad educativa, numerosas familias del rural “deciden trasladarse a vivir a las villas más próximas”, explica la situación que se está extendiendo en este nuevo curso el portavoz de la coordinadora de ANPAS de Galicia, Elías Rozas.

 “Si continúa el recorte de profesorado en los colegios públicos del medio rural, la gente joven no va a quedarse con sus hijos en los pueblos. Es lo mismo que cerrar los centros de salud”, destaca el representante de la coordinadora

“Hay un ataque constante de la Xunta”, en este caso por parte de la Consellería de Educación, afirma Rozas, muy molesto con las declaraciones del conselleiro, Jesús Vázquez, que calificó de “politizadas” las reivindicaciones de las ANPAS de los colegios rurales.

 “Lo único que está politizado es esta decisión de Educación; si se trata de dinero, que explique la Consellería cuánto ahorra con este recorte y cuánto gasta en los centros privados-concertados dirigidos por el Opus”. En su opinión, es el cierre del rural el que obedece a una decisión política. Una cuestión de prioridades. “Hay que recortar y con menos población hay menos votos” que perder.

Es la misma conclusión a la que llega el sindicato Xóvenes Agricultores —próximo al PP— y los expertos consultados por este periódico sobre esta cuestión. “El campo hace menos ruido y está más acostumbrado al matrato”, asegura Carlos Manuel Abella, uno de los sociólogos llamados a dar su opinión de experto en la comisión parlamentaria creada el año pasado para aportar ideas contra el envejecimiento y el abandono de las zonas rurales. 

Precisamente para darle la vuelta a esta situación, el ANPA de Vilariño de Conso promovió una campaña de captación de parejas jóvenes con hijos en edad escolar que garantizaran la permanencia del colegio. Lo consiguieron, pese a que la Xunta mantiene el pulso frenando la concesión de los docentes que le corresponden.

Para evitar también el despoblamiento y atraer nuevos vecinos, A Peroxa elabora un catálogo de viviendas deshabitadas para su venta o alquiler a precios módicos. La iniciativa partió del grupo socialista, que presentó una moción aprobada en pleno. El portavoz socialista, Antonio González Fiuza, afirma que el objetivo es ”evitar el despoblamento continuado en el rural”. (...)

El Plan de Desarrollo Rural, que financian a medias el Ministerio de Agricultura y la Xunta, y el Programa de Reequilibrio Territorial de Galicia, presentado por la Xunta bipartita en 2006, tampoco ha conseguido frenar el vaciado de las aldeas. Las críticas arrecian dentro de la oposición parlamentaria.

 “El PP está en un discurso moral de apoyar el derecho de las madres a tener hijos, una política puramente natalista pero sin medidas prácticas”, reprocha Carlos Aymerich, vocal del BNG en la comisión sobre demografía creada en la cámara gallega. Beatriz Sestayo, representante del PSOE en el mismo grupo de trabajo, advierte que este fue “una burla” porque la Xunta no está teniendo en cuenta los consejos de los especialistas. 

“Las matrículas de guarderías y residencias han subido y en los dos últimos ejercicios el 45% de los fondos del Educa3 para escuelas infantiles quedaron sin ejecutar”, explica."             (El País, Galicia, 21/10/2012)

16/5/11

Oriundos de A Teixeira, en donde no nacen niños, regresan como emprendedores

"De los 447 vecinos empadronados en A Teixeira 267 están o superan la edad de jubilación. Como Nieves Rodríguez, que a los 90 años lleva una "vida normal" esperando cada semana la visita de los sobrinos-nietos de Ourense.

Nieves se topa a veces por las calles del pueblo con algunos adolescentes y con apenas un par de pequeños. Estos últimos son los hijos de una pareja de Vigo que un buen día hizo las maletas y se topó con la esencia de la quietud en este pueblo ourensano. Decidieron quedarse. (...)

Jorge, de 40, viaja todos los días desde Ourense, donde vive con su mujer y sus hijos, a su pueblo natal de A Teixeira.

La crisis lo empujó a sus orígenes en un feed-back en el que jamás había pensado pero que actuó como un auténtico colchón en su caída laboral: "Trabajaba en Valeo [fábrica de recambios para coches ubicada en el polígono industrial ourensano] pero cuando cerró tuve que espabilar y me planteé montar una bodega en mi pueblo: estoy encantado".

Jorge tiene "un montón de deudas" sobre las que se levanta su bodega en la que elabora "con muchísimo mimo" su vino Adega Vella.

"Estoy todo el día aquí, solo voy a Ourense a dormir y regreso por la mañana", cuenta el emprendedor sus dos horas de trayecto diario -entre ida y vuelta-, orgulloso de que el pueblo, en vías de extinción, sea "un auténtico lujo" para sus hijos de 7 y 11 años, que van todos los fines de semana "y disfrutan muchísimo del rural".

A base de jugar, y ayudar, entre las viñas, el chaval ya se plantea quedarse algún día al frente de la bodega.

Por emprendedores como Jorge, el campo empieza a florecer -solo de viñedos- en A Teixeira. Aunque ninguno de estos pequeños empresarios, salvo los jubilados, se queden a vivir y a procrear en él." (El País, 12/05/2011, p. 4)