Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: vivienda: desahucios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: vivienda: desahucios. Mostrar todas las entradas

15/7/22

A odisea de buscar piso nun Vigo colonizado por Airbnb e coa vivenda máis cara de Galicia

 "Coñecemos o caso dunha familia á que enviaron unha orde de desafiuzamento para poder logo alugar ese piso moito máis caro. Os propietarios argumentaban que querían amañalo, pero estaba claro que, na zona de praia na que se situaba, o que buscaban era non renovar o contrato a esa familia para reorientar o piso ao sector do turismo”. Este relato que traslada a Xornal de Vigo María Pérez, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao, é paradigmático das problemáticas residenciais que se agochan tralo incremento imparable de aloxamentos de uso turísticos na cidade olívica.

E é que salvo en Ferrol e Ourense, no resto de urbes galegas as ofertas de aluguer vacacional xa superan con creces as de arrendamento para estancias longas de estudantado ou familias traballadoras. Son, en concreto, 14.512 vivendas rexistradas pola Xunta para uso turístico fronte ás 3.500 que poden alugarse de xeito tradicional agora mesmo en Galicia. O caso máis rechamante é o de Santiago, onde os pisos turísticos quintuplican os destinados a arrendamentos, mais a situación esténdese por diferentes localidades galegas e vívese con especial preocupación en Vigo, a cidade con maior demanda non atendida de vivenda protexida e onde “segue habendo desafiuzamentos todos os días sen que se tomen medidas”.

EXPULSIÓN DA VECIÑANZA

Ao mesmo tempo, tan só despois de Santiago e Sanxenxo, Vigo é a cidade que concentra o número máis alto de prazas en pisos de uso vacacional, case 3.000 segundo o rexistro da Xunta de Galicia. “Os efectos deste incremento son grandes en tanto que hai un problema estrutural de vivenda”, explica Pérez. “Non hai oferta pisos de protección oficial pero as administracións sacan adiante urbanizacións millonarias e chalets ao carón da praia aos que unha familia normal non pode acceder. Se a esta carencia xa de base sumamos que agora moitos se destinan a uso turístico, apaga e vámonos. Quedará todo o mundo na rúa”, denuncia.

O custo da vivenda en aluguer aumentou só no último trimestre en Galicia un 5%, o maior dato desde o mesmo mes do ano 2008. Esta repunta sentiuse en todas as cidades e mantén Vigo como a máis cara, cun prezo medio de 9 euros/m2, seguida pola Coruña (8,4 euros/m2), Compostela (7,7 euros/m2), Pontevedra (7,3 euros/m2), Lugo (6,3 euros/m2), Ourense (5,9 euros/m2) e Ferrol (5,1 euros/m2), segundo o último informe do portal inmobiliario Idealista. Alugueres escasos en cantidade e disparados no prezo conforman, así, a tormenta perfecta para que a busca de piso para estudantado e familias se convirta nunha auténtica odisea.

“Xa non só para quen non ten traballo”, detalla Pérez. “Co incremento do prezo da cesta da compra ou da luz, a xente mileurista tamén o está pasando mal. Quen pode pagar un apartamento dunha habitación por 550 euros?”, pregúntase. Este incremento de prezos, unido á proliferación de pisos turísticos, dan como resultado que “moita veciñanza marche cara ao extrarradio”. 

Unha realidade ante a que a Federación de Asociacións pide unha “regulación específica” de apartamentos vacacionais e a promoción dun parque de vivenda público. “Non podemos dedicar pisos a turistas nunha cidade na que non hai vivenda para a veciñanza. Non estamos sobrados. Precisamos espazos para vivir”, pide Pérez, que urxe constituír unha “mesa pola vivenda” ante unha situación que cualifican como “insoportable” en canto a desafiuzamentos e “nulas” alternativas habitacionais.

SITUACIÓN “GRAVE” PARA QUEN ESTÁ EN RISCO

A asociación Os Ninguéns coincide na análise e nas demandas. Tras anos tratando con persoas que teñen dificultades para atopar ou pagar as súas vivendas, Antón Bouzas, o presidente do colectivo, asegura que os prezos e requisitos que hoxe en día esixen as propietarias de pisos provoca que as persoas en situación de pobreza ou risco teñan “moi difícil” o acceso a vivenda. “Non existen casas en aluguer para aquelas persoas, a meirande parte mulleres con crianzas, que non poden presentar avais bancarios ou depositar tres meses de fianza”, explica. Un “drama grave e triste” que avoca as persoas desafiuzadas á infravivenda ou a convivir con familiares en casas “pateira”. 

Ante esta realidade coa que bate no día a día, Antón Bouzas denuncia a ausencia de políticas de desenvolvemento de vivenda pública e as “insuficientes” axudas económicas. Un “desleixo” que contrasta coas grandes campañas para atraer turismo durante o verán ou no Nadal e que provocan, explica, que moitas persoas propietarias vexan maiores posibilidades de rendemento no alguer do piso durante “tres ou catro meses a prezos moi altos” que de maneira indefinida a veciñanza da cidade que mantén rendas antigas. “Nalgúns pisos, os turistas chegan a pagar ata 600 euros por cinco noites”, sinalan neste sentido dende a Federación de Asociacións.

“VIGO PERDERÁ POBOACIÓN”

No eido político, tanto BNG como Marea de Vigo levan tempo demandando ao concello e á Xunta actuacións que poñan freo a este “fenómeno especulativo” que agudiza o xa “gravísimo” problema de acceso social á vivenda, tal e como sinalaba hai unhas semanas o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas. Nesa mesma intervención explicaba que o aumento “esaxerado” dos prezos “está detrás tamén da perda de poboación de Vigo, con 3 mil habitantes menos o ano pasado”, como reflicten os datos do Padrón Municipal.

Na mesma liña, Rubén Pérez, concelleiro da Marea de Vigo, fala en conversa co Xornal de Vigo dun “problema serio de substitución de poboación”: “Estamos xentrificando de maneira moi evidente o centro histórico e urbano, onde de súpeto familias con rendas antigas pasan a pagar 700 euros”.

Dende o grupo detectan que “van desaparecendo do mercado do alugueiro vivendas coa excusa de que van vivir nelas familiares; e ao pouco aparecen como pisos turísticos”. Tamén confirma a tendencia das familias a afastarse do centro, se ben asegura que o custo do transporte supón un novo obstáculo para elas: “Vivir en Ponteareas e traballar en Vigo segue sen ser rendible hoxe en día. Estamos nun círculo vicioso que atrapa moitas familias”.

Pérez demanda que as primeiras actuacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana vaian encamiñadas a promover vivenda de protección oficial, xa que, denuncia, “vemos que o que interesa é sacar adiante o barrio do Cura, Beiramar, vivendas de segmento medio alto e de luxo”. Ao tempo, Pérez solicita ao Concello que presione á SAREB para a cesión de vivendas e fai referencia á nova lei de vivenda estatal que dará competencias para a contención de prezos aos concellos e que obrigará a construir parques públicos de vivenda. “A situación é preocupante. Se non se fai nada, imos perder poboación en Vigo. Está a darse a treboada perfecta para que as familias abandonen a cidade“, alerta."           (Uxía Iglesias

24/1/22

O alcalde de Burela contra un desafiuzamento: "Hai que defender o dereito das persoas sobre o capital"

 "O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reivindicou este luns que ata o ano 2029 tense que “garantir” a vivenda a tres veciños dun edificio situado no número seis da rúa Cantábrico, que poderían ser desafiuzadas esta semana pola Sareb ou banco malo.

En concreto, o 27 de xaneiro vence o prazo para o desaloxo deste tres veciños nese inmoble de 16 vivendas que conta con protección autonómica da Xunta desde o ano 2004.

Llano enunciou que “ata o 2029 ten que garantirse que se esta xente quere continuar no edificio continúe”. “Sería moi dramático que cambie o titular do edificio e ese novo titular marque outros prazos cando se debe de cumprir a normativa e ata o 2029 non se deberían (os inquilinos) mover de aí”, abundou.

O rexedor de Burela lembrou que “das 16 ocupacións que había, agora quedan tres porque o resto buscou a vida polas condicións que lles esixían”. Estes “buscaron outra alternativa e fóronse ata quedar tres (familias) e o resto foise asentando noutros lugares do concello” de Burela.

“Quedaron tres veciños coa garantía de que se lles vai a renovar ata 2029“, insistiu. Alfredo Llano apuntou que se trata dun edificio “moi céntrico, á beira da igrexa” e volveu a incidir en que é un inmoble que ten “protección autonómica desde o ano 2004 e o que accedía a un piso tiña que cumprir unhas condicións”.

Dito isto o alcalde de Burela subliñou que “esta situación vén determinada polo imperativo do capital sobre as persoas e iso si que non pode ser porque hai que defender o dereito das persoas sobre o capital”, concluíu."                       (Xornal da Mariña, 24/01/22)

20/10/21

Galicia, dos territorios españois con maior número de propietarios con máis de 10 inmóbeis: 26.000

 "A Lei de Vivenda acordada entre os dous socios do Goberno español, PSOE e Unidas Podemos, abrangue unha serie de normas en aspectos concretos e que pretenden, segundo os seus impulsores, baixar os prezos dos alugueres. Unha lei, ademais, que entra en aspectos, como a vivenda, que son competencia das autonomías.

 A normativa de vivenda supoñerá a "regulación de prezos para baixar por lei os alugueiros" dos propietarios que teñen dez ou máis inmobles —grandes ‘tenedores’— "en base ao índice de referencia para todos os contratos nas zonas de mercado tensionado" e a "retirada de privilexios fiscais". Pola súa banda, para os pequenos propietarios, acórdase a "conxelación de prezos e incentivos fiscais para baixar o prezo".

 Doutra banda, apóstase polo parque público de aluguer, cunha reserva do 30% de todas as promocións para vivenda protexida. Dese 30%, a metade destinarase alugueiro social. En canto a un imposto á vivenda baleira, executarase, segundo este acordo, a través da recarga do IBI ata o 150%, que poderán aplicar os concellos.

Propietarios

En principio, o colectivo que vai ser máis afectado é o dos grandes propietarios, aqueles que teñen máis de 10 inmóbeis, conpeto que non abrangue só vivendas. Segundo datos do Catastro, na Galiza hai 26.600 destes propietarios, somos o quinto territorio do Estado con maior presenta de grandes ‘posuidores’. Só nos superan Andalucía, Catalunya, Valencia e Castela e León. Até Madrid fica por baixo da Galiza neste ránking.

 Deses 26.600 propietarios, tanto persoas xurídicas como físicas, de máis de 10 inmóbeis, perto de 24.000 teñen entre 11 e 25; 1.900 son propietarios de entre 26 e 50 inmóbeis e un total de 820 posúen máis de 50.

Prezos

Os alugueres rexistraron na Galiza en xullo de 2021 un prezo medio de 5,51 euros por metro cadrado, o que supuxo un descenso mensual de 2,73% respecto a xuño, pero un aumento de 3,13% respecto ao mesmo mes de 2020, segundo un informe de pisos.com.

 Interanualmente o aumento deuse en xeral en toda a Galiza, sendo a zona de Lugo (+11,91%) onde se rexistrou a cuarta suba máis elevada do Estado. Con 4,71 euros por metro cadrado en xullo de 2021, a zona de Ourense foi o territorio máis alcanzábel. Pontevedra (a 6,64 euros o metro cadrado), foi a zona máis cara da Galiza.

Vivenda protexida: 165 en 5 anos

A promoción da vivenda protexida na Galiza caeu nos últimos cinco anos a mínimos de toda a serie histórica. Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), entre 2015 e 2019 concedéronse licenzas para 12.734 vivendas na Galiza, das cales só 82 contaron coa clasificación de protexidas. Ao tempo, no mesmo período rematáronse 165 vivendas protexidas dun volume de 8.855, o que representou menos de 2% do total. "               (Nós, 07/10/21)

22/4/20

La Xunta se queja por carta al Gobierno de que prohibir desahucios durante la pandemia enfría el mercado y perjudica a los propietarios

"La Xunta de Galicia cree que la decisión del Gobierno de prohibir los desahucios durante la crisis del coronavirus enfría el mercado inmobiliario y supone "una desprotección" para los propietarios y así se lo ha hecho saber al Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. 

La conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, ha dirigido una carta al ministro José Luis Ábalos en la que se queja de que Galicia no haya sido informada con antelación de los planes del Gobierno para impedir que los dueños de los pisos puedan echar a sus inquilinos si, como consecuencia de la situación económica, no son capaces de afrontar el pago de los alquileres.

En la misiva, fechada el pasado lunes 13 de abril y a cuyo contenido ha tenido acceso eldiario.es, se dice lo siguiente: "Las medidas previstas suponen una desprotección para los arrendadores, lo que en el futuro, claramente, puede desincentivar la salida al mercado de vivienda en alquiler debido a la inseguridad jurídica que se crea para los pequeños propietarios, para los que además, en muchos casos, las rentas de los alquileres constituyen sus ingresos y forma de vida".

La conselleira gallega de Vivenda apoya sus argumentos en las quejas recibidas desde el sector inmobiliario: "Estas preocupaciones nos fueron trasladadas por los representantes de los intermediarios inmobiliarios que operan en la comunidad autónoma, administradores de fincas y agentes de la propiedad inmobiliaria". Sobre la postura al respecto de otros colectivos como la PAH o las plataformas antidesahucios la conselleira no introduce ni una palabra.

La responsable del departamento de Vivienda del Gobierno gallego también se muestra disconforme con el plan de ayudas diseñado por el Gobierno para cubrir con ayudas y créditos a las familias y arrendadores que se vean afectados por las consecuencias económicas de la pandemia. 

Según la administración gallega, Madrid no ofrece el dinero suficiente, y para cimentar su queja, la carta incluye datos cuanto menos sorprendentes. Ángeles Vázquez asegura en su carta que "en un cálculo absolutamente conservador se puede estimar que en Galicia podrían tener acceso a estas ayudas entre 50.000 y 75.000 familias", lo que implicaría "la necesidad de destinar entre 120 y 180 millones de euros" para ese cometido.

De acuerdo con los datos del Instituto Galego de Estatística (2018), el número de hogares gallegos con gasto de alquiler son 142.780. Las estimaciones del Gobierno de Feijóo suponen que el 52% de las familias en viviendas alquiladas tendrán que pedir ayuda para pagar sus mensualidades como consecuencia de la crisis económica asociada a la COVID-19. Con esos cálculos, la Xunta exige el pago de entre 150 y 180 millones de euros.
La carta enviada por la Xunta fue contestada por el Ministerio el jueves 16 de abril. 

El escrito de respuesta lleva la firma de la Secretaría General de Vivienda que dirige David Lucas y en él se plasma la diferencia de criterio que sobre la materia separa a ambas administraciones: "En modo alguno podemos compartir con usted que se haya producido desprotección de los arrendadores y mucho menos que estas medidas puedan desincentivar a futuros inversores en viviendas de alquiler", asegura la respuesta.

Las discrepancias entre ambos gobiernos también afloran cuando se aborda el nivel de interlocución con el que la administración que dirige Pedro Sánchez está asumiendo sus decisiones en materia económica. 

 En su escrito, la consejera gallega se queja de que el Ministerio no informó de sus planes a las comunidades autónomas. En este punto, el departamento que dirige José Luis Ábalos también disiente: "El malestar que me traslada no se corresponde con las comunicaciones directas y personales que la Dirección General de Vivienda y Suelo ha mantenido con el director del Instituto Galego da Vivenda e Solo en los días posteriores a la publicación del Real Decreto-Ley y previos a la Orden Ministerial, en las que se ha ofrecido toda la información requerida y la resolución de dudas. El ofrecimiento continúa vigente y con continuas conversaciones y reuniones virtuales que se están celebrando con todas las comunidades autónomas que lo solicitan".                     (Gonzalo Cortizo, eldiario.es, 18/04/20)

24/1/20

“Nunha cidade coma Lugo, onde hai máis dun 20% de vivenda baleira, tense que ofrecer alternativa habitacional para as persoas desafiuzadas”... "As persoas desafiuzadas son criminalizadas. Senten vergoña e culpabilidade por ter unha débeda"

"Pensamos que en Lugo non hai desafiuzamentos, pero a realidade é outra”. Dicíao Mina Galván, activista da plataforma Stop Desafiuzamentos, en xullo do 2019. Onte, martes 14 de xaneiro, volvía abordar a cuestión nunha conferencia que xirou arredor da “desidia” das administracións ante esta problemática. “Nunha cidade coma Lugo, onde hai máis dun 20% de vivenda baleira, tense que ofrecer alternativa habitacional para as persoas desafiuzadas”, reclamou.

‘Nin xente sen casa, nin casas sen xente’, rezaba precisamente o título da charla, organizada en colaboración co Club de Letras do IES Lucus Augusti. Ademais de Mina Galván, tamén participaron a avogada Isabel Cancela e o mestre Santiago Fernández Rocha, que centraron as súas intervencións nas vías legais para deter un desafiuzamento e na pobreza infantil, respectivamente.

O LABOR DA PAH

Segundo os datos da PAH-Stop Desafiuzamentos Lugo, actualmente teñen un total de corenta casos de desafiuzamento abertos: seis deles graves, outros seis en camiño de se solucionar e, o resto, “en stand by”. Na PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca) reciben persoas que se atopan en risco de perder a súa vivenda, acompáñanas no proceso e mobilízanse para lles axudar nas negociacións e trámites precisos. “Ás veces, os Servizos Sociais derivan algunha persoa aquí para que nós lles axudemos. É irónico!”, comentou a activista Mina Galván. Quéixase de que as administracións “nunca dan ningunha explicación” e de que “alongan os procesos de solicitude de axudas” ata o punto de que se volve moi complicado acceder a elas.

A principal demanda desta plataforma é a paralización total de calquera desafiuzamento en aluguer sen que exista unha alternativa habitacional. Lugo é unha das cidades de España con máis volume de vivendas baleiras, pero “o Concello non fai nada por recuperalas” malia haber xente que corre o perigo de quedar na rúa. Do mesmo xeito, tamén reclaman que non se executen lanzamentos sen data e hora fixadas. “É unha intranquilidade a maiores. Ás veces non sabes cando te van botar da casa. Pode ser en calquera momento”, explicaba Galván.

POÑER O FOCO NO LUGAR ERRÓNEO: OS OKUPAS

No discurso da conferencia, tamén se afondou no asunto das okupacións. Como é que a sociedade se indigna máis ante casos de okupas ca cos desafiuzamentos?, preguntábanse uns e outros. Como é que os grandes medios centran o debate nisto? “Ás veces okúpanse pisos de bancos, non de propietarios particulares. O banco non protesta, porque nin sequera se entera. E van e protestan os veciños… Iso non o entendo”, expresou a avogada Isabel Cancela.

Detrás de todo isto agóchase, quizais, a demonización da precariedade. “A maioría da xente criminaliza e repudia a pobreza en vez de facer algo conxunto por axudar as persoas que a sofren”, engadía Mina Galván. “Cando as persoas desafiuzadas chegan onda nós, teñen vergoña e séntense culpables de ter unha débeda”, explicou a activista. “Como sociedade, normalizamos a delincuencia dos de gravata, pero se lemos que unha persoa debe 1.500 euros a un banco xa nos escandalizamos”.

Para Santiago Fernández Rocha, profesor, é “tristísimo” o que “está ocorrendo a día de hoxe en Lugo” no referido á vivenda. Coida que “a esquerda non está á altura neste sentido” e non entende por que non sitúan esta realidade “en primeiro plano” político. “Sería máis rendible combater con decisión as causas da pobreza ca facer investimentos para reducir as consecuencias”, opinaba. “É o cancro devastador do futuro”.                (Silvia López, LugoXornal, 15/01/20)

23/11/18

Una mujer y sus dos hijas afrontan un desahucio tras retirarles la Xunta su ayuda. La madre, de Ferrol, tramitó mal unos requisitos por Internet y perdió su renta

"Está en el paro, con dos niñas a su cargo y malvive desde junio sin ingresos porque la Xunta de Galicia la ha sancionado durante seis meses sin los menos de 400 euros que percibía como renta de inclusión social. 

María, el nombre ficticio que ha elegido Stop Desahucios de Ferrol para denunciar su caso, afronta ahora una demanda de desahucio de una inmobiliaria por el impago de los 300 euros mensuales de alquiler del piso en el que reside con sus hijas. 

El castigo de la Administración autonómica, provocado por no haber renovado a tiempo su condición de demandante de empleo, no ha recaído solo en ella sino también en sus dos pequeñas, menores de 10 años. “Puede ser discutible, pero es el procedimiento habitual”, explican desde la Consellería de Política Social del Gobierno gallego.

Para la plataforma ferrolana Stop Desahucios, la historia de María demuestra que las “normas arbitrarias e injustas” de la Xunta a la hora de aplicar la renta de inclusión social de Galicia (Risga) “castigan la pobreza”. “La protección del menor es fundamental y los servicios sociales, aunque sabemos que sufren falta de personal y recursos, no pueden ser la policía de los pobres”, explica su portavoz, Inácio Martínez, quien cuenta que la afectada intentó renovar su condición de demandante de empleo por Internet pero no lo hizo correctamente.

La asfixiada existencia de María la sufren muchas madres solas en España. Ella está divorciada (la Xunta le otorgó una paga de menos de 400 euros porque le resta los 150 euros que le da su exmarido para criar a las niñas) y el cuidado de sus hijas en solitario restringe sus horas disponibles para cumplir las exigencias de la prestación.

 "Si esta prestación es de inclusión social tiene que contar con personal que atienda a quienes son incapaces de normalizar su vida, pero no pueden sancionarlas", defiende Martínez. En un caso como el de María, añade, la Xunta tendría que haber comprobado antes de retirarle la renta social en qué condiciones vive, si cuenta con las ayudas que merece y ofrecerle una formación para encontrar un empleo adaptada a sus horarios de madre.

María reside de alquiler en una casa que un día fue pública. Fue construida por el Gobierno y pertenecía al Instituto de Vivienda, Infraestructuras y Equipamientos de la Defensa (Invied), un organismo oficial que la vendió junto a otros muchos inmuebles militares de la comarca de Ferrolterra. Según datos aportados por el colectivo antidesahucios, la ciudad acumula más de 10.000 viviendas vacías y son más de 600 las personas que demandan un piso social de alquiler: “El propio Inved de Ferrol reconocía hace unos meses que tiene 77 viviendas vacías”.

Tras la privatización, es una inmobiliaria la que alquila a María su piso por 300 euros al mes y, aunque tendría derecho a una bonificación de las facturas de luz y agua, explica que no puede acceder a esta rebaja porque su arrendador no le deja poner a su nombre la titularidad de estos servicios. “Nunca tuvo una copia del contrato de alquiler hasta que le llegó junto a la demanda de desahucio”, denuncian desde la asociación antidesahucios de Ferrol.

La vista judicial para desalojar a María y sus hijas está fijada para el próximo 30 de noviembre y el lanzamiento ha sido marcado para el 27 de diciembre. Como establece un convenio firmado entre la federación gallega de municipios, el Consejo General del Poder Judicial y la Xunta, está previsto que la Administración autonómica y local soliciten al juzgado que posponga el desahucio. 

El objetivo, explican desde la asociación que ha denunciado el caso, es encontrarle a esta familia otro hogar con menos renta. "Tenemos este caso muy presente, no es un número más", aseguran desde el Gobierno gallego. "Estamos trabajando para frenar el desahucio".

La sanción de la Xunta que ha dejado a María y a sus hijas sin ingresos se prolongará hasta diciembre. La Consellería de Política Social que dirige la popular Fabiola García informa de que los servicios autonómicos "están trabajando" con el Ayuntamiento para que a partir de esa fecha esta vecina de Ferrol recupere la renta de inserción social y reciba también una ayuda de emergencia social del Ayuntamiento de su ciudad. Desde este departamento autonómico añaden que también han intercedido ante el Instituto Galego da Vivenda e Solo para que le tramite a María por vía urgente un bono de alquiler social.

El Gobierno gallego prepara para antes de final de año cambios en la normativa de la Risga para que sus perceptores puedan tener un empleo que no supere los 440 euros. Hasta ahora era incompatible con cualquier otro tipo de ingreso que entrase por la puerta de un mismo domicilio. Esta exigencia ha impedido a los cerca de 10.000 gallegos que dependen de ella para su subsistencia realizar trabajos esporádicos o incluso convivir con un compañero de piso que cobrase un salario o prestación."                    (Sonia Vizoso, El País, 15/11/18)

29/10/18

Obligada a dejar su casa y vivir en un hotel tras el acoso inmobiliario de la Xunta

"Hace ya varios meses que Lucila Vázquez —una anciana ourensana a la que la Xunta de Galicia, su casero, lleva 17 años intentando desalojar del piso en el que vive desde 1963— se ha trasladado a un hotel. Los infructuosos intentos del Gobierno gallego por desahuciarla judicialmente culminaron con la supresión de la limpieza, iluminación y mantenimiento del inmueble y, finalmente, del servicio del ascensor. Incapaz de subir y bajar las escaleras a diario, la inquilina, que ronda los 90 años, acabó confinándose en el piso. 

Devastada por el encierro y tras sufrir una caída, se trasladó a un hotel. Ahora, el ministerio público se querella contra dos cargos del Ejecutivo presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP): la secretaria general técnica y de Patrimonio de la Consellería de Facenda, Socorro Martín Hierro, y su subdirector, Pablo Jacobo Moure. Los acusa de acoso inmobiliario.




Lucila Vázquez suspira por regresar al piso, en el que ha vivido más de medio siglo, en un céntrico edificio de Ourense propiedad del Gobierno autonómico, que lo quiere libre para trasladar a él oficinas administrativas.

Pero, de momento, se gasta la pensión pagando un hotel: se estaba muriendo en vida sin poder salir a la calle desde que, tras fracasar en el intento por desalojarla por vía judicial, la Xunta abandonó el mantenimiento del inmueble suprimiendo la limpieza de las zonas comunes y, el pasado enero, el servicio de ascensor. Esa fue la puntilla. Un caída sufrida en verano le rompió la cadera. Acabó trasladándose a un hotel.

Aún reconociendo el Ejecutivo autonómico el pasado mayo a este diario su intención de "rehabilitar y dar nuevos usos administrativos" al edificio con el objetivo de "reducir el gasto en alquileres" de sus dependencias en Ourense, negó que la clausura del ascensor obedeciese a un "intento de forzar una salida del inmueble o causar molestias" a la anciana.

La Xunta achacó la supresión del ascensor a unas "deficiencias técnicas detectadas por la empresa responsable de la inspección" en aquel momento. Transcurridos cinco meses, no han sido solventadas.

La inquilina tiene sus dudas de que el edificio cumpla con la normativa de agua y luz ya que sostiene que lleva años sin pasar inspecciones. "Es cierto que el alquiler es de renta baja, pero lo es porque el propietario no se molestó nunca en revisar la Ley de Arrendamietos Urbanos de 1994", sostiene.

La Fiscalía entiende que la mencionada actuación de la Xunta constituye acoso inmobiliario. Asegura que con el objetivo de disponer del inmueble los cargos del Ejecutivo gallego están utilizando con la inquilina "medidas de compulsión irregulares y no amparadas en Derecho, con dejación consciente y manifiesta de las obligaciones que, como propietarios-arrendadores cuya representación ostentaban, tenían", según consta en la querella firmada por el fiscal jefe de Ourense, Florentino Delgado.

El ministerio público, que sostiene que la supresión de los servicios básicos del edificio, convertido en "insalubre", se produce tras fracasar en el desahucio judicial, alude al intento de la Xunta de "forzar y doblegar" la voluntad de la anciana para que abandonara el piso o aceptara un acuerdo "sin especificar" y que "de antemano sabía que no iba a ser concretado ni aceptado porque habría de ser con condiciones peores que la situación actual".                    (Cristina Huete, El País, 19/10/18)

25/10/18

A inmobiliaria do Santander ameaza con botar das súas vivendas medio cento de familias de Cambre

"Medio cento de familias residentes no edificio A Patiña (Cambre) poderían ser expulsadas das súas vivendas nos vindeiros meses. O inmoble foi construído por Fadesa a mediados dos noventa e un acordo coa Xunta garantiu que as casas, de protección oficial, serían alugadas por un período de vinte anos a persoas con escasos recursos, que non puidesen pagar un alugueiro meirande.

 Na actualidade están a pagar entre 200 e 300 euros mensuais. A crise económica levou a Fadesa a vender o edificio a Altamira, división que xestiona os activos inmobiliarios do Banco Santander.

 Nas últimas semanas as familias cuxos contratos acaban de rematar ou o farán en breve comezaron a recibir comunicacións de Altamira, na que se lles indica que os seus contratos non serán renovados e que, polo tanto, deben abandonar os seus fogares, co agravante de que en moitos casos lles será difícil ou directamente imposible alugar unha vivenda na zona.

Despois de recibir estas comunicacións, os veciños e veciñas comezaron a informarse sobre a súa situación e a organizarse, celebrando asembleas e levando a súa problemática aos medios de comunicación, entidades sociais e partidos políticos. Contactaron, por exemplo, coa plataforma social Vamos! e coa iniciativa comunicativa IrreversibleTV, que publicou un vídeo que explica o caso. 

O acordo de vinte anos de duración que garantía o carácter social destas vivendas rematou en 2017 e dende entón os veciños e veciñas denuncian que Altamira está a desatander as súas obrigas como administrador do edificio, deixando de realizar as reparacións correspondentes ou o necesario mantemento. 

Afirman que a división do Banco Santander tería vendido o edificio ou a xestión dos alugueiros a algún fondo voitre, como Fidere, Cerberus ou Blackstone. Nos últimos meses veñen denunciándose casos semellantes en toda España: inmobles nos que tras seren adquiridos por algún destes fondos, os veciños e veciñas son expulsados, por aumentar de súpeto o custo do alugueiro en varios centos de euros ou, directamente, por non seren renovados os seus contratos.

Nando Allegue e Eva Prado levan 16 anos vivindo en A Patiña. El antes traballaba en Unipost, pero quedou no paro en marzo. Ela sufre parálise cerebral e ten unha discapacidade dun 85%. En abril recibiron un burofax no que se lles informaba de que o 31 de outubro remataría o contrato da súa vivenda e aínda que nun primeiro momento pareceu que sería posible renovalo, a finais de setembro un e-mail do Banco Santander lles comunicou que o contrato non sería renovado.

 Destacan que cos seus ingresos e pola necesidade de contar cunha vivenda adaptada (ela desprázase en cadeira de rodas) non poden facer fronte ao actual custo dun alugueiro na zona, que supera os 400 euros en todos os casos. Por ese motivo están dispostos a resistir no seu actual edificio.

Algún dos veciños e veciñas xa finalizou o seu contrato nas últimas semanas, outros (como Nando e Eva) farano en breve, e o resto irá caducando nos vindeiros dous anos. A continuidade nas súas vivendas destas familias -na súa maioría con escasos recursos e mesmo en situación de emerxencia- está no aire. E a propia empresa propietaria do edificio confirmou que non renovará os contratos que vaian caducando.

Os veciños e veciñas recibiron xa o apoio de Stop Desahucios, do alcalde de Cambre (aínda que o Concello comunicou que neste momento non dispón de vivendas sociais dispoñibles) e doutros representantes políticos, como Antón Sánchez (En Marea), que mesmo levou o tema ao recente debate de política xeral celebrado no Parlamento Galego. A plataforma veciñal colocou xa varias faixas na fachada do edificio e prepara mobilizacións ante as sedes do Banco Santander.  

"Ao longo destes 16 anos que levo vivindo no edificio nunca tiven ningún problema co alugueiro do piso nin cos propietarios do mesmo. Formei a miña vida neste edificio e era feliz. Caeume o mundo enriba, xa que teño que deixar a miña vivenda actual o 31 de outubro e non atopo por ningún sitio unha vivenda de alugueiro que se adapte ás miñas necesidades como na que estou a vivir", afirma Eva Prado.

Nando Allegue lamenta que non todos os veciños están dispostos a participar nas mobilizacións, sobre todo aqueles aos que aínda lles queda por diante un tempo maior de contratos. "Pero afectados estamos todos. Algúns estamos nunha situación máis vulnerable ou os nosos contratos rematan antes, pero máis tarde ou máis cedo todos van estar na mesma situación", di."               (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 17/10/18)

1/6/18

Cuando el casero que desaloja es la Xunta. La fiscalía investiga el supuesto acoso inmobiliario del Gobierno gallego a una anciana en Ourense

"En la última etapa de su vida Lucila Vázquez se enfrenta, prácticamente confinada en su casa —el cuarto piso de un céntrico edificio de Ourense en el que vive de alquiler desde 1963— a un intento de desahucio desde hace cuatro años. Casi un lustro haciendo frente a su casero, la Xunta de Galicia, que ha intentando desalojarla por todos los medios. 


El Ejecutivo regional puso en marcha su maquinaria en 2001. Primero dejó de cobrarle los recibos y le reclamó la entrega del piso. Al no producirse, acudió a la vía judicial, pero el Juzgado de Primera Instancia 2 de Ourense y la Audiencia Provincial fallaron en su contra. 

 Fracasado este intento, suprimió la prestación de la limpieza, iluminación y mantenimiento de la vivienda y, el pasado enero, clausuró el ascensor, lo que impide a la anciana salir desde entonces a la calle con frecuencia. "No tenemos duda de que esto es acoso inmobiliario", sostiene su abogado, Roberto Estévez, tras presentar denuncia ante la fiscalía, que ha abierto diligencias. La Xunta, sin embargo, lo niega.

La mujer, que ha superado los 80 años, insiste en mantener la vida independiente. Su esposo falleció en 1994, y ella se subrogó en el alquiler del piso del que entonces era titular la Cámara de la Propiedad Urbana de Ourense. Pero la larga batalla que mantiene con el Ejecutivo de Alberto Núñez Feijóo (PP) ha comenzando a desgastarla.

 "Lo iba llevando más o menos, pero el otro día ya me dijo que no me imaginaba lo que le estaba haciendo sufrir esto; no entiende por qué la quieren echar de su casa si paga puntualmente", cuenta su hija.

Pagar el alquiler fue una de las primeras batallas en esta guerra de resistencia. En enero de 2001, recién traspasada la propiedad del edificio a la Xunta, dejaron de pasarle al cobro los recibos, por lo que la mujer presentó escrito ante la Comisión Liquidadora de las Cámaras de la Propiedad Urbana de Galicia mientras alertaba de que se había procedido a la supresión del servicio de limpieza y de portería del edificio. 

Y en octubre de ese año se la conminó a que desalojara el piso "de forma voluntaria" antes del 31 de diciembre. No lo hizo. En 2014 la Xunta reclamó el desahucio por vía judicial. Los tribunales dieron la razón a la inquilina y a finales del pasado enero el casero suprimió, "sin mediar aviso", el único servicio que mantenía: el de ascensor.

La supresión del ascensor y la ausencia de limpieza del inmueble están minando a la mujer. El notario que acudió a levantar acta de que el piso está ocupado —después de que el pasado febrero la Xunta le notificase a la inquilina su pretensión de "resolver el contrato de arrendamiento" considerando que la mujer no estaba utilizando la vivienda— certifica no solo que la mujer vive habitualmente en él sino que deja constancia también del lamentable estado de abandono del edificio.

Abandono de servicios

La Xunta no se pronuncia sobre el abandono de los servicios de mantenimiento del edificio, pero puntualiza, consultada por EL PAÍS, que "es incierto" que la clausura del ascensor obedezca a un "intento de forzar una salida del inmueble o causar molestias" a la anciana. El Gobierno gallego atribuye la supresión del ascensor a la empresa responsable de la inspección técnica que, asegura, "ha detectado deficiencias".

El Ejecutivo autónomo no oculta su intención de "rehabilitar y dar nuevos usos administrativos al edificio" con el objetivo de "reducir el gasto en alquileres" de sus dependencias en Ourense y reconoce que en 2017 licitó la redacción del proyecto básico de las obras de rehabilitación.

 Para ello era necesario desalojar a los dos inquilinos que permanecían en la vivienda —Lucila Vázquez y otro vecino— por lo que, sostiene, intentó llegar a un acuerdo amistoso con ambos ofreciéndoles "una indemnización o un alquiler en condiciones similares", algo que la hija de la anciana niega mostrando el burofax, fechado el pasado febrero, remitido por la Xunta a su madre. "Nada de ofertas de indemnización o de otro alquiler", insiste la familia."                (Cristina Huete, El País, 31/05/18)

18/1/18

Vigo morre e nace...

"Privilexiada a vista dos traballadores: as bateas, os pobos mariñeiros, os montes, a comida, todo iso para eles é o pan de cada día. Están na Ponte de Rande, e a xente sae e entra na cidade de Vigo mentres eles pasan o día nunha obra absurda, de 10 a 12 horas. Tamén as noites en que non hai estrelas. O ano novo comezou con néboa e moita choiva.

 Audasa, a empresa concesionaria, está a apertar. O ano novo tamén comezou cunha subida do 3,81% do prezo da peaxe, motivo das apresuradas obras. O 05 de xullo o traballador Nicolás caeu, e morreu. A empresa non dubidou en afirmar que a morte de Nicolás fora intencionada. Chove tanto que a noite que comezaba o 16 de outubro todo ardeu, e nin as gaivotas quedaron.

Desde as praias de Cangas esténdense ante a vista esas construcións que foron colonizando a outra ribeira e que recibiron o nome de Vigo. Vigo apenas ten idade, as xeracións maiores lembran ese repentino crecemento dun pobo mariñeiro que nunca deixou de mirar ao Atlántico: cando o estaleiro Hijos de J. Barreras fabricou o seu primeiro sardiñeiro de vapor «tipo Vigo» as embarcacións de vela, de súpeto e sen avisar, foron pasto da historia. 

Pronto os estaleiros reclamaron a máis e máis mozos, levantáronse barrios enteiros ao carón do ampliado porto. Vigo é unha cidade construída sobre a marcha. A dársena de Guixar, o peirao do Berbés, o tranvía de Urzáiz que convivía co campo... tamén o peirao de transatlánticos. "Cando eu era moza o porto só era de ida", di Carmen. Ás Américas. Éche o que hai, reza a cultura que mira a natureza inamovible, que, fronte a calquera desexo, sempre choverá. 

A final de contas, o evento histórico máis importante sucedeu debaixo da ponte, cando os ingleses perseguiron e afundiron no medio da ría os tesouros coloniais. A batalla de Rande. Daquilo quedan historias máis próximas á fábula que ao xornalismo. "Alí estaba o canón, no medio da praia... Era dun dos barcos afundidos". Galicia, o país das 30.000 aldeas, hai tempo que mudou de pel.

Humanizacións

As luces de Nadal brillan por toda a cidade, a razón de 630.000 mil euros de gasto en iluminación. Vigo, un concello que o ano pasado tivo un superávit de 20 millóns de euros, pódello permitir. Abel Caballero, o home que regresou á primeira liña política cal alcalde salvador, pasea orgulloso pola cidade.

Nas eleccións xerais o PSOE conseguiu un 22% dos votos. Nas municipais, o 52%. A cidade está máis bonita, humanizacións, chámao. Abel, en realidade, nunca deixa de camiñar, chova ou non. Os veciños veno, párano e pregúntanlle. Se queda algún atrasado, pode chamar ao seu programa Vigo de cerca. 

 As lámpadas non funcionan? Arránxanse. Os nenos non teñen medallas? Encárganse. Esa mesa está en mal estado? Cámbiase. "En Vigo se soluciona todo», aseverou o alcalde. Abel, que chegou a ser ministro con 38 anos, fai 33, non deixou de aprender política.

Pero non todas as persoas que camiñan baixo esas luces teñen as necesidades básicas cubertas. Iso afirma a Acampada contra a Pobreza, que fai dez meses decidiu acampar na Praza do Rei e ser un manchón na propia porta do Concello, ante a negativa deste de recibilos -máis aló dalgunha visita desagradable dos GOA, unha sorte de UIP policial do concello. Un 21% dos vigueses atópase en risco de exclusión, máis que noutras cidades galegas.

 "Vigo é a cidade con máis gasto social", dixo Caballero. Pero, acorde á Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, iso non é así. Vigo gasta 42,43 euros por persoa ao ano en investimento social, o que definen como precario. A media supera os 60 euros, e as cidades estrela chegan aos 100.
Paco é unha das persoas que están acampadas. 

Tras un divorcio e un despedimento no seu posto de traballo, sabe o que é atoparse, sen avisar, sen vivenda. Ser un ninguén. Non te preocupes, podería pensar, "a miña oficina é a oficina antidesafiuzameto", asegurou Caballero. Pero a solución para Paco non chegou a través do Concello nin de ningunha institución. A RISGA, axuda de subsistencia xestionada por Xunta e Concello acumula atrasos de, mínimo, medio ano desde a súa solicitude. 

Paco tirou de contactos e, cando conseguiu outro traballo, a súa vida puido reestabilizarse. Non todos os que coñece correron a mesma sorte. Que facer canto te chaman, en pleno inverno, porque non hai sitio no albergue? Unha das grandes preguntas do colectivo Os Ninguéns. 

O principal obxectivo da Acampada é visibilizar a pobreza e ofrecer solucións para paliala. Xa presentaron dous plans de emerxencia, desatendidos pola Xunta e polo Concello. "Se vou a un hospital, van curarme, non a xulgar se abrín a cabeza por ir borracho ou polo que fose. A pobreza, con todo, xúlgaa. Cando quedei na rúa, os que foran os meus veciños preguntáronme se me daba ás drogas. Non as probei nunca". Divorcio, despedimento, rúa. Así de fácil.

En Vigo tan só hai un albergue con 38 prazas para persoas sen teito. A estancia non pode ser maior ás dez noites. Moitos non van porque saben que terán que volver ao seu lugar na rúa, e onde deixar as cousas? Algúns pídenlles a un bar que as garde. Outros cargan as súas pertenzas sempre a rastro. 

A pesar de que o orzamento que manexa a Cruz Vermella -organización que conseguiu a adxudicación- non é escaso, de algo menos dun millón de euros; a pesar diso, os 30 traballadores demandaron colectivamente á institución por non aplicar o convenio laboral. Este albergue, que debía ser un centro de inserción social, adoece dun equipo multidisciplinario. Faltan orientadores, psicólogos, educadores sociais. "Que van facer desde a mañá, que botan os sen teito dos sitios onde dormen, ata a noite?", pregúntase Paco. 

 "Onde van ir?". Eu bebería. Tras dez noites de comida quente e ducha, o ciclo da pobreza perpetúase. "Somos compañeiros". Sen teito, prostitutas, excarcerados, educadores sociais, profesores, activistas, desafiuzados, veciños... Os ninguéns, que custan menos que a bala que os mata, versaba Eduardo Galeano. Os Ninguéns tamén é a plataforma viguesa en que se organizan. Carla é unha das promotoras: "De maneira horizontal, en igualdade, tentamos empoderarnos, quen vai saber mellor as demandas que os propios afectados?". 

O traballo dos Ninguéns divídese no activismo («apostando pola unidade popular»), socioeducativo (charlas, talleres...), institucional (informes, peticións, reunións...) e de contradiscurso. 2500 persoas cobran a RISGA en Vigo. "Non hai unha rede institucional nin mecanismos", afirma Carla. "Consideramos Vigo un concello rico", comenta Carla. "Non pedimos que se gaste un euro que non ten", dixera Paco na Acampada.

As persoas que morreron por frío ninguén as lembra. O ano novo abriu con néboa e choivas.

Estaleiros

Centros, periferias, parroquias. Cada cidade de Galiza é un mundo, pero estes tres elementos están sempre fundidos dunha ou outra maneira. Son un. Unha marquesiña no medio da nada deseñada polo prestixioso arquitecto Norman Foster... O mundo de Vigo é esa marquesiña no medio da nada. E é que a morfoloxía das cidades, nacidas cos burgos medievais, convive en Galiza co arraigamento dos comúns, bens tales como o monte comunal de Porto Cabral que se pretende expropiar para crear un macrocomplexo. 

As supermazás, enormes rúas que articulan barrios enteiros, conviven a esquerda e dereita con leiras e outros terreos cultivables ou non edificados. Iago, do colectivo Ergoesfera afincado na Coruña, laméntase. «Non soubemos ler o noso territorio. Mentres o mundo se pregunta por como integrar a cidade na contorna, nós tivémolo diante, sen estudos, traballos, nin políticas». Vigo é unha cidade que aínda non ten nome.

 Catorce anos. Eran os que sumaba Enrique cando entrou a traballar como aprendiz no taller de axuste dos estaleiros Hijos de J. Barreras. Como el, miles de mozos traballaban en Barreiras, en Vulcano, en Ascón... Era o ano 1962 e, aos poucos días da súa entrada ao mundo laboral a Garda Civil facía o mesmo no estaleiro, armas en man.

 Pero non puido frear a folga. O salario mínimo foi aumentado. Carmen tiña un ano menos cando empezou a traballar na xastraría. Cosía traxes para a xente que desembarcaba en Vigo, que por entón facían dúas ou tres noites. 

Desde que se coñeceron ata que casaron e se mudaron xuntos non pasou moito tempo. Barrios como o de Coia levantáronse grazas ás cooperativas de vivendas formadas por traballadores, axudado polo crédito baixo que ofrecía a Caixa de Aforros de Vigo -o que deveu en Abanca. Enrique e Carmen terminaron mudándose un pouco máis arriba, ao que chamaban Campo de caralladas, nome que xa ninguén lembra. 

Aos seus catorce anos Enrique viu como o seu estaleiro botaba ao mar o Mar de Labrador, o primeiro barco conxelador, construído para Casa Mar. Foi un acontecemento similar ao primeiro barco de vapor que sucou a ría. Supuxo unha nova reindustrialización da frota pesqueira, de traballar o bacallau pasouse á pescada austral. 

Javier Sensat, propietario de Casa Mar, chegou a empregar a 2400 persoas. Carmen levaba demasiado peso nos brazos no que xa era o seu segundo embarazo. Podería ter un aborto, díxolle o médico. Terminou traballando no mercado, recollendo o peixe que traían os buques, entre outros, de Casa Mar. Así foi ata que chegou a reconversión industrial.

O traballo

O polígono de Balaídos construíuse ao carón da fábrica de Citroën, en 1957. A cidade que miraba ao Atlántico era unha boa praza, o mar ofrecía grandes rutas de distribución para os coches que fabricaban. Dez anos antes decretábase a creación da Zona Franca de Vigo, espazo libre de aranceis, terceiro en España. Co tempo, Citroën chegou a ter 10.000 traballadores, mentres patrocinaba o símbolo da cidade, o Celta. 

Non tiñan nin que moverse, Balaídos está alén da rúa. Todo cambiou coa entrada na Unión Europea. Esta consideraba as zonas francas como lugares de paso, non industriais. Eran os tempos en que Corea do Sur e outros países facían a competencia. Froito da historia, Felipe González decretou a reconversión industrial.

Os estaleiros, con escasa axuda, protagonizaran unha dura folga contra o franquismo en 1972. Á folga de 1977 uiuse o resto da cidade. 

Nos 80, dos miles de mozos que investiron a súa mocidade nas décadas pasadas, só quedaban persoais reducidos e avellentados. Finalmente, a mesma historia volveuse repetir, o porto volveu ser de ida. "Algúns partían a Australia", di Enrique. "Outros, a talleres máis pequenos. O resto, ao paro". O modelo que implantaron os estaleiros, e que provocara o crecemento descontrolado de Vigo, terminara. Pero cando algo termina, o anterior non volve. 

En 1988, Enrique tivo que deixar Barreras para sempre; atopou traballo na súa comunidade de veciños. Carmen seguía traballando no mercado desde saír da xastraría. Era a última do seu persoal. De 23, só quedaba ela. Ata que tivo problemas no brazo, de tanto traballar. A pesar de non chegar á idade suficiente, xa traballara moito tempo. Perdería parte da pensión gañada desde os 13 anos, pero esperáballe unha feliz xubilación. "Nós fixémolo todo traballando".

Patricia criou un fillo soa, e para iso traballou en Citroën ou limpando casas. Colocou cintos en cada coche da cadea de produción durante ano e medio. Pero o Citroën dos 10.000 traballadores xa non existe; tampouco é tempo de contratos fixos. Chamárona outra vez, colocarpicaportes durante trece meses máis. Sería a última. 

Con todo, a cadea de produción pola que dan os seus primeiros pasos os coches, nunca para. Ao contrario, acelérase e os traballadores teñen que poñer os cintos e os picaportes en, cada vez, menos tempo. Rubens é un migrante uruguaio. Levántase todos os días ás 04:30 da mañá. 

Ten unha hora para ir ata a súa empresa, no polígono de Balaídos. Encárgase da reposición de gasolina. Hai anos, cando chegaba un dos grandes buques, todo o persoal se poñía á disposición do mesmo barco. Todo o persoal, durante todo o día. Pero xa hai tempo que chegou o último. Rubens está feliz, tal vez o fagan fixo. Polo menos, parece estable. Non ten nada máis.

Os terreos de Casa Mar atópanse preto. Abandonados en 1991, hoxe son reutilizados por algúns dos ninguén que quedaron fóra dos estaleiros, de Citroën, da empresa de reposición de gasolina, do albergue e da protección social.

Coia

Cando se construíu en 1944 o arrastreiro Bernardo Alfageme non estaba planeado que pasase á historia, pero esta é caprichosa. Corenta e catro anos foron os suficientes para botar a áncora, e en 1988 o pequeno arrastreiro foi doado ao Concello. Durante ese tempo, a moza Coia vivía os efectos máis duros das drogas. 

Ao barco non lle foi moito mellor, caído nun despezamento. Varias protestas atrasaron a súa definitiva morte. Ata que en 2014 o alcalde Abel atopou unha solución: sacouno dos estaleiros de Barreras -empresa que sobreviviu tras unha quebra, nacionalización e posterior privatización- e decidiu poñelo no medio dunha das rotondas da supermazá de Coia a razón dun millón de euros segundo La Voz de Galicia. Vigo ten superávit. Os veciños opuxéronse.

Hai un ano, os veciños de Coia encerrábanse na igrexa do Cristo da Vitoria, coñecida pola súa loita polos desfavorecidos. Hai un ano, segundo a fiscalía non había probas pero o Concello mantiña o seu parecer. Hai un ano, a policía retiraba a denuncia contra Diego por lesións. Hai un ano e agora, a loita continúa, dentro e fóra da igrexa.

Cando o Alfageme ía ser colocado na supermazá, os marxinais e violentos -en palabras do Concello- levaban na rotonda o suficiente tempo como para que o barco se convertese nun símbolo. Os GOA despregaron un forte dispositivo, e o barco mudou nun adorno xunto ás luces de nadal. "Eramos persoas moi diferentes, loitando contra o Vigo de cartón pedra, o Vigo para turistas e só sector servizos", afirma Diego. "O modelo de cidade de Abel estende esmolas no canto de dereitos". 

Rubens, o urugaio, sorpréndese cando os seus compañeiros que non compran produtos cataláns si apoian os veciños de Coia, os traballadores de Rande e outros conflitos sindicais ou veciñais. Diego, pola súa banda, nado e criado en Coia, despois de todas as loitas, descubriu, hai relativamente pouco, unha cousa importante: Coia existía antes de facerse o polígono. Antes do Vigo que coñecemos.

Apenas se lembra a parroquia orixinaria. "Rachosue coas dinámicas de vida anteriores. A xente que o lembra faino con sufrimento. O mesmo pasaba para os que viñan do interior. Na medida do posible, a xente mantén ese arraigamento, van á aldea as fins de semana. Coia publicitouse entón como un barrio residencial, pero non había sumidoiros nin servizos adecuados. Só mediante as reivindicacións posteriores seconseguiron. Nós somos, en certa medida, herdeiros dese tecido comunitario que se estableceu no barrio", conta Diego.

A final de contas, Vigo é unha cidade traballadora. O 16 de outubro Vigo ardeu. Pero o 3 de setembro, 200.000 persoas saíron á rúa contra a construción do hospital Álvaro Cunqueiro. O alcalde, Abel Caballero, formaba parte xunto á pancarta que avisaba dunha futurible privatización do laboratorio.

Por desgraza, os ninguén non dan rédito político. Vigo, a cidade onde non hai desafiuzamentos pero onde houbo cincocentos o ano pasado.Onde queren desafiuzar a Paula despois de que dea a luz. Onde irá a PAH Vigo-Tui para paralo."                (Pablo Fernández, O Salto, 11/01/18)

27/9/17

¿Se saímos da crise, porque aumentan as execucións hipotecarias?

 "Estamos ante un claro indicador de que a recuperación, evidente nas cifras macroeconómicas, non se está a trasladar ao peto de moitas familias traballadoras. 

Así tamén o cre Esquerda Unida, que denuncia que “os galegos asistimos a un empobrecemento total da clase traballadora (a modalidade contractual precaria, de menos horas, temporal e inestable afecta ao 94% dos novos contratos), o que fai que se consolide a precariedade e se polarice á poboación, que non se recupera da crise, ampliando a desigualdade entre a cidadanía”.

O 25% dos galegos viven en risco de exclusión social

A coalición comunista lembra que “o 15 por cento das persoas que traballan na nosa comundiade son pobres” e que 700.000 galegos viven en risco de exclusión social, aproximadamente un de cada catro galegos.

O número de execucións hipotecarias no citado trimestre en Galicia é similar á media de España. A autonomía é a sétima comunidade nas que máis trámites deste tipo se iniciaron. (...)"          (Galicia Confidencial, 07/09/17)


 "Galicia rexistrou 256 execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas no segundo trimestre de 2017.

Galicia rexistrou un total de 256 execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas no segundo trimestre de 2017, a sétima maior cifra por comunidades, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Atendendo ás execucións hipotecarias de vivendas, o 0,07 por cento das hipotecas constituídas na Galicia sobre vivendas no período 2003-2016 iniciaron unha execución hipotecaria no segundo trimestre de 2017.

Esta cifra sitúa Galicia na media nacional, tamén do 0,07 por cento, e por baixo de comunidades como a Valenciana (0,11), Andalucía e Murcia (0,10) ou Canarias (0,09).

Doutra banda, Galicia rexistrou 591 execucións hipotecarias iniciadas sobre o total de leiras, a novena cifra por comunidades. (...)"              (Galicia Confidencial, 05/09/17)


25/5/17

Unha familia desafiuzada de Ferrol leva a xuízo o BBVA por incumprir o Código de Boas Prácticas

"En 2012 o Goberno central aprobou un Código de Boas Prácticas para as entidades bancarias, co obxectivo de reducir o número de execucións hipotecarias, cando menos nos casos máis graves de desprotección social e precariedade económica. 

A adhesión dos bancos era meramente voluntaria, aínda que unha vez que aceptasen a regulación, esta si era de obrigado cumprimento por parte das entidades financeiras, que na súa gan maioría si se adheriron a ela.

O Código de Boas Prácticas só se aplicaba ás hipotecas sobre a vivenda habitual de familias con todos os membros no paro e sen outros ingresos, entre outras condicións. Nestes casos, se había prazos non satisfeitos o banco quedaba comprometido a ofrecerlle á persoa debedora un período de carencia de 5 anos, no que esta pagaría unha cota reducida, abonando unicamente intereses calculados sobre o Euribor máis 0,25%; o Código prevía a posibilidade de que se esta medida non era suficientente, a entidade permitise unha quita de parte da débeda, chegando mesmo á dación en pago, é dicir, a resolver a situación entregando a vivenda, sen arrastrar outras consecuencias. 

Porén, os colectivos anti-desafiuzamentos veñen denunciando nos últimos anos casos nos que as entidades bancarias non informan os clientes que se atopan nas situacións contempladas polo decreto da posibilidade de acollerse aos mecanismos previstos. En Ferrol este martes chegou ao xulgado a denuncia presentada por unha familia contra o BBVA, ao que acusan de ter iniciado o procedemento de execución hipotecaria sen propoñerlles, como estaba obrigado, estoutras solucións. 

No xuízo están presentes os avogados José María Erauskin e Maite Ortiz, do movemento antidesafiuzamentos de Guipúscoa, que salientan que "o BBVA non informou da existencia do Código de Boas Prácticas, con detalle das medidas que ofrece e os requisitos que esixe" e explican que dado que isto non constitúe por si só unha causa de oposición á execución, "vímonos obrigados a acudir a un procedemento declarativo ante o xulgado de instancia e solicitar do xuíz que declare que BBVA non cumpriu coa obrigación que se especifica no artigo 5.9 do Código de Boas Prácticas, que iso causou un dano importante ao noso defendido que agora se ve inmerso nun procedemento de execución hipotecaria no que non debía estar, de cumprir o Banco coa súa obriga".

Erauskin e Ortiz destacan que "este procedemento é importante porque se gañamos ábrese unha porta para todos aqueles que foron ou están sendo executados directamente sen que a entidade lles informara da existencia do Código e as súas posibilidades, e iso con independencia de que, posteriormente, o executado non cumprise cos requisitos, pois unha cousa é a obriga de ofrecelo, e outra cousa é que se xunten os requisitos".

Nos minutos previos á vista, Stop Desafiuzamentos, a Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca convocaron no exterior dos xulgados da cidade naval unha concentración de apoio á familia afectada.  

Estas mesmas entidades presentaron unha proposta de moción no Concello de Ferrol, para que se trate no pleno municipal deste 25 de maio. Demandan que o Concello "se implique na divulgación do Código de Boas Prácticas Bancarias e inste as entidades financeiras a cumprir a lei".

"Esta moratoria é de obrigatoria aplicación polos bancos para aquelas persoas que cumpran os requisitos de vulnerabilidade que normalmente son as mesmas que están acudindo aos servizos sociais dos concellos a solicitar a axuda pública. 

Os bancos estanse aproveitando da situación de vulnerabilidade das persoas e intentan apoderarse de todo o diñeiro do que podan dispoñer as familias e mesmo de fondos públicos que poidan conceder os concellos en forma de axudas de emerxencia, en lugar de informar por escrito ás familias vulnerábeis do seu dereito a solicitar unha moratoria do seu préstamo hipotecario", explican as entidades."                   (Praza Pública, 23/05/17)

15/5/17

Todo isto comezou con Fraga, que lle dixo a Paco Vázquez: ‘busca por aí uns terreos para construír unhas oficinas e chamarémoslle cidade intelixente’. Os últimos desherdados de Elviña

“Todo isto comezou con Fraga, que lle dixo a Paco Vázquez: ‘busca por aí uns terreos para construír unhas oficinas e chamarémoslle cidade intelixente’. Logo viron que alí había máis negocio que dous edificios e deberon pensar que por que non ampliar a cousa”. 

É o relato do pecado orixinal do Ofimático, de como naceu o parque, que fai un familiar dun dos veciños que construíran as casas e pozos e traballaron a terra coas súas propias mans e foron desherdados, primeiro, e desafiuzados, despois, e mesmo viron como as máquinas picaban pedra debaixo das súas hortas e os avogados dos novos donos enviábanlles cartas ameazantes para que se fosen. Tamén a aqueles que nin sabían ler, como Manuel Martínez Ramallo. 

A carta está datada na Coruña a 7 de novembro de 2013, e vai dirixida a Manuel, á súa dirección no lugar de Galán 137, a carón da avenida de Alfonso Molina preto desa pasarela na que cada sexta feira hai pancartas e veciñas en pé de guerra ás que xa só lles fai caso algún condutor sen présa que pita e elas saúdan.

 “Se lle require para no prazo improrrogable de 5 días a contar desde a recepción da presente proceda a desaloxar a zona”, advirte a misiva asinada pola avogada que representa a Cooperativa Galega de Vivendas A Carnocha.

“Neste momento xa non hai vivendas de 3 dormitorios dispoñibles”, di a última entrada no blogue da cooperativa, do 16 de febreiro. A semana pasada, o concelleiro de Rexeneración Urbana recibiu unha representación dos cooperativistas para anunciarlles que, en breve, empezarían a tramitarse as licenzas de primeira ocupación a medida que avanzan os traballos de urbanización, paralizados nun dos varios procedementos xudiciais abertos en torno ao parque e retomados este ano. 

“Primeiro compraron as fincas sen casa, despois foron a polas vivendas, pero nin a quen tiña casa con fincas grandes lle compensou o negocio. A meu sogro taxáronlle a propiedade en 81.000 euros. A cambio, concedéronlle esta parcela aquí no alto. 

Hai oitenta e pico metros para seis vivendas de dúas plantas, unha delas tería que urbanizala e construíla el nestas rochas”, di Fernando, o xenro de Manuel -un ancián de case 90 anos que vive de alugueiro en Vilaboa desde hai tres anos-. Manuel non quere volver saber nada do que pasou.

 Evangelina ten 81 anos. Emilio, 84. Casaron no ano 57. Vivían en Elviña nunha casa da familia del. No 58 veu a avenida e derrubáronlles a casa. “Déronnos liña para facer esta casa”, conta Emilio, que mostra un plano daqueles anos. “Veu o alcalde, Alfonso Molina, aquí á finca e díxome: ‘isto será teu para sempre, de aquí non te botan nunca’. Os outros alcaldes nunca apareceron por aquí. Mandaron cartas”. 

As cartas comezaron a chegar no 92. A Xunta adquiría parcelas a 10.000 pesetas o metro cadrado. As fincas sen casa, as primeiras. Aquela conversa entre Fraga e Vázquez. No 98 o PXOM sinalou un uso residencial para as parcelas coa metade destinada a vivenda de protección oficial. No 2003 empezaron os problemas. 

Como o parque non se facía, os antigos propietarios reclamaron a reversión. Núñez Feijoo era o responsable da COTOP e á fronte da dirección xeral de urbanismo figuraba Martín Fernández Prado, quen anos despois, como concelleiro de urbanismo solicitou a demolición da casa de Manuel. A Xunta mirou para outro lado. Os litixios polas reversións continuaron durante os anos do bipartito e a Xunta en funcións acordou adxudicar os terreos a xestores de cooperativas para desfacerse do problema. 

Co PP de novo no goberno galego, chegaron as primeiras sentenzas de reversión e a Xunta ofertou aos antigos propietarios a venda a 242 euros o metro cadrado, mentres a titularidade dos terreos pasaba ao Concello. En maio do 2011, o goberno municipal bipartito despídese de María Pita adxudicando a urbanización do parque a Acciona por 42 millóns de euros. 

Un mes despois, co PP na alcaldía e Fernández Prado xa como concelleiro, paralizáronse as obras. A finais de 2015 o TSXG ditaminou a nulidade do contrato, que agora o goberno da Marea vén de corrixir, licitar e adxudicar a outra construtora. 

Hai dúas cooperativas que xa levantaron edificios no Ofimático e outras pendentes de comezar os seus, como Cofuncovi e Eirís Ofimático, máis de 150 vivendas entre as dúas segundo informacións en prensa. O Concello, en comunicación escrita, non precisa nin que porcentaxe do Ofimático resta por urbanizar nin cantas vivendas se verán beneficiadas polas primeiras células de ocupación nin cantas está previsto edificar en total no parque. 

Os traballos de urbanización, retirada a anterior licitación e concedida unha nova, levarán 4,3 millóns de euros, “cantidades abonadas polo concello con cargo ás cuotas de urbanización, sendo finalmente os e as propietarias do sector as que asuman este gasto”, explica por escrito o actual responsable municipal de urbanismo, Xiao Varela.    

Esta terza feira, Fernando mira o parque desde detrás do valado no alto dunha rúa nova e sen saída. Saúda a unha parella de paseantes, a muller acena, pero non se detén. O home descúlpase. “As veces xa non coñece”. Son outros dos propietarios desa parcela para seis que nunca construirán. “Con que? Os que non tiñan nada foron realoxados, a nós déronnos isto”. As rochas. 

A casa do sogro tirárona na primavera do 2014. “O concelleiro de urbanismo, Martín Fernández, dixérame que si facilitabamos as cousas, do outro lado non habería demolicións”, explica. A finais daquel ano, a Fernando levárano detido a noite anterior á demolición da casa de Álvaro. Sacárono da pasarela. Do outro lado estaba a finca de Álvaro na que había proxectado un piar para unha ponte que nunca se construirá.

Unha vinganza, pensa Álvaro

“A meu fillo o maior, que daquela inda non cumprira os 30, case non o damos levado de aquí aquel día. Choramos todos pola casa”, conta Álvaro. Ten 52 anos e non lle gusta pisar esa leira. Nesa leira levantábase a casa na que naceu e na que tiña un taller de motos. Hai dous anos e medio foi desafiuzado e tiraron coa casa. Ían construír unha ponte.

 Foi en novembro do 2014, coas eleccións municipais á volta de ano, con Stop Desafiuzamentos na punta da onda e a Marea Atlántica deixándose ver. A casa fixérana os avós en 1926 e herdara a nai. “Xa nos cambiaran a propiedade no catastro sen dicirnos nada. No 2006 parecía que o Ofimático non afectaría esta parte, pero logo que si, que farían equipamentos. E na finca, unha ponte.

 Os técnicos dixeron que acababa nun desnivel de 8,5% e era inviable. Pero o Concello tirou para diante sabéndoo, porque era eu, porque Martín Fernández me dixera que se me apartaba de Stop Desafiuzamentos o trato cambiaría”. 

A Álvaro e á nai estimáronlle unha indemnización de 197.000 euros pola casa, o taller, a finca e as árbores. A cambio terían a metade dunha parcela de 900 metros partillada cunha construtora. Convertidos en promotores, as cotas de urbanizar a parcela ascenderon a 253.000 euros.

“Nin teño cartos nin estou disposto a consentir o atraco”, di Álvaro que non pagou o resto da débeda imposta. “Onde está aquela xente dos megáfonos e das pancartas. Prometeran tanta axuda. E nada. Case nin falaron con nós desde que chegaron ao goberno. Dicían que ían desafectar esta parte. E das cotas? Das cotas nada. Que hai que pagalas. Todo palabras.” 

Xiao Varela, o concelleiro, di na resposta: “A prioridade en relación ao complexo proceso do Ofimático foi sempre lograr os equilibrios en relación á precaria situación na que se atopan os diferentes axentes afectados, como é o caso dos residentes e ex residentes de Galán e Elviña.

 Neste sentido, iniciouse a modificación do plan parcial que ordenará a marxe dereita do polígono en atención ás reclamación dos titulares de Elviña, que entre outras cuestións elimina o viaduto proxectado. Ademais, estableceuse un procedemento para que os pequenos titulares que non poidan facer fronte ás cotas de urbanización poidan realizar o pago en especie, isto é, a cambio do seu aproveitamento urbanístico”.

Non haberá ponte sobre a finca que foi de Álvaro, nin casa nin indemnización nin redución de débeda. “Vivimos na Zapateira na casa duns familiares, a nai está como está, son cincuenta mil problemas. Procuro nin pasar por aquí. O terreo está como o deixaron. O fillo maior marchou a Asturias, a moza é de alá, pero topáramos un traballo para ela aquí, pero o fillo non quixo, el tamén nacera naquela casa”.  

Evangelina e Emilio, promotores

O 14 de outubro de 2011, Evangelina e Emilio recibiron a notificación de despexo “no prazo máximo dun mes (…) debendo entregarse de forma voluntaria as chaves de acceso mediante a comparecencia nas dependencias de Urbanismo”. Asina Jesús Otero Grille, director de urbanismo do goberno municipal do PP.

O Concello déraos de baixa como propietarios da finca un ano antes. Decatáronse cando foron pagar a contribución. Pagaban 1.000 euros e topáronse cun recibo de 1.500 que correspondía a unha parcela do Ofimático, alí diante da súa casa. 

Quedaban sen a casa e as fincas, aquelas que Alfonso Molina lles prometera que non ían tocar nunca, e convertíanse en promotores do parque coa obriga de pagar a urbanización. Valoráronlle as propiedade en 86.000 euros, puxeron 14.000 máis para cubrir a primeira cota porque o avogado aconselloulles pagar. Teñen pendentes dúas máis até completar os 300.000 euros da súa parte de urbanización.

A casa de Álvaro estaba pegada á súa. “Pensei que aquel día xa íamos nós tamén”, di Evangelina. “Álvaro perdeu, e realmente os demais gañamos. Tivemos a sorte de que viñeran as eleccións, que entraran estes e non seguiran coas demolicións”, explica a filla, Loli, unha das que cada sexta feira sobe á pasarela, para seguir pelexando, porque viven nun casa que non lles pertence, baixo ameaza de desaloxo, cunha débeda que non poden pagar e sen solucións por parte do novo goberno. 

“Empezaron prometendo que ían desafectar, pero logo dixeron que é un proceso complexo, están con esas mentres este mesmo mes arranxan un cambio no plan para que Estrella Galicia poida ampliar na Grela e agora que si á Solana. Aos únicos que lles dan solución aquí son aos cooperativistas, paréceme ben, pero se eles gañan, nós perdemos. Iso téñoo claro”.

 Loli ten poucas esperanzas de que a casa se manteña en pé. O pai, non. Enfádase. Di que a eles non nos quitan vivos de alí. Xa marcharan unha vez voluntariamente. Desta non. Son desherdados eternos en Elviña, a zona máis castigada polas mans da especulación na cidade. Pasáralle tamén á familia de Álvaro coa construción da fábrica de Fertiveria nos sesenta. Cando cesou a actividade industrial na zona os terreos debían volver aos veciños.

 O alcalde Paco Vázquez, conta Álvaro, fixo unhas vendas rápidas e acabaron levantando a universidade. Pasáralle a mesma familia na estrada que abría o polígono de Pocomaco anos despois. As expropiacións continuaron máis adiante, cos equipamentos para a universidade; e despois veu o Ofimático.

Quedan máis veciños que ocupan casas que antes foron súas e sofren débedas por un negocio que lles veu imposto. Das casas da maioría xa non quedan nin os cascallos e foron marchando, a vivir onde toparon sitio, e algúns enferman para esquecer que lles cambiaron unha vida por rochas e cotas de urbanización. 

“O meu xa non ten remedio”, di Álvaro, “a ver si Loli e os pais teñen máis sorte, porque a min o único que me satisfaría é que a xustiza tomara medidas de verdade contra toda esta xente que xogou coas nosas propiedades e as nosas vidas”.

Loli espera que a proposta de cambiar débeda (cotas) por edificabilidade prospere. E seguir vivindo de ocupas na súa casa, aquela que lle prometeran que sería intocable. “Son todos iguais”, lamenta o pai, e non hai razóns para que o contradigan."            (Erik Dobaño, Sermos Galiza, 12/05/17)