Mostrando entradas con la etiqueta Industria informatica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Industria informatica. Mostrar todas las entradas

7/8/24

Antón Baamonde: Galicia non é esa cousa extravagante e máis ou menos riquiña que moitos teñen na cabeza... Estamos asistindo a unha verdadeira revolución silenciosa na industria galega... De feito, estamos asistindo á maior transformación industrial dende 1945, debido aos procesos de dixitalización, robotización, descarbonización, intelixencia artificial, etcétera, e non nos quedamos atrás... nos últimos vinte anos o valor engadido industrial medrou en Galicia máis que na maioría das comunidades autónomas, incluíndo o País Vasco ou Cataluña... dende 2016 a industria galega aumentou a súa facturación nun 61% e as exportacións de alta tecnoloxía duplicaronse dende ese mesmo ano... É moito o que se pode facer dende os clusters dos distintos sectores en orde a establecer relacións horizontais e colaborativas que permitan multiplicar a creación de valor engadido... A ubicuidade dos estereotipos fai moi díficil e complicado mostrar a rapidez e a profundidade das transformacións que está vivindo o pais. Facelo lexible máis aló dos tópicos e clixés é unha tarefa ardua, sen dúbida, pero hai que facela, supoño. Pouco a pouco espero que se vaia conformando un novo relato, máis parecido ao que somos e menos condescendente

 "Segundo a última lista Forbes, os españois cos petos máis podentes teñen un patrimonio valorado en, aproximadamente, 196.000 millóns de euros; dese patrimonio os empresarios galegos superan os 97.000 millóns. Por suposto, o cosmos Inditex distorsiona as estatísticas, dado que só o seu fundador, Amancio Ortega, dispón dunha fortuna persoal de 81.800 millóns de euros.

Para aquilatar a cifra tal vez sexa conveniente reproducir este titular referido ao exercicio fiscal de 2023: “Galicia bate récord de millonarios: 8.800 contribuíntes tributarán polo seu patrimonio”. Esa noticia especificaba que, nun ano, a cifra de declarantes tiña medrado en 187 contribuíntes. O imposto sobre as grandes fortunas aplícase a aqueles que teñen bens e rendas superiores a dous millóns de euros. 8.800: é unha cifra a reter na cabeza se se quere entender.

Tamén hai uns días foi dado á luz un gráfico que mostraba que era Galicia, despois de Madrid, o lugar onde as retribucións dos grandes directivos eran máis elevadas. Outra vez é probable que Inditex se sitúe na base do dato, pero non se pode ignorar que o mapa non estaría completo sen mencionar outras grandes empresas, da construtora San José a Abanca ou Froiz, por mencionar algunhas de diferentes sectores. Seguramente, como suliña Albino Prada, a noticia que habería que poñer en destaque é que, tomados en conxunto, os galegos vivimos cun dez por cento menos dos ingresos medios do conxunto de España (21.268 / 23.697). Pero segue sendo certo que entre nós temos executivos moi ben pagados.

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE) no ano 2022 a entrada de poboación foi casi o dobre da que saíu e rexistrouse un saldo positivo de 27.251 persoas. Duplica os datos de 2021. En 2023 a poboación extranxeira en Galicia supoñía o 5,2% do total de habitantes. Desta maneira, o peso da poboación extranxeira subíu en comparanza con 2022, cando representaba o 4,43% do total. Dez anos antes, a porcentaxe era do 3,98%. Por certo, as taxas máis altas de inmigración danse nos concellos máis despoboados. Asómbrense: algunhas estimacións xulgan que en 2070 o 40% da poboación de Galicia será non nacida no páis. Construír vivenda pública será crucial.

De feito, a diáspora galega tende a posuir un novo perfil, onde abundan titulados de alta calificación, mentres que os inmigrantes do exterior que veñen a Galicia tenden a ocupar traballos na construción, na hostelaría, no servizo doméstico e noutros traballos peor retribuídos e de menor consideración social. Nun estudo da Universidade de Vigo indicábase que, despois de acabar a carreira, un 76,6% dos seus licenciados traballaban en Galicia; un 13,3%, noutras comunidades -Madrid, sobre todo, e en menor media Barcelona, Canarias et altri-; e finalmente, un 10,1% fóra de España.

Hai uns meses, o empresario Daniel Hermosilla, CEO de Rodiñas, máis eu demos á luz un libro, Galicia, distrito industrial (Editorial Galaxia, 2024), no que se sostén que nas últimas décadas naceu unha constelación de empresas de alto valor tecnolóxico, capitalizadas e internacionalizadas. Para os lectores causa sensación –vai na terceira reimpresión, por certo- comprobar a tupida malla de empresas que existen, máis aló de Inditex, Stellantis ou do sector mar-industria. Dende o segmento do contract á aeronaútica, pasando polo frío industrial, a transformación do aluminio e da madeira, as enxeñerías do aceiro, as firmas informáticas ou a biotecnoloxía, hai moito máis do que unha certa mirada quere conceder. Ás empresas galegas veulles ben entender que o mercado é o mundo enteiro. David Cortizo, traballador de Galaxia, fixo esta apreciación: “Pode lerse como unha guía para atopar traballo”.

E así é. En efecto, o libro intenta ofrecer unha cartografía de empresas para mostrar, de modo ostensible, incontrovertible, a riqueza do tecido industrial. Esas empresas existen, non pode discutirse. Precisamente por iso, unha política industrial propia ten que tomar como obxectivo, máis que ofrecer gangas a multinacionais foráneas, meramente extractivas, que veñen e van, facilitar o desenvolvemento das que xa existen e teñen raíces. É moito o que se pode facer dende os clusters dos distintos sectores en orde a establecer relacións horizontais e colaborativas que permitan multiplicar a creación de valor engadido. Ese é o camiño. Operar no detalle.

O economista Santiago Lago facía notar, a propósito de Galicia, distrito industrial, que “nos últimos vinte anos o valor engadido industrial medrou en Galicia máis que na maioría das comunidades autónomas, incluíndo o País Vasco ou Cataluña”. Pola súa parte Xosé Carlos Arias indicaba que estamos asistindo a unha verdadeira revolución silenciosa na industria galega.

De feito, estamos asistindo á maior transformación industrial dende 1945, debido aos procesos de dixitalización, robotización, descarbonización, intelixencia artificial, etcétera, pero parece que non nos quedamos atrás. No xornal Praza Pública Marcos Pérez Pena sinalaba que “dende 2016 a industria galega aumentou a súa facturación nun 61% e as exportacións de alta tecnoloxía duplicaronse dende ese mesmo ano”.

En todo caso, únase a liña de puntos da lista Forbes e os salarios dos directivos ás cifras sobre inmigración ou aquelas outras referidas ao sector industrial: Galicia non é esa cousa extravagante e máis ou menos riquiña que moitos teñen na cabeza. A ubicuidade dos estereotipos fai moi díficil e complicado mostrar a rapidez e a profundidade das transformacións que está vivindo o pais. Facelo lexible máis aló dos tópicos e clixés é unha tarefa ardua, sen dúbida, pero hai que facela, supoño. Pouco a pouco espero que se vaia conformando un novo relato, máis parecido ao que somos e menos condescendente.

A min resúltame difícil comprender que xentes que pasan a vida mergulladas en Netflix, que collen o avión cada dous por tres para ir ás Canarias ou Edimburgo, que traballan nun hospital cun robot Da Vinci, ou en servizos financeiros, ou tal vez na universidade ou nunha fábrica de coches ou de aluminio, cando escoitan o ítem “Galicia” pensen non nun país urbano e industrializado, relativamente rico, senón, case instintivamente, nunha paisaxe agrícola. É unha disociación cognitiva notable, que merece unha explicación. Non pode sorprender que, circunstancia que causou certo debate no seu momento, o algoritmo represente á muller galega estereotípica como unha vella rural e non como unha rapaza moderna, como era o caso do modo en que representaba ás mulleres doutras comunidades. Na era da intelixencia artificial somos o que nos imaxinamos ser."

(Antón Baamonde , eldiario.es, 28/07/24)

7/11/23

Galiza consegue o bronce na Eurovisión da Intelixencia Artificial grazas a Ana Kiro

 

"Na gala, decorrida na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos valorada polo xurado, foi a favorita do público.

O grupo neerlandés Synthetic Beat Brigade, coa canción 'How would you touch me?', venceu o AI Song Contest 2023, coñecido como a Eurovisión mundial da Intelixencia Artificial. Obtivo 20,5 puntos tras a votación combinada do xurado e o público.

A proposta gañadora empregou diferentes tecnoloxías de intelixencia artifical para xerar tanto a música como a letra a partir dunha análise de todas as cancións que competiron en Eurovisión entre 2010 e 2019. A canción versa sobre un amor inalcanzábel entre unha IA e un ser humano.

Na gala, decorrida na noite do sábado desde A Coruña, a proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira con 18,9 puntos. A pesar de ser a menos valorada polo xurado, foi a favorita do público.

En segundo lugar quedou 'Bandschleifer', a proposta alemá, de Dadabots, con 19,3 puntos. En total, participaron 10 candidaturas da Galiza (a anfitrioa), Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos, India, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Suecia.

Polémica

O evento non estivo exento de polémica. A gala ía ser presentada pola actriz Neves Rodríguez e os xornalistas Ricardo Saavedra e Belén Rivero. Con todo, renunciaron a participar pola "negativa expresa a asinar un contrato de traballo" por parte da organización, segundo un comunicado que compartiron a través das súas redes sociais.

"Por respecto ao noso propio traballo e ao sector profesional ao que pertencemos, o equipo de dirección e os presentadores que iamos formar parte da gala AI Song Contest decidimos desvincularnos dese proxecto", sinalan nun texto no cal tamén agradecen os patrocinadores públicos e privados deste evento, "seguramente descoñecedores desta situación".

A pesar diso, a gala celebrouse en galego, inglés e castelán con tres presentadores alternativos e contou cunha actuación de apertura do grupo de música tradicional galega Xacarandaina."                    (Nós, 05/11/23)

4/11/22

"Good bye Asia, welcome Galicia", a tecnoloxía galega quere apostar pola produción propia... Unha empresa galega abandonará Asia para fabricar en Galicia ordenadores enfocados na intelixencia artificial

 "Primux é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxía accesible, con máis de quince anos de traxectoria na fabricación de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, acaba de lanzar ao mercado os seus novos ordenadores gaming Lynx e Draco. A compañía pretende abandonar Asia e que o 70% do proceso de fabricación se realice baixo a marca “made in Galicia”. 

Reforza así a súa aposta por dous ámbitos cunha importancia crecente na actualidade: a intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición. “Os avances informáticos das últimas décadas e as novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial e a realidade virtual, están a mellorar as nosas vidas en moitos aspectos, pero esixen tamén equipos potentes que sexan capaces de realizar operacións cada vez máis complexas” -sinala Daniel Rodríguez, CEO da empresa-. Así, Primux avanza no deseño de equipos que cumpran con todas as necesidades que requiren estas altas tecnoloxías.

“Os equipos de Primux utilizan compoñentes de gran calidade ideados para soportar altos fluxos de traballo e procesos complexos de forma fluída... A isto sumarase un almacenamento de última xeración para que o computador funcione á perfección e execute programas de alto rendemento sen presentar ningún problema”, explican os responsables da empresa nun comunicado.

Para lograr esta adaptación aos novos tempos, a intención da compañía é “abandonar Asia na medida do posible, buscando que o 70% do proceso de fabricación" se realice en territorio galego. A empresa quere “avanzar ao mesmo tempo que o fan as necesidades do mercado actual para estar preto dos usuarios e axudarlles no seu día a día”, sinalan. 

Os seus dispositivos máis recentes, Lynx e Draco, son ordenadores de sobremesa que están preparados para introducirse no mundo das novas tecnoloxías e axudar a que cada usuario goce ao máximo a súa experiencia no mundo gaming. Con todo, este non é o primeiro contacto que ten a empresa galega co eido dos videoxogos e os gamers, posto que levan anos deseñando tanto ordenadores como portátiles para este sector, ademais de fabricar portátiles, Mini PCs e dispositivos para a vida académica e profesional. "                  (Galicia Confidencial, 28/10/22)

6/7/21

A start up camariñana BreikoBreiko estivo presente no Mobile World Congress 2021

 "Coñecíamolos en febreiro tras colocar a súa APP para transportistas no nº1 de Google Play. Agora, a startup camariñana Breiko Breiko, usuaria do Carballo Coworking, dá un paso máis na súa meteórica carreira coa súa próxima presencia no Mobile World Congress 2021, un dos eventos sobre tecnoloxía móbil máis importante do mundo.

Na feira poderán establecer contactos con grandes corporacións internacionais e dar a coñecer o seu proxecto a novos inversores coa finalidade de procurar financiamento máis alá das nosas fronteiras. Así mesmo, está previsto que participen en diferentes talleres de innovación xunto a grandes expertos do sector. “Cando comezamos con todo isto, imaxinabamos que en breve estariamos no MWC co noso propio stand, xunto a grandes empresas como Microsoft, Amazon… E o que é a vida… grazas ao convite de Conector, alí estaremos”, comenta entusiasmado Mario Pais, CEO de Breiko Breiko.

Desde a súa creación hai menos dun ano, esta app para móbiles orientada aos profesionais do transporte por estrada está a bater récords de usuarios e expansión empresarial. Teñen xa máis de 10.000 descargas, interesando a grandes multinacionais de loxística."                  (Qué pasa na costa, 29/06/21)

"Breiko Breiko, do Carballo Coworking a número 1 en Google Play”.

 En apenas un mes esta App móbil gratuíta, orientada ao profesional do sector do transporte por estrada, converteuse no número 1 de Google Play con miles descargas en todo o país e unha interminable lista de transportistas rexistrados nun dispositivo que vai camiño de consolidarse como referente no sector. E detrás deste ambicioso proxecto están Mario, David e Fran, tres emprendedores da Costa da Morte que forxaron o seu soño aquí, no Carballo Coworking. Apetécevos coñecelos A fondo?   

Faládenos de vós…..A que vos dedicades?

Mario: Dende fai 20 anos traballo nunha empresa de autocares propiedade da miña familia.

Fran: Son enxeñeiro informático (especialidade en enxeñería de software) e, desde hai 5 anos, traballo nas oficinas de Indra na Coruña.

David: Dedícome ao desenvolvemento de produtos e servizos e son formador e titor en márketing.

Cal é o proxecto no que andades a traballar xuntos? Como xurdiu a idea?

Mario/Fran/David: O proxecto que estamos a desenvolver conxuntamente e que nos levou ao Carballo Coworking chámase Breiko Breiko. É unha APP móbil gratuíta orientada ao profesional do sector do transporte por estrada. A finalidade da nosa aplicación é actuar como complemento aos dispositivos GPS convencionais aportando información útil para o día a día de calquera transportista (incidencias na rede viaria en tempo real, prezos de combustibles actualizados, puntos conflitivos en ruta, áreas de descanso, aparcamentos vixiados, restaurantes específicos para transportistas, etc.).

A idea parte de Mario, que como profesional do transporte por estrada era coñecedor das numerosas queixas sobre as indicacións da maioría de GPS, que cada vez se magnifican máis dentro deste sector. Todos vimos que agora, máis ca nunca, era o momento de buscar algún tipo de solución a este problema e lanzámonos a crear esta rede social para os profesionais do transporte coa intención de colaborar e facerlles máis amigable o seu día a día.

 Por que vos animastes a solicitar praza no noso coworking?

David: Precisabamos dun espazo común para poder traballar, reunirnos os tres e tratar os temas que xorden, repartir tarefas, etc., e pareceunos unha boa oportunidade.

Fran: E non son para poñer en común os nosos coñecementos e necesidades, senón tamén para intercambiar coñecementos con outra xente, que sempre pode aportar unha visión diferente a túa.

Mario: Ademais, a localización é perfecta para os tres. Carballo é, sen dúbida, un excelente punto de encontro e o centro neurálxico da Costa da Morte, con servizos, tecido empresarial e boas comunicacións. 

Que é o que máis vos gusta do voso traballo?

Fran: Ver como a tecnoloxía pode axudar tanto no día a día de calquera ser humano.

Mario: Eu quédome co feedback positivo da xente e ver que somos unha ferramenta útil.

David: Saber que estamos construíndo algo que a xente valora e que podemos desenvolver un modelo de negocio dixital, onde todos gañamos.

E do Carballo Coworking? Que vos aporta?

David: Iniciativas de apoio para emprender novos proxectos e a posibilidade de establecer vínculos con outras empresas.

Fran: É o espazo que necesitamos para colaborar entre nos e seguir crecendo. Non sempre tes a oportunidade de ter un posto sempre dispoñible con todas as facilidades que iso supón.

Mario: Ademais é un espazo cunhas magníficas instalacións no que se promoven accións formativas moi interesantes.

Sodes dos que vivides para traballar ou traballades para vivir?

Mario: No meu caso, é bastante estacional. Agora mesmo, claramente vivo para traballar pero o obxectivo é traballar para vivir o mellor posible.

David: En realidade traballo todo o día, e todos os días, sobre todo agora coa monotonía de vida que temos, pero como o que fago é case coma un entretemento para min, a miña sensación é que traballo para vivir.

Fran: O traballo sempre é necesario, pero se ademais sabes aproveitalo e enfocalo ben, vas rematar desfrutando e valorándoo cada vez máis. Así que, unha complementa á outra.

No voso traballo resúltavos imprescindible…. E no día a día?

Mario: O móbil, sinceramente. E, no día a día, creo que estar rodeado de xente que “aporta” é fundamental.

 Fran: A concentración e a organización. Ademais do meu traballo como enxeñeiro informático e as horas que invisto cada día en Breiko Breiko, tamén estou cursando actualmente un máster a distancia en Big Data. Sen concentración e organización compaxinar estas 3 tarefas cada día sería imposible

David: O ordenador e a tecnoloxía en xeral. Sen ela, non podería render e ser eficiente.

Recomendariades este modelo de espazo de traballo compartido? Por que?

David: Polo entorno de emprendemento que se crea. Sumar mentalidades emprendedoras axuda moito nunha sociedade onde predomina máis o “funcionariado”.

Fran: Eu recoméndoo polas sinerxías que se xeran e o trato persoal con outros coworkers.

Mario: O factor económico tamén é importante, sobre todo para un autónomo e/ou emprendedor. Este espazo permite o desenrolo de moitas actividades sen que teñas que destinar recursos, que na súa suma, poden facer que non sexa viable unha actividade.

Que vos gusta facer no voso tempo de ocio? Algunha recomendación? Peli, libro, música, deportes…

Fran: Deporte. Sempre foi un piar fundamental na miña vida (fútbol sala, balonmán, bádminton, triatlón). Agora, dedícolle pouco tempo pero axúdame a desconectar e liberar estrés.

David: A min gústame ler libros de márketing, de modelos de negocios ou de emprendedores. Escoito tamén bastantes podcast relacionados con estas cuestións. No caso das pelis xa non, aí o que predominan ultimamente son as infantís porque teño un peque de seis anos.

Mario: Durante anos dediquei ao kickboxing e agora practícoo para “matar o mono”. A música, claramente, rock (Led Zeppelin, Deep Purple, Lenny Kravitz, etc…) Encántanme as pelis psicolóxicas (Memento, Interestelar e Origen) e deixo para o final o libro, para facerlle un pouco de publicidade ao noso socio David Fernández Veloso, autor de “Contra las grandes empresas, Gamification” , un e-Book que podedes atopar en Amazon e que  recomendo a todo o mundo.

E, por último, cales son os vosos recunchos favoritos? Ese lugar onde sempre recargades a batería.

Mario: A praia de Traba, en Laxe. É espectacular! E a casa de miña avoa, onde me recargo física e mentalmente.

David: Calquera sitio no que poida romper coa monotonía váleme para refrescar a cabeza e recuperar folgos.

 Fran: Desde hai un ano estou vivindo en Baldaio e sempre que teño un momento libre aproveito e vou camiñar co can pola praia. É un lugar incrible e que lle recomendo a calquera! Ah!, gustaríame aproveitar esta oportunidade para convidar a todo o mundo a que se descarguen Breiko Breiko no móbil e nos transmitan as súas impresións. Está dispoñible tanto en Google Play para Android coma en App Store para iOS.  + info en www.breikobreiko.com

Mario Pais Fondo (Ponte do Porto-Camariñas, 1980). Lugar de residencia: Oleiros. Fran Pais Fondo (Ponte do Porto-Camariñas,1994 ). Lugar de residencia: Baldaio-Noicela Carballo. David Fernández Veloso (Fene, 1974). Lugar de residencia: Fene."          (Carballo Coworking

27/3/19

Eva Rama: "É importante que a xente se atreva a quedar nos pobos pequenos"... A empresa Entretendo, ubicada en Ponteceso, ten arredor de 13 millóns de subscritores nas súas seis canles de Youtube...

"Unha chea de creacións audiovisuais, na súa maioría vídeos infantís, para plataformas dixitais como Youtube, Facebook e Instagram. Isto é o que sae cada día dun piso de Ponteceso, ubicado na rúa Aduana, a través da empresa Entretendo SL.

Os seus creadores son Eva Rama Martínez, natural de Ponteceso, e o seu marido David Pombo Rivera, de Cesullas, en Cabana de Bergantiños. “Foi todo un pouco casual. Eu empecei a facelo de modo caseiro e xusto cando me empezaba  a ir ben, ata o punto de plantexarme vivir deste traballo, o meu home tivo un accidente que nos cambiou a vida. Foi entón cando decidín facerme autónoma e traballar disto, xa que me permitía ter un seguro e soldo, ademais de poder atender á miña familia”, conta Eva.

Ademais de Eva e David, en Entretendo traballan dous ilustradores, dous animadores 2D, un xestor de redes sociais e tres técnicos audiovisuais. Todos son da provincia da Coruña, cunha boa representación da Costa da Morte. “É importante que a xente se atreva a quedar nos pobos pequenos, e non marchen para as grandes cidades. Foi un pouco difícil atopar profesionais desta rama pola nosa zona, pero sempre acaba aparecendo alguén”.

Non hai moitos anos, a idea de emprender un negocio ou empresa  parecía que só era posible para aquelas persoas cun importante capital. Mais a invención das novas tecnoloxías permite agora que calquera persoa poida facer realidade os seus soños a través das ‘startup’, ou o que é o mesmo, empresas de nova creación que presentan grandes posibilidades de crecemento.

 Entretendo é un bo exemplo de Startup. Unha empresa moderna dirixida a diferentes públicos e que abarca diversos campos: desde a divulgación científica, social ou histórica ata o entretemento infantil. Teñen arredor de seis canles, algunha delas moi coñecida na zona por algunhas das colaboracións que teñen feito con este mesmo medio. Falamos de Eres Curioso, o seu último traballo, co que ilustran e animan datos e curiosidades para todos os públicos. 

“A verdade é que este novo proxecto está tendo moi boa acollida. Os resultados, por agora, son moi bos”, engade Eva. Todas estas canles acumulan 13 millóns de subscritores en Youtube, 35.000 seguidores en Instagram e 25.000 en Facebook, unha cifra que nestas dúas últimas redes agardan seguir aumentando, xa que aínda acaban de comezar.

Moitos dos que chegarades ata aquí seguramente vos esteades preguntando cal é a monetización de todo este traballo. A resposta é sinxela. O resultado está nas reproducións. Youtube paga pola reprodución de cada vídeo. Un mercado que a priori pode parecer vantaxoso, pero no que cada vez hai máis competencia.

 “Hoxe en día é moi difícil crear unha canle de Youtube desde cero como se facía hai uns anos cando nós comezamos. Temos que estar sempre innovando para non quedarnos atrás respecto aos nosos competidores”, explica a empresaria pontecesá, e engade: “Agora mesmo, pregúntaslle a un neno que quere ser de maior e respóndeche que Youtuber, pero ese cativo non é consciente de todo o que hai por detrás. Este é un sector complicado no que non hai unha fórmula exacta para garantir o teu propio éxito”.

De cara ao futuro, Entretendo seguirá facendo medrar o seu proxecto. “Oxalá poidamos estar moitos máis anos entretendo a xente. Se non arriscas non sabes como podes ser, así que arriscaremos ata que o público queira”, sostén Eva."                  (Paula Vázquez, Qué pasa na costa, 25/03/19)

14/3/18

Blusens, la estrepitosa caída del rey del MP3. El fundador de la marca gallega de electrónica, paradigma de los jóvenes empresarios y la globalización, acaba detenido por un receptor para piratear contenidos televisivos de pago

"Cuando tenía 29 años, José Ramón García quedó con su amigo Miguel Silva, de 31, tomó un folio y empezó a anotar nombres de multinacionales de electrónica con las que soñaba competir: Samsung, Sony, Phillips, LG.

 Cumplidos los 35, en 2007, recibió de manos del entonces príncipe Felipe el premio al Joven Empresario del Año en España. Aquella temporada, Blusens, la empresa tecnológica esbozada en la hoja en blanco y engendrada por las dotes de los socios para convencer a la banca, que respaldó la idea, se convirtió en reina del MP3 en el país.

 Las aspirantes a Miss España lucían la marca en los desfiles, los fundadores cerraban el Bernabéu y llenaban la discoteca Pachá para presentar sus nuevos modelos. Incluso creaban el equipo Blusens, que con el tiempo se transformó en Blusens by Paris Hilton, para competir en el Campeonato Mundial de MotoGP. El pasado 28 de febrero, la Policía Nacional detuvo a José Ramón García y a otras tres personas en España.

El magistrado Andrés Lago Louro, titular del juzgado de Instrucción 3 de Santiago, los investiga por un supuesto delito contra la propiedad intelectual y otro de organización criminal. La causa parte de una pequeña caja negra: el WebTV de Blusens, un exitoso aparato en venta desde hace dos años que permitía acceder gratis a contenidos audiovisuales de pago y que con los arrestos ha dejado de hacerlo.

 La denuncia por facilitar supuestamente el acceso a enlaces piratas de emisiones codificadas fue presentada por Egeda (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales), y según adelantó Europa Press esta semana se han personado Mediapro y LaLiga en calidad de perjudicadas.

Blu:Sens, con dos puntos intercalados o sin ellos, se convirtió en realidad en 2002 con un capital social de 3.006 euros que pusieron a medias García, presidente ejecutivo, y Silva, vicepresidente. De aquellos folios y aquellas citas entre los dos jóvenes empresarios de Compostela surgió el plan estratégico con el que persuadieron a varios bancos para juntar el millón de euros que necesitaban para arrancar. 

El nombre elegido, internacionalmente comprensible, evocaba una "sensación azul", el color "favorito" del talentoso jefe, como el brillo de la pantalla de esas tabletas, smartphones y enormes televisores curvos que acabaron fabricando. Los amigos estaban determinados a construir un imperio y ganar mucho dinero desde su tierra natal, una ciudad pequeña y poco industriosa que nada se parecía a Silicon Valley.

Pero tenían claro que para eso había que ser como Zara: colocar ojeadores en el mundo para adelantarse a las tendencias, fabricar en China, fletar aviones para mover la mercancía y en cuestión de horas inundar las tiendas de medio planeta con decenas de miles de unidades de aparatos que incorporarían alguna prestación más que la competencia. 

A partir de entonces, el primero, con sus trajes de marca y sus pulseras de cuero, su querencia por el marketing, su cuerpo labrado a base de carreras de 400 metros vallas y un porte que recordaba a un Bertín Osborne lozano e hiperseguro, se convirtió en mascarón de proa de la primera firma gallega de electrónica de consumo.

 Su socio se había afincado en Dubái porque ya trabajaba en Emiratos Árabes para Televés y se dedicó a la internacionalización, aunque poco a poco se fue desvinculando de la empresa y se centró en crear negocios propios en el extranjero.

 En un lustro Blusens creció tanto que terminó comprando las factorías de Shenzhen (China) en las que fabricaba. En 2007 dominaba el negocio del MP3, con una cuota de mercado de entre el 15% y el 20%, y para alimentar los aparatos la firma creó su propio sello discográfico. En 2011 llegó a facturar 56 millones de euros vendiendo tecnología en unos 40 países, con tiendas propias y con presencia en casi todas las grandes superficies. 

Pero poco después la banca que prestó alas a los amigos para llegar a la estratosfera dejó a la compañía en caída libre; el inmobiliario Manuel Jove, que había entrado en 2008, también abandonó el proyecto en 2013; y el sueño de José Ramón García se volvió pesadilla.

 La central de compras de Blusens Global Corporation, Blusens Tecnology, SL, entró en concurso de acreedores, con una deuda de 18,5 millones, y en 2017 acabó liquidando. Además, la compañía engrosó la lista de morosos de Montoro y el año pasado la Audiencia de A Coruña condenó a un excargo, y señaló a Blusens como responsable subsidiaria, por un fraude del IVA "en carrusel" cometido en 2005. Un juzgado de lo Mercantil también había condenado a la empresa en 2012 por infringir los derechos de propiedad intelectual en la distribución de un catálogo

En 2013, José Ramón García fundaba Visualiza Business para rehacer su carrera de empresario total y se internaba en sectores tan variopintos como la nutrición deportiva, la moda o las lámparas led. 

Aun en los peores momentos, este enamorado del marketing era capaz de convocar una rueda de prensa para hablar de la crisis de Blusens y aprovechar una llamada perdida a su móvil (quizás fortuita o perfectamente premeditada) para presentar el que era el nuevo prototipo de smartphone ante las cámaras.

 El golpe final llegó el último día de febrero, con el emprendedor modelo detenido en comisaría, seis investigados, ocho registros, 4.600 aparatos intervenidos, los servidores de la empresa cautelarmente inactivos, y la venta y distribución (en 14.000 establecimientos) del WebTV bloqueadas.

 A la mañana siguiente, los clientes se presentaban en las tiendas clamando al cielo para que les devolviesen el dinero, aunque en algunos foros había usuarios que reconocían que habían "amortizado" su precio (entre 90 y 150 euros) en un mes de películas, series y fútbol de pago. 

En esa jornada el presidente estrellado de Blusens declaraba ante el juez y a última hora salía en libertad pero con cargos, y con el pasaporte retenido para evitar su fuga a algún lugar de ese mapamundi que él llegó a meterse en el pañuelo."              (Silvia R. Pontevedra, El País, 12/03/18)

5/10/15

Lanzan o primeiro portal galego de compra e venta de artigos para Internet

"Un emprendedor galego, Borja García, baseado na cidade de Vigo, acaba de crear losredactores.com. Trátase do primeiro portal deseñado en Galicia especializado na compra e venda de artigos e contidos para páxinas web.

O rexistro por parte do redactor web que ofrece os contidos é totalmente gratuíto e efectuase de xeito moi rápido. Unha vez rexistrado, os usuarios poden fixar un prezo por cada un dos seus escritos, que se clasificará dentro dunha das máis de vinte categorías. A partir deste intre, é cando entra en funcionamento a ferramenta tecnolóxica. "Nós ocupámonos de bucarlle compradores", explican os promotores do portal vigués.

Dende o punto de vista das empresas ou publicacións, o sitio web, que forma parte do grupo de portais galegos Donwebmaster, resulta especialmente interesante para quen necesite de bos contidos rápida e puntualmente.  

Publicar artigos que interesen a audiencia regularmente  é un requerimento imprescindíbel para posicionar nos primeiros lugares as  webs en buscadores como Google ou para gañar seareiros a través de perfís en redes sociais como Facebook. Por exemplo, a necesidade de actualizar para estar ben poscionado é o motivo que leva a moitas tendas en liñas a manter un blog de seu.

Unha das vantaxes desta nova ferramenta dixital é a súa rapidez. En losredactores.com resulta posíbel mercar artigos a través de Paypal e adquirilos de xeito inmediato, despois de recargar o noso saldo de cliente.

Antes de mercalos, pódese consultar o título da peza, o ton do artigo e o número de palabras. Realizada a selección do artigo, a súa compra é instantánea, debido a que as pezas ofertadas están xa redactadas.

Ademais, existen multitude de categorías dispoñíbeis nas que escoller; dende contidos de viaxes até trucos de beleza ou artigos sobre comunicación, cociña, animais ou ciencia, entre moitos outros."                  (Galicia Confidencial, 30/09/2015)