Mostrando entradas con la etiqueta comercio: mediano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comercio: mediano. Mostrar todas las entradas

19/12/19

"Cos pés na Terra e os produtos na nube" ou como apoiar o comercio local comprando online

"Este venres celébrase o Black Friday, a famosa tradición estadounidense que dende hai uns anos está a coller forza no noso país. Moitas grandes empresas aproveitan este día, ou incluso toda a semana, para ofrecer descontos que deixan fora de órbita ao comercio local.

 Mais ante os grandes magnates coma Amazon ou AliExpress, a axencia Arela Comunicación Sostible trae "Cos pés na Terra e os produtos na nube",  unha listaxe con máis de 100 ecommerce galegos coa que pretenden darlle visibilidade a eses pequenos e medianos comercios "que crean postos de traballo e contribúen ao futuro de pequenas vilas e pobos", tal e como apuntan dende Arela.

Galicia conta con unha unha gran rede de alternativas locais, con moi boas ideas e con produtos de gran calidade, cousa que se pode comprobar nesta listaxe con tendas encadradas en múltiples seccións: dende decoración e agasallos, ata beleza ou moda. Na web podemos atopar máis dun centenar de ecommerce de distintos puntos da xeografía galega e onde, por suposto, a Costa da Morte tamén está presente

Polo de agora Origen Galicia (Carballo), Esencia Atlántica (Muxía), Mimadriña (Fisterra), Nacho Porto (Carnota), O Falsete (Malpica), Todo Lar (Carballo) e Aralumen (Fisterra) son as tendas costeiras que se amosan na listaxe, mais esta continúa en actualización. Dende Arela, animan á xente a que fagan aportacións con outras tendas galegas online que coñezan e así facela máis grande.


Esta inicitativa pretende facilitar a labor a todos aqueles consumidores que desexen comprar produtos galegos, sobre todo agora que se aproximan as compras de Nadal e Reis, facilitándolles un contacto directo con distintas empresas cunha gran variedade de produtos de máxima calidade, e axudando tamén á inversa, xa que "mercar nas tendas en liña galegas e recomendar os seus produtos, tamén é defender o comercio local", indican dende a axencia de comunicación.  




Por outro lado, na web de Arela tamén aportan outro gran de area ás pequenas empresas online cun post no que amosan varios puntos sobre os que deberían traballar para potenciar as súas tendas e tirarlle máis proveito económico a estas datas, onde se concentran as campañas máis importantes do ano."                       (Paula Castiñel, Qué pasa na costa, 26/11/19)

10/1/18

Como salvar as prazas de abastos...

"Aquí, en San Agustín, 60% dos postos están baleiros. Na cidade hai outros oito mercados, un deles, o das Conchiñas, de xestión privada, e case todos con baixa ocupación. Salvo o de Elviña, no que só quedan dous postos por adxudicar. 

O maior, o da praza de Lugo, reformado hai uns anos, tamén ten algo de turístico, situado nunha mazá en pleno centro con tendas de moda e mesmo unha gran distribuidora de libros e tecnoloxía. Tres están pendentes de reforma: os de Durmideiras, Monte Alto e Santa Lucía. En conxunto suman máis de catrocentos puntos de venda e dous terzos das concesións están en mans de mulleres. 55% da actividade é venda de peixe e de carne.

“A miña tataravoa vendía carne aquí, na praza dos Ovos, antes de que se construíra o mercado; foi a miña bisavoa a que comezou co peixe”, di Ángela Barrán despois dun café para tomar folgos após a conferencia de cinco responsábeis políticos de mercados municipais convidados polo Concello para contar aquí como se salva un mercado. Innovación e tradición, resume o cartel do evento.

 Un: ver, escoitar e aprender

Arranca a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Fala da recuperación do mercado da localidade (13.000 habitantes). Once postos e 17 empregos. Dúas illas de tendas: a illa da terra e a illa do mar. Antes, explica, a xente ía comprar produtos do mar á Guarda. A parte de arriba estaba de almacén.

Hoxe hai café, exposicións e mesmo manicura. “O primeiro que fixemos foi mirar como o fixeran outros. E abrimos un proceso de participación coas praceiras e veciñas. O mercado ten que funcionar en conxunto. E, unha vez reformado, hai que manter o nivel, saber colocar a mercadoría, ordenar as caixas, utilizar as bolsas…”

Dous: proximidade. 

Tomiño contratou unha empresa (arquitectos, interioristas…) para definir o concepto de proximidade que debía ter a praza. A proximidade, o rol que se reserva aos produtores locais, suscitou debate entre o público. Alguén lamentou que se falase moito de achegar os mercados aos cidadáns e moi pouco de achegar o rural aos mercados urbanos.

 “É un problema de país, que facemos co rural é o principal problema deste país”, dixo a concelleira en Pontevedra Anabel Gulías, responsábel de Promoción da Cidade, Urbanismo e Mercado, “mais non se pode cargar a culpa do que non se fai sobre os concellos”. En Tomiño, o concepto sintetizouse en dúas illas: postos de terra, “unha das mellores hortas do país”, segundo explicou desde o público a deseñadora, e postos de mar, alí ao lado.

Tres: sostíbeis. 

O mercado de Compostela é a segunda atracción turística da cidade. Leva tres séculos alí. Os sábados está a rebentar de xente. “Catros mil clientes e 60% da venda de peixe e marisco na cidade”, di Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. “O noso problema é non morrer de éxito”. Desde o ano 2000 a xestión é compartida coa cooperativa de praceiras, unhas 70. Veñen de abrir a nave número 5. Dez novos postos, oito xa ocupados.

 Nos pregos as condicións eran precisas: elaboracións con dous produtos que se vendan na praza. Mais a nave 5 estase convertido nun espazo de bares e petiscos. “Non é funcional”, di Lois e confesa que ese non era o inimigo co que contaban, que era o turismo e, por agora, están conseguindo certo equilibrio, que o mercado continúe a ser tamén da veciñanza.

 Catro: recuperar espazos para as persoas. 

“É outro debate, os mercados fan parte da cidade e afectan e vense afectados polo que sucede no entorno. As políticas de vivenda ou mobilidade tamén teñen que ver con eles. É unha cuestión estrutural”, di Marta Lois. Como a do rural. En Pontevedra, explica Anabel Gulías, comezaron en 1999 cunha teima: recuperar espazos públicos para as persoas. 

É a única cidade galega que non ten centro comercial no termo municipal, gábase a concelleira. Están en metade da reforma do mercado, “que inda dá perdas”, e buscando relevo xeracional na clientela a través de integrar novas actividades, como a Sétima Feira (arte e deseño) ou o Ganapán (espazo infantil).

Cinco: humanizar as cidades. 

En Lugo, conta Rosana Rielo, a tenente de alcalde, o Concello xestiona o mercado e a praza, separados por unha rúa. Levan investidos máis de dous millóns e medio de euros en reformas. “Xa se dixo aquí, hai que crear espazos cálidos para a xente volver aos mercados, aproveitar o espazo interior e abrir os espazos exteriores, con rúas peonís, por exemplo”. Van construír unha cuberta na rúa Quiroga Ballesteros, a que separa o mercado da praza, para unilos.

 “Despois da etapa neoliberal na que se nos dicía que os mercados urbanos non eran rendíbeis, que había que pechalos, podemos dicir que hoxe temos salvado os mercados”, apunta Sergi Martí, xerente de Turismo, Comercio e Mercados do Concello de Barcelona. 

E di que levan máis de vinte anos investindo nos 43 mercados da cidade, que dan traballo a 7.500 persoas e producen un volume de negocio de mil millóns de euros cada ano. “Todo o que explicaron as responsábeis políticas que me precederon é o que hai que facer: innovar en actividades; crear un mix co entorno, a proximidade e a humanización; e promover a gobernanza das praceiras”.

Seis: liderado público.

 “Pode que a dereita non tirase cos mercados e se vise obrigada a investir neles polo valor arquitectónico, mais tanto ten, o caso é que foron salvados… non pasou o mesmo cos teatros, por desgraza”, opina Martí. “E todo iso desde o liderado público municipal, con planificación estratéxica”. Martí concede que as políticas se centraron até hoxe en lograr esa proximidade coa veciñanza e esqueceron os produtores. 

En Barcelona, conta, están tratando de avanzar nese outro camiño a través dos mercados verdes, mercados nos que os praceiros certifiquen un produto de proximidade, “con todas as dificultades que iso ten nunha gran cidade”. A estratexia, din as políticas volvendo ao principio, consiste en ver, escoitar e aprender até dar coa identidade precisa de cada mercado, “porque son unha forma de estar no mundo e non son exportábeis”, conclúe Lois.

 “Adoitamos a pecharnos no nos, porén eu aprendo moitísimo escoitando as experiencias dos demais”, di Ángela Barrán, quinta xeración de praceiras, após da pausa para o café. “Pode que en Barcelona dean por salvados os mercados urbanos, aquí na Coruña… digamos que estamos en proceso… non de salvación, eu diría que en evolución”. 

Ángela Barrán tirou as súas propias conclusións a respecto do camiño que deben seguir os mercados galegos: “Ten que haber para todos os petos, non só para os de poder adquisitivo máis alto, eu de Barcelona non me quedo con La Boquería, prefiro o de Gracia ou do Clot, que teñen máis usos que o de gourmet e turismo; en Madrid o meu referente non é o de San Miguel, son os da Paz ou o das Maravillas”. E remata pedindo que as Administración aprendan “a comunicarse ben coas praceiras”, que algo terán que dicir e mesmo estaban antes cos mercados.

Ángela Barrán, Leonardo Tomé, dos praceiros de Elviña, Delmiro Hermida, xerente nas Travesas en Vigo, e Luisa Valadas, da Associação dos Comerciantes nos Mercados de Lisboa, debaterán na mañá desta sexta feira no escenario de San Agustín na xornada de encerramento do congreso."                (Sermos Galiza, 15/12/17)

5/9/13

Máis de trinta comercios pecharon entre San Caetano e o Pazo do Hórreo

"En dez minutos a paso lixeiro chégase de San Caetano ao Pazo do Hórreo, as sedes da Xunta e o Parlamento, unha liña recta que atravesa seis rúas nas que pecharon máis de trinta comercios. 

Os carteis de “alúgase” conviven con novos establecementos de orixinais liñas que abren buscando unha nova oportunidade. De terapias con peixes a comida siciliana.

O paseo atravesa a améndoa por unha beira. Non rodea a catedral, mais o seu balbordo ben se sente por este camiño que pasa polos Concheiros, San Roque, Algalia -xa plena zona monumental-, Praza de Cervantes, Preguntoiro, Caldeirería para rematar finalmente no Hórreo -rúa do Parlamento- pasando pola céntrica Praza de Galiza, o punto que divide a zona histórica da nova.

 En liña recta non se tarda máis de dez minutos desde a sede da Xunta, na zona norte da cidade, ata a do Parlamento, ao pé da estación de tren, os edificios representativos do poder gobernativo e lexislativo do país.

Entre un e outro centro institucional, máis de trinta pequenos comercios pechados. Quen coñeza a cidade garda memoria dos establecementos que había nos baixos que agora exhiben o cartaz de “alúgase” ou “véndese”. Moito téxtil. Tendas tradicionais de roupa e mercería pecharon as súas portas sen substitución que se albisque. Algunhas delas eran marcas con tradición na cidade, de referencia no vestir xeración tras xeracións, e delas consérvanse aínda a pegada dos seus grandes escaparates na Caldeirería.

 Tamén dúas ópticas, unha tenda de electrodomésticos, unha panadería, unha de roupa de casa, unha xoiería, unha tenda de decoración, outras de produtos de coidado estético, un bazar, unha de roupa vaqueira, un quiosco, dúas farmacias e unha de alfombras, entre outras moitas. O cartaz de alúgase comezou a pendurarse desde hai anos e proliferou despois da apertura do novo centro comercial das Cancelas. 

E non só pendura en establecementos do pequeno comercio. Nesta particular ruta atopámolo no local que antes ocupaba Viaxes Marsans, e, xa xusto na fronte do Parlamento, no que fora sede da oficina de Promoción e Emprego do Concello de Santiago, a central do PP ou o Colexio de Aparelladores. Todos eles continúan sen se ocupar. 

En dez minutos que se tarda dunha institución a outra, ás dez da mañá dun día laborábel, atópanse dez persoas pedindo. Só dúas tocan, unha a frauta e outra o acordeón. As outras coñécense polo vaso de plástico que portan na man e polo aceno co que se dirixen ás persoas que pasan. Dous teñen diante carteis de cartón branco cunha lenda a rotulador escrita a man na que indican a necesidade que os leva a pedir. 

A súa beira, como pequenos fungos, agroman as tendas que buscan unha oportunidade para saíren da crise. Distínguense ben pola súa orixinalidade. Dun lado a outro, en poucos meses apareceron un establecemento con “pan da avoa”, un centro de terapias con peixes, un comercio de exquisiteces gastronómicas galegas co escaparate inzado de cocido en lata, unha tenda que personaliza babeiros e mandís ou un pequeno local que vende comida siciliana. 

No ano 2012, últimos datos que ten rexistrados a Federación Galega de Comercio, só en Santiago pecharon 185 comercios. “O problema, ao meu ver, non é tanto a apertura de centros comerciais novos senón a baixa do consumo, que leva máis de trinta meses descendendo ” anota José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio. Foi no ano 2009 a 2011 cando se sentiu un maior número de peches. 

O pasado ano, en toda Galiza, 2.510 establecementos pararon a súa actividade, no que, malia iso, non rexistrou un descenso do emprego tan acelerado como noutros ámbitos, o das grandes superficies, por exemplo, segundo defende a FGC.

“A verdadeira saída que ten o pequeno comercio é a especialización e a atención personalizada” sinala Seijas, para dar unha explicación aos novos comercios que aparecen nas rúas das cidades, con deseños anovadores e distintos do comercio tradicional. Teñen constancia de que moitas persoas que quedan no desemprego reparan na posibilidade de abrir un pequeno establecemento como saída laboral mais José María Seijas mostra tamén as súas dúbidas dadas as dificultades do momento.

 “Compre ter un estocaxe, hai que investir comprando constantemente, e, ou tes un patrimonio do que tirar ou tes que recorrer ao financiamento e esta é unha vía moi difícil. Antes os bancos prestaban sen problema, agora moito comercio se está a afogar pola falta de financiamento” explica Seijas, indicando que só a unhas cantas persoas poderán levar a cabo a ocurrencia que as bote da fileira do desemprego."               (Sermos Galiza)

13/4/11

El centro de Coruña se desertiza ¿será por el cambio climático? ¿O por Marineda?

"Tres macrocentros comerciales en muy pocos kilómetros cuadrados. Con la de mañana, en menos de tres años A Coruña habrá inaugurado tres grandes superficies comerciales que no distan entre sí más de cinco minutos en coche y apenas dos kilómetros a pie.

Además, hay otras tres grandes superficies desperdigadas por el centro urbano, salpicado de pequeños comercios y prácticamente con un minimercado en cada barrio. (...)

Este jueves abrirá sus puertas Marineda City, anunciado a bombo y platillo como "el mayor complejo comercial y de ocio de España y el tercero de Europa" con cifras de impresión.

Más de 450 millones de euros le ha costado a la sociedad Invest Cos SA -que encabezan Manuel Jove, José Collazo y José Souto- levantar este inmenso centro comercial de 500.000 metros cuadrados cuajados de hormigón y acero (...)

La proliferación de grandes áreas de compras y ocio en el polígono de A Grela también ha dejado obsoletos los centros comerciales de Cuatro Caminos (1987), Los Rosales (1997) y El Puerto (2005), mucho más discretos en tamaño e inversión, y a otros tantos minicentros en Elviña, la plaza de Lugo o el Papagayo.

Y los pequeños comerciantes del Obelisco, en la zona centro, el Orzán, la calle Barcelona o A Torre, ven cómo la clientela despeja sus calles y busca cobijo bajo estas macrosuperficies, a salvo de las inclemencias del tiempo.

Antonio Amor, presidente de los comerciantes del Obelisco, sostiene que "el dinero ha dejado de circular" por la urbe.

Insiste en que este problema "afecta a toda la ciudad" y no solo al centro. Cuenta que son muchos los coruñeses que "emigran" los fines de semana hacia los grandes complejos y que los visitantes que llegan desde el cinturón metropolitano de A Coruña, y otras comarcas próximas -Carballo, Betanzos o Ferrol- quedan a las puertas de una ciudad cada vez más despoblada en horario comercial. Esta asociación del Obelisco agrupa a 200 socios. (...)

"Al propietario le va mal, así que deja de pintar o de arreglar luces y escaparates. Hay un montón de profesionales adheridos al comercio que también se están resintiendo", asegura Amor.

Cuenta el caso de algunos compañeros que se "atrevieron" a abrir tienda en los nuevos centros y que, salvo contadas excepciones, agonizan bajo el monopolio de las grandes cadenas.

"Ni crecemos en vecinos ni son un reclamo turístico extra", se queja. Desde su entidad reprochan al Gobierno local que favorezca "los grandes pelotazos" de los macrocentros por encima "de la constancia de los pequeños". (El País, Galicia, 12/04/2011, p. 6)

28/11/10

Movilización de los comerciantes contra el Gobierno coruñés y los grandes almacenes

"El pequeño y mediano comercio de A Coruña está en guerra contra el gobierno local del socialista Javier Losada. El boom de centros comerciales, especialmente llamativo en una ciudad que alberga 11, dos de ellos abiertos en el último año y medio y a seis meses de la inauguración prevista para el gigante Marineda City -el mayor de España y el tercero de Europa en superficie-, ha movilizado en masa a los establecimientos tradicionales.

Y convirtieron anoche en un éxito la protesta convocada por la Federación provincial de Comercio de A Coruña. Unas 4.000 personas, según los organizadores -1.500 para la policía- se manifestaron ayer por el centro de la ciudad.

El apagón de escaparates y cierre de establecimientos durante una hora (de las siete a las ocho de la tarde) fue masivamente secundado. Incluso cerraron sus puertas farmacias, ópticas y los bazares chinos de la céntrica y muy comercial calle Real. "Esta no es una reivindicación de izquierdas o de derechas, es de justicia", clamó el presidente de la federación provincial, Miguel Agromayor. (...)

En 2000, había 7.500 comercios que daban trabajo a 14.000 personas. Hoy sólo quedan 3.300 tiendas y 5.940 empleados. "Las grandes superficies sólo crearon 2.750 puestos de trabajo; se perdieron 5.000", dijo Agromayor." (El País, Galicia,26/11/2010, p. 4)