Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas musicales: instrumentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas musicales: instrumentos. Mostrar todas las entradas

19/9/23

Mimatruck, o camión musical que conecta artistas e público... “Na MIMÁtruck poden actuar tanto djs como bandas emerxentes de ata 4 ou 5 persoas. Con ela tratamos de que sexa un evento itinerante e poder estar presentes en festas, festivais ou eventos culturais... dando cabida a picadiscos e distintas bandas locais”

Mimatruck concerto costa da morte

 "No tempo da dictadura da verbena, e nos últimos tempos da “disco móbil”, este verán na Costa da Morte naceu un concepto diferente de como levar música a túa festa. O Mimatruck, o camión da música itinerante, con D.O. de Muxía, percorreu Galicia este verán.

Xa estiveron por Moaña, Fisterra, Muxía, Corcubión, Carnota, Rianxo… e preparan o asalto á Santiña de Trasufre deste vindeiro sábado 23 de setembro.

Ao volante do camión estánAdrián Alcaina, Sergio Tarrela, David Fernández, Manu Nogueira, e Javier Toja, o técnico de son. “Na MIMÁtruck poden actuar tanto djs como bandas emerxentes de ata 4 ou 5 persoas. Con ela tratamos de que sexa un evento itinerante e poder estar presentes en festas, festivais ou eventos culturais. É un formato sinxelo, cunha estética de autor e onde queremos que haxa unha conexión entre público e artistas, por eso decidimos que o escenario sexa baixiño e esté casi a altura do chan”, explica Nogueira.

Intentan apostar polas bandas locais, e polo momento xa subiron á MIMÁtruck bandas como Leite con Jalletas, Los Wavy Gravies, Los Lunes al Sol, Rockolas, Calle Bailén e Lumieiras do Morrazo, ademais de numerosos djs da volta.

O grupo muxián esperan ir afiianzando a súa proposta para darlle un aite direrente ás festas e festivais do país. “A idea para un futuro é esa, ofrecer actuacións musicais onde o principal atractivo sexa a conexión entre público e artistas, dando cabida a picadiscos e distintas bandas locais”, sentenzan como carta de presentación."                    (Ubaldo Cerqueiro, Qué pasa na costa, 18/09/23)

14/6/19

“Non cambiaría a miña infancia en Taboada por nada” explica a cantante e compositora Najla Shami na preestrea de Ela sabe a sol

"Najla Shami, compositora, cantante e guitarrista galego palestina que pasou a súa infancia no Concello de Taboada, presenta o seu último traballo, un disco-libro, títulado “Ela sabe a sol”. Najla leva toda unha vida adicándose á música, se ben para o público comeza a ser máis coñecida no 2013 co disco-libro “Na lingua que eu falo”, no que musica e canta poemas de Rosalía de Castro, e coa aparición no 2015 como xurado do programa da TVG Oh Happy Day!

Aproveitamos a rodaxe do videoclip Taboada, que se rodou durante estes días no concello, para falar coa artista.

O libro-disco Ela sabe a sol, que edita Galaxia, poderase atopar en todas as librarías a finais deste mes, pero xa está con concertos de preestrea. Como está sendo a acollida?

Estou absolutamente encantada. Ata agora tiña colaborado con numerosas formacións e feito concertos en solitario ou en dúos, pero nesta ocasión acompáñame unha banda. O disco ten un son especial que mestura oriente e occidente e quería defendelo cunha banda. Escollín aos músicos para que o son fose o máis fidedigno ao traballo. 

 Acompáñanme Marcos Teira á guitarra; Álex Salgueiro aos teclados e sintentizadores; Jaime Muñoz de Madrid, ventos orientais e Leandro Deltell ás baterías. Fixemos preestrea na Praza do Toural de Santiago de Compostela, dentro do ciclo Artellando e o venres, día 7 de xuño, presentamos o traballo no Vello Cárcere, en Lugo. O directo está sendo máxico, estou moi, moi contenta.

Ela sabe a sol é o título do teu último traballo e do primeiro single. Como definirías Ela sabe a sol?

O single representa todo o traballo, ten a parte castelá de ritmos españois, a galega e a árabe. A muller é a protagonista. O disco é feminino de arriba a abaixo; quero representar a forza feminina; todo o que a muller é e ten; sen queixas. As mulleres temos un poder e un brillo interior que non fai falta explicar, cando as cousas brillan a xente únese a iso e o disco está construido sobre esa liña. 

Todas as cancións falan de paisaxes da muller. Ela sabe a solé un renacemento, fala de etapas nas que tocas fondo e renaces. Cada canción fala dalgo diferente desa forza feminina. É un disco moi solar, partindo do que é o lume, o Fénix e o sol. É o meu traballo máis persoal, onde se atopa Najla ao completo, na música, nas letras, no modo de cantar.

Califícaste como fusión, como foi o camiño ata chegar aquí?

Foi fusión desde o comezo, se ben na adolescencia facía máis pop, teño temas sen publicar que algún día publicarerei; despois entrei no jazz; no 2006 comezo coa música brasileira, tamén co folk con Fía na Roca e o acid jazz. No 2013, Galaxia proponme musicar poemas de Rosalía de Castro, que é o primeiro traballo que fixen co meu nome. Neste momento, a nivel de estilos, tiña tantos camiños e tantos frentes abertos que fun dándolle forma a todo para concluir que son fusión, é o que máis me gusta. 

Así aparece Ela sabe a sol e direiche que xa estou compoñendo o seguinte traballo e vai ser totalmente distinto e espero non deixar de facelo así porque a min gústanme unha morea de cousas diferentes, tampouco son unha persoa de cinguirme a un só estilo.

Aquí está  máis representado o meu eu, o eu co que sentía que tiña unha débeda e que ten que ver moito co estilo mestizo. 

Ela sabe a sol conta cun tema titulado Taboada, concello no que Najla se criou. Alí acabas de rodar o videoclip, que papel xogou Taboada na Najla artista?

Este disco plasma o que son polo que fun, por onde me criei, o que vivín, polo meu sangue, miñas influenzas,… Taboada escribina cando fun facer o pregón da Festa do Caldo de Ósos, fai xa 4 anos. Estaba nervisiosísima para aquel pregón. Todo foi moi poético, todo o mundo me foi escoitar, meus profesores, amigos, veciños… 

Para min foi unha honra e sempre considerei unha sorte criarme en Taboada. Crieime en liberdade absoluta, gocei da natureza. Taboada deume unha morea de cousas fermosas. Para min foi moi especial criarme en Taboada e isto é un agradecemento. Non cambiaría a miña vida na infancia e mocidade en Taboada, por nada.

No tema Taboada utilizo unha kalimba, meu instrumento fetiche que meto en todos os discos, é un instrumento africano pequeniño e aquí axúdame a darlle un trato especial á canción. Por iso tamén á hora de pensar no videoclip, pensei en facelo con Némesis Audiovisual, porque unha das promotoras é de Taboada e medramos xuntas neste concello. Todo nesta canción é moi especial para mín.

Despois de toda unha vida no sector, como valoras a situación dos músicos e cantantes en Galicia?

Fácil non é. O problema é de base educacional, a música vaise retirando do sistema educativo e hai moitos realities na tele que fan fraco favor ao oficio. Todo o mundo pensa que por cantar na tele xa é músico, pero as cousas non son así.

 O oficio de músico foise desprestixiando a nivel social en favor do que é espectáculo, lonxe da faceta artesán. Hai moitos recortes a nivel cultural. O réxime laboral para os músicos é dos peores de Europa, isto fai que traballar nisto sexa realmente amor á arte. Pagamos uns impostos desorbitados e o réxime de autónomos é unha tortura. Prográmanse cousas pero baixaron moito as condicións a nivel de cachés.

En canto á música galega non temos unhas entidades e un goberno que nos defenda como corresponde, cun circuito de músicas do mundo como debería ser. Hai circuitos de festivais pero máis enfocados ao rock e ao pop.

E da música que se fai que opinas?

O oficio da música, porque a música é un oficio, estase perdendo e trátase dun oficio artesán que hai que traballalo e todos os avances e novas tecnoloxías no sector penso que deberían motivar para coñecer máis a linguaxe do oficio e non para o contrario. Ten que haber cancións para mover o traseiro, pero non pode ser que iso inunde todo, a min iso asústame. Eu cando escribo son profunda porque defendo a poética nas cancións.

Valoro á xente que estamos no underground e sacamos a cultura adiante, senón todos escoitaríamos a mesma música, ata isto se capitaliza, todo o mundo soa parecido. Nas músicas do mundo é onde se atopa máis orixinalidade, o que tes onde medraches é o único que te diferenza do resto do planeta. Galicia é unha terra de variedade e iso nótase na música que aquí se fai.

A curto prazo que percorrido lle queda a Ela sabe a sol e con que idea che gustaría que a xente se achegase ao traballo?

Ela sabe a sol é unha viaxe sonora entre oriente e occidente que transportará á xente, viaxará a moitísimas latitudes. É un libro honesto, elegante, bonito. As fotografías e as letras din algo. A nivel musical é un luxazo. 

Ao sacar o disco agora, agardamos un maior volume de concertos na tempada de outono-inverno, aínda que gozaremos dalgúns no verán como os que temos este venres en Lugo, o 4 de xullo estaremos en Barbadás, en Ourense e o11 de xullo participaremos nos Xoves de Códax en Martín Códax, onde faremos unha colaboración con Zenet."            (Entrevista a Najla Shami, Ana Belén Fernández, Xornal de Lemos, 06/06/19)

13/5/19

Tanxugueiras e Os Azeitonas, autoras das mellores cancións de 2018

"Cinco mil votos determinaron que as mellores cancións do ano 2018 foron Que non mo neguen, das Tanxugueiras, e Efeito do Observador, dos Azeitonas. Así o recoñece o certame aRi[t]mar galiza e portugal, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela.

As galegas Tanxugueiras parten da pandeireta e o baile tradicional pero abren a súa proposta para “conectar oriente e occidente”. “Cun empaste nas voces pouco común” e unha banda de directo formada por músicos de longa traxectoria -procedentes de Berrogüetto, Uxía, Budiño ou Alvariza-, Tanxugueiras tenden pontes entre “a tradición ibérica e o maxín atlántico e os cheiros de ultramar”.
Pola banda portuguesa, Os Azeitonas facturan power pop. Impulsados nos seus inicios por Rui Veloso, levan publicados seis discos.

Tras Os Azeitonas e Tanxugueiras, as artistas máis votadas foron Guadi Galego e Mariza; Nao e António Zambujo. “O certame voltou xerar moi boas expectativas e contou cunha alta participación popular”, explica o director da Escola Oficial de Idiomas Gonzalo Constenla.

aRi[t]mar galiza e portugal continúa co apartado de poemas, que se votarán entre abril e o 20 de maio.
aRi[t]mar galiza e portugal é un “proxecto didáctico cultural que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países”. Creado pola Escola Oficial de Idiomas, conta co patrocinio do Concello de Compostela, a Deputación da Coruña, a Xunta, o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e do Instituto Camões."                (Sermos Galiza, 21/03/19)

30/5/11

"El denominado Método cardiofónico patentado por el doctor Miguel Iriarte... (con) nombres como Lesiones valvulares simples o Insuficiencia aórtica"


Germán Díaz en su estudio de Arneiro (Cospeito) junto al Método cardiofónico de Miguel Iriarte

"El músico Germán Díaz crea un espectáculo a partir de latidos registrados en 1933.

El estudio de Germán Díaz en Cospeito parece más el taller del excéntrico personaje de cómic Profesor Franz de Copenhague que el de un músico e investigador.

En medio de su gran colección de instrumentos de cuerda y de sus zanfoñas, se pueden detectar multitud de extraños instrumentos, desconocidos para un profano de la música, pero muy familiares para este músico vallisoletano, que vive en Galicia desde hace casi una década. (...)

La mayor parte de esta "cacharrería", como él la llama, son artefactos originales con nombres casi impronunciables como la rollmónica cromática o el playasax. "Soy un forofo de la cacharrería. Antes había un montón de juguetes musicales pensando en los niños que eran fascinantes", explica Díaz, que incluso tiene un vídeo colgado en su página web, donde va contando cómo se tocan estos singulares instrumentos.

En su constante búsqueda de instrumentos extraños, de músicas nuevas y de investigar con la improvisación, Díaz tuvo noticias de una grabación desconocida que lo fascinó: el denominado Método cardiofónico patentado por el doctor Miguel Iriarte.

Este prestigioso cardiólogo vasco tuvo en los años 30 del pasado siglo una iniciativa sin precedentes en esa época en España y, por lo que se conoce, posiblemente en el mundo. Decidió registrar los latidos de los pacientes con cardiopatías, para mostrar de esta forma a sus alumnos cómo el sonido de cada corazón era diferente según su disfunción.

Los cortes del vinilo editado por el doctor Iriarte poseen títulos que no son los más comunes entre las canciones de un disco: tienen nombres como Lesiones valvulares simples o Insuficiencia aórtica. (...)

"Me pareció algo insólito y de una intuición poética fascinante tener los latidos del corazón grabados en vinilo, y desde el principio vi claro que había una buena base rítmica", explica Díaz, que a partir de este registro ha diseñado un espectáculo que cuenta con una original puesta en escena.

Todo parte de un gramófono que reproduce los latidos del corazón que toma como base, y aplica simultáneamente un curioso mecanismo de cartones perforados que generan notas musicales.

"Enlacé esta base de los latidos con algunos de mis instrumentos mecánicos, un instrumento medieval como la zanfoña y un ordenador, y estoy muy satisfecho del sonido obtenido", comenta este músico que ha participado en numerosos proyectos, la mayoría con la zanfoña como parte central.

El resultado de esta puesta en escena entre la magia, la performance dadaísta y las artes escénicas es sorprendente: unas veces suena a música pop, otras a jazz, y a veces a música de raíz.

"Voy grabando todo en directo, con las aplicaciones de un ordenador y unas pedaleras, y voy improvisando por encima. Parece complicado pero es muy fácil" resume el artista vallisoletano sobre su particular reinterpretación del Método cardiofónico de Iriarte.

"Acabas asistiendo en directo a ese proceso mágico donde ves un cartón con agujeros, que al pasar el aire provoca música", comenta con entusiasmo Germán Díaz, que tanto charla sobre el uso de instrumentos inusuales como la caja de música o el órgano de Barbaria, como de la evolución de la reproducción fonográfica. (...)

Esta vez no contempla mostrar el Método cardiofónico del doctor Iriarte, que guardará en Cospeito hasta una mejor ocasión mientras cuida de sus gallinas, a las que también le inculca su pasión por la música: "Les pongo todo el día Radio Clásica, y después sacan unos huevos excelentes. Está comprobado". Y eso que las gallinas todavía no han experimentado el Método cardiofónico." (El País, Galicia, 27/05/2011, p. 16)

22/2/11

Os 144 instrumentos musicais dos campesiños galegos


Pablo Carpintero toca unha gaita de sabugueiro feita coa pelica dun cabrito, no taller de instrumentos da súa casa de Compostela

Gaita de sabugueiro cun fol feito a partir dunha vincha (vexiga) de porco previamente mazada e afumada para que quedase ben enxoita. Eran usadas por rapaces afeccionados á música como paso previo á gaita de fol

Violín de millo. O son producíase ao fregar dous talos de millo verde. Un deles fai de arco e outro leva catro cordiñas que permiten producir melodías sinxelas e moi débiles porque non existe caixa de resonancia. Carpintero só atopou referencias a este instrumento en abadín (Lugo)

Corneta. Corneta reconstruida por Carpintero. As cornetas foron documentadas na comarca de Melide e construíanse unindo cilindros de codia de castiñeiro. Case sempre levaban tres furados para os dedos que permitían emitir melodías sinxelas. O seu uso é exclusivamente masculino

Castañola de cana. Fabricabánse cunha cana fendido na súa parte superior. Ao ser batida coa man o extremo inferior, as dúas metades chocaban e producían un son que recordaba ao das castañolas. Malia que no pasado ocupaba unha área maior, hoxe só aparecen na Limia, O Ribeiro e O Salnés

Fungadeira. Fabricada cun óso de porco atravesado por un cordel que ao xirar produce un zunido xordo. Considerábase un xogo de nenos, pero é posible que tivera usos vencellados á morte, igual que o abellón, un son zoante emitido polos asistentes aos velorios, para marcar o inicio do loito

Gaita de fol de Juan Ferreiro, gaiteiro de Laroá (Xinzo de Limia), restaurada por Carpintero

"Un neno de hai corenta anos era quen de construir, e tocar, vinte ou trinta instrumentos musicais diferentes. O carrizo, o fungueiro, o reque-reque ou o roncollo eran algúns deles, os máis sinxelos, que máis que instrumentos foron xoguetes para cativos e mozos.

Eran baratos e doados de fabricar, porque estaban na propia natureza: cascas de noz, talos de millo verde ou codia de castiñeiro servían para xogar a facer música nos momentos de lecer. Pero os dos nenos son só unha parte, nada desprezable, dos máis de 140 instrumentos que durante o século XX se construíron e tocaron en Galicia.

A meirande parte deles desapareceron nas últimas dúas décadas, pero un longo traballo de investigación de Pablo Carpintero (Carballedo, Lugo), luthier, afeccionado e estudoso da música tradicional galega, vén de rescatalos do esquecemento.

Os instrumentos musicais na tradición galega
(Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2009) documenta e describe os instrumentos galegos do século XX a través da memoria dos que os tocaron e construíron. (...)

Roscas, pipas de centeo, gaitas con vincha, charrascos e mirlitóns desapareceron conforme as aldeas foron quedando baleiras. O despoboamento do rural, acelerado nas últimas décadas, impuxo un cambio de hábitat letal para a creación de instrumentos tradicionais. Cambiaron as formas de ocio, e con elas o costume de crear música con obxectos cotiáns.

Divertirse era unha das finalidades, pero tamén aprender. Entre os 300 instrumentos que Pablo Carpintero atesoura na súa casa en Santiago -cos que lle gustaría, di, "facer no futuro un pequeno museo"- abondan as pipas de alcacén ou as gaitas de sabugueiro, chanzos intermedios cara a aprendizaxe da gaita de fol, o instrumento de maior estatus na tradición musical galega. Carpintero identificou os marcadores encubertos que explican as diferentes consideracións dos útiles empregados para facer música.

"Non é igual que se toque nunha foliada ou de xeito privado, como pasatempo ou adestramento, tampouco que o toque unha muller ou un home, un adulto ou un neno, unha nena ou un neno", afirma o autor, que dedicou os últimos 16 anos a falar con cantadoras, afeccionados e gaiteiros de toda Galicia.

Nesas conversas saíron a relucir as categorías inconscientes, nunca verbalizadas, relativas á filiación sexual e social dos instrumentos. "A maior parte dos útiles construídos para facer melodía están asociados aos homes, adultos ou nenos, como tamén o están aqueles que os acompañan ritmicamente", explica Carpintero.

Así, instrumentos como o tambor ou o bombo -unha parte nada desprezable dos vintedous membranófonos rexistrados na obra- son territorio masculino, como tamén o son os que acompañan o gaiteiro nas grandes celebracións.

A da muller, pola contra, é unha música máis cotiá, vinculada moitas veces ao traballo de fiado e a xuntanzas festivas de menor envergadura na que o instrumento -pandeiretas, cunchas, latas- acompaña á voz.

"No noso sistema de cultura tradicional existiu unha clara asociación entre o masculino e a melodía e entre o feminino e a voz", asegura Carpintero. Mesmo nalgunhas frautas moi sinxelas que elaboraban os cativos se aprecia a distinción. "Cando só pitan, fanas tamén as nenas, pero no momento en que se lle engaden buracos para producir melodía, é cousa de nenos", puntualiza.

Porén, hai excepcións que confirman a regra. Nos concellos de Piñor, O Irixo e O Carballiño, no noroeste ourensán, Carpintero documentou a existencia dun tambor exclusivamente feminino e habitual nas vodas, que os carpinteiros construían a petición das mulleres.

Tamén nos Ancares se teñen noticias deste instrumento, que debeu incorporarse á tradición galega en datas recentes, porque o tambor ten "unha longuísima tradición masculina".

A maioría dos útiles eran sinxelos: siringas (asubíos e chifres) fabricadas coas canas dos foguetes, tarrañolas (as castañolas dos nenos), estraloques de talo de millo que ao axitarse recordan ao estalido das flores de bilocroca e carrizos sen mais complicación que unha cavidade oca na que bate unha lingüeta de madeira.

A inclusión destes bens, que foron sobre todo enredos de cativos, na categoría de instrumentos musicais, parellos á gaita, á zanfona ou ao pandeiro, depende da finalidade coa que se usan e do virtuosismo do que toca. Como di Carpinteiro no libro, "o que toca a folla para facer un baile de xeito habilidoso é claramente un músico, e nese momento, a folla é o seu instrumento musical".

Mais na categoría final do instrumento e do propio músico interveñen outros marcadores, non sempre conscientes. Non é o mesmo tocar para un público nunha festa e cun contrato que facelo para un grupo de amigos e por simple pracer.

Con todo, é a gaita de fol a que acada a realización ideal na cultura tradicional galega: a súa semellanza con ela confire un estatus maior ao resto dos instrumentos.

A Fonsagrada (Lugo) conserva algúns dos instrumentos máis peculiares de Galicia. A trompa ou birimbau, un ferriño que contén unha palleta que vibra ao soprar sobre ela. A fabricación deste útil, empregado polos pastores nas horas mortas, era cousa de ferreiros especializados que chegaron a abrir talleres dedicados á súa produción.

Carpintero explica que o son da trompa -o canto de sapo, como lle chaman no concello lucense- se vincula á Amanita muscaria, un fungo alucinóxeno presente en rituais máxico-relixiosos durante o megalitismo.

O uso ritual dos instrumentos tradicionais tamén é evidente no charrasco, documentado na comarca do Ulla. O charrasco -un mastro de case dous metros de altura cruzado na súa parte superior por tres traveseiros con ferreñas- aparecía no Nadal e no Entroido acompañando aos requinteiros ou cantadores de concello como Teo, A Estrada ou Vedra.

Malia que perderon a súa morfoloxía orixinal, a súa inclusión en grupos de gaitas faille pensar a Carpintero que están a adquirir, "estatus de verdadeiros instrumentos musicais".

O rei David esculpido na fachada da catedral de Santiagoque dá ás Praterías sostén entre as mans o que podería ser unha viola medieval ou un rabel, presente na iconografía de numerosas igrexas e capelas de Galicia.

A Carpintero, o instrumento de Praterías recórdalle moito, pola forma e a maneira de agarralo, ao rabel de Porto, que aínda ten un tocador e construtor neste concello da comarca de Sanabria (Zamora) que ata o século XIX pertenceu á Galicia administrativa.

Presente nas Cantigas de Santa María, citado por Frei Martín Sarmiento e Xoán Manuel Pintos, o rabel tivo "certa presenza na música tradicional ata finais do século XIX". En Porto, porén, numerosas coplas proban a omnipresencia do rabel entre os pastores e nas festas familiares, como soporte da voz. Non hai no caso do rabel filiación sexual: tanto mulleres como homes o tocaron.

"Cando falaba con gaiteiros e lles preguntaba canto tempo botaran aprendendo a técnica, dicíanme que ao día seguinte de comprar a gaita xa a tocaban", relata Carpintero, sorprendido pola gran cantidade de frautas empregadas polos rapaces que aspiraban a tocar o instrumento galego de máis categoría.

En realidade, os mozos levaban tempo ensaiando con pipas de alcacén, avea ou centeo, gaitas de sabugueiro, roscas do Baixo Miño ou pitos de lata que aínda se podían comprar nas feiras ata ben entrado o século XX. Coa proliferación das bandas populares no século XIX incorporáronse certos tipos de saxofóns, pratiños e clarinetes alleos á tradición galega.

Menos traballados, algúns útiles cotiáns tiveron un uso musical coa popularización de certas marcas. Botellas labradas de anís e latas de pemento acompañaron o canto das fiadeiras na posguerra cando non había diñeiro para facerse cunha pandeireta." (El País, Galicia, 12/02/2010, p. 8/9)