Mostrando entradas con la etiqueta Tradicion: teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tradicion: teatro. Mostrar todas las entradas

19/11/19

As impresionantes cifras do FIOT, a maior oferta teatral de Galicia

"5 semanas de citas escénicas; 62 funcións en varios formatos; 38 espectáculos de sala, dos cales 9 foron estreas absolutas e 8 no país; un 97,50% de ocupación nas 14 funcións celebradas no marco do Programa de Sala e do ciclo OTNI; 8.648 espectadores nos 38 espectáculos de sala, para un total de 16.273 participantes en tods as actividades.


Son cifras que verdadeiramente dan conta da potencia do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Unha cita que pechou esta 28ª edición batendo a súa mellor marca de participantes, refrendándose como o maior festival de teatro de Galicia.

Nesta edición, na que o FIOT puxo o foco no teatro social e subiu ao escenario novas miradas sobre realidades como as violencia machistas, a identidade sexual, a xenofobia ou a soidade, co obxectivo de interpelar ao público, o festival obtivo a nota media máis alta da súa historia: un 4,44 sobre 5. Unha nota que, sen dúbida, sinala unha excelente acollida da programación por parte das espectadoras e espectadores, que foron partícipes das #MiradasFiot e a visión crítica e activa, comprometida e comprensiva desde a butaca. 

 Xa sabedes que ademais a interacción do público é fundamental, e unha parte fundamental é a votación final nas obras do Progama de Sala. Se ben o festival obtivo a nota media máis alta da súa historia: un 4,44 sobre 5, o público púxolle a nota máis alta a Jauría, de Kamikaze Producciones, baseada na transcrición das declaracións da demandante e acusados do xuízo de La Manada. A obra, dirixida por Miguel del Arco, acadou 4,68 sobre os 5 puntos de valoración

Tras Jauría, a obra máis destacada polo público no Programa de Sala foi a estrea absoluta de O electo, unha coprodución de Contraproducións, Focus e o propio FIOT, que obtivo unha puntuación media de 4,62 puntos. A peza La Golondrina, de LaZona, cun total de 4,61 puntos, completou o podio das tres pezas máis valoradas polas espectadoras e espectadores do Programa de Sala, que acadou un 4,34 de media no total das funcións.

As valoracións tamén lle serven á organización para saber o ben que caen as propostas máis arriscadas como son as do programa OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado). A.K.A (Also Known As), de Flyhard Produccions, recibiu un 4,83 sobre 5, por un 4,71 de Control Freak, de Kulu Orr. Cifras que son proba de que Carballo está preparado para crear vangarda.


A terceira liña de programación que contou coa valoración activa do público foi o III Certame de Micro-escenas Metro Cadrado. O Premio do Público nesta liña recaeu na peza Corazón, unha performance creada e interpretada por Iria Sobrado nun posto do mercado municipal que obtivo 4,73 puntos; mentres que o Premio á Mellor Interpretación foi para Arantxa Teus, quen deu corpo e voz á obra Sorpresa, de Enconarte Producións, cunha valoración de 4,57 por parte do público de Carballo.


Expandindo as redes do FIOT


Ao fío do incremento da participación, o FIOT valora que a cultura está chegando a máis públicos, sobre todo aos máis novos: a programación do Teatro de Rúa sumou 1.195 espectadores; o certame de Teatro Lido acadou o número de participantes máis alto da súa traxectoria, con 360 nenas e nenos concursantes; e o FiotEEN chegou a un total de 3.777 mozas e mozos, unha cifra que dá conta tamén do compromiso do FIOT con achegar as artes escénicas á xuventude a través de diversos formatos.


Ademais, este 2019 houbo 30 localizacións, os que se inclúen diferentes espazos do Pazo da Cultura, catro centros de ensino, once locais de hostalería, catro locais comercias e diversos espazos públicos exteriores ou interiores.


Ademais, durante todo o mes de outubro tivo lugar unha nova edición de Dalle un bocado ao FIOT. Esta iniciativa gastronómica promovida pola Concellería de Promoción Económica desenvolveuse nun total de 12 establecementos hostaleiros, os cales acolleron 82 pequenas intervencións teatrais para achegar as artes escénicas a toda a vila.


Así, con todos estes números, só nos queda sentir orgullo de contar coa meirande oferta teatral de Galicia, artellada gracias ao traballo das 22 persoas voluntarias, e da hostalería, e das axudas das institucións e patrocinadores, como o Concello do Carballo (organizador do Festival xunto á Asociación Cultural Telón e Aparte), a Deputación da Coruña, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), o Instituto Nacional de Artes Escénicas y de la Música (INAEM), e a Fundación Luis Calvo."                        (Qué pasa na costa, 15/11/19)

29/4/11

La barraca de José Silvent, reconstruida desde el año pasado, protagoniza un documental que ahonda en las raíces del teatro de marionetas en Galicia


La barraca de Barriga Verde, reconstruida por Viravolta Títeres, en el San Froilán del año pasado

"Durante cuarenta años, la barraca de Barriga Verde, el astuto personaje que protagonizaba los espectáculos de títeres de José Silvent -al que su público acabaría llamando con el mismo nombre de la famosa marioneta-, estuvo alejada de las fiestas populares que le dieron la fama.

Pero desde el año pasado, y fruto de un proyecto de recuperación y divulgación del trabajo de Silvent, considerado el precursor del teatro gallego de guiñol, una recreación de aquella caseta móvil, construida en madera en los años 60, vuelve a recorrer ferias como las del San Froilán o las San Lucas de Mondoñedo. Os mundos de Barriga Verde, una iniciativa conjunta de Tintimán Audiovisual -la productora de Comba Campoy- y Viravolta Títeres, obró el milagro.

Los primeros apuran los últimos detalles de un documental sobre el trabajo pionero de Silvent y su familia desde la década de los 30 hasta su retirada en 1964, seis años antes de morir. Era tan popular que en 1968 el poeta Manuel María se inspiró en sus piezas, que conocía desde niño, para una serie de textos teatrales que publicó bajo el título de Barriga Verde. (...)

"Para él el suyo fue un oficio artesano, aprendido de los padres, sin más", explica Anxo García, director de Viravolta Títeres, la compañía que el año reconstruyó O pavillón da risa, una de las barracas más hermosas de Barriga Verde, decorada con dibujos alusivos a los personajes de piezas como O xogo de pau, A viúda alegre, Toro polo rabo, O demo o O cura , todas ideadas por Silvent.

En todas ellas, el títere Barriga Verde ejercía de contrapunto, era la voz discordante ante un poder abusivo. El régimen franquista -que obligaba a los Silvent a poseer el carné del Sindicato de Espectáculos de Falange- fue sin embargo permisivo con las críticas llegadas de la barraca, que funcionaba como un pequeño teatro con cien plazas y además era la vivienda de la familia durante la temporada de ferias.

"La marioneta siempre gozó de cierta inmunidad porque no se le daba importancia", reconoce Comba Campoy. El carácter popular del teatro de Silvent, que oficialmente llevaba el nombre de Melodías de España y definía su espectáculo de "culto e moral", disculpaba el uso del gallego y la burla al clero, que aparecía siempre unido a la avaricia.

"El sacerdote pide dinero y Barriga Verde le da palos", explica Campoy, aludiendo a una de las escenas más célebres de Silvent, en el que el audaz títere despide a golpes al cura que le pide plata.

"Barriga Verde era considerada una diversión inofensiva, por eso en los años más duros de la represión sigue representando en gallego", sigue Campoy. Tras el paréntesis obligado por la Guerra Civil, en 1939 la barraca de José Silvent -en la que también viajaban y trabajaban su esposa, Emerenciana y sus ochos hijos- reaparece en el San Froilán de Lugo, uno de sus bastiones tradicionales, donde era conocido como Traga Estopa.

En realidad, el espectáculo de Silvent fue lo más parecido que tuvo Galicia a un Pulcinella, el personaje burlesco de la Commedia dell'arte, que a su vez inspiró otros como el Guiñol de Laurent Mourguet, obrero de la seda en el Lyon del siglo XIX.

La tradición castellana adoptó a don Cristóbal; el mismo don Cristovo, llevado a las ferias por los ciegos, era el único referente galaico anterior al Barriga Verde, que cumplía funciones muy similares a las de sus parientes europeos: una, la crítica, revestida a veces de cierta candidez, y otra, la informativa, porque Silvent adaptaba los diálogos de sus personajes a la vida de cada localidad que visitaba.

En este vínculo del monicreque gallego con otros del centro de Europa se centra Os mundos de Barriga verde, en el que colabora TVG y que será estrenado este otoño." (El País, Galicia, 28/04/2011, p. 8)