Mostrando entradas con la etiqueta Ganaderia: extensiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ganaderia: extensiva. Mostrar todas las entradas

11/8/22

"No rural de Galicia témolo todo, o que faltan son modelos máis cooperativistas, máis colaboración"... en Alemaña ou en Austria, onde hai mesmo queixerías móbiles que van de granxa en granxa producindo o queixo de cada explotación, que logo é a que o vende e comercializa. Desde as administracións poderíanse fomentar este tipo de proxectos colaborativos

 "Casa Grande de Xanceda é o segundo maior produtor ecolóxico do Estado e o primeiro de Galicia. Nas súas 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos pacen máis de 300 vacas e co seu leite elabóranse todo tipo de produtos lácteos dunha gandería que, en 2002, foi unha das primeiras en certificarse oficialmente como ecolóxica. 

A explotación de Mesía cumpre co veto aos produtos e abonos químicos, co benestar animal e co mínimo dunha hectárea de prado por cada dúas vacas. Ademais de destacar por ter consolidade un negocio de referencia no sector lácteo e ecolóxico, destaca tamén polo respecto e coidado do medio ambiente e o fomento da conservación da biodiversidade na granxa. O éxito desta aposta quedou tamén certificada coa declaración de máis de 74 hectáreas como espazo natural protexido nunha explotación con pastos, bosques e zonas húmidas libres de herbicidas, insecticidas e fertilizantes químicos desde hai décadas e unha variedade de especies case única. 

Cristina Fernández-Armesto é unha das socias que leva o temón da granxa familiar, unha aventura que empezou cando nos anos 60, os seus avós, Felipe e Victoria Fernández-Armesto, fundaron a gandería en Mesía, que iniciaron con vinte vacas traídas desde Canadá. O resto, é historia á que nos achegamos nesta primeira entrega da serie Mans da Galicia que vén, na que coñeceremos proxectos apegados ao territorio e con vocación de futuro en diversos puntos do país

Que era a Casa Grande de Xanceda para vostede e que é agora?

Para min isto sempre foi a volta á infancia porque aquí pasamos eu e mais os meus irmáns todos os veráns. Xanceda sempre estivo aí. Obviamente, houbo unha evolución desde os inicios por parte do meu avó, para quen isto era un soño de xubilación. Das primeiras 20 vacas que mercou pasouse a unhas 300, mentres el, que viviu ata os 98 anos, ía mercando ou intercambiando terras ata conseguir unha base territorial grande e conxunta, unhas 200 hectáreas. O valor de todo o que facemos agora son estas terras, a base que nos permitiu logo apostar pola gandería ecolóxica. Ese foi o legado principal do noso avó, o que nos permitiu dar un paso máis. 

Como decidiron dar ese paso máis?

Cando meu avó morreu, en 2002, aquí había 300 vacas e todo este terreo. Eu traballaba nunha multinacional da moda en Madrid e con meu pai e meus irmáns cavilamos moito sobre o que facer. A opción fácil tería sido vender as vacas e o terreo ou plantar árbores... 

Pero non o fixeron. 

Non. Decidímonos un pouco antes da crise de 2008. Daquela había moitas oportunidades no mercado, todo parecía ir ben economicamente... Asociámonos con Guillermo, que era o veterinario da granxa e tiña unha visión moi clara sobre as posibilidades da certificación ecolóxica, da necesidade de achegar valor engadido e dos beneficios para a natureza e o medio ambiente que suporía impulsar outro modelo. E apostamos por el. En 2002 decidimos certificar oficialmente como ecolóxica a granxa. 

Con que obxectivos emprenderon esa mudanza?

Un dos principais obxectivos era ser sostibles a nivel económico, porque a granxa era unha auténtica ruína: vender leite cru non é un bo negocio nin o era. Sabiamos que tiñamos que darlle unha volta total. O outro obxectivo era ser sostibles desde o punto de vista medioambiental. Foi así como decidimos facer unha reconversión e pasar a ser unha granxa ecolóxica. Daquela non había moitos compradores de leite ecolóxico e o prezo que nos pagaban non compensaba os custos, así que, despois dun tempo, demos outro paso para ser a nosa propia industria e pechar o ciclo.

Todo se fai na Casa Grande de Xanceda? 

Todas as vacas que temos, desde hai medio século, naceron e medraron aquí; nunca compramos unha vaca de fóra e todas as que hai son tataranetas das primeiras que chegaron. Alimentámolas, apañamos a maior parte da súa alimentación da nosa colleita, muxímolas e comercializamos o leite. E facémolo cun grupo de traballadores e traballadoras da contorna, do rural. Todo baseado na terra, nas 200 hectáreas que temos. Así empezou a historia. 

Unha historia que presume da calidade dos seus produtos, principalmente...

Sabíamos que non íamos ser nunca nin os que máis vendésemos nin os máis baratos, así que sabiamos que tiñamos que diferenciarnos pola calidade.

 O coordinador de Galletas Daveiga dicíame que no rural galego o fundamental para o seu desenvolvemento é que a súa xente crea nas súas posibilidades. Está de acordo?

Completamente de acordo. Temos que crelo porque en Galicia temos as materias primas, témolo todo. Hai bos exemplos de cooperativas, pero faltan máis, precísanse modelos máis cooperativistas, centros de transformación compartidos, por exemplo. Ocorre en Alemaña ou en Austria, onde hai mesmo queixerías móbiles que van de granxa en granxa producindo o queixo de cada explotación, que logo é a que o vende e comercializa. Desde as administracións poderíanse fomentar este tipo de proxectos colaborativos.

Unha boa forma de diminuír os riscos que supón empezar un proxecto agrogandeiro... 

Claro, porque o risco, existe, obviamente. A primeira parte da nosa fábrica supuxo un investimento de 1 millón de euros e sufrimos moito os primeiros anos. Se tivésemos a oportunidade de facer un investimento máis pequeno, sen tanta presión... Calquera tipo de instalación de uso compartido, de colaboración, de cooperación para empezar desde abaixo e pouco a pouco sería moi positivo. 

En definitiva, falta cooperación no sector agrogandeiro galego?

Si, claramente. Falta unha cultura de cooperación. Abonda con mirar como de forte é o sector en Francia e todo polo espírito cooperativo que teñen.

Non será o único problema... 

Moitos dos problemas teñen que ver tamén co produto final que vendemos. Vender leite envasado nun brick non é rendible. Hai unha competencia feroz e en Galicia a maioría dos produtos lácteos que se venden son leite e nada máis. Fáltanos facer produtos con máis valor engadido. 

 

Por non haber non houbo nunca un grupo lácteo forte...

Se en Galicia pagan menos o leite tamén é porque o sector lácteo ten pouca capacidade de negociación conxunta. Podo poñer un exemplo sobre eivas dese tipo: hai moitos anos, cando empezaban as granxas ecolóxicas, intentamos formar unha cooperativa para facer negociacións conxuntas. Eramos unha ducia e nós iamos falar con cada unha delas pero todas nos dicían o mesmo: "Ti vai facendo e logo xa veremos". Ao final non se formou e tardou moitos anos máis en crearse.

Que cre que falta en Galicia para que haxa máis xente nova dedicada á agricultura ou á gandería?

Aquí ten moito que ver a calidade de vida. Se tes unha gandería familiar, como a maioría en Galicia, traballas 365 días ao ano. Se queres marchar de días libres ou vacacións tes que contratar a alguén para que te substitúa. Iso veo a xente nova, os fillos dos gandeiros... Ven que é unha vida dura para logo chegar moi xusto a fin de mes e para non poder decidir nin o prezo ao que vendes os teus produtos. Tes pouca liberdade e entendo que haxa quen opte por outro camiño. 

Daquela, que fai falta?

Fan falta máis servizos no rural. Iso é fundamental. Unha familia queda a vivir se ten vivenda accesible e uns servizos axeitados, que che permitan unha vida digna. Son necesarias escolas infantís para poder conciliar, colexios, servizos médicos, boas comunicacións, internet... A fibra chegou á Casa Grande de Xanceda o ano pasado! Ata daquela, todos na empresa estabamos con liñas de teléfono e datos limitados. Tamén é certo que cada vez máis as novas tecnoloxías, como os robots de muxidura ou a maquinaria de limpeza, están a facilitar moito o labor nas granxas. 

E que falta para que o sector avance e se renove?

Máis motivación e máis formación para as novas xeracións, para que vexan que se pode facer moito máis do que facían seus pais, que foi fundamental e moi importante, obviamente. Pero a xente nova debe saber que se poden facer moitas máis cousas nas explotacións. En Austria, por exemplo, non hai unha soa granxa de vacas que non teña tamén a súa parte de turismo, a súa venda directa de produtos, as súas visitas guiadas, cafetería... Son outras fontes de ingreso. Hai que ir buscando ese valor engadido e ir innovando. É clave. 

Faltan moitas desas alternativas en Galicia?

Falta moito, si. Nós temos a granxa coas portas abertas desde hai anos e temos lista de espera desde hai moito tempo para as visitas. É a nosa forma de aprenderlles aos nenos e a moitos adultos que hai detrás do que están comendo, pero tamén de que vexan sistemas de gandería que achegan ao medio ambiente e á natureza. E que non restan. Modelos que, ademais, poden ser rendibles, que xeran o suficiente como para seguir reinvestindo, mellorando, innovando e mantendo os postos de traballo, que é o máis importante. Ademais, isto supón manter a poboación e a actividade económica no rural.

E é un exemplo de respecto á contorna, ao medio ambiente...

A gandería e a agricultura poden achegar ao medio ambiente e isto é algo que hai que ter moi claro e explicar, máis agora que todos somos conscientes dos problemas pola falta de biodiversidade ou a contaminación. Hai estudos da UE que indican que en Europa só quedan un 20% de terras agrarias cun alto valor natural, polo que a agricultura e gandería que se está levando a cabo está degradando os ecosistemas, destruíndo hábitats e biodiversidade. Aquí vimos de conseguir a declaración de espazo natural protexido para unhas 75 hectáreas da granxa, que é a certificación de que o noso modelo non só protexe a biodiversidade, senón que a fomenta.

Cal é a fórmula para conseguilo?

A nosa filosofía é facer pequenas accións para que a natureza poida mellorar o seu rumbo. Temos ata 30 especies diferentes de vexetación nos prados, temos zonas húmidas, ecolagoas, río... Conformamos a típica paisaxe orixinal de Galicia, como adoitaba ser, con prados, sebe, árbores autóctonas... Colocamos 60 caixas niños, colmeas de abellas e mesmo atopamos enxames de abellas salvaxes, un indicador de que as cousas están indo ben. Parecen cousas insignificantes, pero importan. Traballamos co grupo naturalista Hábitat, que cada poucos anos fai un reconto: no último identificaron máis de 140 especies diferentes de plantas, máis de 90 de aves, máis de 25 de mamíferos e outras tantas de réptiles e anfibios. É a confirmación de que gandería, agricultura e natureza poden coexistir e fomentarse unha a outra. 

E todo iso cun negocio que tamén é rendible, algo que moitas veces sen pon en dúbida cando se fala de proxectos ecolóxicos e con ese grao de responsabilidade co medio ambiente e a contorna...

É rendible porque este proxecto só existe porque hai consumidores que queren que exista, aos que lles interesa que haxa ganderías que sexan compatibles co medio ambiente e ademais acheguen á natureza. É importante explicalo e contalo, porque se non o fas a xente tampouco o valora. Un proxecto así só pode funcionar se fas partícipe del ás persoas que compran os teus produtos. 

No entanto, levan anos loitando contra proxectos eólicos dos que advirten que son "incompatibles" coa súa política de empresa e forma de ser. 

Agardamos que coa declaración de espazo natural protexido para boa parte da nosa granxa se exerza de verdade esa protección, tamén contra estas iniciativas. O que está claro é que os macroeólicos e as macroinstalacións que se proxectan co macroparque Curtis-Ordes non son compatibles cunha vida no rural e menos nunha zona coma esta. Non son compatibles coa vida agrogandeira, que é prioritaria aquí. A calidade de vida empeora moito, o valor dos terreos cae un 20%, o ruído, as molestias, as liñas de alta tensión, as subestacións... Acabas convertendo a zona nun polígono industrial, cando é un espazo que vive da agricultura e da gandería.

Desde Casa Grande de Xanceda amosaron claramente o seu rexeitamento. Por que esa contundencia?

Se o que queren é que non vivamos disto, teremos que emigrar todos ás cidades, pero se a prioridade é que Galicia e España teñan un rural que nos alimente en casos de crise, isto é incompatible. Queremos un rural que exista ou non? Se a resposta é si, que non queremos depender de leite en po que veña de Nova Celandia, senón producir leite de aquí, de proximidade, o que temos é que coidar o rural e dar calidade de vida para que os agricultores e gandeiros poidan quedar a vivir nas súas aldeas e vilas. Isto é totalmente incompatible con macroinstalacións que, ademais, non achegan valor ao rural, senón que llo restan en favor dun beneficio que levan macroempresas e multinacionais que non están aquí e non deixan nin un peso. Só deixan consecuencias negativas. Se queremos un rural que exista, hai que apostar por el e pór cada cousa no seu sitio. Enerxías renovables si, pero así non. "                   (Miguel Pardo, Praza Pública, 05/08/22)

26/5/22

Avanzar cara á soberanía alimentaria, de xeito que Galicia sexa quen que producir a maior parte dos produtos que necesita, aproveitando así a potencialidade do rural galego para a produción de alimentos, xeraría novas oportunidades económicas para estas zonas... Teríamos que ter un mínimo de terra usado para a produción de alimentos e protexido como tal, cando menos un terzo do territorio, para cubrir a curto prazo as nosas necesidades básicas, pero hai un lobby forestal moi potente que se opón... Hoxe en día é máis sinxelo e probablemente máis barato en Galicia mercar un camión de tomates procedente de Almería que un procedente do Rosal e reverter isto depende de decisións políticas... Temos que estar alerta ante a implantación de modelos moi problemáticos. Na Terra Cha temos o exemplo dunha empresa, xa asentada en Andalucía, Portugal ou Marrocos, que funciona a través da explotación de grandes superficies e o traslado de grandes cantidades de traballadores temporeiros, que soportan unhas condicións laborais e de vida moi precarias"... Este tipo de actividade xera moitos ingresos para esa empresa pero non xera un medio rural vivo. E o mesmo se pode dicir das macrogranxas baseadas na produción intensiva, moi negativa para o medio

 "A superficie agrícola utilizada en Galicia leva décadas en descenso. Segundo os datos publicados recentemente polo INE, esta descendeu en cen mil hectáreas nos últimos 20 anos. Sindicatos agrarios e grupos ecoloxistas veñen alertando de que en moitas zonas de Galicia terras moi ricas, empregadas tradicionalmente para a produción de alimento, mudaron nos útimos anos o seu uso, para pasar a ser dedicados á produción forestal con especies de crecemento rápido.

Todo isto, ademais, nun contexto no que unha parte moi importante dos alimentos que consumimos, o mesmo que os pensos que dan de comer ao gando, proceden doutras zonas do planeta, en ocasións con transportes quilómetricos, o que incrementa a pegada de carbono e empeora o proceso de quencemento global. As mesmas voces do ecoloxismo e do sindicalismo agrario reclaman tamén avanzar cara á soberanía alimentaria, de xeito que Galicia sexa quen que producir a maior parte dos produtos que necesita, aproveitando así a potencialidade do rural galego para a produción de alimentos, o que xeraría novas oportunidades económicas para estas zonas.

Estas preocupacións víronse acrecentadas nos últimos tempos ante a escaseza de cereais e pensos debido á guerra en Ucraína e outros acontecementos non previstos que de cando en cando poñen de relevo a nosa dependencia das importacións de produtos básicos. Con todo, o sucedido nos últimos meses debido ao conflito armado en Ucraína debe ser visto non como un suceso conxuntural, senón como unha eiva estrutural dun sistema global de produción de alimentos baseado na distribución destes produtos a través de rutas de milleiros de quilómetros.

Falamos con Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), e co enxeñeiro técnico agrícola Óscar Antón Pérez sobre todos estes procesos, a diminución da superficie agrícola utilizada en Galicia, as necesidades de terra agraria que tería un sistema de produción máis sustentable e baseado nas explotacións e o consumo de proximidade e o obxectivo de acadar a soberanía alimentaria.

Faltan terras de uso agrícola en Galicia?

Óscar Antón Pérez destaca que "Galicia está hoxe en día dividida dunha forma distinta a como estaba tradicionalmente. Hai unha parte do terreo que está tecnicamente moi avanzada a nivel agrícola: unha parte da Mariña de Lugo, a zona central de Lugo, no Deza e Tabeirós ou na zona de Arzúa, Melide ou Santa Comba. Hai unha gran tecnificación e unha gran demanda de terra, que leva a problemas para atopar superficie para seguir cultivando. As granxas que producen leite, ademais, traballan moita superficie, porque necesitan espazos grandes para as súas forraxes. En cambio, hai outras zonas de Galicia, como algunhas comarcas do sur e do leste de Lugo, o leste, sur e unha parte do centro de Ourense, e parte do interior da Coruña e Pontevedra onde a tecnificación non existe e alí si que hai unha gran cantidade de terreo abandonado".

"O proceso de abandono da superficie agraria utilizada é un proceso global que está a suceder na maioría dos países desenvolvidos da nosa contorna, debido por exemplo á introdución dos pensos compostos e trasladando esta dependencia da terra a outros lugares do planeta, onde se cultivan estes alimentos. Outro factor importante é o proceso de transformación poboación que tivo lugar nas últimas décadas en Galicia coa transformación do sistema agrario tradicional; isto deu lugar a que grandes cantidades de superficie deixasen de ser utilizadas porque tamén había moita menos xente no mundo rural", explica Óscar Antón Pérez. "Ademais, non se acometeu unha reforma das estruturas agrarias que levase á integración desas terras nas explotacións que si permanecían en actividade. Se non hai medidas políticas, sucede o que sucede hoxe: que hai unha parte de superficie agraria aproveitada e outra que quedou en abandono", engade.

"Este proceso únese ao que foi sucedendo especialmente no eixo atlántico, onde unha parte das superficies que no seu momento foron agrícolas hoxe están urbanizadas e outras pasaron a usos forestais, con especies de crecemento rápido coma o eucalipto, o que deu lugar a zonas de interfaz, que en ocasións son problemáticas en relación aos incendios forestais", comenta o enxeñeiro técnico agrícola.

A necesidade de producir alimentos

Pola súa banda, Isabel Vilalba destaca que "a produción de alimentos é estratéxica en calquera lugar, porque é unha necesidade básica da poboación. Hoxe está a poñerse o foco no cereal de Ucraína, como se fose un tema conxuntural, obviando que hai cuestións estruturais, coma a crise enerxética, o cambio climático e o feito de que estamos nunha estrutura globalizada na que moitos dos alimentos que consumimos percorreron milleiros de quilómetros". "Hai un gran problema social que sofren familias que teñen salarios conxelados e pensións baixas e que van a supermercado e atopan os produtos cada vez máis caros, nomeadamente as froitas e hortalizas. Cada vez hai máis persoas que teñen dificultades para acceder a unha alimentación saudable, variada e fresca", denuncia a secretaria xeral do SLG.

"Para producir alimentos, a terra e fundamental, por suposto. E por iso nós levamos tempo dicindo que ten que haber unha protección do solo de alto valor agropecuario, ao ser un elemento estratéxico e escaso. A día de hoxe atopámonos con lexislación que vén da época franquista que sitúa como prioritaria a actividade mineiro-extractiva da terra, por riba do seu uso alimentario. Temos que cambiar o foco", reclama.

"O foco ten que estar sobre as necesidades alimentarias da poboación. Porén, a día de hoxe, cando se fala de recuperación de terras, ponse o foco na actividade económica que un determinado operador ten na actualidade, obviando as necesidades alimentarias que ten a poboación galega", subliña Vilalba. "Por que se perde terra agrícola mesmo en zonas con grande actividade? Porque non existe esa protección da terra e moitas veces hai un uso especulativo no que se lle di ao propietario que lle é máis rendible poñer eucalipto, o que por desgraza pode ser verdade. E como se parte do suposto beneficio individual e non dunha estratexias de país, chegamos a que en moitos vales a mellores terras agrarias están ocupadas por eucaliptos. E despois plántase nas terras que quedan libres, en ladeiras onde nunca se cultivou porque as condicións son moito peores", comenta.

"Teríamos que ter un mínimo de terra usado para a produción de alimentos e protexido como tal, cando menos un terzo do territorio, para cubrir a curto prazo as nosas necesidades básicas. E a cantidade, a medio prazo, seguramente debería ser moi superior. Nós propuxemos incluílo na lei de recuperación de terras, pero xa recibimos a resposta de que hai un lobby forestal moi potente que se opón. E isto é o que leva a perder actividade produtiva na zona rural e a incrementar a nosa dependencia alimentaria do exterior", destaca Vilalba.

 Non se trata, simplemente, de incrementar de forma cuantitativa a superficie agrícola, senón sobre todo do modelo produtivo que se escolle. A secretaria xeral do SLG denuncia que "na Lei de recuperación de terras agrarias a orientación da Xunta é mobilizar grandes cantidades de terra pensando en empresas que as poñan en produción. Para nós, en cambio, a orientación debería ser a de facilitar que persoas que queiran asentarse na zona rural poidan ter a terra necesaria para producir". "Temos que estar alerta ante a implantación de modelos que xa funcionan noutros lugares e que son moi problemáticos. Na Terra Cha temos o exemplo dunha empresa, xa asentada en Andalucía, Portugal ou Marrocos, que funciona a través da explotación de grandes superficies e o traslado de grandes cantidades de traballadores temporeiros, que soportan unhas condicións laborais e de vida moi precarias", di 

"Este tipo de actividade xera moitos ingresos para esa empresa pero non xera un medio rural vivo. E o mesmo se pode dicir das macrogranxas baseadas na produción intensiva, moi negativa para o medio, e na importación de pensos chegados de milleiros de quilómetros", engade.

As medidas que cómpre poñer en marcha

Óscar Antón Pérez destaca que "nas últimas décadas fíxose unha planificación política e administrativa que favoreceu a produción de determinados produtos en determinadas zonas en detrimento doutras. E isto foi unha decisión política. Dende un punto de vista da sustentabilidade, en cambio, o obxectivo debe ser reducir as dinámicas de transporte destas mercancías". "Hoxe en día é máis sinxelo e probablemente máis barato en Galicia mercar un camión de tomates procedente de Almería que un procedente do Rosal e reverter isto depende de decisións políticas. E hai que ser moi conscientes de que isto non se vai cambiar dun día para outro: as dinámicas agrarias non se cambian dun día para outro. Pero, dende logo, teñen que cambiar", di. 

"Como se fai isto? Pois a través de plans políticos que estimulen a posta en marcha de proxectos agrícolas que se cadra teñen que reducir a cantidade de unidades producidas por hectárea, pero que incrementen a superficie produtora. E isto, en lugar da dinámica actual que deixa superficie en abandono ou que leva a súa conversión en espazo de plantación forestal de especies de crecemento rápido", resume.

Finalmente, Óscar Antón Pérez lamenta que na actualidade "non hai ese plan político". "É certo que hai medidas: banco de terras, leis de ordenación do territorio..., pero non se acompañaron doutras medidas e de ferramentas e de previsións temporais. Hai ideas, pero pouco máis", di. "Que é o que nos interesa? A produción hortícola, a produción frutícola, que tamén a temos moi abandonada, temos que facer un esforzo coa carne de calidade... Pois tracemos un plan a medio e longo prazo, un plan que inclúa compromisos asinados, obxectivos concretos, financiamento e reunión, é dicir, que se faga en colaboración coa xente que vive e traballa no rural. E un plan que inclúa formación e proximidade, porque deste país abandonouse a formación, que non é só dar un curso de cando en cando. Necesítase unha administración máis pendente do rural. Non abonda con dar cartos a unha iniciativa nova, hai que formar esas iniciativas novas e estar ao pé delas, axudándolles, facendo seguimento", propón.

Mentres, Isabel Vilalba reclama que "hai cuestións básicas como protexer o solo para ese uso alimentario. Pero é fundamental tamén crear as condicións para que as persoas que queren dedicarse a producir alimentos non atopen unha carreira de obstáculos ao seu paso". "Hoxe todo son dificultades, en primeiro lugar non hai ningún programa para que lles sexa accesible a terra; non hai plan para favorecer o acceso a vivenda, por moito que hai vivendas e vivendas abandonadas; póñense pegas para que poidan comercializar os seus produtos, comezando polas dificultades que existen nos mercados de abastos, as eivas nas canles locais...", denuncia. "Como sociedade non lle demos a importancia que ten a que estas persoas poidan producir alimentos de proximidade, saudables e fomentando opcións de creación de emprego nas zonas rurais", critica. "                      (Marcos Pérez Pena , Praza Pública, 21, maio 2022)

10/1/22

Ana Corredoira, ganadera de la cooperativa 'As Vacas da Ulloa': En defensa del trabajo de cuidar vacas... Hablo de la agricultura y ganadería familiares, ligadas al territorio y sostenibles. Esos modelos de producción que generan un claro impacto positivo sobre el territorio desde un punto de vista social, ambiental y económico... Qué difícil nos ha resultado cerrar la herida abierta por aquel pequeño error analítico de la FAO a la hora de comparar el potencial contaminante de actividades como la ganadería y el transporte. Pues sí, todavía a día de hoy es frecuente escuchar o leer eso de que la producción de carne genera más gases de efecto invernadero que todo el sector del transporte... Lo que realmente debería centrar el debate en los espacios de poder y gestión es la vida de las personas, las que producimos alimentos y las que consumimos esos alimentos, el territorio que nos alimenta y el futuro de estos elementos... Las mujeres y hombres rurales somos los responsables de proporcionar a la sociedad alimentos de calidad y seguros, ocupamos el primer e imprescindible eslabón de la cadena alimentaria... Una de las carencias que más golpea nuestros oficios es la falta de comunicación directa con la sociedad, la desconexión entre las productoras y las consumidoras. Dicho de otra forma, la desconexión entre el mundo rural y el urbano... la alimentación es una actividad inherente a la vida. Y ese coste es imprescindible y necesario. Sin dejar de ser tarea fundamental, por supuesto, reducir su huella ambiental

"Cuando era pequeña, estaba convencida de que el trabajo de mis padres era cuidar vacas. Al  menos, eso era lo que hacían de forma casi exclusiva en su vida, de lunes a domingo, desde el día 1 de enero al 31 de diciembre. Uno de los recuerdos que me acompañará siempre es la visita nocturna de mi madre a la cuadra, justo antes de acostarse, cada noche y sin excepción, para comprobar que nada había alterado el orden y tranquilidad de la noche. Dada la enorme transcendencia que estos animales tenían (y tienen) en la estructura socioeconómica de nuestro territorio, la Galicia profunda, no es de extrañar que el nuestro sea un trabajo semejable a las tareas de los cuidados.

Pero poco a poco he ido comprendiendo un poco mejor la dimensión del significado de la palabra ganaderx, porque ese es mi origen y lo que soy. Y he aprendido a ver la vida a través de los ojos de mis padres, gracias a la dedicación y responsabilidad con la que cada día se levantaban para cuidar de sus vacas, alimentarlas y protegerlas, para ofrecer a un mercado desconocido y que parecía muy lejano, un producto con unas características excepcionales, de primera necesidad, y su superalimento, la leche. Con 12 años, y todavía en el escenario de secuelas de la dura crisis de la enfermedad de las "vacas locas" (encefalopatía espongiforme bovina), viví el momento en el que nuestras vacas pasarían a llamarse "vacas ecológicas", sin entender muy bien el significado ni los cambios que ellas experimentarían a partir de ese momento, y mis padres empezarían a comercializar de forma directa la leche producida por nuestras ya famosas y singulares "vacas ecológicas". Bajo mi absoluto asombro, tras esa reconversión hacia una agricultura y ganadería ecológicas, todo seguía igual, mis vacas y mi aldea, pero lo que había cambiado era la forma de entender la producción animal de mis padres. Ellos comprendían que no todo vale a la hora de producir, al igual que no todo vale a la hora de consumir. Hablamos, por situarnos temporalmente, del año 2002.No he podido revisar la oleada de reacciones que ha suscitado la última entrevista al ministro de Consumo, Alberto Garzón, y soy consciente de que, probablemente, será difícil acceder al texto fiel a sus palabras. Al margen de las palabras textuales o no del ministro, o de sus insinuaciones o de las interpretaciones de las mismas, el problema es que cuando un tema se sitúa en el centro del debate y la polémica, estableciendo un escenario claramente polarizado a modo de balanza (a favor o en contra), ocurre lo que vemos. El tema en cuestión se banaliza, se pierde la proporción, y la que podría ser una extraordinaria oportunidad para generar o abrir un debate sectorial a modo de plan estratégico se queda en un titular en mayúscula y negrita que alimenta memes (recordemos el "debate del chuletón" de hace medio año y un ya habitual incendiario debate político).Si lo sucedido ha permitido traer a la escena pública la ganadería, aprovechemos la oportunidad, en positivo y desde una perspectiva constructiva. Pero por favor, alejemos del debate y de la realidad informativa aquello que resta valor y calidad al discurso. Lo que realmente debería centrar el debate en los espacios de poder y gestión es la vida de las personas, las que producimos alimentos y las que consumimos esos alimentos, el territorio que nos alimenta y el futuro de estos elementos. ¿Y qué hay en el centro? La visión política de una realidad lejana y desconocida y la denostada imagen de un sector, el nuestro, que ya no conecta con la sociedad de consumo.Thank you for watching

Las mujeres y hombres rurales somos lxs responsables de proporcionar a la sociedad alimentos de calidad y seguros, ocupamos el primer e imprescindible eslabón de la cadena alimentaria. Nuestra responsabilidad nos lleva, además, a escuchar y satisfacer las exigencias de lxs consumidorxs en materia de calidad alimentaria, bioseguridad, sostenibilidad ambiental, etc. Somos, además, agentes ambientales en nuestros territorios, pues con nuestro trabajo debemos cuidar de la tierra que nos alimenta, y también a nuestros rebaños, preservando su biodiversidad, haciendo un uso racional y sostenible de sus recursos y asegurando su fertilidad para las generaciones futuras. Porque yo no soy propietaria de la tierra que trabajo y cultivo, sino una persona que custodia un bien comunitario. Es más, es nuestra obligación como especie y sociedad (y no sólo de los ganaderxs y agricultorxs) preservar el medio que nos alimenta y da vida.

En nuestro sector, trabajamos de acuerdo a normativas comunitarias, nacionales, convenios, acuerdos y recomendaciones. Son estas normativas las que dirigen el modelo de producción de alimentos y las que deberían estar muy presenten en los espacios de diálogo. Esto tiene mucho que ver con el modelo de producción primaria que queremos o debemos potenciar para asegurar la alimentación del futuro y, sobre todo, para garantizar el acceso a alimentos sanos y seguros, porque no es lo mismo comer que alimentarse, ojo. Por ofrecer algún dato, por ejemplo, en España, el Convenio europeo para la Protección de los animales en Explotaciones Ganaderas (entendamos el término como la designación de una unidades de producción, pero podemos utilizar el sinónimo de granjas) entró en vigor en el año 1988. En cualquier caso, y al margen de normativas, creo que es importante poner en valor el código deontológico de nuestra profesión. El maltrato animal no es una práctica ganadera, no es un modelo de ganadería. El maltrato animal es un acto denunciable que debe penalizarse y castigarse. Y esto no debe sugerirlo una norma o ley. Es algo que entra en el área del sentido común. ¿Es posible que exista algún caso? Puede, pero la falta de rigor, de responsabilidad, de ética y de profesionalidad de unos pocos no puede empañar el buen hacer y la dignidad de un sector entero. Porque lamentablemente gente poco profesional existe en todos los sectores y áreas de la vida.

Una de las carencias que más golpea nuestros oficios es la falta de comunicación directa con la sociedad, la desconexión entre las productoras y las consumidoras. Dicho de otra forma, la desconexión entre el mundo rural y el urbano. No somos nosotrxs los que contamos cuál es nuestro día a día, nuestras dificultades, nuestros retos. No asumimos el papel de informar y divulgar. Supongo que lo que nos falta es un discurso de sector. Y, en ocasiones, las consecuencias de que otros hablen de nuestra vida son nefastas. Nuevamente, la falta de proporción y el sesgo en la información.

 Qué difícil nos ha resultado cerrar la herida abierta por aquel pequeño error analítico de la FAO (La Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación) a la hora de comparar el potencial contaminante de actividades como la ganadería y el transporte. Pues sí, todavía a día de hoy es frecuente escuchar o leer eso de que la producción de carne genera más gases de efecto invernadero que todo el sector del transporte. Y este argumento tiene su origen en un informe publicado por esta organización en el año 2006. 

El documento en cuestión, titulado Livestock’s Long Shadow, afirmaba que la ganadería produce un 18% de las emisiones globales de gases de efecto invernadero, más que todo el sector global del transporte. Terrible. Al final, los responsables del informe tuvieron que admitir que sus datos, efectivamente, estaban sesgados, porque para la ganadería habían tenido en cuenta todo el ciclo de vida, pero para el transporte sólo se había considerado la quema de combustibles fósiles.

En definitiva, no nos detengamos en la polémica, en el alboroto, en el argumento simplista que pueda llegar a insinuar que dejar de comer carne nos ayudará a salvar nuestro planeta. Alejémonos por favor de ese escenario para reconectar con la realidad. Con nuestro modelo de consumo podemos promover y favorecer el desarrollo de un modelo de producción más justo con la tierra y con las personas. 

Hablo por supuesto de la agricultura y ganadería familiares, ligadas al territorio y sostenibles. Esos modelos de producción que generan un claro impacto positivo sobre el territorio desde un punto de vista social, ambiental y económico. Busquemos el origen de los alimentos que consumimos, tratemos de conocer la realidad que hay detrás de los alimentos que llevamos a nuestra mesa.

Pero sobre todo, recordemos que en esa dura y compleja tarea de salvar el planeta, que nos sigue y nos persigue, es necesario realizar un completo y exhaustivo análisis de nuestro modelo de consumo en general. Porque consumimos cada vez que nos levantamos y encendemos la luz; cada vez que abrimos un grifo de agua o la nevera; cada vez que encendemos un electrodoméstico; cada vez que nos vestimos; cada vez que usamos uno de los múltiples dispositivos electrónicos que nos acompañan a diario; cada vez que cogemos un coche, un avión o un tren.

 El consumo es nuestra actividad vital por excelencia. Y cada actividad, cada acto de consumo, genera un impacto medioambiental y social. Y cuando el coste económico del acto de consumir es extremadamente bajo, cabe la posibilidad de que no siendo nosotrxs, sean otrxs los que asuman ese coste. También la alimentación, por supuesto, y la producción de alimentos generan impacto en el medio ambiente. Pero la alimentación es una actividad inherente a la vida. Y ese coste es imprescindible y necesario. Sin dejar de ser tarea fundamental, por supuesto, reducir su huella ambiental.

Finaliza la jornada, con la tranquilidad y sosiego de que se acerca el momento de descansar y recuperar energía. Pero antes, y siguiendo el sendero que mi madre ha trazada durante décadas, visito la cuadra, y apago la luz. Los cuidados."

 (Ana Corredoira. Ganadera y presidenta de la cooperativa rural 'As Vacas da Ulloa', Público, 07/01/22)