Mostrando entradas con la etiqueta Universidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidades. Mostrar todas las entradas

24/3/20

A USC fabricará xel desinfectante para combater a crise

"A Universidade de Santiago de Compostela iniciou a produción de xel desinfectante para garantir a subministración e abastecemento ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), tras o encargo da Xunta de Galicia para poder afrontar o coronavirus e ante a falta de materiais dispoñibles.
O xel estase elaborado con base de etanol ou alcol isopropílico, e en total fabricaranse 9.000 litros desta solución hidroalcohólica. O lote será distribuído en 18.000 envases de medio litro nos centros sanitarios que o necesiten. Esta produción realízase grazas á transformación e adaptación da planta piloto do Departamento de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.

A maiores, a institución académica estivo a facer inventario de diversos equipos de protección e desinfección tanto nos laboratorios como nos servizos universitarios dos campus de Lugo e Compostela.

Así, trátase de miles de luvas, máscaras de protección individual, batas, prazas e material para análise que se atopaba en facultades, escolas e centros de investigación, co fin de paliar as carencias en equipos deste tipo que se producen en toda Galicia.

Doutra banda, reorganizouse aos usuarios do servizo de Residencias para ultimar a preparación das instalacións e así polas a disposición do Sergas, en caso de rexistrase algunha necesidade de tipo sanitaria ou hospitalaria."                     (Galicia Confidencial, 23/03/20)

9/7/19

“Son nai e científica e quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela”

"Por mor dun erro de previsión da Xunta de Galiza na convocatoria de bolsas posdoutorais até 34 investigadoras e investigadores que estaban contratados polas tres universidades galegas a través do programa da Xunta I2C quedan no paro. Ademais, este ano o programa penaliza a aqueles investigadores e investigadoras que soliciten baixas por maternidade ou paternidade.

Inés Viana é unha das investigadoras afectadas e, ao igual que as súas compañeiras e compañeiros cos que Sermos Galiza conversou a pasada semana, ve con preocupación o desentendemento da Xunta de Galiza perante esta problemática. Precisamente, o día 1 de xullo unha delegación do grupo de investigadoras e investigadores afectados reuníronse coa Consellaría de Educación para tentar paliar o agravio, mais desde a Xunta, e a pesar da súa responsabilidade, instaron o colectivo afectado a pedir solución ás universidades.

Inés Viana ten 34 anos e unha filla de 14 meses coa que vive en Vigo. Traballa no campo da ecoloxía mariña na UVigo investigando organismos mariños do litoral que constitúen un auténtico bosque do mar. Durante tres anos traballou para distintos centros investigando coa bolsa da Xunta dunha modalidade contractual denominada A

Ao igual que as outras 34 investigadoras e investigadores a súa idea é continuar dous anos máis mediante o contrato B que tamén convoca a Xunta. Porén, esta institución retrasou a convocatoria e como mínimo até novembro non se poderán incorporar algunhas destas persoas á universidade, co cal todos estes meses ficarán no desemprego e sen poder prever se terán a bolsa para poder continuar os seu traballo.

En que afecta a incertidume en que vos deixa a Xunta á túa investigación e á túa actividade académica?

 No meu caso non estou afectada polo paro de 5 meses, senón por desfrutar dun permiso por maternidade. O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando te incorporas. Pero esta paralización supón na realidade unha penalización e unha discriminación fronte as mulleres que somos nais, pois quédome descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá.

De que me sirve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ao paro indefinidamente? É importante facer chegar que en investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional.

Levo traballando en ciencia dende que rematei a carreira hai xa 12 anos, e non quero renunciar ao meu traballo, e non renuncio. Pero eu acollinme o meu dereito de desfrutar do permiso de maternidade, porque penso que teño un compromiso coa miña filla. Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Mais a nivel persoal reformúlome o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos ao meu arredor, co desgaste que iso implica.

Máis da metade das mulleres de 45 anos que non tiveron fillos quixera telos, máis manifestan como un dos principais motivos de non dar o paso as razóns laborais e de conciliación. E parece que teñen razón, pois esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, co coidado dos menores.

Que lle pedirías á túa Universidade e á Xunta de Galiza?

Á Universidade pediríalle que aposte por esta xeración de científicos e que aproveite as ganas que temos de traballar e de facer ciencia nas universidades da Galiza grazas a este programa I2C.

Pediríalle á Xunta que o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección mediante medidas concretas de continuidade na carreira investigadora como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexíbeis de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc.

Estas medidas xa existen en diversas convocatorias estatais e europeas. Eu pediría á Universidade de Vigo e á Xunta de que aposten pola investigación e a conciliación escoitando as persoas.

En que consiste o proxecto de investigación no que traballaches na convocatoria A?

Traballo en ecoloxía mariña. A miña investigación céntrase no impacto dos aportes antropoxénicos de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno ou o mantemento doutros organismos proporcionándolles alimento e protección.

Os aportes extra de nutrientes ao medio, provenientes por exemplo da agricultura ou augas residuais, poden exceder a capacidade de autorregulación do sistema producindo un desequilibrio ecolóxico denominado hipereutrofización, que leva asociados cambios, primeiro a nivel fisiolóxico nos organismos, e despois nas comunidades, como perda de biodiversidade.

Estes impactos do ser humano a nivel rexional, xunto cos cambios a escala global, repercuten nas respostas e no equilibrio destes organismos e do sistema.

En que centros de investigación traballaches estes anos coa bolsa da Xunta e que consideras que achegou a túa estadía ao sistema de investigación galego?

Durante a estadía no estranxeiro coa axuda posdoutoral da Xunta de Galiza estiven no Leibniz Centre for Tropical Marine Research (ZMT) en Bremen (Alemaña) e no Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) en Porto. Anteriormente fixera estadías no Marine Biological Laboratory nos EEUU e no Inter-University Institute for Marine Sciences de Israel.

Nestas estadías aprendín técnicas de análise, deseño experimental e apertura dos meus estudos a un escenario de cambio global do que a Galiza forma parte. Estou a adoptar as ferramentas aprendidas para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas.

Estudar os efectos nos produtores primarios mariños é importante, especialmente na Galiza, que con máis de 1600 km de costa (a máis extensa do territorio nacional) ten parte da súa economía baseada nestas áreas, como o marisqueo ou turismo, o mesmo tempo que concentra a maioría da súa poboación na costa."                       (Entrevista a INÉS VIANA, INVESTIGADORA E NAI, Sermos Galiza, 06/07/19)

5/7/19

34 investigadores e investigadoras de primeiro nivel contratados polas universidades galegas ficaron esta semana sen emprego. "A Xunta debe asumir a súa mala xestión e impedir a fuga de talento científico que haberá este ano"

"34 investigadores e investigadoras de primeiro nivel contratados polas universidades galegas ficaron esta semana sen emprego pola falta de previsión da Xunta de Galicia á hora de poñer en marcha unha convocatoria pública. 

A Consellería de Educación publicou hai dúas semanas a convocatoria que debe permitir a renovación por dous anos da vinculación aos seus actuais centros de investigación. Porén, este proceso, que debería ter comezado hai meses, non se resolverá no mellor dos casos ata o 1 de decembro. 5 meses no pao, no mellor dos casos.

Mentres, a súa participación e numerosos proxectos de investigación está paralizada, e tampouco poderán dar clases durante o primeiro semestre do vindeiro curso. Varios destes e destas investigadoras están procurando unha saída noutras comunidades ou noutros países e alertan da "fuga de cerebros e de talento" que se pode producir por mor do atraso da Xunta.

Os investigadores e investigadoras afectadas esixen "unha solución para a súa situación ata que se publique a resolución da adxudicación das novas axudas correspondentes á Modalidade B". E sinalan que esta medida "non supón un gasto adicional para a Xunta, xa que queda diñeiro orzado na convocatoria do 2016 sen gastar debido a desvinculación de 15 investigadores do programa", unha cantidade "máis que suficiente para cubrir estes contratos até a resolución da Modalidade B", din.
"Así o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas"

 Unha destas investigadoras é a murciana Marta Marín Luna, de 34 anos, unha especialista en Química Orgánica que estaba a traballar na Universidade de Vigo na "protección selectiva de polioles e revalorización de produtos derivados da biomasa", unha investigación de grande importancia "para a síntese total de produtos con relevancia biolóxica e farmacéutica" e para "reciclar os produtos secundarios que proveñen da biomasa mediante o deseño de novos catalizadores metálicos". Marta Marín chegou a Vigo procedente da Ludwig-Maximilians-Universität de Munich e contribuíu a establecer una liña de colaboración entre a universidade galega e a alemá, "situando a Galicia como un punto de referencia en Munich".

O atraso na convocatoria da Modalidade B do programa IC2 obrigouna non só a renunciar á docencia que estaba previsto que impartise no primeiro cuadrimestre do vindeiro curso. "Isto é un obstáculo máis para a miña futura estabilización xa que é un requisito indispensable ter horas de docencia acumulada para conseguir unha praza na Universidade",afirma. Salienta tamén que perdeu o dereito a ser titora de estudantes que ían a desenvolver o seu Traballo Fin de Grao na liña de investigación que ela lidera.

 A súa situación de desemprego obrigouna tamén a regresar a Murcia, a casa de seus pais, ata que solucione a súa situación laboral. "Non podemos facer ciencia vivindo do aire", di, e afirma que "a forma en que nos tratan e nos valoran desde a Universidade e a Xunta fixo que dubide se seguir neste programa e empece a valorar outras ofertas de traballo". "Os programas financiados con diñeiro público deben reverter na sociedade dalgunha forma, e iso é o que queremos os investigadores: devolver o que un día se gastou na nosa formación". Porén, conclúe, "con estas formas de xestión o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas".

As universidades "deben implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores"

Algo semellente opina o compostelán Javier Dubert, de 35 anos, e especialista en microbioloxía mariña. Traballa no grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura, da USC. As súas investigacións céntranse en esclarecer a virulencia de bacterias patóxenas do xénero Vibrio que provocan altas mortalidades en bivalvos de alto valor engadido e causan grandes perdas económicas en acuicultura, un sector clave na economía galega. Antes de chegar á USC, realizou estadías en centros de prestixio internacional en Francia e en Boston (Estados Unidos).

El non terá que paralizar as súas investigacións, pois o seu grupo financiará o seu contrato durante estes meses, pero si que quedará sen poder dar clases no primeiro cuadrimestre do vindeiro curso. Con todo, pídelle á Xunta unha solución global a través de contratos-ponte: "que sexan consecuentes e aposten por este programa de I+D". Ademais, estende a responsabilidade ás universidades para as que traballan, sinalando que "son culpables ao 50% deste problema".

"Para a USC somos man de obra gratuíta e quitámoslles unha carga docente de 80 h por ano e investigador, sen incluír TFGs, TFMs e Teses", critica. Sinala que "a eles nosa situación non lles preocupa, posto que ano tras ano entra unha nova remesa de investigadores" e conclúe que "debían implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores e non limitarse a asumir un papel de mero espectador nas negociacións coa Xunta".

"Somos bos, aí están os nosos CV, no meu caso rexeitei un contrato de dous anos no MIT polo meu desexo de retornar a Galicia", explica e salienta que "estas ganas de trasladar e implementar o coñecemento adquirido en centros de referencia mundial non pode verse freado por trabas burocráticas que che deixan fóra de xogo". 

"Só lles pido aos políticos que melloren o programa en consenso directo cos investigadores, para adecuar mellor os prazos de convocatoria e avaliación, e facelo atractivo para os aspirantes facilitando a súa estabilización e retención evitando deste xeito a fuga de cerebros", di. "Aí están os resultados xerados por programas como o ICREA ou o Ikerbasque, cuxo retorno supera con fartura ao investimento, sexamos como eles", remata.

"As mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional"

O atraso na convocatoria prexudicou especialmente a aquelas persoas que solicitaran un permiso por maternidade ou paternidade, tres mulleres e un home, que terán que agardar ata a próxima convocatoria do programa cando rematen o seu contrato (sen saber sequera se haberá convocatoria para o ano próximo) para que o seu traballo na Modalidade A sexa avaliado, sen  poder presentarse polo tanto á convocatoria da Modalidade B neste ano 2019. 

É o caso da coruñesa Inés Viana, de 34 anos, que tamén traballa na Universidade de Vigo e que ten unha filla de 14 meses. Viana traballa en ecoloxía mariña e a súa investigación céntrase no impacto das achegas antropoxénicas de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. "Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno, ou o mantemento de outros organismos proporcionándolles alimento e protección", explica.

Antes de chegar a Vigo, esta investigadora traballara en centros de prestixio de Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Israel. "Estou a adoptar as ferramentas aprendidas nestes lugares para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas, estudando os seus efectos nos produtores primarios mariños", comenta.

Para ela esta paralización supón unha dobre penalización para as investigadoras que son nais, "pois quedo descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá". O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando a muller se incorpora. "Pero de que me serve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ó paro indefinidamente?", di.

"En investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional", salienta Inés Viana, que lembra que "esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, de coidado dos menores". "Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Pero a nivel persoal repenso o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos o meu arredor e o desgaste que isto implica", di.

Pídelle á Xunta que "o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección". Neste senso, suxire medidas concretas de continuidade na carreira investigadora "como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexibles de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc". "Estas medidas xa existen en diversas convocatorias nacionais e europeas, engade.

"Unha investigación paralizada custa moito traballo retomala"

Nunha situación semellante queda a ourensá Susana Cid Fernández, de 35 anos, especialista en Neurociencia, máis concretamente en Psicofisioloxía. Na actualidade traballa na USC na procura de marcadores psicofisiolóxicos que permitan a detección da Enfermidade de Alzheimer moito antes de que presente os seus síntomas característicos. "Estanse a aplicar técnicas de estimulación eléctrica cerebral non invasiva coa intención de atopar terapias alternativas ou que poidan mellorar os resultados das actuais terapias farmacolóxicas, que polo momento só conseguen ralentizar a enfermidade, no mellor dos casos", comenta,

Antes de regresar a Galicia traballou no Centro San Giovanni di Dio en Brescia (Italia), un hospital especializado en demencias e enfermedades mentais, no grupo liderado por Carlo Miniussi, "unha das máis importantes personalidades mundiais na investigación sobre estimulación cerebral non invasiva", explica, destacando que "a niña estadía achegoulle ao sistema de investigación galego novas técnicas e novas aplicación que non se dominaban ata agora, ademais de estender a rede que vai unindo grupos na loita contra as demencias".

O seu permiso de maternidade fixo que o seu contrato ficara prorrogado ata xaneiro do ano 2020, polo que terá que presentarse á convocatoria do ano que vén, que co atraso que acumula a de 2019 podería adiarse ata o mes de novembro. Isto é, Susana Cid podería quedar no paro un ano enteiro, no mellor dos casos. "Neste período cortaranse todos os traballos dirixidos que podería comezar no curso 2019-2020. E, por suposto, as investigación suspéndense neste tempo, e unha investigación paralizada custa moito traballo retomala", explica.

"Durante un ano enteiro terei que elixir entre cobrar o paro e non traballar, concorrer a outras convocatorias que de novo (e de ser o caso, será para sempre) me leven fóra de Galicia, ou cambiar de traballo, abandonando a investigación e o sistema público galego para traballar de calquera outra cousa na empresa privada", di. "As dúas últimas opcións significan botar a perder os recursos investidos por todos os galegos durante os 32 anos de formación financiada publicamente que recibín na miña vida", engade.

Susana Cid pídelle á USC "que rompa unha lanza por nós" e aposte "polos que estamos nesta situación, co persoal tan altamente cualificado que tiveron a sorte de captar con esta convocatoria". É á Xunta reclámalle que "asuma a mala xestión do programa e facilite contratos que impidan a fuga de talentos que sen dúbida haberá este ano" e que en próximas convocatorias "utilice a lóxica". "Existen outras convocatorias a nivel estatal que resolven de forma sinxela todo isto, non entendemos por que a Xunta é tan reticente a usar esas fórmulas probadamente útiles", di."                    (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 04/07/19)


"Las protestas fuerzan a la Xunta a corregir el error que dejó sin empleo a 34 investigadores de alto nivel.

El Gobierno gallego prorrogará sus contratos hasta el 15 de octubre para evitar el vacío generado por el retraso en la convocatoria que debía permitir su continuidad (...)"         (Marcos Pérez, eldiario.es, 08/07/19)

21/5/19

Os "martes negros" dos investigadores da USC

"A Asemblea de Investigadoras de Compostela naceu para tentar solucionar problemáticas do colectivo predoutoral, pero pronto trascendeu como plataforma que ablangue todos os colectivos da investigación. Nestes últimos meses cobraron moita trascendencia grazas a campañas como os "Martes Negros", inspirados nos "Venres Negros" de Defende a Galega.

Durante os últimos anos foron habituais grandes mobilizacións de eido estudantil, dende as multitudinarias protestas contra a LOMCE en Ensino Medio, como a nivel universitario. Exemplo paradogmático foi unha histórica manifestación en Santiago de Compostela no 2017 que ateigou a Praza de Quintana ao nivel das grandes mobilizacións galegas.

Nese contexto nace a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), que botou a andar nese curso -o 2016/2017- “por uns cambios de códigos no contrato para o colectivo predoutoral”, explica Alejandro Vilar, doutorando en Física de partículas. A partir de aí, déuselle continuidade ao espazo para reivindicar as problemáticas comúns “de todo o colectivo investigador”. Susana Mallo, investigadora de Psicoloxía indica que a Asemblea está aberta a “calquera persoa”, reivindicando o seu carácter aberto como organización.

Aínda que as accións máis vistosas da AIC concéntranse nos últimos meses, a súa actividade é moito máis antiga. “Por exemplo o ano pasado reunímonos coa Secretaría Xeral da Universidade para tratar o tema das axudas predoutorais, onde había unha serie de irregularidades incluso na propia convocatoria. Tamén reivindicamos a apertura de cursos de innovación docente ao noso colectivo e estamos satisfeitos porque a Universidade está dando pasos para solucionar o problema”, sinala Vilar.

UN COLECTIVO COMPLEXO

Dentro do colectivo predoutoral, tal e como se encargan de sinalar os membros da AIC, hai diferentes subcolectivos. Existen persoas que investigan por proxectos e outros a partir de axudas públicas, que poden vir tanto da Xunta como do Goberno Central. O segundo grupo “está a cobrar menos e non está a poder acceder aos aumentos salariais que ten previsto á USC para os seus traballadores e non tiñan dereito a indemnización por final de contrato”.

Fala en pasado porque fai unhas semanas o TSXG sentou xurisprudencia sobre que, efectivamente, si que é un dereito que ten o seu colectivo,

Ademais, hai un terceiro sector: aqueles non teñen contrato e que en palabras de Vilar: “viven condicións moi precarias”. Mallo sinala que a USC entende que estas persoas están a “traballar gratis porque os considera estudantes, pero realmente non o son porque están a facer unha produción científica que lle conta á USC a todos os niveis como se viñera doutra calquera outra fonte”.

O reclamo destas reivindicacións tivo o seu cumio o 28 de febreiro cando se organizou en fronte de reitoría unha concentración multitudinaria. Ademais, todos as semanas levan a cabo os “Martes Negros”, onde van vestidos cunha camiseta dese cor na que se pode ler “Por unha USC digna” e que admiten que tivo unha clara inspiración nos Venres Negros de Defende a Galega.

O seu obxectivo con esta campaña era pretender que a comunidade universitaria fose consciente da situación pola que pasan os investigadores “e iso pensamos que o conseguimos”, sinala Vilar. Actualmente levan vendidas unhas 300 camisetas que “a nivel Compostela é un número moi alto” e teñen intención de continuar coa iniciativa.

“A ACTITUDE DA UNIVERSIDADE É DECEPCIONANTE”

Os membros da AIC cualifican os movementos para solucionar a situación por parte da USC como “moi deficientes”. Vilar é moi crítico coa actitude da universidade: “Todas as reunións que puidemos ter coa Xerencia da Universidade non se materializaron e ningunha proposta pola súa parte, cousa á que se comprometeron. Xa pasaron dous meses dende a última reunión e nin nós nin os sindicatos sabemos nada”.

“Ademais, hai actitudes canto menos decepcionantes”, continúa Vilar. “Tras a resolución do TSXG sobre a indemnización de despido, recorrérona ao Supremo. Iso non é tentar solucionar as cousas, é ter vontade de poñer atrancos”, asevera. “A USC alega que non hai cartos, pero tampouco lle vemos ningunha estratexia para modificar esa ausencia”, observa Mallo. Ademais, sinalan que ata o ano 2016, si que se pagaban con cartos provenientes integramente da Universidade.

Tamén denuncian que a USC non está a cumprir con outras obrigacións, como o Estatuto de Persoal Investigador en Formación, aprobado polo Goberno Central a modo de Real Decreto en marzo.

Dende a AIC consideran que non acada as súas demandas pero que “mellora un pouco a situación, como por exemplo un aumento de soldo nos últimos anos do contrato predoutoral que non se está a cumprir a día de hoxe. Isto xa é ir contra lei, é gravísimo”. Se isto segue así consideran a posibilidade de artellar accións a nivel estatal con outras universidades na mesma situación.

APOIO DOUTROS SECTORES

Pódese observar un apoio á AIC dende sectores alleos ao seu campo. Para Mallo, “hai moia xente que se está a dar conta de que temos unha situación moito máis precaria do que eles tiñan en mente”. Vilar apunta que “aínda que non fose un colectivo moi representado na mobilización” teñen “unha certa simpatía” de gran parte do colectivo docente dentro da USC porque “son conscientes do que está a pasar”.

Tamén se sumou dun xeito moi notable o alumnado da universidade e non é nada estraño atoparse persoas coa camiseta dos Martes Negros por calquera esquina de Compostela. Un deles é Bruno Arias, estudante de Comunicación Audiovisual. “Nos últimos meses asistimos a unha avalancha de apoio dende todas as esferas do estudantil. Puiden ver a moita xente diante do reitorado que nunca asociaría a ese tipo de mobilizacións”.

Arias entende que isto ven motivado porque a AIC “reivindica dereitos laborais básicos”. Ademais, considera que é moito máis grave ao tratarse da Universidade pública, un órgano que para el “debería ser vangarda cultural e intelectual do noso país”. En síntese, para el demostra o “importante que é organizarse e crear comunidade” en torno ás problemáticas que acontezan e que a maior ensinanza que deixa a Asemblea de Investigadoras é como “as cousas poden funcionar máis aló de intereses partidistas”.

A Asemblea tamén logrou tamén o apoio dos diferente sindicatos. “Isto é moi relevante porque se non, a USC negábase a establecer unha mesa de negociación sobre o tema, e soamente puidemos ir e expoñer o noso problema, porque os sindicatos o consideraron necesario”, sinala Vilar. Pola súa banda, Mallo agradece o apoio de todos os colectivos e sinala que todo isto “axuda a lograr cada vez máis presión” para poder satisfacer as súas reclamacións."                        (Brais Nogueira, Galicia confidencial, 18/05/19)

26/9/17

Científicos da Coruña desenvolven a memoria a longo prazo dun robot

"As arquitecturas cognitivas constitúen o substrato de todas as funcionalidades cognitivas como a percepción, a atención, a selección de accións, a aprendizaxe, o razoamento, etc. Desenvolver unha arquitectura cognitiva para un robot autónomo é unha tarefa moi complexa na que están traballando expertos en robótica e intelixencia artificial de todo o mundo.
 Na Universidade da Coruña, o Grupo Integrado de Ingeniería (GII) leva desde o ano 2000 centrado nesta liña a través dun mecanismo cognitivo darwinista que deu lugar a numerosas publicacións en revistas científicas e actas de congresos internacionais ao longo destes anos. 
Este xoves, o GII presenta os seus "prometedores" avances no desenvolvemento dunha memoria a longo prazo en robots, no marco da sétima edición do IWINAC, un congreso sobre intelixencia artificial e computación organizado pola Uned e a Universidad Politécnica de Cartagena, e que conta coa colaboración da Universidade da Coruña.

Neste encontro, que se celebra no hotel Meliá María Pita da Coruña entre o 19 e o 23 de xuño, o GII do Campus de Ferrol, que coordina o profesor Richard J. Duro, presenta os seus avances no desenvolvemento dunha memoria a longo prazo nun robot Baxter, recollidos no seu traballo 'Multilevel Darwinist Brain: Context Nodes in a Network Memory Inspired Long Term Memory', artigo asinado por Duro, José A. Becerra, Juan Monroy e Luis Calvo.

CEREBRO DARWINISTA MULTINIVEL

O traballo parte do chamado MDB ou Multilevel Darwinist Brain (Cerebro Darwinista Multinivel), un mecanismo que se estrutura en dúas escalas de funcionamento, unha en tempo real encargada de seleccionar a acción que o robot debe aplicar en función das súas motivacións, e outro en tempo de aprendizaxe na que se obteñen modelos que permiten realizar a selección de accións de forma interna ao mecanismo.
 Cada unha destas escalas leva asociados diversos procesos complexos, que deron lugar a numerosas subliñas. Por unha banda, a aprendizaxe dos modelos depende das mostras reais que o robot adquire na súa interacción co mundo, polo que se tivo que desenvolver unha técnica de aprendizaxe que permita a aprendizaxe en tempo real. Esta é unha das características orixinais do MDB, xa que se utilizan algoritmos evolutivos para a aprendizaxe dos modelos. 
En concreto, desenvolveuse un novo algoritmo evolutivo, o PBGA (Promoter Based Genetic Algorithm), que obtén a estrutura e os parámetros dunha rede de neuronas de forma automática a partir das mostras almacenadas nunha memoria a curto prazo. Outro dos elementos básicos que se desenvolveron é o sistema de memorias, baseado nunha memoria a curto prazo e outra a longo prazo, que almacena os modelos que resultaron satisfactorios na súa aplicación real para ser utilizados no futuro.

En canto á escala de tempo real, desenvolveuse un proceso de obtención de comportamentos en tempo de aprendizaxe que son transferidos a esta escala. Este concepto xeneraliza a simple selección de accións e dota de moita máis xeneralidade ao MDB. Os comportamentos son almacenados tamén na memoria a longo prazo para ser reutilizados de forma directa se o robot se atopase de novo cunha situación xa aprendida.

O MDB foi aplicado con éxito en diversas tarefas de aprendizaxe con robots reais, tales como o Hermes II, o Pioneer 2 ou o AIBO. En todas elas a énfase estaba na capacidade do mecanismo para aprender en tempo real de forma autónoma a partir da súa experiencia ou da súa interacción cun profesor. Ademais, realizáronse experimentos de reutilización autónoma da información aprendida e de adaptación en tempo real a cambios na contorna.

MEMORIA A LONGO PRAZO

Agora, o GII presenta na Coruña novidosos resultados aplicados a un robot Baxter. En concreto, o novo traballo presenta os avances actuais na introdución do concepto de memoria de rede dentro da estrutura de memoria a longo prazo no Cerebro Darwinista Multinivel. En particular, trátase da introdución do concepto de nodos contextuais e dos experimentos iniciais realizados para demostrar a súa efectividade.

Os propios autores do experimento explican que non buscaban "producir unha arquitectura bioloxicamente plausible, senón máis ben bioloxicamente inspirada". Partindo desta idea, crearon unha nova estrutura de memoria a longo prazo que "vai máis aló do simple almacenamento de elementos de coñecemento do MDB que tiveron éxito".

"Basicamente, a idea é que cada vez que se obtén unha recompensa, non é unha mala idea lembrar de maneira relativamente permanente o contexto no que isto ocorreu", explican os científicos da UDC. Así, "os nodos contextuais representan recordos de eventos relevantes que están relacionados na memoria a longo prazo". Este sistema de nodos contextuais permite ao robot elixir ou activar directamente unha serie de accións co fin de obter unha recompensa ou reproducir o evento relevante en calquera caso cando sexa posible.

Esta nova implementación desenvolvida polos científicos do GII baséase nas ideas das redes de memoria do neurocientífico Joaquim Fuster, un dos pioneiros en propoñer que a memoria xorde da interconexión da gran rede que é o cerebro.

O EXPERIMENTO

Mesturando os conceptos de Fuster coa idea dos nodos contextuais e os avances realizados sobre o Cerebro Darwinista Multinivel, os investigadores da UDC aplicaron realizaron un experimento utilizando un robot Baxter. "Os resultados foron moi prometedores", avanzan.

O que fixeron foi colocar o robot nun espazo de traballo onde había dous colectores, un cun buraco redondo e outro cun buraco cadrado, ademais de dous obxectos: un cubo e un cilindro, con luces de cores na parte superior (vermello e azul). O cubo encaixa no buraco cadrado e o cilindro no redondo. O robot Baxter, que ve a través dunha cámara incorporada, pode agarrar calquera dos dous obxectos e pode movelos a calquera lugar ao seu alcance, incluíndo a opción de poñelos nun dos buracos.
 Con todo, o sistema perceptivo do robot só detecta a luz coloreada enriba de cada obxecto, non detecta a forma. Isto implica que a única maneira en que o robot ten que distinguir unha forma da outra é a través da luz coloreada sobre ela. 
Usando esta configuración básica, os científicos construíron un experimento que implica dous tipos de mundos e dous tipos de tarefas (segundo o definido polos seus obxectivos). Nun mundo, os cilindros teñen unha luz vermella na parte superior e os cubos, unha luz azul. No outro mundo, a asignación de luces está investida (os cilindros son azuis e os cubos vermellos). 
En canto aos obxectivos, hai dúas situacións posibles: a recompensa obtense cando un buraco (a pantalla na escena indica cal buraco) está cheo coa forma correcta ou a recompensa obtense cando todos os buracos están baleiros. O estado inicial pode implicar que algún dos buracos teña o obxecto incorrecto introducido, o que implica sacalo antes de poder poñer o outro dentro.

Con este experimento simple pódese coñecer de antemán todas as posibles combinacións de cousas que deberían conducir á creación de nodos contextuais, é dicir, todos os eventos relevantes. En termos de metas e mundos, hai catro combinacións. Para cada un destes casos, hai seis situacións relevantes, o que leva a un total de 24 nodos contextuais que deben obterse a través da interacción cos diferentes mundos con diferentes obxectivos. 
Os científicos asumen que o robot non estará a interactuar continuamente con ningún mundo (cambiarán aleatoriamente) e que o seu obxectivo cambiará despois dun número aleatorio de interaccións. Isto implica que, de feito, o robot terá que aprender a lograr a máxima recompensa concurrentemente nas catro situacións. Ao principio, o robot está a realizar un proceso de proba e erro.
 Está a cometer erros que lle permiten atopar os eventos relevantes. Despois de 70 interaccións co mundo, o robot xa aprendeu algúns nodos contextuais, e cando as situacións asociadas xorden, o robot elixe directamente a regra correcta. A exploración está a ocorrer soamente con respecto ás que non aprendeu aínda. 
Despois de 167 interaccións, o robot aprendeu todos os eventos relevantes posibles no ambiente e, por tanto, cando se enfronta con calquera estado en calquera das catro combinacións, elixe directamente a correcta. O proceso, segundo os autores do experimento, foi "bastante eficiente e non levou moito tempo".

En resumo, o que presentan este xoves na Coruña os científicos do GII é un novo sistema que mellora a aprendizaxe a longo prazo, o recordo de eventos pasados e, en consecuencia, que fai más eficiente a operación dun robot en tempo real." (Galicia Confidencial, 22/06/17)

7/9/17

“Moitos investigadores abandonan ante os atrasos das bolsas da Xunta”. Esta situación fomenta o abandono de moitas persoas que inician os seus estudos de doutoramento

"A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) critica os “os continuos retrasos que se están a producir na convocatoria das Axudas de apoio á etapa predoutoral por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia”. 

Segundo os datos recompilados polos licenciados, os mozos deben agardar até 10 meses non só para cobrar, senón para saber se lograron a bolsa. “Esta situación fomenta o abandono de moitas persoas que inician os seus estudos de doutoramento e tamén a súa precariedade, xa que nalgúns casos teñen que agardar un ano sen ningún tipo de recurso antes de poder sequera optar ás Axudas de apoio á etapa predoutoral debido aos continuos retrasos e aos erros de calendario que sistematicamente perxudican ás investigadoras e investigadores predoutorais”, explican nun comunicado.

Segundo explicou a GC Adrián Dios, un dos voceiros deste colectivo, este problema dáse en toda Galicia, porque son as bolsas que son da Xunta, e non afecta só aos investigadores da USC.
Dios asegura que “tivemos varias conversas coa Universidade e non se nos deu demasiada resposta”; polo que finalmente deron o paso de facer pública a súa protesta. 

Tedes constancia que a raíz destes atrasos hai investigadores que abanadonaron a carreira ou emigraron? “Moitísimos casos”, responde Dios a esta interpelación, aínda que sinala tamén que este é só un dos problemas que está a lastrar o I+D no país. 

O investigador apunta que “hai moitos  investigadores que teñen que agardar un ano para solicitar a bolsa, igual teñen que agardar todo o primeiro curso para poder solicitar a axuda, logo está por ver se cha dan ou non”. Segundo o seu relato, é frecuente que os mozos se matriculen en setembro e non dispoñan da bolsa até maio do ano seguinte, co curso preto da súa fin. 

Dios tamén explica que polo menos nunha ocasión a Xunta publicou a convocatoria das axudas en agosto, impedindo que se poidesen presentar os alumnos que finalizan o seu traballo fin de mestrado en setembro, que son o 90%.

A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), asociación que agrupa máis de 200 investigadoras e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Compostela, constituíuse este ano. 

Na súa opinión, Educación non pode alegar que se trata só dunha cuestión burocrática; pois isto “ non é casual, senón que responde á estratexia da Xunta de Galicia para recortar recursos ao ensino e á investigación, nunha estratexia de aforro onde investimentos fundamentais para o desenvolvemento económico de Galiza”.

GC pediu o punto de vista de Educación sobre esta denuncia pública, sen resposta polo de agora. (...)"               (Galicia Confidencial, 18/07/17)

6/7/16

A USC avanza no control e prevención dun dos parasitos máis letais para as ameixas

"Unha tese doutoral, presentada na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), investigou a enfermidade provocada polo parasito 'Perkinsus olseni', que pon en risco a produción de ameixa xaponesa, unha das especies con maior produción en Galicia e en España. 

O autor da investigación é Abul Farah Md. Hasanuzzaman, da Khulna University de Bangladesh, integrado no departamento de xenética da USC.

Segundo esta investigación, a comprensión dos mecanismos moleculares que están detrás desta enfermidade é un requisito esencial para desenvolver estratexias que permitan o seu control, polo que esta investigación representa "unha información clave" para conseguilo.

O estudo analiza os mecanismos xenéticos empregados polo parasito para superar as defensas inmunitarias da ameixa. Desta forma, puídose coñecer as causas desta tipoloxía e progresouse no coñecemento desta enfermidade."                 (Galicia Confidencial, 30/06/16)

1/7/16

O proxecto galego 'ICT-Go-Girls!', un exemplo de feminización das carreiras tecnolóxicas

"O pasado 21 de xuño, no marco da conferencia Digital Festival 2016 organizada en Bruxelas polo Forum Europe, o comisario de Educación, Cultura e Deportes, Tibor Navracsics, destacou o proxecto ICT-Go-Girls! como un exemplo e un modelo a seguir en toda a Unión Europea no fomento da incorporación das mulleres ás carreiras tecnolóxicas, co obxectivo de vencer a actual fenda de xénero existente neste ámbito. 

ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT é un proxecto dirixido polo CESGA no que participa a USC (Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa) xunto con outras cinco institucións europeas: Die Berater e Universidade do Danubio (Austria), Fraunhoffer IAO (Alemaña), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), e CVO Antwerpen (Bélxica).

 Busca promover entre as estudantes de ensino secundario o estudo de carreiras cientifico-técnicas, animando o seu empoderamento, capacidade de emprendemento e liderado, e loitando contra a minoritaria presenza de mulleres nas facultades de Informática ou nos departamentos de tecnoloxía das empresas. 

Iniciado en 2012, dous anos máis tarde presentou en Amberes as súas conclusións, no marco dunha Conferencia final no que tamén se fixo pública unha guía para axudar os mestres e mestras a orientar as rapazas e facilitar o seu achegamento aos estudos técnicos e científicos. O manual subliña que "a sensibilización acerca das profesións relacionadas coas TIC e o emprendemento é un paso fundamental para promover o emprego feminino" e lembra que "os traballos relacionados co sector TIC volveranse cada vez máis importantes no futuro".

 Tamén destaca que "as rapazas poden aprender moi cedo a maneira de avaliar as súas fortalezas e habilidades tecnolóxicas e a buscar información, comunicarse e negociar coas persoas desde un posicionamento de liderado".

 O texto é tan só un instrumento máis, recoñecendo que se "necesitan iniciativas máis fondas e sostida no tempo para acadar un público máis amplo nas escolas europeas e influír para integrar real e eficazmente as TIC no currículo e facilitar o proceso de toma de decisión das mozas".

A guía parte da situación actual, na que atopamos certos indicadores moi negativos. Segundo datos de 2013, de cada 1.000 graduadas en Europa, só 29 mulleres teñen un título relacionado coas TIC, fronte a 95 homes. 

 De igual maneira, a pesar de que as mulleres ocupan máis do 60 por cento dos empregos relacionados coas TIC nos países da OCDE, só entre o 10 e o 20 por cento son programadoras, enxeñeiras, analistas de sistemas ou deseñadoras. A maioría das mulleres neste sector traballan en postos de secretaría, procesamento de textos ou de entrada de datos, é dicir, postos que requiren habilidades de baixo nivel ou de formación técnica limitadas. 

En Galicia os datos son aínda máis negativos: Dúas de cada tres persoas empregadas nas empresas TIC de Galicia son homes (62,5%). A realidade é moito peor no que respecta aos postos directivos: a porcentaxe de empresas que conta con mulleres na súa dirección é de só o 18%. 

Esta fenda esténdese cara á universidade e as carreiras tecnolóxicas, onde apenas unha de cada cinco licenciadas é muller, unha realidade que lonxe de mudar cara a unha progresiva igualdade, semella estancarse e nalgúns casos mesmo dar pasos atrás.

O equipo da USC liderado polas profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen F. Morante desenvolveu unha metodoloxía educativa para levar a cabo nas aulas dos primeiros anos de educación secundaria que permite traballar de xeito máis motivador as TIC e lograr un maior interese e coñecemento na elección de carreiras tecnolóxicas por parte das alumnas de secundaria.

 Como ferramenta fundamental para o desenvolvemento desta metodoloxía, o CESGA deseñou e implementou unha contorna virtual social baseado en software libre a través da cal se testou a proposta. Ambos recursos están dispoñibles na web do proxecto.

A USC e o Cesga continúan promocionando e participando en accións para motivar a elección de carreiras tecnolóxicas entre as máis novas. Entre outras  actividades figura a organización anual do evento Girls in ICT en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o CPEIG ou a recente proposta Unha enxeñeira ou científica en cada cole en colaboración co Concello de Santiago.

"Que haxa mulleres que deseñen o futuro das novas tecnoloxías é crucial", concluía María José Rodríguez Malmierca (coordinadora do proxecto ICT-Go-Girls!) en entrevista con Praza, na que sinalaba que "estas cuestións hai que abordalas xusto cando se inicia secundaria, dependendo do país en Europa, entre os 11 e os 14 anos".                 (Praza Pública, 30/06/16)

29/3/16

A xeración perdida da investigación galega

"No ano 2006 o Goberno galego lanzou o plan INCITE de promoción da investigación, que incluía convocatorias de contratos pre-doutorais e dous tipos de post-doutorais: o programa Ángeles Alvariño (para doutores e doutoras que acababan de defender a súa tese e cunha duración de tres anos, dos que dous debían ser fóra de Galicia) e o programa Parga Pondal (unha segunda fase, para investigadores/as con experiencia fóra, unha duración de cinco anos e un compromiso de estabilización). Ao abeiro deste plan, houbo tres convocatorias de Ángeles Alvariño (2007, 2008 e 2009).

O obxectivo deste tipo de plans de promoción é ofrecer oportunidades de desenvolver unha carreira investigadora en Galicia. Porén, a chegada ao poder do Partido Popular e os recortes aplicados en I+D+i dende o ano 2010, significaron un bloqueo para moitas destas carreiras, en especial para estas promocións de novos e novas doutoras (os Ángeles Alvariño), que en condicións normais deberían ter accedido á posibilidade de competir por un contrato Parga Pondal (ou a denominación que tivese), entendido como contrato de continuidade e de retorno a Galicia. 

Houbo unha derradeira convocatoria de Parga Pondal en 2010, que xa no seu momento foi cualificada de pseudo-Parga Pondal, pois a súa duración era inferior (3 anos en lugar de 5) e non incluía un compromiso de estabilización).

A Xunta lanzou nese momento un novo plan, para substituír o INCITE, denominado Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C), de catro anos de duración (2011-2015). En teoría, no marco desta iniciativa (así foi presentada), debían lanzarse contratos postdoutorais para os novos e novas investigadoras (equivalente ao Ángeles Alvariño: dous anos fóra e un de retorno á universidade galega), e un tipo de contrato postdoutoral 2 que permitiría dar continuidade a aqueles que xa tiveran o primeiro contrato (equivalente ao Parga Pondal).

Ao abeiro do IC2 lanzáronse os correspondentes contratos postdoutorais de primeiro nivel. Porén, a primeira convocatoria de contratos postdoutorais de segundo nivel aínda se vén de publicar este mes, catro ou cinco anos máis tarde do prometido. 

Ademais, as bases só permiten concorrer a eles aos investigadores e investigadoras que acaban de completar o contrato postdoutoral 1 lanzado pola Xunta en 2012. E deixan fóra, polo tanto, ás tres xeracións de Ángeles Alvariño (2007, 2008 e 2009) que, por mor dos recortes, nunca tiveron a posibilidade de participar neste tipo de convocatorias en Galicia.
"Xa sospeitabamos que nos podían excluír. 

E por isto en novembro comezamos a movernos e puxémonos en contacto coa Xunta e cos vicerreitorados de investigación das tres universidades. Vendo o atraso no lanzamento desta convocatoria, pensabamos que estaban esperando ao ano no que remataban a post-doc 1 os que comezaran co plan I2C, para que fosen eles os que puidesen optar", explica unha das investigadoras afectadas. 

Efectivamente, a convocatoria saíu en marzo e está destinada á xente que remate agora. E non pode participar ninguén máis, aínda que no curriculo conste unha formación equivalente (por exemplo as Ángeles Alvariño), un contrato de características similares, pero dun goberno anterior. 

"Isto xa está convocado, polo tanto xa non temos opción, pero si pedimos que publiquen outra convocatoria, na que si teñamos cabida, e na que nos dean unha posibilidade de continuidade na investigación", di.

 "Normalmente tes varias oportunidades, pero nós estivemos dende 2010 ata 2016 sen ningunha convocatoria autonómica na que poder participar. Eles alegan que nós xa lles levamos moitos anos de diferenza aos que rematan agora. Si, pero non tivemos oportunidades nas que poder competir", denuncia.

Dende que a primeira xeración de Ángeles Alvariño rematou o seu contrato en 2010 foron escasas as oportunidades que o Goberno galego lles ofreceu para continuar a súa carreira investigadora en Galicia.  

Si houbo unha convocatoria de pseudo-Parga Pondal en 2010, aínda que aberta a todo o mundo, na que tiveron que competir con persoas que tiñan moitos máis anos de experiencia e méritos acumulados. En 2012 a Xunta publicou tamén unha convocatoria para os Ángeles Alvariño, que lles ofreceu un contrato dun só ano.

Entre 2008 e 2013 o investimento en I+D descendeu 115 millóns de euros en Galicia, case un 20%, pasando de representar o 4% do total estatal a ser o 3,6%. Dos 6.683 investigadores e investigadoras que en 2010 traballaban en Galicia pasouse a 5.397 tres anos máis tarde, un 19% menos. 

Os Orzamentos da Xunta de 2010 e 2011 significaron un recorte de máis trinta millóns no dedicado a I+D. A pesar de que dende entón asistimos a cinco anos consecutivos de ascensos, a cifra total segue lonxe das cantidades previas ao inicio da crise. 

A consecuencia é que Galicia dedica a I+D+i ao redor do 0,9% do seu PIB, lonxe da media española (1,3%) e aínda máis lonxe dos obxectivos propostos no devandito plan IC2 da Xunta: "asume como obxectivo xeral a converxencia do esforzo galego en I+D+i co esforzo do conxunto de España, que en ningún caso debe ser inferior ao 2% do PIB no ano 2015, cifra que nos porá na senda de acadar o obxectivo fixado pola UE para o ano 2020 do 3% do PIB".

"Algúns afortunados estamos en grupos de investigación que teñen financiamento por outras vías, por exemplo a través de proxectos estatais ou europeos, e polo tanto puideron manter os nosos contratos. Pero moita xente tivo que marchar ou quedou polo camiño", explica a investigadora. 

"A Xunta investiu moito diñeiro público na nosa formación, e agora córrese o risco de perdelo por completo, porque se non temos posibilidade de traballar aquí, teremos que marchar a outro lugar, di."              (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 21/03/16)

29/6/15

A asfixia premeditada da universidade galega... A da Coruña xa non pode pagar os gastos correntes

"O recente anuncio da Universidade da Coruña (UdC) de que ía paralizar todos os gastos correntes dos seus centros trouxo á primeira liña os problemas de financiamento do sistema universitario galego. Un tema de calado, cuxo debate non se limita á comunidade universitaria, senón que ten consecuencias directas sobre o modelo de país que se quer construír.

"O sistema universitario galego ten un financiamento precario, lonxe dese 1% do PIB que sería mester para ter un ensino de máxima calidade", defendeu CIG-Ensino. Un 'precario financiamento' que se traduce na realidade, denuncian sindicatos e asociacións estudiantís, en cifras que falan por elas propias: redución nos orzamentos de 86 millóns de euros nos últimos 5 anos, un período no que se perderon máis de 350 profesores (o que supón un recorte do 8% no cadro de persoal) e case 1.290 investigadores.

"É como unha paisaxe despois dunha batalla, dunha universidade, a galega, que se está descapitalizando e afogando. E iso nótase nas vagas de recortes que levamos sufrindo estes anos", sostén desde Vigo Antonio Rodríguez."              (Sermos Galiza, 25/06/2015)

26/2/15

Tendiendo puentes con el diablo... desde la filosofía compostelana

El filósofo compostelano Ignacio Castro / anxo iglesias

"Para Ignacio Castro escribir es algo tan natural, cotidiano e inevitable como respirar. "Escribo hasta en las servilletas de los bares para que no se me escape ninguna idea, algo que leo o que le oigo a alguien. Luego lo llevo a los textos y ya no recuerdo si es mío o lo he cogido de alguna parte", confiesa. 

Ahora mismo, asegura, "tendría material para tres o cuatro libros", además de otra obra de mayor alcance en la que está trabajando. "Si no lo publico es porque no hay más editoriales", bromea el filósofo (Santiago, 1952), que además mantiene una colaboración semanal en la revista digital Frontera D, dirigida por otro gallego, el periodista y dramaturgo Alfonso Armada. 

Pero en medio de esa escritura torrencial, también hay tiempo para la conversación y el debate, como atestigua su libro recién salido de la imprenta, Pontes co diaño (Corsárias), que presenta este miércoles en la Fundación Granell de Santiago (19,30 horas).

El libro recoge 12 conversaciones o entrevistas con otros filósofos, periodistas o amigos de muchos años de discusiones. En la más antigua, que se remonta a 2008,  el conocido ensayista César Rendueles (Sociofobia) se interesa por una de sus obras más celebradas, Votos de riqueza. 

 Las cinco últimas son mucho más recientes, de 2014. Las charlas discurren por los caminos más variopintos: de las nuevas tecnologías al turismo, de Los Soprano a la guerra de Ucrania, apuntes que asoman en medio de largas incursiones en territorios más convencionalmente filosóficos. 

El hilo que une todos los recorridos y todas las conversaciones es una mirada radical, una crítica demoledora del mundo contemporáneo y del capitalismo entendido como sistema de organización de la existencia (ojo, porque, según su interpretación, del capitalismo participan también una buena parte de la izquierda, incluida la más contundente, y hasta rasgos del propio Marx)

Castro, como prescribía uno de sus autores más queridos, el viejo Nietzsche, filosofa a martillazos y busca premeditadamente la hipérbole. Al criticar el mesianismo que impregna las nuevas tecnologías, por ejemplo, se puede permitir una arremetida contra "esa nueva raza aria de los nativos digitales". A menudo lo tachan de apocalíptico y él no rehuye la etiqueta: "Es que el propio mundo capìtalista es apocalíptico. Escribir y conversar es exagerar. Yo lo hago, aunque siempre con una mirada irónica".

Dentro de esa radicalidad se inscribe una cierta posición filorrusa que también le ha granjeado sus críticas, sobre todo a raíz de su participación en un acto organizado por la embajada de ese país en Madrid para analizar el conflicto de Ucrania.

 "Occidente tiene un problema con lo exterior, con lo que está fuera de la muralla que ha construido, no sabe cómo enfrentarse a lo eslavo, a lo musulmán, incluso a lo lationoamericano, y lo sataniza. Resulta increíble que ni Alemania ni Francia calculasen que una buena parte de la población de Ucrania es rusa por tradición, por cultura, por lengua. En la sociedad occidental hay un racismo latente, aunque solo lo exprese de modo grosero la extrema derecha".

Frente al consumismo y la comunicación permanente, frente al "discurso de los medios y la consigna", Castro busca la conexión con la tierra, con la vida, con lo oscuro, la sombra, la negatividad... Un pensador muy citado en sus conversaciones más recientes es el ensayista coreano asentado en Alemania Buyng Chul-Han, pese a que no deje de considerarlo un "autor menor". 

De él dice que es un "conservador antropológico", definición que no desagrada al propio Castro: "Para conservar lo que merece la pena hay que ser radical. Lo vemos en Pasolini, en Heidegger, en Nietzsche, en John Berger...".       (   , El País, Santiago 24 FEB 2015)

29/12/10

Galicia destierra a sus investigadores... a unos 300... casi todos los que hay

"Pero la Xunta ha dado un giro a su política con los investigadores, que ni siquiera tienen asegurada las becas con las que solían contar hasta ahora. (...)

La nueva filosofía que proclama la Administración gallega es que no se pueden crear falsas esperanzas en estos investigadores y que solo puede haber ayudas para aquellos a los que pueda absorber el sistema universitario.

Eso, y que la investigación tiene que ser productiva, por lo que se potenciará en las empresas en detrimento, previsiblemente, de la universidad, según palabras del propio conselleiro de Economía, Javier Guerra:

"Las becas Ramón y Cajal en toda España son 250; se estaban ofreciendo en Galicia entre 70 y 80 de este tipo y parece que no tiene un especial sentido. Eso no se puede mantener a largo plazo".

Quienes han terminado sus tesis doctorales o están a punto de hacerlo y contaban con conseguir un contrato gracias una convocatoria posdoctoral similar a la de otros años, pueden tenerlo casi imposible para continuar investigando. (...)

Esto se une a la ley de reforma laboral aprobada el pasado septiembre, que imposibilita los contratos por obra y servicio durante más de tres años.

Muchos investigadores mantienen este tipo de relación con las universidades, que no pueden hacerlos fijos, tal y como establece la ley, a partir del tercer año. Cuando finalizan estos contratos, a los investigadores no les queda otra opción que las becas. O eso, o abandonar su investigación.

El colectivo de investigadores Precarios, lleva meses denunciando esta situación. Argumenta que todo el tiempo y la inversión que se ha hecho en unos 300 investigadores puede irse al traste. Estos son algunos casos.

- Armand Hernández, geólogo. Acabó su tesis doctoral en septiembre. Se apresuró en hacerlo en esas fecha porque era en las que solían convocarse las becas posdoctorales. Pero sigue esperando y asume que lo tiene muy difícil. Ya está buscando trabajo en el extranjero.

Pero sabe que tiene que ser en una universidad, porque su estudio sobre el cambio climático a través de la sedimentación en los lagos tiene difícil encaje en la empresa.

- Ronald Teijeira, informático. Su contrato con la universidad para finalizar su tesis doctoral acaba en junio. A partir de ahí, no puede renovar porque cumple tres años por obra y servicio. Su futuro como investigador pasaría por una de las becas a las que probablemente no pueda acceder. Trabaja en sistemas de búsquedas web.

Hay pocas empresas que puedan aprovechar sus investigaciones, pero al menos, existen, no como les sucede a algunos compañeros. Si se marcha al mundo privado, todo el capital invertido en él hasta ahora revertiría en una empresa.

- Saúl Beceiro, astrofísico. Está finalizando su tesis doctoral. "Lo que nos dicen siempre en la Xunta es que todos queremos ser funcionarios. Yo no tengo ningún interés, pero la carrera investigadora pasa por la universidad y todos son puestos de funcionario.

Qué más quisiera yo que tener puesto de investigación que no pasase por la función pública", explica. En su caso, su investigación sobre reacciones en estrellas tiene muy difícil aplicación práctica hoy por hoy.

"A lo mejor dentro de años puede servir para algo, como investigaciones de hace décadas han sido fundamentales para curar el cáncer", apunta. Tiene sobre la mesa una oferta de trabajo para irse dos años a un laboratorio alemán.

Prefiere quedarse, porque al marcharse perdería vinculación con su grupo de investigación de aquí y le resultaría muy difícil volver a Galicia. Pero es muy posible que no le quede otro remedio.

- Paloma Díaz, física. Lleva dos años y dos meses con un contrato por obra con la universidad y si quiere acabar su tesis doctoral solo lo podrá hacer con una beca. De lo contrario, tendrá que terminarla sin ningún tipo de subvención. Su campo de investigación sobre núcleos tiene, según reconoce, difícil explicación para un lego en la materia.

Y esta es la razón por la que aspira a quedarse en la universidad. Fuera de ella, difícilmente podría realizarla. Pero la Xunta, con el plan de Innovación, investigación e crecemento que aprobó esta semana, busca resultados y reverter en la sociedad su inversión, algo que no siempre consigue a corto plazo." (El País, Galicia, 26/12/2010, p. 5)

"Nin unha soa bolsa de investigación en todo 2010. A Xunta remata o ano sen convocar nin unha soa nova praza ou renovar as bolsas para os mozos que sosteñen o I+D.

Nas súas mobilizacións de decembro, os mozos investigadores denunciaron que as bolsas convocadas pola Xunta caeron de máis de 500 co bipartito a 15 durante 2010. Agora, a Asociación de Investigadores Parga Pondal denuncia que nin se quera se convocaron esas 15 prazas." (Galicia Confidencial, 03/01/1011)

17/12/10

"Nefasta I+D+i da Xunta"... que aplauden los empresarios

"Los empresarios aplauden la nueva orientación de la I+D de la Xunta. 500 investigadores en paro protestan en la calle por la ausencia de becas.

Los empresarios se alinean al 100% con la nueva orientación que la Xunta quiere imprimir al que será el Plan de Investigación, Innovación y Crecimiento 2011-2015. Aunque más que un plan, como lo califica la Dirección Xeral de I+D, es "un documento de intenciones", según varios científicos consultados.

(...) es muy positivo que "haya una mayor incidencia de ayudas a la I+D en el ámbito empresarial", y se persigan más resultados que puedan traducirse en el mercado con mayores ingresos, "porque son las empresas las que generan valor y empleo". (El País, Galicia, 17/12/2010, p. 5)

"Laboratorios baleiros e proxectos que se paralizan. Este é o futuro que lle auguran os mozos inves­tigadores á ciencia en Galicia. Baixo o lema "A sociedade galega rexeita a nefasta política de I+D+i da Xunta porque lastra o desenvolvemento de Galicia", máis de medio milleiro de persoas manifestáronse onte ante a Xunta para protestar pola "mísera" convocatoria de 15 prazas para o programa Parga Pondal que realiza a Xunta para este ano.

Precarios-Galicia estima que uns trescentos investigadores descoñecen se terán traballo nos vindeiros meses." (Galicia Hoxe.com, 17/12/2010)

"En el aire el futuro de casi trescientos investigadores. Según los cálculos de Precarios Galicia, este año deberían de entrar en el sistema unos 70 investigadores y otros tantos tecnólogos. Además, unas 135 personas no podrán ascender en el itinerario de la carrera científica al tener que pasar de un programa a otro para el que no habrá convocatoria.

Actualmente en Galicia unas 850 se benefician de los programas financiados por la Xunta de Galicia. Armados con pancartas de con lemas como 'Más ciencia y menos paciencia' o 'Investigadores en paro, la Xunta no nos quiere', los manifestantes subrayaban ayer que el problema transciende el ámbito laboral. Temen que, con excusa de la crisis, se desmantele el sistema científico gallego que estaba comenzando a asentarse." (El Correo Gallego.es, 17/12/2010)

23/1/10

No hay dienro para la Universidad...

"La Xunta impulsó en los años 90 el desarrollo del Sistema Universitario Gallego (SUG), con la creación de las universidades de Vigo y A Coruña a partir de los centros segregados de la de Santiago. La idea era hacer del SUG un factor clave del desarrollo futuro de Galicia. Las universidades reaccionaron poniéndose en marcha y confiando en que, a lo largo del camino, se les proporcionaran los medios para culminarlo porque no somos tan listos como para hacer lo mismo que alemanes, ingleses o franceses con la mitad de los recursos (aquí en torno a un 0,6% y allí a un 1,2% del PIB).

Pero, aunque la cosa empezó bien, se gafó muy pronto. En 1999 se cerró un modelo financiero que, asegurando un suelo, establecía una mejora progresiva de la financiación del SUG por incrementos del módulo por alumno pero, como desde ese mismo año el número de alumnos cayó en picado, lo más valioso del plan fue el suelo.

Allá por 2004 un nuevo plan de financiación añadió fondos complementarios afectados a objetivos y estableció un nuevo suelo que evolucionaba en función de los ingresos no financieros de la Xunta. Estos crecían entonces a tasas muy superiores al IPC gracias a la exuberante recaudación fiscal de la bonanza, pero en 2008, con la crisis, el crecimiento pasó a ser negativo. Al menos quedaba la promesa del bipartito de que al final de la década el gasto universitario en Galicia se situaría en el 1% del PIB. Como en 2007 aquél rondaba el 0,68% de éste, el margen de mejora era tan enorme como pasar de 378 a 553 millones de euros.

Pero el gafe continuó: "La crisis hace imposible cumplir ese compromiso", se dijo. Se mejoró, pero en 2009 en vez de llegar al 1% esperado nos quedamos en el 0,71%: 434 frente a 608 millones. Y en este contexto llega el presupuesto de la Xunta para 2010 que destina al SUG 424 millones de euros, un 2,39% menos que en 2009 aunque, al reducirse el PIB por la recesión, esa cantidad pueda suponer una ligera mejora en relación con éste.

Tras 10 años de intentar que los que alentaron la expedición de las universidades a la luna (y ya han sido todos) las provean de recursos suficientes consiguiendo sólo que la financiación pase de un 0,6% a un 0,72% del PIB, es lógico esperar que las tripulaciones, aún embarcadas en su viaje sideral, avisen a Houston de que hay un problema.

Pero el problema ya no es la financiación sino la misión misma del SUG. Ya no es sólo una cuestión de recursos sino de modelo, porque el que construíamos, al tiempo redundante y excelente, es una quimera si la prioridad que los discursos dan a la educación y a la innovación no es capaz de competir en las cuentas gallegas con la asistencia socio-sanitaria o las infraestructuras.

Las universidades acaban de demostrar sentido común y voluntad de país buscando acuerdos entre ellas, pero la dicotomía entre objetivos y recursos no se resuelve con ese gesto, necesario pero no suficiente. La Xunta debe recordarlo." (XOSE MANUEL VILLANUEVA: Houston, tenemos un problema. El País, ed. Galicia, Galicia, 22/01/2010. p. 7)

15/1/10

Tres universidades... tres aeropuertos... siempre tres...

"P. ¿Cómo se toman los tira y afloja de los ayuntamientos dentro del partido?

R. Es que no hay tira y afloja. Cuando el alcalde de A Coruña empieza a hablar de temas como la facultad de Medicina es normal. Que un alcalde tenga una visión local entra dentro de lo normal, lo asumible y lo comprensible. Que por encima de eso no haya una visión global y una capacidad de tomar decisiones globales, eso sí es un problema. (...)

Hay un tercer motivo de preocupación, que es lo que está pasando con nuestra universidad. Se acaba de reconocer como referencia europea y resulta que no puede llegar a final de mes. Para nosotros es un motivo de preocupación grave. Estoy convencido que en el resto de los ámbitos como el aeroportuario, hay razones objetivas que siempre van a inclinar la balanza hacia nuestro lado, siempre, pero el tema universitario es en estos momentos el más amenazado. Después de 514 años sigue siendo una estructura frágil. Lo único que a día de hoy no ha enfocado su futuro es la universidad.

P. ¿Rectificará la Xunta?

R. Estoy seguro de que sí. Y si no, el precio que pagará Galicia va a ser terrible. Sería terrible que España reconociera Santiago como una universidad de referencia y la Xunta le negara esa condición. Todos tendemos a repartir, pero cuando los recursos son escasos hay que establecer prioridades.

P. ¿Hemos creado un sistema insostenible?

R. Llevamos 24 años recibiendo una importantísima ayuda de la UE. Debemos hacernos la pregunta de que si los recursos son escasos qué es lo que conviene hacer: priorizar aquello que puede ser útil para el futuro o intentar aguantar con aquello que no sabemos si vamos a poder sostener.

Si en lugar de invertir bien los recursos escasos los dispersamos y duplicamos y triplicamos y cuadruplicamos y quintuplicamos las cosas que hacemos, que el resultado no va es ser bueno está cantado. ¿Va a ser insostenible? Es una afirmación que no quiero hacer, pero desde luego eso sería sostenible contando con ayudas muy importantes. Estamos asentando todo un sistema en la mendicidad permanente." (El País, ed. Galicia, Galicia, 04/01/2010, p. 3)