Mostrando entradas con la etiqueta PLANIFICACIÓN TERRITORIAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLANIFICACIÓN TERRITORIAL. Mostrar todas las entradas

19/4/16

"Galicia precisa dun modelo territorial de aquí a 10, 20, 30 ou máis anos vista"

"Falta a valentía desde os poderes públicos de faceren fronte á desfeita territorial de forma radical, o que non significa que teña que ser algo inmediato, pero si decidido. Noutras palabras, Galicia precisa dun modelo territorial e un plan nacional de desenvolvemento, un referente, unha guía, sabermos como queremos ser e onde queremos chegar de aquí a 10, 20, 30 ou máis anos vista".

  Xoán Paredes é xeógrafo especializado na Europa Atlántica e no ordenamento territorial e dende que se fixo público o anuncio do proxecto de fusión entre os concellos de Cotobade e Cerdedo se amosou moi crítico coa iniciativa. Non só con esta fusión concreta (que si analiza moi negativamente) senón coa ausencia dunha acción decidida de cara a planificar estratexicamente o territorio.

Pontevedrés e nacemento, viviu moitos anos en Cataluña e Irlanda, onde defendeu a súa tese, centrada na organización territorial de Galicia entre 1950 e 2004. Reclama unha acción decidida da Xunta para impulsar unha planificación territorial estratéxica para as vindeiras décadas.

 "Claro, isto necesariamente implicaría desmontar por arrastre moitos chiringuitos, moitas redes clientelares, enfadar a moita xente, e xa sabemos que nada diso é politicamente rendíbel", sinala. Aínda que subliña que "a nivel popular este debate sería abraiante, pois a forma que temos os galegos e galegas de relacionármonos coa nosa xeografía é moi peculiar e apaixonada, diferente á doutros lugares". "Pensemos nisto como unha construción colectiva da Galicia futura", conclúe.

O vindeiro venres 22 de abril Paredes ofrecerá en Pontevedra, xunto con Rita Iglesias (veciña de Cerdedo e integrante da plataforma Non á fusión Cerdedo-Cotobade) unha palestra organizada pola asociación Amig@s da Cultura. Será no Centro Social do Gorgullón (Rúa Pedro Sarmiento Gamboa, 7), a partir das 20 horas.

A actual estrutura administrativa galega axústase a realidade do país? En que dirección deberían orientarse os cambios?

A estrutura territorial vixente ven derivada das reformas municipais e provinciais de 1833 a nivel estatal. É dicir, o modelo actual de municipios e provincias foi en grande parte un invento imposto, inspirado á súa vez na organización centralista francesa.

 Tamén tivo problemas noutras partes do Estado, mais no noso caso rachou con estruturas tradicionais provocando uns desequilibrios que aínda sufrimos hoxe en día e que seguiremos sufrindo, pois ese marco espacial eivado non responde á xeografía, psicoloxía, nen necesidades do país, nen case 200 anos máis tarde nunha sociedade xa diferente. Cando fozas en algo tan íntimo e conservador como o propio espazo no que vives, a túa “paisaxe cultural”, ou o arranxas ou ten que pasar muito máis tempo, pero perdendo polo camiño unha grande parte da túa identidade.

Alternativas hai varias pois é un debate moi vello e, como comentei, a Galicia de hoxe en día non é a Galicia daquela, así que o máis importante sería, antes de nada, decatármonos de que o que temos non funciona e que é preciso mudalo. A partir de aí pódense explorar alternativas como a proposta parroquia-comarca funcionando como eixo local-rexional, eliminación das provincias, etc. Sempre dentro dun proceso amplo, aberto e transparente, que levaría tempo e paciencia, pero que estimo indispensábel.

Galicia dispón na actualidade das ferramentas legais e competencias para levar a cabo unha reforma axeitada desta ordenación territorial? 

Dispomos de lexislación infrautilizada, derivada do artigo 27, puntos 2 e 3, do Estatuto de Autonomía, que lle outorga á Xunta o poder de organizar as parroquias, municipios e comarcas a vontade, así como competencias en ordenamento territorial. 

Chegados a este momento, quen me dera que polo menos se utilizaran esas competencias ao límite, algo que nunca se fixo independentemente da cor política porque nunca houbo unha idea clara a longo prazo desde o Goberno Galego, nunha houbo unha visión estratéxica, ou se a houbo baseábase en non trocar o demasiado o estado das cousas e non dar guerra.

Falando do tipo de reforma profunda que en verdade precisaríamos aí si ficamos curtos. Por exemplo, as provincias non tocan sen permiso do Estado pois para iso son o seu instrumento. Dubido que o proceso que a Galicia debería encetar poida ter lugar dentro dese marco estatal. Aínda así, repito, nin somos quen de aproveitar o que xa temos, sexa por inoperancia interna ou presións externas. En calquera caso é un desastre. 

O máis grave é a falta de reflexión existente en Galicia sobre esta situación e sobre como tratar a ordenación territorial do país de cara ás vindeiras décadas?

Reflexión haina, igual que contestación desde 1833. Desde as revoltas contra o centralismo até as consideracións de “clásicos” como Castelao ou Pedrayo, chegando a toda unha morea de debates académicos, estudos, teses, traballos, e moitas conversas en bares. A meu ver falta a valentía desde os poderes públicos de faceren fronte á desfeita territorial de forma radical, o que non significa que teña que ser algo inmediato, pero si decidido.

 Noutras palabras, Galicia precisa dun modelo territorial e un plan nacional de desenvolvemento, un referente, unha guía, sabermos como queremos ser e onde queremos chegar de aquí a 10, 20, 30 ou máis anos vista. Ten que ser algo minimamente consensuado entre todos e todas e que dispoña de mecanismos de autocorreción, que sirva de directriz para outros plans complementares e menores, incluídos os locais.

Aí entra en xogo a chamada planificación territorial estratéxica, que non é nada novo e que implicaría, en primeiro lugar, observar como se fan estas cousas en lugares parecidos a nós e irmos aprendendo. É por definición un proceso lento, pausado, meditado, pero que unha vez comeza non pode ter marcha atrás. 

Senón continuaremos como sempre dando voltas e remendando con máis leis do solo. Claro, isto necesariamente implicaría desmontar por arrastre moitos chiringuitos, moitas redes clientelares, enfadar a moita xente, e xa sabemos que nada diso é politicamente rendíbel.

Quen debería iniciar ou estar detrás dese proceso? Temos quen o poida facer? 

A Xunta dispón dos poderes e capacidade para colocar a idea na opinión pública, chamar a diálogo ás universidades e especialistas, facer consultas, preparar informes, etc. É un proceso técnico complexo que iría alén dos catro anos electorais pero por fortuna moi ben definido, feito e contrastado noutros lugares.

 Hai toda unha serie de etapas que van desde a idea inicial até a implementación final, tendo despois  un mecanismo de seguimento e axuste, sempre de cara á cidadanía e contando con ela.
En verdade, unha vez iniciado un proceso así despois temos as vías para decidirmos se queremos deputacións ou non, fusionar concellos ou non, comarcalizar ou non, e como.

 Pero ten que ser entre todos e todas e cun seguimento profesional escrupuloso, sabendo que existen equilibrios delicados, que nos podemos equivocar e que nalgunha altura teremos que rectificar. Non pasa nada. 

Pensemos nisto como unha construción colectiva da Galicia futura. Coido que a nivel popular este debate sería abraiante, pois a forma que temos os galegos e galegas de relacionármonos coa nosa xeografía é moi peculiar e apaixonada, diferente á doutros lugares. As nosas referencias espaciais, sexan marcos de leiras, parroquias, barrios, rúas, cidades ou concellos están sempre presentes nas conversas diarias. Ese tema está aí sempre dalgunha forma, é parte do noso cerne cultural. É cuestión de pulilo e traballalo. 

Como comparas a situación que se dá en Galicia aqui coa que se deu nas reformas territoriais en Cataluña, por exemplo?

Partimos da base de que falamos de países diferentes, con culturas, sociedades, pasado, xeografía e estruturas territoriais previas diferentes. Por exemplo, a reforma territorial estatal do S.XIX tamén foi imposta á forza alá, pero afectou de forma diferente; foi máis alieníxena para nós.

 Para nós as referencias deberían ser países da nosa contorna xeográfica, que é a Europa Atlántica, onde temos moito que observar en lugares como o Norte de Portugal, Irlanda ou mesmo Dinamarca. 

Iso sí, na Cataluña houbo cando menos esa vontade transformadora, e eles decidirán se saiu ben ou mal, mais hai traballo feito. Tamén é certo que dispoñen da capacidade (económica, entre outras cousas) de crearen estruturas en paralelo ás estatais, facilitando a desconexión e reorganización interna, utilizando o seu teito competencial ao máximo como punto de partida. 

Como valoras o plan de comarcalización levado a cabo polo Goberno de Fraga, con escaso desenvolvemento e hoxe posto en cuestión?

O plan de comarcalización Fraga-Precedo de 1997 sempre foi criticado por ser pouco ambicioso. Foi acusado de covarde por non rachar cos límites provinciais, pola propia división comarcal, por estar adecuado a redes preexistentes, polo posíbel uso electoralista dos orzamentos e centros comarcais, etc. 

Claro que ese plan non podía funcionar pois nacía eivado, pero tamén debemos ser xustos e admitir que foi unha tímida tentativa de facer algo diferente, de potenciar unha serie de dinámicas inter-municipais embora responderan a un único señor. Acho que a comarcalización por si mesma non está en dúbida, máis ben fracasou unha forma de facela que respondía a un impulso moi particular. 

 Desaparecido Fraga pouco sentido tiña continuar con ese proxecto en concreto, como se da Cidade da Cultura se tratara. Realmente a comarcalización morreu de inanición. O triste deste caso é que en política territorial – encanto á visión global do territorio – Feijoo case que está facendo “bo” ao Fraga, que é moito dicir! [risos]

É a concentración municipal unha solución contra o despoboamento do rural?

Da concentración municipal non sabemos nada, eis o asunto. Fálase de fusionar concellos alegremente sen memorias xeográficas profesionais, sen informes e estudos de campo, sen proxeccións a longo prazo, sen comparativas, sen nada. É só palabras nas bocas de políticos.

Cando se fala de concentrar concellos habería que analizar cada caso até o último detalle e poñer en marcha ese mecanismo de planificación estratéxica. Á vez, habería que estudar o impacto sobre o resto do territorio galego: que novos fluxos se crearían, que dinámicas, que novos desaxustes en caso de as novas xurisdicións competiren rexionalmente coas preexistentes, e tantísimos etcéteras.

Aínda así continuaríamos obviando o problema raíz, que é que a organización administrativo-territorial galega en xeral necesita ser reformada seguindo un modelo territorial mestre, e que calquera cousa que se faga antes diso será sempre un remendo momentáneo

. Insisto tamén en que todo isto debería ser algo no que comecemos a traballar xa pois é por natureza un proceso moi demorado e imos chegando tarde. O despoboamento rural é algo complexo que responde a moitas causas e por concentrar concellos aquí e acolá non imos resolver nada automaticamente. Pode saír ben no momento e no lugar, ou mal. 

Como valoras, en concreto, o proxecto de fusión municipal entre Cotobade e Cerdedo?

Entre brincadeira e xogo de ruleta rusa, na liña do dito antes. Tiven a oportunidade de revisar o Informe Xustificativo emitido por Cerdedo e non sabía se rir ou chorar. Como escribin noutros sitios, ese texto non pasa dun documento autocompracente sen valor técnico, unha sucesión de lugares comúns e raciocinios disparatados.

 En resumo, basean todo en que tendo máis poboación van recibir máis diñeiro da Xunta, e tan felices, perpetuando a mentalidade do subsidio eterno, sen a máis mínima explicación ou autocrítica do que fixeran e puido ter fallado antes. O caos derivado do anuncio da fusión demostra a tensión á que se someten os diferentes actores territoriais cando falamos de algo tan serio e transcendente como poñer de patas para o ar, ás presas e ás agochadas, o sitio onde a xente vive."                    (Marcos Përez Pena, Praza Pública, 16/04/16)

3/9/13

El PP echa a los monjes de un convento para convertirlo en un macrohotel

Convento de Herbón. / ÓSCAR CORRAL

 "Los últimos dos frailes que a diario limpiaban de maleza, cuidaban y ventilaban los 48.000 metros cuadrados de piedra y memoria del convento de Herbón, en Padrón, ya tienen preparada la maleta. Miguel Ángel Barreiro, que llevaba solo dos años en la casa, tendrá como nuevo destino la comunidad de Ponteareas.

El prior, Roberto Freire, se irá después de seis años a la vera del Ulla a engrosar el pequeño grupo franciscano que hace poco tiempo se hizo cargo de la iglesia de O Cebreiro. 

Con la marcha de estos dos religiosos, se cierra una comunidad que permanece abierta, de forma casi continuada, desde hace seis siglos, y que cambió la economía local cuando introdujo el cultivo de un pimiento picante procedente de las misiones franciscanas en la zona fronteriza entre Estados Unidos y México.

La comunicación interna del provincial de los franciscanos, José Antonio Castiñeira, notificándoles la marcha e informando escuetamente que la casa “se gestionará pastoralmente desde Santiago” se produjo el viernes 26. Casualmente tres días después de expirar el plazo en el que Patrimonio tenía que decidir declarar, o no, el histórico cenobio Ben de Interese Cultural (BIC).

Hacía 15 días que los representantes del convento (solicitantes con diversos colectivos culturales de la catalogación del monumento fundado en 1396) habían pedido una entrevista en la Xunta para conocer la suerte del edificio. Hoy, sigue siendo un misterio para ellos la decisión que ha tomado Patrimonio, pero de ella dependía que la guerra declarada en la parroquia cesase o se recrudeciera.

Desde 2009, poco después de que un grupo inmobiliario compostelano tantease a la orden para convertir el edificio en un macrohotel de lujo, varias asociaciones piden para el conjunto de Herbón el título de BIC. Esta declaración era crucial, según argumentan, para lograr diversas subvenciones institucionales, incluido el 1% del Ministerio de Fomento, que se destinarían a la restauración urgente del inmueble, que amenaza ruina. 

El enfrentamiento entre los frailes y estas asociaciones por una parte, y el alcalde popular, Antonio Fernández Angueira, junto con un grupo vecinal por otra, estalló precisamente por esta causa. Ni el regidor local ni los socios de la vieja cooperativa Pimerbón, gobernada por el exconcejal del PP José Rivera Magariños, querían para el lugar lo que ellos llamaban la “afectación” que conllevaría una distinción patrimonial de tal calibre.

Rápidamente, según los partidarios del BIC, una voz con intereses poco claros extendió rumores entre los parroquianos. Empezó a circular que la Xunta obligaría a derribar galpones e invernaderos ilegales; que nadie iba a poder poner un ladrillo sin que mediasen mil quebraderos administrativos; que los propietarios de las plantaciones de pimiento tendrían que tapar la vista de los plásticos con un cierre de tuyas. 

Y entonces se declaró la guerra. El prior advertía hace un año que algún día terminaría contando todo lo que pasó y señalando a los protagonistas, pero ahora permanece en silencio.

 Entonces le podía la rabia. Le acababan de envenenar a los dos perros, y la más alegre, una pastora de nombre Alma, no llegó viva a la clínica veterinaria, fulminada por una potente dosis de estrictina disfrazada en la comida. El labrador, Simba, se recuperó.

Además, en horario nocturno y con voces distorsionadas, los frailes, que entonces eran tres e incluso habían llegado a ser cinco, recibían llamadas anónimas con amenazas. Una de estas les anunció la muerte de los canes. Otras, que iban a lograr echarlos de allí, y que harían llegar a los superiores de la orden informaciones sobre su vida personal con el propósito de desacreditarlos.  (...)

“Los que alimentaron esta guerra sucia han ganado otra batalla, pero no son conscientes de lo que perderán si se muere el convento”, dice un miembro de uno de los colectivos. “El alcalde presionó de forma tremenda al provincial de la orden para echar al prior, se lo exigió expresamente en una reunión”, asegura Manuel Dios, presidente de Educación para a Paz. “Y la orden se ha plegado a sus intereses”.               (El País, 01/08/2013)

19/5/09

Los aeropuertos proyectan ampliarse mientras pierden pasajeros y dinero

"...los aeropuertos son rentables operativamente a partir de un número determinado de pasajeros. Entre un millón y un millón y medio, según cálculos del sector. En aquella proyección realizada por Cataluña, en Galicia ganaban Vigo y Santiago, y perdía A Coruña. Las cosas han cambiado bastante en los últimos años. Oporto, con 4,5 millones de pasajeros el año pasado, creció un 14% y se está convirtiendo en un serio competidor.

Tiene medio millón de clientes gallegos y, según un estudio de la consultora RL&L, dentro de cuatro años serán un millón. "A partir del millón de pasajeros las cifras comienzan a cuadrar. Creo que en Galicia todavía se mantiene la rentabilidad de los aeropuertos que, además, cumplen una función vertebradora", señala Rubén López, su director.

Lo cierto es que Oporto ofrece 56 destinos frente a los 20 de la red gallega. Con la situación económica actual cada vez serán menos: este año se estima que las compañías reduzcan entre un 12 y un 15% su oferta de líneas regulares. Eso significa que caerán los ingresos por servicios de handling, que agrupa casi todo lo que un avión necesita desde que aterriza hasta que despega. Aunque las inversiones en infraestructuras continúan.

A Coruña ampliará su pista de aterrizaje a través de un proyecto envuelto en la polémica, tanto política como entre los municipios del área metropolitana. Todos cuestionan unas expropiaciones que alcanzan los 200.000 metros cuadrados y el impacto ambiental y la huella sonora que generará en el entorno de Oleiros, Culleredo y Cambre. Vigo construye un gran aparcamiento que triplicará el número actual de plazas. En su plan director se proyecta una nueva terminal de pasajeros mayor.

Mientras esto sucede, el tren de Alta Velocidad avanza lentamente desde Madrid. UGT calcula que cuando sea realmente operativo, llegarán 22 máquinas diarias con capacidad para llevar 300 pasajeros cada una y una ocupación del 80%. "Aquí pasará como ocurrió en Barcelona o en Sevilla. El 25% de los usuarios del AVE serán personas que antes se movían en avión", asegura Cándido Rodríguez, responsable de Transporte del sindicato.

Echando cuentas significa que los tres aeropuertos perderán 1.440 pasajeros diarios, más de medio millón al año.2 (El País, ed. Galicia, Galicia, 17/05/2009, p. 1/2)

9/10/08

Un futuro sin planificación, para la Transcantábrica, para el AVE, como con la autopista…

“Las infraestructuras valen, entre otras cosas, para mejorar la seguridad y la accesibilidad, para impulsar el PIB, para reequilibrar el territorio y, en primer término, algo que se olvida normalmente, valen para ordenar el país. No se cuestiona hoy en día la influencia ejercida sobre el PIB por el sistema atlántico, de Ferrol a Tui. Ha producido riqueza y, admitámoslo, también desorden, sobre todo en el basculamiento hacia las áreas litorales. ¿Cuál sería el beneficio si se hubiese dado algún tipo de ordenación urbanística simultánea a la ejecución de las infraestructuras?

Pues bien, en España y en Galicia esto no se hace. Las viejas carreteras de la red estatal se han ido convirtiendo en calles, a modo de ejes de la expansión residencial periférica para evitar los gastos de urbanización. Una vez colapsadas, se programan costosas variantes que no tienen en cuenta un factor muy importante: conjuntar los planes generales de las ciudades con los municipios colindantes para evitar una nueva dispersión del crecimiento y una competencia desleal entre ayuntamientos limítrofes en materia residencial y en movilidad. Por otro lado, las rondas, los periféricos en tanto que sistemas alternativos al tráfico de las ciudades, se proyectan sin una visión urbanística, como simples infraestructuras para pasar coches, prescindiendo de su capacidad ordenadora del crecimiento.

Otro ejemplo de la falta de relación entre infraestructuras y planeamiento es la Transcantábrica, por citar una de las últimas autovías. (…)

Es fácil comprobar cómo se cizalla la rica red de caminos tradicionales que, de reponerse, permitirían disfrutar de sendas para promover un turismo rural y de montaña obligado ahora a transitar por las carreteras. Además, se actúa como nuevos ricos al dejar como tierra quemada las viejas vías. (…)

Esa red presencial permite desarrollar todo tipo de enlaces, fundamentalmente entre los sistemas urbanos, y ello supone que nuestro esquema policéntrico de ciudades, rico por la dinamización multipolar del territorio pero de costoso mantenimiento, pase a ser un sistema único. Sistema esencial para que el trinomio ciudad-universidad-empresa pueda cooperar de forma bilateral o multilateral y entrar así de lleno en las organizaciones europeas y mundiales.

Aún más, en relación con el tren de alta velocidad, la obsesión por los plazos impide enfatizar el interés de las estaciones terminales, normalmente intermodales, como nodos que articulen buena parte de la movilidad en cada una de las ciudades. Todas ellas van a estar a menos de una hora de desplazamiento. Pero ¿alguien se está preocupando de crear las bases políticas de esa metrópoli única, multipolar? ¿Quién pone a trabajar a las ciudades con esta nueva dinámica?

Cada metro cuadrado de asfalto, cada metro lineal de raíl es una oportunidad única para poner en red ciudadanos y mercancías y para ordenar el país.” (XERARDO ESTÉVEZ: Infraestructuras ¿para qué?. El País, ed. Galicia, Galicia, 05/09/2008, p. 4)

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Infraestructuras/elpepiautgal/20080905elpgal_10/Tes/