Mostrando entradas con la etiqueta Emigración: inmigrantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emigración: inmigrantes. Mostrar todas las entradas

19/1/25

Rural e con alta natalidade: Lourenzá, Meira... nestes concellos si hai nacementos... en Lourenzá, o número de traballadores de orixe estranxeira representan xa o 9% da poboación do concello... en Meira, as persoas procedentes do estranxeiro xa supoñen o 12,6% da poboación

 "O 2023 (último ano con datos oficiais) pechouse cun mínimo de nacementos na serie histórica en Galicia: 14.004 nenos e nenas, case seis mil menos que dez anos antes. O descenso afecta a todo o territorio, dende as cidades ata os concellos menos poboados, pero é nas zonas rurais onde este descenso da natalidade ten efectos máis visibles, deixando moitas localidades sen apenas nacementos. 24 concellos tiveron menos de dez inscricións de bebés nos últimos cinco anos, unha listaxe na que destaca A Teixeira (ningún nacemento dende 2018) ou Negueira de Muñiz, Gomesende, Parada de Sil, Pontedeva, Muras, A Arnoia, Quintela de Leirado e Carballeda de Avia, todos con menos de cinco nacementos en cinco anos.

A falta de nacementos acrecenta o envellecemento de todos estes lugares, situados en Ourense ou en zonas montañosas da provincia de Lugo e déixaos sen infancia ou cunha xeración nova moi reducida, á espera unicamente da posible chegada de familias con crianzas en idade escolar dende outros territorios.

Porén, non toda a Galicia rural rexistra esta escaseza de nacementos. Hai varios concellos que presentan nos últimos anos taxas de natalidade que mesmo superan a media galega. 

Nalgúns casos esta circunstancia é froito da casualidade (a coincidencia no tempo de varios nacementos en familias da localidade) e constitúe un fenómeno efémero, con cifras que non se volven repetir en anos seguintes. Pero noutros estamos ante tendencias consolidadas, favorecidas por algún contexto favorable que fai máis atractivo vivir nun concello para familias novas (abundancia de postos de traballo, bos servizos públicos, boas comunicacións...) ou por medidas incentivadoras postas en marcha polos gobernos municipais.

Galicia presenta unha taxa de natalidade de 5,38 nacementos por cada mil habitantes (datos de 2023). Un total de 75 concellos superan ese dato tomando como referencia os datos de 2021, 2022 e 2023 e facendo unha media entre eles para evitar as distorsións que puntualmente pode provocar un ano con moitos ou con poucos nacementos. A maior parte pertencen ás provincias de Pontevedra e A Coruña e corresponden a localidades das contornas das grandes cidades ou a vilas situadas en comarcas. A listaxe, de feito, está encabezada por Salceda de Caselas, Ribadumia, Mondariz-Balneario, Oroso e O Porriño.

Pero nela tamén aparecen concellos situados lonxe das zonas urbanas, algúns deles claramente rurais e afectados polo envellecemento e o despoboamento. É o caso de Larouco, con dez nacementos en tres anos (unha cifra notable para un concello de 444 habitantes) ou Verea, outra pequena localidade ourensá de 964 habitantes que sumou 20 nacementos entre 2021 e 2023.

Destacan tamén varios concellos lucenses, como Lourenzá (41 nacementos en tres anos nunha localidade de 2.115 habitantes), Triacastela, Láncara, Meira, A Pastoriza, O Valadouro ou Castro de Rei.

E tamén localidades como Curtis, eminentemente rural cunha economía na que se mestura a produción agrogandeira coa actividade insdustrial, que é despois de Oroso o concello coruñés cunha maior taxa de natalidade.

En Pontevedra chaman a atención os datos de Rodeiro, na comarca do Deza, con 41 nacementos en tres anos para unha poboación que supera por pouco os dous mil habitantes. Ou tamén os do Rosal, no Baixo Miño, unha localidade principalmente rural, con grande importancia da produción vitivinícola, que sumou 128 nacementos en tres anos nunha poboación de 6.431 habitantes.

En total hai unha quincena de concellos maioritariamente rurais que no período 2021-2023 tiveron unha taxa de natalidade e unha taxa de fecundidade (número de nacementos por cada mil mulleres entre 15 e 49 anos) superiores á media galega: 5,38 e 27,05, respectivamente. 

O caso de Verea, en Ourense, é especialmente significativo. Trátase dun concello -situado na raia seca con Portugal, a 9 minutos de Celanova e a 27 minutos do centro de Ourense- moi pouco poboado (955 habitantes o 1 de xaneiro de 2024), pero que chama a atención porque dende o ano 2020 vén rexistrando un importante ascenso, dende as 912 persoas que estaban rexistradas nese momento. Algo bastante pouco usual para unha localidade rural que, ademais está moi envellecida: o 49,7% da súa poboación ten máis de 65 anos. Verea sitúa como obxectivo recuperar o nivel dos mil habitantes que perdeu en 2016 e que lle daría dereito a máis ingresos.

Algo comezou a mudar nesta localidade nos últimos anos. Gobernado polo PSdeG-PSOE entre 1987 e 2007 e polo PP entre 2007 e 2019, nese ano Xosé Antonio Pérez Valado (BNG) converteuse en alcalde con tres dos sete concelleiros e catro anos máis tarde obtivo unha esmagadora maioría absoluta co 87% dos votos e os sete edís en xogo.

Na súa xestión aparecen as mesmas axudas por nacemento ou adopción que moitos concellos ofrecen -dende o 2021 Verea achega 300 euros ás familias que rexistren un bebé-, pero sobre todo unha política municipal de vivenda que está achegando novos residentes, especialmente persoas novas e familias con crianzas. O Goberno local creou un banco municipal de vivendas baleiras que localiza e difunde os inmobles que están dispoñibles nas distintas parroquias e que poden ser habitados. Ademais, exerce unha mediación cos propietarios para facilitar a venda ou o alugueiro para as persoas interesados.

Igualmente, o Concello conta con catro vivendas sociais que poden ser alugadas cun prezo reducido para quen o solicite. Tres delas foron recuperadas con fondos propios e outra cunha achega da Xunta. Ademais, neste momento está a recuperar unha quinta vivenda, un proceso necesario ao que o Goberno local quere sumar novos inmobles, reclamando para isto a colaboración da Xunta. Pois, destaca, a demanda de vivenda por parte de persoas que se queren instalar na localidade supera amplamente á oferta existente.

Lourenzá e Meira: a vitalidade da provincia lucense

Na provincia de Lugo hai varios casos de concellos rurais que amosan unha vitalidade por riba da media. É o caso, por exemplo de Lourenzá, que dende o 2019 vén mantendo a súa cifra de habitantes nun contexto xeral de descensos, pasando de 2.140 nese ano a 2.098 cinco anos máis tarde. A esa estabilidade contribuíu un elevado número de nacementos (65 en cinco anos), unha cifra notable para unha localidade de dous mil habitantes.

De feito, aínda que sexa unicamente a xeito de anécdota, o primeiro neno nacido na Mariña neste 2025 foi o dunha familia da localidade, o pequeno Adam, fillo dunha familia de orixe marroquí que reside dende hai anos en Lourenzá.

En Lourenzá dende o 2015 goberna Rocío López García, do PSdeG-PSOE, que nese ano acabou con décadas de xestión do PP e encadeou a primeira de tres maiorías absolutas. Na súa xestión destacan as axudas para a rehabilitación de vivendas do casco histórico da localidade e a vitalidade económica da localidade, que nos últimos anos atraeu un importante número de traballadores e traballadoras de orixe estranxeira, que representan xa o 9% da poboación do concello.

Poderíase facer unha análise semellante no caso de Meira, un pequeno concello de 1.756 habitantes que dende o 2018 (1.711) vén mantendo e mesmo aumentando a súa poboación. A iso contribúe a súa proximidade á capital provincial (35 minutos) e o seu notable número de nacementos: 30 en só tres anos, entre 2021 e 2023. 

A localidade tamén comezou a recibir unha cantidade importante de persoas procedentes do estranxeiro, que xa supoñen o 12,6% da poboación. Gobernada por Antonio de Dios Álvarez (PSdeG) dende o 2015, forma parte do GDR Montes e Vales, que puxo en marcha unha páxina web para informar das vivendas dispoñibles e das posibilidades do emprendemento de negocios."                 (Marcos Pérez Pena , Praza.gal , 19/01/25)

11/1/25

A Galicia que naceu no estranxeiro... unha poboación nova, crecente e esparexida polo país... na Coruña e Ourense o peso da poboación nacida no estranxeiro rolda o 16,5% e en Vigo e Lugo está preto do 14%. Porén, trátase dunha realidade que xa se estendeu por practicamente todo o país... con máis do 15% en Monforte, Sada, Arteixo, O Barco, Barbadás ou Lalín... en moitos concellos rurais, a inmigración do exterior está a equilibrar en parte a marcha de poboación nova ás zonas urbanas. Nos últimos tres anos a poboación nacida fóra do Estado triplicouse en San Xoán de Río e duplicouse en Mondariz-Balneario, Triacastela, Parada de Sil, Vilasantar ou Muras... Esta poboación provén de moitos lugares, pero na lista destaca Venezuela, país de nacemento de máis de 53 mil persoas, seguida de Colombia (28 mil) e Brasil (20 mil). Portugal e Arxentina superan as 18 mil persoas, e Suíza, Cuba e Perú roldan as 14 mil. Despois aparece Marrocos (12 mil) e Uruguai, República Dominicana e Francia roldan as dez mil... aparecen reflectidos os efectos de migracións galegas anteriores, cunha gran presenza de persoas nacidas en Suíza e agora residentes en concellos de Bergantiños e a Costa da Morte e moitas persoas con orixe en Francia e que viven en concellos do leste das provincias de Lugo e Ourense, como A Rúa. Nun grupo de oito concellos (Monfero, Valdoviño, Abegondo, Friol, Mañón...) a comunidade con raíces foráneas máis importante é a británica. En catro moi próximos (Avión, Beariz ou A Lama) dominan os nacidos en México. Na Illa de Arousa, Catoira, Sandiás ou Meis o colectivo primeiro é o das persoas nacidas en Alemaña. E en Carnota e Muros priman os nacidos nos Estados Unidos (Marcos Pérez Pena)

 "Galicia está a mudar a súa pel e, de feito, moitas cousas cambiaron xa. Abonda con saír á rúa e observar a realidade de cidades e vilas (e tamén aldeas) nas que viven cada vez máis persoas con orixe noutros países e noutros continentes. Diferentes voces, diferentes acentos, proxectos de vida que escolleron Galicia para se desenvolver, por amor, por necesidade e, ás veces, por casualidade. 

Dos 2.705.833 habitantes cos que Galicia contaba o 1 de xaneiro de 2024, o 5,7% ten nacionalidade estranxeira pero unha porcentaxe máis importante -o 11,3%- naceu fóra do Estado español. A cifra é cativa se a comparamos coa que se rexistra no resto do España, pero está a medrar con rapidez: un 22% máis en tres anos. Ademais, o peso desta poboación nacida no estranxeiro é moito máis importante nalgunhas zonas e, sobre todo, en determinados grupos de idade. Así, por exemplo, as porcentaxes medran ata o 18,9% entre os 25 e 44 anos.

O gráfico anterior representa as moi diferentes pirámides de idade que presenta a poboación galega nacida no Estado (en azul) e a poboación galega nacida no estranxeiro (en amarelo). A primeira ten o seu nivel máis amplo no grupo de idade entre 45 e 49 anos e comeza a enfraquecer por debaixo desa idade, conformando unha base de poboación nova cada vez máis reducida. 

En cambio, a poboación galega nacida no estranxeiro é moito máis nova e neste momento concentra o seu maior número entre os 30 e 40 anos. O presente -e sobre todo o o futuro- da xeración máis activa de galegas e galegos ten, cada vez máis, a súa orixe noutro país.

Como veremos máis adiante, unha parte significativa deste conxunto de galegos e galegas nacidas no estranxeiro -máis de 300.000- reside nas cidades e nas súas áreas metropolitanas. Así, na Coruña e Ourense o peso da poboación nacida no estranxeiro rolda o 16,5% e en Vigo e Lugo está preto do 14%. Porén, trátase dunha realidade que xa se estendeu por practicamente todo o país. Os datos do último censo amosan porcentaxes de poboación nacida fóra do Estado de máis do 15% en Monforte, Sada, Arteixo, O Barco, Barbadás ou Lalín.

Ademais, en moitos concellos rurais, a inmigración do exterior está a equilibrar en parte a marcha de poboación nova ás zonas urbanas. Nos últimos tres anos a poboación nacida fóra do Estado triplicouse en San Xoán de Río e duplicouse en Mondariz-Balneario, Triacastela, Parada de Sil, Vilasantar ou Muras.

Esta poboación nacida fóra do Estado provén de moitos lugares, pero na lista destaca Venezuela, país de nacemento de máis de 53 mil persoas, seguida de Colombia (28 mil) e Brasil (20 mil). Portugal e Arxentina superan as 18 mil persoas, e Suíza, Cuba e Perú roldan as 14 mil. Despois aparece Marrocos (12 mil) e Uruguai, República Dominicana e Francia roldan as dez mil. 

Nesta listaxe obsérvase, iso si, unha mestura de países dos que nos últimos anos están a chegar grandes continxentes de poboación inmigrante (Venezuela, Colombia, Cuba, Perú...) con outros lugares nos que se pode supoñer que unha parte significativa da poboación nacida alí son descendentes de galegos e galegas emigradas previamente (Suíza, Francia, Alemaña, Reino Unido... e, parcialmente, algúns países latinoamericanos).

No mapa anterior debúxase en cada concello o país de nacemento máis frecuente da súa poboación -despois do propio Estado español-. O deseño resultante fálanos do movementos migratorios máis habituais nos últimos anos, cunha presenza moi importante da poboación nacida en Venezuela -sobre todo na Coruña, Pontevedra e Ourense- e Colombia -máis en Lugo e Ferrolterra-. Tamén destaca a importante inmigración marroquí na Terra Cha; a destacada presenza de poboación chegada de Perú en Viveiro ou Cambados ou a chegada de persoas dende Romanía en Guitiriz, Begonte, Arzúa ou Becerreá

Tamén aparecen reflectidos os efectos de migracións galegas anteriores, cunha gran presenza de persoas nacidas en Suíza e agora residentes en concellos de Bergantiños e a Costa da Morte e moitas persoas con orixe en Francia e que viven en concellos do leste das provincias de Lugo e Ourense, como A Rúa. Nun grupo de oito concellos (Monfero, Valdoviño, Abegondo, Friol, Mañón...) a comunidade con raíces foráneas máis importante é a británica. En catro moi próximos (Avión, Beariz ou A Lama) dominan os nacidos en México. Na Illa de Arousa, Catoira, Sandiás ou Meis o colectivo primeiro é o das persoas nacidas en Alemaña. E en Carnota e Muros priman os nacidos nos Estados Unidos.

Na táboa debullamos os datos, dando conta dos tres países de orixe máis frecuentes en cada concello, cun gran número de realidades diversas, con presenza destacada de persoas nacidas en Ucraína -chegadas nos últimos dous anos- en San Xoán de Río, Manzaneda ou Mondariz-Balneario. Pero tamén de Honduras en varios concellos lucenses (Navia de Suarna, Samos ou Pedrafita) e mesmo de Moldavia, Bulgaria, Cabo Verde (en Burela) e Mauritania (en Ribeira, ligados á pesca nesas augas). Unha información moi completa que ofrecemos en aberto.

As comunidades con orixe noutros países máis importantes cuantitativamente localízanse en todo caso nas sete cidades, encabezadas por Venezuela en todas elas, agás en Lugo e Ferrol, onde son máis as persoas nacidas en Colombia, que no resto das cidade é o segundo país de orixe máis habitual. Despois, en Vigo destaca a gran presenza de persoas procedentes de Arxentina e Brasil; na Coruña as chegadas de Perú e Cuba.

O peso das persoas nacidas no estranxeiro medra nas idades centrais, especialmente entre os 25 e os 44 anos. Na Coruña, por exemplo, un terzo da poboación entre 25 e 34 anos (o 32%) naceu fóra do Estado, unha porcentaxe que rolda o 30% en Ourense e Lugo, o 26% en Santiago e Vigo e o 20% en Pontevedra e Ferrol.

Nos grupos de idade entre os 15 e os 24 anos, entre os 35 e 44 e entre os 45 e 54 anos as porcentaxes tamén superan amplamente a media. A poboación nacida fóra do Estado baixa entre a infancia (neste caso, aínda que a orixe das familias sexa fóraneo, cada vez son máis os nenos e nenas que xa naceron aquí) e tamén por riba dos 65 anos.

Ademais de nuns determinados grupo de idade, a poboación nacida fóra do Estado tamén se concentra en determinados barrios. Poñemos como exemplo os mapas da Coruña e Vigo con datos por sección censual, equivalentes a agrupacións de rúas. 

Na Coruña o debuxo é moi claro, acadando a poboación nacida no estranxeiro as maiores porcentaxes nos barrios situados a carón da Rolda de Outeiro: Agra do Orzán, Os Mallos, Sagrada Familia e Ventorrillo. Os valores roldan o 30% en toda esta superficie, chegando a acadar un máximo do 39%. Noutras zonas da cidade, como Labañou, Castrillón ou Os Castros tamén se acadan porcentaxes importantes, que descenden por debaixo do 10% no Ensanche.

De igual xeito, en Vigo a poboación nacida no estranxeiro concéntrase, por unha banda, no Berbés e Beiramar, e pola outra, no Calvario e nas rúas próximas á Travesía de Vigo e á estación de Urzaiz, con porcentaxes que se achegan ao 30%, aínda que sen chegar aos máximos que se rexistran na Coruña. O contraste co resto da cidade é moi grande, pois na maior parte do termo municipal, tanto nas parroquias do interior coma en barrios como Bouzas ou Navia, non se chega ao 10%."

(Marcos Pérez Pena , Praza Gal, 29/12/24, gráficos no orixinal)

1/9/24

120 migrantes chegaron á localidade de Monterroso entre mostras de apoio das veciñas e dos veciños e con críticas da Alcaldía, que considera a chegada das refuxiadas “unha barbaridade”... e no concello de Mondariz-Balneario (O Condado), o municipio máis pequeno da Galiza —con 703 habitantes nunha superficie de 2,3 quilómetros cadrados—, a chegada de 180 mozos refuxiados procedentes de Malí vívese “con normalidade absoluta”

 "Un cento de migrantes chegaron a pasada quinta feira a Monterroso (A Ulloa). Alí permanecerán, hospedados nun hotel do centro da vila, durante un período de dous a catro meses, até que se tramite a súa documentación, sobre todo o permiso de traballo. Estarán acompañados dun equipo dunhas 20 persoas, integrado por traballadoras sociais, unha avogada, docentes de español e unha psicóloga que os axudarán a conseguir estabilidade.

Son 120 homes que foxen de guerras en Estados do sur do Sáhara, principalmente Malí, Níxer e Mauritania. A súa chegada a Monterroso, no marco do programa estatal de acollida a persoas refuxiadas, estivo precedida de non pouca polémica, ao confrontar desta vez non só Xunta da Galiza e Goberno estatal, senón tamén o Executivo local.

1/6/24

A inmigración do exterior no rural equilibra a marcha de poboación novas ás zonas urbanas... Son significativos neste aspecto os casos de Verín, O Carballiño, A Estrada ou Ribadeo

 "Despois de varios século sendo un país de emigrantes, Galicia leva varias décadas convertido nun territorio que, sobre todo, acolle persoas chegadas doutros territorios. Coa única excepción dos anos 2013, 2014 e 2015, marcados pola crise económica da Gran Recesión, dende hai trinta anos o saldo migratorio de Galicia é positivo, é dicir, o noso país recibe máis emigrantes que persoas emigran (ou regresan) a outras comunidades autónomas e países fóra do Estado español.

O ano 2022, último con datos completos, marcou un novo record neste saldo positivo e na chegada de inmigrantes dende o exterior, pois preto de 40 mil persoas mudáronse a Galicia dende o estranxeiro e outras 20 mil dende o resto do Estado, cun saldo positivo de 27.251 persoas, moi por riba do anterior máximo histórico, o de 2007 (19.583).

As cidades e, en xeral, as áreas urbanas son as que rexistran un saldo migratorio máis positivo. Pero a realidade é que a maioría dos concellos galegos teñen máis inmigrantes que emigrantes, tendo en conta todos os cambios residenciais, sexa a outro país, sexa a outras localidades galegas.

 En concreto, tan só 56 concellos presentaron no ano 2022 un saldo migratorio negativo, encabezados por Guitiriz (-56) e Dumbría (-32). Ademais de cinco localidades cun saldo neutro (mesmo número de saídas que de entradas), os restantes 252 tiveron máis inmigrantes que emigrantes, nunha listaxe encabezada pola Coruña (+4.193), Vigo (+2.911), Lugo (+1.461), Santiago (+1.198) e Ourense (+1.175). Despois aparecen Oleiros, Arteixo, Ferrol, Monforte, Sada, Ames, Narón, Marín e Pontevedra.

Cómpre ter en conta, iso si, que existen grandes diferenzas, concello a concello, entre as denominadas migracións exteriores (as que se dirixen ou proceden de fóra de Galicia, sexa o estranxeiro, sexa o resto do Estado) e as interiores (o saldo de cambios residencias con outos concellos galegos). Así, mentres o saldo migratorio exterior só é negativo en 12 concellos, o saldo migratorio interior presenta un panorama moito máis variado: negativo en 154 e positivo en 156.

 O mapa deste saldo migratorio interior, que representa os intercambios e trasvases de poboación entre uns e outros concellos de Galicia, amosa varios fenómenos ben diferenciados. Por unha banda, unha transferencia de poboación, sobre todo nova, dende as zonas rurais ás zonas urbanas, con saldos migratorios moi negativos na montaña lucense, na Mariña Occidental e no Ortegal, na Costa da Morte, no Barbanza ou no centro da provincia de Ourense.

Pola outra, advírtese tamén un movemento de poboación dende as cidades aos concellos da súa contorna, localidades nas áreas metropolitanas da Coruña, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Ourense ou Lugo que gañan poboación cunha oferta de vivenda máis barata. A única excepción é Santiago de Compostela, a única cidade galega que gaña habitantes con migracións (ou mudanzas, se se prefire o termo) dende outros concellos do país. 

A capital galega é, de feito, o concello cun saldo máis positivo (+342), por diante dunha serie de localidades das contornas urbanas: Oleiros, Salvaterra do Miño, Sada, Arteixo, Teo, San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar, Ares, Abegondo, Bergondo, Outeiro de Rei, Narón ou Miño. Pola contra, Ourense, Vigo, Ferrol e A Coruña son os catro concellos con saldos máis negativos, por diante de Culleredo, O Barco, Burela e Xinzo.

 O factor de idade adquire unha grande importancia nos fenómenos migratorios, pois hai zonas cun saldo positivo total, pero negativo nas xeracións máis novas, o que acrecenta o envellemento e a perda de poboación en idade laboral activa e coa posibilidade de ter fillos e fillas. (...)

Non é así no conxunto de Galicia, que presenta un saldo migratorio moi positivo en todos os grupos de idade, dende o menores de 16 anos (+5.913) ou as mozas e mozos de 16 a 24 (+4.338) e de 25 a 34 (+4.814) ata as persoas de máis de 65 anos (+2.101).

Se atendemos unicamente ás persoas de menos de 35 anos, son 223 os concellos que teñen un saldo positivo, fronte a 81 que o teñen negativo. Pero se, ademais, observamos só as migración interiores (co resto de Galicia), atopamos que máis da metade dos concellos galegos (179) presentan un saldo negativo e unicamente 123 téñeno positivo, encabezados pola Coruña, Compostela, Vigo, Oleiros, Narón, Salvaterra e Arteixo.

En cambio, se afondamos no saldo migratorio externo das persoas de menos de 35 anos, vemos que apenas 25 concellos tiveron máis emigrantes que inmigrantes entre a mocidade, encabezados por Guitiriz e Moaña.

 Así, vemos como a inmigración exterior, netamente positiva en todos os grupos de idade, tamén entre a mocidade, está servindo en moitos concellos -especialmente fóra das áreas urbanas- para equilibrar a marcha de poboación nova a outras zonas de Galicia.

Son significativos neste aspecto os casos de Verín (-72), O Carballiño (-63), A Estrada (-41) ou Ribadeo (-41), con saldos migratorios interiores moi negativos entre as persoas de menos de 35 anos pero saldos netamente positivos entre a mocidade se se computan tamén os movementos externos, con territorios fóra de Galicia."               (Marcos Pérez Pena , PrazaGal, 01/06/24)

20/9/21

Los dos senegaleses que socorrieron a Samuel Luiz serán hijos adoptivos de A Coruña... Los dos jóvenes, que carecían de papeles, actuaron a pesar de que eran los que más tenían que perder, dado que no tenían regularizada su situación en España

 "Este jueves, el Pleno del Ayuntamiento de A Coruña ha aprobado por unanimidad una moción del BNG para concederles a Ibrahima Diack y Magatte Ndyae, los dos senegaleses que socorrieron a Samuel Luiz de la paliza homófoba que le costó la vida el pasado 3 de julio, el título de hijos adoptivos de la ciudad.

Francisco Jorquera, portavoz del BNG, señaló que los dos jóvenes, que carecían de papeles, actuaron a pesar de que «eran los que más tenían que perder, dado que no tenían regularizada su situación en España».

Además, Jorquera subrayó que “la violencia, el ensañamiento y la homofobia” que, a su juicio, tuvieron lugar en el crimen de Samuel Luiz crearon una gran conmoción y no representan a la ciudad coruñesa.

“Lo que sí nos representa es el comportamiento de Ibrahima y Magatte, ya que auxiliaron a Samuel hasta el final, intentando frenar la agresión”, añadió. Isabel Faraldo, concejala no adscrita de Podemos, también recalcó que fueron los únicos que intentaron evitar la agresión.

 Por otra parte tal y como recoge La Voz de Galicia, el edil de la Marea, Alberto Lema, contrapuso la conducta de Ibrahima y Magatte con los discursos «racistas» de la ultraderecha.

 El concejal popular Roberto Coira destacó la «lección de humildad y valor» que han dado los dos jóvenes y finalmente, la concejala de Servicios Sociales, Yoya Neira, también destacó que «pese a ser los que más tenían que perder, fueron los únicos que intervinieron para intentar salvar la vida a un ser humano». Neira destacó también que «compartir ciudadanía con ellos» es un honor y recordó el ejemplo de integración que es la comunidad senegalesa de A Coruña.

Tal y como confirmaron fuentes de la Subdelegación del Gobierno en A Coruña, Ibrahima y Magatte recibieron 20 días más tarde de su acto altruista, el 27 de julio, las tarjetas de residencia y de trabajo tras concluir el proceso de regularización de su situación en España."             (Contrainformación, 10/09/21)

14/7/21

Fillos de migrantes: así se adaptan as segundas xeracións de inmigrantes en Galicia

 "As segundas xeracións nacidas no lugar de acollida presentan moitas veces trazos de comportamento diferentes aos dos proxenitores. 

Con todo, en ocasións estes homes e mulleres ás veces poden sentir unha división na súa persoa entre o lugar das súas raíces e o lugar onde naceron e viven. Por iso nos achegamos ás sensacións que senten persoas xa nacidas en Galicia ou no estranxeiro e que volveron á lugar de nacemento dos seus pais e nais.

 A primeira xeración de migrantes normalmente mantén vínculos culturais e lingüísticos co lugar de orixe. Isto produce ás veces un choque entre a procedencia e o lugar de acollida. En caso dunha segunda xeración familiar nacida no lugar de acollida, as diferenzas entre pais e fillos comezan a marcarse, sobre todo no comportamento dos segundos, máis achegado á realidade de onde viven. 

Por outra banda, tamén se dá a circunstancia que as persoas nacidas na migración, en caso de volveren ao lugar de orixe da familia senten a mesma sensación que os pais cando migraron. O lugar de orixe dos  pais é unha realidade descoñecida tal como foi o estranxeiro para os proxenitores. Mais a maioría de nacidos no lugar de acollida acaban por comportarse como cidadáns dese lugar, o que xa os diferenza das novas vagas de migrantes procedentes do lugar dos seus pais.

AS PEQUENAS COUSAS

Ana chegou de Suíza hai catro anos, filla dun galego e dunha portuguesa. Os pais contaban con quedar só cinco ou seis anos, mais ao final foron varias décadas. Ana coñecía algo Galicia polas vacacións até que decidiu estudar Pedagoxía en Santiago de Compostela. “Sabía que era diferente, aquí a administración é lenta, hai poucas fontes de información e tes que ir a un lado e a outro para poder facer trámites”. Isto contrapono ás facilidades que a administración suíza pon ao dispor dos estudantes. “Tamén era consciente de que os horarios en Galicia son máis relaxados que en Suíza e que aquí as cousas van con calma”.

Nilda Borges é de familia caboverdiana, ademais de ter tamén raíces francesas. Con apenas dous meses chegou a Galicia e considérase segunda xeración. “Síntome integrada mais non por iso deixo de ver conflitos sobre todo relacionados co choque cultural”. Nilda observa que entre os fillos dos primeiros caboverdianos que chegaron nos setenta e as novas vagas da mesma nacionalidade, existen diferenzas no que é o comportamento diario. “Por motivos culturais non hai unha grande afectividade entre pais e fillos dentro das novas vagas, iso choca cos que xa naceron aquí ou viven en Galicia desde nenos”.

Marco Pereira naceu en Xove de  pais portugueses. Agora mesmo realiza estudos de xornalismo na USC. “Dentro da miña familia non son o primeiro que accede á universidade, pois teño curmáns que tamén teñen títulos universitarios” sinala Marco. “Nunca sentín ningún tipo de discriminación en canto a orixe dos meus pais, mais eles si tiveron que adaptarse a unha situación nova nun país diferente e coa intención de quedar”.

AS DIFERENZAS

“Eu nacín en Xenebra, unha cidade moi cosmopolita onde non era nada estraño ver nenos de diversas orixes” di Ana quen veu como esa multiculturalidade era moi escasa en Galicia, “niso teño unha mentalidade moi de Xenebra”. Isto tamén o relaciona cos comportamentos que observa entre a xente de Compostela. “Aquí vexo os nenos pola rúa ao mellor ás nove da noite, mesmo en grupos, en Suíza se hai un neno na rúa ás nove alguén chamará á policía avisando dun menor que está perdido”. Vir de Xenebra tamén supuxo levar a sorpresa de que “aquí a xente para pola rúa e fala, ou preguntan algo, alá é algo moi estraño, todos van ao seu”.

“Hai choque interxeracional, claro, mais tamén en cuestión de mentalidade, porque moitos recén chegados non invisten o diñeiro por exemplo nunha educación a longo prazo nos fillos” di Nilda Borges. Con todo, si que hai caboverdianos cunha carreira universitaria, mesmo exercendo a docencia ou emprendendo como é o caso de Nilda. “Cando os novos chegados ven como nos comportamos os que xa levamos moito tempo aquí, para eles somos galegos, é como se levar máis tempo aquí che dera unha certa superioridade”.

“Algunha vez si que aconsellei a algunha persoa de segunda xeración que non se adaptaba e tamén dei charlas no instituto, con todo, a adaptación destas persoas xa é unha cuestión individual” relata Marco. As charlas no que foi o seu centro de secundaria axudan dalgunha maneira tanto a migrantes como non migrantes, a ver que se poden superar obstáculos. Como di o propio Marco “non se pode tirar a toalla”.

 Ana séntese suíza pois viviu ata hai moi pouco tempo no seu lugar de nacemento. “Se tivese que aconsellar a alguén que coñeza para vir aquí, depende da persoa, se é alguén con ganas de calma si, recomendaría Santiago, senón outro lugar”. Nilda cre que as diferenzas culturais son a base da falta de adaptación “porque os que vivimos aquí de sempre temos unha mentalidade de aquí fronte á dos chegados novos cuxos pensamentos son os de alá” e así, até que pasan algúns anos, non se pode dicir que haxa unha adaptación coa contorna.

A cuestión é que a división cultural entre as orixes e o lugar de nacemento dos fillos de migrantes poden ser un obstáculo ou unha vantaxe, segundo como se xoguen as cartas, se se vai con intención de abrirse a unha nova realidade ou pensando en ver o mesmo que levas vendo toda a vida. Neste último contexto é onde poden xurdir as eivas en canto adaptación."               (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 11/07/21)

16/4/21

Las manos de esta tierra: trabajo inmigrante en el rural gallego. El trabajo precario en el campo gallego se presenta como una de las pocas opciones de subsistencia para las personas migrantes en situación irregular.


"A Ousmane le duele la espalda. Aun así, va a trabajar todos los días: se levanta a las siete de la mañana, camina una hora bajo el sol o la lluvia hasta una granja de la parroquia vecina, deshace el camino hasta su casa al mediodía, come en una hora, anda otra de vuelta al trabajo y acaba su jornada laboral ya bien entrada la noche. Ousmane llegó a un pueblo da Costa da Morte desde Senegal hace dos años y medio. Desde ese momento, sobrevive a base de trabajos precarios en el campo esperando a que, cuando cumpla tres años de estancia aquí, pueda solicitar arraigo social. Para conseguirlo, necesita que alguien le haga un contrato laboral. Por eso, repite una y otra vez, continúa trabajando aunque le duela la espalda.

Para Ahmed, de origen marroquí, lo más importante es obtener la residencia y el permiso de trabajo. De ahí que, en cuanto vio un anuncio en una página de internet el pasado verano en el que se prometía un contrato de trabajo a través del que regularizar su situación, no dudó en contactar con el anunciante. “La oferta era para trabajar como peón agrícola y se especificaba que podían hacer un contrato para conseguir la residencia”, cuenta Ahmed. El empresario le pidió 2.400 euros para costear los “trámites de gestoría”. Estuvo trabajando durante 15 días en una finca en Tordoia. Nunca percibió ningún tipo de salario, no volvió a saber de los trámites para regularizar su situación ni de sus 2.400 euros. Ahmed y otras nueve compañeras y compañeros se encuentran en un proceso judicial tras denunciar a este empresario que acusan de trata con fines de explotación laboral. “Este caso sale a la luz porque a uno de los trabajadores migrantes lo atan, lo meten en una furgoneta y lo llevan a un monte próximo para amenazarlo con una pistola con el objetivo de que borrase de su teléfono unas pruebas que tenía del sitio en el que trabajaban”, explica Brais González, abogado de la Central Unitaria de Trabajadoras – CUT– que lleva el caso.

Todas las personas denunciantes narran una historia similar: consiguen el trabajo a través de una plataforma web y pagan cantidades que oscilan entre los 400 y los 2.400 euros para, supuestamente, regularizar su situación.

“A mi me dijo que el trabajo consistía en recoger y empaquetar hortalizas, pero cuando llegué allí me puse a cortar árboles y a hacer otro tipo de trabajos más duros y sin medidas de seguridad”, explica María, procedente de Venezuela.

A muchas de las personas migrantes a las que se les ofreció trabajo las recogía en la estación de autobuses de Carballo y las llevaba, siempre por caminos diferentes, hasta una finca en Tordoia, donde trabajaban en régimen cerrado. “Tuvimos que firmar un pre-contrato en el que se especificaba que teníamos 15 días de prueba y que, si no lo superábamos, no nos devolvería el dinero”, explica María.

Segundo ella, lo que el empresario intentaba era que se cansaran y renunciaran al trabajo por voluntad propia. La jornada laboral comenzaba a las nueve de la mañana, se alargaba hasta las cuatro de la tarde, con 15 minutos de descanso al mediodía para comer. “Cuando entrábamos en la finca echaban el cierre, quedábamos encerrados y no podíamos salir”, explica Juan, colombiano que también denunció la situación.

Cuatro de las personas denunciantes conversan fuera del juzgado de Ordes mientras algunos de los acusados declaran en el interior del edificio. Rememoran sus vivencias, comparten sensaciones y miedos. “No nos dejaba hablar entre nosostros. Nos decía que no podiamos ir a tomar algo sin el”, cuenta Martina, natural de Uruguai que lleva algo menos de un año en Galicia. El resto asienten. “El supuesto empresario casi siempre buscaba a gente que se desplazara hasta un lugar más o menos inmediato y, cuando ya llevaba dos o tres días, les ofrecía alojamiento cerca de la finca”, explica el abogado Brais González.

Algo parecido le ocurrió a Martina. Ella vivía en A Coruña y, cuando aceptó ese trabajo, el le dijo que no podía estar yendo y viniendo todos los días, que tenía que mudarse a Santa Comba, donde le enseñó un piso. “En el piso firmé el pre-contrato y, a partir de ahí, empezó a preguntarme cosas raras como si me parecía linda, si me iría con él de haberlo conocido en una discoteca… Yo me sentía incómoda y comencé a apurar para marchar”, contesta Martina.

Ella fue a trabajar un día y, tras percibir incongruencias y situaciones de las que no se fiaba, decidió dejar el trabajo. El socio del empresario le siguió escribiendo un tiempo, insistiéndole para que volviera a trabajar con ellos: “A mí él me daba miedo. Fui a contarlo a la Policía Nacional y solo me dijeron que lo bloqueara en el teléfono”.

Antonio, de El Salvador, no nos cuenta su historia, a diferencia de sus compañeros y compañeras, desde Ordes. Él nos habla desde Madrid, donde también estaba cuando descubrió la oferta de trabajo en la que prometían un contrato a través de regularizar su situación. Vino desde allí para comenzar a trabajar en esta finca de Tordoia. Fua a él a quien el empresario pidió ayuda para “castigar” a un compañero suyo de origen marroquí.

Antonio se nego y, al día siguiente, denunció lo ocurrido ante la Guardia Civil. Tras las denuncias, el principal responsable entra en prisión provisional para volver a quedar en libertad veinte días después. “Es absolutamente extraordinario que levanten la medida de prisión provisional en cualquier delito, ya no de trata, sino de detención ilegal”, explica Brais González. “Cuando lo liberaron, nadie me avisó, ni la Policía Nacional, ni la Guardia Civil”, asegura Martina

Desde la CUT explican que en la actualidad existe un conflicto de protección porque “tanto la policía judicial, que en este caso fue la Guardia Civil, como la Subdelegación de Gobierno y Extranjería están obligadas, cuando se identifica un caso de trata, a establecer determinados mecanismos de protección que acabarían en una autorización de residencia y trabajo temporal para las personas que colaboran con la justicia”. Hasta el momento, las personas afectadas no han recibido ningún tipo de protección. Para Brais González, una de las claves del caso es que “al calificar a este grupo de compañeros como víctimas de trata con fines de explotación laboral se abre un interrogante: el de la explotación laboral en el trabajo migrante, que casi siempre es esclavo”.

Por otro lado, Carlos Villar, del servicio jurídico de la ONG Ecos do Sur, asegura que ellos ya habían presentado otra denuncia contra ese mismo empresario en 2019: “Pedían el mismo perfil para trabajar a través de un portal de internet y, cuando la gente les decía que estaban en situación irregular, el comentaba que no era un problema, que se podría solucionar previo pago de 2.500 euros. Ya desde ese momento nos llegaron varios casos de gente que nunca había percibido su salario”. .

María, de Venezuela, dice que lleva un tiempo con depresión por la difícil situación en la que se encuentra. Martina está trabajando de interna cuidando a una señora por muy poco dinero y asegura que a veces aún siente culpa “por confiar, por regalar mi plata, pero en ese momento, la primera vez sola en un país, lo vi como una oportunidad. También era el momento de la pandemia y se empezaba a decir que el Gobierno iba a regularizar a las personas que trabajaban en el campo, y el (el empresario) utilizó esto en nuestra contra”. A Juan le salió un trabajo por unos dias sueltos como carpintero y va “poco a poco”. Ahmed, que ya lleva tres años aquí, está esperando por una oportunidad para poder obtener la residencia.

Todos continúan en situación irregular. Cuando se tomó la declaración de las víctimas, Fiscalía no compareció. “Es impensable que Fiscalía no esté en un caso de detención ilegal -incluso obviando la cuestión de la trata- con una persona sometida a tortura, retenida en contra de su voluntad, atada, etc. No es una causa atractiva porque son migrantes”, asegura Brais González.

El caso de Tordoia es particular en tanto los abusos y malos tratos a los que fueron sometidas las personas que trabajaban para ese empresario. No obstante, la precariedad del trabajo migrante en el campo gallego es una realidad. Moussa es de Senegal, pero ya lleva 10 años viviendo en la Costa da Morte. Hace tiempo que pudo regularizar su situación pero, desde que llegó, estuvo varios años viviendo sin documentación. “Si te digo que los primeros años fueron fáciles te estaría mintiendo. Cada día trabajas para una persona diferente y algunos días te toca con uno que te trata bien, y otros no. A veces la gente se aprovechaba de mi pero tenía que aguantarlo, no quedaba otra”, explica.

Bajo la normativa actual, una persona migrante que llega al país y no puede acceder al sistema de asilo queda totalmente desamparada durante, al menos, tres años. “Las personas migrantes no pueden optar a un puesto de trabajo hasta que demuestren, mediante el padrón o la tarjeta sanitaria, que llevan tres años viviendo aquí”, explica Esther Lora, abogada de la organización Sos Racismo. Sin embargo, para poder solicitar el arraigo social se necesita un contrato de trabajo: “Aunque alguien lleve tres años aquí, no puede solicitar el permiso de trabajo a la Subdelegación de manera genérica, es necesario un contrato indefinido o de un año y de, por lo menos, 30 horas semanales y firmado por un empresario o empresaria”.

Moussa conoce a mucha gente de la zona. A veces, cuando alguien necesita mano de obra, le preguntan a el si sabe de personas que necesiten trabajar: “Para que yo recomiende a alguien tienen que pagarle, mínimo, siete euros”. No obstante, es consciente de que algunas personas se aprovechan de la situación de vulnerabilidad en la que viven muchas de las migrantes que llegan a nuestros campos. “En verano vi compañeros que trabajaban en invernaderos durante diez horas, sin que les dieran agua fresca ni comida y se iban de allí con 50 euros. Hay gente que no tiene otra opción y se ve obligada a aceptar esas condiciones: trabajan todos los días, de lunes a viernes y a veces también los sábados por la mañana y gana al mes 600 euros”, cuenta Moussa. Por otra parte, también es muy complicado que estas personas puedan acceder a ayudas o subvenciones de la administración. “Normalmente las prestaciones y las ayudas exigen residencia legal. Esta es una manera premeditada de condenar a la gente a la miseria”, afirma Lora.

Carlos Villar, de Ecos do Sur, explica que muchas personas migrantes, en la temporada de la aceituna o de la fresa en el sur, se desplazan hasta esos lugares para trabajar. “Aquí en invierno es más complicado, por eso cuando llega el verano vas a trabajar independientemente de lo que te paguen, porque necesitas vivir el resto del año”, asegura Moussa. Villar explica que “en la temporada de la patata, si que llegan ofertas que muchas veces rechazamos directamente, por ofrecer salario irrisorios. No se debe generalizar, porque a veces si nos encontramos con buenas condiciones, pero es habitual que el trabajo sea precario, que se aprovechen de las personas en situación irregular para ofertar trabajos en condiciones próximas a la explotación”.

Para Esther Lora, la Ley de Estranxjería es “la peor muestra de racismo institucional”. Según Brais González el mecanismo de esta ley es de “disciplinamiento” y actúa “dependiendo de las necesidades de trabajo que tenga una determinada comunidad”. Carlos Villar subraya que “se trata de una ley del año 2000 y que está alejada de la realidade; va siendo hora de darle una vuelta”. Por otro lado, Mónica Branco, del Sindicato Labrego Galego, afirma que el principal problema en la administración es la burocracia: “No hay manera ni de hacer una consulta ni manera de arreglar las situaciones que se dan. La única respuesta es que mandes un correo electrónico. Es una situación de indefensión total“.

Moussa asegura que, a lo largo de todos estos años que lleva viviendo aquí, se encontró con muchas personas que trabajaban en el campo a las que se les hacían promesas de contrato: “De todas las personas que conozco que en esa situación, solo a una le acabaron dando los papeles”. A Ousmane también le prometieron un contrato en la granja en la que lleva trabajando varios meses. Cuando tenga los papeles, dice, podrá sacarse el permiso de pesca submarina, que es unha de las cosas que más le gustaba hacer en Senegal. Este verano se cumplirán tres años desde que llegó y podrá obtener la residencia si finalmente ese contrato se materializa. Mientras tanto, continúa caminando y trabajando porque no tiene otra opción.

* Los nombres de las personas migrantes que aparecen en este reportaje no son reales. Preservamos, de esta manera, sus identidades por la situación de vulnerabilidad en la que se encuentran. "                   (Sofía Caamaño , Pablo Santiago , El Salto, 10/04/21)

1/4/20

Wei Wei, da China veloz á Galicia pausada: "Temos que adaptarnos todos os días"

"Nesta segunda entrega da serie de entrevistas a inmigrantes, 'Chegada: Galicia', a protagonista da conversa é Wei Wei, unha moza que veu dende o país asiático por negocios e que acabou montando un pequeno bar na Coruña. Este é un espazo que pretende ser casa para os demais inmigrantes chinos e plataforma onde converxan as culturas. Eis a súa ollada de Galicia.

 En Galicia viven na actualidade máis de tres mil habitantes chinos. Á par da globalización, os seus característicos bazares fóronse espallando por todas as cidades galegas, e agora tamén polas vilas. Igualmente, a comida asiática colleu azos nos últimos tempos. Sempre se di deles que traballan longas xornadas laborais, que nunca baixan as reixas dos seus negocios, que viven por e para eles. Canto do que sabemos son tópicos? Seralles difícil fuxir deles unha vez que chegan?

Desta volta, a protagonista da serie de entrevistas 'Chegada: Galicia' é Wei Wei, unha rapaza nova que deixou a súa cidade de 20 millóns de habitantes, Tianjin, preto de Beijing, para se instalar primeiro en Madrid, logo en Santiago e Vigo, e finalmente na Coruña. Ela fixo estudos universitarios en China e empregouse nunha empresa do país, pero o seu xefe quixo investir no estranxeiro. O seu traballo permitiulle viaxar moito e a súa primeira entrada en Galicia foi no ano 2009. Facendo camiño polo mundo acabou nun máster en Dirección de Empresas na USC e logo nunha empresa china de enerxías renovables emprazada en Madrid.

SOMERXERSE E CONVERXER

Di que lle gusta a aventura, coñecer culturas. Finalmente deixouse caer nun pequeno bar da Coruña que durante moito tempo se chamou café Traba, un histórico xa na Rúa Juan Flórez. Mais o un de setembro deste mesmo ano o Traba deixou de ser o Traba para se converter en Meet Aquí, o nome co que Wei Wei presentaba seu novo proxecto. "Tiven un só mes para buscar local e piso, pero son unha chica que se adapta rápido", defínese sorrinte.


Wei Wei non leva máis dun ano falando español, pero desenvólvese con soltura nesta lingua. Conta que antes de abrir o bar non tiña a oportunidade de charlar coa veciñanza do lugar no que vivía. "Só conversaba con xente de negocio, e só o facía en inglés, entón non tiña nin idea da vida de Galicia. Era como unha turista máis", relata. Agora, o bar animouna e obrigouna a tomar un maior contacto coa xente do barrio. Porque puido ter mudado o nome, pero os grupiños de señoras maiores que se achegaban todas as tardes tomar o café ao Traba non perderon a tradición, agora no Meet Aquí. "Noto que a vida dos maiores é mellor que a dos xóvenes, máis relaxada...", observa.

"Intento conversar cos veciños, e moitos falan en galego comigo. Gústalles moito, charlan sen parar!", vai contando. "O meu sobriño tamén trae todas as semanas da escola un libro en galego, e eu intento lelo con el, pero é un traballo!", ri. O contacto coa lingua vai sucedendo aos poucos no seu día a día. Unha das súas teimas é facer do Meet Aquí unha plataforma onde a cultura galega e a china converxan. 

 "Eu quérolle presentar aos galegos como vivimos os chinos aquí e quero que este sexa tamén o lugar para os inmigrantes chinos. Moitos son moi novos, non teñen experiencia de vivir fóra e poden sentirse tristes. Se un día botan de menos a súa familia, eu quero que poidan vir tomar unha sopa quente".

CHINA E GALICIA: DOUS RITMOS DE VIDA


"En China todo é moi distinto, traballamos moito, máis de oito horas ao día". Segundo relata, é un país que cambia todos os días, nin ela mesma lle dá pillado o ritmo, e menos dende a distancia. "China ata para nós é demasiado rápida. Cando regresas de volta xa o notas. Custa porque non só tes que adaptarte aquí, senón que tamén tes que adaptarte alá cando volvemos".


A ollos de Wei Wei, Galicia é lenta, tranquila. Mentres mira pasar xente pola ventá da súa cafetería, a moza vai contando as súas impresións: "Sentinme moi relaxada cando viñen aquí, os ritmos de traballo van despacio. Iso nos primeiros anos facíame sentir feliz, tiña máis tempo para desfrutar, pero despois duns meses xa me notaba aburrida. Cando paseo pola rúa sinto que todo está tan relaxado que falta enerxía. En China todos os días entran ideas novas e non se perde o tempo para pensar. Todos os días temos enerxía nova, todos os días nos movemos moi rápido. Aquí fáltame algo". 


Esa enerxía da que fala Wei Wei xorde dun "lume moi quente" que os empuxa a avanzar, explica ela. Nace dentro de cada persoa, de cada familia. Tamén pensa que hai costumes e valores que a cultura china debería adquirir da nosa: "Nós non discutimos, cando charlamos e temos opinións distintas, non as expoñemos. Iso necesitamos aprendelo. Saber falar as cousas aínda que pensemos diferente".


O sistema educativo no que Wei Wei foi educada non fomenta tanto a liberdade de expresión como unha competitividade superlativa. "É costume competir entre nós. Se eu teño un coche e o meu veciño ten outro mellor, iso méteme presión para obter un aínda mellor ca o deles". No colexio eran uns 40 alumnos por aula e durante un tempo viviu interna na propia escola. "É moito máis duro ca aquí. Eu só lía, estudaba e escoitaba música. Non me daba tempo a facer deporte. Cando cheguei aquí e vin que cada persoa tiña o seu hobby deportivo...", di alucinada. 

"TEMOS QUE ADAPTARNOS TODOS OS DÍAS"


Wei Wei conta que a xente de aquí lle parece aberta e amable, mais pensa que non se coñece ben a China nin á poboación china. "Só se sabe a información da tele e do periódico, non teñen puntos de vista distintos", di. Deles mesmos, pensa que son máis calados e reservados ca os galegos, pero que tamén se creou certo estereotipo en torno á súa maneira de ser. "A maioría dos donos dos bazares non charlan e quedan na caixa. Iso dá unha imaxe dos chinos de que somos un grupo pechado, pero non é sempre así", reivindica.


Na súa cafetería, Wei Wei prepara conversas para practicar idiomas. "Quedando na casa non charlas coa xente. Veñen aquí, toman unha taza de café, e se teñen a oportunidade, intercambian linguas", explica. A esta rapaza non lle gustan moito as cidades, e se ben case sempre viviu en urbes, di ser "unha chica de campo". "Gústame a vida, o tempo en Galicia, gústame ter un negocio, pero non só para gañar diñeiro, senón tamén para difrutalo".


"Adaptarnos? Sempre nos temos que adaptar, todos os días. Pero o sistema educativo tamén nos aprendeu a ser capaces de aceptar as cousas moi rápido", comenta. A súa curtiña experiencia de camareira estáselle facendo algo complicada, pero Wei Wei sempre ten as ferramentas adecuadas para seguir cara adiante. É unha rapaza enérxica, estratéxica, coas ideas claras e coas súas raíces moi presentes en todo canto fai. "Cando vexo algo chino salto: 'Ala, é a miña China!'. Chámame a atención", conta riseira."                    (Uxía Iglesias, Galicia Confidencial, 20/12/19)

16/3/20

Marisol, colombiana: "Emigramos porque temos a obriga de sacar os nosos fillos adiante"

"A historia de Marisol é unha de tantas historias de mulleres que emigraron desde Latinoamérica para coidar dos seus fillos desde a distancia. Aquí empréganse como traballadoras domésticas, en precario e sen dereito a paro. Ocupan o último chanzo dunha longa cadea, pero sen elas, o mundo para. Marisol é a voz desta terceira entrega de 'Chegada: Galicia'.

 Marisol chegou a Compostela un mércores de setembro do 2001. Non se lle esquece ese día. Veu en autobús dende Alemaña porque non tiña papeis e os controis nos aeroportos eran máis ríxidos. Atrás, en Colombia, quedaba toda a súa familia e mais o seu fillo de cinco anos, ao que había pouco que lle diagnosticaran autismo. O seu marido deixouna cando ela estaba embarazada.

 "Vinme cunha barriga enorme, era o meu primeiro mozo, a miña primeira vez... Cáeche o mundo enriba. Aos dous anos entéraste de que tes un fillo autista. E todo isto como mo como?". A única opción era marchar. 

"No aeroporto, recordo que a miña mamá me dixo: 'Váiase para España, e se lle toca meterse a puta, métase, pero vostede ten que sacar este fillo adiante'. Cando tes un neno e non tes posibilidades de gañarte un soldo, fas o que sexa. Unha nai non deixa morrer o seu fillo. El non me pediu vir, tróuxeno eu". 

Marisol marchaba case co posto: levaba unha maletiña de man de viaxe. Supostamente, ela era profesora e viña de turista. Ata lle prestaran tres mil dólares para que non lle descubriran a coartada. Pero, en realidade, "todos sabiamos que eu viña para quedar". "Se a policía empeza a requisar, dicíame miña irmá, vostedes escapen!". Marisol aínda bota unhas risas mentres o recorda.

NA INVISIBILIDADE


Ela é unha das tantas que emigran porque non lles queda outro remedio. "Unha non vén para gastar, non vén contenta, vén con débedas", conta. "Emigramos porque temos a obriga de vir, para sacar adiante os nosos fillos, e porque hai que encher a boca ao papá, á mamá, aos irmáns...".

As posibilidades de futuro aquí para as mulleres emigrantes redúcense cara a un único camiño: ser traballadora do fogar. 'Criada', 'chacha', 'señora da limpeza' no mellor dos casos. A historia de Marisol non foi diferente. O sistema está así definido para elas. Sen papeis, os únicos traballos aos que unha pode acceder son os do sector primario. Cando arribou comezou a traballar en casas coidando dos nenos ou de persoas maiores, "viejitas", como ela lles chama. Cada vez que pronuncia esa palabra, Marisol irradia un cariño inmenso. 


Ata o 2016 vivíu nunha habitación alquilada na casa de Doña María, conta. "O día que cheguei, a señora abriu un armario, sacou un xersei verde clariño e pasoumo. A min pareceume tan bonito ese xesto...". O frío de Compostela aterecíaa. "O primeiro que comprei foi unha chaqueta dos chinos, un reloxo-espertador, e despois uns zapatos altos, por tanta choiva. Os que eu traía de Colombia tiña que escorrelos toda as tardes".


Tamén coidou de dúas nenas, "Susana e Laurita se chamaban", durante dous anos. Neste caso vivía interna nesa casa. Dalgún xeito, a alegría destas cativas axudaban a atenuar a dor da ausencia do seu fillo. "Se das cunha boa familia, se te acollen ben e se hai nenos, unha aférrase", relata. "Ti estás pendente de poñerlles os zapatiños, de plancharlles a roupa, de facerlles a cea ben...". Os lazos que se forxan son para sempre, igual que lle acontece coas persoas maiores que agora ten ao seu coidado. "A señora Chita pode cagarme na man! Eu quérolle moitísimo".


Mulleres coma Marisol sustentan os coidados de milleiros de familias dende a invisibilidade. Desenvolven o seu labor no ámbito privado, e aí queda, portas cara adentro. O chamado primeiro mundo, en realidade, non é primeiro mundo para todas as que viven nel. Marisol recorda ter "tarxetas de cinco euros" para falar coa familia. Moitas inmigrantes facían fila nos teléfonos automáticos de Compostela para conversar co outro lado do océano. "Eramos sobre todo mulleres que traballabamos en casas. Baixabamos pola noite, despois de deitar os nenos". O día que xuntou uns poucos billetes, chamou feliz: "Mamá, teño un montón de diñeiro!".

AS XERARQUÍAS DO FOGAR

Marisol non ten ningún día da semana libre. Traballa de luns a domingo en diferentes casas. Só así consegue a economía que precisa. A relación xerarquizada, de absoluta subordinación, pálpase no ambiente de moitas das casas que teñen persoal contratado. 

"Ás veces, ao ver que está unha soa, sen papeis, empézante a manipular, empezan a facerche crer que unha é parte deles, que é obrigación túa que coides os nenos os sábados, os domingos e os festivos". Acontece a miúdo que as nais dos cativos se celan das propias empregadas. "Bótannos como a un can á rúa", intervén agora unha amizade de Marisol, tamén chamada Marisol, que acompañou esta conversa. 


Ás veces as señoras son groseiras, ofensivas de palabra, contan. "Cando chegan enfadadas es ti quen paga os pratos rotos", prosegue a amiga. "Se chego tarde míranmo, pero se saio tarde, non mo recoñecen". As chantaxes emocionais son o pan de cada día e pedir citas médicas pode chegar a converterse nunha auténtica odisea para moitas destas mulleres. Cando marchan da casa, marchan co soldo, nin están aseguradas nin teñen dereito a paro. "E se lles dis: 'traballo ata tal data', de aí en diante xa che fan a vida imposible".

A pesar de todo, estas mulleres seguen ao pé do cañón. Fano, sobre todo, polas velliñas ás que coidan. "Cando os fillos xa teñen a súa vida, estas persoas... Estorban. Dáme moito pesar, porque son nobres. Estalas bañando todos os días, e de pronto, cóllenche a cariña e dinche: 'graciñas'. Iso é a maior inxección de enerxía para min", relata Marisol. Delas aprende unha morea de historias da guerra e da posguerra que lle van contando un día tras outro. Mentres as peina, mentres as viste, Marisol é quen de reconstruír mesmo o pasado dunha xeración enteira. "Claro, todas son de Santiago e andan pola mesma idade, así que me ensinan fotos e eu vou atando cabos". 


Así, Marisol vai encetando unha historia coa outra. Boa parte da conversa pasámola falando delas, das señoras ás que coida diariamente. "Nin te imaxinas o que eu aprendín con todas. Teño lido e relido El coronel no tiene quien le escriba, Relato de un náufrago... Chita ensíname cancións en galego e logo cántolle: polo mar abaixo vai...", ri.


VOLVER VIVIR CO SEU FILLO

A súa nai, dende a distancia, foi clave dende o primeiro momento en que Marisol pisou Galicia. Ela quedou en Colombia co fillo de Marisol. Tanto o pai coma a nai eran azucareiros. Vivían nun pobo que se creara ao redor da fábrica de azucre onde estaban empregados, La Carmelita, no Val do Cauca; ata que marcharon para a cidade ao que se xubilaron. Cando a súa nai faleceu, hai cinco anos, Marisol decidiu traer o seu fillo cabo dela. "A adaptación foi moi complicada, cambioulle o carácter... Eu parino pero non me recoñecía como nai. É moi difícil".


Os centros especializados en persoas con diversidade funcional axudárona moito. Tamén as súas amigas e as persoas máis achegas: Marisol, Malena, Lala, Rosa, Aurora... Di que con estas mulleres conta no día e na noite. "A vida púxome diante estas situacións e eu tiven que tomar decisións. A medida que vas camiñando, vas aprendendo. Somos ese berro silencioso, pero berramos. Non hai tempo para nós, todo o facemos por e para estes nenos. Pero eu son feliz cando o vexo a el rir, cando me toca o pelo, cando me di unha frase, iso é a felicidade".

Se o seu fillo non tivese autismo, di que seguramente non emigraría. "Tería que ter un soldo de presidente se quixera vivir alí con el". Marisol estudou Formación Profesional compaxinada co traballo, algo que foi moi custoso para ela, pero o seu soño era ser enfermeira en Colombia. Con todo, agora, a estas alturas da vida, ten claro que volvería repetir. Ten a conciencia tranquila: "Síntome cansa, doenme os pés, tomo pastillas para durmir, pero eu non cambiaría nada, porque me sinto orgullosa de min mesma. Resumiría a miña vida como... Boa, boa e tranquila".


A súa máxima, pola que se ergue cada día, tena sempre en mente: "Eu tireime ao río, teño que saír ao outro lado e non podo devolverme nin deixar arrastrarme pola corrente. Ás veces nadarei máis rápido e outras máis lento, pero sempre se nada".                 (Uxía Iglesias, Galicia Confidencial, 02/01/20)

4/2/20

Ortodoxos en Galicia: “Estráñanse de ver un sacerdote con sotana acompañado dunha muller e nenos”

"A Igrexa Ortodoxa en Galicia podería ter un número de seguidores arredor dos 800 ou 900, se se fai caso aos datos que ofrece o IGE sobre inmigrantes procedentes de países onde esta fe é maioritaria. Mais a enquisa só rexistra a Rusia, Ucrania, Rumanía e Bulgaria como lugares de procedencia de potenciais comunidades ortodoxas. 

Tamén habería que ter en conta galegos e galegas que se converteran a esta fe, outras nacionalidades, como os gregos, e coñecer o número real de practicantes que asisten ás eucaristías. En Galicia existen tres parroquias, a máis recente delas é a de Lugo que atende sobre todo a comunidade romanesa. Despois están as de Coruña e Vigo.

PUNTOS DE DIFERENCIA


A eucaristía ou misa ortodoxa non ten grandes diferenzas con respecto á católica romana. “As partes principais son as mesmas, veñen dos primeiros ritos cristianos, o caso é que todo está cantado e a misa é máis longa, unha hora e media”. Quen explica isto é Radu Iacob, sacerdote da parroquia ortodoxa de Lugo.


As igrexas ortodoxas son igrexas nacionais, non hai unha cabeza universal como no caso do catolicismo co Papa ou bispo de Roma. “Cada país ten o seu patriarca, por tanto o idioma da misa é o do país normalmente”. Tamén hai igrexas ortodoxas en linguas como o árabe, sobre todo situadas en Oriente Medio.


Os curas ortodoxos poden estar casados, mais deben estar casados antes de seren ordenados sacerdotes. No caso contrario non poden casar durante o seu sacerdocio. En tal caso, é unha elección libre de cada un. Un dato curioso é que no século XVIII un grupo de sacerdotes ortodoxos gregos creou un cisma e aceptaron ao Papa de Roma como o seu pontífice. Aínda así, conservaron as tradicións da igrexa ortodoxa, mesmo o dereito a estaren casados. É dicir, hai curas católicos casados, aínda que non se saiba moito.


En Rumanía considéranse crentes ortodoxos o 80% da poboación sinala Radu. “Mais cando é participar nas celebracións nas igrexas son menos, andarán sobre o 5%”. Sendo igrexas nacionais, o estado axuda á igrexa ortodoxa? “Non coñezo agora mesmo a relación entre o estado e a igrexa ortodoxa, si que é certo que o estado axuda a todas as igrexas recoñecidas”.  Os salarios dos sacerdotes dependen das achegas do estado, logo os sacerdotes poden aumentar o salario se a parroquia ten fondos para pagarlles ata un determinado límite.


VOCACIÓN E ESTUDOS


Os estudos para ser sacerdote son catro anos no caso de Romanía. Logo están os anos na facultade de teoloxía, que serían outros catro. No caso de Radu Iacob, os seus estudos no seminario “eran horas sobre liturxia, pastoral, tamén algunhas horas laicas, como lingua romanés, matemáticas e outras, só que agora os cambios no currículo aumentaron as horas de materias laicas”.


“Coa miña familia ía de peregrinaxe desde moi pequeno visitanto mosteiros, a partir de aí foime gustando a vida espiritual” di Radu. Esa vida espiritual foi o que animou a este romanés a seguir o camiño do sacerdocio. “Eu decidín seguir este camiño un ano antes de ingresar no seminario, para a miña familia foi unha noticia que non lles costou asumir”.

O número de vocacións tamén está diminuíndo no caso desta Igrexa. “Cando eu entrei había dous sacerdotes para cada praza, mesmo había casos de cinco ou máis candidatos por parroquias, polo que sei que agora mesmo o número  está baixando” di Radu. Cousa curiosa é que non se poden ordenar sacerdotes se non teñen unha parroquia.


CELIBATO VOLUNTARIO


Actualmente Radu ten muller e tres fillos. Coñeceu á súa muller cando xa vivía en España nunha igrexa ortodoxa romanesa. As familias xa se coñecían e logo casaron. O bispo que dirixía a diócese onde estaba Radu faloulle de ordenarse. “A miña muller e eu pensámolo durante unha semana e finalmente ela deume o seu apoio”. O papel da muller é moi importante para o sacerdote, “algúns din que é o 50% do traballo parroquial é cousa da muller” di Radu. "Ás veces hai xente que se sorprende de ver un cura con sotana acompañado dunha muller e nenos".


O salario dun sacerdote non é abondo para vivir. “Estou nunha parroquia misioneira, o meu non é un salario como en Romanía, recibimos unha axuda mensual desde o meu país, mais non é abondo para vivir”. Para complementar os ingresos Radu ten traballado sobre todo na hostalaría e en empresas de turismo.


Actualmente a parroquia que leva Radu abrangue as provincias de Lugo e Ourense. Segundo este sacerdote en Galicia había 9.000 romaneses rexistrados, no caso da súa parroquia descoñece o número real de persoas que poderían estar dentro da súa demarcación. “A media de persoas que acoden á misa anda sobre as 30 ou corenta persoas”.


Ás veces acoden persoas doutros países “recibimos a un búlgaro e hai pouco batizamos a filla dunha parella xeorxiana, sei que hai máis, como rusos ou ucranios, é posible que non veñan ao pensaren que só oficio en romanés”. Radu engade que tamén fai celebracións en español para as persoas doutras nacionalidades.


En caso de que unha persoa queira converterse á fe da igrexa ortodoxa, se a persoa é católica romana, non é batizada, porque o rito católico é recoñecido como válido, porque está feito baixo a Trinidade, o mesmo sucede con algunhas igrexas reformadas. “O que si facemos é a confirmación”.

Os ortodoxos son unha comunidade moi pequena en Galicia ademais de estar fragmentada segundo as nacionalidades de procedencia. Estímase que a comunidade máis numerosa é a romanesa. Como o celibato é algo voluntario, ás veces á xente de países católicos onde non houbo presenza ortodoxa anteriormente, lle choca ver un sacerdote con sotana acompañado dunha muller e nenos ata que explican a súa condición sacerdotal."                 (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 27/01/20)

16/1/20

Wage Kori, saharauí: "Eu creo que me sinto máis galego ca moitos de aquí"

"GC comeza aquí 'Chegada: Galicia', unha serie de entrevistas a persoas que, dende diferentes partes do mundo, colleron un billete de ida cara a Galicia e non volveron marchar. O primeiro en abrir esta quenda de conversas é Wage Kori, un rapaz do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara. Cun galego perfecto, cunha gheada orgullosa, Wage relata como foron aqueles tempos en que chegou a Frades, a aldea que o acolleu.

 Galicia sempre foi terra de emigrantes. Poucas casas debe haber que non teñan familiares no estranxeiro. Mais ás veces, esquecemos axiña a nosa propia historia, esquecemos que houbo un tempo en que eramos nós quen marchabamos a outras terras cunha maleta a medio encher e na procura dunha vida mellor. Esquecémolo, sobre todo, cando máis nos precisan como terra de acollida. Bo é que a historia sempre está aí, para recordarnos o que fomos e guiarnos no futuro, para non repetir erros e para calar bocas.

 'Chegada: Galicia' é o que versan os billetes de avión, tren ou autobús - cando é que hai billetes - de moitas persoas que, dende diferentes partes do mundo, viñeron dar a este país. Por iso, 'Chegada: Galicia' comeza agora en forma de serie de entrevistas que o GC abre para visibilizar as historias desas mulleres e deses homes que, un día, colleron un só boleto no despacho de billetes, o de partida. 

Son as oito, xa é noite pecha e chove. Os bares da redonda da Ponte Carreira vanse enchendo ao que rematan as xornadas de traballo. O trasfego de coches de arriba para abaixo dálle ao pobo unha especie de 'vida de paso'. Vexo ao lonxe que se achega cara a min un rapaz riseiro que escapa da choiva. "Son Wage! Encantado! Pasamos logo tomar algo?". Pasamos, claro!


Wage Kori traballa nunha empresa de construción de pladur en Sobrado dos Monxes. Entra no bar e pide o de sempre. Xa leva aquí 17 anos dende aquel día en que pisou un pé por primeira vez en Galicia, e en concreto, en Ledoira - Frades -, a aldea de onde é a súa familia de acollida. A infancia ata os oito anos pasouna no campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara. "O día que viñen todo eran choros. Do único que me acordo é de ter ganas de marchar", di cun medio sorriso. "Claro, imaxínate o contraste".

CHEGAR A UN MUNDO NOVO


Aquel rapaz de oito anos nunca vira diante tanta árbore xunta. As paisaxes verdes e húmidas resultábanlle estrañas. E tamén as vacas que pacían mansas ao longo dos prados de Ledoira. Facerse cun lugar totalmente novo leva o seu tempo. Ao principio, Wage botaba aquí os dous meses do verán e logo volvía para o seu lugar de orixe. Mais dunha vez, veu para quedar. "Tiven a sorte, ou a desgraza, de ter que operarme dun ollo. Tiña unha mancha e se seguía aumentando podía quedar sen vista", conta. Había que escoller: "Ou quedar sen ela ou quedar aquí".

Do seu relato, vaime sorprendendo tamén o seu xeito de se explicar. Wage conta a súa historia cun galego que ben quixeran moitas persoas. Dá gusto escoitar a súa gheada e a súa fonética coidada. O peculiar acento saharauí dálle novos matices á lingua, pero á vez, Wage abre e pecha as vogais no lugar exacto, pronuncia cada ene velar. O seu idioma nai é o hassaniyya, un dialecto do árabe, e cando chegou aquí era no único no que sabía comunicarse. 

"Vaste integrando pouco a pouco coas xentes e coas formas. Ao principio foi complicado, non sabes a lingua... Eu comecei a aprender con sinais, con xestos", prosegue. A súa profesora Teté e tamén a súa nai adoptiva foron mulleres que lle axudaron moito á hora de manexarse no idioma. "Aprendín antes o galego ca o castelán. Claro, aquí os rapaces falan o galego, e daquela eu aprendín o galego, e con orgullo!", di fachendoso.


"Sentía algún rapaz dicir: 'andamos co lapo', e eu pensaba: 'Pero que será o lapo?' Pensaba, pensaba, preguntáballe a Teté... Ata que me decatei de que era o fouciño! Esas cousas do día a día valas aprendendo aos poucos. Ademais cada zona ten as súas expresións", explica. "Chegas a un mundo novo e quéreste empapar de todo". No instituto tivo sorte, conta, porque a integración non foi demasiado difícil.

 "Acordome que ninguén vira un estranxeiro que estudara con eles, e menos africano, e menos do Sáhara, e daquela, por riba, chegaba recén operado e co ollo tapado: africano e torto, vamos, que o levaba todo!", conta con humor. "Pero en xeral tiven a sorte de estar nunha zona onde a xente que me rodeou me axudou moito. Agora xa te sentes integrado de todo".

"GALICIA CHUPOUME TANTA SANGUE"


O mar foi o que máis lle sorprendeu cando arribou aquí. "Aínda me sigue impresionando. Meu avó tiña unha caña de pescar e eu nunca souben para que era aquilo ata que cheguei a Galiza. E actualmente son pescador", di paradóxico. Wage veu moi neno e axiña fixo súas as formas de vida do país e do rural. "Eu son da aldea total!", reivindica. "Os paseos dos domingos non hai quen mos quite". 


"A miña idea do futuro é mercar a miña casiña, na miña aldea. Galicia chupoume tanta sangue...". Nas súas palabras nótase compromiso, entendemento, verdade. "Eu creo que me sinto máis galego ca moitos de aquí. Falo coa xente e penso: eu son de aló e defendo os de aquí, e ti es de aquí... E que defendes?". Tamén na familia de acollida propiciaron ese xeito de entender a vida máis "integrista", como el lle chama. "Síntome encantado e afortunado de empaparme da cultura galega. 

Mais é curioso: vou á Coruña e escoito sempre falar castelán, ata lles parece unha cousa apartada falar o galego. Sorpréndelles que o fale, e é a nosa lingua... Por que teño que falar outra?", pregúntase. "Senteno como algo aldeano. E que pasa se son aldeano? Simplemente teño a sorte de poder falar varias linguas". El mesmo vai construíndo o seu propio discurso entre sorbo e sorbo de cervexa. 


Conta un detalle moi significativo. Nas festas sempre coincide cos seus primos adoptivos, que falan o castelán. A brincadeira que lles fai nunca pasa de moda. "Dígolles: mira que ter que vir falar o de fóra o galego e o de aquí o castelán...", bota a rir.

A BUROCRACIA


Quizais unha das cousas máis complexas cando mudas de país sexa a xestión do papeleo, a burocracia, atoparte cun sistema de normas inflexibles. "Eu botei case dez anos cunha tarxeta verde que che daban, que nin entendías nin sabías para que servía, e aínda actualmente, ao ser do Sáhara, é coma se non foras de ningún país, estás nun limbo. Esta é a realidade", relata. No seu documento de residencia pon "apátrida", isto é, que carece de nacionalidade legal. 

"Podes traballar e desenvolver a túa vida, pero tes trabas curiosas", conta. "Acórdome que fun unha vez ao Media Markt e precisaba unha factura. O que estaba atendendo, que era compañeiro meu, pediume o carné. 'Pero aquí pon apátrida, non aparece ningún país!', díxome. Ao final puxo a súa documentación e punto, era o camiño máis rápido. Situacións tan sinxelas coma esas...".

A VIDA ALÁ


Wage emigrou moi mozo, mais os recordos do Sáhara non se lle esquecen. El naceu no campamento de refuxiados de Smara e lembra que daquela vivían ao redor de 50.000 persoas, aínda que calcula que agora a poboación debeu triplicarse. "Para min foi un fogar marabilloso. Tiñas a inocencia dun crío. Sempre había risas", relata. Xogaban á pelota cuns cantos calcetíns envoltos, e dalgún xeito, ese xogo cativo rachaba coa rutina do día a día, marcada polos camiños da casa cara á escola e da escola cara á casa. Medrou cabo da súa nai, da súa irmá e dos seus avós. "Miña nai e miña irmá son o máis do máis, téñoas nun pedestal. E tamén á familia de recollida, que por certo, vou presumir do meu irmán: é campión de España de cálculo mental!", di con orgullo.


Aló, naquela escola de Smara, eran preto de 40 rapaces nunha mesma aula. Buscando nos recordos daquel tempo, Wage trae á memoria certos hábitos do seu día a día: "Alí, por exemplo, non había persoa da limpeza como hai aquí, alí tiñas que limpar ti. Cada semana había turnos de dúas persoas. Traías o cepillo da túa casa e limpabas. É curioso". Onde Wage estudaba non había separación por xénero, nenos e nenas aprendían xuntos. "O Sáhara sempre foi máis avanzado ca o resto de África en cuestións de feminismo".


A conversa vai chegando ao seu fin... Como sería o teu futuro se non emigraras?, pregúntolle. Wage ponse a cabilar. "Imaxínome coma o meu tío. El vai a Mauritania, merca cousas e véndeas no campamento. O futuro ninguén o sabe, pero non habería máis ca iso", pensa. "Agora acostumáronnos ás desgrazas. Estás xantando, ves un morto nos medios de comunicación, e segues xantando. As fronteiras fan falta, pero sempre de maneira razoable. Ti non podes poñer concertinas porque cando unha persoa fai 2.000 quilómetros, unha valla non a vai parar". Wage sentenza firme: a sede ten máis forza, máis poder, ca calquera alambre de coitelas. "                     (Uxía Iglesias, Galicia Confidencial, 18/12/19)