Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: soluciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: soluciones. Mostrar todas las entradas

24/5/19

"Estou orgulloso de vivir na primeira cidade do Estado que crea unha renda social municipal". Pero tamén hai outras, como evitar a bancarrota á que nos levaba a chapuza do Conde de Fenosa, e que suporía deixar de prestar algúns servizos públicos esenciais...

"A chegada do actual alcalde da Coruña a María Pita mudou o tradicional mapa de reparto de actas na Galiza. Xulio Ferreiro á fronte da Marea Atlántica obtivo 10 actas e o bastón de mando da cidade. En poucos días Ferreiro afronta o reto da reelección nun concello onde todo apunta a que o vindeiro goberno será plural e asentado en pactos entre distintas forzas. Ferreiro coñece ben a cidade. Naceu no barrio dos Mallos, estudou no Instituto Rafael Puga Ramón e actualmente vive na Gaiteira. É profesor titular de Dereito e maxistrado suplente da Audiencia Provincial de Lugo, ademais de socio e seareiro do Dépor. Responde por correo electrónico o cuestionario para Sermos Galiza.

Que valoración fai do seu mandato?

Foron catro anos positivos para A Coruña, nos que se iniciou un cambio de modelo de cidade moi necesario. A Coruña ten hoxe unhas prioridades sociais claras, unhas políticas que buscan a cohesión social de maneira transversal, desde un urbanismo integrador, que aposta pola accesibilidade universal e se reparte nos barrios, até a aposta por unha economía sostíbel e innovadora.

A Coruña é hoxe unha cidade que ten como preocupación as persoas e a creación dun contexto máis amábel e vivíbel. Temos un modelo de mobilidade máis sostíbel e diverso, máis europeo, que prioriza o transporte público, a bicicleta e os desprazamentos a pé, e temos claras as prioridades para naturalizar a cidade e aportar o noso gran de area, o noso esforzo, no combate global contra o cambio climático.

Creo que hoxe A Coruña é unha cidade puxante, na que pasan cousas e tamén un lugar que hoxe é máis xusto e que o será aínda máis nos vindeiros anos, cando a Marea Atlántica afonde neste cambio de modelo.

De todas as medidas que impulsou, cal salientaría e por que?

Dicir que é moi difícil escoller unha non é un tópico neste caso. Estou moi orgulloso de moitas cousas que fixemos e todas son importantes, cada unha no seu ámbito. Estou orgulloso de vivir na primeira cidade do Estado que crea unha renda social municipal, tamén de ser o primeiro goberno que en 30 anos loitou e conseguiu baixar o prezo do bus urbano e que sexa gratis para menores de 13 anos, da extensión do carril bici, do Plan de Vertido Cero na nosa ría e de ter plantando máis de 1.500 árbores, ou das canles de participación cidadá abertas nestes catro anos, entre outras.

Todas estas foron medidas moi positivas para a cidade, que se notan no día a día. Pero tamén hai outras, como evitar a bancarrota á que nos levaba a chapuza do Conde de Fenosa, e que suporía deixar de prestar algúns servizos públicos esenciais, vender patrimonio público e subir os tributos locais, ou a batalla que estamos a dar para que o porto da cidade sexa terreo público, aberto ao uso e ás necesidades dos coruñeses e das coruñesas. Cousas que supuxeron un traballo inxente para este goberno e que son máis difíciles de palpar no día a día da veciñanza.

Que dificultades enfrontou estes catro anos o seu concello?

Atopamos un concello con graves necesidades de persoal. As políticas de restrición que impuxo o goberno do Estado crearon moitísimos problemas para manter e estender os servizos municipais e iso foi un freo para moitos proxectos e unha sobrecarga para o cadro de persoal actual.

Padecemos, ademais, unha oposición moi pouco construtiva, que puxo trabas á aprobación de tres dos catro orzamentos do mandato, e un contexto político que levou ao bloqueo por parte da Xunta e do Estado de actuacións esenciais para A Coruña, como a reforma de Alfonso Molina, a estación intermodal ou a conexión ferroviaria ao porto exterior, por exemplo, que repercuten directamente na cidadanía.

Como valora o papel da oposición?

O non polo non. Creo que lles faltou valentía, e algo de imaxinación política. Foi moi complicado chegar a acordos co PSOE, que se empeñou en poñerse á altura do PP local e co que por momentos foi difícil a interlocución, con tantos cambios na portavocía e viraxes nas súas posicións.

O PP coruñés fixo o que despois fixo o novo PP de Pablo Casado: unha oposición disparatada, agresiva, sen límites nin respecto ningún. Unha oposición ao goberno e á cidade, que se prolonga en cada administración na que goberna, e que non dubida en acusar de maneira falaz ou xudicializar a vida política, a pesar de que sabe que alí tampouco atopa a razón. Supoño que é a estratexia de quen carece de modelo e de proxecto para a cidade. Pero xa está vendo que nin así teñen resultados.

Cal é a principal necesidade do seu concello?

Temos que seguir avanzando no modelo de cidade posto a andar neste mandato, en contraposición co modelo de negocio que propoñen outros. A necesidade é poñer as persoas no centro, o que significa que imos seguir poñendo en marcha medidas que teñan fondo social.

Temos dez retos que van marcar toda a acción do goberno e que van no sentido dos grandes desafíos globais: a vocación de liderado, a mobilidade sostíbel, a loita contra o cambio climático, a innovación, a igualdade de xénero, a xustiza social, os coidados, a cooperación, o dereito á cidade e o poder da proximidade, que é a capacidade para sacar adiante un proxecto de convivencia, máis alá das competencias concretas que ten unha administración pública como a local, e o reto de resolver os problemas que outras administracións son incapaces de ver, ou ben non queren atender. Para todos eles propoñemos medidas claras e eficaces.

En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará no novo mandato?

Hai moitos proxectos clave que a nosa cidade precisa e que non poden concretarse sen a colaboración do resto das administracións. Por iso anunciei na presentación do programa de goberno que cando rematen as eleccións as sentaremos nunha Mesa Permanente de Cooperación e tamén que reuniremos os principais actores sociais e económicos da cidade nun Consello da Cidade. Tamén iniciaremos os procesos para dar cumprimento a medidas sociais clave como a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos."
(Entrevista a XULIO FERREIRO, CANDIDATO Á ALCALDÍA DA CORUÑA. MAREA ATLÁNTICA, Sermos Galiza, 10/05/19)

20/6/16

Compostela aproba a 'Renda Municipal de garantía básica cidadá'

"O pleno municipal de Santiago aprobou este xoves inicialmente a nova ordenanza Compostela +, na que se inclúe a Renda Municipal de garantía básica cidadá, ademais doutras cinco axudas complementarias de rescate social. 

Con esta proposta do Goberno local, a cidade únese á Coruña, que este luns tamén aprobou en pleno a súa Renda Social Municipal, de contido semellante. A proposta contou cos votos a favor de Compostela Aberta, PSOE e BNG e a abstención do PP. A aprobación definitiva dependerá do apoio dos grupos da corporación no pleno do mes de xullo.

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, explicou que esta ordenanza substitúe a Santiago Suma, inexecutable a pesar de que "a nosa primeira intención foi aplicala sen dilación, aínda que a considerábamos moi mellorable.

 Tiñamos claro que era o instrumento co que contabamos para poder abordar as situacións de emerxencia social e de pobreza no noso Concello. Fora feita para chegar a aquelas situacións onde non chegaban as prestacións autonómicas, claramente insuficientes".

As rendas que os dous gobernos municipais impulsan teñen características semellantes buscan dar cobertura a persoas en situación de vulnerabilidade que na actualidade non perciben a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), á que só poden acceder aquelas persoas que carecen de calquera ingreso. 

Porén, como sinalaban hai uns días en conversa con Praza tanto Xosé Cuns (EAPN-Galicia) coma Marta Capeáns (COTSG), nos últimos anos estamos a asistir ao crecemento de novas modalidades de pobreza, mesmo entre persoas que teñen un emprego, pero con contratos a tempo parcial ou con grandes doses de precariedade e salarios baixos, persoas que si teñen ingresos, pero non os suficientes para poder facer fronte ás súas necesidades básicas.

 A iniciativa inclúe a xa comentada Renda Municipal de Garantía Básica, que busca que todas as persoas empadroadas en Compostela poidan "facer real e efectivo o seu dereito a un nivel de vida adecuado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios". 

A prestación, de 12 meses prorrogables a 24 segundo informe de servizos sociais, vai dende os 532,51 euros mensuais ata os 798,58, en función do número de persoas ao cargo da solicitante. Compostela + incorpora ademais unha novidade moi importante, como é a cobertura das persoas migrantes en situación irregular.

 Porén, a ordenanza vai máis aló e incorpora unha serie de cinco prestacións de rescate social "de carácter extraordinario e puntual, subsidiarias e complementarias dos servizos sociais previstos na lexislación vixente". Estas axudas para situacións de urxencia servirán para cubrir necesidades básicas (alimentación, vestido, aloxamento...) ou para paliar a pobreza enerxética e colaborar co equipamento básico de vivenda. 

Hai tamén prestacións complementarias ás dependencias ou discapacidades. Ademais, incorpórase unha nova axuda para o fomento do dereito á educación para estudos postobrigatorios e unha prestación para saúde bucodental. O Goberno local de Compostela destaca que a ordenanza xa foi presentada á oposición e ás entidades sociais da cidade, "que a enriqueceron aportando as súas achegas" e espera que "poida servir de referencia para outros concellos do país e do conxunto do Estado".             (Praza Pública, 17/06/16)

3/6/16

A Coruña poderá iniciar a súa renda social municipal a partir do 6 de xuño

"Luz verde para Renda Social Municipal da Coruña. A publicación no DOG, o pasado 18 de maio, da Lei da economía social de Galicia permitirá tamén o inicio deste instrumento, do que se poderán beneficiar entre 500 e 1000 familias coruñesas este ano. 

O Consello da Xunta celebrado o pasado 11 de febreiro aprobara o decreto polo que se definía a carteira de servizos sociais e prestacións de inclusión, do que dependía esta iniciativa municipal e que lles permite ás administracións locais ofrecer subsidios equiparables á RISGA. 

Porén, ata agora non fora publicado no DOG, algo que vén de suceder, ao estar vinculado este decreto coa devandita Lei de Economía Social, que entrará en vigor o día 6 de xuño.

A ordenanza que regula este instrumento será debatida no vindeiro pleno municipal. 

Nos últimos días o propio alcalde, Xulio Ferreiro, criticara en público o atraso da Xunta na publicación do decreto, o que estaba bloqueando a posta en marcha da renda social municipal. Ferreiro sinalara que "a Xunta parece que non ten intención de publicalo, supoño que non queren que poidamos contar con ferramentas para mellorar a vida da xente". 

A axuda, de 532 euros mensuais, servirá para cubrir as necesidades básicas das persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social na cidade e que non teñen dereito a Risga (Renda de Inclusión Social de Galicia) ou prestacións análogas. A cantidade incrementaríase nun 25% por cada membro da unidade familiar solicitante e a axuda só podería outorgarse durante seis meses, prorrogables ata un máximo de 18. 

Os Orzamentos da cidade para 2016 reservan 40,5 millóns de euros para políticas sociais, un incremento do 20% en relación a 2015, e destinan ao redor de dous millóns de euros para os seis meses previstos de aplicación da renda social municipal neste exercicio."       ( Praza Pública, 27/05/16)

26/11/14

La Xunta rechaza subir el IRPF a las rentas altas... a las suyas

"El Grupo Popular ha rechazado todas las enmiendas de la oposición a los presupuestos gallegos para 2015, ya que, según la conselleira de Facenda, Elena Muñoz, las propuestas presentadas  "no se adaptan a la realidad", contienen una previsión de ingresos que "son irreales" y unas demandas que "no son viables". 

PSdeG, AGE y BNG pedían aumentar la presión impositiva sobre las rentas más altas, los bancos, las grande superficies comerciales y las empresas contaminantes para aumentar la recaudación fiscal de la Xunta.

El socialista Juan Carlos González Santín ha defendido un plan para recaudar 364 millones de euros más modificando los tipos en los tramos más altos en el IRPF (para obtener 33 millones), el impuesto de Patrimonio (se recaudarían 35 millones), así como el de sucesiones y donaciones (72 millones) 

Además, los socialistas han puesto sobre la mesa una  "imposición verde" que permita obtener nueve millones; así como un impuesto que grave los depósitos de entidades financieras --hasta 35 millones-- y otros sobre grandes áreas comerciales.

Según Yolanda Díaz, de AGE,  se podrían lograr 150 millones de euros adicionales con una subida de impuestos a las clases más altas y a la banca y nuevas cargas también a las grandes superficies comerciales y a las bebidas de alto contenido en azúcar. 

El plan expuesto por la nacionalista Ana Pontón consistía en crear un nuevo tramo dentro del IRPF para los ingresos superiores a los 100.000 euros anuales, reducir el mínimo exento de Patrimonio y, al igual que proponen PSdeG y AGE,  gravar los depósitos bancarios, las empresas más contaminantes y los macrocentros comerciales. Según el BNG, de ese modo se recaudarían 275 millones.

La subida en el tramo autonómico del IRPF a las rentas altas, según la conselleira Muñoz, no resultaría relevante para las arcas de la Xunta. Según ella, una subida a partir de los 60.000 euros anuales  -incluida en las propuestas del PSdeG-- "sólo afectaría a un 1,5%" de los contribuyentes, con "un escaso efecto"; mientras que un incremento a partir de los 100.000 euros se traduciría en "una subida que afecta al 0,38% de los contribuyentes". A AGE le ha reprocha que "no aclare" cuáles son las rentas altas a las que quiere gravar más. (...)"           ( El País, Santiago 24 NOV 2014)

18/9/14

Nace Arousa Solidaria para que las familias más pobres puedan subsistir cultivando fincas

“Hay profesiones que te sumergen en el mismo pozo de la crisis mientras otras te anestesian emocionalmente ante el pobre silencioso y solo piensas, mala suerte”. 

Así sintetiza el psicólogo Juan Maneiro las dos maneras que tiene la sociedad de percibir la pobreza ajena que se está cebando con aquellas familias que llevan meses, incluso años, subsistiendo de la caridad porque el paro no da tregua. Desde su gabinete psicológico, comprobó los estragos de la crisis; la dinámica autodestructiva que genera en el ser humano la falta de trabajo y la inercia de vivir de la beneficencia. 

Él y su grupo de nueve amigos, dedicados a otras profesiones muy dispares, también conocen de cerca situaciones límite de familias de Vilagarcía y de otras poblaciones del entorno, y después de recaudar donativos y colaborar varios años con asociaciones que prestan ayuda alimentaria, un día decidieron crear la suya propia y mover las conciencias de políticos, empresarios y ciudadanos para poner en marcha su plan de choque para el parado crónico.

Así nació Arousa Solidaria, que se registró como asociación sin ánimo de lucro el 1 de julio, después de meses de gestiones para reunir 7.000 metros cuadrados de terrenos donde las familias más necesitadas podrán encontrar un medio de subsistencia en la agricultura y aprender un oficio que les procure un futuro laboral estable.

Su presidente, Suso López, empleado municipal en el departamento de recaudación –donde también comprueba a diario la sangría del desempleo- confiesa que el parto no fue fácil pero ha valido la pena. “No somos el Inem pero nos preocupamos del ser humano y si podemos ayudar al treinta por ciento de la gente que llega hasta nosotros nos sentiremos completamente satisfechos”, dice.

El proyecto arranca con cinco familias seleccionadas después de pasar todos los filtros de los servicios sociales aunque el programa pretende llegar a las cincuenta o más. Comenzaron acudiendo al ayuntamiento que habilitó dos parcelas de 1.500 metros en la zona de Rubiáns y luego llegó el resto: unos enormes terrenos de La Golpelleira, un histórico minifundio que perteneció a una familia de aristócratas y que han sido cedidos por sus herederos, los Ramírez Esparza.

El programa contempla la plantación sostenible de distintas variedades de la huerta hasta obtener un semillero propio y autosuficiente, incluso un criadero de gallinas. Con esta tarea está comprometido Edgar Fernández, un ingeniero forestal y miembro de la asociación. Los aperos serán donados por empresas especializadas y el suministro de agua será gratuito mediante un acuerdo de colaboración con la empresa Espina y Delfín.

Para que las familias puedan obtener otros productos sin ningún coste, la asociación prepara un concierto con la Asociación Amigos de Galicia para que estos cedan sus stocks a los futuros agricultores a cambio de sus verduras, huevos y hortalizas. “Cada familia tendrá su parcela propia y vivirán del trueque, aunque compartirán una común para intercambiar entre ellas servicios y mercancías”, explica Suso López.

 “Nuestro razón de ser es mentalizar a la gente de que hay esperanza, de que hay vida después del paro y la pobreza más extrema y son muchos los que están colaborando con nosotros para que el panorama cambien, aunque todas las ayudas sean pocas”, dice el presidente de Arousa Solidaria.

Aunque en Galicia han surgido otras iniciativas parecidas de instituciones públicas y religiosas, esta es la primera que se pone en marcha contando con la aportación de terrenos privados, y la asociación espera que surjan muchas más concesiones para ampliar el programa de ayudas a otros ayuntamientos de Arousa.

En realidad la idea partió de Laurent Duteil, un francés asentado en Galicia que trabaja en la fábrica de velas del regatista y campeón del mundo, Pedro Campos, en Caldas de Reis. Duteil propuso a sus amigos emular una práctica que se ha puesto de moda en la capital francesa donde los altos ejecutivos alquilan fincas de labor a las afueras de París para desestresarse con los aperos de labranza. Pero también se impone como una alternativa para los que no encuentran un empleo y quieren reciclarse en el oficio de la agricultura para subsistir.

“Si esto cumple las expectativas servirá además de terapia para los parados de larga duración porque vivir de la beneficencia anula la personalidad y te condena a ser un parásito de la sociedad”, afirma Maneiro, que ha asumido la vicepresidencia de la asociación.

“La evolución de la crisis está mostrando una cruda realidad y es que cualquiera puede acabar en el banco de la alameda en cualquier momento, y que nadie está seguro en el trabajo que tiene. Los brotes verdes de la clase media y baja son los pimientos y los tomates y cada día hay más gente que cruza esta línea”, afirma el psicólogo de Arousa Solidaria."                  ( , El País, Vilagarcía de Arousa 13 SEP 2014)

13/6/14

Parados y voluntarios montan huertos en tierras abandonadas de las ciudades para exigir un empleo digno

Promotores del huerto urbano de Caranza, en Ferrol. / GABRIEL TIZÓN

"No tienen empleo pero trabajan. Usan las manos para transformar la tierra por iniciativa propia sin remuneración económica. 

Su premio son las lechugas, tomates y ajos que extraen de un labradío a la orilla de la ría ferrolana y que reparten equitativamente entre los cinco socios de una huerta comunitaria que ocupa parte de un gran solar baldío en zona de dominio público marítimo terrestre de la Autoridad Portuaria de Ferrol, con la grúa pórtico de la antigua Astano como telón de fondo.

“Una caja de patatas también es riqueza en una escala que no se valora”, explica André Martínez Ces. Este ferrolano en paro de 35 años, es uno de los cinco hortelanos novatos —Marta, Fátima, Juan y Paco— que se turnan tres días por semana (lunes, miércoles y viernes) para labrar de 17 a 20 horas la huerta comunitaria que comparten en el barrio de Caranza, a tiro de piedra del paseo marítimo que bordea la orilla norte de la ría. 

De los cinco, sólo Marta tienen trabajo y Paco, el mayor, es pensionista. André trabajaba en el metal y en la marea hasta que la crisis naval lo dejó fuera.

Antes de ser un polígono obrero con unos 11.000 vecinos repartidos en torres y bloques de viviendas, Caranza era una gran huerta hecha a retazos de pequeños minifundios de ribera. Su huerta, explica Ces, es parte de una gran parcela en desuso —unos 5.000 metros cuadrados calcula— con una tierra excelente donde todo se da bien. 

Por ahora, lo que brota con mejor sabor son las lechugas, tomates, patatas, cebollas, pimientos y ajos, seis ingredientes básicos para cualquier cocina y plato. “Lo repartimos en partes iguales pero para comer todos los días no da aunque ayuda”, admite.

 Parte de la huerta de Caranza es comunitaria y parte no. Hay otras 10 familias, en paro la mayoría, que cultivan el mismo solar por su cuenta y sin ceñirse a los turnos y horarios que tienen marcados.

“No venimos de tradición labriega. Lo hacemos por necesidad y por compromiso”, se explica Ces. Cuenta que el huerto es una fórmula productiva de protesta social para mostrarle a la Administración que se puede generar empleo arando el suelo público. 

“Transformamos el terreno sin maquinaria pero no implica que queramos hacerlo gratis. Es el ejemplo para exigir un trabajo con derechos”, matiza André, que integra el Foro Social de Ferrolterra, una asamblea ciudadana muy activa contra los desahucios y recortes en servicios públicos.

Tras dos años plantando plácidamente sus esquejes y cogollos en Caranza sin que ningún poder público les chistase, el Puerto les envió este mes a una patrulla de la policía portuaria para tomar nota justo después de que su huerto reivindicativo saliera en prensa. 

La asociación de vecinos de Caranza también se ha quejado y pide que se regulen estas huertas por miedo a que se extienda la moda de ocupar tierras públicas. “Legalmente, pueden tener razón pero no se tratar de quitar nada. Es aprovechar lo público y está abierto a todos”, replica Ces.

Esa especie de comuna hortícola de Caranza no es el único ejemplo que hay en la urbe para sacar provecho a la tierra baldía. En Canido, hace años que unos vecinos que se hacen llamar los mapuches se pusieron a labrar las fincas urbanas condenadas al barbecho eterno por el abandono de sus dueños legítimos en la falda del monte que cae desde el barrio alto de Ferrol hacia la ensenada de A Malata.

Con distinto objetivo trabajan la tierra en la parroquia de San Antonio de Padua, en Lugo. El cura, Alberto Leiva Torreiro, abandera desde abril la plantación de patatas para rellenar la despensa de docenas de familias en apuros que recurren a la beneficencia parroquial para comer. Se trata de generar recursos para la solidaridad y ser útiles contra la pobreza, resumen.

 La finca la cedió un feligrés y el trabajo es voluntario. “Intentamos integrar la ayuda prestada con el compromiso de quien la recibe”, explican desde la parroquia, que pesigue “generar recursos para la solidaridad y ser útiles contra la pobreza”, con una oferta de labranza que abren a cualquiera que quiera poner su granito de arena para remover la tierra.

En Santa Marta, en Conxo, a las afueras de Santiago, otros 10 vecinos se turnan en el cultivo de una docena de bancales de una huerta que comparten en tierras del Ayuntamiento. Ramón González Paz, coordinador de la Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), calcula que esta huerta ocupa unos 300 metros cuadrados en un solar de 5.000, que viene a ser un 6% de un terreno desaprovechado. 

Tienen casi de todo lo que se puede plantar en primavera y un pequeño jardín para las hierbas aromáticas que reparten entre ellos. 

El modelo libre y autogestionado de la huerta de Conxo es muy distinto del oficial que el propio Ayuntamiento compostelano tutela en Belvís, cediendo pequeñas parcelas de cultivo a los vecinos que las solicitan, similar a lo que hace la Diputación de Lugo junto al río Rato, o el consistorio de Vigo en el barrio de Lavadores.

“No es que los vecinos de Conxo que quieran estar en rebeldía al margen de la legalidad pero pasaron a la acción cuando el Ayuntamiento no les dio permiso”, explica la AGHU. Esta asociación que concentra a los horticultores urbanos cuenta con 200 socios y medio millar de simpatizantes en Galicia.

 “Para muchos, ponerse a cultivar es una afición que viene y va por oleadas”, dice Paz, que señala al huerto urbano de Fontáns (Vigo), como uno de los ejemplos mejor organizados, con 2.200 metros cuadrados sembrados de nabizas, lechugas y brecol donde los veteranos de la siembra ilustran a los vecinos debutantes en la cuestión hortelana."                 ( , El País, Ferrol30 MAY 2014 )

25/2/14

El Deportivo sale del proceso concursal... y Lendoiro se va de rositas

"Un año y un mes después de entrar en proceso concursal el Deportivo vuelve a estar administrado por los directivos de la entidad después de que el Juzgado Mercantil número 2 de A Coruña diera el visto bueno esta mañana el convenio de acreedores aprobado el pasado día 10 de enero, un acuerdo promovido por el entonces presidente del club, Augusto César Lendoiro.

 Así, el Deportivo se aviene ahora a un calendario de pagos que se inicia con dos años de cadencia y le obliga a pagar 40 millones de euros en créditos ordinarios y subordinados hasta enero de 2048. 

La quita sobre la deuda original (cifrada en unos 160 millones) se confirma, por tanto, en un 33% por lo que se evita definitivamente la posibilidad de que el juzgado abra una pieza de calificación sobre posibles responsabilidades en la gestión del consejo de administración gobernado por Lendoiro

 La aprobación del convenio conlleva que los administradores concursales Francisco Prada y Julio Fernández Maestre cesen en sus funciones, pero no aclara el panorama económico del Deportivo, pendiente de que su nuevo equipo directivo presidido por Constantino Fernández Pico llegue a un acuerdo con la Agencia Tributaria y los bancos SabadellGallego y NCG sobre los plazos para abonar el resto de la deuda, privilegiada y no sometida a quita en el convenio.

 Con la Hacienda pública restarían por liquidar, pendiente de fallos judiciales, sobre partidas embargadas, unos 60 millones de euros y con las entidades financieras en torno a 38. Tino Fernández ya ha deslizado que el acuerdo podría estar próximo a sellarse. Se conocería entonces la auténtica hoja de ruta que le aguarda al Deportivo para las próximas décadas."           (El País, 07/02/2014)

17/1/14

Ortigueira destina 300.000 euros a crear 30 empleos directos en el polígono de Cuíña

"El Concello de Ortigueira ha agotado la partida de 300.000 euros aprobada por el gobierno local para apoyar la creación de empleo a través del asentamiento de nuevas empresas en el polígono industrial de Cuiña. La línea de ayudas municipal ha permitido la instalación en la localidad de tres nuevos proyectos empresariales y ha favorecido la creación de 30 puestos de trabajo por un período mínimo de cinco años.

La subvención de mayor volumen corresponde a la aseguradora Eje Atlántico 3000 SL (un importe de 250.000 euros con la finalidad de crear 25 puestos de trabajo a tiempo completo); la segunda peticionaria fue Conservas Mar de Ardora SL (30.000 euros para subvencionar a trabajadores a tiempo completo), y la planta dosificadora de hormigón Oysor (20.000 euros para dos puestos de trabajo a tiempo completo).

Las ayudas suponen una cuantía de 10.000 euros por puesto de trabajo creado en las empresas que iniciaron durante el pasado año su actividad en el polígono industrial de Cuiña.

Las firmas deberán garantizar el mantenimiento de la actividad y los empleos por un período mínimo de cinco años y, en caso de incumplimiento de las bases, tendrán que devolver la ayuda concedida."             (La Voz de Galicia, 13/01/2013)

14/3/13

La CIG crea un banco de alimentos para sus afiliados

"La CIG está poniendo en marcha un banco de alimentos para sus afiliados que estará dirigido a aquellas personas que están pasando por dificultades. «Para nada é un plan de beneficencia», afirmó Xesús Anxo López Pintos, portavoz comarcal del sindicato, que recogerá alimentos no perecederos tanto en su local como en las sedes del Forga en Fene y Narón y también en las grandes empresas, con el fin de realizar posteriormente dos repartos al mes.

La central ha enviado cartas a todos sus afiliados -alrededor de 9.000 en las tres comarcas- para explicarles la iniciativa y los requisitos para beneficiarse de esta acción, a la que podrán acogerse las unidades familiares que no lleguen a alcanzar el salario mínimo interprofesional y también los que superen ese salario pero cuentan con hipotecas. 

Ana Vérez, secretaria comarcal da Muller de la CIG, será la coordinadora de este plan y afirmó que también serán beneficiarios aquellos afiliados que se han dado de baja por problemas económicos en los últimos nueve meses."          (La Voz de Galicia, Ferrol, 11/03/2013)

10/2/13

O agro galego, a alternativa de futuro que emerxe en plena crise

"Hai datos obxectivos que me fan ser optimistas, aínda que falte moito. Con medidas adecuadas, e nun período de dez ou quince anos, Galicia ten un enorme potencial para se converter nunha área produtora de alimentos de calidade e con moi boa saída ao mercado no conxunto de Europa, pero para confirmalo hai que ter unha estratexia desde os poderes públicos e valentía á hora de aplicar as medidas", di Edelmiro López, profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da USC e ex director xeral de Desenvolvemento Rural na Xunta, que lembra que o abandono do campo estase a frear desde a chegada da crise.

"Non é que o rural estea mellor, senón que as oportunidades de traballo noutras actividades se reducen", explica. O feito é que o número de persoas que traballan no sector agrogandeiro segue diminuíndo, pero pola xubilación dos máis vellos e non polo abandono dos novos. 

Nos últimos anos, o número de persoas de menos 40 anos traballando en explotacións non baixa. "Cando a xente podía gañar 3.000 euros na construción nas Canarias, era difícil convencelos para que quedasen, pero nesta situación son moitos os que aguantan e incluso hai casos puntuais de xente nova que o intenta de cero", engade López, que cre que aproveitar esta mala etapa para reactivar o rural dependerá agora "de que se apliquen políticas públicas axeitadas para mellorar as condicións do traballo no agro".

 O traballo é duro e os atrancos moitos nun país que pasou de ser eminentemente rural a situarse na media da UE en canto á actividade agrícola. Pero hai moita leira por sachar. (...)

 Os problemas, xa que logo, son claros. Edelmiro López resúmeos en varios puntos: o demográfico, cunha falta evidente de relevo xeracional e unha poboación envellecida; a baixa produtividade das explotacións e a volatilidade dos prezos; a falta de desenvolvemento dunha industria agroalimentaria forte; a continuidade dun balance agroalimentario deficitario; e, por riba se cadra de todos, o problema da terra.

Ese é o problema estrutural básico do sector agrario galego, tanto no que se refire ás deficiencias na base territorial das explotacións, cunha reducida superfice e unha enorme fragmentación parcelaria; como en canto aos enormes desaxustes ou deficiencias nos usos do solo. Un só dato: a superficie agraria utilizada (SAU) por explotación en Galicia sitúase nas 8,5 hectáreas, pouco máis dun terzo da media estatal (24,2 ha) ou da da UE dos 15 (22 ha).
 
Así, o reto urxente para o agro galego, tal e como aclara Edelmiro López, é lograr arranxar o problema que supón "que a terra estea dividida entre máis dun millón e medio de propietarios cando hai menos de 50.000 explotacións agrícolas profesionais". Se hai que resumir as propostas urxentes para o sector, este experto teno claro.

 "Hai que facilitar o acceso aos factores de produción para poder montar unha explotación; no caso galego, esta cuestión fundamental ten que ver coa terra", asegura. 

"Isto só pode funcionar se establecemos mecanismos a través dos cales aquelas terras que non se traballan, e sen tocarlle á propiedade, poidan ser postas a disposición mediante o arrendamento daqueles que si as queren traballar", engade, tras aclarar que esta actuación debería ir moi ligada tamén "á cuestión dos usos da terrra e a conseguir unha ordenación axeitada que non permita o abandono ou a plantación masiva de terras con piñeiros e eucaliptos".

Pero tamén se precisa que aqueles que queiran quedar no agro "teñan unha retribución digna polo seu traballo". "Isto lévanos ás políticas agrarias e ás políticas agrarias que contribúan a estabilizar os prezos, cortar a especulación e recuperar certa regulación pública", indica López, que aclara que para obter prezos dignos non só se precisa esa mínima regulación pública dos mercados agrarios, senón tamén "un cambio de chip" tanto nas administracións como na sociedade galega.

 "Debemos centrarnos en producións especializadas e con valor engadido e menos nas producións estandarizadas", asegura, apostando polo apoio ás denominacións de orixe ou ás marcas galegas recoñecidas e de calidade.

 "Por poñer un exemplo, non é o mesmo producir leite indeferenciado, co que só podemos competir vía custos cunha marxe moi baixa para o produtor, que adiantarse e apostar por queixos diferenciados, leite de calidade, iogures ou batidos", insiste.

 "Hai condicións para darlle a volta a todos estes problemas, pero as solucións non caen do ceo, senón que hai que buscalas e construílas", di Edelmiro López, que cre que o primeiro paso debe vir tamén da sociedade e de "deixar de asociar o rural ao atraso e a pobreza para velo como un medio e un piar clave do desenvolvemento económico do país". "Primeiro hai que crelo e logo adoptar as medidas axeitadas para logralo", di.

 "A sociedade galega debe ser consciente de que o rural non é un problema, senón unha grande oportunidade de futuro; debemos crer no seu potencial e ser exixentes cos que nos gobernan, sexan quen sexan", di. Pero non o hai.  

"O Exectuvio non ten proxecto e o que busca é maximizar os votos e manterse no poder; no tema da terra, por exemplo, habería que ser valentes e tomar medidas aínda que teñan custo elecdtoral; se non é así, acabaremos cunha terra xestionada por funcionarios ou ardendo cando lle toque", remata."        (Praza Pública)