Mostrando entradas con la etiqueta Idioma gallego: desaparición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Idioma gallego: desaparición. Mostrar todas las entradas

15/5/23

I don’t want to speak jallejo

 "Teño un amigo do Morrazo que vive nos Estados Unidos coa muller turco-alemá e mais o fillo americano. Parece o comezo dun chiste ou a biografía de Noam Chomsky, mais é así. Cando naceu o rapaz, falábanlle turco e galego na casa, pero en canto se escolarizou, o inglés pasou a ser a lingua dominante e as linguas maternas fóronselle exotizando. A última vez que viñeron de visita, ante a insistencia do pai de que o rapaz falase galego coa familia e as amizades de aquí, el engurraba o fuciño como bo pre-adolescente (esa linguaxe si que é universal) e retrucaba no seu inglés de Massachusetts: “but daddy, I don’t want to speak jallejo!” A min a mestura natural dos dous idiomas, isoglosas incluídas, lembroume á avoa Virtudes de Xesús Fraga e os seus exabruptos galegos no medio dos xardíns de Kensington.

O meu fillo ten seis anos e aínda non domina o inglés como para dicirme “I don’t want to speak galego” pero xa hai anos que ten perfeccionada a diglosia. Fala castelán con calquera que se achegue e lle fale en castelán, sexa familiar ou alleo. Díxome un compañeiro profe de galego que en realidade iso que fan os nosos nenos non é máis ca unha vantaxe evolutiva, adaptan o seu idioma á contorna para asegurarse de que os entenden. O problema é a contorna, que cada vez lles dá menos motivo para falaren galego. Díxome o mesmo profe que os catro piares da transmisión lingüística na infancia son a familia, a escola, as amizades e os medios. Cando un deles falla, cambalea o arraigo. Pensen no acceso que teñen as súas crianzas a programación infantil en galego, por exemplo. Cando falla máis dun piar, crébase a transmisión. Agora fagan contas de cantas persoas ao seu redor son monolingües en castelán, ou cambian ao castelán cando falan coa rapazada.

Noutro dos piares estase a extender unha nova forma de aniquilación lingüística: falar coa parella en galego e cos fillos en inglés, ou algo parecido. Pais que, sentados nos bancos do parque, lles berran instrucións aos seus fillos en perfecto inglés heptavocálico, como quen lle di “plas” a un can, pensando que o can se deita porque entende o alemán.

A min tamén me suxeriron algunnha vez falarlle en inglés ao meu fillo e deixarlle a transmisión xeracional ao seu pai. Coñezo parellas galegas que fan iso: o proxenitor profesor fálalle en inglés ao neno, desta vez coas súas vinte vogais e o seu sotaque da BBC, e co galego xa se apaña o outro pai. No nome dunha suposta vantaxe lingüística que non é tal estamos a arredar as nosas crianzas da súa lingua materna, unha creba interxeracional que non ten volta atrás

 Para quen non se fíe moito do que me conta o meu compañeiro profe de galego, que como é profe de galego a ben seguro que é do Bloque como mínimo, ou se non da Mesa esa, recomendo a consulta dos estudios de monitorización da educación no mundo que periodicamente levan a cabo a UNESCO e UNICEF. Ambos organismos conclúen que aprender a falar na lingua materna é fundamental para o desenvolvemento cognitivo e que favorece a aprendizaxe doutras linguas. Quen llo ía dicir ao papá que lle berra á nena no parque para que “bi kerful wit de dog”, eh? Como sospeitar que unha das chaves para facilitar a aprendizaxe de linguas é non perder a lingua propia?

Da outra pata, a da escola, non vou falar moito porque leva abaneando desde que Feijóo derrogou o decreto 124/2007 de promoción do galego na escola, a herencia que máis lle molestaba do bipartito, por riba mesmo dos Audis e das cadeiras tapizadas do despacho. Se hai que lle facer caso á RAG, na escola é onde temos que dar agora mesmo a batalla polo galego, aínda que a terminoloxía bélica non nos fai moito favor. Como acontece cando falas doutro tipo de dereitos, a cultura dominante instálase na condescendencia: as do galego estades sempre enfadadas, se lle obrigas ao neno a falar galego vaiche cambiar ao castelán… e todo o ronsel de tópicos despreocupados que se pode permitir quen non ve esmorecer a súa lingua. Despois de todo, os idiomas reprodúcense de forma espontánea e natural, porque as falantes queren, e non hai decretos que os freen ou os impulsen, non si?

Se non podemos loitar, nin impoñer, nin preocuparnos, só nos queda a retranca. Voume ir preparando para a manifestación deste mércores en Santiago (ás 12 na Alameda, por se quedan dúbidas) e para refocile do noso ex-presidente e o seu (galicia)bilingüe sucesor, levarei unha pancarta ben grande que, citando a Virtudes, unha grande das nosas letras, só dirá: “fuckin’ merda”."                    (Patricia A. Janeiro , eldiario.es, 14 de mayo de 2023)

28/3/22

Alba Rodríguez, neofalante: "Dicíanme; 'tía, habla como siempre’ ou ‘Joder, que raro se me hace que hables así’"

 "Un chío de Twitter ás portas do aninovo do 2018 serviu para que Alba Rodríguez se comprometese consigo mesma a falar galego máis a miúdo. Van case tres anos daquel momento en que decidiu ser neofalante e hoxe en día séntese moi orgullosa de ter feito esta mudanza. 

Conta que as redes sociais foron as súas aliadas, como para outras moitas persoas neofalantes dixitais que atopan en Twitter, TikTok, Youtube ou Instagram comunidades amigas nas que botarse a falar en galego sen verse moi xulgadas. Na vida offline Alba si que bateu con prexuízos e cuestionamentos pola súa mudanza, mais tranquiliza: “Todo é pasaxeiro. En semanas as preguntas e comentarios acábanse!”. E aí empeza unha nova Alba, en galego e “con moita máis confianza” en si mesma. 

Alba, van facer xa tres anos daquel día en que comentaches por Twitter que o teu propósito de aninovo era falar en galego. Como era ata aquel momento a túa realidade lingüística?

Toda a miña vida falei en castelán, nunca antes tivera unha conversa en galego. Era tal a miña inseguridade co idioma que non era capaz de facelo nin na materia do colexio e do instituto. Os meus pais son galegofalantes, mais a min sempre se dirixiron en castelán porque querían que o aprendese ben antes ca o galego. Os meus compañeiros do colexio e instituto tamén falaban todos en castelán. Si que é certo que sabía que tres ou catro deles falaban en galego no seu fogar, mais comigo non o facían. 

Na Universidade foi onde tiven o meu primeiro contacto co galego de forma habitual. Tiña compañeiros galegofalantes que non eran da miña zona e cos que eu falaba a diario. Ademais, houbo un ano en que un dos profesores que tiña reivindicou o uso do idioma na clase e fíxome reflexionar bastante. Este profesor negouse a cambiar ao castelán só por ter tres persoas estranxeiras na aula. Moi amablemente, díxolles que a súa materia ía impartirse en galego e que se en calquera momento da clase non entendían algo podían levantar a man e preguntar, ou facer as titorías que necesitasen. E como dato: estas persoas sacaron algunhas das mellores notas do curso. Polo tanto, o idioma non lles supuxo ningún impedimento!

Que reflexións che provocou esa situación? Por que decidiches facerte neofalante?

Dinme conta da horrible tendencia que ten o noso idioma e de que, se nós non o coidamos, ninguén o fará.

Ti puxéchelo como propósito en Twitter e alcanzou moita repercusión.

Si. Antes de dar o paso tivera varios intentos que duraron horas, basicamente porque me dicían que volvese ao castelán polo moito que me custaba ou porque se me esquecía. Así que decidín que fose o meu propósito de aninovo para concienciarme a min mesma de que había que ir en serio. Por iso puxen o chío, para que non houbese marcha atrás. A verdade é que tres anos despois, pénsoo e creo que foi moi boa idea. Obviamente non me sentín obrigada en ningún momento a seguir falando en galego, pero o apoio recibido si que me animou a seguir facéndoo.

Como foi o proceso? Que foi o que máis difícil che resultou ou che segue resultando?

O proceso foi complicado, non o vou negar. Dábame moita vergoña falar coa xente, porque como tiña que ir traducindo na miña cabeza do castelán ao galego, falaba moi lento, a trompicóns e con moitísimos erros. O máis complicado para min foi non dicir tempos compostos e non cambiarme ao castelán cando estaba triste ou enfadada, pero é parte do proceso e acábanse superando esas limitacións, por dicilo dalgún xeito. Agora mesmo, case tres anos despois, non penso que teña ningunha dificultade. O único, por poñerlle algunha pega, son os castelanismos, pero penso que moi poucas persoas falan un 100% en galego, se é que existe!

Con que trabas te atopaches ao longo deste tempo?

As trabas que me atopei tívenas sobre todo na época na que traballei de dependenta e teleoperadora. Houbo persoas que se creron superiores por falar en castelán e que se dirixían a min de malas formas. Polo demais, a miña vida seguiu sendo a mesma, o galego non me limitou en nada. Fixen o meu TFG en galego, no mestrado que realicei falei sempre en galego e as persoas que tiña ao meu carón seguen aí.

E na outra cara da moeda, cales foron as túas aliadas neste proceso? 

Twitter é unha boa aliada para dar o paso. Ao fin e ao cabo obtiven moito apoio e folgos na miña conta que me axudaron a non caer na tentación de dar pasos cara atrás nos peores momentos. O galego abriume un novo mundo nesta rede social, axudoume a coñecer a xente estupenda! Nunca mo imaxinara, a verdade. E a raiz do meu cambio de idioma tamén comecei a mudar certos costumes, como intentar comprar productos da nosa nación, como o leite.

Que é o máis gratificante de ter aprendido o galego e que che aportou a ti persoalmente?

Demostrarme que a pesar de ter un nivel moi, moi baixo de galego e un ambiente lingüístico castelanfalante, se pode conseguir cambiar e falar no teu día a día 100% en galego. E aportoume moita máis confianza en min mesma, por lograr a miña meta e tamén por todo o que implicou: entrevistas, falar en público… cousa que hai uns anos o vería como algo imposible co vergonzosa que era! Síntome mellor comigo mesma e síntome orgullosa de ser un gran de area que axudará a que o idioma perdure.

E como reaccionou o teu entorno a este cambio de lingua? Con que discursos te atopaches?

A reacción xeral da xente foi primeiro estrañarse de que algo cambiara en min e despois preguntar por que de repente o meu idioma era o galego. Os comentarios que tiven que soportar ían dende o típico de ‘Tía, habla como siempre’ ou ‘Joder, que raro se me hace que hables así’ ata botarlle a culpa á Universidade. Dicíanme que en cando acabase a carreira se me ía acabar a tontería. Pero xa hai moitos meses que non escoito comentarios dese estilo. Supoño que agora que eu fale galego xa se normalizou.

Que importancia cres que ten o fenómeno das persoas neofalantes no futuro da lingua?

Parécenme esenciais as persoas neofalantes, ainda que haxa xente que crea que estamos sobrevalorados. O porcentaxe de galegofalantes no seu día a día está en mínimos históricos, paréceme moi complicado que a lingua sobreviva tan só con esas persoas. Por iso, creo que aumentar o número de persoas que falen a cotío e en todos os aspectos da súa vida en galego pode ser un salvavidas para o idioma. Unha esperanza.

Que lle dirías a esa persoa que pode estar indecisa e non se atreve a dar o paso? 

Eu diríalles que non teñan medo nin vergoña. Calquera cambio leva consigo un proceso e non deben poñerse a barreira do ‘que dirán’ por diante do que desexan. Se o que queren é falar en galego, adiante! Que teñan claro que haberá comentarios de xente achegada e non tanto, e que terán que responder unha e outra vez por que o fixeches. Non vou enganar a ninguén nin dicir que todo é un camiño de rosas, pero si que podo dicir que é pasaxeiro, en semanas as preguntas e comentarios acábanse e en meses xa apenas terán que pensar en traducir. Está claro que haberá moitas formas de dar o paso e cada persoa pode buscar o xeito de sentirse máis segura. Para min propormo como propósito de aninovo foi un acerto seguro; así que… Agora que está a piques de acontecer un novo aninovo, por que non comezar nun idioma marabilloso?."                      (Uxía Iglesias, Neofalantes, 05/02/22)

29/12/21

A lingua, en xaque no ensino: "As crianzas entran falando galego e acaban falando castelán, nunca ao revés"

 "Guindar, estar ledo, carreiro, erguer... Unha mestra do rural encargouse de recoller nun caderno todas esas palabras en galego que observaba que seu alumnado - galegofalante - ía perdendo ano tras ano. O inventario de verbas xa descoñecidas para as crianzas foise engrosando sen pudor co paso do tempo. 

Este cativo e improvisado estudo, que naceu do asombro dunha mestra con máis de corenta anos de experiencia, impulsada a anotar inmediatamente todas esas palabras nun papel cal acto de resarcimento contra a desmemoria, é un vivo exemplo do deterioro da saúde do galego nas aulas do país. 

A perda de falantes e de palabras semella unha pingueira constante á que non se lle pon remedio. A porcentaxe de mozos e mozas que nunca fala en lingua galega disparouse, de feito, un total de 15 puntos nunha soa década, do 29% ao 44%. Máis de 150.000 persoas perderon o galego como lingua nai entre os anos 2008 e 2018, segundo os datos recollidos polo IGE. Porén, na outra cara da moeda reavivan os debates políticos nos que resoa o relato da "imposición lingüística" do galego e da necesidade de protexer o castelán, un idioma falado polo 7,6% da poboación mundial (577 millóns de persoas). (...)

SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA

Dende o ámbito educativo o balance que se fai desta última década é, cando menos, preocupante para o galego. A realidade desfavorable á lingua propia pálpase nas aulas, nos patios, nas casas e nas rúas. "As crianzas entran na escola falando galego e acaban falando castelán; mais nunca quen entra falando castelán sae expresándose habitualmente en galego", explica a directora do CEIP Agro do Muíño (Ames), Mari Carmen Liñares. Precisamente este centro foi obxecto dunha extensa análise sociolingüística por parte da Real Academia Galega no ano 2018 por entenderse "un exemplo claro" da substitución do galego polo castelán que se produce, sobre todo, nas zonas máis achegadas ás cidades.

Neste estudo indícase que catro de cada dez crianzas galegofalantes que iniciaron a súa escolarización no Agro do Muíño mudaron de lingua ao longo da súa etapa escolar. Esa progresión foi "in crescendo nos últimos anos", ao pasar de aulas con case o 50% de crianzas galegofalantes a aulas nas que só unha de 25 crianzas mantiña a lingua galega. Dá a sensación, xa que logo, de que a substitución lingüística funciona coma se dun sistema de arrastre se tratase; uns tiran polos outros. 

Rute Pallarés víveo de preto a través das dinámicas lingüísticas da súa cativa de nove anos e do seu neno de sete: "Antes non eran tan conscientes e non mudaban de lingua, pero agora a máis grande, que está ás portas da preadolescencia, fala castelán para integrarse no grupo de amigas. Sei que lle molesta, pero faino para poder relacionarse con normalidade". 

As súas crianzas, deste xeito, forman parte dunha xeración que "vive" e que está atravesada por este conflito lingüístico creado na esfera política e trasladado á poboación. Rute é integrante da AMPA do CEIP Paraixal e unha das impulsoras das Xornadas de Lingua que se teñen organizado neste centro, situado en Teis, nunha "zona semirrural" de Vigo na que vive "moita xente maior e poucas crianzas". A escola, pequeniña e con "certa sensibilidadde lingüística no profesorado", foi unha das primeiras de Galicia en ser "plurilingüe cun nivel de inglés moi elevado". A porcentaxe de alumnado que fala galego rolda o 30%, calcula Rute, "realmente mísero pero, se o pensamos en contexto, moitísimo para ser un entorno urbano". 

Camiñar contra esta corrente que tira con forza non é tarefa fácil, e no CEIP Agro do Muíño sábeno ben. A súa directora e profesorado traballan para reverter os datos do informe da RAG dende o Protexto Educativo do Centro, a través do que intentan darlle "máis peso á lingua galega na expresión oral e escrita" e asegurarse de que toda a comunicación e actividades da escola se fan no noso idioma. "Esta situación non se resolve tan axiña e faría falta un cambio a moitos niveis, porque para usar unha lingua hai que estar rodeado dela; así que queda moito por facer", recoñece Liñares. "Habería" - suma - "que quitarlle horas ao castelán, unha lingua que xa está presente en moitas vertentes da vida". Rute toma o mesmo camiño ca Liñares no seu relato: "O castelán é a lingua viva dos patios, e no caso de que se fale galego, é de maneira moi pobre". 

BAIXA A CALIDADE LINGÜÍSTICA

As interferencias do castelán no galego son moi superiores e cun nivel de permisividade moito maior cás súas contrarias. En quen fala galego, "perdeuse calidade sen dúbida", di Liñares. "Hai moita diferenza entre escoitar a alguén de mediana idade e a un adolescente, aínda sendo galegofalante. Neste último a fonética é moito máis homoxénea e os seus trazos dialectais vanse pulindo", analiza con oído afinado. Neste sentido, recoñece un "erro" do propio sistema educativo non potenciar que se manteñan oralmente trazos coma o seseo, a gheada ou o ditongo iu.

Tamén Pilar Ponte, mestra do IES da Pobra do Caramiñal e unha das impulsoras da recentemente nada web 'Aulas Galegas', advirte que o seu alumnado "neutraliza trazos dialectais na aula porque así llelo indicaron anteriormente". Á hora de peneirar castelanismos de cara a un galego máis correcto é difícil, inconscientemente, non levar por diante tamén os dialectos que nos identifican. Esta profesora cre firmemente en dinámicas relacionadas coa "sedución lingüística". A súa soada iniciativa '21 Días co Galego e +', coa que foi galardoada en diversas ocasións, incide precisamente na necesidade de botarse a falar para crear hábito, xa que só cometendo erros se van poder corrixir, e só falando, a lingua se volve atractiva.

Dende Teis, Rute apunta que, se ben "hai vontade de ensinar e educar en galego", moito profesorado "non domina a lingua". "E non os culpo a eles directamente, senón ao sistema", matiza. "A miña filla fala un galego moito mellor que o seu mestre; pero se escoita todos os días dicir 'rodilla' en vez de 'xeonllo', ela vai perdendo vocabulario galego e vai incluíndo vocabulario castelán ao longo dos anos de estudo, e é unha mágoa". Éo, sobre todo,  porque van morrendo palabras coma aquelas do comezo destas liñas.

PREXUÍZOS POLÍTICOS

Os prexuízos conforman outra das lousas coas que o galego cargou historicamente. No camiño cara á normalización lingüística atopáronse grandes pedras difíciles de sortear: a que vinculaba o galego co pailanismo, co rural, coa pobreza...; aqueloutra que lle restaba utilidade no mundo... Porén, nos últimos anos, o galego conseguiu pouco a pouco desprenderse deles, ou polo menos, iso é o que advirte a profesora e lingüista Pilar Ponte. "A estimación cara ao galego é maior e as actitudes como o menosprezo que se podían ver con relativa frecuencia hai unhas décadas agora practicamente desapareceron", alenta. Liñares vai pola mesma liña: "Non creo que hoxe en día haxa xente que pense que co galego non podes ir máis alá de Pedrafita. Quero pensar que eses prexuízos antigos están erradicados".

Con todo, lonxe de liberarse, obsérvase que ao galego se lle abribúen agora receos 'actualizados'. Os "novos" prexuízos asocian a xente galegofalante cunha ideoloxía determinada. "Con todo o que está caendo en contra dos nacionalismos, non o español, claro!, falar a lingua propia que te fai diferente e que che imprime identidade de país, non gusta", critica Rute Pallarés, que trae á conversa aqueles anos "máis galeguistas dun PP que se identificaba co pobo": "Iso axudaba moito á normalización da lingua". E doutra banda, contra o estigma da utilidade, Rute olla para a lusofonía como camiño cara a internacionalización.

"DA CRENZA Á ACCIÓN"

Frear a substitución lingüística, mellorar a calidade do noso galego falado e desterrar novos prexuízos sobre a lingua é responsabilidade da "sociedade no seu conxunto", comezando polo ámbito familiar, seguindo polo educativo e rematando no social. "A lingua galega é un ben común que debemos protexer e potenciar", sinala Ponte. "Nunca debe funcionar como ferramenta de loita política. Necesitamos dar o paso da crenza á acción, o paso de pensar que está ben que a xente fale galego a ser nós quen o falemos".                      (Uxía Iglesias, Galicia Confidencial, 08/12/20)

20/12/21

Un estudio de la Real Academia Galega confirma que los colegios destruyen gallegohablantes

 "El último estudio de la Real Academia Galega ha constatado una realidad denunciada en los últimos años desde diferentes ámbitos: el efecto de sustitución lingüística que ejerce el sistema educativo en los menores y en particular sobre aquellos que se incorporan a la escuela hablando en lengua gallega y la abandonan progresivamente a medida que avanzan de etapa, se relacionan con sus compañeros e interactúan con el entorno. 

 El presidente de la institución, Víctor Freixanes, urge una reflexión tanto de los poderes políticos como de la sociedad en su conjunto con el fin de afrontar esta cadena de carencias de una vez por todas, un objetivo que requiere de una mayor ambición de la administración, de los diferentes sectores implicados, además de una dotación de recursos.

 El 'mapa sociolingüístico escolar de Ames', publicado esta misma semana, ha confirmado que estos procesos de 'castellanización' se producen ya desde las etapas de infantil y primaria y se consolidan en secundaria y en la adolescencia. El estudio ofrece un retrato de los efectos del proceso de concentración de población en contextos periurbanos.

Al mismo tiempo, ha advertido de la influencia decisiva de los centros en este proceso por tratarse de los primeros y principales entornos de socialización de los menores, que asimilan el idioma que utilizan sus compañeros en las actividades o en el recreo, en el que hablan sus personajes y referentes favoritos del audiovisual o el que se encuentran mayoritariamente cuando se adentran en las redes sociales o utilizan dispositivos electrónicos.

En una entrevista con Europa Press, Freixanes ha considerado que estos resultados deben suscitar "una reflexión muy profunda" y, sobre todo, una mayor "autocrítica" tanto de los responsables de la política lingüística como del conjunto de la sociedad, especialmente sobre lo que significa "la lealtad a un patrimonio fundamental" como es el idioma del país.

El presidente de la Academia reconoce que "no son datos positivos" pero que, más allá de mensajes catastrofistas, deben servir de base para trabajar en la "siembra de la dignificación" del uso del gallego, con el fin de que los jóvenes decidan asumir como propio este patrimonio a medida que avanzan hacia su propia "autodeterminación en la adolescencia".

"No podemos centrar el gallego en la escuela como un gueto", ha considerado, sino "ir más allá" de aquello que implica al uso del idioma en el aula y centrarse en esos espacios de socialización en los que "los jóvenes encuentran la vida", una tarea y un reto que "que significa políticas y recursos".

Freixanes apunta, sobre todo, a plataformas de contenidos digitales como 'Netflix', la disponibilidad de documentales y películas subtituladas en gallego, la oferta para los más pequeños o las redes sociales, sobre todo en pleno debate por la incorporación del idioma en el lenguaje de las máquinas y los sistemas de Inteligencia Artificial.

Freixanes ha insistido en que la Academia no busca "ideologizar" con este tipo de trabajos, sino "poner encima de la mesa" estudios de campo y documentados para promover esa reflexión de la sociedad y de las instituciones. "Hay que ser capaces de moverlo con ambición, alegría e implicando a la gente, no contra nadie. Incorporando a la gente a una causa que es de todos", ha insistido, pero sin dejar a los jóvenes "desasistidos" y sin medios para poder experimentar la vida en lengua gallega.

Un antes y un después

Para el académico Henrique Monteagudo, coordinador del trabajo de investigación, este estudio representa "un antes y un después" en el conocimiento de los procesos de desplazamiento de la lengua gallega entre la gente más joven, un "retrato muy detallado, muy documentado y muy amplio" que permite ver "lo que pasa en la trayectoria" del paso de los menores entre infantil y secundaria.

El sociolingüista apeló al concepto 'lengua de pares', "muy importante" porque se trata del idioma "de integración" en el ambiente y en el que un joven se incorpora en las relaciones sociales con sus iguales. En este sentido, el estudio permitió verificar que los gallegohablantes sufren "una presión mucho más sutil", y gran parte termina abandonando el idioma y adoptando el castellano por imitación o por temor a quedar marginado por ser diferente, entre otros supuestos.

Es por ello, añade, que se indica que el ambiente escolar "es hostil", no por los profesores o por que exista algún tipo de violencia hacia los menores, sino por que favorece ese proceso de desplazamiento lingüístico hacia el idioma mayoritario, que a su vez es el de los dibujos animados y el que predomina en el ocio de los jóvenes.

"Es un problema social de conjunto. Eso no significa restar responsabilidad a los actores políticos, que son ellos que tienen que activar, facilitar... y la responsabilidad de liderar. Y el conjunto de la sociedad tiene mucho que hacer", ha considerado.

Entre los ejemplos menciona medidas como el uso preferente del gallego en el ámbito de actividades extraescolares y que "no se cumple", muchas veces por falta de formación de los monitores o de los encargados que en ocasiones "ignora que existe esta misma normativa del Ayuntamiento".

Monteagudo se refiere, así, a una sucesión de carencias en toda la cadena normativa, institucional, educativa y formación que es necesario atender, dado que "por el camino el gallego se pierde". "Y eso no se hace espontáneamente, las instituciones tienen que liderarlo, dar cuenta del problema y ofrecer un discurso social positivo", ha añadido.

En definitiva, el académico ha insistido en que se trata de un tema "muy complejo, con muchos actores" implicados, en el que es muy importante "tener claro" el problema y contar con "voluntad de abordarlo". "No se va a lo concreto y cuando se toman decisiones y medidas, estas tienen un coste económico, necesitas recursos para muchas cosas", ha señalado, apelando a cumplir con el compromiso "moral, legal y político" de atajar estas carencias."                    (eldiario.es, 12/10/21)

5/5/21

Así se perden os falantes de galego: "a chegada ao instituto e o mercado laboral son os puntos chave"

"Un estudo da RAG analiza o proceso de perda de falantes a partir de entrevistas persoais con mozos e mozas galegos.

 O paso da educación primaria á secundaria e o comezo da vida laboral. Eses serían, segundo a Real Academia Galega, os dous momentos clave na muda lingüística dos mozos galegos en prol do castelán. Trátase da conclusión dun traballado elaborado por Lidia Gómez Martínez e que vén de ser publicado no derradeiro número de Cadernos da Lingua --xa dispoñible na web da Academia--, unha análise das vidas de dezasete mozos galegos que relatan as experiencias vitais arredor da lingua. 

O referido artigo de Lidia Gómez constitúe “unha primeira aproximación ás distintas situacións que se producen na infancia, na adolescencia e na mocidade” que, en palabras da Academia, “provocan un retroceso no uso do galego”. O obxectivo do estudo, pois, pasa por “tratar de comprender o porqué da muda lingüística” para así poder facilitar as accións normalizadoras máis axeitadas.

De acordo coa peza referida, hai dous momentos críticos na vida de todo galegofalante en que corre serio risco de comezar a optar polo castelán como primeira lingua. Un deles sería o paso da educación primaria á secundaria, salto que se dá, en particular “cando o cambio de etapa vai acompañado dun cambio de centro, normalmente situado nun hábitat con características urbanas, e tamén dun cambio nas redes sociais”. 

RURAL E URBANO

Segundo explica a investigadora, “os mozos e mozas asumen que o castelán é non só a lingua habitual maioritaria nos núcleos urbanos cara ós que se desprazan senón tamén a lingua que se espera que eles e elas falen”. “O emprego do castelán revélase logo como un mecanismo de integración nas novas redes sociais que deben tecer nun escenario cun maior grao de urbanización que os seus lugares de orixe ou residencia”, concreta.

Paralelo é o caso da inserción no mercado laboral, unha circunstancia que impulsa o cambio de lingua, ben sexa de xeito espontáneo ou “solicitadas polos seus superiores”. Para a investigadora, os resultados achados tralo desenvolvemento do artigo “reafirman a necesidade de que os esforzos normalizadores e de política lingüística se dirixan a desmontar a asociación galego-rural e castelán-urbano e darlles visibilidade aos e ás galegofalantes urbanos”. Todo co obxectivo de que o galego viva por moitas xeracións nos seus falantes. "                    (Galicia Confidencial, 26/02/21)

10/1/20

La peor década para el gallego

"El 30 de diciembre de 2018 la Xunta de Galicia presentó las bases para la elaboración del decreto de plurilingüismo en la enseñanza no universitaria, que limita el uso del gallego a un tercio del total de las horas de clase. Diez años después, la Carta Europa de las Lenguas Regionales o Minoritarias vuelve a criticar el modelo del Gobierno gallego al considerarlo “insuficiente en la enseñanza, especialmente a nivel preescolar.”

El informe está diseñado para proteger y fomentar las lenguas regionales y para permitir que los habitantes de dichas lenguas puedan emplearlas en la vida pública y privada. España se adhirió en 2001, y el comité de ministros del Consejo de Europa ha emitido el tercer informe negativo para el país y el gallego encabeza la peor nota.

Los expertos piden que se “eliminen las limitaciones a la docencia en gallego en todos los niveles de educación precisos”, que se “Modifique la Ley Orgánica del Poder Judicial para garantizar el uso de la lengua en los procedimientos judiciales y que “se emplee el gallego en la Administración del Estado en Galicia”.

Para el comité de expertos el modelo imperante “no permite impartir más del 50% de las materias en gallego” de manera que no hay posibilidad de que el alumnado pueda estudiar íntegramente en gallego “en ningún centro de preescolar, primaria o secundaria”. La plataforma A Mesa Pola Normalización Lingüística, que encabezó en su día las movilizaciones contra la reforma, explica que la Xunta ha provocado la “desgaleguización” de la juventud y ha incentivado los prejuicios del idioma.

Además, el informe recoge que en la enseñanza secundaria “no se imparten las grandes materias científicas en esa lengua”, ya que “el decreto 79/2010 por el que se definen las materias que se impartirán en gallego excluye la posibilidad de una educación en gallego como lengua vehicular con el castellano como materia”. 

Estrepitosa caída de los hablantes

Desde el último informe emitido en 2008, el Consejo de Europa advierte que “el nivel de la aplicación de la Carta en la comunidad autónoma no ha mejorado significativamente” ya que los análisis lingüísticos y datos estadísticos reflejan la caída de los hablantes en Galicia, principalmente en los más jóvenes.

Según el Instituto Galego de Estadística (IGE), solo un 3,97% aprende a hablar gallego en la infancia. En el total de la comunidad solo un 30,33% habla en el idioma siempre y la peor cifra se la lleva Pontevedra con un 18,12%. En los infantes de 5 a 14 años, el 13,08% se desenvuelven mejor en gallego y de la juventud un 18,55%. La cantidad de población hablante de 50 a 64 años, aquella que mantenía viva la lengua, ha bajado casi veinte puntos, de un 51% en 2003 a un 33% en 2018.

Sin embargo, tras estos datos públicos y el estudio del comité de expertos sobre las lenguas regionales, el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ha desestimado el informe del Consejo de Europa. “Si hay informes que están en contra de que los gallegos podamos estudiar, conocer y hablar en inglés, allá los autores del informe”, defendiendo el modelo para el trilingüismo para la enseñanza no universitaria.

La asociación cultural A Mesa pola Normalización Lingüística llevó a Europa la desacreditación por parte del Gobierno gallego hacia el comité de expertos, al igual que piden a Feijóo que retire estas declaraciones descalificando la resolución del Consejo de Ministros. 

La “muerte dulce” del gallego

La directora del Observatorio de Dereitos Lingüísticos y vicepresidenta de A Mesa Pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, explica que en el caso de que el PP de Galicia necesite el apoyo de la extrema derecha en las próximas elecciones autonómicas, significaría la “muerte dulce” del gallego. Para ella, la estrategia política no distaría de lo que se está haciendo ahora y se seguiría hablando de una “autoimposición” del idioma. “El gallego ya está muy marginado. ¿Qué más se puede hacer?”, añade.

En los años 80, el Tribunal Constitucional reconoció en varias sentencias que “cada gobierno autonómico debe promocionar su lengua” a través de la discriminación positiva para implementar y equilibrar el idioma con su otra lengua cooficial, “como hizo Catalunya” y como “no ha hecho el gobierno de Feijóo”, explica Quintas.

Asimismo, la vicepresidenta cuenta que el modelo trilingüistica de Feijóo fomenta los prejuicios del gallego, como que no es una lengua útil y que se necesita el inglés, “como si tuviésemos vocación de emigrar”, añade. Para ella la buena salud del gallego depende también de una cuestión de “voluntad” y de adentrarse en ámbitos como el judicial y empresarial. (...)"            (Alba Tomé, Público, 01/01/20)

17/12/19

El Consejo de Europa advierte del “grave retroceso” de la lengua gallega

"España incumple sus compromisos europeos para preservar la riqueza lingüística del continente. Así lo manifiesta el comité de ministros del Consejo de Europa, que acaba de emitir un informe con recomendaciones en el que emplaza al Gobierno español a reforzar el uso de las lenguas cooficiales en la Administración central y garantizar el derecho de los ciudadanos que las hablan a utilizarlas en los procesos judiciales. 

La institución con sede en Estrasburgo insta además a los responsables autonómicos de Galicia y Comunidad Valenciana a eliminar los límites impuestos en las aulas a sus idiomas propios.

El quinto diagnóstico oficial sobre el grado de cumplimiento en España de la Carta Europea de las Lenguas Minoritarias, un tratado de 1992 pero al que el Estado español se adhirió en 2001, es el más duro. El Consejo de Europa critica la falta de avances y reitera la necesidad de reformar el artículo 231 de la Ley Orgánica del Poder Judicial. Esta norma establece que el uso de un idioma cooficial “solo está permitido si ninguna de las partes se opone”. Lo que debería garantizar, objetan los expertos europeos, es que se pueda emplear siempre que lo pida una de las partes.

El Ministerio de Política Territorial aduce que el informe del Consejo de Estado abarca el periodo 2014-2016 con el PP en el Gobierno, por lo que no tiene en cuenta los avances impulsados por el PSOE, como los cursos a distancia para funcionarios, el reconocimiento de las lenguas cooficiales como méritos en los concursos de traslados o el complemento salarial que cobrarán a partir de 2020 los empleados que las usen. Lo que no aclara el departamento de Meritxell Batet es si se reformará la ley del poder judicial como piden expresamente los expertos europeos.

El gallego se pierde en la escuela

El Consejo de Europa incide especialmente en el grave retroceso que está sufriendo el gallego. “El proceso de desgalleguización está siendo rapidísimo porque no se adoptan las políticas adecuadas para mantener la lengua regional minoritaria que más hablantes tiene en Europa”, coincide el sociolingüista Henrique Monteagudo.

En la esquina noroeste de la península Ibérica el porcentaje de niños que no habla nunca en gallego se ha disparado en una década casi 15 puntos, pasando del 29,59% de 2008 al 44,13% de 2018, según el Instituto Galego de Estatística. Para apreciar la ruptura de la transmisión generacional que reflejan estas cifras, basta compararlas con el número de abuelos que se expresan solo castellano: un 13%. “La transmisión de la lengua de padres a hijos ya no está garantizada y, por lo tanto, la proporción de alumnos con dominio del gallego como idioma de la vida cotidiana también ha disminuido significativamente”, apunta el Consejo de Europa, que pone foco del problema en los colegios e insta al Gobierno de Alberto Núñez Feijóo (PP) a dar marcha atrás al modelo que instauró en 2010.

En Galicia, desde hace nueve años, las escuelas e institutos deben impartir el mismo número de asignaturas en castellano que en el idioma propio de la comunidad. El sistema anterior, puesto en marcha por el bipartito de PSOE y BNG basándose en un plan aprobado por Manuel Fraga, permitía dar más clases en gallego.

El Consejo de Europa concluye que la presencia del idioma propio en el sistema educativo de Galicia “es insuficiente, particularmente a nivel preescolar”. “Al firmar la Carta Europea de las Lenguas Minoritarias, España se comprometió a que hubiese una línea de educación íntegramente en gallego y no existe. Es un incumplimiento flagrante de un compromiso del Estado”, apunta Monteagudo, secretario de la Real Academia Galega. El PP suprimió los programas voluntarios de inmersión lingüística que funcionaban en educación infantil para facilitar el aprendizaje del gallego a niños de entornos castellanohablantes.

La Xunta no piensa atender la recomendación del Consejo de Europa. El Gobierno de Feijóo se aferra a la “legalidad” de su modelo educativo y destaca que los últimos datos estadísticos que maneja revelan que el número de gallegohablantes aumenta del 50,9% al 51,88%. El presidente gallego admite la caída entre los más jóvenes pero sostiene que la solución es impulsar “campañas de promoción”.   (...)"                (Sonia Vizoao, El País, 17/12/19)

30/9/19

O galego resiste como lingua maioritaria da metade da poboación... sí, pero dispárase o número de nenos que sabe falar pouco ou nada o galego durante a última década

"O uso do galego estáncase. 

A precaria evolución na transmisión interxeracional, no ensino e no prestixio social provocan que a lingua propia manteña a día de hoxe os problemas que os datos revelaron hai xa cinco anos, sen mellora ningunha pero sen un grande empeoramento tampouco. O galego resiste, malia todo, como idioma maioritario da poboación galega pero segue a ser moi minoritario entre as xeracións máis novas. 

Na actualidade, algo máis do 30% da poboación de Galicia fala sempre en galego, case a mesma porcentaxe (-0,63) que en 2013, segundo a Enquisa Estrutural de Fogares sobre o coñecemento e uso do galego que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) en referencia aos últimos datos, de 2018.

O uso sempre do galego mantense mentres que aumenta un chisco (1,43 puntos) a procentaxe de poboación que fala máis galego que castelán, ao situarse no 21,72%, aínda que tamén aumenta a porcentaxe daquela que fala máis castelán que galego, ao pasar do 22,3% de 2013 ao 23,3 de 2018. Ademais, algo máis do 24% da cidadanía galega fala sempre en castelán, 1,85 puntos menos que hai cinco anos. 

Xa que logo, o uso do galego case non mudou no último lustro, pero a situación é moito menos optimista de comparar os datos cos de hai dez ou quince. Na actualidade usa o galego sempre ou máis galego que castelán o 52,3% da poboación, case o mesmo dato que hai cinco anos (51,5%) pero uns cinco puntos menos que hai unha década (57%) e case dez por baixo que en 2003 (61,5%). A utilización da lingua propia mantense estable nos últimos anos pero non se recupera da crise que paseniñamente a afecta. 

Obviamente, a situación non é igual dependendo da idade. Mentres o 48,5% das persoas de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un 25% utiliza máis o galego que o castelán, entre a rapazada de 5 a 14 anos, tan só o 14,3% fala sempre en galego e o 11,9% máis en galego que en castelán (26,2%). Case o 74% restante emprega sempre o castelán ou máis castelán que galego. 

A situación entre os máis pequenos é case idéntica á de 2013, pero moito peor para o galego que hai unha década. Daquela, máis do 36% falaba só en galego ou máis galego que castelán fronte ao 26,2% actual. Hai quince anos, esa porcentaxe elevábase ao 40,3%. De novo, como en termos globais, case un descenso dun punto no uso da lingua por cada ano. 

O panorama do galego é tamén revelador de ter en conta os datos sobre o seu coñecemento. En 2018, o 88,1% dos galegos e galegas de 5 ou máis anos di saber falar moito ou bastante o galego, fronte ao 86,93% de 2013, o 89,2% de hai unha década e o 89,6% de hai quince anos.  

De repararmos só nos máis pequenos, as persoas de entre 5 e 14 anos, o 76% din saber falar moito ou bastante o galego fronte ao 24% que di que pouco ou nada, un de cada catro rapaces. Hai dez anos, era o 83,6% fronte ao 16,4%. 

Ademais, a familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego. O 83,36% dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego neste ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á familia como medio de aprendizaxe: o 93,7% das persoas neste grupo de idade aprendeu o galego na escola e o 70% coa familia.

 En canto á percepción do uso do galego, os datos son tamén reveladores. Máis do 30% da poboación galega de máis de 16 anos considera que o galego fálase pouco ou nada, unha porcentaxe que é maior nas provincias da franxa atlántica, on valores de 33,4% na Coruña e do 34,6% en Pontevedra. Pola contra, na provincia de Ourense a porcentaxe baixa ata o 19,34%. Ademais, case o 32% considera que a utilización da lingua propia é "normal".

Para decatarse das diferentes percepcións que hai sobre o idioma, abonda con se fixar nas respostas á pregunta de se se considera que na actualidade se fala máis galego que hai cinco anos. Para a metade da poboación o uso da lingua non mudou, para case o 24% fálase menos e para algo máis do 26% fálase máis.

Os datos son, ademais, moi semellantes aos que as persoas deron ao responder as mesmas preguntas hai cinco anos.

No que ten que ver coa lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polas persoas que viven en Galicia, independentemente de cal sexa o idioma que empreguen na fala. A porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en galego é tan só do 16,7%.
 Así, de compararmos os datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, unicamente o 36,2% escribe habitualmente na mesma lingua fronte ao 63,8% que o fai en castelán.

Por outra banda, e en canto aos medios de comunicación, o 17,7% da poboación galega de 16 ou máis anos ve a televisión sempre en galego ou máis en galego que en castelán, aínda que hai un 26,6% que sempre a ve en castelán. Á hora de escoitar a radio, o 14,3% faino sempre en galego ou maioritariamente en galego.

 Onde está moito menos estendido o galego é noutros medios de comunicación. O 59,1% dos e das residentes en Galicia sempre le a prensa en castelán, o 54% só le libros en castelán, o 69,5% navega pola rede sempre neste idioma e o 52% emprégao sempre nas redes sociais. "            (Miguel Pardo Praza Pública, 27/09/19)


"Dispárase o número de nenos que sabe falar pouco ou nada o galego durante a última década.

 O retroceso no uso do galego das novas xeracións queda patente en que na actualidade o 44% dos menores de 15 anos fala sempre en castelán, de forma que se dispara case 15 puntos nunha década. Os que falan sempre en galego baixan un punto e quedan no 14%.

 Un de cada catro nenos galegos sabe falar pouco ou nada de galego, nunha taxa que se incrementa máis de sete puntos na última década, ao pasar do 16,4% de 2008 ao 24% de 2018, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Entre os menores de 15 anos, un 38% sabe falar moito o idioma propio de Galicia, o que supón un retroceso de sete puntos en 10 anos (era do 45% en 2008). É a cifra máis baixa por tramos de idades, 20 puntos menos da media xeral na Comunidade (do 57,6%). Ademais, a porcentaxe de nenos que saben falar pouco ou nada (o 24%) supón o dobre que en toda a poboación (12%).

Aínda que o 83,4% dos galegos di aprender o galego en casa, entre os menores de 30 anos invírtese esta tendencia, posto que a escola (o 93,73%) supera o ámbito de aprendizaxe da familia (69,99%).

O retroceso no uso do galego das novas xeracións queda patente tamén en que na actualidade o 44% dos menores de 15 anos fala sempre en castelán, de forma que se dispara case 15 puntos nunha década (era do 30% en 2008). Os que falan sempre en galego baixan un punto e quedan no 14%.

No total da poboación, un 24,4 fala sempre en castelán (catro puntos máis en 10 anos), mentres unha 30,6% fala sempre en galego (mantense estable). Caen cinco puntos os que falan máis galego que castelán ata o 21,7%, mentres soben ata 23,3% os que falan máis castelán que galego.

ÁMBITOS DE USO DO IDIOMA

O 44,34% da poboación de Galicia que ten fillos fálalles en galego sempre, o 31,20% sempre en castelán, o 13,85% máis castelán que galego e o 9,50% máis galego que castelán. No tocante aos fillos, cabe destacar que ao redor do 39% fala sempre en galego cos seus proxenitores e ao redor do 37% sempre en castelán.

No traballo, o 30% da ocupados fala sempre en galego cos compañeiros e o 28% faino sempre en castelán. Con todo, á hora de manter unha conversa con superiores os que empregan sempre o galego descenden ao 25% e os que usan o castelán soben ao 35,4%.

Dentro do ámbito social, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas relacións entre amigos. O 34,12% da poboación de Galicia habitualmente fala sempre en galego neste caso. Con todo, o 39,4% comunícase co profesorado dos seus fillos e fillas exclusivamente en castelán e o 34,07% sempre utiliza este idioma cos especialistas sanitarios.

No campo educativo a utilización de ambos os idiomas, galego e castelán, é bastante parella: o 59,57% das persoas que estudan en Galicia recibe a mesma proporción de clases en galego que en castelán. Con todo, os maiores de 17 anos reciben unha educación maioritariamente en castelán nun 41,6%, fronte ao 15,8% que é maioritariamente en galego.

No tocante aos medios, o 83% dos maiores de 16 anos ve sempre a televisión en castelán ou máis castelán que galego. Esta taxa elévase en ler libros (95%), navegar por Internet (96%) e ler prensa (97%). Nas redes sociais só hai un 26% que usa sempre galego ou máis galego que castelán.

En 2018 no 22,70% dos fogares galegos con todos os seus membros de cinco ou máis anos falaban habitualmente só en galego. Esta porcentaxe sobe ata o 45,7% nos municipios de menos de 10.000 habitantes, mentres baixa ao 5,7% nos de máis de 50.000 persoas.

XEOGRAFÍA DO EMPREGO DO GALEGO

Por ámbito xeográfico, as áreas da Coruña suroriental e da Costa da Morte son as que presentan maiores porcentaxes de poboación que fala habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán, cun 93,14% e un 92,43%.

No outro extremo atópanse a área de Vigo, cun 25,5% de persoas que fala habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán, a área da Coruña (un 33,55%) e a área de Ferrol-Eume-Ortegal (un 33,75%).

Entre o sete cidades, onde hai unha porcentaxe maior de persoas que fala habitualmente en galego é Lugo (o 44,7%), mentres onde menos se emprega é en Vigo (o 15,2%).

ESCRITURA MAIORITARIA EN CASTELÁN

Á hora de identificar o uso do idioma escrito, o castelán mantense como predominante de forma acusada, supón o utilizado polo 82,11% da poboación, fronte ao 16,6% que o fai en galego (o 1% restante está no apartado doutras situacións).

Se se comparan estes datos coas persoas que falan habitualmente galego, identifícase que hai un 63,8% deles que escriben habitualmente en castelán e só un 36,2% en galego.

 MODELO DE CONVIVENCIA

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, di que o estudo "reflicte un modelo de convivencia do uso das dúas linguas, que foi unha das prioridades do noso Goberno, subliñou para considerar que "van na boa liña" posto que "se fala máis galego e máis as dúas linguas cooficiais". Iso, considerou, "responde a unha liña de traballo que está a ter moi bos resultados". "Estamos ante unha sociedade cada vez cun uso máis normalizado", afirmou, para destacar a Galicia como "un modelo de convivencia no tocante ás dúas linguas cooficiais".

"Cada vez as familias e os mozos usan máis o galego. Neste sentido temos unha certa esperanza de que o resto de informacións constaten este modelo de convivencia no uso das linguas", manifestou, para insistir en que os datos do IGE "avalan unha sociedade madura e un modelo de convivencia das linguas en harmonía e respecto".                 (Galicia Confidencial, 27/09/19)

21/5/13

“Soy un gallego en España, autonomista, marxista y republicano y este ‘españolista’ va defender el gallego”

"Abrió él el fuego cuando aún no lleva ni un mes al frente de la Real Academia Galega. Y tras las airadas reacciones de la cúpula del BNG a su reproche de ahogar al gallego de tanto apretarlo, Xesús Alonso Montero replicó esta mañana tajante:
 “Soy un gallego en España, autonomista, marxista y republicano y este ‘españolista’ va defender el gallego”. 

Aprovechando una visita oficial del secretario general del PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, el nuevo presidente de la academia reclamó además a todos los grupos, “sean o no políticos” que recuerden que “el idioma es de todos”, y como tal hay que defenderlo.

Alonso Montero insistió en que en ningún caso, y esa es un punto de vista unánime en la nueva directiva que encabeza, el gallego puede ser considerado “de un grupo político A o B”, y su supervivencia depende de toda “la sociedad de Galicia”, no de una formación que sólo “es un fragmento por muchos votos que tenga”.

 “El día en que todos”, incluidos los que no están comprometidos con la lengua autóctona o el propio Gobierno, entiendan, según Montero, que es necesaria “una política lingüística pedagógica para que sea eficaz”, sólo ese día será cuando realmente “se potenciará el idioma y no se permitirá que agonice”. 

“Ya me gustaría que todos los grupos defiendan que el idioma es de todos”, continuó el presidente de la Real Academia. Alonso intentó restar importancia a las aseveraciones del portavoz nacional del BNG, Xavier Vence, que le llamó, entre otros adjetivos, “bocazas y botarate petulante”.

 Para el aludido fue resultado de “un error de comunicación” del que responsabilizó en parte a los periodistas al transcribir la entrevista televisiva en la que criticó la defensa que hace el Bloque del gallego. “No puede ser de otra manera para explicar que una persona que es catedrático de universidad y portavoz de un grupo político tan importante emita adjetivos de ese tipo hacía mí”.

 Pero al ser preguntado por las palabras de Pilar García Negro, que le llamó “españolista extremista”, Alonso Montero replicó que no admite esa definición “si es peyorativa”. “No soy nacionalista en los términos en los que lo es la señora García Negro”, precisó, sino “autonomista, marxista y republicano que sueña para Galicia con una tercera república federal”.
 Al presidente de la Academia no le gusta la Constitución española, pero la acata “como gallego en España que soy”. Y reivindicó su derecho a presidir la institución del idioma independientemente de su perfil y de ser o no nacionalista.
 “Algunos de los 12 presidentes que hubo al frente de la Academia no eran nacionalistas o independistas, pero todos fueron defensores del gallego, y este ‘españolista’ va a defender el gallego”, remachó."   (El País, 14/05/2013)

10/1/11

“O pobo galego decidiu suicidarse e empezou por prescindir da lingua”

“o galego nas súas variantes leonesas e zamoranas, tamén está a desaparecer. a xeración seguinte non lle interesa”. Nestes once anos e pico que levo vivindo á beira do Douro, coñecín xente nova, algúns de terras bercianas, outros de localidades tan fermosas como Lubián ou Chanos, moi pretiño do Padornelo, que escoitaron falar en galego a seus avós ou mesmo a seus pais. 

Pero eles, os da seguinte xeración, esa que agora sae da universidade e ingresa na vida laboral, xa non teñen nin dominio nin interese ningún pola lingua herdada. Algúns, nos momentos de certo acougo sentimental, atrévense cunha cántiga aprendida nas xuntanzas familiares. E máis nada. Non nos debe sorprender: é o mesmo proceso ao que asistimos en Galicia dende hai décadas. (...)  

Para salvar o idioma galego debería haber un pobo galego que quixese sobrevivir. Desafortunadamente, creo que non se dá esta premisa imprescindible. O pobo galego, se é que existiu algún día, decidiu suicidarse como tal, e para iso empezou por prescindir do seu maior sinal de identidade, a lingua. Nestas condicións, calquera política sociolingüística está condenada ao fracaso, veña de quen veña. (...)  

O galego, por moitos anos de autonomía e outras lerias que levemos, segue a ser, cada vez máis, un territorio tristemente reservado á militancia, ao compromiso lingüístico, sempre desinteresado e ruinoso. Quen o queira mesturar con liortas ideolóxicas vai moi enganado. E quen pense que se lle pode tirar beneficio á cuestión sociolingüística está moi preto de ser un parvo, por moito que queira adornar os seus argumentos con citas de John Stuart Mill."                 (Xurxo Sierra Veloso, en GaliciaHoxwe.com, 10/01/2010)

25/10/10

"Grafar 'ó' ou 'ao' nunca debe ser motivo de polémica"

"O investigador israelí Itamar Even-Zohar advirte que a defensa de culturas coma a galega non se debe centrar só na lingua.

Itamar Even-Zohar (Tel-Aviv, 1939) está de volta en Galiza. Este mes imparte na facultade compostelá de Filoloxía un seminario tras aceptar o convite do vicerrector de Cultura, Elías Torres. Coñecido pola teoría dos polisistemas e a dos repertorios culturais, entroutras aportacións de interese no estudo das interferencias entre linguas, literaturas e culturas, Itamar resume o seu traballo como investigador na Universidade de Tel-Aviv: "Interésome polas condicións para que unha sociedade teña éxito ou fracase", di. "Estudo as culturas non como bens, senón como modos de vivir".

Das primeiras veces que veu a Santiago, en 1993 e 1994, aínda se lembra a polémica que polarizou entón a intelectuais tan dispares como González Millán e Carlos Casares. Itamar escribía entón que o galego corría o risco de desaparecer como lingua culta "en poucas décadas", e que dominando o castelán "é como o acceso aos recursos parece ser máis prometedor para a maioría dos galegos".Nunca foi intención súa sementar polémica. "Hai unha persoa cerebral e outra privada", explica. "Galiza era un exemplo do meu traballo sobre o xurdimento de entidades políticas como consecuencia do traballo intelectual.

Están Francia, Italia e Alemania, e despois os casos ibéricos... Falta conciencia de que os grupos e as identidades políticas e culturais non son creacións naturais. Xorden nun momento en determinadas condicións, e se nesa masa existe un grupo pequeno como foi o galego, unhas 30 persoas desde o Rexurdimento, mobilízase máis xente".

Even-Zohar lamenta que en Galiza non haxa moito interese en investigar "canta xente necesitamos para que as nosas accións poidan ir adiante". "Non é un problema teórico, senón de dimensións moi prácticas. ¿Por que se reúnen 100 na unificación de Italia e 30 en Galiza? O obxectivo máis importante da planificación da cultura como un conxunto de modos de vida é propoñer solucións tras unha análise da situación, como discute Castelao en Sempre en Galiza".

Itamar ten unha lista de 250 persoas que viven da lingua galega, aínda que poderían ser 1.000, segundo lle contan. Neste punto, di, "hai que preguntarse se é unha actividade cuns obxectivos claros ou se se trata dunha inercia histórica". É consciente dos paradoxos: "En tempos de Castelao o castelán era a lingua do poder. E hoxe, cando a lingua semella o principal problema, non hai ningún diario en galego".

Nunha conferencia en 2003, Even-Zohar comparaba Galiza con outros espazos recurrentes nos seus estudos de campo, desde Terranova ata as Illas Feroe. "A intelectualidade que fala e escribe sobre Galiza concentrouse tanto na lingua como solución que se esqueceron outros ámbitos", di. "Sen a lingua non se tería podido avanzar, mais convén centrarse tamén noutras cousas, porque non hai solucións para sempre".

"Políticamente, unirse con Portugal non ten ningunha vantaxe", afirma, "mais unha intensificación das relacións, sobre todo no que atinxe á lingua e ás industrias de produtos da linguaxe, á mellor protección da lingua, poderían reforzar o estatus do galego". O investigador insiste: "Hai razón para poñer en dúbida a crenza case común de que a lingua é a ferramenta máis importante de Galiza para manterse como unha sociedade que pode controlar os seus recursos.

Quizais se creou confusión entre o valor dun ben simbólico indispensable (o galego) e outras ferramentas que funcionarían mellor non só á hora de crear fronteiras simbólicas, senón á hora de crear a situación desexada para, sequera, non deixar á cultura española que drene as capacidades intelectuais de Galiza, que son a única garantía do seu benestar social e económico".

"O que hai que facer é pensar como mellorar a vida da sociedade en moitos outros aspectos", di. O exemplo "fantástico" para Itamar é Irlanda e o gaélico irlandés, idioma oficial de traballo na UE. "Hai unha identidade irlandesa, a enerxía dos poetas e dos investigadores, e o número de falantes do irlandés hoxe son 77.000 persoas". Sendo "indispensable" o galego, "sequera como símbolo", precisa, "grafar ó ou ao nunca debe ser motivo de polémica". (Itamar Even-Zohar:"Grafar 'ó' ou 'ao' nunca debe ser motivo de polémica". El País, ed. Galicia, Galicia, Luces, 08/06/2007, p. 47)

9/6/09

O Galego morre nas cidades

"No cabe discutir, sin embargo, que el número de los que hablamos en gallego ha descendido de modo abrumador en los últimos veinte años, hasta el punto de que por primera vez en la historia de Galicia es mayor el porcentaje de castellano hablantes. Sobre todo en las ciudades el proceso de sustitución ha llegado a tales extremos que, al menos en los centros urbanos, ya no es tan fácil escucharlo en boca de alguien. Negar esto sería una necedad o una irresponsabilidad. Ha pasado con esto lo mismo que con el paisaje costero o con el urbanismo de la mayor parte de nuestros pueblos y ciudades. La destrucción ha sido enorme, asombrosa, y uno no puede dejar de quedarse pasmado ante la naturalidad con la que ha sido recibida.

Es evidente que está habiendo una defección masiva que amenaza con convertir al gallego si no en una lengua muerta, sí muy minoritaria. Dado que la decisión de su uso es ya consciente -y no la simple resultante de un medio ambiente- lo que nos estamos jugando en este momento es si, como quiere el gobierno conservador y toda la España carpetovetónica, hemos de darle ya el carpetazo, convertirlo en una mera asignatura para cubrir el expediente, a la espera de la consunción definitiva, o si todavía queda una masa crítica que quiere darle una oportunidad."           (ANTÓN BAAMONDE: Feijóo en el avispero. El País, ed. Galicia, Galicia, 08/06/2009, p. 6 )

4/5/09

El gallego muere, porque nadie, nunca, le ayudó. Y ahora viene la desesperación... a buenas horas

"A vida vaise vivindo, tamén polo país pasan os anos, os períodos. O galego xa non é lingua de pobres e iletrados, eses falan castelán. E de quen é lingua realmente? Tras a morte de Franco a sorte histórica do galego estaba nas mans da democracia, que para nós é o autogoberno galego, a autonomía. Tiñan de ser os gobernos galegos quen garantisen a existencia da lingua. Xa vimos o que foron os anos na Xunta da dereita, un paternalismo que encubriu a morte lenta.

A pasada Xunta bipartita foi o que foi, a frustración da esperanza, e agora chegou a hora da verdade, veu o matador do galego. Acabaron as cerimonias, acabouse o paternalismo, o matachín é práctico e pragmático, vén coa cuadrilla acabar de vez coa lingua galega. Morra o conto, di. Nin Galiza nin Galicia, catro provincias abóndanlle.

Para a nosa desesperación. Fannos desesperados novamente, entregar a vida a un soño é gañar a desesperación." (SUSO DE TORO: Asasinos do soño. El País, ed. Galicia, Galicia, 01/05/2009, p. 11)

El castellano es el idioma de los perros con pedigrí... y el de los cans de palleiro, el gallego, claro...

"Non hai moitos anos, paseabamos a miña dona, a miña sogra e mais eu coa filla maior, daquela con tres aniños acabados de cumprir, polo centro de Vigo. A cativa ía un pouco máis adiante ca nós, e de súpeto mirou (á viguesa) un lindo cadeliño todo enfeitado, co seu lazo e todo, que andaba a cheirar no pé dunha arboriña destas de beirarrúa. Achegouse ao animal, virou cara a nós, e berrounos: "Mirade que cansiño tan bonito!". Nisto, vemos que a dona, unha señora de aspecto completamente vulgar pero con moito arruallo, se dirixe a ela e dille moito: "Oye, niña, esto no es un cansiño que es un perrito, y a este perrito se le habla castellano!!". Houbemos de estoupar da risa, pero tivemos que controlarnos, pois a miña sogra case se bota á individua para arrincarlle (só verbalmente) o coiro. Aquela madama estaba convencida de que falar galego rebaixaba o pedigree do seu caniche á altura dun can de palleiro.

O caso é completamente real, e xa lle valeu ao querido e saudoso Carlos Casares unha divertidísima columna. Relembrando o feito, un non pode menos que evocar aquel feliz discurso de Castelao, en que contaba que escoitara ouvear aos cans da Bretaña, e ouveaban igual que os de Galicia, e tamén o facían así os de Turquía... en fin, que "os pobres animaliños aínda están no idioma universal". Polas vistas, Castelao non o sabía, pero o idioma universal era o castelán (polo menos dos cans finos)."            (HENRIQUE MONTEAGUDO: Unha revolución máis na nosa lingua?. El País, ed. Galicia, Galicia, 01/05/2009, p. 9 )

3/2/09

Otro suicidio, el lingüístico...

"O pobo xa ditou sentenza de morte para a lingua galega", declarou en recente entrevista Xesús Alonso Montero. Unha frase así, tan terminal e terminante, debería remover as augas todas da cultura en Galicia, e non só da cultura, agás que teña razón o délfico don Xesús e esteamos xa, conscientes ou sen sabelo, no barco de Caronte e pola lagoa de Estixia. É dicir, nun lingüístico corredor da morte.

Apocalíptico? Realista? Teña ou non razón, o que non ten X.A.M, dende logo, é a culpa de que o galego padeza un problema serio de insuficiencia respiratoria. El xa leva tempo, moito, dicindo que hai que metelo pola porta de Urxencias.

Desa mesma opinión vén sendo xente ben competente e activa na defensa do idioma, como Xosé Manuel Sarille, que mesmo ten parafraseado a García Márquez: Crónica dunha morte ten anunciada." (MANUEL RIVAS Luces: De Anne Marie Morris a Corina Porro. El País, ed. Galicia, , 30/01/2009, p. 10)

12/11/08

A lingua da TVG non é a dos mariñeiros

"Ti traballaches moitos anos como lingüísta na CRTVG. Como vés a lingua que se emprega nos medios públicos galegos. Percibes algunha evolución positiva nos últimos anos?

Aínda non hai traballo científico ningún que nos indique cal foi a incidencia que a TVG tivo nos usos e actitudes fronte á lingua, e tamén no seu prestixio social. Na miña opinión tiveron moita importancia e seguen sendo imprescindíbeis.

É certo que despois hai un problema entre os emisores e os receptores: hai unha distancia importante entre o estándar oral que se foi construíndo nos medios de comunicación en relación co que poderiamos considerar un aceptábel estándar oral dun galego. É un problema grave: se o espectador medio galegofalante compara o que falan pola televisión coa súa forma de falar, percibe que hai certa distancia. Non me refiro a aspectos de léxico, que son sempre secundarios, refírome a aspectos estruturais, sintácticos, morfolóxicos e sobre todo fonéticos.

Se o espectador percibe distancia interpretará que a lingua que el fala non é axeitada para empregala, e estaremos afondando nese prexuízo lingüístico que ao final incide negativamente na transmisión. O razoamento é: 'se a lingua que falo non vale, cal falo? Cal lles transmito aos meus fillos? Esa que falan na TVG? Ou o castelán, que xa o coñezo e xa ten ese prestixio garantido?'.

Un estándar culto é necesario, pero quizais a diferenza que Galiza ten con Cataluña, por exemplo, é que aquí a lingua se mantivo viva nas clases populares...

Claro, hai unha distancia, novamente, entre esas clases populares e os encargados de protexer a lingua, e esas clases populares seguirán utilizando o castelán como sinónimo de status mentres iso non cambie. Ese é o gran problema que temos na lingua. Podemos ter mil debates sobre normas, se o galego é unha lingua ou un dialecto do portugués, pero se non hai transmisión acabouse a lingua. Eu non penso que o galego vai desaparecer, mentres haxa un núcleo de falantes conscientes, pero temos que saber que hai ese problema. Se non se reforza a transmisión, non hai nada que facer, por moito que as empresas de súpeto saquen todos os seus escritos en galego.

Quería entrar na polémica normativa, que está collendo pulo nos últimos meses e que está enfrontando aos grupos máis activos na defensa do galego. Cres que é necesaria? Urxente?

Creo que é suicida, e lévoo crendo dende hai moito tempo. En primeiro lugar, dáme igual que lle chamemos galego, portugués ou chino, se perdemos falantes. En segundo lugar, non me dá igual. Creo que o galego é unha lingua, e non creo que teña que meterse baixo o paraugas dun idioma de dez millóns de falantes, porque ademais ese argumento da 'lingua internacional' paréceme inzado de prexuízos lingüísticos.

A cuestión é 'cremos que o galego é unha lingua ou non?'. Estráñame ademais que este debate rexurda precisamente cando aparecen iniciativas como Galicia Bilingüe, cando o PP está a romper todos os consensos sobre a lingua, ou cando se presentan eses manifestos da 'lingua común', parece que a nosa única resposta a todo iso é este delirante, absurdo e suicida debate." (ANTÓN DOBAO: "Podemos ter mil debates sobre normas, pero se non hai transmisión acabouse a lingua". Vieiros, 12/11/2008)

Comentarios:

Raimundo #4 hai 1 minuto Raimundo

[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Falo (e escribo) o castrapo ferrolán. Pero vexo con certa pena a desaparición case total do galego das cidades. Hoxe ata en Santiago é díficil escoitalo. E penso que o castrapo da TVG ten moito que ver nese abandono. ¿Non poderíase facer un documental sobre iso? ¿Sobre como o “spanglish” dos da cidade (sempre en expansión), axudado polos medios, arrincona ao galego?