Mostrando entradas con la etiqueta Evasión fiscal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Evasión fiscal. Mostrar todas las entradas

21/2/19

As mafias do narcotráfico tamén se instalan no sector forestal do piñeiro e do eucalipto

"A Axencia Tributaria desmantelou, no marco da segunda fase da 'Operación Zebra', unha rede que chegou a blanquear bens procedentes do narcotráfico por un importe superior ao tres millóns de euros a partir de investimentos no sector agroforestal galego e outras fórmulas complementarias.

Segundo informou a Axencia Tributaria, tras unha "complexa investigación patrimonial, por primeira vez en Galicia logrouse acreditar vínculos entre o narcotráfico e a explotación de plantacións para monte, un negocio que ofrecía fortes expectativas de revalorización para a rede".

As actuacións, levadas a cabo por funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Galicia e Castela e León, arrincan en maio do ano 2015 coa detención de ACF, un dos principais investigados no que pasaría a denominarse operación 'Zebra II', ao establecerse por parte dos investigadores vínculos claros entre esta persoa e J.C.P., que á súa vez fora detido un mes antes, xunto á súa parella M.N.I.R. na denominada 'Operación Zebra' como presunto responsable dunha gran trama de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

Naquel momento, a A.C.F. xa se lle atribuíron os mesmos supostos delitos de tráfico de drogas, contrabando, branqueo de capitais e contra a facenda pública que se estableceron indiciariamente en 'Zebra', tras determinar que esta persoa era un dos principais subministradores de J.C.P. e M.N.I.R., e que, á súa vez, tamén lles adquiría sustancias estupefacientes, tanto heroína como cocaína.
A.C.F., con domicilio en Fene (A Coruña) foi detido ao seu regreso dunha viaxe a Madrid, na localidade de Vilalba (Lugo). O vehículo marca Mercedes que conducía no momento do arresto fora dotado de espazos ocultos nos que foron achados ao redor de 70.000 euros en diversos faixos de billetes.

As investigacións posteriores centráronse en aflorar o patrimonio desta persoa. Así, os investigadores de Vixilancia Aduaneira puideron descubrir que, para ocultar a titularidade real dos seus bens, A.C.F. "serviuse ao longo dos anos das súa ex parella sentimental, S.R.R., e da súa actual muller, S.P.V.C., sendo todos eles investigados pola súa presunta participación nun delito de branqueo de capitais", indicaron as mesmas fontes.

O tres prestaron declaración no Xulgado de Instrución número 1 de Lugo o pasado 17 de decembro en calidade de investigados, xunto a outro seis persoas máis que fixérono en calidade de testemuñas.
CASA

A casa que constitúe o domicilio familiar en Fene foi adquirida en 1999 por S.R.R. e non cambiou de titularidade tras a compra, continuando no Rexistro da Propiedade a nome dos vendedores.
Tamén foron adquiridas xunto a esta diversas leiras de natureza rústica e unha casa en Muras (Lugo), non figurando no catastro tras a compra a nome de A.C.F., matiza a Axencia Tributaria.
Por outra banda, S.P.V.C. adquiriu ao seu nome numerosas leiras rústicas destinadas a plantación de monte, a parella efectuou investimentos en pólizas de vida e detectáronse investimentos no sector funerario.

Entre os efectos intervidos destacan 238.000 euros achados no domicilio de A.C.F. en Fene, do mesmo xeito que o propio inmoble, outras dúas vivendas situadas en Inciñán, en Muras (Lugo) e 175.000 euros en contas bancarias.

NEGOCIO FORESTAL

A Axencia Tributaria destaca como "principal novidade desta investigación e alicerce chave da estrutura de branqueo en 'Zebra II'" a utilización do negocio forestal para o branqueo.
"Por primeira vez detectouse un volume relevante de investimentos no sector agroforestal galego con fondos procedentes presumiblemente do narcotráfico", explica e engade que "estes investimentos forestais, fundamentalmente piñeiros e eucaliptos neste caso, ofrecen unha especial revalorización dos bens co transcurso do tempo".

Para identificar as propiedades agroforestais da organización, a Axencia Tributaria levou a cabo unha "laboriosa investigación", concreta, "especialmente tendo en conta a gran cantidade de minifundios existente en Galicia, destinada ao achado de todos os bens de titularidade real do investigado A.C.F., concluíndo que ganancias procedentes do tráfico de drogas foran investidas na adquisición de terreo e plantación de bosque".

A investigación agroforestal foi realizada por un grupo especial de Vixilancia Aduaneira con medios de investigación aéreos, así como con aplicacións informáticas creadas para o efecto, xunto coa análise de datos obrantes na Dirección Xeral do Catastro, información notarial e rexistral, acompañado dun minucioso traballo de campo para a localización das leiras rústicas destinadas a plantación forestal.

O resultado de todo iso foi a identificación e posterior intervención de 111 hectáreas situadas nos municipios de Pontes de Garcia Rodríguez (A Coruña) e Muras que o detido A.C.F. destinaba a plantación de monte.

A Axencia Tributaria dá así, asegura, "un paso adiante na localización e embargo preventivo de activos produto do delito, non só polas leiras rústicas obxecto de anotación preventiva, senón tamén polos froitos forestais que estas xeren nun futuro".

Os investigadores estiman un valor actual de mercado de máis de 445.000 euros para os terreos intervidos, sen ter en conta o rendemento da madeira plantada. A 'Operación Zebra' continúa aberta nunha terceira fase e estase analizando a documentación recibida a partir das distintas comisións rogatorias libradas polo Xulgado de Instrución 1 de Lugo, baixo a dirección do seu titular, Pilar de Lara."                      (Galicia Donfidencial, 15/02/19)

1/12/16

Adeus aos pagos en negro nas orquestras?

 Cantantes da Orquesta Panorama | Fonte: orquestas5c.blogspot.com

"O das orquestras de verbena é un dos maiores subsectores da industria cultural do país. Con todo, até hoxe as relacións laborais nel estaban completamente desrreguladas.

Isto facilitaba o abuso a través da figura dos falsos autónomos e pagamentos en negro masivos, como o polo que está a ser investigado Espectáculos Lito, o que era o principal operador no país.

 No sector aplicábase, cando se aplicaba, o convenio de sala de festas estatal, de peores condicións e evidentemente non acaído a realidade moi estacional da economía das romerías.

A situación pode mellorar agora porque, tras tres meses de negociacións, os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF veñen de presentar en rolda de prensa o articulado definitivo do “I Convenio Colectivo do Sector de Orquestras de Verbena de Galicia”. Segundo datos facilitados por Comisións Obreiras, o asinado afectará directamente a uns 4.500 traballadores dunhas 300 orquestras galegas.

Os sindicatos asegura que se trata de todo un “fito” que non estivo exento de dificultades e ameazas que mesmo puideron fanar as negociacións. Un dos primeiros retos foi o de conseguir que a patronal se organizase para poder establecer as mesas de negociación.

 Así, antes do verán pasado, vían a luz AGO e ASEVEGA, entidade esta última que se desmarcou na penúltima xuntanza. A CIG acúsaa de”ter intentado rebentar o proceso, dedicándose a asinar diferentes convenios de empresa de xeito simultáneo”. “O seu representante acordaba convenios en precario con salarios de 30 euros ao día en empresas nas que se manipularon eleccións sindicais”, denunciaron.

Segundo Pedro Pérez, secretario de negociación colectiva da CIG-Servizos, no sector prima “que cada empresario actúe como lle vén en gana sen ter en conta os dereitos dos traballadores/as”. Alén disto, séntanse as bases para que as orquestras materialicen o requisito de se constituíren como empresa, algo que “contribúe a regularizar o sector”, segundo o sindicalista.

O convenio regula os ámbitos, organización do traballo, clasificación de persoal, tempo de traballo, estrutura retributiva, réxime disciplinario, dereitos sindicais e saúde laboral.

No tocante ás retribucións, establécense diferentes táboas dada a realidade da existencia de pequenas, medianas e grandes orquestras, en función da súa facturación anual. Estarán obrigadas a entregar as contas á comisión paritaria para poderen clasificarse na súa correspondente táboa.

Distínguese, asemade, entre temporada alta, do 1 de maio até o 31 de outubro, e temporada baixa, o resto do ano. Así mesmo, regúlase tanto o tempo de traballo como a xornada ordinaria, cunha xornada máxima anual de 1.680 horas, distribuídas en 36 horas semanais.

Tense en conta, tamén, unha maior cobertura de incapacidades temporais dada a realidade e especificidade do sector (viaxes, pernoctacións…) así como dos riscos laborais ao estaren traballando sobre escenarios ou plataformas elevadas.

Raimundo Méndez, de UXT, valorou que, ao partir de cero, o convenio colectivo asinado o pasado luns regula cuestións como a xornada laboral (que pasa a ser de 1.680 horas anuais), os descansos (que antes non se contemplaban), as enfermidades (cunha cobertura do 85% durante os primeiros 20 días e do 100% a partir de aí) e as coñecidas como 'sesión vermú', que antes nin se pagaban.

As empresas tamén terán a obrigación de computar os ensaios como xornada laboral, algo que ata o momento non se facía, ante a indignación da parte social; e os profesionais cotizarán "como un traballador máis", de modo que verán factible o acceso ás prestacións sociais.

Enrique Pérez, de CSIF, reivindicou que, aínda que a negociación foi "difícil", chegou a "bo porto", e agora, no suposto de verse na necesidade, un traballador poderá acudir aos xulgados para demandar os seus dereitos.

Mentres, Pablo Morán, músico de profesión, tivo palabras de recordo para Benedicto García, cantante, profesor e sindicalista que estivo vinculado ás colectivo Voces Ceibes, e para Anxo García 'Gelo', actual alcalde de Oleiros (A Coruña), pola súa pioneira tarefa neste campo."           (Galicia Confidencial, 18/11/16)

25/2/08

Alcaldes pedigüeños ¡Es que sin impuestos no hay bomberos!

“El BNG acierta plenamente en el diagnóstico cuando dice que el principal problema que limita la autonomía y capacidad de gobierno de los ayuntamientos gallegos es su insuficiencia de recursos financieros. (…)

Porque la construcción y mantenimiento de locales sociales, guarderías, pabellones y piscinas requiere alimento presupuestario. Y porque un alcalde pobre acaba convirtiéndose en un pedigüeño institucional y debiendo favores. (…)

Donde tengo más dudas es en que la solución propuesta sea la mejor. En síntesis, lo que se pide es que aumenten las transferencias del Estado a los ayuntamientos gallegos. Para ello se demanda la incorporación, con una ponderación significativa, de la dispersión poblacional en la fórmula de reparto de las transferencias, a costa de la variable esfuerzo fiscal. En la actualidad, el Estado transfiere más recursos a los ayuntamientos que hacen mayor esfuerzo. (…)

En segundo lugar, hay que insistir en que la actual insuficiencia de recursos de la mayoría de los ayuntamientos gallegos tiene por causa primera y principal la abstinencia fiscal. Los tipos impositivos que escogen la inmensa mayoría de los ayuntamientos en todos los tributos son los más bajos de España.

Y las tasas y precios públicos en cientos de ayuntamientos se sitúan a enorme distancia de los que se pagan en Extremadura o Andalucía, territorios con rentas familiares más bajas que Galicia. Los tributos propios no sólo otorgan recursos, también dan una autonomía que no acompaña a transferencias y subvenciones. Cualquier planteamiento serio sobre la forma de arreglar la insuficiencia financiera de los ayuntamientos gallegos debe poner en el centro de la reflexión a la tributación.” (SANTIAGO LAGO PEÑAS: Dispersión mental. El País, ed. Galicia, Galicia, 23/02/2008, p. 4)

16/10/07

Los mejores paraísos... los fiscales ¡No hay color!

Las empresas gallegas son terceras de España en inversión en paraísos fiscales.

Las firmas gallegas están a la cabeza de España en la utilización de paraísos fiscales en el extranjero. Hong Kong, Islas Caimán, Malvinas y Panamá son los lugares más frecuentados por los empresarios gallegos, aunque la lista incluye otros paraísos fiscales como Gibraltar o Singapur. En el primer semestre de este año Galicia ha batido su récord de inversiones en paraísos fiscales, superando a todas las autonomías españolas excepto a los empresarios de Madrid y Andalucía. Los datos se refieren sólo a inversiones legalmente registradas por el Ministerio de Industria. (…)

La Sepblac y su Grupo de Ación Financiera (Gafi) consideran que los canales legales abiertos por las empresas que utilizan paraísos fiscales suelen ir asociados a redes de dinero negro de otros empresarios que buscan la opacidad de este tipo de países para blanquear dinero.

Ni la Sepblac ni el Instituto de Comercio Exterior (Icex) disponen de datos sobre blanqueo de dinero gallego a través de paraísos fiscales, pero subrayan que los datos de la Secretaría de Comercio Exterior sólo registran inversiones "legalmente realizadas por las empresas que invierten en el extranjero".

El único estudio serio sobre dinero negro realizado en Galicia fue elaborado por el Consello Galego de Relacións Laborais en 2003 y cifró en unos 6.000 millones de euros el tamaño de la economía sumergida en aquel momento.

Aunque la mayor parte del dinero negro generado en los últimos años procede de operaciones inmobiliarias, la utilización de paraísos fiscales por parte de los empresarios gallegos tiene su origen en las compañías pesqueras.

Acostumbradas a operar en todo el mundo, las multinacionales gallegas de la pesca son las que más inversión acumulada tienen en el extranjero (unos 2.800 millones de euros) y las que primero aprendieron a la ingeniería impositiva para aprovechar los paraísos fiscales. Casi todas las firmas pesqueras disponen de activos domiciliados en paraísos fiscales y, en algún caso, incluso han trasladado a sus principales tenedoras de acciones a estas áreas por ahorro de impuestos.

En los últimos diez años, las empresas gallegas han invertido legalmente 200 millones de euros en este tipo de países, incluyendo sociedades instrumentales que han constituido en Holanda y Bélgica, países que ofrecen ventajas fiscales a este tipo de operaciones.

Las denominadas BV holandesas gestionan una cartera de más de 120 millones de euros de inversiones gallegas. Compañías como Inditex, Zeltia, Adolfo Domínguez o Losán emplean estas ventajas fiscales para dirigir su inversión a otros países o incluso para realizar desde sus propias filiales holandesas inversiones en España. Esta sofisticada cultura financiera ha adiestrado a la banca, las asesorías legales y a las consultoras empresariales, convirtiendo a Galicia en una de las zonas más especializadas de España en la salida de dinero a través de paraísos fiscales. (El País, ed. Galicia, Galicia, 13-10-07, pp. 29)