Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas anti-incendios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas anti-incendios. Mostrar todas las entradas

4/1/19

E niso estiven estas últimas semanas, recollendo semente (de carballo, biudeiro, teixo, paradairo, tileiro) e adicando o meu tempo libre a plantala... Non podo máis... Eu non dou feito máis... No canto ós grupos ecoloxistas... mentres eu andaba baixando o cerrizo apañando landras, os merdáns ecoloxistas estarían gabándose do moi comprometidos co “medio ambiente” que son, nalgunha terraza da vila... Choremos polo planeta e reciclemos o puto vaso do yogur, un pequeno xesto (¡¡¡POSTMODERNISMO!!!) para salvalo. Cago na cona bendita…


"Como xa vos teredes decatado se saídes ó campo, este ano os carballos produciron unha cantidade fabulosa de landras. E non só os carballos e rebolos, senón as aciñeiras e sobreiras, moito maís veceras (alternantes na producción de froito).

Xa antes de marchar de viaxe andiven recollendo semente de bidueiro, unha bolsa mediada, máís dun kilo. E á volta, en landras das referidas quercíneas collín seis kilos, máis uns maínzos de semente de teixo, pradairo e tileiro. E niso estiven estas últimas semanas, adicando o meu tempo libre a plantar toda esa semente nos sitios que consideraba máis axeitados para cada especie.

Onte rematei; xa caera o sol e aínda andaba sementando as últimas landras de aciñeira na paisaxe desolada que deixou o lume nesta bisbarra. Xa retiraran os piñeiros queimados, alá que foron camiño de Portugal e da FINSA de San Cibrao para facer taboleiros de aglomerado, dos que levan as cociñas ou os mobles ruíns.

 Nas abas desprotexidas formáronse regueiros que lamberon a terra, deixando a rocha núa. Toda a tarde pisando cinza e carbón foron minando a miña entereza, e nese estado de ánimo estaba cando un pequeno paxaro foi pousar moi perto de min.

Fiquei inmóvil e achegouse aínda máis, a unha distancia como o pao do meu sacho, e estivo peteirando os graos que debía ter unha das poucas plantas que saíran tralo incendio. Alí estabamos nolos dous, sós nese campo de negra morte, estranos e fora de lugar como un astronauta camiñando por Samil. Emocioneime.

Fagoo por ti, lle dixen, sen mover os beizos. El seguíu picando, e non parecía que a miña compaña lle incomodase.

Non podo máis.

Eu non dou feito máis.


Poñamos que coa miña labor terei sementado, aquí e alá, cousa de unha hectárea en total. Só nese lume arderon 1.360 ha. Eu só non dou feito. E estou só, asoballadoramente só.

Escribín, por segundo ano, á delegación de ADEGA en Monterrei, a única asociación ecoloxista presente no Sudeste ourensán, para propoñer saídas para apañar semente e ila sementar. Por segundo ano, non merecín nin resposta. Moito menos merecen eles.

Non é que precise compaña, eu estou ben só no monte e para levar a miña bolsa de landras e o meu sacho non preciso de ninguén. Pero cómpre facer unha labor coordinada para recuperar os montes.

Coordinada, subordinada ou como for, pero cómpre facelo. Pero ninguén quere dobrar o lombo ou que lle vexan co sacho (poderosísimo símbolo da Galiza labrega, antes collerían un cartucho de dinamita aceso), e a mín xa me doen os cadrís e morro de carraxe porque non adianto nada.

Eu só non podo arrincar todos os eucaliptos que prantan, e máis aqueles que medran das sementes dos maduros, aínda que hai un catedrático da enxeñería de montes en Madriz que di que non ten risco de naturalización. Lémbrame a anécdota dun grupo de enxeñeiros aeronáuticos soviéticos fixeron cálculos e concluiron que un abesouro non podía voar. E o iñorante abesouro voando dun lado para o outro dende vai milleiros de anos.
 
Eu só non podo máis que arrincar algunha mimosa que sae de semente, pero non podo enfrontarme coas maos núas (cunha machada, nin sequera teño motoserra) a unha masa delas colonizando coas súas raíces maís e máis terreo a velocidade arrepiante.

Eu só non podo sementar máis que unha mínima superficie do que arde cada ano só nestes concellos da raia seca.

Só un dato. Hai un foro de xente interesada na recuperación das masas forestáis orixináis: Repoblación autóctona. ¿actividades na Galiza? Cero. Non hai interese na rexeneración ecolóxica galega, só en sacarlle á terra algúns billetes máis para emborracharse no vindeiro entroido. Que mal faría esta terra para ter tan malos fillos, que o mellor que pode esperar deles é a indiferenza.

De feito, a solución non é que un grupo de boas xentes adique un Sábado a sementar un monte queimado. Así non se adianta nada, unhas poucas hestáreas. É unha parvada que eu vaia polo monte co sacho; o que tería é que estar facendo o que mellor sei, gañando diñeiro e producindo riqueza para logo pagar uns impostos e, con eles, que o Estado comprase maquinaria para facer a repoboación de terreos degradados dun xeito mecanizado e sistemático.

Adicando a que xa hai (non hai concello que non teña un tractor cun brazo para rozar as caldeiras) para machacar as perigosísimas acacias, e logo durante anos aplicar fitocidas nos rebrotes para rematar coas raíces.

 Finalmente, e dunha vez por todas, pasar no parlamento galego unha lei que faga responsable a cada propietario (colectivo ou persoal) da eliminación das especies vexetáis alóctonas atopadas en parcelas forestáis da súa propiedade. Como dixen vai xa un tempo: o futuro pasa necesariamente por unha lei así. Ou non haberá futuro para os ecosistemas galegos.

No canto ós grupos ecoloxistas e moi en particular a ADEGA, só interesados en que pagues a cuota, xa lles poden dar moito polo cú. Mentres eu andaba baixando o cerrizo apañando landras, os merdáns ecoloxistas estarían gabándose do moi comprometidos co “medio ambiente” que son (catchword dos babecos, unha redundancia porque medio e ambiente son sinónimos) nalgunha terraza da vila. Moita verba e pouca angueira, leña verde.

 A natureza como un concepto abstracto, e non como ecosistemas concretos con problemas concretos os cales dar unha solución concreta (lumes, eucaliptos, acacias, estas son as prioridades na Galiza a moita distancia da cuarta).

O planeta está ameazado, todos debemos sentirnos culpables pola nosa vida moderna, por afastarnos da natureza e comer da árbore do coñecemento. Choremos polo planeta e reciclemos o puto vaso do yogur, un pequeno xesto (¡¡¡POSTMODERNISMO!!!) para salvalo. Cago na cona bendita…

Outro exemplo máis do postureo polo que devece esta progresía de merda a cal abomino."      (La mirada del mendigo, 03/01/19)

2/1/19

Despega desde Siberia o LUME-1, un nanosatélite vigués que pode revolucionar a loita contra os lumes

A nave Soyuz, a piques de despegar da base espacial rusa de Vostochny. Foto: GKLaunch

“Todo comezou o 30 de novembro de 2007 cunha primeira chamada dunha exalumna da Universidade de Vigo para convidarnos a participar no que sería a primeira experiencia espacial da Universidade de Vigo”.

Así lembrou este xoves o profesor e investigador Fernando Aguado, director da Agrupación Aeroespacial, os inicios do que denominou a “aventura espacial da Universidade de Vigo”, unha historia que arrancou con forza en febreiro de 2012 co lanzamento do satélite Xatcobeo, continuou co Humsat-D en novembro de 2013, co Serpens en agosto de 2015 e que agora se consolida co exitoso lanzamento de LUME-1, o cuarto satélite lanzado ao espazo pola Universidade de Vigo, unha especie de vixía automático dotado con tecnoloxía punteira para loitar contra os incendios forestais.

Cos mesmos nervios e emoción que naquela ocasión, “pero tamén con toda a bagaxe que che dá toda a experiencia adquirida ao longo destes anos”, os e as investigadoras da Agrupación Aeroespacial reuníronse ás tres da madrugada nunha sala de reunións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para seguir en directo o lanzamento, lanzamento que, nesta ocasión, se realizaba a bordo dunha nave Soyuz na base espacial rusa de Vostochny, en Siberia.

“Todo foi segundo o previsto, todo correcto”, explicou horas despois o profesor Fernando Aguado nunha rolda de prensa que comezou con palabras de lembranza e agradecemento para o profesor José Antonio Vilán, exvicerreitor de Transferencia e primeiro comisionado do reitor para o Vigo Tecnolóxico que segue convalecente logo de sufrir un grave accidente de tráfico en marzo de 2016.

Xunto a Aguado compareceron ante os medios de comunicación a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, e Diego Nodar, exalumno da escola que formou parte desta “aventura” desde os seus inicios e que asistiu como cofundador da empresa Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo que se presentará nas vindeiras semanas e a través da cal se transferirá á industria todos os avances tecnolóxicos acadados nestes anos.

Os tres asistiron tamén ao primeiro pase do satélite por Vigo, pasados apenas un cuarto de hora das 11.00 da mañá na estación de control da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, onde puideron comprobar que todo ía segundo o agardado, “batería cargada, antenas despregadas, todos os comandos en funcionamento…”. Houbo aplausos e, como xa vén sendo tradición, un pequeno brinde co que dar os parabéns “a todos cantos fixeron posible un novo fito histórico”.

Na rolda de prensa posterior tanto Aguado como Rubio e Nodar amosáronse “tremendamente orgullosos” do éxito acadado e moi ilusionados coa posibilidade de sacar “o máximo proveito posible” a toda esta tecnoloxía “desenvolta en Galicia pero que conta coa calidade suficiente para poder ser exportada a calquera parte do mundo”.
Un sistema de comunicacións con baixo custo e cobertura global inserido no proxecto FireRS de loita contra os lumes forestais, financiado pola Unión Europea con máis de dous millóns de euros e no que ademais da Universidade de Vigo participan a Universidade de Porto e o CNRS francés.

O LUME-1 é un satélite cubesat tipo 2U, cunhas dimensións 20 x 10 x 10 e un peso de 2,1 quilogramos. Aproximadamente cara hora e media dará unha volta completa á terra –cada día haberá un total de entre catro e seis pases polo campus de Vigo- e súa misión fundamental será dar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto.

A idea é que a través de sensores -que son como vixías automáticos que se colocan en emprazamentos elevados e que teñen un software que pode detectar un radio de ata dous quilómetros de altura- se poida detectar o comezo dun potencial fogo.

“Ao momento esta información recollerase no satélite LUME, que automaticamente o notifica ao centro de control de fogo, onde este datos se actualizan con información sobre a evolución previsible das chamas. Todo dun xeito absolutamente automático”, explicou Aguado, que fixo fincapé en que LUME-1 permitirá o contacto permanente tanto cos sensores como cos avións non tripulados.

“É un sistema de comunicación que estará en todo momento á disposición das autoridades encargadas da loita contra o lume”, recalcou Aguado, quen deixou a porta aberta á posibilidade de integrar novos satélites nesta rede e tamén vehículos autónomos dotados de sensores que permitan incrementar aínda máis a eficacia do sistema. “No futuro imos ter tamén capacidade de monitorización de avións e, incluso, de monitorización do propio espectro, un ben tremendamente prezado na actualidade”, explicou Aguado.

Lembrando tamén o lanzamento do Xatcobeo, a vicerreitora de Investigación puxo en valor nesta rolda de prensa o traballo do equipo que coordina Aguado e que contribuíu a facer da Universidade de Vigo “un referente na construción e posta en órbita” de pequenos satélites.

O que hai anos fora un fito histórico, hoxe xa é unha traxectoria”, salientou Rubio, quen puxo en valor o “traballo multidisciplinar” como un dos factores do éxito do Lume-1, á vez que o “carácter didáctico” dun proxecto que permitiu a estudantes de diferentes enxeñarías “seguir todo o proceso e aproveitar todo o que ven nas clases nun proxecto real”. 

Así mesmo, a vicerreitora valorou tamén esta iniciativa como “un verdadeiro exemplo de transferencia do coñecemento”, ao estar ligado este lanzamento ao nacemento dunha nova empresa, a spin-off Alén Space, xurdida da propia Agrupación Aeroespacial.

Diego Nodar interviú pois non só como cofundador deste novo proxecto empresarial, senón tamén como exalumno e investigador ligado a agrupación desde os seus inicios. “Foron dez anos de moitos esforzos nos que fomos capaces de crear o noso propio oco no mundo dos pequenos satélites”, resume.

Nodar lembrou nese senso a celebración en Vigo hai apenas uns mes do evento New Space España, “no que conseguimos traer ata aquí a toda a industria espacial española”, e sinalou nese senso que a culminación a esa década de traballo foi a creación de Alén Space, que ten como obxectivo “comercializar toda a tecnoloxía” desenvolvida nos últimos anos no deseño destes satélites, proxecto para o que, ademais de coa Universidade, contaron tamén co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do seu programa Ignicia.

Neste senso, apuntou Nodar, o proxecto Fire-RS contribuirá a “validar en órbita” unha tecnoloxía para a que “comezan a aparecer oportunidades comerciais” e que esta spin off intentará levar ao mercado co propósito de “crear oportunidades de emprego estables a longo prazo e crear industria” en Vigo arredor dos pequenos satélites, un campo en expansión, lembrou, como amosa o dato de que nos próximos cinco anos está previsto o lanzamento ao espazo de preto de 1500 nanosatélites.

Con este lanzamento culmina o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación.

“Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás escolas de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática, que son o núcleo do Agrupación Aeroespacial”, detallou Fernando Aguado, quen lembrou que nos meses previos a este lanzamento o satélite completou durante meses un esixente calendario de probas, incluídas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel do sistema.

Nos vindeiros meses levaranse a cabo novas probas de comprobación do sistema, incluídas varias probas piloto con fogo real, para o que se contará coa colaboración da Axencia Galega de Emerxencias e d Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Montes, que está a ser o encargado de testar as tecnoloxías desenvolvidas ao abeiro deste proxecto, a través de varios simulacros parciais e un final con lume real e controlado."          (Xornal de Vigo, 27/12/18)

21/9/18

Cabras e ovellas, as grandes esquecidas da Xunta... Dende fai anos, son moitas as voces que se pronuncian a favor da creación dun programa de apoio ao pastoreo extensivo con gando ovino e caprino como método de prevención de lumes forestais...

"No ano 1994, 13 gandeiros adicados ao sector caprino e ovina crearon, en Lugo, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA). Dende a súa formación prestan servizo aos preto de 200 criadores asociados de toda Galicia co obxectivo de defender os intereses do sector

Deste xeito, produtores de carne e leite de ovella e cabra crearon unha asociación, única en Galicia, que xa é todo un referente sectorial da que o enxeñeiro agrónomo Carlos Alberto Rodríguez é o director técnico.

Malia os esforzos realizados durante 14 anos, dende OVICA teñen claro que a Xunta de Galicia ten totalmente esquecido este sector. Os prezos que a goberno autonómico ten establecidos nos matadoiros para estes animais oscila entre 10 e 30 euros, un prezo bastante alto tendo en conta o beneficio que o produtor recauda por cada res; isto provoca que pequenos produtores sen profesionalizar, sacrifiquen os animais nas súas granxas sen medidas sanitarias axeitadas para esta labor. 

Unha das solucións que propón OVICA para este problema é que a Consellería de Medio Rural poña en marcha un sistema de matadoiros móbiles como xa se fai en Cataluña e en países como Noruega ou Alemaña. Ademais, tamén se debería de permitir a instalación de sala de despece nas granxas para, xunto cos matadoiros móbiles, abaratar uns custes de sacrificio que provocan un beneficio practicamente inexistente por parte do gandeiro.

Outra das necesidades destes animais, é a esquila. O intrusismo laboral neste sector é excesivo. Dende OVICA consideran que dende a Xunta deberíase de expedir un carnet profesional que capacite ó demandante para esta labor. Neste senso, tamén se debería de expedir un certificado de trazabilidade de recollida de lá e creación de obradoiros tradicionais para que traballos coma este non caian no esquecemento.

Dende fai anos, son moitas as voces que se pronuncian a favor da creación dun programa de apoio ao pastoreo extensivo con gando ovino e caprino como método de prevención de lumes forestais. Estas voces, tras os incendios de outubro do 2017, aínda se fixeron máis sonoras. A elevada acumulación de biomasa nos montes galego e as condicións climatolóxicas adversas dos últimos tempos en canto a temperatura, humidade e vento, poden desencadear en fenómenos catastróficos. 

Dende OVICA teñen claro que estes quedarían mitigados considerablemente se se executaran políticas reais de limpeza con brigadas antilumes naturais, as cabras e as ovellas, que permiten ter desbrozado o monte durante todo o ano. Rosa Mosquera, doutora da Escola Politécnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela conclúe, tras varios estudos executados que, limpar e alimentar o monte con gando en base a pastoreo é 10 veces máis barato que rozar con medios mecánicos

Seguindo esta liña, dende OVICA tamén lle demandan á Xunta a eliminación da prohibición de pastoreo nas áreas queimadas.

O sector primario é o principal motor de economía en Galicia. Nos últimos anos, son moitos os mozos e mozas que ben por relevo xeracional, ou ben por cambio de vida do urbano ó rural, están ao fronte de explotacións animais. Nos últimos 3 anos, un total de 65 persoas déronse de alta no réxime agrario. 

Para que poidan optar á condición de explotación prioritaria por parte do Servizo de Explotacións Agropecuarias dependentes da Consellería de Medio Rural, teñen que estar en posesión dunha formación composta por 8 módulos que deberán de rematar antes do 36 meses de realizar a  incorporación efectiva. 

Actualmente soamente o centro de capacitación agraria de Sergude o imparte de xeito presencial e os que optaron pola teleformación soamente teñen cursados 5 dos 8 módulos obrigatorios polo que moitos gandeiros teñen medo a ter que devolver as axudas percibidas por non ter cursada a formación nos 3 anos que se lles foi esixido.

Seguindo o fío, a excesiva burocratización do sistema con leva a que moitos solicitantes de subvencións e axudas renuncien ás mesmas pola dificultade de adaptarse ós prazos requiridos. Ademais, a informatización actual do sistema provoca que moitos gandeiros teñan serios problemas para realizar todas as tarefas administrativas solicitadas, polo tanto, os cursos de formación no campo de informática e novas tecnoloxías serían unha gran axuda para os produtores do sector primario. 

Outro dos problemas existentes, é a falta de cobertura da internet no rural e en consecuencia, moitos usuarios teñen que desprazarse ata as oficinas para realizar os trámites que se poderían facer de xeito telemático.

Finalmente, o lobo, o gran inimigo das ovellas e cabras, está a provocar unha situación crítica no sector  e, sen embargo, dende a Consellería de Medio Ambiente decidiuse non convocar axudas para instalar métodos de prevención contra a súa actuación

E é que no 2017 morreron un total de 1.288 ovellas e 242 cabras pola súa actuación. Estes ataques xa provocaron o peche de ganderías polas perdas ocasionadas e, de continuar esta situación, seguirán pechando máis explotacións."                (Pili Vázquez, Xornal de Lemos, 17/09/18)

11/4/18

"As brigadas deseucaliptizadoras nacen da opción de deixar de laiarnos e actuar"

"As ‘Brigadas deseucaliptizadoras’ defínense como unha iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza. A primeira destas brigadas, a da comarca do Barbanza, vai lanzarse públicamente o vindeiro 21. Falamos con Joam Evans, da comunidade de Froxán, de onde saíu a idea para este proxecto que aposta na implicación social para pular pola recuperación da biodiversidade dos montes do país. "Hai un movemento social que está disposto a implicarse para transformar o monte galego".

-Como xorde a idea de poñer en andamento unha proposta como a destas brigadas?

-En Froxán [Lousame, cunha comunidade de montes activa e implicada en erradicar o eucalipto e recuperar a biodiversidade dos montes] temos una idea do que queremos facer co monte e temos claro que o eucalipto non pinta nada. O ano pasado comezamos a facer rogas e albarocas ambientais…

-Que vén sendo como traballo comunitario, non é?

-Basicamente é iso. Persoas voluntarias acudiron a Froxán para quitar o eucalipto e outras especies invasoras. Foi unha experiencia moi positiva, con xente vindo de moitos sitios distintos para axudar. Pensamos entón por que iso non podía facerse tamén noutros lugares. De aí saíu a idea das brigadas. Nas actividades que facemos en Froxán había xente de Verdegaia Ribeira e formulámoslle a eles esta proposta, asumindo darlle cobertura e responsabilidade ao proxecto. E este 21 de abril vaise lanzar publicamente.

-En Froxán.

-As brigadas son basicamente un formato, a idea é que se faga con entidades locais e xente por todo o país. Teñen un factor de custodia do territorio, propietarios de terreos que queren que os seus terreos con eucalipto ou outras especies invasoras pasen a ser outra cousa, que queiran esa transformación. Ten que haber algún tipo de compromiso de que iso se manteña no tempo.

As brigadas tamén teñen o factor do voluntariado: hai moita xente con vontade de vir ao monte, nós vímolo en Froxán, moita xente con vontade de colaborar, de non ficar sempre nas queixas porque a Xunta non fai nada…

-O 21 presentarase a primeira brigada, cales serán os primeiros pasos? Remarcades a importancia da descentralización…

-Este proxecto, ao que Verdegaia lle dá cobertura, é un proxecto que quer ser descentralizado. As brigadas van ser comarcais, o 21 preséntase a primeira que é a Brigada do Barbanza. A idea é que desde distintos colectivos de diferentes partes do país se impulsen as súas brigadas. Desde que no Sermos publicastes a noticia [5 de abril] xa se puxeron en contacto connosco desde tres lugares interesándose pola iniciativa: do Condado, de Pontevedra e do Ribeiro. Tamén van máis de 30 persoas apontadas como brigadistas desde diferentes partes de Galiza. A idea é que a xente se vaia organizando ela mesma, que as brigadas vaian xurdindo e vaian tendo vida propia e actuando…

-A actuación sería naqueles terreos que a xente pon a dispor do proxecto…

-A casuística pode ser aquí moi diversa. Por exemplo, se hai terreos con eucaliptos de 20 anos, non van ir voluntarios a tombar eucaliptos de 40 centímetros de diámetro. Aí haberá que chegar a un acordo cun madeireiro que o retire e que non se dane as especies autóctonas que poida haber. Se desa madeira vai saír un beneficio económico, pídese que parte del vaia para compensar, comprando maquinaria para as tarefas das brigadas, especies frondosas para plantar… Pode haber casos de moi diverso tipo. Agora mesmo a situación é outra, actuando en terreos que arderon e onde o traballo é triturar as masas espontáneas de eucalipto que están a medrar neles. En todos os casos ten que haber un compromiso a longo prazo, quer verbal quer escrito para recuperar o bosque autóctono, acordos de custodia, ou outros.

-O motor das brigadas é a idea de que é posíbel outro monte galego..

-Aínda que Ence e o sector a favor do eucalipto se empeñen no contrario, existe un amplo consenso no ámbito científico de que é unha especie cun impacto negativo: sexa na biodiversidade, sexa na responsabilidade nos incendios, sexa en moitas outras cousas. Valorar se o eucalipto é máis ou menos rendábel economicamente non pode ser o criterio único, con ese mesmo criterio tamén poderiamos encher Galiza de centrais nucleares.

Todos os anos, cando chegan os incendios, laiámonos: a Xunta ten que facer tal, as comunidades teñen que facer cal, hai que aplicar a Lei de Montes… e a realidade é que na Xunta non hai vontade. Pois en vez de queixarnos tanto, e sen esquecer as responsabilidades de cada quen, e a Xunta tenas, apostamos en cambiar o monte, facendo. Esta é a idea de fondo. Deixar de laiarnos tanto e actuar. Hai un movemento social que en está disposto a facer, a implicarse en diversas frontes para transformar o monte galego.

-Unha iniciativa da propia comunidade, que decide facer fronte a un problema ante o cal entende que a administración non actúa ou inclusive que ten responsabilidade no propio problema.

-Somos conscientes de que o impacto das brigadas vai ser pequeno, claro, hai en Galiza 700.000 hectáreas con especies invasoras: eucalipto e outras. Mais naqueles sitios onde actúen as brigadas estarase a demostrar que se pode facer e estase a mobilizar xente que ao mellor non teñen relación directa co monte e que estás a sensibilizar, a transformar esa vontade e sensibilidade inicial, a preguntarse que está a pasar no monte.

Que isto o tiña que facer a propia administración? Claro que si, mais iso non está a pasar, non si?, por iso o fai a xente."                    (Sermos Galiza, 10/04/18)

9/11/17

Así se salvó el patrimonio de la Ribeira Sacra. Un puñado de calderos y el coraje vecinal impidieron el avance de las llamas

"En la Ribeira Sacra, un territorio impactante de la Galicia interior donde el románico y las hidroeléctricas enfilan en procesión por la orilla del Sil, se obró el día 16 un milagro: el coraje vecinal y un puñado de calderos consiguieron frenar el avance de las llamas que devoraban Galicia sin miramientos. 

 El fuego acabó abatido a unos cientos de metros del cenobio benedictino de Santa Cristina. De haberlo alcanzado, la ruta de los monasterios se habría derretido como la cera y el impresionante Canón do Sil, una auténtica chimenea vegetal de masa autóctona en empinada pendiente, sería ya solo recuerdo.

La batalla fue larga. En Parada do Sil (Ourense) comenzó a mediodía del domingo. A los postres.

El fuego asomó a esa hora su peor cara por la montaña en una comarca bañada por los ríos Miño y Sil y en la que los descendientes de los gallegos que hace 2.000 años cultivaban el vino en imposibles bancales verticales mantienen esa agricultura heroica y la treintena de iglesias y monasterios que fue sembrando el románico en su expansión por Europa, y que convierten a esta zona en la de mayor concentración del continente.

Antonia González, de 76 años, vio los primeros indicios de la batalla que se avecinaba desde el enorme ventanal de su vivienda, en la parroquia de Santigueiro. Acababa de despedirse de uno de sus hijos que regresaba a Vigo. “Fui a dar un paseo para ver si había peligro pero me pareció que no se acercaría”, relata sobre la jornada infernal de la que aún no se ha repuesto.

Erró la predicción. Un par de horas más tarde las llamas se aproximaban a su aldea. González corrió a la iglesia a encomendarse a la Virgen del Socorro y a aplicar un antídoto que portaba el mismo veneno: “Le encendí una vela y volví enseguida a casa”. En cuanto llegó, tuvo que abandonarla. 

Una veintena de voluntarios se batía cuerpo a cuerpo en las inmediaciones contra un fuego voraz armados de calderos y echando mano de la autobomba municipal y de un bulldozer junto a un grupo de brigadistas. Al frente, la alcaldesa, Yolanda Jácome, guiaba el escueto operativo que se volvía loco para atender todos los frentes de un incendio que desplegaba un sinfín de tentáculos.

Ese fue solo el primer desalojo. Sofocado el fuego, la mujer insistió en volver a casa. “En cuanto vi que lo habían apagado pedí a un primo que me llevara de vuelta”. Creyó que estarían a salvo si desandaban lo andado por el fuego. Al regresar a la vivienda, ya de noche, las llamas rompieron la oscuridad y se acercaron a su puerta. Pidió socorro y los calderos volaron en su ayuda: “Teníamos todo el entorno limpio, pero ardían hasta las hierbas”.

En Parada do Sil, en donde fue necesario desalojar tres aldeas, los vecinos consideran providencial que el fuego se desatase en domingo y que lo hiciese apenas pasado el mediodía porque las pequeñas aldeas orensanas de esta comarca reciben los fines de semana a la población joven abocada a buscar empleo fuera de la provincia, la más envejecida de España. Una de las de mayor patrimonio monumental. La más abandonada.

Pablo Magide, de 28 años, había pasado el fin de semana en la casa familiar de Caxide y había regresado ya a Lugo, en donde tiene su empleo. Sobre las cuatro y media de la tarde vio también desde la ventana el humo espeso. “Creímos que era un incendio aislado que apagarían a tiempo”. Regresó a Lugo para incorporarse a primera hora del lunes a su trabajo.

Esa noche el fuego estaba ya en su aldea. “Di la vuelta a primera hora de la mañana del lunes”. Al llegar a Parada do Sil se encontró a un pequeño ejército de voluntarios exhausto, sin dormir, que seguía combatiendo el incendio con sus manos. “La gente más joven que había abandonado sus trabajos en las ciudades para salvar el pueblo. Salvar vidas y viviendas, pero también la Ribeira Sacra: aquí solo queda gente muy mayor que casi no puede valerse”. 

Magide se incorporó al esforzado batallón. “El fuego se bifurcaba en varias direcciones por el impulso del viento y las llamas iban ya camino del Canón do Sil, enfilando hacia el monasterio de Santa Cristina. Todo el mundo lloraba. Nos sentíamos impotentes”, relata.

La joya patrimonial del románico quedó no obstante intacta gracias a las pequeñas batallas que los vecinos fueron ganándole a las llamas aunque, sobre todo, a la presencia de la Brigada de Refuerzo de Incendios Forestales de Laza, que el lunes acudió a sofocarlo a los pies del cenobio próximo a los impresionantes miradores, los balcóns de Madrid (los balcones desde donde los vecinos se han visto partir unos a otros durante décadas de irremediable emigración).

 La Unidad Militar de Emergencias anunciada por la Xunta de Galicia tardó en llegar más que la escasa lluvia y se dio la vuelta sin actuar.

Quince días después las raíces brotan como muñones por todo el municipio mientras los vecinos siguen su vida más temerosos que nunca, con el patrimonio intacto y con los mismos medios de siempre."                   (Cristina Huete, El País, 28/10/17)


"Descoordinación nos lumes?... O camión que percorreu Galicia con 3.000 litros de auga sen poder descargala.

"Saín da Coruña con 3.000 litros de auga nun camión, e non a puiden entregar”. Así de triste foi o periplo de José María, Chema, o luns 16 de outubro, despois de 242 quilómetros e 6 horas. Non houbo quen quixera aproveitar un camión de auga para botar unha man. E todo, pola falla de información e coordinación en plena vaga de lumes.

Despois de pasar a noite do domingo negro sufrindo dende a casa, vendo como novamente era a sociedade galega, como no Prestige, a que salvaba o país, Chema decidiu botar tamén unha man. Chamou ao seu amigo Javi, cargaron o camión con 3.000 litros (en recipientes de 1 grg ou 1.000 litros), armáronse con material de traballo (máscaras, botas, traxes imnífugos…), encheron o depósito de gasoil e chamaron ao 112 para ver onde podía meter unha man.

 Explicaron que dispuñan dun camión, que ademais pode accecer por pistas forestais, con 3 grg autovaciables con billa e unha con mangueira con saída por gravidade. É dicir, unha boa axuda tal e como estaba a cousa. Ou iso crían eles.

Foi entón cando comezou a clásica batalla “burrocrática” que acabou en frustración. Dende o 112, que coordina a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) deriváronos ao 085, a coordinadora dos lumes, onde tiña que volver explicar a historia. O 085 díxolles que chamaran ao servizo de Protección Civil máis próximo, pero nin sequera lle puideron dar un teléfono, e lle dixeron que chamara ao 112 para solicitalo.

Volta a chamar ao 112 para explicar de novo toda a situación, ademais da resposta do 085. Pero dende o 112 reiteraron que tiña que ser o 085 o que coordinase a acción. Tras 5 minutos de espera, pasaron a chamada directamente ao 085, e lle pediron o número do móbil a Chema, e que o chamarían para indicarlle onde podería ir, agradecéndolle a axuda... Pero, aínda está esperando a chamada.

Frustración

Pararon a viaxe. Decidiron descansar e planificar, de novo, os seus pasos. Colleron a AP9, gracias ás indicacións que daban os boletíns informativos, que indicaban que a zona de Pontevedra era a máis afectada. Chegando a Santiago chamaron de novo ao 085. “Xa che avisaremos”. Aí comezaron a comprender que os medios oficiais non ían ser de gran axuda.

Chema chamou entón a dous deses 500 brigadistas que non foron renovados o pasado mes de setembro. Chamou tamén a un bombeiro e un garda civil amigos, para ver se sabían onde podía ir coa auga. Só o garda civil estaba operativo (como retén no sur da provincia da Coruña), e mesmo ao bombeiro só o deixaron ir como voluntario pero sen medios individuais nin colectivos.

 “Niguén quere que vaias botar unha man, e menos cun camión tan grande. Se vas e axudas, e alguén o ve, para o ano non teñen nin subvencion nin orzamento para o seu traballo”, explicoulle un dos moitos bombeiros coruñeses que se ofreceron voluntarios pero que tampouco foron aproveitados, ou foron mobilizados xa oito horas máis tarde do debido.

Novos plans

Novamente, decidiron planificarse. Viron na web da Xunta que estaba activo un lume en Silleda, preto da súa ubicación nese momento, e ata alí se dirixiron. Atoparon un coche da Garda Civil de Tráfico e preguntaron se sabían onde podían axudar, e os mandaron aos bombeiros. Máis sorprendente foi a súa chegada ao centro dos Bombeiros de Silleda, pois había 4 cambións e dous todoterrenos aparcados, sen traballar, porque non tiñan ordes específicas.

Contáronlle a historia solidaria, outra vez, e responderon que “tampouco era cousa deles”, que son bombeiros urbanos, e que non había ningún lume onde eles puideran facer nada porque non tiñan ordes de nada. Tocaba ir ás Brigadas forestais que estaban xusto enfronte. Alí lucían outros dous helicópteros antiincendios en terra…

Por novena vez tocaba contar a historia, pero de novo: “Tendes que ir falar cos técnicos… Pero os técnicos non precisaban de nós… Preguntamos onde podíamos ir coa auga pero non sabían, porque non tiñan onde consultalo…” Déronlles, polo menos, o teléfono dos Bombeiros de Pontevedra e Ourense, pero despois de chamalos, ningún precisaba nin da auga ni de axuda para carregala.

Así que, a pesar de que en varios incendios non había medios, nin auga suficientes --o propio Feijoo recoñeceu que a situación estivo descontrolada durante doce horas--, tiveron que arrincar de volta cos 3.000 litros.

"Puxemos a Radio Galega, e o alcalde de Viana do Bolo laiandose que non tiña axuda, que había lume nas casas… Na páxina da RTVG, dicían que aínda había 9 focos activos en alerta 2, afectando a vivendas, entre eles Viana do Bolo, Cervantes, Ponteareas… E nós, de volta cos 3.000 litros de auga…", lembra enfadado.

Aínda chamaron ao 085 nun último intento e repetiuse a historia, coma se non os coñeceran. "Xa vos chamaremos", dixéronlles... Ata hoxe."                 (Galicia Confidencial, 24/10/17)

27/10/17

Fala un cooperativista que perdeu case todo: “Choramos e choraremos, pero temos que seguir... fronte á maldade, resistencia”. Ensináronme dispositivos moi sofisticados que estaban postos no monte. Querían que a N-120 quedara cortada

"Alejandro Martínez é un dos promotores da Sociedad Cooperativa Agraria Condado-Paradanta, unha cooperativa moi coñecida en toda esa comarca, e tamén en Galicia, polos famosos requeixos das Neves

Pero o negocio non só é de requeixos. Tamén cultiva produtos ecolóxicos, principalmente, froitos do bosque como amoras, amorodos arandos ou arandos vermellos, e mel, moito mel. Iso era ata antes do 15 de outubro. O domingo negro dos lumes.

Ese día unha língua de lume que subíu como se fora unha cheminea polo río Termes acabou co esforzo de anos. O incendio arrasoulles un colmear con 45 colmeas. Case 1.200 quilos dun mel co selo Mel de Galicia e que xa levara medallas de prata e de bronce. Tamén lle queimou unha veiga na que había sementados froitos do bosque e as lapas mesmo chegaron ás dependencias da actual cooperativa, afectando seriamente unha das súas partes.

Pero o que máis lle doeu a Alejandro foi ver como as lapas tamén arrasaban un vello aserradeiro hidráulico do século XIX que adquiriu hai un tempo para tentar facer del o centro de toda a súa cooperativa. “Foi unha gran perda material, pero tamén sentimental porque hai lembranzas de familia, de moita xente que traballou ahí”, apunta a GC.

 “Meu avó no 27 traballou aí con 12 anos, e aí colleu o alcume familiar por parte de nai, os Pichóns”, di. “E iso?”, “porque estaba nun castelo de madeira e derrubouse e el, que lle gustaban moito os pichóns, dixo que voou como un pichón para salvarse. Desde entón quedoulle o alcume”. Dentro de tanta tristura dá tempo para uns sorrisos.

O sitio, ata a chegada do lume, era fermoso. Un remanso de paz no medio dun paraíso verde que agora mudou a negro, gris e triste. Ese proxecto que tiña para crear un gran centro de degustación dos seus produtos; o requeixo das Neves, marmeladas artesáns e mel, é hoxe un espellismo. 

Un total de 400.000 euros de investimento que, agora, terán que agardar, ata non saber cando. Tamén eses moteiros que fan a ruta Vigo-Ourense pola antiga estrada terán que agardar a ver ese proxecto rematado. Un centro que pretendía asociar turismo, gastronomía, paisaxe e produtos naturais e artesanais.

Pero Alejandro, a pesar de todo o perdido, da tristeza e das centos de bágoas que fuxiron polo seu rostro estes días, aínda ten esperanzas. “Sempre na cooperativa tentamos mirar para adiante e fronte á maldade, resistencia”, asegura. Por iso, di, o máis importante é continuar para adiante.

 Agora están tentando facer un reconto de danos, pero, afortunadamente, tiñan almacenado aínda mel, requeixo e froitos para tentar continuar coa súa actividade, cando menos, unha tempada. “Paramos a semana pasada pero esta xa volvemos surtir de produtos a negocios de Vigo, Santiago e mesmo de Inglaterra”, di mentres conduce a súa furgoneta para cumplir, precisamente, algún destes encargos.
Tampouco descarta pedir as axudas da Xunta.

 “Nós vamos pedilas. Eu son de familia labrega e, como dicían na casa; quen non chora, non mama.... Pero mentres veñen non podemos agardar. Temos que seguir tirando para adiante”, suliña. “Choramos o que tiñamos que chorar. Abrimos o negocio e seguimos e choramos pero temos que tirar para adiante”, repite.

Os lumes

Sobre o que pasou o domingo negro é contundente. “Eu teño 51 anos pero nunca coñecín un lume deste xeito... e xa temos pasados lumes fortes. E neste ensináronme dispositivos moi sofisticados que estaban postos no monte. Querían que a N-120, á altura de Covelo, quedara cortada. Querían cortar as vías de comunicación, e a autopista tamén, e deixarnos sós ante o lume”, sinala.
Tamén recoñece que os lumes superaron os dispositivos previstos. “Non pode haber medios para todos. Houbo maldade, e fronte a iso, hai que volver erguerse”, di.  (...)"                     (Galicia Confidencial, 25/10/17)


(...) Durante un percorrido realizado con medios de comunicación por algunhas das parroquias das Neves, o rexedor insistiu en que o dano foi tal, que non só se produciron danos materiais, senón que quedou "seriamente comprometida" a actividade socioeconómica e, por tanto, o futuro do pobo.

A ese respecto, puxo como exemplo a empresa Madeiras Viaria, cuxas instalacións (mercadoría, naves, maquinarias, etc.) quedaron completamente calcinadas, e que xeraba 25 empregos directos e outros 40 indirectos. Os seus traballadores lamentaron que "non quedou nada, nada se puido salvar" do negocio, e que a primeira motobomba de extinción chegou cando xa as lapas estaban moi estendidas.

Ademais das empresas, das 2.000 vivendas que hai nas Neves, catro quedaron completamente destruídas, outras 26 sufriron graves danos e outro centenar resultaron afectadas en menor medida, ao que se suman máis de 5.000 hectáreas de monte arrasado. Segundo explicou Xosé Manuel Rodríguez, os técnicos do Concello e os voluntarios solicitaron información de 850 incidencias relacionadas con danos en vivendas, leiras, automóbiles, etc.

Ante este escenario, o rexedor advertiu de que, aínda que o Concello está a facer fronte ás necesidades persoais máis perentorias, é "imprescindible" que todas as administracións públicas implíquense para pór en marcha un plan de recuperación integral. Na súa opinión sería "inaceptable" que non asumisen ese compromiso, e esixiu a estas administracións "que non abandonen á xente". (...)

As Neves contará para este balance coa axuda desinteresada da empresa madrileña Geotronics, especializada en tecnoloxía de posicionamento de última xeración. Un dos seus especialistas, o enxeñeiro Pablo Ruiz, que ten vínculos persoais co pobo, xa empezou a rexistrar imaxes en 360 graos de todos os lugares afectados polos incendios, grazas a unha cámara instalada no teito dun vehículo.

Segundo explicou, a través deste sistema de 'mobile mapping' toda a información capturada será geolocalizada e permitirá medir de forma precisa as superficies queimadas. Este innovador sistema permite 'rastrexar' o municipio en só un día e medio, cando este tipo de medicións realizadas con outros mecanismos "poden levar semanas ou mesmo meses".  (...)"                  (Galicia Confidencial, 24/10/17)


"Os veciños autoorganízanse para recuperar o monte e a fauna tralos incendios.

"O mellor da xente". Así describen veciños das Neves e Ponteareas a marea de solidariedade que envolve a estes concellos, dos máis afectados pola vaga de lumes en Galicia da pasada semana. Auga, roupa, alimentos... As caixas amorénase para que os voluntarios autoorganizados repartan a axuda prestada entre os veciños afectados. 

Pero tamén se están facendo esforzos por recuperar a superficie queimada e alimentar os animais, que agora apenas atopan lugares onde pastar.

Veciños das Neves comentan a GC que eles mesmos puxeron en marcha "as primeiras medidas improvisadas para alimentar o gando e cabalos que ficaron no monte". Os voluntarios foron deixando en distintos puntos da contorna pan duro, mazás, herba, auga... para que os animais poidan alimentarse e hidratarse.

Un deses lugares é o monte de Sandomedio, na parroquia de Taboexa. Segundo o alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, o 99% do concello resultou afectado polo lume. Alí calcúlase que arderon unhas 6.000 hectáreas.

A metade da poboación da localidade, duns 4.000 habitantes, leva sen subministración de auga potable desde o martes, cando as cinzas cubriron a canle do río Termes, o afluente do río Miño que abastece o consumo do municipio. Por iso, está sendo fundamental a repartición de auga embotellada que fan máis de 70 voluntarios entre os damnificados.

Outro dos problemas que padeceron os veciños foi o corte de electricidade tras arder varios paus eléctricos. A isto súmase a denuncia que facía o propio alcalde das Neves contra Movistar —empres que controla a rede telefónica— por non ter restablecido o servizo de telefonía unha semana despois dos incendios.

De igual xeito, os veciños de Ponteareas tamén están organizándose para iniciar a recuperación de zonas como o monte de San Cibrao de Guláns, en Ponteareas,outra zona moi afectada polos incendios.

Alí, neste concello, veciños e comuneiros organizaron unha asamblea-xuntanza aberta de reflexión colectiva e aproveitaron tamén para espallar palla nas zonas calcinadas, fundamental para fixar a terra, que non se perda solo e favorecer a xerminación cando comecen os traballos de replantación.
Estas imaxes repítense por diversos concellos afectados pola onda de incendios da pasada semana.  (...)"         (Galicia Confidencial, 24/10/17)

17/10/17

“El pueblo salvando al pueblo”: así ayudan en los incendios los vecinos de Galicia

"(...) Así se han estado organizando los vecinos de las zonas afectadas durante la noche del domingo, organizando cadenas humanas para pasar agua y apagar los focos. En Vigo, decenas de vecinos lograron apagar un pequeño fuego en el Monte de O Castro, en pleno dentro de la ciudad. Aunque más tarde llegaron los Bomberos, gracias a esta acción ciudadana ya se había conseguido controlar las llamas.

 
Ayer atacaron mi y vi al pueblo defenderla.
Sin banderas en balcones ... con cubos en las manos

 
Brigadas contraincendios rúa Florida. Abrindo bocas rega. Cadea humana, marea negra. Seguindo instrucións d protección civil

 Felipe Carnotto @FelipeCarnotto
 
Cadena humana en Valladares

“Tengo una cama libre”

Las redes sociales también se han volcado con Galicia. Muchos usuarios de Twitter han publicado consejos a tener en cuenta a la hora de ser evacuados durante los incendios o incluso han ofrecido su casa a quien necesitara un lugar donde dormir.

 
Si por cualquier cosa alguien no ha podido volver a su casa y ha acabado en Santiago, yo tengo una cama y puedo acoger dos personas. Sois bienvenidos.

 El Tirachinas @eltirachinas1
 
si alguien necesita dormir en vigo ofrezco cama. Tenéis mi apoyo. Ánimos a todos

Hoteles para afectados

Varios hoteles de la zona y otros locales han ofrecido gratis sus habitaciones e instalaciones para los afectados.

 
Habitaciones en el HOTEL CRISTALEIRO de forma solidaria. Si alguien esta interesado que lo comunique por privado o en el teléfono 986369017.


El Hotel Atlántico pone a disposición sus habitaciones de manera gratuita para ayudar a las familias que han sido desalojadas durante el día de hoy debido a los fatídicos incendios que sacuden nuestros montes.
Los afectados pueden llamar a este número para más información.

Servicios de taxi

Radio Taxi ofreció la noche de ayer trayectos gratuitos “para realizar las evacuaciones necesarias”.


Central Radio Taxi 986470000 Vigo
hace 14 horas
Informamos a todos los compañeros que tras las conversaciones mantenidas con las autoridades del Concello de Vigo por la situación de alerta por incendio que está sufriendo las parroquias del nuestra ciudad, hemos ofrecido nuestra total disponibilidad y ha sido recibida con agrado para realizar las evacuaciones necesarias de nuestros vecinos altruistamente. Por el día y hora que es, en caso necesario de necesitar más compañeros en la calle os enviaríamos un aviso por este mismo medio. Asimismo todos los vecinos que estén afectados y que necesiten un taxi podrán solicitarlo en Central Radio Taxi 986 470 000 e indicar de su situación a nuestras operadoras.

Ayuda para los animales

El traslado de animales está siendo una labor complicada. Algunos veterinarios también prestaban su ayuda para ello, así como refugio a las personas que lo necesitaran.

 También el club hípico Cemar daba la posibilidad de alojar animales en sus instalaciones.

Elena Nuñez Prieto
‼️‼️‼️Desde el club hípico Cemar queremos ofrecer sin ánimo de lucro a todo aquel que necesite, debido a tanto incendio como hay, la posibilidad de alojar a sus animales en nuestras instalaciones. Para más información llamar al telf. 629954377.‼️‼️

Clinica Veterinaria San Miguel
hace 13 horas
De parte de todo nuestro equipo veterinario la clínica veterinaria San Miguel esta dispuesta a ayudar en todo lo que sea necesario para ayudar a todos los animales afectados por los terribles incendios. Podemos ayudar en los traslados a cualquier protectora o persona que lo nececite ,además de dar refugio a los animales que lo necesiten .Pueden ponerse en contaco con nosotros en los siguientes teléfonos
659880927
986555678"                 (El Confidencial, 16/10/17)

4/7/17

Ames plantó mil árboles 'bomberos' para impedir incendios

"En las últimas semanas se ha hablado mucho de los llamados "árboles bomberos", especies más resistentes a los efectos del fuego, que frenan el avance de las llamas. 

Fue, sobre todo, a raíz del incendio de Pedrógão Grande, en Portugal, y de algunas imágenes muy viralizadas a través de las redes sociales en las que se podían ver cómo determinadas especies arbóreas autóctonas -castaños, robles, sauces, olivos...- se habían salvado de la quema, protegiendo además a una casa a la que rodeaban. 

No era nada nuevo, solo la constatación de que ciertos árboles tardan más en arder y no favorecen la extensión de los incendios, a diferencia de especies pirófitas como el eucalipto o el pino.

El Ayuntamiento de Ames (A Coruña), próximo a Santiago de Compostela, inició el pasado invierno, dentro de su plan municipal de prevención y defensa contra los incendios forestales, un proyecto piloto que incluye la plantación de 1000 castaños, avellanos, nogales y cerezos en 37 fincas de la parroquia de Piñeiro que abarcan una superficie de alrededor de dos hectáreas.

 "El objetivo es repoblar las franjas secundarias de gestión de biomasa con especies que arden menos, frondosas caducifolias, para reforzar la prevención", destaca Javier García, concejal de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible. Por ahora se han plantado ya 654 árboles en 23 fincas que abarcan unos 10.100 metros cuadrados y después del verano se completará la primera parte de este proyecto piloto con la plantación de las restantes.


La iniciativa se llevó a cabo tras firmar convenios con los propietarios y propietarias de los terrenos para la gestión, desbroce y repoblación. La intención del ayuntamiento es que el proyecto se extienda en los próximos años al resto del término municipal, incrementando así la protección contra el fuego. "Se trata de un proyecto pionero", destaca Javier García, que subraya que "Ames es uno de los pocos ayuntamientos gallegos en los que se apuesta por una política activa de prevención, dando valor al monte".

Ames ha sufrido en los últimos años importantes incendios forestales, muy peligrosos sobre todo al tratarse de un municipio con importantes masas de bosque y, al mismo tiempo, muy poblado (30.000 habitantes) y con asentamientos muy diseminados, por lo que el fuego en muchas ocasiones se ha acercado a viviendas y núcleos. 

De hecho, como detalló la investigación España en Llamas de la Fundación Civio, entre los años 2001 y 2014 Ames sufrió 389 incendios de más de una hectárea, que arrasaron 1.110 hectáreas de terreno, siendo el 67º ayuntamiento gallego con más incendios importantes y el 94º en el conjunto de España.

El plan municipal de protección ante emergencias por incendios forestales del Ayuntamiento de Ames incluye un continuado trabajo de prevención durante todo el año, especialmente durante el invierno. “Tenemos que reforzar el trabajo preventivo ya que es fundamental para evitar los fuegos en el monte durante la época estival”, destaca a este respeto el alcalde, José Miñones. 

El Gobierno municipal ha contratado una brigada de prevención y extinción, formada por un jefe de brigada y cuatro peones, que trabajarán bajo las órdenes de la Xunta en caso de que haya algún fuego. Y cuando no haya incendios forestales, este grupo de trabajo realizará tareas de prevención. Paralelamente, el Ayuntamiento también se ha acogido a la subvención de la Consejería de Medio Rural, que financia durante la época previa al período de alto riesgo las labores de limpieza mediante un tractor mecanizado que está operativo en estos momentos."               (eldiario.es, 03/07/17)

4/2/16

Batefogo, unha forma máis racional de combater os incendios forestais

"En lugar de botarlle a culpa ao pirómano cómpre mirar á falta de servizos”. Esta é unha das reflexións de Miguel Pardellas, un dos impulsores de Batefogo; unha iniciativa para previr os lumes aplicando solucións a medida, despois de estudar que sucede sobre o terreo, escoitando aos paisanos. O papel do eucalipto e os primeiros pasos desta iniciativa en Manzaneda son algúns dos puntos desta entrevista. 

Como xurdiu a idea do proxecto Batefogo? Que persoas e organizacións están involucradas?
É difícil identificar o momento exacto no que xurde o proxecto. As tres cooperativas e eu -autónomo- que facemos parte da equipa de traballo somos amigos e temos inquedanzas comúns ao respecto do desenvolvemento rural e a situación socioambiental do país
A idea de poñer en marcha un proxecto que compaxinara prevención de incendios e desenvolvemento rural xa estaba nas nosas conversas e creo que toma forma despois de que as compañeiras de Feitoría Verde e eu participaramos nun encontro de profesionais da participación ambiental a nivel estatal no ano 2014 en Extremadura.
 Na viaxe de volta, acordamos poñernos a concretar as ideas que tiñamos na cabeza e contar coas outras dúas cooperativas coas que colaborabamos habitualmente: Maos e EnComún.
Un dos antecedentes de actuacións similares que vostedes sinalan é o o Plan 42, programa integral para a prevención dos incendios forestais desenvolvido pola Junta de Castilla y León. Podería explicar en que consistiu? 
O Plan 42 foi un programa moi ambicioso que puxo en marcha a Junta de Castilla y León para coordinar actuacións en materia de prevención de incendios a través da participación social. O seu nome ven de que inicialmente chegaba a 42 concellos (normalmente en zonas periféricas e de montaña da comunidade autónoma), nos que se desenvolvían encontros coa veciñanza para decidir onde facer limpezas, camiños ou mesmo iniciativas de pastoreo extensivo para controlar a biomasa.
Que obxectivos acadou?
O proxecto foi todo un éxito e, sen que se deran maiores explicacións, pero a Junta deixouno de lado, quedando moitos proxectos e propostas sen realizar.
Manzaneda é o primeiro concello de Galicia que se suma ao proxecto. Que actuacións concretas pensan desenvolver neste municipio? 
En Manzaneda estamos a desenvolver unha especie de “iniciativa piloto”. Davide, o seu alcalde, brindounos a oportunidade de probar a metodoloxía e valorar que facer e como. A primeira fase do traballo está a piques de rematar, que é a elaboración dun estudo do territorio onde valorar riscos e potencialidades. 
Con este documento iremos á veciñanza para que sexan elas e eles os que digan se a diagnose é correcta ou non e que facer a continuación. É na fase de propostas na que nós poñeremos enriba da mesa iniciativas que están a desenvolverse noutras partes do país e do estado, para ver se poden ou queren reproducilas.
Que particularidades ten por ser unha zona tan montañosa?
O feito de que sexa unha zona montañosa ten os problemas habituais de mobilidade e accesibilidade a servizos que, unido ao envellecemento e despoboamento da poboación, dificultan a posta en marcha de proxectos. Non obstante, cremos que hai marxe de manobra e que o batefogo pode servir tamén para atraer a novos poboadores que impulsen iniciativas produtivas e de servizos.
Un dos primeiros pasos da aplicación do proxecto é identificar os puntos quentes onde arde o monte e tentar atopar a causa. Que conclusións sacan até o de agora do observado en Manzaneda?
Hai dúas tipoloxías de incendios moi frecuentes: en zonas máis ou menos baixas e poboadas, incendios ligados a queimas agrícolas, de extensións máis ou menos reducidas e que, en ocasións, poñen en perigo vivendas ou a espazos produtivos, como os soutos, importantes na economía da comarca. Despois temos os grandes lumes de serra, máis difíciles de ligar a unha causa concreta, e que afectan fundamentalmente a mato.
Está asumido por todos que as crises do lumes forestais que sofre recorrentemente Galicia teñen que ver co abandono do rural. Partindo disto, hai quen di que a política antincedios é inútil, que só serve para poñer parches e non contar a causa última do problema. Non corren o risco proxectos de intervención social como Batefogo de quedarse tamén nun mero parche?
Precisamente o batefogo contempla como obxectivo último o de reverter a dinámica de abandono do rural. Os incendios, ou mellor dito, as medidas contraincendios ou de prevención, non deixan de ser un camiño para traballar cuestións que entendemos están de fondo: a xestión participada do territorio, a construción de iniciativas produtivas e de servizos ligadas á sustentabilidade que dean emprego no rural e fixen poboación, a posta en valor de prácticas e coñecementos tradicionais, o recoñecemento cultural e patrimonial, etc.
Un dos obxectivos básicos de Batefogo é "Xerar unha nova cultura forestal". Cal é a súa opinión sobre a masiva explotación en moitas comarcas do monte para plantar especies que resisten ben o lume?
Entendemos o monte como un ecosistema; un ecosistema que en Galiza está moi humanizado e que está suxeito, dependendo das zonas, a intereses contrapostos. A idea é buscar consensos entre a veciñanza na xestión deste ecosistema, como mecanismo de regulación e prevención. 
Mais a nosa aposta é que estes consensos sexan en clave de sustentabilidade, e por tanto, respectuosos coas dinámicas propias dos ecosistemas naturais desde unha perspectiva ampla. Isto é, apostar pola diversidade en lugar do monocultivo, facer manexos sustentábeis dos recursos que permitan a rexeneración do propio ecosistema, potenciar actividades que melloren a súa calidade, etc.
Moito se fala sobre o papel da industria vencellada ao eucalipto...
Neste contexto, a aposta polo monocultivo do eucalipto, por exemplo, non é do noso gusto; se ben, entendemos que poden buscarse dinámicas de compatibilidade con outras especies e usos, coa vista posta noutra forma de xestionar o monte. En calquera caso, entendemos que é unha decisión que corresponde á veciñanza e que o noso papel debe ser en clave de facilitación das decisións colectivas e educación en usos sustentábeis.
Ten base a teoría de que informar dos lumes invita a potencial pirómanos a queimar o monte porque así síntese o centro de atención da opinión ṕública?
Non temos unha opinión formada ao respecto da relación información-pirómanos. Ademais, considerar que o problema dos incendios en Galiza é un problema de pirómanos é simplificar moito o problema e considerar que temos unha taxa desta doenza extremadamente alta (poderiamos dicir que incluso inigualábel no resto do mundo…). 
Habería que preguntarse que hai detrás de fenómenos como o de “chamar a atención”. Soidade, dependencia, mesmo problemas ligados ao alcol. O Batefogo quere preguntarse tamén sobre estes problemas, estas doenzas sociais. Igual, en lugar de botarlle a culpa ao “pirómano” ou ao medio de comunicación, cómpre mirar á falta de servizos, á falta de coidados…
Que papel xogamos os medios de comunicación na prevención dos incendios?
Entendemos que os medios de comunicación teñen un papel fundamental na sensibilización da cidadanía, en xeral, e en particular das persoas que habitan zonas conflitivas, desde un punto de vista dos incendios. Se a información é completa e complexa,non presentando só o negativo, por exemplo, e veraz, podería contribuír a previr os lumes.
Están abertos a participación de outras administracións? Que se lle pide para participar? 
O proxecto nace con vocación de servizo público, como unha ferramenta, sobre todo para as administracións locais e provinciais, para a xestión do territorio. De feito, en pouco máis dun ano, tivemos xa contactos con varios concellos e mesmo coa Deputación de Lugo; e na nosa intención está solicitar xuntanzas nos próximos meses con máis concellos (varios se puxeron en contacto con nós nas últimas semanas) e o resto de Deputacións. 
Ademais, pensamos que o batefogo pode ser tamén unha boa opción para comunidades de montes. Non pedimos nada para participar máis que vontade de buscar novas estratexias e fórmulas para evitar os incendios forestais. Iso e un orzamento que permita desenvolver o traballo da mellor maneira posíbel.
De estaren interesados, como teñen que facer os responsábeis públicos para contactaren con vostedes?
Calquera pode poñerse en contacto connosco a través do noso blogue ou facebook."                  (Manuel Vilas | Manzaneda | Galicia Confidencial, 26/01/2016)