Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas agricolas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas agricolas. Mostrar todas las entradas

28/10/22

Profesionalización e innovación: os retos da castaña como motor económico e do rural galego

 "Os soutos galegos non pasan polo seu mellor momento. A produción leva anos descendendo exponencialmente e a intensa seca vivida este ano xa deixa sentir os seus efectos sobre o sector da castaña, que se atopa no inicio da campaña de recollida. "Era esperado, pero agora estámolo confirmando: as altas temperaturas resentiron a produción. Vemos moito ourizo baleiro porque a árbore sufriu bastante", explica Jesús Quintá, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia e xerente de Alibós, en Monterroso, líder europeo na transformación deste froito.

"MERMA IMPORTANTE" DA PRODUCIÓN

As perspectivas para o que resta de campaña, di, pasan por unha "merma importante" da produción próxima ao 50%. "A xente está preocupada, unha boa campaña supón ao redor de 20 millóns de quilos. Se este ano chegamos aos 10 xa sería abondo", explica. Á seca prolongada súmanse outras ameazas que este froito, un dos representativos e aproveitables de Galicia, leva tempo enfrontando: a avespiña asiática, que procura controlarse cun tratamento biolóxico; e o fungo Gnomoniopsis smithogilvyi, un agresivo axente que aproveitou este momento de debilidade dos castiñeiros para actuar, xa non só nas ramas, senón tamén nos propios froitos. 

Todo isto provoca que a calidade do produto "non sexa a óptima", indica Quintá, cuxa empresa ten ao seu cargo unhas 200 hectáreas de soutos. Con todo, a "práctica totalidade" da castaña que procesan cómprana en almacéns de toda Galicia e en España e Portugal. A compañía trata cada ano entre 7.000 e 8.000 tolenadas de froito, e os cultivos no país son "claramente insuficientes" para a súa gran demanda, sobre todo no estranxeiro. En Alibós exportan o 90% da súa produción cara a países como Francia, Suíza, Estados Unidos, Xapón, Inglaterra... onde, di Quintá, "se consome moita máis castaña ca en Galicia", produtora líder no Estado.

Na Cooperativa Amarelante, que naceu en Manzaneda no ano 2013 co obxectivo de recuperar soutos abandonados da veciñanza e reactivar a produción de castañas e de produtos derivados, confían en que estas recentes choivas enriquezan a campaña de recollida do froito nas súas oito hectáreas de castiñeiros, máis tardíos pola maior altitude da zona. "Non é difícil que mellore un pouco a situación porque levamos anos moi malos, cun descenso importante da produción", explica unha das súas socias, Sonia Couso.

Isto tamén o notan en Delicias do Souto, outra empresa do Courel impulsada no 2006 que comercializa a primeira torta de castañas de Galicia, ademais de bolachas e bicas, uns produtos que xa se converteron nos máis representativos da zona para a veciñanza e visitantes. "Eu fixen unha plantación hai oito anos, pero morréronnos moitos, non van bos tempos para os castiñeiros", explica Concepción Arza, coñecida como 'Chiña', que viu tamén como parte dos soutos dos que se fornecía foron arrasados pola vaga de incendios deste verán. "Hai cinco anos a xente podía mercar un montón de quilos de castañas aquí, pero agora xa nada. A orografía é complicada e os soutos están moi abandonados", sinala. 

OS RETOS DO SECTOR: PROFESIONALIZAR E INNOVAR

O sector da castaña en Galicia ten calidade, variedade e reputación, tanto no Estado coma fóra del, pero as persoas contactadas para esta reportaxe coinciden en que non se están a aproveitar todas as súas potencialidades. Por unha banda, Quintás demanda maiores axudas para activar novas plantacións e para impulsar a rega, "fundamental neste contexto de cambio climático" e que permitiría "incrementar a seguridade, aumentar a produción en máis dun 30% e adiantar a chegada do froito uns catro anos dende que se planta a árbore". 

Para Quintás, o futuro do sector pasa por estimular novos proxectos e renovar os soutos que xa están esgotados. "A demanda é alta e cada vez dependemos máis da importación de castaña. Hai moita masa forestal abandonada polo despoboamento do rural, e contra isto cómpre animar a mocidade a introducirse no sector, tamén como xeito para combater os incendios", sinala o xerente de Alibós, que valora o "gran potencial" da castaña tamén para revitalizar o rural: "Témolo todo, falta poñer en valor as terras abandonadas e polas que poderían estar vivindo moitas familias".

A necesidade dunha maior profesionalización é outro dos puntos de encontro entre os diferentes actores. "A castaña en Galicia sempre foi unha actividade complementaria á renda das casas; antes tiñamos soutos moi produtivos e unha climatoloxía ideal que propiciaban rendibilidade xa só coa venda en fresco da castaña, pero agora o sector xa non está no seu momento de maior esplendor", explica Sonia Couso. "Que precisamos? Profesionalización e investigación nas variedades e na transformación en produtos derivados que teñan a castaña como materia principal, algo que non se fixo ata agora nin en Galicia nin no Estado, para xerar valor engadido e que rinda durante todo o ano", prosegue. 

E é que dende a Cooperativa Amarelante observan unha "falta de comunicación e de experiementación", e apostan por recuperar receitas tradicionais e innovar noutras. "A xente non sabe os diversos usos das castañas, que son os mesmos ou incluso máis ca os de calquera legume: poden facerse guisos con carne, sopas, doces e cremas, pratos vexetarianos e veganos... E tamén fariña, con todos os usos dunha tradicional; e non ten glute", explica Couso, que apela a "popularizar" o emprego deste froito na restauración e a estudar actividades compatibles cos propios soutos nese camiño pola diversificación, ben sexa a través da produción de mel ou cogumelos, ou mesmo do turismo. 

Couso valora, igualmente, unha "certa promoción e dinamismo" da figura cooperativa e tamén os pasos adiante das administracións no sector, mais lamenta que se "tardou moito en pensar que a castaña era un sector dinamizador". Entre eses avances, cita a creación da Mesa da Castaña, un instrumento constituído no 2019 con capacidade para poñer enriba da mesa as problemáticas enfrontadas, e confía en ver sobre o papel novas axudas para plantacións, conservación dos soutos e transformación. "Agora, que nos atopamos nunha época baixa, temos que potenciar o sector para que siga sendo dinamizador". 

En concreto en materia de conservación, dende Delicias do Souto reclaman á administración contar con "xente experta que coñeza ben como hai que coidalos e mantelos limpos". Porque ante todo, di Concepción Arza, os soutos son "patrimonio natural e cultural" que "salvaron do lume moitas aldeas" e que dan ano tras ano un tesouro con moito potencial por explorar. "Galicia ten que mirar máis por eles", apela."                 (Uxía Iglesias, Galicia Confidencial, 23/10/22)

27/6/22

Javier Olleros, el chef que sirve compost y corteza de árbol quemado: “Hay que acabar con el descontrol de desperdicios y el ritmo frenético”... El proyecto de restauración sostenible en O Grove del candidato gallego a mejor cocinero del mundo incluye una huerta ecológica y un invernadero que surten de materia prima y minimizan los residuos

 "En Culler de Pau, el único restaurante gallego coronado con dos estrellas Michelin, los privilegiados comensales saborean hortalizas extraordinarias que apenas 20 minutos antes hundían sus raíces en el vergel que se admira desde el comedor. El chef Javier Olleros disfruta enseñando los prodigios que obra la madre naturaleza en su huerto e invernadero, una plantación ecológica de 2.500 metros cuadrados donde brotan hojas con sabor a ostra, se recuperan especies en vías de extinción y se investiga cómo aprovechar cada vegetal de la cabeza a los pies. En la finca que rodea a este establecimiento de la aldea de Reboredo, en O Grove (Pontevedra), al pie del filón marisquero de la ría de Arousa, el plato estrella es el compost. “¿Un restaurante fino que huele a compost? Pues sí, porque el compost huele a vida y el compostaje es nuestro pulmón”, proclama Olleros.

El proyecto de restauración sostenible de Olleros y Amaranta Rodríguez, su socia y pareja, ha logrado convertir en abono el 60% de los desperdicios orgánicos que genera el negocio. Para ello han erradicado de Culler de Pau ese gesto con el que los cocineros suelen poner fin a su jornada laboral: “Aquí ya no se arroja la bolsa de basura al agujero negro, aquí terminamos también cocinando, cocinando compost”, explica el chef. Se refiere al concienzudo proceso de volcar los residuos orgánicos del restaurante en los seis composteros que jalonan el huerto. Requiere, por ejemplo, un control de la temperatura y un “acolchado” con cortezas secas para una descomposición libre de patógenos. En la operación, cuentan con la ayuda de un batallón de lombrices que ellos mismos crían.

Los restos orgánicos de los platos de los comensales alimentan una plantación ecológica en la que crecen más de 200 especies que luego regresan a la mesa, pero no es el único compost que se utiliza. También se elabora bokashi, un preparado de melaza y corteza de árboles quemados. “Aquí nada es químico y la tierra es muy buena. Estamos probando un montón de cosas. Algunas no se dan en el huerto, pero sí en el invernadero, como la hoja de ostra”, expone Roberto Lores, agricultor jefe en Culler de Pau, aludiendo a una sorprendente planta del invernadero que sabe a mar.

Olleros, nominado a mejor chef del mundo en los Best Chef Awards que se fallan el próximo septiembre, considera la sostenibilidad “no una meta, sino un viaje”: “Hay mucho discurso hecho, pero hay que pasar a la acción”. Explica que emprendió el proyecto de la huerta en 2014 como “un libro de aprendizaje”, “para entender el producto” con el que luego crea las recetas. La “frescura” es para él una “obsesión”, recalca. Por eso los cimientos de Culler de Pau desde su fundación en 2009 son los productos locales, de cercanía, esos que la naturaleza fabrica en el “potente ecosistema” de O Grove. Cada día, a las ocho menos cuarto de la mañana, el chef franquea la puerta del mercado de abastos: “Yo quiero mirar a los ojos al productor para generar respeto y también exigencia”.

Culler de Pau colabora con centros de FP, asociaciones de agricultoras y universidades gastronómicas como el Basque Culinary Center. Gloria del Río está haciendo su trabajo de fin de grado en el restaurante. Sobre una mesa del invernadero agarra entre sus manos una planta de apio y muestra cómo la disecciona para aprovecharla por completo. Las flores se secan y se usan para aromatizar platos. Las hojas deshidratadas se muelen para hacer sal y de los troncos se extrae jugo para caldos. “Para mí esto es un aula-taller. Los productos solemos verlos cómo los venden en el mercado. Aquí puedo ver la planta como sale de la tierra y así aprenderlo todo de ella y buscarle otro valor. Es una experiencia que tendría que vivir todo cocinero”, explica Del Río.

El saber de científicos y agricultores

En la España de los bares y el turismo, en ese país en el que acaban de saltar las alarmas porque faltan camareros, el chef llama a repensar la hostelería. “Hay que acabar con el descontrol de desperdicios, el ritmo frenético y las muchas horas de trabajo”, propugna. Cuenta que él y su equipo empezaron contagiándose de esos males porque pensaban que “era la única manera”. Pero un día decidieron “parar y pensar” y, poco a poco, han ido incorporando “pequeños gestos de responsabilidad”. “No es fácil, nos equivocamos mucho, pero la alternativa, eso de pensar solo en el beneficio y ser depredadores, es el abismo y la desigualdad”, defiende. Para lograr el cambio de modelo reclama que las prácticas sostenibles se incorporen a la formación de los hosteleros y que la Administración los “acompañe y asesore”.

Olleros aboga por que el sector “ordene horarios”, por que el cliente entienda “que hay una hora para comer”. Censura que los locales de hostelería se multipliquen en España como setas y que haya “tiburones” capitalistas que “montan restaurantes como si jugasen una partida de Risk, a ver si luego lo venden”. “Eso provoca precariedad porque no respetan el oficio”, advierte. “Si te va bien con un restaurante, no hace falta montar una cadena. Yo solo tengo uno y no me da la vida. A veces me pregunto cómo hacen otros…”.

El proyecto de restauración sostenible de Culler de Pau incluye una labor de investigación. Tanto en el huerto como en el invernadero, inaugurado en febrero, conviven productos tradicionales con nuevas variedades y cultivos en extinción que han sido recuperados por el equipo del restaurante en colaboración con el CSIC. Hace 11 años, Olleros llamó a la puerta de la Misión Biológica de Galicia, una institución científica de Pontevedra que funciona como “un arca de Noé de las semillas”. Con ayuda del saber de científicos y agricultores, Culler de Pau volvió a cultivar el guisante lágrima, una exquisitez autóctona que estaba en vías de desaparición. Lo mismo hizo con una berza rizada, un haba de marisco… “Galicia es un vergel poco aprovechado; tenemos que recuperar lo que fue en el pasado, las variedades que había”, propugna el chef.

Los inicios no fueron nada fáciles. Los padres de Olleros, emigrantes en Suiza que a su regreso a O Grove se dedicaron a la hostelería, le desaconsejaron montar el restaurante en su pueblo. “No, hijo, aquí no. Vete a ciudades donde tengas más oportunidades”, le aconsejaron. Ignoró el mensaje y superó “la travesía del desierto”. “Al principio, no venía nadie”, recuerda. Eran cuatro trabajadores y ahora son 27, una plantilla multicultural de la India, Argentina, Corea, Japón o Portugal. Olleros y Rodríguez viven en el piso de arriba de Culler de Pau, su “proyecto de vida”: “Parece que un restaurante exclusivo tiene que estar alejado de la realidad, pero no: nosotros estamos apegados al mar, la tierra y sus trabajadores. Soy hijo de currante y no dejaré de serlo nunca”.                  (Sonia Vizoso , el País, 23/06/22)

27/8/21

Fran Fernández: "Rexeitamos desde o inicio as grandes superficies porque non nos entusiasma ese modelo". Bubela é un obradoiro que elabora cervexas e pastas artesanais e ecolóxicas

 "Comezamos cunha horta ecolóxica hai moitos anos. Tivemos un pequeno aproveitamento. Despois dun tempo, por circunstancias da vida, decidimos mudar a orientación do que era a idea orixinal, que era plantar sementes de cereal e despois elaborar pasta e cervexa artesanal. Cando comezamos co obradoiro decatámonos de todo o traballo que era. 

Nós só somos dúas persoas, Marta e mais eu, e aínda non temos capacidade para contratar ninguén, polo que é imposíbel atender un cultivo e ao mesmo tempo fabricar o produto. Finalmente, apostamos polo segundo. Por que escollemos pasta e cervexa? Nós os dous xa nos dedicábamos a facer este tipo de cousas na casa de maneira particular. Como nos parecía un mundo bastante interesante, comezamos a pensar que podía ser un medio para vivir. Así foi como xurdiu Bubela.

-Fan os dous os mesmos traballos no obradoiro?

 Adoitamos facer os dous un pouco de todo, aínda que é certo que eu levo máis a parte da cervexa, mentres que Marta se ocupa máis da parte da pasta.

Digamos que ela é a xefa dun obradoiro e eu son o xefe do outro, pero iso non quita que os dous poidamos facer calquera tarefa nun momento dado. Implicámonos en todo ambos os dous.

-Que características posúe o seu método de elaboración de cervexas e de pasta?

Intentamos empregar o cereal máis autóctono e máis próximo posíbel. Non é doado de atopar, porque nós traballamos de maneira ecolóxica, e ten que estar certificado. A base é ter unha boa fariña de cereal do país, o que nos permite traballar con nove liñas de pasta distintas hoxe en día. Cada unha deles require un amasado diferente; distintas proporcións de auga, fariña... Despois empregamos máquinas para darlle unha determinada forma á pasta. Tras iso, pasamos a pasta a un deshidratador para levar a cabo un secado lento a baixa temperatura durante seis horas aproximadamente. 

O que pretendemos con isto é preservar todas as propiedades da materia prima orixinal e que teña un sabor o máis vivo posíbel. En canto á cervexa, temos o problema de que non hai materia prima local, polo que adoitamos servirnos de cereal ecolóxico procedente de Bélxica e de Francia. Empregamos cereal malteado. É un proceso de elaboración bastante complexo. En canto ao lúpulo, obtémolo en Catalunya, aínda que a nosa idea é comezar a plantalo o ano que vén.

-Como distribúen os produtos que elaboran?  

Traballamos sobre todo con tendas de proximidade e, na práctica, a gran maioría son de produtos ecolóxicos. Rexeitamos desde o primeiro momento as grandes superficies porque non nos entusiasmaba nada ese modelo. De feito tampouco consumimos nelas. É certo que temos unha produción pequena, pero temos posibilidade de vender toda a mercancía por estas canles. A nivel local, tamén vendemos nalgún bar e nalgún estabelecemento do estilo na zona de Lugo. 

A cervexa traballámola sobre todo na zona de Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense... A zona de Vigo e Pontevedra témola un pouco máis esquecida por cuestión de afastamento. Tamén vendemos en Madrid e Barcelona. A pasta está moito máis distribuída por toda a península. Ademais, temos unha páxina web por se a xente prefire comprar directamente, e de vez en cando tamén acudimos a algunha feira.

-Que acollida está a ter Bubela?  

Penso que boa, non nos podemos queixar. Nunca fomos detrás das tendas para que comercializasen o noso produto. As que o fan é porque as donas probaron o que facemos e gostaron. A xente que nos descobre queda contenta e adoita repetir."                 (Xosé Barros, Nós, 25/08/21)

17/11/20

As dificultades de vivir do mel no rural: ingreso complementario e falta de investimento

 "A maioría de apicultores traballan por afección e por complementar a economía familiar. Os traballadores en exclusiva son poucos. O rendemento económico que lle poden sacar depende do destino que se lle dea a este produto.

As alternativas económicas para asentar xente no rural necesitan dun investimento máis elevado que o actual. Así o estiman algúns profesionais da apicultura, unha das alternativas que queren “vender” como maneira de fixar poboación agraria. Con todo, son numerosos os apicultores que non teñen esta actividade como complemento para a economía familiar. A dedicación exclusiva é moi escasa e ten que estar moi ben planificada, cun mercado seguro onde darlle saída ao produto. 

APICULTURA, UNHA BOA ALTERNATIVA?

Camilo vive en Ourense, ten colmeas mais é unha actividade secundaria para el, o seu emprego está na administración. Antes ser empregado fixo botou tempo facendo substitucións “ata que chegou un momento en que non chamaban a ninguén”. Foi cando decidiu facer cursos de apicultura e despois, aproveitando os terreos da familia, instalou as súas colmeas sendo consciente de que era una alternativa pouco sólida para poder vivir dela.

Xavier pola súa parte colocou colmeas para polinizar castiñeiros. Co tempo quixo sacarlles rendemento vendendo o seu produto. “Eu non quería emigrar, así que traballei os castiñeiros, as colmeas coloqueinas pedindo os permisos a extensión agraria e indicaron onde as podía instalar”. Logo comezou a vender mel “porque hai mercado”, mais non apostou por unha elaboración especializada.

Ademais do mel, existen outras vías de obtención de ingresos coas abellas como di Xavier, que durante un tempo “criei raíñas para vender, mais agora non teño moito tempo para elas, así que xa non crío”. Este apicultor de Trives engade que “para min a apicultura é unha boa forma de vida, ten que gustarche

RENDIBILIDADE E INVESTIMENTO

Existen axudas para fomentar a apicultura? Si, aínda que “están encamiñadas para que a xente non marche do rural, non para que asente xente nova” di Camilo. No seu caso, directamente non pediu as axudas porque o camiño das solicitudes para el era “inviable” porque “hai unha desconexión entre a política de axudas e a realidade”.  “Os investimentos aumentan cada ano, porque queres sacarlle máis rendemento” aclara Xavier.

O problema vén cando se desexa aumentar a produción e diversificala. A necesidade de buscar un mercado xa é un paso que bota para atrás a moitos. “Se queres comezar de cero e ter  unha produción elevada e diversa, o investimento para comezar sería de 800.000 euros” di Xavier. O investimento inclúe a construción dunha nave industrial, a compra de maquinaria especializada e a man de obra.

“Se queres traballar en plan profesional tes que colocar mínimo 500 colmeas e de aí para arriba” di Camilo que engade: “a maioría da apicultura en Galicia é non-profesional”. Por outra parte, a comercialización, moita dela a granel, sufriu unha freada importante coa COVID.

O aumento da rendibilidade a día de hoxe pasaría por aumentar e mellorar a formación, din os apicultores. A isto, debera sumárselle o recambio xeracional facilitando o acceso a parcelas para xente nova. E este último punto leva ao desexado “cambio nas políticas de subvención”.

ALGÚNS DATOS

A Asociación Galega de Apicultores (AGA) apunta que boa parte da produción vai para a venda a granel. Mentres que os máis pequenos poden acollerse ao Decreto de produción primaria e, nun futuro ao Decreto de Artesanía Alimentaria. Non poderán saír co mel fóra de Galicia, aínda que si poderán comercializar dentro, segundo Jesús Asorey, presidente da AGA. “Logo están os que se acollen á Denominación de Orixe Mel de Galicia, protexida pola UE”. Logo hai quen por “comodidade” vende a almacenistas que iso é a venda a granel.

Sobre a necesidade dun número elevado de colmeas para poder vivir, Asorey declara que “se imos ao modelo español, para poder vivir si, ao mellor hai que ter mil colmeas”. O feito de que haxa poucas colemas en Galicia vén motivado pola busca da calidade e a comercialización. Se  se vende a granel un ano “poden pagarche o quilo a 5 euros, mais o ano pasado foron 3,80 euros”, por tanto estase ao que digan os mercados.

Para o presidente da AGA a necesidade dunha envasadora potente que “vendese por toda a UE”, daría saída ao produto e redundando así na mellora da calidade de vida das familias que viven do mel. A día de hoxe, falando de prezos, un quilogramo de mel estase pagando a 5 euros, mentres que se é mel ecolóxico son 6 euros. Os prezos no mercado andan por 10 euros o mel corrente e a 12 euros o ecolóxico.

O feito de apostar pola calidade elimina a posibilidade de competir co mel de Arxentina ou China, que son grandes produtores. Mais sobre se é posible vivir deste negocio, Asorey considera necesario un cambio nas axudas e nos seus orzamentos. Actualmente os orzamentos europeos para o mel son 600.000 euros cos que “pouco se pode facer”.

A apicultura como modo de vida, para poder vivir no rural e asentarse unha familia é, a día de hoxe, unha actividade que non pode asegurar ese asentamento. A maioría de apicultores teñen este traballo como unha segunda actividade. Quen vive case en exclusiva do mel precisa investir cada ano en reformar e en nova maquinaria. A conclusión de AGA e de traballadores do sector é que para poder vivir da produción de mel é necesario facer un cambio en varias leis, políticas agrarias e lexislación comercial."                  (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 13/11/20)

6/3/20

‘Dale una vuelta’ | Las mujeres que reinventan el campo gallego... Una granja ecológica de vacas y una explotación de plantas en ecológico se unen para crear unos cosméticos innovadores

"Mientras sus compañeros de Empresariales soñaban con pisar el parquet de Wall Street o lanzar una startup tecnológica, Marta Álvarez se dedicaba a todo lo contrario: guiar por la montaña a las vacas de sus padres. 

Fue durante unas vacaciones en su casa familiar, en Monterroso (Lugo) hace 20 años. Pero la experiencia no quedó en cosa de un verano, a esta urbanita de Vigo que ahora tiene 49 años le pareció tan fácil que decidió que ese sería su proyecto empresarial, una granja de vacas ecológica, la Granxa Maruxa. 

Ahí se terminaron las facilidades y también los conocimientos sobre ganadería de Marta: “No sabía que tenían que quedar preñadas para dar leche, no sabía andar con los tractores...” En una comunidad autónoma en la que hay 30.000 granjas de vacas, los más expertos de Monterroso no confiaban en su aventura. Los más optimistas auguraban que la Granxa Maruxa duraría unas dos semanas. 

Mientras Marta Álvarez empezaba su particular empresa, Chusa Expósito (53 años), farmacéutica y Carmela Valiño (52 años), bióloga, se peleaban con el plan de empresa del curso de 500 horas para hacerse emprendedor que estudiaban en Santiago de Compostela. 

Luego, cuando quisieron ponerlo en práctica en una explotación de plantas medicinales en ecológico en Palas de Rei (Lugo), se dieron cuenta de que hacerlo sobre el papel era mucho más fácil que fundar Milhulloa "Más que un trabajo era una superación de pruebas día a día", concreta Expósito. "Empezamos peleándonos con la administración, lo siguiente fue que todo que teníamos en el papel, nuestro proyecto de viabilidad, no se ajustaba con la metodología de trabajo que realmente requería nuestra empresa".

Los perfiles de estas emprendedoras eran distintos, pero tenían varias cosas en común, que estaban decididas a apostar por el medio rural gallego y que eran mujeres. Según el estudio Diagnóstico de la Igualdad de Género en el Medio Rural del Ministerio de Agricultura, en el rural también existe una discriminación salarial de género. Las mujeres cobran entre 400 y 1.000 euros y los hombres entre 1.000 y 1.400. Además, ellas suelen ocupar posiciones inferiores en la jerarquía laboral, mientras que los hombres ocupan los puestos de poder y responsabilidad. En los casos de estas emprendedoras gallegas es justo al revés. Los empleados que hoy tiene Marta Álvarez a su cargo con las vacas son dos hombres.

Durante estos 20 años han vivido muchos sinsabores que han ido superando con tenacidad y creatividad. En el caso de Milhulloa, se les ocurrió deshidratar grelo, una de las verduras más usadas en la gastronomía gallega. Con el método de Milhulloa, medio kilo de esta hortaliza ocupa unos 60 gramos en un envase. Marta pensó en hacer galletas con la nata de la leche de sus vacas. Fueron un éxito, pero otra vez tuvo problemas con la socia con la que compartía aquella aventura: "Me quedé sin ellas, otro golpe y otra vez volver a empezar".

En ese punto, en 2015, Marta necesitaba una nueva idea que la hiciera diferente al resto de decenas de miles de granjas gallegas, Chusa y Carmela, a la que se había unido una nueva socia, Anxos Orgueira (50 años), algo que les diera un empuje más allá del grelo deshidratado. Los 20 kilómetros que separaban ambos negocios no fueron obstáculo para que se juntaran y con la mediación de la hermana de Marta, María Álvarez (56 años), fundaron Muuhlloa, una empresa de cosméticos especial, en lugar de usar proteína de leche en sus formulaciones emplearían la leche recién ordeñada de las vacas de la Granxa Maruxa y los oleatos e ideas de Milhulloa.

Hoy es el proyecto que más ilusión les hace, aunque también requirió de superar obstáculos adicionales, como un crowdfunding al que tuvieron que acudir para recapitalizar la empresa el año pasado o un crédito de 30.000 euros para poder iniciar su actividad. De hecho, su última lucha es la renovación de este préstamo, una negociación en la que, como durante estas dos décadas tienen que seguir peleando cada año."                 (J. J. Morales, El País, 27/02/20)

12/11/19

Paraños, exemplo de dinamizador rural

"A xestión do monte veciñal pode ser un motor económico do rural. Sen a súa actuación, o abandono das terras do noso país sería máis grave. Un exemplo témolo nunha parroquia de Covelo que mantivo desde a súa creación unha forte relación coa súa historia e co mantemento económico sustentábel.

A importancia dos montes comunais na Galiza é indiscutíbel. Unha cuarta parte do territorio, algo máis de 700.000 hectáreas, está xestionado por esta figura. Un total de 2.800 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) traballan, con máis ou menos sorte, na valorización económica e social destas zonas que van máis alá do atractivo paisaxístico.


Desde o seu nacemento, a súa función foi mudando co tempo pasando de mellorar a explotación forestal a servir de laboratorio de probas de múltiples proxectos de aproveitamento dos recursos naturais, gandeiros, patrimoniais e turísticos.


Un exemplo témolo na CMVMC de Paraños (Covelo), que o pasado 26 de outubro foi escollido por parte do Grupo de desenvolvemento rural (GDR) Condado Paradanta como mellor dinamizador rural entre dezasete candidaturas presentadas.

Comunidade combativa


A parroquia de Paraños pertence ao municipio de Covelo e está situada na comarca do Condado Paradanta. Os seus escasos 200 habitantes viviron até mediados do século XX da agricultura e a gandaría. Hoxe contan cunha empresa de produtos cárnicos e a posibilidade de traballar, polas boas comunicacións, na área metropolitana de Vigo.


A CMVMC de Paraños creouse en xaneiro de 1979, nuns anos de loita pola recuperación desta estrutura de xestión galega. Algo máis de cen veciñas e veciños con residencia habitual no lugar iniciaron unha andaina que na actualidade manteñen ao redor de 60.


A súa historia caracterizouse pola defensa da comunidade e dos seus intereses. Na lembranza está a longa loita das propias obras e da expropiación do monte cando se construíu o enlace coa autovía A-52, a actual estrada N-559. Tamén os conflitos con Fenosa, coa Confederación Hidrográfica do Norte (agora Miño-Sil), con Telefónica e coa Consellaría do Medio Rural polas contas dun convenio.


Recursos económicos e apoio ás empresas da zona


A extensión do monte coa que contan, arborizado case na súa totalidade, é de 301 hectáreas e o valor total aproximado da madeira, segundo datos de 2008, estaba en 1.400.000 euros.


Na actualidade os recursos económicos da CMVMV de Paraños céntranse no aproveitamento madeireiro cuns ingresos anuais de 50.000 euros que se reinvisten un 40% na propia entidade e o resto en proxectos positivos para á propia parroquia.

Apostan pola diversidade forestal e polas árbores autóctonas de rexeneración natural. Consecuencia desta política é a progresiva substitución, en certas zonas do monte, especialmente as que están orientadas ao norte, do piñeiro por bidueiro e carballo de rexeneración natural. Tamén a plantación de carballos americanos e castiñeiros xunto a creación de faixas en beiras de pistas con especies variadas como cerdeiras, freixos e pradairos.


Unha idea teñen clara en Paraños: a total eliminación de eucaliptos e outras especies invasoras como acacias, mimosas ou canas da india do seu monte veciñal.

Como explica ao Sermos Galiza o seu presidente, Xosé Manuel Sendín, a xestión do monte implica tamén a procura de alternativas ao aproveitamento madeireiro. "Agora estamos cun proxecto de apicultura coa idea de crear un apiario que potenciaría e faría máis visíbel a actividade cereira que estamos a dar a coñecer a través do Centro de Interpretación da ceraría".

Como complemento traballan o aproveitamento cinexético, a gandaría en liberdade e o aproveitamento resineiro. Na actualidade tentan introducir o interese polos cogomelos con xornadas e saídas ao monte. Con esta intención presentaron en 2017 ao programa Leader 2013-2020 un proxecto experimental de introdución de especies micolóxicas nunha parcela de monte.


Aínda que na actualidade non contan con persoal propio, teñen como prioridade contratar sempre empresas da zona ou galegas para realizar todos os traballos, polo que teñen un papel fundamental para a continuidade do sector relacionado cos labores do monte.

Importancia social


A actividade dinamizadora da CMVMC de Paraños é moi importante. «En 2009 creamos o Parque Forestal 'A Fraga do Rei', cunha superficie de 10 Ha., e agora en 4 Ha. deste parque estamos a desenvolver na actualidade un proxecto de parque botánico».


Unha das súas actuacións estrela foi a elaboración dun roteiro polo río Xabriña e a creación dun museo dedicado á ceraría tradicional na zona e que resultou decisivo para acadar o recoñecemento do premio que lles concedeu o GDR Condado Paradanta."                  (A. Escuredo, Sermos Galiza, 06/11/19)

17/5/19

Una plantación de té ecológico desde Galicia Orballo cultiva plantas aromáticas, medicinales y especias y ha ingresado 250.000 euros

"Hay dos fincas en el concello de Paderne (A Coruña) que tienen la mayor plantación de té ecológico de Europa. Cultivan té verde y blanco y aromáticas que comercializan en infusiones, arroces especiados y en pequeños tarros de vidrio que contienen orégano, albahaca… Y plantas medicinales. 

En la comarca das Mariñas también plantan camelias y trabajan con centros de investigación en proyectos de agronomía, botánica y farmacia. Su trabajo es minucioso y delicado, como la lluvia fina que da nombre a la marca: Orballo, un proyecto que pretende dinamizar la economía local. Han facturado 250.000 euros en 2018, han abierto mercado en México pero aún no tienen beneficios.

“Todo empezó como un proyecto de fin de máster que tenía por objetivo recuperar el bosque autóctono y combatir la plantación de eucalipto, que en Galicia supone un problema. Queríamos plantar otras especies”, dice Gerardo Lagares, padre de la idea y uno de los dos socios. “Esto es un proyecto de agricultura más que una marca. 

El producto debe generar valor añadido, servir al desarrollo local”. Por eso, cuando el primer año, tras levantar una ronda de financiación de más de 200.000 euros, perdieron toda la cosecha por no haber sabido cultivar la especie adecuada, no lo dejaron, volvieron a plantar.

“Empezamos con las aromáticas porque tienen ciclos más cortos, y durante los primeros cultivos nos equivocamos. Y buscamos otros tipos como laurel, orégano, albahaca, tomillo, perejil, romero… El clima en Galicia es óptimo para ellas. Pero plantamos y tuvimos que tirar lo primero porque nos confundimos en la especie. Nos metimos en aromáticas y después surgió lo del té”, explican. No fue la única lección que aprendieron.

 “También tuvimos que repensar la idea de convencer a los que plantan eucaliptos; en Galicia, las cosas van de otra forma”. Sí que han convencido a algunos terratenientes. Entre ellos, un funcionario de Correos que cultiva el campo y al que compran la cosecha de aromáticas. Y ya están abriéndose camino en otros concellos. La fórmula es alquilarles las tierras o encontrar la manera de sacarle rendimiento con estos cultivos.

La superficie de cultivo más grande es la propia: dos fincas en Paderne con una casa del siglo XVIII. “La llamamos la casa del té y es donde preparamos los talleres y las colaboraciones con la Universidad. Se hacen catas, vienen escuelas gastronómicas…”, apunta el otro socio, Jorge Millán, que indica que hicieron el primer convenio con un centro de investigación en 2014. “Hemos comprobado que hay mucha ciencia de base, mucho conocimiento que está parado y que podrían ser excelentes oportunidades de negocio para el territorio pero la gente quiere ver resultados rápidos”.

Millán asegura: “Confiamos en que el crecimiento será sensato, con sentido común, lento y sostenido; nuestros cultivos son de rotación. Tienes que estar preparado para pedidos de todo tipo”. Pedidos como plantar para otros —“pero nunca darles nuestras mezclas”, matizan— y aumentar la producción si se alían con un distribuidor cafetero, son sus objetivos a medio plazo. De momento venden en tiendas especializadas y en grandes superficies como El Corte Inglés o Eroski, pero quieren entrar en la restauración. 

“Nuestro siguiente paso es escalar; estaría bien ir de la mano de alguien que lo haya hecho, de ahí el socio cafetero. Y potenciar la venta por Internet”, dice Millán.

Su plan de negocio se vincula a producir durante todo el año, “cuando una especie no se da, se planta otra; cuando no se está cultivando, se está recogiendo o preparando la tierra”. Orballo emplea dos trabajadores en el cultivo, tres en la logística y tiene una persona en marketing. Desde el principio quisieron ser ecológicos, “por todo lo que implica para el territorio, no es una moda”, recalca Lagares. 

“Somos la primera que se certificó en Europa y la más grande. El sello no es lo importante; la apuesta es el modelo sostenible: personas, territorio y biodiversidad. La agricultura ecológica implica tiempos lentos; eso, que implicaría que no hay trabajo todo el año, toca convertirlo en oportunidad, que siempre haya un proyecto con impacto. El té es una planta que tarda en darse, pero puedes sacarle partido al turismo cuando invitas a conocer las plantaciones”.                (Belén Kayser, El País, 10/04/19)

7/3/19

Clonación e cultivo 'in vitro' para conservar as árbores senlleiras de Galicia

"Científicos galegos veñen traballando no desenvolvemento de técnicas para conservar as árbores senlleiras de Galicia. A solución pasa pola clonación e o cultivo in vitro, unha ferramenta útil para a conservación e propagación de xermoplasma valioso das árbores centenarias.

Investigadores do Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia (IIAG), do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), publicaron recentemente os resultados das súas investigacións neste campo.

Nun estudo titulado 'Clonación y conservación de árboles singulares de Galicia mediante cultivo in vitro', os científicos expoñen os protocolos para a propagación vexetativa de especies forestais usando técnicas de cultivo in vitro e a creación dun banco de xermoplasma de castiñeiro e carballo no que se conservan varias árbores centenarias incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.

"A conservación in situ por si soa non é suficiente para salvar as especies en perigo de extinción, xa que aínda que achega importantes opcións de conservación, o xermoplasma mantido desta maneira corre o risco de sufrir ataques de patóxenos, inundacións, tornados, incendios, que poñen en risco a súa supervivencia", argúen os expertos.

Por isto, defenden a necesidade de dispoñer de copias do xermoplasma natural a resgardo de perigos e afirman que se trata dunha "alternativa práctica e aceptada hoxe en día de forma xeral" no campo da biotecnoloxía.

O IIAG definiu protocolos para a propagación mediante a vía da proliferación de xemas  axilares de moitas especies leñosas, destacando o traballo realizado con castiñeiros e diferentes especies de carballos europeos e americanos. Máis especificamente, salientan os casos de árbores senlleiras como o da Carballa da Rocha, no lugar da Sainza, parroquia de Touza, no municipio de Rairiz de Veiga (Ourense), e os castiñeiros da Fraga de Catasós, no concello de Lalín.
"Estes protocolos non só permiten obter miles de copias desas árbores, senón tamén que garanten a súa conservación", destacan.

O IIAG conseguiu así establecer un banco de xermoplasma con máis de 200 xenotipos de diferentes especies leñosas, sendo a maior parte parte das árbores seleccionadas pola calidade da súa madeira, resistencia a enfermidades, a idade ou a calidad da floración.

CRIOCONSERVACIÓN

Unha etapa clave no proceso é a da crioconservación, isto é, o almacenamento en nitróxeno líquido de material biolóxico, o cal permite o seu almacenamento de forma indefinida. Esta técnica baséase na paralización total das divisións celulares e dos procesos metabólicos como resultado do almacenamento do material en nitróxeno líquido a -196º C. E dentro da crioconservación, a vitrificación é un dos métodos que máis frecuentemente se utilizou nos últimos anos, segundo os científicos do IIAG.

Con este método, explian os investigadores, "os tecidos son deshidratados con solucións moi concentradas que evitan a formación de cristais de xeo nas células durante a  crioconservación e a posterior desconxelación". Din que se trata dun método "sinxelo" que "non necesita de aparellos excesivamente caros". Con el lograron a conservación de embrións zigóticos de castiñeiro e de embrións somáticos de castiñeiro, sobreira, aciñeira, ameneiro e diferentes especies de carballos europeos e americanos.

Os embrións somáticos, proseguen os autores, constitúen un material idóneo para a crioconservación. Mediante esta técnica, o IIAG mantén almacenados máis de 50 xenotipos distintos. Dentro destes mantéñense criconservadas varias árbores da Carballeira de Caldas de Reis, tamén no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

"Pódese afirmar que a utilización das técnicas de propagación in vitro e almacenamento en frío de xermoplasma destes exemplares serve para acometer un plan de conservación de árbores senlleiras. A clonación permite obter duplicados de combinacións xenéticas de especial interese e conservalas", conclúen os científicos.

VANTAXES DO MÉTODO

Noutro estudo do IIAG publicado á par que este, e titulado 'Conservación de germoplasma de árboles singulares de Galicia por cultivo in vitro', os investigadores destacan as vantaxes deste método, como é, por exemplo, a dispoñibilidade de material vexetal en calquera momento do ano para realizar estudos fisiolóxicos, xenéticos e epixenéticos, e para ser utilizado en eventos de divulgación científica en centros educativos, feiras da ciencia, etc.

Por outra banda, subliñan que a micropropagación de exemplares de idade avanzada, como é o caso das árbores senlleiras, pode resultar difícil debido a problemas como un número limitado de brotes dispoñibles para a instalación, altos niveis de microorganismos endóxenos e exóxenos, baixa capacidade de multiplicación durante a prolongada etapa de estabilización e baixas porcentaxes de formación de raíces.

Por iso, desenvolveron actuacións dirixidas á instalación in vitro de exemplares singulares de nogueira, carballo, sobreira, bidueiro e eucalipto de Galicia, algúns dos cales están recollidos no Catálogo de Árbores Senlleiras. Nalgúns deles conseguiuse exceder as fases de establecemento e estabilización do cultivo e se comezaron ensaios de mantemento en frío, de  enraizamento e aclimatación en laboratorio e invernadoiro."                   (Galicia Confidencial, 12/02/19)

6/6/18

Gandeiros, agricultores, madeireiros e cazadores reivindícanse como "a solución" para o rural galego

"Centos de gandeiros, silvicultores, agricultores, madeireiros, cazadores, pescadores e mineiros axuntaron forzas este domingo nunha manifestación en Santiago na que denunciaron "o abandono" do rural e alertaron das consecuencias para o sector da normativa da Xunta sobre a limpeza de leiras para evitar incendios.

A manifestación iniciouse na Alameda de Santiago, ao redor do once da mañá. Baixo o lema "Creamos vida no rural, non somos o problema, somos a solución", os participantes proclamaron que "no rural caben todos" e reivindicaron o feito "histórico" da unión de máis de 70 organizacións de sectores que abarcaban desde o forestal até o cinexético.

Deste xeito, na mobilización, encabezada por Unións Agrarias, puxéronse de manifesto distintas problemáticas do medio rural, desde as consecuencias da última normativa sobre franxas forestais contra incendios, á Política Agraria Común ou o desprestixio social da caza.

Tanto o sector forestal como o agrario alertaron, en primeiro termo, da "preocupación" existente sobre a norma sobre limpeza de leiras e a ameaza de multas para os propietarios que non cumpran coas franxas de seguridade a partir do 1 de xuño.

Xosé Manuel Iglesias, o presidente do Clúster da madeira de Galicia, advertiu que "é imposible pór sobre as costas do habitante do rural a limpeza dun territorio que é de uso público, iso hai que xestionalo, ou xerando economía ou prestacións, nin con todos os recursos poderase executar o plan, nin nun prazo tan curto para limpar nin recoller".

Respecto diso, engadiu que no rural "hai persoas maiores traballando todos os días coa motoserra". "Aínda non sei como non se producen máis accidentes, a xente está preocupada, cren que vai haber denuncias, multas", engadiu.
Unha situación, derivada do novo prazo establecido do 1 de xuño, que asegurou que está a provocar "colapso na limpeza das leiras", porque o sector non ten capacidade para recoller a madeira que se está xerando.

Tamén desde Promagal, a federación de produtores de madeira de Galicia, o seu presidente, Ramón Reimunde, censurou a normativa da Xunta e, de forma concreta, as distancias establecidas, que tacha de "excesivas".

Especificamente, criticou as franxas "de 15 metros de protección nos ríos" e de 10 metros nas estradas principais. "Estamos moi preocupados polas distancias, as establecidas ás casas e núcleos urbanos son bastantes razoables e hai que defender iso, outra cousa son as estradas e os ríos, porque se hai lume, non van valer de nada", aseverou.

Como alternativa, propón que a administración "expropie" os terreos que se sitúan nas franxas das estradas, ao entender que, "se non, a Xunta se vai de rosiñas, pon unha lei e quen ten que pagar os custos é o propietario, que non pode producir madeira e ten que gastar diñeiro en rozar".

Ademais, a falta de explotación dos terreos que se sitúan nas franxas de protección das estradas e que suman, segundo as súas cifras, preto de 100.000 hectáreas en Galicia, provoca que non se obteñan "uns 50 millóns de euros".

 Desde Unións Agrarias, o seu secretario xeral, Roberto García, puxo o foco na reclamación dunha maior implicación da administración na defensa do sector rural, alertando de que "o gran inimigo do rural non son os pescadores, os cazadores ou os silvicultores, o gran inimigo do rural é o abandono" e que "a ausencia de gandeiros e agricultores, que son os que permiten que as vagas de lumes se poidan atallar".

O responsable de Unións Agrarias puxo tamén no punto de mira a negociación da Política Agraria Común na Unión Europea, esixindo que desde España se loite por manter "un status orzamentario no futuro da PAC", para evitar que en "Galicia se sigan pechando aldeas que xestionará o lume e o xabaril".

DEFENSA DA CAZA

Pero ademais dos sectores agrogandeiro e forestal, na manifestación déronse cita numerosos colectivos vinculados á caza en Galicia, que defenderon a súa historia "ancestral" e a súa vinculación ao medio rural galego.

"Os cazadores non votaremos a traidores" ou "Si á caza como deporte", foron distintos lemas que se puideron ver na protesta.

Coa súa presenza, denunciaron o "desprestixio social" da caza e reclamaron que se cumpran os seus "dereitos". "Consideramos que temos dereitos, como os doutros que van ao monte a por cogomelos ou a andar en bicicleta", explicou un dos participantes, Joaquín Soria.

PARTICIPACIÓN DO PORTAVOZ DO GRUPO SOCIALISTA

A mobilización tamén estivo apoiada polo portavoz do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que reivindicou que no rural poidan "convivir todas as actividades".

Preguntado sobre a socialista galega Pilar Cancela, que soa nas quinielas como posible Ministra de Agricultura do novo Goberno, sinalou que se trata "dunha competencia expresa de Pedro Sánchez".
"Espero que haxa presenza galega e que o goberno asuma unha axenda galega", resolveu."                  (Galicia Confidencial, 03/06/18)

23/5/18

A competitividade empresarial non evitou o pronunciado despoboamento da Ulloa. Malia contar con empresas líderes no crecimento do valor engadido, catro de cada dez habitantes deixaron a comarca dende 1981

"Hai escasos dez días, A Ulloa era noticia por liderar o crecimento do valor engadido bruto empresarial en Galicia. Cun estratosférico aumento do 700 por cento dende 1994, data en que Ardán –servizo de estatística do Consorcio Zona Franca de Vigo– comezou a recoller datos, era a comarca con mellor evolución, por diante da Coruña e Terra de Trives.

 O informe tamén deixaba datos positivos para a estrutura empresarial da provincia de Lugo, a segunda que máis medrara, con 173 puntos porcentuais. Porén, estes signos do dinamismo do centro xeográfico da comunidade galega contrastan co declive continuado da poboación na Ulloa.

Dende que o Instituto Galego de Estatística elabora series censais, os datos dos tres concellos da Ulloa falan dun descenso significativo: catro de cada dez habitantes marcharon no periodo comprendido entre 1981 e 2017, ata o mínimo de 9226 empadroados.

 O peor dato é o de Antas de Ulla, concello no que desapareceu máis da metade da poboación. Con todo, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Consellería de Medio Rural salientaron recentemente o papel da empresa local Pazo de Vilane coma líder do sector avícola e dinamizadora do emprego no contexto do plan Leader. 

O segundo peor rexistro é o de Palas de Rei, que perdeu a categoría de municipio máis grande da comarca. Nel resiste algo máis da metade do censo de 1981, a pesar de que lidera os indicadores de xestión e concentración empresarial na Ulloa. 

E a mellor situación, malia a perda de capital humano, é a de Monterroso, que retén ao 77 por cento dos habitantes. O certo é que a situación da comarca é semellante á do resto da provincia: tan só Lugo capital e A Mariña Central obtiveron un saldo positivo dende a década dos oitenta, con pobres perspectivas dende a chegada do novo século.

A PROVINCIA DE LUGO CONVERXE COA MEDIA GALEGA, MAIS NON ABONDO

A provincia de Lugo mellorou o posicionamento das empresas con respecto ao eixo atlántico, pero cun ritmo insuficiente. Medrou por enriba do Produto Interior Bruto galego en valor engadido bruto, cun aumento salientable nos indicadores de boas prácticas empresariais

 Na última década chegou aos 174 indicadores de competitividade Ardán, acurtando distancias coa provincia da Coruña e mantendo o terceiro posto no total de mellores empresas galegas. 

Esta perspectiva é aínda máis pronunciada na propia comarca de Lugo, a terceira en número de empresas de alto rendimento en Galicia, e a cuarta en empresas ben xestionadas. Aliás, este modelo non xera a riqueza necesaria. A provincia está á cola en grandes empresas, aquelas cunha facturación por enriba de 50 millóns. 

Tan só o 0,4 % das entidades lucenses entra nesa categoría, o que supón a metade da media galega. E unicamente 82 empresas contan con máis de 50 empregados. Estes pobres datos contribúen a explicar como é posible que a provincia de Lugo perdera 71.743 habitantes dende 1981."                 (Óscar Bernárdez, Lugo Xornal, 17/05/18)

17/5/18

"No rural debemos competir con diferenza e valor engadido, máis que en prezo ou cantidade"

"No ano 2016 naceu o proxecto Cultiva Mazás, unha iniciativa da Casa Grande de Xanceda (Mesía) para fomentar o emprendemento no rural facendo fincapé na diferenciación e a innovación, no impulso do sector primario e no aproveitamento das materias primas naturais e os saberes tradicionais.

 O proxecto traballa, por unha banda, con centros de ensino, tentando concienciar os rapaces e rapazas das moitas posibilidades que pode haber para desenvolver negocios de éxitos no rural. Ademais, achega formación especializada ás persoas que xa están a poñer en marcha iniciativas innovadoras cos pés na terra.

Outra dos seus obxectivos é dar a coñecer casos de éxito que traballan con esta filosofía de diferenciación, calidade e innovación, organizando visitas gratuítas a algunha destas empresas no Bus de Cultiva Mazás. Xa o pasado ano visitou Hifas da Terra, unha empresa pontevedresa de produción de setas ecolóxicas. O vindeiro 19 de maio está programada unha nova visita, desta volta á granxa avícola Galo Celta (Vila de Cruces).

Galo Celta é unha iniciativa de David Sueiro, que abandonou o seu traballo como funcionario para criar en liberdade galos e galiñas de razas autóctonas galegas, razas de crecemento lento, entre elas a de Mos. Hoxe, Sueiro presume de producir “os ovos máis caros do mundo”, que son empregados por recoñecidos cociñeiros como Martín Berasategui, Pepe Solla ou Iván Domínguez. Falamos con Jessica Rey (Casa Grande de Xanceda).

Como naceu o proxecto de Cultiva Mazás?

Un día vimos a noticia de que o noso concello, Mesía, perdera o 10% da poboación nos últimos dez anos. Un dos compromisos principais da Casa Grande de Xanceda é coa supervivencia do rural e tomamos a iniciativa de facer algo. A única medida efectiva para combater o despoboamento do rural é o emprendemento, pero non de calquera maneira, senón con valor engadido e marcando unha diferenza. É así como podemos competir no rural, máis que en prezo ou en cantidade.

Entón pensamos que necesitabamos facer un exercicio de concienciación. O primeiro ano o que fixemos foi ir ao colexio de Xanceda e traballamos cos rapaces e rapazas durante todo o curso e pedímoslles que presentasen un proxectos de emprendemento no rural. Ao comezo, só se lles ocorría montar grandes granxas con moitas vacas, moitos porcos e moitas galiñas e pouco máis. 

Pero despois levámolos a coñecer a Casa Grande de Xanceda, ou á zoqueira Helena Ferro, ou a Germán de Cortes de Muar, e despois desta experiencia os rapaces e rapaza tiñan milleiros de ideas diferentes, dende deseño de roupa empregando la ecolóxica producida coas súas propias ovellas, ata unha empresa de fabricación de xabón artesanal feito con herbas aromáticas da zona. No rural hai que emprender con diferenciación se queremos sobrevivir e ter éxito.

A quen se dirixe a iniciativa?

O programa diríxese a moitos públicos distintos. Por un lado, imos dar charlas a colexios. Ademais, o bus de Cultiva Mazás está pensado para xente que xa ten inquedanzas neste terreo e á que queremos inspirar ou motivar e que pensamos que é moi importante que vexan exemplos de proxectos de éxito e que coñezan aos seus e ás súas impulsoras. 

Finalmente, temos outro programa, que se chama O club de Cultiva Mazás, que está máis orientado á xente que xa emprendeu; ensinámoslle como empregar mellor as redes sociais para dar a coñecer o seu produto, como comunicar e como vender mellor.

Hai xa moitos proxectos que dende o rural galego están a producir con éxito os seus produtos, vendéndoos no estranxeiro e cunha marca ligada á calidade. E todo isto, a pesar dos obstáculos que tedes que superar as persoas que traballades no rural...

Si, afortunadamente hai cada vez máis exemplos de iniciativas de éxito no rural galego. Moitas veces nin sequera é necesario un grande investimento para comezar; outras veces si. Con todo, isto non quere dicir que sexa fácil nin que non estea cheo de obstáculos, porque vivir e traballar no rural é unha loita permanente. Temos unhas grandes vantaxes, como son ter uns recursos naturais valiosísimos, as nosas relacións sociais, ademais dun saber facer. 

Pero temos moitos handicaps, comezando porque seguramente a túa conexión a Internet non vai ser a mellor, ou que a túa accesibilidade e visibilidade vai ser moito menor que se estiveses no centro da Coruña ou de Vigo. E, despois, hai outro tipo de ameazas, xa que no rural estamos sempre afectadas por cousas que nos sobreveñen, como pode ser un proxecto mineiro que prexudica ao medio e, polo tanto, ao noso negocio. Pero a clave está en saber poñer en valor as túas fortalezas.

Estas fortalezas están claras: uns recursos naturais, un saber facer... No fondo trátase de facer o que se fixo toda a vida, pero aproveitando as novas ferramentas?

No mundo no que vivimos, producir como se producía antigamente -coidar os animais, coidar unha paisaxe, coidar o medio ambiente porque é o teu aliado para ter unha boa produción e animais sans- é case revolucionario. Isto é o que defendemos dende Cultiva Mazás: poñer en valor o que temos. E, ademais, hai outra cousa que é fundamental: telo claro. 

Isto non hai que facelo só por buscar unha imaxe para vender o teu produto ou unha rendibilidade económica, senón porque cres nisto, porque cres en desenvolver a túa actividade de forma sostible ambiental e socialmente e con benestar animal. Se o tes claro, valo transmitir mellor.

O despoboamento do rural é inevitable?

O despoboamento do rural non é inevitable, pero está sucedendo, e a única forma de combatelo é xerando motores económicos no propio rural. Só así se poderá crear emprego e riqueza no rural, o que asegurará ademais o mantemento dun modo de vida e dunha cultura, que é de onde vimos, que é a que coida da paisaxe, da lingua e de todo o demais. A supervivencia do rural debería ser unha prioridade en Galicia."                      (Marcos Pérez, Praza Pública, 04/05/18)

9/5/18

Primeira acción das ‘Brigadas Deseucaliptizadoras’

"As ‘Brigadas deseucaliptizadoras’ lanzáronse públicamente este sábado, día 21. En Froxán, Lousame, actuou a primeira brigada, a da Barbanza, nunha xornada de traballo na que se desenvolven diversas acción e tarefas. O monte comunal de Froxán ten cen hectáreas, das que xa se libraron 20 de eucaliptos mos últimos anos.

Desde Verdegaia -que dan cobertura ás brigadas-informan que durante a maña, e nunha zona perto da aldea de Froxán, procederase a machacar manualmente brotes de eucalipto e plantar frondosas autóctonas sobre un eucaliptal que foi rozado mecanicamente pola comunidade. Após una pausa para o xantar e o convivio, os brigadistas desprazaranse para a parte alta do monte, onde procederán a retirar eucalipto e piñeiro de Monterrei dunha braña/turbeira que foi drenada nos anos 70.

As brigadas defínense a elas propias na súa web como “una iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza”. As Brigadas organízanse de xeito comarcal ou local, sumando grupos de persoas voluntarias baixo unha estratexia, metodoloxía e coordenación común. Cada intervención no territorio é rexistrada nun visor xeográfico que permite o seu seguemento público e cuantificación a longo prazo do impacto do proxecto.

Nunha entrevista con Sermos Galiza, Joam Evans Pin, da comunidade de Froxán, de onde saíu a idea para este proxecto, informaba da boa receptividade da iniciativa desde diferentes partes do país. Nesta altura, xa superan as 100 as persoas dispostas a ser brigadistas."              (Sermos Galiza, 21/04/18)

8/5/18

¿Por qué Amancio y Sandra Ortega apuestan por el monte gallego?

"Galicia arde todos los años, a pesar de que su sector forestal es uno de sus activos más importantes, ya que genera el 3,5% del PIB de la comunidad y da empleo a cerca de 80.000 personas, entre puestos directos e indirectos. Quizá por eso no sea raro que el hombre más rico de la comunidad, y de España, Amancio Ortega, invirtiera en el monte. Ahora ha sorprendido su hija Sandra Ortega al apostar también por el sector.

Por fin una inversión les une.

Algo falla en el modelo forestal gallego. Muchos apuntan al eucalipto, una especie denostada por un amplio sector de la población, pero fundamental para industrias como Ence. Por eso, cada vez más, surgen iniciativas públicas y privadas para que las especies autóctonas como el carballo, el castaño o el cerezo recuperen parte del protagonismo perdido.

En este proceso todos quieren aportar su grano de arena. Amancio Ortega, fundador de Inditex, dio la sorpresa hace dos años cuando inyectó 1,2 millones de euros en un proyecto forestal en el municipio coruñés de Sobrado. Lo hizo a través de Pontegadea, su holding inversor, pero la operación carece de carácter estratégico. Responde más bien a un interés personal por el monte gallego y la sostenibilidad.

El proyecto, que se desarrolla bajo el paraguas de la sociedad Sobrado Forestal 2014 S.L., consiste en una plantación experimental de castaños de distintas variedades en una extensión de algo más de 80 hectáreas. Los ejemplares comenzaron a plantarse a mediados de 2016, por lo que todavía habrá que esperar para comenzar a ver sus frutos.

Sandra Ortega y Paideia

La apuesta de la Fundación Paideia, presidida por Sandra Ortega, es bien distinta. En virtud del acuerdo alcanzado con la Consellería de Medio Rural de la Xunta esta misma semana, la institución se ha ofrecido a mejorar el material forestal para la reproducción de frondosas como el carballo o el cerezo en la comunidad, una iniciativa que, como apuntan desde el Gobierno gallego, contribuirá también a “disminuir la fuerte dependencia externa en la comercialización de estas especies”.

Sandra Ortega canaliza este proyecto a través de Cultigar, un laboratorio de biotecnología vegetal pionero en Galicia que, como apuntan desde la fundación, está dedicado a la investigación y desarrollo tecnológico en el campo de la producción, cultivo y calidad sanitaria de planta ornamental, forestal y hortofrutícola de alto nivel económico.

La Fundación Paideia tiene en el desarrollo territorial uno de sus ejes. Cultigar es una de las entidades que forman parte del mismo, pero no la única. El eje lo completan Trébore, una empresa de economía social dedicada a la producción de planta y mantenimiento de jardines, y Viveros Borrazás, que se dedica a la venta al público de planta de elevado valor ornamental.

La modesta y casi anecdótica aportación de Amancio contrasta con la decidida apuesta por la innovación forestal de su hija Sandra, desde siempre, al igual que su madre, Rosalía Mera, más preocupada por cuestiones de índole social. 

En cualquier caso, el hombre y la mujer más ricos de España demuestran que el monte gallego tiene aún quien se preocupa por él y quien lo cuida. En manos del sector está el hacerlo renacer de sus cenizas y garantizarle un futuro de éxito."                    (Economía Digital, 22/04/18)