Mostrando entradas con la etiqueta Urbanismo: Plan Urbanístico de A Coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Urbanismo: Plan Urbanístico de A Coruña. Mostrar todas las entradas

9/4/19

As sentenzas contra o urbanismo coruñés das últimas décadas supoñen xa máis de 40 millóns ao Concello

"Só entre 2015 e 2017, o Concello da Coruña tivo que dedicar máis de 7,2 millóns de euros a pagamentos derivados de malas prácticas urbanísticas de anteriores gobernos municipais. Son, a inmensa maioría, cartos de indemnizacións a propietarios ordenados por sentenzas xudiciais contra a administración local pola mala praxe de anteriores mandatarios. 

“Supón moito diñeiro cada ano”, lamentan fontes do goberno local que, advirten, aínda non ten contabilizado o gasto que en 2018 supuxeron esas indemnizacións xa constantes desde hai anos por diversas desfeitas urbanísticas que seguen a agromar. 

Agora, e ademais desa cantidade xa destinada en exercicios pasados, o Concello comproba como terá que afrontar nun futuro inmediato máis indemnizacións e moito maiores por mor dun cuestionado urbanismo, principalmente na etapa de Francisco Vázquez, que é emendado nos tribunais cando, en moitos casos, a solución xa non é posible. Case 20 millóns de euros por dous ditames aos que se engaden outros 25 millóns xa sentenciados antes e os que quedan por vir froito de varias licenzas e construcións ilegais con consecuencias por fixar. Máis de 40 millóns de euros en total por accións urbanísticas levadas a cabo desde mediados dos 90 e até hai tan só algúns anos.


O ditame supón o pagamento en indemnizacións de 14,5 millóns á veciñanza, á que lle dá a razón un ditame sobre as expropiacións nunha zona que abrangue uns 240.000 metros cadrados. Daquela, e logo dunha xunta de valoración, o Concello pagoulles 12 euros por metro cadrado. O tribunal considerou que o valor marcado foi escaso e elevouno a 50 euros por metro cadrado, o que unido aos xuros dos últimos anos elevou a factura para o Consistorio a máis de 14 millóns. 

É o único caso que non implicou unha operación inmobiliaria e que, ademais e polo tipo de conflito, poderá pagarse fraccionado. A maioría do resto dos casos deriváronse das dubidosas prácticas urbanísticas dun goberno municipal do PSOE encabezado por Francisco Vázquez como alcalde e levadas a cabo desde mediados dos 90 e ata hai unha década, entre que remataba o plan xeral impulsado a principios dos 80 e o novo aprobado en 1998. 

É o caso relacionado coa Agra de Santo Amaro, un terreo achegado á Torre de Hércules. Os propietarios de terreos nesta zona acumulan uns 2 millóns en indemnizacións do Concello derivadas de sentenzas xudiciais logo de que fosen expropiados a cambio de edificabilidade xunto ao faro. Logo de que este fose declarado Patrimonio da Humanidade, aquel proxecto urbanístico decaeu e as inmobiliarias reclamaron ante a xustiza, que ordenou que fosen indemnizadas logo de que se incumprisen uns acordos de 1993 e 2006. 

Máis grave para as arcas municipais foi o caso Someso, que suma 23 millóns de euros en indemnizacións pagadas tamén a propietarios expropiados para construír unha estrada e un campo de fútbol para o Relámpago de Elviña. Pero aquela zona recualificouse para construír pisos, tendo entre un dos principais promotores o ex-presidente da Confederación Galega de Empresarios, Antonio Fontenla.

Un informe municipal apuntara a Francisco Vázquez como responsable directo dun pelotazo urbanístico e advertira tamén dunhas perdas patrimoniais de case 20 millóns de euros máis.
Houbo outro caso que puido ser aínda moito peor, con case o triplo de indemnización, segundo os cálculos dos tribunais. É o caso do edificio Conde de Fenosa. O pasado mes de febreiro, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) validou o acordo alcanzado entre as partes na mediación intraxudicial impulsada polo Concello para dar solución ao preito pola licenza e construción ilegal do inmoble.

 A ameaza dunha derruba e, sobre todo do seu custo, que comprometería longo tempo o futuro económico da administración local, pairou sempre sobre o Concello, que terá que asumir de inmediato o pago duns 3 millóns de euros, pero non dos 60 millóns que tería suposto demoler todas as obras ilegais realizadas naquel inmoble desde 1997, aínda que a maioría do gasto sería para compensar os donos dos locais comerciais e vivendas afectadas.

O Concello da Coruña xa iniciou o proceso administrativo de investigación para determinar as responsabilidades de funcionarios e autoridades ao outorgar esta licenza ilegal.

Non foi a única. Na zona de San Roque de Fóra, a poucos metros do estadio de Riazor, foi anulada a licenza dun edificio por non axustarse á legalidade, tal e como confirmou unha sentenza do TSXG que ordena a súa derruba. Os propietarios dos 16 pisos presentaron recursos para evitar a demolición pero foron desestimados e o goberno municipal presentou un proxecto que implicaría tirar o 40% do inmoble ou mesmo a súa totalidade. Queda por ver como se soluciona e o custo que lle supón á administración local.

Tamén está por ver o que suporá para o Concello unha nova sentenza, desta vez por unha licenza outorgada ilegalmente durante o goberno de Carlos Negreira (PP). O Tribunal Supremo vén de rexeitar admitir a trámite o recurso presentado por Carrefour contra o ditame do TSXG que declarou ilegal aquela licenza municipal para a gasolineira que o hipermercado montou no seu centro de Alfonso Molina e que obriga a demoler a estación de servizo.

Segundo a sentenza, a gasolineira é unha nova construción, cando alí só se permitían rehabilitacións, e incumpre varias normativas de seguridade en caso de incendio, ademais de ter tanques de combustible que non están situados a unha distancia mínima co resto de edificacións da zona. A complexidade das obras e a perigosidade dos materiais a mover fan temer ao Concello un importante contratempo. Outro máis.

Ademais, e fóra do ámbito urbanístico, o Concello lembra que "existen outros procedementos que causaron graves prexuízos ao erario público", como o da planta de Nostián. Neste caso, a administración local estivo pagando de forma anual 3,3 millóns de euros por un desequilibrio económico que o xulgado desestimou en 2018. "                     (Miguel Pardo, Praza Pública, 20/03/19)

10/7/18

Crónica da especulación e privatización da fachada litoral da Coruña

"A Coruña é unha cidade que presume de vivir aberta ao mar. Pero o certo é que o redeseño do litoral da urbe herculina é o froito dun plan de especulacións e privatizacións que cuestiona o modelo aplicado. Un estudo realizado por investigadores das universidades da Coruña, Porto e Extremadura critica duramente o modelo desenvolvido nesta cidade, a liberación de espazos públicos e o carácter depredador do sector inmobiliario.

O traballo de investigación, titulado 'Reconversión de espacios portuarios y privatización de la fachada litoral de A Coruña: una lectura crítica', vén de ser publicado na revista científica Ciudades, que edita o Instituto Universitario de Urbanística da Universidad de Valladolid. Está asinado por Alberto Rodríguez Barcón, do Centro de Investigação do Território, Transportes e Ambiente (CITTA) da Universidade do Porto; Estefanía Calo, do Departamento de Dirección de Empresa y Sociología, Grupo de Estudios Territoriales, da Universidad de Extremadura, e Raimundo Otero Enríquez, do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación, do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña.

O traballo analiza a progresiva rehabilitación e privatización da fachada litoral do centro urbano da Coruña a partir da liberalización de espazos industriais portuarios. Un proceso que abarca desde o ano 2012 ata a actualidade e que foi estruturado en tres grandes fases: remodelación da área da Mariña; privatización dos terreos de La Solana-Hotel Finisterre, e fi nalmente, a privatización para usos terciarios e residenciais dos chamados “portos interiores”.

En primeiro lugar, e unha vez rematado o groso das obras do Porto Exterior localizado no municipio de Arteixo, suxiren que "se está xestando un proceso de privatización do espazo portuario interior desafectado da Coruña, coa posible venda do chan público a promotores privados para a execución de ambiciosos desenvolvementos inmobiliarios cun forte carácter especulativo". En segundo lugar, analizaron a rehabilitación integral da fachada marítima a través do megaproxecto coñecido como “Obras da Mariña”, que modificou a estética visual da zona costeira e potenciou a súa funcionalidade turística.

No estudo, os seus autores din demostrar que "existe unha clara intencionalidade por privatizar os antigos espazos industriais portuarios da Coruña" a partir dunha estratexia que os investigadores vinculan co que chaman as "metáforas da cidade como «máquina de crecemento e de entretemento»", as cales, advirten, "alertan sobre os perigos de condicionar o plan urbano en aras do crecemento polo crecemento que ameaza o dereito á cidade".

Este proceso de privatización, inscrito dentro do modelo de transformación da área portuaria que denomina como “ ofi cial” e que está a tratar de impoñerse na actualidade, está promovido por entidades públicas: Autoridade Portuaria, Portos do Estado, Administración Xeral do Estado, e que conta co apoio explícito do que sinalan como unha "constelación de axentes privados coaligados nunha rede de elites locais", integrada por "empresarios, promotores, asociacións de comerciantes, etc".

Así, coa súa análise fan unha "reflexión crítica" sobre o modelo “ oficial”, asumindo que "moitas das contrapropostas posibles (fundamentalmente, maior peso do espazo público e blindaxe da súa titularidade pública) están recollidas no proxecto 'alternativo' que defende a corporación municipal actual", subliñan, en referencia ao goberno da Marea Atlántica.

Os investigadores defenden que "contra o discurso recorrente do crecemento como antesala do beneficio xeneral", a privatización e especulación da área portuaria da Coruña contribuíu a "consolidar fenómenos negativos no centro histórico coruñés", como son, por exemplo, os procesos de xentrificación comercial e residencial, a turistificación da área e a privatización do espazo público.

"Deste xeito, lonxe de integrar o ámbito portuario dentro do tecido urbano, o proceso de reconversión da área podería provocar unha maior fractura e segregación espacial en termos económicos e sociais coa implantación dun novo e elitista barrio residencial, e novas formas de consumo e de entretemento orientadas ao turismo", advirten os investigadores.

Con todo, consideran que a transformación da área portuaria e industrial do centro histórico coruñés "tamén pode representar unha oportunidade para liberar espazos e dotar de certas infraestruturas e servizos a un centro urbano excesivamente denso e con graves carencias en materia de áreas verdes e espazos públicos".

De feito, lembran que era así como "se prevía na planificación inicial que Joan Busquets realizou sobre os terreos portuarios desafectados da Coruña, onde se conxugaban funcións comerciais e residenciais con zonas verdes e de recreo".

"A eliminación parcial do tráfico rodado en superficie no centro histórico tamén debe ser un aspecto valorado, xa que sitúa a Coruña á par de moitas cidades europeas cunha clara preocupación pola sustentabilidade ambiental e social dos seus núcleos urbanos", salientan os expertos, que ven "plausible, tamén, considerar que a reconversión da fachada costeira –especialmente a explanación da Mariña– actúa como estímulo do turismo urbano, especialmente o de tipo 'cruceirista', e consolídao como un novo polo produtivo e de xeración de riqueza na cidade, non exento de problemáticas [...] que non deben pasar inadvertidas".
Entre esas problemáticas citan o "impacto económico moderado, custos ambientais importantes e consolidación dun espazo 'enclávico', dominado por aspectos comerciais moi concretos e que logra descartar múltiples atractivos turísticos alternativos da cidade".

En calquera caso, recoñecen a imposibilidade de contrastar as propostas de transformación “oficial” e a “alternativa” e confirmar as potenciais vantaxes e desvantaxes de cada proxecto.

"É necesario asumir que, máis aló das disquisicións ideolóxicas que subxacen ao debate, ambos os modelos posúen virtudes e defectos que deben ser calibrados e sopesados cunha mirada a longo prazo", asumen os investigadores.
No caso do modelo “alternativo”, subliñan que "este xorde apenas como unha reacción contraria e improvisada ao intento de privatización e carece, aínda, dunha planificación concreta dos terreos máis aló dun ideario xeral".

No que se refire ao modelo “oficial”, destacan que "promove a venda dos terreos para o seu propio interese orzamentario, pero desenténdese de calquera clase de planificación posterior, delegando esa responsabilidade nos acordos asinados en 2004 —co socialista Francisco Vázquez no seu último mandato— e na iniciativa empresarial privada".

Todo isto, din, "fai prever que o proxecto resultante recollerá, nalgún grao, propostas de ambos os bandos", de xeio que "o modelo 'alternativo' deberá introducir actividades económicas e de recreo orientadas ao turismo, pois a zona xa é un referente da cidade –sobre todo despois da rehabilitación da zona da Mariña– e calquera actividade lúdica, cultural ou económica que se prevexa será, con toda probabilidade, incorporada a esta dinámica (cos riscos xa mencionados que esta leva)", expoñen.

Así mesmo, de seguir vixentes os convenios asinados en 2004, opinan que "o Concello deberá acometer unha planificación integral dos terreos desafectados incluíndo áreas residenciais e de consumo".

Nesa tensión entre o plan oficial e o alternativo, "no caso de que o plan urbano 'oficial' finalmente se impoña, teríase que considerar un maior peso do espazo público e dos elementos culturais debido á forte presión e concienciación social que existe na actualidade con respecto aos terreos portuarios", salientan os autores do estudo. 

TITULARIDADE DO TERREO PORTUARIO

Os expertos destacan que a cuestión da titularidade do terreo portuario merece unha consideración aparte. Así, máis aló da legalidade do proceso e dos usos finais do mesmo, entenden que "poxar e privatizar terreos de carácter público para financiar outras grandes infraestruturas, sendo xa de seu unha práctica urbanística moi cuestionada, é unha medida que debe incorporar o apoio da lexitimación social".

Nesta liña, consideran "conveniente a realización efectiva dunha consulta cidadá que desbloquee a situación de encadramento" na que se instauraron tanto a Autoridade Portuaria como o Goberno Local, para que "conclúa o debate".
"Dito doutro xeito, o carácter público dos terreos, a súa importancia funcional e económica, e o valor histórico, patrimonial e paisaxístico da área industrial portuaria esixe, ao noso modo de ver, o emprego de instrumentos participativos para que os veciños da Coruña poidan reflectir o seu parecer sobre como se vai configurar e a quen vai pertencer o centro histórico da súa cidade", propoñen os autores do estudo.

Por último, os autores recoñecen que "quedan pendentes moitas cuestións que a día de hoxe son imposibles de esclarecer", principalmente, "que discurso vai ser ao final o que se materialice nos terreos industriais do porto", ou "cal será o impacto real da transformación portuaria en termos sociais, económicos e culturais sobre a cidade e sobre a contorna do centro histórico". Tamén queda por resolver a incógnita de "se se incrementarán os fenómenos xa demostrados de xentrificación na zona".

PEONALIZACIÓN E 'TURISTIFICACIÓN' DA MARIÑA

A progresiva deslocalización das actividades industriais no porto da Coruña liberalizou amplos espazos no centro histórico, fundamentais para a configuración urbana da cidade; unha grande área portuaria no centro urbano que se pode dividir en tres grandes subáreas e que concatenan, en tres actos, un proxecto de transformación pasado (zona da Mariña), presente (terreos de La Solana-Hotel Finisterre) e futuro (portos interiores” da fachada litoral da cidade. 

A localización privilexiada destes enclaves, destacan os expertos, suscitou o interese de diferentes actores privados e xerou a confrontación directa entre distintas administracións públicas, fundamentalmente Goberno local e Autoridade Portuaria.

A primeira desas fases que estruturan o proceso de reconversión da fachada litoral da Couña, liderado pola Autoridade Portuaria, materializouse coa culminación do proxecto de rehabilitación da área da Mariña, un enclave que conecta os barrios da Cidade Vella e Peixaría pola súa fachada sur e que constitúe a “postal turística” por excelencia da cidade.

Os autores do estudo salientan que a función tradicional desta área de recreo foi reforzada mediante o soterramento da circulación rodada e a peonalización da súa superficie, cunha chaira resultante de máis de 50.000 novos metros cadrados que a propia Autoridade Portuaria describiu así: “Conseguiuse integrar o peirao de Transatlánticos e a terminal de Cruceiros cun acceso cómodo e practicamente libre de vehículos para os turistas que percorren a pé a dársena da Mariña, praza de María Pita, rúa Real e a Cidade Vella, ademais de devolver aos coruñeses o contacto directo coa franxa marítima máis representativa da cidade”.

"As actuacións emprendidas pola Autoridade Portuaria para converter o porto interior nun recurso turístico capaz de captar novos fluxos de capital global, comezan coa inauguración en 2005 dun novo Palacio de Congresos e un centro comercial; proseguen coa inauguración da nova terminal de cruceiros en 2011, e culmínanse catro anos despois coa impoñente explanación da Mariña", describen os expertos.

A intención, sinalan, era a priori "proporcionar un van con capacidade para acoller os cruceiristas que fan escala na cidade, e proporcionarlles un acceso rápido aos seus principais atractivos turísticos".

A proximidade da nova terminal ao centro comercial completou, segundo os autores do estudo, "un circuíto planificado de lecer turístico e consumo de rápido percorrido e lecer".

O certo é que o volume de cruceiristas experimentou un notable aumento na Coruña na última década, "celebrado polos medios de comunicación locais como unha vía incuestionable –e imprescindible– de ingresos nun contexto de profunda recesión económica", apunta os autores do estudo.

"A 'espectacularización' turística do porto interior da cidade, e a consecuente transformación urbanística deste espazo, vincúlase ás metáforas da «máquina de crecemento» e de «entretemento» a través da promesa do incremento lineal do turismo de cruceiros", engaden os investigadores.

Neste proceso de conversión do espazo portuario nun espazo de consumo, os investigadores destacan que "quedaron fóra da discusión pública os impactos sociais e ambientais que pode xerar esta actividade turística na cidade", os cales "xa están a ocupar un lugar preeminente na axenda política e veciñal en cidades portuarias mediterráneas como Barcelona, Marsella ou Venecia".

Que impactos son estes? Por exemplo, "a aproximación e o amarre de cruceiros nun porto xera enormes cantidades de residuos altamente contaminantes e de difícil tratamento"; neste sentido, calcúlase que o 24% do total dos refugallos sólidos que hai nos mares son xerados polos cruceiros.

 Por outro lado, as cifras que presenta a Autoridade Portuaria da Coruña sobre esta cuestión "non son menores", segundo os investigadores, xa que, por exemplo, o volume de recepción de residuos sólidos do porto da Coruña se incrementou no período 2011-2015, de 1.593 metros cúbicos ata os 3.125.

En segundo lugar, os investigadores apuntan a que "son moitas as incógnitas que rodean ao impacto económico real do turismo de cruceiros, tradicionalmente deslocalizado e os procesos inflacionarios que este xera, por exemplo, nos prezos do sector hostaleiro e comercial da cidade portuaria de destino".

 Así, no caso coruñés, destacan que "a única investigación sólida realizada á poboación cruceirista estima o seu gasto medio durante a visita en 64 euros" por persoa, cifra "claramente inferior ao gasto medio diario do turista internacional que ten como destino Galicia", estimado en 129 euros, "máxime se pensamos que a súa estancia media é de dez días, e non dunhas horas".

Por último, os investigadores sinalan que o volume de cruceiristas non alcanza o doutras cidades portuarias en España e "xera problemas de conxestión do tránsito peonil e a interrupción das rutinas sociais e comerciais da veciñanza que favorece a progresiva «tematización cultural» do centro histórico e fachada litoral, á vez que intensifica o xa de seu elevado índice de terciarización da zona".

En conclusión, apuntan a que A Mariña coruñesa se configurou como un "escenario 'turistificado' que facilita os procesos de baleirado e «artificialización» do tecido sociolóxico da cidade; a propagación de fenómenos de xentrificación residencial e comercial no centro histórico; a perda de elementos pertencentes á memoria colectiva da cidade (como, por exemplo, o antigo edificio de sanidade derruido), así como a desaparición de servizos públicos (antigo aparcadoiro) e a eliminación de espazo verde".

De igual modo, consideran que esta intervención urbanística causou un "elevado custo público nun contexto de crise económica".

PRIVATIZACIÓN DOS TERREOS DA SOLANA - HOTEL FINISTERRE

Coa intervención sobre A Mariña, os expertos consideran que se deu inicio á transformación da área portuaria e, por extensión, da paisaxe urbana do centro histórico da Coruña. Unha vez rematada esa fase, o foco de interese trasladouse a outros espazos portuarios liberados da súa actividade industrial tradicional, como é o caso do amplo complexo deportivo e de recreo da Solana e do hotel de cinco estrelas Finisterre, situado en primeira liña de costa.

"Con todos estes terreos —-que enmarcan o debate público actual sobre os usos do espazo portuario liberado desde a apertura do Porto Exterior— poñen tamén sobre o tapete de maneira explícita dous modelos de cidade antagónicos: en primeiro lugar, o da Autoridade Portuaria, propietaria do chan e proclive á súa venda mediante poxa ao sector privado, coa finalidade de sufragar os custos adquiridos coa construción do Porto Exterior; en segundo lugar, o modelo do actual Goberno local que avoga por preservar a titularidade pública dos terreos e potenciar o seu uso cultural e de recreo", expoñen os autores do estudo.

No traballo, recordan que a orixe da transformación desta área comezou na época franquista, cando en 1941 os terreos foron cedidos mediante concesión a un particular para usos deportivos. Xa en 1948, o particular construíu un hotel que foi posteriormente cedido, ata 2027, á inmobiliaria Río Mero SA. As instalacións emprazábanse na antiga praia do Parrote, a cal, lembran os investigadores, constituía a praia natural dos veciños da Cidade Vella e que acabou sendo engulida en 1968 coa ampliación das instalacións deportivas da Solana.

En 1999, os terreos da Solana e o hotel foron desafectados polo Plan de Utilización dos Espazos Portuarios, polo cal deixaron de ser de dominio público portuario para ser chan patrimonial. Deste xeito, a pesar de que continúan tendo unha titularidade pública, poden ser cedidos ou vendidos tanto a actores privados como a outras administracións públicas, entre elas, tamén o Concello da Coruña. Así, e como se salienta neste estudo, desde a Administración local alúdese ao exemplo da dársena interior do porto de Valencia, cedida de maneira gratuíta ao Goberno da cidade en 2013. Para os expertos, "resulta significativo que, apenas tres anos despois da desafectación destas áreas, a Autoridade Portuaria tentase xa incoar un proceso de poxa que foi paralizado por Portos do Estado".

Os autores do traballo expoñen tres momentos claves para entender a progresión privatizadora deste espazo portuario. En primeiro lugar sitúan o acordo entre o Goberno local (liderado por entón por Paco Vázquez), mediante convenio en 2004 co Ministerio de Fomento, para a reordenación urbanística dos terreos portuarios liberados, permitindo os usos comerciais, hostaleiros e residenciais nese emprazamento unha vez fosen poxados.

 O seguinte momento clave produciuse en 2012, cando o Goberno local, daquela en mans do Partido Popular, modificou a natureza da clasificación do chan no proceso de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o que permitiu que os terreos da Solana pasasen de “chan dotacional” —tal e como figuraba no PXOM de 1998 e na aprobación inicial do PXOM de 2009— a “patrimonial privado”, aumentando así exponencialmente o seu valor de mercado, sublíñase no estudo.

 No caso do Hotel Finisterre, este deixou de pertencer ao “sistema xeral de espazos libres”, que agrupa os parques urbanos e áreas públicas destinadas ao lecer cultural e recreativo, configurándose como un solar propio. O terceiro momento clave sitúase no ano 2015, cando se ditaminou no Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Cidade Vella e Peixaría (PEPRI) unha maior edificabilidade neste enclave (do 35%).

"Todos estes episodios sentaron as bases para a privatización do espazo La Solana-Hotel Finisterre, anticipados no seu maior parte no informe de previsión económica de 2012 da Autoridade Portuaria e que non viu a luz pública ata novembro de 2016", conclúen os expertos, que lembran que foi a comezos do ano 2016 cando finalmente Portos do Estado comunicou ao Goberno local da Coruña, rexido pola Marea Atlántica, a súa intención de poxar o complexo da Solana-Hotel Finisterre.

Os autores do estudo describen detalladamente o conflito, segundo eles, "ideolóxico", que desde entón manteñen o Goberno coruñés e a Autoridade Portuaria:

"A Administración Local, ante a imposibilidade aparente de obter ambos os terreos por cesión gratuíta, require dividir o conxunto en dúas parcelas e un período para elaborar unha oferta directa de adquisición do chan onde se sitúan as instalacións de 'La Solana', taxadas pola Autoridade Portuaria en 1.387.000 euros. 

Deste xeito, en xuño de 2016 o Consello de Administración do Porto, ante a opción preferente de compra que ten outra administración por enriba da empresa concesionaria, aproba conceder unha prórroga de seis meses para formalizar a devandita oferta que é presentada en outubro do mesmo ano, e rexeitada en novembro por unha suposta falta de documentación. 

Desde este momento, existe un fluxo e refluxo de acusacións mutuas entre Goberno local e Autoridade Portuaria en virtude dunhas supostas negociacións secretas levadas a cabo en outubro de 2016 entre esta última e a actual concesionaria de 'La Solana' e o Hotel Finisterre, a partir das cales a empresa inmobiliaria Rio Mero S.A. ofrecería 10 millóns de euros para a «adquisición directa» de ambas as entidades. 

Desde Portos do Estado e a Intervención Xeral do Estado urxen a retomar a poxa ante a cuantiosa oferta proposta xa que «non aceptala supoñería un prexuízo para o interese xeral portuario» . Con todo, desde o Goberno local denúnciase o feito de que se tentase renovar a poxa cando aínda se atopaban dentro da prórroga concedida ata finais de ano, ademais de que en ningún momento se lles solicitase a suposta documentación necesaria para emendar o trámite burocrático destinado á adquisición de 'La Solana'.

 Máis aló da suposta veracidade destas negociacións ás costas do Consistorio, resulta sorprendente que unicamente se aumentase a poxa —de 1,4 a 5,6 millóns de euros— polas instalacións de 'La Solana' que desde un principio interesaban ao Goberno Municipal. Mentres, a poxa polo hotel, cuxa taxación alcanzaba os 4,7 millóns de euros, permanece inamovible.

 A día de hoxe, o Goberno Local trata de sacar músculo a través das mobilizacións públicas e mesmo analiza a posibilidade de convocar unha consulta cidadá en referencia aos terreos de 'La Solana'. Ademais, esgrimiu que posuiría, segundo aparece no Rexistro da Propiedade con data de 1991, a titularidade dunha pequena parcela (380 m2) dentro da área que podería ser reclamada en caso de xudicializarse o conflito. 

O último movemento axedrecístico nesta confrontación ideolóxica por impoñer un determinado modelo de reutilización urbana das áreas portuarias liberadas, efectuouno o Goberno Local en febreiro de 2017 co apoio de todos os partidos políticos con representación no Pleno Municipal. A partir desta data, o Goberno Local inicia un proceso para modificar o PXOM polo cal se consegue reafirmar a titularidade pública da parcela de 'La Solana'.

 Deste xeito, aínda que a poxa non se vería afectada, o Goberno espera que esta medida desanime aos potenciais investidores, xa que, segundo a normativa, o Concello tería a capacidade de expropiar de maneira forzosa a parcela unha vez superados os cinco anos". 

PORTOS INTERIORES

Os terreos da Solana configúranse, para estes autores, como "o campo de batalla xeográfico sobre o que conflúen dúas maneiras antagónicas de entender a cidade e a natureza pública". Pero este conflito, avisan, "non é máis que a antesala do que virá, polas súas enormes potencialidades especulativas, no momento de acometer a reforma dos portos interiores".

Mediante o convenio subscrito polo Concello da Coruña e o Ministerio de Fomento en febreiro de 2004, o Goberno local comprométese a reordenar urbanisticamente os terreos desafectados, integrándoos, a través da tramitación de revisión do PXOM nun prazo máximo de 4 anos (e en consonancia co PEPRI), como “chan urbano non consolidado”, incluída a estación de mercadorías de San Diego administrada por Adif.

Asúmese, tamén, a necesidade de sufragar os gastos derivados da construción do Porto Exterior a través da desafectación destes terreos. Para iso, os portos interiores divídense en Zona 1 (peiraos de Batería e Calvo Sotelo) e Zona 2 (peiraos e estación de mercadorías de San Diego e peirao petroleiro). Ambas as zonas pertencen ao Sistema Xeral Portuario, e Ferroviario no caso da estación de San Diego, e están reguladas polo Plan Especial de Ordenación dos Espazos Portuarios do Porto da Coruña de 1999.

Mentres que os peiraos de Batería e Calvo Sotelo acollerían actividades comerciais, a área de “San Diego-Petroleiro-Estación de ferrocarril” concentra practicamente todo o plan residencial.

"Aínda que a estimación inicial en 2003 era de 3.000 vivendas, a día de hoxe, debido á necesidade de financiación ante as débedas adquiridas coa construción do Porto Exterior, están a considerarse 5.700 vivendas, máximo legal permitido no convenio de 2004 e o PXOM –en vigor– de 2013. Estamos, por tanto, fronte ao maior desenvolvemento urbanístico na historia da cidade", salientan os autores do estudo.

En conxunto, destacan, trátase dun proxecto de "transformación morfolóxica, social e económica de toda a liña costeira" cunha "importante presenza de actividades comerciais, terciarias e de lecer". Ademais, engaden, "as amplas bolsas destinadas a usos hostaleiros suxiren con claridade unha predisposición política a incrementar a presión turística na área".

Por outra banda, remarcan que "a fundación dun populoso barrio en pleno centro implica asumir os problemas derivados en termos de densidade, sobrecarga de accesos e servizos públicos, etc.; así mesmo, a súa elevada altura proxectada —entre 6 e 10 plantas— bloqueará con seguridade a liña visual cara ao mar, delimitando, con toda probabilidade, un espazo segregado do resto da trama urbana e cun marcado carácter elitista".

Con todo, din, "sería inxusto non sinalar as oportunidades, en termos de xestión urbana sustentable, que se poderían materializar dispoñendo dunha ampla área costeira no centro urbano da cidade". Recordan que o PXOM que iniciou Busquets en 2009 contempla a posibilidade de concretar usos compartidos do espazo portuario, combinando funcións residenciais e comerciais con espazos públicos e zonas verdes.

"A correcta xestión destas actividades podería xerar novas fontes de riqueza económica e desafogar, por outra banda, un centro histórico excesivamente densificado. O aproveitamento do patrimonio cultural e simbólico do espazo portuario desafectado, a súa interacción co mar e a súa accesibilidade constitúen unha base extraordinaria para a reconfiguración definitiva da Coruña nunha cidade postfordista", conclúese no estudo."                  (Galicia Confidencial, 04/07/18)

27/4/18

O acordo de Xunta e Fomento obrigaría á Coruña a indemnizar a Autoridade Portuaria se non vai adiante a privatización

"Dous días tardou a Autoridade Portuaria da Coruña en remitirlle ao Concello a copia do protocolo asinado o mércores por Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento, Portos do Estado e o propio Porto da cidade para o deseño do futuro dos terreos do borde litoral. 

O acordo negociouse sen convidar a ningunha outra administración ou actor social, comezando polo propio Goberno municipal e asinouse nun acto con máis pompa que contido do que nese momento non trascendeu gran cousa aos medios de comunicación. O alcalde Xulio Ferreiro resumiu aquela cerimonia como outra foto: "Pasamos da foto de finais do pasado ano á foto desta primavera. Unha foto a porta pechada e á que non foi convidado o Concello". 

Este venres pola tarde por fin a Autoridade Portuaria accedeu a enviar o documento ao Concello, que o fixo público a través da súa web. En esencia, o protocolo subliña a vixencia do convenio asinado en 2004 para o financiamento do Porto Exterior e que pasa pola privatización da meirande parte dos terreos portuarios interiores que quedarán sen actividade. 

Cambian as condicións, iso si, para os peiraos de Batería e Calvo Sotelo, máis próximos ao centro pero de moita menor extensión, pero confirman os plans para vender o espazo de San Diego (o 80% da superficie total) para levar a cabo alí unha xigantesca operación inmobiliaria que pasa pola construción de catro mil vivendas en edificios de ata nove alturas.

O núcleo do protocolo xira ao redor de disposicións que buscan garantir a consecución de 30 millóns de euros antes do ano 2020, momento en que a Autoridade Portuaria deberá facer fronte á devolución dunha parte importante dos créditos concedidos hai unha década polo Estado para as obras do Porto Exterior. 

Deste xeito, o acordo garante o control da Xunta sobre os terreos de Batería e Calvo Sotelo (o 51% dos dereitos sobre os mesmo), pero obrigando a un pagamento de varios millóns de euros. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo citou o mércores a cantidade de 20 millóns que, con todo, non figura no protocolo en ningures.

O texto prevé a venda do Hotel Finisterre e sinala que A Solana seguirá sendo propiedade pública, en mans da Autoridade Portuaria, pero impide a súa compra polo Concello ou a súa cesión para pasar a ser de titularidade municipal.

 Sobre os terreos de San Diego, o documento é moi pouco concreto e remítese ás disposicións do convenio de 2004, que prevía uns ingresos de case 200 millóns de euros pola súa privatización. Só engade a posibilidade de que a Xunta achegue máis cartos públicos para a adquisición dunha parte do espazo.

Ademais, o protocolo especifica na súa cláusula 6.3 a obriga de Concello e Xunta de indemnizar millonariamente á Autoridade Portuaria no caso de que tentasen bloquear o proxecto inmobiliario. 

"As partes recoñecen a vixencia e aplicabilidade do establecido nos convenios de 2 de febreiro e de 4 de outubro de 2004 e particularmente do previsto na súa cláusula Sexta, relativa á regulación do suposto de que non se produza a ordenación urbanística acordada nos devanditos convenios, respecto dos terreos portuarios a desafectar aos que se refire", detállase.

O Concello reaccionou ante o que cualifica de "hipoteca para a cidade". O alcalde, Xulio Ferreiro, denunciou "a deslealdade institucional que amosa o PP". "Semella que o único interese do presidente Feijóo sexa o de pactar co goberno de Mariano Rajoy de costas á cidadanía para repartirse o noso litoral e asegurar unha maioría de bloqueo (un 51%) na futura transformación dos terreos portuarios”, dixo.

 “Que traten de repartirse a fachada marítima é unha mala noticia, pero aínda máis mala e que pretendan tomarnos o pelo e salvar a peza maior da operación especulativa, que é a dos peiraos de San Diego”, afirmou, engadindo que "recúan no centro para facer caixa cos barrios".

Ferreiro destacou que  “o protocolo asinado por Xunta e Estado segue sen dar solucións nin aclarar os usos dos peiraos que se irán desafectando", un debate que será o núcleo do Foro Cidadán Tecendo Litoral, que terá lugar os próximos días 27 e 28 de abril en Palexco, no que participarán expertos e expertas neste tipo de procesos (procedentes de Bilbao, Valencia, Bacelona ou Francia) e de entidades sociais da cidade. 

"Xa sabiamos que o Partido Popular non confía nesta cidade. Agora sabemos tamén que non a coñece. Nin Feijóo nin Rajoy nin o ministro de Fomento coñecen A Coruña. Non saben do que A Coruña é capaz, do que as coruñesas e os coruñeses somos capaces de facer para defender o que é o noso", advertiu Ferreiro. 

O rexedor pediu "unidade" na cidade para "poder artellar unha fronte contra a exclusión da cidadanía da Coruña das decisións sobre o seu patrimonio e futuro". "Tanto o Concello como a cidadanía farán todo o necesario para defender o seu patrimonio”, concluíu."             (Marcos Pérez, Praza Pública, Praza Pública)

16/1/18

Domingos Merino: a derruba dun alcalde e dun modelo de cidade

"O 26 de febreiro de 1981 Domingos Merino presentou a súa dimisión como alcalde da Coruña, sendo substituído un mes máis tarde por Joaquín López Menéndez (UCD). 

Dous anos despois, o 8 de maio de 1983, Francisco Vázquez gañaba as eleccións municipais con maioría absoluta, dando inicio aos seus 23 anos de goberno.  

O cambio de rexedor que tivo lugar hai 36 anos foi tamén un cambio no modelo de cidade e que hai que analizar nun contexto de fortes presións que empregaron como instrumento o sentimento localista ligado ao debate sobre a capitalidade pero que tiñan na súa base outro tipo de conflitos, nos que determinados intereses económicos e o deseño urbanístico da cidade foron claves.

 Nos últimos días moitos e moitas tiveron na cabeza, ante a moción de confianza á que se someteu Xulio Ferreiro, a caída de Merino

 "As forzas e poderes fácticos da Coruña asustáronse porque despois de corenta anos de total dominio económico e social, logo de décadas poñendo e quitando alcaldes, viron como se poñía en perigo o seu poder, tanto no político como en aspectos tan relevantes como o urbanismo", relataba Manuel Monge hai dous anos en conversa con Praza sobre o proceso de derruba de Merino.

"Para os sectores instalados no poder era un ser estraño, un elemento a bater porque representaba á Coruña máis popular, máis creativa e máis culta", destacaba tamén Xurxo Souto.

 A caída de Merino veu propiciada pola retirada do apoio que ata ese momento -en virtude dos Pactos do Hostal que os partidos de esquerda asinaran tralas eleccións municipais de abril 1979- lle viñeran prestando o PG e o PSOE e hai que contextualizala na debilidade dos apoios do rexedor (unha fragmentada UG contaba con 5 concelleiros de 27, máis o apoio dos dous edís do PCG e -con matices- dos dous representantes do BNPG). Porén, foi tamén acompañada dunha constante campaña de ataques e desprestixio impulsada por grupos de poder locais e os dous xornais da cidade: La Voz de Galicia (sobre todo) e El Ideal Gallego (no último momento). 

O propio Merino sinalou nunha entrevista publicada en 2005 por Vieiros que "o acoso empeza dende o momento da toma de posesión. Ademais, a oposición encontrou un tema: a capitalidade, aínda que máis que encontralo buscouno, para dar renda solta á vía da demagoxia. Atopou un filón e enganchouse a el, unha parte do PSOE enganchouse a iso, a presentar como incompatible A Coruña con Galicia". 

De feito, só unha semana despois da súa toma de posesión, o 26 de abril, convocouse no Pazo dos Deportes un acto a prol da capitalidade da Coruña. A pesar de que a defensa de que a cidade herculina debía ser a capital de Galicia era común a case todos os partidos na cidade (tamén na esquerda e en varias das formacións nacionalistas), esta convocatoria estaba liderada polos sectores máis conservadores e antiautonomistas, algúns directamente franquistas.

 En Vieiros Merino afirmaba que non acudiu ao acto "porque considerei que realmente non estaba encamiñado á defensa da capitalidade, senón intentando presentar unha suposta incompatibilidade da Coruña con Galicia. E en realidade era un ataque ó proceso de consecución do autogoberno para Galicia. Así que non fun. Puiden ir alí e converterme nun deses alcaldes populistas. Puiden facer ese papel, pero a min repugnábame".

 Quen si cumpriu á perfección ese papel populista foi Francisco Vázquez, que mesmo apareceu en muletas e cunha perna escaiolada logo dun accidente, incrementando o dramatismo da situación. Vázquez, González Dopeso e Begoña Bonet (presidenta da Asociación de Amas de Casa da Coruña) foron os protagonistas dun acto que serviu basicamente para atacar o goberno preautonómico de Rosón e a Merino, de quen se pediu a dimisión.

Durante os meses seguintes mantívose a presión destes sectores e tamén da prensa local, aproveitando o tema da capitalidade (a pesar de que Merino si participou en manifestacións a prol desta postura, coma a que tivo lugar o 22 de xuño de 1979) pero tamén outros, coma a retirada dos símbolos relixiosos no seu despacho ou a súa presenza ou non en actos confesionais, coma a procesión da virxe do Rosario. A presión incrementouse a partir de xaneiro de 1981.

 Despois dun accidentados pleno no que PSG, POG e BNPG presentaron unha moción para rexeitar a sanción imposta a unha mestra de Dices-Rois por impartir as súas clases en galego, a prensa local denunciou o que consideraba "caos" na vida municipal. 

La Voz de Galicia pedía ao día seguinte a dimisión de Merino nunha información con ton editorial que afirmaba: “El cambio es urgente. El vergonzoso espectáculo acaecido durante el Pleno del viernes es una muestra del progresivo deterioro de la actividad municipal” e que “Se tocó fondo ya y ahora habrá que elegir entre permanecer en ese fondo o intentar regresar a la superficie (...) Hay que soltar todo el lastre”. 

Días despois, o 3 de febreiro, os grupos municipais de UCD, PSOE e CD solicitaron formalmente a dimisión do alcalde (o que levou a PCG, POG, PSG e PG a solicitar una xuntanza urxente dos asinantes do Pacto do Hostal), nunha campaña que día a día se intensificaba e que utilizaba, sobre todo, as páxinas de La Voz de Galicia.

 Nas súas informacións, o xornal mesmo elevaba a categoría de noticia cuestións anecdóticas coma unha gripe que o rexedor sufriu durante un par de días: “su afección gripal va evolucionando favorablemente, si bien persiste todavía el estado febril”, publicou o xornal. 

Ou, por exemplo, nunha entrevista sen asinar que La Voz lle realizou nesas datas a Merino na súa casa, o diario destacaba que o alcalde se atopaba en “bata de cuadros” e sobre os seus libros dicía que “la mayor parte de ellos en gallego, algunos en portugués y francés y pocos en castellano. Estos eran de temas políticos, desde El Capital hasta una biografía de Stalin”.

 O 22 de febreiro o foco político local parecía mudar un chisco, ao coñecerse que fora suspendida de militancia toda a agrupación do PSOE da Coruña, que vivía neses días un intenso conflito interno. Porén, foi o 23F o que precipitou definitivamente os acontecementos na Coruña. Tras o fracaso do Golpe de Estado, convocouse un pleno no que se presentou unha moción de condena da acción de Tejero e de apoio ao Rei e á Constitución. 

Domingos Merino abstívose, o que provocou unha inmediata reacción na prensa local. La Voz de Galicia titulaba na súa portada que "El alcalde de La Coruña se abstuvo de manifestar su respeto y adhesión al Rey, a la Constitución y al Parlamento". 

E El Ideal Gallego escribía nun editorial que “no merece el calificativo de demócrata ni ostenta con legitimidad moral ni política un cargo público (...) el señor Merino, con su partido, ha entrado en un cúmulo de contradicciones que hacen incomprensible su permanencia en la Alcaldía (...) que se abtenga también de su cargo: que dimita”. Ao día seguinte Merino presentou a súa dimisión.

Neses momentos, tan significativos coma os ataques da prensa e dos lobbys locais a Domingos Merino eran as gabanzas a Francisco Vázquez. Tres días despois da dimisión do rexedor, El Ideal Gallego publicaba unha extensa entrevista co líder socialista, titulada "Francisco Vázquez, a tumba abierta. La Coruña se juega ahora su futuro". 

Nela, Vázquez afirmaba que "La ciudad ha sido vejada y humillada por la posición política del alcalde", que "Merino no supo estar a la altura de las circunstancias", que "El PSG mantiene posturas similares a Herri Batasuna, desestabilizadoras y amenazadoras para la democracia y la libertad" e que "El Ayuntamiento no tiene que tratar el aborto, el divorcio, ni farrapos de gaita". 

Dous días despois, o xornal publicaba un artigo de opinión de Enrique de Arce no que o xornalista se referia á entrevista e que define moi ben o ambiente creado ao redor de quen dous anos máis tarde acabou gañando as eleccións con maioría absoluta: “Por fin un líder socialista coruñés se ha definido con rotundidad sobre la crisis municipal. Ya era hora (...) Francisco Vázquez habla como un político y un ciudadano plenamente consciente de los problemas más importantes que padece España en general y La Coruña en particular (...) aún es tiempo de enderezar el camino”.

De Merino a Vázquez

Menéndez, o alcalde urbanista (como se definira a si mesmo na campaña de 1979), non deixou nos seus dous anos de xestión unha gran pegada na cidade. Gobernaba en minoría e polo camiño UCD acelerou o seu proceso de esfarelamento. Menéndez acabou tamén deixando a formación, despois de que os ucedeos galegos aprobasen oficialmente unha posición favorable coa escolla de Santiago como capital.

 As eleccións de 1983 outorgáronlle a Francisco Vázquez a maioría absoluta (14 de 27 concelleiros), tras uns meses marcados polo debate sobre a capitalidade (Vázquez abandonara a secretaría xeral do PSdeG-PSOE pola aposta socialista por Compostela). Coalición Popular (8 edís) e La Coruña Unida (5) completaron unha corporación da que PCG, EG, BNPG e PSG quedaron fóra.

Ese día deron comezo os case 23 anos de goberno de Vázquez na cidade, ata que en febreiro de 2006 -entre numerosas acusacións de corrupción e procesos abertos- foi enviado como embaixador ao Vaticano. 23 anos que estableceron un determinado modelo de cidade, comezando polo urbanismo, os grandes centros comerciais e os aparcamentos subterráneos. 

Vázquez impuxo con tanta eficacia este modelo que mesmo puido chegar a parecer que non había alternativa. Unha xestión que tamén foi quen de ocultar, a través de determinadas accións cosméticas e éxitos parciais no social e no cultural, a exclusión dunha parte importante da poboación. 

 "Chegou Francisco Vázquez, que era o candidato do capital, da Igrexa e do poder económico, e o primeiro que se fixo foi dar por finalizado o proxecto urbanístico que pretendía evitar a especulación; logo pasou o que pasou e chegaron os atropelos que todos puidemos ver", contaba Manuel Monge en 2014.

 A peculiar versión de socialismo á coruñesa representada por Vázquez tivo a súa mellor expresión na polémica aprobación, en 1984, do Plan Xeral de Urbanismo, que mesmo provocou a dimisión de tres concelleiros do PSdeG-PSOE, compensada polo apoio dos edís de AP a esta planificación ao gusto de construtores e promotores inmobiliarios e que definiu o deseño da cidade nas décadas seguintes.

 Na lexislatura anterior, durante a alcaldía de Merino, o arquitecto Rafael Bárez -lider do PCG na cidade e concelleiro de Urbanismo- foi o encargado de redactar un plan que buscaba evitar algúns dos despropósitos desarrollistas e especulativos que se viñeran producindo na cidade nos anos sesenta e setenta, afirmando un urbanismo responsable e sostible para as décadas seguintes, e creando a estrutura para un funcionamento axeitado da ampla área metropolitana coruñesa.

 A aprobación do plan foi continuamente obstaculizada e adiada por unha parte da corporación (entre eles os edís do PSOE), con presións moi importantes de certos poderes locais e empresas, que nunca viron con bos ollos unha norma que acoutaba as súas actuacións e os seus beneficios, uns poderes locais que atoparon a partir de 1983 unha composición do pleno municipal máis favorable aos seus intereses.


Os tres edís socialistas dimisionarios denunciaban (como podemos ler nas crónicas publicadas en El País o 3 de outubro e o 11 de novembro de 1984) que as condicións de licitación para a construción e explotación de oito grandes aparcamentos subterráneos "fixéronse á medida dunha grande empresa [Dragados y Construcciones], coa que xa mantiveron contactos membros do goberno municipal". 

Alertaban, igualmente, que “a edificabilidade no centro sufriu incrementos entre o 40% e o 50%, considerando que "están sendo tratados como interlocutores privilexiados sectores vinculados á especulación urbanística, mentres se rexeita todo diálogo coas asociacións veciñais e outros colectivos". No marco desta ordenación urbanística leváronse a cabo polémicas actuacións, coma a instalación de El Corte Inglés na Cubela, que remataron nos tribunais.

Adxudicacións directas, favoritismos a determinadas empresas ou grupos de poder na cidade, un grande incremento da débeda municipal foron denunciadas na primeira lexislatura de Vázquez por un movemento veciñal que nos anos seguintes perdeu forza, capacidade crítica e representatividade e pola esquerda e o nacionalismo que naquel momento non contaba con representación no Concello. 

O modelo de cidade construído polo Vazquismo e continuado polo Goberno de Negreira entre 2011 e 2015 (e con matices polo de Losada entre 2006 e 2011) opacou e ocultou en certa maneira esa outra A Coruña proposta por Domingos Merino nesa primeira lexislatura e que nos anos seguintes buscou facer oír a súa voz. 

"A Coruña ten que ser un faro para Galicia, algo do que todos os galegos nos sintamos orgullosos (...) O Concello ten que ser a casa de todos e todos os cidadáns deben ter a posibilidade de participar na política municipal" destacaba Merino no seu primeiro discurso como alcalde, unha intervención que foi moi sinalada por Xulio Ferreiro na súa propia investidura ("comeza, hoxe como aquel día, unha nova época (…) Porque hoxe a Praza entrou por fin no Pazo. E oxalá non saia nunca máis").

 Dúas formas moi distintas de entender e de construír a cidade, como sinalaba Xurxo Souto lembrando o Goberno de Merino, tan distinto aos que viñeron despois: "A Coruña sempre tivo esa pulsión creativa que lle dá a súa propia natureza, o feito de estar chantada no Atlántico coma se fose un barco, pero tamén esa outra alma provinciana, gris, escura e un tanto elitista". Dúas Coruña que existiron en paralelo e aínda coexisten."                 (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 08/02/17)

14/11/17

El PP planea un gran pelotazo urbanístico con 330.000 metros cuadrados de terrenos del puerto de A Coruña

"La Xunta de Galicia y la entidad Puertos del Estado, ambas gobernadas por el Partido Popular, planean una gran operación urbanística con casi 330.000 metros cuadrados de terrenos públicos en el centro de A Coruña, destinada a obtener fondos para neutralizar la colosal deuda que arrastra el puerto exterior de la ciudad. 

El Ayuntamiento, gobernado por Xulio Ferreiro, de En Marea, formación aliada de Podemos, se opone a esa pretensión y reclama que ese suelo revierta en la ciudad y sea destinado a usos públicos. 

Los terrenos forman parte del muelle de San Diego, donde se ubican instalaciones industriales y portuarias cuya actividad está previsto trasladar al puerto exterior de Punta Langosteira, en el vecino municipio de Arteixo

La dársena exterior fue diseñada por el Gobierno de José María Aznar, que pretendía enviar allí el tráfico de mercancías sucias y peligrosas, especialmente los hidrocarburos vinculados a la refinería coruñesa de Repsol, para evitar la entrada en aguas de la bahía limítrofes con el casco urbano de buques petroleros que pudieran ocasionar catástrofes recurrentes como las que provocaron el Prestige en el 2002, el Mar Egeo en 1992 y el Urquiola en 1976. 

Las obras se presupuestaron con un coste inicial de 429 millones de euros, pero acabaron convertidas en un saco sin fondo que acumula sobrecostes de más de 315 millones y que ha hecho que la Autoridad Portuaria arrastre una deuda de casi 400 millones.

 El puerto exterior, con varios kilómetros de diques y alrededor de doscientas hectáreas de terrenos, empezó a funcionar hace cinco años en plena crisis del comercio marítimo internacional, y a día de hoy sigue recibiendo menos tráfico del que hubiera justificado tamaña inversión.

 En buena parte debido a que carece de conexión ferroviaria y de una salida adecuada por autovía, infraestructuras aún no ejecutadas que requerirán nuevas inversiones millonarias. El año pasado, la facturación del puerto exterior fue de 4,4 millones de euros, es decir apenas el 16% del negocio de la Autoridad Portuaria coruñesa, que ronda los 26 millones anuales. Una cantidad que difícilmente le permite afrontar la devolución de los créditos contraídos con el Banco Europeo de Inversiones y con Puertos del Estado. 

La venta de los terrenos de San Diego permitiría desahogar esa delicada situación financiera, y de hecho ya estaba contemplada en un convenio del año 2004 firmado por el entonces ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos; el ex alcalde socialista Francisco Vázquez, y el por entonces consejero de Obras Públicas y actual presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Pero el Ayuntamiento de En Marea considera que la situación ha cambiado sustancialmente trece años después, y que un pelotazo urbanístico que permitiría la construcción de cerca de 3.000 nuevas viviendas en un área pegada al centro de la ciudad y en primera línea de su fachada marítima, no está justificada ni responde a las necesidades de desarrollo urbanístico de A Coruña.

 La ejecución de aquel acuerdo, por el que las instituciones implicadas se comprometían a impulsar la recalificación de los terrenos “para usos lucrativos residenciales y terciarios”, representa en opinión de Ferreiro “una hipoteca” que los coruñeses no deben asumir. 

Tras reunirse con el presidente de Puertos del Estado, José Llorca, el alcalde reiteró que el Ayuntamiento no admitirá soluciones que supongan el recurso a “la especulación” urbanística. Y criticó la estrategia de la Xunta y el Ministerio de Fomento de relegar al Gobierno de la ciudad del proceso de toma decisiones sobre su desarrollo. 

Ferreiro se refería al acuerdo adoptado hace dos semanas por Feijóo y Llorca, quienes celebraron una reunión a la que no fue invitado en la que pactaron no urbanizar, pero tampoco ceder al Ayuntamiento, otros 90.000 metros cuadrados propiedad del puerto en otras zonas de la ciudad. También aplazaron el proyecto de edificar en San Diego hasta el 2020.

 Es decir, cuando vencen las actuales concesiones a las empresas que allí operan, y cuando ya se habrá agotado la actual legislatura municipal, en la que En Marea ya ha advertido que no recalificará los terrenos. 

Por su parte, Llorca justificó que Puertos del Estado no quiera comprometerse a devolver a la ciudad de A Coruña la superficie portuaria que quede liberada por el traslado de actividad a Punta Langosteira porque ese suelo seguirá bajo “gestión pública” en manos de la Autoridad Portuaria. Y explicó que ese organismo no necesita de momento vender los terrenos liberados en San Diego porque tiene las “necesidades financieras” de su deuda cubiertas hasta el año 2022. 

Llorca también prometió estudiar la propuesta de colaboración que le ha enviado la Alcaldía coruñesa, y que pretende garantizar, en colaboración con todas las administraciones implicadas y los grupos políticos con representación municipal, el aprovechamiento de los terrenos portuarios excluyendo cualquier posibilidad de que se especule con ellos. "                   (Juan Oliver, Público, 25/10/17)

15/5/17

Todo isto comezou con Fraga, que lle dixo a Paco Vázquez: ‘busca por aí uns terreos para construír unhas oficinas e chamarémoslle cidade intelixente’. Os últimos desherdados de Elviña

“Todo isto comezou con Fraga, que lle dixo a Paco Vázquez: ‘busca por aí uns terreos para construír unhas oficinas e chamarémoslle cidade intelixente’. Logo viron que alí había máis negocio que dous edificios e deberon pensar que por que non ampliar a cousa”. 

É o relato do pecado orixinal do Ofimático, de como naceu o parque, que fai un familiar dun dos veciños que construíran as casas e pozos e traballaron a terra coas súas propias mans e foron desherdados, primeiro, e desafiuzados, despois, e mesmo viron como as máquinas picaban pedra debaixo das súas hortas e os avogados dos novos donos enviábanlles cartas ameazantes para que se fosen. Tamén a aqueles que nin sabían ler, como Manuel Martínez Ramallo

A carta está datada na Coruña a 7 de novembro de 2013, e vai dirixida a Manuel, á súa dirección no lugar de Galán 137, a carón da avenida de Alfonso Molina preto desa pasarela na que cada sexta feira hai pancartas e veciñas en pé de guerra ás que xa só lles fai caso algún condutor sen présa que pita e elas saúdan.

 “Se lle require para no prazo improrrogable de 5 días a contar desde a recepción da presente proceda a desaloxar a zona”, advirte a misiva asinada pola avogada que representa a Cooperativa Galega de Vivendas A Carnocha.

“Neste momento xa non hai vivendas de 3 dormitorios dispoñibles”, di a última entrada no blogue da cooperativa, do 16 de febreiro. A semana pasada, o concelleiro de Rexeneración Urbana recibiu unha representación dos cooperativistas para anunciarlles que, en breve, empezarían a tramitarse as licenzas de primeira ocupación a medida que avanzan os traballos de urbanización, paralizados nun dos varios procedementos xudiciais abertos en torno ao parque e retomados este ano. 

“Primeiro compraron as fincas sen casa, despois foron a polas vivendas, pero nin a quen tiña casa con fincas grandes lle compensou o negocio. A meu sogro taxáronlle a propiedade en 81.000 euros. A cambio, concedéronlle esta parcela aquí no alto. 

Hai oitenta e pico metros para seis vivendas de dúas plantas, unha delas tería que urbanizala e construíla el nestas rochas”, di Fernando, o xenro de Manuel -un ancián de case 90 anos que vive de alugueiro en Vilaboa desde hai tres anos-. Manuel non quere volver saber nada do que pasou.

 Evangelina ten 81 anos. Emilio, 84. Casaron no ano 57. Vivían en Elviña nunha casa da familia del. No 58 veu a avenida e derrubáronlles a casa. “Déronnos liña para facer esta casa”, conta Emilio, que mostra un plano daqueles anos. “Veu o alcalde, Alfonso Molina, aquí á finca e díxome: ‘isto será teu para sempre, de aquí non te botan nunca’. Os outros alcaldes nunca apareceron por aquí. Mandaron cartas”. 

As cartas comezaron a chegar no 92. A Xunta adquiría parcelas a 10.000 pesetas o metro cadrado. As fincas sen casa, as primeiras. Aquela conversa entre Fraga e Vázquez. No 98 o PXOM sinalou un uso residencial para as parcelas coa metade destinada a vivenda de protección oficial. No 2003 empezaron os problemas. 

Como o parque non se facía, os antigos propietarios reclamaron a reversión. Núñez Feijoo era o responsable da COTOP e á fronte da dirección xeral de urbanismo figuraba Martín Fernández Prado, quen anos despois, como concelleiro de urbanismo solicitou a demolición da casa de Manuel. A Xunta mirou para outro lado. Os litixios polas reversións continuaron durante os anos do bipartito e a Xunta en funcións acordou adxudicar os terreos a xestores de cooperativas para desfacerse do problema. 

Co PP de novo no goberno galego, chegaron as primeiras sentenzas de reversión e a Xunta ofertou aos antigos propietarios a venda a 242 euros o metro cadrado, mentres a titularidade dos terreos pasaba ao Concello. En maio do 2011, o goberno municipal bipartito despídese de María Pita adxudicando a urbanización do parque a Acciona por 42 millóns de euros. 

Un mes despois, co PP na alcaldía e Fernández Prado xa como concelleiro, paralizáronse as obras. A finais de 2015 o TSXG ditaminou a nulidade do contrato, que agora o goberno da Marea vén de corrixir, licitar e adxudicar a outra construtora. 

Hai dúas cooperativas que xa levantaron edificios no Ofimático e outras pendentes de comezar os seus, como Cofuncovi e Eirís Ofimático, máis de 150 vivendas entre as dúas segundo informacións en prensa. O Concello, en comunicación escrita, non precisa nin que porcentaxe do Ofimático resta por urbanizar nin cantas vivendas se verán beneficiadas polas primeiras células de ocupación nin cantas está previsto edificar en total no parque. 

Os traballos de urbanización, retirada a anterior licitación e concedida unha nova, levarán 4,3 millóns de euros, “cantidades abonadas polo concello con cargo ás cuotas de urbanización, sendo finalmente os e as propietarias do sector as que asuman este gasto”, explica por escrito o actual responsable municipal de urbanismo, Xiao Varela.    

Esta terza feira, Fernando mira o parque desde detrás do valado no alto dunha rúa nova e sen saída. Saúda a unha parella de paseantes, a muller acena, pero non se detén. O home descúlpase. “As veces xa non coñece”. Son outros dos propietarios desa parcela para seis que nunca construirán. “Con que? Os que non tiñan nada foron realoxados, a nós déronnos isto”. As rochas. 

A casa do sogro tirárona na primavera do 2014. “O concelleiro de urbanismo, Martín Fernández, dixérame que si facilitabamos as cousas, do outro lado non habería demolicións”, explica. A finais daquel ano, a Fernando levárano detido a noite anterior á demolición da casa de Álvaro. Sacárono da pasarela. Do outro lado estaba a finca de Álvaro na que había proxectado un piar para unha ponte que nunca se construirá.

Unha vinganza, pensa Álvaro

“A meu fillo o maior, que daquela inda non cumprira os 30, case non o damos levado de aquí aquel día. Choramos todos pola casa”, conta Álvaro. Ten 52 anos e non lle gusta pisar esa leira. Nesa leira levantábase a casa na que naceu e na que tiña un taller de motos. Hai dous anos e medio foi desafiuzado e tiraron coa casa. Ían construír unha ponte.

 Foi en novembro do 2014, coas eleccións municipais á volta de ano, con Stop Desafiuzamentos na punta da onda e a Marea Atlántica deixándose ver. A casa fixérana os avós en 1926 e herdara a nai. “Xa nos cambiaran a propiedade no catastro sen dicirnos nada. No 2006 parecía que o Ofimático non afectaría esta parte, pero logo que si, que farían equipamentos. E na finca, unha ponte.

 Os técnicos dixeron que acababa nun desnivel de 8,5% e era inviable. Pero o Concello tirou para diante sabéndoo, porque era eu, porque Martín Fernández me dixera que se me apartaba de Stop Desafiuzamentos o trato cambiaría”. 

A Álvaro e á nai estimáronlle unha indemnización de 197.000 euros pola casa, o taller, a finca e as árbores. A cambio terían a metade dunha parcela de 900 metros partillada cunha construtora. Convertidos en promotores, as cotas de urbanizar a parcela ascenderon a 253.000 euros.

“Nin teño cartos nin estou disposto a consentir o atraco”, di Álvaro que non pagou o resto da débeda imposta. “Onde está aquela xente dos megáfonos e das pancartas. Prometeran tanta axuda. E nada. Case nin falaron con nós desde que chegaron ao goberno. Dicían que ían desafectar esta parte. E das cotas? Das cotas nada. Que hai que pagalas. Todo palabras.” 

Xiao Varela, o concelleiro, di na resposta: “A prioridade en relación ao complexo proceso do Ofimático foi sempre lograr os equilibrios en relación á precaria situación na que se atopan os diferentes axentes afectados, como é o caso dos residentes e ex residentes de Galán e Elviña.

 Neste sentido, iniciouse a modificación do plan parcial que ordenará a marxe dereita do polígono en atención ás reclamación dos titulares de Elviña, que entre outras cuestións elimina o viaduto proxectado. Ademais, estableceuse un procedemento para que os pequenos titulares que non poidan facer fronte ás cotas de urbanización poidan realizar o pago en especie, isto é, a cambio do seu aproveitamento urbanístico”.

Non haberá ponte sobre a finca que foi de Álvaro, nin casa nin indemnización nin redución de débeda. “Vivimos na Zapateira na casa duns familiares, a nai está como está, son cincuenta mil problemas. Procuro nin pasar por aquí. O terreo está como o deixaron. O fillo maior marchou a Asturias, a moza é de alá, pero topáramos un traballo para ela aquí, pero o fillo non quixo, el tamén nacera naquela casa”.  

Evangelina e Emilio, promotores

O 14 de outubro de 2011, Evangelina e Emilio recibiron a notificación de despexo “no prazo máximo dun mes (…) debendo entregarse de forma voluntaria as chaves de acceso mediante a comparecencia nas dependencias de Urbanismo”. Asina Jesús Otero Grille, director de urbanismo do goberno municipal do PP.

O Concello déraos de baixa como propietarios da finca un ano antes. Decatáronse cando foron pagar a contribución. Pagaban 1.000 euros e topáronse cun recibo de 1.500 que correspondía a unha parcela do Ofimático, alí diante da súa casa. 

Quedaban sen a casa e as fincas, aquelas que Alfonso Molina lles prometera que non ían tocar nunca, e convertíanse en promotores do parque coa obriga de pagar a urbanización. Valoráronlle as propiedade en 86.000 euros, puxeron 14.000 máis para cubrir a primeira cota porque o avogado aconselloulles pagar. Teñen pendentes dúas máis até completar os 300.000 euros da súa parte de urbanización.

A casa de Álvaro estaba pegada á súa. “Pensei que aquel día xa íamos nós tamén”, di Evangelina. “Álvaro perdeu, e realmente os demais gañamos. Tivemos a sorte de que viñeran as eleccións, que entraran estes e non seguiran coas demolicións”, explica a filla, Loli, unha das que cada sexta feira sobe á pasarela, para seguir pelexando, porque viven nun casa que non lles pertence, baixo ameaza de desaloxo, cunha débeda que non poden pagar e sen solucións por parte do novo goberno. 

“Empezaron prometendo que ían desafectar, pero logo dixeron que é un proceso complexo, están con esas mentres este mesmo mes arranxan un cambio no plan para que Estrella Galicia poida ampliar na Grela e agora que si á Solana. Aos únicos que lles dan solución aquí son aos cooperativistas, paréceme ben, pero se eles gañan, nós perdemos. Iso téñoo claro”.

 Loli ten poucas esperanzas de que a casa se manteña en pé. O pai, non. Enfádase. Di que a eles non nos quitan vivos de alí. Xa marcharan unha vez voluntariamente. Desta non. Son desherdados eternos en Elviña, a zona máis castigada polas mans da especulación na cidade. Pasáralle tamén á familia de Álvaro coa construción da fábrica de Fertiveria nos sesenta. Cando cesou a actividade industrial na zona os terreos debían volver aos veciños.

 O alcalde Paco Vázquez, conta Álvaro, fixo unhas vendas rápidas e acabaron levantando a universidade. Pasáralle a mesma familia na estrada que abría o polígono de Pocomaco anos despois. As expropiacións continuaron máis adiante, cos equipamentos para a universidade; e despois veu o Ofimático.

Quedan máis veciños que ocupan casas que antes foron súas e sofren débedas por un negocio que lles veu imposto. Das casas da maioría xa non quedan nin os cascallos e foron marchando, a vivir onde toparon sitio, e algúns enferman para esquecer que lles cambiaron unha vida por rochas e cotas de urbanización. 

“O meu xa non ten remedio”, di Álvaro, “a ver si Loli e os pais teñen máis sorte, porque a min o único que me satisfaría é que a xustiza tomara medidas de verdade contra toda esta xente que xogou coas nosas propiedades e as nosas vidas”.

Loli espera que a proposta de cambiar débeda (cotas) por edificabilidade prospere. E seguir vivindo de ocupas na súa casa, aquela que lle prometeran que sería intocable. “Son todos iguais”, lamenta o pai, e non hai razóns para que o contradigan."            (Erik Dobaño, Sermos Galiza, 12/05/17)