Mostrando entradas con la etiqueta Universidades: investigacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidades: investigacion. Mostrar todas las entradas

6/10/24

A vacina que pode erradicar a hepatite A no mundo: "Abaratamos custes para chegar aos países endémicos" O equipo de investigación da doutora Rosa María Pinto Solé logrou illar "unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente", un total de 7

 "A hepatite é unha desas enfermidades que, en moitos casos, pasa socialmente desapercibida. A diferenza do que acontece con outras doenzas causadas por virus, a inflamación do fígado semella ser algo no que ninguén pensa ata que lle acontece a un mesmo ou a un achegado. E, no caso de reflexionar sobre esta enfermidade, adoita pensarse unicamente na hepatite C ou B, cando en realidade hai un amplo repertorio de letras do abecederio que dan nome a diversos tipos de hepatite: A, B, C, D, E, F e G. Ademais, a pesares de non estar tan presente no imaxinario sanitario colectivo da sociedade, a Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que, no mundo, 325 millóns de persoas sofren hepatite B e/ou C. Ademais, a Organización Panamericana da Saúde (OPS) estima que o 57 % dos casos de cirrose hepática e o 78 % dos casos de cancro primario de fígado son debidos a infeccións causadas polos virus da hepatite B ou C. Son datos verdadeiramente alarmantes observando a tasa de mortalidade, pero, alo menos, hai tratamentos.

Non acontece o mesmo no caso da hepatite A, que está lonxe de causar unha enfermidade crónica sobre os seres humanos ou dano permanente sobre o seu fígado, pero que si supón un lastre a nivel económico para a sociedade porque a súa contaxiosidade fai que sexa unha enfermidade máis común do que puidera parecer e, unha vez infectada, a persoa debe gardar repouso e tratamento durante unha media de tres semanas, con todas as implicacións que iso conleva: baixa laboral, incapacidade física... Ademais, a OMS estima que, no ano 2016, houbo 7.134 persoas que morreron no mundo por hepatite A, unha cifra que representa o 0,5 % da mortalidade por hepatitis víricas, pero que non por iso deixa de ser significativa. De feito, ao ser causada por contaminación da auga, maioritariamente, a hepatite A adoita presentarse esporadicamente e en epidemias de ámbito mundial, tendendo a reaparecer periodicamente, con maior ou menor crudeza. Por exemplo, a epidemia rexistrada en Shanghái en 1988 tras comer alimentos contaminados afectou a unhas 300.000 persoas.

Ante esta realidade, dende o Galicia Confidencial falamos coa catedrática en Microbioloxía da Universitat de Barcelona Rosa María Pinto Solé sobre a importancia de previr esta enfermidade, para a que, polo momento, non hai tratamento. E, para facelo, o seu grupo de investigación desenvolveu unha vacina que busca ser máis economicamente accesible que as que xa existen no mercado, pois algo debe estar fallando cando "a nivel global aínda hai uns 150 millóns de infeccións anuais". Para a doutora, é importante partir da base de que "aínda que a hepatite A non causa cronicidade como si o fan a B e a C, e polo tanto dende unha perspectiva sanitaria pode semellar menos grave, non deixa de tratarse de unha infección aguda que che deixa tres semanas postrado na cama". Ademais, matiza que "aínda que a mortalidade non é moi alta, estímase nunha morte por cada mil infectados, o que, botando contas, entre eses 150 millóns de persoas infectados anualmente, supón 150.000 defuncións".

A HEPATITE A TRANSMÍTESE POR VÍA FECAL-ORAL E NON TEN TRATAMENTO

Como explica a doutora Pinto Solé, "as hepatites B e C teñen unha porcentaxe de cronicidade moi elevada, especialmente a C, e xeran importantes problemas de saúde nas persoas, ao ter esa capacidade de derivar nunha infección crónica que pode dar lugar a un hepatocarcinoma". Agora ben, incide, como dixemos, en que, "afortunadamente para a hepatite C hai uns tratamentos moi efectivos que practicamente son quen de curar a infección e, para a hepatite B, aínda que non hai tratamentos tan efectivos, si os hai". E tamén hai que ter en conta que non todas as hepatites se transmiten do mesmo xeito. Así, as hepatites B e C son de transmisión, principalmente, sanguínea, saltando de persoa a persoa a través das transfusións sanguíneas. Mentres que tanto a hepatite A como a E son de transmisión fecal-oral, o que supón, como explica a doutora, que "o virus replica no fígado, excrétase nas feces e estas poden rematar contaminando as augas de regadío ou o mar, de tal xeito que o virus se concentra nos mariscos que beben desas augas do mar contaminadas ou nas fresas que están sendo regadas con esa auga".

Outra das características que fai que o virus da hepatite A cause tantas infeccións cada ano a nivel mundial é que "ten unha gran resistencia ambiental", o que supón que "pode permanecer infeccioso durante meses tras ter contaminado a auga". Ademais, outra forma de transmisión, aínda que menos frecuente que a vía fecal-oral, é o contacto persoa-persoa, aínda que neste caso "iso evidenciaría que nunha comunidade concreta non se están tomando as medidas hixiénicas correctas, porque o virus da hepatite A como tal sempre se excreta nas feces", de tal xeito que ese contaxio persoa-persoa significaría que feces infectadas quedaron como residuos na pel dun individuo que rematou por tocar a outro que, á súa vez, mantivo contacto coa superficie do seu corpo onde quedou depositado o virus coa súa boca, inxeríndoo accidentalmente. Tendo en conta estas vías de transmisión, dende o punto de vista da investigación o que se busca é manter a raia ao virus, controlando a súa circulación, e non hai mellor maneira de facelo que a través da prevención, é dicir, da vacinación.

HAI NO MERCADO 5 VACINAS CO VIRUS INACTIVADO E 2 CO VIRUS ATENUADO QUE SÓ SE COMERCIALIZAN EN CHINA

A doutora Pinto Solé explica que "o que estamos facendo a día de hoxe para previr os casos de hepatite A é, basicamente, controlar a presenza do virus nos alimentos, por unha banda, e vacinando á poboación, pola outra". Así as cousas, a día de hoxe hai no mercado dispoñibles 5 vacunas co virus da hepatite A inactivado no mundo occidental e 2 co virus atenuado que só se comercializan en China. O problema está en que, como apunta a investigadora, "estas vacinas son moi caras de producir, porque se trata dun virus para o que custa moito obter antíxeno", de tal xeito que "unha vacina contra a hepatite A, comparativamente, é moito máis cara que unha vacina fronte a outros virus". É por iso que, o que lograron dende o seu departamento de investigación pode revolucionar totalmente a situación actual das infeccións por hepatite A: "Temos unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente". 

Falando de estadíos de desenvolvemento, a doutora en bioloxía asegura que "xa imos bastante avanzados e estamos en vías de firmar unha licenza cunha empresa do estranxeiro, non europea". E é que "xa fixemos todos os estudos a nivel de modelos de animais no laboratorio e, o que tocaría agora, serían as probas clínicas desa vacina en humanos, algo que nós, como grupo universitario, non podemos levar a cabo". De lograr esa licenza coa empresa interesada, "probablemente sería esa empresa a que as levaría adiante". O que puideron comprobar ata agora é que "a vacina funciona perfectamente no modelo animal", polo que "só falta saber o que acontecerá en humanos", pero semella moi prometedora. Unha vez con esta vacina no mercado, os custes de produción reduciríanse significativamente, pois "o candidato que illamos produce moito máis antíxeno que os das outras vacinas, o que vai abaratar moito os prezos". E, en consecuencia, os países con menos recursos, onde, ademais, a hepatite A é moderadamente endémica, poderían ter acceso a vacinas.

NOS PAÍSES MENOS DESENVOLVIDOS OS NENOS ENTRAN EN CONTACTO CO VIRUS DE PEQUENOS, CANDO NON MANIFESTAN SÍNTOMAS 

"A OMS aposta porque naqueles países onde a hepatite A é un virus moderadamente endémico, debería existir unha vacina universal para os nenos", asegura Pinto Solé, que lamenta que, "a día de hoxe, iso non se está facendo por cuestión de cartos, porque custa moito", de tal xeito que "a nosa vacina abarataría os custes e permitiría levar a cabo esa campaña universal de vacinación". Os países en vías de desenvolvemento, onde as condicións hixiénicas aínda non son as máis axeitadas, son aqueles nos que o virus circula moito. Neles, como apunta a investigadora, "os nenos entran en contacto co virus dende que son pequenos, e pasan unha enfermidade moi moderada, mesmo non chegando sequera a manifestar síntomas a pesares de estar infectados". Pois o normal, no caso da hepatite A en concreto, é que non se manifesten síntomas ata os 5 anos de idade, a partir desa idade van incrementando de xeito expoñencial e é a partir dos 60 ou 70 anos cando a problemática se agrava. Deste xeito, "cando son adultos, ao ter pasado xa a enfermidade, atópanse inmunizados".

Cal é o problema entón? Por que necesitan a vacinación? Para protexer ao resto do mundo, indirectamente. E é que, como indica Pinto Solé, "nos países máis desenvolvidos, entramos en contacto co virus fai cousa de tres ou catro décadas, non máis, e, como os nosos habitantes non padeceron a enfermidade de nenos, ao chegar a adultos, o virus ataca con forza". De feito, os grupos de risco son aqueles de máis de 75 anos, porque canto máis anciá é a persoa, máis problemas asociados terá e maior gravidade terá a infección polo virus da hepatite A nela. De feito, a pesares de que a mortalidade é dun 1 por 1.000, no caso do grupo de maiores de 70 sobe a un 3 %, incrementándose de xeito importante. Ademais, Pinto Solé incide no feito de que, "aínda que dende unha perspectiva clínica non se trata dunha enfermidade moi importante, si o é dende unha perspectiva económica, pois persoas de máis de 20 anos que contraian o virus van pasar tres semanas de baixa laboral", ao que se suma que "a transmisión a través de alimentos contaminados fai que se tes, por exemplo, 3.000 toneladas de mexillóns positivos no virus, teñas que tiralas directamente ou destinalas a outro tipo de produción, non ao consumo humano, o que supón importantes perdas a nivel empresarial".

MÁIS DE 15 ANOS DE TRABALLO CRISTALIZAN NUNHA VACINA LISTA PARA OS ENSAIOS CLÍNICOS EN HUMANOS

Así as cousas, "a vacinación universal nos países onde o virus máis circula sería unha maneira de facer que o virus circulase menos e, mesmo, se podería chegar a expor nun futuro a erradicación total do mesmo", afirma a investigadora, que pide que a sociedade non esqueza que as fronteiras que existen nos mapas non existen na realidade, e que todos os países se atopan interconectados, máis aínda nun tempo no que a mobilidade das persoas é maior que nunca e, un virus que comeza a infectar nunha punta do mundo, pode rematar facilmente na outra. O mellor exemplo desta realidade é o que aconteceu no caso do coronavirus, que de China foi quen de espallarse polo mundo enteiro. Así, tras máis de 15 anos traballando no desenvolvemento desta vacina, o equipo da doutora Pinto Solé atópase moi orgulloso dos resultados acadados, coa vista posta xa nos seguintes pasos ata que poida, por fin, chegar ao mercado."     (Ángela Precedo, Galicia Confidencial, 05/10/24)

8/4/22

Galicia resucita los olivos que arrasó el conde duque de Olivares... Investigadores del CSIC descubren 20 variedades únicas en el mundo que sobrevivieron al desmantelamiento de este cultivo en territorio gallego hace 400 años

 "Cuatro siglos después de que el conde duque de Olivares (1587-1645), valido del rey Felipe IV, gravase con un impuesto de cuatro reales cada olivo cultivado en Galicia con el fin de desmantelarlos para mayor gloria de los que él tenía en Sevilla, la Misión Biológica de Galicia -centro del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en el que se estudia cómo hacer más eficiente y sostenible la agricultura local- ha comenzado a recuperarlos. Para sorpresa general, los científicos gallegos han descubierto 20 variedades autóctonas supervivientes de aquella devastación. 

Han registrado de momento 11 de ellas que se proponen expandir para su cultivo y comercialización. Si todo va bien, Galicia competirá en un par de años con el resto de las zonas productoras del mundo con un aceite de oliva estrictamente autóctono y de sabor distinto a cualquiera de los existentes.

Todo comenzó como comienzan las grandes gestas: de casualidad, aunque fuese en el empeño de otra búsqueda. Tras más de tres décadas dedicada a la viticultura, área en la que es una autoridad, Carmen Martínez, bióloga y directora de la Misión Biológica de Galicia, se embarcó con su equipo en el análisis de las cualidades del aceite de semilla de uva dentro del proyecto sobre la dieta atlántica Galiat 6+7. “Se trataba de aprovechar los recursos de Galicia y las propiedades beneficiosas para la dieta de alimentos como mejillones, grelos, vino…”, cuenta la científica para explicar cómo acabaron introduciendo el aceite de semilla de uva en la investigación “por sus interesantes propiedades”.

En la búsqueda de empresas gallegas que elaborasen aceites encontraron una pequeña, en Santiago de Compostela, actualmente desaparecida, Olei. Los empresarios accedieron a la investigación, pero a cambio les pidieron que estudiasen “las variedades de oliva brava y mansa”. Los investigadores aceptaron pensando que o no serían tal o serían portuguesas, pero a los pocos meses comprobaron que eran autóctonas “y que bajo esos nombres genéricos se escondían más variedades”.

 Finalizado el encargo decidieron abrir una línea de investigación que, financiada con 300.000 euros durante los últimos cinco años por la Fundación Juana de Vega -dedicada a promover el desarrollo del medio rural de Galicia-, supuso el estudio de 167 olivos, prácticamente todos centenarios, en las cuatro provincias gallegas, diferenciando 20 variedades autóctonas de las que ahora están 11 en proceso de registro. “Muchas más de las que hay en Andalucía o Portugal porque al convertirse Galicia en una zona marginal durante siglos, han permanecido intactas”, explica Martínez, visiblemente satisfecha por el descubrimiento. Algo similar a lo que le ocurrió en los inicios de su carrera, hace 35 años, en el sector vitivinícola cuando consiguió resucitar 30 variedades autóctonas de vid desa­parecidas y descubrir unas cepas de albariño con características especiales que acabaron removiendo los cimientos del sector y convirtiendo esa variedad en la uva más empleada en la Denominación de Origen Rías Baixas.

En el caso del aceite, va por el mismo camino. Detalla la investigadora que no es que no se haya seguido produciendo en Galicia tras el desmantelamiento general del siglo XVII, sino que se ha hecho con las variedades foráneas importadas de otras zonas productoras. “La andaluza picual o la catalana arbequina se dan muy bien aquí”, confirma Alfonso Udías, presidente de la Asociación de Productores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG), que aglutina a 144 asociados entusiasmados en su mayoría por comenzar a producir con las variedades autóctonas porque, afirma Udías, “hay mucha demanda social”.

Galicia produjo y procesó en el último año en torno a 180.000 kilos de oliva, según datos de la APAAG, desde donde apuestan firmemente por esta certificación de variedades autóctonas dado que supone “una importante alternativa que complementa la riqueza que ya tenemos”, sostiene el presidente del colectivo. Productores y viveristas colaboran activamente con la misión biólogica del CSIC. Y ya han probado algunas variedades gracias a las microelaboraciones realizadas por los investigadores que les han permitido comprobar que las variedades rescatadas “son de calidad y muy interesantes”, indica Martínez. Udías certifica que tienen “sabores intensos y características organolépticas singulares, distintas a todas las existentes”.

“Nos llaman todas las semanas para saber si hay algo para plantar”, da cuenta la bióloga del interés y señala que de momento lo que hay es fundamentalmente brava y mansa, que ya se están comercializando, si bien mezcladas con otras. Y en breve, anuncia, podrán empezar a plantarse las nuevas. Ahora se está realizando la multiplicación a gran escala. “No es sencillo; son leñosas y algunas se resisten al encauzamiento y el que planta debe esperar entre tres o cuatro años”, explica.

La mayor parte de la producción se da en las zonas vitivinícolas en donde las provincias de Ourense y Pontevedra se llevan la palma, aunque también hay en el sur de Lugo y de A Coruña. El equipo dirigido por Martínez ha encontrado supervivientes sobre todo en la Ribeira Sacra o en las sierras, porque es, explica, en donde pasaron desapercibidos: “Hay zonas boscosas, por ejemplo en Quiroga (Lugo), en donde están mezclados en bosques con madroños, castaños y otras especies”. Pero también han sobrevivido aislados, en los entornos de iglesias y de su importante presencia dan cuenta los numerosos restos arqueológicos distribuidos por la comunidad relacionados con la extracción de aceite, como el yacimiento romano con una prensa olearia donde se elaboraba aceite que apareció en Teis (Vigo) a mediados del siglo XX. Curiosamente, el lugar donde se encontró era conocido como A Oliveira (La Olivera). Y curiosamente también, Vigo es conocida como la “ciudad olívica” y el olivo, emblema de su escudo.

El descubrimiento de las nuevas y numerosas variedades va más allá de lo comercial. “Permite ampliar la diversidad del patrimonio agrario común y están además asociadas a una zona de clima húmedo, muy diferente al del resto de zonas olivareras de la península Ibérica y del resto de Europa, lo que sitúa a Galicia como la zona olivarera más al occidente de nuestro continente”, afirma Beatriz Suárez, directora del área de Desarrollo Rural de la Fundación Juana de Vega. Destaca que se abre así “un enorme campo de investigación para otros grupos científicos más allá de lo agrícola y de la instalación de pequeñas empresas y explotaciones ligadas al territorio y a áreas geográficas del interior de la Galicia rural más despoblada. Cita Suárez la posibilidad de investigación “en temas relacionados con las humanidades: historia agraria, arqueología, o paisajes agrarios”; un resurgimiento propiciado por el árbol de la vida que se ha resistido a esfumarse de la faz gallega."                        (Cristina Huete, El País, 06/04/22)

28/1/21

A corna de cervo, un anticanceroso tan potente como a quimioterapia

 "O glioblastoma multiforme é un tipo de cancro agresivo que se xera no cerebro e pode ocorrer a calquera idade, aínda que é máis frecuente en adultos maiores. Esta enfermidade provoca dores de cabeza que empeoran, náuseas, vómitos e convulsións, e pode ser moi difícil de tratar; de feito ás veces non se pode curar.

 Segundo datos da Sociedade Americana do Cancro, a taxa relativa de supervivencia a cinco anos entre enfermos de 20 a 44 anos é do 22 %, porcentaxe que se reduce ao 9 % entre os 45 e os 54 anos e ao 6 % entre os 55 e os 64. Agora, un novo estudo científico achega a confirmación dunha potencial solución alternativa ou complementaria á quimioterapia para este tipo de cancro: o extracto de corna de cervo.

 O estudo foi liderado por investigadores do Hospital Universitario de Albacete e da Universidad de Castilla-La Mancha, en colaboración co reputado científico chinés Chunyi Li –experto en bioloxía celular e molecular da corna de cervo en crecemento–, e con participación do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia (CETECA).

Os resultados, din, demostran que o extracto de corna de cervo é un anticanceroso tan potente como a quimioterapia utilizada para tratar o glioblastoma.

Máis detalladamente, co extracto da punta, non da parte media da corna, reduciron a proliferación de dúas liñas celulares de glioblastoma nun 38 % e a formación de colonias nun 84 % (o que podería equipararse á metástase), ademais de inhibir a migración celular nun 39 % e producir outros cambios, que non foron significativos en células sas. 

Tras as probas con cultivos celulares, o seguinte paso é ver se o extracto inxerido ou inxectado logra reducir glioblastomas en modelos de rato. “Isto é particularmente difícil, porque o sistema nervioso está protexido pola barreira hematoencefálica que filtra moitos fármacos e outras moléculas”, sinalan.

Este é o segundo estudo no mundo e o primeiro non asiático que apunta á corna en crecemento dos cervos como fonte de compostos bioactivos que reducen o cancro, xa que esta crece a unha velocidade superior que a enfermidade.

De feito, a corna dos cérvidos é a única estrutura en mamíferos que se rexenera totalmente cada ano e é o tecido de crecemento máis rápido que existe: “De 1 a 4 centímetros por día en lonxitude e crea máis de 20 centímetros cadrados de pel ao día na punta, por onde crece”, explican.

O primeiro estudo apuntou ao potencial do extracto das hastas dos cervos contra o cancro de próstata. Aquel traballo foi liderado, precisamente, polo doutor Chunyi, e foi realizado por científicos chineses e coreanos.

“Tanto en glioblastoma como en cancro de próstata, o extracto produce mortalidade nas liñas celulares de ambos os tipos de cancro, pero é inocuo en liñas celulares sas”, afirman os científicos, que destacan como o cervo desenvolveu xenes supresores de neoplasias malignas (cancerosas) para protexerse.

Este segundo traballo, centrado neste caso no glioblastoma, abre outra fiestra de esperanza para un tratamento do cancro menos agresivo que a quimioterapia. De feito, e tal e como destacan os científicos, “o extracto de corna de cervo non mostrou efectos adversos en comparación co tratamento de quimioterapia con Temozolomida”, o “único fármaco quimioterápico que consegue alongar a vida dos enfermos que desenvolven este tipo tan agresivo de cancro”.

Os científicos van máis aló: “Se o extracto de corna de cervo se utilizase como terapia para o tratamento do glioblastoma en combinación coa Temozolomida, é probable que os factores de crecemento contidos no extracto puidesen beneficiar os tecidos normais circundantes, deteriorados pola toxicidade non específica do tratamento con Temozolomida”.

Aínda que quedan moitos estudos por realizar e financiamento que acadar até chegar aos ensaios con humanos, os investigadores resaltan que estes primeiros resultados “suxiren que o extracto de corna de cervo contén compostos bioactivos con propiedades supresoras de tumores e podería desenvolverse como un fármaco terapéutico valioso para o tratamento do glioblastoma”.

Os resultados destes achados veñen de publicarse na revista científica Nature e están asinados, entre outros, por José Manuel Lorenzo, responsable da área de Tecnoloxía de Produtos, Procesos e Envasado de Alimentos no Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia e profesor asociado na área de Tecnoloxía dos Alimentos da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo no do campus de Ourense."           (Galicia Confidencial, 24/01/21)

24/3/20

A USC fabricará xel desinfectante para combater a crise

"A Universidade de Santiago de Compostela iniciou a produción de xel desinfectante para garantir a subministración e abastecemento ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), tras o encargo da Xunta de Galicia para poder afrontar o coronavirus e ante a falta de materiais dispoñibles.
O xel estase elaborado con base de etanol ou alcol isopropílico, e en total fabricaranse 9.000 litros desta solución hidroalcohólica. O lote será distribuído en 18.000 envases de medio litro nos centros sanitarios que o necesiten. Esta produción realízase grazas á transformación e adaptación da planta piloto do Departamento de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.

A maiores, a institución académica estivo a facer inventario de diversos equipos de protección e desinfección tanto nos laboratorios como nos servizos universitarios dos campus de Lugo e Compostela.

Así, trátase de miles de luvas, máscaras de protección individual, batas, prazas e material para análise que se atopaba en facultades, escolas e centros de investigación, co fin de paliar as carencias en equipos deste tipo que se producen en toda Galicia.

Doutra banda, reorganizouse aos usuarios do servizo de Residencias para ultimar a preparación das instalacións e así polas a disposición do Sergas, en caso de rexistrase algunha necesidade de tipo sanitaria ou hospitalaria."                     (Galicia Confidencial, 23/03/20)

9/7/19

“Son nai e científica e quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela”

"Por mor dun erro de previsión da Xunta de Galiza na convocatoria de bolsas posdoutorais até 34 investigadoras e investigadores que estaban contratados polas tres universidades galegas a través do programa da Xunta I2C quedan no paro. Ademais, este ano o programa penaliza a aqueles investigadores e investigadoras que soliciten baixas por maternidade ou paternidade.

Inés Viana é unha das investigadoras afectadas e, ao igual que as súas compañeiras e compañeiros cos que Sermos Galiza conversou a pasada semana, ve con preocupación o desentendemento da Xunta de Galiza perante esta problemática. Precisamente, o día 1 de xullo unha delegación do grupo de investigadoras e investigadores afectados reuníronse coa Consellaría de Educación para tentar paliar o agravio, mais desde a Xunta, e a pesar da súa responsabilidade, instaron o colectivo afectado a pedir solución ás universidades.

Inés Viana ten 34 anos e unha filla de 14 meses coa que vive en Vigo. Traballa no campo da ecoloxía mariña na UVigo investigando organismos mariños do litoral que constitúen un auténtico bosque do mar. Durante tres anos traballou para distintos centros investigando coa bolsa da Xunta dunha modalidade contractual denominada A

Ao igual que as outras 34 investigadoras e investigadores a súa idea é continuar dous anos máis mediante o contrato B que tamén convoca a Xunta. Porén, esta institución retrasou a convocatoria e como mínimo até novembro non se poderán incorporar algunhas destas persoas á universidade, co cal todos estes meses ficarán no desemprego e sen poder prever se terán a bolsa para poder continuar os seu traballo.

En que afecta a incertidume en que vos deixa a Xunta á túa investigación e á túa actividade académica?

 No meu caso non estou afectada polo paro de 5 meses, senón por desfrutar dun permiso por maternidade. O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando te incorporas. Pero esta paralización supón na realidade unha penalización e unha discriminación fronte as mulleres que somos nais, pois quédome descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá.

De que me sirve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ao paro indefinidamente? É importante facer chegar que en investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional.

Levo traballando en ciencia dende que rematei a carreira hai xa 12 anos, e non quero renunciar ao meu traballo, e non renuncio. Pero eu acollinme o meu dereito de desfrutar do permiso de maternidade, porque penso que teño un compromiso coa miña filla. Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Mais a nivel persoal reformúlome o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos ao meu arredor, co desgaste que iso implica.

Máis da metade das mulleres de 45 anos que non tiveron fillos quixera telos, máis manifestan como un dos principais motivos de non dar o paso as razóns laborais e de conciliación. E parece que teñen razón, pois esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, co coidado dos menores.

Que lle pedirías á túa Universidade e á Xunta de Galiza?

Á Universidade pediríalle que aposte por esta xeración de científicos e que aproveite as ganas que temos de traballar e de facer ciencia nas universidades da Galiza grazas a este programa I2C.

Pediríalle á Xunta que o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección mediante medidas concretas de continuidade na carreira investigadora como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexíbeis de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc.

Estas medidas xa existen en diversas convocatorias estatais e europeas. Eu pediría á Universidade de Vigo e á Xunta de que aposten pola investigación e a conciliación escoitando as persoas.

En que consiste o proxecto de investigación no que traballaches na convocatoria A?

Traballo en ecoloxía mariña. A miña investigación céntrase no impacto dos aportes antropoxénicos de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno ou o mantemento doutros organismos proporcionándolles alimento e protección.

Os aportes extra de nutrientes ao medio, provenientes por exemplo da agricultura ou augas residuais, poden exceder a capacidade de autorregulación do sistema producindo un desequilibrio ecolóxico denominado hipereutrofización, que leva asociados cambios, primeiro a nivel fisiolóxico nos organismos, e despois nas comunidades, como perda de biodiversidade.

Estes impactos do ser humano a nivel rexional, xunto cos cambios a escala global, repercuten nas respostas e no equilibrio destes organismos e do sistema.

En que centros de investigación traballaches estes anos coa bolsa da Xunta e que consideras que achegou a túa estadía ao sistema de investigación galego?

Durante a estadía no estranxeiro coa axuda posdoutoral da Xunta de Galiza estiven no Leibniz Centre for Tropical Marine Research (ZMT) en Bremen (Alemaña) e no Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) en Porto. Anteriormente fixera estadías no Marine Biological Laboratory nos EEUU e no Inter-University Institute for Marine Sciences de Israel.

Nestas estadías aprendín técnicas de análise, deseño experimental e apertura dos meus estudos a un escenario de cambio global do que a Galiza forma parte. Estou a adoptar as ferramentas aprendidas para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas.

Estudar os efectos nos produtores primarios mariños é importante, especialmente na Galiza, que con máis de 1600 km de costa (a máis extensa do territorio nacional) ten parte da súa economía baseada nestas áreas, como o marisqueo ou turismo, o mesmo tempo que concentra a maioría da súa poboación na costa."                       (Entrevista a INÉS VIANA, INVESTIGADORA E NAI, Sermos Galiza, 06/07/19)

10/6/19

Plataforma sanitaria de impresión 3D en Santiago de Compostela

"El Grupo de Investigación de Patología Muscoesquelética del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)  ha presentado  en una reunión celebrada en el  hospital Clínico Universitario de Santiago la Plataforma de Impresión 3D que estará a pleno rendimiento a partir de septiembre de 2019, según informa El Correo Gallego.

Este proyecto multidisciplinar nace con el espíritu de cubrir las necesidades de esta tecnología en los diferentes servicios de la gerencia de xestión integrada de Santiago, y también de otros centros demandantes, según indicaron fuentes hospitalarias.

Entre los ejemplos mostrados en la reunión destacaron el caso de una malformación en una de las arterias coronarias, en la que se realizó la impresión 3D para programar el intervencionismo cardíaco. Y también la impresión de una fractura compleja de pelvis que con el uso de la herramienta se consigue adiestrar correctamente el abordaje quirúrgico.

A través del IDIS, esta plataforma "estará aberta a otros grupos de investigación, así como a otros institutos, universidades o centros sanitarios", indica el doctor Rodolfo Gómez Bahamonde, responsable del grupo de Patología Muscoesquelética del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que es quien lidera el proyecto.


En la jornada, el doctor Rodolfo Gómez junto al doctor Alberto Jorge Mora, traumatólogo y experto en la aplicación de la impresión 3D en la cirugía ortopédica y traumatológica, presentaron la plataforma, acompañados por el doctor Alfredo Redondo Diéguez, del servicio de Cardiología, y tambien experto en esta técnica en el área de la cardiología intervencionista.

Además de presentar el proyecto, el doctor Redondo mostró excepcionales modelos de sistema cardiovascular para intervenciones de hemodinámica que ya se pueden imprimir con la tecnología presente en la plataforma. Por otra parte, el doctor Jorge, expuso diversos casos clínicos y dejó patente las ventajas que aportaría la implantación de esta tecnología en la práctica clínica cotidiana.
La plataforma multidisciplinar está formada por investigadores del IDIS e investigadores clínicos de Cardiología, Traumatología y Cirugía Plástica.

Este proyecto contó desde los inicios con el apoyo e impulso de jefe del servicio de Traumatología del CHUS, el doctor José Ramón Caeiro Rey."                  (Imprimalia, 24/05/19)

21/5/19

Os "martes negros" dos investigadores da USC

"A Asemblea de Investigadoras de Compostela naceu para tentar solucionar problemáticas do colectivo predoutoral, pero pronto trascendeu como plataforma que ablangue todos os colectivos da investigación. Nestes últimos meses cobraron moita trascendencia grazas a campañas como os "Martes Negros", inspirados nos "Venres Negros" de Defende a Galega.

Durante os últimos anos foron habituais grandes mobilizacións de eido estudantil, dende as multitudinarias protestas contra a LOMCE en Ensino Medio, como a nivel universitario. Exemplo paradogmático foi unha histórica manifestación en Santiago de Compostela no 2017 que ateigou a Praza de Quintana ao nivel das grandes mobilizacións galegas.

Nese contexto nace a Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), que botou a andar nese curso -o 2016/2017- “por uns cambios de códigos no contrato para o colectivo predoutoral”, explica Alejandro Vilar, doutorando en Física de partículas. A partir de aí, déuselle continuidade ao espazo para reivindicar as problemáticas comúns “de todo o colectivo investigador”. Susana Mallo, investigadora de Psicoloxía indica que a Asemblea está aberta a “calquera persoa”, reivindicando o seu carácter aberto como organización.

Aínda que as accións máis vistosas da AIC concéntranse nos últimos meses, a súa actividade é moito máis antiga. “Por exemplo o ano pasado reunímonos coa Secretaría Xeral da Universidade para tratar o tema das axudas predoutorais, onde había unha serie de irregularidades incluso na propia convocatoria. Tamén reivindicamos a apertura de cursos de innovación docente ao noso colectivo e estamos satisfeitos porque a Universidade está dando pasos para solucionar o problema”, sinala Vilar.

UN COLECTIVO COMPLEXO

Dentro do colectivo predoutoral, tal e como se encargan de sinalar os membros da AIC, hai diferentes subcolectivos. Existen persoas que investigan por proxectos e outros a partir de axudas públicas, que poden vir tanto da Xunta como do Goberno Central. O segundo grupo “está a cobrar menos e non está a poder acceder aos aumentos salariais que ten previsto á USC para os seus traballadores e non tiñan dereito a indemnización por final de contrato”.

Fala en pasado porque fai unhas semanas o TSXG sentou xurisprudencia sobre que, efectivamente, si que é un dereito que ten o seu colectivo,

Ademais, hai un terceiro sector: aqueles non teñen contrato e que en palabras de Vilar: “viven condicións moi precarias”. Mallo sinala que a USC entende que estas persoas están a “traballar gratis porque os considera estudantes, pero realmente non o son porque están a facer unha produción científica que lle conta á USC a todos os niveis como se viñera doutra calquera outra fonte”.

O reclamo destas reivindicacións tivo o seu cumio o 28 de febreiro cando se organizou en fronte de reitoría unha concentración multitudinaria. Ademais, todos as semanas levan a cabo os “Martes Negros”, onde van vestidos cunha camiseta dese cor na que se pode ler “Por unha USC digna” e que admiten que tivo unha clara inspiración nos Venres Negros de Defende a Galega.

O seu obxectivo con esta campaña era pretender que a comunidade universitaria fose consciente da situación pola que pasan os investigadores “e iso pensamos que o conseguimos”, sinala Vilar. Actualmente levan vendidas unhas 300 camisetas que “a nivel Compostela é un número moi alto” e teñen intención de continuar coa iniciativa.

“A ACTITUDE DA UNIVERSIDADE É DECEPCIONANTE”

Os membros da AIC cualifican os movementos para solucionar a situación por parte da USC como “moi deficientes”. Vilar é moi crítico coa actitude da universidade: “Todas as reunións que puidemos ter coa Xerencia da Universidade non se materializaron e ningunha proposta pola súa parte, cousa á que se comprometeron. Xa pasaron dous meses dende a última reunión e nin nós nin os sindicatos sabemos nada”.

“Ademais, hai actitudes canto menos decepcionantes”, continúa Vilar. “Tras a resolución do TSXG sobre a indemnización de despido, recorrérona ao Supremo. Iso non é tentar solucionar as cousas, é ter vontade de poñer atrancos”, asevera. “A USC alega que non hai cartos, pero tampouco lle vemos ningunha estratexia para modificar esa ausencia”, observa Mallo. Ademais, sinalan que ata o ano 2016, si que se pagaban con cartos provenientes integramente da Universidade.

Tamén denuncian que a USC non está a cumprir con outras obrigacións, como o Estatuto de Persoal Investigador en Formación, aprobado polo Goberno Central a modo de Real Decreto en marzo.

Dende a AIC consideran que non acada as súas demandas pero que “mellora un pouco a situación, como por exemplo un aumento de soldo nos últimos anos do contrato predoutoral que non se está a cumprir a día de hoxe. Isto xa é ir contra lei, é gravísimo”. Se isto segue así consideran a posibilidade de artellar accións a nivel estatal con outras universidades na mesma situación.

APOIO DOUTROS SECTORES

Pódese observar un apoio á AIC dende sectores alleos ao seu campo. Para Mallo, “hai moia xente que se está a dar conta de que temos unha situación moito máis precaria do que eles tiñan en mente”. Vilar apunta que “aínda que non fose un colectivo moi representado na mobilización” teñen “unha certa simpatía” de gran parte do colectivo docente dentro da USC porque “son conscientes do que está a pasar”.

Tamén se sumou dun xeito moi notable o alumnado da universidade e non é nada estraño atoparse persoas coa camiseta dos Martes Negros por calquera esquina de Compostela. Un deles é Bruno Arias, estudante de Comunicación Audiovisual. “Nos últimos meses asistimos a unha avalancha de apoio dende todas as esferas do estudantil. Puiden ver a moita xente diante do reitorado que nunca asociaría a ese tipo de mobilizacións”.

Arias entende que isto ven motivado porque a AIC “reivindica dereitos laborais básicos”. Ademais, considera que é moito máis grave ao tratarse da Universidade pública, un órgano que para el “debería ser vangarda cultural e intelectual do noso país”. En síntese, para el demostra o “importante que é organizarse e crear comunidade” en torno ás problemáticas que acontezan e que a maior ensinanza que deixa a Asemblea de Investigadoras é como “as cousas poden funcionar máis aló de intereses partidistas”.

A Asemblea tamén logrou tamén o apoio dos diferente sindicatos. “Isto é moi relevante porque se non, a USC negábase a establecer unha mesa de negociación sobre o tema, e soamente puidemos ir e expoñer o noso problema, porque os sindicatos o consideraron necesario”, sinala Vilar. Pola súa banda, Mallo agradece o apoio de todos os colectivos e sinala que todo isto “axuda a lograr cada vez máis presión” para poder satisfacer as súas reclamacións."                        (Brais Nogueira, Galicia confidencial, 18/05/19)

26/4/19

La Xunta confirma que financiará el edificio final de la Cidade da Cultura con fondos de I+D universitario

"Qué buena forma de finalizar la Cidade da Cultura en el Lunes de Pasión; una forma muy interesante y muy anecdótica de cómo ponemos el broche final a esta obra compleja". El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresaba el pasado lunes de este modo su satisfacción en la firma del convenio para trasladar el Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), dependiente del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a la nueva y -a priori- última construcción del Gaiás, el edificio Fontán.

La instalación del Incipit en el compostelano monte Gaiás supone el enésimo giro del proyecto iniciado hace ahora veinte años y que en la última década fue mudando de contenedor sin contenido a un complejo a medio camino entre el expositivo, el administrativo y el tecnológico. 

La llegada a la Cidade da Cultura de este organismo del CSIC no estaba prevista cuando, a mediados de 2018, el propio Feijóo anunció la construcción del edificio Fontán para acoger diversas instalaciones de las tres universidades. Tampoco cuando, tras la moción de censura, el presidente gallego reclamó a Pedro Sánchez fondos para el edificio, que ahora llegan. 

Y tampoco cuando, el pasado verano, la Consellería de Cultura -aún como Consellería de Cultura e Educación- firmó con la Fundación Cidade da Cultura el convenio para financiar su construcción, documento que ratifica que los fondos saldrán de las partidas de investigación universitaria.


Las obras del nuevo edificio, encomendadas a una de las empresas que iba a construir el teatro inicialmente previsto en este emplazamiento, fueron adjudicadas por 14,7 millones de euros. Pero la Xunta había reservado hasta 17 millones para esta finalidad. Así lo especifica en dicho convenio, en el que detalla cómo irán saliendo fondos de las partidas de investigación universitaria de los Presupuestos Generales de la Xunta hacia la Fundación Cidade da Cultura hasta 2021.

El convenio, firmado el 4 de julio de 2018, estipulaba que en ese mismo año saldrían del presupuesto de I+D universitario los primeros 700.000 euros y así sucedió apenas dos semanas después. Para este año la previsión es aportar 3,5 millones -2,5 ya están incluidos en los Presupuestos Generales vigentes-, para 2020 se reservan hasta 8,3 millones y en 2021 la previsión es de 4,5. Así hasta llegar hasta 16,99 millones.

En total, casi 17 millones de euros que la Xunta preveía mantener reservados para esta finalidad aunque, como sucedió, la adjudicación del contrato fuese por un importe menor, para afrontar así eventuales sobrecostos por "posibles modificaciones del proyecto" -la Cidade da Cultura acumula un largo historial de sobrecostos-. También posibles gastos de mobiliario y equipación.

Aún así, ahora los montantes finales se van a reducir" en 2,4 millones, los que ponen el CSIC por ocupar una "quinta parte de la superficie útil del edificio". Luego, en principio, la aportación autonómica procedente de partidas de investigación universitaria -tanto del plan de financiación de las universidades como de fondos propios de la Xunta- rondará los 15 millones.

Antes de llegar a este acuerdo con la entidad científica estatal, los planes del Gobierno gallego acordados por "unanimidad" con las universidades de A Coruña, Santiago y Vigo ya pasaban por instalar en el nuevo edificio un centro de "investigación de calidad en los campos de las Humanidades y Ciencias Sociales", denominado "provisionalmente" como "Centro Europeo de Investigación de Paisajes Culturales" y "destinado, entre otros objetivos, al impulso del Camino de Santiago".

Junto a la nueva incorporación Cultura prevé que estén las sedes de la ya existente Agencia para la Calidad del Sistema Universitario y del "nuevo Consorcio Interuniversitario de Galicia". El convenio inicial también contemplaba, sin especificar más, "explorar la posibilidad de reubicar" allí el Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

La documentación del proyecto justifica la oportunidad de construir el edificio Fontán, no contemplado en el proyecto original de Peter Eisenman aprobado por la Xunta hace ahora veinte años, porque "permite solventar los efectos negativos del impacto visual" que causa el agujero en el que iba a estar el teatro de la ópera nunca construido. "Se consigue así una armonía paisajística (...) y una percepción en el visitante de un proyecto completo y no en constante construcción", concluye la memoria justificativa del convenio. Sólo en obras, la Xunta ha previsto destinar al Gaiás un montante total de 27 millones de euros hasta 2021."                    (David Lombao, eldiario.es, 20/04/19)

5/3/19

Martes negros por unha carreira de investigación digna

"O calendario semanal galego suma máis un día de loito. Aos venres negros da TVG únense os martes negros convocados pola Asemblea de Investigadoras da USC (AIC). O colectivo reclama a fin da fenda salarial que sofre parte do persoal docente e investigador, a equiparación dos diferentes contratos do persoal predoutural e o remate da precarización deste sector.

Arancha Nogueira é investigadora predoutural pola facultade de Filoloxía. “Eu recibín unha bolsa da Xunta de Galicia que me permitiu asinar un contrato de tres anos coa USC. Este contrato ten como finalidade principal que eu faga a miña tese, pero conleva unha serie de obrigas xunto a esta, das que normalmente as universidades se aproveitan.

 Unha é a docencia. Partindo da base de que ás bolseiras nos toca o que o resto do profesorado non quere, no caso do meu departamento esta docencia asignase ao chou, non ten que ver coa liña da miña investigación. Iso repercute en nós (o persoal investigador), que temos que pasar moito tempo preparando as aulas, pero tamén no alumnado, que recibe unha docencia con menor calidade”.

O caso de Arancha podería ser paradigmático de moitos outros no eido dos investigadores predoutorais. Un eido confuso, no cal é doado perderse entre súas as múltiples variables contratuais. “Hai moito descoñecemento. 

Un dos principais problemas cando empezas unha carreira investigadora é que non sabes o que vas atopar”, sinala Aldara Cidrás. Ela e máis Valeria González son investigadoras predoutorais e forman parte da AIC. “A asemblea é un espazo de debate e defensa dos dereitos do colectivo de investigación da USC, isto engloba ao persoal de investigación, de xestión e técnico”, engade Valeria.

Un convenio para rematar coa desigualdade contratual

A desigualdade na carreira investigadora comeza no propio casilleiro de saída. Existen distintas posibilidades para as persoas que desexan realizar unha tese de doutoramento: por unha banda, as bolsas convocadas pola Xunta de Galicia e, pola outra, as convocadas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e denominadas FPU e FPI. En todos os casos a relación contratual é coa universidade, mais a duración dos contratos é diferente: tres anos para as persoas cunha bolsa da Xunta e catro para as beneficiarias dunha FPU ou FPI.

As diferencias van máis alá. “No caso das FPU ti podes solicitalas antes de estar matriculado no doutoramento, e polo tanto saber se vas ter unha estabilidade laboral ou non. No caso da Xunta é obrigatorio estar matriculado para solicitar a bolsa”, di Aldara. A Xunta, non obstante, inclúe nas súas partidas unha destinada as estadías no estranxeiro que realizan os investigadores, algo que non fai o Ministerio. 

“Tes que participar nunha convocatoria aparte, e o número de estadías que se conceden é moi inferior ao número de persoas solicitantes”, explica Valeria. “Queremos unha unificación deste tipo de contratos. Estamos a realizar o mesmo labor, por que se nos trata de forma diferente?”, incide a súa compañeira. “Tampouco temos un convenio propio”, continúa Aldara, “Precarios, a organización que actúa a nivel estatal, está mantendo esa loita co Ministerio por un convenio que fixe os dereitos do persoal predoutoral”.

As diferencias son máis acusadas cando se compara a situación deste colectivo coa doutros do persoal docente e investigador da USC. “Actualmente a nosa bandeira é a equiparación salarial”, sinala Aldara. Denuncia que a parte do persoal investigador está a cobrar por debaixo do salario mínimo, ao non ser beneficiario das recentes subas salariais. Por exemplo, unha persoa cun contrato FPU ou FPI percibe actualmente 1.173€ mensuais, setenta menos do que debería segundo a táboa laboral actualizada, 1.244,91€. Ao ano, isto significaría unha perda de 1.000€.

Trasladadas as reclamacións á xerencia da USC, a resposta foi a falta de fondos para cubrir a diferencia salarial. “Os nosos contratos están integramente cubertos polas axudas da Xunta e do Ministerio, tamén cobren a seguridade social”, explica Valeria. A maiores, tras unha petición realizada pola AIC ante a Valedora do Pobo, o colectivo foi informado de que a USC recibía 1,3 millóns de euros da Xunta “pola captación de talento investigador”. “Queremos saber a onde se está destinando esa partida orzamentaria”, reclaman as dúas investigadoras.

A precariedade na docencia

Na carreira investigadora, en cada final de etapa agarda un novo contrato por unha serie de anos. O predoutoral, o posdoutoral, as bolsas concedidas aos equipos de investigación universitarios e un longo etc. A posible meta, o posto de profesor ou profesora titular nalgunha facultade, é hoxe practicamente inalcanzable. 

Namentres, os investigadores tratan de acumular todos os méritos posibles. Isto implica non só a propia tese, senón as estadías no estranxeiro, a redacción de artigos para publicacións de prestixio ou as horas de docencia.

Outra das diferencias entre contratos predoutorais que acusa a AIC son as horas de docencia: 240 no caso das FPU, 120 no caso das FPI e 60 no das bolsas da Xunta de Galicia (xa que o contrato ten unha duración menor). Na actualidade, estas horas de docencia son empregadas pola universidade para cubrir as fendas que deixa a falta de reposición do profesorado. 

Manuel Magán é investigador FPU: “O alumnado fala de tres ou catro predocs nun mesmo ano dando aulas”. “Actualmente o Ministerio e a Xunta poñen máis cartos para contratar predocs, ti non tes por que dar as horas de docencia, pero somos cada vez máis, e para que ti podas competir no futuro, por méritos, o mellor é que as deas”. Aliméntase así unha dinámica competitiva entre o persoal predoutural."                         (Raquel C. Pérez, El Salto, 25/02/19)

16/11/18

O Oceanográfico de Vigo confirma que deu reproducido o polbo en catividade

"Adiantárao o xornal científico GCiencia e o Instituto Español de Oceanografía vén de confirmalo. Un equipo do Oceanográfico de Vigo vén de lograr, en colaboración con outro de Tenerife, a reprodución do polbo en catividade. Ou, o que é o mesmo, veñen de ratificar o "fito científico" que, agora si, abre as portas á cría en piscifactoría do cefalópodo en plena alerta pola súa escaseza mentres a demanda segue a medrar, co consecuente incremento dos prezos.

O IEO explica que, tras "vinte anos de investigacións" sobre o cultivo do polbo común (octopus vulgaris), agora foron capaces de achar "novas técnicas de cultivo e alimentación consistentes no crecemento das larvas cunha metodoloxía máis rendible e replicable" que todas as utilizadas ata o momento. Durante anos, a supervivencia dos exemplares era moi escasa, case nula.

"O polbo -explica a institución científica- ten un ciclo curto de vida, pero con potencial de crecemento" e isto "convérteo nunha especie idónea para o seu cultivo e desenvolvemento en catividade". No entanto, ata agora non era posible reproducilo. Así e todo, a enorme demanda a nivel global "provocou un incremento da súa pesca" e, ao tempo, "o incremento de estudos e investigacións" para crialo. "Este feito, xunto ao seu elevado prezo no mercado, fai que sexa un excelente candidato para a diversificación da acuicultura.

Ata acadar este fito o equipo científico centrouse en cada unha das fases do desenvolvemento do polbo: ovos, paralarvas, xuvenís e adultos. "Os ensaios realizados no IESO melloran os resultados obtidos ata agora no cultivo larvario e lograron obter xuvenís, cos cales iniciar a fase de engorde ata chegar a adultos. As fases futuras da investigación van ser desenvolvidas sobre a base dun contrato do IEO con Nueva Pescanova, "polo que esta empresa ten unha opción preferente de licenza da patente do IEO sobre estas investigacións".

Segundo o instituto, "ambas institucións teñen interese en pechar o ciclo en catividade a nivel comercial do polbo común. É por iso que equipos públicos e privados traballarán conxuntamente para tentaren que o polbo de acuilcultura poida ser unah realidade en, aproximadamente, media década."                     (Praza Pública, 08/11/18)

20/7/18

Comeza o transvasamento de fondos de I+D das universidades para construír o novo edificio do Gaiás


 Cinco anos despois da paralización das obras que supuxo desbotar a construción dun Teatro da Ópera e tras o gasto duns 300 millóns de euros en obras -tres veces máis do previsto inicialmente-, Alberto Núñez Feijóo anunciaba que sobre os cimentos do que ía ser o teatro será erguido o chamado Edificio Fontán, unha sede para diversos organismos universitarios que custará 17 millóns de euros.

 Poucos días despois, o 11 de xuño, a Xunta puxo en marcha o transvasamento de fondos de I+D+i das universidades para comezar a financiar as obras.

Na explicación do que definira como un exercicio de "sentidiño económico" Feijóo xa anunciara a previsión de pagar este edificio con fondos propios do Goberno galego e tamén con cartos que xa estaba previsto destinar ás universidades. Isto é, con fondos do Plan de Financiamento destas institucións académicas. 

Segundo a operación tramitada pola Consellería de Educación o pasado xuño os primeiros 700.000 euros sairán, concretamente, do apartado dese plan de financiamento destinado ao "fomento da I+D+i", unha primeira inxección de 700.000 euros -a Consellería prevé que teñan esta orixe ata 2,5 millóns- que se xustifican no expediente alegando que o seu obxectivo é "impulsar un complexo de I+D+i do Sistema Universitario Galego", isto é, o devandito edificio do Gaiás.

 Estes fondos foron recolocados no orzamento de gastos da Fundación Cidade da Cultura dentro do epígrafe "construcións en curso" e coinciden exactamente co diñeiro que, segundo o procedemento de contratación das obras, a Xunta prevé gastar no proxecto durante este 2018.  

Este cronograma proxecta que en 2019 os gastos ascendan a 3,5 millóns, que en 2020 a anualidade sexa de 8,3 millóns e en 2021, de 4,5 millóns máis. Así, ata chegar aos 17 millóns de euros previstos. Na documentación non hai referencia ningunha a posible financiamento estatal, que Feijóo suxeriu na súa presentación pero que nin mencionou na súa xuntanza desta semana con Pedro Sánchez.

Na documentación do proxecto inclúense abondosas explicacións do arquitecto Andrés Perea, deseñador do edificio que xa ocupara a dirección das obras das primeiras construcións no Gaiás. Perea, que na comisión de investigación sobre as obras gabara a Cidade da Cultura como "obra mestra moi traballada" e "dunha coherencia insólita", xustifica agora que o edificio non previsto no proxecto inicial de Peter Eisenman encaixará sen problemas no monte.

 Esta actuación na Cidade da Cultura, di a documentación, "responde a un tempo maxistral na obra" do arquitecto estadounidense e foi "resultado dunha empresa política eficiente na que foron convocadas as empresas, oficios e técnicos galegos". "A coherencia do proposto polo arquitecto americano e o construído é (...) incuestionable" e este novo edificio, asegura, engade "significado ao construído".

"Un proxecto neste lugar remedando o imaxinario de Peter Eisenman -detalla- resultaría patético e inadecuado" e mesmo podería "incorrer en vulneración dos dereitos de propiedade intelectual". No entanto, este novo deseño "comprometido co seu tempo" será "un proxecto que aterra, case ingrávido, no contexto matérico e inmoble da obra de Eisenman, sen nostalxias nin retóricas" e vaise "integrar" sen "mimetizarse cos edificios existentes".       (David Lombao, Praza Pública, 18/07/18)

26/9/17

Científicos da Coruña desenvolven a memoria a longo prazo dun robot

"As arquitecturas cognitivas constitúen o substrato de todas as funcionalidades cognitivas como a percepción, a atención, a selección de accións, a aprendizaxe, o razoamento, etc. Desenvolver unha arquitectura cognitiva para un robot autónomo é unha tarefa moi complexa na que están traballando expertos en robótica e intelixencia artificial de todo o mundo.
 Na Universidade da Coruña, o Grupo Integrado de Ingeniería (GII) leva desde o ano 2000 centrado nesta liña a través dun mecanismo cognitivo darwinista que deu lugar a numerosas publicacións en revistas científicas e actas de congresos internacionais ao longo destes anos. 
Este xoves, o GII presenta os seus "prometedores" avances no desenvolvemento dunha memoria a longo prazo en robots, no marco da sétima edición do IWINAC, un congreso sobre intelixencia artificial e computación organizado pola Uned e a Universidad Politécnica de Cartagena, e que conta coa colaboración da Universidade da Coruña.

Neste encontro, que se celebra no hotel Meliá María Pita da Coruña entre o 19 e o 23 de xuño, o GII do Campus de Ferrol, que coordina o profesor Richard J. Duro, presenta os seus avances no desenvolvemento dunha memoria a longo prazo nun robot Baxter, recollidos no seu traballo 'Multilevel Darwinist Brain: Context Nodes in a Network Memory Inspired Long Term Memory', artigo asinado por Duro, José A. Becerra, Juan Monroy e Luis Calvo.

CEREBRO DARWINISTA MULTINIVEL

O traballo parte do chamado MDB ou Multilevel Darwinist Brain (Cerebro Darwinista Multinivel), un mecanismo que se estrutura en dúas escalas de funcionamento, unha en tempo real encargada de seleccionar a acción que o robot debe aplicar en función das súas motivacións, e outro en tempo de aprendizaxe na que se obteñen modelos que permiten realizar a selección de accións de forma interna ao mecanismo.
 Cada unha destas escalas leva asociados diversos procesos complexos, que deron lugar a numerosas subliñas. Por unha banda, a aprendizaxe dos modelos depende das mostras reais que o robot adquire na súa interacción co mundo, polo que se tivo que desenvolver unha técnica de aprendizaxe que permita a aprendizaxe en tempo real. Esta é unha das características orixinais do MDB, xa que se utilizan algoritmos evolutivos para a aprendizaxe dos modelos. 
En concreto, desenvolveuse un novo algoritmo evolutivo, o PBGA (Promoter Based Genetic Algorithm), que obtén a estrutura e os parámetros dunha rede de neuronas de forma automática a partir das mostras almacenadas nunha memoria a curto prazo. Outro dos elementos básicos que se desenvolveron é o sistema de memorias, baseado nunha memoria a curto prazo e outra a longo prazo, que almacena os modelos que resultaron satisfactorios na súa aplicación real para ser utilizados no futuro.

En canto á escala de tempo real, desenvolveuse un proceso de obtención de comportamentos en tempo de aprendizaxe que son transferidos a esta escala. Este concepto xeneraliza a simple selección de accións e dota de moita máis xeneralidade ao MDB. Os comportamentos son almacenados tamén na memoria a longo prazo para ser reutilizados de forma directa se o robot se atopase de novo cunha situación xa aprendida.

O MDB foi aplicado con éxito en diversas tarefas de aprendizaxe con robots reais, tales como o Hermes II, o Pioneer 2 ou o AIBO. En todas elas a énfase estaba na capacidade do mecanismo para aprender en tempo real de forma autónoma a partir da súa experiencia ou da súa interacción cun profesor. Ademais, realizáronse experimentos de reutilización autónoma da información aprendida e de adaptación en tempo real a cambios na contorna.

MEMORIA A LONGO PRAZO

Agora, o GII presenta na Coruña novidosos resultados aplicados a un robot Baxter. En concreto, o novo traballo presenta os avances actuais na introdución do concepto de memoria de rede dentro da estrutura de memoria a longo prazo no Cerebro Darwinista Multinivel. En particular, trátase da introdución do concepto de nodos contextuais e dos experimentos iniciais realizados para demostrar a súa efectividade.

Os propios autores do experimento explican que non buscaban "producir unha arquitectura bioloxicamente plausible, senón máis ben bioloxicamente inspirada". Partindo desta idea, crearon unha nova estrutura de memoria a longo prazo que "vai máis aló do simple almacenamento de elementos de coñecemento do MDB que tiveron éxito".

"Basicamente, a idea é que cada vez que se obtén unha recompensa, non é unha mala idea lembrar de maneira relativamente permanente o contexto no que isto ocorreu", explican os científicos da UDC. Así, "os nodos contextuais representan recordos de eventos relevantes que están relacionados na memoria a longo prazo". Este sistema de nodos contextuais permite ao robot elixir ou activar directamente unha serie de accións co fin de obter unha recompensa ou reproducir o evento relevante en calquera caso cando sexa posible.

Esta nova implementación desenvolvida polos científicos do GII baséase nas ideas das redes de memoria do neurocientífico Joaquim Fuster, un dos pioneiros en propoñer que a memoria xorde da interconexión da gran rede que é o cerebro.

O EXPERIMENTO

Mesturando os conceptos de Fuster coa idea dos nodos contextuais e os avances realizados sobre o Cerebro Darwinista Multinivel, os investigadores da UDC aplicaron realizaron un experimento utilizando un robot Baxter. "Os resultados foron moi prometedores", avanzan.

O que fixeron foi colocar o robot nun espazo de traballo onde había dous colectores, un cun buraco redondo e outro cun buraco cadrado, ademais de dous obxectos: un cubo e un cilindro, con luces de cores na parte superior (vermello e azul). O cubo encaixa no buraco cadrado e o cilindro no redondo. O robot Baxter, que ve a través dunha cámara incorporada, pode agarrar calquera dos dous obxectos e pode movelos a calquera lugar ao seu alcance, incluíndo a opción de poñelos nun dos buracos.
 Con todo, o sistema perceptivo do robot só detecta a luz coloreada enriba de cada obxecto, non detecta a forma. Isto implica que a única maneira en que o robot ten que distinguir unha forma da outra é a través da luz coloreada sobre ela. 
Usando esta configuración básica, os científicos construíron un experimento que implica dous tipos de mundos e dous tipos de tarefas (segundo o definido polos seus obxectivos). Nun mundo, os cilindros teñen unha luz vermella na parte superior e os cubos, unha luz azul. No outro mundo, a asignación de luces está investida (os cilindros son azuis e os cubos vermellos). 
En canto aos obxectivos, hai dúas situacións posibles: a recompensa obtense cando un buraco (a pantalla na escena indica cal buraco) está cheo coa forma correcta ou a recompensa obtense cando todos os buracos están baleiros. O estado inicial pode implicar que algún dos buracos teña o obxecto incorrecto introducido, o que implica sacalo antes de poder poñer o outro dentro.

Con este experimento simple pódese coñecer de antemán todas as posibles combinacións de cousas que deberían conducir á creación de nodos contextuais, é dicir, todos os eventos relevantes. En termos de metas e mundos, hai catro combinacións. Para cada un destes casos, hai seis situacións relevantes, o que leva a un total de 24 nodos contextuais que deben obterse a través da interacción cos diferentes mundos con diferentes obxectivos. 
Os científicos asumen que o robot non estará a interactuar continuamente con ningún mundo (cambiarán aleatoriamente) e que o seu obxectivo cambiará despois dun número aleatorio de interaccións. Isto implica que, de feito, o robot terá que aprender a lograr a máxima recompensa concurrentemente nas catro situacións. Ao principio, o robot está a realizar un proceso de proba e erro.
 Está a cometer erros que lle permiten atopar os eventos relevantes. Despois de 70 interaccións co mundo, o robot xa aprendeu algúns nodos contextuais, e cando as situacións asociadas xorden, o robot elixe directamente a regra correcta. A exploración está a ocorrer soamente con respecto ás que non aprendeu aínda. 
Despois de 167 interaccións, o robot aprendeu todos os eventos relevantes posibles no ambiente e, por tanto, cando se enfronta con calquera estado en calquera das catro combinacións, elixe directamente a correcta. O proceso, segundo os autores do experimento, foi "bastante eficiente e non levou moito tempo".

En resumo, o que presentan este xoves na Coruña os científicos do GII é un novo sistema que mellora a aprendizaxe a longo prazo, o recordo de eventos pasados e, en consecuencia, que fai más eficiente a operación dun robot en tempo real." (Galicia Confidencial, 22/06/17)

7/9/17

“Moitos investigadores abandonan ante os atrasos das bolsas da Xunta”. Esta situación fomenta o abandono de moitas persoas que inician os seus estudos de doutoramento

"A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) critica os “os continuos retrasos que se están a producir na convocatoria das Axudas de apoio á etapa predoutoral por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia”. 

Segundo os datos recompilados polos licenciados, os mozos deben agardar até 10 meses non só para cobrar, senón para saber se lograron a bolsa. “Esta situación fomenta o abandono de moitas persoas que inician os seus estudos de doutoramento e tamén a súa precariedade, xa que nalgúns casos teñen que agardar un ano sen ningún tipo de recurso antes de poder sequera optar ás Axudas de apoio á etapa predoutoral debido aos continuos retrasos e aos erros de calendario que sistematicamente perxudican ás investigadoras e investigadores predoutorais”, explican nun comunicado.

Segundo explicou a GC Adrián Dios, un dos voceiros deste colectivo, este problema dáse en toda Galicia, porque son as bolsas que son da Xunta, e non afecta só aos investigadores da USC.
Dios asegura que “tivemos varias conversas coa Universidade e non se nos deu demasiada resposta”; polo que finalmente deron o paso de facer pública a súa protesta. 

Tedes constancia que a raíz destes atrasos hai investigadores que abanadonaron a carreira ou emigraron? “Moitísimos casos”, responde Dios a esta interpelación, aínda que sinala tamén que este é só un dos problemas que está a lastrar o I+D no país. 

O investigador apunta que “hai moitos  investigadores que teñen que agardar un ano para solicitar a bolsa, igual teñen que agardar todo o primeiro curso para poder solicitar a axuda, logo está por ver se cha dan ou non”. Segundo o seu relato, é frecuente que os mozos se matriculen en setembro e non dispoñan da bolsa até maio do ano seguinte, co curso preto da súa fin. 

Dios tamén explica que polo menos nunha ocasión a Xunta publicou a convocatoria das axudas en agosto, impedindo que se poidesen presentar os alumnos que finalizan o seu traballo fin de mestrado en setembro, que son o 90%.

A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC), asociación que agrupa máis de 200 investigadoras e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Compostela, constituíuse este ano. 

Na súa opinión, Educación non pode alegar que se trata só dunha cuestión burocrática; pois isto “ non é casual, senón que responde á estratexia da Xunta de Galicia para recortar recursos ao ensino e á investigación, nunha estratexia de aforro onde investimentos fundamentais para o desenvolvemento económico de Galiza”.

GC pediu o punto de vista de Educación sobre esta denuncia pública, sen resposta polo de agora. (...)"               (Galicia Confidencial, 18/07/17)

5/6/17

A sonda construída polo alumnado de tres institutos chegou aos 33.000 metros

"Chegou o día. Despois de dous aprazamentos por mor das condicións meteorolóxicas adversas (nomeadamente os fortes ventos), por fin este martes puido lanzarse ao espazo o Marumasat II, a sonda construída polos alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo (Ordes), o IES Miraflores (Oleiros) e o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), agrupados na Axencia Espacial Escolar Galega (a NOSA).     (Ver vídeo)

Ante un gran numero de alumnos e alumnas, mestres e mestras e medios de comunicación, reunidos no IES Maruxa Mallo (Ordes), o aparello elevouse ata o ceo grazas a un gran globo de helio, que fixo que a sonda acadase os 33 mil metros de altura, caendo tres horas e media despois no lugar de Puxallos (Lalín), preto do lugar previsto.

 Alí a sonda foi recollida por un equipo integrado por alumnos e alumnas dos tres centros, que comprobaron que conservaba a súa integridade e que os equipos que transportaba se atopaban en boas condicións (pódese ver aquí o vídeo gravado no momento da súa recuperación).

A sonda gravou imaxes durante o seu ascenso, ao igual que xa fixera na experiencia levada a cabo o pasado ano. Ademais, o proxecto desenvolvido polo alumnado dos tres centros buscaba recoller información sobre a capa de ozono a través da ferramenta integrada Datalogger ozono. Ademais, na sonda viaxaron tamén sementes de fabas, miñocas e unha mostra de saliva, cos que os rapaces e rapazas realizarán experimentos científicos nos vindeiros días.

Segunda experiencia con éxito

Xa o pasado ano os alumnos e alumnas de 3º de ESO do ordense IES Maruxa Mallo levaron a cabo -coa colaboración de Meteogalicia- un primeiro lanzamento do MarumaSat. A iniciativa fora impulsada por tres mestres do centro: Raquel Rendo (profesora de Tecnoloxía), Xosé Díaz (de Matemáticas) e Xosé Manuel Fernández (de Lingua Galega).

 Neste curso Raquel Rendo dá clases en Oleiros e Xosé Díaz en Vila de Cruces. Isto, lonxe de impedir a continuidade do proxecto, fixo que se ampliase, implicando tamén a estes dous centros e permitindo o traballo conxunto entre o alumnado dos tres institutos, que conformaron a Axencia Espacial Escolar.

Hai unhas semanas falabamos con Sara Castro, alumna do IES de Ordes, unha das responsables do grupo de Comunicación do proxecto. Castro destacaba o valor formativo desta actividade, non só pola aprendizaxe concreta na construción da sonda e do proceso que levará ao seu ascenso á estratosfera (na que as ciencias e as matemáticas son fundamentais), senón pola experiencia de traballo práctico e de traballo en equipo: 

"Estudar nun instituto non é só memorizar textos ou facer exames. Con este tipo de proxectos prácticos aprendemos moitas máis cousas. Son iniciativas que espertan a nosa creatividade e axudan a saber traballar en equipo. Axudan a xente, ademais, a descubrir o que lles gusta e a decidir que camiño queren seguir".         (Praza Pública, 31/05/17)

6/7/16

A USC avanza no control e prevención dun dos parasitos máis letais para as ameixas

"Unha tese doutoral, presentada na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), investigou a enfermidade provocada polo parasito 'Perkinsus olseni', que pon en risco a produción de ameixa xaponesa, unha das especies con maior produción en Galicia e en España. 

O autor da investigación é Abul Farah Md. Hasanuzzaman, da Khulna University de Bangladesh, integrado no departamento de xenética da USC.

Segundo esta investigación, a comprensión dos mecanismos moleculares que están detrás desta enfermidade é un requisito esencial para desenvolver estratexias que permitan o seu control, polo que esta investigación representa "unha información clave" para conseguilo.

O estudo analiza os mecanismos xenéticos empregados polo parasito para superar as defensas inmunitarias da ameixa. Desta forma, puídose coñecer as causas desta tipoloxía e progresouse no coñecemento desta enfermidade."                 (Galicia Confidencial, 30/06/16)

1/7/16

O proxecto galego 'ICT-Go-Girls!', un exemplo de feminización das carreiras tecnolóxicas

"O pasado 21 de xuño, no marco da conferencia Digital Festival 2016 organizada en Bruxelas polo Forum Europe, o comisario de Educación, Cultura e Deportes, Tibor Navracsics, destacou o proxecto ICT-Go-Girls! como un exemplo e un modelo a seguir en toda a Unión Europea no fomento da incorporación das mulleres ás carreiras tecnolóxicas, co obxectivo de vencer a actual fenda de xénero existente neste ámbito. 

ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT é un proxecto dirixido polo CESGA no que participa a USC (Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa) xunto con outras cinco institucións europeas: Die Berater e Universidade do Danubio (Austria), Fraunhoffer IAO (Alemaña), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), e CVO Antwerpen (Bélxica).

 Busca promover entre as estudantes de ensino secundario o estudo de carreiras cientifico-técnicas, animando o seu empoderamento, capacidade de emprendemento e liderado, e loitando contra a minoritaria presenza de mulleres nas facultades de Informática ou nos departamentos de tecnoloxía das empresas. 

Iniciado en 2012, dous anos máis tarde presentou en Amberes as súas conclusións, no marco dunha Conferencia final no que tamén se fixo pública unha guía para axudar os mestres e mestras a orientar as rapazas e facilitar o seu achegamento aos estudos técnicos e científicos. O manual subliña que "a sensibilización acerca das profesións relacionadas coas TIC e o emprendemento é un paso fundamental para promover o emprego feminino" e lembra que "os traballos relacionados co sector TIC volveranse cada vez máis importantes no futuro".

 Tamén destaca que "as rapazas poden aprender moi cedo a maneira de avaliar as súas fortalezas e habilidades tecnolóxicas e a buscar información, comunicarse e negociar coas persoas desde un posicionamento de liderado".

 O texto é tan só un instrumento máis, recoñecendo que se "necesitan iniciativas máis fondas e sostida no tempo para acadar un público máis amplo nas escolas europeas e influír para integrar real e eficazmente as TIC no currículo e facilitar o proceso de toma de decisión das mozas".

A guía parte da situación actual, na que atopamos certos indicadores moi negativos. Segundo datos de 2013, de cada 1.000 graduadas en Europa, só 29 mulleres teñen un título relacionado coas TIC, fronte a 95 homes. 

 De igual maneira, a pesar de que as mulleres ocupan máis do 60 por cento dos empregos relacionados coas TIC nos países da OCDE, só entre o 10 e o 20 por cento son programadoras, enxeñeiras, analistas de sistemas ou deseñadoras. A maioría das mulleres neste sector traballan en postos de secretaría, procesamento de textos ou de entrada de datos, é dicir, postos que requiren habilidades de baixo nivel ou de formación técnica limitadas. 

En Galicia os datos son aínda máis negativos: Dúas de cada tres persoas empregadas nas empresas TIC de Galicia son homes (62,5%). A realidade é moito peor no que respecta aos postos directivos: a porcentaxe de empresas que conta con mulleres na súa dirección é de só o 18%. 

Esta fenda esténdese cara á universidade e as carreiras tecnolóxicas, onde apenas unha de cada cinco licenciadas é muller, unha realidade que lonxe de mudar cara a unha progresiva igualdade, semella estancarse e nalgúns casos mesmo dar pasos atrás.

O equipo da USC liderado polas profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen F. Morante desenvolveu unha metodoloxía educativa para levar a cabo nas aulas dos primeiros anos de educación secundaria que permite traballar de xeito máis motivador as TIC e lograr un maior interese e coñecemento na elección de carreiras tecnolóxicas por parte das alumnas de secundaria.

 Como ferramenta fundamental para o desenvolvemento desta metodoloxía, o CESGA deseñou e implementou unha contorna virtual social baseado en software libre a través da cal se testou a proposta. Ambos recursos están dispoñibles na web do proxecto.

A USC e o Cesga continúan promocionando e participando en accións para motivar a elección de carreiras tecnolóxicas entre as máis novas. Entre outras  actividades figura a organización anual do evento Girls in ICT en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o CPEIG ou a recente proposta Unha enxeñeira ou científica en cada cole en colaboración co Concello de Santiago.

"Que haxa mulleres que deseñen o futuro das novas tecnoloxías é crucial", concluía María José Rodríguez Malmierca (coordinadora do proxecto ICT-Go-Girls!) en entrevista con Praza, na que sinalaba que "estas cuestións hai que abordalas xusto cando se inicia secundaria, dependendo do país en Europa, entre os 11 e os 14 anos".                 (Praza Pública, 30/06/16)