Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas madereras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buenas prácticas madereras. Mostrar todas las entradas

12/11/19

Paraños, exemplo de dinamizador rural

"A xestión do monte veciñal pode ser un motor económico do rural. Sen a súa actuación, o abandono das terras do noso país sería máis grave. Un exemplo témolo nunha parroquia de Covelo que mantivo desde a súa creación unha forte relación coa súa historia e co mantemento económico sustentábel.

A importancia dos montes comunais na Galiza é indiscutíbel. Unha cuarta parte do territorio, algo máis de 700.000 hectáreas, está xestionado por esta figura. Un total de 2.800 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) traballan, con máis ou menos sorte, na valorización económica e social destas zonas que van máis alá do atractivo paisaxístico.


Desde o seu nacemento, a súa función foi mudando co tempo pasando de mellorar a explotación forestal a servir de laboratorio de probas de múltiples proxectos de aproveitamento dos recursos naturais, gandeiros, patrimoniais e turísticos.


Un exemplo témolo na CMVMC de Paraños (Covelo), que o pasado 26 de outubro foi escollido por parte do Grupo de desenvolvemento rural (GDR) Condado Paradanta como mellor dinamizador rural entre dezasete candidaturas presentadas.

Comunidade combativa


A parroquia de Paraños pertence ao municipio de Covelo e está situada na comarca do Condado Paradanta. Os seus escasos 200 habitantes viviron até mediados do século XX da agricultura e a gandaría. Hoxe contan cunha empresa de produtos cárnicos e a posibilidade de traballar, polas boas comunicacións, na área metropolitana de Vigo.


A CMVMC de Paraños creouse en xaneiro de 1979, nuns anos de loita pola recuperación desta estrutura de xestión galega. Algo máis de cen veciñas e veciños con residencia habitual no lugar iniciaron unha andaina que na actualidade manteñen ao redor de 60.


A súa historia caracterizouse pola defensa da comunidade e dos seus intereses. Na lembranza está a longa loita das propias obras e da expropiación do monte cando se construíu o enlace coa autovía A-52, a actual estrada N-559. Tamén os conflitos con Fenosa, coa Confederación Hidrográfica do Norte (agora Miño-Sil), con Telefónica e coa Consellaría do Medio Rural polas contas dun convenio.


Recursos económicos e apoio ás empresas da zona


A extensión do monte coa que contan, arborizado case na súa totalidade, é de 301 hectáreas e o valor total aproximado da madeira, segundo datos de 2008, estaba en 1.400.000 euros.


Na actualidade os recursos económicos da CMVMV de Paraños céntranse no aproveitamento madeireiro cuns ingresos anuais de 50.000 euros que se reinvisten un 40% na propia entidade e o resto en proxectos positivos para á propia parroquia.

Apostan pola diversidade forestal e polas árbores autóctonas de rexeneración natural. Consecuencia desta política é a progresiva substitución, en certas zonas do monte, especialmente as que están orientadas ao norte, do piñeiro por bidueiro e carballo de rexeneración natural. Tamén a plantación de carballos americanos e castiñeiros xunto a creación de faixas en beiras de pistas con especies variadas como cerdeiras, freixos e pradairos.


Unha idea teñen clara en Paraños: a total eliminación de eucaliptos e outras especies invasoras como acacias, mimosas ou canas da india do seu monte veciñal.

Como explica ao Sermos Galiza o seu presidente, Xosé Manuel Sendín, a xestión do monte implica tamén a procura de alternativas ao aproveitamento madeireiro. "Agora estamos cun proxecto de apicultura coa idea de crear un apiario que potenciaría e faría máis visíbel a actividade cereira que estamos a dar a coñecer a través do Centro de Interpretación da ceraría".

Como complemento traballan o aproveitamento cinexético, a gandaría en liberdade e o aproveitamento resineiro. Na actualidade tentan introducir o interese polos cogomelos con xornadas e saídas ao monte. Con esta intención presentaron en 2017 ao programa Leader 2013-2020 un proxecto experimental de introdución de especies micolóxicas nunha parcela de monte.


Aínda que na actualidade non contan con persoal propio, teñen como prioridade contratar sempre empresas da zona ou galegas para realizar todos os traballos, polo que teñen un papel fundamental para a continuidade do sector relacionado cos labores do monte.

Importancia social


A actividade dinamizadora da CMVMC de Paraños é moi importante. «En 2009 creamos o Parque Forestal 'A Fraga do Rei', cunha superficie de 10 Ha., e agora en 4 Ha. deste parque estamos a desenvolver na actualidade un proxecto de parque botánico».


Unha das súas actuacións estrela foi a elaboración dun roteiro polo río Xabriña e a creación dun museo dedicado á ceraría tradicional na zona e que resultou decisivo para acadar o recoñecemento do premio que lles concedeu o GDR Condado Paradanta."                  (A. Escuredo, Sermos Galiza, 06/11/19)

7/3/19

Clonación e cultivo 'in vitro' para conservar as árbores senlleiras de Galicia

"Científicos galegos veñen traballando no desenvolvemento de técnicas para conservar as árbores senlleiras de Galicia. A solución pasa pola clonación e o cultivo in vitro, unha ferramenta útil para a conservación e propagación de xermoplasma valioso das árbores centenarias.

Investigadores do Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia (IIAG), do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), publicaron recentemente os resultados das súas investigacións neste campo.

Nun estudo titulado 'Clonación y conservación de árboles singulares de Galicia mediante cultivo in vitro', os científicos expoñen os protocolos para a propagación vexetativa de especies forestais usando técnicas de cultivo in vitro e a creación dun banco de xermoplasma de castiñeiro e carballo no que se conservan varias árbores centenarias incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.

"A conservación in situ por si soa non é suficiente para salvar as especies en perigo de extinción, xa que aínda que achega importantes opcións de conservación, o xermoplasma mantido desta maneira corre o risco de sufrir ataques de patóxenos, inundacións, tornados, incendios, que poñen en risco a súa supervivencia", argúen os expertos.

Por isto, defenden a necesidade de dispoñer de copias do xermoplasma natural a resgardo de perigos e afirman que se trata dunha "alternativa práctica e aceptada hoxe en día de forma xeral" no campo da biotecnoloxía.

O IIAG definiu protocolos para a propagación mediante a vía da proliferación de xemas  axilares de moitas especies leñosas, destacando o traballo realizado con castiñeiros e diferentes especies de carballos europeos e americanos. Máis especificamente, salientan os casos de árbores senlleiras como o da Carballa da Rocha, no lugar da Sainza, parroquia de Touza, no municipio de Rairiz de Veiga (Ourense), e os castiñeiros da Fraga de Catasós, no concello de Lalín.
"Estes protocolos non só permiten obter miles de copias desas árbores, senón tamén que garanten a súa conservación", destacan.

O IIAG conseguiu así establecer un banco de xermoplasma con máis de 200 xenotipos de diferentes especies leñosas, sendo a maior parte parte das árbores seleccionadas pola calidade da súa madeira, resistencia a enfermidades, a idade ou a calidad da floración.

CRIOCONSERVACIÓN

Unha etapa clave no proceso é a da crioconservación, isto é, o almacenamento en nitróxeno líquido de material biolóxico, o cal permite o seu almacenamento de forma indefinida. Esta técnica baséase na paralización total das divisións celulares e dos procesos metabólicos como resultado do almacenamento do material en nitróxeno líquido a -196º C. E dentro da crioconservación, a vitrificación é un dos métodos que máis frecuentemente se utilizou nos últimos anos, segundo os científicos do IIAG.

Con este método, explian os investigadores, "os tecidos son deshidratados con solucións moi concentradas que evitan a formación de cristais de xeo nas células durante a  crioconservación e a posterior desconxelación". Din que se trata dun método "sinxelo" que "non necesita de aparellos excesivamente caros". Con el lograron a conservación de embrións zigóticos de castiñeiro e de embrións somáticos de castiñeiro, sobreira, aciñeira, ameneiro e diferentes especies de carballos europeos e americanos.

Os embrións somáticos, proseguen os autores, constitúen un material idóneo para a crioconservación. Mediante esta técnica, o IIAG mantén almacenados máis de 50 xenotipos distintos. Dentro destes mantéñense criconservadas varias árbores da Carballeira de Caldas de Reis, tamén no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

"Pódese afirmar que a utilización das técnicas de propagación in vitro e almacenamento en frío de xermoplasma destes exemplares serve para acometer un plan de conservación de árbores senlleiras. A clonación permite obter duplicados de combinacións xenéticas de especial interese e conservalas", conclúen os científicos.

VANTAXES DO MÉTODO

Noutro estudo do IIAG publicado á par que este, e titulado 'Conservación de germoplasma de árboles singulares de Galicia por cultivo in vitro', os investigadores destacan as vantaxes deste método, como é, por exemplo, a dispoñibilidade de material vexetal en calquera momento do ano para realizar estudos fisiolóxicos, xenéticos e epixenéticos, e para ser utilizado en eventos de divulgación científica en centros educativos, feiras da ciencia, etc.

Por outra banda, subliñan que a micropropagación de exemplares de idade avanzada, como é o caso das árbores senlleiras, pode resultar difícil debido a problemas como un número limitado de brotes dispoñibles para a instalación, altos niveis de microorganismos endóxenos e exóxenos, baixa capacidade de multiplicación durante a prolongada etapa de estabilización e baixas porcentaxes de formación de raíces.

Por iso, desenvolveron actuacións dirixidas á instalación in vitro de exemplares singulares de nogueira, carballo, sobreira, bidueiro e eucalipto de Galicia, algúns dos cales están recollidos no Catálogo de Árbores Senlleiras. Nalgúns deles conseguiuse exceder as fases de establecemento e estabilización do cultivo e se comezaron ensaios de mantemento en frío, de  enraizamento e aclimatación en laboratorio e invernadoiro."                   (Galicia Confidencial, 12/02/19)

17/1/19

"É un cambio de paradigma: en vez de queixarnos polos incendios, ábrense vías para que a xente tente transformar o monte"

"Os incendios que arrasaron boa parte de Galicia no outono do ano 2017 espertaron en moitas persoas o convencemento de que había que facer algo para loitar contra a expansión do eucalipto e outras especies invasoras, como a acacia. Sobre todo tendo en conta que estas especies se estenden con gran rapidez nas zonas que veñen de ser afectadas polo lume. Foron varias as iniciativas de todo tipo que se puxeron en marcha e unha das máis destacadas foi a das Brigadas Deseucaliptizadoras.

Impulsada por Verdegaia e numerosos colectivos e comunidades de montes a nivel local, botou a andar o pasado mes de abril cun chamamento a voluntarios e voluntarias que quixesen traballar sobre o terreo recuperando a biodiversidade e arrincando os eucaliptos naqueles espazos delimitados polos propietarios e propietarias do monte. Dende entón, as Brigadas levaron a cabo unha ducia de accións en oito concellos do país, nas que participaron ao redor de 350 persoas e que abrangueron máis de 500 hectáreas de terreo.

Durante o ano, o número de brigadistas foi aumentando paulatinamente, e mesmo hai brigadas que, aínda que contan coa cobertura de Verdegaia, actúan de maneira autoxestionada, como é o caso de Corcubión, onde o colectivo Boca de Sapo está traballando nun terreo de propiedade municipal. 
O vindeiro 12 de xaneiro as Brigadas intervirán no Monte Veciñal en Man Común de Amoedo (Pazos de Borbén), afectado polos incendios de 2006 e 2017 e onde o eucalipto se está a estender debido á acción do lume. 

As actuacións centraranse na contorna da Senda Arqueolóxica de Amoedo, creada en 2014 pola Comunidade de Montes e que pon en valor máis de 80 petróglifos e 20 mámoas. O estado actual e de “semidesertificación”, acusando niveis altos de erosión nalgúns puntos debido aos incendios. Falamos con Joám Evans, un dos impulsores da iniciativa.

Que valoración facedes da actividade das Brigadas neste primeiro ano?

Cando comezamos o proxecto en abril tiñamos uns obxectivos moitísimo máis limitados e modestos e ao final vímonos desbordados polo interese que a iniciativa espertou en propietarios de terreos, tanto individuais como comunidades de montes, e tamén nos voluntarios e voluntarias que participaron: non podiamos prever que houbese máis de 350 persoas inscritas. En xeral, a resposta da xente foi extraordinaria, participando moi activamente.

É máis importante o impacto real dos traballos que realizades nun determinado lugar ou esa outra parte da iniciativa: a toma de conciencia, a creación de comunidade?

Tense dito moito que as intervencións son simbólicas, pero realmente non o son. Se miras o resultado en Froxán, por exemplo, onde houbo cinco intervencións nos últimos meses, o resultado é moi importante e verase aínda mellor cando o ano que vén haxa novas fotografías por satélite. Nesta última fin de semana a xente que veu traballar chegou a primeira hora da mañá a un eucaliptal e cando marchou comer ao mediodía xa non había ningún eucalipto, só quedaban as árbores nativas.
Evidentemente, 530 hectáreas é unha superficie insignificante fronte á dimensión xeral que ten o problema no conxunto do país. 

E a experiencia, o convivio e a comunidade que se crea é moi importante, pero si que hai un cambio. A transformación que se fai sobre o terreo non é simbólica.

As intervencións fanse ademais co compromiso por parte da comunidade na que se asentan de que estes primeiros traballos van ter continuidade. Non se concibe que se realice unha única intervención nun lugar. Sempre vai haber dúas ou tres ou catro, precisamente polo problema de rebrote que ten o eucalipto. Fai falla repetir a acción para asegurar a súa total desaparición. 

Que tipo de persoas están participando?

As brigadas son un proxecto moi aberto, no senso de que ao monte vén xente de todo tipo, chegada de todos os puntos do país pero tamén con características moi diversas: dende algúns voluntarios que coñecen moito o monte ata outros que non teñen experiencia ningunha e que ao comezo non saben distinguir un brote de eucalipto ou case non saben coller as ferramentas. É moi inclusivo, ademais, e veñen moitas crianzas, que tamén aprenden moito sobre o monte e este traballo.

Como reacciona a xente? Que vos comenta? Como é a súa experiencia?

Esta última fin de semana, trala xornada en Froxán a Comunidade de Montes convidou ás brigadistas a un albaroque, ao final do cal fíxose balance das experiencias vividas ao longo deste ano. A xente destacou que as Brigadas propiciaron a posibilidade de actuar de xeito proactivo fronte á degradación dos montes galegos inzados de eucaliptos e fronte os incendios forestais.

E sinalou que este traballo contribúe a reducir a frustración que provoca ver o desleixo co que desde a administración se trata o noso patrimonio natural. Moitas das persoas presentes dixeron que esta actividade reporta unha satisfacción persoal que non lles produciría una mera protesta contra a realidade forestal galega, xa que traballando no monte temos a sensación de estar facendo algo realmente válido de cara ao futuro. 

En vez que simplemente quedar na casa queixándose, facer algo real, tomar a iniciativa, non si?

Estabamos inmersos nunha tendencia a laiarnos, non só no tema dos lumes, senón noutras cuestións. Cada ano, despois dunha vaga de lumes, había un período de laios, de botar pestes contra a administración por non evitar, por tolerar e mesmo por fomentar as prácticas destrutivas. Críticas que ás veces tamén se dirixían contra as propias comunidades de montes e que procedían de ámbitos que moitas veces non coñecen esta realidade

As brigadas o que fixeron foi darlle unha oportunidade a calquera persoa, aínda que non sexa comuneira ou titular de terreos forestais, para que poida ir ao monte e facer algo, coas súas mans, para loitar contra as especies invasoras e ver, ademais, o cambio cos seus propios ollos. É unha actividade moi satisfactoria porque se ve que o que se fai ten impacto. Ao remate da xornada pode ver que a realidade mudou, que a paisaxe cambiou. É un cambio de paradigma: en vez de só queixarnos, ábrense vías para que a xente directamente tente mudar a situación, para que vaia ao monte para tentar transformalo."              (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 12/12/18)

4/1/19

E niso estiven estas últimas semanas, recollendo semente (de carballo, biudeiro, teixo, paradairo, tileiro) e adicando o meu tempo libre a plantala... Non podo máis... Eu non dou feito máis... No canto ós grupos ecoloxistas... mentres eu andaba baixando o cerrizo apañando landras, os merdáns ecoloxistas estarían gabándose do moi comprometidos co “medio ambiente” que son, nalgunha terraza da vila... Choremos polo planeta e reciclemos o puto vaso do yogur, un pequeno xesto (¡¡¡POSTMODERNISMO!!!) para salvalo. Cago na cona bendita…


"Como xa vos teredes decatado se saídes ó campo, este ano os carballos produciron unha cantidade fabulosa de landras. E non só os carballos e rebolos, senón as aciñeiras e sobreiras, moito maís veceras (alternantes na producción de froito).

Xa antes de marchar de viaxe andiven recollendo semente de bidueiro, unha bolsa mediada, máís dun kilo. E á volta, en landras das referidas quercíneas collín seis kilos, máis uns maínzos de semente de teixo, pradairo e tileiro. E niso estiven estas últimas semanas, adicando o meu tempo libre a plantar toda esa semente nos sitios que consideraba máis axeitados para cada especie.

Onte rematei; xa caera o sol e aínda andaba sementando as últimas landras de aciñeira na paisaxe desolada que deixou o lume nesta bisbarra. Xa retiraran os piñeiros queimados, alá que foron camiño de Portugal e da FINSA de San Cibrao para facer taboleiros de aglomerado, dos que levan as cociñas ou os mobles ruíns.

 Nas abas desprotexidas formáronse regueiros que lamberon a terra, deixando a rocha núa. Toda a tarde pisando cinza e carbón foron minando a miña entereza, e nese estado de ánimo estaba cando un pequeno paxaro foi pousar moi perto de min.

Fiquei inmóvil e achegouse aínda máis, a unha distancia como o pao do meu sacho, e estivo peteirando os graos que debía ter unha das poucas plantas que saíran tralo incendio. Alí estabamos nolos dous, sós nese campo de negra morte, estranos e fora de lugar como un astronauta camiñando por Samil. Emocioneime.

Fagoo por ti, lle dixen, sen mover os beizos. El seguíu picando, e non parecía que a miña compaña lle incomodase.

Non podo máis.

Eu non dou feito máis.


Poñamos que coa miña labor terei sementado, aquí e alá, cousa de unha hectárea en total. Só nese lume arderon 1.360 ha. Eu só non dou feito. E estou só, asoballadoramente só.

Escribín, por segundo ano, á delegación de ADEGA en Monterrei, a única asociación ecoloxista presente no Sudeste ourensán, para propoñer saídas para apañar semente e ila sementar. Por segundo ano, non merecín nin resposta. Moito menos merecen eles.

Non é que precise compaña, eu estou ben só no monte e para levar a miña bolsa de landras e o meu sacho non preciso de ninguén. Pero cómpre facer unha labor coordinada para recuperar os montes.

Coordinada, subordinada ou como for, pero cómpre facelo. Pero ninguén quere dobrar o lombo ou que lle vexan co sacho (poderosísimo símbolo da Galiza labrega, antes collerían un cartucho de dinamita aceso), e a mín xa me doen os cadrís e morro de carraxe porque non adianto nada.

Eu só non podo arrincar todos os eucaliptos que prantan, e máis aqueles que medran das sementes dos maduros, aínda que hai un catedrático da enxeñería de montes en Madriz que di que non ten risco de naturalización. Lémbrame a anécdota dun grupo de enxeñeiros aeronáuticos soviéticos fixeron cálculos e concluiron que un abesouro non podía voar. E o iñorante abesouro voando dun lado para o outro dende vai milleiros de anos.
 
Eu só non podo máis que arrincar algunha mimosa que sae de semente, pero non podo enfrontarme coas maos núas (cunha machada, nin sequera teño motoserra) a unha masa delas colonizando coas súas raíces maís e máis terreo a velocidade arrepiante.

Eu só non podo sementar máis que unha mínima superficie do que arde cada ano só nestes concellos da raia seca.

Só un dato. Hai un foro de xente interesada na recuperación das masas forestáis orixináis: Repoblación autóctona. ¿actividades na Galiza? Cero. Non hai interese na rexeneración ecolóxica galega, só en sacarlle á terra algúns billetes máis para emborracharse no vindeiro entroido. Que mal faría esta terra para ter tan malos fillos, que o mellor que pode esperar deles é a indiferenza.

De feito, a solución non é que un grupo de boas xentes adique un Sábado a sementar un monte queimado. Así non se adianta nada, unhas poucas hestáreas. É unha parvada que eu vaia polo monte co sacho; o que tería é que estar facendo o que mellor sei, gañando diñeiro e producindo riqueza para logo pagar uns impostos e, con eles, que o Estado comprase maquinaria para facer a repoboación de terreos degradados dun xeito mecanizado e sistemático.

Adicando a que xa hai (non hai concello que non teña un tractor cun brazo para rozar as caldeiras) para machacar as perigosísimas acacias, e logo durante anos aplicar fitocidas nos rebrotes para rematar coas raíces.

 Finalmente, e dunha vez por todas, pasar no parlamento galego unha lei que faga responsable a cada propietario (colectivo ou persoal) da eliminación das especies vexetáis alóctonas atopadas en parcelas forestáis da súa propiedade. Como dixen vai xa un tempo: o futuro pasa necesariamente por unha lei así. Ou non haberá futuro para os ecosistemas galegos.

No canto ós grupos ecoloxistas e moi en particular a ADEGA, só interesados en que pagues a cuota, xa lles poden dar moito polo cú. Mentres eu andaba baixando o cerrizo apañando landras, os merdáns ecoloxistas estarían gabándose do moi comprometidos co “medio ambiente” que son (catchword dos babecos, unha redundancia porque medio e ambiente son sinónimos) nalgunha terraza da vila. Moita verba e pouca angueira, leña verde.

 A natureza como un concepto abstracto, e non como ecosistemas concretos con problemas concretos os cales dar unha solución concreta (lumes, eucaliptos, acacias, estas son as prioridades na Galiza a moita distancia da cuarta).

O planeta está ameazado, todos debemos sentirnos culpables pola nosa vida moderna, por afastarnos da natureza e comer da árbore do coñecemento. Choremos polo planeta e reciclemos o puto vaso do yogur, un pequeno xesto (¡¡¡POSTMODERNISMO!!!) para salvalo. Cago na cona bendita…

Outro exemplo máis do postureo polo que devece esta progresía de merda a cal abomino."      (La mirada del mendigo, 03/01/19)

11/5/18

Podemos evitar que a traxedia de #ArdeGalicia se repita?

"Xornal de Vigo analizou as causas dos incendios acontecidos en Galicia o pasado outono, uns lumes que arrasaron 50.000 hectáreas en poucos días, principalmente, no sur da provincia de Pontevedra. Pero, pódese evitar que algo similar volva a acontecer no noso país?

Para tentar dar con algunha resposta, este medio falou con varias persoas con longa experiencia na xestión dos nosos montes. Entre eles, Antonio Ocampo, Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Víctor Vidal, Presidente da Comunidade de Montes de Chandebrito, Gregorio Álvarez, Presidente da Comunidade de Montes de Valadares, e Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo.

Conversando con eles, parece que a única perspectiva de futuro pasa por establecer unha nova orde nos nosos montes, que tenden ao monocultivo de especies coma o eucalipto. Esta é unha especiq que crece moi rápido e polo tanto poden traer rendibilidade económica en moitos menos anos, pero ten un perigo: o seu comportamento co lume.

As árbores autóctonas de Galicia,frondosas, coma o carballo ou a nogueira, poden tardar medio século en medrar e, polo tanto, en xerar beneficios económicos, e as comunidades de montes están nunha difícil situación, posto que precisan de achegas e non atopan o apoio suficiente. Precisamente a axuda ás comunidades de montes, agora que definitivamente a cidadanía galega mobilizouse cara as cidades, parece unha cuestión esencial.

Así o verbaliza Antonio Ocampo: “Galicia é unha das zonas de Galicia máis ricas no forestal, pero ningún partido político aposta polo bosque. Hai zonas onde podes plantar cerdeiras, que teñen un crecemento máis lento, para 40 anos, pero o prezo do metro cúbico de eucalipto é de 15 euros aproximadamente, e o da cerdeira, 400”.

A axuda económica resulta imprescindible cando alguén comeza unha empresa que tardará seis décadas en dar froitos. Porque se non, obriga a ir ao rápido, aínda que a calidade do “produto” sexa menor. E, por iso, a plantación de especies como o eucalipto parecen inevitables, aínda que non únicas. “As árbores son unha inversión. Eu sempre digo: regálalle unha árbore a teu neto. O que non podes é dedicar a metade do monte a eucalipto, tes que ter unha produción equilibrada”, sostén Ocampo.

El lamenta un planeta que perdeu o seu equilibrio:“Se estudas o mundo, atópaste con que están eliminando selvas, expulsando indios do Amazonas polo petróleo e a madeira. O maior problema do mundo é o cambio climático”.

Pedro Sánchez, Gonzalo Caballero e o alcalde de Nigrán dan unha rolda de prensa en
A súa comunidade está conformada por un 60 hectáreas de frondosas, 50 de eucalipto e unhas 90 de pino, o ideal para el sería chegar ás 100 de frondosas e reducir polo tanto a superficie de pino e eucalipto.
OS RISCOS
Advirte dos riscos dunha nefasta ordenación do monte: “A finais dos 50 ou comezos dos 60 houbo unha loita encarnizada cos pastores, que foran expulsados dos seus pastos para plantar o eucalipto. E en moitas zonas a súa resposta, como vinganza, foi en forma de lumes. Isto amosa a importancia dunha planificación forestal consensuada”.

Tralos incendios, non se mantiveron os prezos do piñeiro e iso causou grandes perdas á comunidade de montes, defende: “A Xunta non tomou ningunha medida, cando debería subvencionar para que os prezos se mantiveran”.

Pola súa parte, a Xunta leva moitos anos adicando máis fondos á extención e prevención do lume que á ordenación do monte. E Tomás Fernández-Couto leva tamén 17 anos coma Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Xunta (ou outros cargos similares do mesmo departamento), e vén gastando uns 100 millóns de euros anuais a actuar fronte aos incendios, e aproximadamente a metade na ordenación do bosque.

O cal non semella práctico, á luz dos datos e das reflexións dos expertos. Só no incendio do monte de Coruxo de 2017, perdéronse máis de millón e medio de euros. Polo tanto, parécelles pouca calqueira cantidade adicada á prevención, sobre todo agora que damos as costas ao monte.

Debemos ter en conta a excepcionalidade de Galicia en verán e, co cambio climático, tamén en outono: hai zonas de España moito máis secas, pero teñen tamén bastante menos vexetación, noutros lugares hai vexetación pero esta mantense húmida. Pero nesas datas Galicia, e o norte de Portugal, sofren a mestura de espesa vexetación e seCA ambiental, algo único que axuda a entender o acontecido.

Para Víctor Vidal é claro que “hai que dedicar máis diñeiro e recursos na prevención que na extinción. Porque en casos coma o deste verán, todo era tan grande que nin con recursos. o vento facía que as follas voaran a quilómetros”.
MÁIS PREVENCIÓN QUE EXTINCIÓN
Uxío González sostén tamén que “é evidente que se o que gastaran en extinción o gastaran en prevención, con zonas de frondosas, sería mellor e máis barato a longo prazo”. E fálanos doutra especie perigosa para nós e o noso ecosistema, a acacia:“É bastante máis prexudicial que o eucalipto, moito máis fácil de eliminar. Eliminamos a metade do eucalipto de Saiáns sen gastar un duro, coa axuda de voluntarios. Pero a acacia propaga aínda máis o lume, non vale nada a madeira e necesítanse produtos químicos para eliminala”.

Conclúe: “É a verdadeira invasora. Trouxerona polo mesmo, ter crecemento rápido, fácil. O eucalipto non é tan malo, simplemente hai que acotalo. A acacia nin sequera ten valor comercial ningún, custa máis cortala. Polo menos o eucalipto dáche un duro, as cousas hai que poñelas na balanza”.

As comunidades de montes son asociacións sen ánimo de lucro, pero necesitan beneficios para poder realizar tareas máis custosas do que poderiamos pensar. Así, aclara Víctor Vidal: “Agora moitos queren colaborar na reforestación, veñen con 2.000 euros e pensan que reforestas con iso. E con 13.000 euros compras 2.000 árbores, e só para unha hectárea plantas xa 700… E se encima plantas frondosas, que son para dentro de 35 anos… A venda de madeira non dá para manterse.”
COMO RENDABILIZAR O QUEIMADO
E engade: “Unha tonelada de madeira pagabana a 30 euros, agora a 20 ou 15. Hai moitas comunidades de montes que estes anos terán moitos gastos e non ingresarán como para sufragalos, o que é un gran problema. A administración axuda pouco”. E se están en apuros, quen vai coidar o monte ou preocuparse por que non se convirta nun monocultivo?

Vidal é da opinión de que a nivel político as comunidades de montes, máis que inimigas, deberían verse coma aliadas: “Entender que non temos ánimo de lucro, e o diñeiro reinvírtese na parroquia para todo o mundo, para calquera que queira desfrutar dela, polo que penso que deberiamos ter outro réxime fiscal, é triste que aínda por riba teñan que clavar o IVE”.

O feito de plantar é educativo para os nenos, defende Ocampo. E a realización de xornadas para a aprendizaxe medioambiental pode estar tamén na axenda das comunidades. En Chandebrito, o 24 de marzo organizaron un acto para facer reflexión e darse a coñecer. Plantaron 5.000 árbores, quedan outro tanto por plantar: “Todo especies autóctonas, excepto o pino piñoneiro, porque ten piñóns, para dar de comer á seguinte xeración de esquíos”.

Vidal ten as ideas claras: “Pensamos nun monte máis diverso, máis natural. Si que é certo que o diñeiro do eucalipto axuda a investir máis diñeiro noutras especies, ou en infraestructuras. Fixemos xornadas medioambientais para decir que non debe ser cultivarse só a especie que permitiu organizalas, o cal é curioso”.

Son contas fáciles na teoría pero difíciles na práctica para as comunidades: “O valor da madeira de nogueira ou carballo é moito máis elevada, pero para un eucalipto tes que esperar dez anos, para o carballo 60, que xa cortaches 4 ou 5 veces o eucalipto. Se vives exclusivamente da venda de madeira… Agora están con cousas pioneiras, marmelada de frores silvestres, cogumelos…“, o cal podería supor unha nova esperanza para o futuro.

É complicado: “En moitísimas zonas, o bosque autóctono está desaparecendo porque precísase rendibilidade, e se non tes outras instalacións, coma un colexio ou unha canteira que proporcione diñeiro ao ano, de plantar carballos non vas vivir. O carballo non permite que o bosque se poida autoxestionar e manter“.

De tódolos xeitos, Vidal advirte: “Debería existir unha coordinación única entre os operativos de incendios, e deberían estar en mans públicas. Hai equipos de extinción que se alugan a empresas, e iso tería que ser algo público cun soldo fixo, e se non hai incendios cobran e traballan igual, en labores de prevención, porque traballo sobra. Non deberían existir pluses en nómina por sortear un incendio”.
MONOCULTIVO DO EUCALIPTO
En Chandebrito, na superficie comunal, o 75% das árbores son piñeiros e o 15% eucaliptos, na privada un 80% de eucalipto e 15% de eucalipto, o restante para as demais especies: “Os montes están converténdose nun monocultivo de especies pirófilas, e en xeral están pouco coidados, algo que resulta clave. Por exemplo, grazas ao cinto amplo entre o monte e as casas, salváronse a maior parte delas, excepto dúas, unha delas tiña ventanais de madeira que arderon coas follas, as de pedra aguantaron”.

Habería unha porcentaxe ideal de especies autóctonas, tendo en conta o biolóxico, e unha porcentaxe lóxica, sostible ecomómicamente. Porque a comunidade necesita ingresos: 

“Chandebrito ten uns 490 habitantes, non importa moito no censo electoral. E moitas das súas infraestruturas teñen que partir da inversión directa da comunidade de montes”.

“O equilibrio estaría en non plantar máis do que se poida coidar”, conclúe o seu presidente. Pero máis aló de suxerencias concretas, o perigo sempre estará maís ou menos preto de nós e así o manifesta Gregorio Álvarez: “Se fora só en Vigo… pero ardía toda Galicia, e os medios son limitados. Pódense tomar moitas medidas, pero non se pode asegurar ao 100% que non volverá ocorrer. O máis importante é alonxar as árbores pirófilas das vivendas. Hai moitas formas de polo menos minimizar, pero eu recorrín a zona de Coruxo e hai carballo queimado, non se pode garantir nada”.                   (Xornal de Vigo, 02/05/18)

9/5/18

Primeira acción das ‘Brigadas Deseucaliptizadoras’

"As ‘Brigadas deseucaliptizadoras’ lanzáronse públicamente este sábado, día 21. En Froxán, Lousame, actuou a primeira brigada, a da Barbanza, nunha xornada de traballo na que se desenvolven diversas acción e tarefas. O monte comunal de Froxán ten cen hectáreas, das que xa se libraron 20 de eucaliptos mos últimos anos.

Desde Verdegaia -que dan cobertura ás brigadas-informan que durante a maña, e nunha zona perto da aldea de Froxán, procederase a machacar manualmente brotes de eucalipto e plantar frondosas autóctonas sobre un eucaliptal que foi rozado mecanicamente pola comunidade. Após una pausa para o xantar e o convivio, os brigadistas desprazaranse para a parte alta do monte, onde procederán a retirar eucalipto e piñeiro de Monterrei dunha braña/turbeira que foi drenada nos anos 70.

As brigadas defínense a elas propias na súa web como “una iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza”. As Brigadas organízanse de xeito comarcal ou local, sumando grupos de persoas voluntarias baixo unha estratexia, metodoloxía e coordenación común. Cada intervención no territorio é rexistrada nun visor xeográfico que permite o seu seguemento público e cuantificación a longo prazo do impacto do proxecto.

Nunha entrevista con Sermos Galiza, Joam Evans Pin, da comunidade de Froxán, de onde saíu a idea para este proxecto, informaba da boa receptividade da iniciativa desde diferentes partes do país. Nesta altura, xa superan as 100 as persoas dispostas a ser brigadistas."              (Sermos Galiza, 21/04/18)

8/5/18

¿Por qué Amancio y Sandra Ortega apuestan por el monte gallego?

"Galicia arde todos los años, a pesar de que su sector forestal es uno de sus activos más importantes, ya que genera el 3,5% del PIB de la comunidad y da empleo a cerca de 80.000 personas, entre puestos directos e indirectos. Quizá por eso no sea raro que el hombre más rico de la comunidad, y de España, Amancio Ortega, invirtiera en el monte. Ahora ha sorprendido su hija Sandra Ortega al apostar también por el sector.

Por fin una inversión les une.

Algo falla en el modelo forestal gallego. Muchos apuntan al eucalipto, una especie denostada por un amplio sector de la población, pero fundamental para industrias como Ence. Por eso, cada vez más, surgen iniciativas públicas y privadas para que las especies autóctonas como el carballo, el castaño o el cerezo recuperen parte del protagonismo perdido.

En este proceso todos quieren aportar su grano de arena. Amancio Ortega, fundador de Inditex, dio la sorpresa hace dos años cuando inyectó 1,2 millones de euros en un proyecto forestal en el municipio coruñés de Sobrado. Lo hizo a través de Pontegadea, su holding inversor, pero la operación carece de carácter estratégico. Responde más bien a un interés personal por el monte gallego y la sostenibilidad.

El proyecto, que se desarrolla bajo el paraguas de la sociedad Sobrado Forestal 2014 S.L., consiste en una plantación experimental de castaños de distintas variedades en una extensión de algo más de 80 hectáreas. Los ejemplares comenzaron a plantarse a mediados de 2016, por lo que todavía habrá que esperar para comenzar a ver sus frutos.

Sandra Ortega y Paideia

La apuesta de la Fundación Paideia, presidida por Sandra Ortega, es bien distinta. En virtud del acuerdo alcanzado con la Consellería de Medio Rural de la Xunta esta misma semana, la institución se ha ofrecido a mejorar el material forestal para la reproducción de frondosas como el carballo o el cerezo en la comunidad, una iniciativa que, como apuntan desde el Gobierno gallego, contribuirá también a “disminuir la fuerte dependencia externa en la comercialización de estas especies”.

Sandra Ortega canaliza este proyecto a través de Cultigar, un laboratorio de biotecnología vegetal pionero en Galicia que, como apuntan desde la fundación, está dedicado a la investigación y desarrollo tecnológico en el campo de la producción, cultivo y calidad sanitaria de planta ornamental, forestal y hortofrutícola de alto nivel económico.

La Fundación Paideia tiene en el desarrollo territorial uno de sus ejes. Cultigar es una de las entidades que forman parte del mismo, pero no la única. El eje lo completan Trébore, una empresa de economía social dedicada a la producción de planta y mantenimiento de jardines, y Viveros Borrazás, que se dedica a la venta al público de planta de elevado valor ornamental.

La modesta y casi anecdótica aportación de Amancio contrasta con la decidida apuesta por la innovación forestal de su hija Sandra, desde siempre, al igual que su madre, Rosalía Mera, más preocupada por cuestiones de índole social. 

En cualquier caso, el hombre y la mujer más ricos de España demuestran que el monte gallego tiene aún quien se preocupa por él y quien lo cuida. En manos del sector está el hacerlo renacer de sus cenizas y garantizarle un futuro de éxito."                    (Economía Digital, 22/04/18)

11/4/18

"As brigadas deseucaliptizadoras nacen da opción de deixar de laiarnos e actuar"

"As ‘Brigadas deseucaliptizadoras’ defínense como unha iniciativa de voluntariado ambiental para recuperar a biodiversidade e combater a eucaliptización de Galiza. A primeira destas brigadas, a da comarca do Barbanza, vai lanzarse públicamente o vindeiro 21. Falamos con Joam Evans, da comunidade de Froxán, de onde saíu a idea para este proxecto que aposta na implicación social para pular pola recuperación da biodiversidade dos montes do país. "Hai un movemento social que está disposto a implicarse para transformar o monte galego".

-Como xorde a idea de poñer en andamento unha proposta como a destas brigadas?

-En Froxán [Lousame, cunha comunidade de montes activa e implicada en erradicar o eucalipto e recuperar a biodiversidade dos montes] temos una idea do que queremos facer co monte e temos claro que o eucalipto non pinta nada. O ano pasado comezamos a facer rogas e albarocas ambientais…

-Que vén sendo como traballo comunitario, non é?

-Basicamente é iso. Persoas voluntarias acudiron a Froxán para quitar o eucalipto e outras especies invasoras. Foi unha experiencia moi positiva, con xente vindo de moitos sitios distintos para axudar. Pensamos entón por que iso non podía facerse tamén noutros lugares. De aí saíu a idea das brigadas. Nas actividades que facemos en Froxán había xente de Verdegaia Ribeira e formulámoslle a eles esta proposta, asumindo darlle cobertura e responsabilidade ao proxecto. E este 21 de abril vaise lanzar publicamente.

-En Froxán.

-As brigadas son basicamente un formato, a idea é que se faga con entidades locais e xente por todo o país. Teñen un factor de custodia do territorio, propietarios de terreos que queren que os seus terreos con eucalipto ou outras especies invasoras pasen a ser outra cousa, que queiran esa transformación. Ten que haber algún tipo de compromiso de que iso se manteña no tempo.

As brigadas tamén teñen o factor do voluntariado: hai moita xente con vontade de vir ao monte, nós vímolo en Froxán, moita xente con vontade de colaborar, de non ficar sempre nas queixas porque a Xunta non fai nada…

-O 21 presentarase a primeira brigada, cales serán os primeiros pasos? Remarcades a importancia da descentralización…

-Este proxecto, ao que Verdegaia lle dá cobertura, é un proxecto que quer ser descentralizado. As brigadas van ser comarcais, o 21 preséntase a primeira que é a Brigada do Barbanza. A idea é que desde distintos colectivos de diferentes partes do país se impulsen as súas brigadas. Desde que no Sermos publicastes a noticia [5 de abril] xa se puxeron en contacto connosco desde tres lugares interesándose pola iniciativa: do Condado, de Pontevedra e do Ribeiro. Tamén van máis de 30 persoas apontadas como brigadistas desde diferentes partes de Galiza. A idea é que a xente se vaia organizando ela mesma, que as brigadas vaian xurdindo e vaian tendo vida propia e actuando…

-A actuación sería naqueles terreos que a xente pon a dispor do proxecto…

-A casuística pode ser aquí moi diversa. Por exemplo, se hai terreos con eucaliptos de 20 anos, non van ir voluntarios a tombar eucaliptos de 40 centímetros de diámetro. Aí haberá que chegar a un acordo cun madeireiro que o retire e que non se dane as especies autóctonas que poida haber. Se desa madeira vai saír un beneficio económico, pídese que parte del vaia para compensar, comprando maquinaria para as tarefas das brigadas, especies frondosas para plantar… Pode haber casos de moi diverso tipo. Agora mesmo a situación é outra, actuando en terreos que arderon e onde o traballo é triturar as masas espontáneas de eucalipto que están a medrar neles. En todos os casos ten que haber un compromiso a longo prazo, quer verbal quer escrito para recuperar o bosque autóctono, acordos de custodia, ou outros.

-O motor das brigadas é a idea de que é posíbel outro monte galego..

-Aínda que Ence e o sector a favor do eucalipto se empeñen no contrario, existe un amplo consenso no ámbito científico de que é unha especie cun impacto negativo: sexa na biodiversidade, sexa na responsabilidade nos incendios, sexa en moitas outras cousas. Valorar se o eucalipto é máis ou menos rendábel economicamente non pode ser o criterio único, con ese mesmo criterio tamén poderiamos encher Galiza de centrais nucleares.

Todos os anos, cando chegan os incendios, laiámonos: a Xunta ten que facer tal, as comunidades teñen que facer cal, hai que aplicar a Lei de Montes… e a realidade é que na Xunta non hai vontade. Pois en vez de queixarnos tanto, e sen esquecer as responsabilidades de cada quen, e a Xunta tenas, apostamos en cambiar o monte, facendo. Esta é a idea de fondo. Deixar de laiarnos tanto e actuar. Hai un movemento social que en está disposto a facer, a implicarse en diversas frontes para transformar o monte galego.

-Unha iniciativa da propia comunidade, que decide facer fronte a un problema ante o cal entende que a administración non actúa ou inclusive que ten responsabilidade no propio problema.

-Somos conscientes de que o impacto das brigadas vai ser pequeno, claro, hai en Galiza 700.000 hectáreas con especies invasoras: eucalipto e outras. Mais naqueles sitios onde actúen as brigadas estarase a demostrar que se pode facer e estase a mobilizar xente que ao mellor non teñen relación directa co monte e que estás a sensibilizar, a transformar esa vontade e sensibilidade inicial, a preguntarse que está a pasar no monte.

Que isto o tiña que facer a propia administración? Claro que si, mais iso non está a pasar, non si?, por iso o fai a xente."                    (Sermos Galiza, 10/04/18)

22/9/17

Así se está a crear o supercarballo galego

"Un carballo mellorado xeneticamente, que medre máis rápido e proporcione madeira de calidade e así deteña a entrada de plantas foráneas. Este é o obxectivo dun proxecto da Fundación Juana de la Vega e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, que agora entra na súa fase decisiva.

 Nos próximos meses plantaranse os primeiros exemplares mellorados en Trasmirás, Santa Comba e Chantada. Os novos carballos medrarán en varias leiras de titularidade pública, tanto na zona atlántica como na Galicia oriental.

En que son diferentes estes carballos? A Fundación Juana de la Vega explica que xuntan materiais xenéticos de diferentes procedencias xeográficas, dentro da mesma zona climática galega. O obxectivo final é que nos viveiros privados se poidan vender carballos máis robustos e con garantías de éxito.

 Árbores que medren máis rápido pero que tamén proporcienen madeira de mellor calidade.
Para conseguilo, recolléronse 24.000 landras en carballeiras de Quercus robur. Esas landras xerminaron en varios viveiros —Viveros Costa de Lóngaras (Abadín) e Centro Forestal Rías Baixas (Vilaboa)— durante dous anos, desbotándose os peores exemplares. 

Agora plantaranse no monte co obxectivo de, ao final, facer unha nova criba, escollendo os que mellor se adapten. Para isto, plantaranse xuntos -uns 2.500 por hectárea- de xeito que teñan que competir tanto pola luz como polo alimento. 

Tras unha terceira criba, a Fundación explica que “estes exemplares formarán parte das catro carballeiras selectas melloradas de carballo de Galicia como fonte de semente de calidade para a produción de plantas de viveiro e a súa posterior plantación forestal”.

 A iniciativa botou a andar en 2015 e, segundo Campo Galego, os primeiros exemplares sairán dos viveiros cara tres fincas do Banco de Terras en inverno.  A meta final é crear, en palabras do Centro de Lourizán, unha “auténtica reserva xenética do carballo na nosa xeografía”.             (Galicia Confidencial, 20/07/17)

4/7/17

Ames plantó mil árboles 'bomberos' para impedir incendios

"En las últimas semanas se ha hablado mucho de los llamados "árboles bomberos", especies más resistentes a los efectos del fuego, que frenan el avance de las llamas. 

Fue, sobre todo, a raíz del incendio de Pedrógão Grande, en Portugal, y de algunas imágenes muy viralizadas a través de las redes sociales en las que se podían ver cómo determinadas especies arbóreas autóctonas -castaños, robles, sauces, olivos...- se habían salvado de la quema, protegiendo además a una casa a la que rodeaban. 

No era nada nuevo, solo la constatación de que ciertos árboles tardan más en arder y no favorecen la extensión de los incendios, a diferencia de especies pirófitas como el eucalipto o el pino.

El Ayuntamiento de Ames (A Coruña), próximo a Santiago de Compostela, inició el pasado invierno, dentro de su plan municipal de prevención y defensa contra los incendios forestales, un proyecto piloto que incluye la plantación de 1000 castaños, avellanos, nogales y cerezos en 37 fincas de la parroquia de Piñeiro que abarcan una superficie de alrededor de dos hectáreas.

 "El objetivo es repoblar las franjas secundarias de gestión de biomasa con especies que arden menos, frondosas caducifolias, para reforzar la prevención", destaca Javier García, concejal de Medio Ambiente y Desarrollo Sostenible. Por ahora se han plantado ya 654 árboles en 23 fincas que abarcan unos 10.100 metros cuadrados y después del verano se completará la primera parte de este proyecto piloto con la plantación de las restantes.


La iniciativa se llevó a cabo tras firmar convenios con los propietarios y propietarias de los terrenos para la gestión, desbroce y repoblación. La intención del ayuntamiento es que el proyecto se extienda en los próximos años al resto del término municipal, incrementando así la protección contra el fuego. "Se trata de un proyecto pionero", destaca Javier García, que subraya que "Ames es uno de los pocos ayuntamientos gallegos en los que se apuesta por una política activa de prevención, dando valor al monte".

Ames ha sufrido en los últimos años importantes incendios forestales, muy peligrosos sobre todo al tratarse de un municipio con importantes masas de bosque y, al mismo tiempo, muy poblado (30.000 habitantes) y con asentamientos muy diseminados, por lo que el fuego en muchas ocasiones se ha acercado a viviendas y núcleos. 

De hecho, como detalló la investigación España en Llamas de la Fundación Civio, entre los años 2001 y 2014 Ames sufrió 389 incendios de más de una hectárea, que arrasaron 1.110 hectáreas de terreno, siendo el 67º ayuntamiento gallego con más incendios importantes y el 94º en el conjunto de España.

El plan municipal de protección ante emergencias por incendios forestales del Ayuntamiento de Ames incluye un continuado trabajo de prevención durante todo el año, especialmente durante el invierno. “Tenemos que reforzar el trabajo preventivo ya que es fundamental para evitar los fuegos en el monte durante la época estival”, destaca a este respeto el alcalde, José Miñones. 

El Gobierno municipal ha contratado una brigada de prevención y extinción, formada por un jefe de brigada y cuatro peones, que trabajarán bajo las órdenes de la Xunta en caso de que haya algún fuego. Y cuando no haya incendios forestales, este grupo de trabajo realizará tareas de prevención. Paralelamente, el Ayuntamiento también se ha acogido a la subvención de la Consejería de Medio Rural, que financia durante la época previa al período de alto riesgo las labores de limpieza mediante un tractor mecanizado que está operativo en estos momentos."               (eldiario.es, 03/07/17)

9/2/17

Portugal conxela até 2030 a plantación de eucalipto ao tempo que aposta en impulsar a repoboación de piñeiro bravo, sobreira e carballo

"O goberno portugués quer dar un paso á fronte perante a expansión do eucalipto, unha especie que nestas dúas décadas se situou como a primeira na superficie forestal lusa, ocupando o 26% da mesa e desbancando o piñeiro bravo. 

Embora a oposición de parte da industria e propietarios, o executivo de Portugal incluíu na súa reforma forestal unha lei para conxelar a plantación de eucalipto no país até 2030, segundo informa Público.pt.

17/11/16

E-monte: plataforma dixital de compra-venda da madeira


"Victor Rivas é o creador unha nova ferramenta dixital que permite atopar quen tale e pague pola a leña das nosas fincas. Nesta entrevista abordamos, entre outros temas, como eMonte pode contribuír a paliar o problema dos incendios e o cambio das xeracións responsábeis do coidado das fincas.

eMonte é un proxecto que se inicia a mediados do 2014, pero non é ata este 2016 cando saíu á luz. A idea xurde a partir das preguntas que se teñen que facer os propietarios forestais sobre o seu monte: quen me pode mercar a madeira? Canto vale?

 Debido ao abandono rural, os propietarios forestais viven cada vez máis nas cidades, polo que a vinculación co mundo forestal se reduciu. Neste contexto é onde aparecen os problemas: a relación natural entre o monte e a propiedade mudou por completo.
Inspirouse nalgún proxecto similar noutro sector?

A inspiración en certa medida foi dos portais inmobiliarios online, que axudaban aos propietarios a compra/vender/alugar un inmoble. Iso si, en eMonte fomos máis alá ao evitar ter que ensinar a propiedade ou ofrecendo a posibilidade de recibir ofertas a través da plataforma.
Cal é o proceso que ten que seguir unha persoa interesada en comercializar a súa leña?

Primeiro, rexistrarse na plataforma como usuarios. 

Segundo, rexistrar o monte na plataforma cubrindo un sinxelo formulario. 

Terceiro, seleccionar a forma de venda da súa madeira. Ofrecemos dúas posibilidades: venda por lote (€/lote) ou por tonelada (€/Tm). 

Cuarto, recibir no seu domicilio un cartel de eMonte que debería colocar na entrada principal do monte. In situ, tamén tería que deixar os marcos do terreo ben claros, e incorporar á plataforma fotografías, que serán visualizadas por todas as empresas rexistradas. 

Unha vez feito isto non tería que facer nada máis. Só agardar a recibir ofertas pola súa madeira. Isto é posible por un lado grazas á APP para móbil de eMonte, que lle permite ás empresas ir ao monte sen necesidade de ir acompañadas do propietario forestal.

 E por outro, cun sistema especial de poxa que reflexa á perfección o mecanismo de compravenda tradicional.  Unha vez rematado o período establecido para vender a súa madeira, o propietario só ten que indicar si acepta ou non a oferta máis alta recibida.
Moitos dos propietarios de montes particulares son persoas de idade avanzada, que en teoría fan menos uso da Internet que os mozos. Con todo, eMonte aposta pola Rede tanto para captar provedores como para darlle saída á leña...

A tipoloxía de propietarios forestais é moi variada. É certo que a maioría dos propietarios forestais son persoas de certa idade, pero cada vez viven máis lonxe das zonas rurais polo que necesitan axuda para poder xestionar as súas propiedades. 

Eu sempre poño o mesmo exemplo, miña avoa, con 85 anos é usuaria dun portal online inmobiliario moi coñecido, pero non sabe nin prender un ordenador. Entón como é posible? É o neto, neste caso eu, quen lle incorpora o anuncio no portal. En eMonte queremos conseguir o mesmo, que sexa a xente máis nova, a que está habituada a empregar Internet, a que opere na plataforma. 
Daquela, cal é o perfil tipo de cliente ao que esperan chegar?

Son tres diferentes. primeiro, os pequenos propietarios forestais. En Galicia hai máis de 672.000 pequenos propietarios espallados por todo o territorio. Case un de cada catro galegos ten un anaco de monte.Logo están as comunidades de montes veciñais. 

Case 2.800 comunidades por toda Galicia. Por último, as empresas do sector. O sector da madeira aglutina a máis de 3.000 empresas, aínda que o público obxectivo de eMonte son menos de 400, as vinculadas directamente coa industria forestal.
 
Que superficie mínima debe ter a leira cuxa madeira queiramos ofrecer? Valen todo tipo de árbores? 

Para vender madeira a través de eMonte, o monte debe ter unha superficie mínima de polo menos 3.500 m2. O motivo fundamental é que para montes máis pequenos, as empresas coas que traballamos non están interesadas por mor dos costes loxísticos. A través de eMonte pódese vender calquera tipo de madeira (piñeiro, eucalipto, carballo, etc.).
Quen se ocupa dos permisos de tala, de seren necesarios?

Unha vez que se pecha a operación de compravenda,  eMonte emite un contrato vinculante entre propietario e empresa, no que se establecen as obrigas a cada parte. Neste sentido, as empresas rexistradas en www.emonte.es son as encargadas de tramitar os permisos de tala da madeira.
Falemos de cartos, que sempre é a clave da cuestión. Como garante eMonte que as ofertas que recibo están máis ou menos dentro dos parámetros normais do mercado? 

O sistema especial de poxa de eMonte está totalmente orientado a que o propietario venda a madeira do seu monte coa máxima comodidade e a un prezo xusto. As empresas que realizan as ofertas a través da plataforma coñecerán en todo momento o lugar no que ocupan na poxa, o número de empresas coas que compiten, pero non coñecerán nin o importe nin o nome das outras empresas. 

Exemplo do funcionamento: Unha empresa ofrece 10.000 Euros pola madeira, e imaxinémonos que esa oferta é a máis alta, co que a ferramenta indicaralle que está en primeiro lugar. Se unha terceira empresa lle supera a oferta, recibirá un correo electrónico dándolle a oportunidade de incrementar a súa oferta, e así sucesivamente, ata o prazo máximo que determine o propietario forestal para recibir ofertas.
Lévase eMonte algunha comisión da venda?

En eMonte cobramos unha reducida comisión do 1% por cada un dos lotes que conseguen as empresas a través da plataforma.
Un dos grandes problemas medioambientais de Galicia son os incendios forestais. Os expertos coinciden en sinalar a abundancia de combustible forestal nos montes, como un dos factores que explican que se repitan ano tras ano. Até que punto iniciativas como eMonte cre que axudan a abordar esta cuestión?
Creo que o problema dos incendios forestais é un problema da sociedade e todos debemos aportar o noso grao de area para tratar de eliminalos. Pensamos que eMonte pode ser unha boa iniciativa, xa que permite xestionar as propiedades forestais dunha forma moi sinxela, polo que pode animar aos propietarios forestais a mirar polo seu monte sen ter que estar obrigatoriamente ao carón del.
Nestes momentos en eMonte estamos a desenvolver a campaña #TeñoMonte, gañadora da IV edición do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego. A campaña, entre outras accións, busca valorizar o monte entre a sociedade, para o que regalamos uns fermosos carballos á xente que acode aos postos que temos por diferentes prazas de Compostela entre os meses de outubro e novembro. "               (Galicia Confidencial , 14/0/10/16)