Mostrando entradas con la etiqueta Agricultura: acoso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Agricultura: acoso. Mostrar todas las entradas

11/12/23

"Hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas"..."Se pillan á señora María con ovellas sen identificar, vana tratar como a Sito Miñanco", di o xerente dunha empresa de control

 "Como vai existir o rural se non se lle deixan de poñer portas ao campo, que adoita dicirse? Como as aldeas van subsistir como se facía antes, con produción da propia casa, se para ter unha soa vaca ou unha galiña hai que ter toda unha ristra de papeleo? Como se pode ter animais se a nova lei de benestar animal ameaza a cada paso con multas? E como estar tranquilo nunha explotación gandeira se os inspectores tratan de pillarche por calquera mínima cousa? A realidade que se vive na actualidade no campo galego é moi dura. A poboación que queda nas aldeas, envellecida, non é quen de adaptarse a tanta normativa como hai na actualidade, nin conta cos coñecementos tecnolóxicos necesarios como para poder dar de alta aos seus animais a través da oficina virtual da Xunta. Pola súa banda, os mozos, xa nin queren saber dun tema que non semella causar máis que problemas. Así, é imposible.

"Din que o rural desaparece? O que eu non sei é como non desapareceu xa nin como segue en pé", plantéxase Manuel Calvo, xerente da empresa Spartana Control Services S.L. e propietario dunha agrotenda na que, día a día, observa o temor da xente a multas e requirimentos por parte das administracións. "Hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas", asegura, engadindo que, "de feito, semella que cantos menos animais tes moito máis rigurosos son nas inspeccións". Este home, que tamén imparte formación nas contornas rurais, sempre lles di aos seus alumnos: "É imposible que antes da siesta non haxa establecidas dúas ou tres normas novas, porque está todo normativizado, temos unha cantidade de normas inxente".

Así, pon un exemplo que foi atendido pola súa propia empresa. Sen dar nomes concretos, fálanos da señora María por poñerlle un nome en abstracto. Esta señora tiña unhas ovellas, poucas, na casa, e "tal expediente lle fixo o veterinario oficial que semellaba que a señora estaba a xerar un problema de saúde pública por ter esas ovellas". Miráronlle os cerramentos. Miráronlle as comedeiras, que tiñan barrotes de madeira que non podían ter. "Vamos a ver, é unha corte vella, son cinco ovellas, e teñen unha comedeira típica dos pesebres antigos, como no que naceu o neno Xesús", chancea Manolo. Por outra banda, tamén se lle queixaron da forma de darlle auga aos animais. A señora María tiña un capacho no pesebre, limpábao todos os días e, ao chegar a noite, antes de meter ás ovellas no cortello, enchíallo de auga fresca. "Dixéronlle que de ningún xeito, que non podía facer iso con auga corrente", apunta este experto. A cousa chegou ata o punto de que "lle dixeron que non tiña luz na corte, e que iso non podía ser, porque se tiña que ir inspeccionar ás ovellas pola noite tiña que ter unhas boas condicións para poder facelo". "Toleárona da cabeza", afirma Manolo.

"SEMELLA QUE AS OVELLAS DE MARÍA PODEN MATAR TODAS AS VACAS DA ZONA"

Por outra banda, aínda que só teñas catro ovellas ou dúas galiñas, estás obrigado a dar de alta a explotación, ter a documentación de cada animal ao día e os seus seguros sanitarios. Hoxe en día, todo esto faise a través da oficina virtual da Xunta, pero, como evidencia Manolo, "a maioría da xente que está no rural xa ten unha certa idade, coa limitación que isto supón para acceder a este recurso". Mesmo para poder vender un animal teñen que solicitar a través da oficina virtual unha guía sanitaria, a través dunha aplicación e cun código. "Pero a señora María non ten ordenador, e non o entenden", asegura, indignado: "Como pode ser tan complicado para a señora María ter unha ovella na súa finca para que lla limpe? Se aínda por enriba está a facer un servizo á comunidade, evitando que un incendio forestal poida chegar á beira das casas porque a ovella mantén os pradairos limpos". "Amárgana perdidamente", lamenta este experto.

Ante esta situación, cal é a solución pola que opta a señora María ou calquera outra persoa? "Pois hai dous camiños, e ambos son malos para a administración: ou vende as dichosas ovellas, ou di que llas roubaron e quítalles os identificadores, quedando con elas pero de forma ilegal", explica Manolo. Evidentemente, calquera das dúas cousas non está exenta de risco, pois, "se a collen nunha operación destas, téndoas de forma ilegal, prácticamente a van tratar coma se fose Sito Miñanco", así de 'heavy' é a cousa. Por que? "Porque din que as ovellas sen documentación poden ser un risco a nivel sanitario, para a saúde pública, e ti pénsalo como alguén que estudou sobre o tema e é verdade que as ovellas poden ser vector de transmisión dalgunha enfermidade para os rumiantes, como a lingua azul, se non están correctamente saneadas, pero tal e como cho din e tal e como llo comunican semella que a señora María pode matar a todas as vacas de Mazaricos ela soa, e iso tampouco é verdade". "Ata ese nivel o están a levar", conclúe Manolo.

"SE QUERES MERCAR UN PITO, TÉÑENCHO QUE TRAER EN TRANSPORTE Á CASA"

Así as cousas, como evidencia Manolo, "hoxe en día é imposible vir mercar a unha tenda agrícola dúas galiñas sen ter unha explotación agrícola dada de alta, e xa non digo dúas galiñas, nin sequera un pito do día podes mercar". "Despois asustámonos de que o rural non funciona, como vai funcionar?", pregúntase, respostando que iso é como "se a bicicleta ten dúas rodas e teslle un pau en cada unha, son cousas tan kafkianas como esa". E é que para mercar unha simple galiña "a señora María ten que ter un permiso de tenencia, pois no ticket que eu lle dou na tenda ten que ir o meu número de rexistro e o seu de cliente rexistrado tamén". Con todo, aínda que iso se faga deste xeito, se a señora María leva o pito no coche ata a súa casa, a dez metros de distancia, xa está a transgredir a lei. Por que? "Porque non ten un vehículo coa documentación ao día para poder transportar animais vivos nin realizou o curso de benestar animal para o transporte", asegura Manolo.

"Fíxate a que nivel chegamos", lamenta este dono dunha tenda agraria, que explica que, así as cousas, "ti se queres comprar un pito debes, segundo a lei, ir ou chamar á agrotenda da túa zona, eles teñen que ter un vehículo habilitado ou pagar a un transportista do servizo público que teña número de rexistro e que conte cun curso de manipulación e benestar animal no transporte, e que sexa el quen cho leva ata a casa". Ao comunicarllo á tenda, esta ponse en contacto coa Xunta a través da oficina virtual, pide unha guía veterinaria na que avisa de que vai vender un pito ou unha galiña e o vai a transportar ata a casa de Fulanito o día tal e á hora tal, para chegar a esa casa á hora cal. "Ese é o ridículo que estamos chegando a facer, e todo por un simple pito", afirma Manolo, que reivindica que "as cousas non poden seguir funcionando así". 

"SE TES SEGUROS DE ANIMAIS SUBVENCIONADOS, OLLO CON FACENDA"

Outra problemática engadida está no tema dos seguros animais. Son obrigatorios porque cando estes morren debe vir un servizo de retirada. Pero a cousa non é menos preocupante. Manolo exemplifica que "se tes a túa avoa con ovellas ao seu nome e contrata un seguro para que o camión verde poida vir por elas cando morran, ese seguro pode custarlle se o paga íntegro uns 5 euros por ovella, pero como é un seguro que está subvencionado pola comunidade económica europea máis ou menos ao 60 %, custaríalle uns 2,30 ou 2,20 euros por ovella". O problema? "Dentro de cinco anos á túa avoa vaille a chegar unha carta certificada de Facenda que lle vai dicir que non está a declarar os ingresos todos que ten, porque ao percibir unha subvención pública, xa está obrigada a realizar a declaración da renda, e, de non facelo, pódelle acarrear unha multa de entre 800 e 1.000 euros, dependendo do inspector que lle toque", indica o experto.

Ademais, a expansión dos núcleos urbanos e periurbanos está a xerar a morte de moitas explotacións. E é que a convivencia entre granxas e veciños non é sinxela. Manolo conta o caso dunha granxa de porcos con licenza dende o ano 1941. "Puxéronlle unha promoción de chalés detrás, e agora quéixanse de que lles cheira a porco, cando esa xente comprou os chalés sobre plano, é dicir, foi cincuenta veces a ver como avanzaban os chalés mentres llos facían e é agora cando se dan de conta de que cheira a porco na zona", asegura. A solución? "Ao gandeiro estano a churruscar a inspeccións, a ver por onde o 'pillan', dicíndolle que se non pode ter leña na zona, que non pode plantar legumes na horta onde está a granxa...". 

"MOITOS FUNCIONARIOS TEÑEN EXCESIVO RECEO CON XENTE CON DÚAS VACAS"

Manolo concede que "as normativas, nun inicio, creáronse pensando nas grandes explotacións e, por riba, moitas delas están redactadas por xente cunha formación dubidosa para facelas, algo que pasa en todos os ámbitos". Pero, a maiores, despois "tes moitísimas veces aos funcionarios encargados de velar polo cumprimento desas leis que as aplican cun receo excesivamente alto a persoas como a señora María, que ten dúas ovellas e tres galiñas, e non ás grandes explotacións". Cando, segundo afirma este experto, "como inspectores veterinarios, deberían saber tamén interpretar as leis e adecualas a cada caso en particular, que para iso se licenciaron". Mentres que a realidade é que coa cantidade de sancións que lle poñen a persoas como a señora María é para dicir: "Hostia, María, vante levar presa". 

A isto súmase a falta de empatía coas persoas maiores á hora de comunicar as cousas. En vez de facelo por chamada, explicándolles os requerimentos, fano por carta. "Fai nada chámaronme dun aldea na que uns veciños recibiran unha carta que lles ameazaba con multas de ata 600.000 euros se non desbrozaban as fincas", e "cando eu cheguei alí estaban todos atacados dos nervios por unha finca, xa pensaban que lles ían quitar a casa e que ían a perdelo todo". "Tan complicado é que en casos de xente octoxenaria se lles chame dende a Oficina Agraria Comarcal en vez de mardarlles unha carta asustándoos?", plantéxase Manolo. Facendo as cousas así de mal, "como se vai recuperar o rural, hoxe en día nin o plantexas".

"COMO O CAN DO VECIÑO CHE PREÑE A CADELA XA ERES CRIADORA ILEGAL"

E é que na actualidade a todas estas problemáticas veu a sumarse outra: a nova lei de benestar animal. "Como se lle ocurra ao can do veciño saltar a tapia e violarche á cadela, tes un problema de tres pares de collóns, porque xa te convirtes en criadora ilegal, o que supón que che poden meter unha multa de ata 6.000 euros por cadelo que naza", argumenta este experto. E comenta que asistiu a un caso no que "un inspector ameazaba a un gandeiro que tiña os seus cans de raza mastín polo monte, pois eran os encargados de gardar as ovellas, e díxolle que aínda que a lei de benestar animal exclúe aos cans usados na gandaría, el apreciaba un claro indicio de abandono, o que podería supoñerlle unha multa de 6.000 euros, antecedentes penais e, ao mellor, prohibirlle ter animais nunca máis, o cal suporía a súa ruína". Así de grave é a situación."                (Ángela Precedo, Galicia Confidencial, 06/12/23)

2/2/23

La mitad de los ganaderos gallegos vende la leche a pérdidas

 "Unións Agrarias (UUAA) lanza un nuevo mensaje de alerta por la venta de leche gallega a pérdidas. El sindicato ha revelado este miércoles que, según sus estimaciones, más de la mitad de los ganaderos de la comunidad siguen produciendo «a pérdidas» pese a los últimos incrementos en los pagos procedentes de la industrias lácteas.

El secretario xeral de la organización, Roberto García, ha asegurado que «cuando se habla de precio medio, no se puede decir que se vende a pérdidas aunque ese precio más razonable lo tienen las explotaciones más grandes, que son las que producen la mayor parte» de la leche en Galicia.

En este sentido, Roberto García ha explicado que «las explotaciones por debajo de los 200.000 kilos cobran una media de 43 ó 44 céntimos por litro y las explotaciones grandes, de más de un millón de kilos, pueden tener precios por encima de los 60 céntimos».

«Eso sí, cuando hablamos de media nos dan otras cifras, sobre 55 céntimos, y en esa media conviven las pequeñas explotaciones, con 10 céntimos menos, y las grandes, a las que se les paga sobre 60 céntimos», ha detallado.

Caída en la producción láctea de Galicia

A renglón seguido, el secretario xeral de UUAA ha advertido que «la industria española debe ser consciente de que hay una caída permanente del número de ganaderos» y de «que por primera vez en muchos años en Galicia, estos últimos meses, hubo una caída en la producción«.

Es por ello que Roberto García ha defendido que en un país donde solo se produce «el 75%» de lo que se consume, hay que ser «muy prudentes a la hora de mantener unas condiciones económicas a las explotaciones que no aceleren el abandono y cierre». «Galicia sigue por debajo del precio medio en España y Europa, no hay nada que justifique bajadas en el precio para la nueva etapa (de nuevos contratos con la industria)», ha advertido Roberto García.

Finalmente, ha lamentado que «la inmensa mayoría de los contratos», entre productores e industria «se tendrían que renovar a principios de marzo, pero las empresas están siendo reacias a mandar la propuesta con la oferta económica con dos meses de antelación, como es su obligación», explica."                      (Economía Digital de Galicia, 01/02/23)

21/3/22

La guerra cae sobre las granjas gallegas: “La subida de costes nos ha reventado la caja”... El ganadero Víctor Bello ve en peligro 25 años de trabajo por el alza salvaje del cereal y el petróleo y lanza un grito desesperado por un sector esencial que se siente abandonado... “Es difícil entender que en la comunidad gallega haya tierras abandonadas y no se usen para producir forrajes”... en productos lácteos sin apenas transformación, los intermediarios se han llegado a embolsar beneficios del 600%... “Ni con dos años de pandemia se ha dado cuenta la sociedad de que lo primero es comer”... “Tengo que pensar si planto forrajes para el año que viene o gastamos los que tenemos y cerramos”

 "La granja de 270 vacas de Víctor Bello acumula alabanzas y distinciones. Es una explotación modelo, de esas que visitan los presidentes autonómicos y sus consejeros cuando se acercan elecciones. Pero este ganadero de Trazo (A Coruña), que lleva 25 años trabajando 70 horas semanales y sin vacaciones por “vocación”, nunca se ha sentido tan desolado como ahora. 

A 4.000 kilómetros del frente, la guerra de Ucrania ha hecho estallar problemas arrastrados desde hace años en un sector esencial que se siente abandonado. “La subida de costes me ha reventado la caja porque somos los que menos cobramos de Europa por la leche”, resume. Por si fuera poco, la industria láctea ha anunciado que dejará de recogerles los litros que ordeñan a diario por la huelga del transporte. Es la primera vez en su vida que se plantea cerrar.

Bello pone números al desastre. En la Galicia fértil que se permite tener 400 hectáreas de tierras agrarias abandonadas, este ganadero de 46 años depende del cereal foráneo para alimentar a sus reses, sobre todo del que se cultiva en Ucrania, y ahora paga por él 6.000 euros más al mes. En este 2022 su factura de la luz ha escalado hasta los 3.400 euros mensuales, frente a los 1.200 del año pasado. El gasoil para mover su maquinaria cuesta el doble y el precio del fertilizante, que también contiene derivados del petróleo, va camino de triplicarse.

Con la globalización económica, el sector agroalimentario en España, del que Galicia es una potencia, ha aumentado su dependencia del exterior. “Es difícil entender que en la comunidad gallega haya tierras abandonadas y no se usen para producir forrajes” con los que alimentar a los animales, apunta Roberto García, portavoz del sindicato Unións Agrarias. García subraya que en Galicia, donde se produce el 40% de la leche de España, casi el 90% de las granjas venden por debajo del precio de coste fijado por las autoridades cuando aún no había estallado la guerra en Ucrania (40 céntimos el litro): “No puede ser que seamos los que más barato vendemos cuando tenemos costes parecidos al resto. Para bajar esos costes es imprescindible la tierra, usarla para producir forrajes”.

Bello coincide en que la guerra ha hecho estallar errores del pasado. “Hay miles de hectáreas de tierras agrarias en Galicia plantadas de eucaliptos y ahora resulta que dependemos del cereal de Ucrania”. Y plantea una cuestión ante una actividad que se va a pique: “Imaginen que dependiéramos de la carne y la leche de Ucrania. ¿Cómo estaría España ahora?”.

La subida salvaje de costes llega a un sector que lleva muchos años denunciando que se le paga por la leche el precio más bajo de Europa. El margen que obtienen por la venta es ínfimo. El ganadero de Trazo guarda en casa recibos en pesetas de lo que le pagaban por la leche cuando empezó, hace ya 25 años, y ha descubierto con indignación que rondan lo que aún cobra hoy.

Los sindicatos agrarios citan casos de productos lácteos sin apenas transformación en los que intermediarios se han llegado a embolsar beneficios del 600%. La Ley de la Cadena Alimentaria que pretende combatir esos abusos y erradicar la venta a pérdidas no se está cumpliendo, denuncia Unións Agrarias. “El Gobierno pretende que sea el ganadero el que denuncie los incumplimientos, pero la leche es un producto perecedero y si los denunciados no se lo recogen, se pierde. Hay que poner a funcionarios a inspeccionar y sancionar”, defiende su portavoz, Roberto García.

Bello asegura que la crisis en las granjas gallegas es de tal calibre que no quedan fuerzas ni para protestar. “Nos sentimos muy desamparados y no vemos solución. Hemos tenido momentos complicados, pero ninguno como este. Hay un silencio muy jodido…” Cuando él empezó a finales de los noventa, en Galicia se ganaban la vida 100.000 ganaderos; ahora no llegan a 7.000, ilustra.

En este tiempo, Bello cree que la Política Agraria Común (PAC) de la Unión Europea ha ido deteriorando la imagen del campo, presentándolo ante la sociedad como “un sector subvencionado” y “banalizando la leche y la carne”. A su juicio, la UE debería dejar de repartir ayudas para abaratar en origen los productos alimenticios básicos, porque acaban recibiéndolas hasta terratenientes de la aristocracia. “Esas ayudas deberían recibirlas las familias necesitadas para comprar esos productos básicos. Y el productor debería cubrir costes y tener ganancias”, sostiene.

La crisis sanitaria en la que la agricultura y ganadería fueron esenciales y no pararon ni en los peores momentos no ha servido para que este sector se sienta valorado. “Ni con dos años de pandemia se ha dado cuenta la sociedad de que lo primero es comer”, lamenta Bello. Por primera vez se plantea incluso cerrar una explotación en la que también trabaja su pareja y tres empleados. 

A uno de ellos al que se le acaba el contrato el 1 de abril no le puede renovar. Para empezar, deberá pensarse bien, como el resto de sus compañeros, si se lanza a gastar los 70.000 euros que le cuesta la campaña de cultivo de forrajes que se prolonga durante el mes que viene y hasta mediados de mayo. La decisión es peliaguda y dolorosa: “Tengo que pensar si planto forrajes para el año que viene o gastamos los que tenemos y cerramos”."             (Sonia Vizoso, El País, 19/03/22)

17/11/21

Un ganadero gallego denuncia el maltrato a las pequeñas explotaciones: "Nos estáis matando"... Los costes de producción de un litro de leche son de 0,40 céntimos, mientras que la venden a 0,32

"Las pequeñas explotaciones nos estamos muriendo. Cuando yo empecé hace 30 años éramos 35.000 explotaciones en Galicia, y ahora quedamos menos de 6.000″. Estas palabras son de Roberto López, un ganadero lucense que explica a través de un vídeo en Twitter la mala situación en la que se encuentra el sector.

 Los costes de producción de un litro de leche son de 0,40 céntimos, mientras que la venden a 0,32. Esta pérdida se debe, según explica López, al aumento del precio del pienso, electricidad, combustibles, plásticos, cereales… "Nos estamos arruinando, no llegamos a fin de mes".

 "Los pueblos se están quedando vacíos. No hay quien quiera trabajar la tierra, cuidar de los animales… ¿Qué vamos a comer después? ¿De qué vamos a vivir?". El alegato no solo se centra en la defensa del sector ganadero, sino de todo el sector primario. La llamada España vacía es la España de los campos. La despoblación de las zonas rurales lleva también a una pérdida de los trabajos que se centran en la tierra.(...)"                (Tremending, 04/11/21)

11/10/21

Cultivo vermello, ¿qué ocorre detrás dos invernadoiros intensivos de Surexport en Galicia?

 "A implantación de Surexport en Galicia obedeceu no seu momento á expansión que experimentaba o consumo de froito vermello. O aumento do consumo de fresa ou arando trouxo a expansión de empresas como a mencionada e a procura de lugares onde se puidesen cultivar sen grandes esforzos hídricos. 

A todo isto hai que sumarlle o réxime de aluguer de terras a comunidades de montes ou particulares e que boa parte da recollida fana traballadores inmigrantes. Ademais está a impugnación das eleccións sindicais por parte de CCOO e a morte dun traballador inmigrante e as denuncias de posible explotación laboral así como presuntas ameazas ao cadro de traballadores.

 SUREXPORT

As instalacións de Surexport en Baamonde e Cospeito (ambos os dous lugares na provincia de Lugo) son unha ampliación que a empresa con base en Huelva, quere levar adiante para entrar con forza no mercado do froito vermello. “Chegaron e pagaban o dobre por alugar os terreos a comunidades de montes e así retiñan terras” din desde o SLG. Un dos resultados destas prácticas é deixar sen oportunidades aos pequenos produtores para a venda do seu produto.

Por outra parte, as condicións hídricas do terreo en Galicia fan atractivo o terreo para Surexport que en Andalucía se enfronta a problemas de irrigación. Aínda así, segundo denuncia tamén o SLG “non respectan os horarios de rega, porque mentres os agricultores de aquí poden regar mediante aspersión, esta empresa usa o metodo pinga a pinga que consume máis auga”.

“Cando chegaron prometeron postos de traballo mais o que vemos agora é que veñen 300 traballadores, inmigranes a maioría, durante a época da recollida” di Cristian López da CIG. “Esta é unha empresa que vive da súa imaxe con varios lanzamentos comerciais apoiados en actos de presentación”.

“Sabemos que levan aquí desde hai seis ou sete anos cando se puido observar un mar de plástico en Baamonde” di Carlos García de UGT. García sinala que desde o seu sindicato descoñecen os motivos que moveron a Surexport a moverse cara a Galicia.

CONDICIÓNS DE TRABALLO E ELECCIÓNS SINDICAIS

As denuncias sobre as condicións de traballo falan de ausencia de auga potable para o persoal, xornadas de entre 12 e 14 horas, estando expostos mesmo ás horas de máis sol e situacións hixiénicas “deplorables”. Desde forzas sindicais como  SLG denuncian que ás veces “estenden lonas para cubrirse do sol mentres comen e para isto teñen 30 minutos”.

A tempada de recollida ten o seu  punto máis elevado nos meses de verán, aínda que en febreiro xa se achegan traballadores que “preparan o terreo”. Cando remata a tempada de recollida en Andalucía, os temporeiros chegan en autobuses para seren aloxados, nalgúns casos, en vivendas alugadas ás veces carentes dalgúns servizos ou en pensións e locais previamente contratados pola empresa. Así fálase dun local alugado no polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea. “Surexport é unha empresa da que se un traballador encontra outra oportunidade, vaise” di Cristian López. “Se ese traballador ademais se implica na reivindicación de dereitos xa non pode vivir tranquilo”.

Así e todo, o pasado 25 de agosto celebráronse eleccións sindicais, a única candidatura presentada foi a de UGT. Carlos García, representante deste sindicato, apunta que o feito de seren a única candidatura obedece a que “dentro do período electoral é cando se presentan as candidaturas e a nosa foi a única que apareceu”. Desde CC.OO, José Luis López apunta que “tiñamos 11 candidatos para as nosas listas e dun día para outro nos din que non podemos presentarnos porque dimitiron 5 da nosa candidatura”. López sospeita de presións internas desde a dirección da empresa para obrigar a estes cindo traballadores a abandonar a lista.

“Existe unha forte oposición aos sindicatos agás a UGT” di Cristian López. “Non nos puidemos presentar, CCOO tampouco puido presentarse e á parte existen sospeitas de chivatos que informan sobre as candidaturas”. “O que din outras forzas sindicais foi o que lin e vin nos medios, non entro a facer valoracións” di Carlos García “que non houbese outras candidaturas é algo habitual en todos os procesos electorais para comités de empresa”. García engade que “os mesmos traballadores e traballadoras de Surexport teñen visto como os rexeitaban con pancartas mentres eles me din que veñen facer o traballo que non queren facer os españois”.

O día 27 de agosto CCOO lanzaba un comunicado onde se lía que“do censo de 300 electores (en Surexport), votaron 192, 184 en apoio a UGT e 8 en branco.”, confirma o que denunciabamos o mércores pasado, que a votación “van facer o paripé da votación hoxe pola tarde”. Tan paripé debeu ser que mesmo inventou o 87,5% do censo oficial e que votaron 192 cando o máximo posible legalmente eran 160 traballadores/as con dereito a voto”.

INFLUENCIAS POLÍTICAS?

Indo máis lonxe, hai quen apunta á influencia de Ángel Tomé Roca, secretario xeral comarcal de UGT Lugo e irmán do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Esa influencia sobre os procesos electorais en Surexport é para Carlos García unha acusación sen sentido. “É como se un sindicalista non puidese ter un familiar nun alto cargo” e engade ademais que “ante as acusacións de que haxa parentes de Tomé dentro de Surexport en Galicia podo afirmar que non é certo”.

E mentres o proceso electoral entraba na última fase, o pasado 20 de agosto morría un dos traballadores de Surexport. O suceso ocorreu en Castro Ribeiras de Lea cando un temporeiro de 25 anos e orixe romanesa. As informacións que manexa UGT é que esta persoa sufriu un ictus mentres durmía, aínda que non queren pronunciarse antes de que saia a autopsia. Desde a CIG evitan especulacións mentres que CCOO pediu a investigación do acontecido.

Surexport segue traballando terras na provincia de Lugo e a intención é continuar espallando a produción en Galicia. Os prezos que paga por aluguer de terras son superiores a outras oferas, aínda que tamén se acusa a esta empresa de ocupar terreos sen os permisos pertinentes. A investigación das condicións laborais e hixiénicas, así como o esclarecemento da morte dun traballador e a polémica arredor das eleccións sindicais do 25 de agosto, de momento son cuestións que están a influír no comportamento de Surexport.

Galicia Confidencial púxose en contacto vía telefónica con Surexport, en concreto a súa sede central en Andalucía e de aí foi derivado á axencia de prensa. Non houbo resposta telefónica nin ao email que se enviou directamente ás oficinas centrais da empresa."                    (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 27/08/21)

24/3/21

¿Por que a Xunta non pon máis medios para protexer ao gando dos ataques do lobo mentres evita a súa protección? En 2020 os ataques de lobos se duplicaron e que mesmo o número de atropelos destes animais son unha mostra da expansión da especie en Galicia

 "O sector gandeiro e representantes do mesmo consideran insuficientes as medidas para a reparación e prevención do ataque de lobos ao gando. A caza de lobo como medida de control non é unha medida que estea dando resultados idóneos. Sindicatos agrarios reclaman máis investimento en prevención así como unha mellor xestión cinexética do depredador. 

 A polémica arredor da protección total do lobo, prohibindo a súa caza mesmo para o control da especie, puxo en alerta ao sector gandeiro, sobre todo o sector da gandería extensiva. Os propietarios de gando temen a “impunidade” do lobo para atacar as súas propiedades. Voces sindicais apuntan á necesidade de incrementar as axudas por perdas de cabeza de gando ademais dun maior investimento en medidas de prevención.

 Por outra parte, empregar as batidas para o control do depredador segue tendo defensores aínda que as posturas pasan por que sexa a Administración quen leve adiante estas accións ou quen apoia a validez das batidas por cazadores.

 VALORACIÓNS DESDE GANDEIROS E REPRESENTANTES

As medidas preventivas dos gandeiros pasan desde os pastores eléctricos, uso de cans mastíns e peche de fincas. “Non estamos contra a introdución do lobo dentro da lista de especies a protexer, mais non desta maneira” di Joán Alibés, membro do Observatorio Campo Grande, para a mediación entre gandeiros e administracións sobre a convivencia co lobo. “Os medios para convivir con este animal estámolos  poñendo os gandeiros”. “A proposta do Ministerio é un cambio sen diálogo e que está enfrontando posturas”.

O Observatorio editou un documento na súa web onde resaltan a necesidade de que todos os axentes implicados (administracións, ecoloxistas e gandeiros) estean nunha mesma mesa de negociación. A finalidade é que non haxa medidas unilaterais en prexuízo de terceiros.

“Non existe un problema co lobo, unha especie que está en expansión por toda España e por iso non entendemos os cambios lexislativos que propoñen” di Jacobo Feijóo de Unións Agrarias (UUAA). “Cremos que a decisión do Ministerio de Transición Ecolóxica está pouco meditada, cremos que faltan máis criterios científicos e técnicos”. En relación con estas palabras, Jacobo Feijóo sinala que en 2020 os ataques de lobos se duplicaron e que mesmo o número de atropelos destes animais son unha mostra da expansión da especie en Galicia.

 A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, valora que parte dos argumentos presentados non corresponden coa realidade. En coincidencia co UUAA, Vilalba ve necesaria a “participación de todos os sectores afectados ademais de expertos no lobo”. A secretaria xeral do SLG reclama que “necesitamos un plan de xestión para este animal silvestre”.

PREVENCIÓN, MEDIOS E INDEMNIZACIÓNS

“O lobo sempre estivo aí” di José Fernández, pastor de Ourense. “Creo que a caza axuda a controlalo”, apunta Fernández quen tamén lembra unha maneira de “distraer” este animal para non atacar os rabaños. “Antes podías deixar un animal morto no monte, así os lobos tiñan onde comer sen vir ao rabaño”. Actualmente os animais mortos son retirados por empresas de seguros agrarios.

“A alimentación disuasoria pode ser un dos métodos de prevención, usando animais mortos como engado para evitar ataques a rabaños” di Jacobo Feijóo. “Un exemplo sería a cría de cabalo salvaxe, colocando esa alimentación disuasoria lonxe das greas evitaríanse ataques e mortes de cabezas de gando”.

“Hai unha crenza ou visión de que son os tecores e os coutos de caza quen controlan a poboación de lobos” declara Vilalba que engade “a xestión da fauna silvestre corresponde a administración pública e segundo o territorio”, isto último en referencia á densidade de depredadores. Se non houbo batidas de lobos, como se puido ter controlada a poboación dos mesmos? “En 2013 matouse un lobo, mais se temos en conta que as axudas chegan tarde e son insuficientes, o que se está experimentando é un aumento da caza furtiva” sinala Joan Alibés.

Segundo os datos da Consellería de Medio Ambiente, os avisos ao 012 para notificar posibles ataques de lobos foron en 2017, 1.203 avisos; en 2018, 1328; en 2019, 1397 e en 2020, 1.303 avisos.

“Non hai que terlle medo á caza deste animal” sinala Jacobo Feijóo que destaca deste animal a súa posición como “depredador que só pode ser controlado polo ser humano”. Algúns agricultores e representantes sindicais galegos poñen como exemplo o “Modelo Asturias”. Este modelo segue as directrices dun comité de avaliación e o abatemento da  peza fano axentes ambientais.

As conclusións das partes consultadas son en primeiro lugar un investimento maior en prevención. “Hai dous anos no Consello Agrario Galego anunciouse un plan de xestión, aínda non apareceu” di Isabel Vilalba. Pagamento en tempo e forma e segundo o valor real de mercado do gando danado. “As administracións ralentizaron as súas funcións desde 2008 e moitas veces actúan de maneira vitimista, enfrontando sectores e indirectamente, dando argumentos para a caza furtiva” di Alibés. “O investimento en prevención é esencial ademais dunha mellora nas indemnizacións e axudas, porque 500.000 euros ao ano en axudas non cobren as perdas reais” di Jacobo Feijóo.

A prevención é o único camiño que ven as organizacións agrarias e os propios gandeiros para evitar danos por lobo. Esta prevención vai desde o reparto de cans pastores, adestrar os pastores para que saiban utilizar ben este can, aumentar as axudas para medidas de protección e valado, usar técnicas como a alimentación disuasoria e incrementar os orzamentos destinados a cubrir perdas. Por último, que os organismos públicos, ecoloxistas, gandeiros e técnicos conformen mesas de estudo para chegar a acordos que permitan a convivencia coa fauna silvestre."                  (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 22/2/21)

19/6/20

Milleiros de gandeiros galegos únense en demandas colectivas millonarias contra grandes empresas lácteas

"Nas últimas semanas, campañas publicitarias de diferentes bufetes de avogados animan granxas galegas a unirse a demandas contra o denominado cártel do leite, un conxunto de empresas lácteas ás que a Comisión Nacional de Mercados e a Competencia (CNMC) multou o pasado ano por intercambiarse información en prexuízo dos gandeiros, "que se viron privados de liberdade para negociar o prezo e escoller clientes en función deste". 

A piques de se cumprir un ano daquela sanción de máis de 80 millóns de euros, e de rematar o prazo o vindeiro 11 de xullo para presentalas, son milleiros os gandeiros de Galicia que se están a sumar ás demandas para reclamar as cantidades que terían deixado de percibir pola manipulación do mercado levada a cabo polas empresas entre 2000 e 2013. 

Sindicatos e organizacións gandeiras, algunhas en colaboración con bufetes de avogados especializados --mesmo chegados de Madrid e Barcelona--, están a ultimar diversas demandas colectivas ás que se uniron xa milleiros de explotacións e polas que se reclaman cantidades de centos de millóns de euros. A merma de ingresos das explotacións durante o período sancionado, segundo a resolución da CNMC e as estimacións de equipos xurídicos e despachos de avogados, roldaría entre o 10 e o 13%, sobre tres céntimos por cada litro de leite vendido.

"Consideramos que cada gandeiro podería reclamar de media máis de 200.000 euros", aseguran desde Eskariam, un dos despachos de avogados especializados neste tipo de casos, que se publicita estes días en Galicia e que asinou un acordo coa asociacion Agromuralla para xestionar as demandas dos seus asociados. Desde este colectivo, xurdido en Lugo ao abeiro das últimas grandes mobilizacións gandeiras, aclárase que son xa 150 as granxas que se uniron á súa demanda. 

"Serán moitos máis nestas últimas semanas", aclaran desde Agromuralla, mentres levan a cabo reunións informativas de última hora e advirten da necesidade de apoiarse en bufetes especializados porque "ante unha batalla coma esta, contra multinacionais, hai que levar as mellores armas". "Isto é semellante ao das cláusulas solo e non se pode ir de calquera maneira a este conflito", din, ademais de aclarar que a demanda "non é só cuestión de cartos, senón de tratar de disuadir as empresas lácteas para que estas prácticas mafiosas non se volvan producir". 

As reclamacións inclúen, como aclara Unións Agrarias (UUAA), "non só o diferencial entre o prezo anormalmente baixo pagado por litro de leite e o que os gandeiros deberan ter cobrado, senón tamén a indemnización polo cesamento da actividade de moitas explotacións que se viron obrigadas a pechar". O sindicato, que foi quen puxo a denuncia que deu lugar á sanción da CNMC, compareceu no procedemento desde o inicio e reuniu xa máis de 2.000 gandeiros para a demanda, tamén doutras comunidades como Asturias, Castilla y León ou Extremadura. Non cobra polos trámites aos afectados, que só pagarán unha porcentaxe da indemnización recibida. No caso do despacho Eskariam, o cobro só se levará a cabo se gañan a demanda e en base á cantidade recuperada.

O labor do equipo xurídico das organizacións agrarias --mesmo co persoal reforzado pola abundancia de denuncias-- ou dos despachos de avogados é abondoso e clave pola importancia de achegar todos os documentos e facturas posibles que xustifiquen a venda do leite entre os anos 2000 e 2013. Abonda un repaso a anuncios e campañas publicitarias para se decatar da magnitude dun proceso que implica moitos bufetes, tanto de Galicia como doutras partes do Estado. 

Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) destacan tamén a avalancha de peticións de información e de casos que se están unindo á demanda que, no seu caso, é tramitada polo bufete barcelonés Redi, especializado en litixios deste tipo contra cárteles e na reclamación de danos por infraccións do dereito da competencia. "Como adoita pasar, moita xente espera á última hora; nas últimas semanas está sendo moita a xente que se está a unir ao proceso", explica Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG, que leva desde o outono pasado informando en asembleas comarcais das posibilidades que se abren con esta reclamación xudicial. Van centos e centos de persoas xa que presentaron a súa documentación para adherirse ao procedemento. "E serán máis", avisa.

O proceso é inxente, especialmente no caso de Galicia. Hai agora 20 anos, cando as empresas lácteas empezaron con estas prácticas irregulares, operaban no país máis de 30.000 explotacións lácteas, máis da metade do total en España. Entre 2000 e 2013, arredor de 30 millóns de toneladas de leite producíronse nas explotacións galegos, o 40% de toda a produción estatal. 

"Son uns 35.000 potenciais demandantes só en Galicia", explica Félix Porto, coordinador xurídico de UUAA, que aclara que a cantidade total a reclamar será moi importante, pero que dependará moito do número final de gandeiros que se unan ás demandas e de cadansúa produción. "Tamén hai que convencer moita xente que é escéptica, ten dúbidas ou non sabe das consecuencias", engaden desde Agromuralla. 

De feito, advirte Félix Porto, as organizacións agrarias atópanse "aínda en proceso de captación". "Moitos dos gandeiros non están informados desta posibilidade, algúns porque hai tempo que tiveron que pechar a explotación e outros porque pensan que só pode denunciar aquel que vendese o leite ás empresas que foron sancionadas por Competencia", di. Non é así.

Aínda que Competencia sinalou unhas poucas compañías (Pascual, Nestlé, Shreiber Food, Capsa, Lactalis, Industrias Lácteas de Granada e Danone) e dúas asociacións (a de Empresas Lácteas de Galicia e Gremio de Industrias Lácteas), o "pacto de prezos fraudulento" que denunciaron as agrupacións gandeiras acabou por fixar uns importes artificialmente baixos. Toda granxa que vendese leite cru de vaca entre 2000 e 2013 pode reclamar, aclaran os despachos de avogados implicados, que advirten tamén de que aqueles que pechasen a explotación ou que estean xa xubilados

Serán, xa que logo, milleiros. "En Galicia, con que só fose un 20% dos potenciais demandantes os que reclamasen, estaríamos falando duns 7.000... As cantidades a reclamar, tendo en conta que se inclúen os intereses, serían moi importantes, pero variarán moito dependendo da produción de cadaquén", insiste Porto, que aclara que queda aínda tamén esperar polos recursos que interpuxeron as empresas lácteas sancionadas por Competencia. 

No caso de que a Audiencia Nacional --e no seu caso o Tribunal Supremo-- ratifique, aínda que sexa en parte, as "prácticas ilícitas contra o libre mercado", ábrese a posibilidade á reclamación. Será, daquela, cando milleiros de gandeiros, na súa inmensa maioría galegos, aspiren a recuperar o que deixaron de percibir por mor do acordo do cártel do leite. Centos de millóns de euros e milleiros de explotacións pechadas despois. "                    (Miguel Prado, Praza Pública, 19/06/20)

6/6/18

Gandeiros, agricultores, madeireiros e cazadores reivindícanse como "a solución" para o rural galego

"Centos de gandeiros, silvicultores, agricultores, madeireiros, cazadores, pescadores e mineiros axuntaron forzas este domingo nunha manifestación en Santiago na que denunciaron "o abandono" do rural e alertaron das consecuencias para o sector da normativa da Xunta sobre a limpeza de leiras para evitar incendios.

A manifestación iniciouse na Alameda de Santiago, ao redor do once da mañá. Baixo o lema "Creamos vida no rural, non somos o problema, somos a solución", os participantes proclamaron que "no rural caben todos" e reivindicaron o feito "histórico" da unión de máis de 70 organizacións de sectores que abarcaban desde o forestal até o cinexético.

Deste xeito, na mobilización, encabezada por Unións Agrarias, puxéronse de manifesto distintas problemáticas do medio rural, desde as consecuencias da última normativa sobre franxas forestais contra incendios, á Política Agraria Común ou o desprestixio social da caza.

Tanto o sector forestal como o agrario alertaron, en primeiro termo, da "preocupación" existente sobre a norma sobre limpeza de leiras e a ameaza de multas para os propietarios que non cumpran coas franxas de seguridade a partir do 1 de xuño.

Xosé Manuel Iglesias, o presidente do Clúster da madeira de Galicia, advertiu que "é imposible pór sobre as costas do habitante do rural a limpeza dun territorio que é de uso público, iso hai que xestionalo, ou xerando economía ou prestacións, nin con todos os recursos poderase executar o plan, nin nun prazo tan curto para limpar nin recoller".

Respecto diso, engadiu que no rural "hai persoas maiores traballando todos os días coa motoserra". "Aínda non sei como non se producen máis accidentes, a xente está preocupada, cren que vai haber denuncias, multas", engadiu.
Unha situación, derivada do novo prazo establecido do 1 de xuño, que asegurou que está a provocar "colapso na limpeza das leiras", porque o sector non ten capacidade para recoller a madeira que se está xerando.

Tamén desde Promagal, a federación de produtores de madeira de Galicia, o seu presidente, Ramón Reimunde, censurou a normativa da Xunta e, de forma concreta, as distancias establecidas, que tacha de "excesivas".

Especificamente, criticou as franxas "de 15 metros de protección nos ríos" e de 10 metros nas estradas principais. "Estamos moi preocupados polas distancias, as establecidas ás casas e núcleos urbanos son bastantes razoables e hai que defender iso, outra cousa son as estradas e os ríos, porque se hai lume, non van valer de nada", aseverou.

Como alternativa, propón que a administración "expropie" os terreos que se sitúan nas franxas das estradas, ao entender que, "se non, a Xunta se vai de rosiñas, pon unha lei e quen ten que pagar os custos é o propietario, que non pode producir madeira e ten que gastar diñeiro en rozar".

Ademais, a falta de explotación dos terreos que se sitúan nas franxas de protección das estradas e que suman, segundo as súas cifras, preto de 100.000 hectáreas en Galicia, provoca que non se obteñan "uns 50 millóns de euros".

 Desde Unións Agrarias, o seu secretario xeral, Roberto García, puxo o foco na reclamación dunha maior implicación da administración na defensa do sector rural, alertando de que "o gran inimigo do rural non son os pescadores, os cazadores ou os silvicultores, o gran inimigo do rural é o abandono" e que "a ausencia de gandeiros e agricultores, que son os que permiten que as vagas de lumes se poidan atallar".

O responsable de Unións Agrarias puxo tamén no punto de mira a negociación da Política Agraria Común na Unión Europea, esixindo que desde España se loite por manter "un status orzamentario no futuro da PAC", para evitar que en "Galicia se sigan pechando aldeas que xestionará o lume e o xabaril".

DEFENSA DA CAZA

Pero ademais dos sectores agrogandeiro e forestal, na manifestación déronse cita numerosos colectivos vinculados á caza en Galicia, que defenderon a súa historia "ancestral" e a súa vinculación ao medio rural galego.

"Os cazadores non votaremos a traidores" ou "Si á caza como deporte", foron distintos lemas que se puideron ver na protesta.

Coa súa presenza, denunciaron o "desprestixio social" da caza e reclamaron que se cumpran os seus "dereitos". "Consideramos que temos dereitos, como os doutros que van ao monte a por cogomelos ou a andar en bicicleta", explicou un dos participantes, Joaquín Soria.

PARTICIPACIÓN DO PORTAVOZ DO GRUPO SOCIALISTA

A mobilización tamén estivo apoiada polo portavoz do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que reivindicou que no rural poidan "convivir todas as actividades".

Preguntado sobre a socialista galega Pilar Cancela, que soa nas quinielas como posible Ministra de Agricultura do novo Goberno, sinalou que se trata "dunha competencia expresa de Pedro Sánchez".
"Espero que haxa presenza galega e que o goberno asuma unha axenda galega", resolveu."                  (Galicia Confidencial, 03/06/18)

2/10/17

Indignación no rural polas sancións á veciñanza que axuda na vendima ou a apañar patacas

"Mesmo a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reaccionou este mércores á campaña de fiscalización e control que está a levar a cabo Inspección de Traballo en diferentes zonas de Galicia, nalgúns casos xunto a axentes da Garda Civil, controlando e abrindo expedientes pola participación de persoas non contratadas na recollida de patacas, no ensilado do millo ou na vendima. 

Non é unha fraude, como advirten os afectados, senón a man habitual que familiares e veciños botan nestes labores agrícolas sen contraprestación económica ningunha e cun xantar entre amigos -de habelo- como única recompensa. Pero iso moitos terano que demostrar nos seus recursos ante os expedientes xa abertos con propostas de sanción.

"Pódovos ensinar fotos de cando se recollen as patacas na miña casa e están desde os pais aos veciños pasando polos campos; poden estar a axudar a apañar as patacas os xubilados e os nenos, é algo que se fai e que é normal", advertiu a titular de Medio Rural, que pediu "respecto" aos costumes e tradicións e que "os inspectores sexan conscientes desa realidade galega" e que non vaian "máis aló". 

Desde o sindicato Unións Agrarias, (UUAA), que denunciou a situación, advirten de que isto "vén de lonxe" e que non é a primeira vez que ocorre. Houbo inspeccións nas últimas semanas na vendima, nomeadamente na provincia de Ourense, e tamén na recollida de patacas en diferentes comarcas galegas. 

"O ano pasado xa houbo varias propostas de sanción que se recorreron e se gañaron no xulgado e desta vez temos que agardar porque aínda están en fase de instrución", di a Praza.gal Roberto García, secretario xeral de UUAA, que advirte de que, "gañando ou non por vía xudicial, os gastos dos trámites, de avogados ou de asesoría xa supoñen unha multa para o afectado". 

 "Sempre nos acaban dando a razón porque non hai contratación fraudulenta ningunha; non defendemos que se poña a traballar xente sen contrato, que é algo que hai que controlar, senón defendendo un modelo básico de traballo en todas as parroquias de Galicia", engade. 

"Están vulnerando a lei", asegura García sobre as propostas de sancións. No Estatuto dos Traballadores, como lembra, advírtese que quedan excluídos da normativa "os traballos realizados a título de amizade, benevolencia ou boa veciñanza", ao igual que os de familiares. Os inspectores acuden ás leiras e piden DNI ou libro de familia dos que alí colaboran. 

"É mala fe e ansias de rapina que todos os esforzos de Inspección se centren na colaboración familiar; se queren comprobar onde hai fraude, xa lles digo eu onde buscar", insiste Roberto García, que di non ter "constancia" de control ningún para certificar que a venda de patacas a almacenistas se faga conforme á lei, que obriga a que se faga cun contrato por escrito anterior e cunha negociación equilibrada. 

Ademais, pídelle a Medio Rural que, "máis aló dunhas palabras da conselleira", se poña "á fronte e ao cargo da situación e busque unha solución co Estado". 

Ángeles Vázquez dixo ter solicitado xa ao seu departamento un informe sobre os expedientes abertes polo Ministerio de Emplo porque, aclarou, ten que preocuparse polo seu "sector". Con todo, quixo marcar a diferenza con algún caos de produtores que poidan ter traballadores temporais "sen estar asegurados". 

Así, defende que haxa controis como en calquera outro sector "polo ben del e dos traballadores", pero non dubida en amosar o seu apoio ás queixas daqueles que son inspeccionados por colaboración familiar ou de amigos nas tarefas agrícolas. 

Malia que a lexislación semella bastante clara, UUAA xa anunciou que se reunirá cos partidos políticos galegos par alevar ao Congreso unha proposta de modificación do réxime de colaboración familiar no ámbito laboral queu clarifique aínda máis a situación e e vite inspeccións "escandalosas" que só buscan "recaudar a toda costa para a Facenda". 

Malia todo, Roberto García non ve nestes controis "un caso illado", senón un caso máis dos que "intentan crear unha falsa idea de fraude fiscal" nos traballos agrícolas. "Están pasando moitas cousas raras nesta que Feijóo denominaba a lexislatura do rural", quéixase o secretario xeral de UUAA.

 Así, lembra o catastrazo -a obrigada regularización de galpóns, cabanas ou inmobles accesorios nas explotacións-, a revisión da transmisión de dereitos de pagamento único da PAC, as inspeccións que consideran as permutas como compravendas obrigando a tributar como se fosen vendas individuais, a redución de máis dun 20% da bonificación do gasóleo profesional, os atrancos para a incoroporación de xente nova ao rural ou a limitación do complemento de renda que teñen os pensionistas que venden castañas ou uvas. "O que buscan é encher as arcas", di. "                  (Praza pública, 28/09/17)

8/9/15

Los ganaderos rodean y colapsan Santiago con más de tres mil tractores «ata que haxa prezos xustos»

 
 (La Voz, Foto:   
"Los ganaderos siguen en pie de guerra para demandar precios justos que paren la sangría de explotaciones lácteas y garanticen su viabilidad. Con los tractores acampados en Lugo con carácter indefinido, la protesta se amplificó ayer en Santiago, convertido en el segundo plató de sus movilizaciones. Más de 3.000 productores, según cifras de la organización que la subdelegación del Gobierno rebajó a 800, colapsaron con sus vehículos los accesos y principales vías, de donde no los moverán al menos hasta el jueves.

 Y lanzaron su ultimátum: si antes de ese día -cuando además está convocada una reunión de todo el sector con la ministra- no obtienen garantías para fijar un precio mínimo, irán a una huelga de entregas. Feijoo, que trasladó su apoyo a los ganaderos, volvió a poner la pelota en el tejado de la UE. También sindicatos y oposición miran a Bruselas, pero exigen además medidas a Xunta y Gobierno.

Las medidas de presión seguirán hoy: los tractores rodearán dos de las principales grandes áreas comerciales de Santiago. «Se temos que morrer, imos morrer de pé», proclamó Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias. «O gandeiro galego non pode esperar como o asturiano a que haxa un acordo dentro de dous meses», añadió, apuntando además que el Ejecutivo central tiene que garantizar esta semana la retirada de los contratos que estén por debajo de los costes de producción, que ronda los 27 céntimos el litro. 

 Por el Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, apremió también a adoptar decisiones para la retirada de los excedentes de producción que tiran los precios. En la misma línea, Francisco Bello, de Asaja, apuntó la intención de los ganaderos de mantener su lucha si no se concretan acuerdos.  (...)


Los más de 3.000 ganaderos que ayer se manifestaron en Santiago tenían previsto el inicio de su marcha a las 12 horas, pero el primer tractor no abandonó hasta las dos más tarde el recinto de Salgueiriños, donde se habían concentrado desde las 11 horas.

 Echaron a andar haciendo sonar sus cláxones y circulando lo más despacio posible para hacerse notar. Tan lento se desplazaban que tardaron casi una hora en completar el primer kilómetro y medio del recorrido, que sumó un total de 10,3 kilómetros. Es la mayor concentración desde que en julio se retomaron las tractoradas.

Tras pasar por la sede de la Xunta, en San Caetano, bajaron por la avenida de Castelao y las calles de Vista Alegre y Salvadas, donde ya ocuparon los dos carriles de circulación impidiendo que el resto de los vehículos pudieran utilizar la vía. en Galeras, uno de los puntos donde más complicada es la circulación en Santiago, los tractores quedaron parados el tiempo suficiente para que muchos manifestantes bajasen de los tractores para comprar botellas de agua o ir al servicio.

Al llegar a la zona de O Pombal, la columna de tractores enfiló hacia el campus universitario para girar al llegar al Hospital Clínico en dirección al túnel de Romero Donallo. En esta avenida, otra de las arterias principales de la ciudad, los tractores volvieron a detenerse colapsándola casi por completo. Sin embargo, la gran mayoría de los compostelanos, pese a las molestias, mostraba su apoyo a los ganaderos aplaudiéndoles y vitoreándoles.

Tras otro buen rato parados, los tractores prosiguieron su marcha, pero en la avenida de Lugo, justo a la altura de la estación de trenes, se detuvieron ocupando toda la calle para cortar por completo el tráfico en esta vía, que es la que concentra la mayor parte de la circulación en sentido norte-sur. Cuando retomaron la marcha ya había caído la tarde y el objetivo estaba conseguido: colapsar el tráfico en Santiago."                   (s. lorenzo, X. melchorsantiago / la voz, 08 de septiembre de 2015)

9/7/15

A encrucillada do sector lácteo... entre o cesamento nas recollidas, os prezos máis baixos do Estado e as propostas cosméticas do goberno español

"O sector do leite na Galiza está en crise. Iso non é ningunha novidade. Após a desaparición das cotas e da aprobación dun novo pacote lácteo en Madrid a caída dos prezos e o incumprimento dos contratos asinados entre as explotacións e a industria tornáronse nun continuum. Porén, nas últimas semanas a situación empeorou logo do cesamento da recollida en orixe por parte da empresa luguesa Leite Río. 

Inicialmente foron explotacións de Teixeiro, A Terra Chá, Mazaricos, Santa Comba e Vimianzo mais a entidade, titularidade de Jesús Lence, comunicou a gandeir@s de Rodeiro (A Coruña) que deixaría de lles recoller o produto a partir do 15 de xullo. En total unha vintena de explotacións que manexan por volta de 17 mil litros ao día. 

A imaxe do sector volve a ser cisternas vertendo leite ao chan, quer na estrada, quer nos predios, como símbolo de protesta polo que está a acontecer. E é que, para alén do máis, segundo os dados --provisionais-- fornecidos pola Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), a produción leiteira descendeu no noso país un 7,5% a respeito do pasado ano. Fronte ás 617.721 toneladas de maio'14, neste exercicio rexistráronse 208,05 toneladas; por volta de 18 mil menos. En troca, no conxunto do estado a produción aumentou un 6% polo puxe de territorios como Catalunya, Castela e León e Asturies. 

Aliás, Galiza continúa a ser o territorio cos prezos en orixe máis baixos (0,284) fronte aos 0,306 céntimos de media no conxunto do Estado español. Esta cifra supón unha queda de 0,072 céntimos a respeito do pasado ano. 

A resposta de Madrid 

Perante este contexto, un dos máis críticos para o sector nos últimos anos, as organizacións agrarias, xuntos con outros axentes, promoveron a constitución dunha plataforma en defensa do leite galego coa que encetarán unha campaña de mobilizacións para reclamaren medidas urxentes aos gobernos español e galego. 

Entrementres, en Madrid, o Ministerio de Agricultura convocou o 7 de xullo a Interprofesional Láctea (INLAC), órgao que abrangue a respresentantes da produción e transformación xunto coa propia administración. Após o encontro, a ministra, Isabel García Tejerina, anunciou as medidas que adoptará o goberno español para atallar a crise do sector.
As tres grandes iniciativas que impulsará a administración española será o pulo pola constitución de organizacións de produtores lácteos (OLP) supra-autonómicas para o que o executivo creará unha liña de axudas de 1 millón de euros através do propio Ministerio. 

Doutra banda, Tejerina anunciou a posta en andamento dunha campaña de comunicación cuxo obxectivo sexa incentivar o consumo de leite; da aprobación de avais públicos para que as explotacións con dificultades económicas opten a créditos bancarios e o control das vendas por baixo dos custes de produción (dumping) nas grandes distribuidoras alimentarias, unha tarefa que, dixo, asumirá a Axencia de Información e Control Alimentar (AICA).
Desde as organizacións sindicais advirten que as medidas aprobadas "están ben" mais "son a medio prazo" polo que, sinalan, "necesitamos medidas urxentes para o 20% das explotación que están a cobrar o leite entre 18 e 22 céntimos" por litro, asegurou en declaracións recollidas por Campo Galego Román Santalla (UPA) após a xuntanza da Interprofesional.
Neste senso, manteñen a convocatoria dunha mobilización para o 17 de maio así como as demais accións que teñen previstas desenvolver, entre elas unha tractorada. "Non vemos ningún motivo para desconvocar". "               (Sermos Galiza, 09/07/2015)

5/2/15

" A vaca vai seguir cagando"

"O gandeiro multado en Santiago con 750 euros logo de que as súas vacas defecaran nunha estrada pública anuncia que se non lle retiran a sanción irá ata o Tribunal contencioso administrativo.

"Iso non resolve o problema. A vaca vai seguir cagando". Jorge Piñeiro, o gandeiro de Santiago multado con 750 euros por ser os responsables de que as súas vacas teñan defecado nun vial público está disposto a ir ata o Tribunal contencioso administrativo se o Concello de Santiago non lle retira a multa.

Tras a presentación dun recurso, o Concello de Santiago decidiu rebaixar a sanción a 500 euros, aínda que Piñeiro asegurou que a súa intención é a retirada total da multa, polo que presentou outro escrito do que aínda non ten resposta. “Vou ir até o final", dixo.

O gandeiro acusa á presidenta da asociación de veciños de “mentireira” e di que xa solicitou unha licenza de obras para habilitar outro paso para o gando que executará á menor brevidade.

Piñeiro estivo este venres apoiado por integrantes da Fruga e do BNG que, baixo a lema 'Non as sancións' ou "Goberno de compostela: a bosta nas pistas non é delito', acompañárono ao Concello." (Galicia Confidencial, 31/01/2015)