Mostrando entradas con la etiqueta Cantonalismos: Viguismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cantonalismos: Viguismo. Mostrar todas las entradas

16/2/23

Abel... é, sen dúbida, o político máis prodixioso da Galicia de hoxe. Ninguén como el levou a autopromoción a un nivel tan elevado... Parte do seu acerto foi detectar ese elemento químico, de desexo de autoafirmación, que existía en Vigo. El vehícula esa pulsión... Abel desfruta a alcaldía. A súa hiperactividade non pode senón vir da felicidade... O gran logro de Abel foi darlle á cidade confianza nas súas posibilidades. Dende o inicio fixo cousas. Tal vez non moi reflexionadas, pero fíxoas. Abel dispara en todas as direccións. Poida que sen moito tino, seguro que pomposo e rimbombante, pero muda a cidade... Cando acabe a súa quenda, cal será o legado de Abel Caballero? Cal a súa impronta na eternidade viguesa? Non só Barcelona ou Bilbao souberon reinventarse. Hai moitos espellos nos que mirarse. Pero hai que querer mirar... debería ser o Concello de Vigo o que propulsase iniciativas en favor da agregación económica con Portugal e presionase á Xunta

 "Sen dúbida, o político máis prodixioso da Galicia de hoxe chámase Abel Caballero. Ninguén como el levou a autopromoción a un nivel tan elevado. Fronte a el, Alfonso Rueda ten un aspecto claramente destinxido e insulso. Feijóo destacaba pola ousadía, que o levaba impartir leccións sobre literatura checa a un auditorio de intelectuais sen probablemente ter aberto unha páxina de Kafka na súa vida, pero está claro que ninguén pode competir con Abel no terreo de converterse nunha icona de arte popular. Pode que o Sereo e o Dinoseto compitan con el, pero só dentro de Vigo. Fóra, no ancho mundo, el é a mensaxe.

Abel é kitsch, pero un kitsch autoconsciente e iso é o que lle dá o seu principal encanto ante auditorios diversos. Pessoa podería escreber “o alcalde é um fingidor”, non como acusación, senón como exacta descrición do alcalde de Vigo. En todo caso, a pregunta que xorde, espontánea, é a de se o personaxe non estará comendo á persoa.

 Pero que é un finxidor está fóra da discusión. O seu inglés macarrónico é unha pose de coquetería nun economista que estudou en Cambridge. Todos sabemos que ama facer o pallaso para reclamar a nosa atención e seducirnos cos seus excesos grandilocuentes. Tanto pode inaugurar miles de cousas, como bailar ¡con 76 anos! break dance, deleitarnos cunha exhibición de wish wish ou presentar en Castrelos a non importa que cantante que pasará de moda antes ca el. Parecería que o inspira o estilo Disneylandia como cando, o pasado 5 de xaneiro, fixo que inaugurasen a Porta do Sol os Reis Magos. Disney: vende animación e felicidade á súa clientela.

O seu olfacto populista lévao a facer cousas impredicibles e grandiosas. É un artista ao Jeff Koons. Cándo lle prendeu dentro da cabeza a luz de que prender once millóns de luces fóra dela sería un reclamo case cósmico? Pagaría por ter estado aí nese momento. No acendido do 2022 declarou: “La International Space Station está ahí arriba para retransmitir la Navidad de Vigo”. Despois da campaña declarou que o Nadal tiña deixado 1.000 millóns de euros en Vigo. Igual podía dicir un billón. É unha cifra imposible e inverosímil, que ninguén pode tomar en serio. Aparentemente non ten problemas coa hipérbole. 

 Parte do seu acerto foi detectar ese elemento químico, de desexo de autoafirmación, que existía en Vigo. El vehícula esa pulsión: os seus opositores deberían tomar nota. Pero iso non sería nada se Abel Caballero non se descubrise a si mesmo, á súa vez, coma un neno con zapatos novos na función de alcalde. Estou seguro de que así como Fraga atopou auténtica e íntima satisfacción na Presidencia da Xunta de Galicia, Abel desfruta a alcaldía. A súa hiperactividade non pode senón vir da felicidade.

Sería un erro ver nel un Paco Vázquez bis

Sería un erro ver nel a un Paco Vázquez bis. Primeiro, porque Abel supera cooosmicamente a Paco. Comparten elementos, dende logo: o histrionismo, a entoación engolada, certa afectación, e, dende logo, o uso da confrontación cun inimigo retórico. Que resulta ser Santiago, sede capitolina menor, vida a menos nos últimos lustros. Pero Paco Vázquez tamén lle atizaba a Vigo cando estaba do humor apropiado como cando pronunciou aquel “Sarna para Vigo”. A Abel, de momento, non se lle coñece algo dese calibre en relación a Coruña. Así e todo, hai unha rivalidade entre as dúas cidades que vén de lonxe. Sería necio ignoralo.

Pero Abel non é Paco. Grazas a Deus. Xacobino si é, pero non busca a bronca nin ten a capacidade de condicionar a política galega que tivo Vázquez. Nunca entendín, por certo, os ditirambos que merecía Paco Vázquez en xente aparentemente intelixente. Non foi un bo alcalde para A Coruña nin un bo líder socialista para Galicia. Se Inditex non aparecese, e Inditex non tivo nada que ver con nada que fixera Vazquez, A Coruña sería hoxe unha sombra fantasmal, chea de centros comerciais, iso si. A través do lobby da Coruña condicionaba a axenda galega en favor de intereses escuros pero perfectamente identificables, especialmente inmobiliarios.

 Por outra banda, ninguén pode dicir que o Paco Vázquez de hoxe non estaba aí xa in nuce. Era un agent provocateur da España carpetovetónica como o segue sendo hoxe: foi unha das persoas que sondeou Vox para presentar a moción de censura a Pedro Sánchez.

Abel comezou a ser alcalde aló polo 2007, xusto ás portas da crise. Vigo estaba xa en depresión crónica, pero neses anos o estado anímico da cidade descendeu en picado. As rúas eran unha sucesión de comercios pechados e o casco vello non coñecía o actual momento de gloria. A diferenza de calquera cidade galega non tiña unha zona de viños marcada. Esas aventuras da sociabilidade –ou da súa falta- son moi indicativas do pulso dunha cidade. Despois da apertura do novo hospital en Beade, o barrio de Casablanca corría un serio perigo de dexeneración.

O gran logro de Abel foi darlle á cidade confianza nas súas posibilidades. Dende o inicio fixo cousas. Tal vez non moi reflexionadas, pero fíxoas. De feito, non parece que Abel Caballero teña un modelo definido de cidade na súa cabeza e, se o ten, parece que aposta por unha cidade de servizos o que, neste momento, talvez é contradictorio coa dirección do mundo, que tende a relocalizar actividades e industrias por mor do crecente conflito coa China, e coa propia historia da cidade. No seu momento Abel parecía tomar en consideración propostas de Outro Vigo é posible, como as que aludían á recuperación da Panificadora con outros usos, pero iso xa pasou a historia. Dende logo, no concello de Vigo non se move unha folla que non pase polo seu escrutinio: exerce unha forma de poder persoal, entre Portanet e Mitterrand.

En todo caso, dende que é alcalde, un centro que parecía desarborado e en decadencia vai tomando folgos do Berbés a Vía Norte. Abrir Vigo ao mar, a iniciativa de Carlos Príncipe, marcou un camiño. Non cabe dúbida de que a Cidade da Xustiza, Vialia e outras obras contan no seu haber na percepción xeneral, mesmo cando sexan outras administracións as que as construíron. O ascensor Halo ten todas as trazas de converterse nun símbolo futuro da cidade, facendo masa coas escaleiras mecánicas da Gran Vía e os ascensores diseminados por unha cidade na que as diferenzas de cota efectivamente separan.

Dispara en todas dirección, poida que sen tino, pero muda a cidade

Abel dispara en todas as direccións. Poida que sen moito tino, seguro que pomposo e rimbombante, pero muda a cidade. E aínda que non sempre a muda para ben, está claro que ten éxito entre os electores. Un dos grandes problemas de todas as cidades é a mobilidade. A construcción de cada vez máis aparcadoiros non é a solución. Habería que combinar medidas urbanísticas a escala non só da cidade e fomentar unha mellor conexión coa área metropolitana –a nostalxia polos tranvías está xustificada- cunha maior aposta polo transporte público, incluído o marítimo. É unha clave inevitable.

De feito, a área urbana de Vigo-Pontevedra é a máis poboada de Galicia. E forma parte da emerxente eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que cada vez dá máis trazas de conformar un mercado potente. Portugal ten toda unha estratexia de Estado que subliña a integración ferroviaria coa península, precisamente privilexiando a conexión con Galicia e a explotación da dimensión marítima reforzando o investimento nas estruturas portuarias. Son dúas dimensións válidas tamén para Galicia, polos imperativos da xeografía. Especialmente para Vigo e a súa área metropolitana que é quen máis ten que gañar. A natureza deu aos portos galegos unhas condicións das que Leixôes, por exemplo, carece.

Abel, nese sentido, pensa miudiño, tal vez porque é alérxico a calquera cousa que non poida controlar. Pero ese é o futuro. Hai pouco tempo podíase ler nun xornal: “Galicia perde a factoría de Airbus en favor do municipio portugués de San Tirso pola ausencia de política industrial da Xunta”. E así é. Pero debería ser o Concello de Vigo o que propulsase iniciativas en favor da agregación económica con Portugal e presionase á Xunta. Tamén puidemos ler: “Lisboa axiganta a súa oferta industrial cunha alianza entre Braga, Guimarães, Barcelos e Famalicão”. Fan falla máis indicios do que pode e debe facerse? Non é moi útil lamentarse a diario, como fai a prensa local, se un non deseña estratexias proactivas, e iso vale tanto para a Xunta como para o concello. Pecharse nos límites do concello non é bo para Vigo nin para Galicia.

Cando acabe a súa quenda, cal será o legado de Abel Caballero? Cal a súa impronta na eternidade viguesa? Talvez a súa hiperactividade debería pararse a pensar e poñer sobre a mesa un modelo de cidade menos ditirámbico pero máis ambicioso. Un que, sen demérito do turismo e os servizos, contemple unha maior diversificación do seu tecido industrial, mire ao océano coma un horizonte de posibilidades e entenda a Vigo coma un nó fundamental da eurorexión Galicia-Norte de Portugal. Á fin e ao cabo, ten unha maioría absolutísima que segundo todas as enquisas vai revalidar. Non só Barcelona ou Bilbao souberon reinventarse. Hai moitos espellos nos que mirarse. Pero hai que querer mirar." (Antón Baamonde , eldiario.es, 12/02/23)

10/2/10

20.000 vigueses secundan la llamada de Caballero en contra de la fusión



"Cerca de 20.000 personas salieron ayer a la calle para manifestar en Vigo su rechazo a la fusión de cajas que plantea la Xunta. En la cabeza, el alcalde, Abel Caballero, que en las últimas semanas no se cansó de repetir que iba a ser una concentración histórica. Junto a la plana mayor del PSOE local, caras conocidas del movimiento vecinal, algún sindicalista destacado de UGT, mandos intermedios de Caixanova y, por lo menos, tres de sus cinco directores generales adjuntos (Domingo González Mera, Juan Díaz Arnau y Gregorio Gorriarán) participaron en la marcha.

Ni José Luis Pego, director general, ni Julio Fernández Gayoso, el presidente, lo hicieron. Tampoco los dirigentes empresariales de la Cámara de Comercio, el Club Financiero y la CEP, contrarios a la integración. "Hay mucha presión de la Xunta, mucha subvención que se puede perder", comentaba un alto cargo de una de esas organizaciones.(...)
Pasadas las nueve de la noche, Caballero ascendía entre aplausos al estrado situado en la Porta do Sol: "Hoy estamos mostrando nuestra firmeza. Estamos diciendo que Vigo tiene que ser tenida siempre en cuenta, que nunca más intenten quitarnos lo que es nuestro o negarnos lo que por derecho nos corresponde. Queremos continuar con nuestro progreso", dijo.
Caballero vinculó el liderazgo de Vigo en Galicia a la labor de Caixanova y apostó por continuar en ese papel "en Galicia y en España, sin privilegios pero sin trabas". Cifró en 300.000 personas la asistencia.
Mientras, la gente se apiñaba alrededor de la estatua del Sireno al grito de "Nunca máis" y "Vigo sí, Coruña no" (El País, ed. Galicia, Galicia, 10/02/2010, p. 1)

"El veredicto ciudadano dictó ayer que Vigo se opone a la fusión de la cajas gallegas, sin unanimidad, pero por mayoría. Una multitudinaria manifestación recorrió ayer las calles de la ciudad convocados por el alcalde, Abel Caballero, para plantar cara a la unión de Caixanova y Caixa Galicia. Fue una movilización atípica, sin lema, símbolos políticos ni consignas, aunque con una carga extra de sentimiento. Miles de personas, entorno a las 30.000 con un cálculo generoso, se tiraron a la calle y gritaron ante lo que consideran un ataque al corazón de Vigo.
El regidor vigués afirmó ante una Porta do Sol abarrotada que se trataba de “la mayor manifestación de la historia” y cerró la marcha con el himno gallego. El Concello informó de forma oficial a las ocho y media de la tarde, cuando la cabeza de la manifestación se acercaba a su final, que se habían congregado “más de 300.000 personas” y justificó la estimación en que “todavía no ha arrancado la cola de la manifestación desde Vía Norte”.
Lo cierto es que la convocatoria resultó un éxito y Caballero logró anoche un importante respaldo a su cruzada antifusión que desde hace meses mantiene como cabeza visible de los que se oponen a la reestructuración financiera de las cajas. A pesar del gran apoyo recibido, los cálculos apuntaban a una cifra bastante superior y los detractores de la marcha encontrarán argumentos para asegurar que Vigo no se opone de forma unánime." (Xornal.com, 10/02/2010)