Mostrando entradas con la etiqueta Cajas de Ahorro: quiebra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cajas de Ahorro: quiebra. Mostrar todas las entradas

11/1/22

Novacaixagalicia, caso pechado

 "Este 2022 é o ano do décimo aniversario da fin, a todos os efectos, da efémera e quebrada aventura da fusión das que foran grandes caixas de aforro galegas, Caixanova e Caixa Galicia. En febreiro daquel ano, o daquela ministro de Economía, Luis de Guindos, ratificaba que o Goberno do PP de Mariano Rajoy tiña a intención de vender "o antes posible" as entidades rescatadas, caso da naquela altura denominada Novagalicia Banco.

"Punto e final", declararon daquela dende o banco que meses atrás fora rescatado definitivamente cunha inxección de case 2.500 millóns de euros do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB). Novagalicia Banco (marca comercial de NCG Banco S.A.) fora a entidade creada para asumir o negocio bancario de Novacaixagalicia. A caixa fusionada durara como tal apenas medio ano malia recibir o visto e prace do Banco de España para a súa creación e aínda que a Xunta apadriñara a operación como "solvente" esgrimindo un informe encargado por 1 millón de euros á consultora KPMG que presentou como "auditoría" que "avalaba" a fusión, malia non ser tal.

 Será tamén neste 2012 cando se fagan dez anos da inxección definitiva de cartos públicos á operación, máis de máis de 5.000 millóns procedentes do rescate bancario. En total, unha factura de case dez mil millóns de euros da que, segundo acreditou o Banco de España, uns 9.000 poden ser dados por perdidos. Os mil restantes, en contas redondas, foron os que achegou o venezolano Banesco para quedar coa entidade a finais de 2013 e transformala na actual Abanca, que en 2019 xa lograra sumar beneficios equivalentes ao triplo do que lle custra mercar NCG.

 Todos estes aniversarios produciranse despois doutro: o pasado 14 de decembro de 2021 cumpriuse un ano dende que a comisión de investigación que segue tendo -formalmente- no Parlamento a encomenda de culminar as pescudas sobre aquela fracasada fusión realizou o seu último trámite. É a comisión que o PP accedeu a abrir por terceira vez tras as eleccións galegas de 2020, cando xa pasaran sete anos dende que fora creada por primeira vez. Cinco deles estivo completamente paralizada.

O pasado verán de 2021, cando xa transcorrera un curso parlamentario completo sen que a comisión movese un só papel, os grupos da oposición xa amosaban escasa sorpresa por unha parálise que en ningún caso pode virar en movemento se a maioría absoluta do PP non o permite. Noa Presas, deputada do BNG na comisión, subliñaba que alén da "cosmética", os populares seguen sen "vontade de ir máis alá" porque "Núñez Feijóo foi directamente responsable do que acontece, avalando persoalmente a fusión". O Bloque, resaltaba, continuaba coa "clara vontade de chegar ata o final, caia quen caia". [A Xunta despachou en cinco páxinas o aval á fusión das caixas que agora envía ao Parlamento por orde xudicial]

 Para Pablo Arangüena, do PSdeG, a enésima paralización evidenciaba a "falla de interese do PP en que se saiba o que pasou". Pero tamén "forma parte dunha estratexia de paralización e entorpecemento das funcións do Parlamento", consideraba, "moi na liña da Xunta: facer que se fai, pero sen facer nada".

Con este pano de fondo, o Parlamento disponse a retomar a vindeira semana a súa actividade coas primeiras xuntanzas da comisión que analizará a futura reforma do financiamento autonómico. Non hai perspectiva ningunha de retomar a comisión sobre unha fusión que, de cando en vez, rexorde en autos xudiciais ou en documentos que apenas logran eco. Caso pechado."             (David Lombao, Praza Pública, 09/01/22)

9/4/21

A vaga expansiva do colapso de Novacaixagalicia aínda marca o tecido empresarial galego dez anos despois

 "O colapso de Novacaixagalicia, entidade resultante da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova, en plena crise financeira hai unha década, provocou importantes consecuencias no tecido industrial e empresarial de Galicia. A entidade fusionada, rescatada con máis de 9.000 millóns de euros dos que as arcas públicas apenas recuperaron 1.000, tivo que desfacerse da súa participación en múltiples empresas antes de ser privatizada, como tempo atrás foran facendo as caixas e como logo seguiría facendo Abanca. 

Na lista, multitude de empresas de fóra e dentro do país das que as herdeiras das antigas caixas foron saíndo do seu capital, pero tamén a maior empresa de residencias de Galicia, a compañía de telecomunicacións R, a conserveira Calvo ou a vella Pescanova. 

Porque a fusión das dúas caixas galegas en 2010 traía tamén consigo a enorme carteira empresarial de ambas, con máis de 200 empresas participadas e a necesidade de soltar lastre. Antes mesmo da súa unión, entre 2005 e 2010, a venda de diferentes participacións reportáralles ás dúas entidades 1.900 millóns de euros.

Abandonado xa o capital de Unión Fenosa, tras a adquisición da enerxética por parte de Gas Natural, as caixas impulsaron aínda varias empresas galegas como R, da que esta semana se soubo que volvería cambiar de mans coa opa que MásMóvil lanzou sobre Euskaltel, o seu actual propietario

En 2008, Caixanova mercou o 35,44% da compañía de cable que tiña Unión Fenosa, pasando a controlar a empresa co 66% das accións e co obxectivo, segundo manifestara a entidade, de manter a "galeguidade" da operadora 

Menos de dous anos despois, e case a un tempo coa fusión das caixas, o fondo de capital risco CVC Capital Partners, con sede en Luxemburgo, facíase cunha participación do 35% e unha opción de compra doutro 35% que consumaría só uns meses máis tarde, ata alcanzar o 70% do accionariado. Caixanova volvía quedar co 30% ata que, xa en 2015, Euskaltel compra todas as accións por case 1.200 millóns de euros. Aquela venda achegoulle a Abanca máis de 265 millóns

R, aínda mantendo marca e sede en Galicia, perdeu a súa galeguidade, a mesma á que aludira o presidente da Xunta sobre unhas caixas que viraron nun banco dun grupo venezolano. Por agora, Abanca conserva do pasado de Caixanova arredor de 8 millóns de accións en Euskaltel, o 4,5% do total, e aínda non está decidido se acudirá á opa de MásMóvil, que lles proporcionaría uns 90 millóns de euros. 

Sería desfacerse do último vestixio das caixas na compañía de telecomunicacións, apenas un símbolo da participación que as antigas entidades de aforro tiñan en tantas empresas galegas --e non galegas-- e ás que o proceso de fusión, o plan de recapitalización, as exixencias de Bruxelas e a súa fonda crise obrigaron a soltar lastre.

A antiga Pescanova é un dos exemplos. En 2011, xa como Novacaixagalicia (NCG), a entidade pasou en poucos meses de controlar máis dun 30% das accións da empresa a quedar a practicamente cero en catro operacións de venda, abandonando a firma alimentaria que logo acabaría na quebra coñecida.

Foi case a un tempo no que se desfixo tamén das pequenas participacións que NCG tiña na principal eléctrica portuguesa, EDP (1,2%), ou na concesionaria Brisa (2,2%). Un proceso de desinvestimento que continuaría en 2012 cando Novacaixagalicia vendeu o 10% de Autovía del Barbanza, o 44,7% do Banco Etcheverría, o 13% de Allarluz, o 3,5% de Sacyr ou o 2,6% de T-Solar. 

Naquela altura, antes da súa privatización total, Novagalicia Banco, a entidade propiedade de NCG, culminou a marcha dos restos das caixas galegas na conserveira galega Calvo tras longas negociacións para vender a un grupo italiano a participación indirecta que a entidade tiña a través de Ponto Inversiones, que ostentaba un 22,2% do grupo alimentario.

Pouco antes, fora a quenda de Geriatros. O colapso das caixas acabou por deixar en mans de multinacionais a empresa de residencias --agora denominada DomusVi-- con máis casos de coronavirus e máis polémica ao seu redor en Galicia. Foi outra das derivadas da desfeita das entidades e da súa fracasada fusión, que tamén se notou na dispoñibilidade de crédito no mundo da pequena empresa durante os últimos anos. 

As desaparecidas grandes caixas galegas entraron no sector das residencias de maiores en 2003, Caixanova e o Banco Gallego -entidade participada pola caixa do sur- mercaron a totalidade das accións de Geriatros, empresa galega fundada en 1994 que daquela facturaba uns 4 millóns de euros anuais.

Geriatros pasou a ser propiedade de Novacaixagalicia, que tamén xestionaba residencias de maiores a través de Sogaserso, sociedade creada dende a Xunta en 2006 en cuxo accionariado participaba cun 45% o Goberno galego. No ano 2010, tras o retorno do PP ao poder, o Executivo abandonou a entidade, que caeu nas mans das caixas pouco antes da fracasada fusión.

Con 27 residencias e unha vintena de centros de día, Geriatros pasou ao terreo da compra e a venda entre fondos de investimento multinacionais. NCG Banco vendeu na ao fondo de investimento portugués Magnum Capital. En 2015 foi vendida ao fondo francés PAI Partners por uns 300 millóns de euros, que tras formar un conglomerado no sector, acabou con Geriatros nas mans doutros dous fondos: o británico ICG e o francés SRS. 

Á fronte da compañía, sempre Josefina Fernández, conselleira delegada, que se incorporou a Geriatros no ano 2000, que en 2017 presentaba a nova marca, DomusVi, con sede en Vigo e que hai só uns meses daba conta, eludindo calquera responsabilidade, do impacto da COVID nos seus centros e advertindo dos perigos dun sistema público

Novagalicia non pararía aí, tras desfacerse pouco despois da súa participación en NH Hoteles e outras moitas compañías coas que foi saltando lastre ata que, a finais de 2013, o grupo venezolano Banesco quedaba cos restos das caixas galegas nunha venda na que foron recuperados apenas 1.000 millóns do rescate. Segundo acredita o Banco de España, outros 9.000 xa foron dados por perdidos

A partir de aí, Abanca continuou cun proceso de desinvestimentos aínda pendentes e que, por exemplo en 2014, reportoulle ao banco 34 millóns en 17 operacións tras desfacerse do 100% de Resgal Ferrolterra ou do 50% de Novamab, para pouco despois saír tamén do capital de Adolfo Domínguez, onde mantiña un 5%. 

Desde 2013 e ata 2018, a entidade bancaria sumou 800 millóns en vendas de importantes participacións industriais, sobre todo a través de grandes operacións anuais que empezaron con R en 2015 e seguiron logo con Cupa, CLH, Tecnocom ou Itínere.

No caso desta última, propietaria da Autoestrada do Atlántico (AP-9), o montante da operación foi duns 723 millóns de euros e significou a fin do derradeiro vínculo galego que quedaba nesa vía de comunicación. No verán de 2018, Sacyr oficializaba o acordo con Abanca e Kutxabank, as herdeiras das antigas grandes caixas de aforros galegas e vascas, a venda de cadansúas partes en Itínere Infraestructuras, o grupo empresarial propietario de Autopistas del Atlántico (Audasa). Xuntas sumaban o 55,6% do capital de Itínere e, no caso de Abanca, administraba as accións que foran de Novacaixagalicia.

Naquela altura, e á vez que estas grandes operacións, Abanca levaba a cabo tamén outras pequenas pero relevantes como as levadas a cabo no sector audiovisual galego, ao abandonar o capital de Filmax ou Filmanova, ou a saída de Cogami, de Vinum Terrae ou de aseguradoras como Artai.

Na actualidade, a maior participada de Abanca é Nueva Pescanova, cuxo control custoulle 41 millóns pero que ten un valor de 6,7. Ademais, a entidade herdeira das caixas galegas é a propietaria do Deportivo da Coruña, onde posúe algo máis do 76% dos títulos tras a capitalización da maior parte da débeda contraída e tras levar a cabo un rescate que evitou males maiores no club coruñés. Con ambas empresas endebedadas e en perdas, a folla de ruta marcada en ambos casos é case idéntica: a reestruturación máis axiña posible para unha futura venda e sen vocación de permanencia a longo prazo."                     (Miguel Pardo, Praza Pública, 04/04/21)

30/12/20

Un informe “demostra” que a Xunta non comprobou as contas das caixas antes de aprobar a fusión. Anova considera probada a “responsabilidade política” de Feijóo na “ruinosa fusión” das caixas.

 "Sete anos máis tarde, a fusión das caixas galegas ameaza con dar un novo golpe sobre o taboleiro político galego, malia os receos do actual Presidente da Xunta a que o tema volva formar parte da actualidade parlamentaria. A administración autonómica vén de publicar o informe da Consellería de Facenda elaborado en 2010 e que por aqueles anos serviu como xustificación para a fusión das caixas. E as conclusións non son boas para o goberno da Xunta.

 Cando menos, así o considera a formación política Anova, a quen os tribunais acabaron dando a razón neste proceso para que a Xunta entregara toda a documentación do proceso mentres formaban parte de AGE. Para eles, o informe “demostra a neglixente actuación de Feijóo” no que sería a “ruinosa fusión” das caixas. A denuncia fundamental da plataforma é que a Xunta fundamentou a súa actuación nun informe-proposta –o presentado este martes 29—que non contaba con auditoría algunha que o apoiara. E o informe, cómpre sinalar, foi desenvolto pola propia Consellería de Facenda.

O documento en cuestión, asinado por Marta Fernández Currás o 11 de novembro de 2010., vén de saír á luz ante a presión xudicial, xa que, de acordo con Anova, o goberno do PP en ningún momento facilitou o documento á Comisión de investigación do Parlamento, que era encargada de dilucidar as posibles responsabilidades políticas “da maior creba financeira de Galiza nas últimas décadas”, segundo a formación.

Dende Anova teñen claro que a “ocultación” practicada pola Xunta tiña moito que ver coa responsabilidade da Xunta do proceso. A “falta de transparencia e obstrución do labor parlamentario convertéronse na norma do Executivo de Núñez Feijóo para evadir responsabilidades e render contas”, subliñan. Neste aspecto, as críticas da plataforma oriéntanse ás conclusións do documento, que, sosteñen, deixa “á vista de todos a insolvencia do seu informe” como aval da operación financeira en cuestión.

SEN AUDITORÍAS EXTERNAS

A denuncia da plataforma vén dada pola “omisión” da Consellería da Facenda, que segundo sosteñen debía actuar como auditora da situación das caixas. A problemática é que o informe “non vai acompañado de ningunha auditoría respecto da información financeira achegada polas Caixas”, que se dá por boa sen máis. De xeito paralelo, tampouco conta con análise externa algunha.

A formación subliña en concreto que o informe “non fai referencia ningunha nin tan sequera á sonada auditoría de KPMG, que como se desvelou no seu día nin foi auditoría nin contiña unha recomendación favorable á fusión. “Pese ao dito en público o goberno sabía en realidade non avalaba a operación senón máis ben todo o contrario”, concluíu o voceiro nacional da plataforma Antón Sánchez. “É dicir, a Xunta autorizou a operación cun informe de 5 páxinas da conselleira responsable, sen que se fundamentase en ningún informe económico-financeiro previo que a avalase”, apuntou."                 (Galicia Confidencial, 29/12/20)

15/10/20

Fume, xenuflexión e abismo: as tres claves da política económica que quebrou as caixas galegas e derreteu Pescanova... porque foi necesaria unha suma exorbitante de xenuflexións múltiples ante o paso de Gayoso-Méndez para que o abismo pasara desapercibido. É unha vergoña, pero é así...

 "O pasado martes unha sentencia da Audiencia Nacional poñía en cuestión a fusión das caixas galegas no mesmo día en que o mesmo órgano condeaba a Manuel Fernández de Sousa a oito anos de cárcere por falsear as contas de Pescanova. O rescate das caixas significou 9.000 millóns de euros de diñeiro público mentres que a modesta cifra de débeda que intentou ocultar Manuel Fernández ascende aos 2.000 millóns. A pregunta é: pechan esas sentencias un ciclo? Son xa causa xulgada?

Escribía hai case dez anos Josep María Vallés que se o século XIX español vivíu a desamortización da terra e o final do século XX contemplou o das empresas públicas, a desaparición das caixas de aforros compuxo, no século XXI, unha terceira desamortización que permitiu traspasar un enorme volume de negocio –o 50% do negocio bancario en España– a mans dos bancos privados. Se a primeira desamortización non alterou a estrutura da propiedade da terra, e a segunda deixou intocado o carácter oligopolítico de grandes empresas fornecedoras de servizos como Telefónica, Repsol ou Aldeasa, a terceira constituíu un enorme bocado que tragaron ou van tragar con enorme beneficio os grandes bancos.

A crise bancaria de 2008 supuxo enormes esforzos –paro, pobreza, desafiuzamentos e suicidios– que habería que lembrar, aínda que sexa un tópico afirmar que as sociedades contemporáneas teñen memoria de peixe. Non é fácil saber as cifras do rescate bancario dada a opacidade coa que se manexan estas cousas pero o economista Juan Laborda calcula que as axudas ao sector bancario –medidas de capitalización, adquisición de activos, garantías e avais, préstamos e liñas de liquidez– rondan os 730.000 millóns de euros. A folla de ruta pactada por políticos e grandes banqueiros co fin de acabar coas caixas de aforro, transformándoas en bancos privados cumpriuse ao dedillo.

Quérese dicir que hai que enmarcar a desaparición das caixas galegas nun proceso máis amplo de oligopolización do sistema financeiro español. Rajoy e Zapatero, movidos polo estoupido da burbulla, e por unha Merkel que quería, naturalmente, que as súas caixas e bancos cobraran os préstamos, puxeron o marco normativo. O Banco de España, como fixo sempre, non controlou nin vixiou absolutamente nada e, pola súa vez, a Xunta aplaudiu con entusiasmo, ata o último día, calquera desfeita dos próceres económicos do país. E así se escribiu a historia.

Pero ese proceso de oligopolización, que fai ouvidos xordos ao perigo do too big to fail [demasiado grande para caer], aínda está en curso. A última noticia foi a entente cordiale Bankia-Caixabank pero todo induce a pensar que as fusións, bendecidas polo BCE e o Banco de España continuarán. Abanca pode ser unha das entidades a fusionar. De feito, na prensa económica lese que Abanca tentou ou está tentando esa posibilidade co Banco Sabadell. Non é a única opción posible.

Se así fóra, a historia se repetiría: pecharían sucursais, despediríanse traballadores, empeorarían salarios e condicións de traballo, etcétera. O máis probable é que Abanca, unha entidade que forma parte de Banesco, non sexa a estación termini do grupo venezolano. Polo demais, á oligopolización bancaria séguelle como a súa sombra á concentración empresarial. Pescanova está hoxe en mans de Escotet: Abanca posúe máis do 80% das accións de Nueva Pescanova. Así se pecha o bucle das dúas sentencias.

Que o destino de Abanca deba enmarcárse nun contexto máis xeral non significa que as cousas non puideran ter sido doutro modo. O mesmo que a conducta do emérito non tería sido posible sen o silencio cómplice e a aquiescencia de tirios e troianos, a desastrosa xestión das caixas galegas non sería posible sen o concurso necesario dunha sociedade con baremos de información obxectiva e exame crítico por debaixo de cero. 

 Foi necesaria unha suma exorbitante de xenuflexións múltiples ante o paso de Gayoso&Méndez para que o abismo pasara desapercibido. Os dous despediunos non unha sociedade, a galega, escrupulosa cos seus negocios e intereses, senón un ninja –no job, no income, no assets– de Alabama. É unha vergoña, pero é así.

Se os dous gobernaron, con ánimo bonapartista, transformando entidades de carácter social sen ánimo de lucro, ao servizo do desenvolvemento económico do país, en fincas privadas no que as súas camarillas obtiñan pingües beneficios non foi, non puido ser, sen o conformismo de tantos e a complicidade dos beneficiados. A historia das dúas caixas espero que sexa agora mesmo obxecto dalgunha tese que dea conta dos detalles. Un só dato impresionista: a Gayoso nomeuno Portanet, alcalde sen o que non se entende o Vigo de posguerra, no ano 1965 e durou ata 2012. Un caso de libro de autoreproducción das elites. Pola súa banda, Méndez foi o financeiro do lobbie coruñés que, durante moito tempo, marcou a axenda de Galicia. Hai que entender as contornas dos dous, se queremos entender algo.

Tal vez niso é no que hai que incidir. É fácil arrincar pólas da árbore caída pero agora o que importa é extraer conclusións para que a sociedade galega non caiga nunha inopia culpable na que o chibo expiatorio sexa, como sempre, a condición da auto absolución dos propios pecados. Atrévete a pensar, escribiu un clásico, e por suposto que a ignorancia pode ser deliberada. Mirar para outro lado nunha sociedade de intereses mestos e na que erguer a voz pode significar a morte civil encerra unha confesión de culpa. Tal vez agora mesmo estean sentándose as bases do próximo desastre.

(A miña versión do que pasou outrora publiqueina neste medio noutra ocasión e aquí a deixo para quen teña curiosidade)

O que, naturalmente, non lle quita responsabilidade concreta a Feijóo, nin ao Banco de España, nin, por certo, as auditoras –KPMG– que santifican calquera cousa que lles poñan por diante. Feijóo, claro que axudado polos grandes medios de comunicación do país, é un mestre do ilusionismo. Un toque de variña por aquí, un toque por aló e voilá! é capaz de facer desaparecer o elefante na sala. Ás veces Feijóo é presidente, outras, só un señor que pasaba por alí e que escoitou algo nalgunha parte. Pode dar, para xustificarse, os mesmos argumentos que Rodrigo Rato –que a culpa é dos que tiñan que vixíar o que el facía para que non o fixera– ou negar con descaro ao Parlamento galego –o núcleo da soberanía popular– a información que precisa para deliberar con criterio formado. Sabe que nas portadas do día seguinte nin tan sequera se mencionará tal ínfimo detalle...

A primeira responsabilidade dun gobernante é ter unha idea de a que porto hai que levar o barco. E non parece que Feijóo saiba, soubera ou, nin tan sequera, quixera saber nalgún momento a onde ir. Coa mentalidade dun profesional da política, dos que tanto abundan, todo se queda para el en administrar unha finca no día a día sen gastar o cerebro en ter unha perspectiva. No seu período de goberno producironse, entre outras, a desaparición do Banco Pastor, de Caixa Galicia e CaixaNova, do Etcheverría, do Banco Gallego, de R, ou a chusca historia de Pemex que tamén se verá nos xulgados. Veremos o que pasa con Alcoa. Só o traslado dos servizos centrais do Banco Pastor a Madrid supuxo a perda de 800 postos de traballo. Ao tempo, a sede fiscal de certo número de empresas vaise para un Madrid que practica o dumping fiscal con enorme prexuízo para outras comunidades. Pola súa vez, a industria agroalimentaria sucumbe ao capital foráneo. E suma e segue.

Naturalmente que a Xunta só pode facer o que pode facer e non outra cousa. Pero si pode ter algún plan. E o certo é que non hai en Galicia política económica digna dese nome, nin, en realidade, política económica ningunha, fóra de cadrar as contas. Non se ve iniciativa ningunha. É un país, todos o sabemos máis ou menos conscientemente, de pouco futuro cun goberno que vende moito fume. Claro que vivimos mellor que hai unhas décadas, e que hai maior produtividade, e que a renda per cápita mellorou. Pero ao mesmo tempo, hai datos que mostran que o horizonte se achata. A poboación esmorece, as empresas galegas desaparecen e os rapaces mellor formados emigran en masa alí onde podan atopar traballos cualificados. A Madrid, a Berlín ou a Shangai.

Que Deus nos libre de que as grandes empresas do país –Citröen, Inditex– entren en crise porque sería tráxico para Vigo e Coruña. En Galicia non hai ningún debate consistente sobre o futuro económico do país e sobre os posibles camiños a transitar. Sabemos que a AP-9 é un pesado fardo que levamos enriba grazas a Álvarez Cascos e que hai que poñer en valor as nosas cidades e a interrelación co norte de Portugal –o así chamado Eixo Atlántico– e que habería que investir en I+D+i e facer aínda que fora algúnha breve análise DAFO da situación, pero todo iso ocupa pouco espazo e ningunha decisión executiva.

Pero non se ve que ninguén pegue un chío. Galicia vai ben, que diría o ínclito. Todo vai perfecto cun goberno que di que sabe o que fai, mentres o tecido industrial esmorece e se sabe que Galicia perderá 200.000 habitantes nos próximos dez anos. Sucede que, en Galicia, os periódicos son como son, os partidos políticos son como son, e, tal vez, a fin de contas, a xente, a que manda algo, é como é."                (Antón Baamonde, eldiario.es, 11/10/20)

8/10/20

La Audiencia culpa a Caixa Galicia de la quiebra de las cajas gallegas

 "La Audiencia culpa a Caixa Galicia de la quiebra de las cajas gallegas. El juez cuestiona la fusión, impulsada por la Xunta y que costó al Estado 8.000 millones

La sala de lo Penal de la Audiencia Nacional afirma en un auto del pasado día 1 que las ayudas públicas que en 2010 recibió la fusión de las cajas gallegas, que ascendieron a 9.000 millones de euros, fueron motivadas por “la situación económica financiera en la que se encontraba Caixa Galicia antes de la fusión”. “CaixaNova nunca habría sido intervenida si no se hubiera visto obligada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NovaCaixaGalicia (NCG)”, añade. La caja, convertida en banco, se vendió en 2013 a Abanca y el Estado perdió 8.000 millones. La operación fue impulsada por la Xunta de Galicia.

Es la primera vez que la Audiencia Nacional entra de lleno a dar su opinión sobre cómo se hizo el proceso de fusión de las cajas de ahorros, que reportó grandes pérdidas para los contribuyentes. Y lo ha hecho de una manera indirecta, pero con una carga de profundidad contra los supervisores del Banco de España y los políticos gallegos que pilotaron esta operación.

La Audiencia aprovecha el auto para dar su opinión sobre la fusión de las cajas gallegas, y concluye que la operación se debió “a la situación económica financiera en la que se encontraba Caixa Galicia, la caja nacida en A Coruña, antes de la fusión. CaixaNova —la entidad alumbrada tras la unión de las cajas de Vigo, Orense y Pontevedra) nunca habría sido intervenida si no se hubiera visto obligada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NCG”.

¿Cómo llega la Audiencia Nacional a la conclusión de que CaixaNova era una entidad sana y que acabó intervenida y vendida a Abanca por los daños que sufrió al unirse a Caixa Galicia? ¿Por qué dice que la entidad fue “obligada”?

Entre los documentos que se aportaron a la causa, a los que ha tenido acceso EL PAÍS, hay dos de gran importancia. El primero es un documento de la inspección del Banco de España de julio de 2009, meses antes de que se planteara la fusión, que dice que Caixa Vigo “podría vivir por sí sola aunque con dificultades y esfuerzo”. Se decía que sus debilidades eran la exposición al riesgo promotor y el ajustado capital, pero no pedía “cambios en el equipo gestor” porque estaban mejorando el control del riesgo y bajando gastos,

El otro documento aportado sobre CaixaGalicia arrojaba un resultado diferente. Tras analizar los estados financieros a marzo y septiembre de 2009, se concluye: “La justeza de solvencia hace que se considere su perfil de riesgo muy alto, siendo cuestionada su viabilidad como entidad independiente”. Describe la “desafortunada expansión de la caja desde 2005, con una agresiva política de créditos sin reforzar los controles de riesgos y financiándose en los mercados mayoristas”.

Según un tercer informe del supervisor, a final de 2009 se inician los contactos de la fusión. Esta operación fue rechazada por los directivos de CaixaNova, que buscaban una alianza con Caja de Murcia y Cajastur, que estaba formando Liberbank, según fuentes conocedoras de la operación.

Empujón institucional

Sin embargo, en enero de 2010 la Xunta de Galicia encargó un informe a KPMG y afirmó que el estudio concluía que la operación era “viable y solvente”. Con ese informe, instó a los directivos a formar “la gran caja gallega y mantener los centros de decisión en Galicia”. Sin embargo, tiempo después, KPMG afirmó que su informe no era ni una auditoría ni un aval para la fusión. NCG quebró y terminó en manos del banquero venezolano Juan Carlos Escotet, tras pagar 1.003 millones en 2013. El Estado, previamente, había saneado la entidad con 9.000 millones, por lo que los contribuyentes perdieron 8.000 millones en el tercer rescate más costoso de la banca española.

El juzgado central de Instrucción número 5 indicó hace un año que la Audiencia Nacional debía juzgar si había delito en la concesión de un crédito de CaixaNova —la antigua Caixa Vigo, Ourense y Pontevedra—, por 43,16 millones de euros. El FROB, el fondo de rescate, que administró la caja tras su quiebra, envió esta operación a la Fiscalía Anticorrupción por si había algún delito. Pero la Audiencia rechaza investigar ese crédito fallido.

Se pidió juzgar si había habido “administración desleal de gestión fraudulenta o apropiación indebida”, según el auto, al prestar esta cantidad a la sociedad Marina Atlántica para construir un puerto deportivo y una urbanización de lujo en Cangas de Morrazo (Pontevedra). La Audiencia Nacional dice en el auto no ser competente, ya que el posible delito se cometió “integra e indiscutiblemente en Pontevedra” por lo que no tiene ámbito nacional y devuelve el caso a la Audiencia Provincial de Pontevedra. No sin antes explicar que el importe del crédito investigado “no produjo ningún tipo de situación de riesgo para la viabilidad de la extinta caja”.     (Íñigo de Barrón, El País, 06/10/20)


"A Audiencia Nacional culpa a Caixa Galicia da quebra das caixas e sinala a Xunta por impulsar a fusión "obrigada".

A Audiencia Nacional incide con contundencia no fracaso da fusión das caixas galegas e sinala responsables. Nun auto do pasado 1 de outubro, culpa a Caixa Galicia da quebra e o posterior rescate das entidades e advirte da responsabilidade da Xunta por impulsar malia todo unha fusión que precisou máis de 9.000 millóns de euros públicos, dos que se perderon practicamente todos.

"A única razón pola que o FROB interveu foi pola situación económico-financeira na que se atopa en 2010 Caixa Galicia antes de que se producise a fusión", din os tres xuíces da sección 2 da Sala do Penal nun auto que adianta Faro de Vigo e ao que tivo acceso tamén Praza.gal no que a Audiencia Nacional se declara incompetente para xulgar ex-dirixentes de Caixanova polo suposto prexuízo.

Nunha opinión inédita da Audiencia Nacional, o tribunal carga con dureza contra o proceso e as decisións e propostas dos supervisores do Banco de España e da Xunta de Galicia, que impulsaron unha fusión que supuxo unha xigante perda para os contribuíntes ou milleiros de aforradores afectados polas preferentes.

O auto supón a constatación de algo tan sabido xa como obviado por moitos dos seus protagonistas: o rescate das caixas foi provocado pola quebra da entidade do norte e a fusión acabou sendo imposta a Caixanova, que "nunca tería sido intervida se non fose obrigada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a Novacaixagalicia". 

Segundo conta tamén El País, hai documentos do Banco de España que deitan luz sobre a situación das entidades. Un de apenas un ano antes de confirmarse a fusión advirte de que Caixanova "podería vivir por si sola aídna que con dificultades e esforzo". Outro advirte de do "risco moi alto" na solvencia de Caixa Galicia, da que se dubida da "súa viabilidade como entidade independente" pola "desafortundada expansión da caixa desde 2005, cunha agresiva política de créditos sen reforzar os controis de riscos e financiándose nos mercados maioristas". 

A principios de 2010, e malia as recomendacións evidentes en contra, a Xunta irrompe co xa famoso informa solicitado a KPMG. Logo de defender a "solvencia" e "galeguidade" da futura entidade, o Goberno galego esgrimiu este documento que presentara como unha "auditoría externa" que "avala a solvencia da fusión". 

En realidade, como transcendería posteriormente e como a propia KMPG reiteraría en público nos anos seguintes, a consultora nunca realizou unha auditoría nin "avalou" a fusión. Tratábase dun informe que "en ningún caso era unha auditoría" e que "non recomendaba a fusión" que acabou celebrándose, tal e como advertiu no Parlamento e no Congreso dos Deputados un dos executivos que o elaborou. Si incluía unha "recomendación", pero non era fusión paritaria, senón "a absorción de Caixa Galicia por parte de Caixanova".

Tras o nacemento de Novacaixagalicia, a mediados de 2011, e logo da inxección de varios miles de millóns de euros polas novas esixencias da lexislación estatal, a entidade viuse empurrada a transferir o seu negocio bancario a unha entidade de nova creación, Novagalicia Banco, a mesma que será definitivamente rescatada polo Estado a finais de ano con outros 2.465 millóns. 

O novo banco pasaba a ser público pero non por moito tempo. Un ano despois, o Estado culminou a súa venda por uns 1.000 millóns de euros ao grupo venezolano Banesco. Cos restos das caixas, Banesco creou Abanca, entidade que a comezos deste ano xa sumara en beneficios máis do triplo do que lle custara mercar Novagalicia Banco.  

Polo camiño quedaron máis de 9.000 millóns de euros públicos -segundo cálculos efectuados polo Banco de España en 2019.

Alberto Núñez Feijóo di que lle "sorprende moito" que o auto da Audiencia Nacional "fale da solvencia das caixas" e sobre un proceso que se discute pola vía penal. 

Preguntado sobre as consideracións do tribunal, que culpa a Caixa Galicia do rescate e sinala a Xunta por impulsar unha fusión "obrigada", o presidente da Xunta volve botar balóns fóra e acusa o Banco de España por ser "quen dixo que había que fusionar as caixas por motivos de solvencia".

"Se o Banco de España non actuou de forma correcta, pois non o sei, pero o que si digo é que a decisión da fusión, ademais de que a comunidade autónoma e o Parlamento por maioría pedísemos a fusión caixas, é do Banco de España", dixo Feijóo, a quen atribúe a decisión "definitiva". 

Con todo, Feijóo dixo que aínda tiña que ler a "sentenza" --en realidade é un auto de apenas dous parágrafos-- e que habería que "reflexionar ben" sobre ela. Ademais, insistiu en que "o Banco de España, sobre solvencia de entidades financeiras, é o máximo órgano regulador que temos en España e que existe". Xa por último, nada aclarou sobre a petición da oposición de reabrir a comisión parlamentaria de investigación sobre o proceso que deu lugar á entidade fusionada. "           (Praza Pública, 06/10/20)

"La Audiencia Nacional señala a la Xunta como responsable de la quiebra de las cajas gallegas por su empeño en incluir a Caixa Galicia en la fusión.

 La Audiencia Nacional asegura que Caixa Galicia no se encontraba en condiciones de sumarse a la fusión de las cajas gallegas sin arrastrar la operación al fracaso. La decisión política costó 8.000 millones al estado y acabó entregando los ahorros de los gallegos a una entidad de capital venezolano. En un auto del pasado día 1, que avanza el diario El País, se asegura que "Caixanova nunca habría sido intervenida si no se hubiera visto obligada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NovaCaixaGalicia". La nueva caja, convertida en banco, fue vendida a Abanca en 2013, tras haber recibido 9.000 millones de ayudas públicas en una operación impulsada directamente por Alberto Núñez Feijóo.

Según la información que avanza el diario El País, se trata de la primera vez que un juez se posiciona sobre el desastroso proceso de fusión bancaria en Galicia. En el auto, el juez asegura que la operación se impulsó a consecuencia de "la situación financiera en la que se encontraba Caixa Galicia, la caja nacida en A Coruña antes de la fusión. Caixanova nunca habría sido intervenida si no se hubiera visto obligada a fusionarse con Caixa Galicia, dando lugar a NCG".

La operación que acabaría fracasando y que ahora cuestiona la justicia fue avalada por el Gobierno del Partido Popular en la Xunta de Galicia. El ejecutivo gallego distribuyó en 2010 un informe de la consultora KPMG en el que se calificaba la fusión como "viable" y se instaba a los directivos de las partes en el acuerdo a "formar la gran caja gallega y mantener los centros de decisión en Galicia". El propio Feijóo se encargó de salir en la foto de celebración junto a los presidentes de las cajas el día de la fusión.

Los directivos que participaron en aquel acuerdo recibirían prestaciones millonarias pese al fracaso. Su suerte resultó desigual: Julio Fernández Galloso (de Caixanova) ingrtesaría en prisión a los 86 años de edad. José Luis Méndez (de Caixa Galicia) se libró de la prisión, pese a haber cobrado 18 millones de indemnización por abandonar la entidad que desapareció en ese frustrado intento de hacerse más grande y más gallega."           (elDiario.es, 06/10/20)

23/4/20

O colapso das caixas deixou en mans multinacionais a empresa de residencias con máis casos de coronavirus en Galicia





"O colapso de Novacaixagalicia, a entidade resultante da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova en plena crise financeira de hai unha década, trouxo consigo importantes consecuencias para o tecido industrial e empresarial galego. A entidade fusionada, rescatada con máis de 9.000 millóns de euros dos que as arcas públicas apenas recuperaron 1.000, tivo que desfacerse da súa participación en múltiples empresas antes de ser privatizada.

Un deses desinvestimentos deu lugar a que quedasen en mans multinacionais as residencias de persoas maiores ata ese momento controladas polas caixas e que nestes días, case unha década despois daquela fracasada fusión, están de amarga actualidade por seren as que máis casos de coronavirus acumulan en Galicia entre os seus residentes. Ata o punto de que dúas delas foron intervidas pola Xunta en virtude do estado de alarma pola covid-19. Falamos do grupo DomusVi, antes Geriatros, que ata este 4 de abril acumulaba 227 dos 554 casos positivos activos de coronavirus en Galicia.

As desaparecidas grandes caixas galegas entraron no sector das residencias de maiores a principios de século. A comezos de 2003, Caixanova e o Banco Gallego -entidade participada pola caixa do sur- mercaron a totalidade das accións de Geriatros, unha empresa galega fundada en 1994 que daquela facturaba uns catro millóns de euros anuais e que se dispuña a abrir varios centros para persoas anciás tanto en Galicia como noutros puntos do Estado.

 Coa devandita fusión, Geriatros pasou a ser propiedade de Novacaixagalicia. A entidade tamén xestionaba residencias de maiores a través de Sogaserso, unha sociedade creada dende a Xunta no ano 2006, en tempos do Goberno da coalición de PSdeG e BNG, en cuxo accionariado participaba cun 45% o Goberno galego. No ano 2010, tras o retorno do PP ao poder, a Xunta abandonou Sogaserso e deixou a sociedade nas mans das caixas pouco antes da fracasada fusión que o propio Executivo impulsaba.

Dous anos despois, en 2012, Novacaixagalicia xa recibira máis de 3.000 millóns de euros de rescate público para evitar a súa quebra e comezaba a gañar intensidade o conflito das participacións preferentes, con especial impacto entre persoas de avanzada idade. Foi neste punto no que Geriatros, que na altura contaba con 27 residencias e unha vintena de centros de día, pasou ao terreo da compra e a venda entre fondos de investimento multinacionais. NCG Banco vendeu a empresa de centros de maiores ao fondo de investimento portugués Magnum Capital.

Geriatros estivo baixo o control de Magnum ata 2015, cando o fondo portugués pechou a súa venda a outro fondo, o francés PAI Partners, nunha operación cifrada daquela pola prensa especializada nuns 300 millóns de euros. O fondo, presente daquela noutros sectores como a téxtil Cortefiel, adquiriu pouco despois, en 2016 outra empresa dedicada ás residencias de maiores, a catalá SARquavitae por uns 500 millóns de euros. Ao ano seguinte, en 2017, PAI Partners utilizou o novo conglomerado para outra operación de venda e Geriatros-SARquavitae pasou a mans doutros dous fondos cos que PAI estaba xa asociado en diversos negocios, o británico ICG e o francés Sagesse Retraite Santé (SRS).

Malia todos estes avatares accionariais, a compañía sempre tivo á fronte á mesma persoa, Josefina Fernández, conselleira delegada, que se incorporou a Geriatros no ano 2000. Ela mesma presentaba a finais de 2017 en Santiago a marca DomusVi, nova denominación que pasou a identificar o conglomerado tras a integración de Geriatros con SARquavitae e que xa era empregada polos accionistas nos seus negocios xeriátricos noutros países do mundo dentro do holding HomeVi. DomusVi, con sede en Vigo, anotouse en 2018 uns beneficios superiores aos 20 millóns euros antes de impostos, como informou recentemente Economía Digital. 
 
A rede de DomusVi ten na actualidade case 200 centros por todo o Estado, 140 deles residencias. Só en Galicia, segundo a propia compañía, xestiona 18 residencias privadas e outras 12 de titularidade pública pero con xestión privatizada. Dúas delas, DomusVi Barreiro en Vigo e DomusVi Cangas foron intervidas esta semana pola Xunta no marco do estado de alarma polo coronavirus, dado o gran número de persoas contaxiadas nelas.

Máis de 500 residentes contaxiados, máis de 200 de DomusVi

Segundo datos da Consellería de Política Social actualizados este sábado, 4 de abril, só nesas dúas residencias rexistránse xa 168 positivos por covid-19 e cando menos 16 persoas anciás que vivían nestes centros faleceron vítimas da pandemia. No conxunto de Galicia, sempre segundo a información da Consellería, as residencias de DomusVi acumulaban ata este sábado 227 das 554 persoas contaxiadas por coronavirus en residencias da terceira idade en Galicia e 26 das 44 residentes falecidas pola pandemia. Outras 106 residentes contaxiadas rexistráronse na residencia Nuestra Señora de La Esperanza, da Fundación San Rosendo en Ourense.

No que atinxe ao persoal contaxiado, de 194 rexistrados por Política Social ata este sábado en centros de maiores e tamén de persoas con discapacidade, 45 correspondíanse a centros da cadea DomusVi. Diante da situación nos seus centros pola pandemia da covid-19, DomusVi emitiu o pasado día 17 un comunicado no que a dirección da empresa aseguraba ser "plenamente cosnciente da preocupación e da alarma social" entre as familias e garantía o "cumprimento escrupuloso dos protocolos e medidas de hixiene e prevención. Tamén lamentaba que "as múltiples noticias publicadas nos medios de comunicación sobre novos casos e contaxios non chaman á tranquilidade".



22/11/19

O Banco de España certifica a perda de 9.000 millóns en salvar Novacaixagalicia mentres a investigación da fusión segue parada

"Algo máis de 9.000 millóns de euros. É a factura -máis ou menos- definitiva, para as arcas públicas na súa práctica totalidade, do rescate de Novacaixagalicia, a entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova. 

A mesma que, segundo os xestores das desaparecidas grandes caixas galegas ía ser viable. A mesma que, atendendo ao asegurado pola Xunta baseándose nunha "auditoría" da consultora KPMG que non era tal, ía estar gañando cartos apenas media década -2.671 millóns de 2010 a 2015, dicía- despois dunha unión que precisaría 1.200 millóns de euros en axudas que, non obstante, a entidade fusionada podería devolver, auguraban aqueles optimistas prognósticos.

O Banco de España vén de actualizar, como vén facendo dende 2013, os seus cálculos sobre o custo real do rescate financeiro. Faino a partir dos datos fornecidos polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), o organismo creado polo Estado para canalizar os rescates e polo Fondo de Garantía de Depósitos (FGDEC), a entidade participada polo Estado e os bancos para actuar en caso de quebra das entidades e que está financiada polas propias entidades, aínda que tamén tivo intervención estatal na crise. No caso das caixas galegas, o FGD interveu durante a crise das participacións preferentes.
No caso da fracasada fusión das entidades galegas, convertida en Novagalicia Banco antes da súa venda ao venezolano Banesco, o resultado é que de 10.350 millóns de euros inxectados, 9.404 do estatal FROB, apenas foron recuperados 1.000

Un buraco total superior aos 9.200 millóns de euros que aínda medra un chisco máis tendo en conta na suma ao Banco Gallego, que estaba controlado por Caixanova e despois por NCG, e que acabou sendo rescatado con 245 millóns de euros e adxudicado ao Banco Sabadell pola cantidade simbólica dun euro.

 Como explica o propio Banco de España, o diñeiro recuperado procede esencialmente da venda das entidades que foron rescatadas, nos casos nos que isto sucedeu. O rápido proceso de poxa dos restos de Novagalicia Banco acabou coa súa venda a Banesco, que transformou a entidade en Abanca. A empresa sudamericana logrou a compra por pouco máis de 1.000 millóns.

A estas cantidades recuperadas sumáronse uns 70 millóns que diversos empresarios galegos achegaran a Novagalicia Banco, os cales despois dixeron sentirse estafados e litigaron nos tribunais para tentar recuperalos. En total, 783 millóns retornaron ao FROB e 290 ao FGD. Polo camiño quedaron 8.621 millóns de euros públicos do FROB que xa foron dados por perdidos e outros 656 do FGD que teñen idéntica consideración. 

Mentres, tras a súa posta en marcha como nova entidade, Abanca está a lograr uns moi bos resultados financeiros. No seu primeiro ano xa gañou máis do que o Estado pediu a Banesco para quedar con Novagalicia Banco e a súa conta de resultados segue sendo moi positiva. No terceiro trimestre de 2019 o seu beneficio neto foi de 401,9 millóns de euros mentres segue a impulsar a súa actividade con operacións como a compra da rede do Deutsche Bank en Portugal en 2018 e, neste 2019, a adquisición do Banco Caixa Geral, a rede española da Caixa Geral de Depósitos de Portugal.


Dous anos e medio coa investigación parada no Parlamento

Mentres o Banco de España -que no seu informe oficial sobre o rescate despachou a fusión galega en apenas dúas páxinas de 250 sen sinalar culpabilidade ningunha- segue a actualizar os datos do diñeiro perdido na desaparecida Novacaixagalicia e no conxunto do rescate, no Parlamento de Galicia a comisión de investigación sobre a fusión de Caixa Galicia e Caixanova acumula dous anos e medio de parálise total. Son máis de seis dende que abriu por primeira vez.

 Tras mantela bloqueada dende antes das eleccións europeas de 2014 e ata despois das eleccións galegas de 2016 -"para arrefriar o debate", xustificaran posteriormente-, o PP galego accedeu a reabrir a investigación política sobre as caixas en 2017 coa intención declarada de procurar un peche rápido, sen aceptar novas comparecencias e apenas admitindo algunha documentación nova, como a sentenza que levou ao cárcere a algúns dos ex-directivos. Dende aquela, a comisión apenas moveu uns poucos papeis e todas as reclamacións da oposición para retomar os traballos, incorporar máis comparecentes e redactar as conclusións foron ignorados polo grupo maioritario da Cámara galega.

En total, máis de 65.000 millóns perdidos e cun ollo en Bankia

Alén das entidades galegas, o que o na altura ministro de Economía, Luis de Guindos, definira como un "préstamo" no que "as concidións se van impoñer aos bancos e non á sociedade española" e que, segundo Mariano Rajoy, as entidades rescatadas ían ter que "devolver no seu momento", deixa tras de si un buraco superior aos 65.000 millóns de euros. Eses son os últimos cálculos do Banco de España, uns 1.300 millóns máis que nas anteriores estimacións.


Dese diñeiro que xa se dá por perdido, 42.642 millóns saíron do FROB, cálculo que é realizado dando por suposto que Bankia será privatizada e que da súa venda o Estado podería lograr 9.560 millóns de euros. Se isto non sucedese ou o diñeiro da venda fose menos, a factura subiría aínda máis. Polo momento, o efectivamente recuperado son 5.225 millóns de euros dos case 80.000 achegados ás entidades rescatadas.

Atendendo aos datos divulgados polo Banco de España, o rescate máis cuantioso e o que deixará nas arcas públicas un maior buraco mesmo no caso de que se produza a venda polo importe previsto foi precisamente o de Bankia, entidade nacida da fusión de Caja Madrid con outras de menor dimensión -Bancaja, Caja Canarias, Caja de Ávila, Caja Segovia, Caja RIoja e Caixa Laietana-. Aquela operación, liderada polo ex-ministro Rodrigo Rato, actualmente encarcerado, precisou 24.000 millóns de euros de axudas das que se dan por perdidos mías de 14.000, que poderían chegar ata 23.000 se a venda non sae segundo o estimado
O seguinte maior rescate foi o de Catalunya Banc, a entidade resultante da bancarización da fusión de varias caixas catalás -Caixa Catalunya e as caixas de Manresa e Tarragona-. Fóranlle inxectados mías de 13.869 millóns de euros dos que foron recuperados algo menos de 1.200 coa súa venda ao BBVA, que gañou a poxa organizada polo FROB. A continuación sitúase o rescate da Caja de Ahorros del Mediterráneo, que supuxo un buraco aínda maior porque dos 12.474 millóns do rescate apenas retornaron 16. A cuarta maior inxección de diñeiro público e o cuarto maior buraco do rescate foi o das caixas galegas."                     (David Lombao, Praza Pública, 21/11/19)

16/5/18

O Congreso comeza a investigar que pasou para que Caixa Galicia e Caixanova acabaran rescatadas

 "Nin era auditoria nin recomendaba a fusión.

A inicios de abril comparecía na comisión do Congreso que investiga a crise financeira e o rescate bancario Marta Fernández Currás, exconselleira de Facenda da Xunta. Currás defendeu que a fusión de Caixanova e Caixagalicia se fixera con “rigor, seriedade e dilixencia exquisita”. Unha medida, a fusión, que o goberno de Feixóo –da que ela facía parte- defendeu en base a unha auditoría de KPMG que avalaba esa opción. Un millón de euros pagou a Xunta a KPMG por este traballo, encargado por Fernández Currás.

Esta semana, e tamén en sede parlamentar e perante a mesma comisión, compareceu Francesc Gibert, un dos responsábeis daquel informe de KPMG. Esta firma é unha das ‘Big Four’, o selecto grupo de grandes consultoras do mundo, canda Deloitte, PwC e EY. Desta última é directora en Galiza a exconselleira e tamén exsecretaria de Estado de Orzamentos.

Gibert confirmou no Congreso o que a propia KPMG xa afirmara en 2013 na comisión do Parlamento galego sobre as caixas. Que o que eles fixeron, “en ningún caso”, foi unha auditoría. Nunca se fixo unha auditoría das contas senón que a consultora limitouse a facer proxeccións sobre a solvencia das dúas entidades financeiras nunha eventual fusión, sen entrar a analizar ningunha outra opción, pois non se lle pediu.

Foi un traballo, apontou no Congreso un dos seus responsábeis, que tivo que facerse “aceleradamente” nun mes. Un informe “de trazo gordo”, recoñeceu, e non que non se incluía ningunha recomendación a fusionar as caixas nin se verificaba a información achegada sobre as contas.

Este informe foi presentado en xaneiro de 2010 polo goberno galego, que o presentaba ás veces como auditoría, outras como ‘due diligence’ e outras como un aval serio e definitivo para fusionar as caixas galegas.

Após as declaracións de Francesc Gibert no Congreso, tanto En Marea como PSdeG e BNG entenden que Feixóo debe comparecer no Parlamento galego para dar explicacións. Algo que desbotan desde o PP, que argumenta que o presidente xa dixo todo o que tiña que dicir sobre o asunto en anteriores comparecencias"                (Sermos Galiza, 18/05/18)


"A comisión que investiga no Congreso a crise financeira abordará este martes a fusión de Caixa Galicia e Caixanova e o seu posterior rescate nunha sesión na que comparecerá o expresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso.

Ademais, a sesión do martes será a primeira na que un representante de firmas auditoras compareza ante esta comisión. Farao Francisco Gibert, consultor de KPMG, compañía encargada de elaborar o informe que avalou a fusión de Caixa Galicia e Caixanova.

A comisión que investiga o rescate bancario e a quebra das caixas de aforro abordará a situación das caixas galegas fusionadas a finais de 2010 e que, após a súa conversión en banco, tivo que ser rescatada polo FROB menos dun ano despois do seu nacemento.
RESCATE

Gibert foi chamado a comparecer en relación co informe encargado a KPMG para avaliar a viabilidade dunha posible fusión entre Caixa Galicia e Caixanova, nunha sesión na que se analizará a constitución e posterior rescate da entidade galega. Así, despois de Gibert, que renderá explicacións a partir das 9.30 horas, ofrecerá explicacións o expresidente de Novacaixa Galicia Julio Fernández Gayoso, a partir das 12 horas.

Ademais, tamén está previsto que comparezan este mércores, a partir das 16 horas, o conselleiro delegado de Liberbank, Manuel Menéndez Menéndez, e o que fora conselleiro de Economía e Facenda da Generalitat Valenciana Gerardo Camps, agora deputado do PP no Congreso."                      (Galicia confidencial, 06/05/18)

10/5/18

A consultora KPMG que estudou a fusión das caixas reitera que non existiu a "auditoría" esgrimida pola Xunta como aval á operación

"Nin "auditoría" nin "aval á solvencia da fusión das caixas galegas". Hai case media década, en xuño de 2013, a saída á luz do informe encargado pola Xunta á consultora KPMG para estudar a unión de Caixa Galicia e Caixanova deixou claro que os principais aspectos que o Goberno galego destacara sobre o documento non se correspondían coa realidade. 

O que o presidente Feijóo e a daquela conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, manexaban como suposta auditoría era realmente un "diagnóstico acelerado", un traballo pagado con case 1 millón de euros de fondos públicos no que se advertía de que as conclusións non eran "recomendacións sobre a conveniencia de levar a cabo ou non a fusión". Esa ausencia de aval á fusión e da auditoría mesma foi reiterada este martes por un dos coautores do informe no Congreso dos Deputados.

Un dos executivos de KPMG que elaboraron o traballo, Francesc Gibert, tivo que acudir á comisión que investiga o rescate bancario na Cámara Baixa e alí reiterou, a grandes trazos, o que xa bosquexara no Paralmento de Galicia hai cinco anos, na aínda inconclusa comisión de investigación sobre a desaparición das antigas grandes caixas

 Os representantes dos grupos parlamentarios, moi especialmente as galegas Yolanda Díaz (En Marea) e Margarita Pérez Herráiz (PSOE) cuestionárono sobre se a "presunta auditoría" era tal, en verbas de Díaz, ou sobre se efectivamente houbo algún tipo de "aval" á fusión por parte da consultora. O responsable de KPMG evitou confrontar abertamente a realidade coas palabras de Currás e Feijóo, pero si ofreceu unha versión dos feitos oposta á da Xunta.

"O que se nos pediu -explicou á comisión- foi que fixesemos unha análise da fusión das dúas caixas galegas", que "nun mes puidesemos tentar anticipar o trazo gordo" do que podería ser un "traballo completo", que necesariamente duraría uns "catro ou seis meses". "Polo tanto, o noso informe era preliminar", un "diagnóstico acelerado" no que "non se nos pedía que analizásemos outras alternativas" á unión de Caixanova e Caixa Galicia e que "en ningún caso era unha auditoría de contas". "Xa tiñamos suficiente traballo como para cuestionar cousas que xa estaban feitas", agregou Gibert en referencia ás auditorías que cada entidade manexaba ligadas a cadansúas contas anuais.

Se ben a consultora prevía unha "segunda fase" do traballo, máis demorada, esta "non se fixo por parte de KPMG", e o gabinete de Feijóo recibiu un primeiro documento que "tampouco constituía unha recomendación" sobre "fusionar ou non fusionar" ambas caixas. "O noso informe era factual" e nel "diciamos: fixéronse uns traballos, obtivéronse uns resultados" que foron "comparados" cos doutras fusións. 

"Si é certo que no noso informe hai un momento onde recomendamos a asborción de Caixa Galicia por parte de Caixanova", admite, como xa fixera no Parlamento en 2013, pero "o noso informe non recomendaba a fusión", reitera, e ofrecía unhas previsións económicas ao respecto -que a entidade resultante podería ser rendible- os cales, ao seu xuízo, ficaron truncados pola propia crise e as mudanzas legais dos anos seguintes.

O paso do executivo de KPMG polo Congreso serviu, daquela, para reafirmar que a suposta recomendación de fusión baseada nunha auditoría nunca existiu, pero non para aclarar o procedemento polo que a Xunta contratou a consultora para facer este traballo. "Cal foi o procemento de licitación? Non sabemos cal foi, semella o misterio mellor gardado do señor Feijóo", ironizou Yolanda Díaz.

Neste sentido, Gibert limitouse a reiterar que "recibimos unha chamada da conselleira de Facenda", Currás, para realizar o encargo, e "se nos pediu que por motivos prácticos, dirixísemos a proposta só á Xunta" e non tamén ás propias caixas. O prezo, confirma, foi de 835.000 euros máis IVE, "valor de mercado para un traballo deste tipo", asegura."           (David Lombao, Praza Pública, 08/05/18)

19/4/18

Dos de los 'señores' de las cajas gallegas devolverán 10 M de sus prejubilaciones. El Tribunal Supremo los culpa de blindarse con indemnizaciones “altísimas en plena crisis” y “a sabiendas de que iban a ser cesados"... o sea, el saqueo de las cajas...

"José Luis Pego y Gregorio Gorriarán, dos de los 'señores' de las antiguas cajas de ahorros gallegas, deberán devolver 10,43 millones de euros por las famosas prejubilaciones millonarias que firmaron antes de que desapareciera NovaCaixaGalicia, entidad resultante de la fusión de Caixa Galicia y Caixanova. 

Así lo ha determinado la Sala de lo Penal del Tribunal Supremo, que cifra en 6,47 millones la cantidad que le corresponde a Pego, ex director general de la caja, y en 3,96 millones la de Gorriarán, ejecutivo de la misma, ambos procedentes de Caixanova. La sentencia los culpa de blindarse con remuneraciones “altísimas”, mediante engaño y “a sabiendas de que iban a ser cesados”.

De acuerdo con la sentencia, la conducta de ambos consistió en elaborar contratos de alta dirección blindados con espectaculares remuneraciones “en plena crisis bancaria”, ya que recuerda que el FROB tuvo que inyectar más de 9.000 millones de euros para reflotar las cajas, unificarlas y bancarizarlas, para la creación de NovaCaixaGalicia Banco. 

 “A través de los nuevos contratos, y a sabiendas de que iban a ser cesados en sus puestos cuando se constituyera el nuevo banco, consiguieron que, mediante engaño, se les aprobaran unos contratos de prejubilación cuya suma supuso para el nuevo banco unas cantidades a devolver, cuando menos, de unos 12 millones de euros”, a favor de cuatro altos dirigentes. El dinero lo cobraron en 2011, “esto es, cuando llevábamos ya tres años aportando dinero público a las entidades bancarias en crisis”, concluye el fallo.

Pese a la crudeza de estas expresiones, la sentencia reduce las indemnizaciones que les había atribuido inicialmente la Audiencia Nacional en 2016, cuando les declaró responsables civiles solidarios en relación con el delito de apropiación indebida por gestión desleal, al estimar parcialmente los recursos presentados por Pego, Gorriarán y otro de los dirigentes de las cajas, Óscar Rodríguez Estrada. Así, los dos primeros deben asumir su responsabilidad civil directa, y el tercero queda exonerado de toda responsabilidad civil.

En una sentencia anterior, en la que confirmó las responsabilidades penales, el Supremo devolvió la causa a la Audiencia Nacional para que corrigiera algunos aspectos relativos a las responsabilidades civiles, por considerar que se habían resuelto de forma errónea

 En concreto, entendía que se habían sumado las dos cantidades alternativas de restitución dineraria que había propuesto el fiscal, dependiendo de que el delito objeto de condena fuese el de estafa —más de 10 millones de euros— o el de apropiación/administración desleal —más de tres millones de euros—, en lugar de optar por una de ellas. La Audiencia Nacional optó por la primera alternativa debido a que de ese modo se indemnizaba en mayor cuantía a los perjudicados.

La nueva sentencia muestra su acuerdo con ese criterio. “Se trata de unos contratos que eran claramente fraudulentos y resulta inexplicable, puesto que engañaron al consejo de administración del banco, según consta en los hechos probados”, reza el fallo, que considera que queda “patente que estamos ante un delito de estafa y no de apropiación indebida”.

 “El tema de la calificación penal alternativa no fue debatido en la primera sentencia de casación debido a que los acusados venían condenados por apropiación indebida y no se suscitó en los recursos la resolución de ese dilema”, añade la sentencia.

La Sala de lo Penal del TS explica que la razón de la estimación parcial de los recursos reside en que la Audiencia Nacional, al imponer a todos la responsabilidad solidaria en su segunda sentencia sin que lo hubiera solicitado ninguna acusación, perjudicó a los acusados, que son los únicos recurrentes, y que habían sido condenados como responsables directos en la primera sentencia. 

Afirma que cuando dictó la nueva sentencia para ajustarse a lo acordado, “no podía modificar el fallo en perjuicio de los recurrentes”, al transformar una responsabilidad de carácter mancomunado en otra de carácter solidario “sin que ninguna de las acusaciones lo hubiera interesado”. Por ese motivo, deja sin efecto la responsabilidad civil solidaria atribuida por la sentencia recurrida a estos tres recurrentes y establece la responsabilidad directa de Pego y Gorriarán, al tiempo que exonera a Estrada de toda responsabilidad civil.

La sentencia deja en el aire una cuestión fundamental: quién debe recibir esos 10,43 millones de euros que deberán devolver Pego y Gorriarán. “Ha de ser en ejecución de sentencia donde se resuelva esa cuestión, si bien, a tenor de lo que se dice en nuestra sentencia, todo apunta a que ha de ser el FROB”, señala la Sala de lo Penal. Las acusaciones en su momento solicitaron que el dinero fuera a parar “a NuevaCaixaGalicia Banco o a su sucesor universal”.              (Pablo López, El Confidencial, 16/04/18)

22/11/17

Los exdirectivos de Novagalicia condenados por sus prejubilaciones acceden a la semilibertad... a volar

"Los tres exdirectivos y un exasesor de Novagalicia (NCG) que cumplen dos años de condena desde enero de 2017 por el escándalo de las prejubilaciones millonarias y planes de pensiones, ya podrán disfrutar de un régimen de semilibertad para colaborar con programas de voluntariado social, según acordó en un auto el pasado jueves la Audiencia Nacional.

Los internos que se encuentran en la prisión pontevedresa de A Lama, José Luis Pego y Óscar Rodríguez Estrada, colaborarán con el Banco de Alimentos en Vigo, mientras que Gregorio Gorriarán participará en un programa de mediación financiera, y al asesor jurídico, Ricardo Pradas, seguirá impartiendo clases como profesor universitario de laboral aunque también participará en programas de atención a indigentes.

Estos dos últimos cumplen su condena en el penal de Soto del Real.

Los primeros banqueros que entraron en prisión en España para cumplir una condena por fraude financiero enfilan así el tercer grado penitenciario o libertad condicional que previsiblemente llegará a partir de enero cuando hayan cumplido la mitad de la condena.

El juez central de Vigilancia Penitenciaria ya les había concedido los primeros permisos carcelarios a mediados de octubre, cuando habían cumplido nueves meses de condena, y ahora les autoriza a salir de prisión durante el día para realizar programas de reinserción social y solo podrán dormir en sus domicilios los fines de semana.

El magistrado ha tenido en cuenta en su auto que los cuatro condenados han devuelto en concepto de responsabilidad civil los 10,4 millones de euros cobrados indebidamente de la entidad gallega y que ya han cumplido más de la cuarta parte de la condena que no se extinguirá hasta el 9 de enero de 2019. Además, han reconocido públicamente el delito, mostrando arrepentimiento, no tienen incidencias en su expediente carcelario y se han comprometido a realizar trabajos de voluntariado para reparar el daño ante la sociedad, según el auto del juez José Luis Castro.

Los cuatro internos tendrán que cumplir un calendario de horarios y actividades que será acordado por la Junta de Tratamiento de ambos centros penitenciarios hasta que esta revise la progresión de grado de cada uno, según han confirmado fuentes judiciales.

La concesión de semilibertad se produce tres meses después de que la Audiencia Nacional excarcelara al que fuera presidente de Novagalicia, Julio Fernández Gayoso, de 85 años, por motivos de salud, condenado como cooperador necesario en los delitos de administración desleal y apropiación indebida. Gayoso colabora desde entonces con un programa de rehabilitación para toxicómanos que dirige la Fundación Erguete en Vigo, y también imparte cursos como voluntario de economía financiera.

El caso ha sido uno de los mayores escándalos financieros tras el rescate de 9.000 millones que precisó el banco en 2010 para seguir adelante a raíz de la fusión de Caixa Galicia y Caixanova, y que hoy opera como Abanca.

Según la sentencia de la Audiencia Nacional confirmada por el Supremo, que la calificó de "benévola", José Luis Pego, Gregorio Gorriarán y Rodríguez Estrada "urdieron un plan", con "la colaboración esencial e imprescindible" de Fernández Gayoso y el asesor Ricardo Pradas, para "beneficiarse económicamente" de millonarias prejubilaciones. Todo ello, ante "el supuesto más que probable, razonable y lógico", dice el fallo, de que "cuando se acabaran las ayudas públicas los nuevos inversores y dueños de la entidad fusionada decidieran prescindir de ellos".             (Elisa Lois, El País, 20/11/17)