Mostrando entradas con la etiqueta Historia social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia social. Mostrar todas las entradas

13/8/24

Regoela das xentes libres. Intrahistoria dunha das freguesías dos fuxidos do terror franquista

 "Situada ó norte do concello de Cabanas, nas terras do Eume, a parroquia de Regoela xa mereceu especial atención dos investigadores da Guerra Civil e da Posguerra pola implicación dos seus habitantes na resistencia ao golpe militar do 36, cando os máis dos seus mozos se opuxeron á incorporación no exército franquista, fuxindo ás fragas. 

Esta porcentaxe inusual de resistentes aos golpistas, máis o feito de que moitos deles botaran dez ou máis anos fuxidos, na guerrilla ou agochados, e a necesaria solidariedade e compromiso do conxunto da poboación da comarca que sufriu unha represión indiscriminada, chamou a atención do pioneiro nestes estudos, Bernardo Maíz e Helmut Heine. A seguir, máis de vinte historiadores e divulgadores resultaron atraídos por estas singularidades da resistencia civil lonxe das frontes bélicas. No seu conxunto, estes esforzos divulgativos ofertan unha bibliografía extraordinaria que alumea un período que sufriu especialmente pola política de amnesia que ocultou e manipulou aqueles feitos. 

Así a todo, e sendo que os regoelenses xa se consideraban “xentes libres” antes do 14 de abril de 1931, pode ensaiarse unha nova perspectiva que complemente o xa escrito. Ao longo dos anos cales foron as particularidades desta freguesía? Cando foi que aquel colectivo de labregos aforados comezaron a sentirse cidadáns con dereitos?

 Val interior transitado por todos

O medieval couto redondo de Regoela inicialmente citado como Sactum Vicencium de Regulella, pertencía ao Priorado de San Martiño de Xuvia, anexo do de San Salvador de Lourenzá. Como unha illa, estaba arrodeado por todas partes polas posesións dos Andrade e as de Caaveiro. A menos de nove quilómetros en liña recta do principal estaleiro do Imperio, sempre foi terra de labregos e, como tantos outros, suxeitos a vasalaxes e servidumes que mantiñan a aristócratas, fidalgos, frades e cregos. A mediados do século XVI os intermediarios que xestionaban as rendas debían entregar anualmente ao prior de Xuvia 300 azumes de viño que viñan sendo o dobre de litros. Non habendo no couto terra de viñas, os Señores de Regoela, residentes en Cabanas, procuraríano nas ribeiras do baixo Eume.

Dous séculos despois, entrados nos setecentos, continuaba a renda de viño invariábel nos 300 azumes. Nalgún momento os fidalgos deixaron de cumprir ese compromiso motivando que o priorado comezase un preito de reclamación no que foron citados todos os veciños como testemuñas. Nas declaracións destes, efectuadas en 1726, afirmaron que, como pago da renda, cada un entregaba un quinto do que cultivaban e un carneiro, un cabrito, un touciño, algúns deles varios carros de leña e outros azumes de manteiga, ademais de cantidades en moedas. 

O desenlace do preito non debeu ir ben para os intermediarios pois vinte e seis anos despois, cando escribentes e funcionarios acudiron a Regoela, en maio de 1752, para efectuar os interrogatorios do catastro do Marqués de la Ensenada, os tratos xa eran directos entre os veciños e o priorado.

 O catastro e os contratos por nove anos

Nos diferentes libros catastrais, consultables en Galiciana, podemos recoller unha morea de datos da xestión do couto e da economía das familias aforadas. O conxunto do territorio da freguesía sumaba 1.800 ferrados (equivalente cada un a 548 metros cadrados). A meirande parte desa superficie, o 87 por cento, estaba a monte. Desta porcentaxe, a monte aberto de toxeiras e pasto case a metade, un 35 por cento a monte pechado, onde non entraba a luz e, finalmente, 290 ferrados considerados monte inútil por natureza. Para leiras quedaba o 11 por cento do total, uns 200 ferrados a centeo, millo e algo de trigo. O 2 por cento restante para prados de regadío e algo máis de medio ferrado de horta para cada lugar, sempre compartido por dous aforados. 

A freguesía estaba dividida en sete lugares, cada lugar contaba cunha ou dúas casas co seu faiado. Onde había unha única construción estaba dividida interiormente en dúas partes que contaban con lareira e forno, sendo respectivamente habitada cada metade por unha familia. A superficie habitable por fogar ía de vinte e cinco a corenta e catro metros cadrados máis outro tanto de faiado. 

Noutros lugares había dúas casas máis pequenas, moi semellantes entre si. Entre trinta e tres e corenta e un metros cadrados para cada arrendado. Restaba outra casa grande que posiblemente fose habitada nalgún período polos fidalgos e señores do couto, dado que ese lugar era coñecido como Pazo. Na época do Catastro era compartida por dúas familias labregas. Cada lugar, ademais de dúas vivendas, contaba con eira, fonte, horta, alpendres, cortes, facenda labrada, montesía, prado, pastos para o gando e dereito de uso dun dos catro muíños con corrientes e molientes que aproveitaban os caudais próximos. Un deles moía todo o ano, o resto durante oito meses.

Ademais, os veciños tiñan dereito a explotar en conxunto os montes pechados de Punxeiro. Os medios lugares eran aforados co compromiso de asumir, co seu veciño de lugar, “ambos xuntos mancomunadamente a conservación das casas ben habitables, executando pola súa conta as reparacións que necesiten e farán a facenda pechada, cultivada e beneficiada de maneira que todo vaia en aumento e non en diminución”. 

A distribución de superficies e as posibilidades de explotación de cada lugar non eran equivalentes, tampouco as rendas. Había lugares mellor dotados pero, como mínimo, o peor deles debía permitir a supervivencia dos aforados e que tivesen posibilidade de cumprir co abono das rendas. 

Tanto os montes como as leiras, hortas e prados estaban divididos en primeira, segunda e terceira calidade, respondendo consecuentemente á produtividade dos mesmos. A gandería era importante e no catastro quedou recollida polo miúdo. En Regoela, a cabana media que tiña cada familia era: dous bois, tres ou catro vacas, de dúas a catro tenreiras ou xovencos, de dez a vinte ovellas ou cabras, dous ou tres porcos e, non todos, algunha mula, egua ou poldro. Os máis especializados eran Juan López con tres bois, Pedro Fernández con seis tenreiras e xovencos e catro porcos, Joseph Prego con corenta e oito ovellas e Andrés Barcia con dez equinos. 

Non había clérigos nin pobres. Un dos veciños exercía de barbeiro e algúns tiñan colmeas. Desaparecida a figura do fidalgo intermediario, os décimos e ofrendas correspondentes ao cura de Sillobre eran: dous ferrados de trigo, cincuenta de centeo, trinta de millo, dous cordeiros, catro libras de la e trinta e catro reais de vellón. Correspondéndolle ao arcediago de Nendos un ferrado de centeo por cada labrego. 

En canto ás rendas, canon e pensión a pagar ao Priorado estaban establecidas dende o preito de 1726 en cartos por lugar. No catastro fixeron as contas que valoraban en reais de vellón a produtividade de cada unha das partidas que compoñían os lugares, segundo a súa calidade. Así, os veciños dos lugares que dispoñían de máis e mellores casas, leiras, montes, prados e hortas pagaban ata douscentos cincuenta e cinco reais e os que menos quedaban en noventa e nove. Ademais, por razón de vasalaxe e todos por igual, cada labrego debía pagar trinta e catro marabedís. 

O ano seguinte da realización do catastro e a proposta do prior de Xuvia, redactáronse novos contratos de arrendamento respectando as rendas pero limitando o seu prazo a nove anos. O pago debía realizarse na casa prioral o día de San Martiño, “acabados seus froitos, collidos e alzados, a pesar de que sucedera, o que Deus non permita, calquera caso fortuíto que esterilizara a colleita”. O límite temporal obrigábaos a que fenecidos os nove anos, “eles ou os seus herdeiros deixarán libremente o casal, casas e bens, con todos os melloramentos que neles houberan feito sen por razón de elo pedir cousa algunha, por constarlles van aliviados na pensión anual”. 

Os regoelenses aceptaron a proposta e gozando da posesión “queda e pacífica, edificaron varias casas e desmontaron terras incultas beneficiándoas cas maiores fatigas” pero, transcorridas tres quendas, en 1783 o prior de Xuvia “a forza de violencias, ameazas de cárcere, mandando facer cadeas e nomeando xuíz externo con alabardero e soldado”, obrigoulles a outorgar novos arrendos esixíndolles conducisen ata o embarcadoiro de Neda, un cuarto do froito das leiras, un quinto dos novos rompementos de montes e un cuarto da leña cortada. De negárense, debían desaloxar os lugares. Opuxéronse os labregos nun longo preito aceptando pagar unha pensión moderada en cartos, pero non en froitos. Tras tres peritaxes, sentenciouse que o priorado “non desafiuce nin moleste ós veciños e acepte o pago en diñeiro”. 

Vitoria parcial dos aforados que, se ben seguiron pagando en moedas, tiveron que aceptar un aumento do 50 por cento no importe anual. Esta defensa e interese de pagar en cartos demostra que os regoelenses manexaban efectivo por conseguir colocar os seus excedentes nos mercados, aproveitando a proximidade da capital do departamento marítimo que naqueles tempos era a cidade máis habitada e cosmopolita da Galiza. Ferrol, xunto ao Arsenal, as súas diversas factorías e á frota de navíos demandaban gando, madeira de construción, leña e carbón vexetal para fornos, ferreiros e consumo doméstico ademais de casca de carballo para os curtidoiros e mangos para todo tipo de ferramentas. Sen dúbida, a autosuficiencia económica deulles azos para soster ese preito de dez anos contra o priorado.

Nas mans de Juana de Vega

No século XIX a situación mudaría cando o Estado liberal suprimiu mosteiros e priorados, procedendo á puxa pública dos seus bens. En tanto por ausencia de ofertas o traspaso da propiedade non se producía, a Comisión Provincial de Rentas y Arbitrios chamábase a percibir aquelas porcentaxes sobre os froitos que antes enriquecían aos rendistas. Así, no ano 1841 celebrouse unha poxa para adxudicar o cobro dos cartos e quintos do producido nese ano polos lugares de Regoela. 

Juan Freire, veciño da mesma freguesía, gañou coa oferta catro mil reais. Actuaba Juan Freire como home de palla dalgún rico? Posiblemente fose así, pois eses dereitos pasaron posteriormente á viúva de Espoz y Mina, a coruñesa Juana de Vega, que naqueles anos estaba no Pazo Real de Madrid como “aya y camarera mayor” de Isabel II, aínda menor de idade. Posto de máxima confianza que lle encargara o xeneral Espartero, rexente e grande animador das desamortizacións. No seu testamento de 1869, a dama do liberalismo coruñés relacionaba esas rendas dos lugares de Regoela que destinaba ó mantemento dunha escola de párvulos pobres na Coruña que non chegou a construírse.

Daquela, a fundación que xestionou con acerto a parte principal do seu legado coa Escola Teórico Práctica de Agricultura de San Pedro de Nós, debeu aceptar unha redención dos foros a metálico, pactando coa veciñanza un prezo que os liberou definitivamente desas vasalaxes, facéndoos donos do seu. Circunstancia que tardaría décadas en producirse en varias das freguesías veciñas. Quedando lembranza oral dos regoelenses, xa xentes libres, vendo os aforados doutros moitos lugares seguir levando os froitos e produtos cos que pagaban as rendas. Aquelas lentas ringleiras de carros ata a casa dos amos das terras. Imaxe de anacrónicas servidumes, un veciño tras doutro, citados colectivamente tal día a tal hora. 

Finalizando o século XIX Regoela, pola súa orientación gandeira e proximidade ós peiraos de Ferrol e da Coruña, debeu beneficiarse das exportacións de gando embarcado vivo para Gran Bretaña, despois substituídas polas remesas por ferrocarril cara a Madrid e Barcelona. Para servir de canle a esas vendas en Regoela celebrábase 
cada día 25 de mes a feira de San Marcos. 

Nos primeiros censos do século XX e comparando co recollido no Catastro de cento cincuenta anos antes, a freguesía duplicara o número de casas, agora todas con dous pisos, o número de familias e o número de nacementos por ano. Algo para destacar tamén deses censos é a disparidade entre o número de homes residentes de feito e de dereito. É dicir, aqueles censados en Regoela pero ausentes cando o reconto. Resultando que o 28,2 por cento (30,4 por cento para o conxunto do concello de Cabanas) debían estar traballando fóra. Diferenza inapreciable no caso das mulleres, aquelas viúvas de vivos que dicía Rosalía. Entre eles moitos emigraron a América, volvendo con novas ideas que non tardaron en espallar. A cabalo de 1900 podemos dicir que os regoelenses autopercibíanse como cidadáns con dereitos.

Ventos laicos e solidarios

Así como as conquistas políticas dos revolucionarios de 1868 foron paso adiante, paso atrás, procurando lento acomodo nas páxinas oficiais da Gaceta de Madrid, foi filtrando na sociedade a idea de que cidadáns eran todos, polo feito de dispoñer dunha serie de dereitos amparados polas leis pero, no cotián, o mesto tecido dos fíos caciquís condicionaban esas liberdades de asociación, xuntanza, sufraxio, folga, opinión e imprenta, culto…, limitándoas a seren exercidas só polas elites sociais, económicas e políticas, as chamadas forzas vivas que acollían “todo canto significa e vale no distrito”, en visual expresión xornalística da época, que, de golpe, destinaba ao contedor do insignificante a todos os demais. 

Agás illados casos, os labregos, mariñeiros, obreiros, profesionais e asalariados galegos tiveron que agardar ata o século XX para constituír asociacións, candidaturas electorais, semanarios, sindicatos e acordar cambios de relixión. As comarcas da antiga provincia de Betanzos axiña se colocaron na vangarda dos novos ventos sociais que cuestionaban o bipartidismo caciquil, teimando abrírense paso para participar na devecida modernización do país. 

En Ares comezaron as grandes obras das sociedades de instrución que, xuntando a xenerosidade e amor polo común dos emigrantes, conseguiron erguer e dotar unha abraiante rede de escolas laicas, das que debían saír formados os novos cidadáns. Unha destas sociedades foi La Luz de América de Cabanas, que construíu unha magnífica escola que actualmente é a Casa de Cultura do concello. En Betanzos comezaron as asociacións agrarias que ateigaron cos seus seguidores o mitin Solidario de Betanzos de 1907, convencendo os labregos de que pagaba a pena intentar autoorganizarse. Como o lume na herba seca, as asociacións solidarias espalláronse por todas as comarcas, concellos e freguesías. En 1908 foi creada La Concordia de Cabanas. 

Un dos líderes solidarios era Baltasar Arnoso Villar, regoelense, retornado de Cuba, que foi alcalde de Fene pola candidatura agraria. Único da freguesía que deixou algo por escrito, precisamente nun dos semanarios locais nados nesta onda de usufruto de dereitos. Nas páxinas de La Voz de Fene, abertas á participación da veciñanza, Baltasar, home de mundo, antigo práctico do porto da Habana, cidadán que non toleraba abusos, denunciou en varias ocasións as prácticas antidemocráticas do concello de Cabanas, onde caciques mínimos tiñan a súa cova, realizando plenos sen necesidade de convocar a oposición, pechándolles as portas e negándose a presentar as contas. 

Daquelas asociacións agrarias que chegaron a constituír en 1910 a primeira Federación de Galicia, queda hoxe algunha documentación conservada no Arquivo do Reino de Galicia. Sábese que presentaron candidaturas vitoriosas en ducias de concellos e que fixeron fuxir do distrito electoral de Pontedeume ao poderoso marqués de Figueroa, exministro enfeudado durante vinte anos. Afortunadamente, eses documentos permiten reconstruír o ideario daqueles solidarios do rural galego, labregos defensores do interese común que valoraban a unión como o principal argumento, procurando na cooperación entre iguais facerse cun espazo económico nos novos mercados, onde a emigración fora unha opción e non a única saída. 

A influencia do alcalde Baltasar e do seu compañeiro, veciño e primeiro tenente alcalde, José Meizoso Seco, do lugar de Belelle, deixaron memoria entre as familias regoelenses. Máis novos que os citados tamén son lembrados polas súas ideas sociais e vivencias cosmopolitas outros dous retornados, un dos EUA e outro de Cuba: Pascual Carballo da Caneta de Irís e casado en Regoela e Manuel López Ardao nado en 1900 no Sumeiro.

Relacións cos cregos

Falecido Baltasar en 1924, os mozos tomaron as súas primeiras iniciativas. O 22 de novembro de 1926 faleceu Anastasia, moza de 23 anos. Chamado o cura de Sillobre para celebrar as exequias de entierro y honras presentouse con outros catro. Todos eles, finalizada a sepultura eclesiástica e segundo o costume, agardaban ser agasallados co xantar. Os mozos dixéronlles que pediran cartos polo servizo, pero que de xantar non lles daban, que non estaban para festas. Contrariado o cura ameazou con pechar a igrexa (San Vicenzo de Regoela era anexa de Santa Mariña de Sillobre), manténdose os mozos na súa. 

Como os vellos do lugar non conseguiron interceder e que entrasen en razón uns e outros, a freguesía quedou sen misas. Daquela os crentes tiñan que desprazarse fóra, ben a Sillobre ou a Santa Olaia de Soaserra. Nesta última serían moi ben recibidos pois estaban experimentando unha escisión importante. 

Unha chea de veciños, tamén en desacordos co cura, foron chamar polo predicador protestante que despois de misionar en Sudáfrica establecera a igrexa evanxélica en Ares. Ao converterse á nova relixión quedaban a salvo das esixencias do crego. O primeiro que facían os protestantes era poñer escola para alfabetizar os seus fieis, de xeito que puidesen ler a Biblia. Outro beneficio moi valorado naqueles tempos de infradotación escolar. Estar enfrontado a un cura intolerante podía supoñer serios problemas pois eran os mellores coñecedores das prácticas e opinións dos veciños do rural. De feito, durante a Guerra Civil, un informe negativo dun cura era unha acusación moi difícil de sortear; querendo mal a alguén sentenciaban a calquera. Tamén os houbo bos, como don Baldomero da Capela, aínda lembrado por defender a todos e cada un dos seus veciños, chegando a mediar a favor de varios dos regoelenses fuxidos. 

Profuguismo masivo

Entre os puntos que levo tocado, hainos moi particulares de Regoela e outros máis xerais nos que poden identificarse outras freguesías. A este último pertence o profuguismo, unha práctica estendida por toda Galiza. Viña de décadas atrás, pero entre 1900 e 1930, período máximo da emigración americana, máis do 50 por cento dos mozos da antiga provincia de Betanzos non acudiron á cita anual de recrutamento, polo que foron declarados prófugos, chegando a picos do 70 por cento (a media no Estado era o 17 por cento). 

Dado que era unha alternativa asumida socialmente e co apoio familiar, milleiros de adolescentes emigraban prematuramente antes de cumpriren os dezaseis anos, para non quedaren suxeitos á lexislación militar. Por antimilitarismo ou simple instinto de supervivencia eles non querían participar na Guerra de Marrocos. O problema era que, se retornaban eran prendidos, multados e castigados nos peores destinos. Debían agardar vinte anos no estranxeiro para quedaren exentos de responsabilidade. 

Ante esa realidade, os ministerios de Guerra e Mariña, sen rebaixar as ameazas, daban solucións e acordaban cada dous anos de media, conceder un indulto a aqueles prófugos que pagaban a redención a metálico, de 1.500 a 2.000 pesetas daqueles tempos. Cantidade imposible para un labrego, pero non tanto para un emigrante un tanto afortunado. Eses cartos incrementaban o orzamento da propia guerra africana. 

Durante a Ditadura de Primo de Rivera, perfeccionaron o sistema de recadación aceptando entregas parciais nos consulados a cambio de permisos temporais de regreso. Con estes inmediatos e numerosos precedentes coñecidos por todos, non acudir á citación de recrutamento e fuxir ás fragas, era unha opción a ter en conta por aqueles mozos que non aceptaban participar no exército franquista.

Coñecemento da fraga e nexos familiares

Unha vez propietarios do seu e procurando a autosuficiencia de cada casa, os regoelenses incorporaron ó seu capital algúns ferrados de soutos nas Fragas do Eume pois o consumo de castañas formaba parte da alimentación, conservándose varios meses afumadas. 

A actividade dos fragueiros era constante para manter os soutos limpos e produtivos, recollendo leña, casca de carballo e sanguiño serrando boas madeiras, vigas para as casas, facendo carbón vexetal, seleccionando cabos de ferramentas, pastando gando, apañando froitas, uvas viogheiras, hedras para as vacas, vimbios para os paxes e plantas medicinais. Só os amos podían escudir os castiñeiros con varas, pero calquera podía ir ao souleto polas castañas caídas. 

As fragas, un labirinto para o forasteiro, eran perfectamente coñecidas pola veciñanza de toda a contorna. As posibilidades de atoparse cun parente eran moi altas dadas a escasa mobilidade xeográfica da poboación local naqueles tempos. Segundo os libros parroquiais sabemos que o 94 por cento dos pais/nais e avós/ás dos nenos/as nados en Regoela entre 1853 e 1923, eran orixinarios da propia Regoela ou dalgunha das sete freguesías veciñas (Viladonelle, Cabalar, As Neves, Soaserra, Salto, Magalofes e Sillobre).

Matanza

Chegada a Segunda República, tras do fracaso consecutivo dos partidos caciquís, da ditadura e da monarquía, algúns regoelenses participaron nas diferentes alternativas políticas. Moitos mozos asumiron un ideario de respecto dos dereitos cidadáns nunha República laica nada nas urnas. Por ese motivo, unha vez confirmado o Golpe de Estado do 18 de xullo, procuraron directrices nas corporacións municipais da Fronte Popular. Unha delas a de Cabanas. 

Pola súa banda, os golpistas non perderon o tempo. Bombardeado e asaltado o goberno civil da capital o día 20, axiña aproveitaron os seus arquivos para relacionar, nunha listaxe de trinta e cinco páxinas, os nomes dos dirixentes das asociacións agrarias, obreiras e de asalariados da provincia. A constatación de que os líderes locais máis destacados estaban sendo presos e paseados, substituídos nos concellos por colaboracionistas e delatores, motivou que os representantes elixidos se agachasen ou fuxisen. O alcalde de Cabanas e todos os concelleiros da Fronte Popular foron perseguidos e os máis deles asasinados.

Para os mozos de Regoela que non querían participar no ataque á legalidade constitucional, quedábanlles as fragas. A poboación dispersa, o coñecemento do medio, contar coa solidariedade inquebrantable das familias e veciños, a tradición profuguista… indicaba ese camiño; pero aínda lles faltaba sufrir unha das máis brutais demostracións da política de terror planificado pola Delegación de Orden Público. 

Na tardiña do 5 de setembro de 1936 un grupo de cinco regoelenses entre dezanove e trinta e un anos máis outro de Ferrol, estando a cuberto da choiva nun alpendre do lugar dos Xicos, foron rodeados por unha partida de falanxistas armados. Un tentou fuxir porque xa avisara que a el non o collían vivo. Matárono dun disparo nas costas. Atados os demais, ían polos carreiros cara á única estrada da freguesía. Aproveitando o fusco, dous deles conseguen fuxir, tras cortar a corda cunha pequena navalla que levaban achantada. Un terceiro, tamén libre, non foi quen de deixar o seu irmán atado enfrontándose a aqueles matóns. Reducido a culatazos, chegan á estrada. Ordenan a unha camioneta que os leve ó cemiterio de Sillobre. O chofer, anos despois, dixo que un ía desfeito, con todas as costelas rotas. 

No cemiterio que tamén vale de miradoiro, na parte alta da freguesía, foron torturados os tres ata deixalos que non se coñecían. Terror planificado, os seus berros interminábeis servían como aviso aos navegantes para toda a veciñanza de Sillobre e Fene ata chegar á ría. Ninguén, independentemente da idade e antecedentes, estaba a salvo da impune actuación das bandas paramilitares ó servizo do Nuevo Estado.

Finiquitados dereitos e liberdades, o párroco Antonio Martínez escribiu no libro de defuncións os apuntes correspondentes. Deuse sepultura ó cadáver de tal, filiación, idade, fillo de, “falecido o mesmo día no cemiterio de Sillobre, non recibiu os sacramentos, e o asino”. Os seus nomes eran Arturo e Juan José Pereira López e Jesús María Bouza Pereira. 

No último apunte do ano, xa en decembro, o crego lembrouse do asasinado en Regoela, que fora enterrado polos veciños catro meses antes, sen presenza de cura. Utilizando a fórmula habitual remata “nada se lle fixo do que manda o Ritual Romano, e o asino”. O seu nome Baltasar López Ardao. Nos seguintes dez anos os fuxidos de Regoela, máis os de Soaserra, a freguesía irmá, e tantos outros que procuraron sobrevivir nas fragas, foron protexidos e informados por familiares e veciños.

Coma se vivisen nun pais ocupado, sen ningunha protección legal, rapaces e homes, rapazas e mulleres, vellas e vellos soportaron malleiras, detencións arbitrarias e prisións, deportacións, traballos forzados, visitas semanais obrigatorias ós cuarteis, precintado de hórreos, multas, insultos, ameazas e desprezo. Todo isto acumulado ás serias carencias dos anos da fame da posguerra. Tempos de requisas e mercado negro, cando para moitos non había que comer nin que vestir. Volvéndose a sementar o liño e a reutilizar os teares. 

Ademais, para os familiares dos fuxidos aínda lles quedaban outras. Nas constantes roldas da Garda Civil, darlles de comer e leito coas mellores sabas, ao tempo que rexistraban a casa outra vez. E mesmo saber descubrir os falsos guerrilleiros que lles pedían comida para despois denuncialos por dárllela. 

Pero Regoela das xentes libres saíu adiante e a memoria oral transmitida polos superviventes resulta determinante en moitos dos traballos xa publicados ós que remito o lector interesado. Sobre Regoela, fuxidos e guerrilla nas Fragas do Eume escribiron dende diferentes perspectivas, polo menos un traballo: Barrera Beitia, E.; Cabana Iglesia, A.; Caneiro Rey, J; Diéguez Cequiel, U. B.; Domínguez Ferro, M.; Fernández Fernández, E.; Fernández Rifón, A.; Freire Vilariño, I.; González López, D.; Grandío Seoane, E; Heine, H.; Lamela García, Luís; Máiz Vázquez, B.; Marco, A.; Martínez, Lupe; Otero Roberes, C.; Pereira, Dionisio.; Pereira Martínez, C.; Rodríguez Vázquez, M. A.; Rubia, Xoan; Sobrino Ceballos, J.; Suárez Martínez, X. M.; Valdivieso Mateo, M. e Vázquez Arias, J. C., entre outros.

Esta pesquisa foi orientada no esencial por Juan Permuy Alvariño, sabio, profesor de matemáticas, obreiro do metal, correo de fuxidos e, por riba de todo, fachendoso fillo do país que, mentres puido, levoume da súa man amiga. Ademais, dende 2002, tiven ocasión de entrevistar e gravar a 176 veciños nados na comarca nas primeiras décadas do século XX. 

Entre esas achegas destacan as de Olimpia Barcia Fernández, que con cento un anos é memoria viva daquela xeración excepcional, e da súa sobriña Libertad, respectivamente irmá e filla de Amador, aquel regoelense que conseguiu sobrevivir cortando a corda. Exemplo de mozo fuxido que feito bravo tornou en guerrilleiro. En 1946, con outros compañeiros, embarcou clandestinamente nun pesqueiro cara a Francia. Oito anos despois, tras casar por poderes, puido reunificar a familia en Dijon-Borgoña."             

(Xabier Brisset Martín , Praza.Gal, 02/08/24, texto publicado no número 241 de Grial)

24/3/23

As historias esquencidas das internas do Hospital psiquiátrico de Conxo: "Morrían soas no centro"

 "Hai tempo que xa tiñamos interese en difundir o ingreso desta transferencia. A documentación recibirámola en 2012 do Hospital Psiquiátrico de Conxo debido ao interese que garda a documentación que se conserva. Isto é así porque son moi poucos os casos de historias clínicas e psiquiátricas que se convervan en toda España. Practicamente toda esa documentación foi destruída por diversos motivos. Doutra parte, todos os anos polo Día Internacional da Muller, nós preparamos unha mostra porque temos o compromiso de resaltar e dar a coñecer os documentos relacionados coas mulleres que poidan axudar a difundir a historia do papel das mulleres dentro da nosa sociedade. Este ano confluíron estas dúas ideas e dixemos: por que non? Así difundimos os documentos relacionados coas mulleres no hospital de Conxo.

-Por que se cedeu ese material de Conxo ao Arquivo de Galicia?
O hospital de Conxo, aínda que naceu como unha institución privada, foi unha Fundación do Cabido de Santiago, pasou por diferentes estapas durante a súa historia. Con  posterioridade foi comprado pola Deputación da Coruña e finalmente, pasou a súa xestión á Xunta de Galicia. Desde este último momento, os documentos que reflicten a historia da súa xestión, pasan a formar parte da Xunta e nós somos o Arquivo de Galicia, encargados de recoller toda a documentación producida polo goberno galego. Desta maneira, isto non é máis que un proceso normal de transferencia da responsabilidade de custodia dos documentos, desde as oficinas até o Arquivo.

-Foron necesarios traballos de restauración ou de escolla entre esta documentación?
Non, todos se conservan ben, tampouco temos un laboratorio de restauración. En tal caso, a conservación é boa.

-Dentro desa documentación figurarán historiais clínicos. Esas persoas están falecidas?
Si, nós este ano acabamos de transferir un segundo lote de documentos desde Conxo, isto amplía o período cronolóxico que temos até o momento. En calquera caso é de persoas xa falecidas.

-Durante o tempo que leva aberta a exposición, houbo algún parente desas persoas que estiveron en Conxo visitando a mostra?
Non temos constancia. Como dicía, os documentos falan de persoas falecidas cuxas historias se desenvolveron hai moito tempo, por iso non é sinxelo seguirlle a pista a estas persoas.

-A mostra recolle tamén fotografías. Como se recolleron?
Da mesma maneira que os documentos de carácter administrativo ou de carácter máis médico como as historicas clínicas. As fotografías viñeron na última entrega feita este ano.

-Non hai fotografias realizadas por autores ou autoras específicos que fixesen retratos dentro do hospital?
Non temos constancia, non hai ningunha fonte externa.

-Hai unha fotografía realizada pola cineasta Ana Turbau dentro do Centro de Conxo. Como puido realizar este retrato de varias mulleres usuarias?
O certo é que non sabemos como puido sacalas. Sabemos que ella estivo dentro mais descoñecemos como foron as xestións para entrar. Descoñezo totalmente ese punto.

-O subtítulo da exposición apunta ás mulleres que no seu momento buscaron romper o papel de xénero establecido. Sabe como romperon esas regras establecidas pola sociedade tradicional?
Esas experiencias poden estudarse mediante a correspondencia que mantiñan desde o centro ou a historia dos seus expedientes. Son historias que elas mesmas contan nesa fase de diálogo cos médicos para coñecer os antecedentes da súa vida. Ás veces traslucen unha serie de hábitos sexuais non adminitidos ou cunha traxectoria política tamén cuestionada. Hoxe en día xulgamos esas historias desde a nosa perspectiva e de aí que vexamos uns roles de xénero moi marcados na súa época. Por tanto, os comportamentos fóra deses esquemas sociais do momento eran moi cuestionados.

-Era excusa suficiente dicir simplemente “non” para o internamento destas mulleres?
Non creo que fose así, porque o documento de ingreso debía estar acompañado dun certificado médico apuntando que esa persoa estaba mal. A cuestión está en cando e como se decidía se esa persoa estaba mal ou como se rompían eses requerementos. Quero dicir, o ingreso no hospital non era simple, tiña uns trámites previos, mais socialmente determinados comportamentos non eran aceptados como normais. Por tanto, estariamos diante dunha suposta doenza. Esa rebelión era un síntoma de non estar ben.

-Cales eran as presuntas doenzas atribuídas a estas usuarias?
Pois histeria, moitas veces esquizofrenia e mesmo hai algunhas historias que son moi curiosas como por exemplo “loucura xenital”. Hoxe en día estes diagnósticos están fóra de lugar. Non sei se había algún estudo científico que avalara estes diagnósticos. En tal caso, resultan cando menos chocantes estas historias.

-Até cando se mantivo este tipo de sistemas para pechar ás mulleres dentro dos centros psiquiátricos?
Os conceptos actuais da psiquiatría avogan máis pola inclusión das persoas usuarias dentro da sociedade cunhas vivencias máis normalizadas e non pechalas e illalas do mundo. Daquela, as persoas tiñan uns contactos moi limitados co exterior e mesmo morrían no centro. Isto podémolo ver nas cartas que escribían e nunca chegaron ao seu destino e que están incluídas nas historias clínicas e falan da súa situación.

-Cales serían os principais puntos que destacaría para animar á xente a ver esta mostra?
Creo que deixa uns testemuños moi vívidos do que son as historias destas mulleres e que reflicten moi ben a mentalidade dunha época. É algo que interesa á xente hoxe en día. Primeiro, porque a preocupación pola saúde mental está moi presente no día a día ben polo tipo de vida que levamos, pola pandemia e outras cuestións. Contribuír a quitar o tabú que existe para falar destas cuestións e que non sexa só unha preocupación para acabar encontrando unha solución. Penso que estas historias poden axudar a quitar ese tabú."                  (Moncho Mariño , Galicia Confidencial, 17/03/2023)

31/3/22

Así naceu o cinema en Galicia

"Un derby que remata co público invadindo o hipódromo. Unha viaxe en barco coa participación estelar dunha cantante francesa famosa. O cómico desembarco dos pasaxeiros dunha lancha nunha praia. Carruaxes e persoas cruzando unha monumental ponte londiniense. Unha competición de remo no Támese. As asombrosas transformacións dun prestidixitador en París. Unha nena saltando á corda nun lugar de Madrid. E, por suposto, a chegada dun tren a unha estación. Son algunhas das películas que estrearon o cinema en Galicia. O 2 de setembro cumpriranse 125 anos desta primeira sesión, da que desvelamos a seguir información inédita.

Que a primeira sesión de cinema en Galicia tivo lugar no Circo Coruñés en 1896 é un feito indubitado. Sábese onde e cando, pero esta reportaxe descifra dúas incógnitas fundamentais: o proxector que se empregou e as películas que se exhibiron.

Os tres principais xornais que había na época na cidade coruñesa (El Diario de Galicia, El Telegrama e La Voz de Galicia) falan en todo momento do «cinematógrafo», pero daquela había numerosos enxeños similares en circulación e, como o creado polos irmáns Lumière era o de máis sona e o de mellor funcionamento, en moitas ocasións presentábase como cinematógrafo o que non o era. En canto ás películas («cadros» ou «vistas», na terminoloxía da época) das que puideron gozar aqueles espectadores, hai descricións detalladas de varias das pezas neses mesmos xornais, e son esas crónicas as que, á falta dunha evidencia irrefutable, permitiron aos historiadores de cinema elaborar unha hipótese. «Temos case a completa certeza de que o proxector era de patente británica», aventurábase o galego José Luis Castro de Paz, referencia internacional no estudo do cinema primitivo, no catálogo da exposición José Sellier na Coruña: os comezos do cinema español (2013). Tras os achados que detallaremos nesta reportaxe, podemos confirmar que o presentimento deste catedrático de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela era certeiro: en efecto, o proxector desa primeira sesión foi un animatógrafo, invento do británico Robert William Paul, autor tamén de varias das películas proxectadas nesa histórica xornada. 
 
O Circo Coruñés

Viaxemos agora á orixe, ao 2 de setembro de 1896. Os señores Pedregal e Ramos, empresarios promotores do espectáculo, elixiron como escenario o Circo Coruñés. Era unha instalación multifuncional baseada nun deseño do arquitecto Juan de Ciórraga, autor de boa parte dos edificios que dan personalidade arquitectónica á cidade coruñesa, as galerías da Mariña. Primeiro, en 1884, situouse na praza de María Pita e, desde mediados de 1888, no terreo onde hoxe se ergue o edificio da Autoridade Portuaria. «El Circo Coruñés reúne excelentes condiciones y tiene capacidad para cerca de dos mil espectadores. Desde que ocupa la situación actual, han trabajado buenas compañías líricas y dramáticas y ecuestres, habiéndose visto muy favorecido por la distinguida sociedad coruñesa. En el carnaval se celebran bailes públicos en dicho local y también suelen celebrarse en él meetings y otras reuniones populares», apunta Robustiano Faginas na súa Guía-indicador de La Coruña y de Galicia para 1890-91. Tratábase, polo tanto, dun recinto moi amplo (2.000 espectadores), que superaba en capacidade o Teatro Principal (hoxe, Teatro Rosalía), onde entraban 1.374 persoas. 
 
A última marabilla do século

Antes que á Coruña, o cinema chegara, entre maio e agosto, a Madrid, Barcelona, Zaragoza, Cádiz, San Sebastián, Santander, Bilbao, Alacante, Xixón, Murcia e Avilés. O proxector non era sempre o mesmo (animatógrafo de Robert W. Paul, cinetógrafo de George William de Bedts, motógrafo de Joseph Rous e cinematógrafo dos Lumière), pero o impacto foi similar: asombro xeneralizado.

Na capital, pioneira en España, o animatógrafo adiantouse a todos. Chegou da man do húngaro Edwin Rousby, enviado especial de Robert W. Paul. Presentouse o 11 de maio de 1896 no Circo Parish. Tras a súa estancia en Madrid, onde competiu co cinematógrafo, Rousby marchou en xuño a Portugal, país no que permaneceu ata xaneiro de 1897. Xa que logo, non foi o húngaro quen trouxo o animatógrafo a Galicia, polo menos en persoa. Hai fontes que indican que posuía dous proxectores, e, polo tanto, un deles podería ser o que viaxou á Coruña, pero ten pouco sentido porque a lóxica fai pensar que nese caso faría escala noutras cidades galegas antes de chegar á herculina. Por iso non podemos descartar a opción de que os señores Pedregal e Ramos, promotores da sesión no Circo Coruñés, trouxesen un aparello directamente de Gran Bretaña, conectada intensamente por vía marítima coa Coruña, segunda cidade española, tras Madrid, que recibiu o animatógrafo, un proxector que Robert W. Paul presentara o 20 de febreiro dese mesmo ano en Londres, e que puxo á venda ao mes seguinte.

Fose como fose, o caso é que o mércores 2 de setembro de 1896 un novo entretemento presentouse por primeira vez en Galicia. Como novidade que era, requiriu unha explicación: «Una serie de fotografías en movimiento, ampliadas por una poderosa lente y proyectadas sobre una superficie blanca, constituyeron en resumen el mecanismo del Cinematógrafo. La ilusión es perfecta, resultando una hermosa colección de fotografías animadas», púidose ler ao día seguinte en El Telegrama. Tras esa sesión do día 2, reservada para as autoridades e a prensa, na xornada seguinte realizáronse os primeiros pases para o público en xeral: «¡Grandioso descubrimiento! ¡Última maravilla del siglo!», anunciou ese mesmo xornal.

Os pases, cada media hora, empezaban ás 20.30 e remataban ás 24. Constaban de oito «vistas», e advertíase que no caso de que algunha quedase inutilizada sería substituída. Aínda que non todas elas se conservan, podemos supoñer as principais características das películas: rodadas nun exterior con luz natural, cun plano único e inmobilidade total da cámara, e con non máis dun minuto de duración.
A entrada en cadeira e banqueta custaba unha peseta (o equivalente á subscrición mensual a un xornal local), e en bancada reducíase a 50 céntimos. Pasado o efecto sorpresa, o prezo reduciuse notablemente nas dúas últimas xornadas, as do 9 e 10 de setembro.

Seguramente asistise a algunha destas sesións o fotógrafo local José Sellier, bo amigo dos irmáns Lumière e sempre atento ás últimas novidades tecnolóxicas no ámbito da imaxe.
As primeiras películas

O que permite coñecer que tipo de proxector e que películas se pasaron nesas primeiras sesións galegas de cinema é unha noticia publicada ese último día, información que estivo ata hoxe fóra do radar dos especialistas. Publicouse en El Diario de Galicia, daquela o xornal máis vendido da cidade. Di así: «Hoy es la última exhibición del Cinematógrafo, con arreglo al siguiente programa: 1ª Preciosa marina con figuras y embarcaciones, 2ª Llegada de el Express á la estación de París, 3ª Sobre cubierta del Victoria, 4ª Carreras de caballos del gran premio en Londres, 5ª Movimiento de carruajes sobre el puente del Thámesis 6ª Las grandes regatas de Stanley, 7ª Célebre prestidigitador en la gran Opera de París, 8ª Hermosa niña saltando á la comba en la fuente de la Teja (Madrid) (…)».

De todas as noticias publicadas sobre esas sesións fundacionais, é a única que menciona os títulos, e de aí a súa importancia. Porque en seis dos oito casos pódense establecer correspondencias entre eses títulos e as películas do catálogo de Robert W. Paul, o pioneiro do cinema británico. Porén, non foi un cinematógrafo –como di a noticia de El Diario de Galicia por descoñecemento do redactor– o que funcionou neses días no Circo Coruñés: tratouse dun animatógrafo, un invento de Paul a partir do cinetoscopio de Edison, que era un aparello que só permitía a visión individual.

Segundo as descricións da prensa, en Preciosa marina con figuras y embarcaciones viuse a chegada á praia dunha lancha, cuxos remeiros se lanzan á auga para conducir ata terra, en brazos, os viaxeiros, entre eles unha muller. Esta peza de toques cómicos, que se proxectou con éxito na primeira sesión coruñesa, podería ser Landing at Low Tide (1896), unha película do catálogo de Robert W. Paul dirixida por Birt Acres. Consérvase polo menos unha copia nunha colección privada.

Llegada de el Express a la estación de París pasouse o primeiro día (2 de setembro) e, a petición masiva do público, tívose que repetir nunha das sesións do segundo (3 de setembro). Polo tanto, é a primeira película de éxito proxectada en Galicia. As crónicas describen a chegada dun tren, o descenso dos viaxeiros e os mozos cargando equipaxes. Cremos que se trata de Arrival of the Paris Express (1896), do propio Robert W. Paul, na que uns pasaxeiros chegan á estación de Calais.

En Carreras de caballos del gran premio en Londres, os asistentes asombráronse ao ver o público saltar os valos e invadir masivamente a pista do hipódromo. O historiador de cinema José Luis Castro de Paz sospeitaba que o proxector das sesións do Circo Coruñés en 1896 era de patente británica porque a descrición xornalística dunha das películas encaixaba con The Derby (1896). Pero ese argumento tamén podería corresponderse con outra película perdida, mesmo concibida para outro proxector. O feito –agora coñecido– de que se inclúa nun pase xunto a outras vistas perfectamente identificadas de animatógrafo confirma que, en efecto, se trata de The Derby, rodada por Robert W. Paul en xuño de 1896 no derby hípico de Epsom. O British Film Institute (BFI) conserva unha copia desta película.

De catro das cintas vistas non hai descricións: Sobre cubierta del Victoria, Las grandes regatas de Stanley, Movimiento de carruajes sobre el puente del Thámesis e Hermosa niña saltando a la comba en la fuente de la Teja (Madrid). A pesar da falta de detalles, identificamos as tres primeiras.
Sobre cubierta del Victoria é, sen dúbida, On the Calais Steamboat (1896), unha película na que os espectadores puideron ver a Yvette Guilbert no SS Victoria, mentres o barco navegaba de Dover a Calais. É a primeira grande estrela do cinema que os galegos admiraron: Guilbert era unha cantante e actriz francesa moi famosa, que foi pintada por Picasso e Toulouse-Lautrec.

Las grandes regatas de Stanley é unha filmación realizada por Robert W. Paul en xullo de 1896 durante unha famosa competición de remo (Real Regata de Henley). O seu título orixinal é Henley Regatta (1896). Polo tanto, trátase dunha película deportiva, como a antes analizada The Derby (1896).

Movimiento de carruajes sobre el puente del Thámesis é Blackfriars Bridge, rodada tamén por Robert W. Paul nesa ponte, pola que circulan carruaxes e persoas, algunhas das cales miran á cámara. O British Film Institute (BFI) custodia unha copia desta película.

En canto á vista protagonizada pola nena –Hermosa niña saltando á la comba en la fuente de la Teja (Madrid)–, é sabido que o operador Henry W. Short, asociado con Robert W. Paul, rodou en Madrid –tamén en Sevilla e Cádiz– varias películas documentais entre agosto e setembro de 1896. Con todo, non consta que en ningunha delas haxa unha nena saltando á corda.

Tampouco logramos identificar unha película que a prensa refire como Célebre prestidigitador en la gran Opera de París, e da que hai unha breve descrición en El Telegrama: «un prestidigitador efectúa diferentes escamoteos y transformaciones». Dese mesmo ano 1896 é Séance de prestidigitation, do parisiense Georges Méliès, quen lle comprou un animatógrafo a Robert W. Paul.
 
A chegada do cinematógrafo

O resto de Galicia terá que agardar polo menos ata o ano seguinte para gozar do novo entretemento. Unha empresa portuguesa constituída para a explotación do cinematógrafo exercerá ese papel «evanxelizador». Fórmana Alexandre Pais de Azevedo e Lima, coñecido actor, e Augusto Cesar Marques e Caldera, quen fará ás veces de proxectista nesta xira de presentación.

Entre abril e xullo de 1897 visitarán sete cidades galegas, pero nunha delas atoparanse, para a súa maiúscula sorpresa, con competencia local. A intención dos empresarios –lóxica, pois procedían do veciño Portugal– era arrincar o seu periplo en Vigo, pero ao non atopar local adecuado na cidade olívica deciden ir co invento a outra parte, en concreto a Pontevedra.

Así, o sábado 17 de abril recalan no Teatro do Liceo (hoxe, Teatro Principal). Fano para presentar «la maravilla del siglo», como indican nos panfletos que reparten pola cidade: é o cinematógrafo Lumière. «No confundirse con los aparatos de este género presentados hasta hoy, pues el único y verdadero es éste», engade a publicidade. Pontevedra convértese así na primeira localidade galega que recibe o invento dos irmáns franceses, posto que o aparello que funcionara no Circo Coruñés o ano anterior era, como se acredita definitivamente nesta reportaxe, un animatógrafo.

Deste xeito, o cinematógrafo chegou a estas terras quince meses despois que a París –o 28 de decembro de 1895 realizouse a primeira sesión pública do cinematógrafo Lumière, no Salón do Alexandre Pais de Azevedo e Lima – e once máis tarde á primeira cidade do Estado, Madrid, que o recibiu o 13 de maio de 1896.

As funcións pontevedresas, que se desenvolveron ás 19, 20, 21 e 22 horas, foron moi soadas: «O éxito do espectáculo foi rotundo, pois malia contar cuns prezos moi elevados para a época e que case nunca máis volveu acadar o cine en todo o período mudo –1,50 ptas. butaca e 0,50 xeral para asistir á presentación– permaneceu nove días en cartel, o que era moitísimo tempo para unha poboación de pouco máis de vinte mil habitantes», conta Carlos Aurelio López no seu libro O nacemento dunha cidade. A implantación do cine en Pontevedra.

As seguintes escalas de Azevedo, Marques e o seu proxector serán Vigo (a partir do 29 de abril de 1897), Tui (desde o 13 de maio), A Coruña (desde o 23 de maio), Betanzos (desde o 11 de xuño), Ferrol (desde o 16 de xuño) e Lugo (desde o 7 de xullo). É na súa cuarta parada, na Coruña, cando levarán unha sorpresa: o 23 de maio, o mesmo día en que se presentan no número 25 da rúa Real, o fotógrafo local José Sellier activa outro cinematógrafo no número 8, no Bazar da Industria. Nese mesmo local, este operador presentará as primeiras películas do cinema español rodadas con cámara Lumière por un operador alleo á casa francesa. Algunhas delas levan títulos tan autóctonos como Orzán, oleaje; Fábrica de Gas ou Plaza de Mina. Pero esa xa é outra historia."           (Rubén Ventureira , LUZES, 14 Febreiro, 2022)

15/6/21

“Nós tamén temos historia”: a partir dunha fotografía, reconstrúese un anaquiño da historia familiar e xuntando todas elas aparecen moitos temas... a Guerra do Rif, a Guerra de Sidi Ifni, a Guerra Civil e tamén a emigración a Cuba

 "Xa temos o resultado dun proxecto levado a cabo polo alumnado de 4ºESO, dirixido polo profesor Gaspar Méndez. Titúlase “Nós tamén temos historia” e parte dunha premisa moi básica aínda que, ás veces, esquecida: tamén entre os rapacezs e rapazas que temos ao noso cargo hai historias interesantes que pagan a pena seren contadas.

Neste caso, a partir dunha fotografía, reconstrúese un anaquiño da historia familiar e xuntando todas elas aparecen moitos temas non só da nosa contorna senón doutras partes do mundo. Aparecen a Guerra do Rif, a Guerra de Sidi Ifni, a Guerra Civil e tamén a emigración a Cuba e outros países e a inmigración. Aparecen devanceiros que eran labregos, pero tamén outros que eran mineiros, zapateiros ou mecánicos. A todos eles a vida levounos por outros territorios e por outros oficios. O dito, moi interesante. Pódelo ver premendo na imaxe."

"Álbum histórico dos alumnos de 4º da ESO. Grupos A, B, C, e D. Curso 2020/21. Enlace:

 https://read.bookcreator.com/78Ky3nbKPMTWtRSKILSVHnyCsgy2/beC8kmW1Q2yHRhC09wKTLQ

12/5/21

María Soliña, torturada y acusada de brujería por la Iglesia para arrebatarle su riqueza

 "María Soliña sazonó con sus penas el Atlántico, entre cuyas olas arribaron los piratas berberiscos. El terror arrasó Cangas en 1617 y se llevó por delante a su hermano y a su esposo, Pedro Barba, quien contaba con un buen parné, fruto de su trabajo en un mar que le dio y le quitó la vida. 

María lloró cada noche su pérdida sobre la arena, donde suplicaba que el océano le devolviese sus cuerpos. Un acto de amor y la prueba del delito: ¿qué podía hacer una mujer sola en la playa más que procurar la carnalidad del diablo al amparo de la madrugada?

Tras el asalto de los otomanos a la costa pontevedresa, los poderes fácticos de la época vieron mermado su patrimonio, por lo que tanto la burguesía como la Iglesia la escogieron a ella para resarcirse. Aunque no era de alta cuna, poseía bienes y derechos, de los que fue desposeída a los setenta años tras ser acusada de brujería y juzgada en 1621 por el Tribunal de la Inquisición en Santiago de Compostela. María, más sola que su apellido —quizás en origen Soliño—, fue torturada hasta que se vio forzada a confesar para librarse del martirio.

Obviamente, no había hecho nada malo, pero quienes mandaban en el lugar querían seguir imponiendo su autoridad sobre el pueblo y, para ello, les hacía falta dinero. Sin embargo, no podían arrebatarle las riquezas sin levantar sospechas, por lo que también fueron detenidas otras mujeres humildes bajo la misma acusación. Algunas fueron ejecutadas, mientras que ella burló la muerte a costa del escarnio público, paseada tal vez por la misma calle que hoy lleva su nombre.

 Aquel personaje legendario, motivo de orgullo local al cabo de cinco siglos, inspiró al dramaturgo Xosé Manuel Pazos, quien esbozó su figura en una obra teatral que terminaría cimentando una ópera compuesta por Nacho Mañá. Cautivado con la representación, el músico se propuso fusionar el género clásico con el folclore gallego y, cuatro años después, la llevará a escena el 8 y el 9 de mayo en el Auditorio de Cangas, donde los vecinos de la localidad podrán conocer a una singular María Soliña.

"Fue una víctima de su tiempo, aunque también una mujer valiente y revolucionaria", cree la soprano Carmen Durán, quien da voz a una represaliada que se aleja de la visión mítica. "Celso Emilio Ferreiro la hizo famosa con su poema, pero no me interesa la María Soliña que está en el imaginario colectivo. Sobre las tablas, ella lee, usa la poesía como arma y se defiende de su acosador", explica a Público la cantante y presidenta de la asociación cultural O Muíño da Coutada, convencida de que hoy encarna a todas las que han sufrido abusos de poder a lo largo de la historia.

Para representar la tortuosa vida de esta viuda de los defensores de Cangas ante los corsarios otomanos, Mañá decidió folclorizar un género que podría ser considerado elitista para llegar a todos los públicos. El resultado de "esta dura y bonita batalla" es "un espectáculo escénico que huye de cualquier clasificación convencional y que podría quizás bautizarse bajo el nombre de ópera folk gallega", explica en un texto de su puño y letra el compositor cangués afincado en el Reino Unido.

En María Soliña. Ópera nun acto, la soprano Carmen Durán estará acompañada por el contratenor Christian Gil-Borrelli, por el bajo Antonio Alonso y por el tenor Jos Bustamante, aunque su intención de adentrarse en la cultura tradicional le ha llevado a incorporar al actor Lois Soaxe —quien da vida a un ciego— y a un coro integrado por vecinas del municipio. Junto a ellas, la Orquesta Sinfónica Vigo 430, dirigida por Roc Fargas y Castells.

Además, figuran como invitados el gaiteiro Anxo Lorenzo y el zanfonista Anxo Pintos, miembro del desaparecido grupo folk Berrogüetto. Basada en la obra de Xosé Manuel Pazos A defensa da Vila. María Soliña, J.R. Bustamante firma el libreto, Pilar Velasco se encarga de la iluminación y al frente de la dirección de escena se encuentra el cineasta Sigfrid Monleón, nominado en cuatro ocasiones a los Premios Goya en las categorías de mejor documental y de mejor guion adaptado.

Más allá del apartado musical e interpretativo, el ideario de la ópera ha sido apuntalado por la doctora en Filosofía Chis Oliveira Malvar, quien sostiene que la caza de brujas respondió a "una política de control social" y a una "violencia institucionalizada, sistemática y estructural contra las mujeres de carácter ejemplarizante: matar a algunas para asustar a todas". La también doctora en Pedagogía por la Universidade de Santiago de Compostela afirma que fue "el mayor feminicidio" de la historia, pese a que según ella apenas ha despertado interés entre los especialistas.

"No la quemaron, pero fue condenada a llevar durante seis meses el sambenito, el hábito de penitente que la marcaba como bruja proscrita. Y ya no sabemos más de ella, pero se mantuvo en la memoria colectiva, convirtiéndose en el símbolo del sufrimiento del pueblo de Cangas, aunque con una imagen deformada como bruja o loca", escribe Oliveira en María Soliña, miedo a la mujer sin miedo, donde recuerda que la filósofa Silvia Federici analiza el uso de la violencia como herramienta para que "hicieran el trabajo gratis sin protestar" durante la transición al capitalismo. Una tarea doméstica, invisible y sin remunerar.

Las transgresoras, añade la experta en educación sexual con perspectiva de género, fueron objeto de una caza de brujas en los siglos XVI y XVII. "Las víctimas fueron mujeres solas, que tenían conocimiento de la medicina tradicional, solteras o viudas, mujeres sabias que no estaban al servicio de ningún hombre. No resultaban útiles al sistema que se avistaba, y, por encima, daban mal ejemplo y resultaban subversivas para el nuevo orden social. La ignorancia presidía la vida cotidiana y, en aquel entonces, la magia, la brujería y todo lo sobrenatural, que no controlaba la religión, era considerado una amenaza para el poder", concluye Oliveira.

Así, María Soliña, una viuda que rogaba cada noche que las aguas le devolviesen a su marido y a su hermano, héroes de la defensa frente a los corsarios berberiscos que arrasaron Cangas, fue víctima de una superstición alentada por la Iglesia católica, según la catedrática de Filosofía en el Instituto Alexandre Bóveda de Vigo. "En el imaginario colectivo creado por el patriarcado, las brujas son mujeres sin esposo, llenas de maldad, celos y viejas. Sus poderes mágicos proceden del diablo y son para hacer el mal", explica Oliveira, quien subraya que la persecución prosigue en algunos países y en las redes sociales.

"Hoy desde el feminismo sabemos que las brujas fueron mujeres con poderes fruto de su inteligencia y conocimientos. Mujeres no domesticadas, sabias e independientes, parteras, curanderas y, en algunos casos, visionarias o chamanas; mujeres valientes que transmitían sus saberes de generación en generación", escribe la profesora. "Porque la bruja es un icono feminista, símbolo de la liberación. Siempre estuvo ligada a lo subversivo que no se pliega a las normas convencionales. Brujas podemos ser todas, porque nosotras somos las nietas de aquellas que quemaron y de las que no pudieron quemar", concluye.

Carmen Durán le dará voz a todas ellas el 8 de mayo en el pueblo donde purgó un pecado inexistente María Soliña, aunque el éxito de la convocatoria ha llevado a los organizadores del acto a ofrecer otra función al día siguiente. Los espectadores podrán descubrir a una legendaria vecina cincelada en clave contemporánea, diferente a la figura que habíamos conocido a través del relato oral transmitido de generación en generación. Algunos verán a un icono del feminismo antes del feminismo. Otros, como decía la protagonista en la obra de Xosé Manuel Pazos, asistirán a "un cantar de amor que traspasa barreras y tumbas".                  (Henrique Mariño, Público, 16/04/21)

20/4/21

Desuberto o gran enigma da Ribeira Sacra… ¿quen e cando comezou a cultivar viñedos?

 "Século X, en plena alta Idade Media. Esa é a época na que o viño comezou a estenderse pola Ribeira Sacra. Así o afirmaron este mércores a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Mª del Carmen Martínez Insua, e o director de Incipit-CSIC, Felipe Criado, na presentación dos resultados das primeiras datacións nas terrazas da Ribeira Sacra. Un achado que permite reforzar a súa orixe e evolución histórica como paisaxe vitivinícola, aínda que descarta a idea comunmente estendida de que o viño nesta zona xa se cultiva desde a época romana.

Os traballos, encargados pola Goberno galego, foron realizados polo Instituto de Ciencias del Patrimonio del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Incipit-CSIC) na ribeira de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón. Enmárcanse no proxecto Adegas da Memoria, promovido polo Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá de Salvadur, coa participación do Incipit-CSIC e a Consellería de Cultura.

Segundo estas actuacións, as datacións máis antigas da mostraxe identificáronse no século X, en época altomedieval, o que constata que o proceso de construción de terrazas remóntase a épocas pre-Císter. Realizáronse un total de 110 mostras recollidas e repartidas en cinco sondaxes en cuxa distribución influíron criterios como que houbera catas preto e lonxe do río, distintos graos de pendente ou distancia do xacemento de Os Conventos. Tratábase de facer o mostrario o máis diverso posible para poder comprobar como foi crecendo en extensión a explotación agraria.

 Dúas campañas

Ademais das datacións, segundo informan desde o Concello da Pobra do Brollón, este proxecto levou a cabo dúas campañas de escavación no xacemento de Os Conventos, un estudo etnográfico entre os veciños e o estudo da documentación medieval referente a esta parroquia ribeirá. Os dous achados máis reveladores desta escavación coinciden tamén no século X: un enterramento no que se localizaron restos humanos e unha lauda funeraria con inscrición. Ademais de coincidir no tempo coas datacións dos bancais, revelan un uso sacro dese espazo.

 Tal e como se pode concluír das datacións, da escavación de Os Conventos e da documentación, este proceso de expansión continúa ao longo dos séculos. Analizando os datos das mostras, revélase tamén que no século XIII hai unha intensificación na construción de bancais para cultivo na ribeira de Vilachá. No século XVI, volve haber outro pico de intensidade na construción de bancais, algo que demostran estes estudos, que permiten realizar unha evolución histórica destes elementos.

No acto de presentación na Casa da Cultura da Pobra do Brollón tamén participaron o alcalde Xosé Lois Maceda; o presidente da A.VV. de Vilachá de Salvadur, José Castiñeira; a edafóloga Cruz Ferro (ICArEHB da Universidade de Algarve); e o arqueólogo Xurxo Ayán (Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa)."                (Historia de Galicia, 31/03/21)

5/12/18

"Nunca Máis fue un gigantesco 15M y hasta ahora no se le ha dado esa dimensión de revolución cultural"

"El 19 de noviembre de 2002 el Prestige se partió en dos y se hundió ante las costas de Galicia. En los días siguientes, mientras el fuel que transportaba empezó a llegar a las playas, la nefasta gestión política de la crisis empezaba a hacerse evidente, dando lugar a un movimiento de protesta - Nunca Máis- que el 1 de diciembre convocó en Santiago de Compostela su primera gran manifestación.

En paralelo, el mundo artístico y cultural comenzó también a organizarse. Y el 25 de noviembre se constituyó en el Auditorio de Galicia, en Compostela, la Plataforma contra a Burla Negra. En los meses siguientes este colectivo desarrolló una intensa actividad cultural, en paralelo a la acción de Nunca Más, organizando por ejemplo el proyecto itinerante El País de Nunca Máis, que llevó su espectáculo crítico con el Gobierno a varias localidades de toda Galicia. 

También se organizaron docenas de conciertos simultáneos o acciones de protesta cargadas de simbolismo (como la manifestación de las maletas en A Coruña). La actividad de colectivos como Arredemo o Hai que Botalos, en 2005, proceden también de esta Burla Negra que estos días cumple 16 años.


Esta semana se presenta el proyecto Unha gran Burla Negra, que analiza el impacto de este movimiento en su 16 aniversario y que incluirá la realización de exposiciones y mesas redondas en Santiago de Compostela, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Muros, Rianxo y otras localidades. El viernes 23 de noviembre el mismo Auditorio de Galicia acogerá a partir de las 16.30 el inicio de esta iniciativa, con una conferencia inaugural de Germán Labrador, profesor de la Universidad de Princeton, y una mesa redonda con tres especialistas que han analizado diferentes procesos donde la movilización social y política se mezclaban con lo creativo: María Ruido, Julia Ramírez y Tono Carbajo.

El proyecto quiere recoger y analizar "las experiencias de creatividad civil y popular que se dieron desde el otoño del 2002 y que fueron el origen de otras formas de cultura y organización política que vendrían a reproducirse en los años siguientes, en el campo de las protestas pacifistas y ecologistas primero y después en el 15-M de 2011".

 "Hasta ahora no se había creado un relato analítico de estas prácticas culturales desbordantes que cuestionaron el paradigma dominante", destaca su coordinador, Jorge Linheira. "Era necesario iniciar un proceso para investigar y registrar correctamente todo aquello y poner en valor todo lo que sucedió alrededor de Burla Negra", dice, concluyendo que "Nunca Más fue un gigantesco 15M y hasta ahora no le estábamos dando esa dimensión de revolución cultural".

Uno de los grandes objetivos del proyecto es la creación de un archivo vivo que facilite la conservación y estudio de todos los materiales que surgieron de la Burla Negra y que documentaron el movimiento. "Se produjeron muchos materiales, que se estaban perdiendo", señala Linheira, que explica que "todos ellos van a quedar almacenados en la biblioteca de la Universidad de Santiago y serán también colgados en la web, disponibles para todo el mundo. Creo que este es uno de los puntos más fuertes del proyecto”.

"La Burla Negra fue un fenómeno sin parangón a nivel estatal que se desarrolló por todo el territorio gallego. La dejadez de la clase política provocó que se revolvieran las fuerzas de la cultura de base", destaca el proyecto en su presentación. "El laboratorio de la Burla Negra retornaba a la cultura su capacidad de arma de destrucción masiva, de objeto problemático, parcial, combativo y transformador”, añade igualmente.
En su libro La cultura como reserva india, Linheira analizó el impacto de Nunca Máis y de la Burla Negra en aquella Galicia que acumulaba 13 años de mayoría absoluta de Manuel Fraga, destacando que estos movimientos supusieron el final de la Cultura de la Transición en Galicia (aplicando para Galicia el concepto de CT de Guillem Martínez). “Creo que es la primera vez que encontramos un verdadero oasis cultural alternativo, poniendo sobre la mesa a posibilidad de una cultura gallega de signo emancipatorio”. “Fue una expresión cultural problematizadora.

 Tuvo mucha visibilidad, bastante horizontal cuando menos en su inicio, una cultura de abajo a arriba. La cultura popular y la cultura académica se pusieron del mismo lado y tuvieron un papel fundamental en las movilizaciones”, destaca. “Creo que fue un momento clave para romper con la pax fraguiana que hizo que incluso algunos elementos clave del sistema no supieran muy bien como reaccionar”

¿Qué quedó de la Burla Negra? ¿Cuáles fueron sus efectos en los años siguiente? "Siempre digo que la Burla Negra fue una gran revolución cultural que no vino acompañada de una evolución”, señaña Linheira. “En diciembre de 2003 celebraron el Foro Negro de la Cultura, con el objetivo de crear un espacio de encuentro y una red de difusión que llegara a todo el territorio gallego, demandando una política cultural democrática y participativa con capacidad para vertebrar el ecosistema cultural gallego”, dice. “En el 2018 continuamos igual", añade.

A los actos de inauguración en Santiago seguirán otros en A Pobra do Caramiñal (30 de noviembre) y, de nuevo, en Compostela (15 de diciembre, con la celebración del III Foro Negro de la Cultura). Ya en enero la actividad se trasladará a A Coruña, con la presentación del proyecto (11 de enero, con Amador Fernández Savater), la inauguración de una exposición (17 de enero) y un debate con la participación de los periodistas José Precedo y Xosé Hermida que se celebrará el 24 de enero, coincidiendo con el aniversario del polémico Consejo de Ministros que Francisco Vázquez se ofreció a acoger."                   (Marcos Pérez, eldiario.es, 18/11/18)

15/5/18

O éxito de 'Fariña', desacougo polo regreso do pasado incómodo de Galicia. Cóntanme que TVG tomou represalias contra algúns dos actores de Fariña e eu dígome que non pode ser certo...

"O pasado 9 de maio a canle Antena 3 emitiu o último -e, con toda probabilidade, tamén derradeiro- episodio de Fariña, a serie na que a galega Bambú Producciones trasladou e adaptou ao audiovisual baixo a dirección de Carlos Sedes e Jorge Torregrossa algúns dos feitos relatados polo xornalista Nacho Carretero no libro do mesmo título, que á súa vez recompilaba parte do traballo xornalístico que nos anos 80 e 90 deitou luz sobre as redes do narcotráfico galego. 

O secuestro do libro de Carretero por orde dun xulgado de Madrid precipitou o pasado abril a estrea da produción televisiva. Ambas circunstancias contribuíron a que, non sen controversia, regresasen ao imaxinario público de Galicia algúns dos sucesos máis incómodos da historia recente do país e, con eles, as protestas de persoas e institucións directa ou colateralmente implicados neles.

Mostra desta incomodidade foi o propio secuestro xudicial do libro tras dous anos e medio á venda. A medida ditada polos xulgados da localidade madrileña de Collado Villalba foi solicitada por Alfredo Bea Gondar, ex-alcalde do Grove, que previamente denunciara a Carretero por inxurias e calumnias. 

A demanda de Bea Gondar baséase nunhas poucas liñas do volume editado por Libros del KO, fundamentalmente no treito en que o autor se refire a que foi "procesado en 2001 por un alixo de dúas toneladas de cocaína", pero non á absolución do ex-político pola anulación do sumario que instruíra Baltasar Garzón e o cambio na declaración dun arrepentido. Bea Gondar si foi, así e todo, condenado por branqueo. 

Os movementos contra Fariña mentres foi só un libro multiplicáronse en diferentes esferas tras o salto á televisión española en horario de máxima audiencia. Tras a emisión do primeiro capítulo con máis dun 20% de audiencia na media estatal -o duplo en Galicia-, o narco Laureano Oubiña anunciaba a través do seu avogado, Manuel Álvarez de Mon, que emprendía accións xudiciais contra a produtora da serie e mais contra Atresmedia por "intromisión na honra" do seu cliente. A razón, unha fugaz escena de sexo do personaxe de Oubiña, interpretado por Carlos Blanco, no primeiro capítulo da serie.

Nas semanas seguintes o mesmo avogado anunciaba novas accións contra Fariña no nome do ex-narco arrepentido Manuel Fernández Padín, quen en declaracións a Faro de Vigo asegurou ser vítima de "imprecisións e mentiras graves" no libro de Carretero. 

Quen delatara ante as autoridades ao clan dos Charlíns amagara tamén con pedir a suspensión da serie televisiva. O procedemento contra a obra de Libros del KO, igual que a demanda de Oubiña contra Bambú, tivo a súa primeira parada nun acto de conciliación que finalizou sen acordo. No caso da produción televisiva a produtora resalta que é unha montaxe baseada en feitos reais, non unha reprodución exacta deses mesmos feitos. 

Tras Oubiña e Padín outro dos protagonistas daqueles anos e, nomeadamente, da investigación e xuízo da Operación Nécora, saíu nas últimas semanas ao paso de Fariña. Tamén con Álvarez de Mon como representante legal outro arrepentido, Ricardo Portabales, asegura estudar accións legais de seu.

 Segundo un comunicado divulgado polo avogado, Portabales séntese vítima de "falsidades" por mor dalgunhas escenas da serie, xa que por exemplo, afirma, "non é certo que traballase, coñecese ou denunciase" a Sito Miñanco. O mesmo comunicado asegura que Portabales se ofrece a divulgar os feitos "reais" en calquera televisión estatal que lle sufrague o desprazamento e estancia en Madrid se pode ser asistido polo seu avogado na emisión.

A vaga expansiva na política (e na televisión) galega

Pero o éxito de Fariña, libro e serie, non tivo só repercusións pola banda dos narcos, arrepentidos ou non, ou das persoas que se viron implicadas na súa persecución, abeiro ou denuncia social. A publicación e secuestro do libro e a emisión da serie impactou no panorama político galego ao axitar lembranzas dos anos 80 e 90, pero tamén outras máis actuais

Non en van, a produción de Bambú representa feitos que hai tres décadas xa chegaran a ser debatidos no Parlamento galego, como a xuntanza do ex-presidente Fernández Albor con contrabandistas de tabaco fuxidos ao norte de Portugal. Nos seus diálogos transcenden, ademais, circunstancias que pairan sobre o panorama político do país dende o inicio mesmo da autonomía, como as 'malas compañías' de dirixentes políticos da época ou o suposto financiamento de Alianza Popular do que se gaban procesados como Laureano Oubiña.

A representación na serie da música do país ou o reflexo da realidade lingüística de Galicia nunha produción en castelán foron tamén asunto de debate nunhas semanas nas que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se tivo que volver enfrontar, ao fío de Fariña, ao episodio da súa biografía que máis problemas políticos lle causou, a antiga amizade co narcotraficante Marcial Dorado precipitada á luz pública polas fotografías publicadas por El País en marzo de 2013. 

Nas redes sociais, en roldas de prensa e tamén no Parlamento a oposición galega instou a non esquecer todo o acontecido e o presidente, así como a contorna do PPdeG, insistiron en enmarcar a serie no eido da ficción, simplemente.

"Hai formacións políticas que fan as preguntas ao presidente en funcións dos guións televisivos", laiábase o pasado abril Feijóo, pero "unha cousa é un guión televisivo e outra, a realidade". A esquerda galega, acusa o titular do Goberno galego, tentou "trasladar un guión televisivo á realidade dos acontecementos daquela en Galicia, volvendo unha vez máis a falsear a realidade e a mentir".

Coas lembranzas daqueles tempos de volta na vida pública do país remataba a vertente televisiva de Fariña, que segundo os datos difundidos pola propia produtora e diversos medios especializados roldou o 40% de audiencia en Galicia durante todas as súas emisións, datos aos que habería que engadir o tamén exitoso seguimento en diferido. 

Este amplo seguimento e os eloxios recibidos polo equipo técnico e dramático da serie, con moi ampla presenza galega, xerou receos que van alén dos feitos relatados e chegan ao ámbito da Televisión de Galicia, que nos días da estrea de Fariña lanzou unha campaña instando a que a audiencia non coñecese a historia galega por relatos elaborados dende "fóra".

O ruxerruxe sobre o malestar na contorna dos medios públicos galegos e dalgunhas das produtoras ligadas a eles incrementouse inmediatamente despois da fin da emisión da serie en Antena 3. "Cóntanme que TVG tomou represalias contra algúns dos actores de Fariña e eu dígome que non pode ser certo... Porque non pode ser certo que iso suceda a día de hoxe nunha tele pública, verdade?", escribía este sábado na súa conta de Twitter o noiés Ramón Campos, produtor executivo de Bambú e un dos principais impulsores da serie."          (David Lombao, Praza Pública, 13/05/18)

12/4/18

Porcos na cidade

 

"Na fotografía de Ruth Matilda Anderson que encabeza este texto, tomada o 16 de outubro de 1924 diante do desaparecido colexio San Clemente, hoxe Instituto Rosalía de Castro de Compostela, podemos ver como varias roladas de porcos toman o camiño do campo de Santa Susana, onde cada quinta feira había feira de gando. 

Non sabemos a data exacta en que comezou este mercado mais sabemos que neste espazo se empezou a negociar con mercadorías do gando ao redor de 1552. En 1676 denegouse unha licenza no lugar por molestar a feira de gando, demostrando a importancia deste uso no monte . A feira acabouse desprazando cara á parte superior do monte, provocado polo interese da área inferior como espazo urbano e tamén de lecer. 

Aquí tamén se celebraron, moitas veces, actividades non permitidas dentro das murallas. Sobre as transformacións habidas neste espazo ao longo do tempo ofrece unha boa perspectiva Minia Bravo Pintos de quen tomamos as notas anteriores.

Porcos en locais inmundos

Percorrer hoxe aquelas rúas, a de San Pedro, San Roque, As Rodas ou As Hortas, e toparmos nos baixos ou nos sotos dos seus predios concorridos restaurantes ou tendas de delikatessen que, literalmente, abren o apetite a través dos variados aromas que desprenden, é algo habitual.
Mais se viaxarmos un século para atrás, ou menos, toparíamos no mesmo lugar en que hoxe hai nomeados restaurantes con cortes para cabalos ou cortellos para porcos. 

Aí os aromas xa non eran os mesmos, sobre todo no verán. Por iso as queixas dos veciños da rúa dos Loureiros: os encargados da limpeza non visitan aquela rúa na cal hai “multitude de porcos en locais inmundos”. Análogas queixas chegan das Rodas, Cruceiro do Gaio, San Roque e moitas outras rúas. Criar porcos na cidade era un bon negocio e ademais, como na serie animada de Hanna-Barbera, reciclaban os restos da comida.

Durante centos de anos nas rúas de Compostela conviviron, cada quinta feira, persoas e animais. A prensa informaba das transaccións levadas a efeito, unha parte delas reinvestida na cidade. 

“Concurridísimo estuvo el mercado franco viéndose el campo de Santa Susana literalmente cuajado de feriantes de todas clases” informa La Ilustración Cantábrica seis meses antes da foto tomada por Ruth Matilda. A información completábase coas liortas, claro, que as houbo e moitas: “José Llodio y Secundina Pazos fueron denunciados por formar un alboroto en la feria de Santa Susana”

Cebas a prezos subidos

Os porcos encabezaban as vendas “magnífico e ben abundante foi o mercado de porcos verificado onte en Santa Susana. Vendéronse excelentes cebas a prezos subidos” di a Gaceta de Galicia de decembro.

Eses “prezos subidos” queren dicer que, segundo o tamaño, un exemplar cebado oscilaba entre 75, 100 ou 125 pesetas. Daí os veciños se queixaren ao concello de falta de limpeza, mais non solicitan que se impida criar porcos. 

Non era un mal negocio e podía supor o 10 por cento do salario anual de, por exemplo, un mestre. A cualificación de asistencia oscilaba entre concurridísmo e pouco concorrido. E algunha que outra discusión que por veces acababa en denuncia, ou en navalladas, que de todo houbo.

E así foi semana após semana até que en 1971 o mercado foi trasladado de Santa Susana aos Salgueiriños e máis tarde Amio. E outros animais invadiron os espazos que antano ocuparon galiñas, cabalos ou porcos."                  (Xoán Costa, Sermos Galiza, 06/04/18)