Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis. Mostrar todas las entradas

13/4/21

Seis de cada dez fogares galegos chegan con dificultade ou moita dificultade a fin de mes... Son 10 puntos máis que hai un ano

 "Os fogares galegos que chegan con dificultade ou moita dificultade a final de mes aumentaron considerabelmente no primeiro trimestre de 2021 até supoñer o 58% do total, 10 puntos máis que un ano antes (48%), segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 En concreto, un 47,06% dos fogares chega con dificultade, mentres que un 10,01% faino con moita dificultade. En cambio, só un 47,3% alcanza o final de mes con facilidade ou moita facilidade, o que supón 10 puntos menos que un ano antes.

Deste modo, os fogares con dificultades superan o 50% por cuarto trimestre consecutivo, algo que antes do impacto da pandemia non ocorría desde o primeiros tres meses de 2018.

 A principios de ano, 41,8% dos fogares da Galiza teñen nas prestacións a súa principal fontes de ingresos. Unha porcentaxe levemente superior á de fogares nesa situación hai unha década, 2010 ( 41,6%) mais que se traduce en que en 2019 (último ano computado polo Instituto galego de estatística, antes da pandemia) había case 447.000 fogares na Galiza na que a súa vía de ingresos máis importante derivaba das prestacións (xubilación, desemprego, incapacidade,...). Perto de 10.000 fogares máis que en 2010.

Gastos

Pola súa banda, o 41,1% dos fogares non se permitiu ningúns extra -gastos como os destinados a imprevistos- no últimos tres meses. Ademais, o 10,4% das familias cambiou os seus hábitos de compra con marcas brancas ou produtos en oferta, á vez que o 10,3% diminuíu gastos comúns como roupa e calzado.

 As persoas que teñen pensado saír a cear, cafeterías, ir ao cinema ou ao teatro nos próximos meses caen de forma acusada e quedan no 24,3%, cando eran o 58,8% un ano antes. Hai un afundimento da taxa de persoas que ten previsto ir de viaxe, só o 2,2%, fronte ao 9,6% dun ano antes."                (Praza Pública, 05/04/21)

8/4/21

Galicia tiene más de 3.000 empresas zombis

 "Galicia es la quinta comunidad autónoma con mayor porcentaje de empresas zombis, con un 7,8%, y la séptima con el número más elevado de sociedades sin actividad comercial, con 58.156 compañías (el 4,04%), según un estudio publicado por Informa D&B. Junto a Asturias y País Vasco, la autonomía presenta una tasa mayor en proporción al grupo de comparación relativo la primera categoría.

El estudio, que ha utilizado criterios de la OCDE y del BDE, contempla las sociedades mercantiles excluyendo las empresas holding y las que pertenecen al sector financiero. La OCDE define las empresas zombis como las empresas de más de 10 años de existencia y que no cubren su carga de intereses con su excedente bruto de explotación durante al menos tres años consecutivos. Los resultados a nivel estatal muestran que las empresas zombis pertenecen principalmente a los sectores de la construcción y actividades inmobiliarias y del ámbito de la comunicación.

 Por detrás de Madrid y Cataluña (que concentran más de un tercio de las empresas zombis españolas), Andalucía y la Comunidad Valenciana, Galicia se apunta el quinto puesto en el ranking de comunidades con más compañías con esta característica, con 3.091 entidades que representan un 7,81% del total. Los datos de Informa registran 39.560 empresas zombis en España, con un reparto geográfico que corresponde al grupo de comparación salvo en Cataluña, donde hay una proporción de zombis menor que en el grupo de comparación.

Respecto a las sociedades sin actividad comercial, la comunidad gallega registra 58.156 entidades de este tipo, un 4,04% del total, por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidad Valenciana, Castilla y León y País Vasco. El total estatal de sociedades de este tipo es 1.439.168, de las cuales casi el 60 % de ellas se crearon antes de 1995 y tan solo 54.000 han surgido en los últimos cinco años. La cuarta parte de estas sociedades se ubica en la Comunidad de Madrid, mientras que en Cataluña se localiza el 20 % y Andalucía es sede de una de cada diez."                  (Eila R. Filgueiras, Economía Digital Galicia, 06/04/21)

17/7/20

Radiografía económica de Galicia... Peor que hai dez anos... suspenso sen paliativos para toda unha década

 

"Hai catro anos realizaba en Tempos Novos unha avaliación da nosa recuperación da Grande Recesión de 2009 utilizando unha ducia de indicadores económicos. Sostiña daquela que o mesmo catecismo neoliberal que nos metera naquela explosiva burbulla financeira fora quen de facerse coa xestión da súa saída. 

A cousa ten mérito. E que, como cabería esperar, mentres a produción de riqueza recuperaba os niveis pre-crise a súa distribución estaba a ser a cada paso máis desigual. Catro anos máis tarde, é oportuno repetir a radiografía xa para toda unha década. 

Ten aínda máis interese o facelo. Non só porque dez anos xa non son moco de pavo do que vai facendo ou non un país, senón porque neste 2020 ímonos enfrontar a unha Grande Depresión derivada do confinamento e parálise que se fixeron precisos pola pandemia da covid-19.
A pregunta é clara: estamos hoxe en mellor situación que hai dez anos para enfrontar unha crise económica e social sen precedentes? Para darlle ó lector a miña (breve) resposta, sintetizo nun cadro os mesmos doce indicadores económicos que usara hai catro anos, agrupados en tres bloques e para tres anos (inicial, intermedio e final).

Nun primeiro bloque de riqueza e emprego inclúo catro indicadores relevantes. Respecto do PIB (o volume da riqueza anual producida en Galicia) vemos como o noso peso actual na economía española é menor que o que tiñamos hai dez anos. Non só iso: en relación á media da UE, a riqueza por habitante é hoxe inferior á que tiñamos en 2009. Menor tamaño e menor riqueza por habitante relativos a España e á UE. 

Aínda é peor a situación relativa ao emprego: temos menos cota no emprego total da economía española. Iso no cuantitativo, porque no cualitativo (calidade do emprego, estabilidade, temporalidade, tempo parcial, desalarización) o certo é que as rendas salariais teñen hoxe unha cota inferior no PIB do que sucedía hai dez anos. Nos catro indicadores deste bloque a avaliación é negativa.

No segundo bloque de catro indicadores recollemos o relativo ó desemprego. No que é malo (peso dos parados galegos en España) medramos respecto a 2009, e no que sería bo (peso da poboación activa) minguamos. Isto último fala de emigración. Con esta dupla desfeita a taxa de paro coa que enfrontamos a Grande Depresión de 2020 mesmo é máis alta que a que tiñamos ó encetar a Grande Recesión de 2009. 

Só un indicador presenta unha lixeira melloría: o da taxa de paro xuvenil. Pero é unha melloría pírrica, con emigración dos mozos, porque falamos de taxas do 28 % que en calquera país civilizado deberan tomarse como síntoma dun rotundo fracaso colectivo. Digamos pois que dos catro puntos avaliados neste segundo bloque Galicia só anotaría medio punto positivo.

E xa no terceiro bloque recollemos outros catro indicadores a respecto da competitividade da nosa economía. No éxito na captación de investimentos do exterior, (IDE) se ben a nosa cota en España vai medrando nestes dez anos, o seu nivel está aínda moi por baixo do que temos en PIB (2,9 fronte a 5,2). Só nisto teriamos, xa que logo, medio punto positivo. Porque tanto no esforzo en investigación e desenvolvemento tecnolóxico (I+D) como na cota que temos nas empresas exportadoras españolas as cifras relativas actuais son peores que as de hai dez anos. Daquela non debe sorprender que o déficit da nosa balanza exterior en bens e servizos siga a ser negativa e agravándose nos últimos catro anos.

A radiografía económica é daquela negativa para dez dos doce indicadores. E só é dubidosa (sen chegar a positiva) nos outros dous. Acadaríamos un punto sobre doce posibles: suspenso sen paliativos para toda unha década.

O lector coñece agora a miña resposta á pregunta que nos faciamos. Claro que de seguido viría outra non menos importante: habería outra folla de ruta a ensaiar para que cando saiamos desta Grande Depresión do 2020 evitásemos outro suspenso sen paliativos aló polo 2030?."             (Albino Prada é membro de ECOBAS, Tempos Dixital, 26/06/20)

12/6/19

A Coruña: el pueblo de pescadores que cayó en la ‘zaradependencia’

"Hace una década A Coruña sufrió una explosión en cadena. En esta península gallega de solo 38 kilómetros cuadrados, donde la escasez de suelo lo convirtió en oro y nació la potente promotora Fadesa, estalló con fuerza la burbuja inmobiliaria pero también la financiera, con la defunción de la caja de ahorros que en ella reinaba, y la comercial, con el cierre de grandes superficies recién levantadas. 

 Lo que un día fue un pueblo de navegantes y pescadores que creció gracias, por y para su puerto, ya llevaba tiempo transformada en una ciudad de servicios. Hoy vive sobre todo del gigante textil al que alumbró: Inditex.

Bajo la casa del fundador de Zara en la céntrica dársena de O Parrote, hace años que fondean yates y casi ningún pesquero. Desde la ventana de Amancio Ortega también se divisan los trasatlánticos cargados de turistas a los que la ciudad fía parte de su economía.


Y a lo lejos se ven los mercantes y petroleros que desde 2004 la ciudad intenta llevarse al puerto exterior, construido por más de 750 millones de euros a 15 kilómetros, en punta Langosteira, en el municipio de Arteixo donde también está la sede de Inditex.

Vaciar de actividad portuaria los muelles del centro de A Coruña para diseñar una nueva fachada marítima ha sido una operación costosísima y errática que aún no se sabe cuándo culminará. Se impulsó hace 15 años con el pretexto de alejar descargas insalubres y peligrosas, ya que los productos petrolíferos precisan un oleoducto que recorre el subsuelo coruñés hasta la refinería. “La construcción del puerto exterior fue injustificada porque, con ligeras modificaciones en la parte petrolera, la ciudad podría convivir con el puerto.

 A Coruña no queda libre de peligro porque los muelles estén en un costado y no en el centro”, sostiene Antón Luaces, periodista y presidente de Foro Cívico, un prestigioso club local de debate y reflexión.

Luaces, experto en información marítima, recuerda que hace más de una década vivían del puerto coruñés unas 3.000 personas y “ahora, como mucho, una tercera parte”. La ciudad era una “potencia pesquera” hasta que España ingresó en la Comunidad Económica Europea (CEE). Entonces una flota de 300 pesqueros faenaba en aguas europeas, apunta. Hoy sobreviven seis: “Ahora queda solo la pesca de bajura, pero entra más pescado en la lonja coruñesa por camión que por barco”.

En 2004, el Gobierno de José María Aznar, la Xunta con Alberto Núñez Feijóo de vicepresidente y el entonces alcalde de A Coruña, el socialista Francisco Vázquez, diseñaron una operación urbanística para financiar la mudanza al puerto exterior. La nueva dársena debía pagarse en buena parte con la venta a promotoras privadas del suelo de los muelles que se liberarían de actividad. El estallido de la burbuja inmobiliaria echó por tierra esos números y la Autoridad Portuaria ha acabado atrapada en una deuda de más de 300 millones.

Qué hacer con el medio millón de metros cuadrados junto al mar que serán recalificados y cómo pagar a los acreedores de la nueva dársena ya construida es uno de los grandes desafíos que tendrá que afrontar el gobierno local que salga de las urnas el 26 de mayo. Marea Atlántica, la candidatura de unidad popular que acabó en 2015 con la mayoría absoluta del PP y cuatro décadas anteriores de hegemonía socialista, plantea que ese suelo siga siendo “100% público”, con infraestructuras culturales, deportivas y de transporte y "actividades productivas limpias”. Solo admite viviendas en “situaciones puntuales de integración con la trama urbana” y sin privatizar el terreno.

El PP solo preservaría la titularidad pública de los muelles más cercanos al centro y en el resto promovería "edificios singulares", zonas de ocio y restauración y viviendas. El PSOE también aboga por un uso "mixto", con equipamientos públicos, deportivos y de transporte, oficinas, viveros de empresa y pisos, aunque reduciendo la edificabilidad prevista en 2004: "No hay que demonizar que existan viviendas porque garantizarían que hay vida en eses terrenos”. “Cien por cien uso público y sin vivienda”, contrapone el BNG, que situaría en esta área el intercambiador de transporte de la ciudad y un nuevo hospital.

Sobre la deuda de la Autoridad Portuaria de A Coruña, Marea Atlántica, PP y BNG defienden que el Gobierno central debe condonarla como hizo con la del Puerto de Valencia. El PSOE promete “luchar para encontrar una fórmula que permita reducirla”.

 

Comerciantes en jaque


La crisis económica golpeó el modelo de ciudad de servicios que desarrolló el socialista Vázquez durante sus 23 años de mandato. A la par que se desplomaba la compraventa y construcción de viviendas, se certificó la muerte de Caixa Galicia, una de las cajas españolas que más se entregó al ladrillo y gran financiadora del tejido empresarial, asociativo y cultural de la urbe donde tenía su sede. Pero no fueron los dos únicos pinchazos.

Mientras se proyectaban casas en todos los rincones, se expandieron los centros comerciales. En 2008 se abrió el complejo Dolce Vita como el más grande de Galicia, hoy una mole abandonada. En solo un bienio le siguieron otros dos, uno de ellos como el segundo mayor de Europa y el único que hoy sigue a pleno rendimiento. “No hay consumo y eso afecta al comercio pequeño y de barrio pero también a las grandes superficies”, afirma Mariló Fernández, presidenta de la asociación de comerciantes del barrio de O Castrillón, Eirís y Monelos. “La gente no tiene dinero y a nosotros los autónomos no dejan de subirnos los impuestos”.

La federación de comercio de la ciudad, señala Fernández, cifra en 1.500 los autónomos que han cerrado sus tiendas en lo que va de año en A Coruña. Quedan algo más de 6.000. “Hubo un repunte hace unos años, pero eran personas que habían perdido su trabajo e invertían el dinero del paro en un comercio; a los dos años cerraban”.

Fernández no ve en la multinacional Inditex una competencia sino un “imán de consumidores y una imagen” para la ciudad: “Más bien nos alimentamos de ella, porque sus empleados compran y al comercio que está alrededor de sus tiendas le suele ir bien”.

Los economistas lo tienen claro: A Coruña sufre zaradependencia. Según el informe Ardán del Consorcio de la Zona Franca de Vigo, Inditex es la fuente de más del 50% de la riqueza industrial generada en el área coruñesa en un año. Los clubes financieros de A Coruña y Santiago ven la dependencia del sector servicios y en su último informe de coyuntura económica llaman a “aumentar el peso de la actividad industrial” y a “diversificar más allá del textil”.         (Sonia Vizoso, El País, 22/05/19)

27/9/17

¿Se saímos da crise, porque aumentan as execucións hipotecarias?

 "Estamos ante un claro indicador de que a recuperación, evidente nas cifras macroeconómicas, non se está a trasladar ao peto de moitas familias traballadoras. 

Así tamén o cre Esquerda Unida, que denuncia que “os galegos asistimos a un empobrecemento total da clase traballadora (a modalidade contractual precaria, de menos horas, temporal e inestable afecta ao 94% dos novos contratos), o que fai que se consolide a precariedade e se polarice á poboación, que non se recupera da crise, ampliando a desigualdade entre a cidadanía”.

O 25% dos galegos viven en risco de exclusión social

A coalición comunista lembra que “o 15 por cento das persoas que traballan na nosa comundiade son pobres” e que 700.000 galegos viven en risco de exclusión social, aproximadamente un de cada catro galegos.

O número de execucións hipotecarias no citado trimestre en Galicia é similar á media de España. A autonomía é a sétima comunidade nas que máis trámites deste tipo se iniciaron. (...)"          (Galicia Confidencial, 07/09/17)


 "Galicia rexistrou 256 execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas no segundo trimestre de 2017.

Galicia rexistrou un total de 256 execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas no segundo trimestre de 2017, a sétima maior cifra por comunidades, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Atendendo ás execucións hipotecarias de vivendas, o 0,07 por cento das hipotecas constituídas na Galicia sobre vivendas no período 2003-2016 iniciaron unha execución hipotecaria no segundo trimestre de 2017.

Esta cifra sitúa Galicia na media nacional, tamén do 0,07 por cento, e por baixo de comunidades como a Valenciana (0,11), Andalucía e Murcia (0,10) ou Canarias (0,09).

Doutra banda, Galicia rexistrou 591 execucións hipotecarias iniciadas sobre o total de leiras, a novena cifra por comunidades. (...)"              (Galicia Confidencial, 05/09/17)


13/7/17

Case a metade dos fogares galegos chega con dificultade ou moita dificultade a fin de mes

"No segundo trimestre de 2017, o indicador de confianza do consumidor reflicte un valor de -8,18 puntos, 1,39 puntos por enriba do referido ao trimestre anterior.

Neste trimestre aumentaron tres do catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación financeira persoal aumentou 0,85 puntos, o de situación económica en Galicia 2,43 puntos e o de desemprego aumentou 3,21 puntos. O indicador parcial de capacidade futura de aforro, pola súa banda, diminuíu 0,92 puntos.
O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Así, os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos, mentres que a confianza aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.
Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 euros ao mes alcanza o valor de -30,94, mentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por encima dos 3.000 euros) o indicador sitúase en 17,39.
No segundo trimestre de 2017, o 54,52% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 35,36% con dificultade e o 10,11% restante con moita dificultade.
Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 6,4 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, e unha diminución de 6,4 puntos na dos que chegan con dificultade. A porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade non variou no segundo trimestre de 2017 respecto ao primeiro.
Con respecto ao segundo trimestre do ano 2016, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes creceu 10,15 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 0,59 puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu 10,75 puntos no segundo trimestre de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior.

NINGÚN EXTRA

O 24,08% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra no tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cinema, etcétera. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permita deixar de traballar.
O 11,8% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a comprar marcas brancas, produtos en oferta, etcétera. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no segundo trimestre de 2017.
Ademais, o 11,58% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a roupa e o calzado, o transporte, etcétera (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).
O 64,05% dos fogares galegos pensou saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro no próximos tres meses, o 39,94% aforrar algo de diñeiro, o 38,29% facer algún extra en produtos de alimentación e o 17,97% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.
Diminúe a porcentaxe de persoas que pensou pagarse unhas vacacións, viaxes ou estancias de lecer no próximos tres meses respecto ao mesmo período do ano anterior (19,35% no segundo trimestre de 2016 fronte ao 16,85% do segundo trimestre de 2017).
O 16,45% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habita, o 6,54% o coche e o 1,77% unha segunda vivenda."                  (Galicia Confidencial, 04/07/17)

6/10/16

Máis da metade dos fogares galegos chegan con dificultade a fin de mes

"O 56,5% dos fogares galegos chegan con dificultade ou con moita dificultade a final de mes no terceiro trimestre de 2016, unha porcentaxe que apenas varía a respecto de semestres anteriores. Mais hai unha diferencia fundamental: dentro dese grupo, aumentan aqueles foagres que afirman que chegan con moita dificultade. 

Xa son o 12,2%, máis de un de cada dez fogares no noso país. Pola contra, aqueles que din que acaban o mes con facilidade ou moita facilidade son o 43,4%, unha cifra máis baixa que a rexistrada ens emestres anteriores.

Baixan, logo, os fogares que din que chegan a final de mes sen agobios e aumentan aqueles que recoñecen ter moitas dificultades para facelo. Son dados do Instituto Galego de Estatística (IGE). De feito, e no estudo publicado polo IGE, sinálase que o 22,68% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. 

Considéranse como extra facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar. Ou os gastos destinados a vacacións ou viaxes.

O 12% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas e produtos en oferta. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos. Ademais, o 11,44% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado e transporte, etc (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación)."            (Sermos galiza, 05/10/16)

8/7/16

A crise incrementou o risco de suicidio en Galicia

"Desde o 3 de maio o Movemento galego de Saúde Mental (MGSM) iniciou unha campaña de sensibilización e concienciación social arredor do suicidio. Unha problemática que atinxiu o pasado ano 324 persoas o que duplica o número de mortes por accidentes de tráfico. Unha cifra que, para alén do máis, non deixou de medrar desde 2010 pasando de 275 a 371 en apenas catro anos. 

25/5/16

"Aquí aínda ninguén deu explicacións serias sobre a desaparición das caixas"... un remedio será que o concello de Vigo crease unha nova caixa municipal, pero...

"Miguel Quinteiro é un activista político e social vigués. Fai parte de proxectos como a cooperativa de consumo responsábel Árbore ou da asociación de consumidores Acouga. Traballou 38 anos na caixa de Vigo, sendo elixido para representar os seus compañeiros no Consello de Administración, órgano do que foi expulso por revelar segredos. (...)

- A raíz do título da ponencia na que vas intervir, podemos falar dunha relación entre a débeda pública e a desaparición das caixas?

- Houbo unha conspiración da banca privada para se quedar con todo o mercado financeiro, un mercado que estaba repartido entre banca privada, banca pública e caixas de aforro. Teñamos en conta que na década dos 80 aínda había por volta de 80 caixas operando no Estado español. 

E a banca privada quería quedarse con todo. Como fixeron? O primeiro, conseguir que o Banco de España deixase de ser unha institución pública. Despois, lexislar e presionar para que as caixas acabasen sendo como os bancos, actuando como eles.

Eu vin, desde o consello de administración dunha caixa, como as caixas deixaban de ser caixas. A estratexia deu os seus froitos. Desmantelar as caixas galegas foi absurdo e demencial.

A banca privada é a que verdadeiramente decide cando se emite o diñeiro, que intereses, a quen... iso tería que ser decidido polos gobernos.

- E a débeda pública?

Non hai, é a débeda dos bancos, que a coman eles (ri). O éxito deste sistema é convencernos de que os cartos son imprescindíbeis. E iso non é así. Bon, na débeda pública unha parte vén de que os gobernos se empeñan cos bancos e acaban nas súas mans. 

E hai unha ferramenta que é o vencemento: a partir desa data, a pagar moito máis. E iso xa che amarra. Non deixa de ser curioso que acabemos aquí cando todas as relixións prohibían o cobro de intereses e é o cobro de intereses o que nos trae até este punto inaguantábel.

- Fica aínda algo por contar ou dicir sobre a desaparición das caixas?

- Aquí aínda ninguén explicou seriamente o que pasou, ninguén deu explicacións. Nós tentamos chegar ao comisario de Competencia da UE, falamos con deputados comunitarios para que se dese un debate sobre este tema, para que se explicase que foi o que aconteceu coas caixas, mais ficou en nada. 

Coas caixas houbo unha política de feitos consumados. A esaparición desas entidades en Galiza tivo non poucas secuelas, desde a perda de postos de traballo, e eran empregos cuns salarios moi dignos; até a perda de servizos; por citar só estes dous.

- Debería preocuparnos a ausencia na axenda política dun debate a fondo sobre a débeda?

- Debería. Esa é a miña batalla (ri). Pero hai que seguir. Eu estou na Marea de Vigo e propúxenlle ao alcalde, Abel Caballero, que por que non creaba unha caixa de aforros municipal, el que tanto saíu á rúa para berrar contra a fusión de Caixanova e Caixa Galicia. 

O Concello de Vigo ten capacidade para iso. Foi así como comezaron estas entidades, non é ningunha tolería. Ben, en canto á débeda pública, para min é expoñente de como é unha inxustiza, das nefastas consecuencias das políticas deses sacerdotes da economía que se guían só coa teima de cumprir co déficit.

- Desde a chegada de Núñez Feijóo, en 2009, até 2015, a débeda pública galega multiplicouse por 110% e supera os 10.000 millóns de euros. A onde vai toda esa débeda?

- Intúo que unha boa parte para pagar intereses, e aí os bancos teñen moita responsabilidade. E outra parte acabará en cousas como a corrupción, supoño.

- Que faría falla para reverter a situación?

- Un cambio político, sen el, non variará nada. Se seguen PP e PSOE, que están ao servizo da banca e estes anos quedou ben clariño, non vai cambiar nada. Eu confío e espero que a xente reaccione, nestas eleccións hai unha nova oportunidade para que desta vez perdan eles."               (Sermos Galiza, 20/05/16)

25/4/16

A crise levou por diante 2.400 propietarios de empresas con asalariados

"En só cinco anos, os que van desde 2010 a 2015, Galiza perdeu máis de 87.000 persoas ocupadas, ao pasar do millón castrocentas mil cincocentas que tiña daquela ao 1.017.000 co que se despediu o ano pasado.

 Un ritmo de destrución da ocupación de 48 persoas por día, dúas cada hora. Tal e como se recolle nos dados do Instituto galego de estatística, esa perda de poboación ocupada atinxiu a todos os grupos.

Onde máis de notou foi entre as persoas asalariadas do sector privado. En cinco anos, 2010-15, 47.000 persoas ocupadas menos. Pasou de máis de 666.000 en 2010 a menos de 620.000 en 2015. 

Tamén entre as asalariadas do sector público houbo unha queda máis que notábel, de 17.900 persoas. Neste lustro ao que nos estamos a referir o sector públcio na Galiza pasou de contar con perto de 200.000 persoas asalariadas (198.900) a 181.000.

Mais o golpe á ocupación non se limitou ás persoa asalariadas. Na categoría de 'empresarios con asalariados' pasamos de ter 71.300 en 2010 a 68.900 en 2015, o que significa que neses cinco anos perdeuse 2.400. Se analizamos o grupo de traballador independente ou empresario sen asalariados ao cargo' hai agora 14.300 menos que en 2010. Entón eran 154.200 e agora 139.900.

Por último, até na ocupación dunha persoa en empresas e negocios familiares deixou pegada a crise. Sempre en base ao que sinala o IGE, as persoas que estaban ocupadas na 'axuda á empresa ou negocio familiar' pasouse de 12.400 en 2010 a 7.000 en 2015. Polo camiño, nestes cinco anos, ficaron 5.400 persoas. "              (Sermos Galiza, 22/04/16)

1/4/16

Galicia rexistra a maior cifra de suicidios en vinte anos... o incremento de suicidios é a punta do iceberg dun nivel de sufrimento moi elevado da sociedade

"(...) a relevancia social da problemática dos accidentes de tráfico e da necesidade da súa prevención segue a ser moita e, en todo caso, moi superior ao doutra causa de morte que duplica os falecementos, os suicidios, que durante 2014 acadaron en Galicia o seu maior nivel en vinte anos.
 
O INE vén de facer públicos os rexistros de mortalidade máis recentes, os de 2014, e neles rexístranse 371 falecementos por autolesións e suicidios. Son case 40 máis que un ano antes e practicamente iguala o maior rexistro da serie histórica, que comeza en 1980. 

Ata 2014 o maior número de suicidios en Galicia fora o de 1993, con 372 persoas mortas por esta causa. No que vai de século a cifra superior era a de 2009, con 340 persoas, e dende o ano 2008 as mortes por suicidio superan ás provocadas polos accidentes de tráfico.

 Os datos do INE permiten observar tamén que a distribución das persoas que decidiron rematar coas súas propias vidas é dispar en canto a idades, pero moito máis no que atinxe ao sexo. A franxa de idade máis abondosa entre quen se suicidaron en Galicia durante 2014 é a de 30 e 39 e nela, tres de cada catro persoas que se suicidaron eran homes. 

A proporción dentre o 65% e o 80% mantense en todas as franxas de idade, segundo as segundas máis avultadas a de persoas de entre 45 e 49 anos, de 65 a 69 e de 80 a 84 anos. No 2014 non se rexistraron suicidios de menores de 15 nin de persoas maiores de 95 anos.

 As cifras de suicidios rexistrados en Galicia durante 2014 son un chisco superiores ás estimadas o pasado ano polo Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), que auguraba un número récord e o elevaba ata as 390 persoas.

 Alén das cifras, os profesionais deste eido da medicina analizan dende hai tempo as causas que hai por tras do suicidio en xeral e dos que suceden en Galicia en particular, toda vez que as taxas por cada 100.000 habitantes son das máis altas do Estado -xunto a Asturias e Castilla y León- e superan moi notablemente a media estatal -13,54 en Galicia fronte a 8,42 en España en 2014-.

 Segundo Miguel Anxo García Álvarez, psicólogo clínico do CHUS de Santiago e voceiro do MGSM, "o incremento de suicidios é a punta do iceberg dun nivel de sufrimento moi elevado da sociedade" e, aínda que as orixes son diversas, ao seu xuízo si cabe ligalo ao "cambio significativo nas condicións de vida da cidadanía" que a crise económica contribuíu a agravar. 

As reflexións de García Álvarez coinciden coas formuladas recentemente polo grupo de investigación Macrosalud da Universidade da Coruña. No seu estudo Crisis, suicide and productivity losses in Spain, recollido pola prestixiosa revista científica The European Journal of Health Economics, estes investigadores da UDC concluían a existencia dunha relación "moi significativa" entre a crise e o incremento dos suicidios, baseándose para isto no cruzamento de datos de emprego ou crecemento económico cos rexistros destes "falecementos prematuros".

Nun contexto no que aínda existen fortes discrepancias nos ámbitos políticos, sociais e mesmo mediáticos sobre a conveniencia ou non de tratar publicamente a cuestión do suicidio, estas voces expertas debullan tamén as que, ao seu xuízo, deberan ser as vías para abordar esta problemática, tanto en xeral como, concretamente, en Galicia. 

"Hai unhas recomendacións moi claras da OMS para reducir este risco e non se tomaron medidas", di Miguel Anxo García Álvarez, que subliña entre estas medidas a necesidade de "reforzar a rede sanitaria, e sobre todo a atención primaria para unha detección temperá". Cómpre tamén, di, "reforzar os recursos de saúde mental" e, paralelamente, "impulsar políticas de emprego" que atallen "o paro desesperanzado, un factor de alto risco para as condutas suicidas", di o psicólogo.

Nun sentido semellante, o grupo de investigación Macrosalud apunta a necesidade de "contar con políticas sociais focalizadas nos grupos de persoas máis vulnerables" e, máis concretamente, nas persoas en situación de desemprego. De xeito paralelo, os expertos da UDC instan as Administracións públicas a deseñar programas específicos "de prevención do suicidio" que traian consigo o "adestramento" dos profesionais do Servizo Galego de Saúde "na identificación do problema nos seus estudos máis temperáns".             (Praza Pública, David Lombao, 31/03/16)

4/1/16

Máis do 57% dos fogares chega con dificultade a fin de mes en Galicia

"Máis do 57% dos fogares galegos chega a fin de mes con "dificultade" ou "moita dificultade", segundo a Enquisa Conxuntural de Fogares que vén de publicar o Instituto Galego de Estatística (IGE) relativa ao último cuadrimestre de 2015. Son, en detalle, un 48,25% as familias que din chegar con dificultade e un 8,84% con moita dificultade, fronte ao un 42,9% que o fai con "facilidade ou moita facilidade".   (...)

A recuperación económica non dá chegado plenamente aos fogares, que tampouco teñen unhas perspectivas demasiado optimistas de cara ao futuro. De acordo coa enquisa do IGE, o indicador de confianza do consumidor reflicte agora un valor de -11,81 puntos, 3,12 puntos menos do referido ao trimestre anterior e máis de 5 menos que hai un ano. 

Nos últimos tres meses do ano pasado, diminuíron todos os indicadores parciais de perspectivas de evolución, o referido á situación financeira persoal (1,60 puntos); o de desemprego (3,28 puntos); o de situación económica en Galicia (3,63 puntos) e o de capacidade futura de aforro (3,99 puntos).  (...)

Por outra banda, o 23,48% dos fogares galegos non se permitiu “ningún extra” nos últimos tres meses. En concreto, segundo recolle esta enquisa, como “extra” considéranse os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras e extras de alimentación, roupa ou calzado. 

A porcentaxe é un punto inferior á de hai tres meses e máis de catro á de hai un ano, un dato que si amosa unha leve mellora na situación das familias de Galicia. 

Ademais, o 14,18% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, adquirindo marcas brancas ou produtos de oferta. “Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no cuarto trimestre de 2015″, subliña a enquisa. Así mesmo, o 13,43% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns como roupa ou calzado e transporte. 

Con todo, o 67,40% dos fogares galegos recoñecen ter pensado saír a cear, a cafetarías, ir ao cine ou ao teatro nos próximos tres meses. O 49,58% ten previsto facer algún extra en produtos de alimentación, o 35,80% aforrar “algo” en diñeiro e o 17,81% facer algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado. Por outra banda, o 18,12% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal que compraron, o 7,81% o coche e o 1,98%, unha segunda vivenda."       (Praza Pública, 04/01/16)

20/10/15

A UE pon Galicia como exemplo de destrución de emprego durante a crise

 
 Detalle do mapa da destrución de emprego na UE. © Eurostat

"Os números vólvenlle dar as costas á Xunta. Durante a última media década o Goberno galego presentou diversas medias encamiñadas a que Galicia fose "dos primeiros" territorios en saír da crise, grazas a unha "anticipación" na aplicación de medidas de "austeridade" que permitiría acadar a "velocidade de cruceiro" na "recuperación" antes que outras autonomías do Estado. 

No entanto, diversos indicadores oficiais non só foron na dirección contraria ao augurado dende San Caetano, senón que acreditan que a fenda socioeconómica entre o país e a contorna europea aumentou durante a crise ata o punto de que, en eidos como o mercado laboral, Galicia é sinalada como un dos exemplos de destrución de emprego no continente.

Cadrando coa celebración da décimo terceira edición da semana europea das rexións e as cidades, os coñecidos como Open Days, a oficina estatística da Comisión Europea, Eurostat, vén de facer público o seu anuario de "estatísticas rexionais", que traza unha radiografía dos diversos territorios da UE chegando, no caso do Estado español, ao nivel autonómico e, nalgúns casos, ao provincial. 

Un dos apartados deste estudo céntrase no "impacto da crise económica e financeira no mercado de traballo" e acredita non só que o desemprego afecta máis aos Estados do sur, senón tamén as diferenzas entre territorios no que atinxe aos postos de traballo perdidos durante a crise.

Unha ollada ao anuario permite coñecer, por exemplo, que a ratio de persoas de entre 20 e 64 anos que teñen traballo é maior en toda Portugal que en Galicia, e meirande en Galicia que en comunidades autónomas como Andalucía ou Extremadura, ubicadas en niveis semellantes aos do sur de Italia ou a da práctica totalidade do territorio de Grecia. 

Así e todo, cando o dato observado é a variación deste indicador, a destrución de emprego, o mercado laboral galego pasa a formar parte dos territorios europeos que saíron peor parados deste período de crise.

 Así, Eurostat explica que entre 2009 e 2014 a maioría das rexións europeas sufriron importantes movementos no seu mercado laboral, xa fose para incrementar a poboación ocupada, caso por exemplo de todo o territorio de Alemaña e Suecia e a "maioría" do Reino Unido, ou para sufrir unha "contracción no emprego" que foi "particularmente evidente" no Estados do sur, en cuxos territorios se destruíu emprego a "ritmo rápido" durante a pasada media década. 

Neste contexto, a oficina estatística da UE destaca que en "todas as rexións" de Grecia o emprego caeu por riba dos 5 puntos durante estes anos, e que "tamén se rexistraron reducións desta magnitude en catro rexións españolas", a saber: Ceuta, Castilla-La Mancha, Galicia e Andalucía.

No caso galego, nomeadamente, esta contración da porcentaxe de poboación de entre 20 e 64 anos cun posto de traballo foi de 6,2 puntos. Sempre segundo as cifras de Eurostat, a destrución de emprego en Galicia foi superior á de Andalucía (-5,7), comunidade recorrentemente aludida pola Xunta como modelo a evitar. Nesta banda de destrución de emprego, aínda que por riba de Galicia en termos porcentuais, están tamén outros territorios do continente como Açores e Madeira.

Estas cifras deixan o mercado laboral galego lonxe da media europea, que no período analizado avanzou un 0,3%, pero tamén o afastan de territorios do Estado onde houbo destrución de emprego, pero menor. Este é o caso, por exemplo, de Balears, onde o emprego retrocedeu 1,2 puntos, ou de Euskadi e Catalunya, onde segundo Eurostat o mercado laboral sufriu unha contracción de 2 puntos nos últimos cinco anos."         (Praza Pública, 13/10/2015)

13/7/15

O Concello de Lalín retira 600.000 euros de Bankia en protesta polos desafiuzamentos

"O Concello de Lalín converteuse nun dos símbolos do devalo do PP galego nas municipais do pasado 24 de maio. Este municipio do centro de Galicia estivo historicamente gobernado por amplas maiorías absolutas dos populares, consolidadas en gran medida nos tempos do falecido Xosé Cuiña.  

Pero o 24M o PP lalinense do até entón alcalde, José Crespo, perdeu a maioría absoluta e deixou aberta a porta da alcaldía para Rafael Cuiña, fillo de Xosé Cuiña, que como líder local de Compromiso por Galicia (CxG) encabeza agora un goberno apoiado polo PSdeG e un grupo independente que vén de retirar os fondos que o Concello tiña en Bankia para protestar polos desafiuzamentos.

Como en moitos outros concellos que cambiaron de cor política tras as últimas eleccións, unha das primeiras medidas anunciadas por Cuiña tras tomar o bastón de mando foi a súa intención de tentar evitar as execucións hipotecarias neste concello, que conta con algo máis de 20.000 habitantes e manexa algo máis de 12 millóns de euros de orzamento. 

Nesta liña, o goberno local vén de confirmar que o rexedor galeguista deu "instrucións para a retirada de case 600.000 euros da conta que o Concello ten en Bankia" como "sinal de protesta".

Con esta retirada de fondos, explica o alcalde, o goberno municipal "reproba a gran cantidade de desafiuzamentos que está a executar esta entidade financeira", pero tamén protesta porque Bankia "arruinou a moitos empresarios". "Trátase dun primeiro aviso", asegura Cuiña, quen advirte de que "ou os bancos negocian a dación en pago e o alugueiro social, tal e como reclamamos desde o goberno municipal, ou que non conten con cartos públicos".

Así as cousas, o goberno de Lalín decidiu ingresar o diñeiro retirado de Bankia en entidades financeiras con presenza en Lalín. "Bankia é unha entidade rescatada con diñeiro de todos e nin sequera ten unha sucursal en Lalín", subliña Cuiña. "Non imos permitir que os bancos pasen por encima dos veciños e veciñas", asegura."           (David Lombao, Praza Pública, 06/07/2015)

22/6/15

A 'recuperación económica': en Compostela o 65% declara ter "moitas dificultades" económicas, e en Vigo o 62%

Poboación en risco de pobreza ou exclusión social nas sete cidades

"Para milleiros de familias galegas as apelacións á recuperación ou a saída da crise pertencen aínda ao campo da retórica. Moi especialmente nas zonas urbanas, que sufriron especialmente os golpes do desemprego. O IGE publicou o pasado venres os datos desagregados da Enquisa estrutural a fogares, que permiten realizar unha análise panorámica da saúde económica e social das sete cidades do país

As cifras, actualizadas ao 31 de decembro de 2013, amosan un incremento continuado do número de persoas en risco de pobreza e exclusión social, que en Ferrol acadan o 25,78% da poboación, superando as cifras de Vigo (24%), Pontevedra (23%) e A Coruña (22,39%). 

 Nestas catro urbes a poboación pobre, con carencias materiais severas ou que vive en fogares sen ingresos incrementouse ao redor de tres puntos dende o 2012. Ourense (20,4%) e Compostela (18,02%) presentan cifras moi negativas, igualmente, e só Lugo (14,5%) ofrece un panorama algo máis positivo. 


A loita contra a pobreza e a desigualdade converteuse nun dos asuntos máis importantes na última campaña electoral nalgunhas cidades, e a maior parte das candidaturas que chegaron á alcaldía das urbes galegas fixeron da política social un dos núcleos centrais dos seus programas e da súa acción de goberno para os vindeiros catro anos.

 De igual xeito, a propia Xunta de Galicia sorprendía a todos a pasada semana ao anunciar unha batería de medidas destinadas a aliviar a difícil situación pola que atravesan moitas persoas, unhas medidas que chegan despois de dous anos e medio de lexislatura e que, á vista de todos os indicadores, parecían moi necesarias xa en 2012 e 2013.

Outros indicadores, máis subxectivos, amosan igualmente o empeoramento da situación nas sete cidades galegas. Preguntados os entrevistados polo grao de dificultade para chegar a fin de mes, atopamos que en Compostela o 65% declara ter "dificultades" ou "moitas dificultades" económicas, unha porcentaxe que en Vigo é do 62% e en Pontevedra é do 58%. 

 Nas restantes urbes as proporcións son igualmente elevadas: 50% en Lugo, 48% en Ferrol, 46% na Coruña ou 41% en Ourense. O número de familias con problemas económicos creceu nos últimos dous anos en Ferrol (do 42 ao 48 por cento), en Compostela (do 51 ao 65 por cento) e en Pontevedra (do 54 ao 62 por cento), mantívose no mesmo nivel en Lugo e Vigo e decendeu lixeiramente na Coruña e Ourense.

A media de ingresos por fogar acadou o seu máximo entre 2007 e 2009 e descendeu con forza nos últimos catro anos, situándose por debaixo dos datos de hai seis anos en todas as cidades. A redución vai dende os 50 euros por mes e familia en Ourense, os 100 de Lugo, os 200 de Vigo, Pontevedra, A Coruña ou Ferrol, ata os case 350 euros de caída en Compostela.

Descende o ingreso medio, e increméntanse ademais as desigualdades, recaendo nas rendas máis baixas os maiores sufrimentos. A porcentaxe de fogares que ingresan cada mes menos de mil euros rolda o 25 por cento en Ferrol (24,72%), A Coruña (24,87%) e Vigo (24,04%) e sitúase ao redor do vinte por cento no resto: Lugo (22,3%), Pontevedra (20,97%), Ourense (19,49%) e Compostela (18,42%).  

Dende o 2009 a súa porcentaxe incrementouse notablemente en case todas elas: en Ferrol pasou do 15,24% ao 24,72%, na Coruña do 17,41% ao 24,87%, en Compostela do 15,82% ao 18,42%, en Lugo do 15,31% ao 22,3%, en Pontevedra do 17,11% ao 20,97% e en Vigo do 16,97% ao 24,04%. Tan só en Ourense baixaron dende un 24,41% ao 19,49%.

A enquisa estrutural a fogares elaborada polo IGE (con datos actualizados a 31 de decembro de 2013) ofrece tamén datos sobre a maior ou menos dependencia das familias das prestacións (sexa pensión de xubilación ou doutros tipo, sexa seguro de desemprego, RISGA ou outras axudas).

 A enquisa indica que o número de familias cuxo sustento depende destes pagamentos non deixa de crecer, e sitúase en niveis moi elevados en todas as urbes, e moi especialmente en Ferrol. 

Na cidade departamental o 42,65% dos fogares non recibe outros ingresos que os procedentes das prestacións, unha porcentaxe que se incrementou notablemente nos últimos dous anos (era do 38% en 2012 e do 31% en 2011)

 Tan só en Ourense a proporción de familias cuxos ingresos dependen totalmente das prestacións supera o trinta por cento (31,5%), aínda que en todas as urbes, sen excepción, estas porcentaxes se foron incrementando ao longo da crise."          (Marcos Pérez Pena , Praza Pública)

18/6/15

As pensións de xubilación, táboa de salvación dos fogares galegos durante a crise

"O gasto medio dos fogares galegos caeu en 2014 por sexto ano consecutivo, segundo recolle a Enquisa de Orzamentos Familiares publicada este mércores polo INE. Sitúase en 25.921 euros, lixeiramente por debaixo dos 26.089 do ano anterior e moi lonxe dos 29.978 euros de 2008. A caída (de 31.711 a 27.038 euros) segue unha tendencia semellante no conxunto de España.

Porén, analizando as cifras polo miúdo pódense observar que esta sangría é máis acusada nas familias máis novas, naqueles fogares nos que o sustendador ou sustentadora principal ten menos de 45 anos (pasou de 30.746 en 2008 a 24.949 en 2014). A caída é moi importante, igualmente, nos fogares nos que os ingresos son achegados primordialmente por persoas entre 45 e 64 anos (de 35.510 a 30.418 euros). 

Pola contra, o consumo mantívose estable unicamente naquelas familias que dependen da pensión de xubilación de persoas de máis de 65 anos; neste caso, partindo dun nivel de gasto moi inferior en 2008 (22.826), este apenas descendeu un 3% (ata os 22.176) acadando mesmo o seu máximo en 2012, no máis duro da crise (24.110). 

O gasto medio por persoa é superior nos galegos e galegas de máis de 65 anos (10.471 euros anuais) que entre aqueles e aquelas de 16 a 45 anos (9.550 euros anuais) e achégade ao da xeración entre 45 e 64 anos (10.626). 

Ademais, ao longo da crise, mentres os maiores de 65 anos si puideron manter este nivel de gasto (era de 10.456 euros anuais en 2008), nas restantes franxas de idade o desecenso foi moi importante: de 10.686 a 9.550 para os menores de 45 anos e de 11.659 a 10.626 para aqueles que teñen entre 45 e 64.  

Polo tanto, non é aventurado asegurar -como moitas veces foi postos de relevo- que foron as pensións de xubilación as que nos últimos anos serviron de sostén a moitas familias e, en consecuencia, a economía no seu conxunto. Esta situación explícase polo incremento do desemprego e do número de parados e paradas que quedan sen ningún tipo de prestación e tamén polo estancamento xeral dos salarios

Hai unhas semanas coñecíamos o dato (Enquista de Condicións de Vida do INE) de que en 2014 o poder adquisitivo dos xubilados e xubiladas en España superaba por vez primeira aos dos ocupados e ocupadas, superando a renda media dos primeiros -uns 20.720 euros anuais (por unidade de consumo)- lixeiramente ao dos segundos (20.220).

A pesar de que o importe das pensións en Galicia está moi por debaixo da media española, a súa contía seguiu incrementándose nos anos de crise. Así, por exemplo, a pensión media anual pasou de 9.799 euros en 2008 a 11.575 en 2013 (e no conxunto do Estado de 11.069 a 12.954). Mentres, os salarios están estancados dende o 2010, canda acadaban os 1.556 euros ao mes de media. Os datos coñecidos este mesmo mércores (1.582 euros de media no primeiro trimestre de 2015) constatan este estancamento.

 Isto é o que nos últimos anos determinou, igualmente, que mentres se incrementaba notablemente a porcentaxe de persoas en risco de pobreza e exclusión social (do 24,7% de 2009 ao 29,2% de 2014), esta condición afectase cada vez menos aos xubilados e xubiladas (pasou do 22,4% ao 11,9%), en datos para o conxunto de España. 

De igual xeito, mentres estas taxas de pobreza superan o 30% entre os menores de 30 anos e roldan esa porcentaxe entre os 30 e os 65 anos, para os que superan esa idade a cifra é do 13%, case a metade do inicio da crise."                (Marcos Pérez Pena , Sermos Galiza, 18/06/2015) 

11/6/15

Feijóo saca peito co sexto menor crecemento económico de Europa: "É igual que Alemaña". A economía galega está estancada

"A economía galega está estancada. Foi así en 2014 e continúa séndoo en 2015 tanto segundo os indicadores habituais como atendendo aos de nova creación. O escaso dinamismo económico e laboral veñen favorecendo que o país se afaste cada vez máis da converxencia coa Unión Europea na que avanzara durante a década pasada. 

Este é o escenario polo que o presidente da Xunta foi cuestionado este mércores no Parlamento, onde Alberto Núñez Feijóo deu en aferrarse á foto fixa dos últimos datos de crecemento do PIB para sacar peito. Galicia, proclama, medra "igual que Alemaña".

A pregunta fora formulada polo voceiro do BNG, Francisco Jorquera, quen lamentou o "retroceso" de "dez anos" no que atinxe á converxencia coa UE, toda vez que agora "a riqueza per cápita en Galiza é inferior en 17 puntos á media europea" mentres que hai apenas media década a diferenza era de 8 puntos. (...)

"Mentres vostede especula para dar o salto a Madrid deixa un deserto económico e social no noso país", censura. (...)

 Neste contexto o presidente da Xunta gábase de que a "discusión" sexa se Galicia "medra moito ou pouco", xa que "o certo é que medra". Nomeadamente, eloxia, "Galicia está medrando igual que Alemaña" e "máis que Italia e Austria".  (...)

Os datos aos que se refire o xefe do Executivo son os da evolución interanual do PIB. Recollendo a información do Instituto Galego de Estatística, por unha banda, e de Eurostat, pola outra, é posible comprobar que, efectivamente, no inicio do ano 2015 o crecemento da economía galega, do 0,9%, foi moi semellante ao da alemá, do 1,1%. 

 Se ben isto é certo non o é menos que o crecemento galego foi o sexto máis baixo de toda a Unión Europea, moi afastado tanto do de España (2,9%) como dos países que máis medran: Romanía, República Checa e Malta, os tres por riba do 4%. 

Non obstante, o optimismo dos datos expostos polo presidente rebáixase ao profundar un chisco máis neles. Así, por exemplo, o propio Eurostat acredita que, mentres que Galicia se afasta da converxencia europea, toda Alemañá agás oito territorios da antiga RDA manteñen unha renda per cápita superior á media europea. A esta diferenza contribúen, entre outros factores, a evolución dos salarios, que no conxunto da Unión Europea só minguaron entre 2008 e 2010 mentres que, segundo os datos máis recentes, en Galicia caen dende o ano 2009. "             (Praza Pública, 10/06/2015)

23/1/15

A economía galega está estancada

"A economía galega non só non crece, senón que decrece con respecto á española. Así o recollen as conclusións do Informe de Conxuntura Socioeconómica do Foro Económico de Galicia que certifica un estancamento da economía de Galicia no terceiro trimestre de 2014, cun crecemento 0 sobre o trimestre anterior, a pesar da variación anual positiva, do 0,4%.

Esta situación está provocada pola perda de potencia do comercio exterior, que fora o que tirara da economía nos trimestres anteriores e que foi substituído pola demanda interior. Por iso, estase incrementando o “diferencial negativo” con respecto ao Estado segundo apunta o coordinador do estudo, o economista e expresidente da Xunta Fernando González Laxe.

Desde o punto de vista da oferta, a explicación do estancamento do terceiro trimestre débese ao maior lastre do sector industrial, con taxas de variación negativas, do -3,1 % neste período, mentres que os servizos presentan síntomas de melloría, con incrementos en todo o exercicio, e do 1,9 % no terceiro trimestre.

Por iso, agora, Galicia está tirando de aforros e acude ao endebedamento, pola caída de prezos e "certa ilusión monetaria". Con todo, e segundo Fernández Laxe, o consumo "non tira da produción" e a demanda non xera emprego. Así, As taxas de variación de exportacións e importacións foron do 1,1 % e 1 %, respectivamente, fronte ao 11,6 % e 9 % do ano anterior.

En canto a índices industriais, Galicia foi a cuarta peor Comunidade no trimestre, só por encima de Canarias, Castela A Mancha e País Vasco. Pola súa banda, o sector primario rexistra, por primeira vez, taxas positivas e a construción mellora porcentualmente, de forma que diminúe menos do que estaba a facer.

“Galicia está a saír da crise pero baseándose en expectativas moi volátiles e estamos a eliminar o colchón dos fogares galegos, de maneira que do aforro xa non nos queda practicamente nada", appuntou o ex presidente galego.

O traslado destas circunstancias ao mundo laboral foi explicado por Patricio Sánchez, que dixo que este ámbito ofrece "luces e sombras". Entre as primeiras, sinalou o incremento da ocupación, do 0,5% segundo a EPA e do 1 % segundo a Seguridade Social, así como "o dato máis positivo", da evolución do paro, que se reduciu nun 8% respecto ao terceiro trimestre de 2013 e consolida unha tendencia decrecente iniciada no segundo trimestre de 2012.

Nova emigración

No entanto, dixo que estas luces hai que matizalas co dato da poboación activa, que se reduce nun 1%, especialmente na franxa de idade de 25 a 34 anos, un colectivo cunha porcentaxe alta de persoas con estudos superiores, que están a ser protagonistas dunha "nova emigración". (Galicia Confidencial, 19/01/2015)

26/11/14

La Xunta rechaza subir el IRPF a las rentas altas... a las suyas

"El Grupo Popular ha rechazado todas las enmiendas de la oposición a los presupuestos gallegos para 2015, ya que, según la conselleira de Facenda, Elena Muñoz, las propuestas presentadas  "no se adaptan a la realidad", contienen una previsión de ingresos que "son irreales" y unas demandas que "no son viables". 

PSdeG, AGE y BNG pedían aumentar la presión impositiva sobre las rentas más altas, los bancos, las grande superficies comerciales y las empresas contaminantes para aumentar la recaudación fiscal de la Xunta.

El socialista Juan Carlos González Santín ha defendido un plan para recaudar 364 millones de euros más modificando los tipos en los tramos más altos en el IRPF (para obtener 33 millones), el impuesto de Patrimonio (se recaudarían 35 millones), así como el de sucesiones y donaciones (72 millones) 

Además, los socialistas han puesto sobre la mesa una  "imposición verde" que permita obtener nueve millones; así como un impuesto que grave los depósitos de entidades financieras --hasta 35 millones-- y otros sobre grandes áreas comerciales.

Según Yolanda Díaz, de AGE,  se podrían lograr 150 millones de euros adicionales con una subida de impuestos a las clases más altas y a la banca y nuevas cargas también a las grandes superficies comerciales y a las bebidas de alto contenido en azúcar. 

El plan expuesto por la nacionalista Ana Pontón consistía en crear un nuevo tramo dentro del IRPF para los ingresos superiores a los 100.000 euros anuales, reducir el mínimo exento de Patrimonio y, al igual que proponen PSdeG y AGE,  gravar los depósitos bancarios, las empresas más contaminantes y los macrocentros comerciales. Según el BNG, de ese modo se recaudarían 275 millones.

La subida en el tramo autonómico del IRPF a las rentas altas, según la conselleira Muñoz, no resultaría relevante para las arcas de la Xunta. Según ella, una subida a partir de los 60.000 euros anuales  -incluida en las propuestas del PSdeG-- "sólo afectaría a un 1,5%" de los contribuyentes, con "un escaso efecto"; mientras que un incremento a partir de los 100.000 euros se traduciría en "una subida que afecta al 0,38% de los contribuyentes". A AGE le ha reprocha que "no aclare" cuáles son las rentas altas a las que quiere gravar más. (...)"           ( El País, Santiago 24 NOV 2014)

24/10/14

Ferrol: el emblemático café Cervantes se alquila al simbólico precio de 1 euro

"Calle Dolores, centro de Ferrol. Uno pasea distraído y levanta la vista. De pronto, un cartel: Se alquila local comercial. Le ofrecemos 170 metros cuadrados por 1 euro al mes el primer año. Y el despiste se va de golpe. 

Lo mejor llega tras marcar el número de teléfono que aparece en el anuncio. «No tiene ningún truco», advierte Jaime Tizón desde el otro lado del teléfono. Ni más ni menos que uno de los dos propietarios del emblemático café Cervantes. Y tiene razón, no hay trampa ni cartón.

Aunque si deja a tan simbólico precio la renta mensual para el emprendedor que se decida a coger el local, es debido a la importancia de la obra que requiere su ocupación. «Se trata de que la persona que venga gaste en la obra el dinero que se gastaría en el alquiler durante el primer año, porque hay que reforzar vigas e incluso el techo», explica Tizón, que no obstante ha pensado en todo.

«El segundo año lo dejaría a un precio asequible, sería cuestión de hablarlo. Pero serían menos de 1.000 euros por el bajo», se aventura a calcular el veterano hostelero. Hace nueve años que el café Cervantes cerró sus puertas tras la friolera de 75 años abierto. Casi una década en la que el inmueble no ha vuelto a tener actividad, lo que impulsa el empeño de Tizón.

«Solo quiero dar facilidades. Ferrol está viviendo una crisis profunda, y cuando se abre un negocio la zona siempre respira un poco, le da vida», explica el dueño del local, que confiesa que la idea no ha sido suya.

«Se le ocurrió a un hijo mío, que me dijo ?mira, por lo menos con esto das que hablar?. ¡Y vaya si acertó!», exclama el arrendatario. Las llamadas aumentan en la misma medida en que el cartel se va popularizando. Cada vez son más crecientes, y no solo de interesados ferrolanos. Tizón asegura que ya le han llamado para preguntarle por la oferta desde otras ciudades como Jaén, Madrid o A Coruña.

«Me dicen que cuando se pasen por aquí van a venir a verlo», indica. Pero de momento, de trato nada. No se ha cerrado ningún compromiso, a pesar de la expectación que está levantando este peculiar alquiler.

Cuenta el hostelero que la pregunta más común por parte de los interesados se centra en si hay que hacer una obra muy grande, y la respuesta siempre es la misma. «Yo les digo que sí, pero que para eso se cobra un alquiler tan simbólico», repite Tizón, que mantiene que «todavía tengo fuerzas para echar una mano a quien sea». Sin embargo, el hostelero tiene meridianamente claro que no volvería a trabajar en el mismo local si este retornase a su funcionamiento de antaño.

«Yo he trabajado 55 años pero han sido dobles, con jornadas de 12 horas o más. No estoy para volver a aguantar tantas horas. Además lo que me gustaría es que monten un negocio, pero no tiene por qué ser de hostelería. Algo que interese», esgrime."        (La Voz de Galicia, 23/10/2014)