Mostrando entradas con la etiqueta Sociedad: demografía negativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sociedad: demografía negativa. Mostrar todas las entradas

19/1/25

Rural e con alta natalidade: Lourenzá, Meira... nestes concellos si hai nacementos... en Lourenzá, o número de traballadores de orixe estranxeira representan xa o 9% da poboación do concello... en Meira, as persoas procedentes do estranxeiro xa supoñen o 12,6% da poboación

 "O 2023 (último ano con datos oficiais) pechouse cun mínimo de nacementos na serie histórica en Galicia: 14.004 nenos e nenas, case seis mil menos que dez anos antes. O descenso afecta a todo o territorio, dende as cidades ata os concellos menos poboados, pero é nas zonas rurais onde este descenso da natalidade ten efectos máis visibles, deixando moitas localidades sen apenas nacementos. 24 concellos tiveron menos de dez inscricións de bebés nos últimos cinco anos, unha listaxe na que destaca A Teixeira (ningún nacemento dende 2018) ou Negueira de Muñiz, Gomesende, Parada de Sil, Pontedeva, Muras, A Arnoia, Quintela de Leirado e Carballeda de Avia, todos con menos de cinco nacementos en cinco anos.

A falta de nacementos acrecenta o envellecemento de todos estes lugares, situados en Ourense ou en zonas montañosas da provincia de Lugo e déixaos sen infancia ou cunha xeración nova moi reducida, á espera unicamente da posible chegada de familias con crianzas en idade escolar dende outros territorios.

Porén, non toda a Galicia rural rexistra esta escaseza de nacementos. Hai varios concellos que presentan nos últimos anos taxas de natalidade que mesmo superan a media galega. 

Nalgúns casos esta circunstancia é froito da casualidade (a coincidencia no tempo de varios nacementos en familias da localidade) e constitúe un fenómeno efémero, con cifras que non se volven repetir en anos seguintes. Pero noutros estamos ante tendencias consolidadas, favorecidas por algún contexto favorable que fai máis atractivo vivir nun concello para familias novas (abundancia de postos de traballo, bos servizos públicos, boas comunicacións...) ou por medidas incentivadoras postas en marcha polos gobernos municipais.

Galicia presenta unha taxa de natalidade de 5,38 nacementos por cada mil habitantes (datos de 2023). Un total de 75 concellos superan ese dato tomando como referencia os datos de 2021, 2022 e 2023 e facendo unha media entre eles para evitar as distorsións que puntualmente pode provocar un ano con moitos ou con poucos nacementos. A maior parte pertencen ás provincias de Pontevedra e A Coruña e corresponden a localidades das contornas das grandes cidades ou a vilas situadas en comarcas. A listaxe, de feito, está encabezada por Salceda de Caselas, Ribadumia, Mondariz-Balneario, Oroso e O Porriño.

Pero nela tamén aparecen concellos situados lonxe das zonas urbanas, algúns deles claramente rurais e afectados polo envellecemento e o despoboamento. É o caso de Larouco, con dez nacementos en tres anos (unha cifra notable para un concello de 444 habitantes) ou Verea, outra pequena localidade ourensá de 964 habitantes que sumou 20 nacementos entre 2021 e 2023.

Destacan tamén varios concellos lucenses, como Lourenzá (41 nacementos en tres anos nunha localidade de 2.115 habitantes), Triacastela, Láncara, Meira, A Pastoriza, O Valadouro ou Castro de Rei.

E tamén localidades como Curtis, eminentemente rural cunha economía na que se mestura a produción agrogandeira coa actividade insdustrial, que é despois de Oroso o concello coruñés cunha maior taxa de natalidade.

En Pontevedra chaman a atención os datos de Rodeiro, na comarca do Deza, con 41 nacementos en tres anos para unha poboación que supera por pouco os dous mil habitantes. Ou tamén os do Rosal, no Baixo Miño, unha localidade principalmente rural, con grande importancia da produción vitivinícola, que sumou 128 nacementos en tres anos nunha poboación de 6.431 habitantes.

En total hai unha quincena de concellos maioritariamente rurais que no período 2021-2023 tiveron unha taxa de natalidade e unha taxa de fecundidade (número de nacementos por cada mil mulleres entre 15 e 49 anos) superiores á media galega: 5,38 e 27,05, respectivamente. 

O caso de Verea, en Ourense, é especialmente significativo. Trátase dun concello -situado na raia seca con Portugal, a 9 minutos de Celanova e a 27 minutos do centro de Ourense- moi pouco poboado (955 habitantes o 1 de xaneiro de 2024), pero que chama a atención porque dende o ano 2020 vén rexistrando un importante ascenso, dende as 912 persoas que estaban rexistradas nese momento. Algo bastante pouco usual para unha localidade rural que, ademais está moi envellecida: o 49,7% da súa poboación ten máis de 65 anos. Verea sitúa como obxectivo recuperar o nivel dos mil habitantes que perdeu en 2016 e que lle daría dereito a máis ingresos.

Algo comezou a mudar nesta localidade nos últimos anos. Gobernado polo PSdeG-PSOE entre 1987 e 2007 e polo PP entre 2007 e 2019, nese ano Xosé Antonio Pérez Valado (BNG) converteuse en alcalde con tres dos sete concelleiros e catro anos máis tarde obtivo unha esmagadora maioría absoluta co 87% dos votos e os sete edís en xogo.

Na súa xestión aparecen as mesmas axudas por nacemento ou adopción que moitos concellos ofrecen -dende o 2021 Verea achega 300 euros ás familias que rexistren un bebé-, pero sobre todo unha política municipal de vivenda que está achegando novos residentes, especialmente persoas novas e familias con crianzas. O Goberno local creou un banco municipal de vivendas baleiras que localiza e difunde os inmobles que están dispoñibles nas distintas parroquias e que poden ser habitados. Ademais, exerce unha mediación cos propietarios para facilitar a venda ou o alugueiro para as persoas interesados.

Igualmente, o Concello conta con catro vivendas sociais que poden ser alugadas cun prezo reducido para quen o solicite. Tres delas foron recuperadas con fondos propios e outra cunha achega da Xunta. Ademais, neste momento está a recuperar unha quinta vivenda, un proceso necesario ao que o Goberno local quere sumar novos inmobles, reclamando para isto a colaboración da Xunta. Pois, destaca, a demanda de vivenda por parte de persoas que se queren instalar na localidade supera amplamente á oferta existente.

Lourenzá e Meira: a vitalidade da provincia lucense

Na provincia de Lugo hai varios casos de concellos rurais que amosan unha vitalidade por riba da media. É o caso, por exemplo de Lourenzá, que dende o 2019 vén mantendo a súa cifra de habitantes nun contexto xeral de descensos, pasando de 2.140 nese ano a 2.098 cinco anos máis tarde. A esa estabilidade contribuíu un elevado número de nacementos (65 en cinco anos), unha cifra notable para unha localidade de dous mil habitantes.

De feito, aínda que sexa unicamente a xeito de anécdota, o primeiro neno nacido na Mariña neste 2025 foi o dunha familia da localidade, o pequeno Adam, fillo dunha familia de orixe marroquí que reside dende hai anos en Lourenzá.

En Lourenzá dende o 2015 goberna Rocío López García, do PSdeG-PSOE, que nese ano acabou con décadas de xestión do PP e encadeou a primeira de tres maiorías absolutas. Na súa xestión destacan as axudas para a rehabilitación de vivendas do casco histórico da localidade e a vitalidade económica da localidade, que nos últimos anos atraeu un importante número de traballadores e traballadoras de orixe estranxeira, que representan xa o 9% da poboación do concello.

Poderíase facer unha análise semellante no caso de Meira, un pequeno concello de 1.756 habitantes que dende o 2018 (1.711) vén mantendo e mesmo aumentando a súa poboación. A iso contribúe a súa proximidade á capital provincial (35 minutos) e o seu notable número de nacementos: 30 en só tres anos, entre 2021 e 2023. 

A localidade tamén comezou a recibir unha cantidade importante de persoas procedentes do estranxeiro, que xa supoñen o 12,6% da poboación. Gobernada por Antonio de Dios Álvarez (PSdeG) dende o 2015, forma parte do GDR Montes e Vales, que puxo en marcha unha páxina web para informar das vivendas dispoñibles e das posibilidades do emprendemento de negocios."                 (Marcos Pérez Pena , Praza.gal , 19/01/25)

11/1/25

A Galicia que naceu no estranxeiro... unha poboación nova, crecente e esparexida polo país... na Coruña e Ourense o peso da poboación nacida no estranxeiro rolda o 16,5% e en Vigo e Lugo está preto do 14%. Porén, trátase dunha realidade que xa se estendeu por practicamente todo o país... con máis do 15% en Monforte, Sada, Arteixo, O Barco, Barbadás ou Lalín... en moitos concellos rurais, a inmigración do exterior está a equilibrar en parte a marcha de poboación nova ás zonas urbanas. Nos últimos tres anos a poboación nacida fóra do Estado triplicouse en San Xoán de Río e duplicouse en Mondariz-Balneario, Triacastela, Parada de Sil, Vilasantar ou Muras... Esta poboación provén de moitos lugares, pero na lista destaca Venezuela, país de nacemento de máis de 53 mil persoas, seguida de Colombia (28 mil) e Brasil (20 mil). Portugal e Arxentina superan as 18 mil persoas, e Suíza, Cuba e Perú roldan as 14 mil. Despois aparece Marrocos (12 mil) e Uruguai, República Dominicana e Francia roldan as dez mil... aparecen reflectidos os efectos de migracións galegas anteriores, cunha gran presenza de persoas nacidas en Suíza e agora residentes en concellos de Bergantiños e a Costa da Morte e moitas persoas con orixe en Francia e que viven en concellos do leste das provincias de Lugo e Ourense, como A Rúa. Nun grupo de oito concellos (Monfero, Valdoviño, Abegondo, Friol, Mañón...) a comunidade con raíces foráneas máis importante é a británica. En catro moi próximos (Avión, Beariz ou A Lama) dominan os nacidos en México. Na Illa de Arousa, Catoira, Sandiás ou Meis o colectivo primeiro é o das persoas nacidas en Alemaña. E en Carnota e Muros priman os nacidos nos Estados Unidos (Marcos Pérez Pena)

 "Galicia está a mudar a súa pel e, de feito, moitas cousas cambiaron xa. Abonda con saír á rúa e observar a realidade de cidades e vilas (e tamén aldeas) nas que viven cada vez máis persoas con orixe noutros países e noutros continentes. Diferentes voces, diferentes acentos, proxectos de vida que escolleron Galicia para se desenvolver, por amor, por necesidade e, ás veces, por casualidade. 

Dos 2.705.833 habitantes cos que Galicia contaba o 1 de xaneiro de 2024, o 5,7% ten nacionalidade estranxeira pero unha porcentaxe máis importante -o 11,3%- naceu fóra do Estado español. A cifra é cativa se a comparamos coa que se rexistra no resto do España, pero está a medrar con rapidez: un 22% máis en tres anos. Ademais, o peso desta poboación nacida no estranxeiro é moito máis importante nalgunhas zonas e, sobre todo, en determinados grupos de idade. Así, por exemplo, as porcentaxes medran ata o 18,9% entre os 25 e 44 anos.

O gráfico anterior representa as moi diferentes pirámides de idade que presenta a poboación galega nacida no Estado (en azul) e a poboación galega nacida no estranxeiro (en amarelo). A primeira ten o seu nivel máis amplo no grupo de idade entre 45 e 49 anos e comeza a enfraquecer por debaixo desa idade, conformando unha base de poboación nova cada vez máis reducida. 

En cambio, a poboación galega nacida no estranxeiro é moito máis nova e neste momento concentra o seu maior número entre os 30 e 40 anos. O presente -e sobre todo o o futuro- da xeración máis activa de galegas e galegos ten, cada vez máis, a súa orixe noutro país.

Como veremos máis adiante, unha parte significativa deste conxunto de galegos e galegas nacidas no estranxeiro -máis de 300.000- reside nas cidades e nas súas áreas metropolitanas. Así, na Coruña e Ourense o peso da poboación nacida no estranxeiro rolda o 16,5% e en Vigo e Lugo está preto do 14%. Porén, trátase dunha realidade que xa se estendeu por practicamente todo o país. Os datos do último censo amosan porcentaxes de poboación nacida fóra do Estado de máis do 15% en Monforte, Sada, Arteixo, O Barco, Barbadás ou Lalín.

Ademais, en moitos concellos rurais, a inmigración do exterior está a equilibrar en parte a marcha de poboación nova ás zonas urbanas. Nos últimos tres anos a poboación nacida fóra do Estado triplicouse en San Xoán de Río e duplicouse en Mondariz-Balneario, Triacastela, Parada de Sil, Vilasantar ou Muras.

Esta poboación nacida fóra do Estado provén de moitos lugares, pero na lista destaca Venezuela, país de nacemento de máis de 53 mil persoas, seguida de Colombia (28 mil) e Brasil (20 mil). Portugal e Arxentina superan as 18 mil persoas, e Suíza, Cuba e Perú roldan as 14 mil. Despois aparece Marrocos (12 mil) e Uruguai, República Dominicana e Francia roldan as dez mil. 

Nesta listaxe obsérvase, iso si, unha mestura de países dos que nos últimos anos están a chegar grandes continxentes de poboación inmigrante (Venezuela, Colombia, Cuba, Perú...) con outros lugares nos que se pode supoñer que unha parte significativa da poboación nacida alí son descendentes de galegos e galegas emigradas previamente (Suíza, Francia, Alemaña, Reino Unido... e, parcialmente, algúns países latinoamericanos).

No mapa anterior debúxase en cada concello o país de nacemento máis frecuente da súa poboación -despois do propio Estado español-. O deseño resultante fálanos do movementos migratorios máis habituais nos últimos anos, cunha presenza moi importante da poboación nacida en Venezuela -sobre todo na Coruña, Pontevedra e Ourense- e Colombia -máis en Lugo e Ferrolterra-. Tamén destaca a importante inmigración marroquí na Terra Cha; a destacada presenza de poboación chegada de Perú en Viveiro ou Cambados ou a chegada de persoas dende Romanía en Guitiriz, Begonte, Arzúa ou Becerreá

Tamén aparecen reflectidos os efectos de migracións galegas anteriores, cunha gran presenza de persoas nacidas en Suíza e agora residentes en concellos de Bergantiños e a Costa da Morte e moitas persoas con orixe en Francia e que viven en concellos do leste das provincias de Lugo e Ourense, como A Rúa. Nun grupo de oito concellos (Monfero, Valdoviño, Abegondo, Friol, Mañón...) a comunidade con raíces foráneas máis importante é a británica. En catro moi próximos (Avión, Beariz ou A Lama) dominan os nacidos en México. Na Illa de Arousa, Catoira, Sandiás ou Meis o colectivo primeiro é o das persoas nacidas en Alemaña. E en Carnota e Muros priman os nacidos nos Estados Unidos.

Na táboa debullamos os datos, dando conta dos tres países de orixe máis frecuentes en cada concello, cun gran número de realidades diversas, con presenza destacada de persoas nacidas en Ucraína -chegadas nos últimos dous anos- en San Xoán de Río, Manzaneda ou Mondariz-Balneario. Pero tamén de Honduras en varios concellos lucenses (Navia de Suarna, Samos ou Pedrafita) e mesmo de Moldavia, Bulgaria, Cabo Verde (en Burela) e Mauritania (en Ribeira, ligados á pesca nesas augas). Unha información moi completa que ofrecemos en aberto.

As comunidades con orixe noutros países máis importantes cuantitativamente localízanse en todo caso nas sete cidades, encabezadas por Venezuela en todas elas, agás en Lugo e Ferrol, onde son máis as persoas nacidas en Colombia, que no resto das cidade é o segundo país de orixe máis habitual. Despois, en Vigo destaca a gran presenza de persoas procedentes de Arxentina e Brasil; na Coruña as chegadas de Perú e Cuba.

O peso das persoas nacidas no estranxeiro medra nas idades centrais, especialmente entre os 25 e os 44 anos. Na Coruña, por exemplo, un terzo da poboación entre 25 e 34 anos (o 32%) naceu fóra do Estado, unha porcentaxe que rolda o 30% en Ourense e Lugo, o 26% en Santiago e Vigo e o 20% en Pontevedra e Ferrol.

Nos grupos de idade entre os 15 e os 24 anos, entre os 35 e 44 e entre os 45 e 54 anos as porcentaxes tamén superan amplamente a media. A poboación nacida fóra do Estado baixa entre a infancia (neste caso, aínda que a orixe das familias sexa fóraneo, cada vez son máis os nenos e nenas que xa naceron aquí) e tamén por riba dos 65 anos.

Ademais de nuns determinados grupo de idade, a poboación nacida fóra do Estado tamén se concentra en determinados barrios. Poñemos como exemplo os mapas da Coruña e Vigo con datos por sección censual, equivalentes a agrupacións de rúas. 

Na Coruña o debuxo é moi claro, acadando a poboación nacida no estranxeiro as maiores porcentaxes nos barrios situados a carón da Rolda de Outeiro: Agra do Orzán, Os Mallos, Sagrada Familia e Ventorrillo. Os valores roldan o 30% en toda esta superficie, chegando a acadar un máximo do 39%. Noutras zonas da cidade, como Labañou, Castrillón ou Os Castros tamén se acadan porcentaxes importantes, que descenden por debaixo do 10% no Ensanche.

De igual xeito, en Vigo a poboación nacida no estranxeiro concéntrase, por unha banda, no Berbés e Beiramar, e pola outra, no Calvario e nas rúas próximas á Travesía de Vigo e á estación de Urzaiz, con porcentaxes que se achegan ao 30%, aínda que sen chegar aos máximos que se rexistran na Coruña. O contraste co resto da cidade é moi grande, pois na maior parte do termo municipal, tanto nas parroquias do interior coma en barrios como Bouzas ou Navia, non se chega ao 10%."

(Marcos Pérez Pena , Praza Gal, 29/12/24, gráficos no orixinal)

1/6/24

A inmigración do exterior no rural equilibra a marcha de poboación novas ás zonas urbanas... Son significativos neste aspecto os casos de Verín, O Carballiño, A Estrada ou Ribadeo

 "Despois de varios século sendo un país de emigrantes, Galicia leva varias décadas convertido nun territorio que, sobre todo, acolle persoas chegadas doutros territorios. Coa única excepción dos anos 2013, 2014 e 2015, marcados pola crise económica da Gran Recesión, dende hai trinta anos o saldo migratorio de Galicia é positivo, é dicir, o noso país recibe máis emigrantes que persoas emigran (ou regresan) a outras comunidades autónomas e países fóra do Estado español.

O ano 2022, último con datos completos, marcou un novo record neste saldo positivo e na chegada de inmigrantes dende o exterior, pois preto de 40 mil persoas mudáronse a Galicia dende o estranxeiro e outras 20 mil dende o resto do Estado, cun saldo positivo de 27.251 persoas, moi por riba do anterior máximo histórico, o de 2007 (19.583).

As cidades e, en xeral, as áreas urbanas son as que rexistran un saldo migratorio máis positivo. Pero a realidade é que a maioría dos concellos galegos teñen máis inmigrantes que emigrantes, tendo en conta todos os cambios residenciais, sexa a outro país, sexa a outras localidades galegas.

 En concreto, tan só 56 concellos presentaron no ano 2022 un saldo migratorio negativo, encabezados por Guitiriz (-56) e Dumbría (-32). Ademais de cinco localidades cun saldo neutro (mesmo número de saídas que de entradas), os restantes 252 tiveron máis inmigrantes que emigrantes, nunha listaxe encabezada pola Coruña (+4.193), Vigo (+2.911), Lugo (+1.461), Santiago (+1.198) e Ourense (+1.175). Despois aparecen Oleiros, Arteixo, Ferrol, Monforte, Sada, Ames, Narón, Marín e Pontevedra.

Cómpre ter en conta, iso si, que existen grandes diferenzas, concello a concello, entre as denominadas migracións exteriores (as que se dirixen ou proceden de fóra de Galicia, sexa o estranxeiro, sexa o resto do Estado) e as interiores (o saldo de cambios residencias con outos concellos galegos). Así, mentres o saldo migratorio exterior só é negativo en 12 concellos, o saldo migratorio interior presenta un panorama moito máis variado: negativo en 154 e positivo en 156.

 O mapa deste saldo migratorio interior, que representa os intercambios e trasvases de poboación entre uns e outros concellos de Galicia, amosa varios fenómenos ben diferenciados. Por unha banda, unha transferencia de poboación, sobre todo nova, dende as zonas rurais ás zonas urbanas, con saldos migratorios moi negativos na montaña lucense, na Mariña Occidental e no Ortegal, na Costa da Morte, no Barbanza ou no centro da provincia de Ourense.

Pola outra, advírtese tamén un movemento de poboación dende as cidades aos concellos da súa contorna, localidades nas áreas metropolitanas da Coruña, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Ourense ou Lugo que gañan poboación cunha oferta de vivenda máis barata. A única excepción é Santiago de Compostela, a única cidade galega que gaña habitantes con migracións (ou mudanzas, se se prefire o termo) dende outros concellos do país. 

A capital galega é, de feito, o concello cun saldo máis positivo (+342), por diante dunha serie de localidades das contornas urbanas: Oleiros, Salvaterra do Miño, Sada, Arteixo, Teo, San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar, Ares, Abegondo, Bergondo, Outeiro de Rei, Narón ou Miño. Pola contra, Ourense, Vigo, Ferrol e A Coruña son os catro concellos con saldos máis negativos, por diante de Culleredo, O Barco, Burela e Xinzo.

 O factor de idade adquire unha grande importancia nos fenómenos migratorios, pois hai zonas cun saldo positivo total, pero negativo nas xeracións máis novas, o que acrecenta o envellemento e a perda de poboación en idade laboral activa e coa posibilidade de ter fillos e fillas. (...)

Non é así no conxunto de Galicia, que presenta un saldo migratorio moi positivo en todos os grupos de idade, dende o menores de 16 anos (+5.913) ou as mozas e mozos de 16 a 24 (+4.338) e de 25 a 34 (+4.814) ata as persoas de máis de 65 anos (+2.101).

Se atendemos unicamente ás persoas de menos de 35 anos, son 223 os concellos que teñen un saldo positivo, fronte a 81 que o teñen negativo. Pero se, ademais, observamos só as migración interiores (co resto de Galicia), atopamos que máis da metade dos concellos galegos (179) presentan un saldo negativo e unicamente 123 téñeno positivo, encabezados pola Coruña, Compostela, Vigo, Oleiros, Narón, Salvaterra e Arteixo.

En cambio, se afondamos no saldo migratorio externo das persoas de menos de 35 anos, vemos que apenas 25 concellos tiveron máis emigrantes que inmigrantes entre a mocidade, encabezados por Guitiriz e Moaña.

 Así, vemos como a inmigración exterior, netamente positiva en todos os grupos de idade, tamén entre a mocidade, está servindo en moitos concellos -especialmente fóra das áreas urbanas- para equilibrar a marcha de poboación nova a outras zonas de Galicia.

Son significativos neste aspecto os casos de Verín (-72), O Carballiño (-63), A Estrada (-41) ou Ribadeo (-41), con saldos migratorios interiores moi negativos entre as persoas de menos de 35 anos pero saldos netamente positivos entre a mocidade se se computan tamén os movementos externos, con territorios fóra de Galicia."               (Marcos Pérez Pena , PrazaGal, 01/06/24)

18/2/24

Galicia (2008-2022): Crónica triste dun país minguante... Todo un balance non de un ano ou dous da xestión da Xunta de Galicia: nada menos que catorce anos... Sucede que a perda de peso na produción do conxunto de España é constante e sen parada entre 2008 e 2022 (só non o fixo nos anos da pandemia, pero seguiu entre 2022-2023). A perda de peso no emprego é igual de constante, pero aínda máis intensa e sen interrupción algunha. E, claro está, con eses vimbios a perda de cota na poboación española non ten parada... emprego e produción en caída libre (Albino Prada)

 " Os países non adoitan facerse máis pequenos nin máis grandes, pero si poden gañar peso ou perdelo en relación a outros países. No caso do Reino de España pode haber nacionalidades ou rexións que gañen peso no total (caso de Madrid que funciona como unha caste de aspiradora centrípeta) e outras que a cada paso teñan unha menor parte nese total. A causa é evidente: porque medran menos que o conxunto.

Hai cousas nas que medrar menos non é un bo síntoma, por caso: a produción, a poboación ou o emprego. E, daquela, perder peso é moi mala sinal. E hai outras nas que perder peso pode ser bo: por exemplo no número de parados. Pois ben, o Consello Económico e Social de Galicia na súa Memoria do ano 2022 (páxina 74) presenta o seguinte gráfico que, como imos ver, fala por si só.

 

 Todo un balance non de un ano ou dous da xestión da Xunta de Galicia: nada menos que catorce anos dende a crise financeiro-inmobiliaria do ano 2008 ata o 2022. Non me estraña que os redactores da Memoria non comenten nada deste gráfico para así non dar que falar, para non dar desgustos. Tampouco me estraña que ningún medio de comunicación teña recollido esta imaxe desa páxina. Ollos que non ven, … subvencións que van chegando. E vivan os botafumeiros.

 Sucede que a perda de peso na produción do conxunto de España é constante e sen parada entre 2008 e 2022 (só non o fixo nos anos da pandemia, pero seguiu entre 2022-2023). A perda de peso no emprego é igual de constante, pero aínda máis intensa e sen interrupción algunha. E, claro está, con eses vimbios a perda de cota na poboación española non ten parada. Nin se lle espera, porque a natalidade non é cousa de regalar bonos ou dar garderías senón de ter probabilidades de emprego crecentes, dignas e seguras. Cousa imposible cun emprego e produción en caída libre na súa cota galega no conxunto do Reino de España.

Vaia un dato demoledor; segundo o INE, en Galicia a poboación entre 16 e 34 anos pasou de 750.000 mozas e mozos en 2002 a 470.000 en 2023. Unha caída que vai camiño da metade en vinte anos, mentres no conxunto do Reino de España ese colectivo é case estable. Para saír correndo.

Neste panorama desalentador, só temos unha aparente boa nova: a cota de parados galegos no conxunto de España caeu con rotundidade neses catorce anos. Claro que os parados rexistrados poden moi ben baixar por desánimo ou longa duración e tamén porque os potenciais parados galegos xa non se rexistren por ter emigrado fora de Galicia. Dous motivos que de seguro se aceleran cando as probabilidades de emprego son decrecentes. Daquela o único “éxito” do gráfico só é aparente: un síntoma de que a produción, a ocupación e a poboación están en declive. Mal asunto.

Nada do que antecede impide que os xestores de todos estes anos da Xunta de Galicia se consideren con méritos máis que suficientes para seguir a facer o seu bo traballo. Ou mesmo acreditados para facelo así de “ben” en La Moncloa. Impresionante.

Claro que sendo preocupante o anterior, aínda o é máis comprobar que, segundo unha recente sondaxe feito e divulgado para El País (8 de xaneiro de 2023), os galegos non cualifican a situación económica e social do país de mala sen paliativos. Non chega, certo é, a boa … pero vena como regular.  E xa é para saír correndo que a avalíen como “igual” ou “mellor” que no conxunto de España unha maioría esmagadora.

Non queda outra que concluír, como se argumentaba neste dixital non hai moito, que os “botafumeiros mediáticos” semella que están a facer un moi bo traballo. Porque se a percepción social dunha realidade desastrosa é así de agradecida, os gobernantes galegos dos últimos anos sacarán a bo seguro peito, sen despeitearse. E así nos vai."        

( , Tempos Dixital, 15/01/24) 

18/1/22

A "esperanza" que trae a Covid para os pobos que morren de vellos en Galicia

 "San Xoán de Río protagonista dunha ampla reportaxe en “The Wall Street Journal” sobre a desertización do mundo rural. A residencia de maiores é o principal motor económico do concello. 

 "Para pobos en perigo de extición, a pandemia ofrece novos desafíos e esperanza”, é o titular co que a corresponsal, durante 10 anos en Oriente Medio do The Wall Street Journal (WSJ), Isabel Coles, e o fotógrafo, gañador dun premio Pulitzer, Manu Bravo, describen a historia e futuro dunha das zonas mais avellentada de Europa. Ambos, acostumados a reportaxes de guerra, chegaron a un lugar de Europa, o concello ourensán de San Xoán de Ríos, que perdeu mais do 80% da súa poboación. Un lugar no que por cada nacemento hai 20 mortes. Con todo, no último ano, e dende 1950, aumentou en poboación.

O WSJ, xornal económico, destaca que Europa é o continente mais avellentado do mundo, con 44 anos de idade media, e en 2050 esta media subirá ata os 48 anos. San Xoán de Río e outros concellos do rural ourensán superan os 63 anos de idade media, debido en gran medida a gran lonxevidade das súas xentes, un 10% da poboación pasa dos 90 anos. "Así que unha viaxe a San Xoán de Río sería unha viaxe ó futuro de Europa, mais a realidade son as verbas desta triste reportaxe", apunta Xoán Miguel Pérez, alcalde deste concello que tamén aparece na reportaxe.

"Fai 40 anos todas as parroquias tiñan unha escola, tenda, bar, nenos nas aldeas, etc, eramos mais de 3.000 veciños, pero colapsou (ou fixeron colapsar) o sistema rural, obligando a emigración forzosa as cidades ou zonas industrializadas a maioría dos nosos veciños. Pecharon dende fai 40 anos todas as escolas e comercios das nosas parroquias, e dende fai algo menos de tempo, tamén pechan todos os servizos e comercios que habían na capital municipal (Trives), ata o punto de a día de hoxe quedar únicamente un bar, unha tenda de ultramarinos, unha farmacia, o centro de Saúde, a residencia e 2 panaderías", asegura.

OS VELLOS, O MOTOR ECONÓMICO DO CONCELLO

Por iso, e tal e como recolle o xornal norteamericano, o gran motor económico deste pobo é a residencia de maiores, que é a empresa máis grande asentada no concello. Esta residencia e o propio concello son os dous entes que máis emprego dan na localidade.

En todo caso, o rexedor, fichado recentemente polo PPdeG, destaca que, por primeira vez dende 1950, aumentaron en poboación. "Hai moita xente, que dándoselle a oportunidade, voltaría o rural e sobre todo, temos a 500 heroes que siguen resistindo a abandonar o noso concello e que temos que protexer dandolle os mellores servizos para evitar a súa emigración", sinala.

Por iso, destaca que esta reportaxe axudará para que "sexan escoitados" e que a esta terra sexa tamén "zona de inversións e de futuro". "Demostramos nesta pandemia que se pode cambiar a tendencia, que hai que atraer o talento o rural e que podemos mudar este sistema que quere concentrar o 80% da nosa poboación no 15% do territorio, polo tanto esta reportaxe para nós é un SOS RURAL para os nosos dirixentes", conclúe."                 (Galicia Confidencial, 10/01/22)

30/8/21

Galicia 1981-2021 - Catro decadas e todo segue igual... entón falábase como hoxe, verbas, e máis verbas: "Gustaríame pensar que seremos capaces de rachar co camiño polo que vai Galicia, envellecida pola falta de futuro para a mocidade"

 "Hai 40 anos, no período que vai do 21 de decembro de 1980, no que se aprobou en referéndum o Estatuto, ao 20 de outubro de 1981, cando se celebraron as primeiras eleccións ao Parlamento, Galicia comezou a concretar a súa autonomía política.

 Nestas catro décadas afondouse nela e en transformacións non só políticas senón da sociedade en xeral que ao longo das cinco fins de semana de agosto repasamos con cinco persoas representativas dun ou doutro xeito dos cinco grandes gobernos que tivo a Xunta (Albor, Laxe, Fraga, Touriño e Feijóo). 

Todos foron tamén deputados nalgún momento e polo tanto electos pola cidadanía, e pola diversidade das súas orixes xeográfica, profesional, partidista ou por idade axudan a configurar unha imaxe transversal dos últimos 40 anos de Galicia, que se complementa co podcast Retrocorenta no que ao longo deste ano vimos facendo un exercidio de memoria colectiva.

Tras as catro primeiras entregas da serie con Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Fernando Salgado, Pilar Rojo e Teresa Táboas, o quinto presidente que tivo a Xunta, Alberto Núñez Feijóo, contou con Agustín Hernández (Madrid, 1961) como conselleiro Medio Ambiente e Infraestruturas entre 2009 e 2014.

 Pero este galego de adopción neofalante que comezou a vivir en Galicia con 25 anos xa fora director xeral de Obras Públicas con Fraga entre 1998 e 2005, traballara despois para a Deputación de Pontevedra e ao saír da consellería seguiría coñecendo outros postos como o de alcalde de Santiago entre 2014 e 2015 ou o de presidente do Consello Económico e Social que ocupa actualmente.

¿Que facía Vostede en 1981 cando se aprobou o Estatuto?

No curso 80/81 estaba no segundo ano da Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos en Madrid. Era o curso máis complicado posto que era o primeiro ano con materias específicas da profesión, o que marcaba que continuaras coa carreira ou que abandonaras. Era moi esixente e polo tanto foi un ano de encerro e de estudo.

Xa pensaba na política? En que momento os cargos técnicos que foi ocupando pasaron a ser políticos?

Eu comecei como director xeral desde unha vocación totalmente técnica. O salto á política xurdiu como consecuencia de que tras entrar nunha estrutura pola porta técnica, dáste de conta de que se non te involucras, se non das o paso, podes quedar sen unha proxección que che interesa, profesional e no ámbito da xestión pública, e daquela involúcraste máis. Con independencia de que estás situado onde ideoloxicamente estás cómodo, claro. Pero eu como director xeral, entre 1998 e 2005, non estiven afiliado ao PP. Na oposición Alberto pediume que me implicase, en 2006, e cando gañamos as eleccións chamáronme do partido porque non atopaban a miña ficha para o congreso interno que celebramos. Díxenlles que non a atopaban porque non estaba afiliado, así que aí me afiliei. O que buscaban en min era un currante que resolvese problemas. 

Cal foi o principal cambio de Galicia nestas catro décadas?

Comecei a vivir en Galicia en Febreiro de 1987, polo que a miña referencia temporal arranca nese ano. O avance foi inmenso dende entón. Especialmente no referente aos equipamentos e infraestruturas de todo tipo: as tecnolóxicas, as educativas, as sanitarias, as culturais, as viarias, etc... Ese salto cara á modernidade tamén significou un cambio de mentalidade e unha apertura de Galicia cara o exterior. Durante estes anos a proxección de Galicia cara ao exterior, en España e no mundo, incrementouse dunha forma moi notable. Probablemente a difusión do fenómeno Xacobeo, como algo máis que un acontecemento exclusivamente relixioso, tivo moito que ver.

Cal foi a medida política tomada no marco das competencias autonómicas que considera máis importante neste tempo?

 Quizais non sexa a máis importante pero considero que foi transcendente: A aprobación da Lei 1/1982 de fixación da sede das institucións autonómicas de Galicia. Foi un primeiro paso para rachar cos enfrontamentos entre o sur e o norte de Galicia. Posibilitou o inicio dun período do impulso de Santiago de Compostela como a capital de todos os galegos.

Cal é a medida da que se sinte máis orgulloso de tomar ou de influír o de axudar a que se tomase?

Son consciente do grao de polémica que pode reflectir esta resposta pero sen dúbida foi a miña participación na posta en marcha do proxecto de Sogama. Era subdirector xeral da Xunta e participei no proxecto. Estamos falando de mediada a década dos 90. Galicia tiña centos de vertedoiros espallados pola súa xeografía sen control e causando un impacto inaceptable. O goberno decidiu impulsar un proxecto integral e global de recollida e tratamento do lixo para Galicia, que ademais fora innovador. Foi un proxecto xestionado con ambición técnica e tecnolóxica e tamén con moita negociación política para atopar un emprazamento que non xerara un rexeitamento que fixera inviable o proxecto. Houbo un comité de expertos que asesoraban ao goberno no que estaban personalidades da talla dos profesores Bao, Macías ou Redondo. E dende unha perspectiva máis sentimental e persoal, o viaduto da variante de Noia ten unha especial significación para min. Vivín en Noia durante anos e, sen desmerecer ningún lugar de Galicia, porque non podería elixir un, o Barbanza tenme conquistado. Ademais de facilitar as comunicacións entre as dúas marxes da ría, o viaduto é hoxe en día un referente na paisaxe.

Cal foi o seu peor momento como Conselleiro?

Sen dúbida a tarde-noite do 24 de xullo de 2013 en Angrois. Estiven no lugar do accidente desde os primeiros instantes ata altas horas da madrugada. Nunca esquecerei o que vin.

 Vostede é madrileño pero durante a súa actividade institucional sempre se esforzou por falar galego. A pregunta é sinxela: por que?

Considero que as institucións propias de Galicia "son en Galego” e polo tanto os responsables institucionais temos a obriga de expresarnos utilizando o galego. Desde o máximo respecto á liberdade individual e practicando o bilingüismo harmónico, os responsables das institucións galegas deben expresarse na nosa lingua. O que máis lamento é que, como aprendín a lingua “de oído”, non me expreso tan correctamente como quixera, teño importantes carencias léxicas e ortográficas pero, con todo, avancei moito no emprego do galego, tamén en relacións persoais, fóra do institucional.

Como variou a participación das mulleres en política nestes 40 anos?

Sen dúbida é un dos cambios máis intensos dos derradeiros anos. Pasamos en poucos anos de ser noticia que un goberno tivera unha muller entre os seus membros, a normalizar a presenza de mulleres en todos os ámbitos. O cambio foi intenso, aínda que queda percorrido para acadar unha normalización total da presenza da muller. Non precisamente no ámbito político, senón no referente aos postos de responsabilidade no ámbito da empresa, a educación ou a investigación. Hai que valorar o papel das primeiras mulleres que iniciaron esa senda, posto que é certo que fai uns anos as medidas de conciliación non eran as que existen hoxe en día e, a pesares diso, moitas mulleres percorreron o camiño dunha carreira profesional de éxito, superando ditas barreiras. 

Cando usou por primeira vez un teléfono móbil no exercicio dun cargo público?

Non me lembro. Penso que foi a finais dos 90.

E a primeira vez que usou internet?

Tampouco lle podo dar unha data exacta diso. Sei que tiven acceso antes no ámbito persoal que no desempeño da función pública. Como exemplo do avance tecnolóxico que vivimos nas últimas décadas, cando comecei a traballar no salto hidroeléctrico de santa Uxía de Ézaro, en Dumbría, ano 1987, tiñamos que percorrer uns 5 quilómetros para chegar ao que denominabamos o “bar do teléfono” que era o sitio con teléfono máis cércano desde a obra. Hoxe, e xa dende fai anos, podes contactar desde ese mesmo punto con calquera parte do mundo a través do móbil, ou ter acceso a internet. Xa sei que pasaron anos pero a min paréceme que foi onte.

Cal é a viaxe oficial que lembra máis accidentada?

O 13 de xaneiro de 1998, con motivo do accidente do Discoverer Enterprise encomendáronme dirixirme ao lugar dos feitos para supervisar sobre o terreo as actuacións a levar a cabo para resolver as incidencias xeradas pola rotura da ponte das Pías. Eu era responsable das obras hidráulicas da Xunta e coa rotura da ponte quedou sen servizo a tubaria de abastecemento a Ferrol co que a cidade quedaba sen subministro. Tardei moitísimo en chegar posto que o atasco era monumental. Temos que lembrar que daquela a AP-9 unicamente chegaba a Miño. Dende alí a única estrada era a Nacional. Estando xa en Fene, diante da popa do barco empotrado no viaduto, contactaron desde o gabinete da consellería para que foramos a Ferrol a unha xuntanza co director xeral de Estradas que viña de Madrid. Como non eramos capaces de acceder por estrada, dado o atasco, conseguimos cruzar a ría cunha lancha que pasaba xusto nese momento pola zona (desde a beira fixemos sinais ao piloto que amablemente nos cruzou á outra marxe). Aquel día o presidente da Xunta tiña axenda na illa da Toxa e desprazouse ata Ferrol en helicóptero. O vendaval era dos que facían época e aínda lembro as expresións de susto dos acompañantes do presidente, entre os que estaban varios conselleiros, cando baixaron do helicóptero e contaban a experiencia vivida. Lembro tamén como aquel accidente posibilitou que a reconstrución da ponte fora con catro carrís en lugar dos dous que tiña a ponte orixinal. Por parte da Xunta de Galicia fomos capaces de instalar en tempo récord unha tubaria nova polo fondo da ría para recuperar o subministro en poucos días. En concreto o servizo logrouse restituír en nove días. Por certo, obra executada por unha empresa galega de Santiago, Espina&Delfín.

Que obra de arte (música, literatura, arquitectura, pintura…) lle di a vostede máis sobre estes 40 anos en Galicia?

Sen dúbida, a rehabilitación e restauración da obra de arte de referencia en Galicia, a Catedral de Santiago, coas que se conseguiu achegarnos ao seu aspecto orixinal e desfrutala en todo o seu esplendor. Mencionar tamén a colección de arte do Parlamento de Galicia, especialmente a pintura. Non sei quen tivo a idea orixinal, pero cónstame que o presidente Santalices dá moita importancia a esa faceta do noso Parlamento: Pousa, Quesada, Peteiro, Criado, Lamazares, Laxeiro, Sucasas, Barreiro, Pulido e moitos outros. Gran idea a de recoller no Parlamento unha mostra ampla da arte galega contemporánea. E xa dende un punto de vista puramente sentimental, dúas expresións artísticas que me conmoveron e me deslumbraron dun xeito moi intenso: o concerto que celebrou Carlos Núñez en Castrelos o 18 de xullo de 2004 e a película Mar Adentro. Son dúas referencias que me sitúan mentalmente en Galicia en todo o seu esplendor, especialmente coa película de Amenábar polas súas paisaxes e música, tamén a clásica coa magnífica aria da ópera Turandot. Parece mentira que un director chileno e un actor principal nado en Las Palmas de Gran Canaria, Bardem, sexan capaces de conseguir ese grao de identificación con Galicia.

Como imaxina a Galicia de 2061, dentro doutros 40 anos?

Esta contestación ten, na miña opinión, dúas versións. Como creo que será Galicia e como me gustaría que fora. Penso que por desgraza Galicia vai camiñando cara a ser un territorio con inmensos espazos baleiros, cun gran desequilibrio entre a zona costeira, o eixo atlántico entre Vigo e A Coruña, e o resto do país. Un territorio no que as actividades económicas que xeran máis valor engadido (industria manufactureira, I+D+i, novas tecnoloxías, dixitalización, etc...) cada vez terán menos peso. Unha Galicia económicamente centrada nos servizos máis que no sectores industriais ou tecnolóxicos. Unha Galicia cun problema demográfico importante, envellecida pola falta de futuro para a xente moza. Fronte a esa tendencia, gustaríame pensar que entre todos seremos capaces de rachar con esa realidade e acadar unha Galicia máis próspera, capaz de xerar actividades de maior valor engadido aproveitando a súa riqueza natural e paisaxística. Ser capaces de poñer en valor o noso rural como fonte de produtos de proximidade e de gran calidade e tamén como lugar para vivir en base á utilización das novas tecnoloxías. Unha Galicia conectada física e dixitalmente, que pode competir con calquera outro territorio de España, Europa e o mundo en pé de igualdade, ofrecendo un atractivo territorial e climático inigualable. Unha Galicia que sexa capaz de fixar a súa xuventude ao seu territorio e tamén ser atractiva para xente de fora. Neste escenario Galicia podería, sen dúbida, ser un referente da península ibérica para vivir é prosperar." 

Podes reler aquí a serie de cinco conversas sobre a evolución de Galicia desde a aprobación do Estatuto hai 40 anos que fomos publicando ao longo das fins de semana de agosto."          (David Reinero, Praza Pública, 27/08/21)

19/7/21

Os eólicos favorecen o despoboamento rural

 "Muras é unha das capitais do sector eólico na Galiza. O concello, localizado en plena Serra do Xistral, conta con 15 parques eólicos, 381 muíños e unha potencia instalada de 481 megavatios. 

O municipio, un dos pioneiros na xeración desta fonte de enerxía desde comezos da década dos 90, non deixa de ver como mingua a súa poboación desde aquela altura. Tanto é así, que nos últimos 35 anos ten perdido máis da metade da súa poboación, pasando de 1289 habitantes en 1996 a 619 en 2020.

O veciño concello de Ourol presenta moitas similitudes con Muras. Situado tamén na Serra do Xistral, unha área moi desexada polas eléctricas pola potencia dos seus ventos, dispón de instalacións de xeración eólica desde comezos dos anos 90, xogando naquel momento o Goberno local un papel moi activo na promoción deste tipo de iniciativas, presentadas como chave no desenvolvemento local. 

25 anos despois do emprazamento do primeiro parque eólico, Ourol rexistra 995 veciños, reducindo a súa poboacións nas últimas dúas décadas en 562 persoas e presentado unha das taxas de envellecemento máis elevadas do país.

O despoboamento rural

A historia de Muras e Ourol repítese na practica totalidade dos concellos galegos e do Estado considerados como pioneiros na xeración de enerxía eólica e que dispoñen dun importante número de parques para a súa produción. A este respecto, un estudo dirixido pola profesora do departamento de Análise Económico da Universidade de Zaragoza, Rosa Duarte conclúe que “proxectos deste tipo acentúan os procesos de despoboamento”. 

A realidade testada polo equipo de investigadores dirixido por Duarte, coincide cos dados fornecidos para o País Valencià nun traballo elaborado pola Universitát de Valencia, onde se sinala que “o 90% dos concellos con parques eólicos perderon poboación”.

Os beneficios dos proxectos eólicos para o desenvolvemento rural e o emprego son cuestionados desde diversos ámbitos. Sen ir máis lonxe, a Organización para o Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) sinalou no seu informe de 2012 que “a xeración de enerxía renovábel é unha actividade altamente intensiva en capital, polo que o emprego directo que crea e o multiplicador asociado é moi baixo”. Unha opinión semellante, defendeu o profesor da Universitat Rovira i Virgilli, Sergie Saladié i Gil, quen nunha recente comparecencia no Senado significou que o “impacto en emprego é testemuñal”. 

‘Hai pouco impacto económico e hai nulo impacto laboral’

“Se hai pouco impacto económico e hai nulo impacto laboral, isto tradúcese en que aqueles problemas estruturais que ten o mundo rural e que teoricamente este tipo de instalacións viñan solucionar, vemos con datos na man e ao cabo duns anos de poder avaliar ese modelo, que iso non se está cumprindo”, apunta Saladié i Gil, quen critica que “as enerxías renovábeis están a concentrarse en determinados territorios, para facer que só estas zonas carguen cunha parte importante da transición enerxética, e isto produce procesos de concentración territorial, chegando á masificación destas tecnoloxías nun determinado punto”.

A investigación coordinada pola profesora, Rosa Duarte, sostén a mesma tese. Así, recolle que “a maior fonte de creación directa de emprego concéntrase nas etapas de instalación e construción dos proxectos, período cun claro compoñente de curto prazo e que non implica necesariamente un cambio estrutural cualitativo como o que precisan moitas das zonas rurais periféricas e en declive”. Ao tempo, mantén que naquelas zonas altamente produtoras de enerxía de orixe renovábel non se dan “cambios significativos nas actividades ligadas ás manufacturas asociadas ás renovábeis” e destaca que as fábricas de pezas ou muíños eólicos non adoitan situarse nas súas proximidades. 

Os propios dados achegados pola Asociación Eólica da Galiza veñen confirmar estas posicións. O informe de Impacto económico e social do sector eólico na Galiza, elaborado en 2020 pola consultora Deloitte para a patronal eólica, afirma que “un megavatio de potencia xera 3,7 empregos durante a fase de construción e 0,2 empregos en actividades de operación e mantemento durante a súa explotación e mantemento”. Porén, a cantidade de persoas ocupadas en labores de mantemento é aínda inferior, porque a practica totalidade destes traballos están subcontratados a compañías que desenvolven estes labores en diferentes parques. Nese sentido, Duarte advirte dun “modelo de negocio recorrentes en externalizacións e subcontratas que buscan unha optimización duns recursos humanos moi móbiles e deslocalizábeis”.

A historia dos encoros repítese

Os estudos realizados sobre o impacto dos encoros na Galiza teñen sinalado a súa incidencia negativa no despoboamento das comarcas afectadas. A deste respecto, a practica totalidade das investigacións poñen o foco no alto valor agrario das terras anegadas, as máis fértiles para determinadas producións de zonas de ribeira. A historia dos encoros repítese cos eólicos."                   (Xacobe Ferreiro, Nós, 03/07/21)

31/8/20

Isidro Dubert: "A situación demográfica actual débese aos efectos da emigración en épocas pasadas"

"O historiador Isidro Dubert foi o editor do libro "A morte de Galicia" (Xerais) onde se cuestiona a política das autoridades galegas para afrontar o avellentamento da poboiación e a baixa natalidade. Con aportacións de diferentes sinaturas, o libro está concibido para explicar vías alternativas á política "natalista" apoiada polo goberno Feijóo.

 -A morte de Galicia  é unha análise do actual fenómeno de avellentamento da poboación e dos ítems que a acompañan?
 
O libro é un ensaio histórico que vai contra a reinterpretación da nosa historia, concretamente da nosa historia demográfica e social, sobre todo en dous puntos que teñen un peso moi importante, a emigración e a vellez. Ambos os dous son elementos moi importantes na nosa historia que estaban sendo cuestionados por unha interpretación interesada, que pairaba a interpretación demográfica e social de Galicia. Dita interpretación importouse de Francia no seu estado orixinal de comezos do século XX, e a que se coñece co nome de natalismo.

 É moi sorprendente ver funcionar o vello natalismo francés de 1900 a 1940, que é unha interpretación moi conservadora contra a modernidade e contra o progreso económico e social, na Galicia de comezos do século XXI en estado puro. Unha visión sen orixinalidade e que, como se puido demostrar nos diferentes traballos do libro, pretende por unha relectura e reinterpretación do noso pasado histórico.

 -Elixir a liña do “natalismo” non é algo así como buscar unha interpretación “cómoda”, para afrontar o despoboamento?
 
O natalismo propón unha lectura da realidade que non é real. Unha lectura demográfica, mais logo económica, social e ideolóxica da realidade galega que está fora do mundo. Non podes analizar a realidade demográfica e social da Galicia do século XXI cos mesmos argumentos do século XX. Non esquecer que o natalismo é unha ideoloxía cuns trazos determinados. A demografía de Galicia non se pode ler hoxe cos mesmos argumentos que os de 1900-1940. No libro demóstrase que estas interpretacións, saídas e fomentadas por certas institucións políticas e culturais de Galicia, tomáronse palabra por palabra da interpretación francesa do século XX.

 Atribúese a realidade demográfica do país unha fase de “decadencia”, como se a poboación tivese unha fase de nacemento, xuventude, plenitude e decadencia. Mais a poboación non e unha persoa, non se pode falar cos mesmos termos que se fose unha persoa que nace, crece e morre. Segundo eses principios natalistas, a responsabilidade da “decadencia” demográfica recae primeiro nos vellos e logo nas mulleres, ás que se acusa de ser responsábeis da caída da fecundidade. 

É ese discurso da “negativa das mulleres a aceptar o seu rol natural de ser nais”. E nunca che din por que, ou sexa, nunca se fala, dos seus baixos salarios, alta mobilidade no emprego e subemprego. E logo, dicir que o despoboamento é consecuencia do avellentamento poboacional e da caída da fecundidade é negar a realidade histórica da emigración. Se estamos hoxe nesta situación demográfica, eu entendo que é en boa medida polos efectos acumulados da emigración de décadas pasadas.

-Cales son eses efectos?
 
Desde o século XIX Galicia coñece tres grandes vagas migratorias con trinta anos de diferenza entre elas. Durante ese tempo perdéronse arredor dun millón de galegos de entre 15 e 35 anos, xente moi nova que estaba no momento de poder achegar fillos á sociedade galega. Eses aportes non se produciron, se produciron tardiamente ou cando xa non se tiñan os fillos que un quixera ou puidera ter. É dicir, ata os anos setenta a emigración tivo como consecuencia a perda deses emigrantes e dos aportes demográficos estes que poderían ter feito ao país.

 Cada vaga migratoria implica perdas xente nova e da súa posible descendencia, e iso fai frear o crecemento poboacional e que a poboación avellente, isto último, porque houbo tamén unha mellora nas condicións de vida e na sanidade. O avellentamento da poboación non se produce só porque non se teñan fillos, é un proceso máis complicado. Mais o natalismo indica que a culpa do avellentamento é das mulleres e dos propios vellos, que son criminalizados e sinalados.

-No libro apúntanse cinco grandes vagas migratorias na historia de Galicia. Imos pola sexta?
 
Non, agora mesmo estamos no comezo da quinta. Mais desde mediados do século XIX houbo tres grandes vagas. A primeira de 1860 a 1930, a segunda de 1950 a 1975. Esta segunda supuxo que en 1970 houbese en Galicia menos poboación que en 1950. Iso amosa o seu impacto demográfico. E a terceira comeza uns anos antes da crise de 2008, que é cando se inicia un ciclo de entradas e saídas do país, no que pesarán e se consolidarán as saídas a medida que calle a crise.

-Entendo que existen uns factores detrás de todas estas vagas emigratorias. Cada unha desas vagas ten os seus factores determinados?
 
Esas vagas veñen animadas pola situación socioeconómica de Galicia. Desde a entrada na Unión Europea, todos os cartos que chegaron a Galicia non foron capaces de crear emprego de calidade e de futuro. Hoxe por hoxe, temos a xeración mellor preparada da nosa historia, e esa xeración se estaba formando durante a chegada de todas esas axudas, mais unha vez lista atopouse sen un mercado de traballo axeitado ás súas competencias e sen un traballo de calidade e de futuro no país.

 Que se fixo con eses cartos? Agora vemos titulados e tituladas universitarias subempregadas, empregadas en precario e mal pagadas, sen perspectivas en Galicia e o que fan é emigrar. Falar de emigración é falar das causas sociais e económicas que a impulsan. Unhas causas que tamén teñen que ver coa existencia dunhas determinadas relacións de poder, que pouco parecen ter mudado.

-Existe algún motivo para revalorizar ou volver poñer sobre a mesa o natalismo como política demográfica?
 
Galicia converteuse estes últimos anos nun laboratorio de determinadas “propostas demográficas” promovidas pola Xunta de Galicia que presenta avaladas “cientificamente” por determinados “institutos de estudos”, digo institutos porque así se autodenominan os thinks tanks do PP en Madrid. Os estudos destes thinks tanks son claramente ideolóxicos, destinados a promover e avalar unha política demográfica e social centrada nos valores da familia tradicional e no diferente rol sexual e social de homes e mulleres. 

A estas últimas tocaríalles ser nais e amantes esposas, para así fomentar a natalidade. Pretenden deste xeito reverter a situación demográfica de Galicia. Pero son presupostos moi inxenuos que copian en parte o vello modelo natalista do franquismo con ese discurso de “ten fillos, que eu póñoche a gardería gratis, douche un plus salarial por crianza…”. Está historicamente demostrado que ese tipo de políticas non promoven a natalidade.

 Animar a ter un fillo na sociedade de hoxe en día supón que tes que ter en conta a liberdade da parella, a liberdade da muller e logo as súas circunstancias económicas e sociais concretas dun e doutra. Hai que ter medios materiais para criar os fillos. De feito, hai enquisas da propia Xunta nas que se preguntaba ás mozas: “cantos fillos vas ter?”. A resposta era un. Logo preguntábanlle cantos quererían ter, e a resposta era dous ou máis. Detrás destas respostas hai un cálculo das posibilidades económicas e sociais dun mesmo. É a situación económica e social na que te desenvolves a que te da ou che quita as posibilidades de ter os fillos que queres. As políticas demográficas natalistas acaban neste senso convertidas en políticas ideolóxicas.

 -Non obstante, co tempo fóronse creando e implementando políticas de conciliación durante os últimos anos.

As políticas de conciliación propostas en Galicia pouco ou nada teñen que ver coas políticas de conciliación real que se  practican en Europa. Aquí a conciliación sería o “teletraballo” ou a gardería gratis, sen máis. Iso é presentado como conciliación, mais realmente non o é. A conciliación para as mulleres é que accedan e non abandonen o mundo laboral, que teñan emprego de calidade e de futuro nel e que a súas perspectivas e ambicións laborais non se vexan afectadas negativamente polo feito de seren nais.

 Hai uns anos, a presidenta da pequena e mediana empresa de Madrid, que era unha muller, dicía en declaracións públicas que prefería contratar a mulleres maiores, xa na menopausia, que a mozas novas que puideran ter fillos. Esa mentalidade empresarial non fomenta a natalidade, se ques ese fomento, aumenta os salarios, dá estabilidade, incrementa a presenza das mulleres no mercado de traballo, procura  que non o abandonen e que a maternidade non condicione as súas perspectivas vitais e a súa carreira laboral."                   

29/7/20

Galicia, el laboratorio demográfico de España

"No puedo meter a un hombre y a una mujer en la cama y decirles lo que tienen que hacer. Si hiciera falta, lo haría, pero no se puede”. Manuel Fraga resumía en 2004 con esta afirmación –una de las muchas que dejó para las hemerotecas– su impotencia ante la escasez de nacimientos y el continuo envejecimiento de la población gallega.

 Su sucesor en el PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que este domingo aspira a revalidar su cargo al frente de la Xunta, ha tomado el testigo y ha situado la preocupación por la baja natalidad entre sus prioridades políticas con una ley de impulso demográfico que, si finalmente entra en vigor —el anteproyecto se aprobó en enero pero no se debatió en el Parlamento autonómico por el adelanto electoral—, será la primera norma en España desde la Transición diseñada para estimular el número de nacimientos. Sus críticos consideran que yerra en el diagnóstico: “El problema no es la baja natalidad, la natalidad es un síntoma del problema”.

 Los datos demuestran que la población en Galicia es cada vez de mayor edad, aunque esta tendencia, algo más acentuada en la comunidad gallega, se repite en el resto de España y en gran parte de Europa. Entre 1999 y 2019, la edad media de los ciudadanos gallegos ha pasado de 41,9 años a 47,2, según los datos del Instituto Nacional de Estadística (INE). 

En Ourense y Lugo, que son la primera y la tercera provincia con el índice de envejecimiento más alto de toda España, la edad media asciende a 50,7 y 49,8 años respectivamente. Y mientras la esperanza de vida es cada vez mayor, el número de nacimientos disminuye: de los 66,6 niños que nacían por cada mil mujeres en 1975, la cifra ha descendido a más de la mitad, con una tasa de fecundidad de 28,3 en 2019.

Aunque estas cifras han sido presentadas en Galicia en tono apocalíptico, los demógrafos insisten en que el envejecimiento no es problemático, sino que es el resultado del gran aumento de la esperanza de vida. “En España, en 1900, uno de cada cinco niños se moría antes de cumplir un año, y la mitad se había muerto antes de los 15”, subraya Julio Pérez, demógrafo del Instituto de Economía, Geografía y Demografía del CSIC (Centro Superior de Investigaciones Científicas) y autor del blog Apuntes de demografía. El problema existiría si no hubiera “recursos suficientes para atender a los mayores”, lo que supone ante todo un reto económico y no demográfico, añade Antía Pérez Caramés, profesora de sociología en la Universidad de A Coruña y experta en demografía y migraciones.

Feijóo sí interpreta el envejecimiento como una crisis demográfica, pero ha intentado alejarse de la visión de Fraga, que situaba a las mujeres en el centro de la diana —“la mujer”, decía el expresidente gallego, “antes de casarse procura tener su piso, por si acaso, y su coche, y cuando se da cuenta tiene el primer hijo a los 30 o 32 años”—. Tras un plan fallido de 2013 con el que la Xunta pretendió aumentar el índice de fecundidad, el nuevo anteproyecto del PP, pionero en España en cuanto a la intervención pública en política de natalidad, propone medidas de ayudas económicas y de conciliación a las familias con hijos, de retorno de los jóvenes gallegos y de dotación de mayores servicios a las zonas más despobladas.

 “La finalidad de la ley es ofrecer el máximo nivel de apoyo a las personas que decidan tener un hijo” y contempla una inversión de “800 millones de euros”, según la consejera de Política Social de la Xunta, Fabiola García. Sin embargo, aunque lo sugiere, el texto pasa de puntillas por lo que la oposición considera que es la verdadera causa del bajo número de nacimientos: la falta de trabajo estable.

“No aprende de los errores pasados, la ley es una operación de marketing para convencer a las familias de que tengan hijos, y apenas aborda otro gran instrumento para reforzar la vitalidad poblacional como es la inmigración, que sería un instrumento más rápido y con otras ventajas”, explica Xoaquín Fernández Leiceaga, senador y presidente de los socialistas gallegos. La solución pasa en primer lugar, según el dirigente del PSdeG, por la “estabilidad laboral”. “En los últimos cuatro años, sin tener en cuenta la covid-19, hemos perdido 70.000 empleos en Galicia cuando en España se han creado 600.000”, lamenta el líder socialista.

Coincide con este análisis Montse Prado, secretaria de organización del BNG. “Una persona o una pareja no va a tener un hijo porque tenga más o menos ayudas para cuidarlos, sino si tiene un empleo digno y un salario que le permita desarrollar su proyecto vital”, afirma la política, que critica el “raquítico aspecto económico” de la ley. Según considera, la dirección de las medidas no es la adecuada, ya que “están enfocadas únicamente en las personas que quieren tener hijos” y no en “la creación de un sistema de bienestar global que atienda las necesidades de la infancia, la juventud y los mayores”. “Mucho escaparate y poco contenido”, sentencia.

Fabiola García niega rotundamente un objetivo natalista de la norma. “Entendemos que una ley no debe tener como cometido convencer a la gente para que tenga más hijos”, rechaza la conselleira. Sin embargo, uno de los puntos novedosos del texto es la obligación de que todas las leyes, decretos y planes que pasen por el Parlamento autonómico tengan que contar con un informe de impacto demográfico, una medida cuyo “objetivo es construir la demografía como un problema”, reflexiona la socióloga Antía Pérez Caramés.

“El PP distorsiona el concepto de conciliación y lo convierte en una política natalista que contempla que una mujer recibirá recursos públicos en la medida en que tenga hijos cuando antes que nada es una política de justicia social y de responsabilización colectiva de los cuidados”, apunta Pérez Caramés. La investigadora, que ha analizado en profundidad la Ley de Impulso Demográfico de Galicia, considera que los populares tienen un “concepto muy restringido de la conciliación”, que entienden solo como familiar y laboral sin incluir “otros aspectos de la vida personal, como la gestión del tiempo propio”. ¿Y qué ocurre con las parejas que no tienen hijos? “Que también son familias que tienen que conciliar”.


15/1/20

El noroeste de España se enfrenta a su condena final: la tercera gran despoblación... La muerte de los jubilados cortará el flujo de dinero hacia estos municipios, lo que será la sentencia de muerte para el consumo y, por extensión, para su economía...

"España sufrió en 2018 el mayor número de defunciones desde 1941 con más de 427.000 muertes. El envejecimiento de la población acelerará esta tendencia en las próximas décadas provocando una pérdida natural de población que amenaza con ser dramática en algunas regiones. Será la tercera gran despoblación del cuadrante noroeste de España y, además, será la más dramática.

Primero fue el éxodo rural, que supuso la emigración de trabajadores precarios y después el éxodo urbano, de jóvenes con estudios pero sin renta. Pero esta tercera despoblación impactará directamente sobre la principal fuente de recursos de estas regiones: las pensiones. La muerte de los jubilados cortará el flujo de dinero hacia estos municipios, lo que será la sentencia de muerte para el consumo y, por extensión, para su economía.

 En España hay ya 743 municipios que tienen más del 30% de su población por encima de 75 años. Eso significa que en los próximos años se dispararán sus tasas de mortalidad. Están a las puertas de su tercera gran despoblación. Estos municipios se concentran en el cuadrante noroeste de España, que va desde Soria hasta A Coruña, precisamente las regiones que en su momento se vaciaron de jóvenes y que ya solo pueden vaciarse de mayores.

 En estos pueblos, las tasas de mortalidad se dispararán en los próximos años. Pero no es un fenómeno limitado a los pequeños municipios: antiguas ciudades, hoy venidas a menos, también se encuentran en una situación límite. Tineo o Valdés, en Asturias, tienen más del 18% de su población con 75 años o más y en Monforte de Lemos y Villalba, en Lugo, supera el 17%.

Las proyecciones de población del INE anticipan una fuerte despoblación en estas regiones durante los próximos 15 años. Los datos son contundentes en estas provincias. Zamora perderá el 16% de su población hasta 2033; León y Ávila, un 12% y Palencia un 10%. En total, las provincias del noroeste perderán más de 400.000 habitantes.

Este descenso de la población en estas regiones contrasta con el incremento esperado para el conjunto de España. El INE proyecta un aumento de la población del 5% en estos tres lustros, esto es, casi 2,5 millones más. Eso significa que en algunas zonas del país seguirá creciendo la población, principalmente el Mediterráneo y los alrededores de Madrid.

Aunque una parte de esta caída de población en la mitad norte y oeste de España seguirá provocada por el éxodo de jóvenes, la mayor parte será consecuencia de pérdida natural de población, esto es, habrá más muertes que nacimientos. La presión demográfica empuja en ambas direcciones cuando la pirámide poblacional está invertida. En primer lugar, una pirámide poblacional invertida hace que haya mucha población en las franjas de edad con mayores índices de mortalidad. En segundo, cada vez hay menos mujeres en edad fértil, lo que condena a sufrir tasas de natalidad reducidas incluso aunque en un futuro puedan aumentar los niveles de fertilidad (hijos por mujer).

El espejismo

Para estas regiones envejecidas, las pensiones son la principal fuente de renta y el pilar básico del consumo. Las regiones más envejecidas son también las más deficitarias, esto es, perciben de la Seguridad Social mucho más de lo que aportan, fruto de que anteriormente ya cotizaron. El resultado es una gran dependencia de las pensiones que generará un grave problema cuando empiecen a perderse por el aumento de la mortalidad.

 En Asturias, el caso más extremo como consecuencia del envejecimiento y las jubilaciones de los mineros, las pensiones contributivas suponen ya el 21% de su PIB (a lo que habría que añadir las no contributivas y las clases pasivas). Esto es, uno de cada cinco euros procede de las pensiones. Pero no es el único caso dramático: en León son más del 18% del PIB y en Lugo, Ourense y Zamora suponen ya más del 15%.

 Tal nivel de dependencia supone la mayor amenaza económica para estas regiones de cara a las próximas décadas. Durante unos años habrá un cierto efecto espejismo, ya que aunque aumente la mortalidad, se compensarán con una entrada masiva de jubilados procedentes de la generación del 'baby boom'. Esto hará que las transferencias hacia esos territorios en forma de pensiones no van a reducirse en el corto plazo. Sin embargo, irá aumentando la dependencia de las pensiones porque donde no hay reemplazo para las defunciones es por la parte de abajo de la pirámide poblacional: niños y jóvenes.

 La consecuencia es que durante unos años el peso de las pensiones sobre el PIB se disparará en estos territorios más envejecidos. A pesar de ello, el efecto neto sobre la renta total será negativo, primero porque las pensiones son inferiores a los salarios y porque no existe reemplazo para todas las defunciones. La correlación entre crecimiento económico y población ha sido una constante en España y lo seguirá siendo durante los próximos años, lo que supondrá un lastre para el avance de estos territorios.

 El espejismo de las pensiones desaparecerá cuando la generación del 'baby boom' haya entrado por completo en la jubilación. A partir de ese momento, la entrada de nuevos pensionistas se hundirá y las salidas se dispararán por la mortalidad. Actualmente, hay tres provincias que están a punto de dar este paso: Zamora, Ourense y León. Todas ellas tienen ya más población por encima de los 75 años que en la franja de 55 a 64 años. Esto es, las bajas de pensionistas por fallecimiento superarán próximamente a las altas de trabajadores que se jubilan.

 Este escenario será generalizado en el cuadrante noroeste de España dentro de unos años. Según las proyecciones del INE, en 2033 habrá ya 11 provincias con más mayores de 75 años que trabajadores a punto de jubilarse (entre 55 y 65 años). Entre ellas estarán Zamora, Ourense, Lugo, León, Palencia, Soria, Ávila, Asturias y Teruel (ordenadas de peor a mejor situación). Para todas ellas, el espejismo de las pensiones será breve y la amenaza de perder toda esta transferencia de rentas es cada vez más real. ¿Qué ocurrirá cuando su principal sustento desaparezca?"             

11/7/19

Trabada ofrece vivenda de balde a familias con nenos de 3 a 6 anos para salvar a unidade de Infantil do seu colexio

"Hai unhas semanas o Concello de Trabada, na Mariña Oriental, recibiu con preocupación a nova de que podía perder a unidade de Infantil no seu colexio, o CEIP Celso Currás. O centro conta con 33 nenos e nenas matriculadas, entre Infantil e Primaria, pero para o vindeiro curso tan só están inscritos dous nenos e nenas entre 3 e 6 anos, lonxe do mínimo de seis fixado pola Xunta para manter aberta a aula. 

O Concello decidiu reaccionar, sumando ás axudas e incentivos cos que xa contaba para fixar poboación nova na localidade, a oferta dunha vivenda de balde para aquelas familias que teñan "dous ou máis fillos/as con idades comprendidas entre tres e seis anos que se asenten en Trabada e que escolaricen aos nenos/as no CEIP Plurilingüe Celso Currás". O colexio necesita catro matrículas máis antes de que remate o mes de xullo para manter os servizo que está a prestar na actualidade.

A situación que vive Trabada é compartida por moitas localidades da zona rural, mesmo por colexios situados ben preto dos núcleos urbanos, coma o de Verducido (Pontevedra). Na última década, sete de cada dez concellos sufriron recortes de profesorado. Trabada é un concello envellecido, cunha media de idade de algo máis de 55 anos (55,47) e unha porcentaxe de poboación menor de 20 anos que non chega ao 10% (9,17%), uns indicadores que empeoran a media galega (47 anos e 15% de poboación nova), pero que non chegan aos niveis dunha parte importante das localidades de Lugo e Ourense. E as súas opcións de reverter esta situación pasan por manter os seus actuais servizos públicos, comezando polo colexio.

 A falta de matriculas en Infantil está provocada polo baixo número de nacementos nos últimos anos, catro entre o 2014 e o 2016, moi lonxe dos vinte que houbera entre 2011 e 2013. En 2017 naceron cinco nenos e nenas, e os menores de 3 anos suman un total de 14, polo que no curso 2020-21 a continuidade da aula de Infantil podería estar asegurada, pero pode que iso dependa de que a unidade se manteña no curso que comezará este outono. "No momento en que nun centro de ensino rural se perde unha unidade, despois é moi difícil recuperala", subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García.
 
García fai un chamamento aos veciños e veciñas de Trabada para que escolaricen os seus nenos e nenas no colexio da vila. O Concello salienta a alta calidade do ensino que ofrece o CEIP, que este curso se converteu nun Centro Plurilingüe, contando cun auxiliar de conversa de nacionalidade británica. Igualmente salienta que "dado o ambiente familiar, ofrécese atención personalizada e foméntase a integración do alumnado" e que o centro conta coas mellores instalacións, con zonas verdes, horto ecolóxico, pavillón cuberto ou biblioteca. Finalmente, o colexio "fomenta o coñecemento e defensa do medio natural e de hábitos ecolóxicos e alimentación saudable".

"É unha comunidade escolar moi activa e está traballando moi ben para que os nenos e as nenas de Trabada teñan as mesmas oportunidades das que carecen outros rapaces e rapazas de concellos pequenos”, destaca a alcaldesa, que salienta a colaboración que manteñen Concello e colexio para a organización continua de actividades gratuítas para os rapaces e rapazas: campamentos de verán, programas de conciliación ou Punto de atención á infancia de 0 a 3.

Mayra García fai fincapé na importancia de que os concellos rurais conten cos mellores servizos no ensino, sanidade ou transporte público, pero tamén na oferta de actividades, de ocio ou de cultura. "Temos que promover que haxa servizos no rural. Se a xente se ten que desprazar fóra para traballar, e se ten que desprazar porque non hai servizos e se ten que desprazar porque non hai unha oferta cultural para todas as idades, pois acaba marchando e ao final non quedará ninguén". "Ten que haber vida, ten que haber actividades para todos, e a xente ten que sentirse orgullosa de onde vive. Isto tamén é moi importante", engade.

A alcaldesa pídelle á Xunta "que non peche a unidade, xa que a escola pública é fundamental para manter o futuro do rural". A rexedora anuncia ademais que nos vindeiros meses se publicarán -coma nos dous anos anteriores- as bases de axudas ás familias de fomento da natalidade ofrecendo 800€ por nacido e familia empadroada (400€ ao nacer e 400€ no momento de escolarizarse no colexio público de Trabada), engadido ás axudas para a compra de material escolar nos cursos de educación infantil."                      (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 08/07/19)