Mostrando entradas con la etiqueta Musica: tradicional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Musica: tradicional. Mostrar todas las entradas

17/5/25

'Pandereteiras de Mens': "O patrimonio oral era a súa vida e circulaba e tiña sentido nela"... É unha memoria feita por mulleres que nunca reclamaron autoría, nin escenario, nin recoñecemento. Mulleres como as pandereiteiras de Mens, que viviron sen saber que eran cultura viva. Mulleres que cantaban e tocaban mentres traballaban, criaban, curaban ou fiaban (Ángela Precedo)

 "Hai un tipo de memoria que non colle nun libro. Vive no corpo, nos xestos, na voz que se ergue sen partitura, no movemento dunha man que marca o ritmo dunha vida. É unha memoria feita por mulleres que nunca reclamaron autoría, nin escenario, nin recoñecemento. Mulleres como as pandereiteiras de Mens, que viviron sen saber que eran cultura viva. Mulleres que cantaban e tocaban mentres traballaban, criaban, curaban ou fiaban. Mulleres que gardaban na súa memoria os cantos da infancia, os sons das festas, os ritmos da aldea. Mulleres que eran arquivo sen sabérense tal. Con motivo deste Día das Letras Galegas adicado á tradición oral das nosas cantareiras, Galicia Confidencial entrevista a Beatriz Busto, antropóloga social e cultural, investigadora, profesora e activista. E fala alto e claro: a oralidade non debe encaixar á forza no molde da literatura escrita e non é necesario convertela en icona para recoñecela. Trátase de darlle valor e coidala como patrimonio vivo que sempre estivo aí.

Busto recoñece que a noticia de que o Día das Letras Galegas deste ano 2025 sería unha homenaxe ás cantareiras chegoulle "con certo conflito". Por unha banda, alega que foi unha "alegría" que se lles outorgase "un recoñecemento público tan relevante no noso país". Pero, pola outra, confesa que existe unha tensión de fondo: "O paradigma das Letras Galegas é un paradigma de literatura formal que non encaixa co da literatura informal". Como antropóloga, Busto sinala que hai dous modelos de creación, de sinatura, de concepto autorial ou mesmo de literatura. "Non estamos a falar do mesmo paradigma e, moitas veces, un entra en conflito co outro", sinala. De feito, como exemplo, apunta ao feito de que as persoas recoñecidas no Día das Letras Galegas deben levar falecidas alo menos 10 anos e, "aínda que hai cantareiras que xa morreron, seguimos tendo mulleres cantareiras moi relevantes a día de hoxe vivas". Por iso, aposta por achegarnos á oralidade dende a súa propia lóxica, dende o seu propio paradigma: "O universo da oralidade e da recreación colectiva".

Ao tempo, manifesta outra preocupación como especialista en oralidade musical que é: que o recoñecemento simbólico do que estamos a falar remate convertendo en fetiche aquilo que debería ser entendido como vivo. "Preocúpame que as efemérides que celebramos rematen por folclorizar ou fetichizar os patrimonios dos que falamos, porque a iconificación e a deshumanización están aí, como riscos", lamenta Busto. Deste xeito, e a pesar da ledicia que lle produce que se poña o foco sobre as cantareiras, insiste en que o verdadeiramente importante é que isto non fique unicamente no xesto simbólico. "Agardo que sirva para que os organismos públicos fomenten investigacións e invistan no futuro dos estudos arredor da oralidade musical galega, algo que nunca fixeron", reivindica, á vez que lanza unha queixa tan clara como certa: "Non temos en Galicia un grao en Antropoloxía Musical, nin en Musicoloxía, nin estudos específicos de etnomusicoloxía, polo que as persoas que queren formarse niso, tendo en conta o rico patrimonio que temos, teñen que marchar fóra".

"AS PANDEREITEIRAS DE MENS FORON POPULARIZADAS PORQUE ENTRARON NUNHA AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA DA CORUÑA, PERO HABÍA MOITAS MÁIS"

A súa obra 'Pandereteiras de Mens' naceu precisamente "en ausencia de institucións públicas que financien investigacións". Foi aCentral Folque quen apostou por este estudo, incluíndoo na colección 'A chave mestra', adicada a figuras relevantes do patrimonio oral galego. Así, Busto explica que as protagonistas do seu libro foron "cinco veciñas labregas de Mens e Asalo --Prudencia, Asunción, Manuela, Teresa e Adela-- que cantaban, tocaban e bailaban, e que acabaron sendo popularizadas porque empezaron a formar parte activa da actividade dunha agrupación folclórica da cidade da Coruña: Aturuxo". Pero advirte tamén de que non eran elas as únicas: "En Mens (Malpica de Bergantiños) había moitas máis, así como nas parroquias darredor, porque todo aquilo era comarca de pandereiteiras e cantareiras", asegura. Ademais, apunta que esas cinco mulleres tiveron visibilidade porque participaron nesa agrupación organizada, pero houbo moitas outras que aínda hoxe son invisibles pola propia natureza da oralidade, que "non responde ao paradigma da sinatura nin ao concepto autorial". "En calquera caso, todas eran portadoras, transmisoras e creadoras", pon en valor.

Partindo desa base, Busto fai fincapé tamén na idea de que a música tradicional formaba parte indisoluble da vida cotiá, non dunha práctica artística consciente. "Este patrimonio era a súa vida, circulaba na súa vida, tiña sentido na súa vida", explica. Por iso moitas nin tan sequera consideraban ser portadoras de cultura. Para entendelo mellor, a antropóloga sinala que sería algo semellante a que dentro dun século a calquera de nós nos recoñezan por unha actividade que facemos no noso día a día de maneira inconsciente e á que non lle damos maior importancia. E iso, di, tamén explica por que moitas destas mulleres non deixaron rastro: "O seu patrimonio e elas mesmas eran fondamente invisibles, porque eran todo o contrario aos modelos que deixan rexistro ou documentación por escrito". Ironicamente, en realidade, "esa era --e é-- a nosa cultura intrínseca", afirma. "Esa é a nosa realidade, o noso xeito de cantar, o noso xeito de tocar, o noso xeito de bailar, tamén con variedades territoriais", resalta.

"O INTERESE POLA TRADICIÓN ORAL QUE VEMOS HOXE É TAMÉN O RESULTADO DUN CAMIÑO COLECTIVO QUE SE LEVA CONSTRUÍNDO DENDE OS 70 E 80"

Sobre o presente, Busto amósase clara: "O interese polo universo da tradición oral vese hoxe porque a industria musical máis potente se interesou e porque sae nos medios, pero houbo outras xeracións antes que tamén traballaron moito por poñer isto en valor: a de Berrogüetto, a de Leilía, a de Milladoiro, a de Fuxan os Ventos...". Por iso, aínda que recoñece que vivimos nun "momento interesante, mesmo glorioso", lembra que este non é un fenómeno novo nin espontáneo. "Este é o resultado dun camiño colectivo que se leva construíndo dende os anos 70 e 80, a diferenza está en que agora temos redes sociais e viralidade e que a industria musical mestura a nosa oralidade popular con estilos que son 'mainstream' na actualidade, pero, ao final, todo o que vemos hoxe é consecuencia dese camiño colectivo", resalta. E lanza un desexo: "Se todo isto serve para que a xente comece a preguntar nas casas quen canta, a consultar arquivos, a cantar, a bailar e a falar en galego... será marabilloso, pero se o momento que vivimos é verdadeiramente transformador para a sociedade galega, aínda está por ver; ogallá o sexa e, de selo, será grazas ao camiño construído en colectivo entre todos e todas".                

(Ángela Precedo, Galicia Calidade, 16/05/25)

27/1/23

Rogelio Groba, o compositor nacido na aldea ao que o pai xordomudo lle inculcou o amor pola música... o compositor de Agroglamour en Cans”... unha oda a aldea de Cans e ó seu festival

 "Unha tarde de 1999 tiven ocasión de conversar por vez primeira co compositor Rogelio Groba. Atopámonos nun plató de televisión. Eu era guionista e responsable das entrevistas nun programa diario en TVE- Galicia que se chamaba “Que Serán”, para o que me reclutara Xosé Manuel Pereiro.

Antes de que Groba pasase ó plató, a unha entrevista en directo, eu era o encargado de estar con él nos minutos previos e anticiparlle por onde ía ir a cousa. Tamén de propoñerlle algunhas pequenas gamberradas, seguindo o estilo do programa de entrevistas que triunfaba na altura, como era “Lo más plus”, no daquela fresco e atrevido Canal +. 

Propúxenlle o chiste que se nos ocurrira para meter no medio da entrevista, que era darlle unha batuta e que dirixise un pouco mentres sonaba de fondo a música do pasodobre “Ponteareas” de Reveriano Soutullo. Groba, que nacera en 1930, era daquela xa un señor maior para a miña idade e olloume de esguello dun xeito displicente. Tiven a sensación de que interiormente estaba mascullando “alucino co que me propón este idiota”, pero traguei saliva e seguín adiante co plan, tratando de convencelo, pois para iso me contrataran.

 “Non sei se sabe que eu hai xa moitos anos que non dirixo, que me adico só á composición”, díxome algo seco na trastenda daquel plató, nun xeito elegante de dicirme que non ía someterse a aquel tipo de trapalladas de guionistas inconscientes, que non sabían medir a dimensión real dos entrevistados. “Home, só é unha pequena broma, un xogo para a televisión, e ademáis pídello un veciño”, díxenlle impulsado pola miña insolencia xuvenil. Daquela Groba preguntoume de onde era. Respondín que de Cans, a aldea que está cerca de Guláns, onde el nacera, só separada no medio polo penedo do Monte Castelo. “Pois xusto en Cans é onde dirixín a banda de música de Guláns, por vez primeira na miña vida”, espetoume, cun dato que eu descoñecía ata aquel momento. A partir de aquí, iniciamos unha interesante conversa, ademáis de entrar no plató, agasallarnos cunha fermosa entrevista que lle fixo Paco Lodeiro e deixarse enredar polo sketch da batuta na súa man.

Na saída da entrevista, xa máis relaxado, tomamos algo. Groba contoume con calma as circunstancias de como un 26 de decembro de 1946, con 16 anos, dirixiu por vez primeira a Banda Union de Guláns, a histórica banda da súa aldea, no Torreiro de Cans. A data sabíaa de memoria, porque era nas festas patronais do Santo Estevo de Cans, sempre ó día seguinte do día de Nadal. Groba empezara case de neno na banda da súa aldea, unha das máis antigas de Galicia, fundada en 1870. Nos días previos á actuación en Cans, o director puxérase enfermo e alguén decidiu que o neno Roxeliño, ata ese momento un pequeno frautista que tocaba unha frauta de buxo, era un rapaz con talento para debutar dirixindo a banda nas festas de Cans. Pouco podía imaxinar que alí, movendo a batuta coas mans case conxeladas polo frío e cos pes mollados enterrados na lama do Torreiro de Cans, estaba a comezar unha exitosa carreira no mundo da música. 

En Guláns, unha aldea de Ponteareas de pouco máis de 700 habitantes, todo latexa ó ritmo da música. Cando un pasea polos seus camiños, de cada casa sae o o son dun instrumento diferente. Neste contexto rural é no que naceu e medrou o compositor Rogelio Groba, cuxa chama ven de apagarse ós 92 anos de idade, na derradeira noite do ano, xusto no tránsito cara o Aninovo. Sempre lúcido, cunha memoria prodixiosa e activo como creador ata as súas últimas semanas de vida, Groba é o máis relevante compositor de música clásica nacido en Galicia no século XX.

 Deixa un extenso corpus como creador de máis de 700 obras, pero tamén un legado transversal no ámbito da música. Ademáis de compositor, Groba foi un pedagogo musical, un investigador con alma de folklorista, escribiu varios ensaios, fixo incursións como editor musical e tamén un relevante xestor cultural musical, impulsando formacións como a Orquestra Sinfónica de Galicia.

Cando Groba naceu en Guláns en 1930, a Unión de Guláns xa tiña máis de medio século de vida e era o orgullo da aldea. O seu pai era barbeiro e rusto enriba da barbería ensaiaba a banda de música. O pai de Groba collía ó seu fillo e levábao con frecuencia ó piso de arriba. Podería ser o impulso natural dun pai que quere aprenderlle música ó seu neno. Mais o certo é que aquel era un pai moito máis especial que o resto dos pais: era xordomudo. Un xordomudo que amaba a música.

Cando coñecín a Groba, naquel plató de televisión a finais dos 90, faloume con moito orgullo de aquel pai xordomudo, da pasión que tiña pola música -que a sentía polos latexos- e de como teimou ata que esa pasión prendeu no pequeno Roxelio e nos seus irmáns.

 Despois de saber a historia de Groba e o seu vínculo emocional co Torreiro de Cans, onde en 1946 debutara como director da Unión de Guláns para orgullo do seu pai xordomudo, sempre pensei en volver lembrar aquel momento. E pensamos que a excusa e o marco perfecto podería ser o Festival de Cans. En 2013 propuxémoslle a Groba visitar Cans para que, case 70 anos despois, volvese exercer de director no Torreiro e rememorar aquel día histórico. Dixo que viría pero, unha vez máis, rexeitaba dirixir. Pero, unha vez máis tamén, convencémolo. Dirixiu simbolicamente unha peza coa Banda de Salceda e colocamos unha placa no Torreiro de Cans no seu honor, acompañados de músicos de diferentes estilos como Uxía, Julián Hernández ou Cristina Pato. Foi un día de gran emoción, no que tamén estiveron como convidados Dionisio e Xosé, dous dos músicos que tocaran con aquela banda o día do seu debú, había case 70 anos.

Ao cabo de poucos días chamoume Manrique Fernández, que daquela era xerente da Fundación Rogelio Groba, para trasladarme o agradecemento de Groba. Díxome que Groba viña tan emocionado e tan impresionado pola homenaxe e o recebemento, que estaba pensando en compoñer algo como agradecemento á aldea. Nunca máis pensara naquilo e, uns meses despois, volveron chamarme da súa fundación para pedirnos unha dirección postal. Uns días despois chegou unha partitura completa encadernada co seu título correspondente: “Agroglamour en Cans”, na descripción do Mestre Groba “unha oda a aldea de Cans e ó seu festival”. E en 2014, para pechar o círculo, volvemos convidar a Groba ó Torreiro de Cans. Esta vez, xa só en calidade de compositor, para asistir á estrea da súa obra, do legado que nos deixou. Por fin Rogelio Groba, o neno de Guláns fillo do barbeiro xordomudo, regresaba ó Torreiro de Cans como compositor. E por fin se pechaba o ciclo daquela conversa que comezara quince anos atrás na trastenda dun plató de televisión."                 (Alfonso Pato , eldiario.es, 03/01/23)

8/1/23

Miña avoa de Vigo, Carmen, cando eu era un cativo, sempre me cantaba esta Cantiga de Reis... (Manuel Germade)

Manuel Germade @ManuelGermade

Minha avoa de Vigo, Carmen, cando eu era un cativo, sempre me cantaba esta Cantiga de Reis nó día de hoxe. Esta música popular forma parte do noso patrimonio cúltural, que é un tesouro a preservar e transmitir.

Eu veñ cantar aos Reis,

Pola follina da viña

Señora ábrame a porta

Que quero ver a lapiña.

E vós ben sabeis

E vós ben sabeis

Que na noite de hoxe

Cantàbase aos Reis.

Eu veño cantar aos Reis

Non é por viño nin pan

Eu veño a esta casa

A cumplir unha obriga

Eu venho cantar aos Reis

Pola folla da aboboreira

Ábrame señora a porta

Que estou nos pingos da beira

Eu veño cantar aos Reis

Pola folliña do feno

Señora ábrame a porta

Que estou na rúa ao sereno

Polo buraco da chave

Vexo xurdir unha luz

Ábrame señora a porta

Polas chagas de Xesus.

Eu veño cantar aos Reis

Pola folliña da fiestra.

Grazas a Deus pra sempre

Que xa vexo a porta aberta.

11:50 a. m. · 5 ene. 2023 desde Mondoñedo, España
1.015 Reproducciones 10 Retweets 29 Me gusta

2/2/22

Tanxugueiras se ha convertido en un símbolo nacional... un símbolo emergente que expresa ambigüedad y encabalgamientos, contradicciones e identidades múltiples. Identidades posnacionales

 "Desde un punto de vista artístico, poca duda cabe de que Eurovisión es una astracanada comercial. Si en sus orígenes de posguerra cumplía una función, la de contribuir a crear una suerte de esfera pública europea, a cargo de Eurovisión, desde principios del siglo XXI, si no antes, se ha convertido en un espectáculo mediático y monetary, que diría Chanel. 

 Se intentó revitalizar mediante la apertura de las votaciones al público, y no dejarlo todo al albur de los jurados de cada país participante. Sigue siendo, con todo, considerado por muchos un escaparate del honor de cada país. Un escenario más o menos igualitario en el que Malta puede vencer a Alemania, y los pequeños ganar mientras los grandes se preguntan año tras año cómo evitar hacer el ridículo. 

 Una competición de orgullo nacional y europeo que, al tiempo, se ha desnacionalizado de modo galopante: no son muchos los países que envían canciones en sus propias lenguas, con lo que el morbo que tenía, pongamos por caso, escuchar a un grupo israelí cantar en hebreo, se ha desvanecido.

 Quedan, sin embargo, aldeas que resisten al invasor anglófono en la música. España, se supone, es una de ellas. O no. No cantar en inglés resta votos, opinan muchos. Pero es casi un axioma para muchos patriotas televisivos que hay que mantener la participación cantando en castellano, aunque se introdujesen ripios como Europe is living a celebration y otros barbarismos, bárbaramente pronunciados. ¿Y por qué no cantar en otras lenguas de España?

Serrat lo intentó. Pero eran tiempos de dictadura. El grupo Tanxugueiras lo ha intentado de nuevo, en buena lid y con un inusitado apoyo del público. Un producto musical con raíces populares, un alalá, debidamente modernizado, feminizado y con una puesta potente en escena. Pero, gran error, se trata de un tecno-folk inaceptable para muchos (la rumba de Peret sí lo era, por cierto), con sus aturuxos guturales, nada moderno, como lo que le gusta a la juventud de hoy. 

Y en gallego, que no lo van a entender, que seguro que el telespectador georgiano y la internauta lituana se van a dar cuenta de que no es castellano. Como, además, en Eurovisión lo que más importa es la profundidad e inteligibilidad de las letras, seguro que sería una mala representación de España.

 No entramos en si, desde un punto de vista musical, Tanxugueiras era mejor que Rigoberta Bandini o la canción ganadora. Cinco expertos tiene la Iglesia. Las preferencias del público quedaron claras, en todo caso. Lo fascinante para un observador poco interesado en Eurovisión y sus alharacas es la celeridad con la que Tanxugueiras se ha convertido en un símbolo nacional. De una nación sin Estado, la gallega, para muchos galleguistas, sin duda. 

Pero también de una nación plural o multicultural, la española, para buena parte de la ciudadanía española. El sábado 29 de enero por la noche eran muchas las personas de mi entorno que incitaban a votar por las Tanxugueiras; gente que nunca se había interesado por Eurovisión, y también poco sospechosa de simpatías galleguistas.

 En las redes sociales se sucedían comentarios jugosos. Algunos de ellos evidenciaban que, para una parte del nacionalismo español tradicional(ista), Tanxugueiras no podía representar a España en una tribuna internacional por el mero hecho de no cantar en castellano. A eso se añadían prejuicios: que si se expresaban en un idioma inventado, como medio sugirió una presentadora autocorrigiéndose; que si eran caballos de Troya del separatismo galaico.

 Que si eran unas paletas progres que no merecían representar la españolía en el mundo… y algún prejuicio antigallego que aún sale a relucir en ocasiones puntuales. Que a España la vaya a representar en Eurovisión una canción de cualidades líricas discutibles, con un sonsonete machista y en un spanglish de pacotilla tecnopija, no parece causar tanta reacción, aunque se espera la opinión de los defensores del castellano al respecto.

 El debate en Galicia no es menos fascinante. De repente, las Tanxugueiras son un hito más del síndrome da aldraxe, del ultraje, tan propio de la esfera pública galaica desde la Edad Moderna. España nos desprecia o nos tiene manía. En poco tiempo se ha unido a otras polémicas de menor eco, como que en el Estatuto de Asturias el gallego hablado en su parte oriental pase a ser “eonaviego”, por decisión de no se sabe qué instancias pseudocompetentes.

 Y por mucho que nos esforcemos y montemos Xacobeos, no nos quieren. Voilà, opinan otros, ¿qué más pruebas queremos? Que nos dejen irnos y quizá hablamos de un Estado asociado con Portugal, más aún si el país vecino estuviese dispuesto a que el trío gallego lo representase en Eurovisión.

 Personas que no moverían un dedo en movilizarse por que se incrementase el número de horas docentes en gallego en la enseñanza primaria y secundaria, que no hablan en gallego a sus hijos, o que en el fondo opinan que con la lengua propia no se va a ninguna parte, de repente están indignadas (al menos telemáticamente) por la discriminación hacia la lengua gallega a nivel simbólico. Una lengua que a fin de cuentas es cooficial.

 Hay quien estima que, ya que la ciudadanía galaica ha experimentado este subidón reivindicativo y ha encontrado un símbolo inesperado en un genial trío de artistas, hay que aprovecharlo y canalizar esa frustración por otras vías más trascendentes. Un procés tanxugueiro.

Quizá sea todo flor de un día. O no. A veces la historia se escribe con renglones inesperados. Más allá de su componente reivindicativa, feminista y en clave empoderada, y de la protesta por que la decisión de cinco personas tuerza el voto popular, dicen que para evitar Chikilicuatres (el pueblo, ya sabemos, se equivoca), dos lecciones rápidas se pueden extraer de la polémica.

 Primero, las Tanxugueiras son una buena muestra, por un lado, de la trivialización de las identidades, nacionales o regionales, y su conversión en objetos de consumo masivo y rápido. Imitar el peinado de las cantantes, o cantar sus “alalás” (lo del aturuxo es más difícil), puede convertirse en una profesión de fe que sustituya a la bandera albiceleste con o sin estrella roja. O quizás de una bandera republicana. Pues, por otro lado, el trío galaico también es una muestra de la ambigüedad de los símbolos. La galleguidad en masa, diáspora incluida, se movilizó el sábado 29 para votar por las que veía como sus representantes.

Segundo, fueron muchos los no gallegos y gallegas que votaron por ellas, o por Rigoberta, como muestra de que España podía verse representada por la periferia, en otras culturas e idiomas, exhibiendo un producto original con raíces autóctonas y variadas (exóticas, dirían algunos: a fin de cuentas, quizá los “alalás” vengan de África). Exhibiendo, en definitiva, su pluralidad por el mundo.

 Más allá de los criterios musicales y de las apuestas por productos de consumo masivo que puedan ganar, o de tongos y otros debates, las Tanxugueiras parecen ser un símbolo emergente de algunas paradojas nacionales de la España de hoy. Un símbolo que expresa ambigüedad y encabalgamientos, contradicciones e identidades múltiples. Identidades posnacionales. Pero parece que, parafraseando la excelsa letra ganadora de Benidorm, una parte de España no está ready. Ella se lo pierde."                           (Xosé M. Núñez Seixas, El País, 01/02/22)

14/6/19

“Non cambiaría a miña infancia en Taboada por nada” explica a cantante e compositora Najla Shami na preestrea de Ela sabe a sol

"Najla Shami, compositora, cantante e guitarrista galego palestina que pasou a súa infancia no Concello de Taboada, presenta o seu último traballo, un disco-libro, títulado “Ela sabe a sol”. Najla leva toda unha vida adicándose á música, se ben para o público comeza a ser máis coñecida no 2013 co disco-libro “Na lingua que eu falo”, no que musica e canta poemas de Rosalía de Castro, e coa aparición no 2015 como xurado do programa da TVG Oh Happy Day!

Aproveitamos a rodaxe do videoclip Taboada, que se rodou durante estes días no concello, para falar coa artista.

O libro-disco Ela sabe a sol, que edita Galaxia, poderase atopar en todas as librarías a finais deste mes, pero xa está con concertos de preestrea. Como está sendo a acollida?

Estou absolutamente encantada. Ata agora tiña colaborado con numerosas formacións e feito concertos en solitario ou en dúos, pero nesta ocasión acompáñame unha banda. O disco ten un son especial que mestura oriente e occidente e quería defendelo cunha banda. Escollín aos músicos para que o son fose o máis fidedigno ao traballo. 

 Acompáñanme Marcos Teira á guitarra; Álex Salgueiro aos teclados e sintentizadores; Jaime Muñoz de Madrid, ventos orientais e Leandro Deltell ás baterías. Fixemos preestrea na Praza do Toural de Santiago de Compostela, dentro do ciclo Artellando e o venres, día 7 de xuño, presentamos o traballo no Vello Cárcere, en Lugo. O directo está sendo máxico, estou moi, moi contenta.

Ela sabe a sol é o título do teu último traballo e do primeiro single. Como definirías Ela sabe a sol?

O single representa todo o traballo, ten a parte castelá de ritmos españois, a galega e a árabe. A muller é a protagonista. O disco é feminino de arriba a abaixo; quero representar a forza feminina; todo o que a muller é e ten; sen queixas. As mulleres temos un poder e un brillo interior que non fai falta explicar, cando as cousas brillan a xente únese a iso e o disco está construido sobre esa liña. 

Todas as cancións falan de paisaxes da muller. Ela sabe a solé un renacemento, fala de etapas nas que tocas fondo e renaces. Cada canción fala dalgo diferente desa forza feminina. É un disco moi solar, partindo do que é o lume, o Fénix e o sol. É o meu traballo máis persoal, onde se atopa Najla ao completo, na música, nas letras, no modo de cantar.

Califícaste como fusión, como foi o camiño ata chegar aquí?

Foi fusión desde o comezo, se ben na adolescencia facía máis pop, teño temas sen publicar que algún día publicarerei; despois entrei no jazz; no 2006 comezo coa música brasileira, tamén co folk con Fía na Roca e o acid jazz. No 2013, Galaxia proponme musicar poemas de Rosalía de Castro, que é o primeiro traballo que fixen co meu nome. Neste momento, a nivel de estilos, tiña tantos camiños e tantos frentes abertos que fun dándolle forma a todo para concluir que son fusión, é o que máis me gusta. 

Así aparece Ela sabe a sol e direiche que xa estou compoñendo o seguinte traballo e vai ser totalmente distinto e espero non deixar de facelo así porque a min gústanme unha morea de cousas diferentes, tampouco son unha persoa de cinguirme a un só estilo.

Aquí está  máis representado o meu eu, o eu co que sentía que tiña unha débeda e que ten que ver moito co estilo mestizo. 

Ela sabe a sol conta cun tema titulado Taboada, concello no que Najla se criou. Alí acabas de rodar o videoclip, que papel xogou Taboada na Najla artista?

Este disco plasma o que son polo que fun, por onde me criei, o que vivín, polo meu sangue, miñas influenzas,… Taboada escribina cando fun facer o pregón da Festa do Caldo de Ósos, fai xa 4 anos. Estaba nervisiosísima para aquel pregón. Todo foi moi poético, todo o mundo me foi escoitar, meus profesores, amigos, veciños… 

Para min foi unha honra e sempre considerei unha sorte criarme en Taboada. Crieime en liberdade absoluta, gocei da natureza. Taboada deume unha morea de cousas fermosas. Para min foi moi especial criarme en Taboada e isto é un agradecemento. Non cambiaría a miña vida na infancia e mocidade en Taboada, por nada.

No tema Taboada utilizo unha kalimba, meu instrumento fetiche que meto en todos os discos, é un instrumento africano pequeniño e aquí axúdame a darlle un trato especial á canción. Por iso tamén á hora de pensar no videoclip, pensei en facelo con Némesis Audiovisual, porque unha das promotoras é de Taboada e medramos xuntas neste concello. Todo nesta canción é moi especial para mín.

Despois de toda unha vida no sector, como valoras a situación dos músicos e cantantes en Galicia?

Fácil non é. O problema é de base educacional, a música vaise retirando do sistema educativo e hai moitos realities na tele que fan fraco favor ao oficio. Todo o mundo pensa que por cantar na tele xa é músico, pero as cousas non son así.

 O oficio de músico foise desprestixiando a nivel social en favor do que é espectáculo, lonxe da faceta artesán. Hai moitos recortes a nivel cultural. O réxime laboral para os músicos é dos peores de Europa, isto fai que traballar nisto sexa realmente amor á arte. Pagamos uns impostos desorbitados e o réxime de autónomos é unha tortura. Prográmanse cousas pero baixaron moito as condicións a nivel de cachés.

En canto á música galega non temos unhas entidades e un goberno que nos defenda como corresponde, cun circuito de músicas do mundo como debería ser. Hai circuitos de festivais pero máis enfocados ao rock e ao pop.

E da música que se fai que opinas?

O oficio da música, porque a música é un oficio, estase perdendo e trátase dun oficio artesán que hai que traballalo e todos os avances e novas tecnoloxías no sector penso que deberían motivar para coñecer máis a linguaxe do oficio e non para o contrario. Ten que haber cancións para mover o traseiro, pero non pode ser que iso inunde todo, a min iso asústame. Eu cando escribo son profunda porque defendo a poética nas cancións.

Valoro á xente que estamos no underground e sacamos a cultura adiante, senón todos escoitaríamos a mesma música, ata isto se capitaliza, todo o mundo soa parecido. Nas músicas do mundo é onde se atopa máis orixinalidade, o que tes onde medraches é o único que te diferenza do resto do planeta. Galicia é unha terra de variedade e iso nótase na música que aquí se fai.

A curto prazo que percorrido lle queda a Ela sabe a sol e con que idea che gustaría que a xente se achegase ao traballo?

Ela sabe a sol é unha viaxe sonora entre oriente e occidente que transportará á xente, viaxará a moitísimas latitudes. É un libro honesto, elegante, bonito. As fotografías e as letras din algo. A nivel musical é un luxazo. 

Ao sacar o disco agora, agardamos un maior volume de concertos na tempada de outono-inverno, aínda que gozaremos dalgúns no verán como os que temos este venres en Lugo, o 4 de xullo estaremos en Barbadás, en Ourense e o11 de xullo participaremos nos Xoves de Códax en Martín Códax, onde faremos unha colaboración con Zenet."            (Entrevista a Najla Shami, Ana Belén Fernández, Xornal de Lemos, 06/06/19)