Mostrando entradas con la etiqueta Empresas eléctricas: presas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Empresas eléctricas: presas. Mostrar todas las entradas

8/9/21

A prevision de Feijoo cos amiguetes da electricidade... A Xunta reduciu este ano un 90% o importe da sanción por baleirar encoros que agora propón para Naturgy e Iberdrola

 "A pasada fin de semana, a Xunta anunciou que viña de iniciar expedientes sancionadores contra as empresas eléctricas Naturgy e Iberdrola polos baleirados dos seus encoros galegos neste verán. Facíao despois de que unha información de eldiario.es revelase que Iberdrola avisara o Goberno galego en xuño e xullo da súa intención de baleirar os encoros de Cenza e As Portas. Tamén tras varias semanas centrando as súas críticas no Executivo central do PSOE e Unidas Podemos, para o que a Xunta tamén anunciou un expediente focalizado na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O gabinete de Alberto Núñez Feijóo, a través dun comunicado, fixo fincapé en que prevé impoñer "a sanción máxima prevista" ás eléctricas por efectuaren baleirados dos encoros "susceptibles de afectar á fauna piscícola", os devanditos de Cenza e As Portas e tamén os de Salas e Belesar. Faino, especifica a Consellería de Medio Ambiente, baseándose no regulamento de pesca fluvial do ano 1997, porque as eléctricas non tiñan a "autorización necesaria" para protexer os peixes "ante un posible baleirado". 

O baleirado de encoros, cualificado como infracción moi grave na normativa da Xunta de 1997 (esquerda) e como infracción grave na lei de pesca continental vixente dende este 2021 (dereita) CC-BY-NC-SA Praza Pública

Esa "sanción máxima prevista" é na actualidade de 25.000 euros en cada caso, isto é, 100.000 euros en total -equivalente a arredor do 0,002% dos beneficios anuais das compañías-. Trátase dunha multa ata un 90% inferior do que sería hai apenas un ano, como informou a pasada fin de semana Faro de Vigo.A razón é que, neste 2021, a Xunta reduciu fortemente as sancións previstas para este tipo de condutas.

O regulamento de pesca fluvial de 1997 ao que alude á Xunta foi derrogado parcialmente pola lei de pesca continental que, tras ser anunciada polo Goberno galego en diversas ocasións para a pasada lexislatura, quedou definitivamente aprobada polo Parlamento en decembro de 2020 e entrou en vigor o pasado febreiro. Entre as novidades da nova lei figuran cambios nas contías das sancións, que a Xunta xustificou na necesidade de "garantir o principio de proporcionalidade". Ademais, algunhas infraccións cambiaron a súa cualificación. Entre elas, o baleirado de encoros sen atender á normativa.

Así, no regulamento de 1997, "esgotar ou diminuír notablemente o volume de auga dos encoros e das canles" sen autorización ou incumprindo "as condicións que para estes efectos se fixasen cando deste se deriven danos á riqueza piscícola", suposto do que a Xunta acusa agora a Iberdrola e Naturgy, estaba cualificado como infracción moi grave e multado con entre 5 e 50 millóns de pesetas. Ao cambio (sen ter en conta a inflación), supuña entre 30.000 e 300.000 euros.

No entanto, a lei de pesca continental vixente dende este ano 2021 non mantén esta redacción nin a cualificación do regulamento de 1997. Pasa a incluír como infracción grave -non "moi grave"- "alterar de modo apreciable o nivel das augas ou do caudal do río, cando poidan derivar danos para as especies piscícolas", se a actuación non é "conforme (...) ás esixencias da normativa en materia de augas", o cal sucede neste caso, segundo defende a Xunta. Atendendo á nova lei, a sanción máxima para as infraccións consideradas graves son entre 3.000 e 25.000 euros. 

Daquela, neste caso concreto pasou de 300.000 a 25.000, un 91% menos. Polo tanto, as cantidades que as eléctricas terán que afrontar no caso de teren que chegar a abonar as multas serán 100.000 euros e non os 1,2 millóns que terían que afrontar coa normativa anterior.

Alén da notable redución da contía das multas, cómpre agardar pola resolución final dos procesos sancionadores (incluíndo os resultados de eventuais litixios xudiciais por parte das eléctricas). Non en van, as posibles multas baséanse en que a Xunta descoñecía as intencións de baleirar os encoros porque -defende a Consellería-, a Confederación Hidrográfica non llo notificou. No entanto, a Confederación vén acusando á Xunta nos últimos días de "manipular" o acontecido xa que, defende o organismo estatal, os correos electrónicos publicados amosan que coñecía o que ía acontecer, cando menos, nos encoros de Iberdrola."                   (David Lombao, Praza Pública, 07/09/21)

24/11/17

O pacto do PP co PNV evidencia a posibilidade de adaptar a tarifa eléctrica por territorios


A preguntas da prensa sobre a repetida proposta do BNG, o presidente da Xunta aseguraba que "eses plantexamentos non se sosteñen nin en España nin en Europa" porque implicaría que a tarifa mudase "en función do punto quilómetrico no que se viva" e impediría que cada Estado tivese a súa tarifa unitaria. Esquecíase o xefe do Executivo galego das diferentes tarifas, segundo territorios ou áreas, que se aplican en países como Alemaña, Suíza ou o Reino Unido. 

Agora, o pacto entre PP e PNV para a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado inclúe unha rebaixa tarifaria da electricidade que se aplicará ás empresas vascas a partir de 2018, o que evidencia a posibilidade de adaptar, mediante negociación política, os importes en función das características de cada lugar. 

O acadado polo PNV para Euskadi -que se une á rebaixa no cupo en case 600 millóns, a devolución de 1.400 millóns por discrepancias anteriores e un investimento de 3.380 millóns para o AVE até 2023- non é unha tarifa eléctrica propia como a reclamada polo CIG, BNG, En Marea e diferentes administracións do país. 

Pero si a solución a unha problemática que levaba anos en debate político e unha vantaxe evidente para as súas grandes empresas. Desde Galicia reclámase que tanto familias como compañías poidan beneficiarse do feito de que o país sexa produtor excedentario de enerxía e soporte todos os custos medioambientais e de impacto que iso supón. (...)

Preguntado pola cuestión tras o Consello da Xunta deste xoves, Feijóo insiste en que "non hai tarifa vasca". "É como se me din a min que teño tarifa galega porque empresas grandes consumidoras, como Alúmina, teñen descontos, ou pola subestación que pedimos para PSA-Citroën", dixo o presidente galego, que comparou o acadado polo PNV coa poxa de interrumpibilidade que rexe para empresas como Alcoa. "Cada un defende o seu e nós defendemos o noso", insistiu.  (...)

Noa Presas, portavoz parlamentaria do BNG en materia de Industria, asegura "non compartir" en nada a idea amosada por Feijóo, que "vén xustificar que Galiza ten un equivalente ás vantaxes de Euskadi no sistema de interrumpibilidade".

 "O que fai ese modelo é fomentar máis inseguridade e poñer en risco a viabilidade do emprego; mesmo o anterior sistema era máis xusto, aínda que o idóneo sería ter unha tarifa eléctrica galega pola nosa condición de país excedentario", advirte.  Así, a deputada nacionalista asegura que o modelo de Euskadi revela que "esa tese de que hai unha única factura eléctrica é falsa". 

"A tarifa acaba sendo unha decisión política e no País Vasco estanse a beneficiar dunha peaxe de alta tensión que existe noutras comunidades pero que é maioritaria para as grandes industrias vascas; a pregunta é por que ningunha empresa galega se beneficia diso. A resposta é que todo depende da vontade política", engade. 

 Ao tempo, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu que froito da "lexítima negociación do Goberno vasco, Euskadi gaña 1.400 millóns e unha mellora na tarifa eléctrica", xusto non momento que se coñece que "tamén gaña Madrid porque o Executivo central ten dispostos 3.500 millóns nos Orzamentos para rescatar as radiais madrileñas impulsadas por Aznar e Aguirre”. 

“E a Galiza que lle queda? Un recortazo de 442 millóns nos investimentos do Estado para 2017 e cero euros para rescatarnos da estafa legalizada das peaxes da AP9; ao contrario, anúncianse subidas”, denunciou a dirixente do Bloque, que contrastou o resultado de "ter un Goberno que exerce para defender os seus intereses, -Euskadi-, e un Feijóo marioneta de Rajoy". “Cinco deputados do PNV valen o seu peso en ouro, doce deputados do PPdeG non lle valen a Galiza para nada, agás para restar”, rematou. 

Sexa como for, a tarifa eléctrica galega foi rexeitada en diversas ocasións polo PP, tamén no Parlamento, cando botou abaixo unha iniciativa do BNG apoiada por toda a posición na que se reclama a devandita tarifa como medida de apoio ás factorías de Alcoa no país. No entanto, os conservadores déranlle na Deputación de Lugo o seu voto favorable a unha proposta practicamente idéntica tan só unhas semanas despois

Desde o Bloque, Pontón pregúntase “que máis ten que pasar para que Feijóo saia do seu ensemismamento e deixe de defender o indefendible, que ten que pasar para que se poña as pilas en defensa do interese xeral deste país?".  "Euskadi gaña nesta negociación, Madrid gaña o rescate das radiais socializando as perdas das empresas, pero aquí somos as últimas da fila”, rematou."        (Miguel Pardo, Praza Pública, 04/05/17)

9/8/11

"El Miño, desde Belesar hasta Frieira, es una propiedad privada de Gas Natural Fenosa"

"El tramo más sensible del Miño se cubre de centrales. Entre Belesar y Os Peares, el río (prácticamente seco a lo largo de casi un kilómetro desde mediados del siglo XX, cuando se construyeron las primeras hidroeléctricas de Gas Natural Unión Fenosa) soportará en breve seis pantanos.(...)

"No se trata de dos nuevas presas o muros, sino de dos nuevas centrales con sus correspondientes turbinas", alerta el presidente de Ríos con Vida y catedrático de Derecho Administrativo, Pedro Brufao, quien sostiene que la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil debería haber cancelado la concesión a la hidroeléctrica por el "flagrante incumplimiento de los términos del contrato", destaca que Gas Natural Fenosa ha mantenido el río seco en tramos durante más de medio siglo "incumpliendo la Ley de Pesca que le obligaba a soltar agua para garantizar el sustento de los pescadores de la comarca".

Lejos de ello, el anuncio de construcción de las nuevas hidroeléctricas (publicado en el BOE del pasado jueves) se produce cuando se están iniciando las obras de las de Belesar II y Os Peares II. En este caso, sin haber sido sometidas a evaluación de impacto ambiental. (...)

La "propiedad privada" de los ríos

"El Miño, desde Belesar hasta Frieira, es una propiedad privada de Gas Natural Fenosa". Lo argumenta el presidente de Ríos con Vida, Pedro Brufao, a la vista de la multitud de centrales de esta hidroeléctrica que fracturan el río en una secuencia de embalses.

Pero no solo por eso, sino porque la concesión del franquismo (es de los años cincuenta) no caducará hasta al menos 2060. Estas concesiones se adjudicaron por más de un siglo. (...)

El presidente de Ríos con Vida cree que lo que las administraciones públicas no acometen -el fin del monopolio hidráulico en manos de unas cuantas empresas- podrá regularse desde una vertiente jurídica.

Brufao opina que la construcción de las nuevas centrales que secan el río tiene la misma base jurídica que la denuncia de la Fiscalía gallega contra Endesa por el tramo seco de tres kilómetros y medio en el río Eume.

Los ecologistas hablan ya de "expolio de los recursos fluviales" por parte de las empresas con concesiones del franquismo que "producen un exceso de energía eléctrica a costa de una captación abusiva del agua".

En opinión del presidente de Ríos con Vida, esta podría ser la fórmula para acabar con la "propiedad del agua". (El País, ed. Galicia, Galicia, 06/08/2011, p. 2)