Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: protestas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Economia: crisis: protestas. Mostrar todas las entradas

18/11/21

“Amplo seguimento” da folga xeral na Mariña

 “Hoxe non é un día normal”, di unha veciña de Viveiro. E, certo, non o é.  Boa parte do comercio e hostalaría da cidade está fechado, colexios e institutos están ao ‘ralentí’ e empresas e industrias tamén etán paradas nunha alta porcentaxe. E o de Viveiro pode estenderse a Burela, Foz, Ribadeo e toda a comarca da Mariña. Hai foga xeral e nótase.

 “Amplo seguimento”, indican sindicalistas e piquetes para resumir o inicio da xornada de folga, que xa comezou ás 22 horas da noite de onte da man da quenda de Alcoa. Barricadas de pneumáticos ardendo alumeaban na noite. “Polo futuro da Mariña!”, o lema omnipresente: faixas, colantes, cartaces...

A convocatoria de CIG, CCOO e UXT sumou numerosos apoios nestas semanas, desde Administracións locais até colectivos veciñais, organizacións de comerciantes ou plataformas ecoloxistas. Un apoio que transloce que na comarca aniña un sentimento de “abandono”. Á crise industrial (Alcoa, Vestas...) súmase a febleza en determinados servizos, o despoboamento...

 A multitudinaria manifestación que no mediodía de hxoe percorreu Burela, reunindo miles de persoas procedentes dos diferentes concellos da comarca, fixo posíbel visibilizar o grande apoio á folga. Na marcha participaron representantes do PPdeG, co seu secretario xeral MIguel Tellado á fronte, unha delegación do PSdeG, liderada por Valentín González Formoso; e unha ampla representación do BNG, con Ana Pontón á cabeza.

 "Os piquetes informativos percorren a comarca, que rexistra polígonos sen actividade, comercios e hostelaría pechadas e aulas e rúas baleiras nunha xornada de folga que se prevé histórica", indicaba a CIG nas redes sociais.

Ameaza

Hai agora xusto un mes, centos de persoas saíron ás rúas de Viveiro a exixir un futuro para a Mariña. Desde entón, nada mudou. Se acaso a angustia dos habitantes desta comarca, que acusan as Administracións de miraren para outro lado en lugar de buscar solucións á crise industrial, social e demográfica que ameaza desde hai anos os concellos deste extremo do país.

 Esta "desidia" é a que levou os sindicatos CIG, CCOO e UXT a convocar no día de hoxe unha folga xeral de 24 horas na comarca e unha manifestación ás 12 horas polas rúas de Burela. Protestan non só pola situación de industrias como Alcoa e Vestas, co seu futuro no aire, senón polo "abandono" que sofren desde hai anos por parte das administracións estatal e galega, e que se traduce nun déficit de infraestruturas e o progresivo desmantelamento de servizos esenciais como a sanidade ou a educación, entre outros. 

Para esta convocatoria contan ademais co apoio de numerosas entidades, desde os concellos de Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ribadeo, Valadouro, Viveiro e Xove, até portos pesqueiros como o de Celeiro (Viveiro) ou a gran maioría do comercio e a hostalaría local, dispostas a sacrificar unha xornada de traballo para reclamar un plan de acción a unha Xunta e un Executivo estatal aos que acusan de "mirar sistematicamente cara a outro lado".

 "Sentímonos abandonados, ninguneados, e precisamos urxentemente que se tomen medidas tanto polo Goberno estatal como polo da Xunta", apunta o representante da CIG, Xorxe Caldeiro,  A idea principal desta folga, como indica a Nós Diario María José Nóvoa, responsábel de CCOO na Mariña, é "que vexan que toda a comarca está unida, que estamos aí. Non só Teruel existe; A Mariña tamén existe", profundou a representante sindical. Desde UXT, Diego Ballesteros, membro do comité de Alcoa, lamenta que ás Administracións “non lles importa nada do que reclame a sociedade”      (Nós Diario, 17/11/21)

28/6/21

Ferrolterra marcha polo futuro dunha comarca "traizoada"

 "Centos de persoas manifestáronse este domingo na ponte das Pías, que divide ás localidades de Ferrol e Fene, para lanzar un 'SOS Ferrolterra - Polo futuro da comarca', lema da pancarta que encabezou a mobilización. Dúas marchas desde Astano, Fene, e O Montón, Ferrol, reuniron os participantes sobre a ría para esixir industria e traballo. 

 "Que non nos rouben o futuro!". A convocatoria da manifestación convocada este domingo polos sindicatos CIG, CCOO e UXT para demandar solucións industriais e reclamar oportunidades laborais, avanzaba unha das proclamas da mobilización, que reuniu na ponte das Pías unhas 700 persoas procedentes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, representadas tamén por varios alcaldes da contorna.

 A manifestación concluíu sobre a ría, onde os participantes lanzaron de maneira simbólica un barco de cartón ao mar cunha una lenda pintada a babor e estribor: SOS Ferrolterra.

"Unha comarca que foi motor industrial e referente da loita sindical na Galiza e no Estado español atópase hoxe agonizante despois de ser traizoada por todos os Gobernos e tódalas as Administracións". "Queremos traballar e non mendigar ou emigrar, queremos que cumpran a palabra dada durante décadas a todo un pobo", reivindicaron os traballadores e traballadoras dunha contorna que reclama unha "débeda histórica", nomeadamente "desde a mirada da esquerda".

 Unha batalla máis

Así, o secretario comarcal da CIG, Manel Grandal, asegurou que este mobilización foi "unha batalla máis dentro desta guerra, ante a situación de desemprego, pobreza e emigración da nosa mocidade".

Acusou as Administracións de vivir "de culparse unhas outras", xa que o Goberno estatal está "desaparecido". "Parece que nin está nin se lle espera", e a Xunta, engadiu, "vive da propaganda e esquecendo que son os verdadeiros responsábeis da política industrial" do país.

 Grandal tamén lamentou que "a estas alturas" nin Estado nin Xunta fosen "capaces de sentar para constituír unha mesa para abordar o futuro destas comarcas".

Desde CCOO, o seu novo secretario comarcal, José Furtado, detallou que a comarca está "en declive": "Pechouse Siemens, Gamesa nas Somozas, a central térmica de Endesa nas Pontes está a agonizar e Navantia está como está", en alusión á falta de carga de traballo no estaleiro.

 Por iso, pediu que "as Administracións, dunha vez por todas, deixen de facer a guerra unhas a outras", porque o "importante" é "que a xente vexa que estamos a pelexar polo futuro da comarca".

"Non se nos está escoitando"

José Antonio Díaz, secretario comarcal de UXT, aseverou que "non é posíbel" que os sectores económicos da zona estean nesta situación e con esta " inacción política". "E non se nos está escoitando", incidiu.

 Mais asegurou que "Ferrolterra está unida na procura de carga de traballo para o sector naval" e na devolución todo o que "roubaron desde a primeira reconversión que existiu". "Desde entón estásenos recortando o noso tecido industrial, algo que non imos permitir", avisou o responsable de UXT.

Construción naval civil

Na mobilización participou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen reclamou para este territorio "un plan de reactivación industrial e económica, que sexa atendido por parte das Administracións competentes", á vista do "abandono tanto por parte do Goberno central como por parte do Goberno da Xunta".

O nacionalista volveu demandar a conversión de Navantia "nun complexo industrial integral, coa diversificación e a incorporación fundamental da construción naval civil", así como unha transición enerxética xusta fronte "ao feche da central térmica das Pontes sen alternativas", ademas "dunha rexeneración na ría de Ferrol": "Sabemos que a día de hoxe está no mínimo da súa capacidade produtiva", adveritu.

Por último, Rego tamén demandou "a modernización das infraestruturas de todo tipo nunha comarca que está abandonada neste ámbito", e fixo un chamamento á ministra de Traballo, a ferrolá Yolanda Díaz, para que atenda "os seus compromisos".

Para o deputado do BNG, a ministra e vicepresidenta terceira "leva máis dun ano e medio incumprindo" a derrogación da última reforma laboral, que "é fundamental para poder recuperar dereitos todos os traballadores".                       (Nós, 27/06/21)

28/10/19

Centos de médicos en Santiago reclaman "dignidade" para a atención primaria e "máis tempo" por paciente... "En 30 anos que levamos traballando, nunca estivemos tan saturados, nunca estivemos tan preocupados polos nosos pacientes. Temos que acabar con isto e volver traballar con dignidade"

"Centos de profesionais sanitarios de diferentes puntos de Galicia protagonizaron este sábado unha manifestación polas rúas de Santiago de Compostela, na que clamaron "pola dignidade" da atención primaria para pedir "máis tempo" para cada paciente.

A marcha, convocada pola Asemblea de Áreas Sanitarias en defensa da Atención Primaria, saíu ás 12,00 horas da Alameda da capital galega e proseguiu pola zona vella proferindo distintos cánticos "de unidade" ata chegar ata Praza das Praterías, onde ocuparon toda a escalinata cara a Quintana.

Desde este espazo da zona vella compostelá, o portavoz da Asemblea de Áreas Sanitarias, Carlos Eirea, nun discurso fronte aos seus compañeiros, dirixiuse á Consellería Sanidade para pedirlle que "defenda" e que "non esnaquice" a atención primaria.

Neste sentido, Eirea admitiu que "saben" que a sanidade "é moi boa", pero relatou a continuación: "En 30 anos que levamos traballando, nunca estivemos tan saturados, nunca estivemos tan preocupados polos nosos pacientes. (...) Temos que acabar con isto e volver traballar con dignidade".

Así, tras denunciar que o sistema sanitario "está a ir cara atrás", censurou os "experimentos" de Sanidade e os seus "cambios de cromos", tal e como denominou ao decreto publicado este xoves polo que se dota a todas as áreas sanitarios dun novo órgano de dirección para a atención primaria, en coordinación coa hospitalaria.

"O único que lemos son cambios de nomes. Onde se chamaba director de procesos con ingresos, agora chámase director de hospital. E onde se chamaba director de procesos sen ingresos, agora chámase director de atención primaria. Pero todo segue igual, nada cambia, é só cambiar cromos", criticou Eirea.

"MÁIS TEMPO PARA OS PACIENTES"

Ante as reivindicacións do portavoz da Asemblea de Áreas Sanitarias, os seus compañeiros acompañárono con aplausos e aclamacións desde a escalinata de Praterías e reiteraron as diversas consignas que foron clave nesta a manifestación.

"Primaria digna e de calidade"; "Todos xuntos coa atención primaria"; "Máis tempo para os pacientes"; e "Primaria, unida, xamais será vencida", foron algúns dos cánticos ouvidos pola zona vella de Santiago este sábado.

Minutos antes de comezar a marcha, Jesús Sueiro, médico de familia e membro das Asembleas de Áreas Sanitarias, lembrou en declaracións aos medios que os profesionais a primaria galega secundarán a folga convocada para a partir do 26 de novembro. "Porque pensamos que, despois de tantos meses de traballo, de conclusións, de comisións... temos a sensación de que a nosa situación segue igual que sempre", explicou.

Neste sentido, Sueiro insiste en que as consultas "seguen saturadas" e nunhas circunstancias que fan "moi difícil" compatibilizar a atención ao doente con outras actividades: "Se non temos tempo para os pacientes, como imos ter tempo para a investigación e a docencia?".

"UNHA SOBRECARGA" DE CONSULTAS

Así, este médico cifrou a media diaria ideal "entre 25 e 30" persoas atendidas. No entanto, asegurou que os profesionais soportan actualmente "unha sobrecarga de 40 ou 50" pacientes, algo que antes era "puntual" pero que xa se converteu en "estrutural".

En vista destes datos, tachou de "insuficiente" a cifra de 241 médicos convocados polo Sergas esta semana para elixir destino e alertou de que as próximas xubilacións "van supor unha desfeita e unha falta de cobertura que vai facer o sistema sustentable". Por iso, suxeriu que a solución pasa "por facer contratos atractivos".

Pola súa banda, Carmen Loureiro, unha doutora de Vigo que tamén asistiu á manifestación deste sábado, puxo o foco en que a atención primaria é "un equipo" no que se inclúen non só facultativos, senón tamén enfermeiros, celadores e persoal administrativo, entre outros.

Loureiro tachou de "límite" a situación deste servizo en toda Galicia, o cal pode repercutir en "a seguridade" dos cidadáns. "Non podemos estar a ver pacientes a cinco, seis ou sete minutos máximo e ter a garantía de que sexan correctamente atendidos", declarou, para despois advertir de que, de seguir así, a atención primaria galega "morre".            (Galicia Confidencial, 26/10/19)

24/5/19

A folga nos centros de saúde de Vigo abre unha nova xeira de protestas sanitarias en Galicia

"A vixilia que este luns á noite levou a cabo persoal dos PAC en varias cidades deu inicio a outra semana de protestas na sanidade pública galega. Profesionais dos Puntos de Atención Continuada de todo o país concentráronse para lembrar que levan 18 meses mobilizados e máis de cinco de folga. Fixérono xusto antes de que este martes comezase outra, a dos médicos de Atención Primaria da área de Vigo, onde a dimisión dos xefes de servizo prendera a mecha definitiva do conflito sanitario

Autoorganizados na área viguesa tras amosar o seu rexeitamento á desconvocatoria dos paros que xa estaban previstos en abril en toda Galicia, compañeiros doutras áreas saen á rúa tamén estes días no seu apoio e contra a deterioración do sistema. Ao tempo, e na mesma xornada, o sindicato Prosagap manifestábase en Santiago na IV Marcha d@s Eventuais, en protesta pola precariedade e situación temporal que afecta maioritariamente a enfermería, que tinguiu de negro as últimas oposicións, pero que, advirten, é un problema “en todas as categorías”. 

Foi na área sanitaria de Vigo tamén, en decembro de 2017, onde naceu o movemento PACs en Pé de Guerra que convocou as vixilias e que leva desde aquela denunciando “sobrecarga asistencial”, a “conxelación” desde 2010 de complementos de festividade e nocturnidade ou un cómputo de xornada que “penaliza os períodos de baixa e permisos retribuídos”. 

Foi nese punto onde encallaron as negociacións co Sergas para pór fin a unha folga que non ten efectos reais sobre os pacientes ao ter uns servizos mínimos do 100%. Acadados moitos dos obxectivos na mobilización, o resultado da consulta feita entre o persoal foi o non á fin do paro e as críticas a unha Consellería que “é un muro” e fai “oídos xordos ás peticións dos traballadores en relación ao cómputo da xornada” que, din, “están avalados por sentencias favorables do TSXG”, e “persiste nun regateo cos complementos conxelados”. 

Mentres o persoal reclama unha xuntanza con Sanidade, esta responde lembrando que cumpriu con “nove das once reivindicacións” formuladas e que a suba retributiva acordada polo traballo nos festivos e domingos tradúcese, de media, en 2.000 euros anuais máis. 


Pero non é o único conflito que o Sergas afronta. O dos médicos de Atención Primaria leva meses e nin o último millonario plan presentado nin a negociación aberta no novo Consello Técnico frearon o malestar. Durante a mañáa folga foi "moi seguida", acadando máis do 90% de seguimento, segundo o comité de folga, aínda que o Sergas rebáixao a menos do 40%. 

En comparecencia pública, este comité insistiu en denunciar a "sobrecarga asistencial" e a deterioración da asistencia sanitaria, con cupos moi elevados e falta de medios. Ademais, advertiron de que o primeiro paso da Administración debería ser a dimisión do xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial, e que apoian a folga para toda Galicia o vindeiro 19 de xuño convocada pola Asemblea e Áreas Sanitarias. 

"A xerencia dixo en público, tras a nosa dimisión, que faltabamos á verdade", explicaron os médicos en folga en rolda de prensa, para engadir que cren "imposible que o conflito, polo menos en Vigo, se solucione sen que dimitan". "Non imos negociar con esta xerencia; se queren tirar cara adiante, o primeiro que teñen que facer é marchar", insistiron tras lembrar que a postura "non é cousa dun grupiño" de profesionais, sneón "de todo o colectivo unido". 

Están chamados ao paro 540 facultativos baixo o lema Pola dignidade da Atención Primaria, cunhas 30.000 citas que poden verse afectadas nestes dous días e cuns servizos mínimos do 35% en medicina familiar e do 65% en pediatría. Convocada polos médicos en asemblea, CIG e O’Mega apoian a folga mentres outros sindicatos e colectivos agardan respostas inmediatas da Consellería. Houbo concentracións, tanto en Vigo como noutras localidades galegas, que seguirán nas vindeiras horas. 

Mentres os centros de saúde sufrían as primeiras consecuencias da folga na área de Vigo, en Santiago, unha marcha de persoal eventual do Sergas percorría as rúas contra a precariedade e en protesta pola situación de temporalidade e incerteza constante. “Conselleiro mentireiro” ou “Feijóo escoita, eventuais en loita” foron algunhas das proclamas dun colectivo que cre que “é o momento” de seguir coas reivindicacións agora que lograron colocalas “no debate” e despois do éxito e a repercusión das mobilizacións da enfermería en Silleda. 

“É a hora de insistir con máis forza, de deixar claro que merecemos unhas condicións de traballo dignas, que merecemos estabilidade, que merecemos que se nos trate en igualdade, que somos traballadores da sanidade pública e non os escravos de ninguén”, di Prosagap, o sindicato convocante, que denunciou tamén o "secuestro" de prazas públicas da sanidade galega por parte da Xunta."                (Miguel Pardo, Praza Pública, 21/05/19)

16/5/19

A masiva protesta das enfermeiras eventuais en Silleda ábrelle á Xunta outro conflito na sanidade

"A Xunta vai empezar a ternos en conta. Temos claro que nada mudará se non seguimos protestando e presionando, pero agora saben cantas somos e a forza que temos e, como mínimo, estarán expectantes”, din membros de Eventuais en Loita, que advirten ao Sergas de que, malia o que poidan pensar, tamén teñen “o apoio do persoal fixo”.

“Como non o imos ter se eles son tamén prexudicados? A cada mes que pasa e che cambian unha compañeira eventual por outra, tes que volver ensinar a outra persoa e perdes a quen xa estaba estabilizada e asentada nunha área”, explican sobre unha situación moi repetida.

Tanta como as chamadas repentinas e urxentes. Tan só un día despois da proba en Silleda, persoal de enfermaría relataba como nunha área sanitaria galega o Sergas chamaba por teléfono a varias profesionais para intentar cubrir unha compañeira ausente que debía levar traballando xa máis dunha hora. Sen avisar previamente, sen contrato asinado ningún e coa única opción de chegar ao posto indicado moito máis tarde dao inicio da consulta. Nada novo.

“Non pararemos. Trazaremos un plan para seguir protestando e conseguir, de vez, melloras nas nosas condicións laborais, que é o que todas estamos buscando”, rematan as afectadas, tras insistir en que Silleda “foi un punto e aparte”.             (Miguel Pardo, Praza Pública, 14/05/19)

15/5/19

Centos de persoas piden en Ordes a readmisión dos oito despedidos do transporte de residuos a Sogama

"Centenares de persoas sumáronse este domingo á manifestación convocada polos traballadores do transporte de residuos sólidos urbanos a Sogama para demandar a readmisión dos oito traballadores que Transportes Pacholo (unha das compañías subcontratadas para a realización deste servizo) despediu, así como o cesamento do "acoso laboral".

A mobilización saíu do polígono industrial da localidade ao redor das 11,30 horas deste domingo, e terminou ás portas do concello, onde o presidente do comité de empresa, Manuel Regueiro, agradeceu ás persoas asistentes a súa solidariedade.

Encabezada por unha pancarta que rezaba 'Transporte de Sogama solución. Non aos despedimentos e ou acoso laboral', a manifestación denunciou a situación que viven os empregados e que provocou a convocatoria de folga indefinida, que leva xa 29 días.

Así, criticaron a oferta de readmisión que a UTE gañadora do concurso público de transporte de residuos a Sogama, formada por Copasa, Renfe e Logirail, propuxo ao oito despedidos, que consistía en recolocalos noutras empresas do grupo Copasa e non no transporte de lixo.

"Aceptar iso sería vender a estes compañeiros e asinar a nosa sentenza de morte", asegurou Regueiro, porque, ao seu xuízo, antes dos despedimentos eran 80 traballadores no transporte de residuos e o posto destes empregados non se amortizou. "De feito, agora fano outras cinco empresas piratas que meteron camións para facer o noso traballo nunhas condicións infinitamente peores", lamentou.

Para o persoal, dar esa proposta por boa, e aceptar esas recolocacións "envelenadas" abriría a porta a que despois o resto seguisen o mesmo camiño. Así mesmo, denunciaron que á "Xunta financia o acoso laboral".                 (Galicia Confidencial, 12/05/19)

15/3/19

Persoal precario do Sergas plántase para deixar de "organizar a miseria"

"En termos xerais a cidadanía de Galicia e de España adoita dicir que está contenta coa atención sanitaria ou polo menos que “temos sorte” polo feito de contar cun sistema público de saúde. Isto é certo, pero nuns sitios funciona mellor que noutros.

A dimisión histórica dos xefes de servizo de Atención Primaria de Vigo, ratificada este martes en asemblea, e as condicións de traballo "indignas" que os médicos eventuais revelan, dá mostra de que en Galicia, e moi especialmente na área de Vigo as cousas non funcionan ben.

 Estamos a falar de persoal altamente cualificado que no mellor dos casos saca a carreira en seis anos, fai o MIR e logo a especialidade. En total son 11 anos de formación e práctica obrigatoria antes de incorporarse ao ansiado mercado laboral. 

Laura Prado, membro do colectivo de médicos eventuais en situación de precariedade laboral Precarias pola atención primaria, explica que en 20 meses asinou 50 contratos, e no pasado mes de agosto ía a contrato por día, movéndose por toda a área sur de Pontevedra. “Tes que ter datos no móbil sempre vendo o GPS para atopar o Centro de Saúde”. A súa situación non é excepcional e di que pode sentirse incluso afortunada posto que a media está en 39 contratos por ano.

O colectivo lamenta que como solución a esta precaria situación desde o Sergas se propoña o “contrato de continuidade”, xa oficial desde o 31 de xaneiro, e que afectará tanto a médicos de familia como a pediatras de atención primaria. Este contrato, que de momento convive co anterior, inclúe por exemplo que o 40% do horario do mes está sen fixar. 

O Sergas pode avisar en calquera hora do día, da noite ou festivo para a incorporación inmediata a consultas ou gardas nun punto xeográfico non determinado. Non define número de gardas, nin fai distinción entre gardas de noite ou de día. “Podes encadear 31 horas seguidas de traballo e pasar consulta de 7 horas aos pacientes despois de estar toda a noite traballando en urxencias”, alerta Laura Prado. 

Ademais, este contrato non afecta só aos médicos temporais, xa que abre a porta á creación da praza estrutural de médico de área o que suporía a eliminación do médico de familia tal e como o entendemos. “Isto significa aceptar que os nosos maiores sexan atendidos cada día por un doutor, desaparece a lonxitudinade na atención, o que pode derivar no aumento da morbimortalidade” (morte por enfermidades), explica a doutora Prado.

Os representantes deste colectivo aseguran que non faltan médicos -na última OPE presentáronse máis de 1.000- o que sucede é un éxodo de profesionais cara a fóra de Galicia, como amosa o feito de que só no último ano 129 facultativos de Galicia solicitaron o certificado de idoneidade para traballar no estranxeiro, 44 da provincia de Pontevedra.

Solucións

A solución a esta precariedade do sistema de saúde viría pola creación de contratos de estabilidade a través da oferta pública de emprego. O colectivo pide negociar coa Xunta un novo contrato, pero se non se crean novas prazas non se solucionará o problema, porque “é imposible organizar a miseria”, asegura a doutora Prado.

Deste xeito, a Xunta debería convocar oposicións que cubran as prazas vacantes das xubilacións e creen novas prazas para facer fronte á masificación dos cupos, a maior complexidade das probas diagnósticas, á maior demanda e ao envellecemento da poboación.

Con esta situación as 250 prazas anunciadas polo Sergas non chegan para cubrir as vacantes a día de hoxe nin as xubilacións en masa previstas dos próximos 5 anos. Para a plataforma de Precarias pola atención primaria é necesario que o Sergas faga unha auditoría para estudar esta situación, xa que o número de prazas necesarias suporía outras 500, como mínimo.

Dimisións irrevogables e folga

“Dimitimos por dignidade e porque estamos convencidos de que unha primaria que sexa o eixo sanitario redundaría en beneficio de todos, dos pacientes e da comundidade, sería unha sanidade máis equitativa, máis eficaz e máis sostible”. Manuel Domínguez Sardiña é un dos xefes de servizo dimitidos da área de Vigo. 

Asegura que pensaban que tras a primeira dimisión de decembro, que non aceptou o Sergas, cesaría ao xerente da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada), pero este feito non ten sucedido de momento e os xefes de servizo non recoñecen á dirección actual como interlocutor.

Tres meses despois desa primeira dimisión, 22 xefes de servizo da área de Vigo presentan a súa “dimisión irrevogable”, xa que non se teñen implantado solucións concretas e o novo modelo proposto está pragado de “parches”.

O xefes dos centros de saúde non están en absoluto de acordo co novo “contrato para os precarios”, nin co cambio na estrutura da EOXI, que “só é un cambio de nome”. Sardiña pon o foco na sobrecarga de traballo que soportan, pero tamén destaca outras medidas no plan da Xunta que son “fume”, como alongar a idade de xubilación ata os 70, porque “todos sabemos que os médicos non van querer porque non estamos motivados “ ou o MIR extraordinario, que vai afondar no éxodo masivo de médicos.

“Eu síntome dimitido desde hoxe e se a xerencia cre que teño que exercer mentres non me acepte a dimisión, pois que abra un expediente”, indica o doutor Domínguez Sardiña.

Este xefe de servizo séntese orgulloso do traballo realizado xa que xunto cos seus compañeiros de Vigo deron o sinal de alarma que mobilizou a primaria de Galicia. “ A primaria de Vigo nunca estivo tan unida e tan mobilizada. Eu levo 30 anos e nunca houbo unha mobilización como esta”, destaca.

 Agora os xefes de servizo de Vigo queren deixar de ser un elemento de presión e se integran noutros colectivos de sociedades profesionais que apoian as súas reivindicacións e seguirán con accións concretas, como é o caso da anunciada folga de atención primaria en abril. “A folga de tres días de abril aprobouse en Vigo por unidade, como primeira medida de presión, pero haberá máis. Agora non vamos quitar o pé do acelerador. Vamos tentar de verdade que isto supoña un cambio importante e non os cambios que nos ofrece a Consellería”, asegura.

Resposta da Consellería 

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade defende que ten adoptado medidas concretas e propostas nas que se recollen as demandas dese colectivo “co obxectivo común de impulsar un novo modelo de atención primaria que dea respostas ás necesidades dos vindeiros 25 anos”.

En concreto a Consellería destaca o compromiso para manter un orzamento específico para o programa de gasto en atención primaria de saúde, diferenciado dentro da clasificación funcional. “Por primeira vez comprométese un orzamento exclusivo no capítulo VI para adquirir equipamento clínico, mobiliario, dotación informática e facer pequenas reformas nos centros de saúde tal e como se anunciou co Plan de Necesidades, dotado con 17,3 millóns de euros para dous anos (2019 e 2010)”, indica nun comunicado.

O novo plan recolle a creación dunha Dirección de Atención Primaria na estrutura do Sergas, a creación dunha Comisión de atención primaria da área presidida polo titular da xerencia, da que formarán parte os xefes de servizo da área.

Con respecto á sobrecarga asistencial a Consellería subliña as 254 prazas ofertadas que se convocarán este verán para medicina de familia e outras 93 para pediatría de primaria.
A Xunta pon en valor tamén o novo contrato para eventuais, aprobado o 15 de xaneiro, “co que os profesionais terán maior estabilidade laboral pois son contratos cunha duración mínima de 1 ano e máxima de 3, desfrutarán de igualdade de dereitos e igualdade de retribucións, incluíndo o complemento de produtividade fixo e variable.”                (Vanesa Vázquez, Praza P^´ublica, 14/03/19)

24/1/19

SOS Sanidade: "A rebelión dos médicos de Atención Primaria esténdese en toda Galicia como mancha de aceite"

"En declaracións a Europa Press, o doutor Manuel Martín, portavoz do colectivo SOS Sanidade Pública, explicou que este martes se volven a reunir por terceira vez na capital galega para "confeccionar un diagnóstico" da Atención Primaria na área de Santiago.

Así, Manuel Martín manifestou que recollen "propostas dos distintos centros de saúde" para "confeccionar un diagnóstico" e propostas que sairán desta nova reunión. Por unha banda, sostén que tratarán a convocatoria de mobilizacións, como concentracións en centros de saúde, e establecerán "estratexias" xunto con compañeiros doutras áreas que contan con "problemas específicos".

"A rebelión dos médicos de Atención Primaria esténdese en toda Galicia como mancha de aceite", asegurou o portavoz de SOS Sanidade Pública para insistir en reivindicar un "proceso de negociación".

MÁIS PARTICIPACIÓN

Sobre a reunión deste martes prevista na sede compostelá do Colexio de Médicos da Coruña, Manuel Martín destacou que hai "60 profesionais" confirmados e fixo fincapé no aumento de xefes de servizo que acoden á cita.

Deste xeito, insistiu en que seguirán coa análise dos "problemas e dificultades" nos centros de Atención Primaria da área de Santiago, que asocia "aos recortes durante todo este tempo". Ata a data acordaron en encontros anteriores a recollida de firmas para entregar á Consellería de Sanidade, a colocación dun lazo azul en bátalas dos profesionais, paros nas portas de centros de saúde e PACs e seguir coa incorporación de profesionais ao "grupo promotor" destas iniciativas.

Por todo iso, apostan por seguir "mobilizándose contra o desmantelamento do sistema sanitario en Galicia" e falar da "sanidade real".                 (Galicia Confidencial, 22/01/19)

22/11/18

CRTVG abre expediente disciplinario ao locutor Carlos Jiménez, participante activo nos 'Venres Negros'

"A dirección da CRTVG abre expediente disciplinario a Carlos Jiménez, guionista, humorista e locutor, e cualifica como falta "moi grave" que" locutase un programa da propia TVG". Afirmao o colectivo 'Defende a Galega', que aponta a que o xornalista incluso podería ser despedido. Un profesional, lembran, que está implicado na loita que estes meses desenvolve o persoal dos medos públicos galegos contra o control e a manipulación, indica 'Defende a Galega'.
A acción contra Jiménez, prosegue sinalando o colectivo, chega semanas despois de que se tivese que arquivar un expediente á xornalista Tati Moyano. "De novo, a CRTVG usa o argumento da compatibilidade contra un traballador activo nos Venres Negros".

Defende a Galega demanda o arquivamento inmediato do expediente. Carlos Jiménez (Viveiro, 1971) é actor de dobraxe, locutor e presentador radiofónico e de televisión, humorista e imitador galego. "                   (Sermos Galiza, 16/11/18)

6/6/18

Gandeiros, agricultores, madeireiros e cazadores reivindícanse como "a solución" para o rural galego

"Centos de gandeiros, silvicultores, agricultores, madeireiros, cazadores, pescadores e mineiros axuntaron forzas este domingo nunha manifestación en Santiago na que denunciaron "o abandono" do rural e alertaron das consecuencias para o sector da normativa da Xunta sobre a limpeza de leiras para evitar incendios.

A manifestación iniciouse na Alameda de Santiago, ao redor do once da mañá. Baixo o lema "Creamos vida no rural, non somos o problema, somos a solución", os participantes proclamaron que "no rural caben todos" e reivindicaron o feito "histórico" da unión de máis de 70 organizacións de sectores que abarcaban desde o forestal até o cinexético.

Deste xeito, na mobilización, encabezada por Unións Agrarias, puxéronse de manifesto distintas problemáticas do medio rural, desde as consecuencias da última normativa sobre franxas forestais contra incendios, á Política Agraria Común ou o desprestixio social da caza.

Tanto o sector forestal como o agrario alertaron, en primeiro termo, da "preocupación" existente sobre a norma sobre limpeza de leiras e a ameaza de multas para os propietarios que non cumpran coas franxas de seguridade a partir do 1 de xuño.

Xosé Manuel Iglesias, o presidente do Clúster da madeira de Galicia, advertiu que "é imposible pór sobre as costas do habitante do rural a limpeza dun territorio que é de uso público, iso hai que xestionalo, ou xerando economía ou prestacións, nin con todos os recursos poderase executar o plan, nin nun prazo tan curto para limpar nin recoller".

Respecto diso, engadiu que no rural "hai persoas maiores traballando todos os días coa motoserra". "Aínda non sei como non se producen máis accidentes, a xente está preocupada, cren que vai haber denuncias, multas", engadiu.
Unha situación, derivada do novo prazo establecido do 1 de xuño, que asegurou que está a provocar "colapso na limpeza das leiras", porque o sector non ten capacidade para recoller a madeira que se está xerando.

Tamén desde Promagal, a federación de produtores de madeira de Galicia, o seu presidente, Ramón Reimunde, censurou a normativa da Xunta e, de forma concreta, as distancias establecidas, que tacha de "excesivas".

Especificamente, criticou as franxas "de 15 metros de protección nos ríos" e de 10 metros nas estradas principais. "Estamos moi preocupados polas distancias, as establecidas ás casas e núcleos urbanos son bastantes razoables e hai que defender iso, outra cousa son as estradas e os ríos, porque se hai lume, non van valer de nada", aseverou.

Como alternativa, propón que a administración "expropie" os terreos que se sitúan nas franxas das estradas, ao entender que, "se non, a Xunta se vai de rosiñas, pon unha lei e quen ten que pagar os custos é o propietario, que non pode producir madeira e ten que gastar diñeiro en rozar".

Ademais, a falta de explotación dos terreos que se sitúan nas franxas de protección das estradas e que suman, segundo as súas cifras, preto de 100.000 hectáreas en Galicia, provoca que non se obteñan "uns 50 millóns de euros".

 Desde Unións Agrarias, o seu secretario xeral, Roberto García, puxo o foco na reclamación dunha maior implicación da administración na defensa do sector rural, alertando de que "o gran inimigo do rural non son os pescadores, os cazadores ou os silvicultores, o gran inimigo do rural é o abandono" e que "a ausencia de gandeiros e agricultores, que son os que permiten que as vagas de lumes se poidan atallar".

O responsable de Unións Agrarias puxo tamén no punto de mira a negociación da Política Agraria Común na Unión Europea, esixindo que desde España se loite por manter "un status orzamentario no futuro da PAC", para evitar que en "Galicia se sigan pechando aldeas que xestionará o lume e o xabaril".

DEFENSA DA CAZA

Pero ademais dos sectores agrogandeiro e forestal, na manifestación déronse cita numerosos colectivos vinculados á caza en Galicia, que defenderon a súa historia "ancestral" e a súa vinculación ao medio rural galego.

"Os cazadores non votaremos a traidores" ou "Si á caza como deporte", foron distintos lemas que se puideron ver na protesta.

Coa súa presenza, denunciaron o "desprestixio social" da caza e reclamaron que se cumpran os seus "dereitos". "Consideramos que temos dereitos, como os doutros que van ao monte a por cogomelos ou a andar en bicicleta", explicou un dos participantes, Joaquín Soria.

PARTICIPACIÓN DO PORTAVOZ DO GRUPO SOCIALISTA

A mobilización tamén estivo apoiada polo portavoz do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que reivindicou que no rural poidan "convivir todas as actividades".

Preguntado sobre a socialista galega Pilar Cancela, que soa nas quinielas como posible Ministra de Agricultura do novo Goberno, sinalou que se trata "dunha competencia expresa de Pedro Sánchez".
"Espero que haxa presenza galega e que o goberno asuma unha axenda galega", resolveu."                  (Galicia Confidencial, 03/06/18)

27/3/18

El alcalde que se encerró para evitar que los vecinos se queden sin carretera. La vía comenzó a derrumbarse hace 25 años

"Desde que inauguró su encierro, hace ya una semana, votantes y no votantes, conmovidos, le llevan "mucha comida" al alcalde. Dice bromeando que si la situación se prolonga aún más tiempo va a "engordar tanto" que no va a poder "salir por la puerta" del Consistorio cuando ponga fin a esta reclusión voluntaria. 

En el Ayuntamiento ourensano de Vilamartín de Valdeorras (1.771 habitantes), el socialista Enrique Álvarez Barreiro duerme "poco y mal", y ni siquiera tiene una tele o una radio para entretenerse. 

Cuando empezó su protesta, día y noche dentro (sin asomarse más allá del umbral de la casa consistorial para saludar a la gente que lo visita), se pertrechó de una colchoneta y un saco pensando que la cosa se arreglaría "en dos o tres días". Pero la situación se ha ido alargando, y un amigo le ha llevado ya una cama pequeña y un colchón que han colocado en una oficina.

El gobernante local decidió vivir su propio aislamiento del mundo para solidarizarse con los también "incomunicados" habitantes de San Vicente de Leira, un pueblo del municipio donde todavía resisten sin emigrar a los ayuntamientos del valle 36 vecinos que entre todos superan de largo los dos milenios de edad. 

Ellos tenían una carretera asfaltada, la OU-0807, y ahora ya no la tienen. Ante los sucesivos derrumbes y el palpable peligro para la vida de las personas a las que daba servicio la infraestructura, la Diputación Provincial de Ourense, responsable del maltrecho vial, decidió cortarlo instalando entre gritos de protesta una valla fija que cruza a lo ancho, de arcén a arcén.
Desde que inauguró su encierro, hace ya una semana, votantes y no votantes, conmovidos, le llevan "mucha comida" al alcalde. Dice bromeando que si la situación se prolonga aún más tiempo va a "engordar tanto" que no va a poder "salir por la puerta" del Consistorio cuando ponga fin a esta reclusión voluntaria. En el Ayuntamiento ourensano de Vilamartín de Valdeorras (1.771 habitantes), el socialista Enrique Álvarez Barreiro duerme "poco y mal", y ni siquiera tiene una tele o una radio para entretenerse. 

 Cuando empezó su protesta, día y noche dentro (sin asomarse más allá del umbral de la casa consistorial para saludar a la gente que lo visita), se pertrechó de una colchoneta y un saco pensando que la cosa se arreglaría "en dos o tres días". Pero la situación se ha ido alargando, y un amigo le ha llevado ya una cama pequeña y un colchón que han colocado en una oficina.

El gobernante local decidió vivir su propio aislamiento del mundo para solidarizarse con los también "incomunicados" habitantes de San Vicente de Leira, un pueblo del municipio donde todavía resisten sin emigrar a los ayuntamientos del valle 36 vecinos que entre todos superan de largo los dos milenios de edad. 

Ellos tenían una carretera asfaltada, la OU-0807, y ahora ya no la tienen. Ante los sucesivos derrumbes y el palpable peligro para la vida de las personas a las que daba servicio la infraestructura, la Diputación Provincial de Ourense, responsable del maltrecho vial, decidió cortarlo instalando entre gritos de protesta una valla fija que cruza a lo ancho, de arcén a arcén.


Los vecinos "no pueden salir ni entrar", describe Jesús Dorado, el presidente de una asociación vecinal del mismo Ayuntamiento. "Y que no ocurra una desgracia", clama el alcalde: "Si tuvieran que acudir una ambulancia o los bomberos", no encontrarían forma de entrar. 

Desde hace unos días, tanto el panadero como el butanero han dejado de suministrar al pueblo, se niegan a utilizar una pista sin asfaltar, con una peligrosa pendiente sobre el río y curvas muy cerradas, de titularidad municipal, que se ha convertido en la única arteria que da oxígeno a los dos barrios que forman San Vicente.

La Diputación propone arreglar a su cargo esta ruta alternativa sembrada de socavones. Pero el alcalde está indignado: habla de situación "surrealista, rocambolesca", en la que hay "un pueblo con un problema muy grave" y el Gobierno de la provincia, por no "hacer nada con su carretera", traslada el tráfico "y de paso la responsabilidad" al "camino de tierra" del Ayuntamiento.

 La carretera provincial, trazada hace casi un siglo, empezó a colapsar "hace ya 25 años", relata el regidor. Los vecinos tienen bastante claras las causas, pero algunos piden callarlas, ser prudentes, y no señalar en público a nadie concreto. La cuestión es que aquellas montañas de la comarca que más pizarra exporta en el planeta se volvieron muy inestables con el tiempo. Según el alcalde, "se mueven y se van a seguir moviendo".

 El paisaje, salpicado de cráteres y derrumbes de las canteras, que trabajan con explosivos, deja que la nieve y la lluvia laman sus heridas infligiendo aún más daño en las úlceras. Invierno tras invierno, desplome tras desplome, últimamente a diario y sin que nadie desde un despacho pusiese freno, un tramo del vial quedó en el aire, colgado de la ladera, y las grietas se abrieron sobre el (mal llamado) firme como si un terremoto hubiera sacudido Valdeorras.

El malestar por la ruina de esta carretera sin pies en los que apoyarse viene de lejos. "Hace ya unos 15 años organizamos manifestaciones" frente a la Diputación, cuenta Enrique Álvarez. El conflicto de Vilamartín, lo mismo que el bastón de mando, fue heredado de su padre por el actual presidente del organismo provincial, José Manuel Baltar (PP)

La primera vez que se cortó la carretera por el riesgo de derrumbe fue en los tiempos de aquellas protestas, pero la necesidad empujó a los vecinos a retirar las vallas. "Ahora opino que es mejor que no lo vuelvan a hacer", reconoce el alcalde, porque si por usar esa ruta prohibida ocurriera alguna catástrofe "ellos serían los responsables".

A pesar de todo, ahora la Administración provincial tiene un proyecto para reparar la montaña y devolver la estabilidad a la carretera; en eso el alcalde no discute que "el hijo hizo más que el padre". Pero ese plan va para largo, por la dificultad de la obra y por el presupuesto, 13 millones de euros

Con su encierro, lo que pide Álvarez es "un compromiso serio" y "una solución de urgencia", provisional, para poder volver a usar esa carretera sin que los vecinos de San Vicente se conviertan en rehenes de los plazos administrativos y las obras faraónicas que habrá que acabar realizando.

Porque los años corren para la envejecida población de la montaña. "Mi padre nació en ese pueblo, yo viví allí", recuerda Enrique Álvarez. "Éramos 70 niños en el autobús escolar, cuando los inviernos venían todavía más duros que ahora". Poco a poco, para "no poner en riesgo a los hijos", muchos fueron marchando a las poblaciones más grandes del valle del Sil. 

Este jueves, el alcalde hará la primera pausa a su encierro porque está convocado a una reunión en la Diputación de Ourense. Los vecinos sabrán si ha conseguido su objetivo a la vuelta de la cita: si entra de nuevo en el Consistorio para calentar la comida en el microondas que le han prestado, será que la cosa no ha ido bien."                   (Silvia R. Pontevedra, El País, 14/03/18)

5/2/18

Galicia se echa a la calle contra la ley de salud de Feijoo

"Miles de personas han recorrido las calles de Santiago en la protesta central de la plataforma en defensa de la Sanidad Pública en Galicia, después de la celebración de numerosas manifestaciones en las cuatro provincias gallegas convocadas por SOS Sanidad Pública, para protestar contra la reforma de la Ley de Salud de Galicia

Tras la escala de recortes y reducción del presupuesto sanitario emprendida por el presidente de la Xunta de Galicia, siguiendo la estela emprendida por el gobierno central, presidido por Mariano Rajoy, que publicó El Plural en una radiografía de la sanidad en Galicia, donde se aseveraba que el gasto sanitario se había reducido en más de un 18% desde el año 2009. 

Ahora, durante la semana del 12 de febrero, se debatirá y previsiblemente aprobará, ya que el Partido Popular cuenta con mayoría absoluta en la cámara autonómica, el proyecto de reforma de la Ley de Salud de Galicia. Esta nueva legislación en materia de sanidad de la derecha gallega, no ha contado con la participación ni el consenso de ningún colectivo implicado.

Desamparo de la prevención de la enfermedad y la rehabilitación

Para analizar esta ley hemos hablado con el ex coordinador de la comisión de Sanidad del PSdeG y actual portavoz del ayuntamiento de Santiago del grupo municipal socialista, Francisco Reyes Santías. La primera reflexión que plantea es “porqué una ley, que fue aprobada en el año 2008 por el gobierno progresista de Pérez Touriño, pero que durante 10 años le ha servido al gobierno del PP, en estos momentos se quiera cambiar de una forma tan drástica”.

Este proyecto de ley da un giro radical al servico de salud existente, ya que la ley de 2008 amplió la definición de salud, hasta el momento reducida al aspecto físico, para ampliarlo a los psíquicos y sociales. La nueva ley “se aborda desde una perspectiva puramente asistencial, ignorando la promoción de la Salud, la prevención de la enfermedad, así como la rehabilitación del paciente y su reinserción”, categoriza Reyes.

Infravaloración de los hospitales comarcales de referencia

Las “Áreas de Salud”, esto es, las demarcaciones territoriales recogidas en la Ley General de Sanidad, que vinculan unos servicios mínimos de atención primaria y hospitalaria con un núcleo poblacional, se sustituirán por un nuevo término: “distrito”. Esta propuesta no está contemplada en la Ley General de Sanidad para las poblaciones que son atendidas por los hospitales de referencia comarcales, de modo, que los hará depender de los hospitales de mayor tamaño

Esto implica, afirma el portavoz “ una desigualdad territorial, ya que habrá una primacía de unas áreas sobre otras, al mismo tiempo que permitirá una mayor pérdida de presupuesto de los hospitales pequeños frente a los grandes”. 

Además, indica Francisco, vinculará “al personal que tiene asignada su plaza en un hospital determinado a todos los hospitales del área, es decir, un trabajador con plaza en el hospital de la de ciudad Lugo, puede verse obligado a trabajar en otro de la provincia”. 

 Para los pacientes, supondrá un copago añadido, asevera el socialista, ya que “obligará al traslado a los grandes hospitales, con el sobrecoste añadido que conlleva no solo para el enfermo, sino también para la familia”. De hecho este proyecto de ley ni siquiera menciona la Atención Primaria, tan solo “ incrementa el ‘hospitalismo’ del SERGAS (Servicio Gallego de Salud)”, categoriza el portavoz municipal.

Discrecionalidad y enchufismo laboral

Este nuevo modelo “universaliza la ‘laborización’ del personal, ya que permite el acceso al sistema a través de la libre designación, no como una excepcionalidad; al mismo tiempo que legaliza nuevos itinerarios profesionales, que podrían llegar a ser personalizados”, describe Francisco Reyes.

Reforma en los órganos de participación

La nueva ley plantea dos modificaciones en los órganos de participación, tanto de profesionales como de administraciones que tenían competencias en sanidad y que eran esenciales para la promoción, así como la prevención de la salud de pacientes y de la ciudadanía en general.

El primer cambio es que “ ya no se establece por ley quienes forman parte de esas comisiones de participación, es decir, qué asociaciones, organizaciones o instituciones, sino que lo deja a criterio arbitrario de la consejería por medio de un reglamento”, explica Reyes.

La segunda variación es que “ deja de recoger que entre las funciones de las comisiones de participación, se pueda analizar previamente ni con posterioridad un plan de salud, un contrato programa o los conciertos sanitarios antes de su aprobación, sino que solo lo puedan hacer con posterioridad, lo que significa que en la práctica no van a tener ninguna función de control o de evaluación y por lo tanto, habrá una falta total de transparencia”, argumenta el experto.

Por otra parte, hasta la fecha, la legislación del 2008 consideraba autoridades sanitarias entre otros a los inspectores médicos o a los alcaldes (para decretar una emergencia). Por el contrario, la nueva ley permite que los gerentes pueden ser autoridades sanitarias, esto es, personal que ocupan puestos de libre designación podrán hacer inspecciones e incluso abrir expedientes sancionadores. Ante esta tesitura, cabe preguntarse si estamos ante una ley mordaza del SERGAS.

Privatización de la investigación y de la innovación sanitaria

Si bien la normativa actual reconoce el derecho de la ciudadanía al conocimiento de toda la información disponible sobre sus enfermedades. El anteproyecto cede el control de la investigación y de la innovación de la sanidad pública a los laboratorios privados, aplicando el derecho a la propiedad intelectual para ceder los datos de los pacientes incluidos en los ensayos clínicos hasta que lo consideren oportuno. 

Pero esto no termina aquí, concluye Francisco Reyes, ya que “se crea la compra pública innovadora, esto es, la Xunta compra una innovación aún inexistente, que las empresas privadas se comprometen a llevar a cabo. Si el cometido sale mal se reparten las pérdidas y si sale bien la patente es para la industria”.

Llegados a este punto, lo único que nos queda por decir es que tras privatizar el cuerpo, Feijoo también ha logrado privatizar la mente."               (Raquel Álvarez, El Plural, 04/02/18)

22/1/16

“Volvemos ao mar porque hai que comer, mais non abandonamos a batalla”

"Levamos máis de tres meses batallando por un reparto xusto para o cerco”, lembra Andrés García, voceiro da Asociación de armadores do cerco de Galiza (Acerga), en referencia ao tempo de amarre da frota e campamento perante San Caetano. 

“Levamos dous anos, desde que se impuxo o novo Plan de Xestión”, afirma. Conversamos con el horas despois de que Acerga decidise nunha axustada votación en asemblea volver faenar e levantar o campamento

- Non foi unha decisión doada, supoño

- Non foi, non. Adoptouse porque hai que traballar, senón imnos ao mar non hai ingresos e foron moitos meses de amarre. Hai que saber o que pasa cada quen, os problemas que teñen: armadores empeñados, créditos que hai que pagar... E, ademais, hai outra cuestión a ter moi en conta, acabábase o dereito ao paro dos mariñeiros, e iso é toda unha responsabilidade. Se non hai ingresos, non podes comer.

- Non foi cansazo, logo, o que pesou...

- Nós imos seguir adiante, pelexando polo que é xusto. Volvemos ao mar mais non abandonamos a batalla. Agora haberá que traballar noutros aspectos, involucrando aos partidos, esperando a ver se a chegada dun novo goberno permite cambiar o actual plan de xestión, que é inxusto

- Decepcionoulles a actitude da Consellería do Mar e da Xunta?

- Totalmente. En ningún momento afrontou o problema. Intentou sempre derivar a solución a Madrid, como se non fose con eles. Tiñan que tomar exemplo do que aconteceu en Cantabria co cerco: alí estaban divididos, con intereses enfrontados, e o goberno cántabro reuniunos a todos e logrou atopar unha solución. Agora vaise xestionar a cota cántabra en conxunto. Algo así podía terse feito en Galiza e aforrariamos moitos problemas.

- Que lograron nestes meses de mobilizacións e reivindicacións constantes?

- Foron máis que uns meses, van ir dous anos, desde 2014 no que se implantou o Plan de Xestión. Que conseguimos? Pois visualizar un problema, que había unha inxustiza con gran parte da frota cerqueira galega. Logramos que, finalmente, a propia Xunta tivese que recoñecer ese problema e comezar a moverse, recoñecer que non pode ser que haxa un reparto tan desigual, con barcos con menos de 1000 quilos de tope e outros con ducias de miles.

- Mais iso non satisfai as súas demandas e peticións...

- Imos seguir loitando, desde logo. Imos recorrer xudicialmente e imos seguir a presionar e a movernos até lograr que se anule o reparto. Iso é o principal."             (Sermos Galiza)

23/12/15

Os gandeiros arrincan un compromiso a Carrefour e a Gadis para pagarlle máis polo leite

"A presión e as protestas fan efecto. Representantes da Plataforma na Defensa do Sector Lácteo Galego arrincaron este martes un compromiso de Gadisa para subir nun céntimo máis en xaneiro -tras o incremento de 2 deste mes- o prezo do leite da súa marca branca, así como etiquetar a orixe dos produtos lácteos.

O incremento no pagamento a Feiraco, o seu provedor, debería repercutir nas granxas e o acordo deberá ser ratificado polos produtores nas asembleas da Coruña, Lugo e Lalín, o que suporía un novo acordo con empresas distribuidoras, como o conseguido este luns con Carrefour.

Alcampo, con quen se está a negociar, e DIA serán agora obxectivo das protestas que os gandeiros comezaron hai case dúas semanas para que a suba no importe dos cartóns de leite, e que si repercute nos clientes, se vexa reflectido tamén no que reciben as granxas. Así, en Carrefour remataron os bloqueos na Coruña e Lugo logo do acordo alcanzado entre produtores e representantes da dirección estatal da empresa na urbe coruñesa.

Os tractores diríxense a Compostela para bloquear Mercagalicia, centro de distribución que emprega DIA, empresa á que presionan agora para que incremente tamén o prezo. Volverán á cidade que ocuparon durante días hai tan só uns meses.

A cadea de distribución comprometuse a crear unha marca branca galega que implique pagarlles aos produtores un mínimo de 33,8 céntimos por litro, unha medida que se aplicaría nun prazo de dous ou tres meses.

 Ademais, pactou un incremento inmediato de 2 céntimos nos pagamentos que fai a Leche Celta e Lactalis, as dúas firmas que a provén de marca branca. Un "plan de acción" destinado a desenvolver esa marca "exclusiva" de orixe galega e o incremento de 2 céntimos aos subministradores para que chegue ás explotacións. Todo, "en virtude" do acordo lácteo asinado en Madrid, segundo explicou a compañía francesa nun comunicado.

O incremento levarase a cabo a través dunha redución das marxes da cadea, sen aumento de prezo do leite no lineal e co traslado da suba directamente aos gandeiros no leite de decembro, que se cobra en xaneiro.

En canto á próxima creación desa marca galega, Carrefour segue o esquema de custos do estudo de valor da Interprofesional Láctea, polo que o leite que se venda no supermercado situarase nun mínimo dos 64 céntimos por cartón e permitirá unha remuneración para o gandeiro dun mínimo de 33,8 céntimos.

A suba inmediata acordada con Carrefour supón para os gandeiros unha boa medida a curto prazo, aínda que as solucións definitivas continúan sen chegar. No entanto, a Plataforma está a conseguir avances e importantes reaccións por partes de cadeas de distribución.

Uns días antes foi Vegalsa-Eroski quen anunciou a creación cunha nova marca branca, certificada co selo Galega 100%, que se venderá nos supermercados a 61 céntimos, 2 por riba doutros produtos semellantes, e que advertiron que repercutiría nos gandeiros.

Só uns días despois, o bloqueo a varios centros de Lidl tamén se levantara despois de que a empresa alemá se comprometese a crear unha marca branca para o mercado galego, tamén co selo Galega 100%, pola que se aumentaría en 2 céntimos o importe que lle pagaría á industria, un aumento que terá que ser trasladado aos gandeiros.

'Premio' ás tendas en Lugo

Ademais, representantes de Agromuralla reuníronse tamén con reponsables dos supermercados E. Leclerc de Lugo para acadar un acordo na mesma liña. A dirección do centro comprometeuse a subir 5 céntimos o prezo do leite daqueles cartóns que teñen o prezo máis baixo no seu lineal e tamén a que ese prezo chegue aos gandeiros. Os propios gandeiros comprobaron á tarde que si se incrementara o importe, polo que só falta comprobar que esa suba acaba por repercutir nas granxas.

Este grupo, organizado á marxe da Plataforma e dos sindicatos, prevé tamén visitar pequenas tendas de alimentación e "comprobar que venden marcas cun prezo que que cubra o custo de produción como mínimo", que teña no lineal por riba de 63 céntimos. A todas as queu cumprran colocaranlles un cartel que aclare que Aquí venden leite valorando o traballo dos gandeir@s, ademais de publicitalo nas redes sociais.

Por outra banda, a Organización de Produtores de Leite (OPL), que descartara mobilizarse durante a campaña electoral, "urxe" agora a "intervención do Goberno central" para que "se trasladen os beneficios das subas de leite nos lineais ao gandeiro e que ese compromiso quede por escrito". Así, esixen o nomeamento da figura do mediador para supervisar posibles irregularidades nos contratos. "                (Praza Pública, 22/12/15)

18/12/15

Os gandeiros manteñen os bloqueos aos hipermercados

"Os gandeiros galegos continúan coas mobilizacións ante as cadeas de distribución, bloqueando algún hipermercado e denunciando que empresas como Alcampo, Lidl, DIA, Eroski ou Carrefour ou non cumpren o acordo lácteo asinado ou seguen sen repercutir no gandeiro as subas de prezo que si notan os consumidores en cada cartón de leite.

No sexto día de protesta, a Plataforma na Defensa do Sector Lácteo Galego bloqueou o Eroski de Sarria cuns quince tractores e medio cento de gandeiros levaron a cabo unha "compra simbólica" de leite que foi doada ao Banco de Alimentos. 

Ademais, continuaron tamén co bloqueo que manteñen en Lalín das zonas de carga e descarga dos camións de Eroski e máis de Lidl, onde recibiron o apoio do alcalde lalinense, Rafael Cuíña, tal e como fixera xa nas tractoradas do pasado mes de setembro. 

Ao tempo, ducias de tractores seguen atrancando o paso nas áreas comerciais de Alcampo e Carrefour na Coruña, onde a falta dunha autorización administrativa impediu os gandeiros levar a cabo unha mobilización ante o Lidl do polígono da Agrela, algo que si prevían facer na mesma cadea de supermercados de Monforte de Lemos. 

Ademais, en Lugo, o colectivo Agromuralla -que actúa á marxe da Plataforma e das organizacións agrarias- mantén uns 300 tractores arredor da Muralla da capital lucense e continúa realizando tamén accións reivindicativas ante diversos hipermercados, xunto cunha asemblea que se celebrará a partir das 22 horas. 

Tanto uns como outros gandeiros reclaman a reacción da Xunta ante a súa "ruína" e o "roubo" ao que, segundo din, os someten as cadeas de distribución. Insisten nun compromiso por escrito destas para que cumpran co acordo lácteo, pero as empresas seguen sen aclarar por que esa suba de entre 3 e 5 céntimos en cada cartón só a nota o consumidor, pero non o prezo que as industrias pagan aos gandeiros, que seguen a cobrar de media 27 céntimos, por baixo dos custos de produción."              (Praza Pública, 15/12/15)

28/9/15

O sector lácteo asina o acordo sen o apoio de SLG nin Unións Agrarias

"O sector lácteo asinou finalmente un acordo no Ministerio de Agricultura sen o apoio das dúas principais organizacións agrarias galegas, UUAA e SLG, que teñen ademais a representación da maioría dos gandeiros no país. 

O pacto conta coa sinatura da industria, a distribución, cooperativas e Asaja pero non coa de UPA e COAG -onde se inclúen os dous sindicatos galegos- ao non atenderse as súas demandas de concretar o que é o prezo sustentable nin unha cobertura xurídica que permita sancionar a aqueles que non cumpran co acordado. 

Malia todo, a ministra Isabel García Tejerina destacou a unión de forzas de toda a cadea de valor para dotala "estabilidade e sustentabilidade" e destacou o "ambicioso" dun acordo que, segundo di, "traducirase en mellores prezos en cada tramo da devandita cadea de valor". "É un acordo do que estou seguro que todo o mundo se beneficiará, pero onde os maiores beneficiados serán os gandeiros de leite españois", dixo. 

Tejerina asegura que a industria se comprometeu a "reveter o beneficio aos gandeiros" e a facilitar os datos de venda e de cesión do leite líquido á distribución, ademais de prometer "un contrato tipo". O sector produtor, pola súa banda, tería asumido o compromiso de "organizarse". Mentres, desde o SLG, a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba -presenta na xuntanza- asegura que o texto asinado hoxe "non só non mellora a proposta inicial do 18 de agosto, senón que a empeora ao facer concesións ás industrias e distribuidoras".

Así, aclara que desaparecen as alusións iniciais a prezos que cubran os custos de produción e se substitúen por algo tan vago como que os pagamentos das industrias “contribúan á sostenibilidade das explotacións”. 

Tampouco se garante a recollida do leite producido, mentres que no borrador de agosto si que se propoñía un compromiso de fixar un contrato tipo de compravenda que garantise ao gandeiro que ll recollerían o produto "a un prezo que permita a súa sostenibilidade e acorde co mercado, de polo menos un volume de leite equivalente á produción do gandeiro no último ano”. No documento asinado este mércores, desaparece a referencia temporal de finais de setembro e calquera referencia a garantir a recollida do leite, tal e como denuncia o SLG. 

"Non garante un prezo remunerativo que, como mínimo, cubra os custos de produción. Trátase dun documento que non concreta nada e que segue confiando a súa validez á boa vontade das industrias e das distribuidoras, esa mesma boa vontade na que se basea a Lei da Cadea Alimentaria que se supuña amparaba tantos miles de granxas que hoxe están ao borde da ruína", insiste Vilalba, que recorda que tanto o SLG como a COAG cren "absolutamente imprescindible" que o acordo vaia acompañado das suficientes garantías de cumprimento por parte dos axentes que o subscriban. 

"E iso só é posible se hai un marco legal e un réxime sancionador que obrigue os operadores a cumprir cos compromisos asumidos", di. 

Desde Unións Agrarias-UPA, Román Santalla admitiu o "interesante" dalgúns aspectos do acordo para o sector, pero lamenta que non se fose máis aló aplicando un réxime sancionador e definindo con claridade o prezo sustentable. 

De feito, asegurou que o seu sindicato non dubidará en sumarse a el de considerarse estas demandas, pero critica que o texto recolla a posibilidade de novas adehsións de industrias e distribuidoras, pero non de organizacións de gandeiros, algo que cre "inxusto e ilóxico", polo que piden á ministra que "non rache pontes". "Precisamos sinais de boa vontade por parte de industria e distribución que restablezan a confianza perdida na cadea láctea", dixo. 

Así, un e outra organización cualifican o acordo de "decepcionante" e remítense á nova asemblea que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego celebrará en Compostela este venres 25. Estudarase alí o acordo e decidirase a que postura unitaria se chega, non descartándose novas mobilizacións nas vindeiras semanas. 

Para a ministra, as peticións de UUAA e SLG non son posibles porque "o que non é legal non se pode facer" e insiste na imposibilidade de fixar prezo ningún malia asegura que "o prezo sustentable está contemplado". 

"Este acordo é tan ambicioso como o ordenamento xurídico español nos deixa. As sancións só se poden facer por norma, por iso non puideron ser contempladas. O importante é a presenza masiva da distribución e da industria onde os principais beneficiados son os gandeiros españois", insistiu. 

Segundo o Ministerio, a distribución alimentaria comprométese a valorizar o leite e os produtos lácteos, impedindo que se usen como produto reclamo, mentres que a industria e a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) asegura que aplicará nos seus contratos prezos e volumes de compra que, en concordancia coa evolución do mercado, contribúan á sustentabilidade das explotacións.

O acordo foi asinado na sede do Ministerio polas empresas galegas Leite Río, Feiraco, Celta, Gadisa e Froiz, ademais de por Aces, Anged, Asedas, Ahorra Más, Alcampo, Carrefour, Condis, Consum, Covirán, El Corte Inglés, Hipercor, Supercor, Eroski, Euromadi Ibérica, Dia, Grupo IFA, Lidl, Mercadona, Grupo Miquel, Musgrave, Más y Más, Simply, Fenil, Clesa, Dhul, Calidad Pascual, Capsa Food, Central Quesera Montesinos, Coinga, Covap, Danone, El Buen Pastor, Lactalis, Hijos de Salvador Rodríguez, Reny Picot e Industrias Lácteas Monteverde.

Ademais, tamén o asinaron Iparlat, Kaiku, Lácteas del Jarama, Lácteas García Vaquero, Lácteas Toledo, Leche Gaza, Mantequerías Arias, Mondelez International, Nestlé, Palancares Alimentación, Postres y Dulces Reina, Queserías Entrepinares, Queserías Lafuente, Quesos Aldonza y Don Ismael, Schreiber, Coopertia lechera de Cadí, Queserías Rocinante, Láctesa Flor de Burgos, Cooperativas Agro-alimentarias e Asaja.

O acordo entrará en vigor aos dez días da súa sinatura e o cumprimento realizarase atendendo á normativa regulador do dereito á competencia, polo que quedarán a salvo as competencias instrutoras e resolutorioas, no seu caso, da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, que esta mesma semana defendía a venda a perda en determinadas circunstancias. "                  (Praza Pública, 23/09/2015)