Mostrando entradas con la etiqueta Pesca: desastre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pesca: desastre. Mostrar todas las entradas

29/8/22

Se o peixe se lle paga a 0,50 ao mariñeiro e logo ese peixe está a 5 euros ou 7 na plaza non é por culpa da subida da temperatura... Se certas zonas apestan por vertidos ou hai espuma ou praias non son recomendables para o baño por contaminación, non é pola subida da temperatura... Senón hai relevo no mar en moitas embarcacións é porque non hai peixe suficiente para a precio de risa xerar salarios dignos á actividade cos gastos polas nubes

Rogelio Santos Queiruga @QueirugaRogelio

Se o peixe se lle paga a 0,50 ao mariñeiro e logo ese peixe está a 5 euros ou 7 na plaza non é por culpa da subida da temperatura. Se certas zonas apestan por vertidos ou hai espuma ou praias non son recomendables para o baño por contaminación, non é pola subida da temperatura.

Se collen a varios mariñeiros levando 40 kilos de marisco para terra a maiores do permitido, ou 5 mil bañistas colle cada un un kiliño de ameixa para o arroz, non é culpa da subida da temperatura. Se hai mascarillas e bolsas pululando polo océano non é culpa do cambio climático.

Senón hai relevo no mar en moitas embarcacións é porque non hai peixe suficiente para a precio de risa xerar salarios dignos á actividade cos gastos polas nubes.

Hai cambio climático no planeta e aféctanos tamén ao cerebro. Se fai calor, non poñas o abrigo.

10:18 a. m. · 23 ago. 2022 de Porto do Son, España
27 Retweets 106 Me gusta

31/3/21

En Galicia non tiramos aos observadores mariños, xornalistas, investigadores, ongs, nin aos inspectores da Xunta e á Garda Civil pola borda tras asesinalos... e non, o 40 % da basura mariña non provén da pesca. O 80 % da basura e contaminantes no mar proveñen de terra

Rogelio Santos Queiruga @QueirugaRogelio

 En Galicia non tiramos aos observadores mariños, xornalistas, investigadores, ongs, nin aos inspectores da Xunta e á Garda Civil pola borda tras asesinalos, e no noso caso concreto sempre son ben recibidos na Milena. O certo é que os temos en estima.

O digo por un documental que está sendo moi comentado de Netflix, sobre a pesca.
Non, o 40 % da basura mariña non provén da pesca. O 80 % da basura e contaminantes no mar proveñen de terra. Os mariñeiros non somos mellores que o resto da poboación por natureza en canto a esto:

Simplemente a xente en terra é máis. Non hai máis que ir a moitas praias ás 7 da mañán tras San Xoan. Non hai máis que ver os grandes ríos europeos na desembocadura ou que ata os máis pequenos perderon as troitas. Non hai que ir moi lexos para ver como está o aire en Madrid....

Non solo é a auga, é tamén o aire a terra e a auga. As xeneralizacións e o sensacionalismo non están ben. Con todo, os crímenes concretos e as prácticas malas e pouco sostibles está moi ben que se mostren e condenen, pero é mellor poñer exemplo e perseguilo.

Perseguir o que se fai mal, me refiero. 

10:33 a. m. · 29 mar. 2021 de Porto do Son, España
11 Retweets 2 Tweets citados 55 Me gusta

29/3/21

A pesca artesanal da Costa da Morte secundou a folga contra a criminalización do sector por parte da UE... “non somos delincuentes”

 "Día histórico de folga no mar galego, este venres 26 de marzo. Poucas folgas globais se lembran na baixura galega, e practicamente todas as confrarías do país permaneceron pechadas. 

Na comarca só saíu traballar Corcubión, a única que non quixo sumarse ás mobilizacións en contra da criminalización do sector por parte da UE, coa aprobación da modificación da Regulación de Control da Pesca, pola cal todas as embarcacións terán que ter un sistema de xeolocalización, de videovixilancia e un diario electrónico de abordo.

Unha Regulación pensada para a gran flota industrial, sendo as pequenas embarcacións da pesca artesanal as que sofren as consecuencias das malas artes da altura. Esa é precisamente a problemática de fondo de todos os problemas dende hai unha década, que se exemplifica perfectamente coa implatación de cotas e TACs: a falta de diferenciación entre a pesca artesanal de baixura e a pesca industrial, que debería provocar a exclusión das pesca artesanal das cotas

”Non nos opoñemos ao control, de feito somos o sector máis controlado”, matizan os mariñeiros, “pero non somos delincuentes”, sinalan os mariñeiros, que mantiveron as lonxas pechadas.

 Moi contentos quedaron en Malpica, onde houbo un 100% de seguimento da folga e unha marea de barcos percorrendo a costa, contando mesmo co apoio dalgún cerqueiro, volanteiro ou palangreiro, que se uniron ás protestas da curmá pequena, a baixura.

En Fisterra tamén houbo un amplo seguemento da folga (algúns aproveitaron para facer as típicas labores de fin de semana), pero non houbo concentración nin saída ao mar. En todo caso, quedaron algo descontentos polos 4 barcos (dos 70 e pico de flota artesanal que hai no pósito) e os barcos grandes que si saíron ao mar. Uns barcos de altura que se ben xa teñen diario electrónico, tamén están afectados polas videocámaras.

En portos como o de Muxía, os mariñeiros deixaron os barcos amarrados e se concentraron ás portas da Confraría, acompañados por grandes pancartas.

Semellante foi a folga en Camelle, onde “todos arrimamos o hombreiro”, facendo unha concentración ás portas do pósito.

Noutros como o de Muros, onde tamén houbo un seguemento maioritario, os barcos saíron e fixeron algo de balbordo para compartir o seu cabreo coas administracións.

Fermosa estampa a vivida en Laxe, onde por exemplo, ademais de aproveitar para facer o seu chamamento ”Polo Futuro da Pesca”, lembrándolle á UE as súas erróneas políticas para salvar o sector, se viviu a unión da ría coa visita dos barcos de Corme. Xuntos fixeron soar as bocinas por toda a ría."               (Qué pasa na costa, Ubaldo Cerqueiro, 26/03/21)

10/10/19

O futuro dos pescadores artesanais galegos... máis de tres mil barcos á deriva

"A flota artesanal séntese discriminada. É sustentable segundo a maneira de traballar. O perigo está en que os prezos non son competitivos, como si son os da pesca industrial, e falar de vedas e reservas mariñas para recuperación de especies é complicado. De feito, esta flota considera os topes de capturas unha mala práctica e temen polo futuro de máis de tres mil barcos.

 A pesca artesanal é a que se fai con artes tradicionais que non teñen evoluído tecnoloxicamente de maneira destacable. Esta actividade é a que se fai perto da costa e economicamente en Galicia supón unha porcentaxe do PIB galego do 11% incluído o marisqueo en 2018, datos que aparecen no informe sobre a pesca en Galicia realizado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, mais o peso económico da pesca en Galicia está na flota de altura e na industria conserveira.

O sector vive nun momento en que non sabe se continuará a súa actividade de aquí a uns anos ou decenios. Un motivo desta situación sería a falta de man de obra. O interese de novas xeracións para pescar decae ante o escaso rendemento económico das capturas. Aínda así, considérase que a pesca artesanal é un factor clave no desenvolvemento de e vertebración territorial. Isto tradúcese en postos de traballo directos e indirectos dentro do sector onde está asentado.

A PESCA ARTESANAL


“Definir a pesca artesanal non é doado, mais eu diría que é  a arte en que incide directamente a man de obra” di Roberto Rodríguez de Artesáns da Pesca, organización sita en Ribeira. “Son respectuosas co medio e coas especies, con todo, tamén se pode dar o mal uso da arte de pesca e non ser sustentable, que é un requerimento da pesca artesanal”. Por outra parte, tamén segundo os medios, a diferencia coa pesca industrial, a potencia das embarcacións marcaría tamén unha diferenza notable entre as dúas concepcións pesqueiras. Os límites para “artes menores” son 16 metros de eslora e 225 cabalos de potencia.


“A pesca artesanal é unha pesca sustentable, unha pesca que crea emprego directo e indirecto, multiplicaríase a cantidade e calidade do peixe no mercado grazas a ela” di Pepe Rodríguez, patrón maior de Corcubión.
 
O factor determinante moitas veces é a man de obra abordo en artes menores, porque os aparellos ou as artes, a man de obra é imprescindible. Mais hoxe en día, ademais do escaso interese das novas xeracións para a actividade pesqueira, a concesión da licenza de mariñeiro é complicado. “Tes que ter un número elevado de cursillos que pagas do teu peto, hai xente que non ten ese diñeiro e non pode acceder á profesión” di Rodríguez, “o que non me parece correcto é que persoas que fixeron cursiños hai vinte anos e non fan reciclaxe”.


A sustentabilidade da pesca artesanal é un punto que a define, non obstante, hai momentos en que, como hai un ano e pico, houbo que parar a pesca de sardiña por falta de peixe” di Xandro García, do colectivo ecoloxista Verdegaia. A interpretación é que as artes menores, ou pesca artesanal, pode esquilmar recursos tamén, mais apúntase como un motivo a mala utilización desas artes cando diminúe o número de capturas. “Non é a que ten máis impacto medio ambiental e eu creo que si ten futuro” di García.

DEFENSA DA PESCA ARTESANAL


O número de embarcacións que traballan dentro deste tipo de pesca en Galicia, superan os 3.000 barcos. Todos eles vense influídos polos TAC (Tope Admisible de Capturas) que establece a UE para algunhas especies peláxicas. “A xarda está suxeita a un TAC, o arrastre en todo Cantábrico e Noroeste creo que non chega a 70 embarcacións agora mesmo e ten un terzo de cota de toda a xarda” apunta Roberto Rodríguez que sinala a contradicción de que “a flota artesanal, a máis numerosa e maior número de tripulantes, anda polas mesmas porcentaxes”.


Hai falta de interese en protexer esta flota? “Hai intereses económicos que non pensan en pequenas empresas, o que pedimos é un reparto máis xusto” di Pepe Domínguez. Os intereses económicos en pesca van desde a influencia de empresas pesqueiras ata as políticas pesqueiras nacionais e internacionais.
A necesidade de protexer a pesca artesanal tamén pasa por rebaixar a incidencia da pesca industrial. “A flota artesanal galega faena perto da costa e ademais, emprega moita xente, cada barco que sae pescar sardiña é unha empresa” di Xandro García, “e esa embarcación pequena deixa máis pegada social que un barco de altura onde o beneficio vai para un armador que ao mellor non ten saído nunca ao mar”.


A potencia e envergadura dos barcos de arrastre fronte aos artesanais, permite unha maior captura. Iso tradúcese na diminución dos bancos pesqueiros. “Para a provincia da Coruña tiña un tope de 300 quilogramos por semana de xarda, cos prezos que se pagan á pesca artesanal, con 300 kg non vives, ao mellor si con 500” di Rodríguez. Unha solución para os pescadores artesanais sería a eliminación de TAC. Ademais, a pesca artesanal é pasiva, é dicir, non se decide cando e onde ir pescar o día que se embarca, pois dependen das condicións metereolóxicas. Non así a pesca industrial que vai dirixida sexa cal for a condición do mar.

SELO DE CALIDADE


Sería posible que desde a política pesqueira común se aplicase unha sorte de discriminación positiva para a pesca artesanal? Existe un exemplo, os “under ten”, barcos británicos que non teñen cota cando o Reino Unido queda sen cota. En Galicia hai iniciativas aínda en primeiras fases, para recadar apoios para que a flota artesanal non se vexa afectada polas cotas. A isto sumarlle tamén os “descartes”, aquelas especies que non se van pescar e que deben ser devoltas ao mar. O descarte en tempos servía para a venda en B de peixe.


A colocación dun selo de calidade podería ser tamén un factor que axudase á pesca artesanal. “Hai unha iniciativa que é “Pesca de rías” que agora mesmo depende do que cada confraría entende como sustentable ou non sustentable” di Roberto Rodríguez. Para Rodríguez aplicar este tipo de selos debería ser máis específico “porque debería levar o nome de quen pescou, porque a maioría dos que compran a pesca son xente que nos coñece, esa é a garantía”.


“Para este tipo de pesca non estaría de máis un selo de calidade, a cuestión é que para aplicalos hai que chegar a acordos, iso pode levar tamén restriccións” di Xandro García. “Os selos de calidade benefician un produto, din que está capturado dunhas determinadas características”.

VEDA E RESERVAS MARIÑAS


As vedas son unha cuestión polémica porque supón parar a faena e non poder pescar, por tanto falta de ingresos. A súa aplicación pode ser un camiño para recuperar recursos, con todo, insistir na polémica que desatan ás veces.


Outro punto que se tratou para a preservación da materia prima para flota artesanal foi a creación de “reservas mariñas”, zonas acoutadas para preservar recursos pesqueiros onde aplican unha lexislación especial de cara a diminuír o traballo pesqueiro en áreas de alto valor pesqueiro e ecolóxico. En teoría son zonas protexidas para a reprodución e cría que permita a recuperacións dos recursos. “Estou a favor das reservas” di o patrón maior de Corcubión, Pepe Domínguez, “estou en contra das malas reservas que se fan cun único interese económico”. Domínguez menciona as reservas de Lira e Cedeira. “Costoulle á Xunta de Galicia tres millóns de euros a de Lira, son creadas con intereses económicos particulares e se a cousa non sae ben, deixan as confrarías empeñadas”.

A parte negativa que se lle ve ás reservas é que “aos que pescan con liña e anzó, aplícaselles a lexislación da reserva, mais os grandes arrastreiros poden pescar libremente a tres ou catro millas da reserva” di Domínguez. Sobre o reparto de capturas, Domínguez explica que “se de tres millóns de quilos de sardiña, un vai para o arrastre entre sesenta e setenta barcos no noroeste, outro millón o cerco que son 140 barcos e o millón que queda vai para toda a flota do Cantábrico-Noroeste, o 40% dese millón lévao só Cantabria e logo unha parte moi miuda Galicia” e todo isto “sendo 3.000 barcos en pesca artesanal, por que nos tratan así?”              (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 04/10/19)

6/10/14

O ‘xeito’, arte tradicional de pesca coa que faenan 428 barcos galegos está condenado a desaparecer a partir do 1 de xaneiro por mor dunha proposta da UE

"José Antonio Ordóñez é mariñeiro e de Rianxo. “Dous motivos para encher o peito”, como dirían no Berberecho, A Confraría, Pachoco, O Taberneiro, ou calquera dos outros bares que inzan a zona máis próxima ao porto da vila de Castelao. José Antonio Ordóñez e centos de mariñeiros máis de Rianxo e outros portos galegos (Cabo de Cruz, A Illa,...) poderán quedar no peirao a partir do 1 de xaneiro de 2015, dentro de 3 meses.

 Son os mariñeiros que faenan ao ‘xeito’, arte tradicional de pesca para a que teñen licencia 428 barcos en Galiza, 116 deles en Rianxo, onde este aparello de enmalle é parte indisolúbel da economía e da identidade da vila. Desde o produto estrela do seu mar (a sardiña e a xouba do xeito, ) até as embarcacións tradicionais (a xeiteira) ou mesmo as cancións (‘Rianxo, pájaro pinto’).

 “Aquí ao xeito andouse toda a vida, na casa aínda teño as redes que fixera a miña aboa a man, de algodón e que había que secalas e encascalas” lembra Ordóñez, décadas de mar ás costas. A problemática xa chegou ao Congreso español da man dunha pregunta do Bloque Nacionalista Galego.

É o final do ‘xeito’, arte coa que se traballou aquí desde o século XIX polo menos?

É a primeira vez que nos vemos nunha destas, nunca na historia, nunca pasara algo así. Primeiro, prohíbennos pescar sardiña ao acabar a cota para o cerco o que nós, arte tradicional, nunca nos afectara. E, por riba, enterámonos que hai unha proposta unha Unión Europea para a partir do 1 de xaneiro de 2015 prohibir o enmalle, por ser unha arte de enmalle á deriva. 

Pero se non temos nada a ver, nada de nada coas volantas ou as chamadas ‘cortiñas da morte’!!. Nós non arrasamos o mar!!! Esta arte xa se traballaba aquí antes da chegada dos cataláns coas fábricas (finais do XIX). É a lei de Murphy do mariñeiro: se algo vai mal, pode ir aínda peor.

Pero non hai posibilidade de reverter iso?

Niso estamos. E que é incomprensíbel todo isto. Polo menos estamos a recibir apoios: de todos os partidos, de todos os sectores do mar, das confrarías... este mércores temos reunión coa conselleira do Mar e aí pensamos sacar algo, porque isto non pode ser. Barcos amarrados, xente sen traballar... e non ten ningún sentido!! Que collemos nós? Cada barco unhas caixas con sardiña e xouba, algún bocareu... antes aínda viñan tranchos mais agora nin tranchos hai.

E en Rianxo como se está a vivir o problema?

Había que darnos unha medalla á paciencia. O que estamos a aguantar aquí é fóra do común. Na vila hai preocupación, claro, moita. A xente quere unha implicación e un apoio porque estamos todos afectados... Espero que da xuntanza coa conselleira saia algo en limpo, senón haberá que pensar noutras cousas.

Que cousas?

Mira, eu quero crer que esa decisión de non nos deixar pescar sardiña e de nos prohibir andar ao ‘xeito’ a partir de xaneiro é por ignorancia, por non saber; e non por mala fé. Quero pensar iso. Porque se non....

Aquí a maioría dos xeiteiros traballamos nesta arte de abril a novembro, un sete meses ao ano. Imaxina que se acaba iso. Ti imaxina. Nunha zona onde non hai outra cousa que o mar. Imaxina, repítoche, que quitan iso. E agora, que?"     (Sermos Galiza, 01/09/2014)