Mostrando entradas con la etiqueta ESPECULACIÓN DE LA VIVIENDA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESPECULACIÓN DE LA VIVIENDA. Mostrar todas las entradas

25/10/24

O primeiro "aloxamento compartido" da Xunta estará nun terreo onde Feijóo cancelou 40 pisos para mocidade... O proxecto paralizado hai unha década prevía pisos de promoción pública de entre 40 e 50 metros en réxime de alugueiro por 110 euros ao mes sen opción de compra para mocidade con rendas baixas. Para cancelalo a Xunta e o goberno local do PP ofreceran todo tipo de argumentos: que era mellor trasladar a vivenda protexida ás aforas da cidade, que ese tipo de pisos nese lugar sairían máis caros ou mesmo que o proxecto "supoñía a construción de pequenos apartamentos, non de vivendas"... Máis dunha década despois, este martes os actuais conselleiros de Vivenda e Xuventude expoñeron argumentos opostos... "Temos esta parcela, ninguén entendería que a Administración teña esta parcela parada"... pero a parcela xa a tiña a Xunta, a mocidade sempre tivo necesidade de emancipación, o Goberno galego do PP sempre tivo dende 2009 maioría absoluta para crear aloxamentos compartidos (David Reinero)

 "En Santiago, nunha parcela que deixou libre a construción da biblioteca pública Ánxel Casal, na avenida de Xoán XXIII, o último Goberno de Manuel Fraga planificou a construción dun edificio de vivendas de promoción pública para alugueiro á mocidade. O seguinte goberno de coalición de PSdeG e BNG, con Teresa Táboas como conselleira de Vivenda (2005-2009), desenvolveu a idea e proxectou 40 pisos de entre 40 e 50 metros cadrados. 

Cando Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia da Xunta en 2009, o novo gabinete do PP apresurouse en presentar o proxecto como propio, substituíndo no valo que anunciaba a obra os logotipos do anterior Goberno polos do novo. Mesmo chegou a adxudicalo. Pero,en plena vaga de recortes deu en frealo e en 2014, co Concello de Santiago tamén gobernado polo PP, cancelouno por completo.

Agora, unha década máis tarde, o Goberno de Alfonso Rueda decidiu que xusto nesa parcela sexa onde se levante o primeiro aloxamento compartido para a mocidade que impulse a Xunta. "Vai ser unha iniciativa novidosa", salientaron este martes os conselleiros de Vivenda e Xuventude, María Martínez Allegue e José López Campos, que tentaron distanciarse do anterior proxecto tamén para a mocidade que podía estar en servizo desde hai máis dunha década.

O proxecto paralizado hai unha década prevía pisos de promoción pública de entre 40 e 50 metros en réxime de alugueiro por 110 euros ao mes sen opción de compra para mocidade con rendas baixas. Para cancelalo a Xunta e o goberno local do PP ofreceran todo tipo de argumentos: que era mellor trasladar a vivenda protexida ás aforas da cidade, que ese tipo de pisos nese lugar sairían máis caros ou mesmo que o proxecto "supoñía a construción de pequenos apartamentos, non de vivendas", como chegara a responder oficialmente ao Parlamento. Segundo esa última argumentación, os pisos para mozos e mozas dese tamaño "só dan resposta temporal á demanda de vivenda" e "implicaba excluír dos mesmos a todas as familias con fillos inscritas no Rexistro de Demandantes".

Máis dunha década despois, este martes os actuais conselleiros de Vivenda e Xuventude elixiron o interior da biblioteca Ánxel Casal para expoñer argumentos opostos. A carón do terreo en cuestión, Martínez Allegue e López Campos anunciaron con solemnidade, e como se alí non houbese previsto nada anteriormente, que nese lugar se erguerá "o primeiro" dos "aloxamentos compartidos" temporais que a Xunta quere impulsar para mozos e mozas menores de 36 anos.

Serán agora uns 70 aloxamentos dun mínimo de 30 metros cadrados, con espazos comúns, tamén en réxime de alugueiro por un máximo de 3 anos que se outorgarán en función da renda e outros criterios. Segundo o estipulado na lei de acompañamento dos Orzamentos para 2025, a estancia poderá prorrogarse ata sete anos en certos supostos e nestes espazos tamén poderán residir "unidades de convivencia" se cando menos un dos seus membros ten menos de 36 anos.

As razóns da mudanza década e media despois

E, por que agora a Xunta retoma a idea de Fraga e do bipartito de facer alí pisos de alugueiro para a mocidade? Responde dubitativa a conselleira de Vivenda: "Efectivamente había un proxecto para a construción de pisos, non desta modalidade de aloxamentos compartidos, e desbotouse naquel momento pola situación na que se estaba. Agora que temos esta parcela, que temos esa necesidade de emancipación e que temos esa posibilidade realizada agora [na lei de acompañamento dos Orzamentos] que permite estes aloxamentos compartidos con eses espazos comúns, é o que imos facer agora nesa parcela", di Allegue. 

Pero a parcela xa a tiña a Xunta, a mocidade sempre tivo necesidade de emancipación, o Goberno galego do PP sempre tivo dende 2009 maioría absoluta para mudar a lei e crear aloxamentos compartidos, e hai dez anos o argumento ofrecido para cancelar o anterior proxecto foi que un apartamento para mozos ou mozas non era unha vivenda. A resposta agora chega de xeito máis extenso do conselleiro de Cultura e Xuventude: "Agora mesmo temos unha política de vivenda bastante ben deseñada".

"Estamos poñendo en marcha distintas iniciativas en materia de vivenda en Compostela e noutras cidades que nos permiten pensar nesta terceira alternativa, unha vía intermedia entre a vivenda tradicional pública en venda e a vivenda en alugueiro. O que pretendemos con este modelo é facer vivendas con espazos comúns que nos permiten que onde antes se podían facer 40 hoxe case esteamos pensando facer o dobre de vivendas, o que nos permitiría en menos tempo poñer máis vivenda no parque de vivenda de Compostela. Creo que é unha decisión acertada", abondou o conselleiro.

López Campos mesmo asegurou que o anterior proxecto cancelado era "unha vivenda illada" pero que "agora é unha actuación máis global e máis integrada na cidade" que "tamén vén dar resposta a esa necesidade de autonomía que tamén ten a xente moza, que busca espazos máis versátiles con zonas comúns". Tras o acto publicitario dos conselleiros na biblioteca, fontes do Goberno galego restaron importancia á cancelación hai unha década da iniciativa de Fraga e o bipartito. "Aquilo era outro proxecto", din, mentres que agora "o importante é que se vai facer"

"Temos esta parcela, ninguén entendería que a Administración teña esta parcela parada", engaden as mesmas fontes do Executivo, que a única resposta que dan a que esa parcela deixe de estar parada máis dunha década despois é que "é mérito de Rueda". En 2020 co actual presidente na vicepresidencia da Xunta e con competencias en materia de Turismo, a Xunta do PP acordara co consistorio compostelán, na altura encabezado polo socialista Sánchez Bugallo, converter a parcela en xardín "cara ao Xacobeo 2021" coa finalidade de "reducir o impacto visual" na contorna, moi transitada por peregrinos e turistas."         (David Reinero, Praza.Gal, 23/10/24)

6/8/24

Rueda anuncia 700.000 euros de subvención para un edificio de pisos turísticos no centro de Vigo... a axuda está enmarcada no reparto de fondos Next-Generation da Unión Europea destinados ao turismo... Faino malia que Vigo é a localidade con maior número de vivendas turísticas rexistradas, unhas 1.800, tras aumentar un 160% só nos dous últimos anos, e malia ás dificultades da cidadanía para acceder a unha vivenda habitual

"Adiantoullo o Goberno galego a Faro de Vigo e publicitouno este luns tras o Consello da Xunta o propio presidente, Alfonso Rueda. O Goberno galego vai subvencionar con 700.000 euros a unha empresa para rehabilitar un edificio do céntrico Paseo de Alfonso XII de Vigo para destinalo "exclusivamente" a pisos de uso turístico. Faino malia que Vigo é a localidade con maior número de vivendas turísticas rexistradas, unhas 1.800, tras aumentar un 160% só nos dous últimos anos, e malia ás dificultades da cidadanía para acceder a unha vivenda habitual.

Segundo Rueda, a axuda está enmarcada no reparto de fondos Next-Generation da Unión Europea destinados ao turismo. Neste caso a Xunta enfocou as subvencións a grandes proxectos ligados ao Camiño de Santiago, nomeadamente do Camiño Portugués, que a levan a axudar tamén a outras empresas que queren rehabilitar para uso turístico o mosteiro de Oia (4 millóns de euros de subvención) ou dous faros en Baiona (412.000 e 165.000 euros).

No caso de Vigo, Rueda asegura que o edificio a rehabilitar para vivendas turísticas estará ligado ao Camiño porque os promotores, Fyneko Real State Investment Trust, buscan "colaborar con empresas de restauración da zona" e de turismo activo ligado á peregrinación. No edificio rehabilitado, nas proximidades do polémico proxecto urbanístico do Barrio do Cura, crearanse un total de dez apartamentos turísticos ademais de zona de recepción e lavandaría.

As novas vivendas turísticas subvencionadas pola Xunta van sumarse a un parque de pisos turísticos xa rexistrados legalmente en Vigo que eleva a preto de 1.800. Só entre xaneiro e xullo deste ano rexistráronse na cidade 198 novas altas, e nos dous últimos anos o incremento foi do 160%. Ademais, na zona da cidade na que se acometerá esta nova obra os pisos turísticos aproxímanse xa ao 10% do total de vivendas existentes."              (David Reinero, Praza.gal, 05/08/24)

4/6/24

Esquivar guiris ocupa a maior parte do meu tempo libre... Pero tranquilxs, este non é un artigo máis sobre o 'tourist go home'. En absoluto, este artigo, moi contrariamente, vén constatar que, cando menos no meu caso, levo xa tantos anos seguidos sentindo que a cidade na que vivo é dos turistas, que acabei por crer que o equivocado son eu... Nestas cidades que lles pertencen xa aos turistas, hai quen dixo que se seguía o modelo do donut: cun centro baleiro de servizos convertido en parque temático. Eu diría que agora mesmo se trata máis ben dun burato negro capitalista e salvaxe... a xente será expulsada á vila dormitorio que mellor se axuste ao seu salario, compartirá apartamentos con mal mantemento ou mudará de cidade. En fin, penso que non é necesario explicar por que cada vez máis isto parecen os xogos da fame

 "Este artigo comeza así: pecha un negocio no casco vello. Ou non, esquezan iso, non pecha. Prefiro que ninguén me reproche sentimentalismo. Mellor: un local que sempre estivera pechado no casco vello dunha cidade calquera —patrimonio da humanidade, iso si— aparece un día cos cristais cubertos por papel marrón de estraza. Hai algo cocéndose dentro. De súpeto, a veciñanza desa cidade alberga no fondo do seu corazón a esperanza de que iso vaia ser un negocio independente útil para as que viven alí. Queren crer que non será un bar novo, un posto de comida para levar —destes que ademais sempre son de especialidades locais: bocadillos de xamón serrano, empanadas arxentinas, bocadillos de calamares—, unha tenda de recordos e camisetas ou unha lavandaría autoservizo. A esperanza, por suposto, dura pouco, porque á visión dos cristais velados pola reforma séguelle case sempre un comentario sarcástico e desesperanzador que, semanas máis tarde, se confirma cun novo negocio para turistas.

Pero tranquilxs, este non é un artigo máis sobre o tourist go home. En absoluto, este artigo, moi contrariamente, vén constatar que, cando menos no meu caso, levo xa tantos anos seguidos sentindo que a cidade na que vivo é dos turistas, que acabei por crer que o equivocado son eu. Que a ilusión de que no casco histórico dunha cidade coma Compostela —poden inserir aquí o nome de calquera outra— vaia abrir unha tenda de ultramarinos, unha ferretaría, unha panadería con forno tradicional, unha mercería ou un negocio de roupa, esa ilusión, digo, é en realidade inxusta pola miña parte. Os datos están claros, soubemos hai uns días por este xornal que en Compostela hai unhas 150 vivendas dispoñibles para o alugueiro fronte ás 850 vivendas vacacionais (das rexistradas) e que sufrimos unha das presións turísticas máis altas do estado. Pero entón, por que me frustro? Supoño que parte deste malestar, ademais do sentimento de expulsión, parte da sensación de que sucesivos gobernos de partidos denominados progresistas, tanto no Concello como na administración estatal, non foron quen de poñerlle freo a este modelo e se limitan, no caso de Compostela, a culpar ao Xacobeo e á Xunta de Galicia. Coma se dous non fosen máis ca tres, coma se estivesen uns e outros atados de mans. Pero eu que sei, non son político, nin quixen selo nunca: hai que estar disposto a estudar demasiadas ciencias ocultas. E, en parte, tampouco os culpo a eles porque, asumámolo xa, esta roda de hámster na que corremos todos xira a demasiada velocidade como para detela sen violencia.

Nestas cidades que lles pertencen xa aos turistas, hai quen dixo que se seguía o modelo do donut: cun centro baleiro de servizos convertido en parque temático. Eu diría que agora mesmo se trata máis ben dun burato negro capitalista e salvaxe. Así, por exemplo, o anel inmediatamente posterior á améndoa de ouro adoita estar ocupado polas residencias das clases privilexiadas e, nunha menor concentración, por apartamentos turísticos. Agora si, eses privilexiados non se organizan para defender as veciñas de clase obreira coas que puidesen convivir antes da chegada da xentrificación, senón que o fan, normalmente, só para protexer os seus servizos: centro de saúde, espazos socioculturais e supermercados. Os Airbnb ameazan, pero non á poboación con pedigree. Suficiente. O seguinte anel, se a cidade é pequena, caso de Compostela, ocúpano na súa maioría persoas que mercaron apartamentos baratos hai moito tempo porque habitaban zonas pouco desexables outrora e son, hoxe en día, os barrios en alza, aqueles que se xentrificarán grazas ás capas altas da clase asalariada —case sempre funcionarios, nunca sós, senón en parella— que dean sobrevivido á escalada dos prezos e a presión. En canto ao resto da xente, será expulsada á vila dormitorio que mellor se axuste ao seu salario, compartirá apartamentos con mal mantemento ou mudará de cidade. En fin, penso que non é necesario explicar por que cada vez máis isto parecen os xogos da fame.

Porén, non veño aquí reclamar que defendamos o modelo de cidade polo que sentimos nostalxia —unha nostalxia case nunca 100% real, máis ben algo inventada—, senón constatar que a cidade morre e nos arrastra a moitxs consigo. Falo desas consumidoras deste parque de atraccións que, sen saber moi ben por que, somos adictas a un decorado que non merecemos habitar. “Que necesidade tes de pagar un alugueiro tan alto?”, pregúntanse meus pais. E a miña resposta é sempre absolutamente irracional, parte dunha emoción sincera, dun abraio anterior ás tendas de recordos e aos postos de ridícula comida para levar, pero é, en definitiva, unha resistencia inexplicable. 

Nun poema xenial titulado “Esquivar guiris ocupa la mayor parte de mi tiempo libre”, o alacantino Adrián Fauro escribe: “A veces sueño que / empieza a llover o nevar / y se sienten como en casa / y se van”. E eu imaxino de repente que vivo atrapado nunha desas bólas con neve artificial, coa catedral de Santiago no centro, das que se venden todo o ano por todas partes. Pero non estou só alí, nesa recreación mínima do Obradoiro, senón que me imaxino rodeado de turistas, asfixiado polos peregrinos, mentres a burguesía compostelá —de todo signo político— me mira incómoda dende as ventás.

Todo isto, para contar que comezo a crer que é xa demasiado tarde, que a cidade lles pertence e que, por máis que os habitantes censados votemos o contrario, caemos montaña rusa abaixo cada vez con maior balbordo. A democracia leva varias lexislaturas cuspíndonos na cara que Compostela non é nosa. E aínda así, repito, sinto esperanza. Parvo como son, sígome ilusionando ante os escaparates cegados con papel marrón e por iso este artigo constata que buscarlle unha solución a todo isto xa non pasa por intentar rexenerar o que non se pode rexenerar, que non queda demasiado que salvar ou protexer, é dicir, que a saída ten que ser romper ese vidro —caia quen caia— ou seguir deixando que a corrente nos arrastre fóra. Mentres tanto, seguirei esquivando guiris mentres finxo que esta pode ser tamén a miña casa. "                  (Ismael Ramos, eldiario.es, 12/05/24)

24/11/23

A Galicia atlántica sobrepasada polos alugueres de tempada: na Coruña subiron case un 300%

 "Os alugueres por tempada na Coruña incrementáronse un 290% fronte a Ourense cidade onde esta modalidade é practicamente "inexistente" e o seu peso sobre o mercado rolda o un por cento, segundo o último informe publicado polo portal inmobiliario idealista.

Nun comunicado, sinala que os alugueres por tempada están a ser un dos principais protagonistas desde a aprobación da Lei de Vivenda e no terceiro trimestre de 2023 alcanzan ao 10% de todas as vivendas no mercado estatal.

O crecemento deste tipo de alugueres, engade, disparouse durante o terceiro trimestre, coincidindo co período tras a aprobación da lexislación en materia de alugueres, e a oferta aumentou un 39%.

Os maiores e "máis espectaculares" incrementos de oferta deste tipo déronse en pequenos mercados onde este fenómeno era ata agora "practicamente inexistente" e nos que a aparición dun puñado de anuncios provocou subidas moi pronunciadas. Este é o caso da Coruña cunha subida do 290%.

En paralelo a estes crecementos, os alugueres de longa estancia -- as rexidas pola Lei de Arrendamentos Urbanos -- seguíronse reducindo (-1%) desde a entrada en vigor desta norma. Nunha análise do mercado de forma interanual, explica o informe, comparando a oferta do terceiro trimestre de 2022 coa do mesmo período de 2023 as caídas son "aínda máis significativas" cun descenso do 12%. Unha das maiores baixadas prodúcense en Ourense (-28%)."                  (Galicia Confidencial, 22/11/23)

27/10/23

Non chegar a fin de mes tras pagar o aluguer está xerando "unha sociedade emocionalmente superada, ao límite"

 "Así o afirma Ana Pardo, delegada territorial da asociación Provivienda en Galicia, que asegura que "a realidade dos últimos anos pasa por un aluguer á alza e por unha escaseza de vivendas en aluguer, algo que está afectando sobre todo á poboación en situación de vulnerabilidade". E é que o 24,5 % dos galegos en pobreza adican máis do 40 % da súa renda dispoñible a gastos de vivenda. No 2022 aumentaron os fogares con retrasos no paso dos gastos ata o 9,4 %.

 O acceso á vivenda é unha das maiores problemáticas actuais para gran parte da poboación galega. Xa sexa porque non atopan alquileres adaptados aos seus soldos ou porque destinar unha gran parte destes ao pago do aluguer e das facturas fai que cheguen dificilmente a final de mes. E é que a realidade do mercado inmobiliario actual pasa por prezos cada vez máis elevados con soldos que apenas se revalorizan ano tras ano, chegando a afogar a moitas familias e deixando na rúa a outras, tendo que recurrir á escasa vivenda social construída.

Todos os indicadores do último informe sobre o estado da pobreza en Galicia publicado esta semana por EAPN Galicia, a Rede Galega contra a Pobreza, certifican a continua emerxencia residencial e de acceso a unha vivenda digna e accesible: o 24,5 % dos galegos en pobreza adican máis do 40 % da súa renda dispoñible a gastos de vivenda e no 2022 aumentaron de novo os fogares con retrasos no pago de gastos da súa vivenda, pasando do 9 % no 2021, ao 9,4 %. Ademais, o aumento de prezos da enerxía derivado da guerra de Ucraína, a elevada inflación e o incremento dos prezos de acceso á vivenda, aumentan as persoas que non poden permitirse manter unha vivenda cunha temperatura adecuada: do 13,1 % no 2021 ao 19,4 % no 2022.

"A realidade dos últimos anos pasa por un aluguer social á alza e por unha escaseza de vivendas en aluguer, o que fai que ante tanta demanda e unha baixa oferta os prezos se encarezan, algo que está sufrindo cada vez máis a poboación en xeral, pero sobre todo a poboación que se atopa en situación de vulnerabilidade", asegura Ana Pardo, delegada territorial da asociación Provivienda en Galicia, que engade que "sobre todo nas grandes cidades a lei da oferta e da demanda fai que cando non hai recursos estes suban en valor, e agora mesmo hai cidades da franxa atlántica galega como A Coruña, Vigo ou mesmo Santiago que atravesan situacións de aluguer moi similares ás que se están vivindo en Madrid ou Barcelona, cidades que se deron de fuciños cun maior asentamento de poboación".

Así as cousas, o problema é que a sociedade semella resistirse a facer algo, como se se adaptase ou resígnase a vivir nunha realidade que cada vez vai a peor. "Quizáis isto teriamos que facérnolo mirar a nivel de sociedade, ver o que nos está pasando, por que razón nos estamos a conformar cando a nosa situación en xeral é cada vez máis complicada", plantexa Pardo, que evidencia que "todos estamos a sufrir agora mesmo o feito de ter que destinar unha porcentaxe moi elevada, cada vez máis elevada, dos nosos ingresos a costear a vivenda e sabemos que pola crise derivada da inflación a cesta da compra tamén está resultando complicada, e estamos a falar de necesidades básicas, da alimentación e do teito". A estas cuestións súmase outra que afecta particularmente a Galicia, a de "manter a temperatura do fogar adecuada de cara ao inverno, sabendo que Galicia ten un clima determinado".

Neste sentido, o informe evidencia que en Galicia prodúcese un lixeiro aumento no último ano da taxa de Privación Material Social e Severa, alcanzando o 6,3 %, uns 170.000 galegos. Este dato é preocupante precisamente porque reflicte, por unha banda, o impacto da crise motivada pola inflación, o encarecemento dos combustibles e especialmente as dificultades de acceso á vivenda, e por outra detecta tamén o relaxamento de medidas de loita contra a pobreza e exclusión social, como a Tarxeta Básica. Así, aumentaron os galegos que non poden permitirse manter a vivenda a unha temperatura adecuada, alcanzando o 19,4 %; aquelas persoas que non teñen capacidade para facer fronte a gastos imprevistos, que pasan dun 24,7 % a un 29,7 %; e as que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe cada dous días, que pasan do 2,1 % ao 4,4 %.

Todas estas situacións, ás que se suman outras máis que día a día a xente ten que afrontar, ten claro que "revirten na saúde das personas", algo que tamén hai que poñer sobre a mesa. "Cando as persoas estamos vivindo constantemente no límite da vulnerabilidade, en situacións de pobreza e moi moi drásticas, é imposible que podamos estar sás, estar ben", expresa a delegada territorial de Provivienda en Galicia, que advirte de que cada vez estamos a ver "máis situacións que requiren dunha intervención rápida e efectiva, porque a sociedade está cada vez máis ao límite, emocionalmente superada e con graves problemas de saúde que se agravan no tempo".

"HAI QUE LIMITAR DE ALGUNHA MANEIRA O CUSTE DAS VIVENDAS; É INSOSTIBLE"

Ante esta situación, cal é a alternativa para as personas en situación de pobreza? Como poden lograr un teito baixo o que vivir, un dereito básico? Pardo asegura que "non hai unha única solución ao problema, senón que hai que poñer o foco en políticas públicas de vivenda e en medidas diversas". Neste sentido apunta a dotar de maior parque social de vivenda, atallar os problemas de dinamización do mercado inmobiliario a través de bolsas de vivenda ou dar apoio profesional ás familias máis desfavorecidas.

Ademais, tamén considera que se debe "limitar de algunha maneira o custe das vivendas, porque seguir nesta tendencia alcista é insostible". Todas estas son medidas que, na súa opinión, "axudarían dalgunha maneira a revertir un pouco a situación que temos agora mesmo", porque "creo que estamos nun momento no que a situación da vivenda é tan abrumadora, e un problema estrutural, que hai que atallala dende diferente ámbitos".

Con todo, a delegada territorial de Provivienda en Galicia amósase consciente de que "non ten unha solución inmediata nin rápida, e iso é algo que nos está levando a quedarnos un pouco sen facer nada, e é o que non podemos permitir, porque hai situacións que pasan continuamente que poñen enriba das axendas públicas a cuestión, pero é necesario comezar a facer algo paulatinamente".

Neste punto, Pardo refírese á nova Lei de Vivenda, aprobada recentemente, "que non baixou á comunidade galega, e nela hai medidas sobre as que podemos estar máis ou menos de acordo, pero que polo menos nos dan un marco dende o que comezar a debuxar algunha alternativa que axude a que a vivenda sexa máis accesible para todas as persoas e, especialmente, para os colectivos máis vulnerables".

"AS AXUDAS DEBEN CHEGAR EN TEMPO E FORMA PARA SER EFECTIVAS"

Pon de manifesto que hai medidas como o bono social de aluguer destinado ás persoas que proveñen de desahucios ou vítimas de violencia de xénero que, a priori, poden facilitar o acceso á vivenda a persoas e colectivos vulnerables, pero "precisamos que esas prestacións ou axudas destinadas á vivenda sexan de xestión rápida e efectiva, que cheguen aos propietarios da vivenda nos prazos que marca a lei, entre o 1 e o 7 de cada mes o propietario ten que recibir o seu ingreso; e, ás veces, as administracións, polos procedementos internos e a propia burocracia, fan que non cheguen a tempo".

Deste xeito, Pardo asegura que o que sucede é que "axudas que poderían ser moi positivas rematen sendo negativas, porque o propietario non ve eses ingresos como algo estable e seguro no tempo e decide non alquilar a esas persoas". "Precisamos que cambie esa tendencia e demostrarlle aos propietarios que alquilar a súa vivienda en programas sociais, sobre todo no mercado inmobiliario privado, é unha aposta segura", conclúe.

E é que, do contrario, os pisos turísticos seguirán impoñéndose. "Xa estamos vendo noutros países aos que a vivenda turística chegou fai anos, antes que aquí a Galicia, que hai unha tendencia a intentar regularizar ese tipo de mercado inmobiliario vinculado a estancias temporais que deixan a un propietario particular moitos máis cartos nun corto período de tempo, pero que tamén teñen un impacto brutal na construción que se fai nas cidades e que deixan sen recursos ás persoas que precisan dun aloxamento nelas, contribuíndo a manter esa tendencia alcista no prezo dos alugueres", expón a delegada territorial de Provivienda en Galicia.

"CALQUERA PERSOA PODE CHEGAR A CAER EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE"

Finalmente, Pardo reflexiona sobre o estigma que aínda a día de hoxe envolve á pobreza. "A aporofobia está aí, e en vez de ir a menos semella que vai a máis", afirma, asegurando que "hai unha tendencia social a tentar mirar cara outro lado pensando que se quizáis non o vexo penso que non está, porque me resulta desagradable". "Como sociedade, creo que deberiamos convertir esa mirada e entender que calquera persoa pode estar en situación de vulnerabilidade hoxe e mañán non, ao igual que eu tamén podo verme nesa tesitura se me falta unha rede de apoio familiar, se me faltan uns ingresos mínimos, se teño unha situación de saúde delicada ou mesmo se xa de base nacín nun país pobre e me vin obrigada a saír del e emigrar a un espazo novo para iniciar un novo proxecto de vida sen coñecer o idioma, a cultura e sen ter nada", reflexiona.

A modo de conclusión, a delegada territorial de Provivienda en Galicia considera que "debemos avanzar cara sociedades máis empáticas, máis dispostas á acollida, ver o valor que implica coidar e educar aos nosos nenos, que van ser as xeracións do mañá, e facelo dende esa mirada colectiva, non dende a mirada máis individual do que cada un necesita, sen mirar o que lle está pasando ao que ten ao lado". E tamén loitar porque as axudas cheguen en tempo e forma, porque, do contrario, "o único que xeramos é aínda máis estigma sobre situacións de pobreza e de vulnerabilidade, sen ter as persoas que as sofren responsabilidade algunha".       (Ángeles Precedo, Galicia Confidencial, 20/10/23)

15/7/22

A odisea de buscar piso nun Vigo colonizado por Airbnb e coa vivenda máis cara de Galicia

 "Coñecemos o caso dunha familia á que enviaron unha orde de desafiuzamento para poder logo alugar ese piso moito máis caro. Os propietarios argumentaban que querían amañalo, pero estaba claro que, na zona de praia na que se situaba, o que buscaban era non renovar o contrato a esa familia para reorientar o piso ao sector do turismo”. Este relato que traslada a Xornal de Vigo María Pérez, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao, é paradigmático das problemáticas residenciais que se agochan tralo incremento imparable de aloxamentos de uso turísticos na cidade olívica.

E é que salvo en Ferrol e Ourense, no resto de urbes galegas as ofertas de aluguer vacacional xa superan con creces as de arrendamento para estancias longas de estudantado ou familias traballadoras. Son, en concreto, 14.512 vivendas rexistradas pola Xunta para uso turístico fronte ás 3.500 que poden alugarse de xeito tradicional agora mesmo en Galicia. O caso máis rechamante é o de Santiago, onde os pisos turísticos quintuplican os destinados a arrendamentos, mais a situación esténdese por diferentes localidades galegas e vívese con especial preocupación en Vigo, a cidade con maior demanda non atendida de vivenda protexida e onde “segue habendo desafiuzamentos todos os días sen que se tomen medidas”.

EXPULSIÓN DA VECIÑANZA

Ao mesmo tempo, tan só despois de Santiago e Sanxenxo, Vigo é a cidade que concentra o número máis alto de prazas en pisos de uso vacacional, case 3.000 segundo o rexistro da Xunta de Galicia. “Os efectos deste incremento son grandes en tanto que hai un problema estrutural de vivenda”, explica Pérez. “Non hai oferta pisos de protección oficial pero as administracións sacan adiante urbanizacións millonarias e chalets ao carón da praia aos que unha familia normal non pode acceder. Se a esta carencia xa de base sumamos que agora moitos se destinan a uso turístico, apaga e vámonos. Quedará todo o mundo na rúa”, denuncia.

O custo da vivenda en aluguer aumentou só no último trimestre en Galicia un 5%, o maior dato desde o mesmo mes do ano 2008. Esta repunta sentiuse en todas as cidades e mantén Vigo como a máis cara, cun prezo medio de 9 euros/m2, seguida pola Coruña (8,4 euros/m2), Compostela (7,7 euros/m2), Pontevedra (7,3 euros/m2), Lugo (6,3 euros/m2), Ourense (5,9 euros/m2) e Ferrol (5,1 euros/m2), segundo o último informe do portal inmobiliario Idealista. Alugueres escasos en cantidade e disparados no prezo conforman, así, a tormenta perfecta para que a busca de piso para estudantado e familias se convirta nunha auténtica odisea.

“Xa non só para quen non ten traballo”, detalla Pérez. “Co incremento do prezo da cesta da compra ou da luz, a xente mileurista tamén o está pasando mal. Quen pode pagar un apartamento dunha habitación por 550 euros?”, pregúntase. Este incremento de prezos, unido á proliferación de pisos turísticos, dan como resultado que “moita veciñanza marche cara ao extrarradio”. 

Unha realidade ante a que a Federación de Asociacións pide unha “regulación específica” de apartamentos vacacionais e a promoción dun parque de vivenda público. “Non podemos dedicar pisos a turistas nunha cidade na que non hai vivenda para a veciñanza. Non estamos sobrados. Precisamos espazos para vivir”, pide Pérez, que urxe constituír unha “mesa pola vivenda” ante unha situación que cualifican como “insoportable” en canto a desafiuzamentos e “nulas” alternativas habitacionais.

SITUACIÓN “GRAVE” PARA QUEN ESTÁ EN RISCO

A asociación Os Ninguéns coincide na análise e nas demandas. Tras anos tratando con persoas que teñen dificultades para atopar ou pagar as súas vivendas, Antón Bouzas, o presidente do colectivo, asegura que os prezos e requisitos que hoxe en día esixen as propietarias de pisos provoca que as persoas en situación de pobreza ou risco teñan “moi difícil” o acceso a vivenda. “Non existen casas en aluguer para aquelas persoas, a meirande parte mulleres con crianzas, que non poden presentar avais bancarios ou depositar tres meses de fianza”, explica. Un “drama grave e triste” que avoca as persoas desafiuzadas á infravivenda ou a convivir con familiares en casas “pateira”. 

Ante esta realidade coa que bate no día a día, Antón Bouzas denuncia a ausencia de políticas de desenvolvemento de vivenda pública e as “insuficientes” axudas económicas. Un “desleixo” que contrasta coas grandes campañas para atraer turismo durante o verán ou no Nadal e que provocan, explica, que moitas persoas propietarias vexan maiores posibilidades de rendemento no alguer do piso durante “tres ou catro meses a prezos moi altos” que de maneira indefinida a veciñanza da cidade que mantén rendas antigas. “Nalgúns pisos, os turistas chegan a pagar ata 600 euros por cinco noites”, sinalan neste sentido dende a Federación de Asociacións.

“VIGO PERDERÁ POBOACIÓN”

No eido político, tanto BNG como Marea de Vigo levan tempo demandando ao concello e á Xunta actuacións que poñan freo a este “fenómeno especulativo” que agudiza o xa “gravísimo” problema de acceso social á vivenda, tal e como sinalaba hai unhas semanas o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas. Nesa mesma intervención explicaba que o aumento “esaxerado” dos prezos “está detrás tamén da perda de poboación de Vigo, con 3 mil habitantes menos o ano pasado”, como reflicten os datos do Padrón Municipal.

Na mesma liña, Rubén Pérez, concelleiro da Marea de Vigo, fala en conversa co Xornal de Vigo dun “problema serio de substitución de poboación”: “Estamos xentrificando de maneira moi evidente o centro histórico e urbano, onde de súpeto familias con rendas antigas pasan a pagar 700 euros”.

Dende o grupo detectan que “van desaparecendo do mercado do alugueiro vivendas coa excusa de que van vivir nelas familiares; e ao pouco aparecen como pisos turísticos”. Tamén confirma a tendencia das familias a afastarse do centro, se ben asegura que o custo do transporte supón un novo obstáculo para elas: “Vivir en Ponteareas e traballar en Vigo segue sen ser rendible hoxe en día. Estamos nun círculo vicioso que atrapa moitas familias”.

Pérez demanda que as primeiras actuacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana vaian encamiñadas a promover vivenda de protección oficial, xa que, denuncia, “vemos que o que interesa é sacar adiante o barrio do Cura, Beiramar, vivendas de segmento medio alto e de luxo”. Ao tempo, Pérez solicita ao Concello que presione á SAREB para a cesión de vivendas e fai referencia á nova lei de vivenda estatal que dará competencias para a contención de prezos aos concellos e que obrigará a construir parques públicos de vivenda. “A situación é preocupante. Se non se fai nada, imos perder poboación en Vigo. Está a darse a treboada perfecta para que as familias abandonen a cidade“, alerta."           (Uxía Iglesias

18/3/22

'Operación Peleteiro': burbuja inmobiliaria, quiebra bancaria y litigios sin fin en el centro de Santiago

 "En las calles y comercios de la zona nueva de Santiago de Compostela, carteles con el lema 'Peleteiro, solución ya!' recuerdan que sigue de plena actualidad, pero sin ejecutarse, una gran operación urbanística proyectada hace 20 años. Tiene todos los ingredientes de la crisis que arrasó la economía y sociedad españolas en los tres primeros lustros de este siglo: burbuja inmobiliaria, quiebra de entidades financieras enfrascadas en desmesuradas promociones y afán por hacer negocio con un enorme y bien situado solar urbano al conseguir de los poderes públicos que aumente su edificabilidad. 

 La historia de la 'Operación Peleteiro' comenzó con el siglo, cuando los dueños de un colegio privado del Ensanche de la capital gallega, una institución laica y de élite abierta desde 1951, idearon un plan para trasladar sus instalaciones a las afueras y, en alianza con la desaparecida Caixa Galicia, reconvertir su céntrica propiedad (un terreno de más de 5.000 metros cuadrados) en un gigantesco centro comercial y complejo hotelero. Pero nunca se hizo.

 “Han pasado cinco alcaldes, casi 20 años y la parcela sigue así, paralizada”, se lamentaba hace unos meses el actual regidor de Santiago, el socialista Xosé Sánchez Bugallo. Conoce de primera mano el accidentado expediente, reformulado múltiples veces mientras se sucedían gobiernos locales, demandas y sentencias judiciales, crisis del ladrillo y de la banca, cambiaban las normas urbanísticas y se redimensionaban los modelos de ciudad. La 'Operación Peleteiro' marcó los tres primeros mandatos de Bugallo en la alcaldía (1999–2011), así como las de sus sucesores, tres del PP (2011–2015) y uno de Compostela Aberta (2015–2019). Cuando el edil socialista retomó en 2019 el bastón de mando confiaba en resolver en meses el caso Peleteiro. Pero han pasado ya otros tres años, y el imponente edificio que albergaba el antiguo Colegio Manuel Peleteiro languidece tapiado, en estado de abandono total.

Había, sin embargo, hace tan solo un mes esperanzas de sacar adelante por fin y pronto un nuevo y reformulado plan especial para esa parcela, llamada ahora a restringir al mínimo la superficie comercial y primar la construcción de viviendas (el 20% de promoción oficial) así como de espacios para el uso y disfrute ciudadano, entre otros, una gran plaza pública de 1.400 metros cuadrados y un centro de día para mayores. La Xunta dio luz verde en febrero al proyecto cuyos detalles llevan años tratando de consensuar grupos municipales, vecinos y comerciantes, además de asegurarse el visto bueno de los actuales dueños del terreno, la Sareb –el llamado banco malo, que se hizo con bienes inmobiliarios tóxicos de entidades financieras como la extinta Caixa Galicia– y un fondo de inversión.

Incertidumbre

Pero una sentencia del Tribunal Supremo, la semana pasada, vuelve a teñir el plan de incertidumbre. El fallo da la razón a Abanca, la sucesora de la caja de ahorros gallega, y le permite recuperar el dinero perdido en aquella fallida operación urbanística (la construcción de un macrocomplejo comercial y hotelero) al declarar resueltos el contrato de compraventa de 2006 y el posterior acuerdo de 2010 que lo desarrolló.

 La familia Peleteiro, considerada en gran parte por el Supremo responsable de que el proyecto no saliese adelante, deberá reintegrar a Abanca los 37,2 millones de euros que le pagó la antigua caja por la parcela. Y la entidad tendrá que transferirle los 12,49 millones que la Sareb abonó por hacerse con la propiedad, cuando Caixa Galicia, para sanear sus cuentas, se vio forzada por el Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) a deshacerse de bienes inmobiliarios ruinosos. El banco quedaría así con el saldo a cero, mientras que los Peleteiro sólo obtendrían por su antigua propiedad cuatro veces menos del precio (54 millones) pactado con la desaparecida caja de ahorros en pleno auge del ladrillo y de proyectos urbanísticos desmesurados.

 Fue hace 20 años, cuando los herederos de Manuel Peleteiro pidieron y lograron del Ayuntamiento que mejorase la situación urbanística del solar ocupado por el colegio que lleva su apellido. En 2003, la administración local modificó en el plan urbanístico de la ciudad la calificación de la parcela de uso docente para que pudiese acoger actividades múltiples del sector terciario y duplicase su edificabilidad hasta el máximo legal (23.500 metros cuadrados).

Dos años después, se aprobó el necesario Plan Especial de Reforma Interior (PERI) que garantizaba a Caixa Galicia llevar a buen puerto su plan: derribar el edificio del antiguo colegio y construir en su lugar un gran complejo comercial y hotelero (de hasta 19.000 metros cuadrados), con un mínimo de viviendas (4.500 metros cuadrados) y 400 plazas de aparcamiento. El 29 de diciembre de 2006, con los trámites administrativos listos o en marcha, la caja de ahorros y la familia Peleteiro firmaron el contrato de compraventa del céntrico solar. En la escritura quedó detallado el proyecto de la entidad, que se daba unos dos años para construirlo. En la prensa local aplaudían la iniciativa presentada como una “locomotora económica” para Santiago.

Oposición vecinal y quiebra bancaria

La situación urbanística de la finca parecía asegurada. Pero había oposición vecinal y discrepancias en la familia propietaria. Cuando se firmó la compraventa del Peleteiro, en los tribunales estaban planteados nada menos que cinco contenciosos contra las decisiones urbanísticas adoptadas por el Ayuntamiento para ese macroproyecto inmobiliario de la antigua Caixa Galicia. Tres eran de vecinos de la zona y dos de una hermana Peleteiro. 

 En la primavera de 2009, dos meses antes de que el colegio cerrase y desalojase la finca, llegaron las dos primeras sentencias del Tribunal Superior Xustiza de Galicia y fueron demoledoras: anulaban, a demanda de vecinos, la modificación del plan de ordenación de la ciudad por no respectar en ese solar “los parámetros que debían destinar a uso residencial y espacios libres”. En otoño de ese mismo año, llega una tercera sentencia que anula el PERI por idénticos motivos. Caixa Galicia se escude en la crisis financiera para aplazar a 2011 su ambicioso proyecto en Santiago. Pero no tira la toalla. Mientras la Policía Nacional instala temporalmente su comisaría en el antiguo colegio durante la construcción en 2010 de una nueva sede, la caja de ahorros y la familia Peleteiro suscriben un nuevo acuerdo transaccional para hacer viable el proyecto inmobiliario inicial. Ambos se comprometen a colaborar para pedir al Ayuntamiento que resuelva los escollos urbanísticos abiertos por las primeras sentencias.

Pero en el convulso año 2012 todo volvió a paralizarse en los despachos municipales después de recibir otros dos fallos judiciales. Son esta vez del Supremo que, a instancias de una hermana Peleteiro, ordena cambiar la calificación de la finca: debe ser suelo urbano consolidado en contra de lo estipulado por el Ayuntamiento, que lo había catalogado como no consolidado. Ese cambio no afectaba al proyecto de Caixa Galicia pero sí a las arcas municipales que, en compensación por ese lucrativo proyecto urbanístico de iniciativa privada, había ingresado de la familia propietaria, antes de la compraventa, 2,6 millones de euros. El Ayuntamiento paraliza el expediente administrativo. La Xunta también le pide una reformulación del proyecto para cumplir con las exigencias de la ley del suelo. Estaba planificada demasiada superficie comercial y poca para usos residenciales y públicos.

 Entonces se cruzó en el camino la reestructuración de la banca. Caixa Galicia, fusionada con Caixanova y transformada en banco la entidad resultante, que se bautizó NCG banco, pasó a manos del FROB. No abandonó la idea del centro comercial y en octubre 2012 pidió de nuevo al Ayuntamiento una modificación del plan de ordenación de la ciudad para legalizar su proyecto. Pero dos meses después fue obligada a transferir la finca a la Sareb por 12.495.924 euros, un precio cuatro veces inferior a lo pactado seis años antes. Para el FROB, estaba claro que ese solar era unos de los “activos tóxicos” de la maltrecha caja de ahorros porque había escasa probabilidad de ejecutar su promoción inmobiliaria.

Largo 'vía crucis' judicial

El enjambre de demandas y recursos judiciales siguió sucediéndose, lastrando hasta hoy la operación. Las sucesivas sentencias crearon mucha incertidumbre –algunas fueron revocadas, otras no. En su última sentencia, el Supremo considera “incuestionable” que la multitud de litigios planteados en los tribunales acabó por obligar al Ayuntamiento a paralizar el expediente urbanístico durante años, a la espera de sentencias judiciales en firme. El contencioso que dio la puntilla al lucrativo plan de la caja de ahorros, según el alto tribunal, fue el promovido por una hermana Peleteiro, quien no cejó entre 2005 y 2014 en su empeño de que los jueces cambiaran la clasificación de la finca familiar. Perdió al final.

El Supremo, en la sentencia de hace unos días que libera a Abanca de esta fracasada promoción urbanística, responsabiliza a la familia Peleteiro. Considera probado que ocultó a la antigua entidad la delicada situación judicial del proyecto cuando le vendió la finca en 2006, y que le mintió, ya que no desistió, como había prometido en la escritura del acuerdo alcanzado en 2010, de seguir adelante con las demandas judiciales. Los Peleteiro, dice el Supremo, “dilataron durante años la determinación de usos y aprovechamientos de la finca, haciéndola inhábil para finalidad de promoción inmobiliaria”.

Compleja situación actual 

La última sentencia del alto tribunal no afecta a la propiedad actual del solar, ni “altera la hoja de ruta” para obrar en ella, opina el alcalde. Pero, admite, “da la vuelta a la situación, produce una situación compleja”. Está también encallada por falta de acuerdo político y social. Los socialistas carecen, como sus antecesores de Compostela Aberta, de la mayoría absoluta (13 concejales) que les permitiría sacar adelante el nuevo proyecto consensuado, pero aún no del todo, con los habitantes de la zona, una de las más densificadas de la capital gallega. 

Vecinos y comerciantes siguen batallando, como rezan los carteles que pueblan el Ensanche compostelano, por abrir la gran plaza pública que sustituirá los ahora cerrados patios del viejo colegio hacia una calle estrecha y falta de luz (la de Républica Argentina) mientras el gobierno de Bugallo defiende orientarla hacia otra (San Pedro Mezonzo). Es la opción preferida también, por resultar más lucrativa, por los dueños actuales del terreno. Nadie se aventura a poner plazos al proyecto."            (Paola Obelleiro, eldiario.es, 15/03/22)

20/10/21

Galicia, dos territorios españois con maior número de propietarios con máis de 10 inmóbeis: 26.000

 "A Lei de Vivenda acordada entre os dous socios do Goberno español, PSOE e Unidas Podemos, abrangue unha serie de normas en aspectos concretos e que pretenden, segundo os seus impulsores, baixar os prezos dos alugueres. Unha lei, ademais, que entra en aspectos, como a vivenda, que son competencia das autonomías.

 A normativa de vivenda supoñerá a "regulación de prezos para baixar por lei os alugueiros" dos propietarios que teñen dez ou máis inmobles —grandes ‘tenedores’— "en base ao índice de referencia para todos os contratos nas zonas de mercado tensionado" e a "retirada de privilexios fiscais". Pola súa banda, para os pequenos propietarios, acórdase a "conxelación de prezos e incentivos fiscais para baixar o prezo".

 Doutra banda, apóstase polo parque público de aluguer, cunha reserva do 30% de todas as promocións para vivenda protexida. Dese 30%, a metade destinarase alugueiro social. En canto a un imposto á vivenda baleira, executarase, segundo este acordo, a través da recarga do IBI ata o 150%, que poderán aplicar os concellos.

Propietarios

En principio, o colectivo que vai ser máis afectado é o dos grandes propietarios, aqueles que teñen máis de 10 inmóbeis, conpeto que non abrangue só vivendas. Segundo datos do Catastro, na Galiza hai 26.600 destes propietarios, somos o quinto territorio do Estado con maior presenta de grandes ‘posuidores’. Só nos superan Andalucía, Catalunya, Valencia e Castela e León. Até Madrid fica por baixo da Galiza neste ránking.

 Deses 26.600 propietarios, tanto persoas xurídicas como físicas, de máis de 10 inmóbeis, perto de 24.000 teñen entre 11 e 25; 1.900 son propietarios de entre 26 e 50 inmóbeis e un total de 820 posúen máis de 50.

Prezos

Os alugueres rexistraron na Galiza en xullo de 2021 un prezo medio de 5,51 euros por metro cadrado, o que supuxo un descenso mensual de 2,73% respecto a xuño, pero un aumento de 3,13% respecto ao mesmo mes de 2020, segundo un informe de pisos.com.

 Interanualmente o aumento deuse en xeral en toda a Galiza, sendo a zona de Lugo (+11,91%) onde se rexistrou a cuarta suba máis elevada do Estado. Con 4,71 euros por metro cadrado en xullo de 2021, a zona de Ourense foi o territorio máis alcanzábel. Pontevedra (a 6,64 euros o metro cadrado), foi a zona máis cara da Galiza.

Vivenda protexida: 165 en 5 anos

A promoción da vivenda protexida na Galiza caeu nos últimos cinco anos a mínimos de toda a serie histórica. Segundo os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), entre 2015 e 2019 concedéronse licenzas para 12.734 vivendas na Galiza, das cales só 82 contaron coa clasificación de protexidas. Ao tempo, no mesmo período rematáronse 165 vivendas protexidas dun volume de 8.855, o que representou menos de 2% do total. "               (Nós, 07/10/21)

22/4/20

La Xunta se queja por carta al Gobierno de que prohibir desahucios durante la pandemia enfría el mercado y perjudica a los propietarios

"La Xunta de Galicia cree que la decisión del Gobierno de prohibir los desahucios durante la crisis del coronavirus enfría el mercado inmobiliario y supone "una desprotección" para los propietarios y así se lo ha hecho saber al Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. 

La conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, ha dirigido una carta al ministro José Luis Ábalos en la que se queja de que Galicia no haya sido informada con antelación de los planes del Gobierno para impedir que los dueños de los pisos puedan echar a sus inquilinos si, como consecuencia de la situación económica, no son capaces de afrontar el pago de los alquileres.

En la misiva, fechada el pasado lunes 13 de abril y a cuyo contenido ha tenido acceso eldiario.es, se dice lo siguiente: "Las medidas previstas suponen una desprotección para los arrendadores, lo que en el futuro, claramente, puede desincentivar la salida al mercado de vivienda en alquiler debido a la inseguridad jurídica que se crea para los pequeños propietarios, para los que además, en muchos casos, las rentas de los alquileres constituyen sus ingresos y forma de vida".

La conselleira gallega de Vivenda apoya sus argumentos en las quejas recibidas desde el sector inmobiliario: "Estas preocupaciones nos fueron trasladadas por los representantes de los intermediarios inmobiliarios que operan en la comunidad autónoma, administradores de fincas y agentes de la propiedad inmobiliaria". Sobre la postura al respecto de otros colectivos como la PAH o las plataformas antidesahucios la conselleira no introduce ni una palabra.

La responsable del departamento de Vivienda del Gobierno gallego también se muestra disconforme con el plan de ayudas diseñado por el Gobierno para cubrir con ayudas y créditos a las familias y arrendadores que se vean afectados por las consecuencias económicas de la pandemia. 

Según la administración gallega, Madrid no ofrece el dinero suficiente, y para cimentar su queja, la carta incluye datos cuanto menos sorprendentes. Ángeles Vázquez asegura en su carta que "en un cálculo absolutamente conservador se puede estimar que en Galicia podrían tener acceso a estas ayudas entre 50.000 y 75.000 familias", lo que implicaría "la necesidad de destinar entre 120 y 180 millones de euros" para ese cometido.

De acuerdo con los datos del Instituto Galego de Estatística (2018), el número de hogares gallegos con gasto de alquiler son 142.780. Las estimaciones del Gobierno de Feijóo suponen que el 52% de las familias en viviendas alquiladas tendrán que pedir ayuda para pagar sus mensualidades como consecuencia de la crisis económica asociada a la COVID-19. Con esos cálculos, la Xunta exige el pago de entre 150 y 180 millones de euros.
La carta enviada por la Xunta fue contestada por el Ministerio el jueves 16 de abril. 

El escrito de respuesta lleva la firma de la Secretaría General de Vivienda que dirige David Lucas y en él se plasma la diferencia de criterio que sobre la materia separa a ambas administraciones: "En modo alguno podemos compartir con usted que se haya producido desprotección de los arrendadores y mucho menos que estas medidas puedan desincentivar a futuros inversores en viviendas de alquiler", asegura la respuesta.

Las discrepancias entre ambos gobiernos también afloran cuando se aborda el nivel de interlocución con el que la administración que dirige Pedro Sánchez está asumiendo sus decisiones en materia económica. 

 En su escrito, la consejera gallega se queja de que el Ministerio no informó de sus planes a las comunidades autónomas. En este punto, el departamento que dirige José Luis Ábalos también disiente: "El malestar que me traslada no se corresponde con las comunicaciones directas y personales que la Dirección General de Vivienda y Suelo ha mantenido con el director del Instituto Galego da Vivenda e Solo en los días posteriores a la publicación del Real Decreto-Ley y previos a la Orden Ministerial, en las que se ha ofrecido toda la información requerida y la resolución de dudas. El ofrecimiento continúa vigente y con continuas conversaciones y reuniones virtuales que se están celebrando con todas las comunidades autónomas que lo solicitan".                     (Gonzalo Cortizo, eldiario.es, 18/04/20)

3/3/20

Miño pecha, grazas a un préstamo de sete millóns, 18 anos de conflito coas 200 familias expropiadas por Fadesa

"O Ministerio de Facenda concedeu ao Concello de Miño un novo empréstito de sete millóns, que servirá para pagar os xuros pendentes de pagamento ás máis de 200 familias que foran expropiadas hai dúas décadas para construír a urbanización Costa Miño Golf e que aínda non recibiran todas as compensacións económicas

O préstamo, que se une aos dous concedidos con anterioridade por un valor de 15 millóns, serve para pechar un conflito que levaba 18 anos aberto, que se moveu polos tribunais e que elevou a débeda do concello ata os 22 millóns de euros.

"Hoxe é un día moi importante. Con este préstamo hoxe remata un conflito de 18 anos no que os afectados foron ninguneados polos sucesivos gobernos municipais, obrigándoos a acudir aos tribunais de xustiza", destaca o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo (PSdeG-PSOE), que este luns anunciou a concesión do empréstito acompañado polo delegado do Gobierno en Galicia, Javier Losada. 

Vázquez Faraldo agradeceu a intermediación de Losada para "axilizar as xestións" dun préstamo a 10 anos que conta con dous de carencia, polo que o Concello de Miño terá que comezar a devolvelo a partir do 2023. Estes cartos servirán para cumprir o compromiso asinado o pasado mes de setembro coas persoas afectadas polas expropiacións

A través daquel acordo, o Concello comprometíase a pagar os xuros pendentes antes do 31 de maio de 2020 e, a cambio, os expropiados aceptaron a liquidación de todos os créditos contra a entidade local, derivados do procedemento contencioso-administrativo que se executa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), renunciando a cobrar a recarga de xuros que lles correspondería, ao redor de 8 millóns de euros.

"Quero agradecerlles o acordo de xenerosidade ao que chegaron hai meses co Concello, na que foi a primeira ocasión en que un Goberno municipal de Miño sentaba a falar con eles. Foi un acordo de xenerosidade, pois renunciaron a cobrar unha parte da cantidade que lles recoñeceran os tribunais", sinalaba este luns o rexedor.

"Con isto evitamos que a débeda siga crecendo", indica o alcalde, que anticipa que as negociación con Xunta e Deputación para a achega de fondos que axuden a pagar as cotas do préstamo -uns 700.000 euros anuais- "van por bo camiño". Así mesmo, salientou a importancia do aprazamento de 10 anos no pagamento das débedas anteriores contraídas con Facenda.

A situación chegara a ser practicamente insostible, cunha débeda total para o Concello de máis de 22 millóns de euros, unha cifra que case multiplica por catro o orzamento anual da localidade, de ao redor de seis millóns. Miño é o segundo concello de Galicia (só despois de Os Blancos) con máis débeda viva por habitante, uns 2.529 euros por persoa. A pesar de que a súa poboación é duns 6 mil habitantes, Miño é a cuarta localidade cunha maior débeda viva en termos absolutos, uns 15 millóns de euros, só por detrás da Coruña, Compostela e Ferrol, e por diante de cidades como Pontevedra, Lugo, Ourense ou Vigo.

A urbanización de Costa Anácara, renomeada despois como Costa Miño Golf, supuña a creación de 1.200 novas vivendas (e un campo de golf) á beira a AP-9. Impulsada inicialmente por Fadesa no ano 2002, foi adquirida en 2006 por Martinsa, que en 2008 presentou a maior suspensión de pagamentos da historia de España. En 2010 o Tribunal Supremo declarou ilegal a adquisición dos terreos, condenando o Concello de Miño a indemnizar con 25 millóns de euros aos 500 veciños afectados polas expropiación. O pasado mes de xullo, debido aos impagos, o TSXG emitiu novas providencias obrigando a engadir un recargo para o pagamento dos xuros xerados. 

O pasado ano o socialista Manuel Vázquez Faraldo acadou a maioría absoluta, converténdose en alcalde, despois de décadas de goberno do Partido Popular e, nos últimos catro anos, do tránsfuga Ricardo Sánchez Oroza (que na campaña por carta solicitara aos demais partidos que non falasen da débeda do concello). Dende a súa investidura, Vázquez Faraldo marcouse como obxectivo a procura dun acordo extraxudicial cos expropiados."                        (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 03/03/20)

24/1/20

“Nunha cidade coma Lugo, onde hai máis dun 20% de vivenda baleira, tense que ofrecer alternativa habitacional para as persoas desafiuzadas”... "As persoas desafiuzadas son criminalizadas. Senten vergoña e culpabilidade por ter unha débeda"

"Pensamos que en Lugo non hai desafiuzamentos, pero a realidade é outra”. Dicíao Mina Galván, activista da plataforma Stop Desafiuzamentos, en xullo do 2019. Onte, martes 14 de xaneiro, volvía abordar a cuestión nunha conferencia que xirou arredor da “desidia” das administracións ante esta problemática. “Nunha cidade coma Lugo, onde hai máis dun 20% de vivenda baleira, tense que ofrecer alternativa habitacional para as persoas desafiuzadas”, reclamou.

‘Nin xente sen casa, nin casas sen xente’, rezaba precisamente o título da charla, organizada en colaboración co Club de Letras do IES Lucus Augusti. Ademais de Mina Galván, tamén participaron a avogada Isabel Cancela e o mestre Santiago Fernández Rocha, que centraron as súas intervencións nas vías legais para deter un desafiuzamento e na pobreza infantil, respectivamente.

O LABOR DA PAH

Segundo os datos da PAH-Stop Desafiuzamentos Lugo, actualmente teñen un total de corenta casos de desafiuzamento abertos: seis deles graves, outros seis en camiño de se solucionar e, o resto, “en stand by”. Na PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca) reciben persoas que se atopan en risco de perder a súa vivenda, acompáñanas no proceso e mobilízanse para lles axudar nas negociacións e trámites precisos. “Ás veces, os Servizos Sociais derivan algunha persoa aquí para que nós lles axudemos. É irónico!”, comentou a activista Mina Galván. Quéixase de que as administracións “nunca dan ningunha explicación” e de que “alongan os procesos de solicitude de axudas” ata o punto de que se volve moi complicado acceder a elas.

A principal demanda desta plataforma é a paralización total de calquera desafiuzamento en aluguer sen que exista unha alternativa habitacional. Lugo é unha das cidades de España con máis volume de vivendas baleiras, pero “o Concello non fai nada por recuperalas” malia haber xente que corre o perigo de quedar na rúa. Do mesmo xeito, tamén reclaman que non se executen lanzamentos sen data e hora fixadas. “É unha intranquilidade a maiores. Ás veces non sabes cando te van botar da casa. Pode ser en calquera momento”, explicaba Galván.

POÑER O FOCO NO LUGAR ERRÓNEO: OS OKUPAS

No discurso da conferencia, tamén se afondou no asunto das okupacións. Como é que a sociedade se indigna máis ante casos de okupas ca cos desafiuzamentos?, preguntábanse uns e outros. Como é que os grandes medios centran o debate nisto? “Ás veces okúpanse pisos de bancos, non de propietarios particulares. O banco non protesta, porque nin sequera se entera. E van e protestan os veciños… Iso non o entendo”, expresou a avogada Isabel Cancela.

Detrás de todo isto agóchase, quizais, a demonización da precariedade. “A maioría da xente criminaliza e repudia a pobreza en vez de facer algo conxunto por axudar as persoas que a sofren”, engadía Mina Galván. “Cando as persoas desafiuzadas chegan onda nós, teñen vergoña e séntense culpables de ter unha débeda”, explicou a activista. “Como sociedade, normalizamos a delincuencia dos de gravata, pero se lemos que unha persoa debe 1.500 euros a un banco xa nos escandalizamos”.

Para Santiago Fernández Rocha, profesor, é “tristísimo” o que “está ocorrendo a día de hoxe en Lugo” no referido á vivenda. Coida que “a esquerda non está á altura neste sentido” e non entende por que non sitúan esta realidade “en primeiro plano” político. “Sería máis rendible combater con decisión as causas da pobreza ca facer investimentos para reducir as consecuencias”, opinaba. “É o cancro devastador do futuro”.                (Silvia López, LugoXornal, 15/01/20)

24/10/19

A odisea de alugar un piso para ser independente, prezos imposibles e casas baleiras

"As sete grandes cidades aumentaron o ratio dos alugueres nos últimos anos. Os consumidores e asociacións vinculadas a eles, estiman que o aluguer turístico ten a culpa en grande parte. Os empresarios do aluguer turístico falan de nulas políticas de vivenda por parte das administracións. Mentres independizarse dos pais cada día é máis difícil.

 O aluger dun piso-estudo de corenta e cinco metros cadrados en Santiago estalle saíndo a Isabel por 700 euros ao mes. “O aluguer anda polos 550, mais a iso súmalle auga, luz e comunidade, así que os 1.200 que cobro non me dan e agora non teño gañas de compartir vivenda con ninguén”. Con case corenta anos, esta administrativa espera que lle confirmen se se vende ou non o edificio enteiro a unha empresa turística. “A ver, isto foi unha casa que dividiron en tres vivendas para alugar, agora o propietario recibiu unha oferta para vender todo e seguramente se converta nun hotel ou algo así”.

A situación da vivenda en aluguer en Santiago estase volvendo complicada desde hai un anos. Os prezos suben mentres que os salarios están conxelados. Os beneficios do aluguer vacacional ou turístico deixan rendas ás veces superiores ao que poden ingresar os arrendadores por un aluguer clásico. Así, as persoas que buscan unha vivenda para estar cerca do seu lugar de traballo, independizarse ou iniciar a vida en familia teñen que facer números a fin de mes ou buscar unha oportunidade más barata fóra da cidade, en concellos limítrofes. E aínda así non é unha garantía de prezo asequible.

CHAMADAS 


Encontramos un piso na rúa San Pedro en Santiago. O prezo é de 270, comunidade incluída, por un baixo reformado, cunha cama, unha mesiña de noite, cociña e baño completo. A primeira “barreira” é que para alugar debemos ter contrato laboral por un ano, non se admiten estudantes nin contratos temporais. Dicimos que somos autónomos. “Se podedes demostrar que tedes ingresos mensuais de maneira constante, poderedes falar co propietario”. Quen nos di isto é unha axencia de alugueres. Contactamos coa propietaria que nos di que xa está alugado.


“Agora mesmo en Santiago é complicadísimo alugar, ben polos estudantes ou polo aluguer a turistas” din desde outra inmobiliaria. “A ver, se hai estudantes que van vivir fóra de Santiago porque aquí xa é imposible pagar mesmo por un cuarto” di Iván, camareiro aínda que con estudos universitarios. Non obstante, se se navega máis pola rede damos con alugures que non chegan aos 100 euros por un cuarto. “Son oitenta e cinco máis 50 euros en gastos, que son butano, auga, Internet e comunidade” dinnos desde o outro lado do móbil. “Iso si, acabado o mes de xuño, temos que abandonar todo, os donos non repiten inquilinos”.

A cuestión é que a fluctuación de prezos experimentada nos últimos dous anos como apunta Miguel López, de UCGAL, non permite “en absoluto” o acceso a un aluguer asequible a unha familia que non busque ser propietaria do inmoble onde vive. Alugar “xa non é unha opción só para a xente nova que quere independizarse, tampouco o é para moitas familias que no momento actual ou hai tempo decidiron polo alugueiro como forma de vida” sinala López.


Cando remata un contrato de aluguer, as opcións poden ser “que esa vivenda sae de novo ao mercado ou hai un incremento de prezo inasumible para moitas familias”, isto significa que é “un problema que vai máis alá da poboación máis nova”. Os lugares onde é máis difícil alugar son as sete grandes cidades, como o propio López nos confirma. Obviamente os e as propietarias poden destinar a súa propiedade a vivenda turística porque a rendibilidade que lle poden tirar é moito maior.

VIVENDA TURÍSTICA CULPABLE?


Son as vivendas turísticas as culpables da escasa oferta para alugar a familias? “Non comparto esa opinión” di Dulcinea Aguín, da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (AVITURGA). “Ese é un argumento moi fácil para as persoas que durante os últimos anos non fixeron políticas de vivenda axeitada”. Como exemplo, Aguín pon Santiago “con 6.000 vivendas baleiras e ten 612  vivendas de aluguer turístico, entón estame dicindo que por culpa do aluguer desas 612 hai 6.000 baleiras? Non pode ser”.


Sobre a política de vivenda Aguín pregunta ademais “canta vivenda protexida ou de especial protección se fixo nos últimos vinte anos en Galicia? Fixéronse macro-desenvolvementos urbanísticos onde a Lei do Solo obrigaba a construír un 20% de vivenda de especial protección que ao final non se fixeron”. A conclusión de Aguín sobre este punto é que “non lle poden dicir aos propietarios a que deben dedicar as súas vivendas”


Ademais, as plataformas para alugar inmobles poden facilitarlle aos propietarios vantaxes como a xestión do arrendamento e entregarlles a parte correspondente dos pagamentos. Tamén están as que alugan edificios enteiros e ofrecen o mantemento e garanten unha seguridade no cobro das rendas, que sempre foi unha das preocupacións máis manifestadas polos propietarios. Por tanto a comodidade e a seguridade é outro factor a ter en conta para quen cambia o uso da súa vivenda alugada.


Dulcinea Aguín de Aviturga, apunta esa garantía de cobro como elemento disuasorio para aluguer anual e de mantemento. “Podes alugar a turistas todo o ano e esa vivenda estará intacta, non é o mesmo o deterioro dun aluguer anual”. Sobre o estado das vivendas turísticas en Galicia Aguín di que “son de moi boa calidade, e a nosa comunidade é un destino moi reclamado, mais os prezos son fixados pola lei de oferta e demanda, co que se pode dicir que cada ano pode aumentar o prezo de aluguer turístico polos investimentos que se fan nelas, así que non teñen que ver cos alugueiros de hai uns anos”.


As vivendas turísticas existen desde hai moito tempo, “mais antes estabamos regularizadas pola Lei de Arrendamentos Urbanos como aluguer vacacional, as comunidades autónomas recolleron despois as competencias e agora en Galicia temos unha normativa que entrou en vigor o 10 de xuño de 2017”.

VIVENDAS BALEIRAS


As últimas cifras sobre vivendas baleiras ou desocupadas en Galicia son do ano 2011. Durante os últimos anos o número de licenzas de construción foron moi poucas en comparación coas vendas dentro dosector da vivenda. “Os números poderían estar terxiversados, querendo ofrecer a idea de non hai tantas vivendas baleiras, porque moitas están en ruína ou non son suceptibles de ser habitadas polos seus donos” din desde a UCGAL. Ás veces os permisos necesarios para habitar un fogar non son outorgados por falta de licencias para primeira habitabilidade, ou non ter todas as condicións que permitan ocupar o espazo.


As cifras de vendas falan de máis de 120.000 vivendas vendidas desde 2011, segundo datos do Instituto Galego da Vivenda e Solo. A cuestión é saber se ditas vendas foron para uso de familias ou se quedaron baleiras, cambiaron de dono e poden seguir baleiras a día de hoxe. Un exemplo serían aqueles inmobles do Sareb, dos bancos que foran comprados directamente a estas entidades. Existe maneira de saber se están habitadas por familias ou están no mercado para outros usos? Por tanto, as vendas non estarían reflictindo unha ocupación “real” por parte de familias duns espazos que quedaron paralizados, unha consencuencia da “burbulla inmobiliaria”.


O mercado do aluguer está en horas baixas en canto número de espazos para arrendar. En cuestión de dous ou tres anos en lugares como Compostela “parece que desapareceu polo destino dos pisos para uso turístico regulados, inscritos nun rexistro pertinente sobre a súa actividade, este colectivo medrou de maneira importante”. Isto non quita que un número relativamente importante destes pisos estean realizando a súa actividade á marxe da lei."                      (Moncho Mariño, Galicia Confidencial, 18/10/19)

4/10/19

Tan só o 41% da poboación galega está nunha situación de integración plena. Outro 41,6% da poboación galega atópase nunha situación precaria e conta cunha alta taxa de vulnerabilidade social. No outro extremo, case un de cada cinco galegos e galegas (470.000 persoas) atópase en situación de exclusión social

"Tan só o 41% da poboación galega está nunha situación de integración plena. No outro extremo, case un de cada cinco galegos e galegas (470.000 persoas) atópase en situación de exclusión social. Deles, o 9,1% da poboación (245.858 persoas) está nunha situación de exclusión moderada e o 8,4% (226.946 persoas) en exclusión severa. 

Ademais, o 41,6% da poboación galega atópase nunha situación precaria e conta cunha alta taxa de vulnerabilidade social e con risco de caer en situacións de pobreza ou exclusión, sobre todo no escenario dunha nova crise económica

O 30% de familias numerosas, o 23,3% das familias con fillos e o 22% das familias monoparentais están en situación de exclusión social. Constátase, ademais, unha maior feminización da pobreza, pois o 20% dos fogares sustentados por mulleres están en situación de exclusión.

Este xoves foi presentada en Compostela a edición 2019 do Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galicia, unha análise impulsada por Cáritas da situación das persoas e os fogares en situación de exclusión no país. 

O documento constitúe "unha mirada á nosa cohesión social para analizar como vivimos e reaccionamos ante a gran recesión, como estamos a enfocar a saída e cales son as consecuencias da crise na poscrise", salientou na presentación Guillermo Fernández Maíllo, coordinador da investigación e membro do Comité Técnico da Fundación FOESSA. 

No seu informe estatal, presentado hai uns meses, Cáritas sinalaba a Galicia como o territorio con máis persoas "na antesala da exclusión" nunha nova crise. "Este grupo da sociedade insegura móvese no gume da navalla. E intúe que ante unha eventual acudida, nunha nova crise, o seu sostén económico crebará. Indígnalle que a sociedade segura se desentenda do resto e colla máis impulso ata desconectarse", destacaba o informe.

 Entre as conclusións do informe, destaca a énfase posta no papel da vivenda para inclusión ou exclusión. O documento salienta que en Galicia a vivenda "pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade", desprazando ás dificultades relacionadas co emprego. Así, o 64,9% das persoas en exclusión atópanse afectadas por esta dimensión

En total, o 5,5% da poboación galega atópase nunha situación de vivenda inadecuada (149.000 persoas) e o 7,6% nunha situación de vivenda insegura (205.000 persoas).Así mesmo, o 28,1% da poboación galega viuse obrigada a reducir os gastos de subministracións da vivenda (electricidade, auga, gas), o 17,6% tivo que reducir os gastos de teléfono, televisión ou internet, o 9,8% viuse sen diñeiro suficiente para o pago de gastos relacionados coa vivenda e o 5,1% tivo que facer fronte a avisos de corte na subministración de luz, auga ou teléfono. 

O informe tamén destaca que a precariedade laboral se "converteu nunha forma de vida estrutural na nosa sociedade" e explica que "a taxa de traballadores pobres é do 12,2%, e que do total da poboación excluída, 4 de cada 10 está a traballar", o cal racha a idea de que "un posto de traballo e un salario saca ás persoas das situacións de exclusión".

 Na presentación deste xoves Raquel Martínez Buján e Antonio Izquierdo Escribano, profesores da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e autores do Informe, presentaron o relatorio "A sociedade desordenada e insegura. Riscos globais aos que nos enfrontamos". 

Os dous profesores salientan que a crise financeira, a perda de emprego e as políticas de austeridade experimentadas na última década impulsaron "o aumento da desigualdade social" e que a puxanza da desregulación no marco económico e laboral "meteunos como sociedade nun estado de inseguridade e escaseza como forma de vida". "A precariedade está a configurarnos como ser social e nos descompromete coa vida en común", concluíron.

 O Informe revela que os efectos da recuperación económica non parecen facerse notar con claridade en Galicia: a maior parte da poboación galega (o 75,1%) non percibe a chegada dos efectos da recuperación económica ao seu fogar, porcentaxe que se amplía até o 80,8% no caso das persoas que viven en fogares en situación de exclusión. A situación galega é, a este respecto, moi similar á do conxunto de España, onde o 71% da poboación sinala non percibir no seu fogar os efectos da recuperación económica."                         (Marcos Pérez Pena, Praza Pública, 27/09/19)