Mostrando entradas con la etiqueta Veterinarios: control sanitario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Veterinarios: control sanitario. Mostrar todas las entradas

11/12/23

"Hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas"..."Se pillan á señora María con ovellas sen identificar, vana tratar como a Sito Miñanco", di o xerente dunha empresa de control

 "Como vai existir o rural se non se lle deixan de poñer portas ao campo, que adoita dicirse? Como as aldeas van subsistir como se facía antes, con produción da propia casa, se para ter unha soa vaca ou unha galiña hai que ter toda unha ristra de papeleo? Como se pode ter animais se a nova lei de benestar animal ameaza a cada paso con multas? E como estar tranquilo nunha explotación gandeira se os inspectores tratan de pillarche por calquera mínima cousa? A realidade que se vive na actualidade no campo galego é moi dura. A poboación que queda nas aldeas, envellecida, non é quen de adaptarse a tanta normativa como hai na actualidade, nin conta cos coñecementos tecnolóxicos necesarios como para poder dar de alta aos seus animais a través da oficina virtual da Xunta. Pola súa banda, os mozos, xa nin queren saber dun tema que non semella causar máis que problemas. Así, é imposible.

"Din que o rural desaparece? O que eu non sei é como non desapareceu xa nin como segue en pé", plantéxase Manuel Calvo, xerente da empresa Spartana Control Services S.L. e propietario dunha agrotenda na que, día a día, observa o temor da xente a multas e requirimentos por parte das administracións. "Hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas", asegura, engadindo que, "de feito, semella que cantos menos animais tes moito máis rigurosos son nas inspeccións". Este home, que tamén imparte formación nas contornas rurais, sempre lles di aos seus alumnos: "É imposible que antes da siesta non haxa establecidas dúas ou tres normas novas, porque está todo normativizado, temos unha cantidade de normas inxente".

Así, pon un exemplo que foi atendido pola súa propia empresa. Sen dar nomes concretos, fálanos da señora María por poñerlle un nome en abstracto. Esta señora tiña unhas ovellas, poucas, na casa, e "tal expediente lle fixo o veterinario oficial que semellaba que a señora estaba a xerar un problema de saúde pública por ter esas ovellas". Miráronlle os cerramentos. Miráronlle as comedeiras, que tiñan barrotes de madeira que non podían ter. "Vamos a ver, é unha corte vella, son cinco ovellas, e teñen unha comedeira típica dos pesebres antigos, como no que naceu o neno Xesús", chancea Manolo. Por outra banda, tamén se lle queixaron da forma de darlle auga aos animais. A señora María tiña un capacho no pesebre, limpábao todos os días e, ao chegar a noite, antes de meter ás ovellas no cortello, enchíallo de auga fresca. "Dixéronlle que de ningún xeito, que non podía facer iso con auga corrente", apunta este experto. A cousa chegou ata o punto de que "lle dixeron que non tiña luz na corte, e que iso non podía ser, porque se tiña que ir inspeccionar ás ovellas pola noite tiña que ter unhas boas condicións para poder facelo". "Toleárona da cabeza", afirma Manolo.

"SEMELLA QUE AS OVELLAS DE MARÍA PODEN MATAR TODAS AS VACAS DA ZONA"

Por outra banda, aínda que só teñas catro ovellas ou dúas galiñas, estás obrigado a dar de alta a explotación, ter a documentación de cada animal ao día e os seus seguros sanitarios. Hoxe en día, todo esto faise a través da oficina virtual da Xunta, pero, como evidencia Manolo, "a maioría da xente que está no rural xa ten unha certa idade, coa limitación que isto supón para acceder a este recurso". Mesmo para poder vender un animal teñen que solicitar a través da oficina virtual unha guía sanitaria, a través dunha aplicación e cun código. "Pero a señora María non ten ordenador, e non o entenden", asegura, indignado: "Como pode ser tan complicado para a señora María ter unha ovella na súa finca para que lla limpe? Se aínda por enriba está a facer un servizo á comunidade, evitando que un incendio forestal poida chegar á beira das casas porque a ovella mantén os pradairos limpos". "Amárgana perdidamente", lamenta este experto.

Ante esta situación, cal é a solución pola que opta a señora María ou calquera outra persoa? "Pois hai dous camiños, e ambos son malos para a administración: ou vende as dichosas ovellas, ou di que llas roubaron e quítalles os identificadores, quedando con elas pero de forma ilegal", explica Manolo. Evidentemente, calquera das dúas cousas non está exenta de risco, pois, "se a collen nunha operación destas, téndoas de forma ilegal, prácticamente a van tratar coma se fose Sito Miñanco", así de 'heavy' é a cousa. Por que? "Porque din que as ovellas sen documentación poden ser un risco a nivel sanitario, para a saúde pública, e ti pénsalo como alguén que estudou sobre o tema e é verdade que as ovellas poden ser vector de transmisión dalgunha enfermidade para os rumiantes, como a lingua azul, se non están correctamente saneadas, pero tal e como cho din e tal e como llo comunican semella que a señora María pode matar a todas as vacas de Mazaricos ela soa, e iso tampouco é verdade". "Ata ese nivel o están a levar", conclúe Manolo.

"SE QUERES MERCAR UN PITO, TÉÑENCHO QUE TRAER EN TRANSPORTE Á CASA"

Así as cousas, como evidencia Manolo, "hoxe en día é imposible vir mercar a unha tenda agrícola dúas galiñas sen ter unha explotación agrícola dada de alta, e xa non digo dúas galiñas, nin sequera un pito do día podes mercar". "Despois asustámonos de que o rural non funciona, como vai funcionar?", pregúntase, respostando que iso é como "se a bicicleta ten dúas rodas e teslle un pau en cada unha, son cousas tan kafkianas como esa". E é que para mercar unha simple galiña "a señora María ten que ter un permiso de tenencia, pois no ticket que eu lle dou na tenda ten que ir o meu número de rexistro e o seu de cliente rexistrado tamén". Con todo, aínda que iso se faga deste xeito, se a señora María leva o pito no coche ata a súa casa, a dez metros de distancia, xa está a transgredir a lei. Por que? "Porque non ten un vehículo coa documentación ao día para poder transportar animais vivos nin realizou o curso de benestar animal para o transporte", asegura Manolo.

"Fíxate a que nivel chegamos", lamenta este dono dunha tenda agraria, que explica que, así as cousas, "ti se queres comprar un pito debes, segundo a lei, ir ou chamar á agrotenda da túa zona, eles teñen que ter un vehículo habilitado ou pagar a un transportista do servizo público que teña número de rexistro e que conte cun curso de manipulación e benestar animal no transporte, e que sexa el quen cho leva ata a casa". Ao comunicarllo á tenda, esta ponse en contacto coa Xunta a través da oficina virtual, pide unha guía veterinaria na que avisa de que vai vender un pito ou unha galiña e o vai a transportar ata a casa de Fulanito o día tal e á hora tal, para chegar a esa casa á hora cal. "Ese é o ridículo que estamos chegando a facer, e todo por un simple pito", afirma Manolo, que reivindica que "as cousas non poden seguir funcionando así". 

"SE TES SEGUROS DE ANIMAIS SUBVENCIONADOS, OLLO CON FACENDA"

Outra problemática engadida está no tema dos seguros animais. Son obrigatorios porque cando estes morren debe vir un servizo de retirada. Pero a cousa non é menos preocupante. Manolo exemplifica que "se tes a túa avoa con ovellas ao seu nome e contrata un seguro para que o camión verde poida vir por elas cando morran, ese seguro pode custarlle se o paga íntegro uns 5 euros por ovella, pero como é un seguro que está subvencionado pola comunidade económica europea máis ou menos ao 60 %, custaríalle uns 2,30 ou 2,20 euros por ovella". O problema? "Dentro de cinco anos á túa avoa vaille a chegar unha carta certificada de Facenda que lle vai dicir que non está a declarar os ingresos todos que ten, porque ao percibir unha subvención pública, xa está obrigada a realizar a declaración da renda, e, de non facelo, pódelle acarrear unha multa de entre 800 e 1.000 euros, dependendo do inspector que lle toque", indica o experto.

Ademais, a expansión dos núcleos urbanos e periurbanos está a xerar a morte de moitas explotacións. E é que a convivencia entre granxas e veciños non é sinxela. Manolo conta o caso dunha granxa de porcos con licenza dende o ano 1941. "Puxéronlle unha promoción de chalés detrás, e agora quéixanse de que lles cheira a porco, cando esa xente comprou os chalés sobre plano, é dicir, foi cincuenta veces a ver como avanzaban os chalés mentres llos facían e é agora cando se dan de conta de que cheira a porco na zona", asegura. A solución? "Ao gandeiro estano a churruscar a inspeccións, a ver por onde o 'pillan', dicíndolle que se non pode ter leña na zona, que non pode plantar legumes na horta onde está a granxa...". 

"MOITOS FUNCIONARIOS TEÑEN EXCESIVO RECEO CON XENTE CON DÚAS VACAS"

Manolo concede que "as normativas, nun inicio, creáronse pensando nas grandes explotacións e, por riba, moitas delas están redactadas por xente cunha formación dubidosa para facelas, algo que pasa en todos os ámbitos". Pero, a maiores, despois "tes moitísimas veces aos funcionarios encargados de velar polo cumprimento desas leis que as aplican cun receo excesivamente alto a persoas como a señora María, que ten dúas ovellas e tres galiñas, e non ás grandes explotacións". Cando, segundo afirma este experto, "como inspectores veterinarios, deberían saber tamén interpretar as leis e adecualas a cada caso en particular, que para iso se licenciaron". Mentres que a realidade é que coa cantidade de sancións que lle poñen a persoas como a señora María é para dicir: "Hostia, María, vante levar presa". 

A isto súmase a falta de empatía coas persoas maiores á hora de comunicar as cousas. En vez de facelo por chamada, explicándolles os requerimentos, fano por carta. "Fai nada chámaronme dun aldea na que uns veciños recibiran unha carta que lles ameazaba con multas de ata 600.000 euros se non desbrozaban as fincas", e "cando eu cheguei alí estaban todos atacados dos nervios por unha finca, xa pensaban que lles ían quitar a casa e que ían a perdelo todo". "Tan complicado é que en casos de xente octoxenaria se lles chame dende a Oficina Agraria Comarcal en vez de mardarlles unha carta asustándoos?", plantéxase Manolo. Facendo as cousas así de mal, "como se vai recuperar o rural, hoxe en día nin o plantexas".

"COMO O CAN DO VECIÑO CHE PREÑE A CADELA XA ERES CRIADORA ILEGAL"

E é que na actualidade a todas estas problemáticas veu a sumarse outra: a nova lei de benestar animal. "Como se lle ocurra ao can do veciño saltar a tapia e violarche á cadela, tes un problema de tres pares de collóns, porque xa te convirtes en criadora ilegal, o que supón que che poden meter unha multa de ata 6.000 euros por cadelo que naza", argumenta este experto. E comenta que asistiu a un caso no que "un inspector ameazaba a un gandeiro que tiña os seus cans de raza mastín polo monte, pois eran os encargados de gardar as ovellas, e díxolle que aínda que a lei de benestar animal exclúe aos cans usados na gandaría, el apreciaba un claro indicio de abandono, o que podería supoñerlle unha multa de 6.000 euros, antecedentes penais e, ao mellor, prohibirlle ter animais nunca máis, o cal suporía a súa ruína". Así de grave é a situación."                (Ángela Precedo, Galicia Confidencial, 06/12/23)

19/1/21

A zona cero das vacas tolas, 20 anos despois: "Non esquecemos, foi unha atrocidade"

 "O 31 de decembro do ano 2000, mentres a xente despedía o ano cabo das badaladas de calquera canle de televisión, houbo dúas familias en Mesía que decidiron tomar as uvas aos pés dunha canteira abandonada da parroquia de Lanzá; e é que aquel lugar estaba sendo protagonista dun dos episodios máis polémicos dos últimos tempos en Galicia. 

O goberno da Xunta, por aquel entón gobernado por Manuel Fraga Iribarne, dera a orde de depositar centos de vacas mortas naquel burato na terra que deixaran as actividades de extración de cuarzo da empresa Erimsa, detrás da que estaba o exministro Villar Mir. Estes feitos aconteceron no medio da crise das vacas tolas, unha epidemia causada por un axente infeccioso que se transmitía a través dos pensos de orixe animal, o prion, e que facía enfermar o animal máis importante do país, social, cultural e economicamente falando: a vaca. 

Máis de 300 reses resultaron infectadas en Galicia por esa enfermidade chegada do Reino Unido, pero moitas máis foron eliminadas no intento de conter a epidemia. Por aquel entón, unha pregunta sobrevoaba aquela discutida xestión da crise por parte da Xunta: a onde ían parar todas aquelas vacas mortas? Neste punto, o lugar de Mesía, un concello do interior da provincia da Coruña, entrou na ecuación. Os ollos inocentes dun cativo foron os que descubriron os enterramentos de vacas que o goberno galego estaba realizando de maneira clandestina nunha canteira da aldea de Lanzá. "Aqueles días, cando aínda non sabiamos nada na aldea, chamábanos a atención un cheiro apestoso. Cando collías a roupa non valía para gardar, había que volvela á lavadora", lembra Carmen [nome ficticio], unha gandeira da zona implicada na loita.

A veciñanza pronto se organizou para impedir que máis camións con vacas entraran naquel lugar, hoxe cuberto de toxos e xestas, rodeado dun aramado a medio caer, mais coa consciencia do pobo ben fresca sobre o que alí debaixo permanece. "Sabes que hai algo: moita borralla, unha atrocidade; e iso non se esquece", relata a veciña. As impactantes imaxes das vacas tiradas sen control, dos regos de sangue cara ás augas, "dos vermes andando pola pista" forman parte da memoria colectiva do lugar e chegaron daquela a milleiros de casas a través da televisión e das portadas dos xornais. Foi, de feito, a ocasión de que as persoas emigradas puidesen volver ver os seus veciños e o seu territorio, a través dunha loita que cruzou fronteiras.

O portavoz veciñal naquel tempo, José Lino Bermúdez, foi a cara visible do conflito ante a prensa, a persoa na que recaeu a comunicación de todo aquilo que estaba acontecendo no seu pobo. Bota a ollada atrás e lembra con nitidez a "tensión" de ter que atender todos aqueles medios famentos de declaracións, e de ter que lidar contra manipulacións e intentos de aproveitarse da situación. Descubriu de golpe, di, "que a política estaba chea de astucias": "Viñéronnos tirar a merda aos fuciños, -cando eu cheguei xa había dous montóns de vacas e moitos sacos do que parecía ser fariña cárnica contaminada -, pero o que máis nos fastidiaba era a impotencia ante como nos trataban, seguido con mentiras e falsidades. Non nos deixaban pasar, queríannos tapar a boca con esa porquería, sen respecto ningún pola xente, pero nós defendémonos o máximo posible", conta.

Tanto é así que mesmo fixeron gardas para vixiar o lugar. Noitevella foi o punto de inflexión. "Aquel día, a Garda Civil díxonos que marcharamos para as nosas casas, que alí non se ía tocar nada, pero á noite atopámonos con que as máquinas estaban traballando a tope", relata José Lino. A partir de aí, durante seis días e seis noites, a veciñanza, organizada en quendas, deixou de atender os seus quefaceres diarios para defender aquela terra. "Montamos unha especie de campamento onde cada un aportaba o que tiña e onde todos compartían o que había. Lembro que unha noite levei un termo de café e unha botella de augardente para correr o frío", relata Fernando García, outro dos moitos implicados naquela loita en pleno inverno. "O primeiro que me vén á cabeza é a satisfacción de ter participado dunha protesta pacífica e cívica. Nós tiñamos claro que os protagonistas do que estaba pasando non eramos nós, senón as vacas que estaban aló arriba. Tiñamos que protestar no sitio delas".

Todo o que rodeou a xestión da crise das vacas tolas en Mesía foron "enganos, ameazas, ilegalidades e imcompetencias", resumen as testemuñas. O máximo responsable da Xunta naquel tempo, Fraga Iribarne, tardou en desistir da súa idea de seguir mandando vacas mortas para Lanzá. "Quíxonos dar caña", di Bermúdez. "Sabemos por fontes fidedignas que tiñan preparados antidisturbios ao salvaxe para vir aquí e limparnos". Salvounos, conta, que un dos tenentes "non viu motivos" polo carácter pacífico da protesta, mais nun momento dado, a policía si que chegou a reter algúns veciños durante un tempo. 

Tardaron "moitos días" en tapar aquelas vacas falecidas. Primeiro trouxeron material das minas de Touro, "unha especie de arxila que dicían que era impermeable", pero pouco despois alguén comunicou que aquel material "tamén era contaminante", lembra o portavoz. Finalmente instalaron un sistema de queimadores e de gas, que, segundo intúe o veciño, "nunca chegou a funcionar". "Un paripé de tres pares de narices!", resolve. Hoxe, aquel lugar segue sendo sinónimo de toxicidade para moitas persoas da contorna. "Non só polo que había alí, senón tamén polo pouco interese e a pouca consideración dos políticos por solucionar o tema", fala Carmen.

Aquela crise provocou, de feito, a dimisión do conselleiro de Agricultura, Castor Gago, a comezos de xaneiro do 2001. "A xente dicía que ese feito era moi relevante, pero a min parecíame básico", di Bermúdez. 20 anos máis tarde, "aquí non vimos perdón nin compensación de nada". Segundo a ollada de Fernando, "as vacas tolas foron o principio do final de Fraga". Tamén en Mesía a crise se viu como un antes e un despois para a política do concello, posto que "arrancou o compromiso da xente". "O Concello tardou catro días en recoñecer que recibira un fax onde se avisaba de que ían enterrar as vacas", entende Fernando, unha actitude que provocou un "espertar" na sociedade, mesmo co nacemento dun novo partido político no concello.

CONTRA O ESQUECEMENTO

Hoxe en día, o lugar no que se atopan soterradas as vacas segue resultando inhóspito. Boa parte da contorna máis próxima, tamén en mans de Erimsa, preséntase degradada: terreos afondados pola extracción do cuarzo, desniveis provocados polas antigas canteiras, espazos ermos nos que non medra nin sequera herba, un lago con elevados índices de acidez nas súas augas... Por alí ninguén adoita pasar. Carmen lembra que volveu unha vez, hai tempo, "por curiosidade". "Daquela o lugar onde foran enterradas as vacas estábase cubrindo de maleza, e... Parece que me entrou un pouco de paz", recoñece a veciña. 

As imaxes daqueles días quedaron gravadas na retina de toda a veciñanza implicada naquela intensa loita, mais por se o esquecemento chama á porta dalgunha persoa, en Mesía teñen como defenderse. Durante o tempo da crise, Fernando dedicouse a recompilar todas as noticias e documentos gráficos que agromaban en torno aos enterramentos das vacas tolas. A súa intención, explica, é "recordarlle o acontecido a aquela xente que ten memoria moi selectiva". "As vacas están aí, o monte está aí. Así que co paso do tempo, que ninguén diga que isto non pasou. Cando foi o Prestige, houbo xente que aseguraba que o petróleo non chegara ás praias. Se a alguén se lle ocorre dicir que en Lanzá non enterraron vacas, ensinámosllas. Temos o recordo gráfico do que aquí fixeron".

"Tan só polo respecto á xente que estivo á fronte, isto merece non ser esquecido", sente tamén Carmen. E así, a pesar das gretas, co recordo ben lúcido e coa satisfacción da loita conxunta, é como a ferida vai curando."                   (Galicia Confidencial, 14/01/21)

24/1/11

La Xunta acredita para identificar al ganado a firmas implicadas en fraudes

"Tres de las entidades que la Consellería de Medio Rural ha autorizado para identificar el ganado bovino, ovino y caprino, tras el despido de los 112 veterinarios que realizaban esa labor, están implicadas, y condenadas en uno de los casos, por fraude.

La Cooperativa La Arzuana, con domicilio social en el muncipio coruñés, aparece procesada por su supuesta implicación en una red de 18 sociedades dedicadas a comercializar leche de manera fraudulenta para eludir el pago de impuestos. (...)

Otra entidad identificadora, la clínica Arsovet, autorizada a operar en nueve municipios de A Coruña, Lugo y Pontevedra, fue condenada en agosto de 2008 por el Juzgado de lo Penal número 5 de A Coruña por intrusismo laboral. David Furelos Codesido, el administrador, y Enrique Rodriguez Raviña, realizaron actos veterinarios sin estar en posesión del título. (El País, Galicia, 21/01/2011, p. 5)