Mostrando entradas con la etiqueta p. Romay Beccaría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta p. Romay Beccaría. Mostrar todas las entradas

14/7/23

A cara A de Feijóo: o "padriño" político e a saga Romay Beccaría en cargos públicos

 "José Manuel Romay Becaría, ex alto cargo franquista, fichou a Núñez Feijóo para a política. Se hoxe o líder do PP é o que é, é grazas a este político e avogado de Betanzos. Pero a relación entre os dous tampouco se entende sen o papel de Carmen Martín de Pozuelo, a sobriña de Romay, desde hai case 20 anos alta directiva da empresa Atos. Esta é a historia dun padriño político, dun afillado aventaxado e da sobriña empresaria.

 “Reivindicar a homes como José Manuel Romay Beccaría é reivindicar a etapa máis gloriosa da nosa historia recente e supón reivindicar o papel da boa política. Da súa traxectoria aprendemos que pensamento e acción son necesarios para transformar a realidade”. Núñez Feijóo non escatimou nunca eloxios para quen foi o seu "padriño" político, un home co que entrou na órbita do PP e a quen acabou situando de man dereita de Manuel Fraga.

 Pero como foron eses inicios políticos de quen acabou liderando o Partido Popular e que acabou baixo a longa capa dun dos pesos pesados da antiga Alianza Popular en Galicia?. Situemonos a finais dos anos 80. No ano 88, tres anos despois de acceder como interino da Xunta na Consellería de Facenda, Feijóo encabeza a candidatura da Asociación de Funcionarios Interinos e Contratados Administrativos (Afica). Con este sindicato gaña as eleccións e pasa a ser delegado sindical. Un posto ao que lle colle gusto, tanto gusto que lle sirve para dar o salto político.

Estamos xa a comezos dos noventa. "Aos tres ou catro anos chegoume unha oportunidade. Ser secretario xeral dunha consellería. Era un cargo de responsabilidade política, algo que non quería, meterme en política, e dixen que non. Aos dous meses, ante a insistencia da persoa que mo propuxera, e vendo que, o posto, milagreiramente, estaba vacante, dixen si. Ao final era unha oportunidade de mellorar que é o que quere calquera persoa". Así explica o propio Feijóo este chimpo á area política nun vídeo no que repasa toda a súa vida de cara aos comicios do 23X.

Esa persoa que o chamou era Romay Beccaría, un peso pesado na Xunta de Albor que mirou potencial político nese mozo sindicalista  e lle ofreceu a secretaría xeral da consellería e a do Sergas. "Co tempo, José Manuel Romay Beccaría, o conselleiro que me nomeou en Agricultura e logo na Consellería de Sanidade, foi nomeado ministro de Sanidad, e propúxome mellorar a sanidade en España cando a sanidade non estaba transferida a todas as autonomías". E xa convertido en home de confianza do novo minisro, Feijóo dá o salto a Madrid. Pouco despois, cambia o ministerio pola presidencia de Correos e en 2002, tamén impulsado por Romay Beccaría, acabaría na Xunta como vicepresidente.

A VIDA POLÍTICA DE ROMAY

Pero quen é Romay Beccaría nesa altura?, que poder político ten?. Para entendelo hai que botar a vista atrás e ir á época franquista. O seu pai, Emilio Romay Montoto, fora xa alcalde de Betanzos e logo presidente da Deputación da Coruña e deputado en Cortes durante a Dictadura de Francisco Franco. José Manuel, o fillo, seguiu o camiño do pai e, tras licenciarse en dereito, é nomeado Secretario Xeral de Sanidad, cargo no que permanece ata 1966 e cargo moi similar para o que fichou a Feijóo. Retoma a súa praza como letrado, ata asumir en 1973 a dirección do Instituto de Estudios de Administración Local. Permaneceu poucos meses nese cargo, pois en 1974 foi nomeado Subsecretario de Presidencia, e en 1975 Subsecretario de Gobernación.

 Xa en democracia, regresa a Galicia en 1982 para ocupar a vicepresidencia do primeiro goberno da Xunta de Galicia. Foi tamén deputado no Parlamento galego e, coma o pai, presidente da Deputación da Coruña, cargo onde permanecerá ata 1989, cando foi nomeado Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal do goberno galego. Ó ano seguinte asumiu a Consellería de Sanidade, permanecendo no cargo ata 1996 cando volve a Madrid como ministro de Sanidad y Consumo. Ostentou a carteira ministerial ata 2000. En 2003 foi nomeado presidente do Consello de Estado de España, cargo no que permaneceu ata o 2018.

O TRÍO POLÍTICO

A principios dos anos 90, ato tempo que ficha a Feijóo, Romay Beccaría tamén nomea a súa sobriña, Carmen Martín de Pozuelo Romay, asesora de Sistemas de Información dese departamento. A relación aumenta e afianzase en 1996 cando Romay asume o ministerio de Sanidade a onde leva a Feijóo como secretario xeral de Asistencia Sanitaria e a Carmen Martín asesora de Sistemas da Información repetindo o esquema da Xunta.

En 1998 salta a primeira polémica, Sanida merca 17.512 terminais sen a letra ñ. A oposición pide explicacións no Congreso dos Deputados. O deputado Feliciano Blázquez apunta co dedo á responsabilidade da sobriña de Romay.

Dende o estrado, Feijóo defende con uñas e dentes á acusada: “Vostede fala tamén desa asesora executiva do ministro. Mire vostede, mentres o ministro teña confianza na miña persoa e mentres eu teña algunha responsabilidade en informática, esa será a persoa da que sempre me rodearei para estes temas; sempre, antes e despois”.

ENTRE EN XOGO UNHA GRAN EMPRESA

Tres anos despois, Feijóo, xa como presidente de Correos, volve fichar a Martín de Pozuelo Romay como a súa directora de Tecnoloxía e Sistemas. Unha relación que se afianza cando o líder do PP é chamado por Fraga como Conselleiro de Obras Públicas. Con el trae á sobriña de Romay como directora de Sistemas de Información.

 Tras a perda da Xunta, Martín de Pozuelo Romay acabará  fichada como directiva para a empresa Atos Origin en Madrid, mentres que Feijóo acaba liderando o PP de Galicia. Pero, que relación había entre Feijóo, a sobriña de Romay e esta empresa tecnolóxica?

En Xuño de 2004, Atos Origin (daquela chamada só 'Atos') logra a súa primeira gran adxudicación da Xunta, precisamente do departamento que lideran Feijóo e Martín de Pozuelo Romay. Nunha UTE con Coremain, Atos encargarase do centro de xestión informática de Política Territorial a cambio de 1,6 millóns.

Unha relación político-empresarial que se incrementará coa chegada de Feijóo á Presidencia da Xunta. Desde 2009, con Martín de Pozuelos como alta directiva de Atos Origin, esta empresa multiplica os seus negocios coa Xunta dende a vitoria de Feijóo até o punto de ofertar dez postos de traballo nunha nova sede en Santiago. e gañar concursos de varios millóns. Cuestionado no seu día polo aumento dos contratos a Atos, Feijóo mostrouse visiblemente molesto coa prensa. "Sería bo non lanzar cuestións que non son certas e afectan á honorabilidade de persoas que non poden defenderse", advertía. A relación continúa ata hoxe, entre as últimas adxudicacións, o servizo de xestión do 112 en Galicia pechado en época de Feijóo como presidente da Xunta."               (Galicia Confidencial, 04/07/23)

22/6/23

Baltar: a vitoria final dos birretes... É a renuncia de Baltar a vitoria definitiva de Romay Beccaría? É o signo dos tempos a dimisión de Baltar fillo? Todos e cada un dos principais líderes do moderno PPdeG naceron á calor de Romay, tan ligado ao franquismo como o propio Fraga... Pode que o vello clientelismo só puidese manterse nas condicións dunha provincia rural, con moitos pequenos concellos e uns vínculos comunitarios estreitos, no mal sentido da palabra: a ditadura da aldea... Todos e cada un dos líderes territoriais de antano –os Cacharro, Cuíña, etcétera- foron arrombados sen seren substituídos por seres similares. Dende logo, esa diferenza non é menor. Ninguén coñece hoxe os nomes dos conselleiros, nin teñen unha base social personal: o seu perfil é insípido. Que é, probablemente, o que se buscaba... Entregar feixes de billetes á saída dos mitins sonaba aínda máis terceiromundista. Pero tiñan o poder. Os votos. Ou o control dos votos. Que parece o mesmo, pero non é a mesma cousa... Pode o PP substituír o estreitamento da súa base social, o adelgazamento derivado da desaparición do rural tradicional, por unha máis ampla influencia nas clases medias urbanas? As eleccións municipais demostran que o PPdeG ten unha enorme dificultade para lograr maiorías absolutas en vilas e cidades... Galicia cambiou un mundo. Moito. Está nun período de transición. Moitos aspectos que no pasado parecían conferirlle idiosincrasia desapareceron, pero non resultan evidentes, xa, os novos trazos que definirán o seu rostro (Antón Baamonde)

 "Todo en orde. En Ourense segue todo en orde. A renuncia de Baltar á Presidencia da Deputación, como todo parece indicar, está pactada co Partido Popular, así que o curso natural dos acontecementos seguirá o seu camiño. Veremos o que pasa con Jácome, o atrabiliario e narcisista alcalde de Ourense, pero parece probable que o crebacabezas atope a súa solución. Cousa inédita, o PP local propón unha grande coalición PP-PSdeG-BNG (co seu líder Manuel Cabezas de alcalde) para rexer o concello. Noticia bomba! Grosse Koalition en Ourense!: veremos que nos depara o futuro nese lugar arcano en que parece terse convertido a cidade. 

 É o signo dos tempos a dimisión de Baltar fillo? Significa que o vello clientelismo, ese que non podía convivir na mesma habitación coa xustiza, é asunto do pasado en Galicia? Cabe que así sexa, dende logo. Dise que no seu tempo o alcalde popular de Ames deu por inevitable a perda da súa alcaldía ao medrar o concello e cambiar, por tanto, a socioloxía dos seus habitantes. Pode que o vello clientelismo só puidese manterse nas condicións dunha provincia rural, con moitos pequenos concellos e uns vínculos comunitarios estreitos, no mal sentido da palabra: a ditadura da aldea, que dicía Stendhal.

 Eses vínculos comunitarios incluían aquel cálculo que falaba de 400 concelleiros do PP que traballaban ou tiñan familiares na deputación ourensana ou os 33 porteiros contratados para un centro cultural con dúas portas (quero crer que se trata dun subconxunto da primeira cifra). A lista de escándalos, ou de historias chuscas, ligadas aos Baltar é interminable. O amor pola vida veloz, que conculca a lei de tráfico, non é a que máis destaca nun currículo cheo de hit parades. Pecharse nun piso cinco deputados para presionar a Fraga foi hilarante e digno do camarote dos irmáns Marx . Entregar feixes de billetes á saída dos mitins sonaba aínda máis terceiromundista. Pero tiñan o poder. Os votos. Ou o control dos votos. Que parece o mesmo, pero non é a mesma cousa. 

 É a renuncia de Baltar a vitoria definitiva de Romay Beccaría, a súa particular conquista de Granada, con Baltar no papel de Boabdil? Dende logo, o PPdeG de hoxe é outra cousa. Todos e cada un dos líderes territoriais de antano –os Cacharro, Cuíña, etcétera- foron arrombados sen seren substituídos por seres similares. Dende logo, esa diferenza non é menor. Ninguén coñece hoxe os nomes dos conselleiros, nin teñen unha base social personal: o seu perfil é insípido. Que é, probablemente, o que se buscaba. 

 Ese novo PPdeG non naceu da nada. Todos e cada un dos principais líderes do moderno PPdeG naceron á calor de Romay, tan ligado ao franquismo como o propio Fraga –foi secretario xeral de Sanidade do 63 ao 66 e despois director do Instituto de Estudos da Administración Local, organismo ligado na altura ao Opus Dei- pero dunha orixe personal de máis alta alcurnia. Feijóo e Rueda, dende logo. Non se sabe que os así chamados birretes destacaran polas súas virtudes académicas pero é claro que colgarlles a etiqueta de boinas aos seus inimigos internos era practicamente alcumalos como paletos. Foi un frame, un marco mental, letal.

 O paisanismo estaba condenado a desaparecer nun país no que ese tipo humano é cada vez máis un resto a desaparecer e no que a maioría da poboación está ocupada nese extraordinario caixón de xastre que é o sector servizos. A cultura urbana, signifique isto o que signifique, é, por suposto, amplamente maioritaria, aínda que tal vez o seu vector máis característico é o que atinxe ao enorme peso das novas periferias urbanas. Foi Romay o que tivo sensibilidade a esa transformación e decidiu darlle a batalla aos seus adversarios internos, apoiado, por suposto, no poder do PP central e dos seus recursos mediáticos.

Agora ben, e se esa vitoria pode, a medio prazo, resultar pírrica? E se resulta que os efectos colaterais se revelan ironicamente contraproducentes? Pode o PP substituír o estreitamento da súa base social, o adelgazamento derivado da desaparición do rural tradicional, por unha máis ampla influencia nas clases medias urbanas? As eleccións municipais demostran que o PPdeG ten unha enorme dificultade para lograr maiorías absolutas en vilas e cidades que combatan o duopolio PSdeG-BNG. Poderá seguir mantendo a medio prazo, nun escenario así, o seu ben máis prezado, o poder da Xunta?

A cuestión non é fácil de responder. A pregunta, en realidade, trata acerca de se o cambio na estrutura social, o grao de urbanización, a globalización e a influencia das redes sociais, a perda de peso da identidade galega tradicional, etcétera, consagrarán maiorías adheridas a ese novo PP, que antes amalgamaba clases medias altas e paisanos no mesmo partido. 

 Pero a interrogación afecta tamén, dado que forman parte da ecuación, a BNG e PSdeG. Saberán os dous partidos hoxe na oposición facer unha lectura apropiada dos cambios en curso? Estar á altura do que espera deles unha cidadanía que ten novas demandas e que tampouco está cautiva das culturas políticas dos dous grupos nin moitas veces se sinte interpelada polas súas propostas, nin se sente cómoda nas identidades que lle propoñen?

Galicia cambiou un mundo. Moito. Está nun período de transición. Moitos aspectos que no pasado parecían conferirlle idiosincrasia desapareceron, pero non resultan evidentes, xa, os novos trazos que definirán o seu rostro."                 (Antón Baamonde , eldiario.es, 18/06/23)

13/4/15

El fascismo ferrolano, y su padrino Suevos... el otro, Romay Becaría... el narco Dorado... con Feijoó y los arsenios

"En Ferrol le llamaban Manuel Cruz Gamada por su ideología fascista. En la década de los 70, Cruz y otros jóvenes franquistas ferrolanos organizaron una centuria pedestre de Guerrilleros de Cristo Rey dedicada a apalizar demócratas, sindicalistas, curas rojos y niñas de instituto. 

Se les conocía como los cadeneros, pues acostumbraban a utilizar cadenas de bicicleta como arma. Aunque algunos de ellos, hijos de militar, también gustaban de airear sus viriles y patrióticas Glock, sus P38 y sus Astra nueve largo o nueve corto.

En la centuria de los cadeneros también militaba Arsenio Fernández de Mesa, actual director de la Guardia Civil. En aquella época, la complicidad del benemérito cuerpo con los guerrilleros de Cristo Rey era vox populi.

 El Ferrol era aún del Caudillo y vivía fuertemente polarizado entre el tradicionalismo castrense y franquista de sus militares y el oreo sindicalista del obreraje de Bazán. Los enfrentamientos eran constantes. Y la represión policial contra los trabajadores, feroz. 

Lo recuerda la escritora Ánxela Loureiro (Ferrol, 1956): “Nací en una familia numerosa obrera marcada por la cotidianas incursiones nocturnas que la policía política hacía en nuestra casa. Desde muy pequeña vi cómo registraban cada rincón de mi hogar y cómo se llevaban a mi padre detenido por ser sindicalista. Siendo muy niña, escuchaba a menudo la frase no me dejan jugar contigo sin entender la razón”.

Ánxela Loureiro fue una de las víctimas de la centuria falangista capitaneada por Fernández de Mesa y Cruz Gamada. Y la primera en denunciar formalmente a Manuel Cruz y a los cadeneros a los que pudo reconocer.

“El 20 de febrero de 1975 –Franco aún vivo– convocamos una reunión en el instituto masculino. Nuestros compañeros querían que nosotras, las rapazas, fuéramos a hablarles a la hora del recreo para que se iniciara, también allí, un movimiento estudiantil. Nuestra consigna partía de la universidad: las fuerzas de la cultura con las fuerzas del trabajo. 

Salimos del instituto un grupiño, seríamos diez o doce. Caminábamos hacia el instituto masculino y, cuando estábamos en el lateral izquierdo del edificio, apareció un coche del que bajaron varios chicos armados con cadenas, y corrieron hacia nosotras dando gritos. Pertenecían a los Guerrilleros de Cristo Rey y nos llamaban demócratas a modo de insulto. Uno de ellos, el mayor, corrió tras de mí y me dio varios cadenazos en la espalda. Yo me enfrenté a él y pedí auxilio a unas mujeres que pasaban por allí, y me pidieron aterrorizadas que me apartase de ellas”.

 Aquella mañana no estaba Arsenio Fernández de Mesa, alias Cuco, alias El Estirao, entre los agresores. Sí su buen amigo Manuel Cruz Gamada. “Cuco era de los cobardes. No solía actuar a cara descubierta, salvo cuando arengaba a sus camaradas en el patio del instituto Tirso de Molina”, relata el novelista Xavier Alcalá, que vivió en primera persona aquellos años convulsos.

 Allí, en el colegio, se reunían los Guerrilleros de Cristo Rey los lunes al atardecer antes de lanzarse a perseguir rojos por Ferrol o A Coruña. Juan José Castro Couto y Manuel Cruz eran los mamporreros. De Mesa ejercía de ideólogo con su dicción aplomada aprendida de su mentor Jesús Suevos.

Suevos era el alma de la joven centuria ferrolana, su creador. Había sido amigo de José Antonio Primo de Rivera, fundó Falange Española en Galicia en 1935 y había capitaneado la centuria falangista de la Sierra de Guadarrama durante la Guerra Civil. En el franquismo hizo carrera como corresponsal de la prensa del Movimiento en París, primer director de TVE y presidente del Atlético de Madrid.

El prestigio de Suevos entre el fascio ferrolano, el Ejército, la Guardia Civil y la Policía era una de las cartas de impunidad más valiosas de los Cristo Rey. Por eso sentó como una patada en la patria que una adolescente osara denunciar y llevar a juicio a Manuel Cruz, Castro Couto y unos tales Matías, Boado y Araguas de borrosa memoria. “Durante mucho tiempo recibí llamadas telefónicas con amenazas de muerte, pero a pesar de todo se realizó el juicio y salieron condenados”, recuerda Ánxela Loureiro.

 El juicio se celebró el 5 de marzo del 75 en el Juzgado Municipal de Ferrol. El día posterior a la agresión, el 21 de febrero, la joven activista había sido expulsada del instituto. Ella asegura que a causa de su denuncia contra los cadeneros. “Reunida la Junta de Disciplina del Centro, vista la actuación de su hija, Srta. Ángela Loureiro Fernández, alumna de 5º J, considerando que ha sido causante de alteración grave del orden académico, en especial en las últimas fechas, ha decidido la expulsión de dicha alumna hasta el día 3 de abril del corriente, con la advertencia de expulsión definitiva a la menor falta posterior. Dios guarde a Vd. muchos años”.

El asunto Loureiro era casus belli en Ferrol. Un grupo de compañeras de instituto de la joven dejaron de asistir a clase y protagonizaron sentadas cotidianas a las puertas del instituto Camilo Alonso Vega, bautizado así en honor al militar y ministro de Gobernación franquista. Con otro estilo, también los obreros y sindicalistas ferrolanos quisieron demostrar su solidaridad con las agredidas: un grupo armado de palos y puños propinó una paliza a los guerrilleros fascistas en la cafetería Sakuska, su habitual centro de reunión.

“A Fernández de Mesa lo recuerdo como palmero [de los agresores] durante el juicio, y oportunamente en el WC cuando fueron a por él en el café Sakuska de la Calle Real. Era ya un lechuguino y un cobarde, siempre con ellos [los de Cristo Rey] pero siempre detrás”, relata el historiador Bernardo Máiz, entonces joven profesor del instituto de Loureiro. “La permisividad policial con ellos era absoluta”.

El día de la vista el juzgado estaba abarrotado. “Fue muy emocionante para mí ver a tantas personas apoyándome en el juzgado. Había tanta gente que algunos se tuvieron que quedar fuera. Se decía que muchos trabajadores de Bazán habían pedido el día de permiso para asistir”, recuerda Ánxela Loureiro.

 Pero también asistieron los “palmeros”, como los califica Máiz, de los Guerrilleros de Cristo Rey: gente del estamento militar y la alta burguesía fascista ferrolana. Entre ellos, Cuco Fernández de Mesa. Loureiro no recuerda exactamente la sentencia condenatoria. Cree que quizá una multa de 2.000 pesetas que nunca cobró. Y no era para ella una cantidad despreciable: “A los trece años empecé a trabajar como dependienta, la jornada era de ocho, nueve o diez horas y el sueldo de 800 pesetas al mes”.

Pero los Guerrilleros de Cristo Rey no limitaban su actividad al apalizamiento de niñas. “Comenzaron a actuar, en aquellas fechas, contra algunos curas rojos (Vicente Couce, Bernardo Cendán, Cuco Ruñís). Se les presentaban enseñando las pistolas y hacían pintadas: Curas rojos, no. Intentaron quemar la iglesia de Santa Mariña y la del Socorro”.

 En 1975, también prendieron fuego a la casa de la Iglesia del Puerto cuando una veintena de personas de la Plataforma Democrática hacían política en su interior. Tenían el beneplácito del obispo Araújo Iglesias. El dueño del cercano bar La Abundancia vio las llamas y alertó a los reunidos, evitando la tragedia, según relatan varios de los asistentes.

De aquel grupo de Guerrilleros, al menos Fernández de Mesa y Manuel Cruz se afiliaron al franquisno sociológico de Manuel Fraga y su Alianza Popular en 1977. Ambos, además, se casaron jóvenes con dos chicas de la alta genealogía castrense de la ciudad ferrolana.

 De Mesa saldría elegido concejal en 1983 y llegaría a alcalde en el 87 y a diputado en el 89. Manuel Cruz Gamada terminó como chófer de la Consellería de Sanidade tras la victoria de Manuel Fraga en las elecciones autonómicas gallegas. Ambos estaban apadrinados por Xosé Manuel Romay Beccaría, excoselleiro de Sanidade de la Xunta, exministro con José María Aznar y actual presidente del Consejo de Estado.

 En aquellos años, Manuel Cruz empezó a visitar Vilagarcía y A Illa de Arousa, capital del narcotráfico gallego. Sus veleidades gamadas se habían dulcificado y ya no se presentaba, vestido de uniforme, en la plaza de España de Ferrol cada 20 de noviembre, aniversario de la muerte del Caudillo. 

En Arousa, con escasa imaginación, le llamaban El Ferrolano. “Empezó a venir por aquí habitualmente a principios de los 90, y decía que era funcionario de catastro. Se comentaba que inscribió a nombre de Marcial Dorado [narcotraficante convicto] fincas que no estaban registradas. Aquello provocó cierta bronca en Vilagarcía”, relata un conocido periodista gallego hoy dedicado a otras lides y que prefiere permanecer en el anonimato.

El actual presidente gallego, Alberto Núñez Feijoó, también apadrinado por Romay Beccaría, del que fue número dos en las consellerías de Agricultura y Sanidade, conoció entonces a Manuel Cruz y lo adoptó como chófer. El propio Feijóo reconoció a Elisa Lois, periodista de El País, que fue Cruz quien le presentó al narcotraficante en 1994. “Aquí en Vilagarcía dejó de ser el ferrolano para convertirse en el chófer de Feijóo. Se les veía habitualmente”, recuerda el periodista arosano.

Resulta difícil de creer que Feijóo, como asegura, desconociera las actividades de Marcial Dorado. El contrabandista había sido detenido por primera vez en 1983, y todo el mundo en Galicia sabía a qué se dedicaba. 

No es la única incongruencia de Feijóo en este asunto. Cuando se desveló que había viajado en el yate del narco por aguas arosanas, ibicencas y de Cascais, el presidente gallego aseguró que había roto lazos en 1997, cuando Dorado fue imputado. Falso. Pinchazos telefónicos de la Policía durante la investigación al narco certifican que se siguieron llamando entre 2001 y 2003.

Manuel Cruz, entre tanto, era un activo testaferro de Marcial Dorado. Se implicó directamente en empresas del narco como Petrogalicia y Xatevín, dirigiendo las gasolineras que aquel poseía en Caldas de Reis y en el puerto deportivo de A Illa. Pero Cruz Gamada nunca se llegaría a sentar en el banquillo junto a su otro jefe, aparte de Feijóo. Moriría en un accidente en 1999, dos años antes de que el juez José Antonio Vázquez Taín empezara a investigar el entramado financiero de Dorado.

La relación del PP gallego con el contrabando y el narco es histórica. Dos de sus alcaldes más populares en los 80 y los 90, Vicente Otero Terito y José Manuel Nené Barral fueron procesados por contrabando. Barral ni siquiera disimulaba ante los periodistas. 

Al cronista que esto escribe y a su colega Elisa Lois les narró diversas y divertidas aventuras en su despacho de la alcaldía de Ribadumia a mediados de los 90. Y el caso Naseiro de financiación ilegal del PP se abrió por un pinchazo telefónico en una operación de narcotráfico, circunstancia que facilitó su cierre en falso.

La conexión Cruz Gamada/De Mesa/Feijóo/Dorado es solo un capítulo más de este oscuro maridaje entre políticos gallegos y mafias organizadas."             (Aníbal Malvar, 12/04/2015)

14/1/13

Medio millón por actualizar unha web... para unha empresa da sobriña de Romay

"A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acaba de adxudicarlle o Servizo de Desenvolvemento do portal para as entidades locais de Galicia dentro do plan econcellos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2007-2013). 
En total, esta empresa, con sede en Madrid, recibirá case 455.000 euros por actualizar unha web xa existente. E é que segundo o documento de adxudicación ao que tivo acceso GC, o servizo contratado vai orientado a "acadar unha nova versión do portal EidoLocal que cumpra ou reforce os requirimentos para os que está orientado este portal". 
Na súa oferta, pídeselle á empresa que presente unha proposta de "como considera que debe facerse esta evolución no plano técnico, funcional, de xestión de contidos e de dinamización". E semella que a oferta de Atos é a máis interesante para a Administración galega. (...)

Hai un mes, a mesma axencia da Xunta contraba a Atos para un "servizo complementario de evolución e mantemento do sistema de xestión de persoal da Xunta" por 135.755 euros sen IVE. Segundo comprobou GC no Rexistro Mercantil, Carmen Martín de Pozuelo Romay segue a ser apoderada desta consultora que suma 4,6 millóns en contratas deste goberno, 312.000€ mediante encargas a dedo.

Martín de Pozuelo é sobriña de Romay Beccaría, presidente do Consejo de Estado. Feijóo fichouna para a súa cúpula cando dirixía Correos e tamén cando entrou como conselleiro de Política Territorial. En 2005, a CIG incluíu o seu nome nun listado de familiares do PP que terían sido enchufados na Xunta.

A Xunta de Galicia xa lle deu, cando menos, cinco contratos a Atos Origin por esta vía dende que goberna Alberto Nuñez Feijóo, ademais doutros por procedementos regrados. Nos últimos catro anos, a consultora logrou en total máis de 4.5 millóns da administración autonómica."    (Galicia Confidencial, 11/01/2013)