O caso é completamente real, e xa lle valeu ao querido e saudoso Carlos Casares unha divertidísima columna. Relembrando o feito, un non pode menos que evocar aquel feliz discurso de Castelao, en que contaba que escoitara ouvear aos cans da Bretaña, e ouveaban igual que os de Galicia, e tamén o facían así os de Turquía... en fin, que "os pobres animaliños aínda están no idioma universal". Polas vistas, Castelao non o sabía, pero o idioma universal era o castelán (polo menos dos cans finos)." (HENRIQUE MONTEAGUDO: Unha revolución máis na nosa lingua?. El País, ed. Galicia, Galicia, 01/05/2009, p. 9 )
'Galicia es una tierra increíble, condenada a desaparecer' (Juan Tallón)... La herencia de Fraga...
4/5/09
El castellano es el idioma de los perros con pedigrí... y el de los cans de palleiro, el gallego, claro...
"Non hai moitos anos, paseabamos a miña dona, a miña sogra e mais eu coa filla maior, daquela con tres aniños acabados de cumprir, polo centro de Vigo. A cativa ía un pouco máis adiante ca nós, e de súpeto mirou (á viguesa) un lindo cadeliño todo enfeitado, co seu lazo e todo, que andaba a cheirar no pé dunha arboriña destas de beirarrúa. Achegouse ao animal, virou cara a nós, e berrounos: "Mirade que cansiño tan bonito!". Nisto, vemos que a dona, unha señora de aspecto completamente vulgar pero con moito arruallo, se dirixe a ela e dille moito: "Oye, niña, esto no es un cansiño que es un perrito, y a este perrito se le habla castellano!!". Houbemos de estoupar da risa, pero tivemos que controlarnos, pois a miña sogra case se bota á individua para arrincarlle (só verbalmente) o coiro. Aquela madama estaba convencida de que falar galego rebaixaba o pedigree do seu caniche á altura dun can de palleiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario