11/2/12

Corralito made in Galicia. O do Nova Galicia Banco

"Os clientes de Nova Galicia Banco con participacións preferentes empezan a mobilizarse. Intento de ocupar as oficinas do banco en Vigo e no Morrazo, asembleas e mobilizacións en toda Galicia. 

Estímase que hai entre 80.000 e 100.000 afectados (máis do 3% da poboación galega). O propio banco confirma que dende 2003 as antigas caixas levan emitido preferentes por valor de 1.291 M €. 

As participacións preferentes son un produto financeiro complexo que reúne características da renda fixa e das accións. A súa principal característica é que son perpetuas, é dicir, non teñen data de vencemento. Polo tanto, para recuperar o capital hai que poñelas á venta e agardar que alguén as compre. 
Pero claro, o prezo será o que marque o mercado, e pode ser moi inferior ao capital inicialmente investido. Ademais, non están garantidas polo Fondo de Garantía de Depósitos, polo que se o banco quebra perderase o capital. (...)

Coa crise, as preferentes acabaron converténdose nunha trampa. Primeiro, se a entidade emisora non ten beneficios, ese ano non se cobra o cupón.
Segundo, para recuperar a inversión hai que estar ao prezo que fixe o mercado secundario no que cotizan; polo que pode ocorrer que haxa que vender moi por baixo do prezo de compra. 
Terceiro, se nese mercado hai moitas ordes de venta e poucas de compra, resulta practicamente imposible vender, e polo tanto, imposible recuperar o capital.

Isto último é o que está a acontecer agora mesmo. Os aforradores non poden recuperar o seu capital. O que resulta grave cando os bancos e as caixas abusaron da confianza dos seus clientes para colocarlles este produto, ofrecendo garantías de que se podía recuperar o capital de maneira inmediata.
 A finais de 2011, algúns bancos comezaron a lanzar ofertas de cambio aos posuidores de preferentes... Outras entidades, como CAM, Banca Cívica, ou Bankia, seguen sen ofrecer ningunha solución.

Nova Galicia Banco tampouco. Podería pensarse que un banco que nace co slogan "un novo banco cos clientes de toda a vida" e que segue funcionando a día de hoxe unicamente grazas á fidelidade que a cidadanía galega lle tiña ás antigas caixas, debería ter como primeiro e fundamental obxectivo non socavar aínda máis a confianza dos seus clientes.

Podería pensarse que se algunha avantaxe debería derivarse de ser cliente dun banco nacionalizado tería que ser precisamente a seguridade e as plenas garantías de bo funcionamento.

Podería pensarse que un banco que nace da decisión -imposición- política de fusionar as antigas caixas, estaría sometido a un mínimo control por parte do goberno galego que impedise este tipo de falcatruadas.

Pero non. A nova xeira ultraliberal na que estamos é así. Sálvese quen poida."       (A furada do trasno, 11/02/2012)

3 comentarios:

droicito85 dijo...

Tienes razón, para mi es una verguenza lo que han hecho los bancos. Vivo en Vigo y ya vi gente enfre de N.galicia protestando. Tengo una cuenta en ese banco y no me fio ni un pelo. Desde que estoy con ellos he visto cerrar en Vigo ya 2 sucursales de ellos y una en Madrid que yo sepa. Cada vez que veo cerrar una sucursal de ellos me dan ganas de sacar mi dinero y meterlo debajo del colchon. Un saludo.

te dejo enlace a mi blog por si te pudiera interesar:
http://droicito85.blogspot.com.es/

droicito85 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
droicito85 dijo...

Tienes razón, para mi es una verguenza lo que han hecho los bancos. Vivo en Vigo y ya vi gente enfre de N.galicia protestando. Tengo una cuenta en ese banco y no me fio ni un pelo. Desde que estoy con ellos he visto cerrar en Vigo ya 2 sucursales de ellos y una en Madrid que yo sepa. Cada vez que veo cerrar una sucursal de ellos me dan ganas de sacar mi dinero y meterlo debajo del colchon. Un saludo.

te dejo enlace a mi blog por si te pudiera interesar:
http://droicito85.blogspot.com.es/