11/6/13

A quita das preferentes de NGB chegará case ao 57%

"O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria vén de anunciar que fixa un desconto do 13,8% para a canxe das participacións preferentes e débeda subordinada de Novagalicia Banco (NGB) e Catalunya Banc.

A operación consiste na conversión destes instrumentos en accións unha vez aplicado ese recorte. Así pois, este 13,8% vense a sumar á quita do 43% xa fixada no seu momento polo goberno. De cada 100 euros, logo que investise unha persoa en preferentes, entre quitas e descontos 'lévan' perto de 57 euros.

Para os posuidores del NCG que acepten a canxe, a quita será do 56,8 % no caso das preferentes; do 54,8 % para a débeda perpetua e do 35,8 % para a débeda subordinada con vencimento. Son, iso si, procentaxes de media, pois o abano de posibilidades é moi amplo, podendo ir a quita para un afectado que teña preferentes do 22% ao 65% dependendo dos cartos investidos, de cando o fixo,...

Por volta de 60.000 persoas están afectadas polas prefrentes de Novagalicia Banco. De certo que o anuncio do Frob vai incendiar máis aínda os ánimos nas plataformas de estafad@s por este calote e que manteñen a loita pola recuperación do 100% do investido."             (Sermos Galiza, 11/06/2013)

No hay comentarios: