"Todos os fotógraf@s andan tras del, pero poucos teñen a paciencia, a sorte e a calidade para cazalo. É o raio verde,
ese fenómeno óptico que acontece coa última luz do solpor ou a primeira
do mencer, que se torna verde polo efecto de descomposición de cores
que provoca a atmósfera.
O pasado venres 29 de maio cazouno de cheo Manuel María Candamo, dende o Ancoradoiro, Muros.
“Todos os fotógrafos andamos detrás deste fenómeno do raio verde para
collelo no seu punto polo menos unha vez na vida. Téñoo visto máis veces
pero nunca tan ben como este venres”, explica. “Ten que ser un día moi
moi clariño, sen nubes, pero é un espectáculo, dura apenas 6-7 segundos,
e podes sacar unha boa serie de fotos”. (Que pasa na costa, 01/06/20)
1 comentario:
Unha marabilla !!!
Publicar un comentario