22/6/20

El 'que se jodan' de Feijóo a los sanitarios, ¿os creíais héroes? Pues ahí os van 250 euros de mierda, pero para gastar en los establecimientos de los amiguetes, ¿qué os creíais? Os médicos estoupan contra o "bono propina" da Xunta para gastar na hostalería: "Queremos dignidade"

"O Consello Galego de Colexios Médicos, que reúne máis de 13.000 facultativos e representa os catro colexios provinciais, reclamou nun comunicado "dignidade, non frivolidade" e amosou o seu "máis rotundo rexeitamento" ante unha "singular medida". "A nosa deontoloxía e o noso xuramento hipocrático impídenos aceptar propinas como esta", engade o texto. 

Así, advirten de que os profesionais reclaman "estabilidade no traballo, non contratos temporais, e recursos suficientes" para desenvolver o seu labor "nas mellores condicións de seguridade e eficiencia". E lembran que durante a pandemia cumpriron coa súa obriga cunha entrega "ao límite" e arriscando a súa saúde. 

"Pedimos que a Administración nos trate coa consideración debida e reforce o noso sistema sanitario para facer fronte a continxencias como a que vivimos e estamos a vivir", din os médicos galegos, que amosan a súa "solidariedade" co sector hostaleiro e turístico ao que se pretende axudar cos bonos destinados ao persoal sanitario. Para o Consello Galego de Colexios Médicos, hai outros "medios" para "socorrer" este sector "sen caer en medidas pouco serias e que soan a improvisación".

A crítica non quedou só aí. A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) amosou tamén o seu rexeitamento a unha "propina" que considera unha "tomadura de pelo". "Se realmente quere recoñecer o inxente labor desenvolvido por este colectivo na loita contra a covid, reverta todos os recortes salariais, sociais e asistenciais que perdemos por mor da crise de 2009", dille a organización a Feijóo.

Para o CESM, o bono de 250 euros é "indignante" e "produce o efecto contrario ao perseguido en plena campaña electoral". Así, o sindicato lémbralle ao Sergas e á Consellería de Sanidade que non fixeron caso de moitas das medidas reclamadas durante anos e mesmo pactadas para mellorar as condicións do persoal, como a fin da precariedade, a transparencia na lista ou as melloras na asistencia aos pacientes. Iso é o necesario, din, se as autoridades "realmente queren ter un xesto de recoñecemento". 

O CESM aposta por unha "compensación" para o persoal sanitario que traballou durante a crise sanitaria "cunha implicación e entrega moi superior ao esixible" pero, aclaran, "por sentido do deber". "O mellor e máis xusto recoñecemento sería a recuperación dos dereitos perdidos e o cumprimento dos compromisos" para acabar coa precariedade laboral e mellorar a calidade asistencial, din. 

Ademais, desde Enfermeiras Eventuais en Loita, colectivo que mobiliza e se mobiliza en representación de máis de 6.000 profesionais en precario do Sergas, din alegrarse de que outros colectivos "se sumen agora" a un rexeitamento que levan tempo facendo contra o que consideran "migallas".
"Dende o inicio das nosas reivindicacións pedimos condicións dignas e non incrementos salariais nin doutro tipo de retribución. De feito non somos o único colectivo que así o fai. Todas as que loitamos pola sanidade pública coincidimos en moitas das nosas reclamas, que non teñen relación co incremento dos soldos", advertían xa hai tempo nun comunicado."          (Miguel Pardo, Praza Pública, 21/06/20)

No hay comentarios: